SlideShare ist ein Scribd-Unternehmen logo
1 von 64
A hortiña
COUSAS DA RATA LUÍSAMonDaporta
Nunha parcela que lles deixou unha veciña
Luisa e Roxelio plantaron unha hortiña.
Como os nenos xa son grandes e van sós ás súas cousas,
eles botan alí unha chea de horas.
sachando, regando, coidando os bancais,
arrincando herbas…
ou pañando do que hai.
Puxeron un caseto para gardar a ferramenta.
Hai que ver a que fai falta para facer tantas faenas!
Sachos: Aparellos para cavar. Os grandes (legóns) para preparar o terreo antes de
cultivar, e os pequenos, con mango longo, para quitar malas herbas entre os
cultivos e, co mango curto, para plantar.
Varios sachos,
Angazo: Para xuntar materiais e para achanzar a terra.
un angazo,
Forquilla: para cargar e descargar. Se é forte pódese utilizar para desenterrar
raíces e tubérculos.
unha forquilla,
Carreta: para transportar todo tipo de materiais.
a carreta,
Pá: ferramenta para mover, cargar e descargar materiais miúdos.
unha pá,
Laia: pá vertical con fío que se utiliza para facer cortes no terreo e buratos para
instalar obxectos ou para poñer plantas.
unha laia,
Fouciña, fouce…: ferramenta de corte para herbas.
unha fouciña lixeira;
Cestos: recipientes de funcións mútiples. Serven para levar e traer cousas, para
almacenalas e para recoller e transportar o que se paña.
Capacho: fai as mesmas funcións que o cesto e serve ademais para transportar
líquidos ou materiais que pinguen.
cestos, capachos,
Luvas: protexen as mans e evitan que se danen ou se luxen.
Tixeiras: aparellos de corte. Serven para facilitar a recollida de algúns productos e
para podar (controlar e dirixir o desenvolvemento das plantas).
luvas e tixeiras,
Cordeis, cintas…: materiais para atar, suxeitar, dirixir e protexer as plantas.
Navalla: instrumento de corte moi útil por ser doado de levar e manexar, e porque
se pode transportar con seguridade ao ter a folla repregable.
cordeis, navallas,
Plantadores: pequenas pás para facer os buratos nos que se meten as plantas.
plantadores,
Regadeira: recipiente para transportar e distribuir pequenas cantidades de auga
para as plantas ou para humedecer o terreo.
a regadeira;
Serra: ferramenta de corte para tronzar materiais grosos ou para cortalos á
medida requerida.
unha serra,
Machada: ferramenta de corte para materiais grosos, para facerlle as puntas ás
estacas e aos soportes das plantas para facilitar a súa introdución no terreo.
a machada,
Caldeiro: recipiente para conter e transportar líquidos, e para facer mesturas e
disolucións de produtos.
caldeiros,
Mangueira: elemento moi útil para transportar líquidos ata o lugar no que os
necesitamos sen esforzo e sen perdas.
a mangueira,
Rede dos alcouves: rede que se usa para protexer os sementeiros impedindo que
os paxaros coman as sementes ou estraguen as plantas novas.
a rede dos alcouves,
Sulfatadeira: recipiente e bomba de presión para esparexer produtos líquidos,
principalmente fertilizantes e tratamentos fitosanitarios.
unha sulfatadeira,
Mineral: ou fertilizante químico composto para equilibrar ou regular a riqueza en
nutrintes para as plantas do terreo.
Cacharros para plantas: recipientes para poñer plantas singulares, que necesiten
ser cambiadas de lugar ou que poidan extenderse, vexetativamente, de maneira
descontrolada.
un pouco mineral, cacharros para plantas…
Espantallo: elemento disuasorio, e ata decorativo, para manter lonxe dos cultivos
aos paxaros. Imprescindible en calquera horta que se precie.
e ata un espantallo para poñer cando fai falta.
Aproveitan canto poden a auga da choiva
e tamén fan esterco cos restos da horta.
Alí botan as follas, as plantas estragadas,
os froitos que se perden e as herbas que arrancan.
Na horta van plantando, segundo as estacións:
Chícharo (Pisum sativum). Unha
leguminosa herbácea, medio
trepadora. Plántase no inverno e
recóllese na primavera.
Aprovéitanselle as sementes.
chícharos,
Leituga (Lactuca sativa). Plántase ao longo de todo o ano. Coñécense
numerosas variedades. Consúmense as follas frescas, en ensaladas.
leitugas,
Tomateira (Solanum lycopersicum). Unha
solanácea de orixe americana. Seméntase no
inverno, plántase na primavera e recólleselle o
froito ao longo de todo o verán. Cultívanse
numerosas variedades con froitos de formas,
tamaños e cores diferentes, que se consumen
frescos e en conserva, como salsa, zume…
tomates,
Fabón (Vicia faba). Unha leguminosa.
Plántase no outono e consúmenselle
as sementes, frescas na primavera ou
secas ao longo de todo o ano.
fabóns,
Allo (Allium sativum). Plántase no outono e
páñase no verán. Aprovéitanselle as
cabezas, grupos de xemas cargadas de
sustancias de reserva (dentes), que se
forman no talo. Úsase como alimento,
como condimento e como medicina.
allos,
Cebola (Allium cepa). Seméntase a
finais do outono, plántase na primavera
e páñase no verán. Aprovéitanselle as
follas engrosadas que produce para
protexer os brotes durante o inverno.
Úsase como alimento, como
condimento e como medicina.
cebolas,
Pemento (Capsicum annuum).
Seméntase no inverno, plántase na
primavera e páñanse os froitos no
verán. Cultívanse numerosas variedades
con diferentes graos de doce e picante.
Úsase como alimento e como
condimento fresco, seco e moído.
pementos,
Xudía (Phaseolus vulgaris). Leguminosa
trepadora. Seméntanse na primavera e
páñanse durante o verán. Consúmese o
froito verde antes de que se desenvolvan
as sementes.
xudías,
Repolo (Brassica oleracea var. capitata). Unha crucífera bianual que no primeiro ano
produce unha formación compacta e globosa para ter no segundo ano unha
abundante floración. Seméntase na primavera, plántase no verán e páñase no
outono do primeiro ano cando a masa compacta de follas acada o seu máximo
desenvolvemento. Cultívanse distintas variedades. O repolo consúmese maiormente
cocido pero tamén pode formar parte de ensaladas, sobre todo as variedades de
follas coreadas.
repolos,
Cabaciño (Cucurbita pepo). Cucurbitácea de
orixe americana. Plántase na primavera e
colléitase durante o verán. Consúmese o
froito antes de madurar.
cabaciños,
Melón (Cucumis melo). Coñécense
numerosas variedades. Plántase na
primavera e páñase a mediados do verán.
Consúmese o froito maduro.
melóns
Sandía (Citrullus lanatus). Orixinaria de
África. Plántase na primavera e
recóllese a mediados do verán.
Consúmese o froito maduro.
e sandías;
Coliflor (Brassica oleracea var. botrytis).
Seméntase na primavera, plántase no verán e
colléitase a finais do outono. Consúmese a
masa xerminal da panícula floral.
coliflores,
Acelga (Beta vulgaris var. cicla). De
orixe mediterránea. Seméntase no
inverno, plántase na primavera e
colléitase durante a primavera e o
verán. Consúmense as follas.
acelgas,
Cenoira ou zanoria (Daucus carota). É unha planta
bienal que no primeiro ano almacena sustancias na
raíz e no segundo florece e fructifica. Seméntase na
primavera e recóllese durante o verán do primeiro
ano para aproveitarlle a raíz que é a parte que se
utiliza na alimentación.
cenoiras
Faba (Phaseolus vulgaris). Unha leguminosa de
porte variable con numerosas variedades.
Seméntanse na primavera e páñanse a finais do
verán. Consúmenselle as sementes.
e fabas;
Fresa (Fragaria sp). Herbácea perenne que fructifica no verán. Existen numerosas
especies e variedades. Aprovéitanselle os eterios (as formacións carnosas,
coreadas, sobre as que se asentan os froitos secos).
fresas,
Remolacha (Beta vulgaris). Existen diferentes
variedades. Nas hortas cultívase a remolacha
de mesa, de raíz grosa pero máis pequena que
a da forraxeira e a azucreira, de cor vermella
escura. A parte que se aproveita é a raíz.
remolachas
Pataca (Solanum tuberosum). Solanácea,
herbácea, anual, nativa de América.
Coñécense numerosas variedades .
Plántase no inverno e na primavera e
colléitase no verán. Aprovéitanselle os
tubérculos (talos subterráneos que
almacenan sustancias de reserva).
e unhas poucas patacas.
Un pouquiño de cada para teren de todo,
comer variado e non estragar moito.
Tamén teñen plantadas as súas herbiñas
para darlle un aquel ás cousas na cociña:
Prexel, perixel ou prixel (Petroselinum
crispum). Herbácea anual ou bianual.
Cultívase para o seu uso como condimento e
como medicinal. Útilízanse as follas.
prexel,
Romeu (Rosmarinus officinalis). Arbusto
leñoso moi aromático con usos
ornamentais, culinarios e terapéuticos.
Utilízanse as follas.
romeu,
Néboda ou nébeda (Calamintha nepeta
subsp nepeta). Planta semiarbustiva .
Úsanse as follas como condimento.
nébeda,
Tomelo (Thymus vulgaris). Arbusto leñoso aromático con
usos mediciñais e culinarios.
tomelo,
Menta (Mentha sp). Coñécense
diferentes especies desta herba
aromática de usos medicinais e
culinarios. Utilízanse as follas.
menta,
Albahaca (Ocimum basilicum). Orixinaria das rexións tropicais de Asia. Úsanse
as follas como condimento.
albahaca,
Fiuncho ou anises (Foeniculum vulgare). Herba aromática da que se usan como
condimento as follas frescas e os froitos secos. Tamén ten usos medicinais.
fiuncho
Ourego (Origanum vulgare). Arbusto pequeno
aromático que se utiliza maiormente como
condimento aínda que tamén se usa como
medicinal. Aprovéitanselle as follas.
e ourego.
Non faltan tampouco as plantas de flor
que poñen, aquí e alá, a gracia da súa cor.
Aínda querían plantar algunha froiteira
pero xa non queda sitio, ningún, en toda a leira.
Cando volven á casa despois do traballo,
no cesto que levan sempre traen algo:
unha boa leituga, xudías, unhas berzas,
uns tomates maduros, unha presa de acelgas…
E cando de algo teñen de máis
parten cos veciños o que lles vai sobrar.
Luisa e Roxelio están moi contentos
porque o pasan ben e aínda sacan proveito.
Luísa, Roxelio
e máis os ratiños
agardan que vos
gusten estes seus
contiños.
Abur!
As imaxes fotográficas foron collidas da “internet”, e os datos de fontes diversas.
Agradézolle aos autores a súa dispoñibilidade e agardo saiban disculpar o uso que fixen
delas.

Weitere ähnliche Inhalte

Was ist angesagt?

Plantas epífitas
Plantas epífitasPlantas epífitas
Plantas epífitasMonContos
 
Salgueiros (Salix)
Salgueiros (Salix)Salgueiros (Salix)
Salgueiros (Salix)monadela
 
Cabazas, calacus e outras
Cabazas, calacus e outrasCabazas, calacus e outras
Cabazas, calacus e outrasmonadela
 
Os legumes
Os legumesOs legumes
Os legumesmonadela
 
Roque e os legumes
Roque e os legumesRoque e os legumes
Roque e os legumesMonContos
 
Auga de san xoan
Auga de san xoanAuga de san xoan
Auga de san xoaniesasorey
 
Especies invasoras vexetais
Especies invasoras vexetaisEspecies invasoras vexetais
Especies invasoras vexetaisMonContos
 
Plantas medicinais
Plantas medicinaisPlantas medicinais
Plantas medicinaisequipobiblio
 
Plantas e flores
Plantas e  floresPlantas e  flores
Plantas e floresalevillafer
 
Grelos nabos
Grelos nabosGrelos nabos
Grelos nabosiesasorey
 
Grelos e nabos
Grelos e nabosGrelos e nabos
Grelos e nabosmonadela
 
A herba luísa
A herba luísaA herba luísa
A herba luísaiesasorey
 
Animais invertebrados
Animais invertebradosAnimais invertebrados
Animais invertebradosMonContos
 

Was ist angesagt? (15)

Plantas epífitas
Plantas epífitasPlantas epífitas
Plantas epífitas
 
Salgueiros (Salix)
Salgueiros (Salix)Salgueiros (Salix)
Salgueiros (Salix)
 
Cabazas, calacus e outras
Cabazas, calacus e outrasCabazas, calacus e outras
Cabazas, calacus e outras
 
Os legumes
Os legumesOs legumes
Os legumes
 
Roque e os legumes
Roque e os legumesRoque e os legumes
Roque e os legumes
 
Auga de san xoan
Auga de san xoanAuga de san xoan
Auga de san xoan
 
Especies invasoras vexetais
Especies invasoras vexetaisEspecies invasoras vexetais
Especies invasoras vexetais
 
Plantas medicinais
Plantas medicinaisPlantas medicinais
Plantas medicinais
 
Plantas e flores
Plantas e  floresPlantas e  flores
Plantas e flores
 
O millo Candea 2000
O millo Candea 2000O millo Candea 2000
O millo Candea 2000
 
A hortensia
A hortensiaA hortensia
A hortensia
 
Grelos nabos
Grelos nabosGrelos nabos
Grelos nabos
 
Grelos e nabos
Grelos e nabosGrelos e nabos
Grelos e nabos
 
A herba luísa
A herba luísaA herba luísa
A herba luísa
 
Animais invertebrados
Animais invertebradosAnimais invertebrados
Animais invertebrados
 

Ähnlich wie A hortiña (a rata Luisa)

Ähnlich wie A hortiña (a rata Luisa) (20)

Presen 2
Presen 2Presen 2
Presen 2
 
As plantas (primaria)
As plantas (primaria)As plantas (primaria)
As plantas (primaria)
 
Allgas cultivadas
Allgas cultivadasAllgas cultivadas
Allgas cultivadas
 
A totora
A totoraA totora
A totora
 
As plantas
As plantasAs plantas
As plantas
 
Plantas parásitas
Plantas parásitasPlantas parásitas
Plantas parásitas
 
cactos e euforbias.pptx
cactos e euforbias.pptxcactos e euforbias.pptx
cactos e euforbias.pptx
 
Plantas xeral-primaria-131215145439-phpapp02
Plantas xeral-primaria-131215145439-phpapp02Plantas xeral-primaria-131215145439-phpapp02
Plantas xeral-primaria-131215145439-phpapp02
 
Cabazas, calacus e outras
Cabazas, calacus e outrasCabazas, calacus e outras
Cabazas, calacus e outras
 
As árbores 140109131446-phpapp01
As árbores 140109131446-phpapp01As árbores 140109131446-phpapp01
As árbores 140109131446-phpapp01
 
Asrbores 140109131446-phpapp01
Asrbores 140109131446-phpapp01Asrbores 140109131446-phpapp01
Asrbores 140109131446-phpapp01
 
Agricultura
AgriculturaAgricultura
Agricultura
 
C:\documents and settings\usuario\escritorio\blog voz natura\el castaño\o cas...
C:\documents and settings\usuario\escritorio\blog voz natura\el castaño\o cas...C:\documents and settings\usuario\escritorio\blog voz natura\el castaño\o cas...
C:\documents and settings\usuario\escritorio\blog voz natura\el castaño\o cas...
 
Plantas medicinais
Plantas medicinaisPlantas medicinais
Plantas medicinais
 
As plantas primeiro
As plantas primeiroAs plantas primeiro
As plantas primeiro
 
Tempo de castañas2
Tempo de castañas2Tempo de castañas2
Tempo de castañas2
 
A vide-o viño
A vide-o viñoA vide-o viño
A vide-o viño
 
As plantas
As plantasAs plantas
As plantas
 
Plantas xerofitas
Plantas xerofitasPlantas xerofitas
Plantas xerofitas
 
1º eso. tema 11. O reino plantas
1º eso. tema 11. O reino plantas1º eso. tema 11. O reino plantas
1º eso. tema 11. O reino plantas
 

Mehr von MonContos

publicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdf
publicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdfpublicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdf
publicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdfMonContos
 
rata Luisa o estanque.pptx
rata Luisa o estanque.pptxrata Luisa o estanque.pptx
rata Luisa o estanque.pptxMonContos
 
Rata Luisa Nadal.pptx
Rata Luisa Nadal.pptxRata Luisa Nadal.pptx
Rata Luisa Nadal.pptxMonContos
 
rata Luisa fútbol.pptx
rata Luisa fútbol.pptxrata Luisa fútbol.pptx
rata Luisa fútbol.pptxMonContos
 
rata luisa disfraces.pptx
rata luisa disfraces.pptxrata luisa disfraces.pptx
rata luisa disfraces.pptxMonContos
 
que fan que.pptx
que fan que.pptxque fan que.pptx
que fan que.pptxMonContos
 
a rolada.pptx
a rolada.pptxa rolada.pptx
a rolada.pptxMonContos
 
Serra do Faro de Avión.pptx
Serra do Faro de Avión.pptxSerra do Faro de Avión.pptx
Serra do Faro de Avión.pptxMonContos
 
Serra da Paradanta.pptx
Serra da Paradanta.pptxSerra da Paradanta.pptx
Serra da Paradanta.pptxMonContos
 
voitres.pptx
voitres.pptxvoitres.pptx
voitres.pptxMonContos
 
Candea, Cabanillas unidade didáctica
Candea, Cabanillas unidade didácticaCandea, Cabanillas unidade didáctica
Candea, Cabanillas unidade didácticaMonContos
 
Calendario Cabanillas Candea 2009
Calendario Cabanillas Candea 2009Calendario Cabanillas Candea 2009
Calendario Cabanillas Candea 2009MonContos
 
Cabanillas Salnés (fotógrafos/as) II
Cabanillas Salnés (fotógrafos/as) IICabanillas Salnés (fotógrafos/as) II
Cabanillas Salnés (fotógrafos/as) IIMonContos
 
Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)
Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)
Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)MonContos
 
Agoiña miragreira (Cabanillas)
Agoiña miragreira (Cabanillas)Agoiña miragreira (Cabanillas)
Agoiña miragreira (Cabanillas)MonContos
 
Rata Luisa, paxariñas de papel
Rata Luisa, paxariñas de papelRata Luisa, paxariñas de papel
Rata Luisa, paxariñas de papelMonContos
 
Rata Luisa, máis papel
Rata Luisa,  máis papelRata Luisa,  máis papel
Rata Luisa, máis papelMonContos
 
Rata Luísa, barcos de papel
Rata Luísa,  barcos de papelRata Luísa,  barcos de papel
Rata Luísa, barcos de papelMonContos
 

Mehr von MonContos (20)

publicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdf
publicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdfpublicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdf
publicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdf
 
rata Luisa o estanque.pptx
rata Luisa o estanque.pptxrata Luisa o estanque.pptx
rata Luisa o estanque.pptx
 
Rata Luisa Nadal.pptx
Rata Luisa Nadal.pptxRata Luisa Nadal.pptx
Rata Luisa Nadal.pptx
 
rata Luisa fútbol.pptx
rata Luisa fútbol.pptxrata Luisa fútbol.pptx
rata Luisa fútbol.pptx
 
rata luisa disfraces.pptx
rata luisa disfraces.pptxrata luisa disfraces.pptx
rata luisa disfraces.pptx
 
que fan que.pptx
que fan que.pptxque fan que.pptx
que fan que.pptx
 
a rolada.pptx
a rolada.pptxa rolada.pptx
a rolada.pptx
 
Serra do Faro de Avión.pptx
Serra do Faro de Avión.pptxSerra do Faro de Avión.pptx
Serra do Faro de Avión.pptx
 
Serra da Paradanta.pptx
Serra da Paradanta.pptxSerra da Paradanta.pptx
Serra da Paradanta.pptx
 
voitres.pptx
voitres.pptxvoitres.pptx
voitres.pptx
 
petos.pptx
petos.pptxpetos.pptx
petos.pptx
 
Candea, Cabanillas unidade didáctica
Candea, Cabanillas unidade didácticaCandea, Cabanillas unidade didáctica
Candea, Cabanillas unidade didáctica
 
Calendario Cabanillas Candea 2009
Calendario Cabanillas Candea 2009Calendario Cabanillas Candea 2009
Calendario Cabanillas Candea 2009
 
Cabanillas Salnés (fotógrafos/as) II
Cabanillas Salnés (fotógrafos/as) IICabanillas Salnés (fotógrafos/as) II
Cabanillas Salnés (fotógrafos/as) II
 
Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)
Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)
Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)
 
Paco Leiro
Paco LeiroPaco Leiro
Paco Leiro
 
Agoiña miragreira (Cabanillas)
Agoiña miragreira (Cabanillas)Agoiña miragreira (Cabanillas)
Agoiña miragreira (Cabanillas)
 
Rata Luisa, paxariñas de papel
Rata Luisa, paxariñas de papelRata Luisa, paxariñas de papel
Rata Luisa, paxariñas de papel
 
Rata Luisa, máis papel
Rata Luisa,  máis papelRata Luisa,  máis papel
Rata Luisa, máis papel
 
Rata Luísa, barcos de papel
Rata Luísa,  barcos de papelRata Luísa,  barcos de papel
Rata Luísa, barcos de papel
 

Kürzlich hochgeladen

Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfO Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelXXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelcenlf
 
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfNon penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónRemoeaLinguaLinguaGa
 
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxGUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxAgrela Elvixeo
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfRevista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfAntonio Gregorio Montes
 
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfA memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 

Kürzlich hochgeladen (12)

Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
 
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfO Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
 
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
 
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelXXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
 
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfNon penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
 
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxGUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
 
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfRevista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
 
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfA memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
 

A hortiña (a rata Luisa)

  • 1. A hortiña COUSAS DA RATA LUÍSAMonDaporta
  • 2. Nunha parcela que lles deixou unha veciña Luisa e Roxelio plantaron unha hortiña.
  • 3. Como os nenos xa son grandes e van sós ás súas cousas, eles botan alí unha chea de horas.
  • 4. sachando, regando, coidando os bancais, arrincando herbas…
  • 5. ou pañando do que hai.
  • 6. Puxeron un caseto para gardar a ferramenta. Hai que ver a que fai falta para facer tantas faenas!
  • 7. Sachos: Aparellos para cavar. Os grandes (legóns) para preparar o terreo antes de cultivar, e os pequenos, con mango longo, para quitar malas herbas entre os cultivos e, co mango curto, para plantar. Varios sachos,
  • 8. Angazo: Para xuntar materiais e para achanzar a terra. un angazo,
  • 9. Forquilla: para cargar e descargar. Se é forte pódese utilizar para desenterrar raíces e tubérculos. unha forquilla,
  • 10. Carreta: para transportar todo tipo de materiais. a carreta,
  • 11. Pá: ferramenta para mover, cargar e descargar materiais miúdos. unha pá,
  • 12. Laia: pá vertical con fío que se utiliza para facer cortes no terreo e buratos para instalar obxectos ou para poñer plantas. unha laia,
  • 13. Fouciña, fouce…: ferramenta de corte para herbas. unha fouciña lixeira;
  • 14. Cestos: recipientes de funcións mútiples. Serven para levar e traer cousas, para almacenalas e para recoller e transportar o que se paña. Capacho: fai as mesmas funcións que o cesto e serve ademais para transportar líquidos ou materiais que pinguen. cestos, capachos,
  • 15. Luvas: protexen as mans e evitan que se danen ou se luxen. Tixeiras: aparellos de corte. Serven para facilitar a recollida de algúns productos e para podar (controlar e dirixir o desenvolvemento das plantas). luvas e tixeiras,
  • 16. Cordeis, cintas…: materiais para atar, suxeitar, dirixir e protexer as plantas. Navalla: instrumento de corte moi útil por ser doado de levar e manexar, e porque se pode transportar con seguridade ao ter a folla repregable. cordeis, navallas,
  • 17. Plantadores: pequenas pás para facer os buratos nos que se meten as plantas. plantadores,
  • 18. Regadeira: recipiente para transportar e distribuir pequenas cantidades de auga para as plantas ou para humedecer o terreo. a regadeira;
  • 19. Serra: ferramenta de corte para tronzar materiais grosos ou para cortalos á medida requerida. unha serra,
  • 20. Machada: ferramenta de corte para materiais grosos, para facerlle as puntas ás estacas e aos soportes das plantas para facilitar a súa introdución no terreo. a machada,
  • 21. Caldeiro: recipiente para conter e transportar líquidos, e para facer mesturas e disolucións de produtos. caldeiros,
  • 22. Mangueira: elemento moi útil para transportar líquidos ata o lugar no que os necesitamos sen esforzo e sen perdas. a mangueira,
  • 23. Rede dos alcouves: rede que se usa para protexer os sementeiros impedindo que os paxaros coman as sementes ou estraguen as plantas novas. a rede dos alcouves,
  • 24. Sulfatadeira: recipiente e bomba de presión para esparexer produtos líquidos, principalmente fertilizantes e tratamentos fitosanitarios. unha sulfatadeira,
  • 25. Mineral: ou fertilizante químico composto para equilibrar ou regular a riqueza en nutrintes para as plantas do terreo. Cacharros para plantas: recipientes para poñer plantas singulares, que necesiten ser cambiadas de lugar ou que poidan extenderse, vexetativamente, de maneira descontrolada. un pouco mineral, cacharros para plantas…
  • 26. Espantallo: elemento disuasorio, e ata decorativo, para manter lonxe dos cultivos aos paxaros. Imprescindible en calquera horta que se precie. e ata un espantallo para poñer cando fai falta.
  • 27. Aproveitan canto poden a auga da choiva
  • 28. e tamén fan esterco cos restos da horta. Alí botan as follas, as plantas estragadas, os froitos que se perden e as herbas que arrancan.
  • 29. Na horta van plantando, segundo as estacións:
  • 30. Chícharo (Pisum sativum). Unha leguminosa herbácea, medio trepadora. Plántase no inverno e recóllese na primavera. Aprovéitanselle as sementes. chícharos,
  • 31. Leituga (Lactuca sativa). Plántase ao longo de todo o ano. Coñécense numerosas variedades. Consúmense as follas frescas, en ensaladas. leitugas,
  • 32. Tomateira (Solanum lycopersicum). Unha solanácea de orixe americana. Seméntase no inverno, plántase na primavera e recólleselle o froito ao longo de todo o verán. Cultívanse numerosas variedades con froitos de formas, tamaños e cores diferentes, que se consumen frescos e en conserva, como salsa, zume… tomates,
  • 33. Fabón (Vicia faba). Unha leguminosa. Plántase no outono e consúmenselle as sementes, frescas na primavera ou secas ao longo de todo o ano. fabóns,
  • 34. Allo (Allium sativum). Plántase no outono e páñase no verán. Aprovéitanselle as cabezas, grupos de xemas cargadas de sustancias de reserva (dentes), que se forman no talo. Úsase como alimento, como condimento e como medicina. allos,
  • 35. Cebola (Allium cepa). Seméntase a finais do outono, plántase na primavera e páñase no verán. Aprovéitanselle as follas engrosadas que produce para protexer os brotes durante o inverno. Úsase como alimento, como condimento e como medicina. cebolas,
  • 36. Pemento (Capsicum annuum). Seméntase no inverno, plántase na primavera e páñanse os froitos no verán. Cultívanse numerosas variedades con diferentes graos de doce e picante. Úsase como alimento e como condimento fresco, seco e moído. pementos,
  • 37. Xudía (Phaseolus vulgaris). Leguminosa trepadora. Seméntanse na primavera e páñanse durante o verán. Consúmese o froito verde antes de que se desenvolvan as sementes. xudías,
  • 38. Repolo (Brassica oleracea var. capitata). Unha crucífera bianual que no primeiro ano produce unha formación compacta e globosa para ter no segundo ano unha abundante floración. Seméntase na primavera, plántase no verán e páñase no outono do primeiro ano cando a masa compacta de follas acada o seu máximo desenvolvemento. Cultívanse distintas variedades. O repolo consúmese maiormente cocido pero tamén pode formar parte de ensaladas, sobre todo as variedades de follas coreadas. repolos,
  • 39. Cabaciño (Cucurbita pepo). Cucurbitácea de orixe americana. Plántase na primavera e colléitase durante o verán. Consúmese o froito antes de madurar. cabaciños,
  • 40. Melón (Cucumis melo). Coñécense numerosas variedades. Plántase na primavera e páñase a mediados do verán. Consúmese o froito maduro. melóns
  • 41. Sandía (Citrullus lanatus). Orixinaria de África. Plántase na primavera e recóllese a mediados do verán. Consúmese o froito maduro. e sandías;
  • 42. Coliflor (Brassica oleracea var. botrytis). Seméntase na primavera, plántase no verán e colléitase a finais do outono. Consúmese a masa xerminal da panícula floral. coliflores,
  • 43. Acelga (Beta vulgaris var. cicla). De orixe mediterránea. Seméntase no inverno, plántase na primavera e colléitase durante a primavera e o verán. Consúmense as follas. acelgas,
  • 44. Cenoira ou zanoria (Daucus carota). É unha planta bienal que no primeiro ano almacena sustancias na raíz e no segundo florece e fructifica. Seméntase na primavera e recóllese durante o verán do primeiro ano para aproveitarlle a raíz que é a parte que se utiliza na alimentación. cenoiras
  • 45. Faba (Phaseolus vulgaris). Unha leguminosa de porte variable con numerosas variedades. Seméntanse na primavera e páñanse a finais do verán. Consúmenselle as sementes. e fabas;
  • 46. Fresa (Fragaria sp). Herbácea perenne que fructifica no verán. Existen numerosas especies e variedades. Aprovéitanselle os eterios (as formacións carnosas, coreadas, sobre as que se asentan os froitos secos). fresas,
  • 47. Remolacha (Beta vulgaris). Existen diferentes variedades. Nas hortas cultívase a remolacha de mesa, de raíz grosa pero máis pequena que a da forraxeira e a azucreira, de cor vermella escura. A parte que se aproveita é a raíz. remolachas
  • 48. Pataca (Solanum tuberosum). Solanácea, herbácea, anual, nativa de América. Coñécense numerosas variedades . Plántase no inverno e na primavera e colléitase no verán. Aprovéitanselle os tubérculos (talos subterráneos que almacenan sustancias de reserva). e unhas poucas patacas.
  • 49. Un pouquiño de cada para teren de todo, comer variado e non estragar moito.
  • 50. Tamén teñen plantadas as súas herbiñas para darlle un aquel ás cousas na cociña:
  • 51. Prexel, perixel ou prixel (Petroselinum crispum). Herbácea anual ou bianual. Cultívase para o seu uso como condimento e como medicinal. Útilízanse as follas. prexel,
  • 52. Romeu (Rosmarinus officinalis). Arbusto leñoso moi aromático con usos ornamentais, culinarios e terapéuticos. Utilízanse as follas. romeu,
  • 53. Néboda ou nébeda (Calamintha nepeta subsp nepeta). Planta semiarbustiva . Úsanse as follas como condimento. nébeda,
  • 54. Tomelo (Thymus vulgaris). Arbusto leñoso aromático con usos mediciñais e culinarios. tomelo,
  • 55. Menta (Mentha sp). Coñécense diferentes especies desta herba aromática de usos medicinais e culinarios. Utilízanse as follas. menta,
  • 56. Albahaca (Ocimum basilicum). Orixinaria das rexións tropicais de Asia. Úsanse as follas como condimento. albahaca,
  • 57. Fiuncho ou anises (Foeniculum vulgare). Herba aromática da que se usan como condimento as follas frescas e os froitos secos. Tamén ten usos medicinais. fiuncho
  • 58. Ourego (Origanum vulgare). Arbusto pequeno aromático que se utiliza maiormente como condimento aínda que tamén se usa como medicinal. Aprovéitanselle as follas. e ourego.
  • 59. Non faltan tampouco as plantas de flor que poñen, aquí e alá, a gracia da súa cor.
  • 60. Aínda querían plantar algunha froiteira pero xa non queda sitio, ningún, en toda a leira.
  • 61. Cando volven á casa despois do traballo, no cesto que levan sempre traen algo: unha boa leituga, xudías, unhas berzas, uns tomates maduros, unha presa de acelgas…
  • 62. E cando de algo teñen de máis parten cos veciños o que lles vai sobrar.
  • 63. Luisa e Roxelio están moi contentos porque o pasan ben e aínda sacan proveito.
  • 64. Luísa, Roxelio e máis os ratiños agardan que vos gusten estes seus contiños. Abur! As imaxes fotográficas foron collidas da “internet”, e os datos de fontes diversas. Agradézolle aos autores a súa dispoñibilidade e agardo saiban disculpar o uso que fixen delas.