A Coruña do século XVIII. 300 aniversario de Pedro Cermeño y García de Paredes
A Coruña no s. XVIII
No 300 aniversario do nacemento de Pedro Cermeño y García de Paredes
(1722-1790)
Plano da Coruña de 1726 elaborado
por Francisco Montaigú
A Coruña no s. XVIII
Un dos factores que máis repercutiu no
crecemento demográfico de A Coruña no XVIII
foi o seu rango de capital administrativa do
Reino de Galicia, papel que viña desempeñando
dende o s. XVI cando se converteu en sede da
Real Audiencia e morada do Gobernador; pero
o centralismo promovido polos Borbóns non fixo
máis que consolidar esta realidade ó converter á
Coruña en residencia oficial do Intendente e
lugar case permanente da chamada Xunta do
Reino que representaba a toda Galicia.
A Coruña no s. XVIII
Tamén neste século confírmase coma unha
importante praza militar, centro de correos
marítimos, porto comercial que atraerá, dende
outras zonas da península, a homes
emprendedores que desexan introducirse no
mundo da industria ou no comercio.
A Coruña, solidamente fortificada, desenvolve o
seu crecemento dentro do perímetro
amurallado, fundamentalmente no barrio da
PESCADERÍA, ben cara a Mariña, ben cara a
zona máis despoboada do Orzán que foi a máis
densamente ocupadada durante este século.
Igrexa de san Xurxo: antigo convento de San Agustín
posteriormente antigo concello
ARQUIVO HISTÓRICO DE GALICIA
Igrexa de san Xurxo: antigo convento de San Agustín
posteriormente antigo concello
A Coruña do século XVIII
Ó desenvolvemento urbano tivo a súa culminación
no século XVIII cando a cidade da Coruña
convertíuse nun dos centros económicos e
culturais máis importantes do país, superando a
outras cidades galegas ata alcanzar o rango de
Santiago, que era nesa época a principal cidade
de Galicia.
Para entender este importante
desenvolvemento hai que ter en conta o auxe de
determinadas funcións urbanas, como:
A Coruña do século XVIII
Administrativa (por exemplo, ubicación da Capitanía Xeral
en A Coruña).
Comercial (desenvolvemento do comercio con América (o
comercio estivo ata este século monopolizado unicamente
por Sevilla-Cádiz e a partir desta data ábrese a outros
portos españois) e Europa Occidental).
Militar.
Industrial (fomentada polos estranxeiros e cataláns).
Cultural (actividade dos círculos ilustrados influídos polas
correntes europeas)...
A Coruña do século XVIII
Neste século leváronse a cabo na cidade varias realizacións:
Instalacións urbanas, como o acueducto de Sta. Margarida. Que
trouxo a auga corrente o centro da cidade dende o monte de San
Pedro de Visma (está situado no actual barrio de Paseo das Pontes
(o nome xa indica de onde procede)).
Acceso que une a Pescadería co exterior a través de Sta. Lucía.
Construcción dunha muralla exterior, (que dende Orzán ía á bahía
do porto (paralela á actual Xoana de Vega que pechaba o acceso ó
istmo) (resto da muralla: rompeolas de Riazor).
Ampliación portuaria.
A finais do XVIII temos a seguinte estructura urbana:
Cidade Vella ou Alta, que continúa sendo o núcleo urbano
consolidado e amurallado, con edificios administrativos, relixiosos e
militares, de rúas estreitas, tortuosas e casa baixas.
Pescadería: separada da cidade vella por outra muralla (ó tirala
aparecerá a futura praza de Mª Pita máis un pequeño ensanche con
eixo na rúa de Troncoso)
Existen outros núcleos bastante consolidados: Barrio das Atochas
ou Sto. Tomás, barrio de Sta. Lucía.
Novas fortificacións (XVII-XVIII)
Como consecuencia dos continuos asedios
que recibía a cidade diseñouse un sistema
de protección da baía coruñesa formado
polas fortificacións de Santa Cruz, Castelo
de San Diego (actual muelle industrial) e
castelo de San Antón.
A Coruña do s. XVIII
Casa do ilustrado Cornide Saavedra
A Torre de Hércules
proxecto de reforma (s. XVIII)
A Torre de Hércules
reforma (s. XVIII)
Dirixiu esta
obra o tenente
de navío de
marina Don
Eustaquio
Giannini
A Torre de Hércules
proxecto de reforma (s. XVIII)
A Torre de Hércules
proxecto de reforma (s. XVIII)
O Consulado da Coruña estimou a urxente reparación da nosa Torre
(...). Elixiuse ó enxeñeiro D. Eustaquio Giannini iniciándose a obra en
xuño de 1788. Dispúxose a reparación descarnando e limpando
tódalas partes vellas que ameazaban ruína (...). O novo material
buscouse da mellor calidade (...) e con el fíxose un revestimento (...)
que foi unido á obra antiga... Subindo a ata cúpula que se desfixo por
completo para forma-la nova lanterna na que se debe acendelo fanal
ou fogarón, que arderá con carbón de pedra, resultando un aumento
da súa altura de 12 varas sobre o vello faro; exteriormente deixouse
unha faixa que rodea en espiral a Torre, para que conserve a materia
da dirección da vella rampla que agora quedou distribuída con toda
comodidade nas bóvedas interiores con esqueiros de pedra.
CORNIDE SAAVEDRA, J. Historia de la Torre de Hércules. M. 1792.