SlideShare ist ein Scribd-Unternehmen logo
1 von 73
Roque e Raimundo fixeron
unha viaxe para
coñecer bechos
do mar
Como acordaran na última, despois da calor e de suar,
a viaxe, desta volta, vanna facer polo mar.
E para esta aventura tivéronse que preparar.
Andar por terra é unha cousa, pero, non sabían nada do mar!
Empezaron a practicar manexando unha gamela,
se se cansaban de bogar, coas ás facían de vela.
Logo en lanchas de motor
e en barcos por fora da ría,
…e por último embarcaron nun gran buque factoría.
Para poderen ir nel coñecer mares de lonxe
e así ver o que hai alí e que bechos raros collen.
E de cantos viron, de cantos atoparon,
escolleron uns poucos para ensinárvolos.
Algúns dos máis grandes,
cordón de
bota (Lineus
longissimus).
Esta miñoca é
o animal máis
longo do
mundo. Chega
a medir máis
de 50 m.
Rorcual azul (Balaenoptera musculus), máis coñecido como balea azul.
Mide entre 24 e 27 m de lonxitude e pesa entre 100 e 120 t. (hai rexistros de
exemplares de máis de 30 m e máis de 190 t). Pode vivir ata 80 anos.
Cachalote (Phiseter macrocephalus). Ramente acada os 20 m de
lonxitude e os 50.000 kg. Vive ata 70 anos.
Tiburón balea (Rhincodon typus). É o peixe máis grande do mundo.
Pode medir máis de 12 m de lonxitude e pesar preto de 20 toneladas.
Vive uns 100 anos.
Peixe remo xigante, rei dos arenques (Regalecus glesne). Pode acadar
os 17m de lonxitude e pesar ata 300 kg.
Manta raia ou manta xigante (Manta birostris). É a máis grande das
raias. Pode chegar a medir máis de 8 m e pesar arredor de 1400 kg.
Tartaruga de coiro (Dermochelys coriacea). É a máis grande das tartarugas
mariñas. Pode superar os 2 m de lonxitude e pesar máis de 700 kg.
cangrexo xigante xaponés
(Macrocheira kaempferi). É o
cangrexo máis grande. As súas
patas chegan a medir máis de
1,5 metros de longo, o que lle
permite acadar un diámetro de
4 m. Supera os 20 kg de peso e
pénsase que vive máis de 100
anos.
Lura colosal (Mesonichoteuthis hamiltoni). Vive preto da
Antártida e pode medir ata 20 m.
Ameixa xigante, taclobo
xigante (Tridacna gigas).
É o molusco bivalvo máis
grande. Pode acadar unha
lonxitude de 115 cm e un
peso duns 300 kg.
Trompeta australiana (Syrins aruanus). Pode medir ata 90 cm e
pesar 18 kg. É a caracola máis grande que se coñece.
Xureleira xigante (Nemopilema nomurai). Acada 2 m de diámetro
e 200 kg de peso. Ten tentáculos venenosos.
algúns dos máis raros,
Porquiño do mar (Scotoplanes globosa). É un equinodermo que vive nos
mares fríos a uns 1.000 m de profundidade. Pode medir ata uns 30 cm.
Glaucus atlanticus. É unha lesma do mar. Vive aboiando por debaixo da
superficie da auga. Mide de 4 a 5 cm. Aliméntase de augamares e
almacena o veneno que teñen, nas puntas dos seus brazos.
Polbo dumbo
(Grimpoteuthis sp). Vive
entre os 1.600 e os 2.200   
m de profundidade. Os
máis grandes acadan os
20 cm.
Cangrexo ieti (Kiwa hirsuta). É un cangrexo de ata 15 cm,
sen ollos, que vive a grandes fonduras, máis de 2.000 m,
descuberto no 2005.
Peixe rato (Chimaera monstrosa). Un raro tiburón de 1 m ou máis de lonxitude
e 2,5 kg de peso que vive en augas medio fondas. Pode vivir ata 30 anos.
Porco do mar (Oxynotus brunensis). É un pequeno tiburón que vive entre os
100 e os 300 m de fondo. Mide ata 1,5 m.
Peixe roda
(Mola mola). É
o peixe óseo
máis pesado do
mundo, mide
máis de 3 m de
lonxitude e pode
superar as
2 toneladas. As
femias poñen
ata 300 millóns
de ovos.
Ciclopterus lumpus. Pode medir ata 60 cm. Vive a profundidades de ata 300
m e achégase á costa para desovar. Cada femia pode poñer arredor de
300.000 ovos.
Peixe sapo peludo. Coñécense unhas 30 especies. Viven en augas pouco
fondas dos mares cálidos. Teñen espiñas venenosas.
Peixe trípode (Bathypterois grallator). Vive en augas
profundas, e acada os 35 cm.
Dragón mariño
foliado
(Phycodurus
eques). É un
cabaliño do mar
do leste e o sur
de Australia que
chega a medir
45 cm de
lonxitude.
Peixe morcego de nariz longo (Ogcocephalus nasutus). Mide entre 20
e 40 cm. Camiña polos fondos coa axuda das aletas.
Peixe pescador, peixe morcego (Antennarius commerson). Peixe de
fondo de mares cálidos. Pode medir ata 35 cm.
Peixe cofre cornudo (Lactoria cornuta). Vive en arrecifes de
mares cálidos. Pode medir ata 50 cm. Cando se estresa produce
pola pel unha sustancia moi tóxica.
Draco, peixe de xeo antártico (Chionodraco hamatus). Vive debaixo do xeo,
preto da Antártida. Ten o sangue transparente. Pode acadar ata 35 cm.
Black Oreo Dory (Allocytus níger). Vive nas augas fondas, máis de
1.000 m, de Nova Celandia. Mide ata 40 cm e pode pesar ata 1 kg.
Lamprea (Petromyzon marinus). Peixe primitivo sen mandíbulas que nace nos
ríos, vive no mar, onde se alimenta do sangue dos peixes aos que parasita, e máis
adiante volve aos ríos para desovar e despois morrer. Pode medir máis de 1 m e
pesar entre 2 e 3 kg.
Gamba arlequín (Hymenocera elegans). Mide uns 5 m. Adoita vivir por
parellas. Aliméntase de estrelas de mar.
Estrela cesto xigante (Astrophitum muricatum) . Vive no mar Caribe.
Pode medir entre 30 me 45 cm de diámetro. De día permanece enleada e
de noite desprega os seus numerosos raios para capturar pequenos
animais que traen as correntes.
dos máis pezoñentos
Carabela portuguesa,
fragata portuguesa, agua
mala, botella azul (Physalia
physalis). A vela pode medir
ata 30 cm e os tentáculos
máis de 10 m. O veneno que
contén produce moita dor e
pode causar a morte.
Véspora do mar (Chironex fleckeri). Vive nas costas de Australia. É
un dos animais máis venenosos que se coñecen. Pode acadar 30 cm
de diámetro con tentáculos de máis de1m de lonxitude
Polbo de aneis azúis (Hapalochlaena). Só mide entre 15 e20 cm.
É un dos animais máis venenosos do mundo. Co veneno que contén
pode matar máis de 20 persoas.
Xiba extravagante
(Metasepia pfefferi).
Unha especie de xiba que
só acada, como máximo,
entre 6 e 8 cm; a súa
carne é moi tóxica.
Serpe de mar común (Enhydrina schistosa). Unha das 60
especies de serpes mariñas, a máis perigosade todas. O veneno
que inxecta nunha mordedura é suficiente para matar 50 persoas.
Mide ata 1,5 m
Cono xeográfico (Conus geographus). Mide ata 15 cm. Esta caracola do mar e
un dos animais máis pezoñentos que se coñecen. El, e moitos dos seus parentes,
producen veneno que usan para paralizar ás súas presas. A toxina é tan potente
que mata ás persoas.
As cunchas, de fermosas cores, destes animais son buscadas polos
coleccionistas
Peixe león ou peixe escorpión (Pterois volitans). Pode medir entre 30 e 40
cm. Vive en mares cálidos. Ten veneno nas espiñas da aletas.
Peixe pedra (Synanceia horrida). Vive en mares cálidos. Pode medir ata 60 cm.
Nas espiñas das aletas ten un veneno tan potente como o dunha cobra.
Fugu ou peixe globo xaponés (Takifugu rubipres). Pode medir ata 80 cm.
Contén, en diferentes partes do corpo, toxinas suficientes para matar a 30
persoas, pero é un dos manxares máis apreciados da cociña xaponesa.
Nudibranquio. Os nudibranquios son moluscos mariños de fermosas cores e
tamaños que están entre os 2 e os 15 cm. As especies que se alimentan de
actinias, augamares e outros animais que producen veneno, almacénano no seu
corpo como arma defensiva.
Chucho, embrudo (Myliobatis aquila). Pode acadar os 180 cm de
lonxitude total e 14 kg de peso.
Faneca brava
(Trachinus
vipera). Mide
ata 20 cm e
pode pesar ata
300gr.
Entérrase na
area para
capturar as súas
presas e ao
pisalo clávanse
os aguillóns da
aleta do lombo
que teñen
veneno.
dos pouco agraciados,
Peixe mancha (Psychrolutes marcidus). Vive en augas fondas das costas de
Australia. Mide entre 30 e 40 cm
Peixe lobo (Anarhichas lupus). Vive en mares fríos do norte.
Pode medir ata 1 m.
Peixe rato de nariz longo (Rhinochimaera). Pode medir ata 1,5 m. Vive en
augas fondas dos mares cálidos.
Tiburón anguía (Chlamydoselachus anguineus) vive en augas de media
fondura das costas do Xapón. Pode medir ata 4 m. Considérase un fosil vivinte.
Rape común ou rape blanco (Lophius piscatorius). É un peixe de fondo que
pode medir máis de 1 m de lonxitude, pesar ata 40 kg e vivir máis de 20 anos.
Miraceo, peixe rato ou peixe sapo (Uranoscopus scaber) mide ata 40 cm
e acada case 1 kg de peso.
Malarmado
(Peristedion
cataphractum)
.Vive entre os
50 e os 500 m
de fondura e
pode medir ata
40 cm.
e outros curiosos, que tamén
retrataron
Ortiga ou ortuga (Torpedo marmorata). Pode medir ata 60 cm.
Produce descargas eléctricas de máis de 100 voltios.
Peixe morcego de beizos vermellos (Ogcocephalus perractus)
Peixe piña (Cleidopus gloriamaris). Vive no sur e oeste de Australia.
Mide uns 20 cm.
Zanclus cornutus. Peixe de arrecife que pode medir ata 30 cm.
Peixe bolboreta. Hainos de moitas formas diferentes e cores variadas.
Poden medir entre 10 e 40 cm, según a especie.
Peixes bolboreta
Peixes porco ou peixes
ballesta. Coñécense
unhas 40 especies que
viven nos mares
temperados e cálidos.
Según a especie, poden
medir entre 20 e 90 cm.
Peixe mandarín (Synchiropus splendidus). Mide ata 6 cm de lonxitude.
Vive entre 10 e 15 anos.
fin
As imaxes foron collidas da internet.
Agradezolle aos autores a súa dispoñibilidade e agardo que saiban
disculpar o uso que fixen delas.
Mon Daporta
COUSIÑAS FEITAS NA CASA
E con estas cousiñas rematou a aventura.
A próxima, aos Polos, a ver se vos gusta.

Weitere ähnliche Inhalte

Was ist angesagt?

Os morcegos na sabana
Os morcegos na sabanaOs morcegos na sabana
Os morcegos na sabanaegsumay
 
Mamíferos acuáticos (1) (Morcego Roque)
Mamíferos acuáticos (1) (Morcego Roque)Mamíferos acuáticos (1) (Morcego Roque)
Mamíferos acuáticos (1) (Morcego Roque)MonContos
 
Especies de acuicultura. Crustáceos.
Especies de acuicultura. Crustáceos.Especies de acuicultura. Crustáceos.
Especies de acuicultura. Crustáceos.MonContos
 
A protección da natureza en Galiza (II). As especies
A protección da natureza en Galiza (II). As especiesA protección da natureza en Galiza (II). As especies
A protección da natureza en Galiza (II). As especiesmonadela
 
Animais que hibernan
Animais que hibernanAnimais que hibernan
Animais que hibernanMonContos
 
Roque en Australia
Roque en AustraliaRoque en Australia
Roque en AustraliaMonContos
 
Morcego Roque, peixes planos
Morcego Roque, peixes planosMorcego Roque, peixes planos
Morcego Roque, peixes planosMonContos
 
Antártida 1ºeso c
Antártida 1ºeso cAntártida 1ºeso c
Antártida 1ºeso ciesasorey
 
Morcego Roque, avenoiteiras
Morcego Roque, avenoiteirasMorcego Roque, avenoiteiras
Morcego Roque, avenoiteirasMonContos
 
Morcego Roque, as anduriñas
Morcego Roque, as anduriñasMorcego Roque, as anduriñas
Morcego Roque, as anduriñasMonContos
 
Outros mamíferos acuáticos (Morcego Roque)
Outros mamíferos acuáticos (Morcego Roque)Outros mamíferos acuáticos (Morcego Roque)
Outros mamíferos acuáticos (Morcego Roque)MonContos
 
Biodiversidade 2010-curiosidades
Biodiversidade 2010-curiosidadesBiodiversidade 2010-curiosidades
Biodiversidade 2010-curiosidadesiesasorey
 
Mamíferos acuáticos (2) Odontocetos (Morcego Roque)
Mamíferos acuáticos (2) Odontocetos (Morcego Roque)Mamíferos acuáticos (2) Odontocetos (Morcego Roque)
Mamíferos acuáticos (2) Odontocetos (Morcego Roque)MonContos
 
Curuxas, mouchos e bufos (3)
Curuxas, mouchos e bufos (3) Curuxas, mouchos e bufos (3)
Curuxas, mouchos e bufos (3) MonContos
 
Mamíferos acuáticoss (3) Pinnipedos (Morcego Roque)
Mamíferos acuáticoss (3) Pinnipedos (Morcego Roque)Mamíferos acuáticoss (3) Pinnipedos (Morcego Roque)
Mamíferos acuáticoss (3) Pinnipedos (Morcego Roque)MonContos
 
Cucos e outras aves niñoparásitas
Cucos e outras aves niñoparásitasCucos e outras aves niñoparásitas
Cucos e outras aves niñoparásitasMonContos
 
Outros bechos voadores
Outros bechos voadoresOutros bechos voadores
Outros bechos voadoresMonContos
 

Was ist angesagt? (20)

Os morcegos na sabana
Os morcegos na sabanaOs morcegos na sabana
Os morcegos na sabana
 
Mamíferos acuáticos (1) (Morcego Roque)
Mamíferos acuáticos (1) (Morcego Roque)Mamíferos acuáticos (1) (Morcego Roque)
Mamíferos acuáticos (1) (Morcego Roque)
 
Especies de acuicultura. Crustáceos.
Especies de acuicultura. Crustáceos.Especies de acuicultura. Crustáceos.
Especies de acuicultura. Crustáceos.
 
Ourizos
OurizosOurizos
Ourizos
 
A protección da natureza en Galiza (II). As especies
A protección da natureza en Galiza (II). As especiesA protección da natureza en Galiza (II). As especies
A protección da natureza en Galiza (II). As especies
 
Animais que hibernan
Animais que hibernanAnimais que hibernan
Animais que hibernan
 
Roque en Australia
Roque en AustraliaRoque en Australia
Roque en Australia
 
Morcego Roque, peixes planos
Morcego Roque, peixes planosMorcego Roque, peixes planos
Morcego Roque, peixes planos
 
Antártida 1ºeso c
Antártida 1ºeso cAntártida 1ºeso c
Antártida 1ºeso c
 
Morcego Roque, avenoiteiras
Morcego Roque, avenoiteirasMorcego Roque, avenoiteiras
Morcego Roque, avenoiteiras
 
Morcego Roque, as anduriñas
Morcego Roque, as anduriñasMorcego Roque, as anduriñas
Morcego Roque, as anduriñas
 
Outros mamíferos acuáticos (Morcego Roque)
Outros mamíferos acuáticos (Morcego Roque)Outros mamíferos acuáticos (Morcego Roque)
Outros mamíferos acuáticos (Morcego Roque)
 
Aves
AvesAves
Aves
 
Biodiversidade 2010-curiosidades
Biodiversidade 2010-curiosidadesBiodiversidade 2010-curiosidades
Biodiversidade 2010-curiosidades
 
Mamíferos acuáticos (2) Odontocetos (Morcego Roque)
Mamíferos acuáticos (2) Odontocetos (Morcego Roque)Mamíferos acuáticos (2) Odontocetos (Morcego Roque)
Mamíferos acuáticos (2) Odontocetos (Morcego Roque)
 
Animais
AnimaisAnimais
Animais
 
Curuxas, mouchos e bufos (3)
Curuxas, mouchos e bufos (3) Curuxas, mouchos e bufos (3)
Curuxas, mouchos e bufos (3)
 
Mamíferos acuáticoss (3) Pinnipedos (Morcego Roque)
Mamíferos acuáticoss (3) Pinnipedos (Morcego Roque)Mamíferos acuáticoss (3) Pinnipedos (Morcego Roque)
Mamíferos acuáticoss (3) Pinnipedos (Morcego Roque)
 
Cucos e outras aves niñoparásitas
Cucos e outras aves niñoparásitasCucos e outras aves niñoparásitas
Cucos e outras aves niñoparásitas
 
Outros bechos voadores
Outros bechos voadoresOutros bechos voadores
Outros bechos voadores
 

Ähnlich wie Roque no mar

Curiosidades dos animais mariños
Curiosidades dos animais mariñosCuriosidades dos animais mariños
Curiosidades dos animais mariñosiesasorey
 
Os sapoconchos I
Os sapoconchos IOs sapoconchos I
Os sapoconchos IMonContos
 
Réptiles silván, parentes e achegados
Réptiles     silván, parentes e achegadosRéptiles     silván, parentes e achegados
Réptiles silván, parentes e achegadosegsumay
 
Morcego Roque, O Río
Morcego Roque, O RíoMorcego Roque, O Río
Morcego Roque, O RíoMonContos
 
Os xigantes do océano
Os xigantes do océano Os xigantes do océano
Os xigantes do océano iesasorey
 
A viaxe dos baleeiros. iván longarela
A viaxe dos baleeiros. iván longarelaA viaxe dos baleeiros. iván longarela
A viaxe dos baleeiros. iván longarelaclimanticarzua Cl. Arz
 
Os animais do deserto
Os animais do desertoOs animais do deserto
Os animais do desertoPaulaReySilva
 
Gran Barreira de Coral Australiana
Gran Barreira de Coral AustralianaGran Barreira de Coral Australiana
Gran Barreira de Coral Australianaiesasorey
 
Os que faltaban
Os que faltabanOs que faltaban
Os que faltabanMonContos
 
Os invertebrados mariños soad,ana, erica
Os invertebrados mariños soad,ana, ericaOs invertebrados mariños soad,ana, erica
Os invertebrados mariños soad,ana, ericaraqueltroitinobarros
 

Ähnlich wie Roque no mar (18)

Curiosidades dos animais mariños
Curiosidades dos animais mariñosCuriosidades dos animais mariños
Curiosidades dos animais mariños
 
Os sapoconchos I
Os sapoconchos IOs sapoconchos I
Os sapoconchos I
 
Peixes
PeixesPeixes
Peixes
 
Peixe vela
Peixe velaPeixe vela
Peixe vela
 
Réptiles silván, parentes e achegados
Réptiles     silván, parentes e achegadosRéptiles     silván, parentes e achegados
Réptiles silván, parentes e achegados
 
Morcego Roque, O Río
Morcego Roque, O RíoMorcego Roque, O Río
Morcego Roque, O Río
 
Animais dos polos
Animais dos polosAnimais dos polos
Animais dos polos
 
Os xigantes do océano
Os xigantes do océano Os xigantes do océano
Os xigantes do océano
 
A viaxe dos baleeiros. iván longarela
A viaxe dos baleeiros. iván longarelaA viaxe dos baleeiros. iván longarela
A viaxe dos baleeiros. iván longarela
 
Moluscos
Moluscos Moluscos
Moluscos
 
Roedores
RoedoresRoedores
Roedores
 
Os animais do deserto
Os animais do desertoOs animais do deserto
Os animais do deserto
 
Gran Barreira de Coral Australiana
Gran Barreira de Coral AustralianaGran Barreira de Coral Australiana
Gran Barreira de Coral Australiana
 
Diego
DiegoDiego
Diego
 
Diego
DiegoDiego
Diego
 
Os que faltaban
Os que faltabanOs que faltaban
Os que faltaban
 
Os invertebrados mariños soad,ana, erica
Os invertebrados mariños soad,ana, ericaOs invertebrados mariños soad,ana, erica
Os invertebrados mariños soad,ana, erica
 
Esquíos
EsquíosEsquíos
Esquíos
 

Mehr von MonContos

publicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdf
publicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdfpublicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdf
publicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdfMonContos
 
rata Luisa o estanque.pptx
rata Luisa o estanque.pptxrata Luisa o estanque.pptx
rata Luisa o estanque.pptxMonContos
 
Rata Luisa Nadal.pptx
Rata Luisa Nadal.pptxRata Luisa Nadal.pptx
Rata Luisa Nadal.pptxMonContos
 
rata Luisa fútbol.pptx
rata Luisa fútbol.pptxrata Luisa fútbol.pptx
rata Luisa fútbol.pptxMonContos
 
rata luisa disfraces.pptx
rata luisa disfraces.pptxrata luisa disfraces.pptx
rata luisa disfraces.pptxMonContos
 
que fan que.pptx
que fan que.pptxque fan que.pptx
que fan que.pptxMonContos
 
a rolada.pptx
a rolada.pptxa rolada.pptx
a rolada.pptxMonContos
 
cactos e euforbias.pptx
cactos e euforbias.pptxcactos e euforbias.pptx
cactos e euforbias.pptxMonContos
 
Serra do Faro de Avión.pptx
Serra do Faro de Avión.pptxSerra do Faro de Avión.pptx
Serra do Faro de Avión.pptxMonContos
 
Serra da Paradanta.pptx
Serra da Paradanta.pptxSerra da Paradanta.pptx
Serra da Paradanta.pptxMonContos
 
voitres.pptx
voitres.pptxvoitres.pptx
voitres.pptxMonContos
 
Candea, Cabanillas unidade didáctica
Candea, Cabanillas unidade didácticaCandea, Cabanillas unidade didáctica
Candea, Cabanillas unidade didácticaMonContos
 
Calendario Cabanillas Candea 2009
Calendario Cabanillas Candea 2009Calendario Cabanillas Candea 2009
Calendario Cabanillas Candea 2009MonContos
 
Cabanillas Salnés (fotógrafos/as) II
Cabanillas Salnés (fotógrafos/as) IICabanillas Salnés (fotógrafos/as) II
Cabanillas Salnés (fotógrafos/as) IIMonContos
 
Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)
Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)
Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)MonContos
 
Agoiña miragreira (Cabanillas)
Agoiña miragreira (Cabanillas)Agoiña miragreira (Cabanillas)
Agoiña miragreira (Cabanillas)MonContos
 
Rata Luisa, paxariñas de papel
Rata Luisa, paxariñas de papelRata Luisa, paxariñas de papel
Rata Luisa, paxariñas de papelMonContos
 
Rata Luisa, máis papel
Rata Luisa,  máis papelRata Luisa,  máis papel
Rata Luisa, máis papelMonContos
 

Mehr von MonContos (20)

publicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdf
publicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdfpublicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdf
publicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdf
 
rata Luisa o estanque.pptx
rata Luisa o estanque.pptxrata Luisa o estanque.pptx
rata Luisa o estanque.pptx
 
Rata Luisa Nadal.pptx
Rata Luisa Nadal.pptxRata Luisa Nadal.pptx
Rata Luisa Nadal.pptx
 
rata Luisa fútbol.pptx
rata Luisa fútbol.pptxrata Luisa fútbol.pptx
rata Luisa fútbol.pptx
 
rata luisa disfraces.pptx
rata luisa disfraces.pptxrata luisa disfraces.pptx
rata luisa disfraces.pptx
 
que fan que.pptx
que fan que.pptxque fan que.pptx
que fan que.pptx
 
a rolada.pptx
a rolada.pptxa rolada.pptx
a rolada.pptx
 
cactos e euforbias.pptx
cactos e euforbias.pptxcactos e euforbias.pptx
cactos e euforbias.pptx
 
Serra do Faro de Avión.pptx
Serra do Faro de Avión.pptxSerra do Faro de Avión.pptx
Serra do Faro de Avión.pptx
 
Serra da Paradanta.pptx
Serra da Paradanta.pptxSerra da Paradanta.pptx
Serra da Paradanta.pptx
 
voitres.pptx
voitres.pptxvoitres.pptx
voitres.pptx
 
petos.pptx
petos.pptxpetos.pptx
petos.pptx
 
Candea, Cabanillas unidade didáctica
Candea, Cabanillas unidade didácticaCandea, Cabanillas unidade didáctica
Candea, Cabanillas unidade didáctica
 
Calendario Cabanillas Candea 2009
Calendario Cabanillas Candea 2009Calendario Cabanillas Candea 2009
Calendario Cabanillas Candea 2009
 
Cabanillas Salnés (fotógrafos/as) II
Cabanillas Salnés (fotógrafos/as) IICabanillas Salnés (fotógrafos/as) II
Cabanillas Salnés (fotógrafos/as) II
 
Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)
Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)
Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)
 
Paco Leiro
Paco LeiroPaco Leiro
Paco Leiro
 
Agoiña miragreira (Cabanillas)
Agoiña miragreira (Cabanillas)Agoiña miragreira (Cabanillas)
Agoiña miragreira (Cabanillas)
 
Rata Luisa, paxariñas de papel
Rata Luisa, paxariñas de papelRata Luisa, paxariñas de papel
Rata Luisa, paxariñas de papel
 
Rata Luisa, máis papel
Rata Luisa,  máis papelRata Luisa,  máis papel
Rata Luisa, máis papel
 

Kürzlich hochgeladen

IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelXXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelcenlf
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónRemoeaLinguaLinguaGa
 
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa VillaltaUnidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa VillaltaAgrela Elvixeo
 
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfO Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRemoeaLinguaLinguaGa
 

Kürzlich hochgeladen (7)

IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
 
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelXXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
 
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa VillaltaUnidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
 
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfO Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
 
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
 

Roque no mar

  • 1. Roque e Raimundo fixeron unha viaxe para coñecer bechos do mar
  • 2. Como acordaran na última, despois da calor e de suar, a viaxe, desta volta, vanna facer polo mar.
  • 3. E para esta aventura tivéronse que preparar. Andar por terra é unha cousa, pero, non sabían nada do mar!
  • 4. Empezaron a practicar manexando unha gamela,
  • 5. se se cansaban de bogar, coas ás facían de vela.
  • 6. Logo en lanchas de motor
  • 7. e en barcos por fora da ría,
  • 8. …e por último embarcaron nun gran buque factoría. Para poderen ir nel coñecer mares de lonxe e así ver o que hai alí e que bechos raros collen.
  • 9. E de cantos viron, de cantos atoparon, escolleron uns poucos para ensinárvolos.
  • 10. Algúns dos máis grandes,
  • 11. cordón de bota (Lineus longissimus). Esta miñoca é o animal máis longo do mundo. Chega a medir máis de 50 m.
  • 12. Rorcual azul (Balaenoptera musculus), máis coñecido como balea azul. Mide entre 24 e 27 m de lonxitude e pesa entre 100 e 120 t. (hai rexistros de exemplares de máis de 30 m e máis de 190 t). Pode vivir ata 80 anos.
  • 13. Cachalote (Phiseter macrocephalus). Ramente acada os 20 m de lonxitude e os 50.000 kg. Vive ata 70 anos.
  • 14. Tiburón balea (Rhincodon typus). É o peixe máis grande do mundo. Pode medir máis de 12 m de lonxitude e pesar preto de 20 toneladas. Vive uns 100 anos.
  • 15. Peixe remo xigante, rei dos arenques (Regalecus glesne). Pode acadar os 17m de lonxitude e pesar ata 300 kg.
  • 16. Manta raia ou manta xigante (Manta birostris). É a máis grande das raias. Pode chegar a medir máis de 8 m e pesar arredor de 1400 kg.
  • 17. Tartaruga de coiro (Dermochelys coriacea). É a máis grande das tartarugas mariñas. Pode superar os 2 m de lonxitude e pesar máis de 700 kg.
  • 18. cangrexo xigante xaponés (Macrocheira kaempferi). É o cangrexo máis grande. As súas patas chegan a medir máis de 1,5 metros de longo, o que lle permite acadar un diámetro de 4 m. Supera os 20 kg de peso e pénsase que vive máis de 100 anos.
  • 19. Lura colosal (Mesonichoteuthis hamiltoni). Vive preto da Antártida e pode medir ata 20 m.
  • 20. Ameixa xigante, taclobo xigante (Tridacna gigas). É o molusco bivalvo máis grande. Pode acadar unha lonxitude de 115 cm e un peso duns 300 kg.
  • 21. Trompeta australiana (Syrins aruanus). Pode medir ata 90 cm e pesar 18 kg. É a caracola máis grande que se coñece.
  • 22. Xureleira xigante (Nemopilema nomurai). Acada 2 m de diámetro e 200 kg de peso. Ten tentáculos venenosos.
  • 24. Porquiño do mar (Scotoplanes globosa). É un equinodermo que vive nos mares fríos a uns 1.000 m de profundidade. Pode medir ata uns 30 cm.
  • 25. Glaucus atlanticus. É unha lesma do mar. Vive aboiando por debaixo da superficie da auga. Mide de 4 a 5 cm. Aliméntase de augamares e almacena o veneno que teñen, nas puntas dos seus brazos.
  • 26. Polbo dumbo (Grimpoteuthis sp). Vive entre os 1.600 e os 2.200    m de profundidade. Os máis grandes acadan os 20 cm.
  • 27. Cangrexo ieti (Kiwa hirsuta). É un cangrexo de ata 15 cm, sen ollos, que vive a grandes fonduras, máis de 2.000 m, descuberto no 2005.
  • 28. Peixe rato (Chimaera monstrosa). Un raro tiburón de 1 m ou máis de lonxitude e 2,5 kg de peso que vive en augas medio fondas. Pode vivir ata 30 anos.
  • 29. Porco do mar (Oxynotus brunensis). É un pequeno tiburón que vive entre os 100 e os 300 m de fondo. Mide ata 1,5 m.
  • 30. Peixe roda (Mola mola). É o peixe óseo máis pesado do mundo, mide máis de 3 m de lonxitude e pode superar as 2 toneladas. As femias poñen ata 300 millóns de ovos.
  • 31. Ciclopterus lumpus. Pode medir ata 60 cm. Vive a profundidades de ata 300 m e achégase á costa para desovar. Cada femia pode poñer arredor de 300.000 ovos.
  • 32. Peixe sapo peludo. Coñécense unhas 30 especies. Viven en augas pouco fondas dos mares cálidos. Teñen espiñas venenosas.
  • 33. Peixe trípode (Bathypterois grallator). Vive en augas profundas, e acada os 35 cm.
  • 34. Dragón mariño foliado (Phycodurus eques). É un cabaliño do mar do leste e o sur de Australia que chega a medir 45 cm de lonxitude.
  • 35. Peixe morcego de nariz longo (Ogcocephalus nasutus). Mide entre 20 e 40 cm. Camiña polos fondos coa axuda das aletas.
  • 36. Peixe pescador, peixe morcego (Antennarius commerson). Peixe de fondo de mares cálidos. Pode medir ata 35 cm.
  • 37. Peixe cofre cornudo (Lactoria cornuta). Vive en arrecifes de mares cálidos. Pode medir ata 50 cm. Cando se estresa produce pola pel unha sustancia moi tóxica.
  • 38. Draco, peixe de xeo antártico (Chionodraco hamatus). Vive debaixo do xeo, preto da Antártida. Ten o sangue transparente. Pode acadar ata 35 cm.
  • 39. Black Oreo Dory (Allocytus níger). Vive nas augas fondas, máis de 1.000 m, de Nova Celandia. Mide ata 40 cm e pode pesar ata 1 kg.
  • 40. Lamprea (Petromyzon marinus). Peixe primitivo sen mandíbulas que nace nos ríos, vive no mar, onde se alimenta do sangue dos peixes aos que parasita, e máis adiante volve aos ríos para desovar e despois morrer. Pode medir máis de 1 m e pesar entre 2 e 3 kg.
  • 41. Gamba arlequín (Hymenocera elegans). Mide uns 5 m. Adoita vivir por parellas. Aliméntase de estrelas de mar.
  • 42. Estrela cesto xigante (Astrophitum muricatum) . Vive no mar Caribe. Pode medir entre 30 me 45 cm de diámetro. De día permanece enleada e de noite desprega os seus numerosos raios para capturar pequenos animais que traen as correntes.
  • 44. Carabela portuguesa, fragata portuguesa, agua mala, botella azul (Physalia physalis). A vela pode medir ata 30 cm e os tentáculos máis de 10 m. O veneno que contén produce moita dor e pode causar a morte.
  • 45. Véspora do mar (Chironex fleckeri). Vive nas costas de Australia. É un dos animais máis venenosos que se coñecen. Pode acadar 30 cm de diámetro con tentáculos de máis de1m de lonxitude
  • 46. Polbo de aneis azúis (Hapalochlaena). Só mide entre 15 e20 cm. É un dos animais máis venenosos do mundo. Co veneno que contén pode matar máis de 20 persoas.
  • 47. Xiba extravagante (Metasepia pfefferi). Unha especie de xiba que só acada, como máximo, entre 6 e 8 cm; a súa carne é moi tóxica.
  • 48. Serpe de mar común (Enhydrina schistosa). Unha das 60 especies de serpes mariñas, a máis perigosade todas. O veneno que inxecta nunha mordedura é suficiente para matar 50 persoas. Mide ata 1,5 m
  • 49. Cono xeográfico (Conus geographus). Mide ata 15 cm. Esta caracola do mar e un dos animais máis pezoñentos que se coñecen. El, e moitos dos seus parentes, producen veneno que usan para paralizar ás súas presas. A toxina é tan potente que mata ás persoas. As cunchas, de fermosas cores, destes animais son buscadas polos coleccionistas
  • 50. Peixe león ou peixe escorpión (Pterois volitans). Pode medir entre 30 e 40 cm. Vive en mares cálidos. Ten veneno nas espiñas da aletas.
  • 51. Peixe pedra (Synanceia horrida). Vive en mares cálidos. Pode medir ata 60 cm. Nas espiñas das aletas ten un veneno tan potente como o dunha cobra.
  • 52. Fugu ou peixe globo xaponés (Takifugu rubipres). Pode medir ata 80 cm. Contén, en diferentes partes do corpo, toxinas suficientes para matar a 30 persoas, pero é un dos manxares máis apreciados da cociña xaponesa.
  • 53. Nudibranquio. Os nudibranquios son moluscos mariños de fermosas cores e tamaños que están entre os 2 e os 15 cm. As especies que se alimentan de actinias, augamares e outros animais que producen veneno, almacénano no seu corpo como arma defensiva.
  • 54. Chucho, embrudo (Myliobatis aquila). Pode acadar os 180 cm de lonxitude total e 14 kg de peso.
  • 55. Faneca brava (Trachinus vipera). Mide ata 20 cm e pode pesar ata 300gr. Entérrase na area para capturar as súas presas e ao pisalo clávanse os aguillóns da aleta do lombo que teñen veneno.
  • 57. Peixe mancha (Psychrolutes marcidus). Vive en augas fondas das costas de Australia. Mide entre 30 e 40 cm
  • 58. Peixe lobo (Anarhichas lupus). Vive en mares fríos do norte. Pode medir ata 1 m.
  • 59. Peixe rato de nariz longo (Rhinochimaera). Pode medir ata 1,5 m. Vive en augas fondas dos mares cálidos.
  • 60. Tiburón anguía (Chlamydoselachus anguineus) vive en augas de media fondura das costas do Xapón. Pode medir ata 4 m. Considérase un fosil vivinte.
  • 61. Rape común ou rape blanco (Lophius piscatorius). É un peixe de fondo que pode medir máis de 1 m de lonxitude, pesar ata 40 kg e vivir máis de 20 anos.
  • 62. Miraceo, peixe rato ou peixe sapo (Uranoscopus scaber) mide ata 40 cm e acada case 1 kg de peso.
  • 63. Malarmado (Peristedion cataphractum) .Vive entre os 50 e os 500 m de fondura e pode medir ata 40 cm.
  • 64. e outros curiosos, que tamén retrataron
  • 65. Ortiga ou ortuga (Torpedo marmorata). Pode medir ata 60 cm. Produce descargas eléctricas de máis de 100 voltios.
  • 66. Peixe morcego de beizos vermellos (Ogcocephalus perractus)
  • 67. Peixe piña (Cleidopus gloriamaris). Vive no sur e oeste de Australia. Mide uns 20 cm.
  • 68. Zanclus cornutus. Peixe de arrecife que pode medir ata 30 cm.
  • 69. Peixe bolboreta. Hainos de moitas formas diferentes e cores variadas. Poden medir entre 10 e 40 cm, según a especie.
  • 71. Peixes porco ou peixes ballesta. Coñécense unhas 40 especies que viven nos mares temperados e cálidos. Según a especie, poden medir entre 20 e 90 cm.
  • 72. Peixe mandarín (Synchiropus splendidus). Mide ata 6 cm de lonxitude. Vive entre 10 e 15 anos.
  • 73. fin As imaxes foron collidas da internet. Agradezolle aos autores a súa dispoñibilidade e agardo que saiban disculpar o uso que fixen delas. Mon Daporta COUSIÑAS FEITAS NA CASA E con estas cousiñas rematou a aventura. A próxima, aos Polos, a ver se vos gusta.