Diese Präsentation wurde erfolgreich gemeldet.
Die SlideShare-Präsentation wird heruntergeladen. ×

Ruxido capaz de sacudir o mundo

Anzeige
Anzeige
Anzeige
Anzeige
Anzeige
Anzeige
Anzeige
Anzeige
Anzeige
Anzeige
Anzeige
Anzeige
Wird geladen in …3
×

Hier ansehen

1 von 30 Anzeige

Weitere Verwandte Inhalte

Weitere von Nuria M Núñez Elissetche (20)

Anzeige

Ruxido capaz de sacudir o mundo

  1. 1. Avance Manual
  2. 2. Mensaxe do Papa Francisco sumándose á Campaña Internacional contra a Fame no Mundo. Música: Call to Praeer Montaje: Eloísa DJ
  3. 3. Queridos irmáns e queridas irmás:
  4. 4. Hoxe estou feliz por anunciarvos a “Campaña contra a Fame no mundo”, lanzada pola nosa Caritas Internationalis e comunicarlles que é a miña intención darlle todo o meu apoio.
  5. 5. Esta Confederación, xunto ás súas 164 organizacións membros, está hoxe empeñada en 200 países e territorios de todo o mundo
  6. 6. O seu labor é o corazón da misión da Igrexa e a súa atención cara a todos aqueles que sofren por ese escándalo da fame, co que o Señor se identificou cando dixo:
  7. 7. “Tiven fame e déstesme de comer”.
  8. 8. Cando os apóstolos lle dixeron a Xesús que as personas que chegaran para escoitar as súas palabras tamén tiñan fame,
  9. 9. El animounos a que fosen buscar comida.
  10. 10. Como eles tamén eran pobres, só encontraron cinco pans e dous peixes pero, coa graza de Deus, chegaron a dar de comer a unha multitude de persoas.
  11. 11. Recolleron incluso o que sobrara e evitaron así calquera desbaldimento.
  12. 12. Atopámonos ante un escándalo mundial de case mil millóns de persoas.
  13. 13. Mil millóns de persoas que aínda sofren fame hoxe. Non podemos mirar a outra parte, finxindo que o problema non exista.
  14. 14. Os alimentos que hai a disposición hoxe no mundo abondarían para quitar a fame a todos.
  15. 15. A parábola da multiplicación dos pans e dos peixes ensínanos precisamente iso:
  16. 16. que cando hai vontade, o que temos non se termina, incluso sobra e non se perde.
  17. 17. Por iso, queridos irmáns e irmás, invítovos a facer un lugar nos vosos corazóns para esta urxencia,
  18. 18. respectando ese dereito que Deus concedeu a todos, de ter acceso a unha alimentación axeitada.
  19. 19. Compartamos o que temos, con caridade cristiá,
  20. 20. con todos aqueles que se ven obrigados a facer fronte a numerosos obstáculos para poder satisfacer unha necesidade tan primaria
  21. 21. e, á vez, sexamos promotores dunha auténtica cooperación cos pobres, para que a través dos froitos do traballo deles e do noso traballo poidamos vivir unha vida digna.
  22. 22. Invito a todas as institucións do mundo, a toda a Igrexa e a cada un de nós mesmos, como unha soa familia humana,
  23. 23. a dar voz a todas as persoas que sofren silandeiramente a fame, para que esta voz se converta nun ruxido capaz de sacudir o mundo.
  24. 24. Esta campaña quere ser tamén unha invitación a todos nós, para que sexamos conscientes da elección dos nosos alimentos,
  25. 25. que con frecuencia significa desbaldir a comida e usar mal os recursos á nosa disposición.
  26. 26. É tamén unha exhortación para que deixemos de pensar que as nosas accións cotiás non teñen repercusións na vida dos que
  27. 27. – cerca ou lonxe de nós – sofren a fame na súa propia pel.
  28. 28. Pídolles de todo corazón, que apoien a nosa Caritas nesta nobre Campaña, para actuar como unha soa familia, empeñada en asegurar alimentos para todos.
  29. 29. Roguemos ao Señor para que nos conceda a graza de ver un mundo no que ninguén deba morrer de fame.
  30. 30. E pedindo esta graza, doulles a miña bendición. FIN

×