1. FESTA DE CRISTO REI
Un dos bandidos
que estaban crucificados,
insultábao tamén:
‑ Non es ti
o Mesías?
Pois sálvate ti
e sálvanos
nós.
2. Pero contestoulle o outro, reprendéndolle:
‑ Seica non temes a Deus, ti que sofres a mesma condena ca el?
Nós, polo menos, recibimos o que merecemos, pero este non fixo
mal ningún.
E dicíalle:
‑ Xesús, lémbrate de min cando volvas como rei.
(Lc 23,39-43)
3. Así remata Giovanni Papini a súa “Historia de Cristo”.
“Viñeches a primeira vez para
salvar
para salvar naciches,
para salvar falaches,
para salvar quixeches ser
crucificado,
o teu arte, a túa obra, a túa
misión,
a túa vida é de salvación.
4. E nós temos hoxe,
nestes días tristes e
calamitosos,
nestes anos que son unha
condensación,
un acrecimento insoportable
de horror e de dolor;
temos necesidade,
sen demora,
de ser salvados”.
5. Esta plegaria na festa de Cristo Rei,
non é unha confesión de derrota senón un grito
de esperanza.
6. Na súa morte, Xesús segue sendo bandeira discutida
e signo de contradicción.
Para un malfeitor,
a morte de Xesús era un fracaso e un insulto.
Nin se salva El nin pode salvar a outros.
7. Ninguén agoniza
pedindo o perdón de
Deus para os que o
matan.
“ Lémbrate de min cando chegues ó teu reino”
8. Xesús respóndelle desde un mesianismo
anunciado e agora demostrado:
“Asegúrocho:
hoxe estarás comigo
no paraíso”.
9. “Este é o Rei dos xudeus”
A El oriéntase a esperanza
do seu pobo.
Os que descubrimos en El
a plenitude
das promesas,
sabemos que a súa mensaxe
pode cambiar o noso mundo.
10. “Este é o Rei dos xudeus”
El que non quixo reinar
desde o poder senón
desde o servicio,
invítanos a vivir o seu reino
- da verdade e da vida
- da santidade e da gracia
- da xustiza
- da paz e do amor
11. Cristo Salvador, confesámosche cada
Cristo Salvador, confesámosche cada
día como o noso Deus e Señor, o noso
día como o noso Deus e Señor, o noso
rei e pastor.
rei e pastor.
Veña a nós o teu reino. E fai que
Veña a nós o teu reino. E fai que
tódolos homes recoñezan a grandeza
tódolos homes recoñezan a grandeza
da túa mensaxe e o sacrificio da túa
da túa mensaxe e o sacrificio da túa
vida. Amén.
vida. Amén.
12. José Román Flecha Andrés
Palabra del Señor, Salamanca , Editorial.Secretariado
Presentación:
Antonia Castro Panero
Trinitario,2007