SlideShare ist ein Scribd-Unternehmen logo
1 von 30
Armada Española, 32 baixo – 15406 Ferrol
Apartado de Correos, 240
15400 – Ferrol
C.I.F. G-15709025
Telefº y fax 981325492 – móvil: 633100354
fucobuxan@yahoo.es
www.fucobuxan.com
Esta figura simbólica de “Fuco Buxán” inspirada nos versos de Celso
Emilio, foi deseñada especialmente para a nosa Asociación por Isaac
Díaz Pardo en Sargadelos.
Fuco Buxán, aprinde a andar ergueito
Fuco Buxán, aprinde a falar forte
Fuco Buxán, aprinde de tal xeito
que nunca máis esquezas o teu norte
Celso Emilio Ferreiro
Asociación Cultural “Fuco Buxán”
A Asociación Cultural Fuco Buxán é unha entidade sen ánimo de lucro, apartidaria,
democrática, aberta e participativa, que pretende converterse en foro de permanente debate
de ideas, propostas e estudos socioculturais e económicos que axuden a vertebrar, desde
unha perspectiva progresista, os novos retos colectivos, participando na construción dun
futuro en paz e liberdade para todos, e dunha sociedade mais xusta, democrática, plural,
igualitaria, solidaria e pacífica.
No mes de Xulio de 1999 nace esta Asociación Cultural, que, desde o 1 de Maio de
1995, funcionaba xa como xestora da publicación “RAZON SOCIALISTA” cuio xerme
ideolóxico identifícase no seu epígrafe: POLA REXENERACIÓN DA ESQUERDA. Nace pois
coa vontade de ampliar o seu campo e proxectar a súa presencia en Ferrol ás portas dún
século XXI cargado de desafíos inaplazables. O seu ámbito será a Comunidade Autónoma
de Galicia
Socios de Honra:
Xaime Quintanilla Ulla, Julio Aneiros Fernández, Antonio Ares Abelleira, Santiago Carrillo
Solares, Isaac Díaz Pardo, Carmelo Teixeiro Menéndez, José Agustín Deibe Río, Teodulfo
Lagunero..., Cristina Almeida Castro e Xaime Quessada Porto.
Publicacións
RAZON SOCIALISTA “Pola rexeneración da esquerda”
órgano de expresión de FUCO BUXÁN, portavoz de ideas
progresistas, de denuncias e reivindicacións. Semestral, cunha
tirada de 1000 exemplares. . Revista plural nos seus contidos e
colaboradores, tenta ser foro de información e debate de temas
sociais e culturais..
Editados 30 números.
Colaboran entre outras firmas: Julián Ariza, Lucía Albor, J. Barreiro
Gil, Enrique Barón, Mercedes Carbajales, Ramón Chao, Santiago
Carrillo, Angel Carcoba, F. Fdez. Marugán, Eduardo Fra, Matilde
Fernández, Anxo Guerreiro, Vicente Irisarri, Ignacio Latierro, Federico
Luppi, J.M. Muñoa, Susana Narotzky, Pérez Touriño, Adolfo Piñedo,
J.Ponte Far, Ignaci Ramonet, JL.Rdguez. Pardo, Rosa Méndez,
Mohamed Safa, Carlos Taibo, Tamayo Acosta, Javier Terriente, Anxeles Bugallo, Juan Torres, Jordi
Pedret, Vicenç Navarro, Ignacio F. Toxo…
LIBROS
DESDE EL MAR QUE PERDISTE - Memorias do militante comunista Manuel Pillado Martínez.
Prólogo de Santiago Carrillo.
LA TRANSICION EN FERROL- Enrique Barrera Beitia. Presentado por Vicente Alvarez Areces.
Informe documental e de testemuñas dos feitos e figuras máis importantes deste período histórico na
nosa comarca.
JULIO ANEIROS “La lucha imprescindible”. Confeccionado sobre a base dos contidos
gráficos e literarios aportados por institucións e persoas na Homenaxe que se lle tributou .
EL JUICIO DE LOS 23. Enrique Barrera, José Torregrosa, e Rafael Pillado.
Documentos, testemuñas e reflexións sobre o último gran proceso ante o T.O.P., aos acusados dos
sucesos de Marzo 1972 en Ferrol. Colabora Fundación 10 de Marzo. Presentado por Cristina
Almeida e Xoán Mª Castro Paz, coincidindo cunha Exposición fotográfica e documental sobre o 10 de
marzo de 1972 e os seus protagonistas.
MEMORIAS DUN ANTIFRANQUISTA. de Enrique Vigo Teijeiro. Mariñeiro republicano e enlace
da guerrilla antifranquista. As súas experiencias de loita e cárcere.
ABORDAJES. Folletón por entregas. Novela ambientada en Ferrol da que es autor José
Torregrosa.
FERROL 1931-1952. De la República a la posguerra. Traballo de investigación histórica de
Enrique Barrera.
MEMORIAS DE GUERRA (1936-1942) Miguel Iglesias. As vivencias dun mariñeiro
republicano na guerra civil, na II GM. e no exilio.
I.DIAZ PARDO: Homenaxe Galega. Recompilación dos textos dos poñentes nas Mesas
Redondas da homenaxe á figura de Isaac Diaz Pardo. Coordinado por Rosa Méndez Fonte.
MUROS DE SILENCIO. Traballo narrativo de C.Teixeiro, E. Barrera e MA. Rodríguez Carballeira,
implicados desde o ano 2000 na defensa da Ría de Ferrol, contra a instalación de forma ilegal e
irresponsable dunha Planta de Regasificación en Punta Promontoiro (Mugardos) que descartaba a
súa ubicación natural (contemplada no proxecto inicial) no exterior da Ría de Ferrol e afastada de
núcleos de poboación.
TRABALLO E SOLIDARIDADE EN
PENINSULAR MADERERA Y PYSBE. De
Enrique Barrera, narra a loita dos traballadores e
traballadoras destas empresas na década dos 70.
POSTALES DE HUMO. De Juan Carlos Valle
“Karlotti” volume nº 1 da colección “fuco buxán-
poesía”.
OBRAS CIVILES. Berros de rebeldía e pedra
na BAZAN. de Enrique Barrera Beitia
Audiovisuais:
En colaboración con ACSUR-Las Segovias:“Noticiero Internacional de Barrio” E “Noticiero
Intercultural” movementos de mulleres e de temas de solidaridade de distintos países.
“Ferrol, polo mar e a vida”. En defensa da sostenibilidade e seguridade da Ría de Ferrol.
“Carmelo: un compromiso cos demáis” En homenaxe póstumo a Carmelo Teixeiro, Coordinador
do CCE. Autores: Mª Teresa Martínez Vilariño e Jorge Capotillo Cuadrado.
“Homenaxe en Ferrol a Santiago Carrillo” formato DVD.
“O Segredo da Frouxeira”. Dirixido por Xosé Abad. A longametraxe documental “O Segredo dá
Frouxeira”, centrada no asasinato, en 1937, do Alcalde republicano de Serantes, Alejandro Porto Leis
e de Modesto del Río, Jesús Miño e Avelino Landeira, “paseados” con él por habelo protexido.É unha
produción de EAF Producións en coprodución coa TVG, coa subvención da Consellería de Cultura
da Xunta de Galicia, o apoio da Concellería de Cultura do Concello de Ferrol, da Concellería de
Cultura do Concello da Coruña, da Deputación da Coruña (Cultura), da Fundación 10 de Marzo
(CC.OO.), da Asociación FucoBuxan, Asoc. Memoria Historica Democrática, Formateo e CG
producións.
“Minar”. En colaboración con ACSUR, ao longo dun Cursiño de Audiovisual. Denuncia a instalación
dunha mina de andalucita que agrede o ecosistema de Pico Vello, nas Fragas do Eume.
Presentación de Publicacións de diversos autores:
“Cien preguntas sobre el nuevo desorden” de Carlos Taibo
“COVARDES” de Mª Xosé Porteiro
“La Memoria en retazos” de Santiago Carrillo
“MEMORIAS” de Santiago Carrillo
“¿Ha muerto el comunismo?” de Santiago Carrillo
“Palestina, grito por la Libertad” de Mohamed Safa
“Una Mujer en la Transición” de Ana Balletbó
“Los Grises: Víctimas y verdugos del franquismo”
de Julián Delgado.
“Votos de riqueza” de Ignacio Castro.
“Vicente Rojo. Retrato de un general republicano” de
José Andrés Rojo.
“A esforzada conquista da Autonomía” de Ceferino Díaz
“A impostura e a desorientación na normativa
lingüística” de Xosé M. Sarille
“¿Para que serve a historia de Galicia?” de José C.
Bermejo.
“Dolores Ibárruri. Pasionaria: Una fuerza de la
naturaleza” de Santiago Carrillo.
“El Caso Leganés” de Luis Montes.
“La extraordinaria vida de un hombre extraordinario”
Memorias de Teodulfo Lagunero, prologado por
Almudena Grandes.
“Mañana a las once en la Plaza de la Cebada”
de Manuel López.
“La Cultura del Trabajo” de Mª Antonia Trillo.
“DESINFORMACION : Cómo los medios ocultan el
mundo” de Pascual Serrano.
“Polos fillos dos fillos” de Xosé Manuel Sarille.
“Novas receitas da cociña de Larpeiros” , de Benigno
Campos.
“AL ROJO VIVO” de Gaspar Llamazares e Almudena
Grandes.
“AS NOVELAS DA MEMORIA” de John Thompson.
Encontros coa Información:
Actos periódicos organizados como permanente encontro coa actualidade periodística e de,
como reflicten os medios de comunicación, os asuntos que atinxen aos cidadáns. As
distintas problemáticas sociais, a nivel local, comarcal, nacional e internacional. Disertación
de expertos na materia e posterior coloquio.
Entre outros temas: Infraestructuras, Industria, Sanidade,
Educación, Procesos Electorais, Globalización, Fiscalidade
etc…
• “El tren en Ferrol”, “Igrexa e cidadanía”, “Proxecto de Estatuto
de Galicia”, “Conlictividade nas aulas”, “Papado e Sociedade”,
“Espazos públicos ¿para qué?”, “Racismo, xenofobia,
neonacismo”, “Desastres medioambientais. ¿onde vamos?”,
“Cambio Climático”, “A escola na II República” “ “¿Existe un
modelo de cidade?”, “Galicia en chamas. Un desastre
anunciado”, “América do Sul: Un desperar necesario”, “Estatut
de Catalunya” “Crisis energética: ¿Quién paga?”, “Memoria Histórica: Xustiza Histórica”, “¿Está
Galicia en venta?”, “Da crise á soberanía alimentaria”, “Claves para un futuro incierto”, etc...
Actos e Homenaxes:
Julio Aneiros Fernández,
Emotivo e multitudinario homenaxe a XULIO ANEIROS, traballador
exemplar, loitador pola Democracia, a liberdade, e polos dereitos dos
traballadores, socio de honra de Fuco Buxán e exemplo para a
esquerda,
Celebrado no C.C. Carvalho Calero o 2 de xullo de 2004, participaron
representantes políticos, sindicais e culturais e máis de medio millar
de persoas.
En novembro de 2005 presentouse noutro acto multitudinario o libro
resume desta homenaxe: “Julio Aneiros, la lucha imprescindible”.
A proposta desta Asociación, Julio Aneiros da nome a unha calle no
seu Concello natal de Valdoviño e pronto terá outra dedicada en
Ferrol.
Celso Emilio Ferreiro
Coincidindo coa celebración do noso 5º aniversario, e o 25 cabo de
ano do seu pasamento, no marco da Universidade, Campus de Ferrol,
organizamos una mostra bibliográfica e fotográfica, en torno a súa
obra e vida (50 libros e 100 fotos), recital poético e dúas conferencias,
nas que participaron: Luis Ferreiro, Obdulia Taboadela, Luis Barral,
Antonio Rodríguez, Ramón Nicolás, Henrique Rabunhal, e Ramiro
Fonte.
Acto Homenaxe a Lorenzo Varela
Acto poético e musical coa participación do académico Xosé L. Axeitos, con motivo da
dedicación do Día das Letras Galegas – 2005, a este poeta e escritor.
Homenaxe Galega a Santiago Carrillo
Celebrado o 9 de Setembro,2005 , na Feira de Mostras de Ferrol (FIMO), co gallo do seu
90º aniversario. coa colaboración da Fundación 10 de Marzo,
Carrillo é Socio de Honra da nosa
Asociación e trátase dunha figura
histórica, clave para comprender a loita
democrática contra a Ditadura e a favor
da Transición no noso país.
Esta homenaxe programouse como un
acto plural, a fin de incorporar ao
conxunto de colectivos que constitúen a
realidade social, sindical, política e
cultural de Galicia e de axudar ao diálogo
no conxunto das forzas democráticas.
Organizouse en dúas partes:
Unha primeira de contido político–
cultural, na que participaron cerca de 1000 persoas, coa asistencia en Nome do Presidente
da Xunta, do Conselleiro de Presidencia, José Luis Mendez Romeu, que intervíu xunto cos
demáis oradores, Manuel Rodríguez Carballeira Presidente da Asociación Cultural Fuco
Buxan, Jose Maria Barja Pérez, Rector da Universidade de A Coruña, Isaac Diaz Pardo,
Camilo Nogueira ex_eurodiputado, Angel Judel Presidente de la Audiencia Provincial de A
Coruña, José Clemente Lopez Orozco Alcalde de Lugo, Xan Maria Castro Paz Secretario
Xeral de CCOO de Galicia e o propio Santiago Carrillo.
Visualizaronse dous vídeos: A historia da vida e compromiso de Santiago Carrillo, e outro
especial para este acto, do Dr. MarioSoares, Expresidente de la República Portuguesa.
Houbo tamén intervencións poéticas e musicais.
E unha segunda parte: unha cea con produtos da zona, coa asistencia de 400 comensais,
onde houbo intervencións e entrega de agasallos ao homenaxeado e a súa dona.
Nas datas previas a este acto e formando parte da
Homenaxe, Santiago Carrillo foi recibido polo Alcalde de
Santiago, pronunciando unha conferencia no Colexio de
Avogados. Na cidade de Lugo, recibeu un avasallo e
conferencio una Galería Sargadelos, e no Concello de
Ferrol foi recibido polos portavoces dos Grupos
Municipais, firmado o libro de ouro e ofrecendo unha
roda de prensa co Alcalde da cidade.
Homenaxe Isaac Díaz Pardo
A Asociación Cultural Fuco Buxán organizou en febreiro e marzo
de 2007 a Gran Homenaxe de Galicia ao pintor, ceramista,
escritor e fundador do Grupo Sargadelos Isaac Díaz Pardo.
Socio de Honra da nosa Asociación,que solicitou asemade ao
Ministerio de Traballo a concesión da Medalla de Ouro ao Mérito
no Traballo en recoñecemento á súa traxectoria laboral e cultural
en favor de Galicia.
A solicitude contou co aval do Presidente da Xunta de Galicia,
Presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia,
Conselleira de Cultura da Xunta de Galicia, Presidente da Real
Academia Galega, Reitores das Universidades de A Coruña,
Santiago e Vigo, Presidente da Audiencia Provincial de A
Coruña, Fiscal Xefe do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Secretarios Xerais de UGT
Galicia, CC.OO. de Galicia e CIG,
Presidente da Confederación de Empresarios de Galicia, Presidente do Consello Galego de
Relacións Laborais, Presidentes das Deputacións Provinciais de A Coruña,
Lugo e Ourense, Presidente do Consello da Cultura Galega, Alcaldes de Santiago, A
Coruña, Pontevedra, Lugo, Ourense, Cervo, e Primeiro Tte. Alcalde de Ferrol, Director
Xeneral da Compañía Radio-Televisión de Galicia, Decano-Presidente do Colexio de
Arquitectos de Galicia, Director de la Inspección de Trabajo y S.S. de Galicia, Presidente da
Asociación Cultural Fuco Buxán, Delegado del Gobierno en Galicia.
Personalidades estas coas que os directivos de “Fuco Buxán” se foron entrevistando
persoalmente no interese de explicar o alcance dos actos a celebrar e recabar a súa axuda
e apoio.
A Medalla de Ouro foille torgada polo Ministerio de Traballo o 8 de decembro de 2007, e
imposta polo Ministro Sr. Caldera unhas datas despois
na Delegación do Goberno de A Coruña.
Nunha comparecencia celebrada no Clube
Internacional de Prensa de Santiago, os membros da
directiva de Fuco Buxán, fixeron presentación pública
dos actos da Homenaxe e da motivación do mesmo: .
"recoñecer o traballo realizado por Díaz Pardo ao longo
de toda a súa vida en favor de Galicia e que a
sociedade recoñeza a súa "xenerosidade con Galicia"
inauguración da exposición antoloxica sobre o
laboratorio de formas
celebrouse no Centro Cultural “Torrente Ballester” de
Ferrol, do 8 de Febreiro ó 8 de Marzo do 2007,
presentando unha mostra pictórica da obra de Díaz
Pardo e de Luis Seoane, bibliografía e cerámica do
Castro e de Sargadelos e un percorrido gráfico e
fotográfico das distintas Entidades que integran o
grupo Sargadelos.
No acto da Inauguración participaron:
- José Manuel Couce Fraguela, (Concelleiro de
Cultura do Concello de Ferrol).
- Begoña Soneira Beloso (Comisaria da Exposición)
- Fernando Ocampo (Directivo de fuco buxán) coa lectura de poemas de Alberti e
Lorenzo Varela
- Manuel Rodríguez Carballeira “Lalán” (Presidente
de fuco buxán).
- Juan Fernández García (Primeiro Tenente de
Alcalde do Concello de Ferrol)
- Ánxela Bugallo Rodríguez (Conselleira de Cultura
e Deportes da Xunta de Galicia)
- O homenaxeado Isaac Díaz Pardo.
Pecharon o acto, interpretando pezas clásicas galegas,
tres profesoras do IES “Isaac Díaz Pardo” de Sada,
(soprano, flauta travesera e piano)
Dúas Mesas Redondas celebradas no salon de actos da Fundación Caixa Galicia,
analizaron a personalidade e a obra de Isaac, nas súas distintas facetas como pintor,
ceramista, escritor, editor, e de militancia política e social.
Na primeira delas, o 9 de febreiro, participaron: o catedrático Manuel Aznar, o escritor Neira
Vilas, o seu fillo Camilo Díaz e Rosa Méndez directiva de Fuco Buxán.
Outra, o 23 de Febreiro, contou coa presenza do profesor Fermín Bouza, Andrés Varela, do
Grupo Sargadelos, Fernando Salgado pola Xunta de Galicia, e a nosa compañeira Rosa
Méndez.
O Acto central da Homenaxe
Tivo lugar o 2 de marzo no Teatro Jofre de Ferrol,
coas intervencións de representantes institucionais e
sociais. e a colaboración da Xunta, as tres
Unversidades galegas, concellos, institucións
sindicais, empresariais e culturais, medios de
comunicación e colexios profesionais. O Programa
do Acto foi o seguinte:
Entrada no Teatro de Isaac Díaz Pardo, coa interpretación
da Marcha do Antigo Reino de Galicia
Proxección dun video-documental realizado por
Estudio Abad sobre o Homenaxeado.
Intervencións:
- Presidente de Fuco Buxán: Manuel A. Rodríguez
Carballeira.
- Presidenta do Comité de Empresa de O Castro:
Celina Fernández Rouco.
- Representante de UGT – Galicia: Carlos Bellas
Cebreiro.
- Secretario Xeral de CCOO de Galicia: Xan Mª
Castro Paz.
- Director Xeral da CRTVG: Benigno Sánchez
García.
- Representante do Concello de Ferrol.
- Presidente da AELG : Cesáreo Sánchez Iglesias.
- Presidente da Deputación de A Coruña: Salvador Fernández Moreda.
- Reitor da Universidade de Santiago: Senén Barro Ameneiro.
- Presidente do TSXG: Antonio González Nieto.
- Conselleiro da Presidencia: José Luis Méndez Romeu.
Recitado poético: Xosé Leira, Rosa Méndez, Eva Veiga, Laura Landeira e Manuel Patinha
Adhesións e colaboracións: Lectura de María Martínez Vilariño
Intervención do Homenaxeado: Isaac Díaz Pardo.
Actuación Musical : Grupo MILLADOIRO.
Cea-Homenaxe
Ao rematar o acto do Teatro Jofre, celebrouse unha cea – homenaxe, na Feira de Mostras
de Ferrol, a que asistiron cerca de 300 persoas, intervindo durante a mesma portavoces de
entidades culturais e sociais (Asociacións veciñais, Ateneo, Confraría de Pescadores,
Memória Histórica, portavoces municipais, amigos…) que lle transmitiron a súa felicitación e
o cariño a Isaac.
Unha “mesa 0” axudou coa colaboración de Entidades e particulares a facer posible esta Homenaxe.
Edición dun libro : I.Díaz Pardo. Homenaxe
galega
Editouse un volume de 260 páxinas que recolle un
cento de fotografías relativas ao intelectual e á súa
obra, ademais das intervencións dos participantes
nas mesas redondas
a celebrar na sede
ferrolá da Fundación
Caixa Galicia, e as
composicións que se
recitarán no acto
central de homenaxe
no Teatro Jofre. Rosa Méndez Fonte, se encargou da
compilación do libro. Con el, preténdese profundizar no
coñecemento da traxectoria de Isaac Díaz Pardo en todas as
súas vertentes. .
Todos os asistentes ao evento recibirán un volume como
agasallo, e unha boa parte da tiraxe destinarase a bibliotecas, asociacións e entidades co fin
de facilitar a difusión pública da obra
Está prologado por Fuco Buxán, Conselleira de Cultura e Deportes e Presidente da Xunta de
Galicia.
A nosa Asociación promoveu tamén a realización dunha curtametraxe: “ISAAC”
ISAAC é un documental de 55 minutos conta o pensamento e os sentimentos de Isaac Díaz
Pardo sobre unha boa parte dos acontecementos e da vida que lle toco e estalle tocando
vivir.
Contado con ritmo vivo, o sentido do humor e a clarividencia que son propias do personaxe
galego máis relevante e fértil de todo o século vinte e do que vai do vinte e un.
Realizado por Xosé Abad (EAF Producciones) coa colaboración da xunta de Galicia e
RTVG, estrenouse o 28 de setembro do 2007 na fundación Caixa Galicia de A Coruña.
Selo de Correos Conmemorativo
Non foi posible levar adiante o proxecto de editar un selo de
correos conmemorativo da Homenaxe, xa que a normativa
postal non contempla que figuren nos mesmos os datos de
persoas vivas.
Quedou soio en proxecto, e que sexa por moito tempo.
Outras Homenaxes ao carón destes Actos
Outras Entidades , como a fundación Araguaney a Universidade da Coruña e o Campus
Universitario de Ferrol, organizaron paralelamente a esta Homenaxe outros actos de
recoñecemento e distinción a Isaac, incluso extensivos ao seu pai o artista plástico ferrolán
Camilo Díaz Baliño.
Actos de Homenaje a Carmelo Teixeiro
Carmelo, era persoa cunha traxectoria vital de exemplo en
valores e principios, salientable polo seu compromiso na defensa
da ría de Ferrol e na loita por unha sociedade máis xusta,
solidaria e comprometida co medio ambiente, primeiro na súa
actividade sindical e
política e logo a través
desta Asociación, da que
poi o primeiro Presidente, e
tambén socio de Honra.
Coordinador durante unha
década do Comité Cidadán
de Emerxencia para a Ría
de Ferrol,
O 18 de Decembro do 2007, no Centro Cultural
Carballo Calero, se lle tributou unha homenaxe En agradecemento do seu compromiso
social e político, do seu traballo, constante e discreto, na defensa dos valores humanos,
dunha democracia de calidade, dunha sociedade cohesionada en base á xustiza social e
pola defensa medio ambiental da ría de Ferrol.
No acto fíxose presentación pública do documental "Ferrol polo mar e pola vida"
centrado na denuncia da planta de gas de Reganosa, foi realizado polos alumnos asistentes
a un cursillo de guión e gravación promovido pola ONG "Acsur-Las Segovias" e Fuco Buxán.
Obtivo un accésit no Certame "Video Diversidade" de Ecoloxistas en Acción, estando
prevista a súa difusión en Latinoamérica dentro das iniciativas de accións comunitarias que
leva a cabo Acsur.
Participaron no acto, o Presidente de Fuco Buxán,
Manuel Rodríguez Carballeira, os coordinadores do
Cursiño, Silvia Chocarro (ACSUR) e Manuel Cendán
(Fuco Buxán), e o ex Parlamentario europeo e
autonómico e membro do Consello Nacional do BNG,
Camilo Nogueira Román.
Fíxose entrega a Carmelo Teixeiro, da figura de “fuco
buxán” símbolo da Asociación, e o acto tivo remate
musical coa actuación do Grupo “A Revolta de
Trasancos”.
Carmelo Teixeiro Menéndez, faleceu o 5 de febreiro de 2008, e as súas cinzas
repousan na Ría Ferrolán, e no “Parque Carmelo Teixeiro” nominación acadada para un
lugar de Caranza, por iniciativa desta e outras asociacións cidadás, onde foron prantados
tres carballos na súa lembranza nunha emotiva e sinxela homenaxe.
30º Aniversario del Golpe Militar Chileno.
Xornadas de solidaridade co pobo chileno, centradas nunha
homenaxe a Salvador Allende, Pablo Neruda e Victor Jara.
Conferencia de Oscar Soto e Omar Contreras.
Exposición fotográfica e recital poético-musical.
Debate sobre a reforma da Ley de Educación
Celebrado no Campus Universitario de Ferrol, no ano 2002, coa participación de expertos
tanto no eido educativo como político.
“Eleccións Municipais 2003”,
Mesa debate na que participaron todos os
cabezas de lista a estes comicios.
Actos en colaboración coa Asociación de
Graduados Sociais e a E.U. de Relacións
Laborais.
“Xormadas sobre a situación laboral actual”
“Xornadas Galegas sobre as condicións de traballo e saúde”
Guerra de Irak:
Acto “Non a Guerra: Voces pola Paz”. Organizado por “Fuco Buxán” na voluntade de “uni-lo
conxunto de asociacions e institucions da comarca neste festival”, substituindo a dialèctica
das bombas pola palabra. Con participación de políticos, sindicalistas, intelectuais e artistas,
así como colectivos sociais e culturais. Entre outros: Mohamed Safa (Delegado en Galicia da
OLP) Ramón Chao (xornalista) Victor Prieto (Crego) e artistas da Música, as Letras ou a
Escena: Xoan Rubia, Mª Manuela, Laura Landeira, Pilar Pallarés, Ánxela Abalo,Gustavo
Pernas, Esmérita Ramírez, Manuel Alvarez Torneiro, Eva Veiga, Luisa Villalta, Xosé Leira,
Viky Taibo, Estíbaliz Espinosa.
Asistencia a tódalas movilizacións organizadas pola Plataforma Galega Pola Paz. E recollida
de firmas contra a Guerra remitidas ó Congreso dos Deputados.
Actos en solidaridade co pobo Palestino
“A situación actual da Muller en Palestina”. Exposición fotográfica,
recital de poesía palestina e conferencia –coloquio coa
participación de Mohamed Safa, Delegado de la OLP.
“A situación Palestina, hoxe”. Conferencia de Leila Khaled,
Presidenta da Unión de Mulleres Palestinas e membro do FPLP.
“Derechos Palestinos a la sombra del Muro” libro de varios
autores presentado por Jordi Pedret, Vicepresidente de ACSUR-Las
Segovias.
“La situación de los territorios ocupados” Exposición fotográfica
e conferencias en Santiago, Ferrol e Fene.
En colaboración con ACSUR, Galería Sargadelos e Fundación
Araguaney.
“Ocupación de Gaza 2009” : Mobilizacións e diversos actos contra a invasión sionista.
Acto Solidario con Cuba.
En colaboración coa Plataforma Axuda Urxente a Cuba, para
recadar fondos a fin de paliar os desastres de tres furacáns en
Pinar del Río. Recital poético-musical no Teatro Jofre.
Efectos do Amianto
Ante o grave problema que afecta a un amplo colectivo social, e
as insuficintes vias de prevención e reclamación, a nosa
Asociación promove coa colaboración de Eurosaúde, o encontro
de representantes de asociaciones de afectados polo amianto
de toda España reuníndose en Ferrol para debatir sobre toda a
problemática da asbestosis. .
Ao encontro acuden especialistas como os sindicalistas Ángel
C. Cárcoba Alonso (CCOO.), Fernando Fernández Arroyo
(UGT), Alfonso J. López Prego (USTG) e un representante da
CIG. O neumólogo Josep Tarrés, que estudia a asbestosis en
Cataluña. Interviron tamén delegados das asociacións de
afectados de Cerdayola (Cataluña), Getafe, Sevilla, Cartagena e
Ferrol. Asemade participaron xuristas e abogados. Durante o encentro, un equipo do
programa “Línea 900” de TVE desplazado a Ferrol realizou unha emisión especial sobre os
enfermos do amianto de Ferrol e Cataluña.
Todo elo, cristalizou na fundación duha Asociación Local de Afectados, denominada
AGAVIDA.
O futuro da Construcción Naval
No salón de actos do Vicereitorado, no campus de
Esteiro, organizamos dous debates en torno a
situación e o futuro do sector naval en Ferrolterra.
No primeiro participaron os representantes
Sindicais, e no segundo, a nivel político, os deputados
no Congreso Xavier Carro (PSdeG-PSOE), Arsenio
Fernández de Mesa (PP) e Francisco Rodríguez
(BNG); o líder de Independientes por Ferrol, Juan
Fernández; e Javier Alcázar, secretario de Empleo de
Esquerda Unida.
30º Aniversario da Unión Militar Democrática.
En colaboración co Foro Milicia e Democracia,
Dúas conferencias no Campus Universitario de Ferrol
- “UMD e a transición”
- “As FFAA nunha sociedade democrática”
Ciclo de Conferencias: “25 Años de Constitución e a España
das Autonomías”
Entre outras, as conferencias de Santiago Carrillo, José A.
Muñoa Garuza (Comisionado do Lehendakari) e Manuel Montero
(Reitor da Universidade do Pais Vasco).
Ciclo de Conferencias “Democracia e
Compromiso”
Dedicadas a exaltar os valores da Democracia e a
necesidade de promover o seu desenrolo e
profundación.
• “Momento político actual” : Santiago Carrillo
Solares.
• “La palabra y el coraje público” : Angel Gabilondo
Pujol.
• “Crisis financiera: Democracia restringida. ¿Dónde nos lleva la
globalización neoliberal? : Juan Torres López.
• “Democracia local y global. De súbditos a ciudadanos. La gran
transición” : Federico Mayor Zaragoza
• “El Poder Jucicial: El caso Garzón”: Cristina Almeida
• “Derechos al final de la Vida”: Luis Montes Mieza.
I
Xornada de Antropoloxía Política,
En colaboración coa Universidade de Barcelona, e no marco da Universidade a Distancia de
Ferrol. Dirixido por la prof. Susana Narotzky. Tema: “Memoria Histórica dos Traballadores
en Ferrolterra”
Universidade e Plan Bolonia
Mesa redonda na que participaron os profesores Juan C. Bermejo e Guilermo Ferrández e a
estudante Iria G. Conde.
Cíclo de Cine Social
Colaborando co Ateneo Ferrolán, proxección de “El Efecto Iguazú” y “200Km.” Sobre a
problemática dos traballadores/as de SINTEL. Presentación de José Torregrosa.
Proxección de “Hay Motivo” e “Vajont: Presa Mortal” de Renzo Martinelli.
Conferencias
Cabe destacar entre moitas outras:
Juan Torres: ¿Están en peligro las pensiones públicas?.
Gaspar Llamazares: Presentación del libro “Al rojo vivo” escrito con Almudena Grandes.
Xosé Manuel Beiras: Crise, outra visión.
Isabel Vilalba: Da crise á soberanía alimentaria
Camilo Nogueira Román: Capitalismo e Crise Global
A solidaridade cos pobos do Mundo
Co pobo Mapuche
Presentación do documental: TERRITORIOS DE FRONTERA, e
do libro LÚA DE XEMAS FRÍAS (Escolma de Poesía
Mapuche)Interviron: Xulio L. Valcárcel, Poeta, Omar Contreras
Flores, Ex profesor chileno e Miguel Anxo Fernán Vello Dir.
Ed. Espiral Mayor
Cos pobos Indíxenas
Exposición Dialogada: “Memoria histórica, ferramenta de
resistencia dos Pobos Indíxenas: contra o esquecemento e
a non repetición”. por José Roberto Morales, do Centro para a
Acción Legal en Dereitos Humanos (CALDH) de Guatemala.
Acto en colaboración con ACSUR – Las Segovias.
Con Honduras
Diversas actividades de apoio a loita do pobo hondureño, organizadas pola nosa Asociación
e en ocasións coa colaboración do Comité galego de apoio a Honduras:
Conferencias e encontros cos membros do Frente Nacional contra o Golpe de Estado:
Erasto Reyes e Bartolo Fuentes, ou os cooperantes Mauricio e María Castro.
Proxección de documentais.
Concentracións de repulsa ao golpe de Estado.
Comunicados e Mocións de apoio ante o Parlamento Galego.
Solidaridade co COSAL
(Comité de Solidaridade con América Latina)
Firmando un Convenio de Colaboración para a
Recuperación da Memoria Histórica e a defensa
da Auga, coa Fundación Almada do Paraguai.
Visitou a nosa sede o Dr. Martín Almada,
Pedagogo, Membro do Tribunal Russell, Premio
Nobel Alternativo e activista de los Dereitos
Humanos, a quen se debe a difusión do arquivo
da “Operación Cóndor”.
Co pobo Saharaui
Ademáis de varios comunicados de solidaridade e apoio,
participamos na concentración celebrada na Praza de
Armas, e organizamos a conferencia e presentación do libro:
“Morir por el Sahara” de Julián Delgado, acompañado do
profesor da USC, Santiago Jiménez.
Con outras organizacións solidarias
Participamos e colaboramos con diversas ONG, coa Rede Social
Ferrolterra, con Solidaridade Internacional
Galicia, co Comercio Xusto …..
Entre outros actos:
Pacto Galego Contra a Pobreza.
Vínculos solidarios entre organizacións de
mulleres,(conferencia de Ana Mª García
Fernández
Proxección dun corto documental: “Mulleres en
camino (Perú-Bolivia)”, producido no marco do
Convenio para o Empoderamento da Muller.
Exposición : ”Mulleres que cambian o mundo. A muller como motor
do desenvolvemento.” en colaboración co Ateneo Ferrolán.
Fuco Buxán coa Inmigración
Formamos parte da Plataforma Galega da Inmigración e
Emigración de Retorno, desenrolando a través da nosa Área
específica de Inmigración diversos contactos e actividades neste
sector da cidadanía.
Na defensa da Língua Galega
Dende hai varios anos vimos colaborando co Concello de Ferrol e con outras Entidades da
comarca na organización dos actos do Día das Letras Galegas.
Promovemos con outras entidades cidadás a candidatura de Ricardo Carvalho Calero para
celebrar este día.
Formamos parte da Plataforma “Queremos Galego” e doutras entidades da promoción da
Língua.
Fuco Buxán co mundo do traballo
Participamos nas mobilizacións da clase traballadora, apoiando as súas reivindicacións e a
defensa dos seus dereitos.
Organizamos – en apoio aos Sindicatos de clase – actos, conferencias e debates en busca
de solucións a crise económica e social que amenaza o estado de benestar.
A defensa ecolóxica
Proxección e coloquio sobre o
documental “MAN FRED,
HOME SEN PAZ” - Premio
Mestre Mateo 2010 – sobre o
alemán de Camelle e a súa
obra, coa participación do seu
guionista David Formoso.
Elaboración do documental “MINAR” que denuncia a grave agresión ecolóxica da
proxectada mina de andalucita en Pico Vello, que destruirá as fontes do Río Belelle e as
Fragas do Eume. Foi producido ao longo dun Curso de Vídeo, celebrado en colaboración
con ACSUR.
Recuperación e divulgación da Memoria Histórica
Ademais das varias publicacións e homenaxes levadas a cabo ou en preparación, a activa
colaboración coa A.C. “Memoria Histórica Democrática”, na organización do Congreso da
Memoria: “A represión franquista en Galicia”, celebrado en Narón, no ano 2003.
Acto de homenaxe aos avogados contra o franquismo, “Mañana a las once en la plaza de la
Cebada”, Homenaxe a Manolo López (avogado defensor dos traballadores ante o TOP).
Coa participación do noso Presidente, Manuel Rodríguez
Carballeira, o Alcalde de Ferrol Vicente Irisarri, o avogado
laboralista José Luis Núñez, o profesor Xesús Alonso Montero e o
Presidente do Principado de Asturias Vicente Álvarez Areces.
O Segredo da Frouxeira
Longametraxe documental elaborado por iniciativa de Fuco Buxán , centrado no asasinato, en 1937,
do Alcalde republicano de Serantes, Alejandro Porto Leis e de Modesto del Río, Jesús Miño e
Avelino Landeira, “paseados” con él por habelo protexido, foi estrada en decembro de 2009, con
moitísimo éxito no Teatro Jofre.
Participan nel, en aspectos de investigación, asesoramento ou figuración, numerosas persoas
relacionadas coa A.C. “fuco buxán” e cos grupos de teatro afeccionado de Ferrol.
“O Segredo da Frouxeira – dí o seu director Xosé Abad - aborda un tema nunca suficientemente
contado, pero desde unha perspectiva diferente, a dos conflitos e equívocos vividos polos familiares
das vítimas. A perda, o saqueo, o silencio, a ameaza, a difamación, todo o que vai sucedendo
despois de que os seus familiares fosen fusilados.
A carga emocional non impide ás familias, tamén vítimas da represión, reencontrarse e reclamar o
recoñecemento da verdade, sen ningún ánimo de vinganza e construíndo unha historia de enorme
dignidade”.
É unha produción de EAF Producións en coprodución coa TVG, coa subvención da Consellería de Cultura
da Xunta de Galicia, o apoio da Concellería de Cultura do Concello de Ferrol, da Concellería de Cultura
do Concello da Coruña, da Deputación da Coruña (Cultura), da Fundación 10 de Marzo (CC.OO.), da
Asociación FucoBuxan, Asoc. Memoria Historica Democrática, Formateo e CG producións.
Homenaxes
A iniciativa de Fuco Buxán e da Asociación Memoria Histórica Democrática, o Concello de Ferrol
organizou sendas homenaxes ao Alcalde Porto Leis e os seus compañeiros, no antigo Concello de
Serantes, e ao Contralmirante Azarola, fusilado en 1936 por defender a causa republicana.
Homenaxe aos presos do campo de concentración de Cedeira
Colocación dun monolito onde estivo o campo de
prisioneiros e celebración dun acto institucional, coa
participación de:
* Presidente da Asociación Fuco Buxán.
*Presidente da Asociación Memoria Histórica
Democrática.
* Representante dos presos (Octavio Cabezas Moro).
* Alcalde de Cedeira (José Luís Vergara)
* Presidente do Principado de Asturias (Vicente Álvarez
Areces).
Ferrol recuperando a Memoria. “A verdade nunha man pechada”
O Concello de Ferrol e as Asociacións Memoria Histórica Democrática e Fuco Buxán,
programaron baixo este título diversos actos (Mesas Redondas, Música, Cine, Teatro e
Ofrenda floral), co obxetivo de dar a coñecer o período histórico da II República e resarcir a
memoria das persoas que foron esquecidas e denigradas.
As actividades celebráronse do 29 de marzo ao 27 de abril na Fundación NovaCaixaGalicia,
no Teatro Jofre e nos Cines Dúplex.
Actividades Artísticas
As Artes Plásticas
1º de Maio: “O mundo do traballo na contorna da globalización”
Exposición pictórica de Victor G. Novás e textos poéticos de varios
autores.
IFP Ferrolterra, maio 2009.
Las manos armadas del corazón
Pinturas de V.G. Novás con Textos de
J.C. Valle “Karlotti”
Centro Cívico de Caranza, maio 2011
Visita guiada a Exposición: “Seguro...?”
de Suso Basterrechea.
Proxecto de homenaxe a Xaime Quessada
Quessada, Socio de Honra desta Asociación, fixo doación ao
Concello de Ferrol de dous murais pintados directamente na
Praza de Armas.
A Fotografía
Exposición (M)2.
Fotografías de Xosé Abad e
Audiovisual de Sandra García Rey
Recolle a evolución sociolaboral de
nais e fillas nos derradeiros anos
en Galicia
En colaboración co Concello de Fene.
A Poesía
Numerosos recitais poéticos en diversos actos.
Espazo permanente dedicado á poesía no noso programa
radiofónico semanal “O Recuncho”.
I a IV Semanas de Poesía Salvaxe en Ferrol (Anos 2008 a
2011)
Participación nos recitais poéticos celebrados nas rúas e
espazos públicos da cidade.
A Música
Varios recitais musicais a cargo de
distintas agrupacións corais, celebrados
ao longo dos derradeiros anos.
O Teatro
Representación da obra “Hai que confiar na esperanza” de Siro López, polo Grupo
Ferrolterra Teatro.
Coloquio sobre “A liberdade de expresión dos xornalistas”.
Representación de
“Mackie o Navallas”
polo Grupo Bartoleta
Teatro, e reflexión
sobre a corrupción.
No Centro Cultural
Torrente Ballester.
O noso propio grupo “Tremoia Teatro”
Dirixido por Luis G. Ramos, e coa participación de oito actores, está a representar
actualmente “Hildegart”, de Borja Ortíz de Gondra, en distintos escenarios da comarca.
A nosa Biblioteca
Formada por máis de 800 volúmenes, numerosos vídeos
documentais e varias coleccións de Revistas, está en
proceso de catalogación para poñela a disposición dos
socios/as e público en xeral, brindando outra actividade
cultural a cidadanía.
Tenta especializarse en temas socio-políticos, da Memoria
Histórica e da Muller.
O noso local social “Tino Deibe”
Sito na Rúa Armada Española, 32 baixo (Caranza - Ferrol). Foi inaugurado o 6 de novembro
de 2010, nun acto sinxelo, no que estivo presente unha ampla representación, tanto
institucional como de todo o tecido asociativo e cultural da nosa comarca.
Estas dignas instalacións, cedidas polo Concello de Ferrol, permitirannos seguir
realizando - en mellores condicións - as nosas actividades culturais e de difusión das ideas
progresistas e servirá tamén de punto de encontro para aquelas asociacións e cidadáns que
coinciden nos nosos proxectos.
“O Recuncho”
Este é o nome do noso programa radiofónico semanal en directo e con varias
retransmisión en diferido que se emite os martes, de 18,30 a 19,30 horas, a través de
Rádio FilispiM, 93.9 da FM. Cún contido de entrevistas, opinións, comunicados, teatro,
música e poesía. Os temas tratados, ben pola súa actualidade, ben por ser un
problema que afecta un amplo colectivo social, reflicten o interese e unha das razóns
de ser de Fuco Buxán, defende-la democracia, promovendo o debate e estimulando a
participación, mobilización e espírito crítico da cidadanía, único xeito de incidir na
realidade social e acadar a súa transformación desde unha perspectiva progresista.
http://recunchofuco.blogspot.com
Colaboración con outras entidades:
Temos participado e participamos en cantas iniciativas e plataformas defenden ideais
comúns ou compartibles: .
- Plataforma Ciudadá “Nunca Mais”
Acto informativo “A traxedia do Prestige” coa
participación de expertos en temas de
navegación marítima e medioambentais.
Reparto de propaganda, movilizacións e
manifestacións.
Galiza non se Vende, Comité Cidadán de
Emerxencia para a Ría de Ferrol, Marcha
Mundial das Mulleres., Foro Social Galego,
Foro Social Ferrolterra, Foro Agenda Local 21
de Ferrol, Plataforma para a Defensa da
Saúde Pública, Plataforma “Queremos
Galego”, Rede de Converxencia Social
Ferrolterra, Movemento 15 M, Democracia
Real Xa, Plataforma en Defensa da Auga.
Fuco Buxán e a Planta de Gas
A nosa Asociación é membro fundador do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de
Ferrol, implicándose en todas as actividades emprendidas polo Comité en defensa da
sostenibilidade da Ría, dos seus postos de traballo e da vida dos habitantes da súa
contorna.
Á tarefa de facer realidade o lema : ¡PLANTA DE GAS FORA DA RÍA! vai encamiñada unha
parte importante da nosa labor, asistindo as mobilizacións e actos convocados polo Comité e
participando da súa xestión.
Dentro da participación persoal e material cabe destacar a
publicación do libro:
“Muros de Silencio” Traballo narrativo de C.Teixeiro, E. Barrera e
MA. Rodríguez Carballeira, implicados desde o ano 2000 na defensa
da Ría de Ferrol, contra a instalación de forma ilegal
e irresponsable dunha Planta de Regasificación en
Punta Promontoiro (Mugardos) que descartaba a
súa ubicación natural (contemplada no proxecto
inicial) no exterior da Ría de Ferrol e afastada de
núcleos de poboación.
A asemade constante na nosa Revista “Razón Socialista” a aportación de
colaboracións destiñadas a salientar a perigosidade da Planta e a
improcedencia da súa ubicación.
 [Quen Somos] A. C. Fuco Buxán

Weitere ähnliche Inhalte

Andere mochten auch

Degree SU B Ed Hons_ZB Barnard 1987
Degree SU B Ed Hons_ZB Barnard 1987Degree SU B Ed Hons_ZB Barnard 1987
Degree SU B Ed Hons_ZB Barnard 1987
Zenda Jansen
 
8J73 AFE APPROVED - Replacement of the Hospital X-Ray System.docx
8J73 AFE APPROVED - Replacement of the Hospital X-Ray System.docx8J73 AFE APPROVED - Replacement of the Hospital X-Ray System.docx
8J73 AFE APPROVED - Replacement of the Hospital X-Ray System.docx
Peruka Peruka
 
How to Avoid Drowning in Steerage: The Collection Information Working Group
How to Avoid Drowning in Steerage: The Collection Information Working GroupHow to Avoid Drowning in Steerage: The Collection Information Working Group
How to Avoid Drowning in Steerage: The Collection Information Working Group
Jessica Milby
 
VeronikaGulyás_SCLA_ECR_12
VeronikaGulyás_SCLA_ECR_12VeronikaGulyás_SCLA_ECR_12
VeronikaGulyás_SCLA_ECR_12
Veronika Gulyas
 

Andere mochten auch (17)

Degree SU B Ed Hons_ZB Barnard 1987
Degree SU B Ed Hons_ZB Barnard 1987Degree SU B Ed Hons_ZB Barnard 1987
Degree SU B Ed Hons_ZB Barnard 1987
 
Top 9 highly Contaminated Foods
Top 9 highly Contaminated FoodsTop 9 highly Contaminated Foods
Top 9 highly Contaminated Foods
 
8J73 AFE APPROVED - Replacement of the Hospital X-Ray System.docx
8J73 AFE APPROVED - Replacement of the Hospital X-Ray System.docx8J73 AFE APPROVED - Replacement of the Hospital X-Ray System.docx
8J73 AFE APPROVED - Replacement of the Hospital X-Ray System.docx
 
Criação de produto
Criação de produtoCriação de produto
Criação de produto
 
Musical Toronto October 2016
Musical Toronto October 2016Musical Toronto October 2016
Musical Toronto October 2016
 
مكتب ترجمة
مكتب ترجمةمكتب ترجمة
مكتب ترجمة
 
La industria del gaming en Barcelona
La industria del gaming en BarcelonaLa industria del gaming en Barcelona
La industria del gaming en Barcelona
 
How to Avoid Drowning in Steerage: The Collection Information Working Group
How to Avoid Drowning in Steerage: The Collection Information Working GroupHow to Avoid Drowning in Steerage: The Collection Information Working Group
How to Avoid Drowning in Steerage: The Collection Information Working Group
 
Teorias pedagógicas no contexto da cibercultura
Teorias pedagógicas no contexto da ciberculturaTeorias pedagógicas no contexto da cibercultura
Teorias pedagógicas no contexto da cibercultura
 
VeronikaGulyás_SCLA_ECR_12
VeronikaGulyás_SCLA_ECR_12VeronikaGulyás_SCLA_ECR_12
VeronikaGulyás_SCLA_ECR_12
 
Companies financial result updated on 03 nov 2016
Companies financial result updated on 03 nov 2016Companies financial result updated on 03 nov 2016
Companies financial result updated on 03 nov 2016
 
Activities conducted
Activities conductedActivities conducted
Activities conducted
 
Etica en la industria
Etica  en la industria Etica  en la industria
Etica en la industria
 
Montagem 01 7 A
Montagem 01 7 AMontagem 01 7 A
Montagem 01 7 A
 
Elipsis
ElipsisElipsis
Elipsis
 
Pinterest (1)
Pinterest (1)Pinterest (1)
Pinterest (1)
 
Haarlems dagblad glas in lood
Haarlems dagblad glas in loodHaarlems dagblad glas in lood
Haarlems dagblad glas in lood
 

Ähnlich wie [Quen Somos] A. C. Fuco Buxán

Lingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso Emilio
Lingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso EmilioLingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso Emilio
Lingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso Emilio
Román Landín
 
Literatura 3 (a prosa no primeiro terzo do século xx)
Literatura 3 (a prosa no primeiro terzo do século xx)Literatura 3 (a prosa no primeiro terzo do século xx)
Literatura 3 (a prosa no primeiro terzo do século xx)
IreneSeara
 
Literatura galega (1900-1936)
Literatura galega (1900-1936)Literatura galega (1900-1936)
Literatura galega (1900-1936)
Román Landín
 
Areal nº 6
Areal nº 6Areal nº 6
Viaxe ás orixes da conciencia ecolóxica en terras galegas juan lópez suárez x...
Viaxe ás orixes da conciencia ecolóxica en terras galegas juan lópez suárez x...Viaxe ás orixes da conciencia ecolóxica en terras galegas juan lópez suárez x...
Viaxe ás orixes da conciencia ecolóxica en terras galegas juan lópez suárez x...
Agacio1 3+4
 
EvolucióN Do Galeguismo Amalia
EvolucióN Do Galeguismo AmaliaEvolucióN Do Galeguismo Amalia
EvolucióN Do Galeguismo Amalia
Amalia1111
 
Galeguismo E Nacionalismo
Galeguismo E NacionalismoGaleguismo E Nacionalismo
Galeguismo E Nacionalismo
LOKIFUMI46
 

Ähnlich wie [Quen Somos] A. C. Fuco Buxán (20)

Lingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso Emilio
Lingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso EmilioLingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso Emilio
Lingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso Emilio
 
3. a prosa do 1º terzo do séc. xx
3. a prosa do 1º terzo do séc. xx3. a prosa do 1º terzo do séc. xx
3. a prosa do 1º terzo do séc. xx
 
Eleccións 1985
Eleccións 1985Eleccións 1985
Eleccións 1985
 
A prosa do 1º terzo
A prosa do 1º terzoA prosa do 1º terzo
A prosa do 1º terzo
 
Literatura 3 (a prosa no primeiro terzo do século xx)
Literatura 3 (a prosa no primeiro terzo do século xx)Literatura 3 (a prosa no primeiro terzo do século xx)
Literatura 3 (a prosa no primeiro terzo do século xx)
 
Centenario das irmandades da fala. guia da exposicion. Biblioteca da Deputac...
Centenario das irmandades da fala. guia da exposicion.  Biblioteca da Deputac...Centenario das irmandades da fala. guia da exposicion.  Biblioteca da Deputac...
Centenario das irmandades da fala. guia da exposicion. Biblioteca da Deputac...
 
Literatura galega (1900-1936)
Literatura galega (1900-1936)Literatura galega (1900-1936)
Literatura galega (1900-1936)
 
Areal nº 6
Areal nº 6Areal nº 6
Areal nº 6
 
Cemiterio de Santo Amaro (plano)
Cemiterio de Santo Amaro (plano)Cemiterio de Santo Amaro (plano)
Cemiterio de Santo Amaro (plano)
 
Pallares xvi 2016 06_20
Pallares xvi 2016 06_20Pallares xvi 2016 06_20
Pallares xvi 2016 06_20
 
Pallares xvi 2016 06_16
Pallares xvi 2016 06_16Pallares xvi 2016 06_16
Pallares xvi 2016 06_16
 
Viaxe ás orixes da conciencia ecolóxica en terras galegas juan lópez suárez x...
Viaxe ás orixes da conciencia ecolóxica en terras galegas juan lópez suárez x...Viaxe ás orixes da conciencia ecolóxica en terras galegas juan lópez suárez x...
Viaxe ás orixes da conciencia ecolóxica en terras galegas juan lópez suárez x...
 
Historia, tema 10
Historia, tema 10Historia, tema 10
Historia, tema 10
 
Anton fraguas do local ao universal
Anton fraguas do local ao universalAnton fraguas do local ao universal
Anton fraguas do local ao universal
 
Narrativa d posguerra_1_2012
Narrativa d posguerra_1_2012Narrativa d posguerra_1_2012
Narrativa d posguerra_1_2012
 
EvolucióN Do Galeguismo Amalia
EvolucióN Do Galeguismo AmaliaEvolucióN Do Galeguismo Amalia
EvolucióN Do Galeguismo Amalia
 
As irmandades e cabanillas
As irmandades e cabanillasAs irmandades e cabanillas
As irmandades e cabanillas
 
Galeguismo E Nacionalismo
Galeguismo E NacionalismoGaleguismo E Nacionalismo
Galeguismo E Nacionalismo
 
Eleccións galegas
Eleccións galegasEleccións galegas
Eleccións galegas
 
100 anos de Nós
100 anos de Nós100 anos de Nós
100 anos de Nós
 

[Quen Somos] A. C. Fuco Buxán

  • 1. Armada Española, 32 baixo – 15406 Ferrol Apartado de Correos, 240 15400 – Ferrol C.I.F. G-15709025 Telefº y fax 981325492 – móvil: 633100354 fucobuxan@yahoo.es www.fucobuxan.com Esta figura simbólica de “Fuco Buxán” inspirada nos versos de Celso Emilio, foi deseñada especialmente para a nosa Asociación por Isaac Díaz Pardo en Sargadelos. Fuco Buxán, aprinde a andar ergueito Fuco Buxán, aprinde a falar forte Fuco Buxán, aprinde de tal xeito que nunca máis esquezas o teu norte Celso Emilio Ferreiro
  • 2. Asociación Cultural “Fuco Buxán” A Asociación Cultural Fuco Buxán é unha entidade sen ánimo de lucro, apartidaria, democrática, aberta e participativa, que pretende converterse en foro de permanente debate de ideas, propostas e estudos socioculturais e económicos que axuden a vertebrar, desde unha perspectiva progresista, os novos retos colectivos, participando na construción dun futuro en paz e liberdade para todos, e dunha sociedade mais xusta, democrática, plural, igualitaria, solidaria e pacífica. No mes de Xulio de 1999 nace esta Asociación Cultural, que, desde o 1 de Maio de 1995, funcionaba xa como xestora da publicación “RAZON SOCIALISTA” cuio xerme ideolóxico identifícase no seu epígrafe: POLA REXENERACIÓN DA ESQUERDA. Nace pois coa vontade de ampliar o seu campo e proxectar a súa presencia en Ferrol ás portas dún século XXI cargado de desafíos inaplazables. O seu ámbito será a Comunidade Autónoma de Galicia Socios de Honra: Xaime Quintanilla Ulla, Julio Aneiros Fernández, Antonio Ares Abelleira, Santiago Carrillo Solares, Isaac Díaz Pardo, Carmelo Teixeiro Menéndez, José Agustín Deibe Río, Teodulfo Lagunero..., Cristina Almeida Castro e Xaime Quessada Porto. Publicacións RAZON SOCIALISTA “Pola rexeneración da esquerda” órgano de expresión de FUCO BUXÁN, portavoz de ideas progresistas, de denuncias e reivindicacións. Semestral, cunha tirada de 1000 exemplares. . Revista plural nos seus contidos e colaboradores, tenta ser foro de información e debate de temas sociais e culturais.. Editados 30 números. Colaboran entre outras firmas: Julián Ariza, Lucía Albor, J. Barreiro Gil, Enrique Barón, Mercedes Carbajales, Ramón Chao, Santiago Carrillo, Angel Carcoba, F. Fdez. Marugán, Eduardo Fra, Matilde Fernández, Anxo Guerreiro, Vicente Irisarri, Ignacio Latierro, Federico Luppi, J.M. Muñoa, Susana Narotzky, Pérez Touriño, Adolfo Piñedo, J.Ponte Far, Ignaci Ramonet, JL.Rdguez. Pardo, Rosa Méndez, Mohamed Safa, Carlos Taibo, Tamayo Acosta, Javier Terriente, Anxeles Bugallo, Juan Torres, Jordi Pedret, Vicenç Navarro, Ignacio F. Toxo…
  • 3. LIBROS DESDE EL MAR QUE PERDISTE - Memorias do militante comunista Manuel Pillado Martínez. Prólogo de Santiago Carrillo. LA TRANSICION EN FERROL- Enrique Barrera Beitia. Presentado por Vicente Alvarez Areces. Informe documental e de testemuñas dos feitos e figuras máis importantes deste período histórico na nosa comarca. JULIO ANEIROS “La lucha imprescindible”. Confeccionado sobre a base dos contidos gráficos e literarios aportados por institucións e persoas na Homenaxe que se lle tributou . EL JUICIO DE LOS 23. Enrique Barrera, José Torregrosa, e Rafael Pillado. Documentos, testemuñas e reflexións sobre o último gran proceso ante o T.O.P., aos acusados dos sucesos de Marzo 1972 en Ferrol. Colabora Fundación 10 de Marzo. Presentado por Cristina Almeida e Xoán Mª Castro Paz, coincidindo cunha Exposición fotográfica e documental sobre o 10 de marzo de 1972 e os seus protagonistas. MEMORIAS DUN ANTIFRANQUISTA. de Enrique Vigo Teijeiro. Mariñeiro republicano e enlace da guerrilla antifranquista. As súas experiencias de loita e cárcere. ABORDAJES. Folletón por entregas. Novela ambientada en Ferrol da que es autor José Torregrosa. FERROL 1931-1952. De la República a la posguerra. Traballo de investigación histórica de Enrique Barrera. MEMORIAS DE GUERRA (1936-1942) Miguel Iglesias. As vivencias dun mariñeiro republicano na guerra civil, na II GM. e no exilio. I.DIAZ PARDO: Homenaxe Galega. Recompilación dos textos dos poñentes nas Mesas Redondas da homenaxe á figura de Isaac Diaz Pardo. Coordinado por Rosa Méndez Fonte. MUROS DE SILENCIO. Traballo narrativo de C.Teixeiro, E. Barrera e MA. Rodríguez Carballeira, implicados desde o ano 2000 na defensa da Ría de Ferrol, contra a instalación de forma ilegal e irresponsable dunha Planta de Regasificación en Punta Promontoiro (Mugardos) que descartaba a súa ubicación natural (contemplada no proxecto inicial) no exterior da Ría de Ferrol e afastada de núcleos de poboación. TRABALLO E SOLIDARIDADE EN PENINSULAR MADERERA Y PYSBE. De Enrique Barrera, narra a loita dos traballadores e traballadoras destas empresas na década dos 70. POSTALES DE HUMO. De Juan Carlos Valle “Karlotti” volume nº 1 da colección “fuco buxán- poesía”. OBRAS CIVILES. Berros de rebeldía e pedra na BAZAN. de Enrique Barrera Beitia
  • 4. Audiovisuais: En colaboración con ACSUR-Las Segovias:“Noticiero Internacional de Barrio” E “Noticiero Intercultural” movementos de mulleres e de temas de solidaridade de distintos países. “Ferrol, polo mar e a vida”. En defensa da sostenibilidade e seguridade da Ría de Ferrol. “Carmelo: un compromiso cos demáis” En homenaxe póstumo a Carmelo Teixeiro, Coordinador do CCE. Autores: Mª Teresa Martínez Vilariño e Jorge Capotillo Cuadrado. “Homenaxe en Ferrol a Santiago Carrillo” formato DVD. “O Segredo da Frouxeira”. Dirixido por Xosé Abad. A longametraxe documental “O Segredo dá Frouxeira”, centrada no asasinato, en 1937, do Alcalde republicano de Serantes, Alejandro Porto Leis e de Modesto del Río, Jesús Miño e Avelino Landeira, “paseados” con él por habelo protexido.É unha produción de EAF Producións en coprodución coa TVG, coa subvención da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, o apoio da Concellería de Cultura do Concello de Ferrol, da Concellería de Cultura do Concello da Coruña, da Deputación da Coruña (Cultura), da Fundación 10 de Marzo (CC.OO.), da Asociación FucoBuxan, Asoc. Memoria Historica Democrática, Formateo e CG producións. “Minar”. En colaboración con ACSUR, ao longo dun Cursiño de Audiovisual. Denuncia a instalación dunha mina de andalucita que agrede o ecosistema de Pico Vello, nas Fragas do Eume.
  • 5. Presentación de Publicacións de diversos autores: “Cien preguntas sobre el nuevo desorden” de Carlos Taibo “COVARDES” de Mª Xosé Porteiro “La Memoria en retazos” de Santiago Carrillo “MEMORIAS” de Santiago Carrillo “¿Ha muerto el comunismo?” de Santiago Carrillo “Palestina, grito por la Libertad” de Mohamed Safa “Una Mujer en la Transición” de Ana Balletbó “Los Grises: Víctimas y verdugos del franquismo” de Julián Delgado. “Votos de riqueza” de Ignacio Castro. “Vicente Rojo. Retrato de un general republicano” de José Andrés Rojo. “A esforzada conquista da Autonomía” de Ceferino Díaz “A impostura e a desorientación na normativa lingüística” de Xosé M. Sarille “¿Para que serve a historia de Galicia?” de José C. Bermejo. “Dolores Ibárruri. Pasionaria: Una fuerza de la naturaleza” de Santiago Carrillo. “El Caso Leganés” de Luis Montes. “La extraordinaria vida de un hombre extraordinario” Memorias de Teodulfo Lagunero, prologado por Almudena Grandes. “Mañana a las once en la Plaza de la Cebada” de Manuel López. “La Cultura del Trabajo” de Mª Antonia Trillo. “DESINFORMACION : Cómo los medios ocultan el mundo” de Pascual Serrano. “Polos fillos dos fillos” de Xosé Manuel Sarille. “Novas receitas da cociña de Larpeiros” , de Benigno Campos. “AL ROJO VIVO” de Gaspar Llamazares e Almudena Grandes. “AS NOVELAS DA MEMORIA” de John Thompson.
  • 6. Encontros coa Información: Actos periódicos organizados como permanente encontro coa actualidade periodística e de, como reflicten os medios de comunicación, os asuntos que atinxen aos cidadáns. As distintas problemáticas sociais, a nivel local, comarcal, nacional e internacional. Disertación de expertos na materia e posterior coloquio. Entre outros temas: Infraestructuras, Industria, Sanidade, Educación, Procesos Electorais, Globalización, Fiscalidade etc… • “El tren en Ferrol”, “Igrexa e cidadanía”, “Proxecto de Estatuto de Galicia”, “Conlictividade nas aulas”, “Papado e Sociedade”, “Espazos públicos ¿para qué?”, “Racismo, xenofobia, neonacismo”, “Desastres medioambientais. ¿onde vamos?”, “Cambio Climático”, “A escola na II República” “ “¿Existe un modelo de cidade?”, “Galicia en chamas. Un desastre anunciado”, “América do Sul: Un desperar necesario”, “Estatut de Catalunya” “Crisis energética: ¿Quién paga?”, “Memoria Histórica: Xustiza Histórica”, “¿Está Galicia en venta?”, “Da crise á soberanía alimentaria”, “Claves para un futuro incierto”, etc... Actos e Homenaxes: Julio Aneiros Fernández, Emotivo e multitudinario homenaxe a XULIO ANEIROS, traballador exemplar, loitador pola Democracia, a liberdade, e polos dereitos dos traballadores, socio de honra de Fuco Buxán e exemplo para a esquerda, Celebrado no C.C. Carvalho Calero o 2 de xullo de 2004, participaron representantes políticos, sindicais e culturais e máis de medio millar de persoas. En novembro de 2005 presentouse noutro acto multitudinario o libro resume desta homenaxe: “Julio Aneiros, la lucha imprescindible”. A proposta desta Asociación, Julio Aneiros da nome a unha calle no seu Concello natal de Valdoviño e pronto terá outra dedicada en Ferrol. Celso Emilio Ferreiro Coincidindo coa celebración do noso 5º aniversario, e o 25 cabo de ano do seu pasamento, no marco da Universidade, Campus de Ferrol, organizamos una mostra bibliográfica e fotográfica, en torno a súa obra e vida (50 libros e 100 fotos), recital poético e dúas conferencias, nas que participaron: Luis Ferreiro, Obdulia Taboadela, Luis Barral, Antonio Rodríguez, Ramón Nicolás, Henrique Rabunhal, e Ramiro Fonte. Acto Homenaxe a Lorenzo Varela Acto poético e musical coa participación do académico Xosé L. Axeitos, con motivo da dedicación do Día das Letras Galegas – 2005, a este poeta e escritor.
  • 7. Homenaxe Galega a Santiago Carrillo Celebrado o 9 de Setembro,2005 , na Feira de Mostras de Ferrol (FIMO), co gallo do seu 90º aniversario. coa colaboración da Fundación 10 de Marzo, Carrillo é Socio de Honra da nosa Asociación e trátase dunha figura histórica, clave para comprender a loita democrática contra a Ditadura e a favor da Transición no noso país. Esta homenaxe programouse como un acto plural, a fin de incorporar ao conxunto de colectivos que constitúen a realidade social, sindical, política e cultural de Galicia e de axudar ao diálogo no conxunto das forzas democráticas. Organizouse en dúas partes: Unha primeira de contido político– cultural, na que participaron cerca de 1000 persoas, coa asistencia en Nome do Presidente da Xunta, do Conselleiro de Presidencia, José Luis Mendez Romeu, que intervíu xunto cos demáis oradores, Manuel Rodríguez Carballeira Presidente da Asociación Cultural Fuco Buxan, Jose Maria Barja Pérez, Rector da Universidade de A Coruña, Isaac Diaz Pardo, Camilo Nogueira ex_eurodiputado, Angel Judel Presidente de la Audiencia Provincial de A Coruña, José Clemente Lopez Orozco Alcalde de Lugo, Xan Maria Castro Paz Secretario Xeral de CCOO de Galicia e o propio Santiago Carrillo. Visualizaronse dous vídeos: A historia da vida e compromiso de Santiago Carrillo, e outro especial para este acto, do Dr. MarioSoares, Expresidente de la República Portuguesa. Houbo tamén intervencións poéticas e musicais. E unha segunda parte: unha cea con produtos da zona, coa asistencia de 400 comensais, onde houbo intervencións e entrega de agasallos ao homenaxeado e a súa dona.
  • 8. Nas datas previas a este acto e formando parte da Homenaxe, Santiago Carrillo foi recibido polo Alcalde de Santiago, pronunciando unha conferencia no Colexio de Avogados. Na cidade de Lugo, recibeu un avasallo e conferencio una Galería Sargadelos, e no Concello de Ferrol foi recibido polos portavoces dos Grupos Municipais, firmado o libro de ouro e ofrecendo unha roda de prensa co Alcalde da cidade. Homenaxe Isaac Díaz Pardo A Asociación Cultural Fuco Buxán organizou en febreiro e marzo de 2007 a Gran Homenaxe de Galicia ao pintor, ceramista, escritor e fundador do Grupo Sargadelos Isaac Díaz Pardo. Socio de Honra da nosa Asociación,que solicitou asemade ao Ministerio de Traballo a concesión da Medalla de Ouro ao Mérito no Traballo en recoñecemento á súa traxectoria laboral e cultural en favor de Galicia. A solicitude contou co aval do Presidente da Xunta de Galicia, Presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Conselleira de Cultura da Xunta de Galicia, Presidente da Real Academia Galega, Reitores das Universidades de A Coruña, Santiago e Vigo, Presidente da Audiencia Provincial de A
  • 9. Coruña, Fiscal Xefe do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Secretarios Xerais de UGT Galicia, CC.OO. de Galicia e CIG, Presidente da Confederación de Empresarios de Galicia, Presidente do Consello Galego de Relacións Laborais, Presidentes das Deputacións Provinciais de A Coruña, Lugo e Ourense, Presidente do Consello da Cultura Galega, Alcaldes de Santiago, A Coruña, Pontevedra, Lugo, Ourense, Cervo, e Primeiro Tte. Alcalde de Ferrol, Director Xeneral da Compañía Radio-Televisión de Galicia, Decano-Presidente do Colexio de Arquitectos de Galicia, Director de la Inspección de Trabajo y S.S. de Galicia, Presidente da Asociación Cultural Fuco Buxán, Delegado del Gobierno en Galicia. Personalidades estas coas que os directivos de “Fuco Buxán” se foron entrevistando persoalmente no interese de explicar o alcance dos actos a celebrar e recabar a súa axuda e apoio. A Medalla de Ouro foille torgada polo Ministerio de Traballo o 8 de decembro de 2007, e imposta polo Ministro Sr. Caldera unhas datas despois na Delegación do Goberno de A Coruña. Nunha comparecencia celebrada no Clube Internacional de Prensa de Santiago, os membros da directiva de Fuco Buxán, fixeron presentación pública dos actos da Homenaxe e da motivación do mesmo: . "recoñecer o traballo realizado por Díaz Pardo ao longo de toda a súa vida en favor de Galicia e que a sociedade recoñeza a súa "xenerosidade con Galicia" inauguración da exposición antoloxica sobre o laboratorio de formas celebrouse no Centro Cultural “Torrente Ballester” de Ferrol, do 8 de Febreiro ó 8 de Marzo do 2007, presentando unha mostra pictórica da obra de Díaz Pardo e de Luis Seoane, bibliografía e cerámica do Castro e de Sargadelos e un percorrido gráfico e fotográfico das distintas Entidades que integran o grupo Sargadelos. No acto da Inauguración participaron: - José Manuel Couce Fraguela, (Concelleiro de Cultura do Concello de Ferrol). - Begoña Soneira Beloso (Comisaria da Exposición) - Fernando Ocampo (Directivo de fuco buxán) coa lectura de poemas de Alberti e Lorenzo Varela - Manuel Rodríguez Carballeira “Lalán” (Presidente de fuco buxán). - Juan Fernández García (Primeiro Tenente de Alcalde do Concello de Ferrol) - Ánxela Bugallo Rodríguez (Conselleira de Cultura e Deportes da Xunta de Galicia) - O homenaxeado Isaac Díaz Pardo. Pecharon o acto, interpretando pezas clásicas galegas, tres profesoras do IES “Isaac Díaz Pardo” de Sada, (soprano, flauta travesera e piano)
  • 10. Dúas Mesas Redondas celebradas no salon de actos da Fundación Caixa Galicia, analizaron a personalidade e a obra de Isaac, nas súas distintas facetas como pintor, ceramista, escritor, editor, e de militancia política e social. Na primeira delas, o 9 de febreiro, participaron: o catedrático Manuel Aznar, o escritor Neira Vilas, o seu fillo Camilo Díaz e Rosa Méndez directiva de Fuco Buxán. Outra, o 23 de Febreiro, contou coa presenza do profesor Fermín Bouza, Andrés Varela, do Grupo Sargadelos, Fernando Salgado pola Xunta de Galicia, e a nosa compañeira Rosa Méndez. O Acto central da Homenaxe Tivo lugar o 2 de marzo no Teatro Jofre de Ferrol, coas intervencións de representantes institucionais e sociais. e a colaboración da Xunta, as tres Unversidades galegas, concellos, institucións sindicais, empresariais e culturais, medios de comunicación e colexios profesionais. O Programa do Acto foi o seguinte: Entrada no Teatro de Isaac Díaz Pardo, coa interpretación da Marcha do Antigo Reino de Galicia Proxección dun video-documental realizado por Estudio Abad sobre o Homenaxeado. Intervencións: - Presidente de Fuco Buxán: Manuel A. Rodríguez Carballeira. - Presidenta do Comité de Empresa de O Castro: Celina Fernández Rouco. - Representante de UGT – Galicia: Carlos Bellas Cebreiro. - Secretario Xeral de CCOO de Galicia: Xan Mª Castro Paz. - Director Xeral da CRTVG: Benigno Sánchez García. - Representante do Concello de Ferrol. - Presidente da AELG : Cesáreo Sánchez Iglesias. - Presidente da Deputación de A Coruña: Salvador Fernández Moreda. - Reitor da Universidade de Santiago: Senén Barro Ameneiro. - Presidente do TSXG: Antonio González Nieto. - Conselleiro da Presidencia: José Luis Méndez Romeu. Recitado poético: Xosé Leira, Rosa Méndez, Eva Veiga, Laura Landeira e Manuel Patinha Adhesións e colaboracións: Lectura de María Martínez Vilariño Intervención do Homenaxeado: Isaac Díaz Pardo. Actuación Musical : Grupo MILLADOIRO.
  • 11. Cea-Homenaxe Ao rematar o acto do Teatro Jofre, celebrouse unha cea – homenaxe, na Feira de Mostras de Ferrol, a que asistiron cerca de 300 persoas, intervindo durante a mesma portavoces de entidades culturais e sociais (Asociacións veciñais, Ateneo, Confraría de Pescadores, Memória Histórica, portavoces municipais, amigos…) que lle transmitiron a súa felicitación e o cariño a Isaac. Unha “mesa 0” axudou coa colaboración de Entidades e particulares a facer posible esta Homenaxe. Edición dun libro : I.Díaz Pardo. Homenaxe galega Editouse un volume de 260 páxinas que recolle un cento de fotografías relativas ao intelectual e á súa obra, ademais das intervencións dos participantes nas mesas redondas a celebrar na sede ferrolá da Fundación Caixa Galicia, e as composicións que se recitarán no acto central de homenaxe no Teatro Jofre. Rosa Méndez Fonte, se encargou da compilación do libro. Con el, preténdese profundizar no coñecemento da traxectoria de Isaac Díaz Pardo en todas as súas vertentes. . Todos os asistentes ao evento recibirán un volume como agasallo, e unha boa parte da tiraxe destinarase a bibliotecas, asociacións e entidades co fin de facilitar a difusión pública da obra Está prologado por Fuco Buxán, Conselleira de Cultura e Deportes e Presidente da Xunta de Galicia. A nosa Asociación promoveu tamén a realización dunha curtametraxe: “ISAAC” ISAAC é un documental de 55 minutos conta o pensamento e os sentimentos de Isaac Díaz Pardo sobre unha boa parte dos acontecementos e da vida que lle toco e estalle tocando vivir. Contado con ritmo vivo, o sentido do humor e a clarividencia que son propias do personaxe galego máis relevante e fértil de todo o século vinte e do que vai do vinte e un. Realizado por Xosé Abad (EAF Producciones) coa colaboración da xunta de Galicia e RTVG, estrenouse o 28 de setembro do 2007 na fundación Caixa Galicia de A Coruña. Selo de Correos Conmemorativo Non foi posible levar adiante o proxecto de editar un selo de correos conmemorativo da Homenaxe, xa que a normativa postal non contempla que figuren nos mesmos os datos de persoas vivas. Quedou soio en proxecto, e que sexa por moito tempo. Outras Homenaxes ao carón destes Actos Outras Entidades , como a fundación Araguaney a Universidade da Coruña e o Campus Universitario de Ferrol, organizaron paralelamente a esta Homenaxe outros actos de recoñecemento e distinción a Isaac, incluso extensivos ao seu pai o artista plástico ferrolán Camilo Díaz Baliño.
  • 12. Actos de Homenaje a Carmelo Teixeiro Carmelo, era persoa cunha traxectoria vital de exemplo en valores e principios, salientable polo seu compromiso na defensa da ría de Ferrol e na loita por unha sociedade máis xusta, solidaria e comprometida co medio ambiente, primeiro na súa actividade sindical e política e logo a través desta Asociación, da que poi o primeiro Presidente, e tambén socio de Honra. Coordinador durante unha década do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, O 18 de Decembro do 2007, no Centro Cultural Carballo Calero, se lle tributou unha homenaxe En agradecemento do seu compromiso
  • 13. social e político, do seu traballo, constante e discreto, na defensa dos valores humanos, dunha democracia de calidade, dunha sociedade cohesionada en base á xustiza social e pola defensa medio ambiental da ría de Ferrol. No acto fíxose presentación pública do documental "Ferrol polo mar e pola vida" centrado na denuncia da planta de gas de Reganosa, foi realizado polos alumnos asistentes a un cursillo de guión e gravación promovido pola ONG "Acsur-Las Segovias" e Fuco Buxán. Obtivo un accésit no Certame "Video Diversidade" de Ecoloxistas en Acción, estando prevista a súa difusión en Latinoamérica dentro das iniciativas de accións comunitarias que leva a cabo Acsur. Participaron no acto, o Presidente de Fuco Buxán, Manuel Rodríguez Carballeira, os coordinadores do Cursiño, Silvia Chocarro (ACSUR) e Manuel Cendán (Fuco Buxán), e o ex Parlamentario europeo e autonómico e membro do Consello Nacional do BNG, Camilo Nogueira Román. Fíxose entrega a Carmelo Teixeiro, da figura de “fuco buxán” símbolo da Asociación, e o acto tivo remate musical coa actuación do Grupo “A Revolta de Trasancos”. Carmelo Teixeiro Menéndez, faleceu o 5 de febreiro de 2008, e as súas cinzas repousan na Ría Ferrolán, e no “Parque Carmelo Teixeiro” nominación acadada para un lugar de Caranza, por iniciativa desta e outras asociacións cidadás, onde foron prantados tres carballos na súa lembranza nunha emotiva e sinxela homenaxe. 30º Aniversario del Golpe Militar Chileno. Xornadas de solidaridade co pobo chileno, centradas nunha homenaxe a Salvador Allende, Pablo Neruda e Victor Jara. Conferencia de Oscar Soto e Omar Contreras. Exposición fotográfica e recital poético-musical. Debate sobre a reforma da Ley de Educación Celebrado no Campus Universitario de Ferrol, no ano 2002, coa participación de expertos tanto no eido educativo como político. “Eleccións Municipais 2003”, Mesa debate na que participaron todos os cabezas de lista a estes comicios. Actos en colaboración coa Asociación de Graduados Sociais e a E.U. de Relacións Laborais. “Xormadas sobre a situación laboral actual” “Xornadas Galegas sobre as condicións de traballo e saúde”
  • 14. Guerra de Irak: Acto “Non a Guerra: Voces pola Paz”. Organizado por “Fuco Buxán” na voluntade de “uni-lo conxunto de asociacions e institucions da comarca neste festival”, substituindo a dialèctica das bombas pola palabra. Con participación de políticos, sindicalistas, intelectuais e artistas, así como colectivos sociais e culturais. Entre outros: Mohamed Safa (Delegado en Galicia da OLP) Ramón Chao (xornalista) Victor Prieto (Crego) e artistas da Música, as Letras ou a Escena: Xoan Rubia, Mª Manuela, Laura Landeira, Pilar Pallarés, Ánxela Abalo,Gustavo Pernas, Esmérita Ramírez, Manuel Alvarez Torneiro, Eva Veiga, Luisa Villalta, Xosé Leira, Viky Taibo, Estíbaliz Espinosa. Asistencia a tódalas movilizacións organizadas pola Plataforma Galega Pola Paz. E recollida de firmas contra a Guerra remitidas ó Congreso dos Deputados. Actos en solidaridade co pobo Palestino “A situación actual da Muller en Palestina”. Exposición fotográfica, recital de poesía palestina e conferencia –coloquio coa participación de Mohamed Safa, Delegado de la OLP. “A situación Palestina, hoxe”. Conferencia de Leila Khaled, Presidenta da Unión de Mulleres Palestinas e membro do FPLP. “Derechos Palestinos a la sombra del Muro” libro de varios autores presentado por Jordi Pedret, Vicepresidente de ACSUR-Las Segovias. “La situación de los territorios ocupados” Exposición fotográfica e conferencias en Santiago, Ferrol e Fene. En colaboración con ACSUR, Galería Sargadelos e Fundación Araguaney. “Ocupación de Gaza 2009” : Mobilizacións e diversos actos contra a invasión sionista.
  • 15. Acto Solidario con Cuba. En colaboración coa Plataforma Axuda Urxente a Cuba, para recadar fondos a fin de paliar os desastres de tres furacáns en Pinar del Río. Recital poético-musical no Teatro Jofre. Efectos do Amianto Ante o grave problema que afecta a un amplo colectivo social, e as insuficintes vias de prevención e reclamación, a nosa Asociación promove coa colaboración de Eurosaúde, o encontro de representantes de asociaciones de afectados polo amianto de toda España reuníndose en Ferrol para debatir sobre toda a problemática da asbestosis. . Ao encontro acuden especialistas como os sindicalistas Ángel C. Cárcoba Alonso (CCOO.), Fernando Fernández Arroyo (UGT), Alfonso J. López Prego (USTG) e un representante da CIG. O neumólogo Josep Tarrés, que estudia a asbestosis en Cataluña. Interviron tamén delegados das asociacións de afectados de Cerdayola (Cataluña), Getafe, Sevilla, Cartagena e Ferrol. Asemade participaron xuristas e abogados. Durante o encentro, un equipo do programa “Línea 900” de TVE desplazado a Ferrol realizou unha emisión especial sobre os enfermos do amianto de Ferrol e Cataluña. Todo elo, cristalizou na fundación duha Asociación Local de Afectados, denominada AGAVIDA. O futuro da Construcción Naval No salón de actos do Vicereitorado, no campus de Esteiro, organizamos dous debates en torno a situación e o futuro do sector naval en Ferrolterra. No primeiro participaron os representantes Sindicais, e no segundo, a nivel político, os deputados no Congreso Xavier Carro (PSdeG-PSOE), Arsenio Fernández de Mesa (PP) e Francisco Rodríguez (BNG); o líder de Independientes por Ferrol, Juan Fernández; e Javier Alcázar, secretario de Empleo de Esquerda Unida.
  • 16. 30º Aniversario da Unión Militar Democrática. En colaboración co Foro Milicia e Democracia, Dúas conferencias no Campus Universitario de Ferrol - “UMD e a transición” - “As FFAA nunha sociedade democrática” Ciclo de Conferencias: “25 Años de Constitución e a España das Autonomías” Entre outras, as conferencias de Santiago Carrillo, José A. Muñoa Garuza (Comisionado do Lehendakari) e Manuel Montero (Reitor da Universidade do Pais Vasco). Ciclo de Conferencias “Democracia e Compromiso” Dedicadas a exaltar os valores da Democracia e a necesidade de promover o seu desenrolo e profundación. • “Momento político actual” : Santiago Carrillo Solares. • “La palabra y el coraje público” : Angel Gabilondo Pujol. • “Crisis financiera: Democracia restringida. ¿Dónde nos lleva la globalización neoliberal? : Juan Torres López. • “Democracia local y global. De súbditos a ciudadanos. La gran transición” : Federico Mayor Zaragoza • “El Poder Jucicial: El caso Garzón”: Cristina Almeida • “Derechos al final de la Vida”: Luis Montes Mieza. I
  • 17. Xornada de Antropoloxía Política, En colaboración coa Universidade de Barcelona, e no marco da Universidade a Distancia de Ferrol. Dirixido por la prof. Susana Narotzky. Tema: “Memoria Histórica dos Traballadores en Ferrolterra” Universidade e Plan Bolonia Mesa redonda na que participaron os profesores Juan C. Bermejo e Guilermo Ferrández e a estudante Iria G. Conde. Cíclo de Cine Social Colaborando co Ateneo Ferrolán, proxección de “El Efecto Iguazú” y “200Km.” Sobre a problemática dos traballadores/as de SINTEL. Presentación de José Torregrosa. Proxección de “Hay Motivo” e “Vajont: Presa Mortal” de Renzo Martinelli. Conferencias Cabe destacar entre moitas outras: Juan Torres: ¿Están en peligro las pensiones públicas?. Gaspar Llamazares: Presentación del libro “Al rojo vivo” escrito con Almudena Grandes. Xosé Manuel Beiras: Crise, outra visión. Isabel Vilalba: Da crise á soberanía alimentaria Camilo Nogueira Román: Capitalismo e Crise Global
  • 18. A solidaridade cos pobos do Mundo Co pobo Mapuche Presentación do documental: TERRITORIOS DE FRONTERA, e do libro LÚA DE XEMAS FRÍAS (Escolma de Poesía Mapuche)Interviron: Xulio L. Valcárcel, Poeta, Omar Contreras Flores, Ex profesor chileno e Miguel Anxo Fernán Vello Dir. Ed. Espiral Mayor Cos pobos Indíxenas Exposición Dialogada: “Memoria histórica, ferramenta de resistencia dos Pobos Indíxenas: contra o esquecemento e a non repetición”. por José Roberto Morales, do Centro para a Acción Legal en Dereitos Humanos (CALDH) de Guatemala. Acto en colaboración con ACSUR – Las Segovias. Con Honduras Diversas actividades de apoio a loita do pobo hondureño, organizadas pola nosa Asociación e en ocasións coa colaboración do Comité galego de apoio a Honduras: Conferencias e encontros cos membros do Frente Nacional contra o Golpe de Estado: Erasto Reyes e Bartolo Fuentes, ou os cooperantes Mauricio e María Castro. Proxección de documentais. Concentracións de repulsa ao golpe de Estado. Comunicados e Mocións de apoio ante o Parlamento Galego. Solidaridade co COSAL (Comité de Solidaridade con América Latina) Firmando un Convenio de Colaboración para a Recuperación da Memoria Histórica e a defensa da Auga, coa Fundación Almada do Paraguai. Visitou a nosa sede o Dr. Martín Almada, Pedagogo, Membro do Tribunal Russell, Premio Nobel Alternativo e activista de los Dereitos Humanos, a quen se debe a difusión do arquivo da “Operación Cóndor”.
  • 19. Co pobo Saharaui Ademáis de varios comunicados de solidaridade e apoio, participamos na concentración celebrada na Praza de Armas, e organizamos a conferencia e presentación do libro: “Morir por el Sahara” de Julián Delgado, acompañado do profesor da USC, Santiago Jiménez. Con outras organizacións solidarias Participamos e colaboramos con diversas ONG, coa Rede Social Ferrolterra, con Solidaridade Internacional Galicia, co Comercio Xusto ….. Entre outros actos: Pacto Galego Contra a Pobreza. Vínculos solidarios entre organizacións de mulleres,(conferencia de Ana Mª García Fernández Proxección dun corto documental: “Mulleres en camino (Perú-Bolivia)”, producido no marco do Convenio para o Empoderamento da Muller. Exposición : ”Mulleres que cambian o mundo. A muller como motor do desenvolvemento.” en colaboración co Ateneo Ferrolán.
  • 20. Fuco Buxán coa Inmigración Formamos parte da Plataforma Galega da Inmigración e Emigración de Retorno, desenrolando a través da nosa Área específica de Inmigración diversos contactos e actividades neste sector da cidadanía. Na defensa da Língua Galega Dende hai varios anos vimos colaborando co Concello de Ferrol e con outras Entidades da comarca na organización dos actos do Día das Letras Galegas. Promovemos con outras entidades cidadás a candidatura de Ricardo Carvalho Calero para celebrar este día. Formamos parte da Plataforma “Queremos Galego” e doutras entidades da promoción da Língua.
  • 21. Fuco Buxán co mundo do traballo Participamos nas mobilizacións da clase traballadora, apoiando as súas reivindicacións e a defensa dos seus dereitos. Organizamos – en apoio aos Sindicatos de clase – actos, conferencias e debates en busca de solucións a crise económica e social que amenaza o estado de benestar.
  • 22. A defensa ecolóxica Proxección e coloquio sobre o documental “MAN FRED, HOME SEN PAZ” - Premio Mestre Mateo 2010 – sobre o alemán de Camelle e a súa obra, coa participación do seu guionista David Formoso. Elaboración do documental “MINAR” que denuncia a grave agresión ecolóxica da proxectada mina de andalucita en Pico Vello, que destruirá as fontes do Río Belelle e as Fragas do Eume. Foi producido ao longo dun Curso de Vídeo, celebrado en colaboración con ACSUR. Recuperación e divulgación da Memoria Histórica Ademais das varias publicacións e homenaxes levadas a cabo ou en preparación, a activa colaboración coa A.C. “Memoria Histórica Democrática”, na organización do Congreso da Memoria: “A represión franquista en Galicia”, celebrado en Narón, no ano 2003. Acto de homenaxe aos avogados contra o franquismo, “Mañana a las once en la plaza de la Cebada”, Homenaxe a Manolo López (avogado defensor dos traballadores ante o TOP). Coa participación do noso Presidente, Manuel Rodríguez Carballeira, o Alcalde de Ferrol Vicente Irisarri, o avogado laboralista José Luis Núñez, o profesor Xesús Alonso Montero e o Presidente do Principado de Asturias Vicente Álvarez Areces.
  • 23. O Segredo da Frouxeira Longametraxe documental elaborado por iniciativa de Fuco Buxán , centrado no asasinato, en 1937, do Alcalde republicano de Serantes, Alejandro Porto Leis e de Modesto del Río, Jesús Miño e Avelino Landeira, “paseados” con él por habelo protexido, foi estrada en decembro de 2009, con moitísimo éxito no Teatro Jofre. Participan nel, en aspectos de investigación, asesoramento ou figuración, numerosas persoas relacionadas coa A.C. “fuco buxán” e cos grupos de teatro afeccionado de Ferrol. “O Segredo da Frouxeira – dí o seu director Xosé Abad - aborda un tema nunca suficientemente contado, pero desde unha perspectiva diferente, a dos conflitos e equívocos vividos polos familiares das vítimas. A perda, o saqueo, o silencio, a ameaza, a difamación, todo o que vai sucedendo despois de que os seus familiares fosen fusilados. A carga emocional non impide ás familias, tamén vítimas da represión, reencontrarse e reclamar o recoñecemento da verdade, sen ningún ánimo de vinganza e construíndo unha historia de enorme dignidade”. É unha produción de EAF Producións en coprodución coa TVG, coa subvención da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, o apoio da Concellería de Cultura do Concello de Ferrol, da Concellería de Cultura do Concello da Coruña, da Deputación da Coruña (Cultura), da Fundación 10 de Marzo (CC.OO.), da Asociación FucoBuxan, Asoc. Memoria Historica Democrática, Formateo e CG producións. Homenaxes A iniciativa de Fuco Buxán e da Asociación Memoria Histórica Democrática, o Concello de Ferrol organizou sendas homenaxes ao Alcalde Porto Leis e os seus compañeiros, no antigo Concello de Serantes, e ao Contralmirante Azarola, fusilado en 1936 por defender a causa republicana.
  • 24. Homenaxe aos presos do campo de concentración de Cedeira Colocación dun monolito onde estivo o campo de prisioneiros e celebración dun acto institucional, coa participación de: * Presidente da Asociación Fuco Buxán. *Presidente da Asociación Memoria Histórica Democrática. * Representante dos presos (Octavio Cabezas Moro). * Alcalde de Cedeira (José Luís Vergara) * Presidente do Principado de Asturias (Vicente Álvarez Areces). Ferrol recuperando a Memoria. “A verdade nunha man pechada” O Concello de Ferrol e as Asociacións Memoria Histórica Democrática e Fuco Buxán, programaron baixo este título diversos actos (Mesas Redondas, Música, Cine, Teatro e Ofrenda floral), co obxetivo de dar a coñecer o período histórico da II República e resarcir a memoria das persoas que foron esquecidas e denigradas. As actividades celebráronse do 29 de marzo ao 27 de abril na Fundación NovaCaixaGalicia, no Teatro Jofre e nos Cines Dúplex.
  • 25. Actividades Artísticas As Artes Plásticas 1º de Maio: “O mundo do traballo na contorna da globalización” Exposición pictórica de Victor G. Novás e textos poéticos de varios autores. IFP Ferrolterra, maio 2009. Las manos armadas del corazón Pinturas de V.G. Novás con Textos de J.C. Valle “Karlotti” Centro Cívico de Caranza, maio 2011 Visita guiada a Exposición: “Seguro...?” de Suso Basterrechea. Proxecto de homenaxe a Xaime Quessada Quessada, Socio de Honra desta Asociación, fixo doación ao Concello de Ferrol de dous murais pintados directamente na Praza de Armas. A Fotografía Exposición (M)2. Fotografías de Xosé Abad e Audiovisual de Sandra García Rey Recolle a evolución sociolaboral de nais e fillas nos derradeiros anos en Galicia En colaboración co Concello de Fene. A Poesía Numerosos recitais poéticos en diversos actos. Espazo permanente dedicado á poesía no noso programa radiofónico semanal “O Recuncho”. I a IV Semanas de Poesía Salvaxe en Ferrol (Anos 2008 a 2011) Participación nos recitais poéticos celebrados nas rúas e espazos públicos da cidade. A Música Varios recitais musicais a cargo de distintas agrupacións corais, celebrados ao longo dos derradeiros anos.
  • 26. O Teatro Representación da obra “Hai que confiar na esperanza” de Siro López, polo Grupo Ferrolterra Teatro. Coloquio sobre “A liberdade de expresión dos xornalistas”. Representación de “Mackie o Navallas” polo Grupo Bartoleta Teatro, e reflexión sobre a corrupción. No Centro Cultural Torrente Ballester. O noso propio grupo “Tremoia Teatro” Dirixido por Luis G. Ramos, e coa participación de oito actores, está a representar actualmente “Hildegart”, de Borja Ortíz de Gondra, en distintos escenarios da comarca.
  • 27. A nosa Biblioteca Formada por máis de 800 volúmenes, numerosos vídeos documentais e varias coleccións de Revistas, está en proceso de catalogación para poñela a disposición dos socios/as e público en xeral, brindando outra actividade cultural a cidadanía. Tenta especializarse en temas socio-políticos, da Memoria Histórica e da Muller. O noso local social “Tino Deibe” Sito na Rúa Armada Española, 32 baixo (Caranza - Ferrol). Foi inaugurado o 6 de novembro de 2010, nun acto sinxelo, no que estivo presente unha ampla representación, tanto institucional como de todo o tecido asociativo e cultural da nosa comarca. Estas dignas instalacións, cedidas polo Concello de Ferrol, permitirannos seguir realizando - en mellores condicións - as nosas actividades culturais e de difusión das ideas progresistas e servirá tamén de punto de encontro para aquelas asociacións e cidadáns que coinciden nos nosos proxectos.
  • 28. “O Recuncho” Este é o nome do noso programa radiofónico semanal en directo e con varias retransmisión en diferido que se emite os martes, de 18,30 a 19,30 horas, a través de Rádio FilispiM, 93.9 da FM. Cún contido de entrevistas, opinións, comunicados, teatro, música e poesía. Os temas tratados, ben pola súa actualidade, ben por ser un problema que afecta un amplo colectivo social, reflicten o interese e unha das razóns de ser de Fuco Buxán, defende-la democracia, promovendo o debate e estimulando a participación, mobilización e espírito crítico da cidadanía, único xeito de incidir na realidade social e acadar a súa transformación desde unha perspectiva progresista. http://recunchofuco.blogspot.com Colaboración con outras entidades: Temos participado e participamos en cantas iniciativas e plataformas defenden ideais comúns ou compartibles: . - Plataforma Ciudadá “Nunca Mais” Acto informativo “A traxedia do Prestige” coa participación de expertos en temas de navegación marítima e medioambentais. Reparto de propaganda, movilizacións e manifestacións. Galiza non se Vende, Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, Marcha Mundial das Mulleres., Foro Social Galego, Foro Social Ferrolterra, Foro Agenda Local 21 de Ferrol, Plataforma para a Defensa da Saúde Pública, Plataforma “Queremos Galego”, Rede de Converxencia Social Ferrolterra, Movemento 15 M, Democracia Real Xa, Plataforma en Defensa da Auga.
  • 29. Fuco Buxán e a Planta de Gas A nosa Asociación é membro fundador do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, implicándose en todas as actividades emprendidas polo Comité en defensa da sostenibilidade da Ría, dos seus postos de traballo e da vida dos habitantes da súa contorna. Á tarefa de facer realidade o lema : ¡PLANTA DE GAS FORA DA RÍA! vai encamiñada unha parte importante da nosa labor, asistindo as mobilizacións e actos convocados polo Comité e participando da súa xestión. Dentro da participación persoal e material cabe destacar a publicación do libro: “Muros de Silencio” Traballo narrativo de C.Teixeiro, E. Barrera e MA. Rodríguez Carballeira, implicados desde o ano 2000 na defensa da Ría de Ferrol, contra a instalación de forma ilegal e irresponsable dunha Planta de Regasificación en Punta Promontoiro (Mugardos) que descartaba a súa ubicación natural (contemplada no proxecto inicial) no exterior da Ría de Ferrol e afastada de núcleos de poboación. A asemade constante na nosa Revista “Razón Socialista” a aportación de colaboracións destiñadas a salientar a perigosidade da Planta e a improcedencia da súa ubicación.