SlideShare ist ein Scribd-Unternehmen logo
1 von 212
A COSTA GALEGA
A costa ten en Galiza 2.555 km de lonxitude (1.659 km de perímetro
costeiro, 432 km de illas e 464 km de marismas), repartidos entre o
Océano Atlántico e o mar Cantábrico, desde a Ría de Ribadeo ata a
desembocadura do Miño.
O punto situado máis ao Norte é Estaca de Bares e o máis occidental o
Cabo Touriñán.
Máis de 800 km son cantís e 300 km son de praias
A Estaca de Bares
ZONAS DA COSTA GALEGA
Arco Ártabro: entre o Cabo Ortegal e a
península de Caión. Orientada ao noroeste, con
relevo abrupto na parte norte (cantís da
Capelada) que se vai suavizando cara ao sur,
con rías de maior amplitude e profundidade.
Arco Fisterrán (Costa da Morte):
desde Caión ata a punta de Fisterra. Rochosa,
abrupta e exposta con rías de reducidas
dimensións e doble seo.
Rías Baixas: desde Fisterra ata Cabo Silleiro.
Con catro grandes rías abertas ao oeste con
inclinación noreste-suroeste e varias zonas
expostas de transición entre elas.
Arco Miniano-Duriense: desde o Cabo
Silleiro ata a desembocadura do Miño. É unha
costa rectilínea, con dirección norte-sur,
rochosa baixa e exposta.
Arco Cantábrico ou Rías Altas:
entre Ribadeo e o Cabo Ortegal. Orientada
ao norte, de perfil elevado e moi exposta,
con poucos abrigos e rías de dimensións
reducidas.
É unha zona moi exposta na que alternan cantís de diferentes alturas con
rías e pequenos esteiros. Ten dúas partes ben diferenciadas: a oriental (Rasa
Cantábrica), entre Ribadeo e as proximidades de Burela, unha plataforma
aplanada e elevada que cae directamente ao mar, e a occidental, unha costa
onde alternan cantís, praias, rías e algunhas pequenas illas.
ARCO CANTÁBRICO
As rías do Cantábrico teñen forma de funil e dimensións reducidas (ata 8 km de
lonxitude e menos de 15 m de profundidade). Formáronse cando os ríos que discorren
cara ao norte se encaixaron no seu curso inferior (aproveitando as fallas) e
posteriormente os vales foron invadidos polo mar ao producirse, entre períodos
glaciares, variacións no nivel do mesmo. Atópanse nun estadio de colmatación
bastante avanzado, porque a forza do mar e a pouca capacidade dos ríos non fan
posible a saída dos sedimentos cara a fóra.
Ría de Ribadeo
RÍA DE RIBADEO OU DO EO
Alongada e estreita (10 km de lonxitude e 800 m de largor medio),
case rectilínea, limitada por unha costa de cantís rochosos de
lousas, xistos e areiscas. O curso baixo do Eo forma chairas
aluviais moi planas e terrazas dando lugar a un esteiro de
extensas marismas que quedan ao descuberto na baixamar.
É unha área con importantes valores ecolóxicos protexida como
LIC/ZEC, ZEPA e Humidal RAMSAR.
Pena Furada na boca da Ría de Ribadeo
Faro na Illa da Pancha na costa exterior da Ría de Ribadeo.
Foi construído en 1880.
RASA DE RIBADEO
Forma parte da rasa Cantábrica que se extende desde o cabo de Peñas
(Asturias) ata Burela. É unha superficie elevada (planalto) sobre o nivel do
mar, moi chan, cunha pendente suave cara ao mar que se corta bruscamente
terra adentro, na liña na que se cree que antigamente estaban os cantís.
Comeza con maior altura en Asturias, con 110 a 120 m, e vai descendendo
pouco a pouco ata Burela onde só acada de 3 a 5 m. Na beira costeira
remata en zonas de cantís que caen case rectos, e zonas de praias.
Está interrompida polos vales dalgúns ríos.
Vista desde O Mondigo sobre a Rasa Cantábrica,
desde a punta Corveira ata a praia de Esteiro.
A orixe da Rasa rasa foi moi estudada por diversos especialistas que barallan distintas
hipóteses sobre as causas que puideron actuar máis ou menos combinadas: proceso
tectónico de fallas e levantamento da costa no final da Oroxenia Hercínica,
movementos epiroxénicos Alpinos, e elevación e descenso do nivel do mar con maior
ou menor acción erosiva.
Punta de Penas Brancas.
Toda a formación do planalto
cantábrico está intensamente
repregada pola Oroxenia Hercínica.
Porto de Rinlo, unha pequena poboación pesqueira asentada nun abrigo
natural da costa, que tradicionalmente se dedicou ao marisco.
Praia das Illas. Entre as praias dos Castros e das Illas atópase un grupo de illotes chamados
“Os Castros”, que, segundo a tradición local, estaban unidos entre sí formando un castro.
AS CATEDRAIS
Área de cantís e praias que só
teñen acceso na seca.
A intensa erosión e a
disposición dos estratos da
lugar a formacións moi
curiosas e espectaculares:
arcos, furnas, illotes, columnas,
buratos (bocas do inferno)...
Está protexido como LIC, e
Monumento Natural.
Arcos a xeito de contraforte de
catedral que dan nome a este
singular monumento xeolóxico.
Detalle das rochas que conforman
os cantís das Catedrais, coa
característica disposición
horizontal dos estratos..
As Catedrais nun sábado de verán. A praia mide 320 m de lonxitude e 10 m
de largura media, pero coa marea chea practicamente desaparece.
Praia de Arealonga, en San Miguel de Reinante, e Punta do Castro. Mide
950 m de lonxitude e 20 m de largor medio. Todos os veráns se celebra nesta
localidade un nomeado concurso internacional de castelos de area.
Praia de Longara (Barreiros).
Esta praia, de fina area e 680 m de
lonxitude, é un interesante museo
xeolóxico onde podemos atopar
furnas, arcos e pregues.
Praias de Benquerencia desde a Punta de San Bartolo, linde leste da Ría de Foz.
No litoral do concello de Barreiros, entre a punta de San Bartolo e a Punta do Castro,
atópase unha sucesión de praias ás veces dificiles de diferenciar: San Bartolo, Remior,
Coto, Pena da Salsa, Balea, Fontenla e Longara.
RÍA DE FOZ
De pequeno tamaño en forma de funil (máis aberta na saída ao mar
que no seu fondo) rodeada de xistos e areíscas. Nela desembocan os
ríos Masma e Centiño e o rego do Esteiro.
É unha ría en proceso de colmatación cunha ampla chaira
intermareal lamacenta rodeada por marismas que se concentran na
marxe dereita do interior da ría. Está protexida como LIC.
Ría de Foz desde San Cosme de Barreiros
Praia de Altar, de 950 m de lonxitude e 45 m de largor medio.
Na parte externa da ría de Foz atópase unha frecha de area que tapa parcialmente a súa boca (entre
as praias de Altar e Anguieira), resultado da interacción entre a dinámica interna da ría e unha
corrente O-E que percorre a costa.
Entre os anos 1969 e 1977 construíronse en Foz unha serie de espigóns que modificaron a dinámica
da ría e fixeron practicamente desaparecer estra frecha arredor de 1980, mentres se xuntaba area na
outra banda, na praia da Rapadoira. Na actualidade estase a rexenerar, despois da construción dun
novo dique en 1988.
Praia de Anguieira, no interior da ría
Praia da Rapadoira, de 340 m de
lonxitude e 100 m de largor medio,
abrigada e de area fina.
Punta Escoira, límite
oeste da ría de Foz.
RÍA DE FAZOURO
Pequena ría moi colmatada, na desembocadura do
río Ouro, pechada pola barra areosa da praia da
Pampillosa. Está protexida como LIC
Praia da Pampillosa e desembocadura do río Ouro
Castro de Fazouro. Nas escavacións
atopáronse cunchas de ostras, vieiras,
mexillóns, percebes e berberechos, así
como anzois e pesos para redes.
Praia Area Longa desde Fazouro. Mide 850 m de
lonxitude e 21 m de largor medio. é unha praia moi
batida polo vento e a ondada..
Praia de San Pedro, en Cangas de Foz.
Ao fondo vense os Montes dos Cabaleiros que
fan linde entre os concellos de Foz e Cervo.
Cantís de Arca e Punta Cabrouro, linde
entre os concellos de Foz e Burela.
Cantís, coído e pregamentos do Predouro (Burela). Entre o
Predouro e o porto de Burela atópase Castrelo, un conxunto de grande
interese xeolóxico formado por pregamentos, distintos tipos de rochas
e furnas, que so se poden visitar coa marea baixa.
A Capela, curiosa furna
producida pola erosión
diferencial no cantil do Castrelo.
Vista de Burela desde o miradoiro da área de lecer do monte Castelo.
O porto de Burela é o principal porto pesqueiro e de mercadorías da Galiza
cantábrica, especializado en pesca de altura (gran Sol), e costeira do bonito. A súa
lonxa é a cuarta en importancia de Galiza.
Praia da Marosa (Burela), unida ao
casco urbano por un paseo marítimo.
Restos dunha antiga factoría de salga e cantís da
Barrosa en San Cibrao (concello de Cervo).
Faro da Atalaia, no cabo San Cibrao.
A torre antiga foi construída en 1860 e a nova en
1979 (comezou a funcionar en 1983) polo
aumento de tráfico marítimo debido á instalación
da factoría de alúmina-aluminio.
Praia e vila de San Cibrao, na desembocadura do río Covo, coñecida como
Ría de Lieiro. A parte antiga da poboación está asentada sobre unha
península unida á terra por un istmo areoso formado polas praias de San
Cibrao e Cubelas. Na vila de San Cibrao hai un interesante museo do mar.
No pequeno porto de Morás houbo unha factoría baleeira.
Porto de San Cibrao e factoría de alúmina-aluminio, inaugurada en 1980.
A maior planta de Europa: ocupa máis de dous millóns de m2 e produce
1.300.000 tn de alúmina e 200.000 tn de aluminio primario.
Os Farallóns, formado polas
illas Baixa, Sombriza e Pé.
Punta de Morás, cantís da
Enseada e illa Sarón ou
Ansarón.
Vista desde a Punta Roncadoira cara á boca da Ría de Viveiro. A
punta Roncadoira é un espléndido mirador sobre a costa da Mariña.
Ten un faro construído en 1974.
RÍA DE VIVEIRO
Ocupa o comezo da chamada falla de Viveiro que chega case ata o Courel.
Ábrese entre as puntas Cameiro e Mansa ou Saíñas, cun largor de 7 km e
bastante profundidade. Na formación desta ría tivo unha grande influencia
a diferente resistencia das rochas. A súa beira esquerda é de xistos e a
dereita de granito de mica negra.
No seu interior acolle as praias de Area, Celeiro, Esteiro, na marxe dereita,
e Covas, Abrela, A Cuncha, Sacido, Teixoso e Area Grande, na esquerda.
Está protexida en parte como LIC.
Viveiro desde o monte San Roque, co esteiro do Landro
e a praia de Covas, de 1380 m de lonxitude.
Praia de Area desde o Monte Faro.
Ten máis de 1 km de lonxitude.
Porto de Celeiro, especializado en pesca (de altura e baixura) e carga.
A lonxa de Celeiro, unha das máis importantes de Galiza, destaca sobre
todo pola pescada do pincho.
Cantís de punta Louseira.
Área de lecer creada no antigo
embarcadeiro de mineral da Silvarosa,
unhas minas de ferro que pecharon.
Praia de San Román (Arealonga). Mide case 1 km de
lonxitude e conta cun importante sistema dunar que
obstaculiza a saída ao mar do río Rendo
Puntas Fuciño do Porco e do Embarcadoiro e illa Coelleira.
Na punta do Embarcadoiro está o linde entre as rías de Viveiro e O Barqueiro.
A illa Coelleira, hoxe importante colonia de aves acuáticas, tivo unha historia
moi movida. No século XI nela refuxiáronse e foron exterminados os
Templarios, e segundo conta a lenda só un conseguiu salvarse e cruzou a
nado ata O Vicedo cunha imaxe de Santo Estevo.
RÍA DO BARQUEIRO
Ábrese entre as puntas de Embarcadoiro e Bares. Ten dous
tramos ben definidos, o esteiro do Sor, máis pechado e pouco
influído polo mar e a parte que vai desde o porto de Barqueiro, ata
a boca da ría, máis aberta e profunda. É unha ría de beiras
escarpadas, con cantís e praias (Arealonga, Vicedo e Xilloi)
As rochas dominantes son granitos resistentes, con abundante seixo, e, no esteiro
aparecen tamén cuarcitas, lousas e gneis. Na banda oriental da ría aparecen
algúnhas bandas de ollo de sapo.
Vista xeral da Ría do Barqueiro desde o Semáforo de Bares.
Praia do Caolín ( Vicedo)
Detalle do gneis ollo de sapo
na praia de O Vicedo.
O Vicedo
Ría do Barqueiro desde a ponte sobre o Sor, río que separa as provincias de
Lugo (O Vicedo) e A Coruña (Mañón). Á dereita atópase a praia de Arealonga e
enfronte a vila mariñeira de O Barqueiro
Praia de Bares
Coído do porto de Bares, formado por grandes penedos graníticos.
O Porto de Bares remóntase á Idade do Bronce (século VII a. C.) e
posiblemente sexa de orixe fenicia. Na zona apareceron tamén restos de
ánforas, moedas de Caracalla e unha necrópole romana.
Ao fondo vese a illa Coelleira.
ESTACA DE BARES
É o punto máis ao Norte na Península e divide as augas do Atlántico e o
Cantábrico. A maioría da costa é rochosa con altos cantís formados en
grande parte por rochas graníticas (extremo Norte da Serra da Faladoira)
con cantís de ata 200 m, entre os que se atopan algunhas praias como as de
Esteiro, Sarridal e Picón.
É unha zona de gran interese paisaxístico, xeolóxico, ecolóxico e
etnográfico. Protexido como LIC e Sitio Natural de Interese Nacional.
Faro e punta de Estaca de Bares.
A erosión nos granitos orixinou unha paisaxe de bolos.
Na zona aparece tamén unha parte do dominio do gneis
glandular Ollo de Sapo.
Observatorio ornitolóxico de Bares (construído en 1988) e muíños aproveitando un rego que cae ao mar.
As costas galegas son un dos principais lugares en Europa para o paso das aves mariñas, e Estaca de
Bares é un dos puntos máis destacados xa que as aves que voan seguindo a costa vense obrigadas a
rodeala e as que cruzan o mar fanno por este punto aproveitando a súa situación norteña.
Cantís entre Estaca de Bares e punta Maeda iluminado co solpor
RÍA DE ORTIGUEIRA
É a maior das Rías Altas, con 12 km de lonxitude, de forma moi sinuosa e
recortada, con numeros entrantes, zonas pouco fondas e lamacentas nos
esteiros dos ríos Lourido, Casón e Landoi que caen da Serra da Capelada e
Mera, Maior, Baleo, Ladrido e Cota procedentes das serras septentrionais da
Dorsal Galega. A parte leste está ocupada por marismas e a Oeste por praias
e cantís rochosos. Coa marea baixa queda ao descuberto unha ampla chaira
intermareal. Está protexida como ZEPA, Humidal RAMSAR e LIC.
A Ría de Ortigueira desde a Capelada. No primeiro plano
o porto de Cariño e ao fondo Estaca de Bares.
Praia de Esteiro, entre as puntas Vilardeira e Herbosa.
O río Esteiro forma na desembocadura unha pequena marisma
pechada cunha barra de area na que hai dunas.
Punta Herbosa
Vista desde os Cantís de Picón ata a Estaca de Bares. No primeiro plano a praia do Castro e Pena
Furada. A continuación a punta do Rodicio, máis alá a punta Maeda, e ao fondo Estaca de Bares.
Praia do Sarridal, Punta
Bandeixa e Pena das Tres
Marías, desde a Ribeira do
Carro. Ao fondo Cabo
Ortegal, pechando a Ría de
Ortigueira.
Pena das Tres Marías, chamada tamén Pena Furada e Pena do Carro.
Praia e porto de
Espasante. A praia
coñécese tamén cos
nomes de A Cuncha e
Santa Eulalia e mide
algo máis de 1 km de
lonxitude.
Desde o monte de San Antón vese toda a enseada de San Antón ata a punta Bandexa, coas praias de
San Antón, Eirón e Mazorgán.
Na praia de San Antón consérvanse interesantes restos xeolóxicos; lavas almofadadas, pregues...
Praia de Morouzos, formada por unha barra de area que pecha parcialmente o esteiro
do río Baleo (Ría do Ladrido). Mide 850 m e ten un sistema dunar moi amplo
Ría de Ladrido,
praias de Ladrido e
Morouzos e illa de
San Vicente.
Na illa de San Vicente
houbo un convento
de franciscanos que
foi abandoado no
século XVI.
Tramo de costa comprendido desde o
Cabo Ortegal ata a península de Caión,
en Arteixo.
É unha costa orientada ao noroeste, de
releve máis suave que o Cantábrico e
con rías de maior amplitude con
profundidades de ata 25 m.
Hai dous tramos ben diferenciados, o
das rías (rías Centrais e de Cedeira), e
a cara exterior do Golfo Ártabro,
formada por cantís de alturas
variables. As costas son moi expostas
aos ventos do Oeste.
ARCO ÁRTABRO
Outros nomes que fan
referencia a esta gran área
son o de Mariñas dos
Frades ou Freires, Mariñas
dos Condes.
As chamadas Rías Centrais (A Coruña, Betanzos, Ares e Ferrol) teñen unha
abertura común (parte central do Golfo Ártabro, entre cabo Prioriño e Punta
Herminia) que segundo algúns autores pode ter relación cunha converxencia
hidrográfica combinada cun sistema de movementos tectónicos e fallas, cun val
principal que sería o do Eume no que confluirían os demais.
A Costa Ártabra e unha área densamente poboada presidida por dous
grandes núcleos de poboación, A Coruña e Ferrol.
A Coruña
A CAPELADA E O CABO ORTEGAL
Desde o Cabo Ortegal ata a punta Ardillosa, na entrada da ría de Cedeira
esténdese unha costa formada por elevados cantís nos que dominan as
rochas metamórficas escuras e densas (anfibolitas, granulitas, ecloxitas e
serpentinitas) que corresponden a un anaco do manto terrestre arrancado
pola violencia da Oroxénese Hercínica e depositado sobre materiais máis
recentes. Os fortes ventos e a composición química dos solos dificulta o
desenvolvemento das plantas, polo que esta zona é rica en especies pouco
comúns ou únicas. A Capelada é un Punto de Interese Xeolóxico
internacional e está protexida como LIC.
Cabo Ortegal e Punta dos Aguillóns. Forma escarpes verticais de máis de
100 m de altura e prolóngase nun conxunto de illas Os Farallóns (Cabalo
Xoán, Os Tres Irmáns, Ínsua Maior, Rodicio e A Lonxa).
Cabo Ortegal
Cabo Ortegal e cantís do Limo, con 558 m de altura
Cantís de Vixía Herbeira, os máis altos de Galiza, con 613 m de altura, e uns dos
máis altos de Europa. Abaixo a punta Robaliceira e ao fondo os cantís do Limo.
Cantís de Santo André de Teixido e Penas Gabeiras
Cantís do Frontón da Candieira. Teñen
un grande interese xeolóxico polas
formacións de gneis moi repregados,
serpentinitas e granulitas.
RÍA DE CEDEIRA
Ábrese entre as puntas Ardillosa e Chirlateira. Ten 5 km de fondo e 4 de
largor. Está Formada polos ríos Condomiñas, Porto do Cabo e Forcadas. A
parte máis fonda da ría está ocupada polo esteiro, moi colmatado, do río
Porto do Cabo. O exterior da ría ábrese sobre anfibolitas e o interior é de
xistos. Na banda norte atópase a vila de Cedeira cun importante porto
pesqueiro de baixura.
Praia Loira ou de Vilarrube (Valdoviño), de 1.420 m de lonxitude
e 75 m de largor medio, formada polas frechas de area que se
acumulan nas desembocaduras dos ríos Porto do Cabo e As
Forcadas. Ten un amplo sistema dunar fixado pola vexetación.
Praia do Rodo e punta Gabeiras, desde a punta Corveira.
A praia do Rodo en Pantín (Valdoviño) mide 950 m e conserva, detrás do
sistema de dunas, unha lagoa case totalmente colmatada.
Praia, lagoa e punta Frouxeira.
A lagoa de Valdoviño ou da Frouxeira ten 1.500 m de lonxitude e 500 m de
largor, separada do mar por unha barra areosa e un sistema de dunas.
Está alimentada polos regos do Vilar e do Foxo e ten unha estreita canle de
desaugue. Está protexida como LIC/ZEC e Humidal RAMSAR.
Faro do Cabo Prior.
O cabo Prior forma unha península entre as praias de Santa Comba e San Xurxo.
Está formado por rochas graníticas erosionadas en forma de grandes bolos.
Lagoa e praia de Doniños, Illas Gabeiras e punta do Castro.
A lagoa de Doniños ten un largor máximo de 500 m e está separada do mar por
unha praia de 2 km de lonxitude e un cordón de dunas fixadas pola vexetación.
As augas están lixeiramente salinizadas por filtracións do mar.
RÍA DE FERROL
Está limitada polo cabo Prioriño no norte e a punta da Coitelada no sur. Acada
17 km de lonxitude e 2 km de largor medio. É unha ría con dúas partes ben
definidas: unha canle de entrada estreita coas beiras escarpadas e un interior
amplo con varios seos. Na parte interior ten unha grande acumulación de
sedimentos lamacentos. O río principal que a alimenta é o Grande de Xubia.
Tamén desemboca nela o río Belelle. As rochas dominantes son granitos na
zona da boca e xistos no interior.
O interior da ría está densamente poboado e con gran actividade industrial. As
vilas máis importantes son Ferrol, Narón, Xubia, Neda, Fene e Mugardos.
O Cabo Prioriño sinala o extremo norte da Ría de
Ferrol. A costa está formada por cantís graníticos de
media altura con pequenas praias.
Nas proximidades estase a construir o porto exterior.
Seo do Baño e porto de
Mugardos, vila de tradición
pesqueira desde tempos
antigos.
Cantil da punta Coitelada.
RÍA DE ARES
Formada polo río Eume. O fondo, entre o final das Fragas do Eume e a
frecha de Cabanas está ocupado por sedimentos entre os que o río forma
amplos meandros. Desde Cabanas ata a punta de Camouco é relativamente
estreita e logo ábrese entre o seo de Ares e a punta da Cruz, no norte e Ber
no sur, para xuntarse e compartir a boca coa de Betanzos. As rochas
dominantes son os xistos e nas puntas, pedra de gran.
RÍA DE ARES-BETANZOS
Comparten unha grande parte da súa extensión nunha boca
común entre a punta Coitelada e a costa de Dexo.
O Raso.
Entre a punta do Castelo e a punta do
Camouco, atópase o seo de Ares
circundada por tres praias que forman un
conxunto de case tres quilómetros de
lonxitude: Ares, Seselle e O Raso.
Praia de Cabanas, de 1.400 m de lonxitude. Está asentada
sobre a frecha que pecha parcialmente o esteiro do Eume
Pontedeume, coa torre dos Andrade dominando o conxunto. Esta vila,
situada no esteiro do Eume conserva un bo casco antigo con casas
tradicionais e monumentos de grande interese. É un importante centro
turístico e porta de entrada ao parque Natural das Fragas do Eume.
RÍA DE BETANZOS
Mide 12 km de fondo e presenta dous sectores ben diferenciados. O primeiro,
de Betanzos ata a ponte do Pedrido, é un esteiro típico onde sedimentan as
lamas transportadas polos ríos Mandeo e Mendo. O segundo, entre as puntas
Lavadoira e Torella, é máis amplo e conflúe coa ría de Ares. As rochas
dominantes son xistos, filitas e lousas. É unha importante zona marisqueira
(ameixa, berberecho...). Unha parte está protexida como LIC.
Ponte do Pedrido, na desembocadura do Mandeo.
Praia Grande de Miño (1360 m), formada sobre a frecha que pecha o esteiro do
río Baxoi. Miño é un dos centros de veraneo máis importantes de Galiza.
Sada, un porto de orixe fenicia e poboado desde a antigüidade, como dan
testemuña os numerosos achádegos arqueolóxicos da zona. Na actualidade é
unha vila pesqueira e turística. A praia de Sada, de 400 m de lonxitude, está
situada en pleno casco urbán e é unha das máis concurridas da zona.
Punta Gaivoteira desde a praia de San Pedro.
COSTA DE DEXO E SEIXO BRANCO
Tramo de costa comprendida entre a Punta Torella e o Faro de Mera, con zonas
de cantís moi recortados, de entre 25 e 40 m de altura, entre os que se atopan
zonas de pendentes suaves e pequenas calas; e varios illotes rochosos entre
os que destacan A Marola e O Corval. As rochas dominantes son os xistos con
grande variedade de diques, fracturas e pregues. Está protexida como LIC/ZEC
e a punta de Dexo e Seixo Branco é Monumento Natural.
Porto de Dexo e a Marola.
O porto de Dexo é un pequeno
entrante no cantil que serve de abrigo
a unhas poucas gamelas.
O Seixo Branco.
RÍA DA CORUÑA
É unha ría curta e ampla, que se abre entre a punta de Mera e a Punta
Herminia, cunha separación de 4 km e unha lonxitude total de 14 km, dos
que case a metade corresponden á chamada ría do Burgo formada polo
esteiro do Mero, o río principal que está separada da parte máis ancha pola
frecha de Santa Cristina.
Ten un perfil recortado con varios seos (A Coruña, Mera, Santa Cruz) e
numerosas praias. Está densamente poboada e ten unha grande actividade
industrial e turística. A poboación máis importante é a cidade de A Coruña.
Á súa beira atópanse tamén, O Burgo, Perillo, Santa Cruz e Mera.
Seo de Mera, coa Coruña ao fondo
O Faro de Mera e a Torre de
Hércules son as luces que sinalan
os lindes da Ría da Coruña.
Praia de Santa Cristina. Aséntase na frecha que separa a ría do
Burgo da de A Coruña. Está formada polo enfrontamento entre a
ondada do mar e as achegas do río Mero.
Dársena e Avenida da Mariña.
A Coruña medrou durante os séculos XVIII e XIX grazas á relación comercial
con América. Na actualidade é un importante centro comercial e de servizos
que conta con preto de 250.000 habitantes. É o primeiro porto do estado en
desembarco de peixe fresco e o segundo centro industrial de Galiza.
Praia de Riazor nun día de verán (1983).
As praias de Orzán (700 m de lonxitude) e
Riazor (710 m) está situadas en pleno
centro da cidade e son das máis
concurridas de Galiza.
Torre de Hércules, na punta Herminia.
Foi construída como faro polos romanos e
máis tarde reformada. Na actualidade
segue en funcionamento.
Illas de San Pedro, un conxunto de cinco
illotes moi próximos á costa.
Praia de Barrañán, Sabón e Punta Langosteira.
A praia de Barrañán é un grande areal de case 2 km de lonxitude cun sistema
dunar ben conservado. Forma un conxunto, separado por pequenos saíntes
rochosos, coas pequenas praias de Cambouzas e Santa Irene.
ARCO FISTERRÁN
Costa da Morte
Tramo de costa comprendido
entre a Península de Caión e
o Monte Louro, na boca da
Ría de Noia.
Coñécese tamén como
COSTA DA MORTE, aínda que
este nome aplícase, sobre
todo, ao tramo entre as Illas
Sisargas e a punta de
Fisterra.
Unha parte está protexida
como LIC/ZEC e ZEPA.
O Arco Fisterrán e un dos tramos de costa máis accidentado e heteroxéneo
de toda Galiza onde podemos atopar cantís, illas, lagoas costeiras, sistemas
dunares, praias, coídos, seos... e unha grande diversidade de ecosistemas de
costa rochosa e areosa nos que habitan moitas especies de interese.
É unha importante área de pesca e marisqueo e recentemente tamén de
grande interese turístico..
O Roncudo
Praia do Caracoliño ou Salseiras e península de Caión.
Caión é unha pequena e
antiga vila mariñeira do
concello de A Laracha
asentada na península do
mesmo nome.
Praias de Razo e Baldaio.
O conxunto formado polas praias de Pedra do Sal, Baldaio e Razo forma un areal de máis de 5 km
de lonxitude situado entre as puntas da Fonte e Razo, no Concello de Carballo.
Está formado por unha praia-barreira cun sistema de dunas, unha lagoa e unha ampla marisma.
É unha importante zona de invernada e descanso de aves acuáticas.
Punta Chan de Razo.
A Pedra do Sal, praias da Pedra do Sal e
Baldaio. Os cantís desta zona teñen un grande
interese xeolóxico. Están formados por granitos
moi erosionados con intrusións doutras rochas,
fallas e cortes nos que se poden observar
sedimentos de distintas épocas.
Malpica desde o cabo de Santo Hadrián
Porto de Malpica, o máis
importante de Bergantiños
Vista das Illas Sisargas e do Cabo Santo Hadrián.
As Illas Sisargas son un pequeno arquipélago formado por tres illas
maiores (Malante, Sisarga Pequena e Sisarga Grande) e varios illotes
(Chalreu, O Xaceiro, Magnánimo) separadas do cabo Santo Hadrián por
unha canle de 900 m de largor. A Sisarga grande é granítica e as outras
están constituídas por gneis glandular e son de relevo máis suave.
Están protexidas como ZEPA.
Cantís e faro da illa Sisarga Grande. Está formada por granito de dúas micas. Ten unha
superficie aplanada e todo o perímetro de abruptos cantís, agás unha pequena praia que
cobre a marea, na que está o embarcadoiro que permite o acceso á illa e ao faro.
Malante
Punta Nariga. Un saínte granítico de costas abruptas e cantís con curiosas formas erosivas.
Punta do Roncudo, segundo a xente do mar da zona, a que da os mellores
percebes do país. Entre a Punta Nariga e O Roncudo a costa é abrupta e case
inaccesible, con altos cantís onde se cría o percebe. Ten dous puntos de
acceso nas pequenas praias de Niñóns e A Barda.
RÍA DE CORME E LAXE
Ábrese entre as puntas Roncudo (ao norte) e Laxe (ao sur), na saída ao
mar do río Anllóns, que desemboca ao oeste de Ponteceso. Ten dúas
áreas diferenciadas: o interior, formado polo esteiro do Anllóns, protexido
da forza do mar por unha barra de area de 2 km chamada a Ínsua e o resto
do espazo, máis aberto, rochoso e recortado con algunhas zonas
abrigadas nas que hai praias. As vilas máis importantes son Corme, no
norte, Ponteceso, no fondo do esteiro do Anllóns, e Laxe, no sur.
Ría de Corme e Laxe desde o alto do Monte Branco
Praia e vila de Laxe. A praia mide 1320 m de
lonxitude e conserva un bo sistema dunar.
Corme (concello de Ponteceso), vila
mariñeira de grande tradición con
estreitas rúas e casas de cores que
conviven coas embarcacións.
Esteiro do Anllóns e fondo da ría de Corme e Laxe. Ao atoparse co mar o río
Anllóns forma unha frecha de area onde se atopa a praia da Barra, Dolarís ou
do Medio, de algo máis de 1 km de lonxitude. A area sobe polas aba do monte
formando placas eólicas.
Praia Soesto, de 860 m de lonxitude, entre as puntas Penedo do Corvo e Carreiroa. Nela
desemboca o rego do mesmo nome. Ten un sistema dunar moi ben conservado con dunas
remontantes de considerable altura. Un paseo únea coa praia de Traba.
Lagoa e praia de Traba, desde os Penedos de Traba.
Entre a Punta Catasol e a Punta das Pías unha barra de area pechou a
saída ao mar dos ríos Traba e Rioval, formando unha lagoa, actualmente
moi colmatada. A praia, de 2.630 m de lonxitude conserva un amplo
cordón de dunas fixadas pola vexetación.
Arou, pequeno porto separado de
Camelle polo contraforte rochoso
da Punta Percebeira.
Peirao de Camelle, un pequeno porto da
costa da morte que conta co legado de
“Man”, un alemán que se instalou nunha
cabana entre as rochas e realizou
numerosas esculturas con pedras e outros
materiais recollidos das praias.
Punta de Santa Mariña. A costa entre Arou e o cabo Vilán está formada por
granitos vermellos, erosionados polo mar e o vento, que conforman paisaxes
espectaculares e formas caprichosas.
Praia do Trece. Situada entre os cabos Tosto e Veo, cunha lonxitude de 1.260 m. Ten un bo sistema
dunar onde se conservan especies pouco comúns noutras zonas da costa, como as camariñas.
Os fortes ventos dominantes (fundamentalmente do oeste) acumulan unha grande cantidade de area nas
abas próximas á costa. A area forma placas que se manteñen sobre as pendentes grazas á humidade e á
fixación das plantas.
Cabo Tosto ou do Trece
O intenso traballo do mar formou unha rasa de abrasión que remata na punta
do Boi e na que se acumulan bolos de granito desgastado polas ondas que
forman os coídos ou boleiras.
CABO VILÁN
É un farallón formado na súa maior parte de rochas
graníticas de cor vermella (granito de dúas micas)
acompañado de xistos e cuarcitas con cantís de ata
80 m de altura. Foi declarado Sitio Natural de
Interese Nacional en 1933.
RÍA DE CAMARIÑAS
Ábrese entre a Punta do Costado, ao norte e Punta da Barca, ao sur.
O principal río é o Grande que desemboca na Ponte do Porto. No seu
interior ábrense os seos da Vasa, na desembocadura do rego de Trasteiro,
e Merexo, na desembocadura do rego de Moraime.
Ao norte aséntase a vila de Camariñas e ao sur Muxía.
Vista da boca da Ría de Camariñas presidida pola punta do Monte Farelo, na que se levanta a ermida da
Virxe do Monte. Neste punto comeza unha das rutas costeiras máis espectaculares de Galiza que
percorre a costa pasando polo Cabo Vilán, o seo do Trece e Santa Mariña ata Arou e Camelle.
Camariñas, vila mariñeira
que acolle barcos do cerco e
artes de baixura.
Praia do Lago, de 640 m de lonxitude,
na desembocadura do rego de Ozón. Ao
fondo vese a vila de Camariñas. Esta é
unha praia de fisonomía moi cambiante
polas variacións do curso do rego de
Ozón entre as dunas de area movidas
constantemete polo mar.
Punta da Barca, límite sur
da ría de Camariñas. Entre as
rochas atópanse a Pedra de
Abalar, a Pedra dos Cadrís e
outras relacionadas con
diferentes ritos.
Praia de Lourido e Muxía, asentada na península que forma o Monte do Corpiño.
Coído de Cuño. Situado ao pé do monte da Voutra. Está formado por unha
mestura de coios graníticos de distintos tamaños. Estes bloques, situados hoxe
na zona intermareal, parece ser que se acumularon nos períodos interglaciares
do Cuaternario debaixo do mar que os redondeou.
Cabo Touriñán desde o seode Cuño.
O Cabo Touriñán está situado no extremo dunha pequena
península granítica. No seu litoral alternan os cantís cos coídos.
É a punta máis occidental de Galicia.
Punta e illote da Ínsua e cabo da Nave
RÍA DE LIRES
Situada entre as puntas Cociñadoiro e Coído de Calboa, formada pola
confluencia dos ríos Castro e Lires. Máis que unha ría verdadeira é un esteiro
bloqueado por unha frecha areosa que impide que se baleire totalmente,
formando unha lagoa fangosa. A marea chea supera o dique de area e renova
a auga do interior.
Boca da ría de Lires e praia de Nemiña, de 1.460 m de
lonxitude. A forza do mar forma unha frecha de area que
dificulta o desaugue do río do Castro.
Praia do Rostro, de 2 km de lonxitude. Situada ao norte da península de Fisterra.
Detrás da praia hai un extenso cordón de dunas fixadas por unha das vexetacións
psamófilas mellor conservadas de Galiza, que pechan unha pequena zona de
marismas con xunqueiras.
Cabo da Nave. Situado ao pé do monte Veladoiro.
Praia do mar de Fóra e istmo que une a península de Fisterra.
PUNTA FISTERRA
Atópase no extremo sur dunha
península co punto máis alto no
Monte Facho (241 m). Está
formada por granito rosa con
grandes cristais de feldespato.
O Faro foi construído en 1853.
Seo de Fisterra desde o monte Pindo.
Á esquerda están as illas Lobeiras.
RÍA DE CORCUBIÓN E CEE
Situada no fondo d o grande seo que se forma entre o cabo Fisterra e o Monte
Pindo. Ábrese entre o Cabo de Cee e a punta Galeira. O río máis importante é o de
Cee. No fondo están situadas as vilas de Corcubión e Cee.
Ría de Corcubión desde o alto do Pindo. Ao fondo vense as vilas
de Cee e Corcubión e no primeiro plano a praia de Gures.
Praia de Caneliñas, encaixada
entre os macizos graníticos das
puntas Galera e Preguntoiro. Aquí
estivo funcionando a última factoría
baleeira galega ata 1986, cando
España se acolleu á Moratoria para
a Caza de Baleas.
Seo de Ézaro, na desembocadura do
río Xallas.
É um seo moi protexido, pechado por
unha barra de area que forma a praia
de Ézaro, de 730 m de lonxitude.
Praia e porto de Ézaro cos macizos gráníticos do
Pindo e A Ruña ás súas costas.
PRAIA DE CARNOTA E DUNAS DE CALDEBARCOS
Forman un sistema de marismas e dunas fixadas pola vexetación separadas
do mar pola praia de Carnota, de máis de 7 km de lonxitude (a máis grande
de Galiza). Nelas desembocan os ríos Valdebois e Arlindas. A marisma está
partida en dúas zonas: Caldebarcos, ao Norte e A Lagoa, ao Sur, divididas
pola punta Larada que separa as praias de Carnota e San Mamede ou
Caldebarcos. Están protexidas como LIC.
Boca do Río, Praias de Carnota e Dunas de Caldebarcos co Monte Pindo ao fondo.
Praia de Lariño e Punta Ínsua. A praia mide de 1.870 m de
lonxitude e está situada entre as puntas Ínsua e de Lens.
A lagoa de Louro ou das Xarfas é de auga dóce e non ten comunicación co mar.
So en temporais e épocas de mareas vivas o mar penetra a través dunha pequena boca.
Praia de Louro ou Arealonga, de 1.470 m de lonxitude. Está
asentada sobre unha frecha que pecha case totalmente a
desembocadura do rego Longarelo formando a lagoa das Xarfas.
Está protexida no LIC “Río Louro”, xunto coa lagoa.
Monte Louro. Promontorio
granítico de 241 m de altura
que destaca pola súa situación
illada no norte da boca da ría
de Muros e Noia.
RIAS BAIXAS
Inclúe as rías de Muros e Noia, Arousa,
Pontevedra e Vigo, unha sucesión de
formacións paralelas, abertas ao oeste,
con orientación NE-SO, dimensións de ata
29 km de lonxitude e máis de 50 m de
profundidade, e unha costa moi recortada
e variada.
No exterior, entre unha ría e outra,
atópanse tramos de costa exposta, con
cantís máis ou menos abruptos e praias,
como as zonas de Corrubedo, A Lanzada,
Punta Faxilda, e a Costa da Vela.
As condicións ambientais das Rías Baixas
e a súa alta productividade fan que teñan
unha alta densidade de poboación, así
como un grande número de áreas de alto
interese ecolóxico.
RÍA DE MUROS E NOIA
Ábrese entre Monte Louro, ao norte e o cabo Corrubedo, ao sur, orientada
seguindo unha fractura con orientación SO-NO, con 18 km de lonxitude e
unha superficie de 125 km2. É máis recortada na marxe dereita, ata a
desembocadura do Tambre, co monte Tremuzo como fondo. Na marxe
esquerda está flanqueda pola Serra da Barbanza. Os sedimentos dos
numerosos ríos que desaugan na ría (Tambre, Tins, Donas, Bendimón,
Soñora...) orixinan extensos areais e zonas lamacentas que quedan
descubertas na baixamar e dan lugar a ricos bancos marisqueiros.
Unha parte da ría está protexida como LIC/ZEC.
Praia de San Francisco, a máis longa da ría con 760 m de lonxitude, é unha
das máis concurridas da banda norte da Ría. Ao fondo o monte Louro.
Illa da Creba. Ao fondo o Monte Enxa
(serra da Barbanza), na outra banda da ría.
O Freixo desde o monte Tremuzo. Na outra
banda da ría as praias Mexilloeira e Boa.
Pontenafonso, na desembocadura do
Tambre, construída no século XIV sobre
outra de base romana.
Porto de Muros.
Esteiro do Tins na Serra de Outes
Vista do fondo da ría con Noia. Á esquerda as enseadas do Freixo e
do Engano e á dereita a praia do Testal. Noia é unha antiga vila
mariñeira que conserva un fermoso casco histórico.
Praia do Testal, de 1850 m de lonxitude. Un dos
mellores bancos marisqueiros da ría de Noia.
Castro de Baroña. Está
situado sobre un tómbolo
rochoso ao pé da praia
de Baroña. Entre a punta
do Castro e a punta
Calleira atópanse as
praias de Arealonga e
Queiruga (1.200 m de
lonxitude).
Portosín. Unha vila de grande
desenvolvemento urbanístico
asociado ao turismo. O seu
porto acolle unha importante
flota do cerco.
Punta de Pedras Negras e praia das Furnas (Xuño). Punta xistosa con
estratos verticais dispostos perpendicularmente á liña de costa o que favorece
a erosión mariña e a formación de furnas e labirintos. A continuación atópase
a praia de Basoñas, de 2.700 m de lonxitude.
LAGOA DE XUÑO
Moi colmatada, sen
comunicación co mar.
LAGOA DE SAN PEDRO DE MURO OU BASOÑAS
Ten unha canle de desaugue que so sae ao mar nas
grandes enchentas. Está pechada pola barra da
praia de Basoñas.
COMPLEXO DUNAR DE CORRUBEDO
É o espazo que mira ao mar aberto entre as rías de Muros e Noia e Arousa,
desde o cabo de Corrubedo ata a punta de Sagres. Unha barreira areosa de
máis de 4 km de lonxitude, na que destaca unha gran duna móbil que dá
lugar á formacion de varias lagoas e marismas.
Esta protexido como Parque Natural, LIC/ZEC e humidal RAMSAR.
Vista xeral da área dunar de Corrubedo. Ao fondo o cabo Corrubedo, á esquerda as praias
Ladeira e Lagoa de 4.250 m de lonxitude e no primeiro plano a lagoa de Artes.
A duna móbil de Corrubedo ten máis de 1 km de lonxitude, 200-250 m de
anchura e 20 a 15 m de altura e avanza en dirección noroeste.
Punta de Sagres, formada por grandes bloques de granito que forman bolos
e covas. Moi preto están as illas de Sagres e Falcoeiro.
RÍA DE AROUSA
Ábrese entre as puntas de Couso, ao norte e O Castelo ao sur, separada da ría
de Muros e Noia polo macizo montañoso da serra da Barbanza. É a maior das
rías galegas, con 25 km de lonxitude, 10 km de largor na zona máis ampla e
230 km2 de superficie. Está formada pola unión dos vales fluviais dos ríos Ulla
e Umia, e nela desaugan numerosos ríos de menor entidade: o Pedras, Lérez,
Coroño, Te, que baixan da serra da Barbanza na marxe dereita da ría e o da
Chanca, que baixa do Castrove, na marxe esquerda. A zona norte da ría é
máis abrupta e de maiores fonduras, e a zona sur está ocupada por extensos
areais e enseadas fangosas, nos arredores do esteiro do Umia.
A Pobra do Caramiñal e a Illa da
Arousa desde a Curota.
A boca norte da ría de Arousa ábrese entre a
punta Falcoeira, Sagres e a illa de Sálvora.
Porto de Ribeira. O porto pesqueiro
máis importante da Ría de Arousa e un
dos máis importantes en pesca de
baixura do país.
Aguiño, primeiro porto da
boca norte da Ría de Arousa.
Entre as praias do Castro e
das Tascas atópase un
conxunto de illotes rochosos
As Centoleiras e O Carreiro
(illa das Sete Línguas).
Praia de Coroso, de 1780 m de
lonxitude, e vila de Ribeira.
A ILLA DE SÁLVORA e os illotes próximos (Vionta, Gaivoteira, Herbosa e
Nor), situadas na boca da Ría de Arousa, están incluídas no Parque Natural
das Illas Atlánticas.
Sálvora é a illa máis grande, de perfil chan, algo máis escarpada polo sur,
cunha altura máxima de 77 m En 1870 instalouse alí a primeira fábrica de
salga da ría de Arousa. Estivo habitada ata 1960.
Seo de Boiro e península do
Cabo da Cruz.
No fondo do seo atópase a
praia de Barraña, de 2.150 m
de lonxitude.
Castro do Neixón. Ao fondo Rianxo. Entre os
dous ábrese a enseada de Taragoña.
Palmeira conserva un porto coa estrutura
tradicional no que todo está feito en pedra.
Porto de Carril e illas de Cortegada e Malveiras.
Illa de Cortegada.
Cunha extensión de 50 ha e o relevo case chan. Por toda a illa hai abundantes loureiros,
que, na cara norte, forman un bosque de características únicas. Esta singularidade foi o
principal valor para a súa inclusión no Parque Nacional da Illas Atlánticas.
Vista xeral de Vilagarcía da Arousa desde o Xiabre.
O porto de Vilagarcía é o porto comercial máis importante da Ría da Arousa.
Vilanova da Arousa, na boca do Esteiro, e a punta Ariño
ILLA DE AROUSA
É a illa máis grande de Galiza (6 km de lonxitude e 8 km2 de
superficie) e a máis poboada, con máis de cinco mil habitantes.
No extremo sur acolle o Espazo Natural “O Carreirón” incluído
no LIC/ZEC Ons-O Grove, de grande interese pola flora das
dunas e a presenza de aves acuáticas.
Praia de Xestelas, na costa do parque do Carreirón.
Praia Area da Secada e Punta do Faro, no norte da illa de Arousa.
Torre de San Sadurniño e areal do Serrido (Cambados).
O areal do Serrido é un importante banco marisqueiro que ocupa case
totalmente o esteiro do río Umia. A Torre de San Sadurniño formaba parte,
xunto coas da Lanzada e Catoira, dun sistema defensivo construído no
século X para defender a Ría de Arousa dos ataques normandos.
Seo do Umia, illa da Toxa é a área comprendida entre o istmo da
Lanzada e a desembocadura do Río Umia en Cambados. É unha zona
de costa recortada e protexida con augas pouco profundas e mornas.
Ten varias illas: A Toxa, A Toxa Pequena, O Beiró, Loraña, Bico da Ran
e illotes areosos (Tourís e Marma). A grande cantidade de sedimentos
deixados polos Ríos Umia, A Chanca, Francón, rego dos Mouros...
forma bancos de area que alternan con zonas lamacentas e dan lugar a
ecosistemas dunha grande diversidade biolóxica.
Está protexida como LIC/ZEC, humidal RAMSAR e ZEPA.
Vista do Tómbolo da Lanzada desde o Monte da Siradella, un cume de 157 m, o máis alto
da península do Grove, un espléndido miradoiro sobre a ría de Arousa e a costa da Lanzada.
É un istmo areoso que une O Grove ao continente. Na parte que dá ao mar aberto aséntase a
praia da Lanzada; a zona intermedia está formada por dunas fixadas pola vexetación, entre as
que hai varias lagoas estacionais orixinadas por antigas explotación de area; e a interior da á
Enseada.
O Grove. Importante porto pesqueiro e marisqueiro e centro
turístico especializado en actividades relacionadas co mar.
Lagoa Bodeira. Pequena lagoa litoral separada do mar pola praia e
dunas da Mexilloeira, no lugar de Reboredo (San Vicente-O Grove).
Praia Mexiloeira.
A costa norte da península do Grove é unha sucesión de praias separadas
unhas de outras por saíntes de bolos graníticos. Destacan as praias das
Pipas, Mexiloeira, Piñeiróns, Area Grande e O Carreiro. Nesta zona atópanse
numerosas instalacións de salga e no Carreiro a necrópole de Adro Vello.
Entre as rías de Arousa e Pontevedra atópase a costa exterior da
península do Grove e a de Noalla (Sanxenxo) na que se alternan
formacións rochosas de distinta composición (granitos, gneis) con
alturas de ata 15 m, e areais.
Rochas traballadas polo mar
na zona do Con Negro.
Praia da Lanzada, unha praia emblemática en Galiza, pola súa
extensión (2.400 m), pola situación, no corazón das Rías Baixas e
pola historia e os ritos e crenzas asociados a ela.
Nun illote, unido a terra por unha construción, atópase a capela románica da
Lanzada e unha das torres do sistema defensivo da ría de Arousa.
Punta Corveiro.
As rochas da costa de A Lanzada e Noalla
forman parte do complexo metamórfico
Cabo Home-A Lanzada, formacións de
rochas diversas entre as que se atopan
cuarcitas, xistos e gneis nas que se
poden observar diferentes pregamentos e
micropregamentos.
Pregamento na praia de Bascuas.
RÍA DE PONTEVEDRA
É a máis pequena das rías baixas e ábrese, seguindo unha fractura con
dirección SO-NE, entre a península do Grove, ao norte e o o cabo Udra, ao
Sur. Está separa da da ría de Vigo pola península do Morrazo (Serra de
Domaio). O río máis importante que desauga nela o o Lérez e do Castrove e
Domaio baixan pequenos regatos. Na boca da ría atópase o arquipélago de
Ons e no seu interior a illa de Tambo.
É unha ría moi poboada e con intensa actividade pesqueira, marisqueira e
industrial. As poboacións máis importantes son Pontevedra, Marín,
Sanxenxo, Portonovo e Bueu.
Vista desde O Castrove.
Punta Cabicastro,
límite norte da zona
interior da ría de
Pontevedra. Nas
proximidades
atópanse as praias
de Paxariñas e
Canelas.
Praia de Baltar e Portonovo, unha vila mariñeira e turística.
Praia de Silgar e Sanxenxo, unha das vilas turísticas máis coñecidas do país.
Raxó, unha pequena vila
mariñeira da ría de Pontevedra
cun porto dedicado á pesca de
baixura e o marisqueo.
En primeiro plano a praia de
Xiorto e ao fondo a illa de Tambo.
Praia de Areas, un
areal de 600 m de
lonxitude orientado ao
sur e abrigada entre as
puntas de Barreiros e do
Festiñazo.
Combarro, unha vila mariñeira
que conserva un dos conxuntos
arquitectónicos populares máis
interesantes de Galiza e no que
destacan as casas mariñeiras e
os hórreos (máis de trinta) á
beira do mar.
Praia de Lourido, nas
proximidades da cidade de
Pontevedra.
Na desembocadura do Lérez, no
fondo da ría, aséntase Pontevedra,
unha cidade que foi un dos portos
máis importantes de Galiza e que na
actualidade practicamente non ten
actividade.
Porto de Marín, cidade cunha importante actividade
pesqueira e de cabotaxe e sede da Escola Naval.
Praia e porto de Aguete.
Praias de Agrelo e Porto Maior, situadas entre a Punta
Corveiro e o Monte Gordo, nas proximidades de Bueu.
Porto de Bueu, onde alternan pequenas embarcacións
artesanais con grandes buques de arrastre.
CABO UDRA
Situado no extremo Noroeste da Península do Morrazo, no límite da ría de
Pontevedra, pechando polo leste a enseada de Aldán.
Está protexido como LIC/ZEC.
A RÍA OU SEO DE ALDÁN ábrese entre o Cabo Udra ao norte e a
punta de Couso ao sur. No seu fondo desemboca o río Orxás
que forma un amplo esteiro que queda en seco na marea baixa.
No interior atópanse praias abrigadas de areas finas como
Menduíña, Os Picos, Arnelas, San Xián e Area Brava.
Praia de Menduíña, na banda norte do seo de Aldán.
ILLAS DE ONS
Grupo de illas formado por Ons, Onza e illotes próximos (O Centolo,
As Freitosas, O Fedorento, O Cairo, O Gaiteiro e o Xubenco), situadas
fronte á Ría de Pontevedra. Forman parte do Parque Nacional das Illas
Atlánticas e do LIC “Complexo Ons-O Grove”.
Illa de Óns,con abruptos cantís na parte que da ao mar aberto.
COSTA DA VELA OU DE SOAVELA
Zona de cantís de granitos e gneis, de ata 150 m de altura,
entre a Punta de Couso e Cabo Home, no extremo Sur-Leste
da Península do Morrazo. Está protexida como LIC/ZEC.
O Cabo Home ten tres puntas e
entre dúas delas atópase a praia de
Melide con dunas fixadas por un
bosque de piñeiros bravos e de
Monterrei. As rochas do cabo son
metamórficas (gneis) e forman parte
dun complexo que vai desde Malpica
ata o Sur de Galiza.
RÍA DE VIGO
Ábrese entre o Cabo Home, ao norte e Cabo Silleiro, ao sur. É a ría máis
longa de Galiza, con 33 km, unha superficie de 176 km2 e unha profundidade
máxima de 44 m. O río principal é o Verdugo e outros son o Lagares e o
Miñor. O estreito de Rande separa a parte interior chamada Seo de San
Simón, unha zona abrigada con augas pouco profundas, da exterior, máis
aberta e de augas máis fondas. Na ría altérnanse os tramos rochosos, de
pouca altura, os areais e as marismas. Ten importantes núcleos de
poboación: Vigo, Redondela, Arcade, Cangas, Moaña...
As praias de Barra e Nerga están situadas ao leste do Cabo Home e separadas
entre sí por uns saíntes rochosos. Forman un areal de dous quilómetros de lonxitude e
conservan un bo sistema de dunas fixadas por un bosque de piñeiro manso.
O Morrazo, Cabo Home e illas Cíes.
A banda norte da ría de Vigo, desde o estreito de Rande ata Cangas está ocupada por un
contínuo de núcleos habitados difíciles de diferenciar: Domaio, Meira, Moaña, Cangas...
Interior do seo de Meira
Seo de San Simón, situado no fondo da ría de Vigo. É unha cubeta tectónica
moi colmatada de sedimentos procedentes das achegas dos ríos Verdugo,
Tuimil, Pontenova, Alvedosa e Macerras. No interior atópanse as illas de San
Simón e Alvedosas. Está protexida como LIC/ZEC.
A Illa de San Simón (en realidade son dúas pequenas illas
unidas por unha ponte) están situadas fronte á praia de
Cesantes, un acolledor areal de 2.400 m de lonxitude.
Pontesampaio e Arcade, na desembocadura do río Verdugo.
Chapela e estreito de Rande.
Chapela é un núcleo portuario e industrial que
pertence ao concello de Redondela.
Porto de Vigo e ría desde o monte do Castro.
Vigo é a cidade máis grande de Galiza, con case 300.000 habitantes, é o máis
importante porto pesqueiro e conserveiro do Estado e un dos primeiros de Europa.
É o primeiro centro industrial de Galiza, no que destacan a construción naval, a
produción de automóbiles e a industria conserveira.
Praia de Samil, un areal de 1.700 m de lonxitude. A súa proximidade ao centro
de Vigo convértea na máis concurrida e mellor dotada de servizos.
Desembocadura do Lagares, praia da Foz e illa de Toralla.
Cabo Estai, na banda
sur da ría de Vigo.
Praia de Patos, un areal de 2.000 m de lonxitude
ao abrigo da península de Monteferro.
Punta de Meda e illas Cíes desde Monteferro.
Illas Estelas e Cabo Silleiro desde Monteferro.
As illas Estelas son dúas pequenas illas graníticas (Estela Grande e
Estela Pequena), situadas fronte á punta de Meda entre a Ría de Vigo e
a de Baiona, fronte a Panxón. A costa é rochosa agás algunha pequena
praia. Están protexidas como LIC/ZEC.
Praia América, ou de Lourido, en Panxón.
Panxón (concello de Nigrán) é unha vila mariñeira e turística
situada ao abrigo de Monteferro ao pé dos areais de Panxón e
Praia América, separadas polo río Muíños.
Vista desde os montes da Groba: Monteferro, Panxón, A Ramallosa e frecha da
desembocadura do río Miñor sobre a que se asenta a praia Ladeira.
As Marismas da Ramallosa, separadas e defendidas do mar aberto pola
ampla barra areosa da praia Ladeira, están protexidas como LIC/ZEC.
Punta do Boi
Na península que se chamaba
Monte do Boi aséntase o
castelo de Monterreal.
Baiona e Monte Real.
A vila de Baiona é na
actualidade un dos centros
turísticos máis coñecidos de
Galiza que conta cun
concurrido porto deportivo. Foi
durante os séculos XVI e XVII a
base da flota defensiva de
Galiza e o lugar da arribada da
primeira carabela que viña de
América.
ILLAS CÍES
Arquipélago situado na boca da ría de Vigo formado polas illas do Medio ou do
Faro, Monteagudo, San Martiño e varios illotes. Teñen unha superficie
emerxida de 446,35 ha. A altitude máxima atópase na illa Norte ou Monteagudo
(Alto das Cíes, con 197 m). As costas occidentais das tres illas son cantís
abruptos batidos polos temporais do Atlántico e as orientais ladeiras suaves
con areais e sistemas de dunas. Forman parte do parque Nacional das Illas
Atlánticas de Galiza.
Praia de San Martiño.
Monte Faro, na illa do Medio
ARCO MINIANO-DURIENSE
Inclúe o tramo de costa desde o
Cabo Silleiro ata a desembocadura
do Miño. Unha costa rectilínea, con
dirección norte-sur, rochosa, baixa e
exposta, na que se aprecia unha
ampla rasa de abrasión antigamente
mergullada no mar e que emerxeu
en épocas xeolóxicas recentes.
A costa, moi exposta, é rochosa
practicamente en toda a súa
extensión con algunhas pequenas
praias e coídos. A única entrada é a
pequena enseda de Oia.
Toda a zona é unha importante área
de pesca e marisqueo (percebes,
langosta, nécora, polbo...).
Illotes Carral e Polbeiras, fronte ao Cabo Silleiro.
Nun percorrido entre Baiona e A Guarda o que máis chama a atención
é a costa rochosa na que o mar bate sen descanso.
Cabo Silleiro, límite sur da ría de Vigo.
Illotes Carral e Polbeiras, fronte ao Cabo Silleiro.
Coido na costa de Oia
Pedra Rubia (Oia)
Vista da liña da costa desde o alto do Torroso.
A Guarda desde o alto do Tegra.
A vila da Guarda é o porto pesqueiro de Galiza situado máis ao sur. Aséntase
sobre unha rasa costeira fronte ao atlántico protexida por uns saíntes
rochosos sobre os que se construíu o actual peirao.
Monte Tegra, de 341 m de altura, marcando o remate da costa galega na desembocadura
do Miño. Ao seu pé atópanse as praias do Muíño, Camposancos e Lamiña.
ESTEIRO DO MIÑO
O Miño desemboca no Atlántico formando un esteiro de 8 km de lonxitude e
entre 0,5 e 1,8 km de largor, situado sobre unha antiga falla flanqueada por
bloques graníticos. É pouco profundo e con escasa pendente e o influxo das
mareas chega ata Tui, 30 km río arriba. Os sedimentos do esteiro forman
numerosas illas e bancos de area que afloran na marea baixa (ariños).
A diversidade de hábitats e ecosistemas ben conservados fan do Baixo Miño
un lugar de grande riqueza biolóxica tanto no río como na zona costeira.
Está protexido como LIC/ZEC.
Vista do esteiro do Miño desde O Rosal.
Praia do Muíño en Camposancos.
Vista, desde o monte Tegra, do esteiro do Miño á altura da unión co Tamuxe.
En primeiro termo aparece a illa Canosa, detrás as do Grilo, Bimbias e
Varandas. Máis a fora o illote areoso Morraxeira de Seixas.
Montaxe: Adela Leiro
FOTOS: Adela Leiro, Mon Daporta, Lucía Leiro, Rafael Fernández.
Maio 2010

Weitere ähnliche Inhalte

Was ist angesagt?

LIC Costa da Mariña Occidental
LIC Costa da Mariña OccidentalLIC Costa da Mariña Occidental
LIC Costa da Mariña Occidentalmonadela
 
Ponteceso, A Costa
Ponteceso, A CostaPonteceso, A Costa
Ponteceso, A Costamonadela
 
LIC Costa da Morte
LIC Costa da MorteLIC Costa da Morte
LIC Costa da Mortemonadela
 
Ria de Viveiro
Ria de ViveiroRia de Viveiro
Ria de Viveiromonadela
 
Lic Complexo Húmido de Corrubedo
Lic Complexo Húmido de Corrubedo Lic Complexo Húmido de Corrubedo
Lic Complexo Húmido de Corrubedo monadela
 
Oleiros, A Costa
Oleiros, A CostaOleiros, A Costa
Oleiros, A Costamonadela
 
Muros, A Costa
Muros, A CostaMuros, A Costa
Muros, A CostaMonContos
 
Foz, a costa
Foz, a costaFoz, a costa
Foz, a costamonadela
 
LIC Carnota-Pindo
LIC Carnota-PindoLIC Carnota-Pindo
LIC Carnota-Pindomonadela
 
Mañón. A Costa
Mañón. A CostaMañón. A Costa
Mañón. A Costamonadela
 
Vimianzo, A Costa
Vimianzo, A CostaVimianzo, A Costa
Vimianzo, A Costamonadela
 
Ría de Corcubion
Ría de CorcubionRía de Corcubion
Ría de CorcubionMonContos
 
Ria da Coruña
Ria da CoruñaRia da Coruña
Ria da Coruñamonadela
 
Laxe, A Costa
Laxe, A CostaLaxe, A Costa
Laxe, A Costamonadela
 
Ria de Corme e Laxe
Ria de Corme e LaxeRia de Corme e Laxe
Ria de Corme e Laxemonadela
 
Barreiros, a costa
Barreiros, a costaBarreiros, a costa
Barreiros, a costamonadela
 
LIC Monte Maior
LIC Monte Maior LIC Monte Maior
LIC Monte Maior monadela
 
LIC e Monumento Natural As Catedrais
LIC e Monumento Natural As CatedraisLIC e Monumento Natural As Catedrais
LIC e Monumento Natural As Catedraismonadela
 
P N COMPLEXO DUNAR DE CORRUBEDO E LAGOAS DE CARREGAL E VIXÁN
P N COMPLEXO DUNAR DE CORRUBEDO E LAGOAS DE CARREGAL E VIXÁNP N COMPLEXO DUNAR DE CORRUBEDO E LAGOAS DE CARREGAL E VIXÁN
P N COMPLEXO DUNAR DE CORRUBEDO E LAGOAS DE CARREGAL E VIXÁNmonadela
 
Ria de Ortigueira
Ria de OrtigueiraRia de Ortigueira
Ria de Ortigueiramonadela
 

Was ist angesagt? (20)

LIC Costa da Mariña Occidental
LIC Costa da Mariña OccidentalLIC Costa da Mariña Occidental
LIC Costa da Mariña Occidental
 
Ponteceso, A Costa
Ponteceso, A CostaPonteceso, A Costa
Ponteceso, A Costa
 
LIC Costa da Morte
LIC Costa da MorteLIC Costa da Morte
LIC Costa da Morte
 
Ria de Viveiro
Ria de ViveiroRia de Viveiro
Ria de Viveiro
 
Lic Complexo Húmido de Corrubedo
Lic Complexo Húmido de Corrubedo Lic Complexo Húmido de Corrubedo
Lic Complexo Húmido de Corrubedo
 
Oleiros, A Costa
Oleiros, A CostaOleiros, A Costa
Oleiros, A Costa
 
Muros, A Costa
Muros, A CostaMuros, A Costa
Muros, A Costa
 
Foz, a costa
Foz, a costaFoz, a costa
Foz, a costa
 
LIC Carnota-Pindo
LIC Carnota-PindoLIC Carnota-Pindo
LIC Carnota-Pindo
 
Mañón. A Costa
Mañón. A CostaMañón. A Costa
Mañón. A Costa
 
Vimianzo, A Costa
Vimianzo, A CostaVimianzo, A Costa
Vimianzo, A Costa
 
Ría de Corcubion
Ría de CorcubionRía de Corcubion
Ría de Corcubion
 
Ria da Coruña
Ria da CoruñaRia da Coruña
Ria da Coruña
 
Laxe, A Costa
Laxe, A CostaLaxe, A Costa
Laxe, A Costa
 
Ria de Corme e Laxe
Ria de Corme e LaxeRia de Corme e Laxe
Ria de Corme e Laxe
 
Barreiros, a costa
Barreiros, a costaBarreiros, a costa
Barreiros, a costa
 
LIC Monte Maior
LIC Monte Maior LIC Monte Maior
LIC Monte Maior
 
LIC e Monumento Natural As Catedrais
LIC e Monumento Natural As CatedraisLIC e Monumento Natural As Catedrais
LIC e Monumento Natural As Catedrais
 
P N COMPLEXO DUNAR DE CORRUBEDO E LAGOAS DE CARREGAL E VIXÁN
P N COMPLEXO DUNAR DE CORRUBEDO E LAGOAS DE CARREGAL E VIXÁNP N COMPLEXO DUNAR DE CORRUBEDO E LAGOAS DE CARREGAL E VIXÁN
P N COMPLEXO DUNAR DE CORRUBEDO E LAGOAS DE CARREGAL E VIXÁN
 
Ria de Ortigueira
Ria de OrtigueiraRia de Ortigueira
Ria de Ortigueira
 

Ähnlich wie A costa galega

Viveiro, A costa
Viveiro, A costaViveiro, A costa
Viveiro, A costamonadela
 
Ria de Camariñas
Ria de CamariñasRia de Camariñas
Ria de CamariñasMonContos
 
Ría de Vigo
Ría de VigoRía de Vigo
Ría de VigoMonContos
 
Ria do Barqueiro
Ria do BarqueiroRia do Barqueiro
Ria do Barqueiromonadela
 
Ferrol, A Costa
Ferrol, A CostaFerrol, A Costa
Ferrol, A Costamonadela
 
LIC Costa Ártabra
LIC Costa ÁrtabraLIC Costa Ártabra
LIC Costa Ártabramonadela
 
Ría de Pontevedra
Ría de PontevedraRía de Pontevedra
Ría de PontevedraMonContos
 
Ria da Arousa
Ria da ArousaRia da Arousa
Ria da ArousaMonContos
 
A Pobra do Caramiñal, A Costa
A Pobra do Caramiñal, A CostaA Pobra do Caramiñal, A Costa
A Pobra do Caramiñal, A CostaMonContos
 
Burela, a costa
Burela, a costaBurela, a costa
Burela, a costamonadela
 
Dumbría, A Costa
Dumbría, A CostaDumbría, A Costa
Dumbría, A CostaMonContos
 
Noia, A Costa
Noia, A CostaNoia, A Costa
Noia, A CostaMonContos
 
Ortigueira. A costa
Ortigueira. A costaOrtigueira. A costa
Ortigueira. A costamonadela
 
Oia, a costa
Oia, a costaOia, a costa
Oia, a costaMonContos
 
Fene. A Costa
Fene. A CostaFene. A Costa
Fene. A Costamonadela
 
Vilagarcía da Arousa, A Costa
Vilagarcía da Arousa, A CostaVilagarcía da Arousa, A Costa
Vilagarcía da Arousa, A CostaMonContos
 
O Vicedo. A Costa
O Vicedo. A CostaO Vicedo. A Costa
O Vicedo. A Costamonadela
 
Cariño. A costa
Cariño. A costaCariño. A costa
Cariño. A costamonadela
 

Ähnlich wie A costa galega (18)

Viveiro, A costa
Viveiro, A costaViveiro, A costa
Viveiro, A costa
 
Ria de Camariñas
Ria de CamariñasRia de Camariñas
Ria de Camariñas
 
Ría de Vigo
Ría de VigoRía de Vigo
Ría de Vigo
 
Ria do Barqueiro
Ria do BarqueiroRia do Barqueiro
Ria do Barqueiro
 
Ferrol, A Costa
Ferrol, A CostaFerrol, A Costa
Ferrol, A Costa
 
LIC Costa Ártabra
LIC Costa ÁrtabraLIC Costa Ártabra
LIC Costa Ártabra
 
Ría de Pontevedra
Ría de PontevedraRía de Pontevedra
Ría de Pontevedra
 
Ria da Arousa
Ria da ArousaRia da Arousa
Ria da Arousa
 
A Pobra do Caramiñal, A Costa
A Pobra do Caramiñal, A CostaA Pobra do Caramiñal, A Costa
A Pobra do Caramiñal, A Costa
 
Burela, a costa
Burela, a costaBurela, a costa
Burela, a costa
 
Dumbría, A Costa
Dumbría, A CostaDumbría, A Costa
Dumbría, A Costa
 
Noia, A Costa
Noia, A CostaNoia, A Costa
Noia, A Costa
 
Ortigueira. A costa
Ortigueira. A costaOrtigueira. A costa
Ortigueira. A costa
 
Oia, a costa
Oia, a costaOia, a costa
Oia, a costa
 
Fene. A Costa
Fene. A CostaFene. A Costa
Fene. A Costa
 
Vilagarcía da Arousa, A Costa
Vilagarcía da Arousa, A CostaVilagarcía da Arousa, A Costa
Vilagarcía da Arousa, A Costa
 
O Vicedo. A Costa
O Vicedo. A CostaO Vicedo. A Costa
O Vicedo. A Costa
 
Cariño. A costa
Cariño. A costaCariño. A costa
Cariño. A costa
 

Mehr von MonContos

publicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdf
publicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdfpublicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdf
publicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdfMonContos
 
rata Luisa o estanque.pptx
rata Luisa o estanque.pptxrata Luisa o estanque.pptx
rata Luisa o estanque.pptxMonContos
 
Rata Luisa Nadal.pptx
Rata Luisa Nadal.pptxRata Luisa Nadal.pptx
Rata Luisa Nadal.pptxMonContos
 
rata Luisa fútbol.pptx
rata Luisa fútbol.pptxrata Luisa fútbol.pptx
rata Luisa fútbol.pptxMonContos
 
rata luisa disfraces.pptx
rata luisa disfraces.pptxrata luisa disfraces.pptx
rata luisa disfraces.pptxMonContos
 
que fan que.pptx
que fan que.pptxque fan que.pptx
que fan que.pptxMonContos
 
a rolada.pptx
a rolada.pptxa rolada.pptx
a rolada.pptxMonContos
 
cactos e euforbias.pptx
cactos e euforbias.pptxcactos e euforbias.pptx
cactos e euforbias.pptxMonContos
 
Serra do Faro de Avión.pptx
Serra do Faro de Avión.pptxSerra do Faro de Avión.pptx
Serra do Faro de Avión.pptxMonContos
 
Serra da Paradanta.pptx
Serra da Paradanta.pptxSerra da Paradanta.pptx
Serra da Paradanta.pptxMonContos
 
voitres.pptx
voitres.pptxvoitres.pptx
voitres.pptxMonContos
 
Candea, Cabanillas unidade didáctica
Candea, Cabanillas unidade didácticaCandea, Cabanillas unidade didáctica
Candea, Cabanillas unidade didácticaMonContos
 
Calendario Cabanillas Candea 2009
Calendario Cabanillas Candea 2009Calendario Cabanillas Candea 2009
Calendario Cabanillas Candea 2009MonContos
 
Cabanillas Salnés (fotógrafos/as) II
Cabanillas Salnés (fotógrafos/as) IICabanillas Salnés (fotógrafos/as) II
Cabanillas Salnés (fotógrafos/as) IIMonContos
 
Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)
Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)
Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)MonContos
 
Agoiña miragreira (Cabanillas)
Agoiña miragreira (Cabanillas)Agoiña miragreira (Cabanillas)
Agoiña miragreira (Cabanillas)MonContos
 
Rata Luisa, paxariñas de papel
Rata Luisa, paxariñas de papelRata Luisa, paxariñas de papel
Rata Luisa, paxariñas de papelMonContos
 
Rata Luisa, máis papel
Rata Luisa,  máis papelRata Luisa,  máis papel
Rata Luisa, máis papelMonContos
 

Mehr von MonContos (20)

publicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdf
publicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdfpublicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdf
publicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdf
 
rata Luisa o estanque.pptx
rata Luisa o estanque.pptxrata Luisa o estanque.pptx
rata Luisa o estanque.pptx
 
Rata Luisa Nadal.pptx
Rata Luisa Nadal.pptxRata Luisa Nadal.pptx
Rata Luisa Nadal.pptx
 
rata Luisa fútbol.pptx
rata Luisa fútbol.pptxrata Luisa fútbol.pptx
rata Luisa fútbol.pptx
 
rata luisa disfraces.pptx
rata luisa disfraces.pptxrata luisa disfraces.pptx
rata luisa disfraces.pptx
 
que fan que.pptx
que fan que.pptxque fan que.pptx
que fan que.pptx
 
a rolada.pptx
a rolada.pptxa rolada.pptx
a rolada.pptx
 
cactos e euforbias.pptx
cactos e euforbias.pptxcactos e euforbias.pptx
cactos e euforbias.pptx
 
Serra do Faro de Avión.pptx
Serra do Faro de Avión.pptxSerra do Faro de Avión.pptx
Serra do Faro de Avión.pptx
 
Serra da Paradanta.pptx
Serra da Paradanta.pptxSerra da Paradanta.pptx
Serra da Paradanta.pptx
 
voitres.pptx
voitres.pptxvoitres.pptx
voitres.pptx
 
petos.pptx
petos.pptxpetos.pptx
petos.pptx
 
Candea, Cabanillas unidade didáctica
Candea, Cabanillas unidade didácticaCandea, Cabanillas unidade didáctica
Candea, Cabanillas unidade didáctica
 
Calendario Cabanillas Candea 2009
Calendario Cabanillas Candea 2009Calendario Cabanillas Candea 2009
Calendario Cabanillas Candea 2009
 
Cabanillas Salnés (fotógrafos/as) II
Cabanillas Salnés (fotógrafos/as) IICabanillas Salnés (fotógrafos/as) II
Cabanillas Salnés (fotógrafos/as) II
 
Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)
Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)
Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)
 
Paco Leiro
Paco LeiroPaco Leiro
Paco Leiro
 
Agoiña miragreira (Cabanillas)
Agoiña miragreira (Cabanillas)Agoiña miragreira (Cabanillas)
Agoiña miragreira (Cabanillas)
 
Rata Luisa, paxariñas de papel
Rata Luisa, paxariñas de papelRata Luisa, paxariñas de papel
Rata Luisa, paxariñas de papel
 
Rata Luisa, máis papel
Rata Luisa,  máis papelRata Luisa,  máis papel
Rata Luisa, máis papel
 

A costa galega

  • 2. A costa ten en Galiza 2.555 km de lonxitude (1.659 km de perímetro costeiro, 432 km de illas e 464 km de marismas), repartidos entre o Océano Atlántico e o mar Cantábrico, desde a Ría de Ribadeo ata a desembocadura do Miño. O punto situado máis ao Norte é Estaca de Bares e o máis occidental o Cabo Touriñán. Máis de 800 km son cantís e 300 km son de praias A Estaca de Bares
  • 3. ZONAS DA COSTA GALEGA Arco Ártabro: entre o Cabo Ortegal e a península de Caión. Orientada ao noroeste, con relevo abrupto na parte norte (cantís da Capelada) que se vai suavizando cara ao sur, con rías de maior amplitude e profundidade. Arco Fisterrán (Costa da Morte): desde Caión ata a punta de Fisterra. Rochosa, abrupta e exposta con rías de reducidas dimensións e doble seo. Rías Baixas: desde Fisterra ata Cabo Silleiro. Con catro grandes rías abertas ao oeste con inclinación noreste-suroeste e varias zonas expostas de transición entre elas. Arco Miniano-Duriense: desde o Cabo Silleiro ata a desembocadura do Miño. É unha costa rectilínea, con dirección norte-sur, rochosa baixa e exposta. Arco Cantábrico ou Rías Altas: entre Ribadeo e o Cabo Ortegal. Orientada ao norte, de perfil elevado e moi exposta, con poucos abrigos e rías de dimensións reducidas.
  • 4. É unha zona moi exposta na que alternan cantís de diferentes alturas con rías e pequenos esteiros. Ten dúas partes ben diferenciadas: a oriental (Rasa Cantábrica), entre Ribadeo e as proximidades de Burela, unha plataforma aplanada e elevada que cae directamente ao mar, e a occidental, unha costa onde alternan cantís, praias, rías e algunhas pequenas illas. ARCO CANTÁBRICO
  • 5. As rías do Cantábrico teñen forma de funil e dimensións reducidas (ata 8 km de lonxitude e menos de 15 m de profundidade). Formáronse cando os ríos que discorren cara ao norte se encaixaron no seu curso inferior (aproveitando as fallas) e posteriormente os vales foron invadidos polo mar ao producirse, entre períodos glaciares, variacións no nivel do mesmo. Atópanse nun estadio de colmatación bastante avanzado, porque a forza do mar e a pouca capacidade dos ríos non fan posible a saída dos sedimentos cara a fóra. Ría de Ribadeo
  • 6. RÍA DE RIBADEO OU DO EO Alongada e estreita (10 km de lonxitude e 800 m de largor medio), case rectilínea, limitada por unha costa de cantís rochosos de lousas, xistos e areiscas. O curso baixo do Eo forma chairas aluviais moi planas e terrazas dando lugar a un esteiro de extensas marismas que quedan ao descuberto na baixamar. É unha área con importantes valores ecolóxicos protexida como LIC/ZEC, ZEPA e Humidal RAMSAR.
  • 7. Pena Furada na boca da Ría de Ribadeo
  • 8. Faro na Illa da Pancha na costa exterior da Ría de Ribadeo. Foi construído en 1880.
  • 9. RASA DE RIBADEO Forma parte da rasa Cantábrica que se extende desde o cabo de Peñas (Asturias) ata Burela. É unha superficie elevada (planalto) sobre o nivel do mar, moi chan, cunha pendente suave cara ao mar que se corta bruscamente terra adentro, na liña na que se cree que antigamente estaban os cantís. Comeza con maior altura en Asturias, con 110 a 120 m, e vai descendendo pouco a pouco ata Burela onde só acada de 3 a 5 m. Na beira costeira remata en zonas de cantís que caen case rectos, e zonas de praias. Está interrompida polos vales dalgúns ríos. Vista desde O Mondigo sobre a Rasa Cantábrica, desde a punta Corveira ata a praia de Esteiro.
  • 10. A orixe da Rasa rasa foi moi estudada por diversos especialistas que barallan distintas hipóteses sobre as causas que puideron actuar máis ou menos combinadas: proceso tectónico de fallas e levantamento da costa no final da Oroxenia Hercínica, movementos epiroxénicos Alpinos, e elevación e descenso do nivel do mar con maior ou menor acción erosiva. Punta de Penas Brancas. Toda a formación do planalto cantábrico está intensamente repregada pola Oroxenia Hercínica.
  • 11. Porto de Rinlo, unha pequena poboación pesqueira asentada nun abrigo natural da costa, que tradicionalmente se dedicou ao marisco.
  • 12. Praia das Illas. Entre as praias dos Castros e das Illas atópase un grupo de illotes chamados “Os Castros”, que, segundo a tradición local, estaban unidos entre sí formando un castro.
  • 13. AS CATEDRAIS Área de cantís e praias que só teñen acceso na seca. A intensa erosión e a disposición dos estratos da lugar a formacións moi curiosas e espectaculares: arcos, furnas, illotes, columnas, buratos (bocas do inferno)... Está protexido como LIC, e Monumento Natural. Arcos a xeito de contraforte de catedral que dan nome a este singular monumento xeolóxico.
  • 14. Detalle das rochas que conforman os cantís das Catedrais, coa característica disposición horizontal dos estratos..
  • 15. As Catedrais nun sábado de verán. A praia mide 320 m de lonxitude e 10 m de largura media, pero coa marea chea practicamente desaparece.
  • 16. Praia de Arealonga, en San Miguel de Reinante, e Punta do Castro. Mide 950 m de lonxitude e 20 m de largor medio. Todos os veráns se celebra nesta localidade un nomeado concurso internacional de castelos de area.
  • 17. Praia de Longara (Barreiros). Esta praia, de fina area e 680 m de lonxitude, é un interesante museo xeolóxico onde podemos atopar furnas, arcos e pregues.
  • 18. Praias de Benquerencia desde a Punta de San Bartolo, linde leste da Ría de Foz. No litoral do concello de Barreiros, entre a punta de San Bartolo e a Punta do Castro, atópase unha sucesión de praias ás veces dificiles de diferenciar: San Bartolo, Remior, Coto, Pena da Salsa, Balea, Fontenla e Longara.
  • 19. RÍA DE FOZ De pequeno tamaño en forma de funil (máis aberta na saída ao mar que no seu fondo) rodeada de xistos e areíscas. Nela desembocan os ríos Masma e Centiño e o rego do Esteiro. É unha ría en proceso de colmatación cunha ampla chaira intermareal lamacenta rodeada por marismas que se concentran na marxe dereita do interior da ría. Está protexida como LIC. Ría de Foz desde San Cosme de Barreiros
  • 20. Praia de Altar, de 950 m de lonxitude e 45 m de largor medio. Na parte externa da ría de Foz atópase unha frecha de area que tapa parcialmente a súa boca (entre as praias de Altar e Anguieira), resultado da interacción entre a dinámica interna da ría e unha corrente O-E que percorre a costa. Entre os anos 1969 e 1977 construíronse en Foz unha serie de espigóns que modificaron a dinámica da ría e fixeron practicamente desaparecer estra frecha arredor de 1980, mentres se xuntaba area na outra banda, na praia da Rapadoira. Na actualidade estase a rexenerar, despois da construción dun novo dique en 1988.
  • 21. Praia de Anguieira, no interior da ría Praia da Rapadoira, de 340 m de lonxitude e 100 m de largor medio, abrigada e de area fina. Punta Escoira, límite oeste da ría de Foz.
  • 22. RÍA DE FAZOURO Pequena ría moi colmatada, na desembocadura do río Ouro, pechada pola barra areosa da praia da Pampillosa. Está protexida como LIC Praia da Pampillosa e desembocadura do río Ouro
  • 23. Castro de Fazouro. Nas escavacións atopáronse cunchas de ostras, vieiras, mexillóns, percebes e berberechos, así como anzois e pesos para redes. Praia Area Longa desde Fazouro. Mide 850 m de lonxitude e 21 m de largor medio. é unha praia moi batida polo vento e a ondada..
  • 24. Praia de San Pedro, en Cangas de Foz. Ao fondo vense os Montes dos Cabaleiros que fan linde entre os concellos de Foz e Cervo.
  • 25. Cantís de Arca e Punta Cabrouro, linde entre os concellos de Foz e Burela.
  • 26. Cantís, coído e pregamentos do Predouro (Burela). Entre o Predouro e o porto de Burela atópase Castrelo, un conxunto de grande interese xeolóxico formado por pregamentos, distintos tipos de rochas e furnas, que so se poden visitar coa marea baixa.
  • 27. A Capela, curiosa furna producida pola erosión diferencial no cantil do Castrelo.
  • 28. Vista de Burela desde o miradoiro da área de lecer do monte Castelo. O porto de Burela é o principal porto pesqueiro e de mercadorías da Galiza cantábrica, especializado en pesca de altura (gran Sol), e costeira do bonito. A súa lonxa é a cuarta en importancia de Galiza.
  • 29. Praia da Marosa (Burela), unida ao casco urbano por un paseo marítimo.
  • 30. Restos dunha antiga factoría de salga e cantís da Barrosa en San Cibrao (concello de Cervo). Faro da Atalaia, no cabo San Cibrao. A torre antiga foi construída en 1860 e a nova en 1979 (comezou a funcionar en 1983) polo aumento de tráfico marítimo debido á instalación da factoría de alúmina-aluminio.
  • 31. Praia e vila de San Cibrao, na desembocadura do río Covo, coñecida como Ría de Lieiro. A parte antiga da poboación está asentada sobre unha península unida á terra por un istmo areoso formado polas praias de San Cibrao e Cubelas. Na vila de San Cibrao hai un interesante museo do mar. No pequeno porto de Morás houbo unha factoría baleeira.
  • 32. Porto de San Cibrao e factoría de alúmina-aluminio, inaugurada en 1980. A maior planta de Europa: ocupa máis de dous millóns de m2 e produce 1.300.000 tn de alúmina e 200.000 tn de aluminio primario.
  • 33. Os Farallóns, formado polas illas Baixa, Sombriza e Pé. Punta de Morás, cantís da Enseada e illa Sarón ou Ansarón.
  • 34. Vista desde a Punta Roncadoira cara á boca da Ría de Viveiro. A punta Roncadoira é un espléndido mirador sobre a costa da Mariña. Ten un faro construído en 1974.
  • 35. RÍA DE VIVEIRO Ocupa o comezo da chamada falla de Viveiro que chega case ata o Courel. Ábrese entre as puntas Cameiro e Mansa ou Saíñas, cun largor de 7 km e bastante profundidade. Na formación desta ría tivo unha grande influencia a diferente resistencia das rochas. A súa beira esquerda é de xistos e a dereita de granito de mica negra. No seu interior acolle as praias de Area, Celeiro, Esteiro, na marxe dereita, e Covas, Abrela, A Cuncha, Sacido, Teixoso e Area Grande, na esquerda. Está protexida en parte como LIC. Viveiro desde o monte San Roque, co esteiro do Landro e a praia de Covas, de 1380 m de lonxitude.
  • 36. Praia de Area desde o Monte Faro. Ten máis de 1 km de lonxitude.
  • 37. Porto de Celeiro, especializado en pesca (de altura e baixura) e carga. A lonxa de Celeiro, unha das máis importantes de Galiza, destaca sobre todo pola pescada do pincho.
  • 38. Cantís de punta Louseira. Área de lecer creada no antigo embarcadeiro de mineral da Silvarosa, unhas minas de ferro que pecharon.
  • 39. Praia de San Román (Arealonga). Mide case 1 km de lonxitude e conta cun importante sistema dunar que obstaculiza a saída ao mar do río Rendo
  • 40. Puntas Fuciño do Porco e do Embarcadoiro e illa Coelleira. Na punta do Embarcadoiro está o linde entre as rías de Viveiro e O Barqueiro. A illa Coelleira, hoxe importante colonia de aves acuáticas, tivo unha historia moi movida. No século XI nela refuxiáronse e foron exterminados os Templarios, e segundo conta a lenda só un conseguiu salvarse e cruzou a nado ata O Vicedo cunha imaxe de Santo Estevo.
  • 41. RÍA DO BARQUEIRO Ábrese entre as puntas de Embarcadoiro e Bares. Ten dous tramos ben definidos, o esteiro do Sor, máis pechado e pouco influído polo mar e a parte que vai desde o porto de Barqueiro, ata a boca da ría, máis aberta e profunda. É unha ría de beiras escarpadas, con cantís e praias (Arealonga, Vicedo e Xilloi) As rochas dominantes son granitos resistentes, con abundante seixo, e, no esteiro aparecen tamén cuarcitas, lousas e gneis. Na banda oriental da ría aparecen algúnhas bandas de ollo de sapo. Vista xeral da Ría do Barqueiro desde o Semáforo de Bares.
  • 42. Praia do Caolín ( Vicedo)
  • 43. Detalle do gneis ollo de sapo na praia de O Vicedo. O Vicedo
  • 44. Ría do Barqueiro desde a ponte sobre o Sor, río que separa as provincias de Lugo (O Vicedo) e A Coruña (Mañón). Á dereita atópase a praia de Arealonga e enfronte a vila mariñeira de O Barqueiro
  • 46. Coído do porto de Bares, formado por grandes penedos graníticos. O Porto de Bares remóntase á Idade do Bronce (século VII a. C.) e posiblemente sexa de orixe fenicia. Na zona apareceron tamén restos de ánforas, moedas de Caracalla e unha necrópole romana. Ao fondo vese a illa Coelleira.
  • 47. ESTACA DE BARES É o punto máis ao Norte na Península e divide as augas do Atlántico e o Cantábrico. A maioría da costa é rochosa con altos cantís formados en grande parte por rochas graníticas (extremo Norte da Serra da Faladoira) con cantís de ata 200 m, entre os que se atopan algunhas praias como as de Esteiro, Sarridal e Picón. É unha zona de gran interese paisaxístico, xeolóxico, ecolóxico e etnográfico. Protexido como LIC e Sitio Natural de Interese Nacional. Faro e punta de Estaca de Bares. A erosión nos granitos orixinou unha paisaxe de bolos. Na zona aparece tamén unha parte do dominio do gneis glandular Ollo de Sapo.
  • 48. Observatorio ornitolóxico de Bares (construído en 1988) e muíños aproveitando un rego que cae ao mar. As costas galegas son un dos principais lugares en Europa para o paso das aves mariñas, e Estaca de Bares é un dos puntos máis destacados xa que as aves que voan seguindo a costa vense obrigadas a rodeala e as que cruzan o mar fanno por este punto aproveitando a súa situación norteña.
  • 49. Cantís entre Estaca de Bares e punta Maeda iluminado co solpor
  • 50. RÍA DE ORTIGUEIRA É a maior das Rías Altas, con 12 km de lonxitude, de forma moi sinuosa e recortada, con numeros entrantes, zonas pouco fondas e lamacentas nos esteiros dos ríos Lourido, Casón e Landoi que caen da Serra da Capelada e Mera, Maior, Baleo, Ladrido e Cota procedentes das serras septentrionais da Dorsal Galega. A parte leste está ocupada por marismas e a Oeste por praias e cantís rochosos. Coa marea baixa queda ao descuberto unha ampla chaira intermareal. Está protexida como ZEPA, Humidal RAMSAR e LIC. A Ría de Ortigueira desde a Capelada. No primeiro plano o porto de Cariño e ao fondo Estaca de Bares.
  • 51. Praia de Esteiro, entre as puntas Vilardeira e Herbosa. O río Esteiro forma na desembocadura unha pequena marisma pechada cunha barra de area na que hai dunas.
  • 53. Vista desde os Cantís de Picón ata a Estaca de Bares. No primeiro plano a praia do Castro e Pena Furada. A continuación a punta do Rodicio, máis alá a punta Maeda, e ao fondo Estaca de Bares.
  • 54. Praia do Sarridal, Punta Bandeixa e Pena das Tres Marías, desde a Ribeira do Carro. Ao fondo Cabo Ortegal, pechando a Ría de Ortigueira.
  • 55. Pena das Tres Marías, chamada tamén Pena Furada e Pena do Carro.
  • 56. Praia e porto de Espasante. A praia coñécese tamén cos nomes de A Cuncha e Santa Eulalia e mide algo máis de 1 km de lonxitude. Desde o monte de San Antón vese toda a enseada de San Antón ata a punta Bandexa, coas praias de San Antón, Eirón e Mazorgán. Na praia de San Antón consérvanse interesantes restos xeolóxicos; lavas almofadadas, pregues...
  • 57. Praia de Morouzos, formada por unha barra de area que pecha parcialmente o esteiro do río Baleo (Ría do Ladrido). Mide 850 m e ten un sistema dunar moi amplo Ría de Ladrido, praias de Ladrido e Morouzos e illa de San Vicente. Na illa de San Vicente houbo un convento de franciscanos que foi abandoado no século XVI.
  • 58. Tramo de costa comprendido desde o Cabo Ortegal ata a península de Caión, en Arteixo. É unha costa orientada ao noroeste, de releve máis suave que o Cantábrico e con rías de maior amplitude con profundidades de ata 25 m. Hai dous tramos ben diferenciados, o das rías (rías Centrais e de Cedeira), e a cara exterior do Golfo Ártabro, formada por cantís de alturas variables. As costas son moi expostas aos ventos do Oeste. ARCO ÁRTABRO Outros nomes que fan referencia a esta gran área son o de Mariñas dos Frades ou Freires, Mariñas dos Condes.
  • 59. As chamadas Rías Centrais (A Coruña, Betanzos, Ares e Ferrol) teñen unha abertura común (parte central do Golfo Ártabro, entre cabo Prioriño e Punta Herminia) que segundo algúns autores pode ter relación cunha converxencia hidrográfica combinada cun sistema de movementos tectónicos e fallas, cun val principal que sería o do Eume no que confluirían os demais. A Costa Ártabra e unha área densamente poboada presidida por dous grandes núcleos de poboación, A Coruña e Ferrol. A Coruña
  • 60. A CAPELADA E O CABO ORTEGAL Desde o Cabo Ortegal ata a punta Ardillosa, na entrada da ría de Cedeira esténdese unha costa formada por elevados cantís nos que dominan as rochas metamórficas escuras e densas (anfibolitas, granulitas, ecloxitas e serpentinitas) que corresponden a un anaco do manto terrestre arrancado pola violencia da Oroxénese Hercínica e depositado sobre materiais máis recentes. Os fortes ventos e a composición química dos solos dificulta o desenvolvemento das plantas, polo que esta zona é rica en especies pouco comúns ou únicas. A Capelada é un Punto de Interese Xeolóxico internacional e está protexida como LIC. Cabo Ortegal e Punta dos Aguillóns. Forma escarpes verticais de máis de 100 m de altura e prolóngase nun conxunto de illas Os Farallóns (Cabalo Xoán, Os Tres Irmáns, Ínsua Maior, Rodicio e A Lonxa).
  • 62. Cabo Ortegal e cantís do Limo, con 558 m de altura
  • 63. Cantís de Vixía Herbeira, os máis altos de Galiza, con 613 m de altura, e uns dos máis altos de Europa. Abaixo a punta Robaliceira e ao fondo os cantís do Limo.
  • 64. Cantís de Santo André de Teixido e Penas Gabeiras
  • 65. Cantís do Frontón da Candieira. Teñen un grande interese xeolóxico polas formacións de gneis moi repregados, serpentinitas e granulitas.
  • 66. RÍA DE CEDEIRA Ábrese entre as puntas Ardillosa e Chirlateira. Ten 5 km de fondo e 4 de largor. Está Formada polos ríos Condomiñas, Porto do Cabo e Forcadas. A parte máis fonda da ría está ocupada polo esteiro, moi colmatado, do río Porto do Cabo. O exterior da ría ábrese sobre anfibolitas e o interior é de xistos. Na banda norte atópase a vila de Cedeira cun importante porto pesqueiro de baixura.
  • 67. Praia Loira ou de Vilarrube (Valdoviño), de 1.420 m de lonxitude e 75 m de largor medio, formada polas frechas de area que se acumulan nas desembocaduras dos ríos Porto do Cabo e As Forcadas. Ten un amplo sistema dunar fixado pola vexetación.
  • 68. Praia do Rodo e punta Gabeiras, desde a punta Corveira. A praia do Rodo en Pantín (Valdoviño) mide 950 m e conserva, detrás do sistema de dunas, unha lagoa case totalmente colmatada.
  • 69. Praia, lagoa e punta Frouxeira. A lagoa de Valdoviño ou da Frouxeira ten 1.500 m de lonxitude e 500 m de largor, separada do mar por unha barra areosa e un sistema de dunas. Está alimentada polos regos do Vilar e do Foxo e ten unha estreita canle de desaugue. Está protexida como LIC/ZEC e Humidal RAMSAR.
  • 70. Faro do Cabo Prior. O cabo Prior forma unha península entre as praias de Santa Comba e San Xurxo. Está formado por rochas graníticas erosionadas en forma de grandes bolos.
  • 71. Lagoa e praia de Doniños, Illas Gabeiras e punta do Castro. A lagoa de Doniños ten un largor máximo de 500 m e está separada do mar por unha praia de 2 km de lonxitude e un cordón de dunas fixadas pola vexetación. As augas están lixeiramente salinizadas por filtracións do mar.
  • 72. RÍA DE FERROL Está limitada polo cabo Prioriño no norte e a punta da Coitelada no sur. Acada 17 km de lonxitude e 2 km de largor medio. É unha ría con dúas partes ben definidas: unha canle de entrada estreita coas beiras escarpadas e un interior amplo con varios seos. Na parte interior ten unha grande acumulación de sedimentos lamacentos. O río principal que a alimenta é o Grande de Xubia. Tamén desemboca nela o río Belelle. As rochas dominantes son granitos na zona da boca e xistos no interior. O interior da ría está densamente poboado e con gran actividade industrial. As vilas máis importantes son Ferrol, Narón, Xubia, Neda, Fene e Mugardos.
  • 73. O Cabo Prioriño sinala o extremo norte da Ría de Ferrol. A costa está formada por cantís graníticos de media altura con pequenas praias. Nas proximidades estase a construir o porto exterior. Seo do Baño e porto de Mugardos, vila de tradición pesqueira desde tempos antigos. Cantil da punta Coitelada.
  • 74. RÍA DE ARES Formada polo río Eume. O fondo, entre o final das Fragas do Eume e a frecha de Cabanas está ocupado por sedimentos entre os que o río forma amplos meandros. Desde Cabanas ata a punta de Camouco é relativamente estreita e logo ábrese entre o seo de Ares e a punta da Cruz, no norte e Ber no sur, para xuntarse e compartir a boca coa de Betanzos. As rochas dominantes son os xistos e nas puntas, pedra de gran. RÍA DE ARES-BETANZOS Comparten unha grande parte da súa extensión nunha boca común entre a punta Coitelada e a costa de Dexo.
  • 75. O Raso. Entre a punta do Castelo e a punta do Camouco, atópase o seo de Ares circundada por tres praias que forman un conxunto de case tres quilómetros de lonxitude: Ares, Seselle e O Raso. Praia de Cabanas, de 1.400 m de lonxitude. Está asentada sobre a frecha que pecha parcialmente o esteiro do Eume
  • 76. Pontedeume, coa torre dos Andrade dominando o conxunto. Esta vila, situada no esteiro do Eume conserva un bo casco antigo con casas tradicionais e monumentos de grande interese. É un importante centro turístico e porta de entrada ao parque Natural das Fragas do Eume.
  • 77. RÍA DE BETANZOS Mide 12 km de fondo e presenta dous sectores ben diferenciados. O primeiro, de Betanzos ata a ponte do Pedrido, é un esteiro típico onde sedimentan as lamas transportadas polos ríos Mandeo e Mendo. O segundo, entre as puntas Lavadoira e Torella, é máis amplo e conflúe coa ría de Ares. As rochas dominantes son xistos, filitas e lousas. É unha importante zona marisqueira (ameixa, berberecho...). Unha parte está protexida como LIC. Ponte do Pedrido, na desembocadura do Mandeo.
  • 78. Praia Grande de Miño (1360 m), formada sobre a frecha que pecha o esteiro do río Baxoi. Miño é un dos centros de veraneo máis importantes de Galiza.
  • 79. Sada, un porto de orixe fenicia e poboado desde a antigüidade, como dan testemuña os numerosos achádegos arqueolóxicos da zona. Na actualidade é unha vila pesqueira e turística. A praia de Sada, de 400 m de lonxitude, está situada en pleno casco urbán e é unha das máis concurridas da zona.
  • 80. Punta Gaivoteira desde a praia de San Pedro.
  • 81. COSTA DE DEXO E SEIXO BRANCO Tramo de costa comprendida entre a Punta Torella e o Faro de Mera, con zonas de cantís moi recortados, de entre 25 e 40 m de altura, entre os que se atopan zonas de pendentes suaves e pequenas calas; e varios illotes rochosos entre os que destacan A Marola e O Corval. As rochas dominantes son os xistos con grande variedade de diques, fracturas e pregues. Está protexida como LIC/ZEC e a punta de Dexo e Seixo Branco é Monumento Natural.
  • 82. Porto de Dexo e a Marola. O porto de Dexo é un pequeno entrante no cantil que serve de abrigo a unhas poucas gamelas. O Seixo Branco.
  • 83. RÍA DA CORUÑA É unha ría curta e ampla, que se abre entre a punta de Mera e a Punta Herminia, cunha separación de 4 km e unha lonxitude total de 14 km, dos que case a metade corresponden á chamada ría do Burgo formada polo esteiro do Mero, o río principal que está separada da parte máis ancha pola frecha de Santa Cristina. Ten un perfil recortado con varios seos (A Coruña, Mera, Santa Cruz) e numerosas praias. Está densamente poboada e ten unha grande actividade industrial e turística. A poboación máis importante é a cidade de A Coruña. Á súa beira atópanse tamén, O Burgo, Perillo, Santa Cruz e Mera. Seo de Mera, coa Coruña ao fondo
  • 84. O Faro de Mera e a Torre de Hércules son as luces que sinalan os lindes da Ría da Coruña.
  • 85. Praia de Santa Cristina. Aséntase na frecha que separa a ría do Burgo da de A Coruña. Está formada polo enfrontamento entre a ondada do mar e as achegas do río Mero.
  • 86. Dársena e Avenida da Mariña. A Coruña medrou durante os séculos XVIII e XIX grazas á relación comercial con América. Na actualidade é un importante centro comercial e de servizos que conta con preto de 250.000 habitantes. É o primeiro porto do estado en desembarco de peixe fresco e o segundo centro industrial de Galiza.
  • 87. Praia de Riazor nun día de verán (1983). As praias de Orzán (700 m de lonxitude) e Riazor (710 m) está situadas en pleno centro da cidade e son das máis concurridas de Galiza. Torre de Hércules, na punta Herminia. Foi construída como faro polos romanos e máis tarde reformada. Na actualidade segue en funcionamento.
  • 88. Illas de San Pedro, un conxunto de cinco illotes moi próximos á costa.
  • 89. Praia de Barrañán, Sabón e Punta Langosteira. A praia de Barrañán é un grande areal de case 2 km de lonxitude cun sistema dunar ben conservado. Forma un conxunto, separado por pequenos saíntes rochosos, coas pequenas praias de Cambouzas e Santa Irene.
  • 90. ARCO FISTERRÁN Costa da Morte Tramo de costa comprendido entre a Península de Caión e o Monte Louro, na boca da Ría de Noia. Coñécese tamén como COSTA DA MORTE, aínda que este nome aplícase, sobre todo, ao tramo entre as Illas Sisargas e a punta de Fisterra. Unha parte está protexida como LIC/ZEC e ZEPA.
  • 91. O Arco Fisterrán e un dos tramos de costa máis accidentado e heteroxéneo de toda Galiza onde podemos atopar cantís, illas, lagoas costeiras, sistemas dunares, praias, coídos, seos... e unha grande diversidade de ecosistemas de costa rochosa e areosa nos que habitan moitas especies de interese. É unha importante área de pesca e marisqueo e recentemente tamén de grande interese turístico.. O Roncudo
  • 92. Praia do Caracoliño ou Salseiras e península de Caión. Caión é unha pequena e antiga vila mariñeira do concello de A Laracha asentada na península do mesmo nome.
  • 93. Praias de Razo e Baldaio. O conxunto formado polas praias de Pedra do Sal, Baldaio e Razo forma un areal de máis de 5 km de lonxitude situado entre as puntas da Fonte e Razo, no Concello de Carballo. Está formado por unha praia-barreira cun sistema de dunas, unha lagoa e unha ampla marisma. É unha importante zona de invernada e descanso de aves acuáticas.
  • 94. Punta Chan de Razo. A Pedra do Sal, praias da Pedra do Sal e Baldaio. Os cantís desta zona teñen un grande interese xeolóxico. Están formados por granitos moi erosionados con intrusións doutras rochas, fallas e cortes nos que se poden observar sedimentos de distintas épocas.
  • 95. Malpica desde o cabo de Santo Hadrián Porto de Malpica, o máis importante de Bergantiños
  • 96. Vista das Illas Sisargas e do Cabo Santo Hadrián. As Illas Sisargas son un pequeno arquipélago formado por tres illas maiores (Malante, Sisarga Pequena e Sisarga Grande) e varios illotes (Chalreu, O Xaceiro, Magnánimo) separadas do cabo Santo Hadrián por unha canle de 900 m de largor. A Sisarga grande é granítica e as outras están constituídas por gneis glandular e son de relevo máis suave. Están protexidas como ZEPA.
  • 97. Cantís e faro da illa Sisarga Grande. Está formada por granito de dúas micas. Ten unha superficie aplanada e todo o perímetro de abruptos cantís, agás unha pequena praia que cobre a marea, na que está o embarcadoiro que permite o acceso á illa e ao faro.
  • 99. Punta Nariga. Un saínte granítico de costas abruptas e cantís con curiosas formas erosivas.
  • 100. Punta do Roncudo, segundo a xente do mar da zona, a que da os mellores percebes do país. Entre a Punta Nariga e O Roncudo a costa é abrupta e case inaccesible, con altos cantís onde se cría o percebe. Ten dous puntos de acceso nas pequenas praias de Niñóns e A Barda.
  • 101. RÍA DE CORME E LAXE Ábrese entre as puntas Roncudo (ao norte) e Laxe (ao sur), na saída ao mar do río Anllóns, que desemboca ao oeste de Ponteceso. Ten dúas áreas diferenciadas: o interior, formado polo esteiro do Anllóns, protexido da forza do mar por unha barra de area de 2 km chamada a Ínsua e o resto do espazo, máis aberto, rochoso e recortado con algunhas zonas abrigadas nas que hai praias. As vilas máis importantes son Corme, no norte, Ponteceso, no fondo do esteiro do Anllóns, e Laxe, no sur. Ría de Corme e Laxe desde o alto do Monte Branco
  • 102. Praia e vila de Laxe. A praia mide 1320 m de lonxitude e conserva un bo sistema dunar. Corme (concello de Ponteceso), vila mariñeira de grande tradición con estreitas rúas e casas de cores que conviven coas embarcacións.
  • 103. Esteiro do Anllóns e fondo da ría de Corme e Laxe. Ao atoparse co mar o río Anllóns forma unha frecha de area onde se atopa a praia da Barra, Dolarís ou do Medio, de algo máis de 1 km de lonxitude. A area sobe polas aba do monte formando placas eólicas.
  • 104. Praia Soesto, de 860 m de lonxitude, entre as puntas Penedo do Corvo e Carreiroa. Nela desemboca o rego do mesmo nome. Ten un sistema dunar moi ben conservado con dunas remontantes de considerable altura. Un paseo únea coa praia de Traba.
  • 105. Lagoa e praia de Traba, desde os Penedos de Traba. Entre a Punta Catasol e a Punta das Pías unha barra de area pechou a saída ao mar dos ríos Traba e Rioval, formando unha lagoa, actualmente moi colmatada. A praia, de 2.630 m de lonxitude conserva un amplo cordón de dunas fixadas pola vexetación.
  • 106. Arou, pequeno porto separado de Camelle polo contraforte rochoso da Punta Percebeira. Peirao de Camelle, un pequeno porto da costa da morte que conta co legado de “Man”, un alemán que se instalou nunha cabana entre as rochas e realizou numerosas esculturas con pedras e outros materiais recollidos das praias.
  • 107. Punta de Santa Mariña. A costa entre Arou e o cabo Vilán está formada por granitos vermellos, erosionados polo mar e o vento, que conforman paisaxes espectaculares e formas caprichosas.
  • 108. Praia do Trece. Situada entre os cabos Tosto e Veo, cunha lonxitude de 1.260 m. Ten un bo sistema dunar onde se conservan especies pouco comúns noutras zonas da costa, como as camariñas. Os fortes ventos dominantes (fundamentalmente do oeste) acumulan unha grande cantidade de area nas abas próximas á costa. A area forma placas que se manteñen sobre as pendentes grazas á humidade e á fixación das plantas.
  • 109. Cabo Tosto ou do Trece O intenso traballo do mar formou unha rasa de abrasión que remata na punta do Boi e na que se acumulan bolos de granito desgastado polas ondas que forman os coídos ou boleiras.
  • 110. CABO VILÁN É un farallón formado na súa maior parte de rochas graníticas de cor vermella (granito de dúas micas) acompañado de xistos e cuarcitas con cantís de ata 80 m de altura. Foi declarado Sitio Natural de Interese Nacional en 1933.
  • 111. RÍA DE CAMARIÑAS Ábrese entre a Punta do Costado, ao norte e Punta da Barca, ao sur. O principal río é o Grande que desemboca na Ponte do Porto. No seu interior ábrense os seos da Vasa, na desembocadura do rego de Trasteiro, e Merexo, na desembocadura do rego de Moraime. Ao norte aséntase a vila de Camariñas e ao sur Muxía. Vista da boca da Ría de Camariñas presidida pola punta do Monte Farelo, na que se levanta a ermida da Virxe do Monte. Neste punto comeza unha das rutas costeiras máis espectaculares de Galiza que percorre a costa pasando polo Cabo Vilán, o seo do Trece e Santa Mariña ata Arou e Camelle.
  • 112. Camariñas, vila mariñeira que acolle barcos do cerco e artes de baixura. Praia do Lago, de 640 m de lonxitude, na desembocadura do rego de Ozón. Ao fondo vese a vila de Camariñas. Esta é unha praia de fisonomía moi cambiante polas variacións do curso do rego de Ozón entre as dunas de area movidas constantemete polo mar.
  • 113. Punta da Barca, límite sur da ría de Camariñas. Entre as rochas atópanse a Pedra de Abalar, a Pedra dos Cadrís e outras relacionadas con diferentes ritos.
  • 114. Praia de Lourido e Muxía, asentada na península que forma o Monte do Corpiño.
  • 115. Coído de Cuño. Situado ao pé do monte da Voutra. Está formado por unha mestura de coios graníticos de distintos tamaños. Estes bloques, situados hoxe na zona intermareal, parece ser que se acumularon nos períodos interglaciares do Cuaternario debaixo do mar que os redondeou.
  • 116. Cabo Touriñán desde o seode Cuño. O Cabo Touriñán está situado no extremo dunha pequena península granítica. No seu litoral alternan os cantís cos coídos. É a punta máis occidental de Galicia.
  • 117. Punta e illote da Ínsua e cabo da Nave
  • 118. RÍA DE LIRES Situada entre as puntas Cociñadoiro e Coído de Calboa, formada pola confluencia dos ríos Castro e Lires. Máis que unha ría verdadeira é un esteiro bloqueado por unha frecha areosa que impide que se baleire totalmente, formando unha lagoa fangosa. A marea chea supera o dique de area e renova a auga do interior. Boca da ría de Lires e praia de Nemiña, de 1.460 m de lonxitude. A forza do mar forma unha frecha de area que dificulta o desaugue do río do Castro.
  • 119. Praia do Rostro, de 2 km de lonxitude. Situada ao norte da península de Fisterra. Detrás da praia hai un extenso cordón de dunas fixadas por unha das vexetacións psamófilas mellor conservadas de Galiza, que pechan unha pequena zona de marismas con xunqueiras.
  • 120. Cabo da Nave. Situado ao pé do monte Veladoiro.
  • 121. Praia do mar de Fóra e istmo que une a península de Fisterra.
  • 122. PUNTA FISTERRA Atópase no extremo sur dunha península co punto máis alto no Monte Facho (241 m). Está formada por granito rosa con grandes cristais de feldespato. O Faro foi construído en 1853.
  • 123. Seo de Fisterra desde o monte Pindo. Á esquerda están as illas Lobeiras.
  • 124. RÍA DE CORCUBIÓN E CEE Situada no fondo d o grande seo que se forma entre o cabo Fisterra e o Monte Pindo. Ábrese entre o Cabo de Cee e a punta Galeira. O río máis importante é o de Cee. No fondo están situadas as vilas de Corcubión e Cee. Ría de Corcubión desde o alto do Pindo. Ao fondo vense as vilas de Cee e Corcubión e no primeiro plano a praia de Gures.
  • 125. Praia de Caneliñas, encaixada entre os macizos graníticos das puntas Galera e Preguntoiro. Aquí estivo funcionando a última factoría baleeira galega ata 1986, cando España se acolleu á Moratoria para a Caza de Baleas. Seo de Ézaro, na desembocadura do río Xallas. É um seo moi protexido, pechado por unha barra de area que forma a praia de Ézaro, de 730 m de lonxitude.
  • 126. Praia e porto de Ézaro cos macizos gráníticos do Pindo e A Ruña ás súas costas.
  • 127. PRAIA DE CARNOTA E DUNAS DE CALDEBARCOS Forman un sistema de marismas e dunas fixadas pola vexetación separadas do mar pola praia de Carnota, de máis de 7 km de lonxitude (a máis grande de Galiza). Nelas desembocan os ríos Valdebois e Arlindas. A marisma está partida en dúas zonas: Caldebarcos, ao Norte e A Lagoa, ao Sur, divididas pola punta Larada que separa as praias de Carnota e San Mamede ou Caldebarcos. Están protexidas como LIC.
  • 128. Boca do Río, Praias de Carnota e Dunas de Caldebarcos co Monte Pindo ao fondo.
  • 129. Praia de Lariño e Punta Ínsua. A praia mide de 1.870 m de lonxitude e está situada entre as puntas Ínsua e de Lens.
  • 130. A lagoa de Louro ou das Xarfas é de auga dóce e non ten comunicación co mar. So en temporais e épocas de mareas vivas o mar penetra a través dunha pequena boca. Praia de Louro ou Arealonga, de 1.470 m de lonxitude. Está asentada sobre unha frecha que pecha case totalmente a desembocadura do rego Longarelo formando a lagoa das Xarfas. Está protexida no LIC “Río Louro”, xunto coa lagoa.
  • 131. Monte Louro. Promontorio granítico de 241 m de altura que destaca pola súa situación illada no norte da boca da ría de Muros e Noia.
  • 132. RIAS BAIXAS Inclúe as rías de Muros e Noia, Arousa, Pontevedra e Vigo, unha sucesión de formacións paralelas, abertas ao oeste, con orientación NE-SO, dimensións de ata 29 km de lonxitude e máis de 50 m de profundidade, e unha costa moi recortada e variada. No exterior, entre unha ría e outra, atópanse tramos de costa exposta, con cantís máis ou menos abruptos e praias, como as zonas de Corrubedo, A Lanzada, Punta Faxilda, e a Costa da Vela. As condicións ambientais das Rías Baixas e a súa alta productividade fan que teñan unha alta densidade de poboación, así como un grande número de áreas de alto interese ecolóxico.
  • 133. RÍA DE MUROS E NOIA Ábrese entre Monte Louro, ao norte e o cabo Corrubedo, ao sur, orientada seguindo unha fractura con orientación SO-NO, con 18 km de lonxitude e unha superficie de 125 km2. É máis recortada na marxe dereita, ata a desembocadura do Tambre, co monte Tremuzo como fondo. Na marxe esquerda está flanqueda pola Serra da Barbanza. Os sedimentos dos numerosos ríos que desaugan na ría (Tambre, Tins, Donas, Bendimón, Soñora...) orixinan extensos areais e zonas lamacentas que quedan descubertas na baixamar e dan lugar a ricos bancos marisqueiros. Unha parte da ría está protexida como LIC/ZEC.
  • 134. Praia de San Francisco, a máis longa da ría con 760 m de lonxitude, é unha das máis concurridas da banda norte da Ría. Ao fondo o monte Louro.
  • 135. Illa da Creba. Ao fondo o Monte Enxa (serra da Barbanza), na outra banda da ría. O Freixo desde o monte Tremuzo. Na outra banda da ría as praias Mexilloeira e Boa. Pontenafonso, na desembocadura do Tambre, construída no século XIV sobre outra de base romana. Porto de Muros.
  • 136. Esteiro do Tins na Serra de Outes
  • 137. Vista do fondo da ría con Noia. Á esquerda as enseadas do Freixo e do Engano e á dereita a praia do Testal. Noia é unha antiga vila mariñeira que conserva un fermoso casco histórico.
  • 138. Praia do Testal, de 1850 m de lonxitude. Un dos mellores bancos marisqueiros da ría de Noia.
  • 139. Castro de Baroña. Está situado sobre un tómbolo rochoso ao pé da praia de Baroña. Entre a punta do Castro e a punta Calleira atópanse as praias de Arealonga e Queiruga (1.200 m de lonxitude). Portosín. Unha vila de grande desenvolvemento urbanístico asociado ao turismo. O seu porto acolle unha importante flota do cerco.
  • 140. Punta de Pedras Negras e praia das Furnas (Xuño). Punta xistosa con estratos verticais dispostos perpendicularmente á liña de costa o que favorece a erosión mariña e a formación de furnas e labirintos. A continuación atópase a praia de Basoñas, de 2.700 m de lonxitude.
  • 141. LAGOA DE XUÑO Moi colmatada, sen comunicación co mar. LAGOA DE SAN PEDRO DE MURO OU BASOÑAS Ten unha canle de desaugue que so sae ao mar nas grandes enchentas. Está pechada pola barra da praia de Basoñas.
  • 142. COMPLEXO DUNAR DE CORRUBEDO É o espazo que mira ao mar aberto entre as rías de Muros e Noia e Arousa, desde o cabo de Corrubedo ata a punta de Sagres. Unha barreira areosa de máis de 4 km de lonxitude, na que destaca unha gran duna móbil que dá lugar á formacion de varias lagoas e marismas. Esta protexido como Parque Natural, LIC/ZEC e humidal RAMSAR. Vista xeral da área dunar de Corrubedo. Ao fondo o cabo Corrubedo, á esquerda as praias Ladeira e Lagoa de 4.250 m de lonxitude e no primeiro plano a lagoa de Artes.
  • 143. A duna móbil de Corrubedo ten máis de 1 km de lonxitude, 200-250 m de anchura e 20 a 15 m de altura e avanza en dirección noroeste.
  • 144. Punta de Sagres, formada por grandes bloques de granito que forman bolos e covas. Moi preto están as illas de Sagres e Falcoeiro.
  • 145. RÍA DE AROUSA Ábrese entre as puntas de Couso, ao norte e O Castelo ao sur, separada da ría de Muros e Noia polo macizo montañoso da serra da Barbanza. É a maior das rías galegas, con 25 km de lonxitude, 10 km de largor na zona máis ampla e 230 km2 de superficie. Está formada pola unión dos vales fluviais dos ríos Ulla e Umia, e nela desaugan numerosos ríos de menor entidade: o Pedras, Lérez, Coroño, Te, que baixan da serra da Barbanza na marxe dereita da ría e o da Chanca, que baixa do Castrove, na marxe esquerda. A zona norte da ría é máis abrupta e de maiores fonduras, e a zona sur está ocupada por extensos areais e enseadas fangosas, nos arredores do esteiro do Umia. A Pobra do Caramiñal e a Illa da Arousa desde a Curota.
  • 146. A boca norte da ría de Arousa ábrese entre a punta Falcoeira, Sagres e a illa de Sálvora.
  • 147. Porto de Ribeira. O porto pesqueiro máis importante da Ría de Arousa e un dos máis importantes en pesca de baixura do país. Aguiño, primeiro porto da boca norte da Ría de Arousa. Entre as praias do Castro e das Tascas atópase un conxunto de illotes rochosos As Centoleiras e O Carreiro (illa das Sete Línguas).
  • 148. Praia de Coroso, de 1780 m de lonxitude, e vila de Ribeira.
  • 149. A ILLA DE SÁLVORA e os illotes próximos (Vionta, Gaivoteira, Herbosa e Nor), situadas na boca da Ría de Arousa, están incluídas no Parque Natural das Illas Atlánticas. Sálvora é a illa máis grande, de perfil chan, algo máis escarpada polo sur, cunha altura máxima de 77 m En 1870 instalouse alí a primeira fábrica de salga da ría de Arousa. Estivo habitada ata 1960.
  • 150. Seo de Boiro e península do Cabo da Cruz. No fondo do seo atópase a praia de Barraña, de 2.150 m de lonxitude. Castro do Neixón. Ao fondo Rianxo. Entre os dous ábrese a enseada de Taragoña. Palmeira conserva un porto coa estrutura tradicional no que todo está feito en pedra.
  • 151. Porto de Carril e illas de Cortegada e Malveiras.
  • 152. Illa de Cortegada. Cunha extensión de 50 ha e o relevo case chan. Por toda a illa hai abundantes loureiros, que, na cara norte, forman un bosque de características únicas. Esta singularidade foi o principal valor para a súa inclusión no Parque Nacional da Illas Atlánticas.
  • 153. Vista xeral de Vilagarcía da Arousa desde o Xiabre. O porto de Vilagarcía é o porto comercial máis importante da Ría da Arousa.
  • 154. Vilanova da Arousa, na boca do Esteiro, e a punta Ariño
  • 155. ILLA DE AROUSA É a illa máis grande de Galiza (6 km de lonxitude e 8 km2 de superficie) e a máis poboada, con máis de cinco mil habitantes. No extremo sur acolle o Espazo Natural “O Carreirón” incluído no LIC/ZEC Ons-O Grove, de grande interese pola flora das dunas e a presenza de aves acuáticas. Praia de Xestelas, na costa do parque do Carreirón.
  • 156. Praia Area da Secada e Punta do Faro, no norte da illa de Arousa.
  • 157. Torre de San Sadurniño e areal do Serrido (Cambados). O areal do Serrido é un importante banco marisqueiro que ocupa case totalmente o esteiro do río Umia. A Torre de San Sadurniño formaba parte, xunto coas da Lanzada e Catoira, dun sistema defensivo construído no século X para defender a Ría de Arousa dos ataques normandos.
  • 158. Seo do Umia, illa da Toxa é a área comprendida entre o istmo da Lanzada e a desembocadura do Río Umia en Cambados. É unha zona de costa recortada e protexida con augas pouco profundas e mornas. Ten varias illas: A Toxa, A Toxa Pequena, O Beiró, Loraña, Bico da Ran e illotes areosos (Tourís e Marma). A grande cantidade de sedimentos deixados polos Ríos Umia, A Chanca, Francón, rego dos Mouros... forma bancos de area que alternan con zonas lamacentas e dan lugar a ecosistemas dunha grande diversidade biolóxica. Está protexida como LIC/ZEC, humidal RAMSAR e ZEPA.
  • 159. Vista do Tómbolo da Lanzada desde o Monte da Siradella, un cume de 157 m, o máis alto da península do Grove, un espléndido miradoiro sobre a ría de Arousa e a costa da Lanzada. É un istmo areoso que une O Grove ao continente. Na parte que dá ao mar aberto aséntase a praia da Lanzada; a zona intermedia está formada por dunas fixadas pola vexetación, entre as que hai varias lagoas estacionais orixinadas por antigas explotación de area; e a interior da á Enseada.
  • 160. O Grove. Importante porto pesqueiro e marisqueiro e centro turístico especializado en actividades relacionadas co mar.
  • 161. Lagoa Bodeira. Pequena lagoa litoral separada do mar pola praia e dunas da Mexilloeira, no lugar de Reboredo (San Vicente-O Grove).
  • 162. Praia Mexiloeira. A costa norte da península do Grove é unha sucesión de praias separadas unhas de outras por saíntes de bolos graníticos. Destacan as praias das Pipas, Mexiloeira, Piñeiróns, Area Grande e O Carreiro. Nesta zona atópanse numerosas instalacións de salga e no Carreiro a necrópole de Adro Vello.
  • 163. Entre as rías de Arousa e Pontevedra atópase a costa exterior da península do Grove e a de Noalla (Sanxenxo) na que se alternan formacións rochosas de distinta composición (granitos, gneis) con alturas de ata 15 m, e areais. Rochas traballadas polo mar na zona do Con Negro.
  • 164. Praia da Lanzada, unha praia emblemática en Galiza, pola súa extensión (2.400 m), pola situación, no corazón das Rías Baixas e pola historia e os ritos e crenzas asociados a ela.
  • 165. Nun illote, unido a terra por unha construción, atópase a capela románica da Lanzada e unha das torres do sistema defensivo da ría de Arousa.
  • 166. Punta Corveiro. As rochas da costa de A Lanzada e Noalla forman parte do complexo metamórfico Cabo Home-A Lanzada, formacións de rochas diversas entre as que se atopan cuarcitas, xistos e gneis nas que se poden observar diferentes pregamentos e micropregamentos. Pregamento na praia de Bascuas.
  • 167. RÍA DE PONTEVEDRA É a máis pequena das rías baixas e ábrese, seguindo unha fractura con dirección SO-NE, entre a península do Grove, ao norte e o o cabo Udra, ao Sur. Está separa da da ría de Vigo pola península do Morrazo (Serra de Domaio). O río máis importante que desauga nela o o Lérez e do Castrove e Domaio baixan pequenos regatos. Na boca da ría atópase o arquipélago de Ons e no seu interior a illa de Tambo. É unha ría moi poboada e con intensa actividade pesqueira, marisqueira e industrial. As poboacións máis importantes son Pontevedra, Marín, Sanxenxo, Portonovo e Bueu. Vista desde O Castrove.
  • 168. Punta Cabicastro, límite norte da zona interior da ría de Pontevedra. Nas proximidades atópanse as praias de Paxariñas e Canelas.
  • 169. Praia de Baltar e Portonovo, unha vila mariñeira e turística.
  • 170. Praia de Silgar e Sanxenxo, unha das vilas turísticas máis coñecidas do país.
  • 171. Raxó, unha pequena vila mariñeira da ría de Pontevedra cun porto dedicado á pesca de baixura e o marisqueo. En primeiro plano a praia de Xiorto e ao fondo a illa de Tambo. Praia de Areas, un areal de 600 m de lonxitude orientado ao sur e abrigada entre as puntas de Barreiros e do Festiñazo.
  • 172. Combarro, unha vila mariñeira que conserva un dos conxuntos arquitectónicos populares máis interesantes de Galiza e no que destacan as casas mariñeiras e os hórreos (máis de trinta) á beira do mar. Praia de Lourido, nas proximidades da cidade de Pontevedra. Na desembocadura do Lérez, no fondo da ría, aséntase Pontevedra, unha cidade que foi un dos portos máis importantes de Galiza e que na actualidade practicamente non ten actividade.
  • 173. Porto de Marín, cidade cunha importante actividade pesqueira e de cabotaxe e sede da Escola Naval.
  • 174. Praia e porto de Aguete.
  • 175. Praias de Agrelo e Porto Maior, situadas entre a Punta Corveiro e o Monte Gordo, nas proximidades de Bueu.
  • 176. Porto de Bueu, onde alternan pequenas embarcacións artesanais con grandes buques de arrastre.
  • 177. CABO UDRA Situado no extremo Noroeste da Península do Morrazo, no límite da ría de Pontevedra, pechando polo leste a enseada de Aldán. Está protexido como LIC/ZEC.
  • 178. A RÍA OU SEO DE ALDÁN ábrese entre o Cabo Udra ao norte e a punta de Couso ao sur. No seu fondo desemboca o río Orxás que forma un amplo esteiro que queda en seco na marea baixa. No interior atópanse praias abrigadas de areas finas como Menduíña, Os Picos, Arnelas, San Xián e Area Brava.
  • 179. Praia de Menduíña, na banda norte do seo de Aldán.
  • 180. ILLAS DE ONS Grupo de illas formado por Ons, Onza e illotes próximos (O Centolo, As Freitosas, O Fedorento, O Cairo, O Gaiteiro e o Xubenco), situadas fronte á Ría de Pontevedra. Forman parte do Parque Nacional das Illas Atlánticas e do LIC “Complexo Ons-O Grove”. Illa de Óns,con abruptos cantís na parte que da ao mar aberto.
  • 181. COSTA DA VELA OU DE SOAVELA Zona de cantís de granitos e gneis, de ata 150 m de altura, entre a Punta de Couso e Cabo Home, no extremo Sur-Leste da Península do Morrazo. Está protexida como LIC/ZEC.
  • 182. O Cabo Home ten tres puntas e entre dúas delas atópase a praia de Melide con dunas fixadas por un bosque de piñeiros bravos e de Monterrei. As rochas do cabo son metamórficas (gneis) e forman parte dun complexo que vai desde Malpica ata o Sur de Galiza.
  • 183. RÍA DE VIGO Ábrese entre o Cabo Home, ao norte e Cabo Silleiro, ao sur. É a ría máis longa de Galiza, con 33 km, unha superficie de 176 km2 e unha profundidade máxima de 44 m. O río principal é o Verdugo e outros son o Lagares e o Miñor. O estreito de Rande separa a parte interior chamada Seo de San Simón, unha zona abrigada con augas pouco profundas, da exterior, máis aberta e de augas máis fondas. Na ría altérnanse os tramos rochosos, de pouca altura, os areais e as marismas. Ten importantes núcleos de poboación: Vigo, Redondela, Arcade, Cangas, Moaña...
  • 184. As praias de Barra e Nerga están situadas ao leste do Cabo Home e separadas entre sí por uns saíntes rochosos. Forman un areal de dous quilómetros de lonxitude e conservan un bo sistema de dunas fixadas por un bosque de piñeiro manso.
  • 185. O Morrazo, Cabo Home e illas Cíes. A banda norte da ría de Vigo, desde o estreito de Rande ata Cangas está ocupada por un contínuo de núcleos habitados difíciles de diferenciar: Domaio, Meira, Moaña, Cangas...
  • 186. Interior do seo de Meira
  • 187. Seo de San Simón, situado no fondo da ría de Vigo. É unha cubeta tectónica moi colmatada de sedimentos procedentes das achegas dos ríos Verdugo, Tuimil, Pontenova, Alvedosa e Macerras. No interior atópanse as illas de San Simón e Alvedosas. Está protexida como LIC/ZEC. A Illa de San Simón (en realidade son dúas pequenas illas unidas por unha ponte) están situadas fronte á praia de Cesantes, un acolledor areal de 2.400 m de lonxitude.
  • 188. Pontesampaio e Arcade, na desembocadura do río Verdugo.
  • 189. Chapela e estreito de Rande. Chapela é un núcleo portuario e industrial que pertence ao concello de Redondela.
  • 190. Porto de Vigo e ría desde o monte do Castro. Vigo é a cidade máis grande de Galiza, con case 300.000 habitantes, é o máis importante porto pesqueiro e conserveiro do Estado e un dos primeiros de Europa. É o primeiro centro industrial de Galiza, no que destacan a construción naval, a produción de automóbiles e a industria conserveira.
  • 191. Praia de Samil, un areal de 1.700 m de lonxitude. A súa proximidade ao centro de Vigo convértea na máis concurrida e mellor dotada de servizos.
  • 192. Desembocadura do Lagares, praia da Foz e illa de Toralla. Cabo Estai, na banda sur da ría de Vigo.
  • 193. Praia de Patos, un areal de 2.000 m de lonxitude ao abrigo da península de Monteferro.
  • 194. Punta de Meda e illas Cíes desde Monteferro.
  • 195. Illas Estelas e Cabo Silleiro desde Monteferro. As illas Estelas son dúas pequenas illas graníticas (Estela Grande e Estela Pequena), situadas fronte á punta de Meda entre a Ría de Vigo e a de Baiona, fronte a Panxón. A costa é rochosa agás algunha pequena praia. Están protexidas como LIC/ZEC.
  • 196. Praia América, ou de Lourido, en Panxón. Panxón (concello de Nigrán) é unha vila mariñeira e turística situada ao abrigo de Monteferro ao pé dos areais de Panxón e Praia América, separadas polo río Muíños.
  • 197. Vista desde os montes da Groba: Monteferro, Panxón, A Ramallosa e frecha da desembocadura do río Miñor sobre a que se asenta a praia Ladeira. As Marismas da Ramallosa, separadas e defendidas do mar aberto pola ampla barra areosa da praia Ladeira, están protexidas como LIC/ZEC.
  • 198. Punta do Boi Na península que se chamaba Monte do Boi aséntase o castelo de Monterreal. Baiona e Monte Real. A vila de Baiona é na actualidade un dos centros turísticos máis coñecidos de Galiza que conta cun concurrido porto deportivo. Foi durante os séculos XVI e XVII a base da flota defensiva de Galiza e o lugar da arribada da primeira carabela que viña de América.
  • 199. ILLAS CÍES Arquipélago situado na boca da ría de Vigo formado polas illas do Medio ou do Faro, Monteagudo, San Martiño e varios illotes. Teñen unha superficie emerxida de 446,35 ha. A altitude máxima atópase na illa Norte ou Monteagudo (Alto das Cíes, con 197 m). As costas occidentais das tres illas son cantís abruptos batidos polos temporais do Atlántico e as orientais ladeiras suaves con areais e sistemas de dunas. Forman parte do parque Nacional das Illas Atlánticas de Galiza.
  • 200. Praia de San Martiño. Monte Faro, na illa do Medio
  • 201. ARCO MINIANO-DURIENSE Inclúe o tramo de costa desde o Cabo Silleiro ata a desembocadura do Miño. Unha costa rectilínea, con dirección norte-sur, rochosa, baixa e exposta, na que se aprecia unha ampla rasa de abrasión antigamente mergullada no mar e que emerxeu en épocas xeolóxicas recentes. A costa, moi exposta, é rochosa practicamente en toda a súa extensión con algunhas pequenas praias e coídos. A única entrada é a pequena enseda de Oia. Toda a zona é unha importante área de pesca e marisqueo (percebes, langosta, nécora, polbo...).
  • 202. Illotes Carral e Polbeiras, fronte ao Cabo Silleiro. Nun percorrido entre Baiona e A Guarda o que máis chama a atención é a costa rochosa na que o mar bate sen descanso.
  • 203. Cabo Silleiro, límite sur da ría de Vigo. Illotes Carral e Polbeiras, fronte ao Cabo Silleiro.
  • 204. Coido na costa de Oia
  • 206. Vista da liña da costa desde o alto do Torroso.
  • 207. A Guarda desde o alto do Tegra. A vila da Guarda é o porto pesqueiro de Galiza situado máis ao sur. Aséntase sobre unha rasa costeira fronte ao atlántico protexida por uns saíntes rochosos sobre os que se construíu o actual peirao.
  • 208. Monte Tegra, de 341 m de altura, marcando o remate da costa galega na desembocadura do Miño. Ao seu pé atópanse as praias do Muíño, Camposancos e Lamiña.
  • 209. ESTEIRO DO MIÑO O Miño desemboca no Atlántico formando un esteiro de 8 km de lonxitude e entre 0,5 e 1,8 km de largor, situado sobre unha antiga falla flanqueada por bloques graníticos. É pouco profundo e con escasa pendente e o influxo das mareas chega ata Tui, 30 km río arriba. Os sedimentos do esteiro forman numerosas illas e bancos de area que afloran na marea baixa (ariños). A diversidade de hábitats e ecosistemas ben conservados fan do Baixo Miño un lugar de grande riqueza biolóxica tanto no río como na zona costeira. Está protexido como LIC/ZEC. Vista do esteiro do Miño desde O Rosal.
  • 210. Praia do Muíño en Camposancos.
  • 211. Vista, desde o monte Tegra, do esteiro do Miño á altura da unión co Tamuxe. En primeiro termo aparece a illa Canosa, detrás as do Grilo, Bimbias e Varandas. Máis a fora o illote areoso Morraxeira de Seixas.
  • 212. Montaxe: Adela Leiro FOTOS: Adela Leiro, Mon Daporta, Lucía Leiro, Rafael Fernández. Maio 2010