1. LITERATURA (tema 4)
4. O TEATRO NO PRIMEIRO TERZO DO XX: IRMANDADES,
VANGARDAS E GRUPO NÓS.
1. O TEATRO ENTRE DOUS SÉCULOS
1.1. XAVIER PRADO RODRÍGUEZ
2. O TEATRO DAS IRMANDADES DA FALA
2.1. CARACTERÍSTICAS
2.2. AUTORES
2.2.1. Manuel Lugrís Freire (A ponte, O pazo)
2.2.2. Ramón Cabanillas (A man de Santiña, O Mariscal)
3. O TEATRO NAS VANGARDAS
3.1. CARACTERÍSTICAS
3.2. RAFAEL DIESTE (A fiestra valdeira)
4. O TEATRO NA XERACIÓN NÓS
4.1. CARACTERÍSTICAS
4.2. AUTORES:
4.2.1. Vicente Risco (O bufón de El-Rei)
4.2.2. Ramón Otero Pedrayo (A lagarada, Teatro de máscaras)
4.2.3. Daniel Rodríguez Castelao (Os vellos non deben de namorarse)
15
2. LITERATURA (tema 4)
4. O TEATRO NO PRIMEIRO TERZO DO XX: IRMANDADES,
VANGARDAS E GRUPO NÓS.
1. O TEATRO ENTRE DOUS SÉCULOS
Nos primeiros anos do século XX existe unha continuidade do teatro costumista e histórico
decimonónico encamiñado cara o teatro nacionalista das Irmandades. Os coros populares, como
Toxos e Flores ou De Ruada, asentaron o teatro galego da época. Entre os autores mais
representativos citamos a:
1.1. XAVIER PRADO RODRÍGUEZ
Baixo o pseudónimo de Lameiro recolle as súas obras nos volumes de
Monifates e Farsadas, obras que se achegan o teatro costumista e rural do século XIX, con
sátira contra os poderosos de ton cómico.
2. O TEATRO DAS IRMANDADES DA FALA
Nun contexto de grande efervescencia político-cultural , o teatro espallou entre o pobo o
ideario nacionalista.
2.1. CARACTERÍSTICAS
Intención propagandística con recreación de episodios da historia de Galiza.
Reivindicación social contra a emigración
Recuperación cultural e dignificación da lingua.
Xorden novas formas: drama simbolista, teatro cómico e infantil, comedia
burguesa, ópera…
Esta renovación veu acompañada dun grande éxito de público.
2.2. AUTORES
2.2.1. Manuel Lugrís Freire (A ponte, O pazo)
A ponte é a primeira peza en prosa do noso teatro, posuíndo gran carga
reivindicativa e anticaciquil. Este escritor rompeu co teatro costumista e o drama
histórico apostando polo teatro social ou de tese.
2.2.2. Ramón Cabanillas (A man de Santiña, O Mariscal)
16
3. LITERATURA (tema 4)
A man de Santiña é o primeiro intento de comedia burguesa da nosa
dramaturxia, sendo escollida para a inauguración do Conservatorio Nazonal de
Arte Galego.
O Mariscal é unha traxedia histórica en verso, na que Pedro Pardo de Cela
é o símbolo da rebelión fronte a Castela e das aspiracións de autogoberno.
3. O TEATRO NAS VANGARDAS
3.1. CARACTERÍSTICAS
Comparte coa Xeración Nós a concepción do teatro como unha arte total, á vez
que asumían as tendencias das vangardas europeas do momento. Entre estes dramaturgos
está:
3.2. RAFAEL DIESTE (A fiestra valdeira)
A fiestra valdeira é unha comedia ambientada en Rianxo, que ten de protagonista
a don Miguel, un indiano rico que fora mariñeiro. Divídese a obra en tres lances:
exposición, nó e desenlace. Don Miguel encarga un retrato seu, rexeitado por conter
elementos mariñeiros. O pintor e os seus antigos compañeiros mariñeiros opóñense o
cambio. Finalmente todos se reconcilian co seu pasado humilde. Nesta obra represéntanse
as esencias dun mundo ameazado pola modernidade. O conflito representa a tensión
entre dúas posturas ante a identidade galega. Os apuntamentos psicolóxicos e a función
simbólica do retrato fan desta peza unha das máis brillantes e orixinais do teatro galego.
4. O TEATRO NA XERACIÓN NÓS
4.1. CARACTERÍSTICAS
A Xeración Nós renova o teatro, desvincúlao da función propagandística,
concibíndoo coma unha arte de por si e como unha arte total, depurando os elementos
costumistas e realistas e favor dos poéticos e simbólicos. Debida a tendencia europeísta
do Grupo Nós, incorpóranse tendencias europeas á dramaturxia galega.
4.2. AUTORES:
4.2.1. Vicente Risco (O bufón de El-Rei)
O bufón de El-Rei é un drama fortemente simbolista sitiado nunha corte
medieval de tipo artúrico no que unha raíña adultera e o seu amante son
delatados ante o monarca polo seu bufón. Este bufón é un ser deforme e
envexoso, a través do cal Risco relaciona a deformidade física e moral, de maneira
similar que fai coa figura de don Celidonio en O porco de pé.
17
4. LITERATURA (tema 4)
4.2.2. Ramón Otero Pedrayo (A lagarada, Teatro de máscaras)
A lagarada foi a súa primeira peza teatral, con elementos simbolistas
como o xogo coas sombras ou o parlamento coas pipas das adega. En Teatro de
máscaras Otero recolle pezas breves relacionadas coa vangarda expresionista,
acompañadas de ideas para posibles escenificacións.
4.2.3. Daniel Rodríguez Castelao (Os vellos non deben de namorarse)
Sente predilección polas tendencias dramáticas da Europa do momento. A
pesares de ter moitas facetas teatrais (director artístico, deseñador de decorados
e vestiario…), escribiu unha única peza dramática: Os vellos non deben de
namorarse, concibida como un espectáculo integral (texto, música, danza,
luminotecnia, decoración…). Componse de tres lances e un epílogo nos que
presenta tres versións do tópico drama do vello namorado dunha rapaza nova, e
nos tres casos, de forma simétrica, remata coa morte do protagonista. No epílogo
aparecen no cemiterio os protagonistas de cada lance. Esta obra ten unha posta
en escena fortemente expresionista.
18