3. Técnica de cultivo de especies acuáticas,
vexetais e animais, en ambientes físicos
controlados, co obxectivo de manter as
condicións que estas especies atopan no
seu medio natural.
Cultivo de peixes, moluscos e crustáceos
en piscifactorias ou bateas flotantes.
As principais especies de peixes son a
dourada, rodaballo e robaliza no caso da
acuicultura mariña, xunto á troita no caso
da acuicultura continental.
O volume de produción máis alto
corresponde ao cultivo de mexillón nas
Vista aérea de la piscifactoría de Stolt Sea Farm
Rías Baixas galegas. en cabo Vilán, Camariñas. // Víctor Echave
4. A agricultura ecolóxica prescinde de utilizar
produtos químicos (fertilizante insecticidas,
sementes modificadas etc.) para aumentar a
fertilidade do solo e das plantas, ou limita o uso
de fármacos nas explotacións gandeiras. Iso
supón apostar por unha menor produtividade, a
cambio de produtos máis saudables e un maior
respecto as condicións ambientais de cada
área.
Dende o seu recoñecemento oficial en 1989 e a
creación de etiquetas para os produtos
ecolóxicos, houbo un progresivo aumento da
produción ecolóxica. hoxe conta con axudas
específicas dentro da PAC.
A primeira comunidade española produtora é
Andalucía (máis dun terzo dos produción)
seguida por Estremadura (18%) e Cataluña (8%).
5.
6.
7. Certificación
de calidade que
se outorga a produtos dun
determinado territorio do que
toman o seu nome, que
asegura certas características
comúns que todos deben
cumprir.
Resultacada vez máis
frecuente en produtos agrarios
(vinos, aceites, carnes,
legumes, queixos, doces,...).
8. DO e IX
Distinción especial
que se lles concede
a produtos que
acadan un elevado
nivel de calidade,
tanto polas materias
primas utilizadas,
como polo seu
proceso de
elaboración.
9. Proceso de redución do
emprego agrario, ante o maior
dinamismo doutras actividades
e a mecanización das tarefas
do campo.
Asociado ao proceso de
industrialización e ao éxodo
rural, a desagrarización en
España comezou nos anos 60.
Por primeira vez, no censo de
1970, os ocupados no sector
primario (29%) foron
superados, tanto polos da
industria (37%) coma polos dos
servizos (34%).
10. O proceso de desagrarización foi máis
intenso naqueles territorios que coñeceron
un maior desenvolvemento industrial,
contan con grandes cidades, ou presentan
un forte crecemento do turismo nas últimas
décadas. Iso explica que en Madrid, o País
Vasco, así como en boa parte de Cataluña
e os dous arquipélagos, a porcentaxe de
poboación agraria non supere o 2% do total
de ocupados.
En cambio, os valores máis altos de
ocupación en actividades agrarias
corresponden as provincias do interior
peninsular, en especial as que bordean a
fronteira con Portugal ou corresponden a
áreas montañosas e menos accesibles. No
litoral, tan so as provincias de Murcia,
Almería e Huelva presentan tamén
porcentaxes de poboación agraria superiores
ao 8%, debido á expansión da agricultura
intensiva baixo plástico.
En todas as provincias, os traballadores
agrarios son xa unha minoría. Pero boa parte
dos seus produtos son a base da industria
agroalimentaria e tamén contribúen a
preservar algúns produtos de calidade
vinculados a territorios concretos.
11. Trata de sacar a maior
produtividade no mínimo espazo
posible. Este tipo de explotacións
practicase en lugares moi poboados
onde o terreo é escaso. Precisa de
cuantiosos investimentos e
tecnoloxía avanzada. Utilízanse
fertilizantes e sementes
seleccionadas.
Produtos de agricultura intensiva
en España son a froita e a verdura.
Avicultura e gando porcino
(gando estabulado)
12. Política da Unión Europea dirixida á promoción do sector agrario. A
PAC xestiona, a través do Fondo Europeo de Orientación e Garantía
Agraria (FEOGA), as subvenciones que se lle dan á producción agrícola
na Unión Europea Así mesmo, intenta ofrecerlles aos consumidores
produtos alimentarios ao máis baixo prezo posible, ao tempo que trata
de conseguir certo autoabastecemento dentro da UE.
Unha das medidas tomadas pola PAC foi esixencia de redución de
superficie, ou cotas máximas de produción, para algúns cultivos ou
especies gandeiras que xeran excedentes non consumidos, tal como
ocorreu, por exemplo, co viñedo ou as granxas leiteiras.
13. Establecemento de prezos de garantía para determinados produtos agrícolas
e gandeiros (cereais, oleaxinosas, leguminosas, leite etc.), con subvencións
aos produtores en función da superficie cultivada ou do número de cabezas de
gando coas que contan.
Esixencia de redución de superficie, ou cotas máximas de produción, para
algúns cultivos ou especies gandeiras que xeran excedentes non consumidos,
tal como ocorreu, por exemplo, co viñedo ou as granxas leiteiras.
Apoio á forestación de terras agrícolas, para reducir a superficie total
cultivada e mellorar a calidade do medio ambiente, así como á agricultura e a
gandaría ecolóxicas.
Axudas para a modernización das explotacións e a incorporación de mozos
agricultores.
Apoio á diversificación económica do mundo rural, que evite a excesiva
especialización agraria de certas comarcas e favoreza empregos alternativos
para mulleres e mozas (turismo rural, artesanía e industria etc.),
Axudas especiais para áreas de montaña e zonas desfavorecidas
14. A Política Pesqueira Comunitaria (PPC) consiste nun conxunto de
regras e mecanismos que abarcan as actividades de explotación de
peixes, crustáceos e moluscos, incluíndo a acuicultura, así como o
seu procesamento e comercialización.
Os obxectivos do PCP son :
― Aumentar a produtividade, fomentando o progreso técnico e
asegurando o desenvolvemento racional da produción pesqueira e
a utilización óptima dos factores de produción, en particular da
man de obra.
― Garantir un nivel de vida equitativo para a poboación de peixes,
especialmente mediante o aumento da renda individual dos que
traballan na pesca.
― Estabilizar os mercados.
― Garantir ao consumidor suministros a prezos razoables.
15. Coidado e explotación dos bosques.
Os principais produtos que se
obteñen da explotación forestal son
a madeira, a cortiza, a resina, os
piñóns, as bagas, os froitos
silvestres e os cogomelos. Destaca
ademais o uso cinexético das zonas
forestais.
A explotación forestal en España
realízase principalmente nos
bosques atlánticos e do norte
situados no Macizo Galaico, na
Cordilleira Cantábrica, nos Perineos,
no Sistema Central e nos Montes de
Toledo.
16. Produtos que se obteñen a
partir da manipulación
xenética das sementes. Esta
manipulación permite obter
plantas coas características
desexadas (por exemplo, de
cor ou tamaño) e que sexan
máis resistentes a certas
pragas ou enfermidades ou ben
a determinadas condicións
adversas como as secas.
No 2011 en España aumentou o
cultivo de millo transxénico.
Comunidades nas que cultivan
millo transxénico son Aragón e
Cataluña.
17. Acuicultura é o conxunto de actividades que, mediante algún tipo de intervención no ciclo
biolóxico ou no medio no que habitan os peixes, permiten controlar a súa reprodución e/ou
crecemento. A acuicultura aparece restrinxida a un pequeno abano de especies, principalmente
peixes, moluscos e crustáceos. En Galicia, a acuicultura representa aproximadamente a terceira
parte da cifra do negocio da pesca.
Agricultura ecolóxica- Sistema para cultivar unha explotación agrícola autónoma, baseada na
utilización óptima dos recursos naturais e sen empregar produtos químicos de síntese ou
organismos xeneticamente modificados (OXMs) -nin para fertilizante nin para combater as pragas-,
logrando deste xeito obter alimentos orgánicos á vez que se conserva a fertilidade da terra e se
respecta o medio ambiente.
Desagrarización- Perda de poboación dedicada á actividade agraria, así como á perda de
importancia económica da actividade agrícola nun territorio. En toda España tense producido este
proceso, especialmente desde finais dos anos 1970.
Explotación intensiva é aquela explotación agraria que elimina os barbeitos e recorre á produción
continua do terreo, estimulada polo emprego de fertilizantes e o regadío artificial. Este tipo de
agricultura intensiva obtén unha forte productividade, sobre terreos moitas veces de extensión
reducida. É moi habitual no litoral mediterráneo, especializado na horticultura.
Silvicultura- Actividade que trata do cultivo de montes e bosques. A práctica máis habitual da
silvicultura é o aproveitamento forestal de espazos destinados á produción de madeira, leña ou
resinas, mais tamén poden ter un efecto positivo na protección de cuncas hidrográficas, a
conservación de hábitats naturais e o desenvolvemento de espazos recreativos.
19. PRODUTO INTERIOR BRUTO: corresponde á produción total de bens e
servizos xerados nun país ao longo dun ano. Adoita utilizarse como
indicador da potencia económica dos Estados.
MINIFUNDIO: Explotación de pequenas dimensións (menos de 10 ha),
que predominan na metade Norte da Península e nos dous
arquipélagos. Son propios dunha economía de autoconsumo.
EXPLOTACIÓN EXTENSIVA: explotación agraria na que a produción é
elevada en conxunto, pero escasa en relación á superficie utilizada,
que debe ter grandes dimensións.
GLOBALIZACIÓN: proceso de carácter económico, social, cultural,
político etc., que supón unha compresión do espazo e do tempo, e a
eliminación á libre circulación dos factores de produción, das ideas,
das persoas e, sobre todo, dos capitais e os movementos financeiros.
20. CULTIVO FORRAXEIRO: tipo de aproveitamento agrícola cuxo destino
é a alimentación do gando.
ECONOMÍA SOMERXIDA: conxunto de actividades económicas que non
aparecen reflectidas nas estatísticas oficiais debido á súa ilegalidade,
e que permiten a subsistencia dun sector máis ou menos amplo da
poboación segundo os países.
AUGAS XURISDICIONAIS: espazo mariño sobre o que un estado exerce
a súa soberanía e forma parte do seu territorio, polo que lle pertence
a explotación dos seus recursos.
FONDOS ESTRUTURAIS: fondos establecidos na Unión Europea co fin
de lograr a cohesión,axudando ao desenvolvemento de rexións
desfavorecidas e que abarcan diversos aspectos (axudas á agricultura,
ás infraestruturas, a proxectos de desenvolvemento etc.)
ROTACIÓN DE CULTIVOS: sistema de cultivo que consiste en alternar
produtos diferentes e complementarios ao longo do ano ou de varios
anos sobre unha mesma terra, co fin de rexenerala e facela descansar.
21. Os usos do solo e a súa distribución: tipos e
factores explicativos:
a) Tipos: terras labradas, prados e pastos, áreas
forestais, restantes usos do solo.
b) Factores: condicións naturais (dominios atlántico,
mediterráneo e subtropical e áreas montañosas e
chairas) e estrutura da propiedade.
Transformacións recentes na estrutura
agropecuaria española:
a) A poboación rural
b) As explotacións agrarias
c) Técnicas e sistemas agrarios
d) Estrutura gandeira
e) Política Agrícola Común
22.
23.
24. Os máis de cincuenta millóns de hectáreas do territorio español
destínanse a diferentes usos, o que xera diversos tipos de paisaxes.
A grandes trazos, identifícanse catro grandes tipos de usos do solo.
As terras labradas, ocupadas por diferentes cultivos, comprenden
algo máis de 16 millóns de hectáreas (34% da superficie total).
Os prados e pastos ocupan uns 8 millóns de hectáreas (17% da
superficie total).
As áreas forestais, que se corresponden con bosques de especies
caducifolias ou perennifolias, ocupan 15 millóns de hectáreas (32%
da superficie total).
Os restantes usos do solo suman outros 8,4 millóns de hectáreas
(que conste o 17% da superficie total).
26. Ocupadas por diferentes cultivos
Comprenden algo máis de 16 millóns de
hectáreas (34% da superficie total).
Grandes cuncas e vales interiores, de relevo
predominantemente chan ou ondulado
(vales do Ebro, Douro, Texo, Guadiana e
Guadalquivir)
Depresións interiores (Bierzo leonés, Baza e
Guadix en Granada, Antequera en Málaga)
Litoral mediterráneo.
Escasas tanto nas rexións do norte peninsular,
coma na áreas de montaña e o arquipélago
canario. Neste último, as condicións
climáticas topográficas ou a escasa
fertilidade do solo dificultaron sempre a súa
posta en cultivo, ou ben produciuse o seu
abandono recente debido aos seus escasos
rendementos ou á competencia doutros usos.
27. Ocupan uns 8 millóns de
hectáreas (17% da superficie
total)
Destinados á produción de
herba para alimento do gando
Ocupan as áreas máis
húmidas, topograficamente
accidentadas ou con solos de
pouca calidade para o cultivo
Pódense distinguir tres tipos
de situacións: as pradarías
permanentes, os pastos
estacionais e os pastos de
altura.
28. AS PRADARÍAS PERMANENTES constitúen o
uso máis característico do solo nas rexións
de clima oceánico próximas ao litoral
cantábrico, desde Galicia ao País Vasco, e
están asociadas a unha importante
gandaría vacúa.
No oeste da Península Ibérica predominan
os PASTOS ESTACIONAIS, verdes nos
períodos chuviosos, pero que secan no
verán; isto permitiu manter unha gandaría
máis diversificada (bovina, ovina e
porcina) e de carácter extensivo.
Nos cumes das principais cordilleiras, onde
desaparece o bosque polas baixas
temperaturas e a pobreza dos solos,
aparecen os PASTOS DE ALTURA, utilizados
tradicionalmente por unha gandaría
transhumante -principalmente ovina- que
se traslada a eles no verán desde as terras
máis baixas e cálidas.
29. Bosques de especies caducifolias ou perennifolias
Ocupan 15 millóns de hectáreas (32% da superficie total).
A súa densidade é maior nas rexións máis húmidas, así
como nas principais cadeas montañosas da Península e os
arquipélagos, que son tamén as áreas menos transformadas
pola acción humana.
Permiten a explotación da madeira e doutros produtos
complementarios (cortiza, froitos), así como a súa
utilización para a caza.
30. Suman outros 8,4 millóns de
hectáreas (que constitúe o 17%
da superficie total)
Terreos ermos improdutivos
Áreas urbanizadas
Áreas ocupadas por
infraestruturas (como son
aeroportos, portos, estradas,
ferrocarrís)
Espazos hídricos de auga doce e
non mariños (lagos, ríos e
encoros)
31.
32. O mapa actual de usos do solo permite diferenciar unha serie de
grandes conxuntos.
Todas as rexións do norte peninsular, as principais cadeas
montañosas e o oeste da Meseta están dominadas por usos
forestais, prados e pastos, cunha escasa proporción de terras
labradas. As condicións climáticas, a pouca calidade de boa
parte dos solos e as pendentes son a clave desta situación, que
está reforzada nalgúns casos pola estrutura da propiedade:
grandes latifundios privados nas devesas occidentais, e montes
públicos en moitas áreas de montaña ou pequenas explotacións
gandeiras nas rexións do Cantábrico.
En cambio, as grandes chairas interiores (Douro, Texo,
Guadiana, Ebro e Guadalquivir), xunto a outros litorais de
menor dimensión foron cavadas ao longo da Historia e están
ocupadas case na súa totalidade por terras de cultivo con
escasa presenza de bosques e pastos. En Canarias e algunhas
áreas de especial dificultade para a súa ocupación, predominan
as terras baldías ou ermas.
33.
34.
35.
36. Oceánico ou Atlántico: Norte da Península: cornixa cantábrica e Mediterráneo
Galicia. Precipitacións abundante e regulares: máis de 800 mm. Continentalizado:
Temperaturas con amplitude térmica baixa na costa pola precipitacións entre
influencia do mar e moderada cara ao interior. 800‐300 mm. Temperaturas
con amplitude de 16 º C ,
ou máis, por ausencia de
influencia mariña. Interior
peninsular, menos a zona
media do val do Ebro.
Dominio Mediterráneo marítimo:
climático de precipitacións entre
montaña:Terri 800‐300 mm. Temperaturas
torios a máis con amplitudes moderadas
de 1.000 m. por influencia do mar
Precipitacións entre 12 e 15/16 ºC;
superiores a veráns calorosos. Costa
1. 000 mm. mediterránea peninsular
Temperatura (menos o SE), a costa
media inferior subatlántica, Baleares,
a 10ºC e o Ceuta e Melilla
inverno frío
(algún mes
Mediterráneo Seco
próximo ou
baixo 0ºC) subdesértico:
precipitacións inferiores
a 300 mm. Temperaturas
variables en función da
Subtropical: Precipitacións moi latitude e da distancia
escasa nas zonas baixas.
Temperaturas cálidas todo o ano nas
ao mar. SE peninsular e
zonas baixas, que descenden coa zona media do val do
altura, e escasa amplitude térmica. Ebro.
37. En España distínguense tres dominios:
O dominio atlántico, de clima húmido, que conta coa
presenza de prados e bosques. Esténdese polo norte e
oeste peninsular, degradándose cara ao interior.
O dominio mediterráneo, localizado no resto da
Península e as illas Baleares. Caracterízase pola
existencia dunha estación seca no verán, e mostra un
predominio de terras labradas.
O dominio subtropical, nas illas Canarias, que ten na
aridez o principal factor limitante para os cultivos e o
bosque, agás nas zonas que están expostas aos ventos
alisios.
38. Outra divisoria é a existente entre
áreas montañosas e chairas.
Nas áreas montañosas, as
condicións especiais de elevada
altitude e pendente, solos pouco
profundos e descenso térmico
favorecen un uso do solo para
pastos e bosques.
En cambio, nas chairas, a
ocupación humana foi
historicamente máis intensa, polo
que predominan as terras
cultivadas. Exceptúanse as
penechairas occidentais, onde os
solos son de pouca calidade, o que
explica o seu uso para pastos e non
para cultivos.
39. Na economía de subsistencia,
cultivos, pastos e bosque
complementábanse, poñéndose en
uso a maior superficie de terra posible
para asegurar a alimentación da
poboación.
O desenvolvemento da economía de
mercado, desde hai máis dun século,
conduciu ao abandono das terras de
cultivo pouco rendibles e a súa
substitución por pastos destinados a
alimentar o cada vez máis demandado
gando; tamén produciu a destrución
de certos bosques compensada coa
repoboación doutros, o que produciu
cambios no mapa de usos do solo.
40. Nos territorios dominados pola
gran propiedade, son habituais
os usos extensivos con poucos
rendementos por hectárea,
pero con investimentos de
traballo e capital escasos, que
os fan rendibles.
A pequena propiedade
asóciase a usos máis intensivos
do solo para poder subsistir con
pouca terra, pero maiores
rendementos.
41. CLIMA (apartado b) Principais dominios climáticos):
Dominio climático oceánico ou Atlántico: Norte da Península: cornixa cantábrica e Galicia.
Precipitacións abundante e regulares: máis de 800 mm.Temperaturas con amplitude térmica
baixa na costa pola influencia do mar e moderada cara ao interior.
Dominio climático Mediterráneo:
Precipitacións escasas e irregulares inferiores a 800 mm.Temperaturas variables en función da
latitude e da distancia do mar. Variedades:
-Marítimo: precipitacións entre 800‐300 mm. Temperaturas con amplitudes moderadas por
influencia do mar entre 12 e 15/16 ºC; veráns calorosos. costa mediterránea peninsular (menos
o SE), a costa subatlántica, Baleares, Ceuta e Melilla
-Continentalizado: precipitacións entre 800‐300 mm. Temperaturas con amplitude de 16 º C , ou
máis, por ausencia de influencia mariña. Interior peninsular, menos a zona media do val do
Ebro.
-Seco subdesértico: precipitacións inferiores a 300 mm. Temperaturas variables en función da
latitude e da distancia ao mar. SE peninsular e zona media do val do Ebro.
Dominio climático de montaña:
Territorios a máis de 1.000 m. Precipitacións superiores a 1. 000 mm. Temperatura media
inferior a 10ºC e o inverno frío (algún mes próximo ou baixo 0ºC)
Dominio climático de Canarias (Subtropical):
Precipitacións moi escasa nas zonas baixas.Temperaturas cálidas todo o ano nas zonas baixas,
que descenden coa altura, e escasa amplitude térmica.
42. Oceánico ou Atlántico: Norte da Península: cornixa cantábrica e Mediterráneo
Galicia. Precipitacións abundante e regulares: máis de 800 mm. Continentalizado:
Temperaturas con amplitude térmica baixa na costa pola precipitacións entre
influencia do mar e moderada cara ao interior. 800‐300 mm. Temperaturas
con amplitude de 16 º C ,
ou máis, por ausencia de
influencia mariña. Interior
peninsular, menos a zona
media do val do Ebro.
Dominio Mediterráneo marítimo:
climático de precipitacións entre
montaña:Terri 800‐300 mm. Temperaturas
torios a máis con amplitudes moderadas
de 1.000 m. por influencia do mar
Precipitacións entre 12 e 15/16 ºC;
superiores a veráns calorosos. Costa
1. 000 mm. mediterránea peninsular
Temperatura (menos o SE), a costa
media inferior subatlántica, Baleares,
a 10ºC e o Ceuta e Melilla
inverno frío
(algún mes
Mediterráneo Seco
próximo ou
baixo 0ºC) subdesértico:
precipitacións inferiores
a 300 mm. Temperaturas
variables en función da
Subtropical: Precipitacións moi latitude e da distancia
escasa nas zonas baixas.
Temperaturas cálidas todo o ano nas
ao mar. SE peninsular e
zonas baixas, que descenden coa zona media do val do
altura, e escasa amplitude térmica. Ebro.
43.
44. O espazo rural é o territorio non urbanizado da
superficie terrestre. Tradicionalmente foi, case en
exclusiva, un espazo agrario onde se desenvolvían
as actividades agrícolas, gandeiras e forestais.
Non obstante, desde a década de 1970,
introducíronse outras actividades, como as
residenciais, industriais, de servizos, recreativas e
paisaxísticoconservacionistas. Como consecuencia,
o espazo rural volveuse máis heteroxéneo e
complexo.
45. A poboación ocupada nas actividades agrarias é escasa, existen
diferenzas territoriais entre as baixas cifras de poboación
agraria de Madrid e do País Vasco, en torno ao 1%, e os valores
máis altos de Estremadura, Murcia e Galicia, superiores ao 8%.
Pola súa banda, o envellecemento rural é máis acusado nas
comunidades do interior peninsular.
A causa principal foi o éxodo rural, entre 1960 e 1975.
Despois, a crise económica desacelerou o éxodo rural e
incrementou a actividade agraria a tempo parcial.
As tendencias demográficas que se apuntan desde a década de
1990 son dobres:
- Unha continuación do descenso demográfico e do
envellecemento nas áreas rurais máis desfavorecidas
(crecemento natural negativo, a emigración, a xubilación).
- Certa recuperación e rexuvenecemento das áreas rurais máis
dinámicas. Está relacionada co asentamento de inmigrantes,
novas actividades en zonas rurais periurbanas e turísticas e coas
subvencións europeas.
48. O descenso do seu número débese ao abandono de terras e a un
proceso de concentración, por venda ou arrendamento. Esa
concentración permitiu a elevación do tamaño medio das
explotacións. O resultado é unha dualidade cada vez maior entre:
-Explotacións familiares moi pequenas e pouco rendibles
en progresivo abandono ou traballadas so a tempo parcial ao non
permitiren uns ingresos suficientes, o que supón unha baixa
produtividade.
-Empresas agrarias, ben de particulares ben de sociedades
ou cooperativas, que teñen maior dimensión, estanse
modernizando e son rendibles.
O réxime de tenza establece a relación entre propiedade e
explotación ou uso da terra. Pode distinguirse entre tenza
directa (explotación traballada polos seus propietarios),
arrendamento (se explotan terras alleas a cambio dunha renda
anual) e parzaría (se explotan terras a cambio dunha porcentaxe
da colleita).
Na actualidade, un 70% das terras cultivadas mantéñense en
tenza directa e tende a desaparecer o sistema de parzaría (só
un 2% do total).
49. Existen importantes diferenzas rexionais en
canto ao tamaño medio das explotacións
agrarias:
As rexións dominadas por cultivos de
secaño ou devesas presentan explotacións
de maior tamaño medio: máis de 50
hectáreas en Castela e León, ou máis de 30
en Aragón, Cástela- A Mancha, Estremadura e
Madrid.
As rexións húmidas e de especialización
gandeira, xunto aos regadíos do litoral
mediterráneo e as illas, contan con
explotacións máis pequenas: menos de 12
hectáreas de media en Galicia, País Vasco ou
Murcia, e de 5 hectáreas na Comunidade
Valenciana e Canarias.
50.
51. O réxime de tenza establece a relación existente entre propiedade e
explotación ou uso da terra. Pode distinguirse entre:
a) Tenza directa, cando a explotación é traballada polos seus propietarios, con
ou sen asalariados.
b) Arrendamento, cando se explotan terras alleas a cambio do pagamento
dunha renda anual: é moi frecuente en rexións onde boa parte dos
propietarios emigraron, e explotan as súas terras quen permanecen.
c) Parzaría, cando se fai a cambio dunha porcentaxe da colleita obtida,
situación que tende a desaparecer.
Na actualidade, un 70% das terras cultivadas mantéñense en tenza directa,
e so o 30% en tenza indirecta (arrendamento ou parzaría). Esa proporción
tende a reducirse polo abandono de moitas pequenas explotacións familiares
(hai medio século, supoñía máis do 75%).
Aumentan, en cambio, as terras arrendadas debido á emigración ou cambio
de actividade -supoñen xa un 28% do total (13% hai medio século)- con
valores máximos en Castela e León (44,1%) e a Comunidade de Madrid (32,4%).
En cambio, case desapareceu o sistema de parzaría (so un 2% do total).
52. As técnicas e os sistemas agrarios experimentaron cambios desde a década de
1960. As transformacións técnicas consistiron na incorporación de avances
como a mecanización de tarefas, a selección xenética das sementes e razas
gandeiras, ou o uso de fertilizantes químicos e produtos fitosanitarios
(praguicidas).
As transformacións nos sistemas agrarios supuxeron unha crecente
intensificación da produción e un paralelo aumento do rendemento. A
agricultura española actual coñeceu un intenso proceso de modernización, o
que permitiu elevar a súa eficiencia. As transformacións máis importantes son:
- Unha crecente especialización do territorio nos cultivos para os que teñen
mellores condicións competitivas, abandonando o resto. A substitución do
policultivo polo monocultivo.
- Maior investimento de capital para incorporar maquinaria (tractores,
colleitadoras, motores para rega, etc.), produtos químicos (fertilizantes,
herbicidas, praguicidas, etc.) ou sementes seleccionadas e transxénicas,
manipuladas xeneticamente.
- Forte incremento da superficie en regadío. Este incremento permitiu
aumentar as producións obtidas en secaño pero tamén provoca a
sobreexplotación de certos acuíferos e crecentes conflitos pola auga.
- Incorporación de novas técnicas de cultivo, como o enarenado (altérnanse
capas de area e esterco) ou cultivo baixo plástico.
53. El cultivo
hidroponico en
sentido amplio,
engloba a todo
sistema donde las
plantas prescindan
del suelo para
completar su ciclo
vital, aportándose
los nutrientes por
medio de una
solución.
54. Nos últimos anos, coñeceu un notable desenvolvemento en España, e hoxe en
día representa un 40% da produción final agraria. Grazas a:
- Aumento da súa importancia económica ante o crecente consumo dos seus
produtos.
- Unha modernización das explotacións, incorporando todo tipo de melloras
técnicas no seu funcionamento.
- Unha evolución das especies en función da súa rendibilidad e das limitacións
ao seu aumento impostas polas políticas agrarias.
- Menor dependencia das condicións naturais, ao aumentar a importancia da
gandaría estabulada.
Produciuse unha intensificación da actividade, crecendo a estabulación do
gando en granxas onde é alimentado a partir de pensos.
Desapareceron algunhas prácticas seculares como a transhumancia
A gandaría destínase hoxe principalmente á alimentación da poboación, o
que va unido ao forte aumento do consumo de carne, leite e ovos. Iso supuxo,
a miúdo, a substitución das razas autóctonas por outras de maior produción e
por conseguinte, maior rendibilidade.
A evolución nos últimos tempos, así como as medidas tomadas pola PAC,
comportaron un claro descenso do bovino e un incremento do porcino e do
avícola. Tamén provocaron o aumento da cunicultura e da apicultura.
55.
56.
57. As áreas rurais españolas cunha importante presenza de
actividades agrarias enfróntanse desde hai décadas a importantes
problemas:
- Escasa competitividade dunha parte dos produtos, que só poden
ser rendibles para o agricultor grazas ás políticas de subvención e
ao establecemento de prezos protexidos.
- Progresivo despoboamento e envellecemento das áreas rurais
españolas.
- Redución dos empregos agrarios debido aos procesos de
mecanización e o abandono de terras pouco produtivas.
- Ingresos medios inferiores aos que obteñen os que traballan na
industria ou nos servizos.
- Crecentes impactos ambientais ao aumentar a demanda de o
uso, ás veces excesivo, de agroquímicos que contaminan solos e
acuíferos.
58. Desde a entrada na Unión Europea, a maioría das accións dirixidas á promoción
do sector agrario español proveñen da Política Agraria Común (PAC) cunha serie
de accións:
- Establecemento de prezos de garantía para determinados produtos.
- Esixencia de redución de superficie, ou cotas máximas de produción.
- Apoio á forestación de terras agrícolas e á agricultura e gandería ecolóxicas.
-Axudas para a modernización das explotacións e a incorporación de mozos
agricultores.
- Apoio á diversificación económica do mundo rural.
- Axudas especiais para áreas de montaña e zonas desfavorecidas.
Pese a ser a clave que permite manter hoxe activas boa parte das explotacións
agrarias, a PAC enfróntase a certas críticas:
- Absorbe parte importante do orzamento total comunitario, o que non
corresponde ao peso relativo do sector.
- Supón un proteccionismo do seu mercado interior, que frea as posibilidades de
que países do Terceiro Mundo exporten a el os seus produtos, moitas veces máis
baratos.
- Como as axudas se vinculan ao tamaño da explotación, favorece unha partición
moi desigual: só un 20% das exportacións repartiu o 80% das axudas.