SlideShare ist ein Scribd-Unternehmen logo
1 von 62
Cactos, euforbias ou...
AS LIDEIRAS DE ROQUE
Mon
Daporta
COUSIÑAS FEITAS NA CASA
Descubriu hai uns días Roque, visitando un viveiro,
que non todas as plantas grosas, e/ou con espiñas, son cactos verdadeiros.
E contáronlle tamén outras cousas que non sabía,
como de onde viñan e como se distinguían.
que aínda que eran semellantes de aspecto e estrutura
era cousa de adaptación ao ambiente,... de conxuntura.
Pareceulle de interese, e púxose a traballar para contarvos
todo o que aprendeu sobre o que son e o que non son cactos.
E despois de moito ler, buscar e viaxar
Tendes, de aquí en diante, o que conseguiu xuntar
De todas as plantas que o parecen, so son cactos (Cactaceae) unhas 1.600
especies, outras 1.000 son euforbias (Euphorbiaceae), 500 pertencen á
familia das apocináceas (Apocynaceae) e unhas poucas son didiereáceas
(Didiereaceae) dos bosques espiñentos de Madagascar
Os cactos son vexetais da familia das
cactáceas (Cactaceae). Son plantas perenes,
case todas espiñentas e con talos
suculentos, que viven en áreas secas, aínda
que tamén os hai en áreas tropicais e
subtropicais.
A familia está formada por numerosos
xéneros dos que fan parte máis de 1.500
especies.
Son nativos de América, atópanse desde o
suroeste do Canadá ata Chile e A Arxentina.
Fóra de América so se coñece unha especie,
a Rhipsalis baccífera, orixinaria de África,
Madagascar e Sri Lanka.
México acolle a maior cantidade e variedade de especies,
case 700, das que máis de 500 son endémicas.
Mais tamén hai unhas 1.000 especies
de plantas da familia Euphorbiaceae,
das zonas secas de África e
Madagascar, e algunhas de América,
que son suculentas e seméllanse aos
cactos.
As Euphorbiaceae (euforbias), son plantas
dunha familia cosmopolita moi difundida e moi
diversa, que se atopa por todo o mundo, a non
ser nas zonas frías, da que fan parte unhas
7.500 especies agrupadas nuns 300 xéneros.
Entre elas hai herbas, matos e, nas zonas
tropicais, árbores.
Unhas 500 Apocynaceae das
zonas secas de África, a
Península Arábica e da India,
tamén teñen un aspecto
semellante aos cactos.
Apocynaceae é unha familia que acolle
máis de 5.000 especies agrupadas en
366 xéneros, da que fan parte árbores,
matos, herbas e lianas; que se extende
polas zonas tropicais, subtropicais e
temperadas.
As Areolas, son o sinal de
identidade dos cactos, uns
elementos propios que serven
para distinguilos de outras
plantas. Son pequenas formas
almofadadas (na realidade
pólas modificadas) constituídas
por tricomas (pelos das
plantas), e, en case todas as
especies, con espiñas e
gloquídeos (pelos con pugas).
Das areolas xorden os talos, as
follas (de habelas) e as flores.
Mais a pesares de coincidiren en formas e aparencias presentan riscos
que serven para diferencialas
cacto euforbia apocinácea
cacto euforbia apocinácea
Pseudolithops migiurtinus
Echinocactus grusonii Euphorbia horrida
cacto
As espiñas saen, en grupos, nas areolas
As espiñas son as propias follas,
os remates dos tubérculos do
talo endurecidos, ou estípulas
As espiñas
euforbia apocinácea
As espiñas son estípulas endurecidas
que se atopan aos lados ou debaixo
das follas, ou da cicatriz que deixan
cando caen
cacto
As follas
Ausentes en case todos os
cactos, ou transformadas en
espiñas.
So se coñecen dous xéneros de cactos
tropicais que teñen follas funcionais.
Moitas euforbias teñen follas, en
ocasións reducidas a escamas, nas
etapas xuvenís e nas zonas de
crecemento
Hai especies con follas, case
sempre apicais, e outras con
follas reducidas a escamas
euforbia Apocinácea
euforbia
As flores
As flores dos cactos adoitan ser grandes,
solitarias e hermafroditas; de forma
tubular, co ovario ínfero, un grande
número de tépalos, os exteriores con
aspecto de sépalos e os interiores
petaloideos, que acollen numerosos
estames, os nectarios e o pistilo con varios
carpelos.
As euforbias adoitan formar unhas
estruturas florais pequenas, con forma
de copa, chamadas ciatios. O conxunto
está formado por un involucro con
glándulas nas beiras, dentro do que hai
flores masculinas -moitas reducidas a
un so estame- que rodean a unha única
flor feminina pedunculada.
cacto
As apocináceas teñen flores
simples, completas, con cinco
pétalos, moitas veces
soldados.
Algunhas flores desprenden un
olor desagradable para atraeren
ás moscas que as fecundan.
apocinácea
cacto
Os froitos das euforbias son
normalmente secos, capsulares -
tricocos- que abren ao madurar
para soltar as sementes.
O froito dos cactos adoita ser
carnoso, unha baga que encerra
moitas sementes.
Os de varias especies son consumidos
como alimento.
Os froitos
euforbia apocinácea
Os froitos das apocináceas son secos,
semellantes a unha dobre vaíña, e
conteñen sementes cunha mouta de
pelos que lles permiten dispersarse
polo ar.
A saiba
A saiba de case todas as euforbias é
branca –látex- e, en moitos casos, tóxica.
Por iso moitas euforbias son coñecidas co nome de
leiteiras.
A saiba dos cactos é
transparente
As apocináceas, segundo as
especies, poden ter saiba
transparente ou látex, que
tamén pode ser tóxico
apocinácea
algunhas cousiñas máis:
dos cactos
Saguaro en San Nicolás,
Sonora (México)
Os cactos máis
altos son os
saguaros que
poden acadar os
20 m de altura
Un fermoso exemplar
de equinocactus
(cacto “barril”) de case
3 m de altura
O cacto máis pequeno que se
coñece é o Blossfeldia liliputiana.
Nativo dos Andes do sur de Bolivia
e do norte da Arxentina.
Escasamente pasa de 1 cm de
diámetro.
Chirinola mexicana (Stenocereus eruca). Un cacto
curioso ao que lle chaman o cacto que anda, porque
vive deitado no chan e, como todos os cactos, so
medra pola punta ao tempo que as partes vellas, as
de atrás, van morrendo polo que semella que se
despraza. Atópase en perigo de extinción
Rhipsalis baccifera.
A única especie de
cacto que tamén se
atopa, como orixinaria,
fóra de América
Á dereita detalle dun
exemplar cargado de froitos
A maioría dos cactos medran
na terra, pero tamén hai
especies tropicais epífitas –que
medran enriba de outras
plantas ou gabean por elas-. As
espécies epífitas adoitan ter os
talos estreitos e aplanados,
raíces aéreas, para suxeitarse
aos soportes, e flores grandes
e chamativas.
Disocactus speciosus
Epiphyllum oxypelatum.
As flores abren pola noite
Weberocereus biolleyi
Algúns cactos epífitos
Schlumbergera truncata
(cacto de Nadal, plumas
de santa Teresa). Un cacto
tropical moi difundido e
cultivado. Pertence ao
xénero Schlumbergera,
orixinario do Brasil, do
que se coñecen varias
especies.
Varias especies de cactos epífitos, do xénero
Hylocereus, cultívanse para aproveitar os seus froitos
coñecidos como pitaias ou froitos do dragón.
Os froitos, que segundo a especie teñen a tona vermella ou
amarela, miden uns 10 x 6 cm e teñen una polpa sabrosa,
suave e doce.
Plantación de pitaias na Mariña de Lugo
...e uns poucos medran
directamente sobre as
rochas.
Cacto de lava.
Endémico das Illas Galápagos
Os cactos máis extendidos polo mundo
son Opuntias, e deles a Opuntia fícus-
indica (nopal ou chumbeira), cultivada
como planta da que se obteñen
múltiples aproveitamentos:
Plantacións de chumbeiras
Na gastronomía úsanse os talos novos
(palas, pencas ou nopales) frescos,
confitados ou salgados; como verdura, en
ensaladas, guisos e outras preparacións.
Talos de nopal limpos para seren utilizados na cociña
Talos de nopal asados Talos de nopal recheos
Preparacións con talos de nopal
Pódese atopar no mercado envasado, fresco, en conserva,
como ingrediente de platos preparados, como complemento
nutricional e como produto médico e dietético
Os froitos utilízanse como postre, e para preparar salsas, doces,
xeados, marmeladas, zumes e licores, como condimento, como
aperitivo e como medicinais.
Batido, confitura, zume e licor feitos co froito da
Opuntia ficus-indica ou figo chumbo.
Co nopal elabóranse tamén cosméticos
Xabrón
Xel protector para a pel
Protector solar
champú Cremas corporais
Coiro de nopal. Dos talos moídos e secos
extráense proteínas e febras coas que se
prepara unha bio-resina que, fixada sobre un
tecido de algodón, permite crear un material
de características semellantes ao coiro
Tratando o zume dos talos do nopal obtense un
plástico biodegradable e de descomposición rápida
(menos de tres meses, ou arredor de dúas semanas
se está en contacto coa auga)
e outros produtos: tradicionais e actuais
Tamén se usan nopais para a obtención de biogás
Aglutinante e
impermeabilizante en pinturas
tradicionais feitas con auga, cal
e tintas
Serve como forraxe
para o gando e outros
animais
e para criar un parásito, a cochinilla (Dactylopius coccus), da que se
extrae un pigmento coñecido como carmín ou o vermello cochinilla
que se utiliza como colorante en cosméticos, tecidos e alimentos
E a outros cactos atópanselle curiosas aplicacións
O interior leñoso dos grandes cactos aprovéitase como madeira
para queimar e/ou para a elaboración de diferentes obxectos
utilitarios ou decorativos
Moitas flores de cactos so se abren
un día, e algunhas so unha noite.
As especies de floración nocturna
son polinizadas por insectos ou por
morcegos que se alimentan do pole
e do néctar que producen.
Os froitos dos cactos son comidos por moitos
animais que, a cambio, tamén son os encargados
de dispersar as sementes
Algunhas aves
aproveitan a
protección da súa
altura e/ou das súas
espiñas para facer
neles os niños
algunhas cousiñas máis:
das euforbias
Unha das euforbias suculentas máis grandes, a
Euphorbia ingens, endémica das áreas tropicais
do sur de África.
Pode medir ata 15 m de altura.
Leóns descansando nas pólas dunha euforbia
Outras euforbias suculentas
Euphorbia horrida
Euphorbia obesa Euphorbia fruticosa
Euphorbia enopla
Euphorbia cristata Euphorbia suzanne-marinierae
Euphorbia meloformis
Euphorbia esculenta
Euphorbia
canariensis
Euphorbia
resinifera
Euphorbia pulvinata
Euphorbia milii, unha das máis cultivadas e
exemplares de diferentes variedades de cor
A Hevea brasiliensis (árbore do caucho, xiringa ou
seringueira). É una euforbiácea, non suculenta, arbórea,
orixinaria das selvas do Brasil.
Mide de 20 a 30 m de altura (pode acadar 45 m).
O seu látex seco é o caucho natural.
A Manihot esculenta (iuca, mandioca, casabe,…). É unha planta
perenne da familia das euforbiáceas cultivada en América, África e
Oceanía para aproveitar as súas raíces ricas en almidón.
No Paraguai cultívanse
arredor de 300 variedades
Outra euforbia coñecida a flor de Pascua
(Euphorbia pulcherrima) da que se cultivan
numerosas variedades.
En Galiza están presentes unhas 20 especies de euforbiaceas,
plantas anuais ou perennes de pequeno porte que se desenvolven
en diferentes ambientes
Euphorbia paralias.
Común nos areais
costeiros
Euphorbia esula,
está presente case
todo o ano en e
beiras de camiños.
Chamaesyce ou
Euphorbia serpens.
Pequena planta
rastreira orixinaria de
América do Sur que se
desenvolve como mala
herba
algunhas cousiñas máis:
das apocináceas
Moitas apocináceas suculentas
coñécense como plantas das estrelas
pola forma das súas flores e tamén
como flores de carniza polo olor que
desprenden para atraer ás moscas que
son as que as polinizan
Caralluma hesperidium
Pseudolithops migiurtinus
Stapelia variegata
Algunhas apocináceas suculentas representantes dos seus xéneros
Duvalia pilansii
Huernia macrocarpa Hoodia gordonii Piaranthus globosus
Pachypodium é un xénero de árbores e arbustos de
talos suculentos con espiñas, nativos de África
(Namibia , Angola e Madagascar) que acolle 25
especies,
Pachypodium gracilium
Pachypodium multiflorum
Pachypodium
brevicaule
Pachypodium saundersii
Pachypodium nanmaquanum
Pachypodium lamerei, ou
palmeira de Madagascar,
o máis cultivado como
ornamental
Algunhas apocináeas
arbóreas, como a
Couma macrocarpa,
producen látex que se
aproveita como
impermeabilizante e
para facer caucho
En Galiza podemos atopar, en cultivo
como ornamental ou asilvestrada, unha
planta da familia das Apocináceas, a
Vinca difformis, con aspecto en
enredadeira que se estende preto do
chan na que destacan as flores azuis
As imaxes fotográficas foron collidas da internet e a información de fontes varias. Agradézolle aos
autores a súa dispoñibilidade, e agardo saiban disculpar o uso que fixen delas.
Mon Daporta
E como co que hai, para un achegamento, xa me parece abondo,
deixoo aquí que teño outra a dar voltas nos miolos.

Weitere ähnliche Inhalte

Ähnlich wie cactos e euforbias.pptx

Asrbores 140109131446-phpapp01
Asrbores 140109131446-phpapp01Asrbores 140109131446-phpapp01
Asrbores 140109131446-phpapp01
LOPEZMOURENZA
 
As árbores 140109131446-phpapp01
As árbores 140109131446-phpapp01As árbores 140109131446-phpapp01
As árbores 140109131446-phpapp01
LOPEZMOURENZA
 
As plantas (primaria)
As plantas (primaria)As plantas (primaria)
As plantas (primaria)
monadela
 
Plantas xeral-primaria-131215145439-phpapp02
Plantas xeral-primaria-131215145439-phpapp02Plantas xeral-primaria-131215145439-phpapp02
Plantas xeral-primaria-131215145439-phpapp02
LOPEZMOURENZA
 
A plantas
A plantas A plantas
A plantas
monadela
 
Cabazas, calacus e outras
Cabazas, calacus e outrasCabazas, calacus e outras
Cabazas, calacus e outras
iesasorey
 
A Arbore
A ArboreA Arbore
A Arbore
magamac
 
Cabazas, calacus e outras
Cabazas, calacus e outrasCabazas, calacus e outras
Cabazas, calacus e outras
monadela
 

Ähnlich wie cactos e euforbias.pptx (20)

Asrbores 140109131446-phpapp01
Asrbores 140109131446-phpapp01Asrbores 140109131446-phpapp01
Asrbores 140109131446-phpapp01
 
As árbores 140109131446-phpapp01
As árbores 140109131446-phpapp01As árbores 140109131446-phpapp01
As árbores 140109131446-phpapp01
 
As plantas (primaria)
As plantas (primaria)As plantas (primaria)
As plantas (primaria)
 
Plantas xeral-primaria-131215145439-phpapp02
Plantas xeral-primaria-131215145439-phpapp02Plantas xeral-primaria-131215145439-phpapp02
Plantas xeral-primaria-131215145439-phpapp02
 
Animais invertebrados
Animais invertebradosAnimais invertebrados
Animais invertebrados
 
A plantas
A plantas A plantas
A plantas
 
As árbores: morfoloxía, especies...
As árbores: morfoloxía, especies...As árbores: morfoloxía, especies...
As árbores: morfoloxía, especies...
 
Bosque2
Bosque2Bosque2
Bosque2
 
Lentellas de auga
Lentellas de augaLentellas de auga
Lentellas de auga
 
Tema 4 natu. as plantas
Tema 4 natu. as plantasTema 4 natu. as plantas
Tema 4 natu. as plantas
 
Cabazas, calacus e outras
Cabazas, calacus e outrasCabazas, calacus e outras
Cabazas, calacus e outras
 
Plantas parásitas
Plantas parásitasPlantas parásitas
Plantas parásitas
 
Cousas das plantas
Cousas das plantasCousas das plantas
Cousas das plantas
 
Plantas e flores
Plantas e  floresPlantas e  flores
Plantas e flores
 
Psitaciformes i
Psitaciformes iPsitaciformes i
Psitaciformes i
 
Bechos dos arredores
Bechos dos arredoresBechos dos arredores
Bechos dos arredores
 
A Arbore
A ArboreA Arbore
A Arbore
 
Mapa conceptual plantas
Mapa conceptual plantasMapa conceptual plantas
Mapa conceptual plantas
 
Cabazas, calacus e outras
Cabazas, calacus e outrasCabazas, calacus e outras
Cabazas, calacus e outras
 
Liquidambar cedro-xintgo
Liquidambar cedro-xintgoLiquidambar cedro-xintgo
Liquidambar cedro-xintgo
 

Mehr von MonContos

Mehr von MonContos (20)

publicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdf
publicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdfpublicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdf
publicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdf
 
rata Luisa o estanque.pptx
rata Luisa o estanque.pptxrata Luisa o estanque.pptx
rata Luisa o estanque.pptx
 
Rata Luisa Nadal.pptx
Rata Luisa Nadal.pptxRata Luisa Nadal.pptx
Rata Luisa Nadal.pptx
 
rata Luisa fútbol.pptx
rata Luisa fútbol.pptxrata Luisa fútbol.pptx
rata Luisa fútbol.pptx
 
rata luisa disfraces.pptx
rata luisa disfraces.pptxrata luisa disfraces.pptx
rata luisa disfraces.pptx
 
que fan que.pptx
que fan que.pptxque fan que.pptx
que fan que.pptx
 
a rolada.pptx
a rolada.pptxa rolada.pptx
a rolada.pptx
 
Serra do Faro de Avión.pptx
Serra do Faro de Avión.pptxSerra do Faro de Avión.pptx
Serra do Faro de Avión.pptx
 
Serra da Paradanta.pptx
Serra da Paradanta.pptxSerra da Paradanta.pptx
Serra da Paradanta.pptx
 
voitres.pptx
voitres.pptxvoitres.pptx
voitres.pptx
 
petos.pptx
petos.pptxpetos.pptx
petos.pptx
 
Candea, Cabanillas unidade didáctica
Candea, Cabanillas unidade didácticaCandea, Cabanillas unidade didáctica
Candea, Cabanillas unidade didáctica
 
Calendario Cabanillas Candea 2009
Calendario Cabanillas Candea 2009Calendario Cabanillas Candea 2009
Calendario Cabanillas Candea 2009
 
Cabanillas Salnés (fotógrafos/as) II
Cabanillas Salnés (fotógrafos/as) IICabanillas Salnés (fotógrafos/as) II
Cabanillas Salnés (fotógrafos/as) II
 
Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)
Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)
Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)
 
Paco Leiro
Paco LeiroPaco Leiro
Paco Leiro
 
Agoiña miragreira (Cabanillas)
Agoiña miragreira (Cabanillas)Agoiña miragreira (Cabanillas)
Agoiña miragreira (Cabanillas)
 
Rata Luisa, paxariñas de papel
Rata Luisa, paxariñas de papelRata Luisa, paxariñas de papel
Rata Luisa, paxariñas de papel
 
Rata Luisa, máis papel
Rata Luisa,  máis papelRata Luisa,  máis papel
Rata Luisa, máis papel
 
Rata Luísa, barcos de papel
Rata Luísa,  barcos de papelRata Luísa,  barcos de papel
Rata Luísa, barcos de papel
 

Kürzlich hochgeladen

Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 

Kürzlich hochgeladen (12)

Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfNon penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
 
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfRevista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
 
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfO Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
 
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelXXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
 
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxGUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
 
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
 
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfA memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
 

cactos e euforbias.pptx

  • 1. Cactos, euforbias ou... AS LIDEIRAS DE ROQUE Mon Daporta COUSIÑAS FEITAS NA CASA
  • 2. Descubriu hai uns días Roque, visitando un viveiro, que non todas as plantas grosas, e/ou con espiñas, son cactos verdadeiros.
  • 3. E contáronlle tamén outras cousas que non sabía, como de onde viñan e como se distinguían.
  • 4. que aínda que eran semellantes de aspecto e estrutura era cousa de adaptación ao ambiente,... de conxuntura.
  • 5. Pareceulle de interese, e púxose a traballar para contarvos todo o que aprendeu sobre o que son e o que non son cactos.
  • 6. E despois de moito ler, buscar e viaxar Tendes, de aquí en diante, o que conseguiu xuntar De todas as plantas que o parecen, so son cactos (Cactaceae) unhas 1.600 especies, outras 1.000 son euforbias (Euphorbiaceae), 500 pertencen á familia das apocináceas (Apocynaceae) e unhas poucas son didiereáceas (Didiereaceae) dos bosques espiñentos de Madagascar
  • 7. Os cactos son vexetais da familia das cactáceas (Cactaceae). Son plantas perenes, case todas espiñentas e con talos suculentos, que viven en áreas secas, aínda que tamén os hai en áreas tropicais e subtropicais. A familia está formada por numerosos xéneros dos que fan parte máis de 1.500 especies. Son nativos de América, atópanse desde o suroeste do Canadá ata Chile e A Arxentina. Fóra de América so se coñece unha especie, a Rhipsalis baccífera, orixinaria de África, Madagascar e Sri Lanka. México acolle a maior cantidade e variedade de especies, case 700, das que máis de 500 son endémicas.
  • 8. Mais tamén hai unhas 1.000 especies de plantas da familia Euphorbiaceae, das zonas secas de África e Madagascar, e algunhas de América, que son suculentas e seméllanse aos cactos. As Euphorbiaceae (euforbias), son plantas dunha familia cosmopolita moi difundida e moi diversa, que se atopa por todo o mundo, a non ser nas zonas frías, da que fan parte unhas 7.500 especies agrupadas nuns 300 xéneros. Entre elas hai herbas, matos e, nas zonas tropicais, árbores.
  • 9. Unhas 500 Apocynaceae das zonas secas de África, a Península Arábica e da India, tamén teñen un aspecto semellante aos cactos. Apocynaceae é unha familia que acolle máis de 5.000 especies agrupadas en 366 xéneros, da que fan parte árbores, matos, herbas e lianas; que se extende polas zonas tropicais, subtropicais e temperadas.
  • 10. As Areolas, son o sinal de identidade dos cactos, uns elementos propios que serven para distinguilos de outras plantas. Son pequenas formas almofadadas (na realidade pólas modificadas) constituídas por tricomas (pelos das plantas), e, en case todas as especies, con espiñas e gloquídeos (pelos con pugas). Das areolas xorden os talos, as follas (de habelas) e as flores. Mais a pesares de coincidiren en formas e aparencias presentan riscos que serven para diferencialas
  • 12. cacto euforbia apocinácea Pseudolithops migiurtinus Echinocactus grusonii Euphorbia horrida
  • 13. cacto As espiñas saen, en grupos, nas areolas As espiñas son as propias follas, os remates dos tubérculos do talo endurecidos, ou estípulas As espiñas euforbia apocinácea As espiñas son estípulas endurecidas que se atopan aos lados ou debaixo das follas, ou da cicatriz que deixan cando caen
  • 14. cacto As follas Ausentes en case todos os cactos, ou transformadas en espiñas. So se coñecen dous xéneros de cactos tropicais que teñen follas funcionais. Moitas euforbias teñen follas, en ocasións reducidas a escamas, nas etapas xuvenís e nas zonas de crecemento Hai especies con follas, case sempre apicais, e outras con follas reducidas a escamas euforbia Apocinácea
  • 15. euforbia As flores As flores dos cactos adoitan ser grandes, solitarias e hermafroditas; de forma tubular, co ovario ínfero, un grande número de tépalos, os exteriores con aspecto de sépalos e os interiores petaloideos, que acollen numerosos estames, os nectarios e o pistilo con varios carpelos. As euforbias adoitan formar unhas estruturas florais pequenas, con forma de copa, chamadas ciatios. O conxunto está formado por un involucro con glándulas nas beiras, dentro do que hai flores masculinas -moitas reducidas a un so estame- que rodean a unha única flor feminina pedunculada. cacto As apocináceas teñen flores simples, completas, con cinco pétalos, moitas veces soldados. Algunhas flores desprenden un olor desagradable para atraeren ás moscas que as fecundan. apocinácea
  • 16. cacto Os froitos das euforbias son normalmente secos, capsulares - tricocos- que abren ao madurar para soltar as sementes. O froito dos cactos adoita ser carnoso, unha baga que encerra moitas sementes. Os de varias especies son consumidos como alimento. Os froitos euforbia apocinácea Os froitos das apocináceas son secos, semellantes a unha dobre vaíña, e conteñen sementes cunha mouta de pelos que lles permiten dispersarse polo ar.
  • 17. A saiba A saiba de case todas as euforbias é branca –látex- e, en moitos casos, tóxica. Por iso moitas euforbias son coñecidas co nome de leiteiras. A saiba dos cactos é transparente As apocináceas, segundo as especies, poden ter saiba transparente ou látex, que tamén pode ser tóxico apocinácea
  • 19. Saguaro en San Nicolás, Sonora (México) Os cactos máis altos son os saguaros que poden acadar os 20 m de altura
  • 20. Un fermoso exemplar de equinocactus (cacto “barril”) de case 3 m de altura
  • 21. O cacto máis pequeno que se coñece é o Blossfeldia liliputiana. Nativo dos Andes do sur de Bolivia e do norte da Arxentina. Escasamente pasa de 1 cm de diámetro.
  • 22. Chirinola mexicana (Stenocereus eruca). Un cacto curioso ao que lle chaman o cacto que anda, porque vive deitado no chan e, como todos os cactos, so medra pola punta ao tempo que as partes vellas, as de atrás, van morrendo polo que semella que se despraza. Atópase en perigo de extinción
  • 23. Rhipsalis baccifera. A única especie de cacto que tamén se atopa, como orixinaria, fóra de América Á dereita detalle dun exemplar cargado de froitos
  • 24. A maioría dos cactos medran na terra, pero tamén hai especies tropicais epífitas –que medran enriba de outras plantas ou gabean por elas-. As espécies epífitas adoitan ter os talos estreitos e aplanados, raíces aéreas, para suxeitarse aos soportes, e flores grandes e chamativas.
  • 25. Disocactus speciosus Epiphyllum oxypelatum. As flores abren pola noite Weberocereus biolleyi Algúns cactos epífitos
  • 26. Schlumbergera truncata (cacto de Nadal, plumas de santa Teresa). Un cacto tropical moi difundido e cultivado. Pertence ao xénero Schlumbergera, orixinario do Brasil, do que se coñecen varias especies.
  • 27. Varias especies de cactos epífitos, do xénero Hylocereus, cultívanse para aproveitar os seus froitos coñecidos como pitaias ou froitos do dragón. Os froitos, que segundo a especie teñen a tona vermella ou amarela, miden uns 10 x 6 cm e teñen una polpa sabrosa, suave e doce.
  • 28. Plantación de pitaias na Mariña de Lugo
  • 29. ...e uns poucos medran directamente sobre as rochas. Cacto de lava. Endémico das Illas Galápagos
  • 30. Os cactos máis extendidos polo mundo son Opuntias, e deles a Opuntia fícus- indica (nopal ou chumbeira), cultivada como planta da que se obteñen múltiples aproveitamentos:
  • 32. Na gastronomía úsanse os talos novos (palas, pencas ou nopales) frescos, confitados ou salgados; como verdura, en ensaladas, guisos e outras preparacións. Talos de nopal limpos para seren utilizados na cociña Talos de nopal asados Talos de nopal recheos Preparacións con talos de nopal
  • 33. Pódese atopar no mercado envasado, fresco, en conserva,
  • 34. como ingrediente de platos preparados, como complemento nutricional e como produto médico e dietético
  • 35. Os froitos utilízanse como postre, e para preparar salsas, doces, xeados, marmeladas, zumes e licores, como condimento, como aperitivo e como medicinais.
  • 36. Batido, confitura, zume e licor feitos co froito da Opuntia ficus-indica ou figo chumbo.
  • 37. Co nopal elabóranse tamén cosméticos Xabrón Xel protector para a pel Protector solar champú Cremas corporais
  • 38. Coiro de nopal. Dos talos moídos e secos extráense proteínas e febras coas que se prepara unha bio-resina que, fixada sobre un tecido de algodón, permite crear un material de características semellantes ao coiro Tratando o zume dos talos do nopal obtense un plástico biodegradable e de descomposición rápida (menos de tres meses, ou arredor de dúas semanas se está en contacto coa auga) e outros produtos: tradicionais e actuais Tamén se usan nopais para a obtención de biogás Aglutinante e impermeabilizante en pinturas tradicionais feitas con auga, cal e tintas
  • 39. Serve como forraxe para o gando e outros animais
  • 40. e para criar un parásito, a cochinilla (Dactylopius coccus), da que se extrae un pigmento coñecido como carmín ou o vermello cochinilla que se utiliza como colorante en cosméticos, tecidos e alimentos
  • 41. E a outros cactos atópanselle curiosas aplicacións
  • 42. O interior leñoso dos grandes cactos aprovéitase como madeira para queimar e/ou para a elaboración de diferentes obxectos utilitarios ou decorativos
  • 43. Moitas flores de cactos so se abren un día, e algunhas so unha noite. As especies de floración nocturna son polinizadas por insectos ou por morcegos que se alimentan do pole e do néctar que producen.
  • 44. Os froitos dos cactos son comidos por moitos animais que, a cambio, tamén son os encargados de dispersar as sementes
  • 45. Algunhas aves aproveitan a protección da súa altura e/ou das súas espiñas para facer neles os niños
  • 47. Unha das euforbias suculentas máis grandes, a Euphorbia ingens, endémica das áreas tropicais do sur de África. Pode medir ata 15 m de altura. Leóns descansando nas pólas dunha euforbia
  • 48. Outras euforbias suculentas Euphorbia horrida Euphorbia obesa Euphorbia fruticosa Euphorbia enopla Euphorbia cristata Euphorbia suzanne-marinierae Euphorbia meloformis
  • 50. Euphorbia milii, unha das máis cultivadas e exemplares de diferentes variedades de cor
  • 51. A Hevea brasiliensis (árbore do caucho, xiringa ou seringueira). É una euforbiácea, non suculenta, arbórea, orixinaria das selvas do Brasil. Mide de 20 a 30 m de altura (pode acadar 45 m). O seu látex seco é o caucho natural.
  • 52. A Manihot esculenta (iuca, mandioca, casabe,…). É unha planta perenne da familia das euforbiáceas cultivada en América, África e Oceanía para aproveitar as súas raíces ricas en almidón. No Paraguai cultívanse arredor de 300 variedades
  • 53. Outra euforbia coñecida a flor de Pascua (Euphorbia pulcherrima) da que se cultivan numerosas variedades.
  • 54. En Galiza están presentes unhas 20 especies de euforbiaceas, plantas anuais ou perennes de pequeno porte que se desenvolven en diferentes ambientes Euphorbia paralias. Común nos areais costeiros Euphorbia esula, está presente case todo o ano en e beiras de camiños. Chamaesyce ou Euphorbia serpens. Pequena planta rastreira orixinaria de América do Sur que se desenvolve como mala herba
  • 56. Moitas apocináceas suculentas coñécense como plantas das estrelas pola forma das súas flores e tamén como flores de carniza polo olor que desprenden para atraer ás moscas que son as que as polinizan
  • 57. Caralluma hesperidium Pseudolithops migiurtinus Stapelia variegata Algunhas apocináceas suculentas representantes dos seus xéneros Duvalia pilansii Huernia macrocarpa Hoodia gordonii Piaranthus globosus
  • 58. Pachypodium é un xénero de árbores e arbustos de talos suculentos con espiñas, nativos de África (Namibia , Angola e Madagascar) que acolle 25 especies, Pachypodium gracilium Pachypodium multiflorum Pachypodium brevicaule Pachypodium saundersii Pachypodium nanmaquanum
  • 59. Pachypodium lamerei, ou palmeira de Madagascar, o máis cultivado como ornamental
  • 60. Algunhas apocináeas arbóreas, como a Couma macrocarpa, producen látex que se aproveita como impermeabilizante e para facer caucho
  • 61. En Galiza podemos atopar, en cultivo como ornamental ou asilvestrada, unha planta da familia das Apocináceas, a Vinca difformis, con aspecto en enredadeira que se estende preto do chan na que destacan as flores azuis
  • 62. As imaxes fotográficas foron collidas da internet e a información de fontes varias. Agradézolle aos autores a súa dispoñibilidade, e agardo saiban disculpar o uso que fixen delas. Mon Daporta E como co que hai, para un achegamento, xa me parece abondo, deixoo aquí que teño outra a dar voltas nos miolos.