SlideShare ist ein Scribd-Unternehmen logo
1 von 59
O PERÍODO DE ENTREGUERRAS
(1919-1939)
Otto Dix. Arte macabra
O período de entreguerras
(1919-1939)
4. O crac do 29 e o “New Deal”
3. Estados Unidos: os felices anos vinte
2. A URSS de Stalin
1. A Revolución rusa
7. O III “Reich” alemán
6. A instauración do nazismo en Alemaña
5. O fascismo italiano
Introdución
• O período de entreguerras esténdese desde o
final da Primeira Guerra Mundial ata o inicio da
Segunda.
• É unha das épocas máis inestables política e
economicamente, tanto en Europa como en
Estados Unidos.
• Esta etapa estivo marcada por tres feitos
cruciais: o estalido da Revolución soviética, o
“crac” da Bolsa de Nova York e o ascenso de
réximes totalitarios.
1. A Revolución soviética
1.1. A autocracia tsarista
1.2. A Revolución de febreiro
1.3. A Revolución de outubro
1.1. A autocracia tsarista
• A comezos do século XX, no Imperio dos tsares mantíñase o
absolutismo monárquico.
• O tsarismo era unha autocracia. O tsar gobernaba por decreto, non
estaba suxeito a ningunha constitución nin tiña que responder ante
un Parlamento.
• O control do Imperio asegurábano a burocracia e o exército, xunto
coa Igrexa ortodoxa.
• A agricultura era a principal actividade económica. A terra estaba en
mans duns pocos terratenentes aristócratas.
• Entre os obreiros difundírase o marxismo. En 1898 fundouse o
Partido Socialdemócrata Ruso, que en 1912 dividiuse entre
menxeviques e bolxeviques. Estes últimos estaban liderados por
Lenin que denfendían a necesidade de impulsar en Rusia unha
revolución social.
Lenin dirixíndose ao
pobo na revolución de outubro
Lenin
Trotski
John Reed, xornalista norteamericano protagonista da revolución
1.2. A Revolución de febreiro
• A conxuntura da Primeira Guerra Mundial creou en Rusia as
condicións para un estalido revolucionario.
• Os desastres militares sucedéronse. Houbo un descenso da
produción agrícola debido á mobilización de millóns de
campesiños.
• Espallouse o malestar entre obreiros e campesiños. Isto
desacreditou ao tsar Nicolás II e ao seu goberno.
• A oposción política ao tsar aproveitou as circuntancias: tanto os
partidos burgueses (kadet ou liberal), como os campesiños
(maioritariamente social-revolucionarios) e obreiros (menxeviques
e bolxeviques) esixiron a abdicacion.
• En febreiro de 1917 estalou unha revolución en San Petersburgo
que provocou a caída do tsarismo. O poder pasou a un goberno
provisional, dirixido por Kerensky e apoiado polos liberais na
Duma (parlamento ruso).
• Rusia converteuse nunha República democrática.
Lenin
Stalin Trotski
Bandeira
vermella
Obreiro
Obreira
Mariñeiro
Intelectual
Soldado Campesiño
1.3. A Revolución de outubro
• A lentitude da reforma agraria e o mantemento de Rusia en guerra
aumentaron o descontento popular e a influencia dos bolxeviques,
que querían instaurar o socialismo.
• Os bolxeviques aspiraban á formación dun goberno de soviets
obreiros e campesiños.
• O 25 de outubro, os soviets subleváronse e en dez días fixéronse co
poder e destituíron o goberno provisional.
• Co apoio do Congreso dos Soviets de Rusia, Lenin formou un
goberno obreiro.
• O novo goberno estableceu medidas revolucionarias:
nacionalizáronse terras para repartir entre campesiños, as fábricas
quedaron en mans de comités obreiros. Ademais firmouse o tratado
de paz de Brest-Litovsk (1918) con Alemaña, que implicou
importantes perdas territoriais.
PROGRAMA DO GOBERNO
PROVISIONAL
PROGRAMA DOS
BOLXEVIQUES
Rexeitamento dunha paz asinada
por separado con Alemaña.
Sinatura inmediata da paz con
Alemaña.
Consolidación das institucións
democráticas.
Ningún apoio ao goberno
provisional. Traspaso do poder
aos soviets.
Repartición de terra entre os
campesiños posterior á súa
aprobación pola Duma.
Confiscación das terras dos
grandes propietarios e
repartición entre os campesiños.
Represión das ocupación de
terras e das revoltas
revolucionarias.
Control industrial polos soviets
obreiros.
Loita contra a crise económica e
a desorganización do exército.
Cesión de territorio ás potencias centrais
polo Tratado de Brest Litovsk
2. A URSS de Stalin
2.1. A guerra civil e a creación da URSS
2.2. A pugna polo poder
2.3. O stalinismo
2.1. A guerra civil e a creación da URSS
• O novo goberno soviético tivo que lle facer fronte a unha
guerra civil (1918-1921). Unha fracción do exército tsarista
organizou o Exército Branco, que se levantou en armas.
• Os bolxeviques crearon o Exército Vermello que, dirixido
por Trotski, logrou impoñerse. Ao longo do conflito, o
partido bolxevique foise facendo co monopolio do poder.
• En 1922 creouse a URSS (Unión de Repúblicas Socialistas
Soviéticas), un Estado federal que reunía todas as
nacionalidades do vello imperio dos tsares.
• Tratábase dun sistema totalitario.
A URSS
2.2. A pugna polo poder
• Lenin morreu en 1924 nun momento no que se debatía cal
era o mellor camiño para consolidar a revolución.
• Diferentes propostas enfrontaron aos dirixentes do
partido, en especial a Trotski e Stalin.
• Trotski mantiña que era necesario exportar a revolución.
Stalin propoñía a “construción do socialismo nun só país”,
transformando a URSS nunha gran potencia.
• Stalin, que se convertera en Secretario Xeral do PCUS,
fíxose dono da situación a partir de 1927 e converteuse no
principal dirixente da URSS.
Lenin dirixíndose ao
pobo na praza Vermella (1919)
Biografía Vladimir Ulianov (Lenin)
Trotski
Onde está Troski?
Daquela tamén había photoshop
2.3. O stalinismo
• A política stalinista impuxo unha economía e unha sociedade
colectivistas, co obxectivo de provocar un crecemento que fixese da
URSS unha gran potencia industrial. Para iso:
• Prohibiuse a propiedade privada e as terras, fábricas, bancos,
transportes…, convertéronse en propiedade estatal.
• Déuselle prioridade á industria pesada para construír as infraestruturas
necesarias.
• Instituíuse unha economía dirixida polo Estado, que elaboraba plans para
planificar a produción agrícola e industrial.
• Stalin exerceu unha ditadura na que o Partido Comunista controlaba
todos os órganos do Estado. O seu liderado quedou reforzado polo culto
á personalidade. Todo sospeitoso de opoñerse a Stalin era acusado de
inimigo do socialismo e a represión afectou ao conxunto da sociedade ,
incluíndo a membros do Partido Comunista. Como o propio Trostki.
• Moitos disidentes foron executados, presos ou deportados a campos de
traballos forzados (Gulag)
Oh, gran Stalin! (...). Os seres humanos de tódalas nacións
Dirán que o teu nome é o máis glorioso, o máis forte, o máis sabio,
O mellor de todos. O teu nome está escrito en cada fábrica, en cada
Máquina, en cada anaco de terra, en cada corazón humano. Se a
Milña muller dá a luz a un neno, a primeira palabra que lle
Ensinarei ha de ser o teu nome, Stalin.
Eloxio a Stalin no xornal A Gaceta Vermella de Leningrado, 1935
Opinión de Trostki sobre Stalin. Película Frida
3. Estados Unidos: os felices anos vinte
3.1. As consecuencias da Primeira Guerra Mundial
3.2. A prosperidade americana
3.3. A crise da superprodución
3.1. As consecuencias da 1ª G. Mundial
• Estados Unidos saíu moi beneficiado da Primeira
Guerra Mundial. Ao rematar a guerra, Estados
Unidos convertérase na primeira potencia
económica mundial.
• A súa produción agrícola era moi elevada e a
industrial representaba o 44,8% da produción
mundial.
• Ademais, moitos países de Europa estaban
endebedados con Estados Unidos como
consecuencia dos empréstitos de guerra.
3.2. A prosperidade americana
• O crecemento americano prolongouse durante os dez anos
posteriores á guerra: foi a década da “prosperidade” e da
consolidación dun modo de vida baseado no consumismo.
• A expansión de Estados Unidos baseouse nunha fonda
transformación no proceso de produción de bens, dominado pola
innovación técnica.
• O taylorismo e o fordismo contribuíron a incrementar a
produtividade e a reducir custos.
• Iniciouse a era do consumo de masas.
• A prosperidade reflectiuse nun grande auxe da Bolsa. A euforia
bolsista xerou unha gran burbulla especulativa.
Charleston Chicago, lei seca
Tolos anos vinte
Ku Klux Klan
3.3. A crise da superprodución
• A prosperidade non beneficiou a todos por igual e
produciuse unha crise.
• Os campesiños foron os primeiros prexudicados xa que
durante a Guerra Mundial se endebedaran para adquirir
novas terras e máquinas para aumentar a produción.
• Rematado o conflito, as exportacións diminuíron e o
mercado americano non podía absorber toda a produción.
• Ante o aumento da oferta, os stocks acumuláronse, os
prezos baixaron e os campesiños non puideron devolver
os préstamos.
• Na industria aconteceu un fenómeno semellante.
4. O crac do 29 e o “New Deal”
4.1. Do crac bolsista á Gran Depresión
4.2. A loita contra a crise: o “New Deal”
4.1. Do crac bolsista á Gran
Depresión
• O 24 de outubro de 1929 unha grande ondada vendedora afectou
á Bolsa de Nova York. A grande oferta de accións fixo que o seu
valor caese en picado, ocasionando o “crac” bolsista do 29.
• Moitos investidores arruináronse e os cidadáns acudiron aos
bancos para retirar o seu diñeiro. Estes tiveron que pechar. O
“crac” da bolsa precipitou a creba de moitos bancos.
• En poucos anos, produciuse unha recesión económica
xeneralizada (Gran Depresión).
• O consumo diminuíu e moitas fábricas cerraron.
• Desde Estados Unidos, a crise estendeuse ao resto do mundo.
• As uvas da ira. John Steinbeck
A DEPRESIÓN DOS EE.UU. (1929=100)
PNB TAXA DE
PARO
INVESTIMENTO PRODUCIÓN
INDUSTRIAL
1930 90 272 64 83
1931 83 497 34 67
1932 71 747 6 52
1933 69 778 9 63
4.2. A loita contra a crise: o “New Deal”
• En 1932 gañou as eleccións Roosevelt, que propoñía un programa para
favorecer a recuperación económica do país.
• Foi o chamado New Deal, que defendía a intervención do Estado para reactivar
a economía.
• As medidas económicas que se propuxeron foron axudas ás empresas,
destrución dos stocks agrícolas acumulados, etc. O Estado estableceu un
control sobre os bancos.
• Entre as reformas sociais xornada laboral de 40 horas, impulsouse un gran
plan de obras públicas, unha política de apoio aos prezos agrícolas, etc.
• Produciuse un relanzamento da economía estadounidense.
• Malia estas melloras, a crise non se superou ata o estalido da 2ª G.M., cando
as novas necesidades de armamento, avituallamento dos países contendentes
converteron aos EE.UU. No principal subministrador dos aliados.
5. O fascismo italiano
5.1. Italia na posguerra
5.2. O ascenso do fascismo
5.3. A ditadura fascista
5.1. Italia na posguerra
• A fin da Gran Guerra deixou en Italia graves secuelas humanas
(700.000 mortos, mutilados...) e económicas (destrución de
industrias, débeda externa, inflación...).
• No Tratado de Londres realizáronse uns acordos de paz que non
se cumpriron para Italia (conseguiron Trentino, Trieste e Istria
pero non Fiume e Dalmacia). Estendeuse a idea de que a
participación italiana na guerra fora un engano.
• O irredentismo foi gañando adeptos. A esta situación sumóuselle
a inestabilidade política: sucedéronse moitos gobernos
diferentes.
• A crise económica xerou tensión social. O medo ao estalido
dunha revolución social comezou a asustar as clases
conservadoras.
A Italia irredenta:
para Mussolini
5.2. O ascenso do fascismo
• Nesta situación de crise apareceu a figura de Mussolini, que, en 1919,
creou os Fasci de combate, os chamados camisas negras. Pretendían
frear o movemento obreiro.
• En 1921, os Fasci transformáronse no Partido Nacional Fascista. O seu
programa baseábase na costrución dun Estado forte, que garantise a
propiedade privada, e unha política exterior expansionista.
• Este partido contou co apoio da pequena burguesía, co financiamento de
grandes propietarios agrícolas e industriais e coa tolerancia da Igrexa
católica e do monarca Vítor Manuel III.
• Nas eleccións de 1922, o Partido Fascista conseguiu poucos deputados
ao Parlamento. Pero ese ano, cos camisas negras esmagou a folga dos
sindicatos socialistas e anarquistas.
• Mussolini esixiulle ao rei que lle entregase o goberno e para demostrar a
súa forza organizou unha Marcha sobre Roma. En outubro de 1922, o
monarca nomeouno xefe do goberno (presionado polas forzas
conservadoras).
Mussolini dirixíndose
á multitude no Foro Romano
5.3. A ditadura fascista
• Entre 1922 e 1925, Mussolini desenvolveu un proceso de
restrición das liberdades e de persecución dos seus adversarios.
Mantivo a ficción dun réxime parlamentario.
• Despois das eleccións de 1924, Mussolini anunciou a instauración
dun réxime autoritario. Fíxose chamar Duce.
• Os partidos políticos foron prohibidos, os seus líderes,
perseguidos e levados á cadea, e o Parlamento, substituído por
unha Cámara dos Fasci. Prohíbense os sindicatos e establécese
un sistema corporativo onde obreiros e patróns compartían a
mesma asociación dentro dunha estrutura gremial.
• O Estado exercía un forte control a través do partido, que dirixía
todos os aspectos da vida social e dominaba os medios de
comunicación.
O fascismo italiano quixo emular
as glorias da Roma Imperial. O termo
fascismo deriva da palabra fascio, que
se refire ao símbolo composto por un
feixe de varas (bastóns) rodeando
unha machada. Este emblema
Usábase na Roma antiga para
representar a autoridade.
Mussolini fíxose denominar Duce,
palabra que deriva do latín dux, que
significa guía, condutor, e era a
denominación dos caudillos militares
romanos.
O saúdo (brazo en alto) tamén se
empregaba na antiga roma.
Mussolini
Loba capitolina
Símbolo
fascista
Hitler
(Alemaña)
Ataturk
(Turquía)
Metaxas
(Grecia)
Franco
(España)
Mosley
(Gran Bretaña)
Sistemas políticos europeos no período de entreguerras
Estados europeos con sistemas democráticos estables
Gran Bretaña Holanda Checoslovaquia+* Suecia
Francia Irlanda Dinamarca Finlandia
Bélxica Suíza Noruega Islandia
Estados europeos nos que se implantan sistemas autoritarios/ditatoriais/totalitarios
Anos Principais ditadores
URSS 1917-1989 Lenin, Stalin, Kruschev
Hungría 1920-1945* Miklos Horthy
Italia 1922-1943 Benito Mussolini
España 1923-1930 Miguel Primo de Rivera
1939-1975 Francisco Franco
Turquía 1923-1950* Kemal Ataturk (1923-1938)
Bulgaria 1923-1945>* Boris III
Albania 1925-1939>* Zog I
Portugal 1926-1974 Oliveira de Salazar (1932-1968)
Polonia 1926-1939>* Józef Pilsudski (1926-1935)
Lituania 1926-1940>* Antanas Smatona
Iugoslavia 1929-1941>* Alexandre I (1929-1934)
Alemaña 1933-1945 Adolf Hitler
Austria 1934-1938> Dollfus, Schuschnigg
Estonia 1934-1940>* Konstantin Päts
Letonia 1934-1940>* Karlis Ulmanis
Grecia 1936-1941 Ioannis Metaxás
Romanía 1938-1945* Carol II, Ion Antonescu
> Invadidos ou anexionados por Alemaña, Italia ou a URSS entre 1938-1940
* Tras a II Guerra mundial nestes países establecéronse réximes totalitarios socialistas
Cadáver de Mussolini
exposto no teito dunha
gasolineira en Milán (1943)
6. A instauración do nazismo en Alemaña
6.1. A República de Weimar
6.2. Hitler e o partido nazi
6.3. O nazismo ao poder
6.1. A República de Weimar
• En 1918, a piques de rematar a Primeira Guerra Mundial, o káiser
Guillerme II abdicou do seu cargo e proclamouse a República, que
estableceu a súa capital en Weimar.
• Alemaña asumiu a derrota militar e tivo que aceptar as duras condicións
de paz impostas polos vencedores. Moitos alemáns consideraron
humillante o Tratado de Versalles.
• Os anos de posguerra foron para Alemaña de crise económica, miseria e
paro.
• A República de Weimar, dirixida por democratacristiáns e socialistas, tivo
que lle facer fronte a esta dura situación.
• Así, nos seus primeiros anos viuse ameazada por movementos
revolucionarios de esquera (levantamento da Liga Espartaquista) ou
varios intentos de golpes de Estado da extrema dereita (Putsch de
Múnic)
Inflación e depreciación en Alemaña
Data Prezo dun quilo de
pan (marcos)
Prezo do dólar (marcos)
1914 0,32 4,20
1918 0,53 8,90
1922 163,15 493,20
1923
(xaneiro) 250 17.792
1923 (xullo) 3.454 353.410
1923
(setembro) 1.512.000 98.860.000
1923
(novembro) 201.000.000.000 4.200.000.000.000
Programa do Partido Nazi
(25 puntos, 1920)
1. Esiximos a unión de tódolos alemáns para constituír unha Grande
Alemaña fundamentada no dereito á independencia de que gozan
as nacións.
2. Esiximos (...) a abolición dos Tratados de Versalles e Saint-
Germain.
3. Esiximos territorios e colonias para a alimentación do noso pobo e
para o establecemento do noso exceso de poboación.
4. (...) ninguén, agás aqueles por cuxas veas circula sangue alemán,
sexa cal for o seu credo relixioso poderá ser membro da nación.
Por conseguinte, ningún xudeu será membro da nación.
5. Abolirase todo ingreso non logrado por medio do traballo, así como
a servidume imposta polo interese. (...)
6. Esiximos a nacionalización de todos os negocios que se
organizaron ata hoxe en grandes compañías. (...)
6.2. Hitler e o partido nazi
• Hitler era un soldado desmobilizado da 1ª G.M. Fundou en 1920 o Partido
Nacionalsocialista dos Traballadores de Alemaña (NSDAP), do que se
erixiu líder. O partido escolleu como emblema a bandeira vermella coa
cruz gammada e dotouso dunha organización paramilitar, as Seccións de
Asalto (SA)
• A súa ideoloxía (recollida no seu libro A miña loita) expresaba o seu
desprezo pola democracia parlamentaria e o seu odio ao bolxevismo.
• Defendía o antisemitismo, a superioridade da raza aria e a necesidade de
forxar un grande imperio (Reich) que unise os pobos de fala alemá.
• Hitler usou a demagoxia para cativar as clases traballadoras. Nos seus
dicursos arremeteu contra os responsables da crise alemá: xudeus,
comunistas e demócratas.
• As milicias nazis opuxéronse violentamente á república e foron
protagonistas de varios intentos insurreccionais.
Fotografía tomada en
o 2 de agosto de 1914 en Múnic.
Celebrando a proclamación
da guerra contra Rusia
6.3. O nazismo ao poder
• O período 1924-1929 foi de relativa mellora das condicións económicas e
de estabilidade social. Pero as consecuencias da crise de 1929 resultaron
duras en Alemaña.
• A retirada do capital americano arrastrou bancos á creba, o que provocou
peche de fábricas, paro e descontento social.
• O malestar social inclinou parte da poboación cara ás propostas dos
partidos extremistas. Burgueses arruínados, campesiños e obreiros
desesperados foron atraídos polas promesas nazis.
• Nas eleccións de 1932, o partido nazi conseguiu 13 millóns de votos e en
1933 lograron que o presidente Hindenburg nomease chanceler a Hitler.
Pouco despois, os escuadróns nazis provocaron un incendio no
Reichstag (Parlamento) e acusaron deste aos comunistas.
• O incidente serviu para que en 1934, á morte de Hindenburg,
proclamárase Hitler Führer e Chanceler do III Reich.
7. O III “Reich” alemán
7.1. A ditadura nazi
7.2. Un réxime de terror
7.3. Autarquía económica e rearmamento
7.1. A ditadura nazi
• En 1934, os nazis transformaron Alemaña nunha ditadura.
Disolvéronse os partidos e sindicatos, clausurouse o
Parlamento e iniciouse a persecución dos opositores.
• Unicamente quedou autorizado o partido nazi. Os traballadores
foron chamados a afiliarse na Fronte do Traballo
Nacionalsindicalista.
• A administración pública foi depurada. A xudicatura
desapareceu como poder independente.
• Desde o punto de vista social, o Estado nazi aspiraba a unha
cohesión total da sociedade alemá, baseada na superioridade
da raza aria e na ideoloxía nacionalsocialista.
• O nazismo outorgáballe á muller un papel social moi marxinal.
7.2. Un réxime de terror
• O Estado alemán converteuse nun Estado policíaco que impuxo
o seu réxime por medio do terror.
• Perseguíase calquera tipo de oposición mediante uns corpos
policiais (as Seccións de Seguridade e a GESTAPO) baixo o
control de Himmler.
• O mantemento da pureza racial da sociedade alemá implicou a
persecución dos xudeus. En 1933 boicoteáronse os seus
negocios. En 1935 ditáronse as leis de Nuremberg que impedían
os matrimonios mixtos e excluían aos xudeus da cidadanía
alemá. En 1938 foron obrigados a levar distintivo.
• A partir de 1933, creáronse os campos de concentración para
recluir os opositores e inimigos do Reich.
Persecución de xudeus
• Primeiro levaron aos xudeus, pero como
eu non era xudeu, non me importou.
Despois leváronse aos comunistas, pero
como eu non era comunista, tampouco
me importou.
Logo leváronse aos obreiros, pero como
eu non era obreiro tampouco me
importou.
Máís tarde levaronse aos intelectuais,
pero como eu non era intelectual,
tampouco me importou.
Despois seguiron cos curas, pero como
eu non era cura, tampouco me importou.
Agora veñen a por mín, pero xa é
demasiado tarde.
• Bertolt Brecht, Poemas e cancións
7.3. Autarquía económica e rearmamento
• Desde un punto de vista económico, o III Reich propúxose
promover un relanzamento que fixese de Alemaña unha potencia
económica mundial.
• A política económica nazi respondía aos proxectos militaristas e
expansionistas de Hitler.
• O Estado nazi exerceu un forte dirixismo económico, que quería
conseguir a autarquía económica e converter Alemaña nun
Estado autosuficiente.
• Hitler iniciou unha política militarista: reforzou o exército.
• Hitler sentiuse preparado para a construción dun grande imperio
e a conquista do “espazo vital” ao leste de Europa.
Desfile en Nuremberg
Gastos do estado alemá (millóns de marcos)
Ano Gastos
sociais
Autoestradas Armamento
1928 1.023 2.234 827
1933 200 1.238 730
1938 700 3.376 15.500
A marcha cara a 2ª guerra mundial
• Alemaña desenvolveu unha política de expansión territorial (espacio vital)
coa idea de crear un grande imperio con terras habitadas por pobos
xermánicos.
• En 1936 contra do imposto no Tratado de Versalles remilitarizou Renania.
• En marzo de 1938 ocupou Austria (Anchluss), onde se estenderán as
teorías nazis.
• Setembro de 1938 esixíulle a Checoslovaquia a entrega dos Sudetes
poboado por unha importante minoría alemá.
• Francia e Inglaterra convocaron a Conferencia de Múnic (1938) para frear
as aspiracións alemás, pero acabaron claudicando ante as promesas de
deter o expansionismo.
• Como consecuencia Checoslovaquia desaparece como estado: Bohemia
e Moravia convertéronse en protectorados alemás e Eslovaquia pasa a
ser un estado satélite.
• A próxima peza será Polonia. Comezo da 2ª guerra mundial en 1939.
O período de entreguerras

Weitere ähnliche Inhalte

Was ist angesagt?

Was ist angesagt? (20)

Jk e Jânio - Resumo
Jk e Jânio - ResumoJk e Jânio - Resumo
Jk e Jânio - Resumo
 
A Redemocratização do Brasil
A Redemocratização do BrasilA Redemocratização do Brasil
A Redemocratização do Brasil
 
Getulio Vargas
Getulio VargasGetulio Vargas
Getulio Vargas
 
A Comuna de Paris (1871)
A Comuna de Paris (1871)A Comuna de Paris (1871)
A Comuna de Paris (1871)
 
3º ano - Brasil de 1945 a 1964.
3º ano - Brasil de 1945 a 1964.3º ano - Brasil de 1945 a 1964.
3º ano - Brasil de 1945 a 1964.
 
Nova República
Nova RepúblicaNova República
Nova República
 
Era Vargas (1930-1945)
Era Vargas (1930-1945)Era Vargas (1930-1945)
Era Vargas (1930-1945)
 
Unificação italia e alemanha
Unificação italia e alemanhaUnificação italia e alemanha
Unificação italia e alemanha
 
6 apresentação periodo joanino estagio
6  apresentação periodo joanino estagio6  apresentação periodo joanino estagio
6 apresentação periodo joanino estagio
 
A república liberal
A república liberalA república liberal
A república liberal
 
Revolução Russa
Revolução RussaRevolução Russa
Revolução Russa
 
PPT - Revolução Russa de 1917
PPT - Revolução Russa de 1917PPT - Revolução Russa de 1917
PPT - Revolução Russa de 1917
 
Republica Romana - Prof.Altair Aguilar
Republica Romana -  Prof.Altair AguilarRepublica Romana -  Prof.Altair Aguilar
Republica Romana - Prof.Altair Aguilar
 
1. introdução aos estudos históricos
1. introdução aos estudos históricos1. introdução aos estudos históricos
1. introdução aos estudos históricos
 
Ditadura Militar
Ditadura MilitarDitadura Militar
Ditadura Militar
 
Revolução russa
Revolução russaRevolução russa
Revolução russa
 
Brasil Ditadura Militar
Brasil Ditadura MilitarBrasil Ditadura Militar
Brasil Ditadura Militar
 
14 ditadura militar
14  ditadura militar14  ditadura militar
14 ditadura militar
 
Guerra de Secessão nos EUA
Guerra de Secessão nos EUAGuerra de Secessão nos EUA
Guerra de Secessão nos EUA
 
Primeira República
Primeira RepúblicaPrimeira República
Primeira República
 

Ähnlich wie O período de entreguerras

Tema 6. O mundo entre guerras
Tema 6. O mundo entre guerrasTema 6. O mundo entre guerras
Tema 6. O mundo entre guerrasrubempaul
 
Tema 8 a primeira guerra mundial e a
Tema 8  a primeira guerra mundial e aTema 8  a primeira guerra mundial e a
Tema 8 a primeira guerra mundial e asergiocesures
 
Tema 5 (4º ESO): O mundo entre guerras (1914-1945)
Tema 5 (4º ESO): O mundo entre guerras (1914-1945)Tema 5 (4º ESO): O mundo entre guerras (1914-1945)
Tema 5 (4º ESO): O mundo entre guerras (1914-1945)rubempaul
 
4. a urss, un novo modelo de estado
4. a urss, un novo modelo de estado4. a urss, un novo modelo de estado
4. a urss, un novo modelo de estadosaraiba
 
As revolucións rusas e a formación da URSS
As revolucións rusas e a formación da URSSAs revolucións rusas e a formación da URSS
As revolucións rusas e a formación da URSSquiquehs
 
Tema 5 O mundo entre guerras
Tema 5 O mundo entre guerrasTema 5 O mundo entre guerras
Tema 5 O mundo entre guerrasrubempaul
 
Tema 9 a crise das democracias e segunda
Tema 9  a crise das democracias e segundaTema 9  a crise das democracias e segunda
Tema 9 a crise das democracias e segundasergiocesures
 

Ähnlich wie O período de entreguerras (20)

UNIDADE 6 - 4º E.S.O.
UNIDADE 6 - 4º E.S.O.UNIDADE 6 - 4º E.S.O.
UNIDADE 6 - 4º E.S.O.
 
Tema 8
Tema 8Tema 8
Tema 8
 
Tema 6. O mundo entre guerras
Tema 6. O mundo entre guerrasTema 6. O mundo entre guerras
Tema 6. O mundo entre guerras
 
Historia 7
Historia 7Historia 7
Historia 7
 
Tema 8 a primeira guerra mundial e a
Tema 8  a primeira guerra mundial e aTema 8  a primeira guerra mundial e a
Tema 8 a primeira guerra mundial e a
 
1ºB-HMC.pdf
1ºB-HMC.pdf1ºB-HMC.pdf
1ºB-HMC.pdf
 
Tema 5 (4º ESO): O mundo entre guerras (1914-1945)
Tema 5 (4º ESO): O mundo entre guerras (1914-1945)Tema 5 (4º ESO): O mundo entre guerras (1914-1945)
Tema 5 (4º ESO): O mundo entre guerras (1914-1945)
 
Presentación1
Presentación1Presentación1
Presentación1
 
Tema 9
Tema 9Tema 9
Tema 9
 
A Revolución Rusa
A Revolución RusaA Revolución Rusa
A Revolución Rusa
 
Tema 8
Tema 8Tema 8
Tema 8
 
Sociais tema 8
Sociais tema 8Sociais tema 8
Sociais tema 8
 
10. A RevolucióN Rusa
10. A RevolucióN Rusa10. A RevolucióN Rusa
10. A RevolucióN Rusa
 
4. a urss, un novo modelo de estado
4. a urss, un novo modelo de estado4. a urss, un novo modelo de estado
4. a urss, un novo modelo de estado
 
UNIDADE 7 - 2º E.S.O.
UNIDADE 7 - 2º E.S.O.UNIDADE 7 - 2º E.S.O.
UNIDADE 7 - 2º E.S.O.
 
As revolucións rusas e a formación da URSS
As revolucións rusas e a formación da URSSAs revolucións rusas e a formación da URSS
As revolucións rusas e a formación da URSS
 
Tema 5 O mundo entre guerras
Tema 5 O mundo entre guerrasTema 5 O mundo entre guerras
Tema 5 O mundo entre guerras
 
Tema 9 a crise das democracias e segunda
Tema 9  a crise das democracias e segundaTema 9  a crise das democracias e segunda
Tema 9 a crise das democracias e segunda
 
HISTORIA TEMA 7
HISTORIA TEMA 7HISTORIA TEMA 7
HISTORIA TEMA 7
 
HISTORIA TEMA 7
HISTORIA TEMA 7HISTORIA TEMA 7
HISTORIA TEMA 7
 

Mehr von Agrela Elvixeo

Unidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa VillaltaUnidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa VillaltaAgrela Elvixeo
 
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES MonelosLuísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES MonelosAgrela Elvixeo
 
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES MonelosLuísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES MonelosAgrela Elvixeo
 
Ruth Matilda Anderson. Hispanic Society of America. Imaxes de Galicia
Ruth Matilda Anderson. Hispanic Society of America. Imaxes de GaliciaRuth Matilda Anderson. Hispanic Society of America. Imaxes de Galicia
Ruth Matilda Anderson. Hispanic Society of America. Imaxes de GaliciaAgrela Elvixeo
 
Peixeiras da Coruña. O Muro da Coruña. IES Monelos
Peixeiras da Coruña. O Muro da Coruña. IES MonelosPeixeiras da Coruña. O Muro da Coruña. IES Monelos
Peixeiras da Coruña. O Muro da Coruña. IES MonelosAgrela Elvixeo
 
Xardín de San Carlos (A Coruña) IES Monelos
Xardín de San Carlos (A Coruña) IES MonelosXardín de San Carlos (A Coruña) IES Monelos
Xardín de San Carlos (A Coruña) IES MonelosAgrela Elvixeo
 
Lavandeiras e lavadoiros da Coruña. IES Monelos
Lavandeiras e lavadoiros da Coruña. IES MonelosLavandeiras e lavadoiros da Coruña. IES Monelos
Lavandeiras e lavadoiros da Coruña. IES MonelosAgrela Elvixeo
 
Os xudeus na Coruña durante a Idade Media
Os xudeus na Coruña durante a Idade MediaOs xudeus na Coruña durante a Idade Media
Os xudeus na Coruña durante a Idade MediaAgrela Elvixeo
 
A Galera ou prisión de mulleres da Coruña
A Galera ou prisión de mulleres da CoruñaA Galera ou prisión de mulleres da Coruña
A Galera ou prisión de mulleres da CoruñaAgrela Elvixeo
 
As cigarreiras da Fábrica de Tabacos da Coruña
As cigarreiras da Fábrica de Tabacos da CoruñaAs cigarreiras da Fábrica de Tabacos da Coruña
As cigarreiras da Fábrica de Tabacos da CoruñaAgrela Elvixeo
 
ANTIGA FÁBRICA DE TABACOS DA CORUÑA. HISTORIAS DA CIDADE
ANTIGA FÁBRICA DE TABACOS DA CORUÑA. HISTORIAS DA CIDADEANTIGA FÁBRICA DE TABACOS DA CORUÑA. HISTORIAS DA CIDADE
ANTIGA FÁBRICA DE TABACOS DA CORUÑA. HISTORIAS DA CIDADEAgrela Elvixeo
 
O Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da Coruña
O Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da CoruñaO Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da Coruña
O Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da CoruñaAgrela Elvixeo
 
Francisco Espoz y Mina. Liberal vinculado A Coruña
Francisco Espoz y Mina. Liberal vinculado A CoruñaFrancisco Espoz y Mina. Liberal vinculado A Coruña
Francisco Espoz y Mina. Liberal vinculado A CoruñaAgrela Elvixeo
 
Historias da Coruña: Juan Díaz Porlier "O Marquesiño"
Historias da Coruña: Juan Díaz Porlier "O Marquesiño"Historias da Coruña: Juan Díaz Porlier "O Marquesiño"
Historias da Coruña: Juan Díaz Porlier "O Marquesiño"Agrela Elvixeo
 
Xoana de Vega (persoeiro importante do liberalismo coruñés)
Xoana de Vega (persoeiro importante do liberalismo coruñés)Xoana de Vega (persoeiro importante do liberalismo coruñés)
Xoana de Vega (persoeiro importante do liberalismo coruñés)Agrela Elvixeo
 
50 aniversario das obras do encoro de Cecebre
50 aniversario das obras do encoro de Cecebre50 aniversario das obras do encoro de Cecebre
50 aniversario das obras do encoro de CecebreAgrela Elvixeo
 
A CORUÑA E A EDICIÓN DO LIBRO EN GALEGO.pptx
A CORUÑA E A EDICIÓN DO LIBRO EN GALEGO.pptxA CORUÑA E A EDICIÓN DO LIBRO EN GALEGO.pptx
A CORUÑA E A EDICIÓN DO LIBRO EN GALEGO.pptxAgrela Elvixeo
 
As Irmandades da Fala. As Irmandades da Fala créanse na Coruña en 1916
As Irmandades da Fala. As Irmandades da Fala créanse na Coruña en 1916As Irmandades da Fala. As Irmandades da Fala créanse na Coruña en 1916
As Irmandades da Fala. As Irmandades da Fala créanse na Coruña en 1916Agrela Elvixeo
 
Castelo de San Diego (A Coruña)
Castelo de San Diego (A Coruña)Castelo de San Diego (A Coruña)
Castelo de San Diego (A Coruña)Agrela Elvixeo
 

Mehr von Agrela Elvixeo (20)

Unidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa VillaltaUnidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
 
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES MonelosLuísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
 
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES MonelosLuísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
 
Ruth Matilda Anderson. Hispanic Society of America. Imaxes de Galicia
Ruth Matilda Anderson. Hispanic Society of America. Imaxes de GaliciaRuth Matilda Anderson. Hispanic Society of America. Imaxes de Galicia
Ruth Matilda Anderson. Hispanic Society of America. Imaxes de Galicia
 
Peixeiras da Coruña. O Muro da Coruña. IES Monelos
Peixeiras da Coruña. O Muro da Coruña. IES MonelosPeixeiras da Coruña. O Muro da Coruña. IES Monelos
Peixeiras da Coruña. O Muro da Coruña. IES Monelos
 
Xardín de San Carlos (A Coruña) IES Monelos
Xardín de San Carlos (A Coruña) IES MonelosXardín de San Carlos (A Coruña) IES Monelos
Xardín de San Carlos (A Coruña) IES Monelos
 
Lavandeiras e lavadoiros da Coruña. IES Monelos
Lavandeiras e lavadoiros da Coruña. IES MonelosLavandeiras e lavadoiros da Coruña. IES Monelos
Lavandeiras e lavadoiros da Coruña. IES Monelos
 
Os xudeus na Coruña durante a Idade Media
Os xudeus na Coruña durante a Idade MediaOs xudeus na Coruña durante a Idade Media
Os xudeus na Coruña durante a Idade Media
 
A Galera ou prisión de mulleres da Coruña
A Galera ou prisión de mulleres da CoruñaA Galera ou prisión de mulleres da Coruña
A Galera ou prisión de mulleres da Coruña
 
As cigarreiras da Fábrica de Tabacos da Coruña
As cigarreiras da Fábrica de Tabacos da CoruñaAs cigarreiras da Fábrica de Tabacos da Coruña
As cigarreiras da Fábrica de Tabacos da Coruña
 
ANTIGA FÁBRICA DE TABACOS DA CORUÑA. HISTORIAS DA CIDADE
ANTIGA FÁBRICA DE TABACOS DA CORUÑA. HISTORIAS DA CIDADEANTIGA FÁBRICA DE TABACOS DA CORUÑA. HISTORIAS DA CIDADE
ANTIGA FÁBRICA DE TABACOS DA CORUÑA. HISTORIAS DA CIDADE
 
O Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da Coruña
O Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da CoruñaO Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da Coruña
O Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da Coruña
 
Francisco Espoz y Mina. Liberal vinculado A Coruña
Francisco Espoz y Mina. Liberal vinculado A CoruñaFrancisco Espoz y Mina. Liberal vinculado A Coruña
Francisco Espoz y Mina. Liberal vinculado A Coruña
 
Historias da Coruña: Juan Díaz Porlier "O Marquesiño"
Historias da Coruña: Juan Díaz Porlier "O Marquesiño"Historias da Coruña: Juan Díaz Porlier "O Marquesiño"
Historias da Coruña: Juan Díaz Porlier "O Marquesiño"
 
Xoana de Vega (persoeiro importante do liberalismo coruñés)
Xoana de Vega (persoeiro importante do liberalismo coruñés)Xoana de Vega (persoeiro importante do liberalismo coruñés)
Xoana de Vega (persoeiro importante do liberalismo coruñés)
 
50 aniversario das obras do encoro de Cecebre
50 aniversario das obras do encoro de Cecebre50 aniversario das obras do encoro de Cecebre
50 aniversario das obras do encoro de Cecebre
 
A CORUÑA E A EDICIÓN DO LIBRO EN GALEGO.pptx
A CORUÑA E A EDICIÓN DO LIBRO EN GALEGO.pptxA CORUÑA E A EDICIÓN DO LIBRO EN GALEGO.pptx
A CORUÑA E A EDICIÓN DO LIBRO EN GALEGO.pptx
 
As Irmandades da Fala. As Irmandades da Fala créanse na Coruña en 1916
As Irmandades da Fala. As Irmandades da Fala créanse na Coruña en 1916As Irmandades da Fala. As Irmandades da Fala créanse na Coruña en 1916
As Irmandades da Fala. As Irmandades da Fala créanse na Coruña en 1916
 
60 ANOS DE GRIAL.pptx
60 ANOS DE GRIAL.pptx60 ANOS DE GRIAL.pptx
60 ANOS DE GRIAL.pptx
 
Castelo de San Diego (A Coruña)
Castelo de San Diego (A Coruña)Castelo de San Diego (A Coruña)
Castelo de San Diego (A Coruña)
 

O período de entreguerras

  • 1. O PERÍODO DE ENTREGUERRAS (1919-1939) Otto Dix. Arte macabra
  • 2. O período de entreguerras (1919-1939) 4. O crac do 29 e o “New Deal” 3. Estados Unidos: os felices anos vinte 2. A URSS de Stalin 1. A Revolución rusa 7. O III “Reich” alemán 6. A instauración do nazismo en Alemaña 5. O fascismo italiano
  • 3. Introdución • O período de entreguerras esténdese desde o final da Primeira Guerra Mundial ata o inicio da Segunda. • É unha das épocas máis inestables política e economicamente, tanto en Europa como en Estados Unidos. • Esta etapa estivo marcada por tres feitos cruciais: o estalido da Revolución soviética, o “crac” da Bolsa de Nova York e o ascenso de réximes totalitarios.
  • 4. 1. A Revolución soviética 1.1. A autocracia tsarista 1.2. A Revolución de febreiro 1.3. A Revolución de outubro
  • 5. 1.1. A autocracia tsarista • A comezos do século XX, no Imperio dos tsares mantíñase o absolutismo monárquico. • O tsarismo era unha autocracia. O tsar gobernaba por decreto, non estaba suxeito a ningunha constitución nin tiña que responder ante un Parlamento. • O control do Imperio asegurábano a burocracia e o exército, xunto coa Igrexa ortodoxa. • A agricultura era a principal actividade económica. A terra estaba en mans duns pocos terratenentes aristócratas. • Entre os obreiros difundírase o marxismo. En 1898 fundouse o Partido Socialdemócrata Ruso, que en 1912 dividiuse entre menxeviques e bolxeviques. Estes últimos estaban liderados por Lenin que denfendían a necesidade de impulsar en Rusia unha revolución social.
  • 6. Lenin dirixíndose ao pobo na revolución de outubro Lenin Trotski John Reed, xornalista norteamericano protagonista da revolución
  • 7. 1.2. A Revolución de febreiro • A conxuntura da Primeira Guerra Mundial creou en Rusia as condicións para un estalido revolucionario. • Os desastres militares sucedéronse. Houbo un descenso da produción agrícola debido á mobilización de millóns de campesiños. • Espallouse o malestar entre obreiros e campesiños. Isto desacreditou ao tsar Nicolás II e ao seu goberno. • A oposción política ao tsar aproveitou as circuntancias: tanto os partidos burgueses (kadet ou liberal), como os campesiños (maioritariamente social-revolucionarios) e obreiros (menxeviques e bolxeviques) esixiron a abdicacion. • En febreiro de 1917 estalou unha revolución en San Petersburgo que provocou a caída do tsarismo. O poder pasou a un goberno provisional, dirixido por Kerensky e apoiado polos liberais na Duma (parlamento ruso). • Rusia converteuse nunha República democrática.
  • 9. 1.3. A Revolución de outubro • A lentitude da reforma agraria e o mantemento de Rusia en guerra aumentaron o descontento popular e a influencia dos bolxeviques, que querían instaurar o socialismo. • Os bolxeviques aspiraban á formación dun goberno de soviets obreiros e campesiños. • O 25 de outubro, os soviets subleváronse e en dez días fixéronse co poder e destituíron o goberno provisional. • Co apoio do Congreso dos Soviets de Rusia, Lenin formou un goberno obreiro. • O novo goberno estableceu medidas revolucionarias: nacionalizáronse terras para repartir entre campesiños, as fábricas quedaron en mans de comités obreiros. Ademais firmouse o tratado de paz de Brest-Litovsk (1918) con Alemaña, que implicou importantes perdas territoriais.
  • 10. PROGRAMA DO GOBERNO PROVISIONAL PROGRAMA DOS BOLXEVIQUES Rexeitamento dunha paz asinada por separado con Alemaña. Sinatura inmediata da paz con Alemaña. Consolidación das institucións democráticas. Ningún apoio ao goberno provisional. Traspaso do poder aos soviets. Repartición de terra entre os campesiños posterior á súa aprobación pola Duma. Confiscación das terras dos grandes propietarios e repartición entre os campesiños. Represión das ocupación de terras e das revoltas revolucionarias. Control industrial polos soviets obreiros. Loita contra a crise económica e a desorganización do exército.
  • 11. Cesión de territorio ás potencias centrais polo Tratado de Brest Litovsk
  • 12. 2. A URSS de Stalin 2.1. A guerra civil e a creación da URSS 2.2. A pugna polo poder 2.3. O stalinismo
  • 13. 2.1. A guerra civil e a creación da URSS • O novo goberno soviético tivo que lle facer fronte a unha guerra civil (1918-1921). Unha fracción do exército tsarista organizou o Exército Branco, que se levantou en armas. • Os bolxeviques crearon o Exército Vermello que, dirixido por Trotski, logrou impoñerse. Ao longo do conflito, o partido bolxevique foise facendo co monopolio do poder. • En 1922 creouse a URSS (Unión de Repúblicas Socialistas Soviéticas), un Estado federal que reunía todas as nacionalidades do vello imperio dos tsares. • Tratábase dun sistema totalitario.
  • 15. 2.2. A pugna polo poder • Lenin morreu en 1924 nun momento no que se debatía cal era o mellor camiño para consolidar a revolución. • Diferentes propostas enfrontaron aos dirixentes do partido, en especial a Trotski e Stalin. • Trotski mantiña que era necesario exportar a revolución. Stalin propoñía a “construción do socialismo nun só país”, transformando a URSS nunha gran potencia. • Stalin, que se convertera en Secretario Xeral do PCUS, fíxose dono da situación a partir de 1927 e converteuse no principal dirixente da URSS.
  • 16. Lenin dirixíndose ao pobo na praza Vermella (1919) Biografía Vladimir Ulianov (Lenin)
  • 18. Onde está Troski? Daquela tamén había photoshop
  • 19. 2.3. O stalinismo • A política stalinista impuxo unha economía e unha sociedade colectivistas, co obxectivo de provocar un crecemento que fixese da URSS unha gran potencia industrial. Para iso: • Prohibiuse a propiedade privada e as terras, fábricas, bancos, transportes…, convertéronse en propiedade estatal. • Déuselle prioridade á industria pesada para construír as infraestruturas necesarias. • Instituíuse unha economía dirixida polo Estado, que elaboraba plans para planificar a produción agrícola e industrial. • Stalin exerceu unha ditadura na que o Partido Comunista controlaba todos os órganos do Estado. O seu liderado quedou reforzado polo culto á personalidade. Todo sospeitoso de opoñerse a Stalin era acusado de inimigo do socialismo e a represión afectou ao conxunto da sociedade , incluíndo a membros do Partido Comunista. Como o propio Trostki. • Moitos disidentes foron executados, presos ou deportados a campos de traballos forzados (Gulag)
  • 20. Oh, gran Stalin! (...). Os seres humanos de tódalas nacións Dirán que o teu nome é o máis glorioso, o máis forte, o máis sabio, O mellor de todos. O teu nome está escrito en cada fábrica, en cada Máquina, en cada anaco de terra, en cada corazón humano. Se a Milña muller dá a luz a un neno, a primeira palabra que lle Ensinarei ha de ser o teu nome, Stalin. Eloxio a Stalin no xornal A Gaceta Vermella de Leningrado, 1935 Opinión de Trostki sobre Stalin. Película Frida
  • 21. 3. Estados Unidos: os felices anos vinte 3.1. As consecuencias da Primeira Guerra Mundial 3.2. A prosperidade americana 3.3. A crise da superprodución
  • 22. 3.1. As consecuencias da 1ª G. Mundial • Estados Unidos saíu moi beneficiado da Primeira Guerra Mundial. Ao rematar a guerra, Estados Unidos convertérase na primeira potencia económica mundial. • A súa produción agrícola era moi elevada e a industrial representaba o 44,8% da produción mundial. • Ademais, moitos países de Europa estaban endebedados con Estados Unidos como consecuencia dos empréstitos de guerra.
  • 23.
  • 24. 3.2. A prosperidade americana • O crecemento americano prolongouse durante os dez anos posteriores á guerra: foi a década da “prosperidade” e da consolidación dun modo de vida baseado no consumismo. • A expansión de Estados Unidos baseouse nunha fonda transformación no proceso de produción de bens, dominado pola innovación técnica. • O taylorismo e o fordismo contribuíron a incrementar a produtividade e a reducir custos. • Iniciouse a era do consumo de masas. • A prosperidade reflectiuse nun grande auxe da Bolsa. A euforia bolsista xerou unha gran burbulla especulativa.
  • 25. Charleston Chicago, lei seca Tolos anos vinte Ku Klux Klan
  • 26. 3.3. A crise da superprodución • A prosperidade non beneficiou a todos por igual e produciuse unha crise. • Os campesiños foron os primeiros prexudicados xa que durante a Guerra Mundial se endebedaran para adquirir novas terras e máquinas para aumentar a produción. • Rematado o conflito, as exportacións diminuíron e o mercado americano non podía absorber toda a produción. • Ante o aumento da oferta, os stocks acumuláronse, os prezos baixaron e os campesiños non puideron devolver os préstamos. • Na industria aconteceu un fenómeno semellante.
  • 27. 4. O crac do 29 e o “New Deal” 4.1. Do crac bolsista á Gran Depresión 4.2. A loita contra a crise: o “New Deal”
  • 28.
  • 29. 4.1. Do crac bolsista á Gran Depresión • O 24 de outubro de 1929 unha grande ondada vendedora afectou á Bolsa de Nova York. A grande oferta de accións fixo que o seu valor caese en picado, ocasionando o “crac” bolsista do 29. • Moitos investidores arruináronse e os cidadáns acudiron aos bancos para retirar o seu diñeiro. Estes tiveron que pechar. O “crac” da bolsa precipitou a creba de moitos bancos. • En poucos anos, produciuse unha recesión económica xeneralizada (Gran Depresión). • O consumo diminuíu e moitas fábricas cerraron. • Desde Estados Unidos, a crise estendeuse ao resto do mundo. • As uvas da ira. John Steinbeck
  • 30. A DEPRESIÓN DOS EE.UU. (1929=100) PNB TAXA DE PARO INVESTIMENTO PRODUCIÓN INDUSTRIAL 1930 90 272 64 83 1931 83 497 34 67 1932 71 747 6 52 1933 69 778 9 63
  • 31. 4.2. A loita contra a crise: o “New Deal” • En 1932 gañou as eleccións Roosevelt, que propoñía un programa para favorecer a recuperación económica do país. • Foi o chamado New Deal, que defendía a intervención do Estado para reactivar a economía. • As medidas económicas que se propuxeron foron axudas ás empresas, destrución dos stocks agrícolas acumulados, etc. O Estado estableceu un control sobre os bancos. • Entre as reformas sociais xornada laboral de 40 horas, impulsouse un gran plan de obras públicas, unha política de apoio aos prezos agrícolas, etc. • Produciuse un relanzamento da economía estadounidense. • Malia estas melloras, a crise non se superou ata o estalido da 2ª G.M., cando as novas necesidades de armamento, avituallamento dos países contendentes converteron aos EE.UU. No principal subministrador dos aliados.
  • 32.
  • 33. 5. O fascismo italiano 5.1. Italia na posguerra 5.2. O ascenso do fascismo 5.3. A ditadura fascista
  • 34. 5.1. Italia na posguerra • A fin da Gran Guerra deixou en Italia graves secuelas humanas (700.000 mortos, mutilados...) e económicas (destrución de industrias, débeda externa, inflación...). • No Tratado de Londres realizáronse uns acordos de paz que non se cumpriron para Italia (conseguiron Trentino, Trieste e Istria pero non Fiume e Dalmacia). Estendeuse a idea de que a participación italiana na guerra fora un engano. • O irredentismo foi gañando adeptos. A esta situación sumóuselle a inestabilidade política: sucedéronse moitos gobernos diferentes. • A crise económica xerou tensión social. O medo ao estalido dunha revolución social comezou a asustar as clases conservadoras.
  • 36. 5.2. O ascenso do fascismo • Nesta situación de crise apareceu a figura de Mussolini, que, en 1919, creou os Fasci de combate, os chamados camisas negras. Pretendían frear o movemento obreiro. • En 1921, os Fasci transformáronse no Partido Nacional Fascista. O seu programa baseábase na costrución dun Estado forte, que garantise a propiedade privada, e unha política exterior expansionista. • Este partido contou co apoio da pequena burguesía, co financiamento de grandes propietarios agrícolas e industriais e coa tolerancia da Igrexa católica e do monarca Vítor Manuel III. • Nas eleccións de 1922, o Partido Fascista conseguiu poucos deputados ao Parlamento. Pero ese ano, cos camisas negras esmagou a folga dos sindicatos socialistas e anarquistas. • Mussolini esixiulle ao rei que lle entregase o goberno e para demostrar a súa forza organizou unha Marcha sobre Roma. En outubro de 1922, o monarca nomeouno xefe do goberno (presionado polas forzas conservadoras).
  • 38. 5.3. A ditadura fascista • Entre 1922 e 1925, Mussolini desenvolveu un proceso de restrición das liberdades e de persecución dos seus adversarios. Mantivo a ficción dun réxime parlamentario. • Despois das eleccións de 1924, Mussolini anunciou a instauración dun réxime autoritario. Fíxose chamar Duce. • Os partidos políticos foron prohibidos, os seus líderes, perseguidos e levados á cadea, e o Parlamento, substituído por unha Cámara dos Fasci. Prohíbense os sindicatos e establécese un sistema corporativo onde obreiros e patróns compartían a mesma asociación dentro dunha estrutura gremial. • O Estado exercía un forte control a través do partido, que dirixía todos os aspectos da vida social e dominaba os medios de comunicación.
  • 39. O fascismo italiano quixo emular as glorias da Roma Imperial. O termo fascismo deriva da palabra fascio, que se refire ao símbolo composto por un feixe de varas (bastóns) rodeando unha machada. Este emblema Usábase na Roma antiga para representar a autoridade. Mussolini fíxose denominar Duce, palabra que deriva do latín dux, que significa guía, condutor, e era a denominación dos caudillos militares romanos. O saúdo (brazo en alto) tamén se empregaba na antiga roma.
  • 41. Sistemas políticos europeos no período de entreguerras Estados europeos con sistemas democráticos estables Gran Bretaña Holanda Checoslovaquia+* Suecia Francia Irlanda Dinamarca Finlandia Bélxica Suíza Noruega Islandia Estados europeos nos que se implantan sistemas autoritarios/ditatoriais/totalitarios Anos Principais ditadores URSS 1917-1989 Lenin, Stalin, Kruschev Hungría 1920-1945* Miklos Horthy Italia 1922-1943 Benito Mussolini España 1923-1930 Miguel Primo de Rivera 1939-1975 Francisco Franco Turquía 1923-1950* Kemal Ataturk (1923-1938) Bulgaria 1923-1945>* Boris III Albania 1925-1939>* Zog I Portugal 1926-1974 Oliveira de Salazar (1932-1968) Polonia 1926-1939>* Józef Pilsudski (1926-1935) Lituania 1926-1940>* Antanas Smatona Iugoslavia 1929-1941>* Alexandre I (1929-1934) Alemaña 1933-1945 Adolf Hitler Austria 1934-1938> Dollfus, Schuschnigg Estonia 1934-1940>* Konstantin Päts Letonia 1934-1940>* Karlis Ulmanis Grecia 1936-1941 Ioannis Metaxás Romanía 1938-1945* Carol II, Ion Antonescu > Invadidos ou anexionados por Alemaña, Italia ou a URSS entre 1938-1940 * Tras a II Guerra mundial nestes países establecéronse réximes totalitarios socialistas
  • 42. Cadáver de Mussolini exposto no teito dunha gasolineira en Milán (1943)
  • 43. 6. A instauración do nazismo en Alemaña 6.1. A República de Weimar 6.2. Hitler e o partido nazi 6.3. O nazismo ao poder
  • 44. 6.1. A República de Weimar • En 1918, a piques de rematar a Primeira Guerra Mundial, o káiser Guillerme II abdicou do seu cargo e proclamouse a República, que estableceu a súa capital en Weimar. • Alemaña asumiu a derrota militar e tivo que aceptar as duras condicións de paz impostas polos vencedores. Moitos alemáns consideraron humillante o Tratado de Versalles. • Os anos de posguerra foron para Alemaña de crise económica, miseria e paro. • A República de Weimar, dirixida por democratacristiáns e socialistas, tivo que lle facer fronte a esta dura situación. • Así, nos seus primeiros anos viuse ameazada por movementos revolucionarios de esquera (levantamento da Liga Espartaquista) ou varios intentos de golpes de Estado da extrema dereita (Putsch de Múnic)
  • 45. Inflación e depreciación en Alemaña Data Prezo dun quilo de pan (marcos) Prezo do dólar (marcos) 1914 0,32 4,20 1918 0,53 8,90 1922 163,15 493,20 1923 (xaneiro) 250 17.792 1923 (xullo) 3.454 353.410 1923 (setembro) 1.512.000 98.860.000 1923 (novembro) 201.000.000.000 4.200.000.000.000
  • 46. Programa do Partido Nazi (25 puntos, 1920) 1. Esiximos a unión de tódolos alemáns para constituír unha Grande Alemaña fundamentada no dereito á independencia de que gozan as nacións. 2. Esiximos (...) a abolición dos Tratados de Versalles e Saint- Germain. 3. Esiximos territorios e colonias para a alimentación do noso pobo e para o establecemento do noso exceso de poboación. 4. (...) ninguén, agás aqueles por cuxas veas circula sangue alemán, sexa cal for o seu credo relixioso poderá ser membro da nación. Por conseguinte, ningún xudeu será membro da nación. 5. Abolirase todo ingreso non logrado por medio do traballo, así como a servidume imposta polo interese. (...) 6. Esiximos a nacionalización de todos os negocios que se organizaron ata hoxe en grandes compañías. (...)
  • 47. 6.2. Hitler e o partido nazi • Hitler era un soldado desmobilizado da 1ª G.M. Fundou en 1920 o Partido Nacionalsocialista dos Traballadores de Alemaña (NSDAP), do que se erixiu líder. O partido escolleu como emblema a bandeira vermella coa cruz gammada e dotouso dunha organización paramilitar, as Seccións de Asalto (SA) • A súa ideoloxía (recollida no seu libro A miña loita) expresaba o seu desprezo pola democracia parlamentaria e o seu odio ao bolxevismo. • Defendía o antisemitismo, a superioridade da raza aria e a necesidade de forxar un grande imperio (Reich) que unise os pobos de fala alemá. • Hitler usou a demagoxia para cativar as clases traballadoras. Nos seus dicursos arremeteu contra os responsables da crise alemá: xudeus, comunistas e demócratas. • As milicias nazis opuxéronse violentamente á república e foron protagonistas de varios intentos insurreccionais.
  • 48. Fotografía tomada en o 2 de agosto de 1914 en Múnic. Celebrando a proclamación da guerra contra Rusia
  • 49. 6.3. O nazismo ao poder • O período 1924-1929 foi de relativa mellora das condicións económicas e de estabilidade social. Pero as consecuencias da crise de 1929 resultaron duras en Alemaña. • A retirada do capital americano arrastrou bancos á creba, o que provocou peche de fábricas, paro e descontento social. • O malestar social inclinou parte da poboación cara ás propostas dos partidos extremistas. Burgueses arruínados, campesiños e obreiros desesperados foron atraídos polas promesas nazis. • Nas eleccións de 1932, o partido nazi conseguiu 13 millóns de votos e en 1933 lograron que o presidente Hindenburg nomease chanceler a Hitler. Pouco despois, os escuadróns nazis provocaron un incendio no Reichstag (Parlamento) e acusaron deste aos comunistas. • O incidente serviu para que en 1934, á morte de Hindenburg, proclamárase Hitler Führer e Chanceler do III Reich.
  • 50. 7. O III “Reich” alemán 7.1. A ditadura nazi 7.2. Un réxime de terror 7.3. Autarquía económica e rearmamento
  • 51. 7.1. A ditadura nazi • En 1934, os nazis transformaron Alemaña nunha ditadura. Disolvéronse os partidos e sindicatos, clausurouse o Parlamento e iniciouse a persecución dos opositores. • Unicamente quedou autorizado o partido nazi. Os traballadores foron chamados a afiliarse na Fronte do Traballo Nacionalsindicalista. • A administración pública foi depurada. A xudicatura desapareceu como poder independente. • Desde o punto de vista social, o Estado nazi aspiraba a unha cohesión total da sociedade alemá, baseada na superioridade da raza aria e na ideoloxía nacionalsocialista. • O nazismo outorgáballe á muller un papel social moi marxinal.
  • 52. 7.2. Un réxime de terror • O Estado alemán converteuse nun Estado policíaco que impuxo o seu réxime por medio do terror. • Perseguíase calquera tipo de oposición mediante uns corpos policiais (as Seccións de Seguridade e a GESTAPO) baixo o control de Himmler. • O mantemento da pureza racial da sociedade alemá implicou a persecución dos xudeus. En 1933 boicoteáronse os seus negocios. En 1935 ditáronse as leis de Nuremberg que impedían os matrimonios mixtos e excluían aos xudeus da cidadanía alemá. En 1938 foron obrigados a levar distintivo. • A partir de 1933, creáronse os campos de concentración para recluir os opositores e inimigos do Reich.
  • 54. • Primeiro levaron aos xudeus, pero como eu non era xudeu, non me importou. Despois leváronse aos comunistas, pero como eu non era comunista, tampouco me importou. Logo leváronse aos obreiros, pero como eu non era obreiro tampouco me importou. Máís tarde levaronse aos intelectuais, pero como eu non era intelectual, tampouco me importou. Despois seguiron cos curas, pero como eu non era cura, tampouco me importou. Agora veñen a por mín, pero xa é demasiado tarde. • Bertolt Brecht, Poemas e cancións
  • 55. 7.3. Autarquía económica e rearmamento • Desde un punto de vista económico, o III Reich propúxose promover un relanzamento que fixese de Alemaña unha potencia económica mundial. • A política económica nazi respondía aos proxectos militaristas e expansionistas de Hitler. • O Estado nazi exerceu un forte dirixismo económico, que quería conseguir a autarquía económica e converter Alemaña nun Estado autosuficiente. • Hitler iniciou unha política militarista: reforzou o exército. • Hitler sentiuse preparado para a construción dun grande imperio e a conquista do “espazo vital” ao leste de Europa.
  • 57. Gastos do estado alemá (millóns de marcos) Ano Gastos sociais Autoestradas Armamento 1928 1.023 2.234 827 1933 200 1.238 730 1938 700 3.376 15.500
  • 58. A marcha cara a 2ª guerra mundial • Alemaña desenvolveu unha política de expansión territorial (espacio vital) coa idea de crear un grande imperio con terras habitadas por pobos xermánicos. • En 1936 contra do imposto no Tratado de Versalles remilitarizou Renania. • En marzo de 1938 ocupou Austria (Anchluss), onde se estenderán as teorías nazis. • Setembro de 1938 esixíulle a Checoslovaquia a entrega dos Sudetes poboado por unha importante minoría alemá. • Francia e Inglaterra convocaron a Conferencia de Múnic (1938) para frear as aspiracións alemás, pero acabaron claudicando ante as promesas de deter o expansionismo. • Como consecuencia Checoslovaquia desaparece como estado: Bohemia e Moravia convertéronse en protectorados alemás e Eslovaquia pasa a ser un estado satélite. • A próxima peza será Polonia. Comezo da 2ª guerra mundial en 1939.