SlideShare ist ein Scribd-Unternehmen logo
1 von 117
avenoiteiras
Mon
Daporta
COUSIÑAS FEITAS NA CASA
Ía Roque, ao seu, andando por un carreiro
cando, de onda os seus pés, saíu unha ave e sorprendeuno.
Sobresalto... e alegría a un tempo.
Coñecíaa de oídas, mais nunca a tivera tan preto.
E entón quixo saber, quixo coñecelo todo,
e púxose a traballar para chegar ata o fondo.
Ademais de ir ver outros días, para aprender en directo
As avenoiteiras, noitebras ou noitaregas son aves estrixiformes da familia (Caprimulgidae) que acolle
unhas cen especies.
Son aves pouco coñecidas a pesares de estaren distribuídas por todas as áreas temperadas e quentes do
mundo. Pasan desapercibidas polos seus costumes crepusculares e nocturnos (voan á tardiña e pola noite
para alimentárense de insectos), pola súa plumaxe críptica (gris e/ou parda con manchas irregulares) e
porque non se moven ata que un se atopa moi preto delas-.
botouse a investigar...
Unha avenoiteira
camuflada na contorna
outra
avenoiteira
disimulada no
medio
co que xuntou o que vemos.
As mais de 100 espécies están distribuídas en 20 xéneros, pertencentes a dúas subfamilias:
Caprimulginae (avenoiteiras típicas de Eurasia, África e Oceanía) e Chordeilinae (avenoiteiras de
América).
avenoiteira
chotacabras
zata arrunta
enganyapastors
noitibó
nightjar
engoulevent
ziegenmelker
succiacapre
As avenoiteiras son aves
de entre 20 e 30 cm de
longo, de ás longas e patas
curtas, cabeza grande co
peteiro curto e moi amplo.
O peteiro é curto, mais a abertura
chega moi atrás na cabeza o que lle
permite acadar unha grande
amplitude bucal.
Aniñan no chan,
en espazos
abertos con mato,
depositando os
ovos sobre o
terreo.
Os polos nacen
cubertos dun plumón
gris manchado, e ao
pouco tempo deixan
o espazo no que
naceron para
agochárense polos
arredores
Aos 15 días xa
teñen prumas e
logo foxen con
voos curtos.
Ao mes de
naceren xa son
independentes.
Polo de entre dúas e tres semanas.
Son adultos ao ano
seguinte de nacer e
viven, de promedio, uns
catro anos.
A avenoiteira mais lonxeva da
que se teñen datos viveu algo
máis de 12 anos.
As avenoiteiras que
viven preto das áreas
urbanas adoitan
pousar nas estradas
polo que moitas son
víctimas do tráfico
as avenoiteiras do mundo
Caprimulginae.
Avenoiteiras de Europa, Asia, África e Oceanía
Caprimulgus europaeus (avenoiteira europea). É a
avenoiteira que coñeceu Roque. Chega a Galiza a
finais de abril e volve a irse en setembro. Nese
tempo pon os ovos, cría os polos e, as veces, se a
cría comezou cedo, pode ter una segunda rolada.
Habita en espazos abertos e secos con árbores,
matos, prados, e claros de bosque. Mide entre 25
e 28 cm e pode pesar entre 50 e 100 g.
Recoñécense seis subespecies:
C. e. europaeus, (a subespecie nominal), do norte e do centro de
Europa e de Asia central.
C. e. meridionalis, do sur de Europa, ata o mar Caspio, e do
noroeste de África. É máis pequena que a especie nominal e ten a
plumaxe máis clara e gris con manchas brancas máis grandes.
C. e. sarudnyi, de Kazaxistán a Kirguixistán. De cor clara con
manchas brancas grandes.
C. e. unwini, de Iraq, Irán e Uzbequistán. Ten plumaxe máis clara,
gris e uniforme que a especie nominal e adoita ter unha área
branca na gorxa..
C. e. plumipes, do noroeste da China e do oeste de Mongolia. De
cor clara en tons ocres e grandes manchas brancas.
C. e. dementievi, do norte de Mongolia. Ten a plumaxe gris clara.
Área de cría .
Área de invernada .
Xénero Caprimulgus
Formado por 38 especies de Eurasia, África e Oceanía.
Caprimulgus aegyptius
(avenoiteira exipcia).
Vive polo norte de África e
no Oriente Medio.
Mide uns 25 cm.
Caprimulgus affinis
(avenoiteira da sabana).
Vive en case toda a área
Indomalaia, a non ser nas
zonas de selva densa e nos
desertos, incluídas as illas ata
Sulawesi.
Mide de 20 a 26 cm.
Caprimulgus andamanicus
(avenoiteira de Andamán).
Vive nos bosques tropicais e nos
campos abertos con árbores da
maioría das illas do arquipélago de
Andamán.
Mide de 23 a 27 cm.
Caprimulgus asiaticus
(avenoiteira hindú). Habita
en bosques aclarados, matos
e áreas de cultivo ao sur dos
Himalaias desde Paquistán,
noroeste da India, Bangladés,
Birmania e Vietnam.
Mide de 23 a 29 cm, e pode
pesar entre 40 e 46 g.
Caprimulgus atripennis
(avenoiteira marajá).
Atópase nos claros de
bosques abertos, matos e
campos de cultivo do sur
da India e Sri Lanka.
Mide uns 26 cm.
Caprimulgus celebensis
(avenoiteira de Sulawesi
(Célebes)). É unha especie
endémica de Indonesia que
so se atopa nos bosques
húmidos tropicais das illas
de Sulawesi e Sula.
Mide entre 24 e 30 cm.
Caprimulgus clarus
(avenoiteira de rabo fino).
Vive en praderías, matos e
pasteiros de Xibuti,
Somalia, Etiopía, Sudán e
Tanzania.​
Mide uns 28 cm.
Caprimulgus climacurus
(avenoiteira rabuda).
Atópase por case toda África
entre o Sahara e o Ecuador.
Mide, incluíndo o rabo, de 28 a
43 cm.
Recoñécense tres subespecies:
C. c. climacurus, da maior parte da área (a
non ser o centro de Sudán).
C. c. nigricans, do centro de Sudán.
C. c. sclateri, do oeste, desde Guinea a
Camerún, do norte da República
Democrática do Congo e do noroeste de
Kenia.
Caprimulgus concretus
(avenoiteira de Bonaparte)
É endémica das illas de
Sumatra, Borneo e Belitung.
Actualmente atópase en
perigo de extinción debido á
destrución do seu hábitat
pola deforestación.
Mide entre 21 e 22 cm.
Caprimulgus stellatus
(avenoiteira estrelada).
É unha especie endémica de
África oriental (Etiopía, Kenia,
Somalia e Sudán do Sur).
Mide entre 21 e 23 cm e pode
pesar ata 70 g.
Caprimulgus donaldsoni
(avenoiteira dos estripos).
Vive en Kenia, Etiopía, Tanzania, e
Somalia.
Mide entre 18 e 20 cm e pode
pesar entre 25 e 35 g.
Caprimulgus eximius
(avenoiteira dourada).
Atopase polo sur do Sahara
(Chad, Mali, Mauritania, Níger,
Nigeria, Senegal e Sudán).
Mide entre 23 e 25 cm, e pesa
arredor de 60 g.
Caprimulgus fossii (avenioteira
de Fosse ou avenoiteira de
Mozambique). Vive en zonas de
arborado disperso, bosques de
mato, praderías herbáceas ou
arboradas e zonas desérticas
de África, ao sur do Ecuador.
Mide entre 23 e 24 cm. O macho
é un algo máis pequeno ca femia.
Recoñécense catro subespecies:
C. f. fossii, do norte e suroeste de Gabón e
do suroeste da República Democrática do
Congo.
C. f. welwitschii, do sur da República
Democrática do Congo, o norte e o oeste
de Zambia, de Angola e do norte de
Namibia e Botsuana.
C. f. mossambicus, do sueste da República
Democrática do Congo, o sur de Tanzania y
Zimbabue, de Mozambique e do norleste
da República Sudafricana.
C. f. griseoplurus, do deserto do Kalahari e
o norte da República Sudafricana.
Caprimulgus fraenatus
(avenoiteira escura). Atópase polo
leste, o centro e o sur de África, a
non ser nas selvas (Angola, Botsuana,
Burundi, Eritrea, Etiopía, Kenia,
Malawi, Mozambique, Namibia,
Somalia, Sudáfrica, Sudán do Sur,
Tanzania, Uganda, Zambia, e
Zimbabue).
Mide uns 25 cm e pode pesar entre
45 e 65 g.
Caprimulgus indicus
(avenoiteira da selva)​.
Vive nas beiras dos bosques na
India e en Sri Lanka.
Mide de 21 a 24 cm.
A poboación de Sri Lanka (C. i.
Kelaarti) é a de menor tamaño.
Caprimulgus inornatus
(avenoiteira sinxela). Atópase
en ​África ao sur do Sahara.
Mide entre 22 e 23 cm e pode
pesar entre 30 e 50 g.
Caprimulgus jotaka (avenoiteira
jotaka). Vive no leste de Asia e no
Himalaia. Desde o sueste de Rusia,
norte de China e o Xapón ata as
montañas del sueste asiático e o
Himalaia. No inverno migra ao sur
a Indochina, a península malaia e o
arquipélago malaio.
Mide entre 24 e 29 cm e pesa de
80 a 90 g.
Caprimulgus longipennis (avenoiteira
portaestandarte).
Vive nas sabanas secas con mato desde
Senegal ata Etiopía.
Mide entre 20 e 23cm. Os machos, durante
a tempada de cría, desenvolven unha pluma
longa e ampla no medio de cada á que
aumenta a lonxitude total da ave ata case o
doble (38 cm).
Caprimulgus macrurus (avenoiteira
de rabo longo). Atópase desde o Nepal
e o nordeste da India, por Indochina, a
península Malaia, as illas de Sumatra,
Borneo e Nova Guiné ata a costa norte
de Australia. Mide de 25 a 27 cm.
Recoñécense seis subespecies:
C. m. albonotatus, do noroeste de Pakistán o norte
da India, Bután e Bangladés.
C. m. bimaculatus, do nordeste da India, o sur da
China, o Sueste Asiático, a península Malaia e
Sumatra.
C. m. johnsoni, do sur das Filipinas (Palawan,
Busuanga e Culión).
C. m. macrurus, de Xava e Bali.
C. m. salvadorii, do norte de Borneo e as illas Sulu.
C. m. schlegelii, das illas menores da Sonda, as
Molucas, Nova Guiné e a costa norte de Australia.
Caprimulgus madagascariensis
(avenoiteira malgache). So se atopa
nos bosques tropicais e subtropicais
e nos matos das illas de Madagascar
e Aldabra (Seychelles).
Mide entre 21 e 23 cm e pesa entre
40 e 50 g.
Caprimulgus mahrattensis
(avenoiteira mahratta). Atópase en
Afganistán, o sur de Irán, Paquistán
e o noroeste da India. No inverno
migran ao leste da India​.
Mide uns 23 cm.
Caprimulgus manillensis
(avenoiteira filipina).
É endémica das Filipinas.
Mide uns 25 cm e pode pesar
de 60 a 70 g.
Caprimulgus meesi (avenoiteira de
Mees). É endémica das illas menores do
arquipélago da Sonda (de Sumba e Flores
ata Alor).
Mide uns 30 cm.
Foi descrita como nova especie en 2004. ​
Caprimulgus natalensis
(avenoiteira do Natal).
Atópase en África, ao sur do Sahara.
Mide entre 23 e 24 cm e pesa
arredor de 65 g.
Caprimulgus nigriscapularis
(avenoiteira de ombreiros
negros). Atópase nas áreas de
bosque tropical de África
occidental e central.
Mide uns 23 cm.
Caprimulgus nubicus
(avenoiteira nubia). Vive no
nordeste de África e no oeste de
Arabia.
Mide entre 20 e 22 cm.
Caprimulgus pectoralis
(avenoiteira música). Atópase por
toda África ao sur do Sahara, a non
ser nas selvas.
Mide entre 23 e 25 cm e pesa
entre 40 e 65 g.
Recoñécense catro subespecies:
C. p. crepusculans, do sueste de Zimbabue,
Mozambique, Suazilandia e o leste de
Sudáfrica.
C. p. fervidus, do sur de Angola ata o norte
de Namibia, Botsuana, Zimbabue e o
nordeste de Sudáfrica.
C. p. pectoralis, do sur de Sudáfrica
C. p. shelleyi, de Angola ata o sur da
República Democrática do Congo, o sur de
Kenia e o suroeste de Tanzania.
Caprimulgus phalaena
(avenoiteira de Palaos).
É endémica das illas de Palaos.
Mide de 21 a 23 cm.
Caprimulgus poliocephalus
(avenoiteira abisinia ou avenoiteira
montana). Vive en áreas esteparias
en Angola, os países de África
oriental e o sur da península Arábiga.​
Mide de 22 a 24 cm e pode pesar
entre 40 e 57 g.
Recoñécense catro subespeciesː
C. p. poliocephalus, do suroeste de Arabia
Saudí e noroeste de Iemen.
C. p. ruwenzorii, do suroeste de Uganda e do
leste da República Democrática do Congo.
C. p. koesteri, do oeste de Angola.
C. p. guttifer, do suroeste de Tanzania, norte de
Malawi e nordeste de Zambia.
Caprimulgus pulchellus
(avenoiteira de Salvadori).
So se atopa nos bosques húmidos
tropicais das illas de Sumatra e
Xava.
Mide uns 22 cm.
Está ameazada por perda do
hábitat.
Recoñécense dúas subespecies:
C. p. pulchellus, de Sumatra.
C. p. bartelsi, de Xava.
Caprimulgus ruficollis
(avenoiteira papuda). Mide entre
30 e 32 cm de longo, dos que a
metade adoitan ser de rabo.
Aparece ocasionalmente no sueste
de Galiza.
Recoñécense dúas subespecies:
C. r. ruficolis, que cría na península ibérica e
no norte de Marrocos. Aparece
ocasionalmente no sueste de Galiza.
C. r. desertorum, coa plumaxe máis pálida,
gris prateada e rubia, e con menos vetas
negras por enriba e tamén máis clara polo
ventre, que cría no leste de Marrocos, en
Arxelia e Túnez.
Caprimulgus rufigena
(avenoiteira de cara vermella).
Atópase en África, ao sur do Sahara.
Cría nos países do centro-sur e pasa
o inverno na zona ecuatorial.
Vive nas sabanas abertas con mato
ou con árbores e nas beiras dos
bosques.​
Mide arredor de 23-24 cm, é
presenta un marcado dimorfismo
sexual.​
Recoñécense dúas subespeciesː
C. r. rufigena, que cría en Sudáfrica, Zimbabue
e Zambia;
C. r. damarensis, que cría en Botsuana,
Namibia e Angola.
Caprimulgus ruwenzorii
(avenoiteira do Ruwenzori).
Vive nas montañas de África
oriental e central.
Mide entre 22 e 24 cm.
Caprimulgus tristigma
(avenoiteira apincarada
pecoso). É unha especie propia
da África subsahariana.
Mide entre 26 e 28 cm e pesa,
de promedio, entre70 e 90 g.
Caprimulgus vexillarius
(avenoiteira colgacintas).
Atópase en sabanas e bosques
de meseta claros e pedrosos de
África, principalmente ao sur do
Ecuador, desde Nixeria a
Sudáfrica.
Mide entre 24 e 28 cm, aínda
que, os machos na época de
cría, poden acadar os 50 ou 70
cm grazas a lonxitude das
prumas das ás.
Caprimulgus
centralasicus
(avenoiteira de Vaurie).
É endémica do deserto
de Taklamakán, no
noroeste da China.
Mide uns 19 cm.
Coñécese por un único
exemplar atopado en 1929 en
Sinkiang, e non se volveu ver
desde entón.
Caprimulgus batesi
(avenoiteira de Bates).
Vive en claros e lindes
dos bosques primarios
de baixa altitude e nos
bosques secundarios
densos de África
ecuatorial
Mide entre 29 e 31 cm.
Coñécese por un único
exemplar descrito en 1990.
Caprimulgus solala
(avenoiteira solala).
É endémica de Etiopía
onde so se atopa nos
pasteiros baixos secos
subtropicais ou tropicais.
Por comparación crese que
pode acadar os 25 cm.
A especie foi descuberta en 1990 a
partir dunha á, recollida dos restos
dun exemplar atopados por uns
investigadores no Parque nacional
de Nechisar.​
Atópase ameazada por perda do
hábitat.
Caprimulgus
prigoginei (avenoiteira
de Prigogine). Vive nas
zonas tropicais do centro
de África.
Mide uns 19 cm.
So se atopou un único exemplar,
nas montañas Itombwe da
República Democrática do
Congo, en febreiro de 1952.
Outros caprimulxidae pouco coñecidos
Eurostopodus argus (avenoiteira
argos). Vive en bosques abertos, zonas
de mato, sabanas e mangleiros de gran
parte de Australia, menos na costa leste.
Pasa o inverno nas illas menores da
Sonda e as illas Aru.
Mide entre 25 a 28 cm de longo.​ Os
machos pesan entre 80 e 130 g e as
femias algo menos (74 a 123 g).
Xénero Eurostopodus. Do surleste
de Asia e de Australia. Teñen plumas como
orellas aos lados da cabeza.
Está formado por sete especies:
Eurostopodus mystacalis
(avenoiteira bigotuda). Atópase
nos bosques subtropicais e
tropicais do leste de Australia,
Nova Guiné e as illas Salomón.
Mide de 30 a 37 cm.
Eurostopodus nigripennis
(avenoiteira das illas
Salomón). É endémica do
arquipélago das illas Salomón.
Mide uns 27 cm.
Eurostopodus diabolicus
(avenoiteira diabólica).
É endémica do norte e do centro
de Sulawesi.
Mide uns 27 cm.
Moi escasa.
Eurostopodus papuensis
(avenoiteira papú).
Endémica das selvas
húmidas de terras baixas de
Nova Guiné.
Mide uns 28 cm.
Eurostopodus archboldi
(avenoiteira de Archbold).
É endémica das selvas
húmidas de montaña da
illa de Nova Guiné.
Mide uns 28 cm.
Eurostopodus exul
(avenoiteira de Nova
Caledonia). Mide uns 26 cm.
Sen novas dela desde 1939.
Extinguida?
Xénero Lyncornis. Aves do surleste
de Asia (área Indomalaia e as illas da
Wallacea).
Formado por dúas especies:
Lyncornis temminckii (avenoiteira de
Temminck). Vive nas selvas húmidas
tropicais do surleste asiático (sur da
península malaia, Sumatra, Borneo e as
illas dos arredores).
Mide entre 25 e 28 cm.
Lyncornis macrotis (avenoiteira
orelluda). Vive nos bosques
húmidos tropicais e subtropicais do
sueste asiático (Bangladés,
Indonesia, Laos, Malasia, Birmania,
Filipinas, Tailandia e Vietnam, e
partes da India).
Mide uns 40 cm e pesa arredor de
150 gramos. Pon un so ovo.
Xénero Gactornis. Endémico da Illa
de Madagascar.
Formado por unha soa especie:
Gactornis enarratus ​(avenoiteira
acolarada). Vive en bosques húmidos
tropicais e subtropicais, así como en
plantacións arbóreas a baixa altitude.
Mide arredor de 24 cm de longo e pesa
arredor de 55 g.
Xénero Veles. Propio de África. Está
formado por unha soa especie a
Veles binotatus (avenoiteira
bimaculada). Vive nos matos do
Camerún, Costa do marfil, Gabón, Ghana,
Liberia, República Centroafricana,
República do Congo e República
Democrática do Congo.
Mide arredor de 21 cm e pesa uns 60 gr
Chordeilinae.
avenoiteiras americanas
Xénero Chordeiles. Formado
por especies que se distribúen desde o
suroeste de Canadá, por América do
Norte, Central, illas do Caribe e
América do Sur, ata o centro da
Arxentina.
Inclúe seis especies:
Chordeiles acutipennis (bacurau de
asa fina, avenoiteira ou añapero
garrapena). Vive en zonas arbustivas
secas e abertas ao longo da costa
peruana e en Colombia, Ecuador, Brasil,
Bolivia e Chile. Mide uns 20 cm.
Chordeiles nacunda (corucâo, avenoiteira
ñacundá, añapero ñacundá ou aguaitacamino
barriga blanca).​ Habita en sabanas, e pasteiros
abertos preto de bosques ou masas de auga de
América do Sur.
Mide uns 30 cm.
Chordeiles gundlachii (querequeté).
Cría en campos abertos nas Antillas e
nos caios de Florida e inverna en
Surámerica.
Mide de 20 a 23 cm.
Pon un so ovo (raramente dous).
Chordeiles minor (avenoiteira ianqui,
bacurau norte americano ou añapero ianqui).
Cría en América do Norte e inverna en
América do Sur, a onde migra en bandos.
Mide uns 23 cm.
Subespecies:
Ch. m. minor, que cría no centro de Canadá e no norte e
noroeste dos Estados Unidos, e inverna no norte de
Arxentina.
Ch. m. sennetti, que cría no centro e no sur de Canadá e o
norte e centro dos Estados Unidos, e inverna e Sudamérica.
Ch. m. hesperis, que cría no suroeste de Canadá e no oeste
dos Estados Unidos, e inverna en América do Sur.
Ch. m. howelli, que cría no centro sur e oeste dos Estados
Unidos, e pasa o inverno en América do Sur.
Ch. m. henryi, que cría no suroeste dos Estados Unidos e no
norte e no centro de México, pasa o inverno en Colombia.
Ch. m. aserriensis, que cría no centro sur dos Estados
Unidos e no norte de México.
Ch. m. chapmani, que cria no sueste dos Estados Unidos e
pasa o inverno en Arxentina.
Ch. m. panamensis, que cría no leste de Honduras, Belice,
Nicaragua, Costa Rica e Panamá, e pasa o inverno en
América do sur.
Ch. m. neotropicalis, que cría no leste e no sueste de
México, e inverna en Sudamérica.
Chordeiles pusillus (avenoiteira
enana, bacurau pequeno, añapero
menudo ou chotacabras enano)
Vive nas sabanas secas e inundables
de Arxentina, Bolivia, Brasil,
Colombia, Guiana e Venezuela.​
Mide 16​ a 17 cm de lonxitude e
pesa arredor de 30 g.
Distínguense cinco subespecies
segundo as cores da prumaxe.
Chordeiles rupestris (avenoiteira
branca, bacurau da praia, añapero blanco
ou chotacabras pechiblanco). Vive en
matos e bosques degradados tropicais e
subtropicais de Bolivia, Brasil, Colombia,
Ecuador, Perú e Venezuela.
Mide entre 19 e 24 cm.
Xénero Lurocalis. Formado por aves
nativas do continente americano.
Inclúe dúas especies:
Lurocalis rufiventris (avenoiteira de
ventre rubio, añapero ventrirrufo,
gallinaciega buchirufa, guardacaminos
buchirufo. Vive en bosques húmidos
tropicais e subtropicais, e en bosques de
montaña de pouca altura de Bolivia,
Colombia, Ecuador, Perú e Venezuela.
Mide uns 25 cm de longo e pesa arredor
de 110 g.
Lurocalis semitorquatus (avenoiteira
de rabo curto, tuju, añapero colicorto ou
añapero castaño). Vive en pantanos e
nos bosques húmidos subtropicais e
tropicais das terras de América do sur e
América central. Mide entre 19 e 29 cm.
Recoñécense cinco subespecies:
L. s. semitorquatus, do nordeste de Colombia ata as
Guianas, o norte do Brasil, e Trinidad e Tobago.
L. s. stonei, do sueste de Mexico ata Guatemala, o
norte de Honduras e o noreste de Nicaragua.
L. s. noctivagus, de Costa Rica, Panama, a costa oeste
de Colombia e o noroeste de Ecuador.
L. s. schaeferi, do norte de Venezuela.
L. s. nattererii, do leste de Ecuador ata o leste do
Peru, Brasil ao sur do Amazonas e o noreste de
Arxentina.
Xénero Nyctiprogne. Formado por aves que se
distribúen por América do Sur.
Agrupa a dúas especies:
Nyctiprogne leucopyga (avenoiteira ou bacurau de
cauda barrada ou añapero colibandeado). Vive en
chairas anegables, bosques, ríos e pantanos
subtropicais e tropicais da Amazonía de Bolivia, Brasil,
Colombia, Ecuador, Guaiana, Guiana, Paraguai, Perú e
Venezuela. Pode medir entre 16 e 20 cm.
Subespecies:
N. l. leucopyga, do leste de Venezuela as Guianas e o norte do Brasil.
N. l. pallida, do norleste de Colombia ata o centro de Venezuela.
N. l. exigua, do leste de Colombia e o sur de Venezuela.
N. l. majuscula, do norleste do Perú, o leste de Bolivia ata o centro
do Brasil.
N. l. latifascia, do norleste do Perú ata o leste de Venezuela e o
centro do Brasil.
Nyctiprogne vielliardi
(avenoiteira ou bacurau do Sao
Francisco). É endémico das sabanas
secas do leste do Brasil.
Mide uns 17 cm.
Está ameazado por perda do
hábitat.
Xénero Nyctipolus. Aves
propias de América do Sur
Formado por dúas especies:
Nyctipolus nigrescens
(avenoiteira, bacurau laxeado ou
chotacabras negruzco). Vive nas
selvas húmidas de Bolivia, Brasil,
Colombia, Ecuador, Guaiana,
Guiana, Perú, Surinam e Venezuela.
Mide uns 19 cm.
Nyctipolus hirundinaceus
(bacurauzinho da caatinga). Vive
nos bosques secos tropicais do
nordeste do Brasil.
Mide uns 16 cm.
Recoñécense tres subespecies:
N. h. Hirundinaceus, do nordeste do Brasil (s
Piauí, Bahía e Alagoas).
N. h. Cearae, do leste do Brasil (Ceará e norte
de Bahía).
N. h. Vielliardi, do leste do Brasil (Espirito
Santo).
Xénero Nyctidromus. Atópanse desde o sur
dos Estados Unidos (Texas) ata o nordeste da
Arxentina. Miden arredor de 28 cm.
Formado por dúas especies
Nyctidromus albicollis (avenoiteira pauraque,
bacurau, curiango). Vive en bosques, matos,
pasteiros, mangleiros e plantacións tropicais e
subtropicais desde Argentina hasta Texas, nos
Estados Unidos.
Mide entre 27 e 30 cm.
Recoñécense sete subespecies de tamaños e cores
diferentes e teñen distinta distribución xeográfica:
N. a. albicollis, do leste e do sur de Venezuela, Trinidad, as
Guaianas, norte e nordeste do Brasil; leste e sur de Colombia e o
Ecuador ata o norte de Bolivia.
N. a. derbyanus, do centro e do sur de Brasil ata o nordeste de
Arxentina.
N. a. gilvus, de Panamá e do norte de Colombia,
N. a. insularis, da illa das Tres Marías (oeste de México).
N. a. intercedens, do sur de Guatemala ata o sur de Costa Rica e o
oeste de Panamá.
N. a. merrilli, do sur dos Estados Unidos e do nordeste de México.
N. a. yucatanensis, do leste e do oeste de México ata Belice e o
centro de Guatemala.
Nyctidromus anthonyi
(avenoiteira do mato, chotacabras
de matorral ou de Anthony). Vive en
zonas semiáridas con árbores e mato
dispersos, pasteiros, praderías secas
e nas lindes dos bosques tropicais na
faixa costeira de Ecuador e do norte
do Perú.
Mide entre 18 e 21 cm.
Xénero Setopagis propias de
Sudamérica.
Catro especies:
Setopagis heterura. Avenoiteira de
Todd, aguaitacamino piedrero e
guardacaminos ou gallinaciega de
Todd. Vive en bosques abertos e outros
hábitats despexados do nordeste de
Colombia, Venezuela e Guiana.
Mide entre 19 e 21 cm.
Setopagis parvula.
(avenoiteira pequena, bacurau
chintâ, atajacaminos chico,
dormilón chico, dormiloncito,
guardacaminos gorgiblanco ou
aguaitacamino pálido).
Vive en bosques e espazos
abertos do norte da Arxentina, o
sur e o leste do Brasil, o leste e o
oeste Bolivia, Paraguai, Perú e o
Uruguai.
Mide entre 19 e 21 cm.
Setopagis whitelyi. Avenoiteira de
Roraima, bacurau dos tepuis,
chotacabras de White ou
aguaitacamino dos tepuis,
Vive nos bosques da meseta dos
tepuis, no norte do Brasil, sueste de
Venezuela e o oeste de Guiana.
Mide entre 21 e 22 cm.
Setopagis maculosa (avenoiteira de
Guiana). É endémica da Guaiana
Francesa. Mide uns 22 cm.
So se coñecía por un exemplar
capturado na Guaiana Francesa, en
1917, aínda que hai observacións máis
recentes (1982).​
Xénero Eleothreptus propias de
Sudamérica.
dúas especies:
Eleothreptus anomalus (avenoiteira dos
pantanos, curiango do banhado,
atallacamiños de pantano ou atajacaminos
ala negra). Vive nas beiras dos pantanos dos
bosques húmidos das terras baixas
subtropicais e tropicais, e nas sabanas do
norte de Arxentina, sueste do Brasil, leste
do Paraguai e en Uruguai.
Mide arredor de 20 cm de lonxitude.
É cada vez menos común debido á perda do
hábitat.
Eleothreptus candicans (avenoiteira de ás
brancas, bacurau de rabo branco, chotacabras
aliblanco ou atajacaminos de ala blanca) vive
nos pasteiros do Cerrado da área central de
América del Sur, e ten especial apego polas
zonas queimadas.
Mide uns 20 cm.
Especie rara e ameazada, en perigo de
extinción.
Xénero Systellura, propios de América del Sur.
Dúas especies:
Systellura longirostris (avenoiteira da serra,
bacurau da tella ou de Roraima, chotacabras
serrano, chotacabras ñanarca, gallina ciega,
guardacaminos andino, dormilón austral,...)
Vive en zonas abertas con pouca vexetación, campos
abertos, mesetas e áreas pedrosas, e ás beiras dos
bosques na Arxentina, Bolivia, Brasil, Chile,
Colombia, Ecuador, Paraguai, Perú, Uruguai e
Venezuela.
Mide entre 23 e 25 cm de longo.
Recoñécense nove subespecies:
S. l. longirostris, do nordeste, centro e sur do Brasil, e do norte de
Uruguai e da Arxentina.
S. l. ruficervix, de Colombia, Ecuador e Venezuela.
S. l. roraimae, do sur de Venezuela e do norte do Brasil.
S. l. atripunctatus, do sur do Perú, Bolivia,e noroeste da Arxentina.
S. l. decussatus, de Ecuador, Chile, e Perú
S. l. bifasciatus, de Chilee do oeste da Arxentina
S. l. patagonicus, do centro da Arxentina e do sur do Uruguai.
S. l. mochaensis, do centro de Chile
S. l. pedrolimae, do leste do Brasil
Systellura decussata (avenoiteira
ñañarca pequena, chotacabras ñañarca
chico, gallina ciega chica ou chotacabras
de Tschudi). Vive no oeste do Perú e no
norte de Chile.
Mide uns 20 cm.
Ata o 2010 era considerado unha
subespecie de Systellura longirostris.
Xénero Uropsalis agrupa especies que se
distribúen polos Andes desde Colombia, ata o norte
de Arxentina.
​Agrupa dúas especies:
Uropsalis segmentata (avenoiteira anduriña,
chotacabras golondrina, dormilón lira chico ou
guardacaminos golondrina). Vive nos bosques
húmidos tropicais e subtropicais dos Andes en
Bolivia, Colombia, Perú e Ecuador. Mide entre 20 e
22 cm, pero o macho pode chegar ata os 45 cm.
Recoñécense dúas subespecies:
U. s. segmentata, dos Andes de Colombia e do norte de Ecuador
U. s. kalinowskii, dos andes do centro do Perú e do oeste de Bolivia
Uropsalis lyra (avenoiteira lira,
chotacabras lira, dormilón lira e
guardacaminos lira). Vive en herbeiros e
bosques abertos das montañas​ de
Arxentina, Bolivia, Colombia, Ecuador, Perú
e Venezuela.
O macho, co seu longo rabo, mide 76 cm e
a femia 25 cm.
Recoñécense tres subespecies:
U. l. lyra, dos Andes do oeste de Colombia o este de
Venezuela e o centro de Ecuador.
U. l. peruana, dos Andes do Perú e o oeste de Bolivia.
U. l. argentina, dos Andes do sur de Bolivia e áreas
próximas de Arxentina.
Xénero Hydropsalis. Agrupa a
especies que se distribúen desde o sueste de
México por América Central, as Antillas Menores
e América do Sur ata o centro de Arxentina.
​ Agrupa catro especies:
Hydropsalis maculicaudus (avenoiteira de
rabo pintado, bacurau pituí, chotacabras
colipinto, guardacaminos rabimanchado,
pucuyo colimanchado, tapacamino colapinta,
atajacaminos cola manchada, aguaitacamino
cola pintada ou bacurau de rabo maculado).
Vive nas sabanas secas tropicais e subtropicais e
nos herbeiros temporalmente asolagados de
América Central e do Sur. Cría no sur de México
e América Central e pasa o inverno en América
do sur
Mide entre 19 e 22 cm.​
Hydropsalis cayennensis (avenoiteira de
Caiena, bacurau de cauda branca, chotacabras
coliblanco ou guardacaminos rastrojero). Vive
nos humidais tropicais e subtropicais, e
herbeiros, de América Central, as illas do Caribe
e o norte de Sudamérica. Atópase en Anguila,
Antigua e Barbuda, as Antillas Neerlandesas,
Aruba, Barbados, Brasil, Colombia, Costa Rica,
Ecuador, a Guaiana Francesa, Guiana, Martinica,
Montserrat, Panamá, Puerto Rico, San Cristóbal e
Nieves, San Vicente e as Granadinas, Santa Lucía,
Surinam, Trinidad e Tobago e Venezuela. Mide
de 20 a 23 cm.
Recoñécense varias subespecies:
H. c. cayennensis, do leste de Colombia, Venezuela, as
Guaianas e o norte do Brasil.
H. c. albicauda, do sueste de Costa Rica ata o noroeste de
Colombia.
H. c. aperta, do oeste de Colombia e o norte de Ecuador.
H. c. insularis, do nordeste de Colombia, noroeste de
Venezuela, Isla Margarita e illas dos arredores.
H. c. manati, de Martinica.
H. c. leopetes, de Trinidad, Tobago, e as illas Bocas.
. c. insularis,
Hydropsalis climacocerca (avenoiteira de
rabo longo, acurana, chotacabras de escalera ou
guardacaminos rabilargo). Vive nas beiras dos
ríos da metade norte de América do Sur (Bolivia,
Brasil, Colombia, Ecuador, A Guaiana francesa,
Guiana, Perú, Venezuela e Surinam.
Mide entre 23 e 28 cm.
H. c. climacocerca, atópase desde o sueste de Colombia ata o
norte de Bolivia.
H. c. schomburgki, atópase desde o leste de Venezuela ata
Surinam.
H. c. intercedens, do oeste de Pará (Obidos) no centro do Brasil.
H. c. pallidior, da área de Santarem (Pará) no centro do Brasil.
H. c. canescens, da cunca do río Tapajós (Pará) no centro do
Brasil.
Hydropsalis torquata (avenoiteira de rabo de
tesoira, bacurau tesoura, chotacabras tijereta ou
atajacaminos tijera​). Atópase en espazos abertos
secos, chairas asolagables tropicais e subtropicais,
sabanas e espazos deforestados de Arxentina,
Bolivia, Brasil, Paraguai, Perú, Surinam e Uruguai.​
O macho mide ata 40 cm de lonxitude, dos que
uns 2/3 son de rabo, e a fmia que ten o rabo máis
curto non acada os 30 cm.
Recoñécense dúas subespecies:
H. t. torquata, do sur de Surinam, o leste de Brasil e a Amazonía,
e o leste do Perú.
H. t. furcifer, do sur do Perú e o leste de Bolivia, sur do Brasil,
Uruguai, Paraguai, e o centro de Arxentina
Xénero Macropsalis unha
soa especie.
Macropsalis forcipata
(avenoiteira rabuda, bacurau
tesourâo, chotacabras coludo).
Vive nos bosques, dos altiplanos
do sueste e do sur do Brasil e do
nordeste da Arxentina.
O macho mide 80 cm (ten un rabo
de ata 3 veces a lonxitude do
corpo) e a femia 34 cm.
Xénero Siphonorhis avenoiteiras caribeñas.
Coñécense dúas especies:
Siphonorhis americana (avenoiteira xamaicana,
chotacabras jamaicano). Posiblemente extinto. Os
derradeiros datos son de 1859.
Siphonorhis brewsteri (avenoitira da Española,
chotacabras torico). So se atopa nos bosques
tropicais da illa Española.
Mide uns 22 cm.
Antes das últimas observacións pasou 40 anos como
desaparecida.
Recoñécense dúas subespecies:
S. b. brewsteri, da illa Española
S. b. gonavensis, da illa de Guanaba (Haití)
Xénero Nyctiphrynus agrupa a especies
que se distribúen desde o centro oeste de
México por América Central e América do Sur
ata o nordeste de Arxentina.
Agrupa catro especies:
Nyctiphrynus mcleodii (avenoiteira de
Macleod, pachacúa ou chotacabras prío). Vive
nas selvas tropicais ou subtropicais, de áreas
montanas do centro oeste de México, entre
Tijuana e Jalisco. Mide entre 20 e 21 cm.
N. m. mcleodii, do oeste de Mexico (Chihuahua e sur de
Sonora, Jalisco e Colima)
N. m. rayi, dos bosques de piñeiros do oeste de México
(Guerrero).
Nyctiphrynus ocellatus (avenoiteira ocelada, bacurau
ocelado, chotacabras ocelado, atajacaminos ocelado,
guardacaminos ocelado, pachacua ocelada). Vive en
claros de selvas húmidas tropicais e subtropicais de
terras baixas e sotobosques abertos de Honduras,
Nicaragua, Costa Rica, Panamá, Colombia, Venezuela,
Ecuador, Perú, Bolivia, Brasil, Paraguai, e o nordeste da
Arxentina.
Mide 20 cm.
Recoñécense dúas subespecies:
N. o. ocellatus, do centro sur de Colombia, nordeste de Ecuador e leste
de Perú ata o leste e o sur de Brasil, Bolivia, Paraguai e o nordeste de
Arxentina.
N. o. lautus, do nordeste de Nicaragua, noroeste de Costa Rica e,
posiblemente, Panamá.
Nyctiphrynus rosenbergi
(avenoiteira do Chocó, chotacabras
del Chocó). É endémica do Chocó.
Vive nos bosques húmidos tropicais
de terras baixas das costas do oeste
de Colombia e do noroeste de
Ecuador.
Mide entre 19 e 21 cm.
Está ameazada pola perda do hábitat
Nyctiphrynus yucatanicus
(avenoiteira do Yucatán, chotacabras
yucateco, tapacamino yucateco). Vive
nos bosques secos subtropicais e
tropicais, e nos matos do sur de México,
o norte de Guatemala e Belice.
Mide uns 22 cm.
Xénero Phalaenoptilus única
representante
Phalaenoptilus nuttallii (avenoiteira de
Nuttall, pachacua norteña ou tapacamino
tevíi). Vive nos pasteiros e nos matos secos
do oeste de América do Norte, desde o sur
de Canadá, ao norte de México.
Mide uns 20 cm.
Recoñécense varias subespecies:​
P. n. nuttallii, do sur da Columbia Británica, o oeste dos
Estados Unidos e o norte de México. Inverna no centro
de México.
P. n. californicus, de California, desde o oeste da Serra
Nevada ata a Baixa California.
P. n. hueyi, do tramo final do río Colorado, o norte da
Baixa California e o suroeste de Arizona.
P. n. dickeyi, do sur da Baixa California (south of latitude
30°N)
P. n. adustus ou centralis, do sur de Arizona e do norte
de Mexico (central Sonora)
Xénero Antrostomus
Antrostomus carolinensis (avenoiteira de
Carolina, chotacabras de Carolina,
chotacabras de paso, Carolina Chuck-Will's-
Widow). Cría preto dos pantanos, mesetas
rochosas e bosques de piñeiros do sueste de
Canadá e do leste de Estados Unidos e inverna
en claros de bosque secundario, beiras altas
das sabanas, cultivos e matos do sur de
Estados Unidos, Centroamérica, as Antillas,
Colombia e Venezuela.
Mide entre 28 y 33 cm
Antrostomus rufus (avenoiteira rubia,
chotacabras colorado, joâo corta pau). Vive nos
bosques tropicais, húmidos e secos, arboredas
degradadas e matos de sabana de Arxentina,
Bolivia, Brasil, Colombia, Costa Rica, Ecuador, a
Guaiana francesa, Guiana, Panamá, Paraguai,
Perú, Santa Lucía, Surinam, Trinidad e Tobago e
Venezuela.
Mide arredor de 28 cm e pesa arredor de 100 g.
Subespecies:
A. r. rufus, do sur de Venezuela, e o norte e o centro do Brasil.
A. r. rutilus, do sur do Brasil ata o leste de Bolivia, Paraguai e o
norleste de Arxentina
A. r. saltarius, do noroesta de Arxentina e o surleste de Bolivia.
A. r. [minimus ou maximus], do sueste de Costa Rica, Panama,
Colombia e Venezuela.
Antrostomus cubanensis
(guabairo ou avenoiteira cubana).
So se atopa nas praderías, bosques
abertos e beiras de ríos e zonas
pantanosas​ das illas de Cuba, Cayo
Coco e da Xuventude
Mide entre 28 e 30 cm e pode pesar
entre 50 e 80 gr.
Antrostomus ekmani
(avenoiteira da illa Española, pitanguá).
So se atopa na illa da Española,
principalmente na República Dominicana e
no oeste de Haití.
Mide entre 26 e 30 cm.
Antrostomus salvini (avenoiteira
salvini, chotacabras ticuer). É endémica
da área caribeña de México onde se
atopa nos bosques secos.
Mide entre 24 e 25 cm.
Antrostomus badius (avenoiteira
de Guatemala, chotacabras
guatemalteco). Vive nos bosques
secos subtropicais e tropicais de
México, Guatemala, Belice,
Nicaragua.
Mide uns 25 cm.
Antrostomus ridgwayi (avenoiteira,
chotacabras tucuchillo, tapacamino tu-
cuchillo). Vive nos bosques secos
subtropicais e tropicais e nos matos do
sur dos Estados Unidos, México,
Guatemala, Honduras e Nicaragua.
Mide entre 21 e 25 cm.
Recoñécense dúas subespecies:​
C. r. ridgwayi, do sueste de Arizona e o oeste de
Mexico (Sonora to Oaxaca)
C. r. troglodytes, do centro de Guatemala ata
Honduras e o centro de Nicaragua.
Antrostomus vociferus (avenoiteira
berrona, guabairo, chotacabras
cuerporruín, chotacabras gritón,
atajacaminos mexicano, eastern
Whip-poor-wil). Cría no sur de Canadá
e no leste dos Estados Unidos e
inverna en Cuba e Panamá.
Mide entre 22-27 cm.
Antrostomus arizonae (avenoiteira corpo
ruín, chotacabras cuerporruín mexicano
tapacamino cuerporruín sureño,
tapacamino cuerporruín norteño ou
tapacaminos cuerporruin). ​ Vive nos
bosques do suroeste de Estados Unidos,
México ata o centro de Honduras.
Mide entre 22 e 27 cm.
Recoñécense cinco subespecies:
A. a. arizonae, do suroeste de Estados Unidos ata o centro
de México.
A. a. setosus, do leste de México.
A. a. oaxacae, do suroeste de México.
A. a. chiapensis, do sueste de México e as terras altas de
Guatemala.
A. a. vermiculatus, das terras altas de Honduras e El
Salvador.
Antrostomus saturatus
(avenoiteira sombriza,
chotacabras fuliginoso ou
chotacabras sombrío).
Atópase nos bosques húmidos e
zonas degradadas de Costa Rica e
do oeste de Panamá.
Mide entre 21 e 25 cm.
Antrostomus noctitherus
(guabairo, avenoiteira de Puerto
Rico ou chotacabras
portorriqueño)​. Habita nos bosques
secos costeiros do suroeste de
Puerto Rico.
Mide uns 22 cm.
Antrostomus sericocaudatus
(avenoiteira de rabo de seda, bacurau rabo
de seda, chotacabras cola de seda,
atajacaminos ahumado atajacaminos
oscuro ou chotacabra oscura).
Atópase nos bosques húmidos subtropicais
de Arxentina, Brasil, Bolivia, Paraguai e o
Perú.​ Mide entre 24 e 30 cm.
Recoñécense dúas subespecies:​
A. s. mengeli, desde o norte do Perú o noroeste de
Bolivia e o norte do Brasil.
A. s. sericocaudatus, do sueste do Brasil, o nordeste da
Arxentina e o leste do Paraguai.
Moitas voltas tiven que dar para dárvolos xuntado,
aínda que ao seren bechos da noite foime máis doado atopalos.
As imaxes fotográficas foron collidas da internet e a información de fontes varias. Agradézolle aos autores a
súa dispoñibilidade, e agardo saiban disculpar o uso que fixen delas.
Mon Daporta

Weitere ähnliche Inhalte

Was ist angesagt?

Os sapoconchos I
Os sapoconchos IOs sapoconchos I
Os sapoconchos IMonContos
 
Os limícolas 2
Os limícolas 2Os limícolas 2
Os limícolas 2MonContos
 
Roque e as pombas II. Rulas
Roque e as pombas II. RulasRoque e as pombas II. Rulas
Roque e as pombas II. RulasMonContos
 
Morcego roque o chasco
Morcego roque o chascoMorcego roque o chasco
Morcego roque o chascoMonContos
 
Anátidas (2)
Anátidas (2)Anátidas (2)
Anátidas (2)MonContos
 
A protección da natureza en Galiza (II). As especies
A protección da natureza en Galiza (II). As especiesA protección da natureza en Galiza (II). As especies
A protección da natureza en Galiza (II). As especiesmonadela
 
Outros mamíferos acuáticos (Morcego Roque)
Outros mamíferos acuáticos (Morcego Roque)Outros mamíferos acuáticos (Morcego Roque)
Outros mamíferos acuáticos (Morcego Roque)MonContos
 
Os picapeixes
Os picapeixesOs picapeixes
Os picapeixesMonContos
 
Mamíferos acuáticos (1) (Morcego Roque)
Mamíferos acuáticos (1) (Morcego Roque)Mamíferos acuáticos (1) (Morcego Roque)
Mamíferos acuáticos (1) (Morcego Roque)MonContos
 
Especies de acuicultura. Moluscos.
Especies de acuicultura. Moluscos.Especies de acuicultura. Moluscos.
Especies de acuicultura. Moluscos.MonContos
 
Curuxas, mouchos e bufos I
Curuxas, mouchos e bufos ICuruxas, mouchos e bufos I
Curuxas, mouchos e bufos IMonContos
 
Cocodrilos p
Cocodrilos pCocodrilos p
Cocodrilos pmonadela
 
Cucos e outras aves niñoparásitas
Cucos e outras aves niñoparásitasCucos e outras aves niñoparásitas
Cucos e outras aves niñoparásitasMonContos
 
Especies protexidas animais
Especies protexidas animaisEspecies protexidas animais
Especies protexidas animaisMonContos
 
Aves non voadoras
Aves non voadorasAves non voadoras
Aves non voadorasMonContos
 
Roque e as pombas I
Roque e as pombas IRoque e as pombas I
Roque e as pombas IMonContos
 
O raposo (Morcego Roque)
O raposo (Morcego Roque)O raposo (Morcego Roque)
O raposo (Morcego Roque)MonContos
 

Was ist angesagt? (20)

Os sapoconchos I
Os sapoconchos IOs sapoconchos I
Os sapoconchos I
 
Os limícolas 2
Os limícolas 2Os limícolas 2
Os limícolas 2
 
Roque e as pombas II. Rulas
Roque e as pombas II. RulasRoque e as pombas II. Rulas
Roque e as pombas II. Rulas
 
Morcego roque o chasco
Morcego roque o chascoMorcego roque o chasco
Morcego roque o chasco
 
Anátidas (2)
Anátidas (2)Anátidas (2)
Anátidas (2)
 
A protección da natureza en Galiza (II). As especies
A protección da natureza en Galiza (II). As especiesA protección da natureza en Galiza (II). As especies
A protección da natureza en Galiza (II). As especies
 
Outros mamíferos acuáticos (Morcego Roque)
Outros mamíferos acuáticos (Morcego Roque)Outros mamíferos acuáticos (Morcego Roque)
Outros mamíferos acuáticos (Morcego Roque)
 
Os picapeixes
Os picapeixesOs picapeixes
Os picapeixes
 
Mamíferos acuáticos (1) (Morcego Roque)
Mamíferos acuáticos (1) (Morcego Roque)Mamíferos acuáticos (1) (Morcego Roque)
Mamíferos acuáticos (1) (Morcego Roque)
 
Especies de acuicultura. Moluscos.
Especies de acuicultura. Moluscos.Especies de acuicultura. Moluscos.
Especies de acuicultura. Moluscos.
 
Curuxas, mouchos e bufos I
Curuxas, mouchos e bufos ICuruxas, mouchos e bufos I
Curuxas, mouchos e bufos I
 
Cocodrilos p
Cocodrilos pCocodrilos p
Cocodrilos p
 
Crocodilos
Crocodilos Crocodilos
Crocodilos
 
Cucos e outras aves niñoparásitas
Cucos e outras aves niñoparásitasCucos e outras aves niñoparásitas
Cucos e outras aves niñoparásitas
 
Especies protexidas animais
Especies protexidas animaisEspecies protexidas animais
Especies protexidas animais
 
Aves non voadoras
Aves non voadorasAves non voadoras
Aves non voadoras
 
Limícolas
LimícolasLimícolas
Limícolas
 
Roque e as pombas I
Roque e as pombas IRoque e as pombas I
Roque e as pombas I
 
O raposo (Morcego Roque)
O raposo (Morcego Roque)O raposo (Morcego Roque)
O raposo (Morcego Roque)
 
Ourizos
OurizosOurizos
Ourizos
 

Ähnlich wie Morcego Roque, avenoiteiras

voitres.pptx
voitres.pptxvoitres.pptx
voitres.pptxMonContos
 
Psitaciformes ii
Psitaciformes iiPsitaciformes ii
Psitaciformes iiMonContos
 
A galiña e os seus parentes II
A galiña e os seus parentes IIA galiña e os seus parentes II
A galiña e os seus parentes IIMonContos
 
Especies invasoras animais
Especies invasoras animaisEspecies invasoras animais
Especies invasoras animaisMonContos
 
Os sapoconchos III
Os sapoconchos IIIOs sapoconchos III
Os sapoconchos IIIMonContos
 
A galiña e os seus parentes
A galiña e os seus parentesA galiña e os seus parentes
A galiña e os seus parentesMonContos
 
Animais en perigo de extinción
Animais en perigo de extinciónAnimais en perigo de extinción
Animais en perigo de extinciónmusapias
 
Animais en perigo de extinción
Animais en perigo de extinciónAnimais en perigo de extinción
Animais en perigo de extinciónmusapias
 
Outros bechos voadores
Outros bechos voadoresOutros bechos voadores
Outros bechos voadoresMonContos
 
Roque na Arxentina
Roque na ArxentinaRoque na Arxentina
Roque na ArxentinaMonContos
 
Morcegos galegos
Morcegos galegosMorcegos galegos
Morcegos galegosMonContos
 
Especies de acuicultura. Crustáceos.
Especies de acuicultura. Crustáceos.Especies de acuicultura. Crustáceos.
Especies de acuicultura. Crustáceos.MonContos
 

Ähnlich wie Morcego Roque, avenoiteiras (16)

voitres.pptx
voitres.pptxvoitres.pptx
voitres.pptx
 
Psitaciformes ii
Psitaciformes iiPsitaciformes ii
Psitaciformes ii
 
A galiña e os seus parentes II
A galiña e os seus parentes IIA galiña e os seus parentes II
A galiña e os seus parentes II
 
O merlo
O merloO merlo
O merlo
 
Especies invasoras animais
Especies invasoras animaisEspecies invasoras animais
Especies invasoras animais
 
A carriza
A carrizaA carriza
A carriza
 
Os sapoconchos III
Os sapoconchos IIIOs sapoconchos III
Os sapoconchos III
 
A galiña e os seus parentes
A galiña e os seus parentesA galiña e os seus parentes
A galiña e os seus parentes
 
Lémures
LémuresLémures
Lémures
 
A píntega
A píntegaA píntega
A píntega
 
Animais en perigo de extinción
Animais en perigo de extinciónAnimais en perigo de extinción
Animais en perigo de extinción
 
Animais en perigo de extinción
Animais en perigo de extinciónAnimais en perigo de extinción
Animais en perigo de extinción
 
Outros bechos voadores
Outros bechos voadoresOutros bechos voadores
Outros bechos voadores
 
Roque na Arxentina
Roque na ArxentinaRoque na Arxentina
Roque na Arxentina
 
Morcegos galegos
Morcegos galegosMorcegos galegos
Morcegos galegos
 
Especies de acuicultura. Crustáceos.
Especies de acuicultura. Crustáceos.Especies de acuicultura. Crustáceos.
Especies de acuicultura. Crustáceos.
 

Mehr von MonContos

publicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdf
publicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdfpublicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdf
publicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdfMonContos
 
rata Luisa o estanque.pptx
rata Luisa o estanque.pptxrata Luisa o estanque.pptx
rata Luisa o estanque.pptxMonContos
 
Rata Luisa Nadal.pptx
Rata Luisa Nadal.pptxRata Luisa Nadal.pptx
Rata Luisa Nadal.pptxMonContos
 
rata Luisa fútbol.pptx
rata Luisa fútbol.pptxrata Luisa fútbol.pptx
rata Luisa fútbol.pptxMonContos
 
rata luisa disfraces.pptx
rata luisa disfraces.pptxrata luisa disfraces.pptx
rata luisa disfraces.pptxMonContos
 
que fan que.pptx
que fan que.pptxque fan que.pptx
que fan que.pptxMonContos
 
a rolada.pptx
a rolada.pptxa rolada.pptx
a rolada.pptxMonContos
 
cactos e euforbias.pptx
cactos e euforbias.pptxcactos e euforbias.pptx
cactos e euforbias.pptxMonContos
 
Serra do Faro de Avión.pptx
Serra do Faro de Avión.pptxSerra do Faro de Avión.pptx
Serra do Faro de Avión.pptxMonContos
 
Serra da Paradanta.pptx
Serra da Paradanta.pptxSerra da Paradanta.pptx
Serra da Paradanta.pptxMonContos
 
Candea, Cabanillas unidade didáctica
Candea, Cabanillas unidade didácticaCandea, Cabanillas unidade didáctica
Candea, Cabanillas unidade didácticaMonContos
 
Calendario Cabanillas Candea 2009
Calendario Cabanillas Candea 2009Calendario Cabanillas Candea 2009
Calendario Cabanillas Candea 2009MonContos
 
Cabanillas Salnés (fotógrafos/as) II
Cabanillas Salnés (fotógrafos/as) IICabanillas Salnés (fotógrafos/as) II
Cabanillas Salnés (fotógrafos/as) IIMonContos
 
Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)
Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)
Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)MonContos
 
Agoiña miragreira (Cabanillas)
Agoiña miragreira (Cabanillas)Agoiña miragreira (Cabanillas)
Agoiña miragreira (Cabanillas)MonContos
 
Rata Luisa, paxariñas de papel
Rata Luisa, paxariñas de papelRata Luisa, paxariñas de papel
Rata Luisa, paxariñas de papelMonContos
 
Rata Luisa, máis papel
Rata Luisa,  máis papelRata Luisa,  máis papel
Rata Luisa, máis papelMonContos
 
Rata Luísa, barcos de papel
Rata Luísa,  barcos de papelRata Luísa,  barcos de papel
Rata Luísa, barcos de papelMonContos
 

Mehr von MonContos (20)

publicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdf
publicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdfpublicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdf
publicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdf
 
rata Luisa o estanque.pptx
rata Luisa o estanque.pptxrata Luisa o estanque.pptx
rata Luisa o estanque.pptx
 
Rata Luisa Nadal.pptx
Rata Luisa Nadal.pptxRata Luisa Nadal.pptx
Rata Luisa Nadal.pptx
 
rata Luisa fútbol.pptx
rata Luisa fútbol.pptxrata Luisa fútbol.pptx
rata Luisa fútbol.pptx
 
rata luisa disfraces.pptx
rata luisa disfraces.pptxrata luisa disfraces.pptx
rata luisa disfraces.pptx
 
que fan que.pptx
que fan que.pptxque fan que.pptx
que fan que.pptx
 
a rolada.pptx
a rolada.pptxa rolada.pptx
a rolada.pptx
 
cactos e euforbias.pptx
cactos e euforbias.pptxcactos e euforbias.pptx
cactos e euforbias.pptx
 
Serra do Faro de Avión.pptx
Serra do Faro de Avión.pptxSerra do Faro de Avión.pptx
Serra do Faro de Avión.pptx
 
Serra da Paradanta.pptx
Serra da Paradanta.pptxSerra da Paradanta.pptx
Serra da Paradanta.pptx
 
petos.pptx
petos.pptxpetos.pptx
petos.pptx
 
Candea, Cabanillas unidade didáctica
Candea, Cabanillas unidade didácticaCandea, Cabanillas unidade didáctica
Candea, Cabanillas unidade didáctica
 
Calendario Cabanillas Candea 2009
Calendario Cabanillas Candea 2009Calendario Cabanillas Candea 2009
Calendario Cabanillas Candea 2009
 
Cabanillas Salnés (fotógrafos/as) II
Cabanillas Salnés (fotógrafos/as) IICabanillas Salnés (fotógrafos/as) II
Cabanillas Salnés (fotógrafos/as) II
 
Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)
Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)
Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)
 
Paco Leiro
Paco LeiroPaco Leiro
Paco Leiro
 
Agoiña miragreira (Cabanillas)
Agoiña miragreira (Cabanillas)Agoiña miragreira (Cabanillas)
Agoiña miragreira (Cabanillas)
 
Rata Luisa, paxariñas de papel
Rata Luisa, paxariñas de papelRata Luisa, paxariñas de papel
Rata Luisa, paxariñas de papel
 
Rata Luisa, máis papel
Rata Luisa,  máis papelRata Luisa,  máis papel
Rata Luisa, máis papel
 
Rata Luísa, barcos de papel
Rata Luísa,  barcos de papelRata Luísa,  barcos de papel
Rata Luísa, barcos de papel
 

Morcego Roque, avenoiteiras

  • 2. Ía Roque, ao seu, andando por un carreiro
  • 3. cando, de onda os seus pés, saíu unha ave e sorprendeuno.
  • 4. Sobresalto... e alegría a un tempo. Coñecíaa de oídas, mais nunca a tivera tan preto.
  • 5. E entón quixo saber, quixo coñecelo todo, e púxose a traballar para chegar ata o fondo.
  • 6. Ademais de ir ver outros días, para aprender en directo
  • 7. As avenoiteiras, noitebras ou noitaregas son aves estrixiformes da familia (Caprimulgidae) que acolle unhas cen especies. Son aves pouco coñecidas a pesares de estaren distribuídas por todas as áreas temperadas e quentes do mundo. Pasan desapercibidas polos seus costumes crepusculares e nocturnos (voan á tardiña e pola noite para alimentárense de insectos), pola súa plumaxe críptica (gris e/ou parda con manchas irregulares) e porque non se moven ata que un se atopa moi preto delas-. botouse a investigar...
  • 10. co que xuntou o que vemos. As mais de 100 espécies están distribuídas en 20 xéneros, pertencentes a dúas subfamilias: Caprimulginae (avenoiteiras típicas de Eurasia, África e Oceanía) e Chordeilinae (avenoiteiras de América).
  • 12. As avenoiteiras son aves de entre 20 e 30 cm de longo, de ás longas e patas curtas, cabeza grande co peteiro curto e moi amplo.
  • 13. O peteiro é curto, mais a abertura chega moi atrás na cabeza o que lle permite acadar unha grande amplitude bucal.
  • 14. Aniñan no chan, en espazos abertos con mato, depositando os ovos sobre o terreo.
  • 15. Os polos nacen cubertos dun plumón gris manchado, e ao pouco tempo deixan o espazo no que naceron para agochárense polos arredores
  • 16. Aos 15 días xa teñen prumas e logo foxen con voos curtos. Ao mes de naceren xa son independentes. Polo de entre dúas e tres semanas.
  • 17. Son adultos ao ano seguinte de nacer e viven, de promedio, uns catro anos. A avenoiteira mais lonxeva da que se teñen datos viveu algo máis de 12 anos.
  • 18. As avenoiteiras que viven preto das áreas urbanas adoitan pousar nas estradas polo que moitas son víctimas do tráfico
  • 20. Caprimulginae. Avenoiteiras de Europa, Asia, África e Oceanía
  • 21. Caprimulgus europaeus (avenoiteira europea). É a avenoiteira que coñeceu Roque. Chega a Galiza a finais de abril e volve a irse en setembro. Nese tempo pon os ovos, cría os polos e, as veces, se a cría comezou cedo, pode ter una segunda rolada. Habita en espazos abertos e secos con árbores, matos, prados, e claros de bosque. Mide entre 25 e 28 cm e pode pesar entre 50 e 100 g. Recoñécense seis subespecies: C. e. europaeus, (a subespecie nominal), do norte e do centro de Europa e de Asia central. C. e. meridionalis, do sur de Europa, ata o mar Caspio, e do noroeste de África. É máis pequena que a especie nominal e ten a plumaxe máis clara e gris con manchas brancas máis grandes. C. e. sarudnyi, de Kazaxistán a Kirguixistán. De cor clara con manchas brancas grandes. C. e. unwini, de Iraq, Irán e Uzbequistán. Ten plumaxe máis clara, gris e uniforme que a especie nominal e adoita ter unha área branca na gorxa.. C. e. plumipes, do noroeste da China e do oeste de Mongolia. De cor clara en tons ocres e grandes manchas brancas. C. e. dementievi, do norte de Mongolia. Ten a plumaxe gris clara. Área de cría . Área de invernada . Xénero Caprimulgus Formado por 38 especies de Eurasia, África e Oceanía.
  • 22. Caprimulgus aegyptius (avenoiteira exipcia). Vive polo norte de África e no Oriente Medio. Mide uns 25 cm.
  • 23. Caprimulgus affinis (avenoiteira da sabana). Vive en case toda a área Indomalaia, a non ser nas zonas de selva densa e nos desertos, incluídas as illas ata Sulawesi. Mide de 20 a 26 cm.
  • 24. Caprimulgus andamanicus (avenoiteira de Andamán). Vive nos bosques tropicais e nos campos abertos con árbores da maioría das illas do arquipélago de Andamán. Mide de 23 a 27 cm.
  • 25. Caprimulgus asiaticus (avenoiteira hindú). Habita en bosques aclarados, matos e áreas de cultivo ao sur dos Himalaias desde Paquistán, noroeste da India, Bangladés, Birmania e Vietnam. Mide de 23 a 29 cm, e pode pesar entre 40 e 46 g.
  • 26. Caprimulgus atripennis (avenoiteira marajá). Atópase nos claros de bosques abertos, matos e campos de cultivo do sur da India e Sri Lanka. Mide uns 26 cm.
  • 27. Caprimulgus celebensis (avenoiteira de Sulawesi (Célebes)). É unha especie endémica de Indonesia que so se atopa nos bosques húmidos tropicais das illas de Sulawesi e Sula. Mide entre 24 e 30 cm.
  • 28. Caprimulgus clarus (avenoiteira de rabo fino). Vive en praderías, matos e pasteiros de Xibuti, Somalia, Etiopía, Sudán e Tanzania.​ Mide uns 28 cm.
  • 29. Caprimulgus climacurus (avenoiteira rabuda). Atópase por case toda África entre o Sahara e o Ecuador. Mide, incluíndo o rabo, de 28 a 43 cm. Recoñécense tres subespecies: C. c. climacurus, da maior parte da área (a non ser o centro de Sudán). C. c. nigricans, do centro de Sudán. C. c. sclateri, do oeste, desde Guinea a Camerún, do norte da República Democrática do Congo e do noroeste de Kenia.
  • 30. Caprimulgus concretus (avenoiteira de Bonaparte) É endémica das illas de Sumatra, Borneo e Belitung. Actualmente atópase en perigo de extinción debido á destrución do seu hábitat pola deforestación. Mide entre 21 e 22 cm.
  • 31. Caprimulgus stellatus (avenoiteira estrelada). É unha especie endémica de África oriental (Etiopía, Kenia, Somalia e Sudán do Sur). Mide entre 21 e 23 cm e pode pesar ata 70 g.
  • 32. Caprimulgus donaldsoni (avenoiteira dos estripos). Vive en Kenia, Etiopía, Tanzania, e Somalia. Mide entre 18 e 20 cm e pode pesar entre 25 e 35 g.
  • 33. Caprimulgus eximius (avenoiteira dourada). Atopase polo sur do Sahara (Chad, Mali, Mauritania, Níger, Nigeria, Senegal e Sudán). Mide entre 23 e 25 cm, e pesa arredor de 60 g.
  • 34. Caprimulgus fossii (avenioteira de Fosse ou avenoiteira de Mozambique). Vive en zonas de arborado disperso, bosques de mato, praderías herbáceas ou arboradas e zonas desérticas de África, ao sur do Ecuador. Mide entre 23 e 24 cm. O macho é un algo máis pequeno ca femia. Recoñécense catro subespecies: C. f. fossii, do norte e suroeste de Gabón e do suroeste da República Democrática do Congo. C. f. welwitschii, do sur da República Democrática do Congo, o norte e o oeste de Zambia, de Angola e do norte de Namibia e Botsuana. C. f. mossambicus, do sueste da República Democrática do Congo, o sur de Tanzania y Zimbabue, de Mozambique e do norleste da República Sudafricana. C. f. griseoplurus, do deserto do Kalahari e o norte da República Sudafricana.
  • 35. Caprimulgus fraenatus (avenoiteira escura). Atópase polo leste, o centro e o sur de África, a non ser nas selvas (Angola, Botsuana, Burundi, Eritrea, Etiopía, Kenia, Malawi, Mozambique, Namibia, Somalia, Sudáfrica, Sudán do Sur, Tanzania, Uganda, Zambia, e Zimbabue). Mide uns 25 cm e pode pesar entre 45 e 65 g.
  • 36. Caprimulgus indicus (avenoiteira da selva)​. Vive nas beiras dos bosques na India e en Sri Lanka. Mide de 21 a 24 cm. A poboación de Sri Lanka (C. i. Kelaarti) é a de menor tamaño.
  • 37. Caprimulgus inornatus (avenoiteira sinxela). Atópase en ​África ao sur do Sahara. Mide entre 22 e 23 cm e pode pesar entre 30 e 50 g.
  • 38. Caprimulgus jotaka (avenoiteira jotaka). Vive no leste de Asia e no Himalaia. Desde o sueste de Rusia, norte de China e o Xapón ata as montañas del sueste asiático e o Himalaia. No inverno migra ao sur a Indochina, a península malaia e o arquipélago malaio. Mide entre 24 e 29 cm e pesa de 80 a 90 g.
  • 39. Caprimulgus longipennis (avenoiteira portaestandarte). Vive nas sabanas secas con mato desde Senegal ata Etiopía. Mide entre 20 e 23cm. Os machos, durante a tempada de cría, desenvolven unha pluma longa e ampla no medio de cada á que aumenta a lonxitude total da ave ata case o doble (38 cm).
  • 40. Caprimulgus macrurus (avenoiteira de rabo longo). Atópase desde o Nepal e o nordeste da India, por Indochina, a península Malaia, as illas de Sumatra, Borneo e Nova Guiné ata a costa norte de Australia. Mide de 25 a 27 cm. Recoñécense seis subespecies: C. m. albonotatus, do noroeste de Pakistán o norte da India, Bután e Bangladés. C. m. bimaculatus, do nordeste da India, o sur da China, o Sueste Asiático, a península Malaia e Sumatra. C. m. johnsoni, do sur das Filipinas (Palawan, Busuanga e Culión). C. m. macrurus, de Xava e Bali. C. m. salvadorii, do norte de Borneo e as illas Sulu. C. m. schlegelii, das illas menores da Sonda, as Molucas, Nova Guiné e a costa norte de Australia.
  • 41. Caprimulgus madagascariensis (avenoiteira malgache). So se atopa nos bosques tropicais e subtropicais e nos matos das illas de Madagascar e Aldabra (Seychelles). Mide entre 21 e 23 cm e pesa entre 40 e 50 g.
  • 42. Caprimulgus mahrattensis (avenoiteira mahratta). Atópase en Afganistán, o sur de Irán, Paquistán e o noroeste da India. No inverno migran ao leste da India​. Mide uns 23 cm.
  • 43. Caprimulgus manillensis (avenoiteira filipina). É endémica das Filipinas. Mide uns 25 cm e pode pesar de 60 a 70 g.
  • 44. Caprimulgus meesi (avenoiteira de Mees). É endémica das illas menores do arquipélago da Sonda (de Sumba e Flores ata Alor). Mide uns 30 cm. Foi descrita como nova especie en 2004. ​
  • 45. Caprimulgus natalensis (avenoiteira do Natal). Atópase en África, ao sur do Sahara. Mide entre 23 e 24 cm e pesa arredor de 65 g.
  • 46. Caprimulgus nigriscapularis (avenoiteira de ombreiros negros). Atópase nas áreas de bosque tropical de África occidental e central. Mide uns 23 cm.
  • 47. Caprimulgus nubicus (avenoiteira nubia). Vive no nordeste de África e no oeste de Arabia. Mide entre 20 e 22 cm.
  • 48. Caprimulgus pectoralis (avenoiteira música). Atópase por toda África ao sur do Sahara, a non ser nas selvas. Mide entre 23 e 25 cm e pesa entre 40 e 65 g. Recoñécense catro subespecies: C. p. crepusculans, do sueste de Zimbabue, Mozambique, Suazilandia e o leste de Sudáfrica. C. p. fervidus, do sur de Angola ata o norte de Namibia, Botsuana, Zimbabue e o nordeste de Sudáfrica. C. p. pectoralis, do sur de Sudáfrica C. p. shelleyi, de Angola ata o sur da República Democrática do Congo, o sur de Kenia e o suroeste de Tanzania.
  • 49. Caprimulgus phalaena (avenoiteira de Palaos). É endémica das illas de Palaos. Mide de 21 a 23 cm.
  • 50. Caprimulgus poliocephalus (avenoiteira abisinia ou avenoiteira montana). Vive en áreas esteparias en Angola, os países de África oriental e o sur da península Arábiga.​ Mide de 22 a 24 cm e pode pesar entre 40 e 57 g. Recoñécense catro subespeciesː C. p. poliocephalus, do suroeste de Arabia Saudí e noroeste de Iemen. C. p. ruwenzorii, do suroeste de Uganda e do leste da República Democrática do Congo. C. p. koesteri, do oeste de Angola. C. p. guttifer, do suroeste de Tanzania, norte de Malawi e nordeste de Zambia.
  • 51. Caprimulgus pulchellus (avenoiteira de Salvadori). So se atopa nos bosques húmidos tropicais das illas de Sumatra e Xava. Mide uns 22 cm. Está ameazada por perda do hábitat. Recoñécense dúas subespecies: C. p. pulchellus, de Sumatra. C. p. bartelsi, de Xava.
  • 52. Caprimulgus ruficollis (avenoiteira papuda). Mide entre 30 e 32 cm de longo, dos que a metade adoitan ser de rabo. Aparece ocasionalmente no sueste de Galiza. Recoñécense dúas subespecies: C. r. ruficolis, que cría na península ibérica e no norte de Marrocos. Aparece ocasionalmente no sueste de Galiza. C. r. desertorum, coa plumaxe máis pálida, gris prateada e rubia, e con menos vetas negras por enriba e tamén máis clara polo ventre, que cría no leste de Marrocos, en Arxelia e Túnez.
  • 53. Caprimulgus rufigena (avenoiteira de cara vermella). Atópase en África, ao sur do Sahara. Cría nos países do centro-sur e pasa o inverno na zona ecuatorial. Vive nas sabanas abertas con mato ou con árbores e nas beiras dos bosques.​ Mide arredor de 23-24 cm, é presenta un marcado dimorfismo sexual.​ Recoñécense dúas subespeciesː C. r. rufigena, que cría en Sudáfrica, Zimbabue e Zambia; C. r. damarensis, que cría en Botsuana, Namibia e Angola.
  • 54. Caprimulgus ruwenzorii (avenoiteira do Ruwenzori). Vive nas montañas de África oriental e central. Mide entre 22 e 24 cm.
  • 55. Caprimulgus tristigma (avenoiteira apincarada pecoso). É unha especie propia da África subsahariana. Mide entre 26 e 28 cm e pesa, de promedio, entre70 e 90 g.
  • 56. Caprimulgus vexillarius (avenoiteira colgacintas). Atópase en sabanas e bosques de meseta claros e pedrosos de África, principalmente ao sur do Ecuador, desde Nixeria a Sudáfrica. Mide entre 24 e 28 cm, aínda que, os machos na época de cría, poden acadar os 50 ou 70 cm grazas a lonxitude das prumas das ás.
  • 57. Caprimulgus centralasicus (avenoiteira de Vaurie). É endémica do deserto de Taklamakán, no noroeste da China. Mide uns 19 cm. Coñécese por un único exemplar atopado en 1929 en Sinkiang, e non se volveu ver desde entón. Caprimulgus batesi (avenoiteira de Bates). Vive en claros e lindes dos bosques primarios de baixa altitude e nos bosques secundarios densos de África ecuatorial Mide entre 29 e 31 cm. Coñécese por un único exemplar descrito en 1990. Caprimulgus solala (avenoiteira solala). É endémica de Etiopía onde so se atopa nos pasteiros baixos secos subtropicais ou tropicais. Por comparación crese que pode acadar os 25 cm. A especie foi descuberta en 1990 a partir dunha á, recollida dos restos dun exemplar atopados por uns investigadores no Parque nacional de Nechisar.​ Atópase ameazada por perda do hábitat. Caprimulgus prigoginei (avenoiteira de Prigogine). Vive nas zonas tropicais do centro de África. Mide uns 19 cm. So se atopou un único exemplar, nas montañas Itombwe da República Democrática do Congo, en febreiro de 1952. Outros caprimulxidae pouco coñecidos
  • 58. Eurostopodus argus (avenoiteira argos). Vive en bosques abertos, zonas de mato, sabanas e mangleiros de gran parte de Australia, menos na costa leste. Pasa o inverno nas illas menores da Sonda e as illas Aru. Mide entre 25 a 28 cm de longo.​ Os machos pesan entre 80 e 130 g e as femias algo menos (74 a 123 g). Xénero Eurostopodus. Do surleste de Asia e de Australia. Teñen plumas como orellas aos lados da cabeza. Está formado por sete especies:
  • 59. Eurostopodus mystacalis (avenoiteira bigotuda). Atópase nos bosques subtropicais e tropicais do leste de Australia, Nova Guiné e as illas Salomón. Mide de 30 a 37 cm.
  • 60. Eurostopodus nigripennis (avenoiteira das illas Salomón). É endémica do arquipélago das illas Salomón. Mide uns 27 cm.
  • 61. Eurostopodus diabolicus (avenoiteira diabólica). É endémica do norte e do centro de Sulawesi. Mide uns 27 cm. Moi escasa.
  • 62. Eurostopodus papuensis (avenoiteira papú). Endémica das selvas húmidas de terras baixas de Nova Guiné. Mide uns 28 cm.
  • 63. Eurostopodus archboldi (avenoiteira de Archbold). É endémica das selvas húmidas de montaña da illa de Nova Guiné. Mide uns 28 cm.
  • 64. Eurostopodus exul (avenoiteira de Nova Caledonia). Mide uns 26 cm. Sen novas dela desde 1939. Extinguida?
  • 65. Xénero Lyncornis. Aves do surleste de Asia (área Indomalaia e as illas da Wallacea). Formado por dúas especies: Lyncornis temminckii (avenoiteira de Temminck). Vive nas selvas húmidas tropicais do surleste asiático (sur da península malaia, Sumatra, Borneo e as illas dos arredores). Mide entre 25 e 28 cm.
  • 66. Lyncornis macrotis (avenoiteira orelluda). Vive nos bosques húmidos tropicais e subtropicais do sueste asiático (Bangladés, Indonesia, Laos, Malasia, Birmania, Filipinas, Tailandia e Vietnam, e partes da India). Mide uns 40 cm e pesa arredor de 150 gramos. Pon un so ovo.
  • 67. Xénero Gactornis. Endémico da Illa de Madagascar. Formado por unha soa especie: Gactornis enarratus ​(avenoiteira acolarada). Vive en bosques húmidos tropicais e subtropicais, así como en plantacións arbóreas a baixa altitude. Mide arredor de 24 cm de longo e pesa arredor de 55 g.
  • 68. Xénero Veles. Propio de África. Está formado por unha soa especie a Veles binotatus (avenoiteira bimaculada). Vive nos matos do Camerún, Costa do marfil, Gabón, Ghana, Liberia, República Centroafricana, República do Congo e República Democrática do Congo. Mide arredor de 21 cm e pesa uns 60 gr
  • 70. Xénero Chordeiles. Formado por especies que se distribúen desde o suroeste de Canadá, por América do Norte, Central, illas do Caribe e América do Sur, ata o centro da Arxentina. Inclúe seis especies: Chordeiles acutipennis (bacurau de asa fina, avenoiteira ou añapero garrapena). Vive en zonas arbustivas secas e abertas ao longo da costa peruana e en Colombia, Ecuador, Brasil, Bolivia e Chile. Mide uns 20 cm.
  • 71. Chordeiles nacunda (corucâo, avenoiteira ñacundá, añapero ñacundá ou aguaitacamino barriga blanca).​ Habita en sabanas, e pasteiros abertos preto de bosques ou masas de auga de América do Sur. Mide uns 30 cm.
  • 72. Chordeiles gundlachii (querequeté). Cría en campos abertos nas Antillas e nos caios de Florida e inverna en Surámerica. Mide de 20 a 23 cm. Pon un so ovo (raramente dous).
  • 73. Chordeiles minor (avenoiteira ianqui, bacurau norte americano ou añapero ianqui). Cría en América do Norte e inverna en América do Sur, a onde migra en bandos. Mide uns 23 cm. Subespecies: Ch. m. minor, que cría no centro de Canadá e no norte e noroeste dos Estados Unidos, e inverna no norte de Arxentina. Ch. m. sennetti, que cría no centro e no sur de Canadá e o norte e centro dos Estados Unidos, e inverna e Sudamérica. Ch. m. hesperis, que cría no suroeste de Canadá e no oeste dos Estados Unidos, e inverna en América do Sur. Ch. m. howelli, que cría no centro sur e oeste dos Estados Unidos, e pasa o inverno en América do Sur. Ch. m. henryi, que cría no suroeste dos Estados Unidos e no norte e no centro de México, pasa o inverno en Colombia. Ch. m. aserriensis, que cría no centro sur dos Estados Unidos e no norte de México. Ch. m. chapmani, que cria no sueste dos Estados Unidos e pasa o inverno en Arxentina. Ch. m. panamensis, que cría no leste de Honduras, Belice, Nicaragua, Costa Rica e Panamá, e pasa o inverno en América do sur. Ch. m. neotropicalis, que cría no leste e no sueste de México, e inverna en Sudamérica.
  • 74. Chordeiles pusillus (avenoiteira enana, bacurau pequeno, añapero menudo ou chotacabras enano) Vive nas sabanas secas e inundables de Arxentina, Bolivia, Brasil, Colombia, Guiana e Venezuela.​ Mide 16​ a 17 cm de lonxitude e pesa arredor de 30 g. Distínguense cinco subespecies segundo as cores da prumaxe.
  • 75. Chordeiles rupestris (avenoiteira branca, bacurau da praia, añapero blanco ou chotacabras pechiblanco). Vive en matos e bosques degradados tropicais e subtropicais de Bolivia, Brasil, Colombia, Ecuador, Perú e Venezuela. Mide entre 19 e 24 cm.
  • 76. Xénero Lurocalis. Formado por aves nativas do continente americano. Inclúe dúas especies: Lurocalis rufiventris (avenoiteira de ventre rubio, añapero ventrirrufo, gallinaciega buchirufa, guardacaminos buchirufo. Vive en bosques húmidos tropicais e subtropicais, e en bosques de montaña de pouca altura de Bolivia, Colombia, Ecuador, Perú e Venezuela. Mide uns 25 cm de longo e pesa arredor de 110 g.
  • 77. Lurocalis semitorquatus (avenoiteira de rabo curto, tuju, añapero colicorto ou añapero castaño). Vive en pantanos e nos bosques húmidos subtropicais e tropicais das terras de América do sur e América central. Mide entre 19 e 29 cm. Recoñécense cinco subespecies: L. s. semitorquatus, do nordeste de Colombia ata as Guianas, o norte do Brasil, e Trinidad e Tobago. L. s. stonei, do sueste de Mexico ata Guatemala, o norte de Honduras e o noreste de Nicaragua. L. s. noctivagus, de Costa Rica, Panama, a costa oeste de Colombia e o noroeste de Ecuador. L. s. schaeferi, do norte de Venezuela. L. s. nattererii, do leste de Ecuador ata o leste do Peru, Brasil ao sur do Amazonas e o noreste de Arxentina.
  • 78. Xénero Nyctiprogne. Formado por aves que se distribúen por América do Sur. Agrupa a dúas especies: Nyctiprogne leucopyga (avenoiteira ou bacurau de cauda barrada ou añapero colibandeado). Vive en chairas anegables, bosques, ríos e pantanos subtropicais e tropicais da Amazonía de Bolivia, Brasil, Colombia, Ecuador, Guaiana, Guiana, Paraguai, Perú e Venezuela. Pode medir entre 16 e 20 cm. Subespecies: N. l. leucopyga, do leste de Venezuela as Guianas e o norte do Brasil. N. l. pallida, do norleste de Colombia ata o centro de Venezuela. N. l. exigua, do leste de Colombia e o sur de Venezuela. N. l. majuscula, do norleste do Perú, o leste de Bolivia ata o centro do Brasil. N. l. latifascia, do norleste do Perú ata o leste de Venezuela e o centro do Brasil.
  • 79. Nyctiprogne vielliardi (avenoiteira ou bacurau do Sao Francisco). É endémico das sabanas secas do leste do Brasil. Mide uns 17 cm. Está ameazado por perda do hábitat.
  • 80. Xénero Nyctipolus. Aves propias de América do Sur Formado por dúas especies: Nyctipolus nigrescens (avenoiteira, bacurau laxeado ou chotacabras negruzco). Vive nas selvas húmidas de Bolivia, Brasil, Colombia, Ecuador, Guaiana, Guiana, Perú, Surinam e Venezuela. Mide uns 19 cm.
  • 81. Nyctipolus hirundinaceus (bacurauzinho da caatinga). Vive nos bosques secos tropicais do nordeste do Brasil. Mide uns 16 cm. Recoñécense tres subespecies: N. h. Hirundinaceus, do nordeste do Brasil (s Piauí, Bahía e Alagoas). N. h. Cearae, do leste do Brasil (Ceará e norte de Bahía). N. h. Vielliardi, do leste do Brasil (Espirito Santo).
  • 82. Xénero Nyctidromus. Atópanse desde o sur dos Estados Unidos (Texas) ata o nordeste da Arxentina. Miden arredor de 28 cm. Formado por dúas especies Nyctidromus albicollis (avenoiteira pauraque, bacurau, curiango). Vive en bosques, matos, pasteiros, mangleiros e plantacións tropicais e subtropicais desde Argentina hasta Texas, nos Estados Unidos. Mide entre 27 e 30 cm. Recoñécense sete subespecies de tamaños e cores diferentes e teñen distinta distribución xeográfica: N. a. albicollis, do leste e do sur de Venezuela, Trinidad, as Guaianas, norte e nordeste do Brasil; leste e sur de Colombia e o Ecuador ata o norte de Bolivia. N. a. derbyanus, do centro e do sur de Brasil ata o nordeste de Arxentina. N. a. gilvus, de Panamá e do norte de Colombia, N. a. insularis, da illa das Tres Marías (oeste de México). N. a. intercedens, do sur de Guatemala ata o sur de Costa Rica e o oeste de Panamá. N. a. merrilli, do sur dos Estados Unidos e do nordeste de México. N. a. yucatanensis, do leste e do oeste de México ata Belice e o centro de Guatemala.
  • 83. Nyctidromus anthonyi (avenoiteira do mato, chotacabras de matorral ou de Anthony). Vive en zonas semiáridas con árbores e mato dispersos, pasteiros, praderías secas e nas lindes dos bosques tropicais na faixa costeira de Ecuador e do norte do Perú. Mide entre 18 e 21 cm.
  • 84. Xénero Setopagis propias de Sudamérica. Catro especies: Setopagis heterura. Avenoiteira de Todd, aguaitacamino piedrero e guardacaminos ou gallinaciega de Todd. Vive en bosques abertos e outros hábitats despexados do nordeste de Colombia, Venezuela e Guiana. Mide entre 19 e 21 cm.
  • 85. Setopagis parvula. (avenoiteira pequena, bacurau chintâ, atajacaminos chico, dormilón chico, dormiloncito, guardacaminos gorgiblanco ou aguaitacamino pálido). Vive en bosques e espazos abertos do norte da Arxentina, o sur e o leste do Brasil, o leste e o oeste Bolivia, Paraguai, Perú e o Uruguai. Mide entre 19 e 21 cm.
  • 86. Setopagis whitelyi. Avenoiteira de Roraima, bacurau dos tepuis, chotacabras de White ou aguaitacamino dos tepuis, Vive nos bosques da meseta dos tepuis, no norte do Brasil, sueste de Venezuela e o oeste de Guiana. Mide entre 21 e 22 cm.
  • 87. Setopagis maculosa (avenoiteira de Guiana). É endémica da Guaiana Francesa. Mide uns 22 cm. So se coñecía por un exemplar capturado na Guaiana Francesa, en 1917, aínda que hai observacións máis recentes (1982).​
  • 88. Xénero Eleothreptus propias de Sudamérica. dúas especies: Eleothreptus anomalus (avenoiteira dos pantanos, curiango do banhado, atallacamiños de pantano ou atajacaminos ala negra). Vive nas beiras dos pantanos dos bosques húmidos das terras baixas subtropicais e tropicais, e nas sabanas do norte de Arxentina, sueste do Brasil, leste do Paraguai e en Uruguai. Mide arredor de 20 cm de lonxitude. É cada vez menos común debido á perda do hábitat.
  • 89. Eleothreptus candicans (avenoiteira de ás brancas, bacurau de rabo branco, chotacabras aliblanco ou atajacaminos de ala blanca) vive nos pasteiros do Cerrado da área central de América del Sur, e ten especial apego polas zonas queimadas. Mide uns 20 cm. Especie rara e ameazada, en perigo de extinción.
  • 90. Xénero Systellura, propios de América del Sur. Dúas especies: Systellura longirostris (avenoiteira da serra, bacurau da tella ou de Roraima, chotacabras serrano, chotacabras ñanarca, gallina ciega, guardacaminos andino, dormilón austral,...) Vive en zonas abertas con pouca vexetación, campos abertos, mesetas e áreas pedrosas, e ás beiras dos bosques na Arxentina, Bolivia, Brasil, Chile, Colombia, Ecuador, Paraguai, Perú, Uruguai e Venezuela. Mide entre 23 e 25 cm de longo. Recoñécense nove subespecies: S. l. longirostris, do nordeste, centro e sur do Brasil, e do norte de Uruguai e da Arxentina. S. l. ruficervix, de Colombia, Ecuador e Venezuela. S. l. roraimae, do sur de Venezuela e do norte do Brasil. S. l. atripunctatus, do sur do Perú, Bolivia,e noroeste da Arxentina. S. l. decussatus, de Ecuador, Chile, e Perú S. l. bifasciatus, de Chilee do oeste da Arxentina S. l. patagonicus, do centro da Arxentina e do sur do Uruguai. S. l. mochaensis, do centro de Chile S. l. pedrolimae, do leste do Brasil
  • 91. Systellura decussata (avenoiteira ñañarca pequena, chotacabras ñañarca chico, gallina ciega chica ou chotacabras de Tschudi). Vive no oeste do Perú e no norte de Chile. Mide uns 20 cm. Ata o 2010 era considerado unha subespecie de Systellura longirostris.
  • 92. Xénero Uropsalis agrupa especies que se distribúen polos Andes desde Colombia, ata o norte de Arxentina. ​Agrupa dúas especies: Uropsalis segmentata (avenoiteira anduriña, chotacabras golondrina, dormilón lira chico ou guardacaminos golondrina). Vive nos bosques húmidos tropicais e subtropicais dos Andes en Bolivia, Colombia, Perú e Ecuador. Mide entre 20 e 22 cm, pero o macho pode chegar ata os 45 cm. Recoñécense dúas subespecies: U. s. segmentata, dos Andes de Colombia e do norte de Ecuador U. s. kalinowskii, dos andes do centro do Perú e do oeste de Bolivia
  • 93. Uropsalis lyra (avenoiteira lira, chotacabras lira, dormilón lira e guardacaminos lira). Vive en herbeiros e bosques abertos das montañas​ de Arxentina, Bolivia, Colombia, Ecuador, Perú e Venezuela. O macho, co seu longo rabo, mide 76 cm e a femia 25 cm. Recoñécense tres subespecies: U. l. lyra, dos Andes do oeste de Colombia o este de Venezuela e o centro de Ecuador. U. l. peruana, dos Andes do Perú e o oeste de Bolivia. U. l. argentina, dos Andes do sur de Bolivia e áreas próximas de Arxentina.
  • 94. Xénero Hydropsalis. Agrupa a especies que se distribúen desde o sueste de México por América Central, as Antillas Menores e América do Sur ata o centro de Arxentina. ​ Agrupa catro especies: Hydropsalis maculicaudus (avenoiteira de rabo pintado, bacurau pituí, chotacabras colipinto, guardacaminos rabimanchado, pucuyo colimanchado, tapacamino colapinta, atajacaminos cola manchada, aguaitacamino cola pintada ou bacurau de rabo maculado). Vive nas sabanas secas tropicais e subtropicais e nos herbeiros temporalmente asolagados de América Central e do Sur. Cría no sur de México e América Central e pasa o inverno en América do sur Mide entre 19 e 22 cm.​
  • 95. Hydropsalis cayennensis (avenoiteira de Caiena, bacurau de cauda branca, chotacabras coliblanco ou guardacaminos rastrojero). Vive nos humidais tropicais e subtropicais, e herbeiros, de América Central, as illas do Caribe e o norte de Sudamérica. Atópase en Anguila, Antigua e Barbuda, as Antillas Neerlandesas, Aruba, Barbados, Brasil, Colombia, Costa Rica, Ecuador, a Guaiana Francesa, Guiana, Martinica, Montserrat, Panamá, Puerto Rico, San Cristóbal e Nieves, San Vicente e as Granadinas, Santa Lucía, Surinam, Trinidad e Tobago e Venezuela. Mide de 20 a 23 cm. Recoñécense varias subespecies: H. c. cayennensis, do leste de Colombia, Venezuela, as Guaianas e o norte do Brasil. H. c. albicauda, do sueste de Costa Rica ata o noroeste de Colombia. H. c. aperta, do oeste de Colombia e o norte de Ecuador. H. c. insularis, do nordeste de Colombia, noroeste de Venezuela, Isla Margarita e illas dos arredores. H. c. manati, de Martinica. H. c. leopetes, de Trinidad, Tobago, e as illas Bocas. . c. insularis,
  • 96. Hydropsalis climacocerca (avenoiteira de rabo longo, acurana, chotacabras de escalera ou guardacaminos rabilargo). Vive nas beiras dos ríos da metade norte de América do Sur (Bolivia, Brasil, Colombia, Ecuador, A Guaiana francesa, Guiana, Perú, Venezuela e Surinam. Mide entre 23 e 28 cm. H. c. climacocerca, atópase desde o sueste de Colombia ata o norte de Bolivia. H. c. schomburgki, atópase desde o leste de Venezuela ata Surinam. H. c. intercedens, do oeste de Pará (Obidos) no centro do Brasil. H. c. pallidior, da área de Santarem (Pará) no centro do Brasil. H. c. canescens, da cunca do río Tapajós (Pará) no centro do Brasil.
  • 97. Hydropsalis torquata (avenoiteira de rabo de tesoira, bacurau tesoura, chotacabras tijereta ou atajacaminos tijera​). Atópase en espazos abertos secos, chairas asolagables tropicais e subtropicais, sabanas e espazos deforestados de Arxentina, Bolivia, Brasil, Paraguai, Perú, Surinam e Uruguai.​ O macho mide ata 40 cm de lonxitude, dos que uns 2/3 son de rabo, e a fmia que ten o rabo máis curto non acada os 30 cm. Recoñécense dúas subespecies: H. t. torquata, do sur de Surinam, o leste de Brasil e a Amazonía, e o leste do Perú. H. t. furcifer, do sur do Perú e o leste de Bolivia, sur do Brasil, Uruguai, Paraguai, e o centro de Arxentina
  • 98. Xénero Macropsalis unha soa especie. Macropsalis forcipata (avenoiteira rabuda, bacurau tesourâo, chotacabras coludo). Vive nos bosques, dos altiplanos do sueste e do sur do Brasil e do nordeste da Arxentina. O macho mide 80 cm (ten un rabo de ata 3 veces a lonxitude do corpo) e a femia 34 cm.
  • 99. Xénero Siphonorhis avenoiteiras caribeñas. Coñécense dúas especies: Siphonorhis americana (avenoiteira xamaicana, chotacabras jamaicano). Posiblemente extinto. Os derradeiros datos son de 1859. Siphonorhis brewsteri (avenoitira da Española, chotacabras torico). So se atopa nos bosques tropicais da illa Española. Mide uns 22 cm. Antes das últimas observacións pasou 40 anos como desaparecida. Recoñécense dúas subespecies: S. b. brewsteri, da illa Española S. b. gonavensis, da illa de Guanaba (Haití)
  • 100. Xénero Nyctiphrynus agrupa a especies que se distribúen desde o centro oeste de México por América Central e América do Sur ata o nordeste de Arxentina. Agrupa catro especies: Nyctiphrynus mcleodii (avenoiteira de Macleod, pachacúa ou chotacabras prío). Vive nas selvas tropicais ou subtropicais, de áreas montanas do centro oeste de México, entre Tijuana e Jalisco. Mide entre 20 e 21 cm. N. m. mcleodii, do oeste de Mexico (Chihuahua e sur de Sonora, Jalisco e Colima) N. m. rayi, dos bosques de piñeiros do oeste de México (Guerrero).
  • 101. Nyctiphrynus ocellatus (avenoiteira ocelada, bacurau ocelado, chotacabras ocelado, atajacaminos ocelado, guardacaminos ocelado, pachacua ocelada). Vive en claros de selvas húmidas tropicais e subtropicais de terras baixas e sotobosques abertos de Honduras, Nicaragua, Costa Rica, Panamá, Colombia, Venezuela, Ecuador, Perú, Bolivia, Brasil, Paraguai, e o nordeste da Arxentina. Mide 20 cm. Recoñécense dúas subespecies: N. o. ocellatus, do centro sur de Colombia, nordeste de Ecuador e leste de Perú ata o leste e o sur de Brasil, Bolivia, Paraguai e o nordeste de Arxentina. N. o. lautus, do nordeste de Nicaragua, noroeste de Costa Rica e, posiblemente, Panamá.
  • 102. Nyctiphrynus rosenbergi (avenoiteira do Chocó, chotacabras del Chocó). É endémica do Chocó. Vive nos bosques húmidos tropicais de terras baixas das costas do oeste de Colombia e do noroeste de Ecuador. Mide entre 19 e 21 cm. Está ameazada pola perda do hábitat
  • 103. Nyctiphrynus yucatanicus (avenoiteira do Yucatán, chotacabras yucateco, tapacamino yucateco). Vive nos bosques secos subtropicais e tropicais, e nos matos do sur de México, o norte de Guatemala e Belice. Mide uns 22 cm.
  • 104. Xénero Phalaenoptilus única representante Phalaenoptilus nuttallii (avenoiteira de Nuttall, pachacua norteña ou tapacamino tevíi). Vive nos pasteiros e nos matos secos do oeste de América do Norte, desde o sur de Canadá, ao norte de México. Mide uns 20 cm. Recoñécense varias subespecies:​ P. n. nuttallii, do sur da Columbia Británica, o oeste dos Estados Unidos e o norte de México. Inverna no centro de México. P. n. californicus, de California, desde o oeste da Serra Nevada ata a Baixa California. P. n. hueyi, do tramo final do río Colorado, o norte da Baixa California e o suroeste de Arizona. P. n. dickeyi, do sur da Baixa California (south of latitude 30°N) P. n. adustus ou centralis, do sur de Arizona e do norte de Mexico (central Sonora)
  • 105. Xénero Antrostomus Antrostomus carolinensis (avenoiteira de Carolina, chotacabras de Carolina, chotacabras de paso, Carolina Chuck-Will's- Widow). Cría preto dos pantanos, mesetas rochosas e bosques de piñeiros do sueste de Canadá e do leste de Estados Unidos e inverna en claros de bosque secundario, beiras altas das sabanas, cultivos e matos do sur de Estados Unidos, Centroamérica, as Antillas, Colombia e Venezuela. Mide entre 28 y 33 cm
  • 106. Antrostomus rufus (avenoiteira rubia, chotacabras colorado, joâo corta pau). Vive nos bosques tropicais, húmidos e secos, arboredas degradadas e matos de sabana de Arxentina, Bolivia, Brasil, Colombia, Costa Rica, Ecuador, a Guaiana francesa, Guiana, Panamá, Paraguai, Perú, Santa Lucía, Surinam, Trinidad e Tobago e Venezuela. Mide arredor de 28 cm e pesa arredor de 100 g. Subespecies: A. r. rufus, do sur de Venezuela, e o norte e o centro do Brasil. A. r. rutilus, do sur do Brasil ata o leste de Bolivia, Paraguai e o norleste de Arxentina A. r. saltarius, do noroesta de Arxentina e o surleste de Bolivia. A. r. [minimus ou maximus], do sueste de Costa Rica, Panama, Colombia e Venezuela.
  • 107. Antrostomus cubanensis (guabairo ou avenoiteira cubana). So se atopa nas praderías, bosques abertos e beiras de ríos e zonas pantanosas​ das illas de Cuba, Cayo Coco e da Xuventude Mide entre 28 e 30 cm e pode pesar entre 50 e 80 gr.
  • 108. Antrostomus ekmani (avenoiteira da illa Española, pitanguá). So se atopa na illa da Española, principalmente na República Dominicana e no oeste de Haití. Mide entre 26 e 30 cm.
  • 109. Antrostomus salvini (avenoiteira salvini, chotacabras ticuer). É endémica da área caribeña de México onde se atopa nos bosques secos. Mide entre 24 e 25 cm.
  • 110. Antrostomus badius (avenoiteira de Guatemala, chotacabras guatemalteco). Vive nos bosques secos subtropicais e tropicais de México, Guatemala, Belice, Nicaragua. Mide uns 25 cm.
  • 111. Antrostomus ridgwayi (avenoiteira, chotacabras tucuchillo, tapacamino tu- cuchillo). Vive nos bosques secos subtropicais e tropicais e nos matos do sur dos Estados Unidos, México, Guatemala, Honduras e Nicaragua. Mide entre 21 e 25 cm. Recoñécense dúas subespecies:​ C. r. ridgwayi, do sueste de Arizona e o oeste de Mexico (Sonora to Oaxaca) C. r. troglodytes, do centro de Guatemala ata Honduras e o centro de Nicaragua.
  • 112. Antrostomus vociferus (avenoiteira berrona, guabairo, chotacabras cuerporruín, chotacabras gritón, atajacaminos mexicano, eastern Whip-poor-wil). Cría no sur de Canadá e no leste dos Estados Unidos e inverna en Cuba e Panamá. Mide entre 22-27 cm.
  • 113. Antrostomus arizonae (avenoiteira corpo ruín, chotacabras cuerporruín mexicano tapacamino cuerporruín sureño, tapacamino cuerporruín norteño ou tapacaminos cuerporruin). ​ Vive nos bosques do suroeste de Estados Unidos, México ata o centro de Honduras. Mide entre 22 e 27 cm. Recoñécense cinco subespecies: A. a. arizonae, do suroeste de Estados Unidos ata o centro de México. A. a. setosus, do leste de México. A. a. oaxacae, do suroeste de México. A. a. chiapensis, do sueste de México e as terras altas de Guatemala. A. a. vermiculatus, das terras altas de Honduras e El Salvador.
  • 114. Antrostomus saturatus (avenoiteira sombriza, chotacabras fuliginoso ou chotacabras sombrío). Atópase nos bosques húmidos e zonas degradadas de Costa Rica e do oeste de Panamá. Mide entre 21 e 25 cm.
  • 115. Antrostomus noctitherus (guabairo, avenoiteira de Puerto Rico ou chotacabras portorriqueño)​. Habita nos bosques secos costeiros do suroeste de Puerto Rico. Mide uns 22 cm.
  • 116. Antrostomus sericocaudatus (avenoiteira de rabo de seda, bacurau rabo de seda, chotacabras cola de seda, atajacaminos ahumado atajacaminos oscuro ou chotacabra oscura). Atópase nos bosques húmidos subtropicais de Arxentina, Brasil, Bolivia, Paraguai e o Perú.​ Mide entre 24 e 30 cm. Recoñécense dúas subespecies:​ A. s. mengeli, desde o norte do Perú o noroeste de Bolivia e o norte do Brasil. A. s. sericocaudatus, do sueste do Brasil, o nordeste da Arxentina e o leste do Paraguai.
  • 117. Moitas voltas tiven que dar para dárvolos xuntado, aínda que ao seren bechos da noite foime máis doado atopalos. As imaxes fotográficas foron collidas da internet e a información de fontes varias. Agradézolle aos autores a súa dispoñibilidade, e agardo saiban disculpar o uso que fixen delas. Mon Daporta