1. José Antonio Pagola
11 de novembro de 2012
32º Tempo ordinario (B)
Red evangelizadora BUENAS NOTICIAS Marcos 12, 38-44
Anuncia O Evanxeo vivido polos sinxelos. Pásao.
Música:Over 20 Raibow;present:B.Areskurrinaga HC;euskaraz:D.Amundarain
2. O contraste entre as
dúas escenas non
pode ser máis forte.
Na primeira, Xesús
pon á xente en garda
fronte aos dirixentes
relixiosos:
"Coidado cos
letrados!",
o seu
comportamento
pode facer moito
dano.
3. Na segunda,
chama os seus
discípulos para
que tomen nota
do xesto dunha
viúva pobre:
a xente sinxela
poderalles
ensinar a vivir o
Evanxeo.
4. É sorprendente a linguaxe dura e certeira que emprega
Xesús para desenmascarar a falsa relixiosidade
dos escribas.
Non pode soportar a súa vaidade e o seu afán de
ostentación. Buscan vestir de modo especial e ser
saudados con reverencia para sobresaír sobre os demais,
imponerse e dominar.
5. A relixión sérvelles
para alimentar
fatuidade. Fan "longos
rezos" para
impresionar.
Non crean
comunidade, pois
colócanse
por enriba de todos.
No fondo, só pensan
en si mesmos.
Viven aproveitándose
das persoas débiles ás
que deberían servir.
6. Marcos non recolle as palabras
de Xesús para condenar os
escribas que había no Templo
de Xerusalén antes da súa
destrución, senón para poñer en
garda ás comunidades cristiás
para as que escribe.
7. Os dirixentes
relixiosos han de
ser servidores
da comunidade.
Nada máis.
Se o esquecen
son un perigo
para todos.
Hai que
reaccionar para
que non fagan
dano.
dano
8. Na segunda escena,
Xesús está sentado
enfronte da arca das
ofrendas.
Moitos ricos van
botando cantidades
importantes: son os
que sosteñen o
Templo.
9. De súpeto achégase unha muller.
Xesús observa que bota dúas moediñas de cobre.
É unha viúva pobre, maltratada pola vida,
soa e sen recursos.
Probablemente vive mendigando a carón do
Templo.
10. Conmovido,
Xesús chama
rapidamente
os seus
discípulos.
Non han de
esquecer o xesto
desta muller,
pois, aínda que
está pasando
necesidade,
“botou todo o
que tiña para
vivir".
11. Mentres os
letrados viven
aproveitándose
da relixión, esta
muller
despréndese de
todo polos
demais,
confiando
totalmente en
Deus.
12. O seu xesto descóbrenos o corazón
da verdadeira religión:
confianza grande en Deus,
gratuidade sorprendente,
xenerosidade e amor solidario,
sinxeleza e verdade.
13. Non coñecemos o
nome
desta muller nin o seu
rostro.
Só sabemos que Xesús
viu nela un
modelo para os futuros
dirixentes
da súa Igrexa.
14. Tamén hoxe, tantas mulleres e homes
de fe sinxela e corazón xeneroso son o mellor
que temos na Igrexa.
Non escriben libros nin pronuncian sermóns,
pero son os que manteñen vivo entre nós
o Evanxeo de Xesús.
Deles temos que aprender os presbíteros e os bispos.
15. O MELLOR DA IGREXA
O contraste entre as dúas escenas non pode ser máis forte. Na primeira, Xesús pon a xente en garda
fronte aos dirixentes relixiosos: "Coidado cos letrados!", o seu comportamento pode facer moito dano. Na
segunda, chama os seus discípulos para que tomen nota do xesto dunha viúva pobre: a xente sinxela poderalles
ensinar a vivir o Evanxeo.
É sorprendente a linguaxe dura e certeira que emprega Xesús para desenmascarar a falsa relixiosidade
dos escribas. Non pode soportar a súa vaidade e o seu afán de ostentación. Buscan vestir de modo especial e
ser saudados con reverencia para sobresaír sobre os demais, impoñerse e dominar.
A relixión sérvelles para alimentar fatuidade. Fan "longos rezos" para impresionar. Non crean
comunidade, pois colócanse por enriba de todos. No fondo, só pensan en si mesmos. Viven aproveitándose das
persoas débiles ás que deberían servir.
Marcos non recolle as palabras de Xesús para condenar os escribas que había no Templo de Xerusalén
antes da súa destrución, senón para poñer en garda as comunidades cristiás para as que escribe. Os dirixentes
relixiosos han de ser servidores da comunidade. Nada máis. Se o esquecen, son un perigo para todos. Hai que
reaccionar para que non fagan dano.
Na segunda escena, Xesús está sentado enfronte da arca das ofrendas . Moitos ricos van botando
cantidades importantes: son os que sosteñen o Templo. De súpeto achégase unha muller. Xesús observa que
bota dúas moediñas de cobre.É unha viúva pobre, maltratada pola vida, soa e sen recursos. Probablemente vive
mendigando a carón do Templo.
Conmovido, Xesús chama rapidamente os seus discípulos. Non han de esquecer o xesto desta muller, pois,
aínda que está pasando necesidade, “botou todo o que tiña para vivir". Mentres os letrados viven
aproveitándose da relixión, esta muller despréndese de todo polos demais, confiando totalmente en Deus.
O seu xesto descóbrenos o corazón da verdadeira relixión: confianza grande en Deus, gratuidade
sorprendente, xenerosidade e amor solidario, sinxeleza e verdade. Non coñecemos o nome desta muller nin o
seu rostro. Só sabemos que Xesús viu nela un modelo para os futuros dirixentes da súa Igrexa.
Tamén hoxe, tantas mulleres e homes de fe sinxela e corazón xeneroso son o mellor que temos na Igrexa.
Non escriben libros nin pronuncian sermóns, pero son os que manteñen vivo entre nós o Evanxeo de Xesús.
Deles temos que aprender os presbíteros e os bispos.
José Antonio Pagola