SlideShare ist ein Scribd-Unternehmen logo
1 von 92
Bipolarización e Guerra Fría (1945-1991)
Bipolarización e Guerra Fría
Introdución
• A vitoria da Segunda Guerra Mundial puxo fin á alianza dos
vencedores do nazismo.
• A repartición de influencias nos tratados de paz aumentou a
desconfianza entre dúas potencias vencedoras (EEUU e a
URSS) que se acusaban de aproveitar os desastres da
guerra para aumentar a súa esfera de influencia.
• Dende 1945 ata 1991 o mundo estivo dividido en dous
bloques antagónicos, que representaban dúas formas de
organización política, económica e social: o socialista,
dirixido pola URSS, e a capitalista, liderado por EEUU.
• Un infranqueable pano de aceiro, en palabras de Winston
Churchill, dividiu Europa e o mundo enteiro.
Bipolarización e Guerra Fría
Eixe cronolóxico
• Desenvólvese entre 1945 e 1991.
• Divídese en tres períodos:
• Guerra Fría (1945-1963)
• Coexistencia pacífica (1963-1979)
• Retorno á Guerra Fría (1980-1991)
• A caída do Muro de Berlín (1989), a apertura da Europa oriental ao mundo
occidental e a descomposición da URSS (1991) supón o remate da Bipolarización e
a Guerra Fría.
Fin da II Guerra
Mundial
Restablece: Enfrontamento
entre aliados
Bipolarizació
n das
relacións
internacionais
Pano de aceiro
Doutrina Truman
Plan Marshall
OTAN
OCCIDENTAL
Capitalista
EE_UU
BLOQUES ORIENTAL
Comunista
URSS
Doutrina Jdánov
Plan Molotov
Pacto Varsovia
.
CONFLITOS
Bloqueo de Berlín 1948-9
Guerra de Corea 1950-3
Canal de Suez 1956
Muro de Berlín 1961
Misiles Cuba 1962
CONFLITOS
Oriente Medio 1948-94
Vietnam 1945-75
Afganistán 1979-89
GUERRA FRÍA
CARACTERÍSTICAS
Enfrontamento
bipolar
Non bélico
Ideolóxico
Tensión permanente
FASE ÁLXIDA
(1946-1962)
COEXISTENCIA
PACÍFICA
DISTENSIÓN
(1962-1985)
FACILITADA
Kruschev-
Kennedy
Ostpolitik
Non aliñados
Ruptura China-
URSS
Novas estratexias
de defensa
ACORDOS
Conferencia de
Helsinky.
SALT
FIN DA GUERRA
FRÍA
(1985-1991)
NOVO ORDE
INTERNACIONAL
(ordo americanorum)
CRISE DO SOCIALISMO REAL
II Guerra Mundial (1939-1945)
Guerra fría (1947-1991)
1945 Fin da II Guerra Mundial
1946 Formación das Democracias Populares.
Telón de Aceiro.
1947 Inicio da Guerra Fría: d. Truman P.
Marshall/ D.J. P.M.
1948 Bloqueo de Berlín
Fundación do estado de Israel.
McCarthy: caza de meigas.
1949: R.D.A., R.F.A. e R.P. China.
Fundación da O.T.A.N. e do CAME
1970: Inicio da Ostpolitik alemana.
1972: Acordo SALT I.
1975: Conferencia de Helsinky.
Fin da guerra de Vietnam.
1978: Acordo Camp David.
1979: Invasión soviética de Afganistán.
1983: Reagan: guerra das Galaxias.
1985: Gorbachov: secretario xeral do
P.C.U.S.
1989: Caída do muro de Berlín.
Inicios dos cambios na Europa do Leste.
1950 Inicio da guerra de Corea
1955 Conferencia de Bandung.
Fundación do pacto de Varsovia.
1956: Kruschev: desestalinización.
Coexistencia pacífica.
Nacionalización da canle de Suez.
1961: Kennedy a nova fronteira.
Construcción do muro de Berlín.
Belgrado: conferencia de países non
aliñados.
1962: Crise dos misís en Cuba.
1963: Instalación do teléfono Vermello.
1969: Chegada do home á lúa.
1990: Unificación alemana.
1991: Desaparición da URSS.
1994: Clinton: Asociación para a paz.
Acordos Israel-OLP.
Bipolarización e Guerra Fría
1. Causas do deterioro das relacións entre aliados
• Tras a 2ªGM os aliados encontraron problemas
para conciliar os diferentes tipos de réximes
políticos, posto que na Europa occidental e oriental
se implantaron modelos políticos, sociais e
económicos antagónicos. A ruptura produciuse
pola toma do poder polos comunistas nos países
de Europa oriental.
• Fórmanse dous bloques ideolóxicos e militares.
Un, liderado por EEUU, formado pola maior parte
dos países de Europa occidental. Outro, liderado
pola URSS, agrupaba os países de Europa
oriental.
Bipolarización e Guerra Fría
O Pano de Aceiro
• De Stettin, no Báltico, a Trieste, no Adriático, ergueuse un pano
de aceiro a través do continente. Detrás desta liña están todas
as capitais dos antigos Estados da Europa central e oriental:
Varsovia, Berlín, Praga, Viena, Budapest, Belgrado, Bucarest e
Sofía. Todas estas cidades famosas e as súas poboacións
permanecen no que eu debo chamar área de influencia
soviética e todas están suxeitas, dunha ou doutra forma, non só
á influencia soviética, senón a unhas elevadas e, en moitos
casos, crecentes medias de control dende Moscova.
Unicamente Atenas –Grecia coas súas glorias inmortais- é libre
de decidir o seu futuro nunhas eleccións baixo a supervisión
británica, americana e francesa (...). Os partidos comunistas
que eran moi pequenos nestes países de Europa oriental, foron
elevados ao poder e están pretendendo obter o control
absoluto. En case todos os casos están dominando os
gobernos-policía (...) e non existe verdadeira democracia.
• Churchill. Discurso na Universidade de Fulton, Missouri (5-III-1946)
Europa (1945-1947)
Churchill bota
unha ollada
por debaixo do
pano de aceiro.
Caricatura de Daily
Mail 1946.
Bipolarización e Guerra Fría
Consolidación de dous bloques antagónicos
• A ruptura entre os aliados desencadeouse en 1947, cando
o presidente dos EEUU Truman marcou tres obxectivos
prioritarios:
a. Contención do comunismo no mundo.
b. Defensa de democracia liberal
c. Axuda a todos os países que loitan contra este.
• Coñécese como a doutrina Truman.
• O seu secretario de Estado, George Marshall, creu que
unha axuda económica para a reconstrución posbélica
constituíría o mellor arma para frear a expansión
comunista e, para iso, presentou o Plan Marshall.
Axudas do Plan Marshall
Bipolarización e Guerra Fría
Consolidación de dous bloques antagónicos
• A contestación non se fixo esperar a doutrina
Jdanov:
a. Apoiar aos partidos comunistas e ao
movemento obreiro.
b. Liberación colonial en todo o mundo.
c. Como alternativa ao Plan Marshall xurde o Plan
Molotov que pretende esblecer a cooperación
económica entre os países socialistas a través
do CAME ou COMECOM.
Mundo do Oeste e do
Leste. Caricatura
alemá, 1945
Bipolarización e Guerra Fría
Diferentes sistemas de alianza
• Dúas alianzas militares e económicas:
• Mundo occidental: 1949 Pacto Atlántico, que
integraba a EEUU, Canadá e dez países da
Europa occidental. Foi a orixe da OTAN. 1948
OECE (transformada actualmente en OCDE
(1961), para fomentar o desenvolvemento
económico dos países de libre mercado.
• Leste europeo: COMECOM (relacións
comerciais no mundo socialista fundada en
1949) e Pacto de Varsovia (1955) alianza militar
dos países socialistas.
As dúas grandes
alianzas (1955)
Exemplo de caricatura da
Guerra Fría
Comparación:
Esquerda: interior dun
supermercado
estadounidense (1964).
Abaixo: supermercado en
Moscova (1968).
Bipolarización e Guerra Fría
2. Diferenzas ideolóxicas
• Son claras:
• Bloque americano rexíase pola orde social do
capitalismo, baseada na liberdade económica e na
propiedade privada, e por un réxime político
asentado na democracia liberal, caracterizada por
ser representativa e defender os dereitos e as
liberdades.
• Bloque soviético seguía a ideoloxía do
socialismo, caracterizada pola colectividade da
vida social e económica e un réxime marcado polo
control totalitario do Partido Comunista.
Bipolarización e Guerra Fría
Eixe cronolóxico: EEUU e URSS
Bipolarización e Guerra Fría
3. EEUU líder dos países capitalistas
• A hexemonía americana baseábase na súa potencia
económica-militar e no prestixio político.
• Ata 1953 predominaron o intervencionismo estatal e as leis
sociais; despois produciuse un xiro conservador.
• A partir de 1960 entrou en crise a superioridade americana;
realzándose a economía e a tecnoloxía e tomáronse
medidas para paliar as desigualdades sociais e raciais.
• A economía norteamericana aumentou máis do dobre entre
os anos 1950 e 1973. Neste período tamén aumentaron os
salarios e o consumo de enerxía.
• As causas foron: superioridade económica, militar e
tecnolóxica.
Bipolarización e Guerra Fría
4. Características do modelo soviético
• O modelo económico e social soviético da posguerra
caracterizábase por desembocar nun modelo profundamente
desequilibrado: dábaselle prioridade á industria pesada para
desenvolver a industria armamentística en detrimento da de
consumo.
• As melloras no nivel de vida efectuadas eran a garantía para
todos os cidadáns da seguridade social, as pensións, as
vacacións pagas, a vivenda ou a educación, así como o
dereito ao traballo.
• Porén, un sistema político autoritario, a falta de liberdades, o
exceso de burocracia e a ineficacia económica supuxeron un
crecemento económico e un nivel de vida moi limitado que o
dos países occidentais o que provocou o crecente
descontento da poboación e o progresivo colapso do
sistema.
Bipolarización e Guerra Fría
7. Síntese: diferenzas. Luces e sombras
• As diferenzas ideolóxicas e económicas: EEUU
democracia liberal e capitalismo. URSS socialismo,
colectivización da vida, totalitarismo político.
• EEUU: pros: liberdade económica, política, avance
tecnolóxico... Contras: fortes desigualdades sociais,
racismo e marxinalidade social, modelo social
consumista, o intervencionismo militar (Vietnam)
propiciou a contestación xuvenil.
• URSS: pros: progresos económicos e sociais
(traballo, pensións, vacacións, vivenda, educación,
sanidade…). Contras: falta dunha economía
competitiva, burocratización do sistema, nivel de
renda baixa, crecente descontento da poboación que
provoca o colapso do sistema.
Bipolarización e Guerra Fría
6. Plan Marshall
• Programa de asistencia económica dos
EEUU aos países de Europa a cambio dun
certo control na economía e a contribución
á loita contra o comunismo.
• Ofrecía axudas e créditos que debían
repartirse entre os países que aceptasen.
• Foi o motor da reconstrución da Europa
occidental tras a 2ª GM.
Bipolarización e Guerra Fría
7. URSS e aliados ante o Plan Marshall
• Negáronse a aceptar a axuda
americana por entendela como unha
forma de imperialismo utilizada polos
nortamericanos para manter baixo o
seu dominio os países europeos.
(doutrina Jdanov)
• Impulsou o Plan Molotov creación do
COMECOM.
Bipolarización e Guerra Fría
8. Alianzas económicas e militares
• As dúas potencias organizaron os seus respectivos
bloques económicos e militares:
• Occidente: Pacto do Atlántico (1949) (EEUU,
Canadá e dez países de Europa Occidental):
OTAN (organismo de cooperación militar) baixo a
dirección de Washington. OCDE (1960) para
fomentar o desenvolvemento dos países de libre
mercado.
• URSS e países do Leste europeo: 1949
COMECOM asociación de axuda económica no
bloque socialista. 1955 Pacto de Varsovia para
garantir militarmente a seguridade e integridade no
territorio comunista.
O oso soviético
bloquea Berlín,
caricatura de
1948
Bipolarización e Guerra Fría
9. Mapa de bloqueo de Berlín
• Tras a guerra, Alemaña foi ocupada polas catro potencias
vencedoras, os EEUU, URSS, Reino Unido e Francia.
• O país dividiuse en zonas de ocupación. De forma análoga, a
cidade de Berlín tamén foi dividida en catro zonas de ocupación.
• En 1948, e como resposta á implantación do sistema comunista na
zona de ocupación soviética de Alemaña, os aliados occidentais
decidiron unificar os seus territorios e crear un Estado federal
alemán. Os soviéticos responderon illando Berlín occidental
(formado polas zonas de ocupación francesa, británica e
norteamericana). Os EEUU estableceron unha ponte aérea para
abastecer a cidade que se mantivo ininterrompidamente ata que en
1949, tras 11 meses de bloqueo, Stalin decidiu pórlle fin ao cerco.
• A crise xerada polo bloqueo de Berlín acelerou a división de
Alemaña en dous estados. A República Federal Alemaña (RFA)
naceu o V-1949 e República Democrática Alemaña (RDA) X-1949.
A división de Alemaña.
A crise de Berlín
Acelerou a división de
Alemaña en dous
estados. República
Federal Alemaña (RFA)
naceu oficialmente o
23-V-1949 e República
Democrática Alemaña
(RDA) X-1949
Bipolarización e Guerra Fría
10. O muro de Berlín
• Construiuse en agosto de 1961 en substitución do
aramado que dividía Berlín e co obxectivo de parar
as migracións de Oriente e Occidente.
• O Pacto de Varsovia xustifica a construción do
muro para defenderse da propaganda, da
chantaxe e da corrupción da RFA, que incitaba á
fuxida cara o territorio occidental.
• Xustifican a toma de todas as medidas necesarias
para garantir a seguridade da RDA ante o que
consideran unha política agresiva e amezanse da
RFA e os aliados da OTAN.
Bipolarización e Guerra Fría
A defensa da construción do muro
• As autoridades gobernamentais e militares da RFA,
usando a propaganda, a chantaxe e a corrupción,
incitan a certos elementos instalados na RDA a
escaparse á Alemaña do Oeste. Esas persoas que
se deixan comprar, son obrigadas a enrolarse no
exército ou son recrutadas (...) como espías ou
sabotadores á RDA (...).
• Fronte a estas agresivas ameazas das forzas
reaccionarias da RFA e dos seus aliados da OTAN,
os Estados do Pacto de Varsovia non poden deixar
de tomar as medidas necesarias para garantir a
seguridade da RDA e o interese do propio pobo
alemán.
• Declaración do Pacto de Varsovia, agosto de 1961.
O muro foi
construído
nunha noite, do
12 ao 13 de
agosto de 1961
Estrutura do muro de Berlín
Plano de Berlín
Perímetro do muro
Bipolarización e Guerra Fría
Eu son un berlinés
• Hai dous mil anos, o maior acto de
orgullo era dicir: “Civis romanus sum”.
Hoxe en día, no mundo da liberdade
non poderiamos pensar en maior
orgullo que dicir “Ich bin ein Berliner”.
Hai xente no mundo que non
comprende verdadeiramente, ou que
pretende non comprender, que é o que
está en xogo entre o comunismo e o
mundo libre. Que veñan a Berlín. Hai
outros que afirman que o porvir está no
comunismo. Non teñen máis que vir a
Berlín.
• A liberdade coñece, sen dúbida, moitas
dificultades e a nosa democracía non é
perfecta. Porén, nós nunca
necesitamos erguer un muro para
impedirlle ao noso pobo que fuxa.
• Discurso de J. F. Kennedy en Berlín do Oeste, xuño
de 1963.
Bipolarización e Guerra Fría
11. Intención do discurso de Kennedy sobre o muro
• Contrapoñer o sistema político e
económico occidental co soviético.
• O muro de Berlín é o símbolo da
división do enfrontamento entre os
bloques e, para Kennedy, a existencia
do muro indica o fracaso do modelo
comunista, que necesitou da súa
construción para evitar a fuxida dos
seus cidadáns.
Caída do 9-10 de
novembro de 1989
Bipolarización e Guerra Fría
12. Definición de Guerra Fría, carreira de armamentos,
equilibrio do terror
• Termo creado polo periodista norteamericano Walter Lippman, que se
refire ao sistema de relacións internacionais desenvolvido tras o final
da II Guerra Mundial entre EEUU e a URSS.
• Durante a Guerra Fría desenvolvéronse moitos coflitos, de tipo
ideolóxico, económico, técnico, diplomático e militar, aínda que nunca
nos territorios das dúas potencias.
• Entre eles hai que mencionar a toma do poder por parte comunista de
China (1949), a Guerra de Corea (1953), o conflito pola canle de Suez
(1956), a crise dos misiles en Cuba (1962) e a guerra de Vietnam
(finalizada en 1975).
• Carreira de armamentos: competencia entre as dúas superpotencias
por desenvolver armas, sobre todo nucleares, cada vez máis potentes
e mortíficeras e de maior alcance.
• Equilibrio do terror: capacidade das dúas superpotencias de
destruírse mutuamente, o cal evitaba que calquera delas iniciara un
ataque sobre outra.
Os mecanismos da
Guerra Fría
Bipolarización e Guerra Fría
13. A Guerra de Corea
• Tras a derrota xaponesa na 2ª Guerra Mundial, o norte de
Corea foi ocupado polas tropas rusas, e o sur, a partir do
paralelo 38º, polas tropas estadounidenses.
• Cando en 1949 se produciu a retirada dos soviéticos e
norteamericanos, a división consolidouse, entre unha Corea do
Norte, dirixida polo comunista Kim Il Sung, e unha Corea do Sur
gobernada por unha ditadura militar prooccidental dirixida por
Siman Rhee.
• Estimulado pola vitoria da revolución chinesa en 1950, Stalin
animou os aliados de Corea do Norte a invadir Corea do Sur (1ª
etapa). A ONU condenou a agresión e aceptou o envío dun
contixente de tropas dos EEUU dirixidas polo xeneral McArthur.
• Estas rexeitaron a invasión e iniciaron a súa expansión cara o
norte (2ª etapa).
Bipolarización e Guerra Fría
13. A Guerra de Corea (continuación)
• Pero a intervención chinesa obrigounos a retroceder (3ª etapa).
• Para evitar a expansión do conflito, o presidente
norteamericano Truman destituíu o radical e anticomunista
MacArthur que pretendía bombardear a China con armamento
nuclear.
• O enfrontamento durou tres anos e custou máis dun millón de
mortos. Finalizou en 1953 coa firma da Paz de Panmunjom,
que consagrou a división das dúas Coreas.
• A Guerra de Corea é un exemplo de conflito da Guerra Fría. O
conflito ideolóxico, tecnolóxico e militar entre dúas
superpotencias producíase en territorio periférico, a escala
menor e de forma indirecta.
Tropas norteamericanas en Corea que se
retiran ante o empuxe do exército chinés,
inverno de 1950
Guerra de Corea
Bipolarización e Guerra Fría
14. Guerra de Vietnam (1945-1975)
• No territorio da colonia francesa de Indochina, ao finalizar
a 2ª Guerra Mundial iniciouse unha longa guerra, primeiro
contra Francia e logo contra os EEUU.
• En 1945, as forzas comunistas do Vietminh, lideradas por
Ho Chi Min, proclamaron a independencia.
• Francia non a aceptou e iniciouse unha guerra entre a
guerrilla, que contaba co apoio soviético e controlaba o
norte do país, e o exército francés, que tiña o soporte
estadounidense.
• A guerra finalizou en 1954, coa derrota francesa, e
consolidou a división entre o norte, dirixido por un
goberno comunista, e o sur, cun réxime proccidental.
Bipolarización e Guerra Fría
14. Guerra de Vietnam (1945-1975) (continuación)
• Tras a retirada francesa, os EEUU enviaron un
continxente militar en apoio a Vietnam do Sur para evitar
a reunificación do país baixo un réxime comunista.
Iniciouse entón unha nova guerra, na que EEUU
empregou armas mortíferas e con elas masacraron a
poboación vietnamita.
• A denuncia dos métodos utilizados polo exército
norteamericano e a oposición dos mozos
estadounidenses a enrolarse no exército provocaron un
movemento de protesta contra a guerra nos EEUU.
• A pesar da súa superioridade militar, EEUU foi incapaz de
gañar a guerra e iniciou a súa retirada.
• En 1975, as forzas norvietnamitas ocuparon o sur e
implantaron un réxime comunista.
Dereita: Guerra de Vietnam (1954-1975)
Arriba: guerrileira norvietnamita toma
como prisioneiro un soldado
norteamericano (Guilles Aillaud, 1968)
O xeneral survietnamita Nguyen
Ngoco Loan executa en plena rúa a
un guerrileiro do Vietcong, en
Saigón, o 1 de febreiro de 1968
Bipolarización e Guerra Fría
Visión vietnamita na Guerra de Vietnam
• Os vietnamitas nunca fixeron ningún dano aos EEUU, pero
os EEUU (...) intensificaron a agresión militar contra Vietnam
do Norte para prolongar a división do noso país e converter a
Vietnam do Sur nunha colonia e nunha base militar.
• (…) Medio millón de soldados dos EEUU e dos seus aliados
utilizan o armamento máis inhumano e as estratexias
militares máis bárbaras posibles. Usan napalm, armas
químicas tóxicas e gas para masacrar os nosos
compatriotas, destruír as colleitas e arrasar vilas enteiras.
(…)
• Os vietnamitas non se renderán nunca perante a agresión, e
non aceptarán conversacións baixo a ameaza das bombas.
• Carta de Ho Chi Minh ao presidente dos EEUU, 1967.
Bipolarización e Guerra Fría
15. Coexistencia pacífica e distensión
• Coexistencia pacífica: período que seguiu á crise
dos misiles, dominado pola distensión e o diálogo. A
isto contribuíron o temor a unha guerra nuclear, o
elevado custe da carreira de armamentos, a
imposibilidade de destruír o rival sen pór en perigo
toda a humanidade, e o cambio de actitude dos
novos dirixentes tanto na URSS como dos EEUU,
que mantiveron relacións directas a través do
teléfono vermello e indirectas a través de
negociacións diplomáticas; o obxectivo deste
contacto permanente entre os líderes políticos era
evitar que calquera incidente puidese desencadear
un conflito armado que tería significado a destrución
do planeta.
Bipolarización e Guerra Fría
16. Artífices da coexistencia pacífica
• EEUU: en 1956 foi reelixido o presidente Eisenhower, quen apartou do
poder os sectores máis anticomunistas, como o senador McCarthy.
Tamén lle puxo fin á persecución de sospeitosos de simpatizar co
comunismo (caza de meigas). A elección no ano 1960 dun presidente
demócrata, John F. Kennedy, marcou o envorcamento importante na
política exterior norteamericana. Esta nova orientación baseábase na
non agresión e a non inxerencia nos asuntos internos do outro bloque,
e na creación dunha nova dipolomacia baseada nas conversacións e
nos acordos.
• URSS: tras a morte de Stalin (1953), no XX Congreso do PCUS
celebrado en 1956, o novo secretario xeral, Nikita Jruschov,
denunciou publicamente os erros e os crimes do estalinismo e iniciou
un proceso de desetalinización.
• Tamén se aprobaron as directrices en política exterior que propuñan a
coexistencia pacífica entre os bloques, a non exportación da
revolución e a posibilidade de acceder ao socialismo por diversas vías,
incluída a democrática. Ademais acordouse a disolución do Kominform,
considerado polos occidentais como unha organización ameazadora.
Bipolarización e Guerra Fría
Jonh F. Kennedy nos EEUU
• Non pode ser satisfactorio para dous grandes e
poderosos grupos de nacións o seu rumbo actual:
ambas as partes se atopan atafegadas polo custo
das armas modernas, alarmadas pola continua
extensión do átomo mortífero e, no entanto, ambas
as dúas están empeñadas nun incerto equilibrio do
terror (...).
• Debemos analizar os problemas que nos unen en
lugar de insistir nos que nos separan. Que as dúas
partes, por primeira vez, formulen propostas serias e
precisas para a inspección e o control dos
armamentos e que poñan o poder de destruír outras
nacións baixo o control absoluto de todas.
• Discurso do presidente Kennedy, 1960.
Bipolarización e Guerra Fría
Nikita Jruschov na URSS
• Vivir en paz e como bos veciños ou ir cara a unha
próxima guerra: esta é a opción ante a que nos
atopamos na URSS, os EEUU e o mundo enteiro.
Unha terceira non existe, se non é que un de nós opte
a mudarse a outro planeta. Os soviéticos non nos
atopamos mal de todo sobre a Terra e creo que vós
non tedes intención de reservar billetes para a Lúa. (...)
• Non fago un chamamento a compartir a nosa
concepción do mundo e non creo que vós pretendades
converternos ao capitalismo. Estou seguro de que vós
credes na vitoria do voso sistema tanto como eu creo
que o socialismo finalmente triunfará. (…)
• Discurso do presidente Jruschov, 1960.
Entrevista entre o presidente Kennedy e
Jruschov en Viena, xuño de 1961
Portada dun xornal
italiano alusiva ao
“teléfono vermello”
(1962)
Bipolarización e Guerra Fría
17. A crise dos misiles. Como se resolveu?
• En 1959, a guerrilla revolucionaria de Fidel Castro fíxose co poder
en Cuba. A súa política de nacionalización dos recursos
económicos provocou a hostilidade do goberno de EEUU, que
declarou o boicot económico á illa.
• A URSS ofreceulle a súa axuda ao réxime castrista e, en 1960,
ambos países firmaron un tratado de cooperación económica e
militar, consolidando así a aproximación cubana ao bloque
comunista.
• O momento de máxima tensión viviuse en 1962 cando, ante a
ameaza de que a URSS instalaría misiles nucleares na illa,
Kennedy ordenou o bloqueo naval de Cuba para impedir a
chegada das pezas nucleares que transportaban os barcos
soviéticos.
• Finalmente, despois de días de angustia, Jruschov ordenou o
regreso dos barcos que se dirixían cara a Cuba e comprometeuse
a retirar as armas nucleares. Como contrapartida, Kennedy
levantou o bloqueo naval á illa.
Arriba: caricatura
publicada no xornal
británico Daily Mail,
1962. Dereita (1963)
Relacionada coa
crise dos misiles
A crise dos misiles
(1962)
Bipolarización e Guerra Fría
18. Esquema sobre os principais conflitos
Guerra de Corea Guerra de Vietnam Crise dos misiles
Cronoloxía 1950-1953 1945-1975 1962
Localización
xeográfica
Corea Norte e Corea Sur Indochina., sudeste de
Asia
Cuba
Países implicados EEUU, URSS e China Vietnam do Norte,
Vietnam do Sur, Francia e
EEUU
EEUU, URSS e Cuba
Militares e políticos
destacados
MacArthur, Truman,
Stalin, Kim Il Sung e
Sygman Rhee
Ho Chi Minh, Kennedy,
Johnson, Nixon
Kennedy, Kruschov e
Fidel Castro
Causas Invasión de Corea do
Sur por parte de Corea
do Norte
Proclamación da
independencia por Ho Chi
Minh
Ameaza de misiles
soviéticos en Cuba
Desenvolvemento Stalin estimulou a invadir
Corea do Sur...
Ao finalizar a 2ª GM, a
proclamación da
independencia...
En 1959 a guerrilla
revolucionaria tomou o
poder en Cuba...
Consecuencias División das dúas
Coreas e carreira de
armamentos.
Ocupación de Vietnam do
Sur. Réxime comunista e
retirada dos EEUU
Retirada da URSS e
levantamento do
bloqueo naval dos EEUU
Bipolarización e Guerra Fría
Evolución económica dos países occidentais
Sociedade de
consumo:
american way of
life.
A neveira símbolo
do confort e da
modernidade da
sociedade
capitalista de
consumo.
Anuncio
norteamericano de
1956.
Desigualdades sociais en EEUU.
Marcha pola igualdade social encabezada por Martin Luther
King en Alabama (1965)
Loita contra a segregación racial.
A muller negra Rosa Parks sentada no asento de autobús
reservados aos brancos. Consecuencias:
Detención. Ficha policial
Bipolarización e Guerra Fría
19. Influencia soviética. Pacto de Varsovia e COMECOM
• Tras a 2ª GM a influencia soviética estendeuse
por Europa Oriental, Polonia, Checoslovaquia,
Hungría, Bulgaria, Romanía, Iugoslavia, Albania
e RDA: democracias populares.
• Pacto de Varsovia: acordo de cooperación
militar das repúblicas populares do Leste de
Europa. Contrarrestar a ameaza da OTAN.
Creado en 1955.
• COMECON: Europa do Leste menos Iugoslavia.
Mercado Común dos países socialistas.
Bipolarización e Guerra Fría
20. Países da Europa do Leste
• Creáronse sistemas políticos similares ao da URSS.
O partido comunista instalouse no poder como
partido único, toda oposición ou disidencia foi
prohibida e perseguida, e unha burocracia de
afiliados ao partido fíxose coa administración do país.
• A nivel económico a propiedade agraria e industrial
pasou maioritariamente a mans do Estado e a
imitación do modelo soviético, intentouse levar a
cabo unha rápida industrialización baseada na
industria pesada. A produción pasou a estar dirixida
polo Estado a través de plans quinquenais, que
impuñan os ritmos de produción e os prezos.
Europa do Leste
(1947-1989)
Bipolarización e Guerra Fría
21. Jruschov a desestalinización
• Á morte de Stalin (1953) Jurschov promoveu
a desestalinización, intentando pórlle fin á
represión indiscriminada e ao culto a Stalin,
para mellorar o nivel de vida da poboación,
estableceu novas medidas económicas co fin
de aumentar a produción, sobre todo a
agrícola.
• A política exterior baseouse na aplicación
dunha coexistencia pacífica entre os
bloques.
A URSS tiña un
sistema político
autoritario no que o
poder estaba en
mans dun único
partido o PCUS, a
oposición era
perseguida e non se
respectaban as
liberdades.
Tras a morte de
Stalin (1953),
Jruschov incia a
desestalinización,
intentando parar a
represión
indiscriminada e
esblecendo novas
medidas económicas
para mellorar a
produción sobre
todo agrícola.
Produción industrial na
URSS (1960-1980)
A. Deineka: A conquista
do cosmos, 1961
Cartel de
propaganda
soviético de
1955 onde se
mostra o
imparable
avance do
socialismo, que
supera o
capitalismo
Bipolarización e Guerra Fría
22. Áreas de expansión do comunismo durante a Guerra Fría
• Ademais de Europa do Leste. Tamén:
• Na revolución China (1949). No en tanto, en 1956 rompeu coa
URSS e implantou un modelo propio baseado nas comunas
populares.
• Revolución Cubana (1959).
• Latinoamérica: impulsou guerrillas comunistas e
antiimperialistas. 1979 triunfou en Nicaragua e alentou o
movemento guerrileiro en El Salvador e Guatemala.
• Proceso descolonizador: África: Alxeria, Libia e África
subsahariana (Angola, Mozambique…). Asia: apoio a Corea do
Norte e sudeste asiático: Laos, Camboia e Vietnam.
• Actualmente países socialistas: Cuba.
A expansión mundial do
comunismo (2ª m. XX)
Taxa anual de
crecemento da URSS
Bipolarización e Guerra Fría
23. Causas do colapso do modelo soviético
• Tres razóns:
a. Estancamento económico.
b. Baixo nivel de vida.
c. Falta de liberdades.
• Todo isto condicionou o descontento social que puxo en cuestión o
sistema.
• A nivel económico, o mantemento do gasto de defensa, que
consumía a maior parte do orzamento soviético, reduciu
enormemente a oferta de alimentos e bens de consumo básicos,
obrigando a poboación a realizar grandes esforzos para conseguilos.
Atraso considerable na innovación tecnolóxica.
• A disidencia fronte o modelo de partido único foi crecendo.
Caricatura sobre a
mingua de produtos de
consumo na URSS
Bipolarización e Guerra Fría
24. Gorbachov: as súas propostas de reforma
• En 1985 accede ao poder un novo dirixente político: Gorvachov.
• Denuncia os problemas económicos da URSS: ineficacia,
corrupción, incapacidade para atender as necesidades da
poboación, baixa produtividade...
• Denuncia a incapacidade do sistema político e administrativo, que
baixo unha aparente unidade ideolóxica, se baseaba na mentira
oficial, a hipocresía e o cinismo.
• As reformas resúmense na persestroika, un plan para revitalizar a
economía e aumentar a produción de bens de consumo a partir da
intrudición do espírito de empresa pero sen suprimir a propiedade
coletiva. No ámbito político, a glanost suprimiu a censura, inicio a
reforma das institucións introduciu certa democratización ao
recoñercerse os partidos políticos. Tamén estimulou aos países do
bloque soviético que iniciasen a senda reformista.
• Propiciouse o diálogo con EEUU para negociar os conflitos e
avanzar no desarmamento.
Selo conmemorativo da
perstroika (1988)
Gorvachov: político que iniciou
as reformas na URSS.
Glasnost: transpariencias.
Apertura de novas relacións
con EEUU
Bipolarización e Guerra Fría
25. Arte no mundo capitalista e socialista
• Capitalismo: Pop Art e
Hiperrealismo.
• Comunismo: realismo socialista.
R.
Lichtenstein
Study for
Vicki (1964)
A. Warhol
Lata de sopa
Campbell’s
(1962)
D. Hanson
Supermarket
(1969)
V. Moukhina: O obreiro e a
koljosiana (1937).
Deneika: Donbass (1947)
Bipolarización e Guerra Fría
26. Caída do muro de Berlín
• En novembro de 1989 en Alemaña
Oriental, unha forte mobilización popular
forzou o goberno comunista á apertura
do muro de Berlín.
• O símbolo da Guerra Fría e da división
do mundo en bloques caía de forma
pacífica.
• Os países da Europa do Leste foron
abandonando o modelo socialista.
Os cambios na Europa do Leste
Bipolarización e Guerra Fría
27. Evolución da URSS a partir de 1991
• A partir de 1991, Rusia herdou moitos dos
problemas da URSS. Por un lado, os
enfrontamentos entre etnias e nacionalidades
diversas, tales como as rivalidades entre as
diferentes repúblicas do Caúcaso como Armenia,
Xeorxia e Azebaixán.
• O conflito máis grave estivo en Chechenia, onde o
exército ruso intervén duramente para impedir a
secesión do territorio e a actividade terrorista das
guerrillas chechenas. Por outro lado, tamén herdou
a crise económica resultado da rápida privatización
que conduciu ao afundimento caótico da
propiedade estatal, unha enorme suba dos prezos,
o aumento do paro e o empobrecemento da
poboación.
O conflito de Chechenia foi un
dos múltiples problemas que
apareceron tras a disolución da
URSS
Bipolarización e Guerra Fría
28. A desaparición de Iugoslavia
• Viuse afectada polo florecemento dos nacionalismos, contidos ou
reprimidos na época socialista, que desembocaron nunha terrible
guerra entre as distintas nacionalidades que a conformaban.
• Bosnia-Herzegovina localizábanse tres minorías étnicas ou
relixiosas: serbios, croatas e musulmáns-bosnios.
• Neste territorio produciuse o conflito máis cruento, como
consecuencia dos enfrontamentos de carácter étnico e relixiosos
entre serbios e bosnios musulmáns.
• Co apoio do exército, os serbios de Bosnia desencadearon unha
verdadeira “limpeza étnica” contra os musulmáns.
• Finalmente en 1995 acadouse un acordo segundo o cal Bosnia
lograba a independencia e se establecía un sector croata musulmán
e outro serbio, con grande autonomía para ambos, pero dentro dun
estado único.
A desintegración de Iugoslavia
Bosnia-Herzegovina
Principais etnias e nacionalidades
na ex-Iugoslavia (1998)

Weitere ähnliche Inhalte

Ähnlich wie Bipolarización. Guerra Fría (20)

Descolonización e Guerra Fría
Descolonización e Guerra FríaDescolonización e Guerra Fría
Descolonización e Guerra Fría
 
Tema9 aguerrafra-1945-1990-phpapp02
Tema9 aguerrafra-1945-1990-phpapp02Tema9 aguerrafra-1945-1990-phpapp02
Tema9 aguerrafra-1945-1990-phpapp02
 
Tema 9 A Guerra FríA 1945 1991 Lecciones 1 6
Tema 9  A Guerra FríA  1945 1991  Lecciones 1 6Tema 9  A Guerra FríA  1945 1991  Lecciones 1 6
Tema 9 A Guerra FríA 1945 1991 Lecciones 1 6
 
Tema11 140525120240-phpapp01
Tema11 140525120240-phpapp01Tema11 140525120240-phpapp01
Tema11 140525120240-phpapp01
 
TEMA 11
TEMA 11TEMA 11
TEMA 11
 
Tema 11
Tema 11 Tema 11
Tema 11
 
Unidade 11 Guerra FríA
Unidade 11 Guerra FríAUnidade 11 Guerra FríA
Unidade 11 Guerra FríA
 
Tema 11 historia
Tema 11 historiaTema 11 historia
Tema 11 historia
 
Historiatema11 guerra fria
Historiatema11 guerra friaHistoriatema11 guerra fria
Historiatema11 guerra fria
 
Historia, tema 11
Historia, tema 11Historia, tema 11
Historia, tema 11
 
Tema 10. un mundo bipolar. lecciones 1 y 2
Tema 10. un mundo bipolar. lecciones 1 y 2Tema 10. un mundo bipolar. lecciones 1 y 2
Tema 10. un mundo bipolar. lecciones 1 y 2
 
Tema 11 a guerra fría
Tema 11 a guerra fríaTema 11 a guerra fría
Tema 11 a guerra fría
 
Tema 11
Tema 11Tema 11
Tema 11
 
A idade de ouro do capitalismo
A idade de ouro do capitalismoA idade de ouro do capitalismo
A idade de ouro do capitalismo
 
O mundo actual
O mundo actualO mundo actual
O mundo actual
 
Tema 11 Guerra Fria Alberto Rivas
Tema 11 Guerra Fria Alberto RivasTema 11 Guerra Fria Alberto Rivas
Tema 11 Guerra Fria Alberto Rivas
 
A guerra fría
A guerra fríaA guerra fría
A guerra fría
 
A ii guerra mundial
A ii guerra mundialA ii guerra mundial
A ii guerra mundial
 
Traballo de sociais, tema 11
Traballo de sociais, tema 11Traballo de sociais, tema 11
Traballo de sociais, tema 11
 
Tema 9 a crise das democracias e segunda
Tema 9  a crise das democracias e segundaTema 9  a crise das democracias e segunda
Tema 9 a crise das democracias e segunda
 

Mehr von Agrela Elvixeo

O Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da Coruña
O Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da CoruñaO Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da Coruña
O Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da Coruña
Agrela Elvixeo
 

Mehr von Agrela Elvixeo (20)

GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxGUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
 
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa VillaltaUnidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
 
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES MonelosLuísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
 
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES MonelosLuísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
 
Ruth Matilda Anderson. Hispanic Society of America. Imaxes de Galicia
Ruth Matilda Anderson. Hispanic Society of America. Imaxes de GaliciaRuth Matilda Anderson. Hispanic Society of America. Imaxes de Galicia
Ruth Matilda Anderson. Hispanic Society of America. Imaxes de Galicia
 
Peixeiras da Coruña. O Muro da Coruña. IES Monelos
Peixeiras da Coruña. O Muro da Coruña. IES MonelosPeixeiras da Coruña. O Muro da Coruña. IES Monelos
Peixeiras da Coruña. O Muro da Coruña. IES Monelos
 
Xardín de San Carlos (A Coruña) IES Monelos
Xardín de San Carlos (A Coruña) IES MonelosXardín de San Carlos (A Coruña) IES Monelos
Xardín de San Carlos (A Coruña) IES Monelos
 
Lavandeiras e lavadoiros da Coruña. IES Monelos
Lavandeiras e lavadoiros da Coruña. IES MonelosLavandeiras e lavadoiros da Coruña. IES Monelos
Lavandeiras e lavadoiros da Coruña. IES Monelos
 
Os xudeus na Coruña durante a Idade Media
Os xudeus na Coruña durante a Idade MediaOs xudeus na Coruña durante a Idade Media
Os xudeus na Coruña durante a Idade Media
 
A Galera ou prisión de mulleres da Coruña
A Galera ou prisión de mulleres da CoruñaA Galera ou prisión de mulleres da Coruña
A Galera ou prisión de mulleres da Coruña
 
As cigarreiras da Fábrica de Tabacos da Coruña
As cigarreiras da Fábrica de Tabacos da CoruñaAs cigarreiras da Fábrica de Tabacos da Coruña
As cigarreiras da Fábrica de Tabacos da Coruña
 
ANTIGA FÁBRICA DE TABACOS DA CORUÑA. HISTORIAS DA CIDADE
ANTIGA FÁBRICA DE TABACOS DA CORUÑA. HISTORIAS DA CIDADEANTIGA FÁBRICA DE TABACOS DA CORUÑA. HISTORIAS DA CIDADE
ANTIGA FÁBRICA DE TABACOS DA CORUÑA. HISTORIAS DA CIDADE
 
O Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da Coruña
O Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da CoruñaO Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da Coruña
O Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da Coruña
 
Francisco Espoz y Mina. Liberal vinculado A Coruña
Francisco Espoz y Mina. Liberal vinculado A CoruñaFrancisco Espoz y Mina. Liberal vinculado A Coruña
Francisco Espoz y Mina. Liberal vinculado A Coruña
 
Historias da Coruña: Juan Díaz Porlier "O Marquesiño"
Historias da Coruña: Juan Díaz Porlier "O Marquesiño"Historias da Coruña: Juan Díaz Porlier "O Marquesiño"
Historias da Coruña: Juan Díaz Porlier "O Marquesiño"
 
Xoana de Vega (persoeiro importante do liberalismo coruñés)
Xoana de Vega (persoeiro importante do liberalismo coruñés)Xoana de Vega (persoeiro importante do liberalismo coruñés)
Xoana de Vega (persoeiro importante do liberalismo coruñés)
 
50 aniversario das obras do encoro de Cecebre
50 aniversario das obras do encoro de Cecebre50 aniversario das obras do encoro de Cecebre
50 aniversario das obras do encoro de Cecebre
 
A CORUÑA E A EDICIÓN DO LIBRO EN GALEGO.pptx
A CORUÑA E A EDICIÓN DO LIBRO EN GALEGO.pptxA CORUÑA E A EDICIÓN DO LIBRO EN GALEGO.pptx
A CORUÑA E A EDICIÓN DO LIBRO EN GALEGO.pptx
 
As Irmandades da Fala. As Irmandades da Fala créanse na Coruña en 1916
As Irmandades da Fala. As Irmandades da Fala créanse na Coruña en 1916As Irmandades da Fala. As Irmandades da Fala créanse na Coruña en 1916
As Irmandades da Fala. As Irmandades da Fala créanse na Coruña en 1916
 
60 ANOS DE GRIAL.pptx
60 ANOS DE GRIAL.pptx60 ANOS DE GRIAL.pptx
60 ANOS DE GRIAL.pptx
 

Kürzlich hochgeladen

IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 

Kürzlich hochgeladen (11)

A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfA memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
 
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfNon penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
 
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfRevista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
 
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfO Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
 
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
 
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdfa cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
 

Bipolarización. Guerra Fría

  • 1. Bipolarización e Guerra Fría (1945-1991)
  • 2. Bipolarización e Guerra Fría Introdución • A vitoria da Segunda Guerra Mundial puxo fin á alianza dos vencedores do nazismo. • A repartición de influencias nos tratados de paz aumentou a desconfianza entre dúas potencias vencedoras (EEUU e a URSS) que se acusaban de aproveitar os desastres da guerra para aumentar a súa esfera de influencia. • Dende 1945 ata 1991 o mundo estivo dividido en dous bloques antagónicos, que representaban dúas formas de organización política, económica e social: o socialista, dirixido pola URSS, e a capitalista, liderado por EEUU. • Un infranqueable pano de aceiro, en palabras de Winston Churchill, dividiu Europa e o mundo enteiro.
  • 3. Bipolarización e Guerra Fría Eixe cronolóxico • Desenvólvese entre 1945 e 1991. • Divídese en tres períodos: • Guerra Fría (1945-1963) • Coexistencia pacífica (1963-1979) • Retorno á Guerra Fría (1980-1991) • A caída do Muro de Berlín (1989), a apertura da Europa oriental ao mundo occidental e a descomposición da URSS (1991) supón o remate da Bipolarización e a Guerra Fría.
  • 4. Fin da II Guerra Mundial Restablece: Enfrontamento entre aliados Bipolarizació n das relacións internacionais Pano de aceiro Doutrina Truman Plan Marshall OTAN OCCIDENTAL Capitalista EE_UU BLOQUES ORIENTAL Comunista URSS Doutrina Jdánov Plan Molotov Pacto Varsovia . CONFLITOS Bloqueo de Berlín 1948-9 Guerra de Corea 1950-3 Canal de Suez 1956 Muro de Berlín 1961 Misiles Cuba 1962 CONFLITOS Oriente Medio 1948-94 Vietnam 1945-75 Afganistán 1979-89 GUERRA FRÍA CARACTERÍSTICAS Enfrontamento bipolar Non bélico Ideolóxico Tensión permanente FASE ÁLXIDA (1946-1962) COEXISTENCIA PACÍFICA DISTENSIÓN (1962-1985) FACILITADA Kruschev- Kennedy Ostpolitik Non aliñados Ruptura China- URSS Novas estratexias de defensa ACORDOS Conferencia de Helsinky. SALT FIN DA GUERRA FRÍA (1985-1991) NOVO ORDE INTERNACIONAL (ordo americanorum) CRISE DO SOCIALISMO REAL
  • 5. II Guerra Mundial (1939-1945) Guerra fría (1947-1991) 1945 Fin da II Guerra Mundial 1946 Formación das Democracias Populares. Telón de Aceiro. 1947 Inicio da Guerra Fría: d. Truman P. Marshall/ D.J. P.M. 1948 Bloqueo de Berlín Fundación do estado de Israel. McCarthy: caza de meigas. 1949: R.D.A., R.F.A. e R.P. China. Fundación da O.T.A.N. e do CAME 1970: Inicio da Ostpolitik alemana. 1972: Acordo SALT I. 1975: Conferencia de Helsinky. Fin da guerra de Vietnam. 1978: Acordo Camp David. 1979: Invasión soviética de Afganistán. 1983: Reagan: guerra das Galaxias. 1985: Gorbachov: secretario xeral do P.C.U.S. 1989: Caída do muro de Berlín. Inicios dos cambios na Europa do Leste. 1950 Inicio da guerra de Corea 1955 Conferencia de Bandung. Fundación do pacto de Varsovia. 1956: Kruschev: desestalinización. Coexistencia pacífica. Nacionalización da canle de Suez. 1961: Kennedy a nova fronteira. Construcción do muro de Berlín. Belgrado: conferencia de países non aliñados. 1962: Crise dos misís en Cuba. 1963: Instalación do teléfono Vermello. 1969: Chegada do home á lúa. 1990: Unificación alemana. 1991: Desaparición da URSS. 1994: Clinton: Asociación para a paz. Acordos Israel-OLP.
  • 6. Bipolarización e Guerra Fría 1. Causas do deterioro das relacións entre aliados • Tras a 2ªGM os aliados encontraron problemas para conciliar os diferentes tipos de réximes políticos, posto que na Europa occidental e oriental se implantaron modelos políticos, sociais e económicos antagónicos. A ruptura produciuse pola toma do poder polos comunistas nos países de Europa oriental. • Fórmanse dous bloques ideolóxicos e militares. Un, liderado por EEUU, formado pola maior parte dos países de Europa occidental. Outro, liderado pola URSS, agrupaba os países de Europa oriental.
  • 7. Bipolarización e Guerra Fría O Pano de Aceiro • De Stettin, no Báltico, a Trieste, no Adriático, ergueuse un pano de aceiro a través do continente. Detrás desta liña están todas as capitais dos antigos Estados da Europa central e oriental: Varsovia, Berlín, Praga, Viena, Budapest, Belgrado, Bucarest e Sofía. Todas estas cidades famosas e as súas poboacións permanecen no que eu debo chamar área de influencia soviética e todas están suxeitas, dunha ou doutra forma, non só á influencia soviética, senón a unhas elevadas e, en moitos casos, crecentes medias de control dende Moscova. Unicamente Atenas –Grecia coas súas glorias inmortais- é libre de decidir o seu futuro nunhas eleccións baixo a supervisión británica, americana e francesa (...). Os partidos comunistas que eran moi pequenos nestes países de Europa oriental, foron elevados ao poder e están pretendendo obter o control absoluto. En case todos os casos están dominando os gobernos-policía (...) e non existe verdadeira democracia. • Churchill. Discurso na Universidade de Fulton, Missouri (5-III-1946)
  • 9. Churchill bota unha ollada por debaixo do pano de aceiro. Caricatura de Daily Mail 1946.
  • 10. Bipolarización e Guerra Fría Consolidación de dous bloques antagónicos • A ruptura entre os aliados desencadeouse en 1947, cando o presidente dos EEUU Truman marcou tres obxectivos prioritarios: a. Contención do comunismo no mundo. b. Defensa de democracia liberal c. Axuda a todos os países que loitan contra este. • Coñécese como a doutrina Truman. • O seu secretario de Estado, George Marshall, creu que unha axuda económica para a reconstrución posbélica constituíría o mellor arma para frear a expansión comunista e, para iso, presentou o Plan Marshall.
  • 11. Axudas do Plan Marshall
  • 12. Bipolarización e Guerra Fría Consolidación de dous bloques antagónicos • A contestación non se fixo esperar a doutrina Jdanov: a. Apoiar aos partidos comunistas e ao movemento obreiro. b. Liberación colonial en todo o mundo. c. Como alternativa ao Plan Marshall xurde o Plan Molotov que pretende esblecer a cooperación económica entre os países socialistas a través do CAME ou COMECOM.
  • 13. Mundo do Oeste e do Leste. Caricatura alemá, 1945
  • 14. Bipolarización e Guerra Fría Diferentes sistemas de alianza • Dúas alianzas militares e económicas: • Mundo occidental: 1949 Pacto Atlántico, que integraba a EEUU, Canadá e dez países da Europa occidental. Foi a orixe da OTAN. 1948 OECE (transformada actualmente en OCDE (1961), para fomentar o desenvolvemento económico dos países de libre mercado. • Leste europeo: COMECOM (relacións comerciais no mundo socialista fundada en 1949) e Pacto de Varsovia (1955) alianza militar dos países socialistas.
  • 16. Exemplo de caricatura da Guerra Fría
  • 17. Comparación: Esquerda: interior dun supermercado estadounidense (1964). Abaixo: supermercado en Moscova (1968).
  • 18. Bipolarización e Guerra Fría 2. Diferenzas ideolóxicas • Son claras: • Bloque americano rexíase pola orde social do capitalismo, baseada na liberdade económica e na propiedade privada, e por un réxime político asentado na democracia liberal, caracterizada por ser representativa e defender os dereitos e as liberdades. • Bloque soviético seguía a ideoloxía do socialismo, caracterizada pola colectividade da vida social e económica e un réxime marcado polo control totalitario do Partido Comunista.
  • 19. Bipolarización e Guerra Fría Eixe cronolóxico: EEUU e URSS
  • 20. Bipolarización e Guerra Fría 3. EEUU líder dos países capitalistas • A hexemonía americana baseábase na súa potencia económica-militar e no prestixio político. • Ata 1953 predominaron o intervencionismo estatal e as leis sociais; despois produciuse un xiro conservador. • A partir de 1960 entrou en crise a superioridade americana; realzándose a economía e a tecnoloxía e tomáronse medidas para paliar as desigualdades sociais e raciais. • A economía norteamericana aumentou máis do dobre entre os anos 1950 e 1973. Neste período tamén aumentaron os salarios e o consumo de enerxía. • As causas foron: superioridade económica, militar e tecnolóxica.
  • 21. Bipolarización e Guerra Fría 4. Características do modelo soviético • O modelo económico e social soviético da posguerra caracterizábase por desembocar nun modelo profundamente desequilibrado: dábaselle prioridade á industria pesada para desenvolver a industria armamentística en detrimento da de consumo. • As melloras no nivel de vida efectuadas eran a garantía para todos os cidadáns da seguridade social, as pensións, as vacacións pagas, a vivenda ou a educación, así como o dereito ao traballo. • Porén, un sistema político autoritario, a falta de liberdades, o exceso de burocracia e a ineficacia económica supuxeron un crecemento económico e un nivel de vida moi limitado que o dos países occidentais o que provocou o crecente descontento da poboación e o progresivo colapso do sistema.
  • 22. Bipolarización e Guerra Fría 7. Síntese: diferenzas. Luces e sombras • As diferenzas ideolóxicas e económicas: EEUU democracia liberal e capitalismo. URSS socialismo, colectivización da vida, totalitarismo político. • EEUU: pros: liberdade económica, política, avance tecnolóxico... Contras: fortes desigualdades sociais, racismo e marxinalidade social, modelo social consumista, o intervencionismo militar (Vietnam) propiciou a contestación xuvenil. • URSS: pros: progresos económicos e sociais (traballo, pensións, vacacións, vivenda, educación, sanidade…). Contras: falta dunha economía competitiva, burocratización do sistema, nivel de renda baixa, crecente descontento da poboación que provoca o colapso do sistema.
  • 23. Bipolarización e Guerra Fría 6. Plan Marshall • Programa de asistencia económica dos EEUU aos países de Europa a cambio dun certo control na economía e a contribución á loita contra o comunismo. • Ofrecía axudas e créditos que debían repartirse entre os países que aceptasen. • Foi o motor da reconstrución da Europa occidental tras a 2ª GM.
  • 24. Bipolarización e Guerra Fría 7. URSS e aliados ante o Plan Marshall • Negáronse a aceptar a axuda americana por entendela como unha forma de imperialismo utilizada polos nortamericanos para manter baixo o seu dominio os países europeos. (doutrina Jdanov) • Impulsou o Plan Molotov creación do COMECOM.
  • 25. Bipolarización e Guerra Fría 8. Alianzas económicas e militares • As dúas potencias organizaron os seus respectivos bloques económicos e militares: • Occidente: Pacto do Atlántico (1949) (EEUU, Canadá e dez países de Europa Occidental): OTAN (organismo de cooperación militar) baixo a dirección de Washington. OCDE (1960) para fomentar o desenvolvemento dos países de libre mercado. • URSS e países do Leste europeo: 1949 COMECOM asociación de axuda económica no bloque socialista. 1955 Pacto de Varsovia para garantir militarmente a seguridade e integridade no territorio comunista.
  • 26. O oso soviético bloquea Berlín, caricatura de 1948
  • 27. Bipolarización e Guerra Fría 9. Mapa de bloqueo de Berlín • Tras a guerra, Alemaña foi ocupada polas catro potencias vencedoras, os EEUU, URSS, Reino Unido e Francia. • O país dividiuse en zonas de ocupación. De forma análoga, a cidade de Berlín tamén foi dividida en catro zonas de ocupación. • En 1948, e como resposta á implantación do sistema comunista na zona de ocupación soviética de Alemaña, os aliados occidentais decidiron unificar os seus territorios e crear un Estado federal alemán. Os soviéticos responderon illando Berlín occidental (formado polas zonas de ocupación francesa, británica e norteamericana). Os EEUU estableceron unha ponte aérea para abastecer a cidade que se mantivo ininterrompidamente ata que en 1949, tras 11 meses de bloqueo, Stalin decidiu pórlle fin ao cerco. • A crise xerada polo bloqueo de Berlín acelerou a división de Alemaña en dous estados. A República Federal Alemaña (RFA) naceu o V-1949 e República Democrática Alemaña (RDA) X-1949.
  • 28.
  • 29. A división de Alemaña. A crise de Berlín Acelerou a división de Alemaña en dous estados. República Federal Alemaña (RFA) naceu oficialmente o 23-V-1949 e República Democrática Alemaña (RDA) X-1949
  • 30. Bipolarización e Guerra Fría 10. O muro de Berlín • Construiuse en agosto de 1961 en substitución do aramado que dividía Berlín e co obxectivo de parar as migracións de Oriente e Occidente. • O Pacto de Varsovia xustifica a construción do muro para defenderse da propaganda, da chantaxe e da corrupción da RFA, que incitaba á fuxida cara o territorio occidental. • Xustifican a toma de todas as medidas necesarias para garantir a seguridade da RDA ante o que consideran unha política agresiva e amezanse da RFA e os aliados da OTAN.
  • 31. Bipolarización e Guerra Fría A defensa da construción do muro • As autoridades gobernamentais e militares da RFA, usando a propaganda, a chantaxe e a corrupción, incitan a certos elementos instalados na RDA a escaparse á Alemaña do Oeste. Esas persoas que se deixan comprar, son obrigadas a enrolarse no exército ou son recrutadas (...) como espías ou sabotadores á RDA (...). • Fronte a estas agresivas ameazas das forzas reaccionarias da RFA e dos seus aliados da OTAN, os Estados do Pacto de Varsovia non poden deixar de tomar as medidas necesarias para garantir a seguridade da RDA e o interese do propio pobo alemán. • Declaración do Pacto de Varsovia, agosto de 1961.
  • 32. O muro foi construído nunha noite, do 12 ao 13 de agosto de 1961
  • 33. Estrutura do muro de Berlín
  • 35. Bipolarización e Guerra Fría Eu son un berlinés • Hai dous mil anos, o maior acto de orgullo era dicir: “Civis romanus sum”. Hoxe en día, no mundo da liberdade non poderiamos pensar en maior orgullo que dicir “Ich bin ein Berliner”. Hai xente no mundo que non comprende verdadeiramente, ou que pretende non comprender, que é o que está en xogo entre o comunismo e o mundo libre. Que veñan a Berlín. Hai outros que afirman que o porvir está no comunismo. Non teñen máis que vir a Berlín. • A liberdade coñece, sen dúbida, moitas dificultades e a nosa democracía non é perfecta. Porén, nós nunca necesitamos erguer un muro para impedirlle ao noso pobo que fuxa. • Discurso de J. F. Kennedy en Berlín do Oeste, xuño de 1963.
  • 36. Bipolarización e Guerra Fría 11. Intención do discurso de Kennedy sobre o muro • Contrapoñer o sistema político e económico occidental co soviético. • O muro de Berlín é o símbolo da división do enfrontamento entre os bloques e, para Kennedy, a existencia do muro indica o fracaso do modelo comunista, que necesitou da súa construción para evitar a fuxida dos seus cidadáns.
  • 37. Caída do 9-10 de novembro de 1989
  • 38. Bipolarización e Guerra Fría 12. Definición de Guerra Fría, carreira de armamentos, equilibrio do terror • Termo creado polo periodista norteamericano Walter Lippman, que se refire ao sistema de relacións internacionais desenvolvido tras o final da II Guerra Mundial entre EEUU e a URSS. • Durante a Guerra Fría desenvolvéronse moitos coflitos, de tipo ideolóxico, económico, técnico, diplomático e militar, aínda que nunca nos territorios das dúas potencias. • Entre eles hai que mencionar a toma do poder por parte comunista de China (1949), a Guerra de Corea (1953), o conflito pola canle de Suez (1956), a crise dos misiles en Cuba (1962) e a guerra de Vietnam (finalizada en 1975). • Carreira de armamentos: competencia entre as dúas superpotencias por desenvolver armas, sobre todo nucleares, cada vez máis potentes e mortíficeras e de maior alcance. • Equilibrio do terror: capacidade das dúas superpotencias de destruírse mutuamente, o cal evitaba que calquera delas iniciara un ataque sobre outra.
  • 40. Bipolarización e Guerra Fría 13. A Guerra de Corea • Tras a derrota xaponesa na 2ª Guerra Mundial, o norte de Corea foi ocupado polas tropas rusas, e o sur, a partir do paralelo 38º, polas tropas estadounidenses. • Cando en 1949 se produciu a retirada dos soviéticos e norteamericanos, a división consolidouse, entre unha Corea do Norte, dirixida polo comunista Kim Il Sung, e unha Corea do Sur gobernada por unha ditadura militar prooccidental dirixida por Siman Rhee. • Estimulado pola vitoria da revolución chinesa en 1950, Stalin animou os aliados de Corea do Norte a invadir Corea do Sur (1ª etapa). A ONU condenou a agresión e aceptou o envío dun contixente de tropas dos EEUU dirixidas polo xeneral McArthur. • Estas rexeitaron a invasión e iniciaron a súa expansión cara o norte (2ª etapa).
  • 41. Bipolarización e Guerra Fría 13. A Guerra de Corea (continuación) • Pero a intervención chinesa obrigounos a retroceder (3ª etapa). • Para evitar a expansión do conflito, o presidente norteamericano Truman destituíu o radical e anticomunista MacArthur que pretendía bombardear a China con armamento nuclear. • O enfrontamento durou tres anos e custou máis dun millón de mortos. Finalizou en 1953 coa firma da Paz de Panmunjom, que consagrou a división das dúas Coreas. • A Guerra de Corea é un exemplo de conflito da Guerra Fría. O conflito ideolóxico, tecnolóxico e militar entre dúas superpotencias producíase en territorio periférico, a escala menor e de forma indirecta.
  • 42. Tropas norteamericanas en Corea que se retiran ante o empuxe do exército chinés, inverno de 1950
  • 44. Bipolarización e Guerra Fría 14. Guerra de Vietnam (1945-1975) • No territorio da colonia francesa de Indochina, ao finalizar a 2ª Guerra Mundial iniciouse unha longa guerra, primeiro contra Francia e logo contra os EEUU. • En 1945, as forzas comunistas do Vietminh, lideradas por Ho Chi Min, proclamaron a independencia. • Francia non a aceptou e iniciouse unha guerra entre a guerrilla, que contaba co apoio soviético e controlaba o norte do país, e o exército francés, que tiña o soporte estadounidense. • A guerra finalizou en 1954, coa derrota francesa, e consolidou a división entre o norte, dirixido por un goberno comunista, e o sur, cun réxime proccidental.
  • 45. Bipolarización e Guerra Fría 14. Guerra de Vietnam (1945-1975) (continuación) • Tras a retirada francesa, os EEUU enviaron un continxente militar en apoio a Vietnam do Sur para evitar a reunificación do país baixo un réxime comunista. Iniciouse entón unha nova guerra, na que EEUU empregou armas mortíferas e con elas masacraron a poboación vietnamita. • A denuncia dos métodos utilizados polo exército norteamericano e a oposición dos mozos estadounidenses a enrolarse no exército provocaron un movemento de protesta contra a guerra nos EEUU. • A pesar da súa superioridade militar, EEUU foi incapaz de gañar a guerra e iniciou a súa retirada. • En 1975, as forzas norvietnamitas ocuparon o sur e implantaron un réxime comunista.
  • 46. Dereita: Guerra de Vietnam (1954-1975) Arriba: guerrileira norvietnamita toma como prisioneiro un soldado norteamericano (Guilles Aillaud, 1968)
  • 47. O xeneral survietnamita Nguyen Ngoco Loan executa en plena rúa a un guerrileiro do Vietcong, en Saigón, o 1 de febreiro de 1968
  • 48. Bipolarización e Guerra Fría Visión vietnamita na Guerra de Vietnam • Os vietnamitas nunca fixeron ningún dano aos EEUU, pero os EEUU (...) intensificaron a agresión militar contra Vietnam do Norte para prolongar a división do noso país e converter a Vietnam do Sur nunha colonia e nunha base militar. • (…) Medio millón de soldados dos EEUU e dos seus aliados utilizan o armamento máis inhumano e as estratexias militares máis bárbaras posibles. Usan napalm, armas químicas tóxicas e gas para masacrar os nosos compatriotas, destruír as colleitas e arrasar vilas enteiras. (…) • Os vietnamitas non se renderán nunca perante a agresión, e non aceptarán conversacións baixo a ameaza das bombas. • Carta de Ho Chi Minh ao presidente dos EEUU, 1967.
  • 49. Bipolarización e Guerra Fría 15. Coexistencia pacífica e distensión • Coexistencia pacífica: período que seguiu á crise dos misiles, dominado pola distensión e o diálogo. A isto contribuíron o temor a unha guerra nuclear, o elevado custe da carreira de armamentos, a imposibilidade de destruír o rival sen pór en perigo toda a humanidade, e o cambio de actitude dos novos dirixentes tanto na URSS como dos EEUU, que mantiveron relacións directas a través do teléfono vermello e indirectas a través de negociacións diplomáticas; o obxectivo deste contacto permanente entre os líderes políticos era evitar que calquera incidente puidese desencadear un conflito armado que tería significado a destrución do planeta.
  • 50. Bipolarización e Guerra Fría 16. Artífices da coexistencia pacífica • EEUU: en 1956 foi reelixido o presidente Eisenhower, quen apartou do poder os sectores máis anticomunistas, como o senador McCarthy. Tamén lle puxo fin á persecución de sospeitosos de simpatizar co comunismo (caza de meigas). A elección no ano 1960 dun presidente demócrata, John F. Kennedy, marcou o envorcamento importante na política exterior norteamericana. Esta nova orientación baseábase na non agresión e a non inxerencia nos asuntos internos do outro bloque, e na creación dunha nova dipolomacia baseada nas conversacións e nos acordos. • URSS: tras a morte de Stalin (1953), no XX Congreso do PCUS celebrado en 1956, o novo secretario xeral, Nikita Jruschov, denunciou publicamente os erros e os crimes do estalinismo e iniciou un proceso de desetalinización. • Tamén se aprobaron as directrices en política exterior que propuñan a coexistencia pacífica entre os bloques, a non exportación da revolución e a posibilidade de acceder ao socialismo por diversas vías, incluída a democrática. Ademais acordouse a disolución do Kominform, considerado polos occidentais como unha organización ameazadora.
  • 51. Bipolarización e Guerra Fría Jonh F. Kennedy nos EEUU • Non pode ser satisfactorio para dous grandes e poderosos grupos de nacións o seu rumbo actual: ambas as partes se atopan atafegadas polo custo das armas modernas, alarmadas pola continua extensión do átomo mortífero e, no entanto, ambas as dúas están empeñadas nun incerto equilibrio do terror (...). • Debemos analizar os problemas que nos unen en lugar de insistir nos que nos separan. Que as dúas partes, por primeira vez, formulen propostas serias e precisas para a inspección e o control dos armamentos e que poñan o poder de destruír outras nacións baixo o control absoluto de todas. • Discurso do presidente Kennedy, 1960.
  • 52. Bipolarización e Guerra Fría Nikita Jruschov na URSS • Vivir en paz e como bos veciños ou ir cara a unha próxima guerra: esta é a opción ante a que nos atopamos na URSS, os EEUU e o mundo enteiro. Unha terceira non existe, se non é que un de nós opte a mudarse a outro planeta. Os soviéticos non nos atopamos mal de todo sobre a Terra e creo que vós non tedes intención de reservar billetes para a Lúa. (...) • Non fago un chamamento a compartir a nosa concepción do mundo e non creo que vós pretendades converternos ao capitalismo. Estou seguro de que vós credes na vitoria do voso sistema tanto como eu creo que o socialismo finalmente triunfará. (…) • Discurso do presidente Jruschov, 1960.
  • 53. Entrevista entre o presidente Kennedy e Jruschov en Viena, xuño de 1961
  • 54. Portada dun xornal italiano alusiva ao “teléfono vermello” (1962)
  • 55. Bipolarización e Guerra Fría 17. A crise dos misiles. Como se resolveu? • En 1959, a guerrilla revolucionaria de Fidel Castro fíxose co poder en Cuba. A súa política de nacionalización dos recursos económicos provocou a hostilidade do goberno de EEUU, que declarou o boicot económico á illa. • A URSS ofreceulle a súa axuda ao réxime castrista e, en 1960, ambos países firmaron un tratado de cooperación económica e militar, consolidando así a aproximación cubana ao bloque comunista. • O momento de máxima tensión viviuse en 1962 cando, ante a ameaza de que a URSS instalaría misiles nucleares na illa, Kennedy ordenou o bloqueo naval de Cuba para impedir a chegada das pezas nucleares que transportaban os barcos soviéticos. • Finalmente, despois de días de angustia, Jruschov ordenou o regreso dos barcos que se dirixían cara a Cuba e comprometeuse a retirar as armas nucleares. Como contrapartida, Kennedy levantou o bloqueo naval á illa.
  • 56. Arriba: caricatura publicada no xornal británico Daily Mail, 1962. Dereita (1963) Relacionada coa crise dos misiles
  • 57. A crise dos misiles (1962)
  • 58. Bipolarización e Guerra Fría 18. Esquema sobre os principais conflitos Guerra de Corea Guerra de Vietnam Crise dos misiles Cronoloxía 1950-1953 1945-1975 1962 Localización xeográfica Corea Norte e Corea Sur Indochina., sudeste de Asia Cuba Países implicados EEUU, URSS e China Vietnam do Norte, Vietnam do Sur, Francia e EEUU EEUU, URSS e Cuba Militares e políticos destacados MacArthur, Truman, Stalin, Kim Il Sung e Sygman Rhee Ho Chi Minh, Kennedy, Johnson, Nixon Kennedy, Kruschov e Fidel Castro Causas Invasión de Corea do Sur por parte de Corea do Norte Proclamación da independencia por Ho Chi Minh Ameaza de misiles soviéticos en Cuba Desenvolvemento Stalin estimulou a invadir Corea do Sur... Ao finalizar a 2ª GM, a proclamación da independencia... En 1959 a guerrilla revolucionaria tomou o poder en Cuba... Consecuencias División das dúas Coreas e carreira de armamentos. Ocupación de Vietnam do Sur. Réxime comunista e retirada dos EEUU Retirada da URSS e levantamento do bloqueo naval dos EEUU
  • 59.
  • 60. Bipolarización e Guerra Fría Evolución económica dos países occidentais
  • 61. Sociedade de consumo: american way of life. A neveira símbolo do confort e da modernidade da sociedade capitalista de consumo. Anuncio norteamericano de 1956.
  • 62. Desigualdades sociais en EEUU. Marcha pola igualdade social encabezada por Martin Luther King en Alabama (1965)
  • 63. Loita contra a segregación racial. A muller negra Rosa Parks sentada no asento de autobús reservados aos brancos. Consecuencias:
  • 65. Bipolarización e Guerra Fría 19. Influencia soviética. Pacto de Varsovia e COMECOM • Tras a 2ª GM a influencia soviética estendeuse por Europa Oriental, Polonia, Checoslovaquia, Hungría, Bulgaria, Romanía, Iugoslavia, Albania e RDA: democracias populares. • Pacto de Varsovia: acordo de cooperación militar das repúblicas populares do Leste de Europa. Contrarrestar a ameaza da OTAN. Creado en 1955. • COMECON: Europa do Leste menos Iugoslavia. Mercado Común dos países socialistas.
  • 66. Bipolarización e Guerra Fría 20. Países da Europa do Leste • Creáronse sistemas políticos similares ao da URSS. O partido comunista instalouse no poder como partido único, toda oposición ou disidencia foi prohibida e perseguida, e unha burocracia de afiliados ao partido fíxose coa administración do país. • A nivel económico a propiedade agraria e industrial pasou maioritariamente a mans do Estado e a imitación do modelo soviético, intentouse levar a cabo unha rápida industrialización baseada na industria pesada. A produción pasou a estar dirixida polo Estado a través de plans quinquenais, que impuñan os ritmos de produción e os prezos.
  • 68. Bipolarización e Guerra Fría 21. Jruschov a desestalinización • Á morte de Stalin (1953) Jurschov promoveu a desestalinización, intentando pórlle fin á represión indiscriminada e ao culto a Stalin, para mellorar o nivel de vida da poboación, estableceu novas medidas económicas co fin de aumentar a produción, sobre todo a agrícola. • A política exterior baseouse na aplicación dunha coexistencia pacífica entre os bloques.
  • 69. A URSS tiña un sistema político autoritario no que o poder estaba en mans dun único partido o PCUS, a oposición era perseguida e non se respectaban as liberdades. Tras a morte de Stalin (1953), Jruschov incia a desestalinización, intentando parar a represión indiscriminada e esblecendo novas medidas económicas para mellorar a produción sobre todo agrícola.
  • 71. A. Deineka: A conquista do cosmos, 1961
  • 72. Cartel de propaganda soviético de 1955 onde se mostra o imparable avance do socialismo, que supera o capitalismo
  • 73. Bipolarización e Guerra Fría 22. Áreas de expansión do comunismo durante a Guerra Fría • Ademais de Europa do Leste. Tamén: • Na revolución China (1949). No en tanto, en 1956 rompeu coa URSS e implantou un modelo propio baseado nas comunas populares. • Revolución Cubana (1959). • Latinoamérica: impulsou guerrillas comunistas e antiimperialistas. 1979 triunfou en Nicaragua e alentou o movemento guerrileiro en El Salvador e Guatemala. • Proceso descolonizador: África: Alxeria, Libia e África subsahariana (Angola, Mozambique…). Asia: apoio a Corea do Norte e sudeste asiático: Laos, Camboia e Vietnam. • Actualmente países socialistas: Cuba.
  • 74. A expansión mundial do comunismo (2ª m. XX)
  • 76. Bipolarización e Guerra Fría 23. Causas do colapso do modelo soviético • Tres razóns: a. Estancamento económico. b. Baixo nivel de vida. c. Falta de liberdades. • Todo isto condicionou o descontento social que puxo en cuestión o sistema. • A nivel económico, o mantemento do gasto de defensa, que consumía a maior parte do orzamento soviético, reduciu enormemente a oferta de alimentos e bens de consumo básicos, obrigando a poboación a realizar grandes esforzos para conseguilos. Atraso considerable na innovación tecnolóxica. • A disidencia fronte o modelo de partido único foi crecendo.
  • 77. Caricatura sobre a mingua de produtos de consumo na URSS
  • 78. Bipolarización e Guerra Fría 24. Gorbachov: as súas propostas de reforma • En 1985 accede ao poder un novo dirixente político: Gorvachov. • Denuncia os problemas económicos da URSS: ineficacia, corrupción, incapacidade para atender as necesidades da poboación, baixa produtividade... • Denuncia a incapacidade do sistema político e administrativo, que baixo unha aparente unidade ideolóxica, se baseaba na mentira oficial, a hipocresía e o cinismo. • As reformas resúmense na persestroika, un plan para revitalizar a economía e aumentar a produción de bens de consumo a partir da intrudición do espírito de empresa pero sen suprimir a propiedade coletiva. No ámbito político, a glanost suprimiu a censura, inicio a reforma das institucións introduciu certa democratización ao recoñercerse os partidos políticos. Tamén estimulou aos países do bloque soviético que iniciasen a senda reformista. • Propiciouse o diálogo con EEUU para negociar os conflitos e avanzar no desarmamento.
  • 80. Gorvachov: político que iniciou as reformas na URSS. Glasnost: transpariencias. Apertura de novas relacións con EEUU
  • 81. Bipolarización e Guerra Fría 25. Arte no mundo capitalista e socialista • Capitalismo: Pop Art e Hiperrealismo. • Comunismo: realismo socialista.
  • 83. A. Warhol Lata de sopa Campbell’s (1962)
  • 85. V. Moukhina: O obreiro e a koljosiana (1937). Deneika: Donbass (1947)
  • 86. Bipolarización e Guerra Fría 26. Caída do muro de Berlín • En novembro de 1989 en Alemaña Oriental, unha forte mobilización popular forzou o goberno comunista á apertura do muro de Berlín. • O símbolo da Guerra Fría e da división do mundo en bloques caía de forma pacífica. • Os países da Europa do Leste foron abandonando o modelo socialista.
  • 87. Os cambios na Europa do Leste
  • 88. Bipolarización e Guerra Fría 27. Evolución da URSS a partir de 1991 • A partir de 1991, Rusia herdou moitos dos problemas da URSS. Por un lado, os enfrontamentos entre etnias e nacionalidades diversas, tales como as rivalidades entre as diferentes repúblicas do Caúcaso como Armenia, Xeorxia e Azebaixán. • O conflito máis grave estivo en Chechenia, onde o exército ruso intervén duramente para impedir a secesión do territorio e a actividade terrorista das guerrillas chechenas. Por outro lado, tamén herdou a crise económica resultado da rápida privatización que conduciu ao afundimento caótico da propiedade estatal, unha enorme suba dos prezos, o aumento do paro e o empobrecemento da poboación.
  • 89. O conflito de Chechenia foi un dos múltiples problemas que apareceron tras a disolución da URSS
  • 90. Bipolarización e Guerra Fría 28. A desaparición de Iugoslavia • Viuse afectada polo florecemento dos nacionalismos, contidos ou reprimidos na época socialista, que desembocaron nunha terrible guerra entre as distintas nacionalidades que a conformaban. • Bosnia-Herzegovina localizábanse tres minorías étnicas ou relixiosas: serbios, croatas e musulmáns-bosnios. • Neste territorio produciuse o conflito máis cruento, como consecuencia dos enfrontamentos de carácter étnico e relixiosos entre serbios e bosnios musulmáns. • Co apoio do exército, os serbios de Bosnia desencadearon unha verdadeira “limpeza étnica” contra os musulmáns. • Finalmente en 1995 acadouse un acordo segundo o cal Bosnia lograba a independencia e se establecía un sector croata musulmán e outro serbio, con grande autonomía para ambos, pero dentro dun estado único.
  • 91. A desintegración de Iugoslavia Bosnia-Herzegovina
  • 92. Principais etnias e nacionalidades na ex-Iugoslavia (1998)