Miguel Barros - Decálogo Municipais 2015 - CxG Vigo
1. MANIFESTO PROGRAMÁTICO: “O VIGO QUE QUEREMOS”
En CxG queremos que Vigo recupere a vitalidade económica e o crecemento demográfico
1. Queremos a “Nosa Caixa”. Porque a recuperación non é un momento, é un proceso.
Precisamos o aforro para atender a pemes e familias.
2. Queremos construír politicamente a Área Metropolitana. Porque Vigo debe ser líder
na acción e non lastre que retarde a construción do espazo común no centro da
Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.
3. Queremos recoñecer o policentrismo da estrutura de poder social e representativo
das AA.VV.
4. Queremos orzamentos transparentes e participativos. As AA.VV. deben participar na
ordenación das prioridades de inversión.
5. Queremos modificacións puntuais no PXOM que fagan posible a súa execución:
-Iniciar a construción física da ronda de circunvalación.
-Reducir a carga de reserva para vivenda protexida nos ámbitos que o precisen
atendendo aos actuais prezos do solo.
6. Queremos Porto Cabral. Porque é necesario executar o PXOM e dar sentido e servizos
a nosa Centralidade na Eurorrexión.
7. Queremos os laboratorios no Novo Hospital Comarcal.
8. Queremos a Nosa Universidade liderando os proceso de I+D+i.
9. Queremos unha Ría Limpa dos vertidos directos por parte dos concellos que bordean
as marxes da ría de Vigo. Concello, Xunta e Augas de Galicia non poden adiar a
solución deste problema.
10. Queremos unha Política Institucional Colaborativa. A confrontación institucional
debilita a confianza cidadá e escusa a solución de todos os problemas.
¡VOTA O CAMBIO SENSATO!
¡VOTA COMPROMISO POR GALICIA (CxG)!
¡VOTA MIGUEL BARROS!