1. Club de lectura
“Gozando no Laxeiro”
Ola! Aquí estamos de novo
para presentarvos os libros
que lemos e recomendamos
entre nós durante o 2º
trimestre. O noso propósito
é darvos a coñecer lecturas
que seguro que vos van
deleitar.
Empezamos con Anabel, a
gañadora desta edición.
2. Illa Soidade
An Alfaya
Encantoume! Lucía vai no
tren que a leva a estudar a
carreira de periodismo.
Durante a viaxe lembra o
sucedido na Praza dos
Mistos. Alí coñeceu a Soa,
que lle permitiu achegarse
ao mundo dos indixentes.
Soa cóntalle no seu diario
como por amor a un artista
queda a vivir nas rúas de
París, como non poden
estar xuntos por medo a
que ela sufra a maldade do
seu maior inimigo.
Recoméndollo a calquera
que guste de ler; é un libro
que permite deternos, por
unha vez, na vida das
persoas sen teito, tan
invisibles na sociedade.
Anabel Ramos, 3º PDC
3. O pintor do sombreiro de malvas
Por motivos económicos da nai,
un rapaz está a pasar unha tempada
cunha tía, que non o quere, nunha
pequena vila francesa.
Hai un grupo de rapaces que non
deixan de meterse con el; no medio
está Adeline coa que acabará
véndose ás agachadas.
Un día chega un pintor que vai á vila
para esquecer o seu pasado. O rapaz
faise amigo del e pasan moito tempo
xuntos ata que o artista…
Gustoume moito este libro
que recrea anacos da vida do pintor
Vicent Van Gogh e anímoo a todos a
lelo.
Verónica Vázquez, 3ºPDC
Marcos Calveiro
4. É este un libro que reflicte
moi ben a vida dos nosos avós
cando eran novos.
Cóntanos a historia dun neno
pobre, Balbino, que vive na aldea.
Un día tivo que marchar do lugar
por ferir cunha pedra ao fillo do
ricachón da aldea e dono das
terras nas que traballa o pai.
Se queredes saber a historia
completa lédeo; recoméndovolo
porque dá a coñecer o que lles
pasou a moitas persoas
antigamente: a miseria, a
emigración, o poder do ricos, o
San Xoán, a morte, o longo loito,
a amistade…
Isaias Medala, 3ºPDC
Memorias dun neno labrego
Xosé Neira Vilas
5. Nárrase a historia
dunha rapaza chamada Silvia,
estudante de medicina, que
vai para a India traballar de
cooperante nun hospital. Alí
coñeceu persoas interesantes
como Mahendra, un príncipe
que perdera muller e fillos
nun lago, ou, a Leo, outro
cooperante co que ao
principio non se leva moi alá.
Na India, Silvia cambiou a súa
maneira de pensar e de ver o
mundo.
Paréceme un libro
moi recomendable tanto para
adolescentes como para os
que xa non o son, pois nel
coñecemos aspectos dunha
cultura distinta á nosa. A min
encantoume.
María Iglesia, 3ºPDC
Chamando ás portas do ceo
Jordi Sierra i Fabra
6. Ámote Leo A. Destino Xalundes
Rosa Aneiros
Gustoume dende a
primeira páxina e viaxei coa
protagonista por todos os
lugares nos que ela estivo:
Lisboa, Barcelona,
Andalucía, Marrakech,
Istambul…
Tamén sentín como miñas
todas as andanzas vividas
co grupo de amigos que
coñece.
Admiro a Leo por viaxar soa
e, ademais, coa oposición
da nai.
Quen será o que lle deixa
por todas partes unha
mensaxe de amor?
Aínda que é longo,
recoméndovolo a todos
porque é sinxelo de ler e
permítenos coñecer outros
países, outras cultura…
Miguel da Cunha, 3ºPDC
7. Os feitos desta
novela acontecen nunha
aldea de Iraq. O
protagonista non ten nai e
seu pai volve casar. Ao
pouco iníciase unha guerra
á que o pai ten que ir coma
outros homes das aldeas
veciñas. O pai desaparece e
Khalet decide ir na súa
busca para poder soterralo
no seu pobo. Aí inicia a súa
arriscada aventura por
distintas zonas dun país en
guerra, pero atopando a
persoas boas que o axudan.
O que máis me
gustou foi o sacrificio que
fixo o rapaz por ter seu pai
cerca da familia.
Manuel Pérez, 3º PDC
Irmán do vento
M. Lourenzo González
8. Venres ou a vida salvaxe
Michel Tourniel
É este un libro de aventuras: o
personaxe principal, Robison,
chega a unha illa deserta e alí
emprende unha nova vida. Salvará
a un indio, Venres, que se converte
ao principio no seu criado e logo,
no seu mellor amigo.
Destacaría moitas anécdotas da
vida na illa: a pelexa de Venres cun
macho montés, o refuxio de
Robison na cova branca para
perder o sentido ou, cando Venres
destruíu todo o mundo que creara
Robison. O que menos me gustou
foi que, ao final, Venres traizoara a
Robison marchando nun barco.
Javier Castro, 3º PDC
9. O can dos Baskerville
Arthur Conan Doyle
É esta unha novela policíaca: o tema
principal xira arredor dun can que lles
trae a maldición aos Baskerville porque
acaba con varios dos seus membros.
Destaco o personaxe de Sherlock Holmes
porque resolve con moita destreza os
enigmas que lle van propoñendo as
accións do asasino. Gustoume moito a
parte final cando, por fin, se enfrontan co
monstro e conseguen vencelo nunha
situación ben perigosa.
A verdade é que o que menos me gustou
foi que se acabase o libro e con el, todo a
intriga. Por iso recoméndollo a todos os
que gustedes de misteriosos crimes.
Marcos Sampayo, 3º PDC