IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
NotaPreda_InnocacionSocial_faitedixital_gl
1. INFORMACIÓN AOS
MEDIOS
Dentro da iniciativa de capacitación tecnolóxica “Faite Dixit@l”
A AMTEGA ABRE O CICLO DE FALADOIROS DIXITAIS O 28 DE OUTUBRO NA
CORUÑA CUN ENCONTRO SOBRE INNOVACIÓN SOCIAL
§ Celebrarase no espazo de coworking WeKCo, con participación aberta e gratuíta
ata completar o aforamento
§ Desenvolverase con metodoloxía ‘PechaKucha’, un modelo de exposición áxil e
dinámico que facilita a posta en común
§ Seis relatores poñerán en común a súa experiencia na execución de proxectos de
innovación social
§ Poderá ser seguida vía streaming na web das rede de aulas CeMIt
http://cemit.xunta.es/, ademais de en Twitter co hashtag #faladoirosDIX e en
Facebook, www.facebook.com/faitedixital
Santiago, 25 de outubro de 2014.- No marco do proxecto ‘Faite Dixital’, promovido pola
Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) en colaboración con
Fundetec, o vindeiro mércores 28 de outubro, terá lugar a primeira dos Faladoiros Dixitais
baixo o título ‘Facendo a Innovación Social’
O obxectivo deste faladoiro é trasladar aos participantes unha visión específica da
innovación social desde múltiples vertentes creativas, achegando coñecemento e
experiencias. Este faladoiro desenvolverase a partir das 18:30 horas no espazo de
coworking WeKCo, na Coruña, www.wekco.net.
Metodoloxía ‘PechaKucha’
‘Facendo a Innovación Social’ reúne a 6 expertos que compartirán cos asistentes
coñecemento e experiencias a través da metodoloxía ‘PechaKucha’, unha fórmula de
presentacións rápidas e dinámicas (20 diapositivas, 20 segundos por diapositiva), que
facilitan o seguimento e a comprensión por parte dos asistentes e a súa interacción cos
participantes.
Inscrición
Esta xornada, como todas as que forman parte dos ‘Faladoiros Dixitais”, poderá ser seguida
a través de streaming, ademais de por as canles das redes sociais de ‘Faite Dixit@l!’ (Twitter
-@faitedixital- e Facebook –www.facebook.com/faitedixital). A inscrición, gratuíta e libre ata
que se complete o aforamento do espazo de celebración, pode realizarse nesta ligazón:
http://www.faitedixital.es/galego/participa/formulario-pecha-kucha/
Sobre os ponentes
Juan Diego Pereiro, socio-fundador de WeKCo, compartirá a súa visión da innovación social
a través dos espazos de coworking.
Carmela Sánchez, introducirá aos asistentes na construción de coñecemento participativa e
colaborativa a través da súa experiencia no proxecto patrimoniogalego.net.
Comunicación dá Xunta de Galicia
1
San Caetano, s/n - 15704 Santiago de Compostela
Tel.: 981 541 238/42/51 - Fax: 981 541 252/41
Correo-e: comunicacion@xunta.es
2. INFORMACIÓN AOS
MEDIOS
Carmen Súarez, axente TIC do concello de San Sadurniño, mostrará o proxecto ‘Fálame de
San Sadurniño”, un proxecto colaborativo en rede convertido nun espazo web único
vertebrado a través de múltiples soportes (vídeos, fotografías, documentos históricos,…)
achegados polos veciños que permite a supervivencia no tempo da historia de San
Sadurniño
Daniel Cerqueiro, xerente da empresa Abertal, compartirá o coñecemento adquirido no
proxecto Phottic, que pon en marcha proxectos locais para a recuperación do Patrimonio
Fotográfico onde a poboación ofrece as súas imaxes e o seu coñecemento para que sexa
envorcado a Internet. Daniel Cerqueiro, falaranos tamén da iniciativa “LaconNetwork”, en
encontro de emprendedores TIC que busca a xeración de redes de contacto e intercambio
de ideas e experiencias ao redor dunha comida, e que ten xa 4 anos de vida.
Óscar Branco, como técnico do proxecto PARNET-TIC 2, expoñerá a súa experiencia no uso
das novas tecnoloxías orientado á procura e creación de emprego o ámbito ambiental, os
chamados ecoempleos.
Eva Ríos da empresa RYSG, participante no proxecto Apoio Xerontolóxico A Domicilio
(AGAD) a través das Novas Tecnoloxías (TIC): Domótica e Telemedicina (AGAD-TIC), dará
a súa visión sobre a Innovación Social no ámbito da saúde e o benestar social.
Faladoiros Dixitais
O ciclo de Faladoiros Dixitais de ‘Faite Dixit@l!’ comprende cinco eventos, un sobre
innovación social dixital desenvolvido baixo metodoloxía ‘PechaKucha, ’; dous seminarios de
expertos sobre Impresión 3D e internet das cousas e dúas xornadas de exposición de casos
de éxito de aplicacións móbiles e identidade dixital.
Faite Dixit@l
‘Faite Dixit@l’ é un proxecto posto en marcha pola Axencia para a Modernización
Tecnolóxica de Galicia (Amtega) o pasado mes de setembro, desenvolvido a través dos
centros da Rede CeMIT, e dirixido a propiciar o empoderamiento dos usuarios en materia
tecnolóxica para favorecer a súa empleabilidad coa tecnoloxía e a sociedade da información
como base.
'Faite Dixit@l! ofrece máis de 1.800 prazas para a participación nas 140 actividades
programadas. Na actualidade atópase en período de inscrición o ‘Primeiro Concurso ‘Faite
Dixit@l’ de aplicacións móbiles, que busca recoñecer a creatividade na creación de
ferramentas tecnolóxicas que melloren a dispoñibilidade de recursos para a cidadanía e
fomenten o uso da tecnoloxía de código aberto neste proceso creativo.
SAÚDOS, COMUNICACIÓN DÁ XUNTA DE GALICIA
Comunicación dá Xunta de Galicia
2
San Caetano, s/n - 15704 Santiago de Compostela
Tel.: 981 541 238/42/51 - Fax: 981 541 252/41
Correo-e: comunicacion@xunta.es