1. Os discípulos de Xesús
enfrontáronse cun
que expulsaba demos
no nome de Xesús,
pero non era do seu grupo.
2. Xesús reprendeu a súa arrogancia dicíndolles:
«Non llo impidades, porque un que fai milagres
no meu nome non pode logo falar mal de min.
O que non está contra nós está a favor noso».
Mc 9, 38-40
3. “A avaricia e a arrogancia
son os principais vicios dos poderosos”
Frase escrita polo historiador romano Tácito
ao observar o comportamento de Claudio e de Nerón.
4. O salmo 18 di:
“Preserva o teu servo
da arrogancia,
para que non me domine:
así quedarei inocente
do gran pecado”.
O arrogante
vólvese repugnante
e paga en soidade
o que crera conquistar
na súa prepotencia.
5. O Evanxeo recolle
tres sentencias de Xesús:
Acoller os que fan
o ben,
veñan de onde veñan,
aínda que aparezan
como estraños.
6. Enxalzar a dignidade dos discípulos do Señor
e anunciar o premio que lles espera
aos que lles prestan axuda.
7. Manter unha coherencia tal que non cause escándalo
entre os que os observan,
nin os afaste a eles dos ideais do Reino de Deus.
8. “O que non está contra nós está
“O que non está contra nós está
a favor noso”
a favor noso”
Vemos como se atacan as civilizacións,
os partidos políticos,
os siareiros dos equipos deportivos,
as bandas xuvenís.
9. Esas posturas “ en-contra-das”
son frecuentes tamén entre os que se din amigos
e aínda no seo das familias.
Fan ver como adversarios os que deberían ser vistos
como colaboradores e irmáns.
10. E ocorre no ámbito da fe.
Os que nos trasmiten
a palabra e a vontade
de Deus son profetas
que El nos envía.
Non podemos reservar
ese título só
aos do noso grupo.
Deus envía sempre
a quen EL quere.
11. Señor Xesús,
líbranos da nosa arrogancia, para
que formemos a comunidade que
Ti soñabas e nos axudemos
a acoller o plan de Deus
sobre nós. Amén.
12. Texto: José Román Flecha Andrés
PALABRA DEL SEÑOR –
Salamanca
Presentación: Antonia Castro Panero