SlideShare ist ein Scribd-Unternehmen logo
1 von 40
A prosa do primeiro terzo do XX: as
Irmandades e o Grupo Nós.
(narrativa, ensaio e xornalismo).
O século XX. Os inicios.

O inicio do século XX ven marcado por
unha serie de importantes transformacións
económicas e sociais (desaparición da
figaldía que acaparaba os terreos,
consolidase unha burguesía industrial e
financieira, desenvolvemento do sector
secundario e terciario, etc.)
Prodúcese tamén o movemento agrarista.
 (Video do movemento agrarista en 1922)
Contexto

Esta etapa –especialmente de 1916 e 1936- é coñecida
como a Época Nós pola importancia que estes autores
terán na cultura galega.
Otero Pedrayo, Risco, Cuevillas (o Cenáculo Ourensán)
teñen unha primeira etapa de inadaptados e só a partir de
1918 centran a súa atención en Galicia. Castelao en
cambio provén do agrarismo. Todos eles son políglotas,
cultos, universitarios e participan en todas as actividades
galeguistas: Irmandades da Fala, Seminario de Estudos
Galegos, Partido Galeguista... Eles son os creadores da
moderna narrativa galega, introdutores das correntes
europeas do momento e iniciadores do ensaio en galego.
A prosa desta época: temas.



                              Humor
A prosa desta época: temas.



                              Emigración
A prosa desta época: temas.


Mundo de Alén-Cova
                              Historicismo
Irmandades da fala

Fundase na Coruña no 1916 a man de
Anton Vilar Ponte.
Recollen e potencian as aspiracións
galeguistas do provencionalismo e do
rexionalismo. Un dos seus principios
fundamentais é o a promoción e dignificar o
galego como lingua. Prestan un ideario
político ben definido: incio do nacionalismo. O
seu voceiro é a revista A NOSA TERRA.
Irmandades da fala
As Irmandades da fala

Actividade cultural                     Actividade política
O seminario de estudos galegos,
                                        Búsqueda da autonomía para
era una institución que investigaba a
                                        Galiza. Fundación do
historia e cultura de Galiza.
                                        partido galeguista en 1931.
Participación de Castelao, Risco e
                                        Cooficialidade do galego.
Cuevillas.
RAMÓN CABANILLAS 1876-1959
O poeta máis destacado da época
das Irmandades é RAMÓN
CABANILLAS (1876-1959): O Poeta
da Raza. Recolle a inquedanza de
Rosalía, o celtismo de Pondal e a
protesta de Curros (toda a nosa
tradición) introducindo elementos
renovadores modernistas. Pódense
distinguir catro etapas na súa
obra:Etapa pregaleguista, etapa
galeguisa, etapa mítica e etapa de
posguerra.
XOSÉ LESTA MEIS 1887-1950

Naceu en Oza, provincia da
Coruña. Foi un dos
narradores máis salientabeis
da promoción das Irmandades
da Fala. A súa prosa realista
retrata os costumes da xente
que lle foi máis próxima, o
mundo rural, a emigración,
aproveitando para verquer a
súa experiencia
autobiográfica.
O GRUPO NÓS

O grupo Nós foi un colectivo
de intelectuais ourensáns que
lle deu á cultura galega unha
altura intelectual que xamais
tivera, principalmente no que
se refire á renovación da
prosa. Ten por figuras
principais a Vicente Risco,
Otero Pedrayo e a Castelao.
CASTELAO
Nado en Rianxo. Foi un
intelectual comprometido
coa terra e co país. A súa
técnica narrativa
caracterízase pola síntese
e a selección, sinxela en
aparencia mais froito dun
laborioso traballo de
depuración e escolma.
Debuxos.
A 1ª obra narrativa foi
Un ollo de vidro.
Memorias dun
esquelete (1922), visión
sintética da realidade
social, na que sae
particularmente
maltratada a figura do
cacique.
Cousas son 45 relatos nos que
aparecen as constantes do
autor: humor, denuncia dunha
realidade inxusta e
posicionamento ao lado dos
máis débiles.
Os dous de sempre (1934).
Tanto o título como o debuxo
da portada fan referencia
aos dous tipos humanos
fundamentais: o
emprendedor e o
conformista. Narra as
peripecias vitais e as
ambicións de Pedro e
Rañolas, contrapostos desde
a súa infancia á madurez
VICENTE RISCO


Risco cultivou tamén a
narrativa (O porco de
pé, feroz sátira
antiburguesa con gran
carga humorística)
pero é
fundamentalmente
ensaísta.
Páxina da fundación.
RAFAEL DIESTE

Pertencente á Xeración do 25 escribiu
Dos arquivos do trasno (1926), colección de
contos de temática variada que xiran ao redor
da psicoloxía e das experiencias
extraordinarias da xente galega.Pareciodo a
Cousas porque neles se conta só o esencial,
sen elementos superfluos, hai lirismo e
humorismo, mais o que distingue e o
sentimento tan fondo de Castelao.
Conclusión

Todos estes autores (e outros moitos) foron
tamén os impulsores do ensaio e a investigación
en galego, en torno ao Seminario de Estudos
Galegos, grupo nacido na Universidade de
Santiago.
Risco publicou no 1920 Teoría do Nacionalismo
Galego, que servirá de guía dos nacionalistas
antes da II República.
Castelao

Afastado este das ideas nacionalistas de
Risco, Castelao publica en Buenos Aires
Sempre en Galiza (1944) onde partindo de
ideas propias e alleas elabora unha nova teoría
do nacionalismo, comenta a actuación da
República... Converteuse na biblia do
galeguismo despois da guerra civil. Ademais
do ensaio político, Castelao escritbiu tamén
multidude de ensaios no terreo artístico.
Pedrayo
Pola súa parte Otero Pedrayo dedicouse
fundamentalmente aos estudos xeográficos e
históricos, entre os que podemos destacar
Ensaio histórico sobre la cultura galega (1933).
Nesta fecunda etapa da nosa cultura hai que
facer mención tamén ao labor desenvolvido no
xornalismo, no que todos colaboraron desde A
Nosa Terra ata a Revista Nós, pasando por El
Pueblo Gallego e outros moitos.
O pai de Migueliño, Castelao.
O pai de Migueliño chegaba das Américas e o
rapaz non cabía de gozo no seu traxe
festeiro. Migueliño sabía cos ollos pechados
como era o seu pai; pero denantes de saír da
casa botoulle unha ollada ó retrato.
…..Os americanos xa estaban
desembarcando. Migueliño e a súa nai
agardaban no peirao do porto. O corazón do
rapaz batíalle na táboa do peito e os seus
ollos esculcaban nas greas en procura do pai
ensoñado.
De súpeto avistouno de lonxe. Era o mesmo
do retrato, ou aínda mellor portado, e
Migueliño sentiu por el un grande amor, e
canto máis se achegaba o americano, máis
cobiza sentía o rapaz por enchelo de bicos.
Ai, o americano pasou de largo sen mirar
para ninguén, e Migueliño deixou de querelo.
…..
O pai de Migueliño, Castelao.
Agora si, agora si que o era. Migueliño avistou
outro home moi ben traxeado e o corazón
dáballe que aquel era o seu pai. O rapaz devecía
por bicalo a fartar.
…..¡Tiña un porte de tanto señorío! Ai, o
americano pasou de largo e nin tan sequera
reparou en que o seguían os ollos angurentos
dun neno.
Migueliño escolleu así moitos pais que non o
eran e a todos quixo tolamente.
…..E cando esculcaba con máis anguria fíxose
cargo de que un home estaba abrazando a súa
nai. Era un home que non se parecía ó retrato;
un home moi fraco, metido nun traxe moi frouxo;
un home de cera, coas orellas fóra do cacho, cos
ollos encoveirados, tusindo...
…..Aquel si que era o pai de Migueliño.
O porco de pé. Vicente Risco.
Na postguerra, D. Celidon
io ascendeu de porco a
marrán e chegou a ser
alcalde. A parenta inflou
  coma o fol da gaita. [...]
Don Celidonio é gordo e
artrítico. O carrolo sáelle
para fóra; na calva ten
unha que outra serda; ten as fazulas hipertrofiadas, da cor
do magro do xamón, e tan lustrosas, que semellan que
botan unto derretido; ás nádegas e o bandullo vánselle un
pouco para abaixo.
.
O porco de pé. Vicente Risco.

 O lardo rezúmalle por todo o corpo, e no vran súdao en
 regueiros aceitosos e en pingotas bastas, coma as que
 deitan os chourizos cando están no fumeiro.
 Así como é graxento o corpo, tamén o miolo de D.
 Celidonio. Se lle escachasen a testa, tiña que ser con pau-
 ferro e picaraña, en lugar dunha sesadahabía atopar un
 unto. Corpo e alma, tanto ten, todo é graxa e manteiga.
 Don Celidonio é igual por dentro ca por fóra: carne e
 espírito son a mesma zorza, misturada e revolta, co
 mesmo adubo de ourego e pemento)
O fidalgo. Pedraio.



O fidalgo — ¡Non coñezo ista mansión..., pro astra a maseira
dos porcos semella trasposta sub speciae aeternitatis! Meu
berce e e miña tampa. Si xiquer... Pois a capa de procelas e de
camiños, a máxica e zarabandesca, foi pra sempre
esgarrafizada polas farpas do vento e, cos seus fianchos, nin
as Parcas, ben aconselladas, poderían fiar a miña mortaxa...
(Atoutiñando, chega ó seu leito, disforme e frío, navío dos
ensoares) Acocharei eiquí. Soio en sonos poderei acougar no
teu inmenso e soante amor. Mais, ¿que estantiguas son istas?
Eu pra morrer quero ó crego siloxístico e probabilístico das
Penas Illás e ó escribán palimpséstico das Engrobas. ¿E vós?
O fidalgo. Pedraio.
A pantasma de Empédocles — ¡Ben pouco ser concedías á
túa capa! Ela, máis lonxe das fronteiras humás, encobre e
abriga o castro onde a Venus-Palas durme ensoando os nove
cosmos que teñen de vir diante do caos... máis aló da cinza
ardente do Etna. ¡Ten paciencia! ¡Vou mirar si louqueo o outro
Apolo do Norde...!
A pantasma de Nietzsche — ¿E aínda coidabas a túa capa
lembrándote a ti? ¡Ela, que acougou o vento, que é a imaxe
do devenir e non morre! Nestora cobre o leito onde durmen
abrazadiños, como dous nenos, o Ben e o Mal. Voume dar
unha volta con Arturo Schopenhauer, ¡o derradeiro e triste
traxediante!
O fidalgo. Pedraio.
O fidalgo — (Despoixa dun sono,
descóbrese fortecho, anque espido e
sen moita clareza de xuízo) Será
ilusión. Ou o costume de outras
noites. Como si un revoar da miña
capa chamara, amantiña fiel, nos
vidros... Mais ¡si xa, pra un home de
siso, xa son un probe morto! ¿Nonsí,
moucho dos sabidentes ollos? ¡Si
souperas cantar gregorián...! Mais
non hai cirios pra un morto como os
teus.
Dos arquivos do trasno. Dieste.
No seo da terra unhas unllas desesperadas
rabuñaban nas táboas. ¿Rabuñaban? Non
sei, non sei. Alí preto había un sacho... ía xa
cara a él cando fiquei suspenso. Polo camiño
que pasa a rentes do camposanto sentíanse
pasadas e rumor de fala. Viña xente.
Entonces si que sería absurda, tola, a miña
presencia alí, daquelas horas e cun sacho na
man.
¿Ía dici que o deixara enterrar sabendo que
estaba vivo?
O tío Manuel de Lesta Meis
—Está bo tempo ¿verdade? Da gusto ve-las cousas tan boas.
—Si, ho, si; é verdade. Eu mesmo gozo véndoas. Non sinto máis que
non poder estar ai coas rapazas. De boa gana collía a aixada e levaba
o meu eito con elas. Pero non pode ser. Haise que conformar. Así é a
vida. Agora todo está ó cargo délas. Eu xa non lles podo axudar. Inda
gracias que vaia tendo por aquí conta dos bois... ¡Marelo, Marelo,
Marelo! ¿Seique te devirtes? Pois mira que eu non che teño gana de
leria ningunha.
—Os seus fillos, ¿todas son mulleres?
—Non; tamén teño homes; teño dous. Pero non sei que é deles hai
moito tempo. Deberon morrer. Eu xa contó con iso.
—E logo, ¿non están aquí?
O tío Manuel de Lesta Meis

—Non, ho, non; non están aquí. Marcharon para a
América. Un tina dezanove anos e o outro vintetrés. Os
pobres non deberon ter sorte porque ó pouco tempo de
saír xa non volvemos saber nada deles. Preguntamos a
algúns conocidos de por acó e non puideron darnos
ningunha razón. Fun cabo dun señor da Coruña, a quen lle
pagámo-la renda, que nos dixo que ía escribir aló a uns
amigos, que polo visto teñen aló moito conocemento, e
tampouco soubo nada. Xa deberon morrer... E ti que
estiveches tanto tempo por aló, ¿que che parece, ho? ¡Ti
que has dicir...!
O tío Manuel de Lesta Meis
—Eu digo que poida que non morreran. Vin moitos que
levaban anos e anos sin escribir á súa casa, porque non
tiñan cartos que mandar. Nin a casa sabía deles nin eles da
casa. Na casa faceríanos mortos, como eles facían mortos a
algúns da casa. E máis estaban vivos e buscando tódalas
ocasións para se vir. Pero non se lles presentaba ningunha.
Por que sin cartos ninguén quer vir. Dalles vergoña.
—Ai, pero por iso ti viñeche e máis non trouxeche cartos. Nin
saúde, que foi o peor.
—Cadroulle. Eu casemente non sei como viñen.
“¡En pé!” Da terra asoballada. Cabanillas

¡Irmáns! En pé, sereos,
a limpa frente erguida,
envoltos na brancura
da luz que cai de riba,
o corazón aberto
a toda verba amiga,
e nunha man a fouce
e noutra man a oliva,
arredor da bandeira azul e branca,
arredor da bandeira da Galicia,
¡cantémo-lo dereito
á libre nova vida!
!Validos de traidores     ¡Irmáns no amor a Suevia

a noite da Frouseira      de lexendaria historia,
                          ¡en pé! ¡en pé dispostos
a patria escravizaron
                          a non morrer sen loita!
uns reises de Castela.    ¡O día do Medulio
Comestas polo tempo,      con sangue quente e roxa
xa afrouxan as cadeas... mercámo-lo dereito
¡irmáns asoballados       á libre, honrada chouza!
                          ¡Xa está ó vento a bandeira azul e branc
de xentes estranxeiras,
                          ¡A oliva nunha man, a fouce noutra,
ergámo-la bandeira azul e berremos alto e forte:
branca!                   “¡A nosa terra é nosa!”
¡e ó pé da enseña da nazón
galega
canté-lo dereito
a libertar a Terra

Weitere ähnliche Inhalte

Was ist angesagt?

primeiro terzo século XX
primeiro terzo século XXprimeiro terzo século XX
primeiro terzo século XXxenevra
 
O galego no primeiro terzo do século XX
O galego no primeiro terzo do século XXO galego no primeiro terzo do século XX
O galego no primeiro terzo do século XXIgnacio Rodiño
 
O grupo-nós 4º
O grupo-nós 4ºO grupo-nós 4º
O grupo-nós 4ºxenevra
 
EL GRUPO NÓS - (Yago Vicente Rañó)
EL GRUPO NÓS - (Yago Vicente Rañó)EL GRUPO NÓS - (Yago Vicente Rañó)
EL GRUPO NÓS - (Yago Vicente Rañó)Univ. of Boston
 
Evolucion Do Pensamento Galeguista
Evolucion Do Pensamento GaleguistaEvolucion Do Pensamento Galeguista
Evolucion Do Pensamento Galeguistatamara88
 
Literatura Galega durante o Franquismo
Literatura Galega durante o FranquismoLiteratura Galega durante o Franquismo
Literatura Galega durante o Franquismonoagaliza
 
A Xeración Nós
A Xeración NósA Xeración Nós
A Xeración Nósruben_fc73
 
tema3_lite
tema3_litetema3_lite
tema3_litexenevra
 
Sempre en Galiza. Castelao (por Sarai D. Mariño)
Sempre en Galiza. Castelao (por Sarai D. Mariño) Sempre en Galiza. Castelao (por Sarai D. Mariño)
Sempre en Galiza. Castelao (por Sarai D. Mariño) Marlou
 
Evolucion Do Galeguismo Cara Ao Nacionalismo
Evolucion Do Galeguismo Cara Ao NacionalismoEvolucion Do Galeguismo Cara Ao Nacionalismo
Evolucion Do Galeguismo Cara Ao Nacionalismosebastian1983
 
A lingua galega nos comezos do s. XX
A lingua galega nos comezos do s. XXA lingua galega nos comezos do s. XX
A lingua galega nos comezos do s. XXLuciano Fernández
 
Os vellos non deben de namorarse. Castelao (por Tania Pose)
Os vellos non deben de namorarse. Castelao (por Tania Pose)Os vellos non deben de namorarse. Castelao (por Tania Pose)
Os vellos non deben de namorarse. Castelao (por Tania Pose)Marlou
 
Lite1 09
Lite1 09Lite1 09
Lite1 09xenevra
 

Was ist angesagt? (20)

O galego no primeiro terzo do século xx
O galego no primeiro terzo do século xxO galego no primeiro terzo do século xx
O galego no primeiro terzo do século xx
 
primeiro terzo século XX
primeiro terzo século XXprimeiro terzo século XX
primeiro terzo século XX
 
As irmandades e cabanillas
As irmandades e cabanillasAs irmandades e cabanillas
As irmandades e cabanillas
 
O galego no primeiro terzo do século XX
O galego no primeiro terzo do século XXO galego no primeiro terzo do século XX
O galego no primeiro terzo do século XX
 
Lingua Galega Posguerra
Lingua Galega PosguerraLingua Galega Posguerra
Lingua Galega Posguerra
 
O grupo-nós 4º
O grupo-nós 4ºO grupo-nós 4º
O grupo-nós 4º
 
As irmandades da fala
As irmandades da falaAs irmandades da fala
As irmandades da fala
 
EL GRUPO NÓS - (Yago Vicente Rañó)
EL GRUPO NÓS - (Yago Vicente Rañó)EL GRUPO NÓS - (Yago Vicente Rañó)
EL GRUPO NÓS - (Yago Vicente Rañó)
 
pedrayo
pedrayopedrayo
pedrayo
 
Evolucion Do Pensamento Galeguista
Evolucion Do Pensamento GaleguistaEvolucion Do Pensamento Galeguista
Evolucion Do Pensamento Galeguista
 
Galicia da preguerra
Galicia da preguerraGalicia da preguerra
Galicia da preguerra
 
Literatura Galega durante o Franquismo
Literatura Galega durante o FranquismoLiteratura Galega durante o Franquismo
Literatura Galega durante o Franquismo
 
A Xeración Nós
A Xeración NósA Xeración Nós
A Xeración Nós
 
tema3_lite
tema3_litetema3_lite
tema3_lite
 
Exilio
ExilioExilio
Exilio
 
Sempre en Galiza. Castelao (por Sarai D. Mariño)
Sempre en Galiza. Castelao (por Sarai D. Mariño) Sempre en Galiza. Castelao (por Sarai D. Mariño)
Sempre en Galiza. Castelao (por Sarai D. Mariño)
 
Evolucion Do Galeguismo Cara Ao Nacionalismo
Evolucion Do Galeguismo Cara Ao NacionalismoEvolucion Do Galeguismo Cara Ao Nacionalismo
Evolucion Do Galeguismo Cara Ao Nacionalismo
 
A lingua galega nos comezos do s. XX
A lingua galega nos comezos do s. XXA lingua galega nos comezos do s. XX
A lingua galega nos comezos do s. XX
 
Os vellos non deben de namorarse. Castelao (por Tania Pose)
Os vellos non deben de namorarse. Castelao (por Tania Pose)Os vellos non deben de namorarse. Castelao (por Tania Pose)
Os vellos non deben de namorarse. Castelao (por Tania Pose)
 
Lite1 09
Lite1 09Lite1 09
Lite1 09
 

Ähnlich wie Irmandades da fala e o grupo nós

A prosa do 1º terzo
A prosa do 1º terzoA prosa do 1º terzo
A prosa do 1º terzoxoanseca
 
A prosa do primeiro terzo do século XX
A prosa do primeiro terzo do século XXA prosa do primeiro terzo do século XX
A prosa do primeiro terzo do século XXxenevra
 
O 1º TERZO DO SÉCULO XX
O 1º TERZO DO SÉCULO XXO 1º TERZO DO SÉCULO XX
O 1º TERZO DO SÉCULO XXMarlou
 
Castelao
CastelaoCastelao
CastelaoMarlou
 
Literatura galega (1900-1936)
Literatura galega (1900-1936)Literatura galega (1900-1936)
Literatura galega (1900-1936)Román Landín
 
Lingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso Emilio
Lingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso EmilioLingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso Emilio
Lingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso EmilioRomán Landín
 
Xeracion nos 21
Xeracion nos 21Xeracion nos 21
Xeracion nos 21xenevra
 
castelao
castelaocastelao
castelaoxenevra
 
9. A literatura galega do exilio entre 1936 e 1976
9. A literatura galega do exilio entre 1936 e 19769. A literatura galega do exilio entre 1936 e 1976
9. A literatura galega do exilio entre 1936 e 1976Lourenço Alvarez Ruiz
 
Tema5 lite2010
Tema5 lite2010Tema5 lite2010
Tema5 lite2010xenevra
 
Literatura do exilio.
Literatura do exilio.Literatura do exilio.
Literatura do exilio.xenevra
 
Xeracion Nós
Xeracion NósXeracion Nós
Xeracion Nósxenevra
 
Unidade Didáctica ÁLvarez Blázquez
Unidade Didáctica ÁLvarez BlázquezUnidade Didáctica ÁLvarez Blázquez
Unidade Didáctica ÁLvarez BlázquezRomán Landín
 
Unidade didáctica Álvarez Blázquez
Unidade didáctica Álvarez BlázquezUnidade didáctica Álvarez Blázquez
Unidade didáctica Álvarez BlázquezRomán Landín
 

Ähnlich wie Irmandades da fala e o grupo nós (20)

3. a prosa do 1º terzo do séc. xx
3. a prosa do 1º terzo do séc. xx3. a prosa do 1º terzo do séc. xx
3. a prosa do 1º terzo do séc. xx
 
A prosa do 1º terzo
A prosa do 1º terzoA prosa do 1º terzo
A prosa do 1º terzo
 
A prosa do primeiro terzo do século XX
A prosa do primeiro terzo do século XXA prosa do primeiro terzo do século XX
A prosa do primeiro terzo do século XX
 
O 1º TERZO DO SÉCULO XX
O 1º TERZO DO SÉCULO XXO 1º TERZO DO SÉCULO XX
O 1º TERZO DO SÉCULO XX
 
Castelao
CastelaoCastelao
Castelao
 
Literatura galega (1900-1936)
Literatura galega (1900-1936)Literatura galega (1900-1936)
Literatura galega (1900-1936)
 
Lingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso Emilio
Lingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso EmilioLingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso Emilio
Lingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso Emilio
 
Xeracion nos 21
Xeracion nos 21Xeracion nos 21
Xeracion nos 21
 
A prosa das Irmandades
A prosa das IrmandadesA prosa das Irmandades
A prosa das Irmandades
 
Castelao en Marín
Castelao en MarínCastelao en Marín
Castelao en Marín
 
castelao
castelaocastelao
castelao
 
Ramón Otero pedrayo
Ramón Otero pedrayoRamón Otero pedrayo
Ramón Otero pedrayo
 
risco
riscorisco
risco
 
9. A literatura galega do exilio entre 1936 e 1976
9. A literatura galega do exilio entre 1936 e 19769. A literatura galega do exilio entre 1936 e 1976
9. A literatura galega do exilio entre 1936 e 1976
 
Alvarez BláZquez
Alvarez BláZquezAlvarez BláZquez
Alvarez BláZquez
 
Tema5 lite2010
Tema5 lite2010Tema5 lite2010
Tema5 lite2010
 
Literatura do exilio.
Literatura do exilio.Literatura do exilio.
Literatura do exilio.
 
Xeracion Nós
Xeracion NósXeracion Nós
Xeracion Nós
 
Unidade Didáctica ÁLvarez Blázquez
Unidade Didáctica ÁLvarez BlázquezUnidade Didáctica ÁLvarez Blázquez
Unidade Didáctica ÁLvarez Blázquez
 
Unidade didáctica Álvarez Blázquez
Unidade didáctica Álvarez BlázquezUnidade didáctica Álvarez Blázquez
Unidade didáctica Álvarez Blázquez
 

Irmandades da fala e o grupo nós

  • 1. A prosa do primeiro terzo do XX: as Irmandades e o Grupo Nós. (narrativa, ensaio e xornalismo).
  • 2. O século XX. Os inicios. O inicio do século XX ven marcado por unha serie de importantes transformacións económicas e sociais (desaparición da figaldía que acaparaba os terreos, consolidase unha burguesía industrial e financieira, desenvolvemento do sector secundario e terciario, etc.) Prodúcese tamén o movemento agrarista. (Video do movemento agrarista en 1922)
  • 3. Contexto Esta etapa –especialmente de 1916 e 1936- é coñecida como a Época Nós pola importancia que estes autores terán na cultura galega. Otero Pedrayo, Risco, Cuevillas (o Cenáculo Ourensán) teñen unha primeira etapa de inadaptados e só a partir de 1918 centran a súa atención en Galicia. Castelao en cambio provén do agrarismo. Todos eles son políglotas, cultos, universitarios e participan en todas as actividades galeguistas: Irmandades da Fala, Seminario de Estudos Galegos, Partido Galeguista... Eles son os creadores da moderna narrativa galega, introdutores das correntes europeas do momento e iniciadores do ensaio en galego.
  • 4. A prosa desta época: temas. Humor
  • 5. A prosa desta época: temas. Emigración
  • 6. A prosa desta época: temas. Mundo de Alén-Cova Historicismo
  • 7. Irmandades da fala Fundase na Coruña no 1916 a man de Anton Vilar Ponte. Recollen e potencian as aspiracións galeguistas do provencionalismo e do rexionalismo. Un dos seus principios fundamentais é o a promoción e dignificar o galego como lingua. Prestan un ideario político ben definido: incio do nacionalismo. O seu voceiro é a revista A NOSA TERRA.
  • 8.
  • 10. As Irmandades da fala Actividade cultural Actividade política O seminario de estudos galegos, Búsqueda da autonomía para era una institución que investigaba a Galiza. Fundación do historia e cultura de Galiza. partido galeguista en 1931. Participación de Castelao, Risco e Cooficialidade do galego. Cuevillas.
  • 11. RAMÓN CABANILLAS 1876-1959 O poeta máis destacado da época das Irmandades é RAMÓN CABANILLAS (1876-1959): O Poeta da Raza. Recolle a inquedanza de Rosalía, o celtismo de Pondal e a protesta de Curros (toda a nosa tradición) introducindo elementos renovadores modernistas. Pódense distinguir catro etapas na súa obra:Etapa pregaleguista, etapa galeguisa, etapa mítica e etapa de posguerra.
  • 12. XOSÉ LESTA MEIS 1887-1950 Naceu en Oza, provincia da Coruña. Foi un dos narradores máis salientabeis da promoción das Irmandades da Fala. A súa prosa realista retrata os costumes da xente que lle foi máis próxima, o mundo rural, a emigración, aproveitando para verquer a súa experiencia autobiográfica.
  • 13. O GRUPO NÓS O grupo Nós foi un colectivo de intelectuais ourensáns que lle deu á cultura galega unha altura intelectual que xamais tivera, principalmente no que se refire á renovación da prosa. Ten por figuras principais a Vicente Risco, Otero Pedrayo e a Castelao.
  • 14. CASTELAO Nado en Rianxo. Foi un intelectual comprometido coa terra e co país. A súa técnica narrativa caracterízase pola síntese e a selección, sinxela en aparencia mais froito dun laborioso traballo de depuración e escolma. Debuxos.
  • 15. A 1ª obra narrativa foi Un ollo de vidro. Memorias dun esquelete (1922), visión sintética da realidade social, na que sae particularmente maltratada a figura do cacique.
  • 16. Cousas son 45 relatos nos que aparecen as constantes do autor: humor, denuncia dunha realidade inxusta e posicionamento ao lado dos máis débiles.
  • 17. Os dous de sempre (1934). Tanto o título como o debuxo da portada fan referencia aos dous tipos humanos fundamentais: o emprendedor e o conformista. Narra as peripecias vitais e as ambicións de Pedro e Rañolas, contrapostos desde a súa infancia á madurez
  • 18. VICENTE RISCO Risco cultivou tamén a narrativa (O porco de pé, feroz sátira antiburguesa con gran carga humorística) pero é fundamentalmente ensaísta. Páxina da fundación.
  • 19. RAFAEL DIESTE Pertencente á Xeración do 25 escribiu Dos arquivos do trasno (1926), colección de contos de temática variada que xiran ao redor da psicoloxía e das experiencias extraordinarias da xente galega.Pareciodo a Cousas porque neles se conta só o esencial, sen elementos superfluos, hai lirismo e humorismo, mais o que distingue e o sentimento tan fondo de Castelao.
  • 20. Conclusión Todos estes autores (e outros moitos) foron tamén os impulsores do ensaio e a investigación en galego, en torno ao Seminario de Estudos Galegos, grupo nacido na Universidade de Santiago. Risco publicou no 1920 Teoría do Nacionalismo Galego, que servirá de guía dos nacionalistas antes da II República.
  • 21.
  • 22.
  • 23.
  • 24. Castelao Afastado este das ideas nacionalistas de Risco, Castelao publica en Buenos Aires Sempre en Galiza (1944) onde partindo de ideas propias e alleas elabora unha nova teoría do nacionalismo, comenta a actuación da República... Converteuse na biblia do galeguismo despois da guerra civil. Ademais do ensaio político, Castelao escritbiu tamén multidude de ensaios no terreo artístico.
  • 25. Pedrayo Pola súa parte Otero Pedrayo dedicouse fundamentalmente aos estudos xeográficos e históricos, entre os que podemos destacar Ensaio histórico sobre la cultura galega (1933). Nesta fecunda etapa da nosa cultura hai que facer mención tamén ao labor desenvolvido no xornalismo, no que todos colaboraron desde A Nosa Terra ata a Revista Nós, pasando por El Pueblo Gallego e outros moitos.
  • 26.
  • 27.
  • 28. O pai de Migueliño, Castelao. O pai de Migueliño chegaba das Américas e o rapaz non cabía de gozo no seu traxe festeiro. Migueliño sabía cos ollos pechados como era o seu pai; pero denantes de saír da casa botoulle unha ollada ó retrato. …..Os americanos xa estaban desembarcando. Migueliño e a súa nai agardaban no peirao do porto. O corazón do rapaz batíalle na táboa do peito e os seus ollos esculcaban nas greas en procura do pai ensoñado. De súpeto avistouno de lonxe. Era o mesmo do retrato, ou aínda mellor portado, e Migueliño sentiu por el un grande amor, e canto máis se achegaba o americano, máis cobiza sentía o rapaz por enchelo de bicos. Ai, o americano pasou de largo sen mirar para ninguén, e Migueliño deixou de querelo. …..
  • 29. O pai de Migueliño, Castelao. Agora si, agora si que o era. Migueliño avistou outro home moi ben traxeado e o corazón dáballe que aquel era o seu pai. O rapaz devecía por bicalo a fartar. …..¡Tiña un porte de tanto señorío! Ai, o americano pasou de largo e nin tan sequera reparou en que o seguían os ollos angurentos dun neno. Migueliño escolleu así moitos pais que non o eran e a todos quixo tolamente. …..E cando esculcaba con máis anguria fíxose cargo de que un home estaba abrazando a súa nai. Era un home que non se parecía ó retrato; un home moi fraco, metido nun traxe moi frouxo; un home de cera, coas orellas fóra do cacho, cos ollos encoveirados, tusindo... …..Aquel si que era o pai de Migueliño.
  • 30. O porco de pé. Vicente Risco. Na postguerra, D. Celidon io ascendeu de porco a marrán e chegou a ser alcalde. A parenta inflou coma o fol da gaita. [...] Don Celidonio é gordo e artrítico. O carrolo sáelle para fóra; na calva ten unha que outra serda; ten as fazulas hipertrofiadas, da cor do magro do xamón, e tan lustrosas, que semellan que botan unto derretido; ás nádegas e o bandullo vánselle un pouco para abaixo. .
  • 31. O porco de pé. Vicente Risco. O lardo rezúmalle por todo o corpo, e no vran súdao en regueiros aceitosos e en pingotas bastas, coma as que deitan os chourizos cando están no fumeiro. Así como é graxento o corpo, tamén o miolo de D. Celidonio. Se lle escachasen a testa, tiña que ser con pau- ferro e picaraña, en lugar dunha sesadahabía atopar un unto. Corpo e alma, tanto ten, todo é graxa e manteiga. Don Celidonio é igual por dentro ca por fóra: carne e espírito son a mesma zorza, misturada e revolta, co mesmo adubo de ourego e pemento)
  • 32. O fidalgo. Pedraio. O fidalgo — ¡Non coñezo ista mansión..., pro astra a maseira dos porcos semella trasposta sub speciae aeternitatis! Meu berce e e miña tampa. Si xiquer... Pois a capa de procelas e de camiños, a máxica e zarabandesca, foi pra sempre esgarrafizada polas farpas do vento e, cos seus fianchos, nin as Parcas, ben aconselladas, poderían fiar a miña mortaxa... (Atoutiñando, chega ó seu leito, disforme e frío, navío dos ensoares) Acocharei eiquí. Soio en sonos poderei acougar no teu inmenso e soante amor. Mais, ¿que estantiguas son istas? Eu pra morrer quero ó crego siloxístico e probabilístico das Penas Illás e ó escribán palimpséstico das Engrobas. ¿E vós?
  • 33. O fidalgo. Pedraio. A pantasma de Empédocles — ¡Ben pouco ser concedías á túa capa! Ela, máis lonxe das fronteiras humás, encobre e abriga o castro onde a Venus-Palas durme ensoando os nove cosmos que teñen de vir diante do caos... máis aló da cinza ardente do Etna. ¡Ten paciencia! ¡Vou mirar si louqueo o outro Apolo do Norde...! A pantasma de Nietzsche — ¿E aínda coidabas a túa capa lembrándote a ti? ¡Ela, que acougou o vento, que é a imaxe do devenir e non morre! Nestora cobre o leito onde durmen abrazadiños, como dous nenos, o Ben e o Mal. Voume dar unha volta con Arturo Schopenhauer, ¡o derradeiro e triste traxediante!
  • 34. O fidalgo. Pedraio. O fidalgo — (Despoixa dun sono, descóbrese fortecho, anque espido e sen moita clareza de xuízo) Será ilusión. Ou o costume de outras noites. Como si un revoar da miña capa chamara, amantiña fiel, nos vidros... Mais ¡si xa, pra un home de siso, xa son un probe morto! ¿Nonsí, moucho dos sabidentes ollos? ¡Si souperas cantar gregorián...! Mais non hai cirios pra un morto como os teus.
  • 35. Dos arquivos do trasno. Dieste. No seo da terra unhas unllas desesperadas rabuñaban nas táboas. ¿Rabuñaban? Non sei, non sei. Alí preto había un sacho... ía xa cara a él cando fiquei suspenso. Polo camiño que pasa a rentes do camposanto sentíanse pasadas e rumor de fala. Viña xente. Entonces si que sería absurda, tola, a miña presencia alí, daquelas horas e cun sacho na man. ¿Ía dici que o deixara enterrar sabendo que estaba vivo?
  • 36. O tío Manuel de Lesta Meis —Está bo tempo ¿verdade? Da gusto ve-las cousas tan boas. —Si, ho, si; é verdade. Eu mesmo gozo véndoas. Non sinto máis que non poder estar ai coas rapazas. De boa gana collía a aixada e levaba o meu eito con elas. Pero non pode ser. Haise que conformar. Así é a vida. Agora todo está ó cargo délas. Eu xa non lles podo axudar. Inda gracias que vaia tendo por aquí conta dos bois... ¡Marelo, Marelo, Marelo! ¿Seique te devirtes? Pois mira que eu non che teño gana de leria ningunha. —Os seus fillos, ¿todas son mulleres? —Non; tamén teño homes; teño dous. Pero non sei que é deles hai moito tempo. Deberon morrer. Eu xa contó con iso. —E logo, ¿non están aquí?
  • 37. O tío Manuel de Lesta Meis —Non, ho, non; non están aquí. Marcharon para a América. Un tina dezanove anos e o outro vintetrés. Os pobres non deberon ter sorte porque ó pouco tempo de saír xa non volvemos saber nada deles. Preguntamos a algúns conocidos de por acó e non puideron darnos ningunha razón. Fun cabo dun señor da Coruña, a quen lle pagámo-la renda, que nos dixo que ía escribir aló a uns amigos, que polo visto teñen aló moito conocemento, e tampouco soubo nada. Xa deberon morrer... E ti que estiveches tanto tempo por aló, ¿que che parece, ho? ¡Ti que has dicir...!
  • 38. O tío Manuel de Lesta Meis —Eu digo que poida que non morreran. Vin moitos que levaban anos e anos sin escribir á súa casa, porque non tiñan cartos que mandar. Nin a casa sabía deles nin eles da casa. Na casa faceríanos mortos, como eles facían mortos a algúns da casa. E máis estaban vivos e buscando tódalas ocasións para se vir. Pero non se lles presentaba ningunha. Por que sin cartos ninguén quer vir. Dalles vergoña. —Ai, pero por iso ti viñeche e máis non trouxeche cartos. Nin saúde, que foi o peor. —Cadroulle. Eu casemente non sei como viñen.
  • 39. “¡En pé!” Da terra asoballada. Cabanillas ¡Irmáns! En pé, sereos, a limpa frente erguida, envoltos na brancura da luz que cai de riba, o corazón aberto a toda verba amiga, e nunha man a fouce e noutra man a oliva, arredor da bandeira azul e branca, arredor da bandeira da Galicia, ¡cantémo-lo dereito á libre nova vida!
  • 40. !Validos de traidores ¡Irmáns no amor a Suevia a noite da Frouseira de lexendaria historia, ¡en pé! ¡en pé dispostos a patria escravizaron a non morrer sen loita! uns reises de Castela. ¡O día do Medulio Comestas polo tempo, con sangue quente e roxa xa afrouxan as cadeas... mercámo-lo dereito ¡irmáns asoballados á libre, honrada chouza! ¡Xa está ó vento a bandeira azul e branc de xentes estranxeiras, ¡A oliva nunha man, a fouce noutra, ergámo-la bandeira azul e berremos alto e forte: branca! “¡A nosa terra é nosa!” ¡e ó pé da enseña da nazón galega canté-lo dereito a libertar a Terra