SlideShare ist ein Scribd-Unternehmen logo
1 von 6
Downloaden Sie, um offline zu lesen
VOCABULARIO DE HISTORIA (ABAU 2018-2019)
1. Aula Regia: órgano asesor real na etapa visigoda formado por altos funcionarios, aristócratas e cregos.
Entre as súas funcións está a elección do rei e colaborar con este para a preparación de leis e, en xeral, no
asesoramento político, xurídico e militar.
1. Bárbaros: estranxeiro segundo os romanos. Termo pexorativo procedente do grego empregado na etapa
dos romanos para referirse ás persoas estranxeiras que non falaban o grego ou o latín e polo tanto eran
alleos á civilización. Os máis significativos serán os pobos xermánicos que acabaran eliminando o Imperio
Romano de Occidente a finais do século V.
1. Castro: poboado fortificado prerromano. Consta de murallas, foxos, terrapléns que acollen, no seu
interior, construcións domésticas realizadas en pedra na que domina a planta redondeada. Situados no
noroeste peninsular (principalmente Galicia). Desenvolveuse na Idade de Ferro a partir dun substrato
indíxena de finais do Bronce sobre o que actuaron influencias culturais indoeuropeas de raíz céltica.
1. Conventos: unidade administrativa do período romano inferior á provincia. Tiña funcións de carácter
xudicial, de recadación de impostos e de recrutamento de tropas que englobaban a varias civitas (unidade
administrativa básica do sistema romano). Como exemplo a provincia da Gallaecia estaba dividida en tres
conventos: Lucus Augusti (Lugo), Bracara Augusta (Braga) e Asturica Augusta (Astorga).
1. Economía predadora: modelo económico propio do paleolítico (primeira fase da prehistoria) onde os
seres humanos non producían os seus alimentos e a súa supervivencia baseábase na caza, na pesca e na
recolección de froitos. Neste período practicábase o nomadismo e presentaban unha organización social
colectiva sen unha clara división do traballo e xerarquización social.
1. Guerras cántabras: derradeira fase da conquista romana da península Ibérica (29-19 a.C.) na época de
Augusto polas que foron sometidos os pobos situados no norte (ástures e cántabros).
1. Megalitismo: período da prehistoria caracterizado pola construción de monumentos e arquitecturas a
base de grandes pedras sen labrar chamados megálitos. Estes monumentos inclúen os dolmens ou antas
(enterramentos colectivos) ou menhires ou pedrafitas. Datan do 3.500-1.800 a.C. (finais do Neolítico ata
principios da Idade de Bronce). Destacan no noroeste peninsular, Menga e Los Millares (Andalucía) ou
cultura talaiótica (Balerares).
2. Carta de poboamento: denominación do documento polo cal os reis cristiáns, señores laicos ou
eclesiásticos da península Ibérica na Idade Media outorgaban unha serie de privilexios a grupos
poboacionais, co fin de obter a repoboación de certas zonas de interese económico o estratéxico durante a
Reconquista. Constituíu a primeira manifestación de dereito local aparecida durante aquel proceso.
2. Manso: porción do feudo que era concedida a cada campesiño para a súa explotación en réxime de
liberdade durante a Idade Media.
2. Marca Hispánica: era o territorio comprendido entre a fronteira político-militar do Imperio carolinxio co Al-
Andalus nos Pireneos, dende finais do século VIII ata a súa independencia efectiva en diversos reinos e
condados a partir do século IX. A diferenza doutras marcas carolinxias, a Marca hispánica non tiña unha
estrutura administrativa unificada propia.
2. Mesta: organización gandeira gremial da coroa de Castela creada en 1273 por Alfonso X O Sabio que
outorgaba importantes prerrogativas e privilexios como o de paso e pastoreo ao gando ovino fronte aos
agricultores. Incentivou a produción de la que se exportaba, a través dos portos do Cantábrico, a Inglaterra
e Países Baixos.
2. Mozárabe: poboación cristiá, de orixe hispanovisigodo, que residía no territorio de Al-Andalus durante a
Idade Media. Inicialmente eran o colectivo maioritario desta área pero posteriormente foi diminuíndo pola
progresiva conversión ao islam. A fuxida dalgúns destes membros cara aos reinos cristiáns do norte
peninsular fixo que se desenvolvese un tipo de arte prerrománico que leva o mesmo nome.
2. Presura: tipo de repoboación efectuada principalmente en áreas escasamente poboadas de Galicia,
norte do val do Douro e sur dos Pireneos entre finais do s. VIII e principios do XI. Deu como resultado a
existencia de comunidades (aldeas ou pequenas vilas) de campesiños libres e propietarios de parcelas
(alodios). Nalgúns lugares coñécese co nome de aprisio.
2. Taifas: pequenos reinos no que se dividiu Al-Andalus tras a caída do Califato de Córdoba (principios do s.
XI). Dende esta etapa ata principios do século XIII os historiadores distinguen tres períodos divididos por
momentos de unificación (Almorábides e Almohades). A orixe das dinastías taifas foi estranxeira salvo a
Banu Qasi (Ebro) ou Banu Harún (Algarve): muladís (antigos hispanovisigodos convertidos ao islam).
3. Converso: novo cristián. Denominación dada historicamente en España aos xudeus convertidos ao
cristianismo principalmente dende o decreto de expulsión destes por parte dos Reis Católicos en 1492.
3. Gran Armada: nome que lle deu Felipe II á gran frota que armou en 1588 para invadir Inglaterra durante
a guerra anglo-española (1585-1604). É máis coñecida comunmente co nome que lle deron
despectivamente os ingleses como Armada invencible. A intencionalidade da invasión era controlar a
política exterior inglesa no referente á piratería e a colaboración que esta tiña no conflito de Flandes.
3. Mourisco: denominación dada aos musulmáns convertidos ao cristianismo tras a pragmática dos Reis
Católicos de 1502 tanto na coroa de Castela como a de Aragón. No reinado de Felipe II (1568-1571)
participarán na revolta das Alpujarras (Granada) da cal serán expulsados cara outros territorios do reino de
Castela para ser definitivamente expulsados en 1609 durante o reinado de Felipe III.
3. Terzos: unidades de combate durante a época dos Austria formadas por soldados profesionais a soldo
que defendían as posesións españolas do Imperio. Os gobernadores da monarquía utilizábanos para
combater en primeira liña da fronte. Tiveron un gran protagonismo no norte de Europa, e sobre todo en
Flandres. Foron moi eficientes na combinación de armas brancas (picas, alabardas...) e fogo (arcabuces...).
3. Unión de Armas: proxecto elaborado polo Conde-Duque de Olivares (valido do rei Felipe IV) en 1626
que, para garantir a supremacía da Monarquía hispánica, establecía un reparto da carga militar e fiscal
entre todos os reinos e señoríos (ata entón só recaían en Castela). O proxecto establecía a creación dun
exército permanente, repartidos entre os distintos reinos. O proxecto non puido levarse á práctica
principalmente pola oposición da Coroa de Aragón.
3. Valido: favorito ou privanza dos denominados Austrias menores. Estes monarcas delegaron as súas
funcións nestas personalidades que actuaban como xefes de goberno, restando cada vez máis
protagonismo aos reis. Moitos deles utilizaron o poder no seu propio beneficio. Os validos máis destacados
foron: Duque de Lerma (Felipe III), Conde-Duque de Olivares (Felipe IV) e Xoán Xosé de Austria (Carlos II).
3. Xuntas do Reino de Galicia: institución do Antigo Réxime creada inicialmente no século XVI como
voceiro das antigas sete provincias de Galicia e, dende 1528, como representación do Reino ante o
monarca. Estaba formada polos delegados dos concellos das cidades capitais das provincias. Non tiñan
funcións de goberno, pero si capacidade para conceder diñeiros ao monarca, ordenar levas militares,
distribuír cargas fiscais, aconsellar e formular peticións ao rei.
4. Antigo Réxime: denominación empregada polos revolucionarios franceses para referirse ao sistema
político (absolutismo) e ao modelo de sociedade (estamental) existente no seu país antes de 1789; por
extensión os historiadores empregan ese nome para cualificar os trazos característicos da Idade Moderna
(f.XV-XVIII). É o contrario do Novo Réxime (Estado Liberal).
4. Castastro de Ensenada: primeiro censo moderno do reino de Castilla (excluíndo as provincias forais)
sobre a poboación e propiedade (catastro) entre 1750 e 1753. O Secretario de Despacho de Fernando VI,
marques da Ensenada, pretendía reformar a facenda suprimindo os impostos tradicionais por unha
contribución única sobre o patrimonio. Non se aplicou posto que foi rexeitado pola nobreza.
4. Decretos de Nova Planta: conxunto decretos promulgados entre 1707 e 1716, polo rei Felipe V, polos
cales quedaron abolidas as leis e institucións dos reinos da Coroa de Aragón (Aragón, Valencia, Cataluña e
Mallorca). Esta medida aplicouse como consecuencia do apoio que tiveron estes territorios ao candidato
contrario ao Borbón na guerra de Sucesión e polo intento de centralizar administrativamente o Estado.
4. Despotismo Ilustrado: medidas implantadas por algúns monarcas europeos, entre eles Carlos III en
España, que pretendían reformar e racionalizar a administración, a economía do país e o desenvolvemento
educativo e cultural do pobo sen alterar as bases sociais (sociedade estamental) e políticas (absolutismo)
do Antigo Réxime. Pretende facer unha síntese entre o absolutismo e as novas ideas da Ilustración.
4. Motín de Esquilache: revolta popular producida en Madrid en 1766 contra as medidas promulgadas polo
ministro de Carlos III de orixe italiano que pretendían mellorar o orde público e a seguridade na capital.
Entre elas estaba a supresión da capa longa e o chambergo. Tras as revoltas hai unhas causas profundas:
crise de subsistencia e a oposición ás medidas reformistas da coroa por parte da nobreza e o clero.
4. Paz de Utrecht: paz que pon fin á guerra de sucesión española no contexto internacional despois da
firma dos tratados de Utrecht (1713) e Rastatt (1714) entre os estados antagonistas, España e Francia, por
un lado e Gran Bretaña e Países Baixos, por outro. Os estados rivais na guerra recoñecen a Felipe V de
Borbón como rei de España a cambio de numerosas perdas territoriais en Europa e comerciais en América.
4. Regalismo borbónico: doutrina política e xurídica que afirmaba a superioridade da autoridade dos reis
sobre a Igrexa do territorio sobre o que reinaban; busca crear unha Igrexa sometida ao rei, poder influír no
nomeamento ou elixir os titulares dos altos cargos eclesiásticos, así como autorizar a publicación e
divulgación dos escritos papais no propio reino.
5. Abdicacións de Baiona: nome polo que se coñecen as renuncias sucesivas que tiveron lugar o 5 de
maio de 1808 dos reis Carlos IV e do seu fillo Fernando VII ao trono de España en favor de Napoleón
Bonaparte. O emperador francés, pouco despois, cederá tales dereitos ao seu irmán Xosé Bonaparte, que
reinará como Xosé I. Este é un dos acontecementos que poñerá inicio á Guerra da Independencia española.
5. Afrancesados: nome de carácter pexorativo co cal se coñece en España a unha minoría de partidarios
da ocupación francesa da península Ibérica durante a guerra da independencia e que respaldaron a política
reformista de Xosé I de Bonaparte. Moitos deles tiñan ideas ilustradas ou liberais e consideraban que era a
única posibilidade de introducir as ideas revolucionarias no país.
5. Cantonalismo: ideoloxía política de carácter republicano federal que tivo o seu auxe durante a 1ª
república principalmente en Cartaxena e noutras localidades do Levante e Andalucía. Contraria ao
republicanismo unitario como ao federalismo gradualista de Pi i Margall. Desde as unidades políticas
inferiores (Estados ou Cantóns), con acordos libres entre eles, chegarase a construír a federación española.
5. Estatuto Real: carta outorgada redactada polo ministro Martínez de la Rosa durante a rexencia de Mª
Cristina de Borbón en 1834 na que pretendía realizar concesións políticas aos liberais que, en realidade foi
extremadamente moderada. Trátase dunha convocatoria a Cortes (moi restrinxida) na que non aparece a
soberanía nacional, nin a separación de poderes, nin os dereitos dos cidadáns.
5. Manifesto de Sandhurst: manifesto de carácter político firmado o 1 de decembro de 1874 polo entón
príncipe Alfonso de Borbón (futuro Alfonso XII), mentres se atopaba no exilio nesta academia de militar de
oficiais británica. No documento móstrase disposto a converterse en rei de España e partidario da
monarquía parlamentaria.
5. Manifesto dos Persas: documento subscrito en 1814 por varios deputados de tendencia absolutista
participantes nas Cortes de Cádiz no que se solicitaba a Fernando VII o retorno ao Antigo Réxime e a
abolición da lexislación de Cádiz incluída a Constitución. O documento toma o nome dunha referencia que
se contén, ao principio do mesmo, sobre os costumes que había en Persia no momento do cambio dinástico.
5. Pragmática Sanción de 1830: norma aprobada por Fernando VII pola que anula o Auto acordado de
1713 de Felipe V que practicamente imposibilitaba á muller a acceder ao trono. Comunmente se lle coñecía
como “lei sálica”. A pragmática sanción restablecía o sistema de sucesión tradicional das “Sete partidas”
segundo o cal as mulleres poden reinar se non hai irmáns varóns. Esta norma motivará a guerra carlista.
5. Pronunciamento: tentativa revolucionaria, característica da España do XIX e gran parte do século XX,
empregada polas distintas faccións liberais para derrubar un goberno ou facer presión sobre el para que
adopte reformas ou cambie o sistema político vixente. Tiña que contar co apoio de determinados xefes e
forzas militares que se manifestaban e pronunciaban a favor desas peticións de cambio.
5. Sufraxio censatario e universal: dereito ao voto restrinxido só a unha parte da poboación que teña
unhas características precisas (económicas, sociais ou educacionais), que lle permita estar inscritas nun
“censo electoral”. O sufraxio universal non limita o voto polos tipos de razóns anteriormente mencionadas,
só se establece un mínimo de idade para poder votar. O sufraxio universal foi inicialmente só masculino.
5. Tratado de Valençay: acordo asignado en decembro de 1813, polo emperador Napoleón Bonaparte polo
que ofrece a paz e recoñece a Fernando VII como rei de España, como consecuencia das derrotas da
guerra da Independencia, do deterioro progresivo do exército francés e do acoso das tropas españolas e
británicas. O tratado non entrou en vigor polo rexeito das Cortes e da Rexencia españolas.
5. Unión Liberal: partido político de carácter liberal fundado por Leopoldo O’Donnell na segunda metade do
XIX. Nel participarán os sectores máis progresistas que veñen do partido moderado e os máis moderados
que proveñen do partido progresista coa finalidade de crear un “centro” liberal. Na práctica tratouse de crear
un partido que estabilizase os distintos gobernos da 2ª década moderada isabelina.
6. Agrarismo: movemento de masas no cal o campesiñado participou activamente a través de diferentes
asociacións agrarias interclasistas durante o século XIX e principios do XX procurando unha xusta
distribución da terra. Exemplos si deste movemento en España temos en Andalucía (de tipo anarquista e
clasista) ou Galicia (interclasista e distintas tendencias ideolóxicas) centrado na redención dos foros.
6. Desamortización: poñer no mercado por parte do Estado, previa expropiación forzosa e mediante unha
subasta pública, as terras e bens que ata entón non se podían enaxenar (vender, hipotecar ou ceder) e que
se atopaban en mans mortas (Igrexa católica, baldíos e terras comunais dos concellos). As
desamortizacións máis importantes foron a de Mendizábal ou eclesiástica (1836) ou a de Madoz (1854).
6. Ludismo: tamén denominada mecanoclastia. Primeira forma de manifestación obreira que se dá na
primeira fase da revolución industrial consistente na destrución da maquinaria dentro dunha fábrica posto
que esta quita postos de traballo. Uns dos exemplos máis destacados en España foi a destrución da fábrica
de manufacturas da “Bonaplata” en Barcelona ou na fábrica de tabacos na Coruña.
7. Caciquismo: práctica política que tivo o seu maior auxe durante a época da Restauración Borbónica,
utilizando a maioría das veces o fraude electoral ou uso de favores persoais a cambio do apoio a un
candidato oficial. Este sistema foi implantado de forma xeneralizada no ámbito rural. A palabra cacique é de
orixe caribeño é significa xefe da tribu.
7. Desastre de Annual: importante derrota militar española producida na guerra colonial de Marrocos ante
os rifeños comandados por Abd el-Krim en xullo de 1921 perto da localidade homónima. Esta derrota
supuxo unha redefinición da política colonial e unha das máis graves crises do sistema da Restauración e
foron causa directa do golpe de Estado e ditadura de Miguel Primo de Rivera.
7. Directorio Militar: primeira etapa da ditadura de Miguel Primo de Rivera (1923-1925). Recibe o nome
porque o directorio esta integrado exclusivamente por militares (oito xenerais e un contralmirante) presidido
polo ditador. Tiña función de asesoramento en materia de goberno e na promulagación de decretos que
tiñan forza de lei. Substituído en 1925 por un directorio integrado por militares e civís (directorio civil).
7. Encasillado: proceso polo que o ministro de Gobernación coloca nas cuadrículas correspondentes a
cada distrito electoral os nomes dos candidatos (ministeriais e da oposición) que o Goberno está disposto a
tolerar. Este sistema implica complexas negociacións entre representantes do Goberno e as diferentes
forzas políticas locais dentro do sistema da quenda durante a restauracións borbónica.
7. Expediente Picasso: informe redactado polo xeneral de división Juan Picasso que relata os feitos
ocorridos na comandancia de Melilla no verán de 1921 durante o desastre de Annual. Ante a esixencia de
depurar responsabilidades, abriuse unha investigación sobre o comportamento dos militares e difundiuse a
sospeita de que detrás da acción do xeneral Silvestre estaba a acción do propio rei Alfonso XIII.
7. Pucherazo: método de manipulación electoral usado principalmente durante o período da restauración
borbónica para permitir a alternancia pactada previamente entre o Partido Conservador e Partido Liberal,
dentro do sistema de dominación política local (principalmente no rural) coñecido como caciquismo. Para
levar a cabo a manipulación gardábanse as papeletas en “pucheros” que se engadían ou sacaban da urna.
7. Rexeneracionismo: corrente intelectual, política e literaria de finais do XIX e principios do XX
caracterizada polo análise dos males do país e a súa crítica aos vicios do sistema da Restauración como
polo seu propósito de atoparlle remedio e de renovar e modernizar a vida política e económica de España.
O representante máis destacado do rexeneracionismo foi o aragonés Xoaquín Costa.
7. Semana Tráxica de Barcelona: nome co que se coñece aos feitos violentos acontecidos en Barcelona
nunha semana do verán de 1909 ante o decreto do goberno de Antonio Maura de mobilizar aos reservistas
(a maioría pais de familia de clase obreira) á guerra de Marrocos. Os sindicatos convocaron unha folga xeral
que paralizou a cidade durante unha semana. Reprimida duramente supuxo a caída do goberno de Maura.
7. Sistema de quenda: alternancia pacífica no goberno polo mutuo acordo entre as forzas monárquicas
(Liberais e Conservadores) durante a Restauración borbónica. O sistema baseábase en que cando o partido
gobernante sufrira un desgaste político a Coroa nomeaba como presidente do goberno ao xefe da oposición.
Este convocaba novas eleccións para obter, mediante métodos caciquís, unha nova maioría parlamentaria.
7. Unión Patriótica: agrupación creada en 1924 por Miguel Primo de Rivera durante a ditadura. Esta
asociación oscilou entre un movemento de apoio e propaganda á ditadura sen un significado político
concreto, e o partido único do novo réxime que pretendía ter certas semellanzas co fascismo italiano.
8. Bienio Negro: (Rectificador, Contrarreformista ou Conservador). Período da II República (novembro de
1933-febreiro de 1936) onde principalmente gobernaron o Partido Republicano Radical de Lerroux e a
CEDA de Gil Robles caracterizados pola parálise das reformas económicas, educativas e administrativas do
primeiro período (social-azañista) da II República. Prodúcense os tráxicos sucesos de outubro de 1934.
8. Brigadas Internacionais: formacións militares constituídas por voluntarios estranxeiros que combateron
nas filas do exército republicano. As organizacións obreiras e sindicais enviaron axudas de todo tipo e
moitos homes e mulleres chegaron a España desde outubro de 1936 ata outubro de 1938. Procedentes de
moitos países para combater a favor da democracia e contra o fascismo.
8. CEDA: Confederación Española de Derechas Autónomas. Coalición de partidos católicos e dereitas
durante a II República que tiña como obxectivos principais paralizar as reformas emprendidas nesta etapa
consideradas por eles como “laicas, comunistas e degradantes da civilización cristiana” pretenden ser unha
organización defensiva dos valores tradicionais: “relixión, familia e propiedade”. O seu líder foi Gil Robles.
8. FAI: Federación Anarquista Ibérica. Agrupación anarquista creada en 1927 durante a ditadura de Primo
de Rivera como liña máis radical ante a actitude dalgúns líderes do sindicato anarquista CNT de buscar vías
máis posibilitas e negociadas. O número de afiliados incrementarase durante a II República e terá un papel
moi destacado na guerra civil nas colectivizacións agrarias e de empresas.
8. FET das XONS: Falanxe Española Tradicionalista e das Xuntas Ofensivas Nacional Sindicalistas.
Movemento político creado por Francisco Franco tras o decreto de unificación de abril de 1937 das forzas
políticas que apoiaron o levantamento contra a II República e a creación do novo Estado. Integrada por tres
antigas forzas: dúas de carácter fascista e outra carlista formarán o chamado Movemento Nacional.
8. Fronte Popular: coalición electoral integrada polas forzas políticas de esquerda (republicanos
progresistas, socialistas, comunistas e nacionalistas progresistas) vencedora das eleccións de febreiro de
1936 que presentaba un programa continuador das reformas do primeiro bienio republicano. O seu esforzo
paralízase polo levantamento militar de xullo de 1936.
8. Lexión Cóndor: nome dado á forza de intervención maioritariamente aérea que o III Reich enviou en
axuda das forzas do xeneral Franco na Guerra Civil Española. A intervención permitiu a Hitler mellorar a
calidade dos aparatos e reparar os defectos da súa arma aérea con vistas a 2ª guerra mundial e foi unha
ferramenta fundamental para a vitoria franquista. Un exemplo destacado foi o bombardeo de Guernica.
8. Pacto de San Sebastián: reunión realizada nesta cidade en agosto de 1930 por políticos republicanas,
antigos monárquicos, nacionalistas e socialistas na que se comprometeron a derrocar á monarquía e
establecer unha república parlamentaria; garantir a liberdade política e relixiosa; convocar eleccións
constituíntes e abrir a posibilidade da autonomía política das rexións.
8. Sanjurjada: levantamento militar producido en Sevilla en agosto de 1932 encabezado por José Sanjurjo
contra a República que contou co apoio dalgúns militares, monárquicos e latifundistas andaluces. O
levantamento fracasou e os participantes foron detidos e controlados.
9. Contubernio de Múnic: termo dado polo réxime franquista á reunión celebrada en Múnic en 1962 do
Congreso do Movemento Europeo, organizado por Salvador de Madariaga, onde participan membros da
oposición antifranquista, tanto do interior como do exilio, na que se esixe que os países que queiran entrar
en institucións europeas teñen que ter un réxime democrático ante o intento de España de entrar na CEE.
9. Nacional-catolicismo: denominación coas que se coñecen as sinais de identidade ideolóxica do
franquismo. O franquismo defenderá que a vida política, social e cultural estivese sometida ás directrices da
Igrexa católica. En contrapartida, a Igrexa converteuse en lexitimadora do réxime franquista. Este unión de
intereses e mutuos apoios deu orixe ao que se coñece como nacionalcatolicismo español.
9. Plan de Estabilización: programa de reformas realizado por un equipo de ministros e de altos cargos
técnicos (denominados tecnócratas) en 1959 co obxectivo de abandonar o modelo económico autárquico
intervencionista da primeira etapa do franquista cara un modelo liberalizador que sentará as bases da nova
etapa coñecida como desarrollismo económico.
9. Plataxunta: tamén denominada Coordinación Democrática. Organismo unitario de oposición á ditadura
creado en marzo de 1976. Xurde da fusión da Xunta Democrática (1974) participada por forzas e
personalidades como o PCE, CCOO... e a Plataforma de coordinación Democrática (1975) integrada polo
PSOE e outras. Os obxectivos básicos eran a amnistía, liberdade e a convocatoria de cortes constituíntes.
9. Sección Feminina: creada en 1934 por Falanxe e presidida (ata a súa disolución en 1977) por Pilar
Primo de Rivera potenciou o modelo feminino durante o franquismo caracterizado pola pasividade política e
nula participación pública fomentando o labor da muller ao coidado da casa, á familia e aos servizos sociais.
9. Sindicato vertical: organización Sindical Española. Foi a única central sindical legal que existiu en
España dende 1940 ata 1977 establecida pola Lei de Unidade Sindical (1940). Todos os traballadores e
empresarios (coñecidos como produtores), estaban obrigados por lei a estar afiliados ao Sindicato Vertical.
Tomou como referencia a organización sindical do fascismo italiano.
10. Lei para a reforma política: instrumento legal para articular a transición dende as institucións da
ditadura a unhas novas institucións democráticas. Foi elaborado por Torcuato Fernández de Miranda
(presidente das últimas Cortes da ditadura) co respaldo da Coroa e do Goberno de Adolfo Suárez. Votado
en Cortes e sometido a referéndum en 1976 serviu para facilitar a transición cara a democracia sen ruptura.
10. Pactos da Moncloa: acordo asinado en outubro de 1977 polos axentes sociais (partidos políticos,
sindicatos e organizacións empresariais) no que se comprometía a establecer unha estratexia común para
lograr a estabilidade do país mediante a consolidación da democracia, a redución da conflitividade social e a
adopción de medidas para abordar a crise económica que se viña arrastrando dende 1973.
10. UCD: Unión de Centro Democrático. Partido político de centro dereita establecido por Adolfo Suárez,
presidente do goberno, como unha coalición electoral formada en abril de 1977 de partidos liberais,
democristiáns e socialdemócratas para concorrer ás primeiras elección democráticas. Gobernou España
entre 1977 e 1982. Disolvouse en febreiro de 1983 tras o fracaso das eleccións de outubro de 1982.

Weitere ähnliche Inhalte

Was ist angesagt?

Conceptos historia 2º bachillerato 2019 CyL
Conceptos historia 2º bachillerato 2019 CyLConceptos historia 2º bachillerato 2019 CyL
Conceptos historia 2º bachillerato 2019 CyLRicardo Chao Prieto
 
Tema 9. Los reinos cristianos
Tema 9. Los reinos cristianosTema 9. Los reinos cristianos
Tema 9. Los reinos cristianoscopybird
 
Al - Ándalus. Esquema
Al - Ándalus. Esquema Al - Ándalus. Esquema
Al - Ándalus. Esquema María Alvarez
 
Los tartessos ppt
Los tartessos pptLos tartessos ppt
Los tartessos pptAntonioNovo
 
Bloque 2. Explica las causas de la invasión musulmana y de su rápida ocupació...
Bloque 2. Explica las causas de la invasión musulmana y de su rápida ocupació...Bloque 2. Explica las causas de la invasión musulmana y de su rápida ocupació...
Bloque 2. Explica las causas de la invasión musulmana y de su rápida ocupació...Florencio Ortiz Alejos
 
Manifiesto de Sandhurst (Resuelto EVAU)
Manifiesto de Sandhurst (Resuelto EVAU)Manifiesto de Sandhurst (Resuelto EVAU)
Manifiesto de Sandhurst (Resuelto EVAU)Carlos Medina Abenza
 
Tema 2. al andalus y sus principales etapas
Tema 2. al andalus y sus principales etapasTema 2. al andalus y sus principales etapas
Tema 2. al andalus y sus principales etapascopybird
 
Conceptos desarrollados de los Temas 1 2 y 3
Conceptos desarrollados de los Temas 1 2 y 3 Conceptos desarrollados de los Temas 1 2 y 3
Conceptos desarrollados de los Temas 1 2 y 3 Ricardo Chao Prieto
 
Miniatura carolingia
Miniatura carolingiaMiniatura carolingia
Miniatura carolingiaHAV
 
Bloque 1:La Península Ibérica desde los primeros humanos hasta la desaparició...
Bloque 1:La Península Ibérica desde los primeros humanos hasta la desaparició...Bloque 1:La Península Ibérica desde los primeros humanos hasta la desaparició...
Bloque 1:La Península Ibérica desde los primeros humanos hasta la desaparició...Florencio Ortiz Alejos
 
2 bach t 1 el reino visigodo 2019 20
2 bach t 1 el reino visigodo 2019 202 bach t 1 el reino visigodo 2019 20
2 bach t 1 el reino visigodo 2019 20Nicanor Otín Nebreda
 
Conceptos CyL tema 1 (de prehistoria a los visigodos)
Conceptos CyL tema 1 (de prehistoria a los visigodos)Conceptos CyL tema 1 (de prehistoria a los visigodos)
Conceptos CyL tema 1 (de prehistoria a los visigodos)Ricardo Chao Prieto
 
Unidad 3: al-Ándalus
Unidad 3: al-ÁndalusUnidad 3: al-Ándalus
Unidad 3: al-ÁndalusGema
 
Bloque 1. Explica el diferente nivel de desarrollo de las áreas celta e ibéri...
Bloque 1. Explica el diferente nivel de desarrollo de las áreas celta e ibéri...Bloque 1. Explica el diferente nivel de desarrollo de las áreas celta e ibéri...
Bloque 1. Explica el diferente nivel de desarrollo de las áreas celta e ibéri...Florencio Ortiz Alejos
 
literatura medieval 2 ESO
literatura medieval  2 ESOliteratura medieval  2 ESO
literatura medieval 2 ESOjsanzman
 

Was ist angesagt? (20)

Conceptos historia 2º bachillerato 2019 CyL
Conceptos historia 2º bachillerato 2019 CyLConceptos historia 2º bachillerato 2019 CyL
Conceptos historia 2º bachillerato 2019 CyL
 
Tema 9. Los reinos cristianos
Tema 9. Los reinos cristianosTema 9. Los reinos cristianos
Tema 9. Los reinos cristianos
 
Al - Ándalus. Esquema
Al - Ándalus. Esquema Al - Ándalus. Esquema
Al - Ándalus. Esquema
 
Los tartessos ppt
Los tartessos pptLos tartessos ppt
Los tartessos ppt
 
Bloque 2. Explica las causas de la invasión musulmana y de su rápida ocupació...
Bloque 2. Explica las causas de la invasión musulmana y de su rápida ocupació...Bloque 2. Explica las causas de la invasión musulmana y de su rápida ocupació...
Bloque 2. Explica las causas de la invasión musulmana y de su rápida ocupació...
 
Manifiesto de Sandhurst (Resuelto EVAU)
Manifiesto de Sandhurst (Resuelto EVAU)Manifiesto de Sandhurst (Resuelto EVAU)
Manifiesto de Sandhurst (Resuelto EVAU)
 
UD 7. Los reinos cristianos hispánicos
UD 7. Los reinos cristianos hispánicosUD 7. Los reinos cristianos hispánicos
UD 7. Los reinos cristianos hispánicos
 
Tema 2. al andalus y sus principales etapas
Tema 2. al andalus y sus principales etapasTema 2. al andalus y sus principales etapas
Tema 2. al andalus y sus principales etapas
 
Tipos de repoblación
Tipos de repoblaciónTipos de repoblación
Tipos de repoblación
 
Conceptos desarrollados de los Temas 1 2 y 3
Conceptos desarrollados de los Temas 1 2 y 3 Conceptos desarrollados de los Temas 1 2 y 3
Conceptos desarrollados de los Temas 1 2 y 3
 
Modelos de repoblación
Modelos de repoblaciónModelos de repoblación
Modelos de repoblación
 
Miniatura carolingia
Miniatura carolingiaMiniatura carolingia
Miniatura carolingia
 
Bloque 1:La Península Ibérica desde los primeros humanos hasta la desaparició...
Bloque 1:La Península Ibérica desde los primeros humanos hasta la desaparició...Bloque 1:La Península Ibérica desde los primeros humanos hasta la desaparició...
Bloque 1:La Península Ibérica desde los primeros humanos hasta la desaparició...
 
2 bach t 1 el reino visigodo 2019 20
2 bach t 1 el reino visigodo 2019 202 bach t 1 el reino visigodo 2019 20
2 bach t 1 el reino visigodo 2019 20
 
Adh 2 eso al andalus
Adh 2 eso al andalusAdh 2 eso al andalus
Adh 2 eso al andalus
 
Conceptos CyL tema 1 (de prehistoria a los visigodos)
Conceptos CyL tema 1 (de prehistoria a los visigodos)Conceptos CyL tema 1 (de prehistoria a los visigodos)
Conceptos CyL tema 1 (de prehistoria a los visigodos)
 
Pueblos prerromanos de hispania
Pueblos prerromanos de hispaniaPueblos prerromanos de hispania
Pueblos prerromanos de hispania
 
Unidad 3: al-Ándalus
Unidad 3: al-ÁndalusUnidad 3: al-Ándalus
Unidad 3: al-Ándalus
 
Bloque 1. Explica el diferente nivel de desarrollo de las áreas celta e ibéri...
Bloque 1. Explica el diferente nivel de desarrollo de las áreas celta e ibéri...Bloque 1. Explica el diferente nivel de desarrollo de las áreas celta e ibéri...
Bloque 1. Explica el diferente nivel de desarrollo de las áreas celta e ibéri...
 
literatura medieval 2 ESO
literatura medieval  2 ESOliteratura medieval  2 ESO
literatura medieval 2 ESO
 

Ähnlich wie Vocabulario Historia España ABAU

Tema 1. Lecciones 3 5. Legado Romano Visigodos
Tema 1. Lecciones 3 5. Legado Romano VisigodosTema 1. Lecciones 3 5. Legado Romano Visigodos
Tema 1. Lecciones 3 5. Legado Romano Visigodosdudashistoria
 
Os reinos cristiáns peninsulares. O reino de Galicia
Os reinos cristiáns peninsulares. O reino de GaliciaOs reinos cristiáns peninsulares. O reino de Galicia
Os reinos cristiáns peninsulares. O reino de Galiciarubempaul
 
Tema 2. Inicio da Idade Moderna en España
Tema 2. Inicio da Idade Moderna en EspañaTema 2. Inicio da Idade Moderna en España
Tema 2. Inicio da Idade Moderna en EspañaDudas-Historia
 
Historia Moderna
Historia ModernaHistoria Moderna
Historia Modernacamposseijo
 
Unidade 9 imperio español
Unidade 9 imperio españolUnidade 9 imperio español
Unidade 9 imperio españolcamposseijo
 
A civilización romana
A civilización romanaA civilización romana
A civilización romanarubempaul
 
Os reinos cristiáns peninsulares na Idade Media. O reino de Galicia
Os reinos cristiáns peninsulares na Idade Media. O reino de GaliciaOs reinos cristiáns peninsulares na Idade Media. O reino de Galicia
Os reinos cristiáns peninsulares na Idade Media. O reino de Galiciarubempaul
 
A España dos Reis Católicos
A España dos Reis CatólicosA España dos Reis Católicos
A España dos Reis Católicoslolaen
 
Trabajo grupo hispania romana final
Trabajo grupo hispania romana finalTrabajo grupo hispania romana final
Trabajo grupo hispania romana finallolifreire
 
Trabajo grupo hispania romana final
Trabajo grupo hispania romana finalTrabajo grupo hispania romana final
Trabajo grupo hispania romana finallolifreire
 
A España dos Reis Católicos. A dinastía dos Austrias
A España dos Reis Católicos. A dinastía dos AustriasA España dos Reis Católicos. A dinastía dos Austrias
A España dos Reis Católicos. A dinastía dos Austriaslogargola
 
Unidade 8 renacemento
Unidade 8 renacementoUnidade 8 renacemento
Unidade 8 renacementocamposseijo
 
Unidade 4. o reformismo borbónico
Unidade 4. o reformismo borbónicoUnidade 4. o reformismo borbónico
Unidade 4. o reformismo borbónicoAgrela Elvixeo
 
renacemento 110517020217-phpapp02
renacemento 110517020217-phpapp02renacemento 110517020217-phpapp02
renacemento 110517020217-phpapp02LOPEZMOURENZA
 
A civilización romana
A civilización romanaA civilización romana
A civilización romanarubempaul
 
O Século XVI: O Apoxeo Do Imperio Español.
 O Século XVI: O Apoxeo Do Imperio Español.  O Século XVI: O Apoxeo Do Imperio Español.
O Século XVI: O Apoxeo Do Imperio Español. guest7c5a895
 
Apuntamentos nen@s Idade Moderna.pdf
Apuntamentos nen@s Idade Moderna.pdfApuntamentos nen@s Idade Moderna.pdf
Apuntamentos nen@s Idade Moderna.pdfBerta Campos
 

Ähnlich wie Vocabulario Historia España ABAU (20)

Tema 1. Lecciones 3 5. Legado Romano Visigodos
Tema 1. Lecciones 3 5. Legado Romano VisigodosTema 1. Lecciones 3 5. Legado Romano Visigodos
Tema 1. Lecciones 3 5. Legado Romano Visigodos
 
Os reinos cristiáns peninsulares. O reino de Galicia
Os reinos cristiáns peninsulares. O reino de GaliciaOs reinos cristiáns peninsulares. O reino de Galicia
Os reinos cristiáns peninsulares. O reino de Galicia
 
Tema 2. 3º ESO
Tema 2. 3º ESOTema 2. 3º ESO
Tema 2. 3º ESO
 
Tema 2. Inicio da Idade Moderna en España
Tema 2. Inicio da Idade Moderna en EspañaTema 2. Inicio da Idade Moderna en España
Tema 2. Inicio da Idade Moderna en España
 
Unidade 3 esa
Unidade 3 esaUnidade 3 esa
Unidade 3 esa
 
Historia Moderna
Historia ModernaHistoria Moderna
Historia Moderna
 
Unidade 9 imperio español
Unidade 9 imperio españolUnidade 9 imperio español
Unidade 9 imperio español
 
A civilización romana
A civilización romanaA civilización romana
A civilización romana
 
Os reinos cristiáns peninsulares na Idade Media. O reino de Galicia
Os reinos cristiáns peninsulares na Idade Media. O reino de GaliciaOs reinos cristiáns peninsulares na Idade Media. O reino de Galicia
Os reinos cristiáns peninsulares na Idade Media. O reino de Galicia
 
A España dos Reis Católicos
A España dos Reis CatólicosA España dos Reis Católicos
A España dos Reis Católicos
 
Trabajo grupo hispania romana final
Trabajo grupo hispania romana finalTrabajo grupo hispania romana final
Trabajo grupo hispania romana final
 
Trabajo grupo hispania romana final
Trabajo grupo hispania romana finalTrabajo grupo hispania romana final
Trabajo grupo hispania romana final
 
A España dos Reis Católicos. A dinastía dos Austrias
A España dos Reis Católicos. A dinastía dos AustriasA España dos Reis Católicos. A dinastía dos Austrias
A España dos Reis Católicos. A dinastía dos Austrias
 
Unidade 8 renacemento
Unidade 8 renacementoUnidade 8 renacemento
Unidade 8 renacemento
 
Unidade 4. o reformismo borbónico
Unidade 4. o reformismo borbónicoUnidade 4. o reformismo borbónico
Unidade 4. o reformismo borbónico
 
renacemento 110517020217-phpapp02
renacemento 110517020217-phpapp02renacemento 110517020217-phpapp02
renacemento 110517020217-phpapp02
 
A civilización romana
A civilización romanaA civilización romana
A civilización romana
 
O Século XVI: O Apoxeo Do Imperio Español.
 O Século XVI: O Apoxeo Do Imperio Español.  O Século XVI: O Apoxeo Do Imperio Español.
O Século XVI: O Apoxeo Do Imperio Español.
 
Edadmoderna sexto
Edadmoderna   sextoEdadmoderna   sexto
Edadmoderna sexto
 
Apuntamentos nen@s Idade Moderna.pdf
Apuntamentos nen@s Idade Moderna.pdfApuntamentos nen@s Idade Moderna.pdf
Apuntamentos nen@s Idade Moderna.pdf
 

Mehr von Agrela Elvixeo

GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxGUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxAgrela Elvixeo
 
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa VillaltaUnidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa VillaltaAgrela Elvixeo
 
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES MonelosLuísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES MonelosAgrela Elvixeo
 
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES MonelosLuísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES MonelosAgrela Elvixeo
 
Ruth Matilda Anderson. Hispanic Society of America. Imaxes de Galicia
Ruth Matilda Anderson. Hispanic Society of America. Imaxes de GaliciaRuth Matilda Anderson. Hispanic Society of America. Imaxes de Galicia
Ruth Matilda Anderson. Hispanic Society of America. Imaxes de GaliciaAgrela Elvixeo
 
Peixeiras da Coruña. O Muro da Coruña. IES Monelos
Peixeiras da Coruña. O Muro da Coruña. IES MonelosPeixeiras da Coruña. O Muro da Coruña. IES Monelos
Peixeiras da Coruña. O Muro da Coruña. IES MonelosAgrela Elvixeo
 
Xardín de San Carlos (A Coruña) IES Monelos
Xardín de San Carlos (A Coruña) IES MonelosXardín de San Carlos (A Coruña) IES Monelos
Xardín de San Carlos (A Coruña) IES MonelosAgrela Elvixeo
 
Lavandeiras e lavadoiros da Coruña. IES Monelos
Lavandeiras e lavadoiros da Coruña. IES MonelosLavandeiras e lavadoiros da Coruña. IES Monelos
Lavandeiras e lavadoiros da Coruña. IES MonelosAgrela Elvixeo
 
Os xudeus na Coruña durante a Idade Media
Os xudeus na Coruña durante a Idade MediaOs xudeus na Coruña durante a Idade Media
Os xudeus na Coruña durante a Idade MediaAgrela Elvixeo
 
A Galera ou prisión de mulleres da Coruña
A Galera ou prisión de mulleres da CoruñaA Galera ou prisión de mulleres da Coruña
A Galera ou prisión de mulleres da CoruñaAgrela Elvixeo
 
As cigarreiras da Fábrica de Tabacos da Coruña
As cigarreiras da Fábrica de Tabacos da CoruñaAs cigarreiras da Fábrica de Tabacos da Coruña
As cigarreiras da Fábrica de Tabacos da CoruñaAgrela Elvixeo
 
ANTIGA FÁBRICA DE TABACOS DA CORUÑA. HISTORIAS DA CIDADE
ANTIGA FÁBRICA DE TABACOS DA CORUÑA. HISTORIAS DA CIDADEANTIGA FÁBRICA DE TABACOS DA CORUÑA. HISTORIAS DA CIDADE
ANTIGA FÁBRICA DE TABACOS DA CORUÑA. HISTORIAS DA CIDADEAgrela Elvixeo
 
O Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da Coruña
O Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da CoruñaO Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da Coruña
O Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da CoruñaAgrela Elvixeo
 
Francisco Espoz y Mina. Liberal vinculado A Coruña
Francisco Espoz y Mina. Liberal vinculado A CoruñaFrancisco Espoz y Mina. Liberal vinculado A Coruña
Francisco Espoz y Mina. Liberal vinculado A CoruñaAgrela Elvixeo
 
Historias da Coruña: Juan Díaz Porlier "O Marquesiño"
Historias da Coruña: Juan Díaz Porlier "O Marquesiño"Historias da Coruña: Juan Díaz Porlier "O Marquesiño"
Historias da Coruña: Juan Díaz Porlier "O Marquesiño"Agrela Elvixeo
 
Xoana de Vega (persoeiro importante do liberalismo coruñés)
Xoana de Vega (persoeiro importante do liberalismo coruñés)Xoana de Vega (persoeiro importante do liberalismo coruñés)
Xoana de Vega (persoeiro importante do liberalismo coruñés)Agrela Elvixeo
 
50 aniversario das obras do encoro de Cecebre
50 aniversario das obras do encoro de Cecebre50 aniversario das obras do encoro de Cecebre
50 aniversario das obras do encoro de CecebreAgrela Elvixeo
 
A CORUÑA E A EDICIÓN DO LIBRO EN GALEGO.pptx
A CORUÑA E A EDICIÓN DO LIBRO EN GALEGO.pptxA CORUÑA E A EDICIÓN DO LIBRO EN GALEGO.pptx
A CORUÑA E A EDICIÓN DO LIBRO EN GALEGO.pptxAgrela Elvixeo
 
As Irmandades da Fala. As Irmandades da Fala créanse na Coruña en 1916
As Irmandades da Fala. As Irmandades da Fala créanse na Coruña en 1916As Irmandades da Fala. As Irmandades da Fala créanse na Coruña en 1916
As Irmandades da Fala. As Irmandades da Fala créanse na Coruña en 1916Agrela Elvixeo
 

Mehr von Agrela Elvixeo (20)

GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxGUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
 
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa VillaltaUnidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
 
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES MonelosLuísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
 
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES MonelosLuísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
 
Ruth Matilda Anderson. Hispanic Society of America. Imaxes de Galicia
Ruth Matilda Anderson. Hispanic Society of America. Imaxes de GaliciaRuth Matilda Anderson. Hispanic Society of America. Imaxes de Galicia
Ruth Matilda Anderson. Hispanic Society of America. Imaxes de Galicia
 
Peixeiras da Coruña. O Muro da Coruña. IES Monelos
Peixeiras da Coruña. O Muro da Coruña. IES MonelosPeixeiras da Coruña. O Muro da Coruña. IES Monelos
Peixeiras da Coruña. O Muro da Coruña. IES Monelos
 
Xardín de San Carlos (A Coruña) IES Monelos
Xardín de San Carlos (A Coruña) IES MonelosXardín de San Carlos (A Coruña) IES Monelos
Xardín de San Carlos (A Coruña) IES Monelos
 
Lavandeiras e lavadoiros da Coruña. IES Monelos
Lavandeiras e lavadoiros da Coruña. IES MonelosLavandeiras e lavadoiros da Coruña. IES Monelos
Lavandeiras e lavadoiros da Coruña. IES Monelos
 
Os xudeus na Coruña durante a Idade Media
Os xudeus na Coruña durante a Idade MediaOs xudeus na Coruña durante a Idade Media
Os xudeus na Coruña durante a Idade Media
 
A Galera ou prisión de mulleres da Coruña
A Galera ou prisión de mulleres da CoruñaA Galera ou prisión de mulleres da Coruña
A Galera ou prisión de mulleres da Coruña
 
As cigarreiras da Fábrica de Tabacos da Coruña
As cigarreiras da Fábrica de Tabacos da CoruñaAs cigarreiras da Fábrica de Tabacos da Coruña
As cigarreiras da Fábrica de Tabacos da Coruña
 
ANTIGA FÁBRICA DE TABACOS DA CORUÑA. HISTORIAS DA CIDADE
ANTIGA FÁBRICA DE TABACOS DA CORUÑA. HISTORIAS DA CIDADEANTIGA FÁBRICA DE TABACOS DA CORUÑA. HISTORIAS DA CIDADE
ANTIGA FÁBRICA DE TABACOS DA CORUÑA. HISTORIAS DA CIDADE
 
O Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da Coruña
O Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da CoruñaO Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da Coruña
O Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da Coruña
 
Francisco Espoz y Mina. Liberal vinculado A Coruña
Francisco Espoz y Mina. Liberal vinculado A CoruñaFrancisco Espoz y Mina. Liberal vinculado A Coruña
Francisco Espoz y Mina. Liberal vinculado A Coruña
 
Historias da Coruña: Juan Díaz Porlier "O Marquesiño"
Historias da Coruña: Juan Díaz Porlier "O Marquesiño"Historias da Coruña: Juan Díaz Porlier "O Marquesiño"
Historias da Coruña: Juan Díaz Porlier "O Marquesiño"
 
Xoana de Vega (persoeiro importante do liberalismo coruñés)
Xoana de Vega (persoeiro importante do liberalismo coruñés)Xoana de Vega (persoeiro importante do liberalismo coruñés)
Xoana de Vega (persoeiro importante do liberalismo coruñés)
 
50 aniversario das obras do encoro de Cecebre
50 aniversario das obras do encoro de Cecebre50 aniversario das obras do encoro de Cecebre
50 aniversario das obras do encoro de Cecebre
 
A CORUÑA E A EDICIÓN DO LIBRO EN GALEGO.pptx
A CORUÑA E A EDICIÓN DO LIBRO EN GALEGO.pptxA CORUÑA E A EDICIÓN DO LIBRO EN GALEGO.pptx
A CORUÑA E A EDICIÓN DO LIBRO EN GALEGO.pptx
 
As Irmandades da Fala. As Irmandades da Fala créanse na Coruña en 1916
As Irmandades da Fala. As Irmandades da Fala créanse na Coruña en 1916As Irmandades da Fala. As Irmandades da Fala créanse na Coruña en 1916
As Irmandades da Fala. As Irmandades da Fala créanse na Coruña en 1916
 
60 ANOS DE GRIAL.pptx
60 ANOS DE GRIAL.pptx60 ANOS DE GRIAL.pptx
60 ANOS DE GRIAL.pptx
 

Kürzlich hochgeladen

O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónRemoeaLinguaLinguaGa
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelXXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelcenlf
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfRevista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfAntonio Gregorio Montes
 
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfNon penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfO Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfA memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 

Kürzlich hochgeladen (11)

O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
 
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelXXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
 
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
 
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfRevista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
 
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfNon penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
 
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfO Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
 
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfA memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
 

Vocabulario Historia España ABAU

  • 1. VOCABULARIO DE HISTORIA (ABAU 2018-2019) 1. Aula Regia: órgano asesor real na etapa visigoda formado por altos funcionarios, aristócratas e cregos. Entre as súas funcións está a elección do rei e colaborar con este para a preparación de leis e, en xeral, no asesoramento político, xurídico e militar. 1. Bárbaros: estranxeiro segundo os romanos. Termo pexorativo procedente do grego empregado na etapa dos romanos para referirse ás persoas estranxeiras que non falaban o grego ou o latín e polo tanto eran alleos á civilización. Os máis significativos serán os pobos xermánicos que acabaran eliminando o Imperio Romano de Occidente a finais do século V. 1. Castro: poboado fortificado prerromano. Consta de murallas, foxos, terrapléns que acollen, no seu interior, construcións domésticas realizadas en pedra na que domina a planta redondeada. Situados no noroeste peninsular (principalmente Galicia). Desenvolveuse na Idade de Ferro a partir dun substrato indíxena de finais do Bronce sobre o que actuaron influencias culturais indoeuropeas de raíz céltica. 1. Conventos: unidade administrativa do período romano inferior á provincia. Tiña funcións de carácter xudicial, de recadación de impostos e de recrutamento de tropas que englobaban a varias civitas (unidade administrativa básica do sistema romano). Como exemplo a provincia da Gallaecia estaba dividida en tres conventos: Lucus Augusti (Lugo), Bracara Augusta (Braga) e Asturica Augusta (Astorga). 1. Economía predadora: modelo económico propio do paleolítico (primeira fase da prehistoria) onde os seres humanos non producían os seus alimentos e a súa supervivencia baseábase na caza, na pesca e na recolección de froitos. Neste período practicábase o nomadismo e presentaban unha organización social colectiva sen unha clara división do traballo e xerarquización social. 1. Guerras cántabras: derradeira fase da conquista romana da península Ibérica (29-19 a.C.) na época de Augusto polas que foron sometidos os pobos situados no norte (ástures e cántabros). 1. Megalitismo: período da prehistoria caracterizado pola construción de monumentos e arquitecturas a base de grandes pedras sen labrar chamados megálitos. Estes monumentos inclúen os dolmens ou antas (enterramentos colectivos) ou menhires ou pedrafitas. Datan do 3.500-1.800 a.C. (finais do Neolítico ata principios da Idade de Bronce). Destacan no noroeste peninsular, Menga e Los Millares (Andalucía) ou cultura talaiótica (Balerares). 2. Carta de poboamento: denominación do documento polo cal os reis cristiáns, señores laicos ou eclesiásticos da península Ibérica na Idade Media outorgaban unha serie de privilexios a grupos poboacionais, co fin de obter a repoboación de certas zonas de interese económico o estratéxico durante a Reconquista. Constituíu a primeira manifestación de dereito local aparecida durante aquel proceso. 2. Manso: porción do feudo que era concedida a cada campesiño para a súa explotación en réxime de liberdade durante a Idade Media. 2. Marca Hispánica: era o territorio comprendido entre a fronteira político-militar do Imperio carolinxio co Al- Andalus nos Pireneos, dende finais do século VIII ata a súa independencia efectiva en diversos reinos e condados a partir do século IX. A diferenza doutras marcas carolinxias, a Marca hispánica non tiña unha estrutura administrativa unificada propia. 2. Mesta: organización gandeira gremial da coroa de Castela creada en 1273 por Alfonso X O Sabio que outorgaba importantes prerrogativas e privilexios como o de paso e pastoreo ao gando ovino fronte aos agricultores. Incentivou a produción de la que se exportaba, a través dos portos do Cantábrico, a Inglaterra e Países Baixos. 2. Mozárabe: poboación cristiá, de orixe hispanovisigodo, que residía no territorio de Al-Andalus durante a Idade Media. Inicialmente eran o colectivo maioritario desta área pero posteriormente foi diminuíndo pola progresiva conversión ao islam. A fuxida dalgúns destes membros cara aos reinos cristiáns do norte peninsular fixo que se desenvolvese un tipo de arte prerrománico que leva o mesmo nome. 2. Presura: tipo de repoboación efectuada principalmente en áreas escasamente poboadas de Galicia, norte do val do Douro e sur dos Pireneos entre finais do s. VIII e principios do XI. Deu como resultado a
  • 2. existencia de comunidades (aldeas ou pequenas vilas) de campesiños libres e propietarios de parcelas (alodios). Nalgúns lugares coñécese co nome de aprisio. 2. Taifas: pequenos reinos no que se dividiu Al-Andalus tras a caída do Califato de Córdoba (principios do s. XI). Dende esta etapa ata principios do século XIII os historiadores distinguen tres períodos divididos por momentos de unificación (Almorábides e Almohades). A orixe das dinastías taifas foi estranxeira salvo a Banu Qasi (Ebro) ou Banu Harún (Algarve): muladís (antigos hispanovisigodos convertidos ao islam). 3. Converso: novo cristián. Denominación dada historicamente en España aos xudeus convertidos ao cristianismo principalmente dende o decreto de expulsión destes por parte dos Reis Católicos en 1492. 3. Gran Armada: nome que lle deu Felipe II á gran frota que armou en 1588 para invadir Inglaterra durante a guerra anglo-española (1585-1604). É máis coñecida comunmente co nome que lle deron despectivamente os ingleses como Armada invencible. A intencionalidade da invasión era controlar a política exterior inglesa no referente á piratería e a colaboración que esta tiña no conflito de Flandes. 3. Mourisco: denominación dada aos musulmáns convertidos ao cristianismo tras a pragmática dos Reis Católicos de 1502 tanto na coroa de Castela como a de Aragón. No reinado de Felipe II (1568-1571) participarán na revolta das Alpujarras (Granada) da cal serán expulsados cara outros territorios do reino de Castela para ser definitivamente expulsados en 1609 durante o reinado de Felipe III. 3. Terzos: unidades de combate durante a época dos Austria formadas por soldados profesionais a soldo que defendían as posesións españolas do Imperio. Os gobernadores da monarquía utilizábanos para combater en primeira liña da fronte. Tiveron un gran protagonismo no norte de Europa, e sobre todo en Flandres. Foron moi eficientes na combinación de armas brancas (picas, alabardas...) e fogo (arcabuces...). 3. Unión de Armas: proxecto elaborado polo Conde-Duque de Olivares (valido do rei Felipe IV) en 1626 que, para garantir a supremacía da Monarquía hispánica, establecía un reparto da carga militar e fiscal entre todos os reinos e señoríos (ata entón só recaían en Castela). O proxecto establecía a creación dun exército permanente, repartidos entre os distintos reinos. O proxecto non puido levarse á práctica principalmente pola oposición da Coroa de Aragón. 3. Valido: favorito ou privanza dos denominados Austrias menores. Estes monarcas delegaron as súas funcións nestas personalidades que actuaban como xefes de goberno, restando cada vez máis protagonismo aos reis. Moitos deles utilizaron o poder no seu propio beneficio. Os validos máis destacados foron: Duque de Lerma (Felipe III), Conde-Duque de Olivares (Felipe IV) e Xoán Xosé de Austria (Carlos II). 3. Xuntas do Reino de Galicia: institución do Antigo Réxime creada inicialmente no século XVI como voceiro das antigas sete provincias de Galicia e, dende 1528, como representación do Reino ante o monarca. Estaba formada polos delegados dos concellos das cidades capitais das provincias. Non tiñan funcións de goberno, pero si capacidade para conceder diñeiros ao monarca, ordenar levas militares, distribuír cargas fiscais, aconsellar e formular peticións ao rei. 4. Antigo Réxime: denominación empregada polos revolucionarios franceses para referirse ao sistema político (absolutismo) e ao modelo de sociedade (estamental) existente no seu país antes de 1789; por extensión os historiadores empregan ese nome para cualificar os trazos característicos da Idade Moderna (f.XV-XVIII). É o contrario do Novo Réxime (Estado Liberal). 4. Castastro de Ensenada: primeiro censo moderno do reino de Castilla (excluíndo as provincias forais) sobre a poboación e propiedade (catastro) entre 1750 e 1753. O Secretario de Despacho de Fernando VI, marques da Ensenada, pretendía reformar a facenda suprimindo os impostos tradicionais por unha contribución única sobre o patrimonio. Non se aplicou posto que foi rexeitado pola nobreza. 4. Decretos de Nova Planta: conxunto decretos promulgados entre 1707 e 1716, polo rei Felipe V, polos cales quedaron abolidas as leis e institucións dos reinos da Coroa de Aragón (Aragón, Valencia, Cataluña e Mallorca). Esta medida aplicouse como consecuencia do apoio que tiveron estes territorios ao candidato contrario ao Borbón na guerra de Sucesión e polo intento de centralizar administrativamente o Estado. 4. Despotismo Ilustrado: medidas implantadas por algúns monarcas europeos, entre eles Carlos III en España, que pretendían reformar e racionalizar a administración, a economía do país e o desenvolvemento educativo e cultural do pobo sen alterar as bases sociais (sociedade estamental) e políticas (absolutismo) do Antigo Réxime. Pretende facer unha síntese entre o absolutismo e as novas ideas da Ilustración.
  • 3. 4. Motín de Esquilache: revolta popular producida en Madrid en 1766 contra as medidas promulgadas polo ministro de Carlos III de orixe italiano que pretendían mellorar o orde público e a seguridade na capital. Entre elas estaba a supresión da capa longa e o chambergo. Tras as revoltas hai unhas causas profundas: crise de subsistencia e a oposición ás medidas reformistas da coroa por parte da nobreza e o clero. 4. Paz de Utrecht: paz que pon fin á guerra de sucesión española no contexto internacional despois da firma dos tratados de Utrecht (1713) e Rastatt (1714) entre os estados antagonistas, España e Francia, por un lado e Gran Bretaña e Países Baixos, por outro. Os estados rivais na guerra recoñecen a Felipe V de Borbón como rei de España a cambio de numerosas perdas territoriais en Europa e comerciais en América. 4. Regalismo borbónico: doutrina política e xurídica que afirmaba a superioridade da autoridade dos reis sobre a Igrexa do territorio sobre o que reinaban; busca crear unha Igrexa sometida ao rei, poder influír no nomeamento ou elixir os titulares dos altos cargos eclesiásticos, así como autorizar a publicación e divulgación dos escritos papais no propio reino. 5. Abdicacións de Baiona: nome polo que se coñecen as renuncias sucesivas que tiveron lugar o 5 de maio de 1808 dos reis Carlos IV e do seu fillo Fernando VII ao trono de España en favor de Napoleón Bonaparte. O emperador francés, pouco despois, cederá tales dereitos ao seu irmán Xosé Bonaparte, que reinará como Xosé I. Este é un dos acontecementos que poñerá inicio á Guerra da Independencia española. 5. Afrancesados: nome de carácter pexorativo co cal se coñece en España a unha minoría de partidarios da ocupación francesa da península Ibérica durante a guerra da independencia e que respaldaron a política reformista de Xosé I de Bonaparte. Moitos deles tiñan ideas ilustradas ou liberais e consideraban que era a única posibilidade de introducir as ideas revolucionarias no país. 5. Cantonalismo: ideoloxía política de carácter republicano federal que tivo o seu auxe durante a 1ª república principalmente en Cartaxena e noutras localidades do Levante e Andalucía. Contraria ao republicanismo unitario como ao federalismo gradualista de Pi i Margall. Desde as unidades políticas inferiores (Estados ou Cantóns), con acordos libres entre eles, chegarase a construír a federación española. 5. Estatuto Real: carta outorgada redactada polo ministro Martínez de la Rosa durante a rexencia de Mª Cristina de Borbón en 1834 na que pretendía realizar concesións políticas aos liberais que, en realidade foi extremadamente moderada. Trátase dunha convocatoria a Cortes (moi restrinxida) na que non aparece a soberanía nacional, nin a separación de poderes, nin os dereitos dos cidadáns. 5. Manifesto de Sandhurst: manifesto de carácter político firmado o 1 de decembro de 1874 polo entón príncipe Alfonso de Borbón (futuro Alfonso XII), mentres se atopaba no exilio nesta academia de militar de oficiais británica. No documento móstrase disposto a converterse en rei de España e partidario da monarquía parlamentaria. 5. Manifesto dos Persas: documento subscrito en 1814 por varios deputados de tendencia absolutista participantes nas Cortes de Cádiz no que se solicitaba a Fernando VII o retorno ao Antigo Réxime e a abolición da lexislación de Cádiz incluída a Constitución. O documento toma o nome dunha referencia que se contén, ao principio do mesmo, sobre os costumes que había en Persia no momento do cambio dinástico. 5. Pragmática Sanción de 1830: norma aprobada por Fernando VII pola que anula o Auto acordado de 1713 de Felipe V que practicamente imposibilitaba á muller a acceder ao trono. Comunmente se lle coñecía como “lei sálica”. A pragmática sanción restablecía o sistema de sucesión tradicional das “Sete partidas” segundo o cal as mulleres poden reinar se non hai irmáns varóns. Esta norma motivará a guerra carlista. 5. Pronunciamento: tentativa revolucionaria, característica da España do XIX e gran parte do século XX, empregada polas distintas faccións liberais para derrubar un goberno ou facer presión sobre el para que adopte reformas ou cambie o sistema político vixente. Tiña que contar co apoio de determinados xefes e forzas militares que se manifestaban e pronunciaban a favor desas peticións de cambio. 5. Sufraxio censatario e universal: dereito ao voto restrinxido só a unha parte da poboación que teña unhas características precisas (económicas, sociais ou educacionais), que lle permita estar inscritas nun “censo electoral”. O sufraxio universal non limita o voto polos tipos de razóns anteriormente mencionadas, só se establece un mínimo de idade para poder votar. O sufraxio universal foi inicialmente só masculino. 5. Tratado de Valençay: acordo asignado en decembro de 1813, polo emperador Napoleón Bonaparte polo que ofrece a paz e recoñece a Fernando VII como rei de España, como consecuencia das derrotas da
  • 4. guerra da Independencia, do deterioro progresivo do exército francés e do acoso das tropas españolas e británicas. O tratado non entrou en vigor polo rexeito das Cortes e da Rexencia españolas. 5. Unión Liberal: partido político de carácter liberal fundado por Leopoldo O’Donnell na segunda metade do XIX. Nel participarán os sectores máis progresistas que veñen do partido moderado e os máis moderados que proveñen do partido progresista coa finalidade de crear un “centro” liberal. Na práctica tratouse de crear un partido que estabilizase os distintos gobernos da 2ª década moderada isabelina. 6. Agrarismo: movemento de masas no cal o campesiñado participou activamente a través de diferentes asociacións agrarias interclasistas durante o século XIX e principios do XX procurando unha xusta distribución da terra. Exemplos si deste movemento en España temos en Andalucía (de tipo anarquista e clasista) ou Galicia (interclasista e distintas tendencias ideolóxicas) centrado na redención dos foros. 6. Desamortización: poñer no mercado por parte do Estado, previa expropiación forzosa e mediante unha subasta pública, as terras e bens que ata entón non se podían enaxenar (vender, hipotecar ou ceder) e que se atopaban en mans mortas (Igrexa católica, baldíos e terras comunais dos concellos). As desamortizacións máis importantes foron a de Mendizábal ou eclesiástica (1836) ou a de Madoz (1854). 6. Ludismo: tamén denominada mecanoclastia. Primeira forma de manifestación obreira que se dá na primeira fase da revolución industrial consistente na destrución da maquinaria dentro dunha fábrica posto que esta quita postos de traballo. Uns dos exemplos máis destacados en España foi a destrución da fábrica de manufacturas da “Bonaplata” en Barcelona ou na fábrica de tabacos na Coruña. 7. Caciquismo: práctica política que tivo o seu maior auxe durante a época da Restauración Borbónica, utilizando a maioría das veces o fraude electoral ou uso de favores persoais a cambio do apoio a un candidato oficial. Este sistema foi implantado de forma xeneralizada no ámbito rural. A palabra cacique é de orixe caribeño é significa xefe da tribu. 7. Desastre de Annual: importante derrota militar española producida na guerra colonial de Marrocos ante os rifeños comandados por Abd el-Krim en xullo de 1921 perto da localidade homónima. Esta derrota supuxo unha redefinición da política colonial e unha das máis graves crises do sistema da Restauración e foron causa directa do golpe de Estado e ditadura de Miguel Primo de Rivera. 7. Directorio Militar: primeira etapa da ditadura de Miguel Primo de Rivera (1923-1925). Recibe o nome porque o directorio esta integrado exclusivamente por militares (oito xenerais e un contralmirante) presidido polo ditador. Tiña función de asesoramento en materia de goberno e na promulagación de decretos que tiñan forza de lei. Substituído en 1925 por un directorio integrado por militares e civís (directorio civil). 7. Encasillado: proceso polo que o ministro de Gobernación coloca nas cuadrículas correspondentes a cada distrito electoral os nomes dos candidatos (ministeriais e da oposición) que o Goberno está disposto a tolerar. Este sistema implica complexas negociacións entre representantes do Goberno e as diferentes forzas políticas locais dentro do sistema da quenda durante a restauracións borbónica. 7. Expediente Picasso: informe redactado polo xeneral de división Juan Picasso que relata os feitos ocorridos na comandancia de Melilla no verán de 1921 durante o desastre de Annual. Ante a esixencia de depurar responsabilidades, abriuse unha investigación sobre o comportamento dos militares e difundiuse a sospeita de que detrás da acción do xeneral Silvestre estaba a acción do propio rei Alfonso XIII. 7. Pucherazo: método de manipulación electoral usado principalmente durante o período da restauración borbónica para permitir a alternancia pactada previamente entre o Partido Conservador e Partido Liberal, dentro do sistema de dominación política local (principalmente no rural) coñecido como caciquismo. Para levar a cabo a manipulación gardábanse as papeletas en “pucheros” que se engadían ou sacaban da urna. 7. Rexeneracionismo: corrente intelectual, política e literaria de finais do XIX e principios do XX caracterizada polo análise dos males do país e a súa crítica aos vicios do sistema da Restauración como polo seu propósito de atoparlle remedio e de renovar e modernizar a vida política e económica de España. O representante máis destacado do rexeneracionismo foi o aragonés Xoaquín Costa. 7. Semana Tráxica de Barcelona: nome co que se coñece aos feitos violentos acontecidos en Barcelona nunha semana do verán de 1909 ante o decreto do goberno de Antonio Maura de mobilizar aos reservistas (a maioría pais de familia de clase obreira) á guerra de Marrocos. Os sindicatos convocaron unha folga xeral que paralizou a cidade durante unha semana. Reprimida duramente supuxo a caída do goberno de Maura.
  • 5. 7. Sistema de quenda: alternancia pacífica no goberno polo mutuo acordo entre as forzas monárquicas (Liberais e Conservadores) durante a Restauración borbónica. O sistema baseábase en que cando o partido gobernante sufrira un desgaste político a Coroa nomeaba como presidente do goberno ao xefe da oposición. Este convocaba novas eleccións para obter, mediante métodos caciquís, unha nova maioría parlamentaria. 7. Unión Patriótica: agrupación creada en 1924 por Miguel Primo de Rivera durante a ditadura. Esta asociación oscilou entre un movemento de apoio e propaganda á ditadura sen un significado político concreto, e o partido único do novo réxime que pretendía ter certas semellanzas co fascismo italiano. 8. Bienio Negro: (Rectificador, Contrarreformista ou Conservador). Período da II República (novembro de 1933-febreiro de 1936) onde principalmente gobernaron o Partido Republicano Radical de Lerroux e a CEDA de Gil Robles caracterizados pola parálise das reformas económicas, educativas e administrativas do primeiro período (social-azañista) da II República. Prodúcense os tráxicos sucesos de outubro de 1934. 8. Brigadas Internacionais: formacións militares constituídas por voluntarios estranxeiros que combateron nas filas do exército republicano. As organizacións obreiras e sindicais enviaron axudas de todo tipo e moitos homes e mulleres chegaron a España desde outubro de 1936 ata outubro de 1938. Procedentes de moitos países para combater a favor da democracia e contra o fascismo. 8. CEDA: Confederación Española de Derechas Autónomas. Coalición de partidos católicos e dereitas durante a II República que tiña como obxectivos principais paralizar as reformas emprendidas nesta etapa consideradas por eles como “laicas, comunistas e degradantes da civilización cristiana” pretenden ser unha organización defensiva dos valores tradicionais: “relixión, familia e propiedade”. O seu líder foi Gil Robles. 8. FAI: Federación Anarquista Ibérica. Agrupación anarquista creada en 1927 durante a ditadura de Primo de Rivera como liña máis radical ante a actitude dalgúns líderes do sindicato anarquista CNT de buscar vías máis posibilitas e negociadas. O número de afiliados incrementarase durante a II República e terá un papel moi destacado na guerra civil nas colectivizacións agrarias e de empresas. 8. FET das XONS: Falanxe Española Tradicionalista e das Xuntas Ofensivas Nacional Sindicalistas. Movemento político creado por Francisco Franco tras o decreto de unificación de abril de 1937 das forzas políticas que apoiaron o levantamento contra a II República e a creación do novo Estado. Integrada por tres antigas forzas: dúas de carácter fascista e outra carlista formarán o chamado Movemento Nacional. 8. Fronte Popular: coalición electoral integrada polas forzas políticas de esquerda (republicanos progresistas, socialistas, comunistas e nacionalistas progresistas) vencedora das eleccións de febreiro de 1936 que presentaba un programa continuador das reformas do primeiro bienio republicano. O seu esforzo paralízase polo levantamento militar de xullo de 1936. 8. Lexión Cóndor: nome dado á forza de intervención maioritariamente aérea que o III Reich enviou en axuda das forzas do xeneral Franco na Guerra Civil Española. A intervención permitiu a Hitler mellorar a calidade dos aparatos e reparar os defectos da súa arma aérea con vistas a 2ª guerra mundial e foi unha ferramenta fundamental para a vitoria franquista. Un exemplo destacado foi o bombardeo de Guernica. 8. Pacto de San Sebastián: reunión realizada nesta cidade en agosto de 1930 por políticos republicanas, antigos monárquicos, nacionalistas e socialistas na que se comprometeron a derrocar á monarquía e establecer unha república parlamentaria; garantir a liberdade política e relixiosa; convocar eleccións constituíntes e abrir a posibilidade da autonomía política das rexións. 8. Sanjurjada: levantamento militar producido en Sevilla en agosto de 1932 encabezado por José Sanjurjo contra a República que contou co apoio dalgúns militares, monárquicos e latifundistas andaluces. O levantamento fracasou e os participantes foron detidos e controlados. 9. Contubernio de Múnic: termo dado polo réxime franquista á reunión celebrada en Múnic en 1962 do Congreso do Movemento Europeo, organizado por Salvador de Madariaga, onde participan membros da oposición antifranquista, tanto do interior como do exilio, na que se esixe que os países que queiran entrar en institucións europeas teñen que ter un réxime democrático ante o intento de España de entrar na CEE. 9. Nacional-catolicismo: denominación coas que se coñecen as sinais de identidade ideolóxica do franquismo. O franquismo defenderá que a vida política, social e cultural estivese sometida ás directrices da Igrexa católica. En contrapartida, a Igrexa converteuse en lexitimadora do réxime franquista. Este unión de intereses e mutuos apoios deu orixe ao que se coñece como nacionalcatolicismo español.
  • 6. 9. Plan de Estabilización: programa de reformas realizado por un equipo de ministros e de altos cargos técnicos (denominados tecnócratas) en 1959 co obxectivo de abandonar o modelo económico autárquico intervencionista da primeira etapa do franquista cara un modelo liberalizador que sentará as bases da nova etapa coñecida como desarrollismo económico. 9. Plataxunta: tamén denominada Coordinación Democrática. Organismo unitario de oposición á ditadura creado en marzo de 1976. Xurde da fusión da Xunta Democrática (1974) participada por forzas e personalidades como o PCE, CCOO... e a Plataforma de coordinación Democrática (1975) integrada polo PSOE e outras. Os obxectivos básicos eran a amnistía, liberdade e a convocatoria de cortes constituíntes. 9. Sección Feminina: creada en 1934 por Falanxe e presidida (ata a súa disolución en 1977) por Pilar Primo de Rivera potenciou o modelo feminino durante o franquismo caracterizado pola pasividade política e nula participación pública fomentando o labor da muller ao coidado da casa, á familia e aos servizos sociais. 9. Sindicato vertical: organización Sindical Española. Foi a única central sindical legal que existiu en España dende 1940 ata 1977 establecida pola Lei de Unidade Sindical (1940). Todos os traballadores e empresarios (coñecidos como produtores), estaban obrigados por lei a estar afiliados ao Sindicato Vertical. Tomou como referencia a organización sindical do fascismo italiano. 10. Lei para a reforma política: instrumento legal para articular a transición dende as institucións da ditadura a unhas novas institucións democráticas. Foi elaborado por Torcuato Fernández de Miranda (presidente das últimas Cortes da ditadura) co respaldo da Coroa e do Goberno de Adolfo Suárez. Votado en Cortes e sometido a referéndum en 1976 serviu para facilitar a transición cara a democracia sen ruptura. 10. Pactos da Moncloa: acordo asinado en outubro de 1977 polos axentes sociais (partidos políticos, sindicatos e organizacións empresariais) no que se comprometía a establecer unha estratexia común para lograr a estabilidade do país mediante a consolidación da democracia, a redución da conflitividade social e a adopción de medidas para abordar a crise económica que se viña arrastrando dende 1973. 10. UCD: Unión de Centro Democrático. Partido político de centro dereita establecido por Adolfo Suárez, presidente do goberno, como unha coalición electoral formada en abril de 1977 de partidos liberais, democristiáns e socialdemócratas para concorrer ás primeiras elección democráticas. Gobernou España entre 1977 e 1982. Disolvouse en febreiro de 1983 tras o fracaso das eleccións de outubro de 1982.