Anzeige
Anzeige

Más contenido relacionado

Anzeige

a rolada.pptx

  1. a rolada COUSIÑAS FEITAS NA CASA
  2. Ía a galiña polo rueiro... chea, feliz, estirada,...
  3. e alancando, detrás dela, os dez pitiños da súa rolada
  4. Mais non ve o que pasa detrás e... un parou, non sei a que,
  5. e xa so a seguen nove... na volta de seren dez.
  6. Outro quedou atrás, alasando... Corrían moito.
  7. E agora xa non van nove, agora so a seguen oito
  8. E dos oito, un parou a papar unhas sementes.
  9. Xa non volveu da parada. So seguen á galiña sete.
  10. Outro perdeunos de vista nunha revolta da rúa…
  11. agora so quedan seis... So a seguen media ducia!
  12. Un saíuse da ringleira para pillar un mosquito.
  13. Correu atrás del, e perdeuse. Dos seis que eran... seguen cinco.
  14. Seguían cinco á súa nai, mais un caeu nun burato.
  15. Ían cinco detrás da galiña e agora xa so van catro
  16. Dos catro que a seguían, un mancouse nun traspés.
  17. Sentou á beira do camino… e agora so a seguen tres.
  18. Dos tres pitos que a seguían un quedou a mirar unha flor.
  19. Antes ían detrás tres pitos e agora so seguen dous
  20. Dos dous que aínda quedaban, un veu una xoaniña,
  21. quedou, e so seguíu un andando detrás da galiña.
  22. e o último, ao verse so, volveu a buscar aos irmáns...
  23. e a galiña seguíu tan chea, sen ningún pito detrás
  24. Até que, un pouco adiante, atopou outra galiña que ao vela tan satisfeita quixo saber a onde ía.
  25. -A ningures –respondeu. -So paseo a miña rolada! -De que rolada me falas? ...se detrás non levas nada!
  26. Volveuse, ...susto e desgusto,
  27. e saíu escopetada.
  28. Foise por onde viñera, a chorar, desconsolada.
  29. E logo atopou ao primeiro a piar polo camiño
  30. Acolleuno e seguiu coa carreira... aínda lle faltan nove pitos!
  31. Deu logo co da xoaniña,
  32. e co que miraba a flor,
  33. veu e animou ao do traspés,
  34. rescatou ao do burato,
  35. recuperou ao do mosquito,
  36. localizou ao extraviado,
  37. recolleu ao das sementes,
  38. recobrou ao canso
  39. e encontrou ao que parara.
  40. E volveu a ter dez pitos... Recuperara a niñada!
  41. E desde esa, para que ningún se extravíe, nin se perda nin se escape, ela vai sempre detrás e lévaos a todos diante.
Anzeige