SlideShare ist ein Scribd-Unternehmen logo
1 von 39
Downloaden Sie, um offline zu lesen
A EUROPA FEUDAL
Cerimonia da homenaxe , S. XIII.
A EUROPA FEUDAL
1. INTRODUCIÓN.
1.1 Que é o feudalismo?
1.2 Onde se orixina e por que?
2. SOCIEDADE FEUDAL.
2.1 Relacións de dependencia.
2.2 Orde estamental: nobreza, campesiños e clero.
3. ECONOMÍA FEUDAL (Como vivían os campesiños?).
4. A ARTE ROMÁNICA (O primeiro estilo europeo).
5. MONARQUÍA FEUDAL (Primus inter pares).
CARACTERÍSTICO DA EUROPA OCCIDENTAL
ENTRE OS SÉCULO IX E XV?
1. INTRODUCIÓN
1. 1 Que é o feudalismo?
SISTEMA
SOCIAL ECONÓMICO POLÍTICO
TRAZOS MÁIS IMPORTANTES DO SISTEMA FEUDAL
Desde o punto
de vista..
Caracterízase
por:
Concrétase
en:
SOCIAL
Organización social baseada en
relacións de dependencia e
fidelidade persoal.
VASALAXE
SERVIDUME
SOCIEDADE
ESTAMENTAL
ECONÓMICO
Sistema económico baseado nas
relacións de produción entre o
propietario da terra, o señor, e
quen a traballa, o campesiño, nun
contexto de predominio da
economía agraria.
FEUDO/SEÑORÍO
(unidade de produción)
Señorío territorial
POLÍTICO Debilidade dun poder político
central fronte a unha nobreza
laica e eclesiástica poderosa.
Rei= “primus inter pares”
MONARQUÍA FEUDAL
Curia rexia
RELIXIOSO
Fonte de lexitimación do sistema
feudal.
Cerimonia de coroación.
Vida regulada pola
Igrexa.
COMENTARIO DE IMAXES:
1
2
3
4
5
6
1. 2 Onde se orixina e por que?
a. Antecedentes:
- A crise obrigou a amplos sectores da
poboación a pedir protección aos grandes
propietarios rurais por medio da
encomenda.
- Primeiro Carlos Martel, co obxectivo de
conter a expansión musulmá, crea unha
potente cabalería formada por homes
libres (vassi) ós que se lle outorgaba un
beneficium (terras ou cargos) a cambio do
seu servizo militar e fidelidade persoal.
-Posteriormente, Carlomagno, fomentará o
vasalaxe entre a alta nobreza e magnates
locais coa finalidade de crear unha
complexa rede de relacións persoais baixo
os principios de fidelidade e protección (p.
19)
Vasalaxe na época carolinxia
A crise do século V
1. 2 Onde se orixina e por que?
b. Consolidación:
1. A fragmentación do imperio
carolinxio (tratado de Verdún, 843).
2. Segundas invasións nos século IX
e X (viquingos, musulmáns e
húngaros).
3. Os monarcas non tiña medios
suficientes para protexer a
poboación e a nobreza aproveita
esta situación para reforzar o seu
poder (os cargos e os feudos
pasan a ser hereditarios).
4. Castelos e mosteiros convértense
en lugares de refuxio para o
campesiñado que vían nos señores
(nobres ou eclesiásticos) a única
forza con capacidade militar para
protexelos.
Inseguridade, crise e
pobreza
Provocan
Provocan
A concentración de terra en
nobres, abades e bispos.
Refórzanse as relacións de
fidelidade persoal: vasalaxe e
a servidume.
COMENTARIO MAPA HISTÓRICO:
1. Marco cronolóxico e
espacial:
-Que proceso histórico se
representa no seguinte mapa?
-Onde e cando transcorreu?
2. Análise:
-Que pobos ameazaban a
seguridade de Europa?
-Que territorios atacaban cada
un destes pobos e como se
representan os ataques no
mapa?
3. Implicacións:
-Que relación podes establecer
entre as segundas invasións e
o feudalismo?
ESTAMENTAL
3 ORDES
Bellatores
(Nobreza)
Oratores
(Clero)
Laboratores
(Campesiños
e artesáns)
Organizada en:
Era
RELACIÓNS DE DEPENDENCIA
1. Vasalaxe
2. Servidume
Unida por:
Diferentes segundo o
estamento:
2. A SOCIEDADE FEUDAL:
“ (….) Guerreiros son os que
gardan os nosos burgos e tamén a
nosa terra, loitando con armas
contra exércitos que se nos
aproximen.
Clérigos son os que rezan a Deus
por nós e promoven o cristianismo
entre os pobos cristiáns, ao
servizo de Deus como traballo
espiritual, dedicados só a iso para
beneficio de todos nós.
(….) Campesiños son os que
proporcionan alimentos,
labradores e granxeiros dedicados
a iso”
Aelfric, arcebispo de Canterbury
Coloquio, 1005.
2.1 Relacións de dependencia
a) vasalaxe
ACTO DE VASALAXE:
-Cerimonia solemne á que acudían familiares e parentes.
-Constaba de dúas partes:
1. Homenaxe: o vasalo axeonllado, introducía as súas mans nas do
señor aceptando ser o seu vasalo. Xuráballe fidelidade,
comprometéndose a non prexudicalo e prestarlle axuda
económica, miliar e consello.
2. Investidura: o señor entregáballe ao seu novo vasalo un símbolo
do beneficio que lle concedía (un puñado de terra, unha vara, un
anel ou no caso dos bispos, un báculo). Na maioría dos casos o
beneficio era un feudo. É dicir, unha grande extensión de terra
que aseguraba o sustento do vasalo e o dereito de gobernala.
🡪A vasalaxe establecíase
entre o señor (que podía ser
un rei ou un gran nobre ou
eclesiástico) e o vasalo,
xeralmente outro nobre de
inferior categoría (exemplo
Rodrigo páx. 54).
2.1 Relacións de dependencia
b) servidume 🡪 Establecíase entre o campesiñado e os señores.
O señor dáballes aos campesiños protección, xustiza e permiso
para traballar a terra. A cambio o campesiño estaba obrigado a
traballar a reserva señorial, entregarlle unha parte da súa
colleita e pagar os dereitos señoriais.
ESTAMENTO FUNCIÓNS TIPOLOXIA
NOBREZA
-A vida dos varóns nobres xiraba
arredor da actividade militar. En
tempos de guerra prestábanlle axuda
militar ao señor coas súas tropas
(mesnadas). En tempos de paz
adestrábanse para a guerra
practicando a equitación, a caza e o
combate en torneos e xustas.
-Actividade militar que compaxinan
coa xestión do seu feudo ou señorío:
reciben vasalos, imparten xustiza e
recadan tributos e alimentos entre o
campesiñado (rendas) cos que
manteñen o castelo e custean
armamento e cabalos.
-Alta nobreza: vasalos
directos do rei como os
duques, condes,
marqueses e baróns.
-Baixa nobreza: nobres de
menor rango, fidalgos,
cabaleiros, persoas que
podían manter un cabalo
e o armamento de guerra.
2.2 Orde estamental
1. CASTELO DE VIMIANZO 2. CASTELO DE SOUTOMAIOR
4. CASTELO DE MONTERREI (*)
3. CASTELO DE SOBROSO
ESTAMENTO FUNCIÓNS TIPOLOXÍA
CAMPESIÑOS
-Constituían a maioría da poboación
medieval (90%).
-Os campesiños eran os encargados de
cultivar a terra e coidar o gando.
-As tarefas agrarias e outras actividades
complementarias realizábanse coa
participación de toda a familia:
Os homes: realizaban labores que
requiriran maior forza física (arar, segar ou
talar árbores). Algúns tamén
desempeñaban certos oficios
(carpinteiros, albaneis, ferreiros).
As mulleres: compatibilizaban as tarefas
agrarias (sementeira, colleita e vendima)
coas domésticas.
Os nenos: codaban aos animais e
apañaban leña.
-Campesiños libres: propietarios
da súa terra (alodios) e non
estaban suxeitos a un señor.
Podían dispoñer libremente de si
mesmos (casar, abandonar o
feudo, dedicarse a un oficio,…)
-Servos: traballaban a terra dun
señor e non tiñan liberdade
persoal. Non podían abandonar
as terras, nin casar, nin deixar
herdanzas sen permiso do señor.
Non obstante, o señor, que lles
debía protección e xustiza, non
podía golpealos, matalos ou
vendelos como escravos.
ACTIVIDADE: Observa a seguinte lista de actividades desenvolvidas polo campesiño
medieval e identifica cales pertencerían ao señorío territorial e cales ao xurisdicional:
1. Axudar ao mantemento do
castelo e aos servizos do
feudo.
2. Satisfacer multas xudiciais.
3. Pagar pontazgos, dereitos de
caza e pesca….
4. Obedecer as ordes do señor e
acatar a xustiza.
5. Prestacións en traballo na
reserva do señor.
6. Pagar os censos e as
primicias.
ECONOMÍA: Como era a vida dos campesiños?
- O centro da actividade económica eran os FEUDOS OU SEÑORÍOS
que constaban de dúas partes:
RESERVA SEÑORIAL
DOMINIO
MANSOS
DEFINICIÓNS:
Estaba formada polas
mellores terras, que o señor
se reservaba para a súa
explotación directa.
Pequenas parcelas
outorgadas ou
arrendadas polo señor
aos campesiños a
cambio do pagamento
dunhas rendas.
DISPUÑAN DE: O Castelo ou casa señorial
(ou o mosteiro no caso dun
señorío eclesiástico)
A aldea que era construía
en terreos gañados ao
bosque.
COMPARTÍAN:
-Prados con pasto para o gando.
-Bosques onde cazar, obter leña e abundantes froitos.
-Ríos onde pescar e aprovisionarse de auga.
Páx. 60
do libro.
ARTESANÍA E MANUFACTURAS AGRICULTURA
-As distintas manufacturas empregadas no
día a día, eran fabricadas nos talleres do
señorío (ferrería, carpintería,…).
-Algunhas instalacións eran propiedade do
señor e cobraba impostos (monopolios)
aos campesiños polo seu uso (muíño,
lagar, forno, ponte, prensa de viño.)
-Cultivaban principalmente cereais,
legumes, vide e oliveira.
-Gandería.
-Ferramentas rudimentarias (arado
romano)
-Escasa difusión do roda hidráulica.
-Predominio da ROTACIÓN BIENAL.
ECONOMÍA DE SUBSISTENCIA: destinada ao autoconsumo baixos rendementos e
poucos excedente, polo que o comercio era reducido pero:
1. Eran habituais os vendedores ambulantes que se desprazaban entre os señoríos.
2. Importancia dos mercados locais e rexionais (ferro e sal).
3. Mantense o comercio de longa distancia entre a cristiandade occidental e os
musulmáns.
- Os señoríos eran autosuficientes, neles realizábanse as tarefas
agrarias e fabricábanse todos os artigos necesarios para a vida cotiá:
ESTAMENTO FUNCIÓNS TIPOLOXÍA
CLERO
-No económico: posuían grandes
feudos e recibían doazóns. Tamén
tiñan dereito á décima parte de
todas as colleitas (décimo).
-No político: coroaban,
aconsellaban e arbitraban nas
disputas dos reis.
-No social: regulaban a vida das
persoas (cerimonias, festiviades e
obrigas relixiosas). Realizaban
labor social (asistencia a pobres,
hospitais e escolas)
-No terreo cultural: era o
depositario da cultura (nos
mosteiros había escolas e
bibliotecas onde se recompilaba o
saber). 🡪 ARTE ROMÁNICA
-Segundo destino e dedicación:
a) Clero secular (cardeais,
bispos, e párrocos): vivían
entre os laicos.
b) Clero regular (frades,
monxes e monxas): vivían
en comunidade nunha orde
relixiosa dentro dun
mosteiro (campo) ou
convento (cidades) baixo a
autoridade dun abade ou
abadesa.
- Segundo o nivel de vida:
a) Alto clero (cardeais, bispos
e abades/a).
b) Baixo clero (párrocos,
monxes/as e frades)
A vida monástica tivo unha gran importancia na Idade Media:
Os mosteiros construíanse
no campo e incluían
diferentes partes destinadas
a cada función: relixiosa
(igrexa); económica (horta,
corte, lagar,..); social
(hospedaxe, enfermería,…);
cultural (biblioteca,
scriptorium, escola,…) e
residencial (celas dos
monxes, refectorio,
claustro,..).
Os mosteiros estaban
habitados por ordes
monásticas, que podían
ser de homes ou mulleres.
Estaban sometidos a unha
REGRA (conxunto de
normas que regulan a vida
no mosteiro).
Unha das ordes medievais
máis importantes foi a dos
Beneditinos (fundada no
s. VI por San Bieito de
Nursia, rexíanse polo
principio de
“ora et labora”).
-No cultural: dispuñan de escolas
e bibliotecas. Os monxes
desenvolvían unha importante
labor copiando sobre pergamiños
obras da Antigüidade e novos
tratados relixiosos, filosóficos ou
científicos que ilustraban con
miniaturas.
-No económico: administraban as
terras do seu feudo/señorío,
dispuñan de servos para traballar
as terras e recibían rendas dos
campesiños. Os abades
comportábanse como señores
feudais.
AS ORDES MONÁSTICAS OS MOSTEIROS CULTURA E ECONOMÍA
Páx. 96
do libro.
1. Mosteiro de Armenteira (Pontevedra) 2. Mosteiro de Caaveiro (A Coruña)
3. Mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Sil 4. Mosteiro de Carboeiro (Pontevedra)
A ARTE ROMÁNICA: o primeiro estilo europeo.
Desenvolveuse durante a Plena Idade Media na Europa occidental, nos séculos XI e XII
(progresos cristiandade europea: fin das segundas invasións, melloras na agricultura,
crecemento da poboación e a vida urbana). 🡪 Febre construtora.
O seu nome deriva da adaptación polo novo estilo de elementos da antiga arte romana (arco
de medio punto).
CARACTERÍSTICAS XERAIS:
1. FINALIDADE RELIXIOSA: as construcións e representacións tiñan como obxectivo exaltar a
gloria de Deus e reforzar a fe dos crentes.
2. IMPORTANCIA DA ARQUITECTURA: Igrexas, catedrais e mosteiros foron as máximas
expresións da arte románica.
3. DIFÚNDESE POR TODA EUROPA: grazas a que: (1) a orde beneditina estende o novo estilo
na construción dos seus mosteiros (casa nai= Cluny, Francia); (2) o fenómeno das cruzadas e
as peregrinacións fomentaron a construción de numerosas igrexas; e (3) a existencia de
mestres canteiros que dirixían cuadrillas de traballo (cuadrillas volantes) que viaxaban polo
territorio europeo ofrecendo os seus servizos.
Páx. 92
do libro.
Arquitectura: características
1. A igrexa era o edificio principal.
3. Muros anchos con poucas ventás
6. Sucesión de arcos
de medio punto.
5. Interiores
reforzados a base de
columnas e piares.
7. A portada = entrada
Xerusalén celestial.
2. Adoitaba a
ter a planta de
cruz latina
(símbolo da
morte de
Xesucristo).
4. Grandes bóvedas
de pedra (canón e
de aresta)reforzadas
con arcos faixóns.
ACTIVIDADE: Analiza o alzado da igrexa de San Martín de
Frómista (s. XI, Palencia)
Escultura e pintura: características
1. Pintura e escultura estaban subordinadas ao marco
arquitectónico (“Lei do marco”)
2. Figuras ríxidas e impasibles (hieratismo).
3. Destinadas a ensinar a doutrina cristiá (didácticas).
Pórtico da igrexa da abadia de San
Pedro de Moissac (Francia, S. XII)
Planas, sen profundidade.
Liñas grosas
Horror vacui
Ordenación
xerárquica
Frescos da cripta de San Isidoro
de León.(S. XII)
ACTIVIDADE POR PARELLAS: Imaxinade que sodes un grupo de peregrinos que chegan a cidade
de Compostela nas primeiras décadas do século XIII, a catedral de Santiago xa está rematada.
Axudándovos das imaxes do libro de texto (páx. 104-105) elaborade un relato explicando o
voso percorrido pola catedral (citar elementos característicos da arquitectura románica:
portada, tipo de planta, numero de naves, arcos e bóvedas, transepto, ciborio, …)
Tema 2. A Europa feudal. O Románico..pdf

Weitere ähnliche Inhalte

Ähnlich wie Tema 2. A Europa feudal. O Románico..pdf (20)

02 A Europa feudal
02 A Europa feudal02 A Europa feudal
02 A Europa feudal
 
02c o nacemento de europa
02c o nacemento de europa02c o nacemento de europa
02c o nacemento de europa
 
T E M A 1 Antigo RéXime
T E M A 1  Antigo  RéXimeT E M A 1  Antigo  RéXime
T E M A 1 Antigo RéXime
 
A Europa feudal
A Europa feudalA Europa feudal
A Europa feudal
 
Unidade 1 Antigo Réxime
Unidade 1 Antigo RéximeUnidade 1 Antigo Réxime
Unidade 1 Antigo Réxime
 
A cidade medieval
A cidade medievalA cidade medieval
A cidade medieval
 
A europa medieval entre os séculos xi e xv.
A europa medieval entre os séculos xi e xv.A europa medieval entre os séculos xi e xv.
A europa medieval entre os séculos xi e xv.
 
Tema 3. la ciudad medieval
Tema 3.  la ciudad medievalTema 3.  la ciudad medieval
Tema 3. la ciudad medieval
 
Tema 1. Lecciones 3 5. Legado Romano Visigodos
Tema 1. Lecciones 3 5. Legado Romano VisigodosTema 1. Lecciones 3 5. Legado Romano Visigodos
Tema 1. Lecciones 3 5. Legado Romano Visigodos
 
Tema 2: A Europa feudal
Tema 2: A Europa feudalTema 2: A Europa feudal
Tema 2: A Europa feudal
 
Tema6
Tema6Tema6
Tema6
 
Tema6
Tema6Tema6
Tema6
 
Tema6
Tema6Tema6
Tema6
 
Tema6
Tema6Tema6
Tema6
 
Antigo Réxime. Víctor e Nati
Antigo Réxime. Víctor e NatiAntigo Réxime. Víctor e Nati
Antigo Réxime. Víctor e Nati
 
Monarquía Borbónica
Monarquía BorbónicaMonarquía Borbónica
Monarquía Borbónica
 
Idade Antiga
Idade AntigaIdade Antiga
Idade Antiga
 
Antigo Réxime. Tamara e Natalia
Antigo Réxime. Tamara e Natalia Antigo Réxime. Tamara e Natalia
Antigo Réxime. Tamara e Natalia
 
04c a consolidación dos reinos europeos
04c a consolidación dos reinos europeos04c a consolidación dos reinos europeos
04c a consolidación dos reinos europeos
 
Sociais tema 1
Sociais tema 1Sociais tema 1
Sociais tema 1
 

Mehr von MarcosSalgadoRodrgue1 (8)

Pequena guía da música tradicional en galego.pdf
Pequena guía da música tradicional en galego.pdfPequena guía da música tradicional en galego.pdf
Pequena guía da música tradicional en galego.pdf
 
Exposición Luísa Villalta_Letras Galegas.pdf
Exposición Luísa Villalta_Letras Galegas.pdfExposición Luísa Villalta_Letras Galegas.pdf
Exposición Luísa Villalta_Letras Galegas.pdf
 
Tema 7. O período de entreguerras (1929-1939)
Tema 7. O período de entreguerras (1929-1939)Tema 7. O período de entreguerras (1929-1939)
Tema 7. O período de entreguerras (1929-1939)
 
Mapa_físico_África_e_Asia.pdf
Mapa_físico_África_e_Asia.pdfMapa_físico_África_e_Asia.pdf
Mapa_físico_África_e_Asia.pdf
 
mulleres_galegas_1.pdf
mulleres_galegas_1.pdfmulleres_galegas_1.pdf
mulleres_galegas_1.pdf
 
A CIVILIZACIÓN GREGA.pdf
A CIVILIZACIÓN GREGA.pdfA CIVILIZACIÓN GREGA.pdf
A CIVILIZACIÓN GREGA.pdf
 
SD 9. Civilización romana.pdf
SD 9. Civilización romana.pdfSD 9. Civilización romana.pdf
SD 9. Civilización romana.pdf
 
1_Resumo.pdf
1_Resumo.pdf1_Resumo.pdf
1_Resumo.pdf
 

Kürzlich hochgeladen

IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 

Kürzlich hochgeladen (12)

GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxGUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
 
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfNon penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
 
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfA memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
 
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelXXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
 
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfRevista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
 
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
 
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfO Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
 

Tema 2. A Europa feudal. O Románico..pdf

  • 1. A EUROPA FEUDAL Cerimonia da homenaxe , S. XIII.
  • 2. A EUROPA FEUDAL 1. INTRODUCIÓN. 1.1 Que é o feudalismo? 1.2 Onde se orixina e por que? 2. SOCIEDADE FEUDAL. 2.1 Relacións de dependencia. 2.2 Orde estamental: nobreza, campesiños e clero. 3. ECONOMÍA FEUDAL (Como vivían os campesiños?). 4. A ARTE ROMÁNICA (O primeiro estilo europeo). 5. MONARQUÍA FEUDAL (Primus inter pares).
  • 3. CARACTERÍSTICO DA EUROPA OCCIDENTAL ENTRE OS SÉCULO IX E XV? 1. INTRODUCIÓN 1. 1 Que é o feudalismo? SISTEMA SOCIAL ECONÓMICO POLÍTICO
  • 4. TRAZOS MÁIS IMPORTANTES DO SISTEMA FEUDAL Desde o punto de vista.. Caracterízase por: Concrétase en: SOCIAL Organización social baseada en relacións de dependencia e fidelidade persoal. VASALAXE SERVIDUME SOCIEDADE ESTAMENTAL ECONÓMICO Sistema económico baseado nas relacións de produción entre o propietario da terra, o señor, e quen a traballa, o campesiño, nun contexto de predominio da economía agraria. FEUDO/SEÑORÍO (unidade de produción) Señorío territorial POLÍTICO Debilidade dun poder político central fronte a unha nobreza laica e eclesiástica poderosa. Rei= “primus inter pares” MONARQUÍA FEUDAL Curia rexia RELIXIOSO Fonte de lexitimación do sistema feudal. Cerimonia de coroación. Vida regulada pola Igrexa.
  • 6. 1. 2 Onde se orixina e por que? a. Antecedentes: - A crise obrigou a amplos sectores da poboación a pedir protección aos grandes propietarios rurais por medio da encomenda. - Primeiro Carlos Martel, co obxectivo de conter a expansión musulmá, crea unha potente cabalería formada por homes libres (vassi) ós que se lle outorgaba un beneficium (terras ou cargos) a cambio do seu servizo militar e fidelidade persoal. -Posteriormente, Carlomagno, fomentará o vasalaxe entre a alta nobreza e magnates locais coa finalidade de crear unha complexa rede de relacións persoais baixo os principios de fidelidade e protección (p. 19) Vasalaxe na época carolinxia A crise do século V
  • 7. 1. 2 Onde se orixina e por que? b. Consolidación: 1. A fragmentación do imperio carolinxio (tratado de Verdún, 843). 2. Segundas invasións nos século IX e X (viquingos, musulmáns e húngaros). 3. Os monarcas non tiña medios suficientes para protexer a poboación e a nobreza aproveita esta situación para reforzar o seu poder (os cargos e os feudos pasan a ser hereditarios). 4. Castelos e mosteiros convértense en lugares de refuxio para o campesiñado que vían nos señores (nobres ou eclesiásticos) a única forza con capacidade militar para protexelos. Inseguridade, crise e pobreza Provocan Provocan A concentración de terra en nobres, abades e bispos. Refórzanse as relacións de fidelidade persoal: vasalaxe e a servidume.
  • 8. COMENTARIO MAPA HISTÓRICO: 1. Marco cronolóxico e espacial: -Que proceso histórico se representa no seguinte mapa? -Onde e cando transcorreu? 2. Análise: -Que pobos ameazaban a seguridade de Europa? -Que territorios atacaban cada un destes pobos e como se representan os ataques no mapa? 3. Implicacións: -Que relación podes establecer entre as segundas invasións e o feudalismo?
  • 9. ESTAMENTAL 3 ORDES Bellatores (Nobreza) Oratores (Clero) Laboratores (Campesiños e artesáns) Organizada en: Era RELACIÓNS DE DEPENDENCIA 1. Vasalaxe 2. Servidume Unida por: Diferentes segundo o estamento: 2. A SOCIEDADE FEUDAL:
  • 10. “ (….) Guerreiros son os que gardan os nosos burgos e tamén a nosa terra, loitando con armas contra exércitos que se nos aproximen. Clérigos son os que rezan a Deus por nós e promoven o cristianismo entre os pobos cristiáns, ao servizo de Deus como traballo espiritual, dedicados só a iso para beneficio de todos nós. (….) Campesiños son os que proporcionan alimentos, labradores e granxeiros dedicados a iso” Aelfric, arcebispo de Canterbury Coloquio, 1005.
  • 11. 2.1 Relacións de dependencia a) vasalaxe ACTO DE VASALAXE: -Cerimonia solemne á que acudían familiares e parentes. -Constaba de dúas partes: 1. Homenaxe: o vasalo axeonllado, introducía as súas mans nas do señor aceptando ser o seu vasalo. Xuráballe fidelidade, comprometéndose a non prexudicalo e prestarlle axuda económica, miliar e consello. 2. Investidura: o señor entregáballe ao seu novo vasalo un símbolo do beneficio que lle concedía (un puñado de terra, unha vara, un anel ou no caso dos bispos, un báculo). Na maioría dos casos o beneficio era un feudo. É dicir, unha grande extensión de terra que aseguraba o sustento do vasalo e o dereito de gobernala. 🡪A vasalaxe establecíase entre o señor (que podía ser un rei ou un gran nobre ou eclesiástico) e o vasalo, xeralmente outro nobre de inferior categoría (exemplo Rodrigo páx. 54).
  • 12. 2.1 Relacións de dependencia b) servidume 🡪 Establecíase entre o campesiñado e os señores. O señor dáballes aos campesiños protección, xustiza e permiso para traballar a terra. A cambio o campesiño estaba obrigado a traballar a reserva señorial, entregarlle unha parte da súa colleita e pagar os dereitos señoriais.
  • 13. ESTAMENTO FUNCIÓNS TIPOLOXIA NOBREZA -A vida dos varóns nobres xiraba arredor da actividade militar. En tempos de guerra prestábanlle axuda militar ao señor coas súas tropas (mesnadas). En tempos de paz adestrábanse para a guerra practicando a equitación, a caza e o combate en torneos e xustas. -Actividade militar que compaxinan coa xestión do seu feudo ou señorío: reciben vasalos, imparten xustiza e recadan tributos e alimentos entre o campesiñado (rendas) cos que manteñen o castelo e custean armamento e cabalos. -Alta nobreza: vasalos directos do rei como os duques, condes, marqueses e baróns. -Baixa nobreza: nobres de menor rango, fidalgos, cabaleiros, persoas que podían manter un cabalo e o armamento de guerra. 2.2 Orde estamental
  • 14.
  • 15.
  • 16. 1. CASTELO DE VIMIANZO 2. CASTELO DE SOUTOMAIOR 4. CASTELO DE MONTERREI (*) 3. CASTELO DE SOBROSO
  • 17. ESTAMENTO FUNCIÓNS TIPOLOXÍA CAMPESIÑOS -Constituían a maioría da poboación medieval (90%). -Os campesiños eran os encargados de cultivar a terra e coidar o gando. -As tarefas agrarias e outras actividades complementarias realizábanse coa participación de toda a familia: Os homes: realizaban labores que requiriran maior forza física (arar, segar ou talar árbores). Algúns tamén desempeñaban certos oficios (carpinteiros, albaneis, ferreiros). As mulleres: compatibilizaban as tarefas agrarias (sementeira, colleita e vendima) coas domésticas. Os nenos: codaban aos animais e apañaban leña. -Campesiños libres: propietarios da súa terra (alodios) e non estaban suxeitos a un señor. Podían dispoñer libremente de si mesmos (casar, abandonar o feudo, dedicarse a un oficio,…) -Servos: traballaban a terra dun señor e non tiñan liberdade persoal. Non podían abandonar as terras, nin casar, nin deixar herdanzas sen permiso do señor. Non obstante, o señor, que lles debía protección e xustiza, non podía golpealos, matalos ou vendelos como escravos.
  • 18. ACTIVIDADE: Observa a seguinte lista de actividades desenvolvidas polo campesiño medieval e identifica cales pertencerían ao señorío territorial e cales ao xurisdicional: 1. Axudar ao mantemento do castelo e aos servizos do feudo. 2. Satisfacer multas xudiciais. 3. Pagar pontazgos, dereitos de caza e pesca…. 4. Obedecer as ordes do señor e acatar a xustiza. 5. Prestacións en traballo na reserva do señor. 6. Pagar os censos e as primicias.
  • 19.
  • 20. ECONOMÍA: Como era a vida dos campesiños? - O centro da actividade económica eran os FEUDOS OU SEÑORÍOS que constaban de dúas partes: RESERVA SEÑORIAL DOMINIO MANSOS DEFINICIÓNS: Estaba formada polas mellores terras, que o señor se reservaba para a súa explotación directa. Pequenas parcelas outorgadas ou arrendadas polo señor aos campesiños a cambio do pagamento dunhas rendas. DISPUÑAN DE: O Castelo ou casa señorial (ou o mosteiro no caso dun señorío eclesiástico) A aldea que era construía en terreos gañados ao bosque. COMPARTÍAN: -Prados con pasto para o gando. -Bosques onde cazar, obter leña e abundantes froitos. -Ríos onde pescar e aprovisionarse de auga. Páx. 60 do libro.
  • 21. ARTESANÍA E MANUFACTURAS AGRICULTURA -As distintas manufacturas empregadas no día a día, eran fabricadas nos talleres do señorío (ferrería, carpintería,…). -Algunhas instalacións eran propiedade do señor e cobraba impostos (monopolios) aos campesiños polo seu uso (muíño, lagar, forno, ponte, prensa de viño.) -Cultivaban principalmente cereais, legumes, vide e oliveira. -Gandería. -Ferramentas rudimentarias (arado romano) -Escasa difusión do roda hidráulica. -Predominio da ROTACIÓN BIENAL. ECONOMÍA DE SUBSISTENCIA: destinada ao autoconsumo baixos rendementos e poucos excedente, polo que o comercio era reducido pero: 1. Eran habituais os vendedores ambulantes que se desprazaban entre os señoríos. 2. Importancia dos mercados locais e rexionais (ferro e sal). 3. Mantense o comercio de longa distancia entre a cristiandade occidental e os musulmáns. - Os señoríos eran autosuficientes, neles realizábanse as tarefas agrarias e fabricábanse todos os artigos necesarios para a vida cotiá:
  • 22. ESTAMENTO FUNCIÓNS TIPOLOXÍA CLERO -No económico: posuían grandes feudos e recibían doazóns. Tamén tiñan dereito á décima parte de todas as colleitas (décimo). -No político: coroaban, aconsellaban e arbitraban nas disputas dos reis. -No social: regulaban a vida das persoas (cerimonias, festiviades e obrigas relixiosas). Realizaban labor social (asistencia a pobres, hospitais e escolas) -No terreo cultural: era o depositario da cultura (nos mosteiros había escolas e bibliotecas onde se recompilaba o saber). 🡪 ARTE ROMÁNICA -Segundo destino e dedicación: a) Clero secular (cardeais, bispos, e párrocos): vivían entre os laicos. b) Clero regular (frades, monxes e monxas): vivían en comunidade nunha orde relixiosa dentro dun mosteiro (campo) ou convento (cidades) baixo a autoridade dun abade ou abadesa. - Segundo o nivel de vida: a) Alto clero (cardeais, bispos e abades/a). b) Baixo clero (párrocos, monxes/as e frades)
  • 23.
  • 24. A vida monástica tivo unha gran importancia na Idade Media: Os mosteiros construíanse no campo e incluían diferentes partes destinadas a cada función: relixiosa (igrexa); económica (horta, corte, lagar,..); social (hospedaxe, enfermería,…); cultural (biblioteca, scriptorium, escola,…) e residencial (celas dos monxes, refectorio, claustro,..). Os mosteiros estaban habitados por ordes monásticas, que podían ser de homes ou mulleres. Estaban sometidos a unha REGRA (conxunto de normas que regulan a vida no mosteiro). Unha das ordes medievais máis importantes foi a dos Beneditinos (fundada no s. VI por San Bieito de Nursia, rexíanse polo principio de “ora et labora”). -No cultural: dispuñan de escolas e bibliotecas. Os monxes desenvolvían unha importante labor copiando sobre pergamiños obras da Antigüidade e novos tratados relixiosos, filosóficos ou científicos que ilustraban con miniaturas. -No económico: administraban as terras do seu feudo/señorío, dispuñan de servos para traballar as terras e recibían rendas dos campesiños. Os abades comportábanse como señores feudais. AS ORDES MONÁSTICAS OS MOSTEIROS CULTURA E ECONOMÍA Páx. 96 do libro.
  • 25.
  • 26. 1. Mosteiro de Armenteira (Pontevedra) 2. Mosteiro de Caaveiro (A Coruña) 3. Mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Sil 4. Mosteiro de Carboeiro (Pontevedra)
  • 27. A ARTE ROMÁNICA: o primeiro estilo europeo. Desenvolveuse durante a Plena Idade Media na Europa occidental, nos séculos XI e XII (progresos cristiandade europea: fin das segundas invasións, melloras na agricultura, crecemento da poboación e a vida urbana). 🡪 Febre construtora. O seu nome deriva da adaptación polo novo estilo de elementos da antiga arte romana (arco de medio punto). CARACTERÍSTICAS XERAIS: 1. FINALIDADE RELIXIOSA: as construcións e representacións tiñan como obxectivo exaltar a gloria de Deus e reforzar a fe dos crentes. 2. IMPORTANCIA DA ARQUITECTURA: Igrexas, catedrais e mosteiros foron as máximas expresións da arte románica. 3. DIFÚNDESE POR TODA EUROPA: grazas a que: (1) a orde beneditina estende o novo estilo na construción dos seus mosteiros (casa nai= Cluny, Francia); (2) o fenómeno das cruzadas e as peregrinacións fomentaron a construción de numerosas igrexas; e (3) a existencia de mestres canteiros que dirixían cuadrillas de traballo (cuadrillas volantes) que viaxaban polo territorio europeo ofrecendo os seus servizos. Páx. 92 do libro.
  • 28. Arquitectura: características 1. A igrexa era o edificio principal. 3. Muros anchos con poucas ventás 6. Sucesión de arcos de medio punto. 5. Interiores reforzados a base de columnas e piares. 7. A portada = entrada Xerusalén celestial. 2. Adoitaba a ter a planta de cruz latina (símbolo da morte de Xesucristo). 4. Grandes bóvedas de pedra (canón e de aresta)reforzadas con arcos faixóns.
  • 29.
  • 30.
  • 31.
  • 32.
  • 33. ACTIVIDADE: Analiza o alzado da igrexa de San Martín de Frómista (s. XI, Palencia)
  • 34.
  • 35. Escultura e pintura: características 1. Pintura e escultura estaban subordinadas ao marco arquitectónico (“Lei do marco”) 2. Figuras ríxidas e impasibles (hieratismo). 3. Destinadas a ensinar a doutrina cristiá (didácticas). Pórtico da igrexa da abadia de San Pedro de Moissac (Francia, S. XII) Planas, sen profundidade. Liñas grosas Horror vacui Ordenación xerárquica Frescos da cripta de San Isidoro de León.(S. XII)
  • 36.
  • 37.
  • 38. ACTIVIDADE POR PARELLAS: Imaxinade que sodes un grupo de peregrinos que chegan a cidade de Compostela nas primeiras décadas do século XIII, a catedral de Santiago xa está rematada. Axudándovos das imaxes do libro de texto (páx. 104-105) elaborade un relato explicando o voso percorrido pola catedral (citar elementos característicos da arquitectura románica: portada, tipo de planta, numero de naves, arcos e bóvedas, transepto, ciborio, …)