SlideShare ist ein Scribd-Unternehmen logo
1 von 53
INSTITUCIÓN INTERNACIONAL SEK.




                                                     PROGRAMACIÓN
                                                 ÁREA: LINGUA GALEGA
                                           3º CURSO DE EDUCACIÓN PRIMARIA
                                                            12/13
                                           María Fernández, Jose M. Pardo e Xose L. Rego




IISEK. Prog 3º Primaria 1213. C.I. Eirís                          1
INSTITUCIÓN INTERNACIONAL SEK.
    UNIDADE 1
    TEMPORALIZACIÓN: Setembro-Outubro.
    OBXECTIVO XERAL: Promover o uso da nosa lingua como medio de expresión vehicular

    COMPETENCIAS BÁSICAS
•   Comunicación lingüística.
•   Expresión cultural e artística.
•   Tratamento da información e competencia dixital.
•   Social e cidadá.
•   Aprender a aprender.
•   Autonomía e iniciativa persoal.
•   Coñecemento e interacción co mundo físico.
•   Matemática.

    OBXECTIVOS DIDÁCTICOS
    • Ler un texto poético con fluidez e comprensión.
    • Aumentar o vocabulario referido á escola.
    • Coñecer as letras que conforman o alfabeto galego.
    • Introducir conceptos básicos sobre a lingua.
    • Ler e escribir atendendo ás normas ortográficas sobre o punto e a maiúscula.
    • Facer presentacións, e utilizar fórmulas de saúdo e de cortesía.
    • Distinguir os textos literarios dos non literarios.
    • Aprender algúns aspectos propios da nosa cultura.

    CONTIDOS
    Conceptos
    • Lectura e comprensión.
    • Vocabulario referido á escola.
    • O abecedario.
    • A lingua.
    • O punto.
    • A maiúscula.

    IISEK. Prog 3º Primaria 1213. C.I. Eirís                                         2
INSTITUCIÓN INTERNACIONAL SEK.
• Saúdos e presentacións.
• Textos literarios e non literarios.
• A nosa cultura.
 Procedementos
• Desenvolvemento da comprensión e a expresión.
• Ampliación do vocabulario relativo á escola.
• Asimilación de conceptos lingüísticos básicos e normas ortográficas.
• Discriminación de textos segundo sexan ou non literarios.
• Desenvolvemento da capacidade para presentarse a un mesmo.
Actitudes
• Interese por participar nas actividades grupais e colaborar cos compañeiros.
• Interese por coñecer algunhas actividades propias da nosa sociedade.

TEMAS TRANSVERSAIS
Educación moral e cívica
Responsabilidade: Destaca-la sinceridade como valor na nosa relación cos demais.
Educación ambiental
Animar ós alumnos a coñecer e respecta-los espacios naturais.
Educación multicultural
Fomenta-las actitudes de respecto e de curiosidade polos xeitos de vida diferentes ós nosos.

METODOLOXÍA
• Presentación en gran grupo da unidade didáctica e exploración de coñecementos previos e das motivacións que os alumnos teñen a través de Actividades
  previas de introducción, favorecendo a súa participación activa.
• Ó inicio de cada unidade, os alumnos expresarán coñecementos e narrarán experiencias sobre un aspecto ilustrado nunha imaxe motivadora, favorecendo que
  respecten as quendas de palabra e a participación de tódolos alumnos e fomentando en todo momento a colaboración e non a competición.
• Realización das actividades dos programas do Libro de texto de forma estructurada, tendo en conta as suxestións que se ofrecen na Guía do Profesor e
  introducindo as modificacións que se consideren precisas para reforzar ou amplia-la adquisición dos obxectivos formulados e os contidos programados.
• Enfoque integrador no desenvolvemento da Unidade. Achéganse ó alumno situacións contextualizadas da súa propia experiencia ou dos seus coñecementos
  previos, combinando actividades de distinta natureza: observación, comprensión, análise, opinión, interpretación, expresión, creación…
• Os contidos da área relaciónanse e conectan con outras áreas, especialmente con Coñecemento do medio.
• Os sistemas de agrupamento adecuaranse ó tipo de actividades e destrezas que se queren desenvolver: o grupo da clase, o pequeno grupo, as parella s, o
  traballo individual. Así mesmo, contarase cun agrupamento flexible canto á realización de actividades de reforzo e ampliación.

IISEK. Prog 3º Primaria 1213. C.I. Eirís                                               3
INSTITUCIÓN INTERNACIONAL SEK.
    • Ó final de cada unidade, búscase asegura-la funcionalidade das aprendizaxes mediante a realización dunha serie de actividades nas que os alumnos poden
       avaliarse, examina-las súas habilidades, preferencias persoais, dificultades… e descubri-la utilidade destas aprendizaxes para incorporalas á súa experiencia.


    Recursos e medios
•   Lingua galega 3.
•   Diccionarios escolares.
•   Libros de lectura.
•   Caderno de actividades.
•   Diccionario.
•   Libros de lectura.
•   Lapis de cores para a realización das actividades propostas.

    FOMENTO DA LECTURA
    Lectura dalgún fragmento de Ti non xogas, de Silvestre Gómez Xurxo

    FOMENTO DAS TIC
•   Emprego do libro dixital para a realización das actividades da unidade.
•   Emprego dos complementos dixitais do libro na Web www.anayadigital.com.
•   Visitar distintas páxinas web ou facer unha selección de vídeos nos que se falen outras linguas ou se mostren outros alfabetos.
•   Emprego do programa educativo Galingua na aula virtual para repasar contidos.
•   Emprego do iPad para resolver dúbidas de vocabulario, cultura, etc.

    PROPOSTA DE ACTIVIDADES
    Ademais das actividades propostas no libro realizaranse as seguintes:
    • Ampliar o traballo sobre os textos literarios e non literarios clasificando os libros da biblioteca da aula.
    • Recortar palabras de diferentes xornais e revistas, con distinto formato, cores, etc. e colocalas alfabeticamente no taboleiro de clase.
    • Realizar adiviñas con nomes de letras.
    • Por grupos, inventar un alfabeto.

    AVALIACIÓN:
    Criterios de avaliación
    • Le con fluidez e corrección unha poesía e diversos tipos de textos.
    IISEK. Prog 3º Primaria 1213. C.I. Eirís                                                4
INSTITUCIÓN INTERNACIONAL SEK.
• Comprende o sentido global dun texto e responde cuestións de comprensión.
• Asimila e aplica o vocabulario aprendido: léxico da escola e palabras novas.
• Coñece o abecedario, os dígrafos e ordena series de palabras alfabeticamente.
• Diferencia lingua oral e escrita e recoñece o galego como lingua propia de Galicia.
• Utiliza correctamente o punto para marcar as pausas.
• Aplica a maiúscula nos casos traballados.
• Presenta a alguén e usa correctamente fórmulas de saúdo e de cortesía.
• Diferencia texto literario e non literario e discrimina entre poema, conto e teatro.
• Mostra interese por coñecer algúns aspectos propios da nosa cultura.

 Procedementos e instrumentos
Os procedementos de avaliación seguen tres pasos básicos: a observación directa, a análise das tarefas e actividades encomendadas e as intervencións e preguntas
de desenvolvemento da clase.
Como instrumentos de avaliación empregaranse os rexistros de control persoal, os exercicios específicos de cada unidade, as produccións dos alumnos tanto orais
coma escritas e as fichas de seguimento.




IISEK. Prog 3º Primaria 1213. C.I. Eirís                                                 5
INSTITUCIÓN INTERNACIONAL SEK.




    UNIDADE 2
    TEMPORALIZACIÓN: Outubro.
    OBXECTIVO XERAL: Ampliar o vocabulario que nos permita expresarnos de forma axeitada no nos idioma mediante lecturas dos nosos ecritores máis xoves.

    COMPETENCIAS BÁSICAS
•   Comunicación lingüística.
•   Expresión cultural e artística.
•   Tratamento da información e competencia dixital.
•   Social e cidadá.
•   Aprender a aprender.
•   Autonomía e iniciativa persoal.
•   Coñecemento e interacción co mundo físico.
•   Matemática.

    OBXECTIVOS DIDÁCTICOS
    • Realizar unha lectura comprensiva dos textos propostos.
    • Enriquecer o vocabulario con palabras referidas ao corpo.
    • Coñecer e utilizar os sinónimos.
    • Introducir conceptos gramaticais básicos: letras, palabras e sílabas.
    • Identificar a sílaba tónica dunha palabra e coñecer as normas de uso do guión.
    • Elaborar breves textos para organizar unha axenda.
    • Facer descricións de persoas e de si mesmo.
    • Aprender algúns aspectos propios da nosa cultura.

    CONTIDOS
    Conceptos
    • Vocabulario relacionado co corpo humano.
    IISEK. Prog 3º Primaria 1213. C.I. Eirís                                           6
INSTITUCIÓN INTERNACIONAL SEK.
• Os sinónimos.
• Letras e palabras.
• As sílabas. Clases de palabras segundo o número de sílabas.
• A sílaba tónica e o guión.
• A axenda.
• A descrición das persoas. O retrato.
• A nosa cultura.
 Procedementos
• Ampliación do vocabulario relativo ao corpo humano.
• Identificación de sinónimos de diferentes termos.
• División dunha palabra en sílabas e letras.
• Identificación das características dunha persoa e realización de descricións.
• Aplicación de normas ortográficas e gramaticais.
• Planificación e escritura dunha axenda semanal.
• Recoñecemento do Samaín coma festa cultural propia.

 Actitudes
• Respecto polas opinións alleas.

TEMAS TRANSVERSAIS
Educación cidadá
Responsabilidade. Suxerirlles ós alumnos que utilicen a axenda para organiza-los seus traballos na aula, así coma para calquera outra actividade que teñan a obriga
de cumprir.
Educación ambiental.
En relación co contido do texto informativo, sensibiliza-los alumnos sobre a necesidade de colaboraren nos labores de reciclaxe dos diferentes materiais para
contribuír a conserva-los recursos da Terra e ó coidado do medio natural.

METODOLOXÍA
• Expresión libre por parte dos alumnos das súas experiencias persoais que expresarán en grupo coloquial, recomendando a brevidade nas intervencións para que
  poidan participa-la a maior parte posible de alumnos.
• Entre os exercicios propostos alternan os que se realizarán de forma individual, en pequenos grupos e no grupo clase.
• Ó final da unidade asegurarase a funcionalidade das aprendizaxes, destacando a asociación da estructura do texto de secuencia co seu contido e a elaboración
  de resumos sobre os principais contidos vistos ó longo da unidade.
IISEK. Prog 3º Primaria 1213. C.I. Eirís                                              7
INSTITUCIÓN INTERNACIONAL SEK.

    RECURSOS E MEDIOS
•   Lingua galega 3.
•   Diccionarios escolares.
    • Libros de lectura.
    • Caderno de tamaño mediano, calendario, lapis de cores, regra… para a elaboración dunha axenda persoal.

    FOMENTO DA LECTURA
    Ademais da lectura do inicio da unidade e dos textos complementarios, proponse a lectura dalgún fragmento de A bruxa desdentada, de Joles Senell.

    FOMENTO DAS TIC
    • Emprego do libro dixital para a realización das actividades da unidade.
    • Emprego do iPad para ampliar os contidos vistos na unidade con información que aparece en Internet.
    • Realización de actividades relativas ao Samaín na aula virtual do colexio apoiándose na seguinte páxina: https://sites.google.com/site/recursosparaosamain/

    PROPOSTA DE ACTIVIDADES
    • A partir do título e do debuxo da lectura inicial, elaborar de prediccións sobre o lugar en que se desenvolve a acción do conto, sobre o personaxe e o desenlace.
    • Pedirlles ós alumnos que elaboren oracións sobre elementos do corpo.
    • Destaca-la importancia de anotar nunha axenda o que non queremos esquecer.
    • Adiviñas referidas a partes do corpo humano.
    • Xogar a adiviñar personaxes coñecidos a partir de breves descricións orais.
    • Crear unha pequena axenda escolar para ir anotando as ocupacións, deberes e outros datos de interese.
    • Observación da imaxe e participación en diálogos.
    • Realización das actividades de comprensión sobre o texto narrativo atendendo ós seguintes aspectos: recoñecemento de detalles significativos da historia,
       identificación da orde en que suceden os feitos e comprensión de vocabulario.
    • Para a aprendizaxe de vocabulario séguese o proceso de asociación de adxectivos antónimos, identificación de significados, formación de substantivos
       abstractos e recoñecemento do significado dunha expresión contextualizada.
    • Para traballa-lo concepto de oración desenvólvense os seguintes pasos: identificación das oracións que forman un texto e da palabra como unidade de
       significado, ordenación de grupos de palabras para formar oracións, formación de oracións mediante a asociación de suxeitos e predicados, construcción de
       oracións máis longas engadindo palabras.
    • Organización de notas dunha axenda.
    • Elaboración dun texto descriptivo sobre un mesmo.
    • Aplicar calidades previamente dadas a outros obxectos.
    IISEK. Prog 3º Primaria 1213. C.I. Eirís                                                8
INSTITUCIÓN INTERNACIONAL SEK.
• Achegar un esquema de estructura de secuencia para que os alumnos o completen.

AVALIACIÓN.
Criterios de avaliación
• Le con fluidez e corrección diferentes tipos de textos.
• Comprende o sentido global dos textos e responde cuestións de comprensión.
• Asimila e aplica o vocabulario aprendido: léxico do corpo e palabras novas.
• Aplica sinónimos en contextos dados.
• Identifica palabras, divídeas en sílabas e clasifícaas segundo o número de sílabas.
• Identifica a sílaba tónica das palabras.
• Realiza unha correcta partición das palabras mediante o guión.
• Elabora breves textos para organizar unha axenda propia.
• Fai descricións de persoas empregando adxectivos e comparacións.
• Mostra interese por coñecer algúns aspectos propios da nosa cultura.

 Procedementos e instrumentos
Os procedementos de avaliación seguen tres pasos básicos: a observación directa, a análise das tarefas e actividades encomendadas e as intervencións e preguntas
de desenvolvemento da clase.
Como instrumentos de avaliación empregaranse os rexistros de control persoal, os exercicios específicos de cada unidade, as produccións dos alumnos tanto orais
coma escritas e as fichas de seguimento.




IISEK. Prog 3º Primaria 1213. C.I. Eirís                                                9
INSTITUCIÓN INTERNACIONAL SEK.




    UNIDADE 3
    TEMPORALIZACIÓN: Novembro.
    OBXECTIVO XERAL: Aprender contidos gramaticais sinxelos referidos aos signos de puntuación.

    COMPETENCIAS BÁSICAS
•   Comunicación lingüística.
•   Expresión cultural e artística.
•   Tratamento da información e competencia dixital.
•   Social e cidadá.
•   Aprender a aprender.
•   Autonomía e iniciativa persoal.
•   Coñecemento e interacción co mundo físico.
•   Matemática.

    OBXECTIVOS DIDÁCTICOS
    • Ler un conto breve con fluidez e comprensión.
    • Ampliar o léxico con termos referidos ao outono.
    • Recoñecer os antónimos.
    • Adquirir as nocións gramaticais que caracterizan os nomes.
    • Coñecer e usar as normas de uso do signo de interrogación e das palabra con c e q.
    • Elaborar breves textos explicativos.
    • Redactar descricións de paisaxes.

    IISEK. Prog 3º Primaria 1213. C.I. Eirís                                           10
INSTITUCIÓN INTERNACIONAL SEK.
• Aprender algúns aspectos propios da nosa cultura.

CONTIDOS
Conceptos
• Lectura e comprensión.
• Léxico referido ao outono.
• Os antónimos.
• O nome.
• Ortografía
• O signo de interrogación.
• As palabras con c e qu.
• Explicación dun proceso.
• A descrición de paisaxes.
• O magosto.
 Procedementos
• Expresión oral de experiencias e coñecementos persoais.
• Lectura dramatizada dun texto narrativo.
• Escritura de diálogos nos que haxa preguntas para empreñar o signo de interrogación.
• Aplicación de normas ortográficas e gramaticais.
• Esquematización da información principal dun texto.
• Redacción dun texto descritivo dunha paisaxe.
 Actitudes
• Interese polos xogos lingüísticos creativos.

CONTIDOS TRANSVERSAIS
Educación moral e cívica
Responsabilidade: Destaca-la gravidade das palabras ofensivas, ferintes e agresivas. Trasladalo á realidade próxima dos nenos e recomendarlles actitudes
reflexivas, sen deixarse levar por impulsos.
Educación non sexista
Evita-los prexuízos sexistas que poidan manifesta-los alumnos en relación coa cociña e as tarefas domésticas en xeral.

METODOLOXÍA
• Presentación en gran grupo da unidade didáctica para que os alumnos poidan aprecia-los principais aspectos sobre os que versará cada tema.
IISEK. Prog 3º Primaria 1213. C.I. Eirís                                           11
INSTITUCIÓN INTERNACIONAL SEK.
    • Expresión por parte dos alumnos das súas experiencias persoais relacionadas co outono.
    • Realización das actividades do apartado Máis recursos que aparecen na guía do profesor mentres este atende ós alumnos con maiores dificultades de
       aprendizaxe.
    • Ó final da unidade preténdese asegura-la funcionalidade das aprendizaxes, resaltando nesta ocasión a identificación de sons vocálicos e consonánticos, a
       reflexión sobre o acto de ler e o recoñecemento de aspectos básicos da organización interna dos diccionarios.

    Recursos e medios
•   Libro do alumno.
•   Caderno de actividades.
•   Recursos fotocopiables adxuntos.
•   Recursos do libro dixital.
•   CD audio coas lecturas.
•   Bingo ortográfico.

    FOMENTO DA LECTURA
    Ademais da lectura do inicio da unidade e dos textos complementarios, proponse ler algún fragmento de No corazón do bosque, de Agustín Fernández Paz.

    FOMENTO DAS TIC
•   Emprego do libro dixital para a realización das actividades da unidade.
•   Buscar co iPad información para traballar o magosto na aula e facer un mural.
•   Na aula virtual, realización de actividades relacionadas co outono e co uso de c e do qu: http://centros.edu.xunta.es/ceipdepazos/Ana/LIM/OUTONO/
           estamos_en_outono.html e http://chiscos.net/almacen/lim/ortografi_a2/ortografi_a.html

    PROPOSTA DE ACTIVIDADES
    • Invitar ós alumnos a que atopen refráns relacionados co outono.
    • Lectura individual, e posteriormente, dramatizada do conto Carrapuchiña Vermella. Escritura dos diálogos empreñando signos de interrogación.
    • Realización das actividades de comprensión do texto narrativo sobre detalles significativos do conto, identificación de significados de palabras e expresións e o
      recoñecemento de accións.
    • Suxerirlles ós alumnos que propoñan antónimos a unhas palabras dadas.
    • Facerlles ver ós alumnos que hai sons que se representan con distintas letras: c-qu,. Escribir palabras que conteñan esas letras no encerado. Os nenos diranas en
      voz alta para comprobar que, na nosa lingua, se pronuncian igual.
    • Aprender outras cantigas populares para cantar no magosto.

    IISEK. Prog 3º Primaria 1213. C.I. Eirís                                             12
INSTITUCIÓN INTERNACIONAL SEK.
• Levar á aula varios xornais e revistas para que marquen con rotuladores de diferentes cores os nomes propios e comúns que aparecen nunha noticia
   seleccionada.
• Facer pequenos grupos e repartirlles unha escena do conto da lectura a cada un. Cada grupo deberá facer o debuxo correspondente e escribir a frase que
   sintetice a secuencia do relato que lles tocase.

AVALIACIÓN
 Criterios de avaliación
• Le con fluidez e corrección diferentes tipos de textos.
• Comprende o sentido global dun texto e responde cuestións de comprensión.
• Asimila e aplica o vocabulario aprendido: léxico relacionado co outono.
• Recoñece e aplica antónimos e termos contrarios.
• Identifica o nome e distingue os comúns dos propios.
• Coloca o signo de interrogación en frases interrogativas.
• Escribe correctamente palabras con c e qu.
• Redacta con corrección breves textos que explican paso a paso un proceso.
• Recoñece e aplica as técnicas da descrición de paisaxes.
• Mostra interese por coñecer algúns aspectos propios da nosa cultura.

Procedementos e instrumentos.
Os procedementos de avaliación seguen tres pasos básicos: a observación directa, a análise das tarefas e actividades encomendadas e as intervencións e preguntas
de desenvolvemento da clase.
Como instrumentos de avaliación empregaranse os rexistros de control persoal, os exercicios específicos de cada unidade, as produccións dos alumnos tanto orais
coma escritas e as fichas de seguimento.




IISEK. Prog 3º Primaria 1213. C.I. Eirís                                           13
INSTITUCIÓN INTERNACIONAL SEK.




    UNIDADE 4
    TEMPORALIZACIÓN: Decembro.
    OBXECTIVO XERAL: Expresar con corrección palabras relacionadas con persoas ou animais.

    COMPETENCIAS BÁSICAS
•   Comunicación lingüística.
•   Expresión cultural e artística.
•   Tratamento da información e competencia dixital.
•   Social e cidadá.
•   Aprender a aprender.
•   Autonomía e iniciativa persoal.
•   Coñecemento e interacción co mundo físico.
•   Matemática.

    OBXECTIVOS
    • Ler un poema narrativo con fluidez e comprensión.
    • Aumentar o caudal léxico con palabras referidas aos xoguetes.
    • Recoñecer as palabras polisémicas.
    IISEK. Prog 3º Primaria 1213. C.I. Eirís                                   14
INSTITUCIÓN INTERNACIONAL SEK.
• Introducir conceptos gramaticais básicos: o adxectivo.
• Coñecer e aplicar as regras de uso do signo de admiración e as grafías c e z.
• Redactar breves textos de carácter periodístico.
• Elaborar textos descritivos referidos a cousas.
• Aprender algúns aspectos propios da nosa cultura.

 CONTIDOS
 Conceptos
• Lectura e comprensión.
• Léxico referido aos xoguetes.
• Palabras polisémicas.
• O adxectivo.
• O signo de admiración.
• As palabras con c e z.
• A entrevista.
• A nosa cultura: Panxoliñas e cantares.
 Procedementos
• Expresión oral de coñecementos persoais.
• Identificación de palabras polisémicas.
• Explicación do significado de léxico referido aos xoguetes.
• Aplicación de normas ortográficas e gramaticais.
• Elaboración de entrevistas a compañeiros.
• Emprego de c e z segundo corresponda.
Actitudes.
• Preocupación pola claridade a orde e a limpeza nas produccións escritas.

CONTIDOS TRANSVERSAIS
Educación cidadá
      Responsabilidade: Comentar que deben responsabilizarse dalgúns dos coidados dos animais domésticos que teñan na casa. Insistirlles en que os animais
      non son xoguetes e os seus donos teñen a obriga de coidalos durante toda a vida.
Educación ambiental
      Aproveita-lo contido da unidade para inculcarlles ós alumnos o respecto e o cariño ós animais. Así mesmo, fomenta-lo interese dos nenos por coñeceren os
      animais a través de libros e documentais e sensibilizalos sobre a importancia da conservación das especies.
IISEK. Prog 3º Primaria 1213. C.I. Eirís                                             15
INSTITUCIÓN INTERNACIONAL SEK.

     METODOLOXÍA
     Proceso de ensinanza -aprendizaxe
    • A unidade parte das experiencias e preferencias dos escolares que estes expresarán tanto individualmente coma en grupos coloquiais.
    • Presentación dos contidos da unidade, expresando o profesor o qué, o porqué e para qué das actividades que se van desenvolver.
    • Os contidos lingüísticos da unidade conectan coa área de Coñecemento do medio.
    • Realización individual das actividades de comprensión e corrección colectiva das mesmas.

     Recursos e medios
•   Libro do alumno.
•   Caderno de actividades.
•   Recursos fotocopiables adxuntos.
•   Recursos do libro dixital.
•   CD audio coas lecturas.
•   Bingo ortográfico.
    • Tarxetas de felicitación de Nadal de UNICEF, Mans Unidas e Cruz vermella.
    • Cartolina, lapis de cores, papeis de cores, tesoiras… para a elaboración dunha árbore de cartolina.
•   Panxoliñas tradicionais.

    FOMENTO DA LECTURA
    Ademais da lectura do inicio da unidade e dos textos complementarios, ler algún conto incluído en Contos de Reis e de Nadal, de Miguel Vázquez Freire.

    FOMENTO DAS TIC
•   Emprego do libro dixital para a realización das actividades da unidade.
•   Emprego do iPad coma soporte dixital para buscar vocabulario relativo á unidade.
•   Emprego do ordenador na aula virtual para acceder a contidos relacionados co Nadal, como por exemplo:
    http://www.galiciadigital.com/images/especiales/especiales/nadal/tradicions.php

    PROPOSTA DE ACTIVIDADES
    • Conecta-lo traballo do apartado de ortografía co realizado no de gramática.
    • Realización das actividades de comprensión do texto narrativo en que se traballan diferentes aspectos: relacionar accións a personaxes, identificar feitos,
      completar oracións, explicar feitos…

    IISEK. Prog 3º Primaria 1213. C.I. Eirís                                             16
INSTITUCIÓN INTERNACIONAL SEK.
• Propoñer como xogo na aula que os alumnos escriban preguntas sen coñecer o destinatario para que, posteriormente, esas preguntas sexan respostadas em
   forma de entrevista.
• Interesar o alumnado polas distintas tradicións segundo a procedencia de cada neno ou nena.
• En grupos pequenos, buscar información en libros ou en Internet sobre como se celebra o Nadal noutros países de cultura próxima á nosa.
• En grupos pequenos, recompilar no contorno máis próximo diferentes panxoliñas ou cantares de Reis; facer un pequeno libro con todos eles e cantalos na clase.
• Xogar a facer un pequeno programa de televisión con varias entrevistas a personaxes famosos. Deberán buscarse tres ou catro entrevistadores, igual número de
   entrevistados e organizar os demais nenos e nenas en varios grupos de traballo para que elaboren a entrevista. Os personaxes elixidos poden ser reais (persoas
   admiradas por eles ou personaxes de debuxos animados...) ou ficticios.

 AVALIACIÓN
Criterios de avaliación
• Le con fluidez e corrección diferentes tipos de texto.
• Comprende o sentido global dun texto e responde cuestións de comprensión.
• Aplica o vocabulario aprendido: léxico referente aos xoguetes e palabras novas.
• Utiliza correctamente os distintos significados dunha palabra.
• Identifica os adxectivos e comprende a súa concordancia co nome.
• Usa correctamente o signo de admiración.
• Distingue e aplica correctamente as grafías c e z.
• Organiza e redacta con orden e claridade unha pequena entrevista.
• Crea un texto descritivo sobre un obxecto.
• Mostra interese por participar en tradicións propias da nosa cultura.
 Procedementos e instrumentos.
Os procedementos de avaliación seguen tres pasos básicos: a observación directa, a análise das tarefas e actividades encomendadas e as intervencións e preguntas
de desenvolvemento da clase.
Como instrumentos de avaliación empregaranse os rexistros de control persoal, os exercicios específicos de cada unidade, as produccións dos alumnos tanto orais
coma escritas e as fichas de seguimento.




IISEK. Prog 3º Primaria 1213. C.I. Eirís                                            17
INSTITUCIÓN INTERNACIONAL SEK.
    UNIDADE 5
    TEMPORALIZACIÓN: Xaneiro.
    OBXECTIVO XERAL: Distinguir nun textos dado a importancia do emprego das comas.

    COMPETENCIAS BÁSICAS
•   Comunicación lingüística.
•   Expresión cultural e artística.
•   Tratamento da información e competencia dixital.
•   Social e cidadá.
•   Aprender a aprender.
•   Autonomía e iniciativa persoal.
•   Coñecemento e interacción co mundo físico.
•   Matemática.

     OBXECTIVOS
    • Ler un texto expositivo con fluidez e comprensión.
    • Aumentar o caudal léxico con palabras relacionadas co inverno.
    • Identificar palabras derivadas por sufixación e aplicar algúns sufixos moi produtivos.
    • Introducir conceptos gramaticais básicos: o xénero e o número.
    • Introducir as normas ortográficas do uso da coma e de palabras con mp e mb.
    • Elaborar breves textos narrativos de carácter anecdótico e persoal.
    • Interiozar as características básicas do conto: personaxes, espazo e tempo.
    • Aprender algúns aspectos propios da nosa cultura.

     CONTIDOS
     Conceptos
    • Vocabulario relacionado co inverno
    • Lectura comprensiva.
    • Sufixos: -eiro, -dor, -ada, -al...
    • O xénero e o número.
    • A coma.
    • Palabras con mp e mb.

    IISEK. Prog 3º Primaria 1213. C.I. Eirís                                            18
INSTITUCIÓN INTERNACIONAL SEK.
• Expresión oral.
• O conto.
• A nosa cultura.
 Procedementos
• Narración oral dunha experiencia persoal.
• Asociación dos personaxes da historia ás accións que lles corresponden.
• Adquisición de léxico referido ao inverno.
• Identificación de sufixos en palabras dadas.
• Identificación do xénero e o número dunha palabra.
• Formación de novas palabras con sufixos.
• Colocación dos signos de puntuación no lugar onde corresponde.
• Identificación do día da Paz coma parte do noso patrimonio cultural.
Actitudes
• Participación activa en situacións de comunicación respectando as normas que regulan o seu uso.

CONTIDOS TRANSVERSAIS
Educación cidadá
      Responsabilidade: Insistirlles ós alumnos, que non fagan bromas que poidan ferir ás persoas que os arrodean.
      Solidariedade: Facerlles ver ós alumnos que existen nenos que non teñen agasallos nestas datas. Animalos a participar nalgunha campaña de Nadal de
      solidariedade.

 METODOLOXÍA
 Proceso de ensinanza -aprendizaxe
• Presentación dos contidos por parte do profesor expresando o qué, o porqué e o para qué das actividades que os alumnos van realizar.
• Os alumnos expresarán as súas preferencias en relación co inverno e as vacacions de Nadal.
• Realización de actividades suxeridas na Guía do profesor para reforzar e amplia-la adquisición dos obxectivos formulados e os contidos programados.
• Ó final da unidade búscase asegura-la funcionalidade das aprendizaxes, resaltando neste caso o recoñecemento do ditongo e a aplicación práctica e inmediata
   dalgunhas das propostas da unidade.
 Recursos e medios
• Libro do alumno.
• Caderno de actividades.
• Recursos fotocopiables adxuntos.
• Recursos do libro dixital.
IISEK. Prog 3º Primaria 1213. C.I. Eirís                                           19
INSTITUCIÓN INTERNACIONAL SEK.
• Bingo ortográfico.

FOMENTO DA LECTURA
Ademais da lectura inicial do tema proponse ler algún poema de Ventos, de Antonio García Teijeiro.

FOMENTO DAS TIC
• Emprego do libro dixital para a realización das actividades da unidade.
• Emprego dos complementos dixitais do libro dispoñibles na páxina web www.anayadigital.com.
• Ampliar os contidos vistos na unidade con información que aparece en Internet empregando o iPad.
• Consultar na páxina web de meteogalicia os diferentes símbolos relacionados coa previsión meteorolóxica, recoñecer os xa vistos e explicar os novos.
• Traballar dende o ordenador contidos relacionados co Día da Paz: http://sites.google.com/site/dereitoshumanospaztransversais/Home/paz

 PROPOSTA DE ACTIVIDADES
• Primeiro, lectura do conto individualmente e, a continuación, unha lectura dramatizada en que tres alumnos lean, respectivamente, a parte do narrador, a parte
   do raposo e a parte da cegoña.
• A comprensión do texto desenvólvense a partir das actividades secuenciadas: recoñecemento do significado de palabras, asociación de personaxes ás accións
   que realiza, explicación de causas e identificación do significado dun refrán.
• No programa de vocabulario realizaranse actividades de asociación de adxectivos antónimos, recoñecemento de significados, asociación de adxectivos a
   substantivos concretos e recoñecemento de significado de expresións.
• Pedirlles ós alumnos que realicen materialmente, o mesmo que fixeron coa felicitación de Nadal, felicitacións de santo ou aniversario. Propoñerlles que
   realicen debuxos e escriban un texto adecuado para esa situación.

AVALIACIÓN
Criterios de avaliación
• Le con fluidez e corrección un texto expositivo e outros tipos de textos.
• Comprende o sentido global dun texto e responde cuestións de comprensión.
• Asimila e aplica o vocabulario aprendido: léxico relacionado co inverno.
• Forma palabras derivadas a partir doutras dadas engadindo certos sufixos.
• Coñece as formas de variación do xénero.
• Coñece as formas de variación do número.
• Recoñece e aplica con corrección as normas de uso da coma.
• Escribe correctamente palabras con mp e mb.
• Narra anécdotas e breves textos de experiencias persoais.
IISEK. Prog 3º Primaria 1213. C.I. Eirís                                           20
INSTITUCIÓN INTERNACIONAL SEK.
• Recoñece os elementos básicos dun conto: personaxes, espazo e tempo.
• Mostra interese por coñecer a orixe dalgunha das celebracións escolares.

Procedementos e instrumentos.

Os procedementos de avaliación seguen tres pasos básicos: a observación directa, a análise das tarefas e actividades encomendadas e as intervencións e preguntas
de desenvolvemento da clase.
Como instrumentos de avaliación empregaranse os rexistros de control persoal, os exercicios específicos de cada unidade, as produccións dos alumnos tanto orais
coma escritas e as fichas de seguimento.




IISEK. Prog 3º Primaria 1213. C.I. Eirís                                           21
INSTITUCIÓN INTERNACIONAL SEK.
UNIDADE 6
TEMPORALIZACIÓN: Xaneiro-Febreiro.
OBXECTIVO XERAL: Buscar nun texto palabras sabendo clasifícalas segundo o tipo de acento.
COMPETENCIAS BÁSICAS
   • Social e cidadá.
   • Desenvolvemento da autonomía e iniciativa persoal.
   • Aprender a aprender.
   • Artística e cultural.
   • Coñecemento e a interacción co mundo físico.
   • Comunicación lingüística.
   • Autonomía e iniciativa persoal.

 OBXECTIVOS
• Ler con fluidez e comprensión diferentes tipos de textos.
• Coñecer e utilizar vocabulario referido ás compras.
• Recoñecer e formar palabras derivadas mediante sufixación.
• Introducir conceptos gramaticais básicos: os artigos e os indefinidos.
• Introducir algunhas normas de uso dos dous puntos e as palabra con nh.
• Comprender as características básicas dos anuncios e elaborar mostras.
• Identificar dúas das partes da estrutura do conto: introdución e nó.
• Aprender algúns aspectos propios da nosa cultura.

CONTIDOS
 Conceptos.
• Lectura e comprensión.
• Léxico referido ás compras.
• Sufixos: -eiro/-eira, -dor/-dora (profesións).
• Gramática: Os artigos e os indefinidos.
• Os dous puntos.
• Palabras con nh.
• Os anuncios.
• Estrutura do conto.

IISEK. Prog 3º Primaria 1213. C.I. Eirís                                     22
INSTITUCIÓN INTERNACIONAL SEK.
    • A nosa cultura

     Procedementos
    • Expresión oral de coñecementos, experiencias e preferencias persoais.
    • Adquisición de vocabulario referido ás compras.
    • Recoñecemento da estructura dun conto: no e desenlace.
    • Emprego dos dous puntos en enumeracions e descricions.
    • Emprego dos sufixos para formar novas palabras relacionadas coas profesions.
    • Aplicación de normas ortográficas e gramaticais.
    • Análise dun anuncio.
    • Recoñecemento do Entroido como parte do noso patrimonio cultural.
    Actitudes.
    • Valoración da lectura como fonte de pracer e diversión.
    • Actitude crítica ante os anuncios.

    CONTIDOS TRANSVERSAIS
    Educación para a paz
          Esperta-lo interese e a curiosidade dos alumnos por coñecer outros pobos e culturas. Insistirlles na importancia de respectar e valora-las formas de vida
          diferentes ás nosas.
    Educación ambiental
          Aproveita-lo contido das páxinas do programa de expresión oral para fomentar nos alumnos actitudes de respecto polo medio natural. Pedirlles que
          enumeren comportamentos correctos e incorrectos nas súas saídas ó campo. Sensibiliza-los nenos sobre a responsabilidade que temos todos na
          conservación e protección da natureza.

     METODOLOXÍA
     Proceso de ensinanza-aprendizaxe
    • Presentación dos contidos por parte do profesor expresando o qué, o porqué e o para qué das actividades que os alumnos van realizar.
    • Os alumnos expresarán os seus coñecementos, preferencias e experiencias en relación coa paisaxe e con tarefas estreitamente vinculadas a ela.
    • Entre as actividades propostas alternan as que se deben realizar de maneira individual e en pequenos grupos.
    • Ó final da unidade búscase asegura-la funcionalidade das aprendizaxes.

    Recursos e medios
•   Libro do alumno.

    IISEK. Prog 3º Primaria 1213. C.I. Eirís                                             23
INSTITUCIÓN INTERNACIONAL SEK.
•   Caderno de actividades.
•   Recursos fotocopiables adxuntos.
•   Recursos do libro dixital.
•   Libro de receitas dos doces típicos do entroido.
•   CD audio coas lecturas.
•   Bingo ortográfico.

    FOMENTO DA LECTURA
    Ademais da lectura inicial do tema, pode ler algún fragmento de Lía e as zapatillas de deporte, de María Reimóndez.


    FOMENTO DAS TIC
•   Emprego do libro dixital para a realización das actividades da unidade.
•   Emprego dos complementos dixitais dispoñibles na Web www.anayadigital.com.
•   Existen en Internet diversas páxinas web sobre o Entroido que nos axudarán a preparar o tema na aula, como a de Galicia espallada:
           http://www.galiciaespallada.com.ar/entroido_culturagalega.htm
•   Na páxina de Galeón, que poderán consultar co iPad,atopará ampla información e galerías de imaxes sobre o Entroido en Ourense (peliqueiros, boteiros, cigarróns,
           etc.): http://www.galeon.com/sloren/carnaval_ourense/provincia.htm
•   Escoita nun CD audio de estrofas ou do poema enteiro Un conto en verso.

    PROPOSTA DE ACTIVIDADES
    • Centra-la atención dos alumnos na ilustración que acompaña ó texto narrativo e pedirlles que fagan conxecturas sobre o lugar da acción, os personaxes e a súa
      relación.
    • Propoñer que destaquen a sílaba que se pronuncia con máis forza dentro das palabras dando unha palmada na mesa.
    • Preguntarlles ós alumnos de qué cren que trata o texto informativo que van ler tendo en conta o título.
    • Realización das actividades de expresión oral aproveitando para fomentar nos alumnos o respecto e o coidado do medio natural.
    • Elaboración dun texto explicando un proceso e utilizando os marcadores de discurso axeitados.
    • Propoñer como xogo colectivo na aula que os alumnos digan en cadea palabras que conteñan o son z. Perderá o neno que repita unha palabra xa dita ou que
      non saiba dicir ningunha nova.
    • Traballar de xeito sistemático coa sílaba tónica das palabras para que os alumnos perciban acusticamente o acento. Dicir en voz alta series de palabras agudas,
      graves e esdrúxulas. En cada serie, os alumnos terán que recoñece-la palabra intrusa. Pronunciar con moita énfase a sílaba tónica de cada palabra.



    IISEK. Prog 3º Primaria 1213. C.I. Eirís                                            24
INSTITUCIÓN INTERNACIONAL SEK.
• Pedirlles ós alumnos que leven á aula revistas ou suplementos infantís de xornais. Buscar neles anuncios e analizar de forma colectiva alguns.
• Por parellas, simular situacións de compra utilizando os saúdos e fórmulas de cortesía e o vocabulario traballado na unidade.
• Observar cos alumnos algúns anuncios publicitarios na televisión, valos publicitarios, carteis, etc. Reflexionar con eles sobre a importancia da publicidade e a
   súa implicación nas nosas actitudes ante o consumo.
• Propoñer, durante uns días, que busquen en diferentes espazos pictogramas coma os propostos no apartado da Tarefa final. Deberán copialos e explicar que
   significan.
• Preparar conxuntamente a festa do Entroido mediante a elaboración de carteis e disfraces e a busca e selección de cantigas propias desta festividade.

 AVALIACIÓN
Criterios de avaliación
• Le textos narrativos con fluidez e corrección.
• Comprende o sentido global dun texto e fai o seu comentario.
• Asimila e aplica o léxico relacionado coas compras.
• Aplica sufixos (-eiro/-eira, -dor/-dora) para formar palabras derivadas.
• Recoñece e aplica os artigos (o, a, os, as) e os indefinidos (un, unha, uns, unhas).
• Recoñece e aplica as normas ortográficas que rexen o uso dos dous puntos.
• Escribe correctamente palabras con nh.
• Comprende as características da comunicación publicitaria e elabora mostras.
• Recoñece dúas das partes da estrutura do conto e redacta textos.
• Mostra interese por coñecer algunhas celebracións propias da nosa cultura.

Procedementos e instrumentos.

Os procedementos de avaliación seguen tres pasos básicos: a observación directa, a análise das tarefas e actividades encomendadas e as intervencións e preguntas
de desenvolvemento da clase.
Como instrumentos de avaliación empregaranse os rexistros de control persoal, os exercicios específicos de cada unidade, as produccións dos alumnos tanto orais
coma escritas e as fichas de seguimento.




IISEK. Prog 3º Primaria 1213. C.I. Eirís                                                 25
INSTITUCIÓN INTERNACIONAL SEK.

UNIDADE 7
TEMPORALIZACIÓN: Febreiro.
OBXECTIVO XERAL: Reconecer a importancia que ten para os galegos ter unha lingua de seu que sirve como elemento de enriquecemento e difernciador.
COMPETENCIAS BÁSICAS
- Comunicación lingüística
- Expresión cultural e artística
- Tratamento da información e competencia dixital
- Social e cidadá
- Aprender a aprender
- Autonomía e iniciativa persoal
- Coñecemento e interacción co mundo físico
- Matemática


 OBXECTIVOS
• Expresar experiencias persoais.
• Recoñece-los distintos estados de ánimo da protagonista o longo da historia.
• Inventar unha continuación do conto lido.
• Amplia-lo vocabulario relacionado coa auga.
• Distingui-las palabras agudas, graves e esdrúxulas.
• Escribir correctamente palabras co son g.
• Elaborar listas de preparativos atendendo ós criterios de clasificación propostos.
• Redactar un texto descritivo sobre un animal, organizando a información en apartados.
• Evitar prexuízos sexistas en relación co mundo do traballo.

CONTIDOS
Conceptos
• Vocabulario relacionado coa auga.
• Palabras agudas, graves e esdrúxulas.
• Uso de ga, go, gu e de gue, gui.
Procedementos
• Narración oral de experiencias persoais.
• Recoñecemento dos distintos estados de ánimo da protagonista ó longo da historia.
IISEK. Prog 3º Primaria 1213. C.I. Eirís                                          26
INSTITUCIÓN INTERNACIONAL SEK.
• Invención da continuación do conto.
• Aplicación de normas ortográficas e gramaticais.
• Elaboración dunha lista de preparativos.
• Redacción dun texto descritivo organizando a información.
 Actitudes
• Preocupación por amplia-lo vocabulario e aprende-lo significado de palabras novas.
• Interese por evita-los usos lingüísticos que supoñen calquera tipo de discriminación.
Contidos transversais
Educación do consumidor
       Insistir na importancia da auga para a vida na Terra. Recomendarlles hábitos responsables con respecto á utilización da auga nos seus costumes cotiáns.
Educación ambiental
       Aproveita-lo contido das páxinas do programa de expresión oral e do texto informativo para recomendarlles ós alumnos actitudes de respecto do medio
       natural.
Educación non sexista
       En relación co conto, corrixir calquera prexuízo sexista que poidan te-los nenos co mundo do traballo.

 METODOLOXÍA
 Proceso de ensinanza-aprendizaxe
• Presentación dos contidos da unidade e exploración dos coñecementos previos e das motivacións que os alumnos teñen sobre os mesmos.
• Realización das actividades de forma estructurada e tendo en conta as suxestións ofrecidas na guía do profesor.
• Favorecerase a confianza nas propias capacidades dos alumnos, potenciando a súa autoestima e contribuíndo ó desenvolvemento progresivo da súa autonomía
   para achegarse a novas aprendizaxes.
• Os contidos lingüísticos da unidade conectan coa área de Coñecemento do medio.

Recursos e medios
  • Lingua galega 3.
  • Caderno de Xerais.
  • Diccionarios escolares.
  • Libros de lectura.
  • Lapis de cores.
  •
FOMENTO DA LECTURA


IISEK. Prog 3º Primaria 1213. C.I. Eirís                                            27
INSTITUCIÓN INTERNACIONAL SEK.
Ademais de Xan Guindán, mensaxeiro, proponse Xan e Pericán (de Daniel Ameixeiro,




FOMENTO DAS TIC

- Emprego do libro dixital para a realización das actividades da unidade.
- Emprego dos complementos dixitais do libro dispoñibles na páxina web www.anayadigital.com.
- Na páxina de Adega, atopará dez propostas para traballar na escola o Día da Árbore: http://www.adega.info/index.php?option=com_content&task=view&id=
  446&Itemid=2
- Na seguinte páxina persoal, atopará múltiples e variadas actividades para traballar, de maneira interactiva, o uso do b, aínda que deberá seleccionar aquelas que
  se adapten ao nivel traballado na clase: http://chiscos.net/almacen/lim/ortografi_a/ortografi_a.html



 PROPOSTA DE ACTIVIDADES
• Pedir que digan lugares onde se pode encontrar auga.
• Traballa-las nocións espaciais de último, penúltimo e antepenúltimo, con distintos elementos para facilita-la interiorización destes conceptos.
• Falar da utilidade de planificar calquera tarefa e recomendar que utilicen as listas para os traballos do colexio e da casa.
• Aproveita-la mención ó Océano Glacial Ártico para propoñer que os alumnos o localicen nun globo terráqueo e explica-las características desta zona terrestre.
   Pedirlles ademais ós alumnos que conten o que saiban sobre as baleas.
• Trala lectura completa do conto, realización dunha lectura en voz alta e en cadea. Observar se respectan os signos de puntuación e que len coa entoación
   axeitada.
• Preguntarlles ós alumnos qué lles pareceu a conducta da rapaza e a decisión final do rei.
• Realización de actividades de comprensión que atenden os seguintes aspectos: comprensión de vocabulario, recoñecemento de detalles significativos da
   historia, identificación de estados de ánimo do protagonista.
• Realización dunha continuación para o conto.
• No vocabulario trabállase o recoñecemento de significados, a localización de substantivos nunha sopa de letras, a gradación de significados e a explicación de
   significado de expresións.
• Analiza-la importancia de recoñecer sílabas tónicas e átonas para distingui-los tipos de palabras pola posición da sílaba tónica.
• Realización dun dictado como procedemento de comprobación ortográfica.
• Elaboración dunha lista en que se organice a equipaxe para facer unha viaxe.
• Organización en parágrafos da información proposta e redacción dun texto descritivo sobre o cabaliño do mar.
IISEK. Prog 3º Primaria 1213. C.I. Eirís                                               28
INSTITUCIÓN INTERNACIONAL SEK.
• Propoñer como xogo colectivo na aula que os alumnos digan en cadea palabras que conteñan o son g. Perderá o neno que repita unha palabra xa dita ou que
   non saiba dicir ningunha nova.
• Traballar de forma sistemática coa clasificación das palabras segundo a posición da sílaba tónica. Así, por exemplo, pódese propoñer un xogo en cadea: un
   alumno dirá en voz alta unha palabra calquera e o seu compañeiro dirá se é unha palabra aguda, grave ou esdrúxula.
• Propoñerlles ós alumnos que completen a lista de preparativos para a festa de aniversario que aparece no libro. Pedirlles que engadan algún apartado novo con
   respecto ó que se dá como modelo: os adornos, a piñata...
• Amplia-la terceira actividade da páxina do vocabulario propoñéndolles ós alumnos que ordenen, de maior a menor cantidade de auga, a serie completa de
   palabras que aparece no libro.
• Propoñer como xogo na aula que os nenos, en cadea, inventen oracións para contextualizar cada un dos grupos nominais que aparecen na cuarta actividade de
   vocabulario.
• Elaborar listas de preparativos para outras situacións: o que ten que preparar cada día para ir ó colexio, a equipaxe que prepararía para ir á casa dun amigo a
   pasa-la fin de semana, os materiais necesarios que tería que comprar para un traballo manual...
• Pedirlles ós alumnos que busquen no conto da unidade tódalas palabras que conteñan o son g. Un neno pode ir escribindo no encerado as palabras que vaian
   dicindo os compañeiros.
• Como xogo colectivo na aula, os nenos dirán palabras encadeadas. Un alumno dirá unha palabra grave. Outro alumno terá que dicir outra palabra grave que
   comece pola última sílaba da palabra anterior, e así sucesivamente. Deste xeito, os alumnos vense obrigados a analizar cada palabra antes de incluíla na serie,
   xa que teñen que elimina-las agudas e esdrúxulas.

AVALIACIÓN
 Criterios de avaliación
• Fala das experiencias persoais en relación coa auga.
• Inventa a continuación dun conto.
• Amplia o vocabulario en relación coa auga.
• Distingue palabras agudas, graves e esdrúxulas.
• Escribe correctamente palabras co son g.
• Elabora listas de preparativos.
• Escribe un texto descritivo sobre un animal.

 Procedementos e instrumentos
Os procedementos de avaliación seguen tres pasos básicos: a observación directa, a análise das tarefas e actividades encomendadas e as intervencións e preguntas
de desenvolvemento da clase.
Como instrumentos de avaliación empregaranse os rexistros de control persoal, os exercicios específicos de cada unidade, as produccións dos alumnos tanto orais
coma escritas e as fichas de seguimento.

IISEK. Prog 3º Primaria 1213. C.I. Eirís                                            29
INSTITUCIÓN INTERNACIONAL SEK.




IISEK. Prog 3º Primaria 1213. C.I. Eirís   30
INSTITUCIÓN INTERNACIONAL SEK.
UNIDADE 8
TEMPORALIZACIÓN: Febreiro.
OBXECTIVO XERAL: Comprender mensaxes orais e ecritas na nosa lingua obtendo unha información axeitda.
COMPETENCIAS BÁSICAS
   • Comunicación lingüística:Saber dialogar e resolver xogos lingüísticos.
   • Matemática: Expresar conceptos matemáticos a través da lingua: Os numerais.
   • Coñecemento e a interacción co mundo físico: Utilizar a lingua como instrumento vehicular de comunicación cos demais.
   • Desenvolvemento da autonomía e iniciativa persoal.
   • Artística e cultural: Relacionar certas festas tradicionais coa data doano correspondente: O Entroido.

OBXECTIVO

 Ler poemas e outros textos con fluidez e a entoación adecuada.
 Enriquecer o vocabulario con palabras relacionadas cos animais.
 Recoñecer e formar palabras derivadas mediante prefixación.
 Introducir conceptos gramaticais básicos: os pronomes persoais.
 Practicar as grafías do r forte, r suave e rr.
 Redactar breves textos dialogados.
 Recoñecer as características básicas dos textos poéticos: verso, estrofa e rima.
 Aprender algúns aspectos propios da nosa cultura.


CONTIDOS
Conceptos
- Lectura e comprensión: Bechos pequerrechos
- Vocabulario:
  - Léxico referido aos pequenos animais.
  - Prefixos: in-, des-.
- Gramática: O pronome persoal.
- Ortografía: Palabras con r forte, r suave e rr.
- Expresión: O diálogo.
- Literatura: O poema. Verso, estrofa e rima.
- A nosa cultura: Formuliñas de animais.

 Procedementos
IISEK. Prog 3º Primaria 1213. C.I. Eirís                                            31
INSTITUCIÓN INTERNACIONAL SEK.
• Expresión oral de experiencias persoais.
• Recoñecemento dos distintos estados de ánimo do protagonista dun conto.
• Invención dunha historia paralela ó conto.
• Aplicación de normas ortográficas e gramaticais.
• Anuncio dun acontecemento.
• Resumo do texto argumentativo.
• Redacción dun texto argumentativo xustificando as propias actuacións.
 Actitudes
• Interese por escribir de forma clara e ordenada.

2.4. Temas transversais
Educación ambiental
       Aproveita-lo contido das páxinas do texto informativo para sensibilizar ós alumnos sobre a responsabilidade de todos na conservación e protección da
       natureza e sobre as terribles consecuencias que supoñen os incendios forestais.

METODOLOXÍA
Aproveitar a lectura para falar das experiencias persoais do alumnado.
- Fixar a atención no autor e título da lectura inicial e cubrir unha breve ficha.
- Ler os textos de lectura en voz alta e por quendas.
- Fixar hábitos de traballo.
- Manexar o dicionario.
- Fomentar o uso das novas tecnoloxías para, dunha maneira sinxela, iniciar os alumnos e alumnas na busca e ampliación de información.



Recursos e medios
  • Lingua galega 3.
  • Diccionarios escolares.
  • Libros de lectura.
  • Cartolinas de cores e pinturas para a elaboración de máscaras e carteis.
  • Xornais.

FOMENTO DA LECTURA

IISEK. Prog 3º Primaria 1213. C.I. Eirís                                          32
INSTITUCIÓN INTERNACIONAL SEK.
Ademais de «O honor do saltón», proponse Paseniño, paseniño


FOMENTO DAS TIC
- Emprego do libro dixital para a realización das actividades da unidade.
- Emprego dos complementos dixitais do libro dispoñibles na páxina web www.anayadigital.com.
- Na seguinte páxina persoal, atopará un amplo material informativo e gráfico sobre un dos bichiños que poboan os nosos xardíns, o caracol:
  http://engalego.es/almacen2010/lim11/c3/libro_caracol/libro_caracol.html



 PROPOSTA DE ACTIVIDADES
• Propoñerlles ós alumnos que digan títulos de contos en que interveñen personaxes monstruosos: xigantes, ogros, bruxas… e que conten brevemente o seu
   argumento.
• Propoñerlles ós alumnos que digan nomes de obxectos que hai na aula e copialos no encerado nunha columna. Despois copiar noutra columna algúns dos
   nomes das persoas que hai na clase.
• Escribir no encerado as palabras faro e ferro e preguntarlles ós alumnos cál é a diferencia na escritura da sílaba ro.
• Pedirlles ós alumnos que conten os sentimentos que lle inspira a imaxe do incendio. Organizar unha charla sobre a ruptura do equilibrio no ecosistema que
   provocan os incendios.
• Lectura individual dun conto.
• Realización das actividades de comprensión que atenden os seguintes aspectos: explicación de significados de palabras, recoñecemento de detalles
   significativos, identificación dos diferentes estados de ánimo do personaxe…
• No vocabulario trabállase as definicións de palabras, a formación de palabras compostas e a clasificación de substantivos no campo semántico.
• Identificación dos substantivos comúns e propios que nomean persoas e animais.
• Escritura de palabras con r ou rr.
• Realización dun dictado como procedemento de comprobación ortográfica.
• Lectura e análise dunha noticia do xornal.
• Escritura dunha noticia a partir dos datos presentados nun cartel.
• Explicación das consecuencias dun incendio a partir da información obtida do texto e das razóns polas que se deben evitar.
• Elaboración dun texto argumentativo en que se dean razóns para xustifica-la propia actuación nas situacións que se propoñen.
• Propoñer como xogo colectivo na aula que os alumnos digan en cadea nomes que conteñan o son r e pertenzan a un campo semántico determinado (nomes de
   flores, de froitas…).


IISEK. Prog 3º Primaria 1213. C.I. Eirís                                            33
INSTITUCIÓN INTERNACIONAL SEK.
• Pedirlles ós alumnos que digan nomes propios de vilas, aldeas, cidades, ríos, montes... próximos á súa localidade. Escribilos no encerado e destaca-lo uso da
   maiúscula en todos eses nomes.
• Organizar un pequeno coloquio para que os alumnos falen dalgunha ocasión en que se arrepentisen de algo que fixesen. Estimula-la súa participación con
   preguntas coma estas: ¿Que fixestes? ¿Quen sufriu as consecuencias do que fixestes? ¿Cando comprendestes que fora un erro? ¿Que fixestes para intentar
   arranxalo?
• Pedirlles ós alumnos que traian á aula noticias xornalísticas breves que dean conta dun acontecemento que vai suceder ou que xa sucedera. Comentalas e
   analizalas colectivamente.
• Amplia-la segunda actividade da páxina de vocabulario escribindo no encerado diferentes verbos e substantivos que interveñan na formación de palabras
   compostas.
• Propoñerlles ós alumnos que digan substantivos propios de persoa. Cada neno dirá un nome de rapaza e cada nena dirá un nome de rapaz. A actividade
   desenvolverase en forma de xogo, no que perderá o alumno que non saiba dicir ningún nome.
• Escribir no encerado unha serie de substantivos que designen campos semánticos. Os alumnos dirán nomes que poidan incluírse neses campos semánticos.

 AVALIACIÓN
Criterios de avaliación
- Lectura e comprensión: Bechos pequerrechos
- Vocabulario:
  - Léxico referido aos pequenos animais.
  - Prefixos: in-, des-.
- Gramática: O pronome persoal.
- Ortografía: Palabras con r forte, r suave e rr.
- Expresión: O diálogo.
- Literatura: O poema. Verso, estrofa e rima.
- A nosa cultura: Formuliñas de animais.


 Procedementos e instrumentos
Os procedementos de avaliación seguen tres pasos básicos: a observación directa, a análise das tarefas e actividades encomendadas e as intervencións e preguntas
de desenvolvemento da clase.
Como instrumentos de avaliación empregaranse os rexistros de control persoal, os exercicios específicos de cada unidade, as produccións dos alumnos tanto orais
coma escritas e as fichas de seguimento.




IISEK. Prog 3º Primaria 1213. C.I. Eirís                                            34
INSTITUCIÓN INTERNACIONAL SEK.




UNIDADE 9
TEMPORALIZACIÓN: Marzo.
OBXECTIVO XERAL: Ser capaz de expresarse de forma axeitda tanto na escrita coma na linguaxe oral con semellantes.
COMPETENCIAS BÁSICAS
  • Coñecemento e a interacción co mundo físico: Coñecer, respectar e coidar o entorno.
  • Aprender a aprender: Aprender a sintetizar información.
  • Artística e cultural : recoñecer a presenza da paisaxe nas cantigas populares.
  • Comunicación lingüística: Desenvolver a capacidade para expresarse a través da palabra asociada a imaxe gráfica.
  • Matemática: Expresar conceptos matemáticos a través da lingua: os numerais.

 OBXECTIVOS
  Ler con fluidez e entoación os diferentes textos que figuran na unidade.
 Coñecer palabras novas relacionadas coa primavera.
 Coñecer a formación e os valores dos diminutivos e dos aumentativos.
 Interiorizar a idea de verbo como marcador da acción e coñecer as conxugacións.
 Introducir conceptos ortográficos básicos sobre os criterios que rexen o uso de v.
 Elaborar pequenos pareados.
IISEK. Prog 3º Primaria 1213. C.I. Eirís                                              35
INSTITUCIÓN INTERNACIONAL SEK.
 Coñecer algúns xogos poéticos, como os acrósticos e os caligramas.
 Aprender algúns aspectos propios da nosa cultura.


CONTIDOS
 Conceptos
• Vocabulario relacionado coas plantas.
• O xénero dos substantivos.
• A grafía nh.
 Procedementos
• Narración oral de experiencias persoais.
• Recoñecemento das accións dos personaxes do conto.
• Interpretación dun lugar que aparece na historia.
• Aplicación de normas ortográficas e gramaticais.
• Planificación e escritura dunha carta.
• Recoñecemento da estructura dun texto enumerativo.
• Redacción dun texto enumerativo.
 Actitudes.
• Coidado no emprego dos libros e outros materiais escolares.

Temas transversais
Educación cívica e moral
      Solidariedade: Trasladalo á súa propia realidade e suxerirlles que axuden, de forma desinteresada, ós demais cando teñan algún problema.
Educación ambiental
      Aproveita-lo contido da unidade para destacarlles ós nenos os beneficios que nos proporcionan as árbores e plantas, así como a súa importancia para o
      equilibrio da vida na Terra. Así mesmo, ó fío do contido do texto informativo, recomendarlles respecto por tódolos animais, por pequenos e insignificantes
      que lles parezan.

METODOLOXÍA
 Proceso de ensinanza-aprendizaxe
Aproveitar a lectura para falar sobre a experiencia e vivencias dos alumnos.
- Fixar a atención no autor e título da lectura inicial e cubrir unha breve ficha.
- Ler os textos de lectura en voz alta e por quendas.
- Fixar hábitos de traballo: copiar os textos con atención e limpeza, subliñar con regra, observar e razoar, fixarse nas imaxes que acompañan aos textos, etc.
IISEK. Prog 3º Primaria 1213. C.I. Eirís                                              36
INSTITUCIÓN INTERNACIONAL SEK.
- Traballar co alumnado o manexo do dicionario.
- Fomentar o uso das novas tecnoloxías para, dunha maneira sinxela, iniciar os alumnos e alumnas na busca e ampliación de información.

Recursos e medios
  • Lingua galega 3.
  • Guía didáctica Lingua galega 3.
  • Diccionarios escolares.
  • Libros de lectura. “ Xanela de Cores”
FOMENTO DA LECTURA

Ademais de Hadabruja, proponse No corazón do bosque (de Agustín Fernández Paz


FOMENTO DAS TIC

Emprego do libro dixital para a realización das actividades da unidade.
- Emprego dos complementos dixitais do libro dispoñibles na páxina web www.anayadigital.com.
- Para traballar cos alumnos e alumnas os caligramas, pode atopar información interesante nas seguintes páxinas web:
  http://www.scribd.com/doc/14254744/caligramas
  http://leerxleer.wordpress.com/2009/03/13/caligramas-poesia-e-imagen/




 PROPOSTA DE ACTIVIDADES
 De introducción e motivación
• Centra-la atención dos alumnos na ilustración que acompaña ó texto narrativo e pedirlles que fagan conxecturas sobre o lugar da acción, os personaxes e a súa
   relación.
• Propoñerlles ós alumnos que digan en cadea nomes de froitas e copialas no encerado en dúas columnas debaixo do correspondente artigo, o para os
   masculinos, a para os femininos.
• Explicarlles ós alumnos que van facer proxectos para as vacacións e terán a oportunidade de programar feitos que se darán nun tempo futuro.
• Pronunciar en voz alta as palabras destacadas no texto de ortografía.


IISEK. Prog 3º Primaria 1213. C.I. Eirís                                           37
INSTITUCIÓN INTERNACIONAL SEK.
• Para que os alumnos entendan con claridade que se trata dun texto de estructura enumerativa, pedirlles que enumeren os animais que aparecen nel e escribir esa
   enumeración no encerado.

•   Realización da lectura individual do conto ata a pregunta e a ilustración con que se interrompe, momento en que os alumnos farán conxecturas sobre o final da
    historia.
•   Realización de actividades de comprensión do texto narrativo en que se traballa o léxico, o recoñecemento da secuencia narrativa, a identificación de feitos e a
    realización dun debuxo libre.
•   No programa de vocabulario trabállase a polisemia, as familias léxicas e unha expresión de uso frecuente.
•   O xénero dos substantivo trabállase a partir do recoñecemento dos substantivos masculinos e femininos a través do artigo que os acompaña,
•   Realización de contraccións de preposicións e indefinidos e recoñecemento das palabras que se escriben con nh.
•   Elaboración dunha carta contándolle o proxecto dunha viaxe a un amigo ou amiga.
•   Elaboración dun texto con estructura enumerativa sobre as flores que serven para facer tinturas, a partir de ilustracións e apoios verbais.
•   Propoñerlles ós alumnos que escriban unha oración con cada unha das contraccións do cadro da segunda actividade de gramática.
•   Pedirlles ós alumnos que analicen o xénero de dez substantivos que aparezan na lectura da unidade.
•   Convén evita-las posibles interferencias, procedentes do castelán, no xénero dos substantivos. Para iso, traballar con substantivos de uso frecuente cun xénero
    que varíe con respecto a esa lingua. Pode escribirse no encerado unha lista de substantivos, co artigo correspondente, ó que poden colabora-los propios
    alumnos.
•   Explicarlles ós alumnos que, aínda que tódolos substantivos teñen xénero, non todos admiten variación de xénero.
•   Amplia-la segunda actividade da páxina de vocabulario facendo no encerado fichas doutras palabras polisémicas que teñan relación co tema. Os alumnos
    escribirán despois oracións contextualizando cada un dos significados.
•   Como ampliación da segunda actividade de composición, propoñerlles ós alumnos que, de forma colectiva, realicen propostas doutros datos para incluíren no
    seus plans de vacacións: ónde comerán e durmirán, qué equipaxe levarán... As suxestións anotaranse no encerado e os nenos aproveitarán as que máis lles
    gusten para as súas cartas.
•   Propoñe-lo seguinte xogo na aula: un alumno dirá un substantivo. Se o substantivo admite variación de xénero, outro alumno dirá a forma masculina ou
    feminina correspondente. Se non ten variación de xénero, dirá calquera outro substantivo.

AVALIACIÓN
Criterios de avaliación
 Le diferentes tipos de textos con fluidez e corrección.
 Comprende o sentido global dun texto e fai o seu comentario.
 Asimila e aplica o vocabulario aprendido: léxico relacionado coa primavera.
 Recoñece e forma aumentativos e diminutivos cos sufixos -iño/-iña, -azo/-aza.
 Identifica o verbo e clasifica as formas verbais nas tres conxugacións.

IISEK. Prog 3º Primaria 1213. C.I. Eirís                                              38
INSTITUCIÓN INTERNACIONAL SEK.
 Escribe correctamente palabras con v.
 Coñece e aplica técnicas de elaboración de pareados.
 Elabora breves textos poéticos con diferentes técnicas.
 Mostra interese por participar en distintas festividades e actos culturais.


Procedementos e instrumentos
Os procedementos de avaliación seguen tres pasos básicos: a observación directa, a análise das tarefas e actividades encomendadas e as intervencións e preguntas
de desenvolvemento da clase.
Como instrumentos de avaliación empregaranse os rexistros de control persoal, os exercicios específicos de cada unidade, as produccións dos alumnos tanto orais
coma escritas e as fichas de seguimento.




IISEK. Prog 3º Primaria 1213. C.I. Eirís                                           39
INSTITUCIÓN INTERNACIONAL SEK.
UNIDADE 10
TEMPORALIZACIÓN: Marzo.
OBXECTIVO XERAL: Perante a lectura recoñece as partes mási salientables dunha narración estimulando o coñecemento da riqueza literaria no noso idioma.
COMPETENCIAS BÁSICAS
   • Coñecemento e a interacción co mundo físico:Coñecer diferentes tipos de vivendas e recoñecer como inflúe a paisaxe e o clima.
   • Comunicación lingüística: Aprender a resumir e recoñecer diferentes tipos de textos.
   • Social e cidadá: Respectar as formas de vida doutras culturas e tomar conciencia da necesidade dun consumo responsable.
   • Artística e cultural: Coñecer construccións típicas da nosa comunidade.

OBXECTIVOS
 Ler un texto coa fluidez e coa entoación adecuadas.
Coñecer e utilizar léxico relacionado co parque.
Identificar e formar palabras compostas.
Introducir conceptos gramaticais básicos: o tempo no verbo.
Introducir conceptos ortográficos básicos: verbos acabados en -aba.
Elaborar adiviñas.
Elaborar breves textos poéticos encadeados.
Aprender algúns aspectos propios da nosa cultura.


 CONTIDOS
 Conceptos
- Lectura e comprensión: O xigante egoísta
- Vocabulario:
  - Léxico referido ao parque.
  - Palabras compostas.
- Gramática: O verbo (2). Pasado, presente e futuro.
- Ortografía: Verbos acabados en -aba.
- Expresión: As adiviñas.
- Literatura: Versos encadeados.
- A nosa cultura: Os Maios.




IISEK. Prog 3º Primaria 1213. C.I. Eirís                                       40
INSTITUCIÓN INTERNACIONAL SEK.

 Procedementos
• Expresión oral de preferencias e experiencias persoais.
• Identificación do comezo dun conto.
• Prolongación dunha historia con novos episodios.
• Aplicación de normas ortográficas e gramaticais.
• Xeración de ideas para escribir un conto.
• Redacción de instruccións por escrito.
Actitudes
• Preocupación por escribir con claridade, orde e limpeza.

Temas transversais
Educación cídadá
      Responsabilidade: Destacárlle-la importancia de ter actitudes optimistas ante os problemas, carencias ou desexos que teñamos e ante situacións adversas
      que poidan presentarse.
Educación ambiental
      Aproveita-lo contido da unidade para fomentar actitudes de respecto cara ás plantas e o medio natural en xeral. Propoñerlles que digan comportamentos
      correctos e incorrectos nas saídas ó campo.

 METODOLOXÍA
Proceso de ensinanza -aprendizaxe
- Potenciar as habilidades en comprensión lectora e e expresión escrita.
- Aproveitar a lectura para falar sobre as experiencias persoais.
- Ler os textos de lectura en voz alta e por quendas.
- Fixar hábitos de traballo: copiar os textos con atención e limpeza, subliñar con regra, observar e razoar, fixarse nas imaxes que acompañan aos textos, etc.
- Traballar co alumnado no manexo do dicionario.
- Fomentar o uso das novas tecnoloxías.

Recursos e medios
  • Lingua galega 3.
  • Guía didáctica Lingua galega 3.
  • Diccionarios escolares.
  • Libros de contos tradicionais galegos.
  • Cartolina e pinturas de cores.
IISEK. Prog 3º Primaria 1213. C.I. Eirís                                              41
INSTITUCIÓN INTERNACIONAL SEK.
FOMENTO DA LECTURA

Ademais do texto da lectura inicial, proponse O nacemento de Nunavut


FOMENTO DAS TIC
- Emprego do libro dixital para a realización das actividades da unidade.
- Emprego dos complementos dixitais do libro na Web www.anayadigital.com.
- Na páxina de Galicia espallada atopará material informativo sobre a orixe e significado da festas dos maios:
  http://www.galiciaespallada.com.ar/festas_maios.htm
- Existen en Internet numerosos vídeos sobre a festa dos maios, particularmente de Ourense e Pontevedra (lugares onde está máis arraigada esta tradición), como
  por exemplo en http://www.youtube.com/watch?v=T8PIh-o-T7s.


 PROPOSTA DE ACTIVIDADES
• Preguntarlles ós alumnos se pararon algunha vez a observa-las follas das árbores e se saben distinguir polas súas follas unhas árbores das outras.
• Pedirlles ós alumnos que nomeen cousas da clase das que só hai unha e anotalas no encerado; logo escribir nomes de cousas dos que hai máis de unha na clase.
• Realizar unha chuvia de ideas sobre o tema do monte para coñecer qué vocabulario manexan os alumnos.
• No programa de ortografía, analizar cos alumnos a regra de escritura de palabras con mb e mp, e facerlles ver que é sinxela e se aprende sen problemas.
• Explicarlles ós alumnos que nesta ocasión terán a oportunidade de crear distintos relatos atendendo ós seus elementos fundamentais: personaxes, estructura,
   título, comezo, final…
• Centra-la atención na árbore personificada para que non pase inadvertida a expresión. Responde-las preguntas do apartado Antes de ler.
• Realizar unha lectura individual e, posteriormente, unha lectura en cadea dun conto.
• Realización das actividades de comprensión en que se traballa o léxico da lectura, o recoñecemento dun momento do conto e da secuencia da historia, a
   identificación de detalles significativos…
• No programa de vocabulario realizaranse actividades de asociación de sinónimos, utilización de verbos, identificación do colectivo que corresponde a cada
   substantivo individual.
• Escritura e clasificación de palabras con m antes de p e b.
• Planificación dun conto a partir dunha ilustración e unha serie de ideas.
• Lectura detida dun texto informativo. Recoñecemento da funcionalidade das palabras destacadas no texto.
• Recoñecemento do tema do texto e do procedemento explicado no mesmo.
• Numeración de instruccións para elaborar unha andavía e elaboración posterior dun texto instructivo.


IISEK. Prog 3º Primaria 1213. C.I. Eirís                                            42
INSTITUCIÓN INTERNACIONAL SEK.
• Propoñe-lo seguinte xogo na aula: un alumno dirá un substantivo en plural e outro dirá a forma en singular. O xogo realizarase en cadea e o máis rapidamente
   que os nenos o dean feito.
• Pedirlles ós alumnos que digan nomes de obxectos da aula que sexan únicos e nomes dos que exista máis de un. Escribilos no encerado en dúas columnas e
   destacarlles que nunha columna están os substantivos en singular e noutra están os substantivos en plural.
• Explicarlles ós alumnos, con exemplos no encerado, que os substantivos agudos que rematan en -l fan o plural en -is (postal, postais) e os substantivos graves
   ou monosílabos que rematan en -l engaden -es (val, vales). A continuación, darlles substantivos en singular para que eles formen o plural.
• Amplia-la segunda actividade de vocabulario insistindo nun dos mecanismos que ten a lingua para crear palabras novas, concretamente no mecanismo da
   parasíntese.
• Amplia-la terceira actividade da páxina de vocabulario propoñendo outros nomes de conxuntos de plantas para que os alumnos digan a planta que crece neles.
   Escribilo no encerado en dúas columnas
• A estructura problema-solución que se lles presenta ós alumnos na páxina de composición é unha estructura moi frecuente nos contos. Ademais, o problema
   serviralles como desencadeante da acción que queiran desenvolver no seu conto. Por iso, pode ser reveladora para os alumnos a análise desta estructura no
   argumento dun conto tradicional que coñezan todos. Por exemplo, O xastre valente. Problema: existencia dun cruel ogro que ten aterrorizados ós seus
   habitantes. Solución: un novo e valente xastre dálle morte ó ogro.

AVALIACIÓN
Criterios de avaliación
 Le difererentes tipos de textos con fluidez e corrección.
 Comprende o sentido global dun texto e responde cuestións de comprensión.
  Asimila e aplica o vocabulario aprendido: léxico relacionado co parque.
  Recoñece e usa con corrección as palabras compostas.
 Identifica os verbos e recoñece os valores temporais que achegan.
  Escribe correctamente verbos rematados en -aba.
 Xoga coas adiviñas e elabora textos propios.
 Elabora breves textos poéticos mediante o procedemento do encadeado.
 . Mostra interese por coñecer algúns aspectos propios da nosa cultura.


Procedementos e instrumentos.
Os procedementos de avaliación seguen tres pasos básicos: a observación directa, a análise das tarefas e actividades encomendadas e as intervencións e preguntas
de desenvolvemento da clase.
Como instrumentos de avaliación empregaranse os rexistros de control persoal, os exercicios específicos de cada unidade, as produccións dos alumnos tanto orais
coma escritas e as fichas de seguimento.


IISEK. Prog 3º Primaria 1213. C.I. Eirís                                            43
INSTITUCIÓN INTERNACIONAL SEK.
UNIDADE 11
TEMPORALIZACIÓN: Abril.
OBXECTIVO XERAL: Redactar en lingua galega de xeito cotía narracións e feitos da súa vida escolar.
COMPETENCIAS BÁSICAS
   • Artística e cultural: Coñecer e valorar xogos tradicionais.
   • Comunicación lingüística:Recoñecer as características da linguaxe poética e saber recoñecelas.
   • Social e cidadá: Aprender a relacionarse e respectar as normas dos xogos.
   • Coñecemento e a interacción co mundo físico: Interactuar con entorno e darse conta que é de todos.

OBXECTIVOS

 Ler unha texto dramático atendendo á entoación e ás distintas voces.
 Coñecer e utilizar correctamente léxico dos oficios.
 Coñecer a formación das familias de palabras.
 Coñecer e distinguir as oracións enunciativas, as exclamativas e as interrogativas.
 Aplicar con corrección as normas de uso de g-gu e da diérese.
 Transmitir información a través de códigos non verbais como a mímica.
 Ler e elaborar breves textos teatrais atendendo sobre todo aos personaxes.
 Aprender algúns aspectos propios da nosa cultura.


CONTIDOS
Conceptos
- Lectura e comprensión: «O casamento do piollo e da pulga»
- Vocabulario:
  - Léxico referido aos oficios.
  - Familia de palabras.
- Gramática: A oración e as súas clases.
- Ortografía: Usos de g-gu e da diérese.
- Expresión: Os códigos non verbais. A mímica.
- Literatura: O teatro (1). Diálogos no escenario.
- A nosa cultura: O Día das Letras Galegas.



IISEK. Prog 3º Primaria 1213. C.I. Eirís                                               44
INSTITUCIÓN INTERNACIONAL SEK.
Procedementos
• Expresión oral de preferencias persoais.
• Identificación da orde da secuencia do conto.
• Asociación de cada personaxe ás accións que realiza.
• Uso da palabra galega axeitada para evita-la interferencia do castelán.
• Aplicación de normas ortográficas e gramaticais.
• Escritura do comezo dun conto.
• Redacción dun texto enumerativo.
Actitudes.
• Interese en coñecer e emprega-las normas ortográficas.

Contidos transversais
Educación moral e cívica
      Responsabilidade: Ó fío do conto, destacar que non se debe actuar con enganos, senón con sinceridade..
      Tolerancia: Aproveita-lo contido do texto informativo para desenvolver actitudes de respecto por tódolos traballos e as persoas que os realizan.
Educación para a saúde.
      Fomentar nos alumnos hábitos de alimentación saudables. Destacárlle-la importancia de seguir unha dieta sa e equilibrada.

METODOLOXÍA
 Proceso de ensinanza -aprendizaxe
• Presentación dos contidos por parte do profesor expresando o qué, o porqué e o para qué das actividades que os alumnos van realizar.
• Os sistemas de agrupamento adecuaranse ó tipo de actividades e destrezas que se pretenden desenvolver. Potenciarase ademais a aprendizaxe cooperativa a
   partir do desenvolvemento de actividades en pequenos grupos onde os alumnos se beneficien do intercambio de información, valorando as achegas que cada un
   poida recibir dos demais.
• Ó longo do proceso educativo estimularase os alumnos a través do reforzo positivo, valorando os éxitos que vaian logrando cada un deles.

 Recursos e medios
   • Lingua galega
   • Diccionarios escolares.
• Libros de contos.
FOMENTO DA LECTURA

Ademais de A campá da lúa e Tres voltas ó planeta, proponse Ventos

IISEK. Prog 3º Primaria 1213. C.I. Eirís                                             45
INSTITUCIÓN INTERNACIONAL SEK.

FOMENTO DAS TIC
- Emprego do libro dixital para a realización das actividades da unidade.
- No blog do CEIP Alexandre Bóveda (Chapela, Pontevedra) atopará un exemplo para facer un traballo monográfico sobre Rosalía:
  http://caracolatola.blogspot.com/2012/01/rosalia-de-castro-actividade-lim.html
- Na seguinte páxina persoal, atopará múltiples actividades para traballar o uso do g: http://chiscos.net/almacen/lim/ortografi_a3/ortografi_a.html



PROPOSTA DE ACTIVIDADES
4.1. De introducción e motivación
• Realizar conxecturas sobre a historia e os personaxes representados na ilustración.
• Pedir que nomeen obxectos que ven na aula precedidos dun artigo, escribilos no encerado.
• Pedirlles ós alumnos que digan fórmulas para comezar un conto.
• Propoñerlles que falen de profesión ás que lles gustaría dedicarse de maiores e se cren que traballar pola noite sería un inconveniente para elixir unha profesión
    determinada.
• Lectura individual do conto O espírito das augas. Posteriormente, lectura dramatizada do texto en que tres nenos lean respectivamente a parte do narrador, do
    leñador e da fada.
• Realización das actividades de comprensión do texto narrativo sobre o léxico, o recoñecemento da orde da secuencia, a relación entre personaxes e accións e a
    identificación de feitos.
• Para a aprendizaxe do vocabulario, realización de actividades sobre campos semánticos, formación de substantivos derivados en –doiro a partir de verbos,
    identificación de significados e o recoñecemento do significado de expresións.
• Identificación de artigos en oracións, aplicación de artigos a grupos nominais e transformación de oracións empregando a segunda forma do artigo.
• Escritura de palabras con grupos consonánticos bl ou br segundo corresponda.
• Invención do comezo dun conto.
• Recoñecemento da orde en que aparece a información dun texto informativo enumerativo.
• Elaboración dun texto de carácter enumerativo que expoña información sobre profesións relacionadas co mar.
• Escribir no encerado algúns substantivos nos que o xénero gramatical non estea marcado polas terminacións -o, -a. Os alumnos lerán eses substantivos e
    poñerán o artigo que corresponda.
• Propoñer como xogo colectivo na aula que os alumnos digan, en cadea e con alternancia, palabras que conteñan os grupos bl ou br. Perderá o neno que repita
    unha palabra xa dita ou que non saiba dicir ningunha nova.
• Pedirlles ós alumnos que digan palabras da familia de mar, que irán anotándose no encerado. Despois, cada neno copiará a familia no seu caderno e escribirá
    unha oración contextualizando cada palabra.

IISEK. Prog 3º Primaria 1213. C.I. Eirís                                              46
INSTITUCIÓN INTERNACIONAL SEK.
• Propoñerlles ós alumnos que escriban o conto completo do náufrago e os golfiños, do que xa escribiron o comezo na segunda actividade da páxina de
   composición do seu libro. Despois, lerán en voz alta na aula as historias escritas
• Propoñerlles ós alumnos que lembren seres fantásticos que interveñan nos contos. Iranse anotando no encerado de forma organizada, segundo sexan malvados
   ou bondadosos.
• Pedirlles ós alumnos que lembren ou inventen títulos para contos en que aparezan artigos. Iranse copiando no encerado os títulos propostos e despois, os
   alumnos analizarán eses artigos, indicando, en cada caso, o seu xénero e número.

AVALIACIÓN
Criterios de avaliación
Le un texto dramático coa pronuncia, entoación e ritmo adecuados.
 Extrae o sentido global do texto dramático e fai o seu comentario.
 Coñece e utiliza léxico dos oficios e das palabras novas da lectura.
 Identifica e crea familias de palabras.
 Distingue as oracións enunciativas, as exclamativas e as interrogativas.
Aplica con corrección as normas ortográficas que rexen o uso de g-gu-gü.
Transmite información a través de códigos non verbais como a mímica.
Le e elabora breves textos teatrais atendendo sobre todo aos personaxes.
    Mostra interese por coñecer a orixe e significado do Día das Letras Galegas

Procedementos e instrumentos
Os procedementos de avaliación seguen tres pasos básicos: a observación directa, a análise das tarefas e actividades encomendadas e as intervencións e preguntas
de desenvolvemento da clase.
Como instrumentos de avaliación empregaranse os rexistros de control persoal, os exercicios específicos de cada unidade, as produccións dos alumnos tanto orais
coma escritas e as fichas de seguimento.




IISEK. Prog 3º Primaria 1213. C.I. Eirís                                           47
INSTITUCIÓN INTERNACIONAL SEK.

UNIDADE 12
TEMPORALIZACIÓN: Abril.
OBXECTIVO XERAL: Conocer as nocións básicas da nosa gramática.
COMPETENCIAS BÁSICAS
  • Social e cidadá: Comprender a necesidade de respectar o noso entorno natural amazado polos incendios e a contaminación.
  • Coñecemento e a interacción co mundo físico: recoñecer os coambios no noso entorno; A primavera.
  • Comunicación lingüística: mellorar os diferentes niveis de uso da lingua.
  • Artística e cultural: Apreciar as tradicións autóctonas; Os maios.

OBXECTIVOS
 Ler textos narrativos, poéticos e dramáticos, con fluidez e a entoación adecuada.
 Aprender e utilizar correctamente palabras relacionadas co verán.
 Coñecer e entender a idea de campo semántico.
 Identificar o suxeito e o predicado como as partes básicas dunha oración.
 Utilizar con corrección o h.
 Coñecer os datos e a estrutura dunha carta e aplicalos en producións propias.
 Elaborar breves textos teatrais con anotacións.
Aprender algúns aspectos propios da nosa cultura

CONTIDOS
Conceptos
- Lectura e comprensión: Lonxe do mar
- Vocabulario:
  - Léxico referido ao verán.
  - Campo semántico.
- Gramática: O suxeito e o predicado.
- Ortografía: O uso do h.
- Expresión: A carta.
- Literatura: O teatro (2). As anotacións.
- A nosa cultura: A noite de San Xoán.

 Procedementos
• Exposición oral das vantaxes e inconvenientes dun feito.
• Ordenación das fases dun proceso narrado na historia.
IISEK. Prog 3º Primaria 1213. C.I. Eirís                                             48
INSTITUCIÓN INTERNACIONAL SEK.
• Explicación das accións que acontecen entre dous momentos do conto.
• Aplicación de normas ortográficas e gramaticais.
• Descrición dos trazos físicos e de carácter dos personaxes dun conto.
• Redacción dun texto con estructura de secuencia.
Actitudes
• Valoración da lectura como fonte de pracer.

Contidos transversais
Educación cidadá
      Tolerancia: En relación coas charlas e coloquios colectivos, debemos recomendarlles ós alumnos o respecto polas ideas e opinións que non coincidan coas
      súas. Evitar que utilicen un ton elevado ou agre cando interveñan.
Educación para a paz
      Ó fío do conto, destacárlle-lo final conciliador da historia, conseguido por medio da conversa. Trasladalo á vida próxima dos nenos e inculcarlles
      comportamentos non violentos á hora de solucionaren os seus problemas cos demais.

 METODOLOXÍA
Proceso de ensinanza-aprendizaxe
• Presentación dos contidos por parte do profesor expresando o qué, o porqué e o para qué das actividades que os alumnos van realizar.
• Os alumnos expresarán os seus coñecementos, preferencias e experiencias en relación coa vida no campo, á vez que comentan as súas vantaxes e
   inconvenientes.
• Entre as actividades propostas alternan as que se deben realizar de maneira individual e en pequenos grupos.
• Ó final da unidade búscase asegura-la funcionalidade das aprendizaxes, resaltando neste caso a utilidade dos contidos de vocabulario e a reflexión sobre o
   proceso de elección dun personaxe para un conto.
 Recursos e medios
   • Lingua galega 3.
   • Guía didáctica Lingua galega 3.
   • Diccionarios escolares.
• Libros de contos.
FOMENTO DA LECTURA

Ademais de As fadas verdes, proponse Anamarciana no Planeta Vermello


FOMENTO DAS TIC
IISEK. Prog 3º Primaria 1213. C.I. Eirís                                          49
INSTITUCIÓN INTERNACIONAL SEK.

Emprego do libro dixital para a realización das actividades da unidade.
- Na páxina de Galicia Espallada, atopará material informativo sobre a tradición do San Xoán: http://www.galiciaespallada.com.ar/festa_de_san_xoan.htm
- Para traballar o vocabulario dunha maneira lúdica, pode xogar ao aforcado cos nenos no seguinte enderezo persoal, onde o aforcado cambiouse por un meco nas
  fogueiras de San Xoán: http://www.edu.xunta.es/xogos/aforcado/aforcado.html
- Finalmente, se quere traballar cos nenos e nenas sobre as herbas de San Xoán e outros aspectos algo máis complexos, pode acceder á seguinte páxina persoal,
  que, dunha maneira lúdica, vailles ensinando aos rapaces diferentes aspectos desta tradición ancestral e, ao memo tempo, facéndolles unha especie de avaliación
  do que se vai tratando: http://engalego.es/almacen2010/lim11/c15/herbas_san_xoan/
  herbas_san_xoan.html




PROPOSTA DE ACTIVIDADES
• Pedirlles ós alumnos que digan cómo son diferentes obxectos da clase para que empreguen intuitivamente adxectivos.
• Propoñer que digan palabras que teñan o son x como en granxa e escribilas no encerado.
• Pedir que digan nomes de personaxes de contos ou libros que lesen e qué características físicas e de carácter tiñan.
• Realización de conxecturas sobre o texto inicial.
• Para a aprendizaxe do vocabulario séguense as fases de identificación de significados e formación de palabras derivadas en -eira e -eiro.
• Para o recoñecemento e utilización do adxectivo desenvólvense os seguintes pasos: identificación de adxectivos en textos, formación de grupos nominais
  asociando substantivos e adxectivos e seguindo criterios de concordancia e adecuación semántica, asignación de adxectivos a nomes e descrición de persoas...
• Realización de actividades de escritura de palabras con x e dun dictado como procedemento de comprobación ortográfica.
• Escritura dunha descrición física e de carácter para un personaxe dun conto.
• Identificación de marcadores de secuencia no texto informativo.
• Elaboración dun texto informativo en que se expoñan uns feitos ordenados secuencialmente
• Escribir unha serie de palabras no encerado e pedirlles ós alumnos que identifiquen os adxectivos.
• Propoñerlles ós alumnos o xogo dos adxectivos en cadea. Un neno dirá un substantivo e os seus compañeiros dirán adxectivos pertinentes a ese adxectivo.
• Os alumnos dirán en cadea palabras que conteñan o son x. Deste xeito, lembrarán palabras usuais con este son e realizarán prácticas de pronuncia.
• Pedirlles ós alumnos que imaxinen e dramaticen estas dúas situacións: a conversa que ten o merlo vello cos seus compañeiros para convencelos de que vaian
  ve-lo espantallo e as palabras que diría o tío Ramón ó comprobar que os merlos non volveron peteira-los figos.
• Organizar un coloquio na aula en que os alumnos falen sobre as medidas que teñen que toma-los agricultores para defenderen os cultivos.
• Propoñerlles ós alumnos que inventen e describan outro personaxe que puidese intervir no conto xunto ó que aparece na segunda actividade da páxina de
  composición. Ademais de poñerlle nome e describilo, imaxinarán a relación que pode haber entre eles, cómo se coñecen, qué lles acontece...

IISEK. Prog 3º Primaria 1213. C.I. Eirís                                            50
INSTITUCIÓN INTERNACIONAL SEK.
• Escribir substantivos no encerado para que os alumnos e as alumnas formen, en cada caso, un adxectivo rematado en -oso ou en -osa.
• Escribir no encerado una serie de palabras que conteña o son x. Os alumnos, de forma colectiva, dirán palabras da mesma familia.

AVALIACIÓN
Criterios de avaliación


 Le diferentes tipos de texto con fluidez e comprensión.
 Extrae o sentido global dun texto e fai o seu comentario.
 Aprende e utiliza correctamente palabras relacionadas co verán.
 Comprende a idea de campo semántico.
 Identifica suxeito e predicado na oración e fai a concordancia de persoa e número.
 Utiliza con corrección palabras con h.
 Aprende a escribir unha carta aplicando correctamente a súa estrutura.
 Elabora breves textos teatrais con anotacións.
 Mostra interese por coñecer algúns aspectos propios da nosa cultura.

 Procedementos e instrumentos
Os procedementos de avaliación seguen tres pasos básicos: a observación directa, a análise das tarefas e actividades encomendadas e as intervencións e preguntas
de desenvolvemento da clase.
Como instrumentos de avaliación empregaranse os rexistros de control persoal, os exercicios específicos de cada unidade, as produccións dos alumnos tanto orais
coma escritas e as fichas de seguimento.




IISEK. Prog 3º Primaria 1213. C.I. Eirís                                              51
INSTITUCIÓN INTERNACIONAL SEK.




IISEK. Prog 3º Primaria 1213. C.I. Eirís   52
INSTITUCIÓN INTERNACIONAL SEK.
                                                  TEMPORALIZACIÓN ANUAL

PRIMEIRO TRIMESTRE- Temas 1 ó 4.




                             VALORACIÓN DO PROCESO ENSINANZA – APRENDIZAXE.



    80% DA NOTA SERÁ O RESULTANTE DAS PROBAS SOBRE OS CONTIDOS DESENROLADOS NA MATERIA.

    10% CORRESPONDE ÁS ACTITUDES / COMPORTAMENTO DO ALUMNO NO ÁMBITO ESCOLAR.

    10% SERÁ O VALOR ASIGNADO AO TRABALLO DIARIO E ESFORZO.




IISEK. Prog 3º Primaria 1213. C.I. Eirís                        53

Weitere ähnliche Inhalte

Was ist angesagt?

Was ist angesagt? (15)

Ensino clil e experiencia no cpi tino grandio cfr coruña
Ensino clil e experiencia no cpi tino grandio cfr coruñaEnsino clil e experiencia no cpi tino grandio cfr coruña
Ensino clil e experiencia no cpi tino grandio cfr coruña
 
Tâche 2
Tâche 2Tâche 2
Tâche 2
 
Tâche 2
Tâche 2Tâche 2
Tâche 2
 
Actividades desenvolvidas no ies afonso x o sabio 2015
Actividades desenvolvidas no ies afonso x o sabio 2015Actividades desenvolvidas no ies afonso x o sabio 2015
Actividades desenvolvidas no ies afonso x o sabio 2015
 
Di Se Li 22 Fil
Di Se Li 22 FilDi Se Li 22 Fil
Di Se Li 22 Fil
 
Coñecemos marrocos
Coñecemos marrocosCoñecemos marrocos
Coñecemos marrocos
 
Tâche 2
Tâche 2Tâche 2
Tâche 2
 
P Lector Web
P Lector WebP Lector Web
P Lector Web
 
Tâche 2
Tâche 2Tâche 2
Tâche 2
 
Plan anual edlg _2018-2019
Plan anual edlg _2018-2019Plan anual edlg _2018-2019
Plan anual edlg _2018-2019
 
Espazos invisibles - 2019.pdf
Espazos invisibles - 2019.pdfEspazos invisibles - 2019.pdf
Espazos invisibles - 2019.pdf
 
Misterio en Valadares - 2021.pdf
Misterio en Valadares - 2021.pdfMisterio en Valadares - 2021.pdf
Misterio en Valadares - 2021.pdf
 
Proxecto Lector de Centro
Proxecto Lector de CentroProxecto Lector de Centro
Proxecto Lector de Centro
 
LCL_ITI_ estándares tarefas - 2021.pdf
LCL_ITI_ estándares tarefas - 2021.pdfLCL_ITI_ estándares tarefas - 2021.pdf
LCL_ITI_ estándares tarefas - 2021.pdf
 
Estándares LCL - Instrumentos y temporalización.pdf
Estándares LCL - Instrumentos y temporalización.pdfEstándares LCL - Instrumentos y temporalización.pdf
Estándares LCL - Instrumentos y temporalización.pdf
 

Ähnlich wie Programación de aula 3º lingua

Implicacións didácticas do currículo de lingua galega e literatura
Implicacións didácticas do currículo de lingua galega e literaturaImplicacións didácticas do currículo de lingua galega e literatura
Implicacións didácticas do currículo de lingua galega e literaturaLuciano Fernández
 
Liñas biblioteca escolar para o curso 2011
Liñas biblioteca escolar para o curso 2011Liñas biblioteca escolar para o curso 2011
Liñas biblioteca escolar para o curso 2011ludeiro
 
Di Se Li 22
Di Se Li 22Di Se Li 22
Di Se Li 22Luz Zas
 
Liñas biblioteca escolar para o curso 2011
Liñas biblioteca escolar para o curso 2011Liñas biblioteca escolar para o curso 2011
Liñas biblioteca escolar para o curso 2011ludeiro
 
Proxecto biblioteca CEIP Escultor Acuña
Proxecto biblioteca CEIP Escultor AcuñaProxecto biblioteca CEIP Escultor Acuña
Proxecto biblioteca CEIP Escultor Acuñaconchirial
 
Claves para gañar lectoras e lectores
Claves para gañar lectoras e lectoresClaves para gañar lectoras e lectores
Claves para gañar lectoras e lectoresBEGA
 
1 ¦ciclo 13
1 ¦ciclo 131 ¦ciclo 13
1 ¦ciclo 13mariocha2
 
Proxecto lector de centro
Proxecto lector de centroProxecto lector de centro
Proxecto lector de centrobibliomarineda
 
Proxecto lector de centro
Proxecto lector de centroProxecto lector de centro
Proxecto lector de centrobibliomarineda
 
Propostas TIC para o desenvolvemento da competencia lingüíStica
Propostas TIC para o desenvolvemento da competencia lingüíSticaPropostas TIC para o desenvolvemento da competencia lingüíStica
Propostas TIC para o desenvolvemento da competencia lingüíSticaRomán Landín
 
Propostas TIC para o desenvolvemento da Competencia Lingüística
Propostas TIC para o desenvolvemento da Competencia LingüísticaPropostas TIC para o desenvolvemento da Competencia Lingüística
Propostas TIC para o desenvolvemento da Competencia LingüísticaRomán Landín
 
Tâche 2: comments_y_prende
Tâche 2: comments_y_prendeTâche 2: comments_y_prende
Tâche 2: comments_y_prendeainoaaa
 
Os Enfoques Comunicativos
Os Enfoques ComunicativosOs Enfoques Comunicativos
Os Enfoques ComunicativosLuz Zas
 

Ähnlich wie Programación de aula 3º lingua (20)

Implicacións didácticas do currículo de lingua galega e literatura
Implicacións didácticas do currículo de lingua galega e literaturaImplicacións didácticas do currículo de lingua galega e literatura
Implicacións didácticas do currículo de lingua galega e literatura
 
Liñas biblioteca escolar para o curso 2011
Liñas biblioteca escolar para o curso 2011Liñas biblioteca escolar para o curso 2011
Liñas biblioteca escolar para o curso 2011
 
Di Se Li 22
Di Se Li 22Di Se Li 22
Di Se Li 22
 
PDI PLANETA PLANTURNO
PDI PLANETA PLANTURNOPDI PLANETA PLANTURNO
PDI PLANETA PLANTURNO
 
Liñas biblioteca escolar para o curso 2011
Liñas biblioteca escolar para o curso 2011Liñas biblioteca escolar para o curso 2011
Liñas biblioteca escolar para o curso 2011
 
De infantil a primaria
De infantil a primariaDe infantil a primaria
De infantil a primaria
 
Proxecto biblioteca CEIP Escultor Acuña
Proxecto biblioteca CEIP Escultor AcuñaProxecto biblioteca CEIP Escultor Acuña
Proxecto biblioteca CEIP Escultor Acuña
 
Claves para gañar lectoras e lectores
Claves para gañar lectoras e lectoresClaves para gañar lectoras e lectores
Claves para gañar lectoras e lectores
 
1 ¦ciclo 13
1 ¦ciclo 131 ¦ciclo 13
1 ¦ciclo 13
 
Proxecto lector de centro
Proxecto lector de centroProxecto lector de centro
Proxecto lector de centro
 
Proxecto lector de centro
Proxecto lector de centroProxecto lector de centro
Proxecto lector de centro
 
Tarefa final l1301017
Tarefa final l1301017Tarefa final l1301017
Tarefa final l1301017
 
Taché 2
Taché 2Taché 2
Taché 2
 
Tâche 2. Comment s'y prende
Tâche 2. Comment s'y prendeTâche 2. Comment s'y prende
Tâche 2. Comment s'y prende
 
PDI OÍDO COCIÑA
PDI OÍDO COCIÑAPDI OÍDO COCIÑA
PDI OÍDO COCIÑA
 
PDI ARDORA
PDI ARDORAPDI ARDORA
PDI ARDORA
 
Propostas TIC para o desenvolvemento da competencia lingüíStica
Propostas TIC para o desenvolvemento da competencia lingüíSticaPropostas TIC para o desenvolvemento da competencia lingüíStica
Propostas TIC para o desenvolvemento da competencia lingüíStica
 
Propostas TIC para o desenvolvemento da Competencia Lingüística
Propostas TIC para o desenvolvemento da Competencia LingüísticaPropostas TIC para o desenvolvemento da Competencia Lingüística
Propostas TIC para o desenvolvemento da Competencia Lingüística
 
Tâche 2: comments_y_prende
Tâche 2: comments_y_prendeTâche 2: comments_y_prende
Tâche 2: comments_y_prende
 
Os Enfoques Comunicativos
Os Enfoques ComunicativosOs Enfoques Comunicativos
Os Enfoques Comunicativos
 

Programación de aula 3º lingua

  • 1. INSTITUCIÓN INTERNACIONAL SEK. PROGRAMACIÓN ÁREA: LINGUA GALEGA 3º CURSO DE EDUCACIÓN PRIMARIA 12/13 María Fernández, Jose M. Pardo e Xose L. Rego IISEK. Prog 3º Primaria 1213. C.I. Eirís 1
  • 2. INSTITUCIÓN INTERNACIONAL SEK. UNIDADE 1 TEMPORALIZACIÓN: Setembro-Outubro. OBXECTIVO XERAL: Promover o uso da nosa lingua como medio de expresión vehicular COMPETENCIAS BÁSICAS • Comunicación lingüística. • Expresión cultural e artística. • Tratamento da información e competencia dixital. • Social e cidadá. • Aprender a aprender. • Autonomía e iniciativa persoal. • Coñecemento e interacción co mundo físico. • Matemática. OBXECTIVOS DIDÁCTICOS • Ler un texto poético con fluidez e comprensión. • Aumentar o vocabulario referido á escola. • Coñecer as letras que conforman o alfabeto galego. • Introducir conceptos básicos sobre a lingua. • Ler e escribir atendendo ás normas ortográficas sobre o punto e a maiúscula. • Facer presentacións, e utilizar fórmulas de saúdo e de cortesía. • Distinguir os textos literarios dos non literarios. • Aprender algúns aspectos propios da nosa cultura. CONTIDOS Conceptos • Lectura e comprensión. • Vocabulario referido á escola. • O abecedario. • A lingua. • O punto. • A maiúscula. IISEK. Prog 3º Primaria 1213. C.I. Eirís 2
  • 3. INSTITUCIÓN INTERNACIONAL SEK. • Saúdos e presentacións. • Textos literarios e non literarios. • A nosa cultura. Procedementos • Desenvolvemento da comprensión e a expresión. • Ampliación do vocabulario relativo á escola. • Asimilación de conceptos lingüísticos básicos e normas ortográficas. • Discriminación de textos segundo sexan ou non literarios. • Desenvolvemento da capacidade para presentarse a un mesmo. Actitudes • Interese por participar nas actividades grupais e colaborar cos compañeiros. • Interese por coñecer algunhas actividades propias da nosa sociedade. TEMAS TRANSVERSAIS Educación moral e cívica Responsabilidade: Destaca-la sinceridade como valor na nosa relación cos demais. Educación ambiental Animar ós alumnos a coñecer e respecta-los espacios naturais. Educación multicultural Fomenta-las actitudes de respecto e de curiosidade polos xeitos de vida diferentes ós nosos. METODOLOXÍA • Presentación en gran grupo da unidade didáctica e exploración de coñecementos previos e das motivacións que os alumnos teñen a través de Actividades previas de introducción, favorecendo a súa participación activa. • Ó inicio de cada unidade, os alumnos expresarán coñecementos e narrarán experiencias sobre un aspecto ilustrado nunha imaxe motivadora, favorecendo que respecten as quendas de palabra e a participación de tódolos alumnos e fomentando en todo momento a colaboración e non a competición. • Realización das actividades dos programas do Libro de texto de forma estructurada, tendo en conta as suxestións que se ofrecen na Guía do Profesor e introducindo as modificacións que se consideren precisas para reforzar ou amplia-la adquisición dos obxectivos formulados e os contidos programados. • Enfoque integrador no desenvolvemento da Unidade. Achéganse ó alumno situacións contextualizadas da súa propia experiencia ou dos seus coñecementos previos, combinando actividades de distinta natureza: observación, comprensión, análise, opinión, interpretación, expresión, creación… • Os contidos da área relaciónanse e conectan con outras áreas, especialmente con Coñecemento do medio. • Os sistemas de agrupamento adecuaranse ó tipo de actividades e destrezas que se queren desenvolver: o grupo da clase, o pequeno grupo, as parella s, o traballo individual. Así mesmo, contarase cun agrupamento flexible canto á realización de actividades de reforzo e ampliación. IISEK. Prog 3º Primaria 1213. C.I. Eirís 3
  • 4. INSTITUCIÓN INTERNACIONAL SEK. • Ó final de cada unidade, búscase asegura-la funcionalidade das aprendizaxes mediante a realización dunha serie de actividades nas que os alumnos poden avaliarse, examina-las súas habilidades, preferencias persoais, dificultades… e descubri-la utilidade destas aprendizaxes para incorporalas á súa experiencia. Recursos e medios • Lingua galega 3. • Diccionarios escolares. • Libros de lectura. • Caderno de actividades. • Diccionario. • Libros de lectura. • Lapis de cores para a realización das actividades propostas. FOMENTO DA LECTURA Lectura dalgún fragmento de Ti non xogas, de Silvestre Gómez Xurxo FOMENTO DAS TIC • Emprego do libro dixital para a realización das actividades da unidade. • Emprego dos complementos dixitais do libro na Web www.anayadigital.com. • Visitar distintas páxinas web ou facer unha selección de vídeos nos que se falen outras linguas ou se mostren outros alfabetos. • Emprego do programa educativo Galingua na aula virtual para repasar contidos. • Emprego do iPad para resolver dúbidas de vocabulario, cultura, etc. PROPOSTA DE ACTIVIDADES Ademais das actividades propostas no libro realizaranse as seguintes: • Ampliar o traballo sobre os textos literarios e non literarios clasificando os libros da biblioteca da aula. • Recortar palabras de diferentes xornais e revistas, con distinto formato, cores, etc. e colocalas alfabeticamente no taboleiro de clase. • Realizar adiviñas con nomes de letras. • Por grupos, inventar un alfabeto. AVALIACIÓN: Criterios de avaliación • Le con fluidez e corrección unha poesía e diversos tipos de textos. IISEK. Prog 3º Primaria 1213. C.I. Eirís 4
  • 5. INSTITUCIÓN INTERNACIONAL SEK. • Comprende o sentido global dun texto e responde cuestións de comprensión. • Asimila e aplica o vocabulario aprendido: léxico da escola e palabras novas. • Coñece o abecedario, os dígrafos e ordena series de palabras alfabeticamente. • Diferencia lingua oral e escrita e recoñece o galego como lingua propia de Galicia. • Utiliza correctamente o punto para marcar as pausas. • Aplica a maiúscula nos casos traballados. • Presenta a alguén e usa correctamente fórmulas de saúdo e de cortesía. • Diferencia texto literario e non literario e discrimina entre poema, conto e teatro. • Mostra interese por coñecer algúns aspectos propios da nosa cultura. Procedementos e instrumentos Os procedementos de avaliación seguen tres pasos básicos: a observación directa, a análise das tarefas e actividades encomendadas e as intervencións e preguntas de desenvolvemento da clase. Como instrumentos de avaliación empregaranse os rexistros de control persoal, os exercicios específicos de cada unidade, as produccións dos alumnos tanto orais coma escritas e as fichas de seguimento. IISEK. Prog 3º Primaria 1213. C.I. Eirís 5
  • 6. INSTITUCIÓN INTERNACIONAL SEK. UNIDADE 2 TEMPORALIZACIÓN: Outubro. OBXECTIVO XERAL: Ampliar o vocabulario que nos permita expresarnos de forma axeitada no nos idioma mediante lecturas dos nosos ecritores máis xoves. COMPETENCIAS BÁSICAS • Comunicación lingüística. • Expresión cultural e artística. • Tratamento da información e competencia dixital. • Social e cidadá. • Aprender a aprender. • Autonomía e iniciativa persoal. • Coñecemento e interacción co mundo físico. • Matemática. OBXECTIVOS DIDÁCTICOS • Realizar unha lectura comprensiva dos textos propostos. • Enriquecer o vocabulario con palabras referidas ao corpo. • Coñecer e utilizar os sinónimos. • Introducir conceptos gramaticais básicos: letras, palabras e sílabas. • Identificar a sílaba tónica dunha palabra e coñecer as normas de uso do guión. • Elaborar breves textos para organizar unha axenda. • Facer descricións de persoas e de si mesmo. • Aprender algúns aspectos propios da nosa cultura. CONTIDOS Conceptos • Vocabulario relacionado co corpo humano. IISEK. Prog 3º Primaria 1213. C.I. Eirís 6
  • 7. INSTITUCIÓN INTERNACIONAL SEK. • Os sinónimos. • Letras e palabras. • As sílabas. Clases de palabras segundo o número de sílabas. • A sílaba tónica e o guión. • A axenda. • A descrición das persoas. O retrato. • A nosa cultura. Procedementos • Ampliación do vocabulario relativo ao corpo humano. • Identificación de sinónimos de diferentes termos. • División dunha palabra en sílabas e letras. • Identificación das características dunha persoa e realización de descricións. • Aplicación de normas ortográficas e gramaticais. • Planificación e escritura dunha axenda semanal. • Recoñecemento do Samaín coma festa cultural propia. Actitudes • Respecto polas opinións alleas. TEMAS TRANSVERSAIS Educación cidadá Responsabilidade. Suxerirlles ós alumnos que utilicen a axenda para organiza-los seus traballos na aula, así coma para calquera outra actividade que teñan a obriga de cumprir. Educación ambiental. En relación co contido do texto informativo, sensibiliza-los alumnos sobre a necesidade de colaboraren nos labores de reciclaxe dos diferentes materiais para contribuír a conserva-los recursos da Terra e ó coidado do medio natural. METODOLOXÍA • Expresión libre por parte dos alumnos das súas experiencias persoais que expresarán en grupo coloquial, recomendando a brevidade nas intervencións para que poidan participa-la a maior parte posible de alumnos. • Entre os exercicios propostos alternan os que se realizarán de forma individual, en pequenos grupos e no grupo clase. • Ó final da unidade asegurarase a funcionalidade das aprendizaxes, destacando a asociación da estructura do texto de secuencia co seu contido e a elaboración de resumos sobre os principais contidos vistos ó longo da unidade. IISEK. Prog 3º Primaria 1213. C.I. Eirís 7
  • 8. INSTITUCIÓN INTERNACIONAL SEK. RECURSOS E MEDIOS • Lingua galega 3. • Diccionarios escolares. • Libros de lectura. • Caderno de tamaño mediano, calendario, lapis de cores, regra… para a elaboración dunha axenda persoal. FOMENTO DA LECTURA Ademais da lectura do inicio da unidade e dos textos complementarios, proponse a lectura dalgún fragmento de A bruxa desdentada, de Joles Senell. FOMENTO DAS TIC • Emprego do libro dixital para a realización das actividades da unidade. • Emprego do iPad para ampliar os contidos vistos na unidade con información que aparece en Internet. • Realización de actividades relativas ao Samaín na aula virtual do colexio apoiándose na seguinte páxina: https://sites.google.com/site/recursosparaosamain/ PROPOSTA DE ACTIVIDADES • A partir do título e do debuxo da lectura inicial, elaborar de prediccións sobre o lugar en que se desenvolve a acción do conto, sobre o personaxe e o desenlace. • Pedirlles ós alumnos que elaboren oracións sobre elementos do corpo. • Destaca-la importancia de anotar nunha axenda o que non queremos esquecer. • Adiviñas referidas a partes do corpo humano. • Xogar a adiviñar personaxes coñecidos a partir de breves descricións orais. • Crear unha pequena axenda escolar para ir anotando as ocupacións, deberes e outros datos de interese. • Observación da imaxe e participación en diálogos. • Realización das actividades de comprensión sobre o texto narrativo atendendo ós seguintes aspectos: recoñecemento de detalles significativos da historia, identificación da orde en que suceden os feitos e comprensión de vocabulario. • Para a aprendizaxe de vocabulario séguese o proceso de asociación de adxectivos antónimos, identificación de significados, formación de substantivos abstractos e recoñecemento do significado dunha expresión contextualizada. • Para traballa-lo concepto de oración desenvólvense os seguintes pasos: identificación das oracións que forman un texto e da palabra como unidade de significado, ordenación de grupos de palabras para formar oracións, formación de oracións mediante a asociación de suxeitos e predicados, construcción de oracións máis longas engadindo palabras. • Organización de notas dunha axenda. • Elaboración dun texto descriptivo sobre un mesmo. • Aplicar calidades previamente dadas a outros obxectos. IISEK. Prog 3º Primaria 1213. C.I. Eirís 8
  • 9. INSTITUCIÓN INTERNACIONAL SEK. • Achegar un esquema de estructura de secuencia para que os alumnos o completen. AVALIACIÓN. Criterios de avaliación • Le con fluidez e corrección diferentes tipos de textos. • Comprende o sentido global dos textos e responde cuestións de comprensión. • Asimila e aplica o vocabulario aprendido: léxico do corpo e palabras novas. • Aplica sinónimos en contextos dados. • Identifica palabras, divídeas en sílabas e clasifícaas segundo o número de sílabas. • Identifica a sílaba tónica das palabras. • Realiza unha correcta partición das palabras mediante o guión. • Elabora breves textos para organizar unha axenda propia. • Fai descricións de persoas empregando adxectivos e comparacións. • Mostra interese por coñecer algúns aspectos propios da nosa cultura. Procedementos e instrumentos Os procedementos de avaliación seguen tres pasos básicos: a observación directa, a análise das tarefas e actividades encomendadas e as intervencións e preguntas de desenvolvemento da clase. Como instrumentos de avaliación empregaranse os rexistros de control persoal, os exercicios específicos de cada unidade, as produccións dos alumnos tanto orais coma escritas e as fichas de seguimento. IISEK. Prog 3º Primaria 1213. C.I. Eirís 9
  • 10. INSTITUCIÓN INTERNACIONAL SEK. UNIDADE 3 TEMPORALIZACIÓN: Novembro. OBXECTIVO XERAL: Aprender contidos gramaticais sinxelos referidos aos signos de puntuación. COMPETENCIAS BÁSICAS • Comunicación lingüística. • Expresión cultural e artística. • Tratamento da información e competencia dixital. • Social e cidadá. • Aprender a aprender. • Autonomía e iniciativa persoal. • Coñecemento e interacción co mundo físico. • Matemática. OBXECTIVOS DIDÁCTICOS • Ler un conto breve con fluidez e comprensión. • Ampliar o léxico con termos referidos ao outono. • Recoñecer os antónimos. • Adquirir as nocións gramaticais que caracterizan os nomes. • Coñecer e usar as normas de uso do signo de interrogación e das palabra con c e q. • Elaborar breves textos explicativos. • Redactar descricións de paisaxes. IISEK. Prog 3º Primaria 1213. C.I. Eirís 10
  • 11. INSTITUCIÓN INTERNACIONAL SEK. • Aprender algúns aspectos propios da nosa cultura. CONTIDOS Conceptos • Lectura e comprensión. • Léxico referido ao outono. • Os antónimos. • O nome. • Ortografía • O signo de interrogación. • As palabras con c e qu. • Explicación dun proceso. • A descrición de paisaxes. • O magosto. Procedementos • Expresión oral de experiencias e coñecementos persoais. • Lectura dramatizada dun texto narrativo. • Escritura de diálogos nos que haxa preguntas para empreñar o signo de interrogación. • Aplicación de normas ortográficas e gramaticais. • Esquematización da información principal dun texto. • Redacción dun texto descritivo dunha paisaxe. Actitudes • Interese polos xogos lingüísticos creativos. CONTIDOS TRANSVERSAIS Educación moral e cívica Responsabilidade: Destaca-la gravidade das palabras ofensivas, ferintes e agresivas. Trasladalo á realidade próxima dos nenos e recomendarlles actitudes reflexivas, sen deixarse levar por impulsos. Educación non sexista Evita-los prexuízos sexistas que poidan manifesta-los alumnos en relación coa cociña e as tarefas domésticas en xeral. METODOLOXÍA • Presentación en gran grupo da unidade didáctica para que os alumnos poidan aprecia-los principais aspectos sobre os que versará cada tema. IISEK. Prog 3º Primaria 1213. C.I. Eirís 11
  • 12. INSTITUCIÓN INTERNACIONAL SEK. • Expresión por parte dos alumnos das súas experiencias persoais relacionadas co outono. • Realización das actividades do apartado Máis recursos que aparecen na guía do profesor mentres este atende ós alumnos con maiores dificultades de aprendizaxe. • Ó final da unidade preténdese asegura-la funcionalidade das aprendizaxes, resaltando nesta ocasión a identificación de sons vocálicos e consonánticos, a reflexión sobre o acto de ler e o recoñecemento de aspectos básicos da organización interna dos diccionarios. Recursos e medios • Libro do alumno. • Caderno de actividades. • Recursos fotocopiables adxuntos. • Recursos do libro dixital. • CD audio coas lecturas. • Bingo ortográfico. FOMENTO DA LECTURA Ademais da lectura do inicio da unidade e dos textos complementarios, proponse ler algún fragmento de No corazón do bosque, de Agustín Fernández Paz. FOMENTO DAS TIC • Emprego do libro dixital para a realización das actividades da unidade. • Buscar co iPad información para traballar o magosto na aula e facer un mural. • Na aula virtual, realización de actividades relacionadas co outono e co uso de c e do qu: http://centros.edu.xunta.es/ceipdepazos/Ana/LIM/OUTONO/ estamos_en_outono.html e http://chiscos.net/almacen/lim/ortografi_a2/ortografi_a.html PROPOSTA DE ACTIVIDADES • Invitar ós alumnos a que atopen refráns relacionados co outono. • Lectura individual, e posteriormente, dramatizada do conto Carrapuchiña Vermella. Escritura dos diálogos empreñando signos de interrogación. • Realización das actividades de comprensión do texto narrativo sobre detalles significativos do conto, identificación de significados de palabras e expresións e o recoñecemento de accións. • Suxerirlles ós alumnos que propoñan antónimos a unhas palabras dadas. • Facerlles ver ós alumnos que hai sons que se representan con distintas letras: c-qu,. Escribir palabras que conteñan esas letras no encerado. Os nenos diranas en voz alta para comprobar que, na nosa lingua, se pronuncian igual. • Aprender outras cantigas populares para cantar no magosto. IISEK. Prog 3º Primaria 1213. C.I. Eirís 12
  • 13. INSTITUCIÓN INTERNACIONAL SEK. • Levar á aula varios xornais e revistas para que marquen con rotuladores de diferentes cores os nomes propios e comúns que aparecen nunha noticia seleccionada. • Facer pequenos grupos e repartirlles unha escena do conto da lectura a cada un. Cada grupo deberá facer o debuxo correspondente e escribir a frase que sintetice a secuencia do relato que lles tocase. AVALIACIÓN Criterios de avaliación • Le con fluidez e corrección diferentes tipos de textos. • Comprende o sentido global dun texto e responde cuestións de comprensión. • Asimila e aplica o vocabulario aprendido: léxico relacionado co outono. • Recoñece e aplica antónimos e termos contrarios. • Identifica o nome e distingue os comúns dos propios. • Coloca o signo de interrogación en frases interrogativas. • Escribe correctamente palabras con c e qu. • Redacta con corrección breves textos que explican paso a paso un proceso. • Recoñece e aplica as técnicas da descrición de paisaxes. • Mostra interese por coñecer algúns aspectos propios da nosa cultura. Procedementos e instrumentos. Os procedementos de avaliación seguen tres pasos básicos: a observación directa, a análise das tarefas e actividades encomendadas e as intervencións e preguntas de desenvolvemento da clase. Como instrumentos de avaliación empregaranse os rexistros de control persoal, os exercicios específicos de cada unidade, as produccións dos alumnos tanto orais coma escritas e as fichas de seguimento. IISEK. Prog 3º Primaria 1213. C.I. Eirís 13
  • 14. INSTITUCIÓN INTERNACIONAL SEK. UNIDADE 4 TEMPORALIZACIÓN: Decembro. OBXECTIVO XERAL: Expresar con corrección palabras relacionadas con persoas ou animais. COMPETENCIAS BÁSICAS • Comunicación lingüística. • Expresión cultural e artística. • Tratamento da información e competencia dixital. • Social e cidadá. • Aprender a aprender. • Autonomía e iniciativa persoal. • Coñecemento e interacción co mundo físico. • Matemática. OBXECTIVOS • Ler un poema narrativo con fluidez e comprensión. • Aumentar o caudal léxico con palabras referidas aos xoguetes. • Recoñecer as palabras polisémicas. IISEK. Prog 3º Primaria 1213. C.I. Eirís 14
  • 15. INSTITUCIÓN INTERNACIONAL SEK. • Introducir conceptos gramaticais básicos: o adxectivo. • Coñecer e aplicar as regras de uso do signo de admiración e as grafías c e z. • Redactar breves textos de carácter periodístico. • Elaborar textos descritivos referidos a cousas. • Aprender algúns aspectos propios da nosa cultura. CONTIDOS Conceptos • Lectura e comprensión. • Léxico referido aos xoguetes. • Palabras polisémicas. • O adxectivo. • O signo de admiración. • As palabras con c e z. • A entrevista. • A nosa cultura: Panxoliñas e cantares. Procedementos • Expresión oral de coñecementos persoais. • Identificación de palabras polisémicas. • Explicación do significado de léxico referido aos xoguetes. • Aplicación de normas ortográficas e gramaticais. • Elaboración de entrevistas a compañeiros. • Emprego de c e z segundo corresponda. Actitudes. • Preocupación pola claridade a orde e a limpeza nas produccións escritas. CONTIDOS TRANSVERSAIS Educación cidadá Responsabilidade: Comentar que deben responsabilizarse dalgúns dos coidados dos animais domésticos que teñan na casa. Insistirlles en que os animais non son xoguetes e os seus donos teñen a obriga de coidalos durante toda a vida. Educación ambiental Aproveita-lo contido da unidade para inculcarlles ós alumnos o respecto e o cariño ós animais. Así mesmo, fomenta-lo interese dos nenos por coñeceren os animais a través de libros e documentais e sensibilizalos sobre a importancia da conservación das especies. IISEK. Prog 3º Primaria 1213. C.I. Eirís 15
  • 16. INSTITUCIÓN INTERNACIONAL SEK. METODOLOXÍA Proceso de ensinanza -aprendizaxe • A unidade parte das experiencias e preferencias dos escolares que estes expresarán tanto individualmente coma en grupos coloquiais. • Presentación dos contidos da unidade, expresando o profesor o qué, o porqué e para qué das actividades que se van desenvolver. • Os contidos lingüísticos da unidade conectan coa área de Coñecemento do medio. • Realización individual das actividades de comprensión e corrección colectiva das mesmas. Recursos e medios • Libro do alumno. • Caderno de actividades. • Recursos fotocopiables adxuntos. • Recursos do libro dixital. • CD audio coas lecturas. • Bingo ortográfico. • Tarxetas de felicitación de Nadal de UNICEF, Mans Unidas e Cruz vermella. • Cartolina, lapis de cores, papeis de cores, tesoiras… para a elaboración dunha árbore de cartolina. • Panxoliñas tradicionais. FOMENTO DA LECTURA Ademais da lectura do inicio da unidade e dos textos complementarios, ler algún conto incluído en Contos de Reis e de Nadal, de Miguel Vázquez Freire. FOMENTO DAS TIC • Emprego do libro dixital para a realización das actividades da unidade. • Emprego do iPad coma soporte dixital para buscar vocabulario relativo á unidade. • Emprego do ordenador na aula virtual para acceder a contidos relacionados co Nadal, como por exemplo: http://www.galiciadigital.com/images/especiales/especiales/nadal/tradicions.php PROPOSTA DE ACTIVIDADES • Conecta-lo traballo do apartado de ortografía co realizado no de gramática. • Realización das actividades de comprensión do texto narrativo en que se traballan diferentes aspectos: relacionar accións a personaxes, identificar feitos, completar oracións, explicar feitos… IISEK. Prog 3º Primaria 1213. C.I. Eirís 16
  • 17. INSTITUCIÓN INTERNACIONAL SEK. • Propoñer como xogo na aula que os alumnos escriban preguntas sen coñecer o destinatario para que, posteriormente, esas preguntas sexan respostadas em forma de entrevista. • Interesar o alumnado polas distintas tradicións segundo a procedencia de cada neno ou nena. • En grupos pequenos, buscar información en libros ou en Internet sobre como se celebra o Nadal noutros países de cultura próxima á nosa. • En grupos pequenos, recompilar no contorno máis próximo diferentes panxoliñas ou cantares de Reis; facer un pequeno libro con todos eles e cantalos na clase. • Xogar a facer un pequeno programa de televisión con varias entrevistas a personaxes famosos. Deberán buscarse tres ou catro entrevistadores, igual número de entrevistados e organizar os demais nenos e nenas en varios grupos de traballo para que elaboren a entrevista. Os personaxes elixidos poden ser reais (persoas admiradas por eles ou personaxes de debuxos animados...) ou ficticios. AVALIACIÓN Criterios de avaliación • Le con fluidez e corrección diferentes tipos de texto. • Comprende o sentido global dun texto e responde cuestións de comprensión. • Aplica o vocabulario aprendido: léxico referente aos xoguetes e palabras novas. • Utiliza correctamente os distintos significados dunha palabra. • Identifica os adxectivos e comprende a súa concordancia co nome. • Usa correctamente o signo de admiración. • Distingue e aplica correctamente as grafías c e z. • Organiza e redacta con orden e claridade unha pequena entrevista. • Crea un texto descritivo sobre un obxecto. • Mostra interese por participar en tradicións propias da nosa cultura. Procedementos e instrumentos. Os procedementos de avaliación seguen tres pasos básicos: a observación directa, a análise das tarefas e actividades encomendadas e as intervencións e preguntas de desenvolvemento da clase. Como instrumentos de avaliación empregaranse os rexistros de control persoal, os exercicios específicos de cada unidade, as produccións dos alumnos tanto orais coma escritas e as fichas de seguimento. IISEK. Prog 3º Primaria 1213. C.I. Eirís 17
  • 18. INSTITUCIÓN INTERNACIONAL SEK. UNIDADE 5 TEMPORALIZACIÓN: Xaneiro. OBXECTIVO XERAL: Distinguir nun textos dado a importancia do emprego das comas. COMPETENCIAS BÁSICAS • Comunicación lingüística. • Expresión cultural e artística. • Tratamento da información e competencia dixital. • Social e cidadá. • Aprender a aprender. • Autonomía e iniciativa persoal. • Coñecemento e interacción co mundo físico. • Matemática. OBXECTIVOS • Ler un texto expositivo con fluidez e comprensión. • Aumentar o caudal léxico con palabras relacionadas co inverno. • Identificar palabras derivadas por sufixación e aplicar algúns sufixos moi produtivos. • Introducir conceptos gramaticais básicos: o xénero e o número. • Introducir as normas ortográficas do uso da coma e de palabras con mp e mb. • Elaborar breves textos narrativos de carácter anecdótico e persoal. • Interiozar as características básicas do conto: personaxes, espazo e tempo. • Aprender algúns aspectos propios da nosa cultura. CONTIDOS Conceptos • Vocabulario relacionado co inverno • Lectura comprensiva. • Sufixos: -eiro, -dor, -ada, -al... • O xénero e o número. • A coma. • Palabras con mp e mb. IISEK. Prog 3º Primaria 1213. C.I. Eirís 18
  • 19. INSTITUCIÓN INTERNACIONAL SEK. • Expresión oral. • O conto. • A nosa cultura. Procedementos • Narración oral dunha experiencia persoal. • Asociación dos personaxes da historia ás accións que lles corresponden. • Adquisición de léxico referido ao inverno. • Identificación de sufixos en palabras dadas. • Identificación do xénero e o número dunha palabra. • Formación de novas palabras con sufixos. • Colocación dos signos de puntuación no lugar onde corresponde. • Identificación do día da Paz coma parte do noso patrimonio cultural. Actitudes • Participación activa en situacións de comunicación respectando as normas que regulan o seu uso. CONTIDOS TRANSVERSAIS Educación cidadá Responsabilidade: Insistirlles ós alumnos, que non fagan bromas que poidan ferir ás persoas que os arrodean. Solidariedade: Facerlles ver ós alumnos que existen nenos que non teñen agasallos nestas datas. Animalos a participar nalgunha campaña de Nadal de solidariedade. METODOLOXÍA Proceso de ensinanza -aprendizaxe • Presentación dos contidos por parte do profesor expresando o qué, o porqué e o para qué das actividades que os alumnos van realizar. • Os alumnos expresarán as súas preferencias en relación co inverno e as vacacions de Nadal. • Realización de actividades suxeridas na Guía do profesor para reforzar e amplia-la adquisición dos obxectivos formulados e os contidos programados. • Ó final da unidade búscase asegura-la funcionalidade das aprendizaxes, resaltando neste caso o recoñecemento do ditongo e a aplicación práctica e inmediata dalgunhas das propostas da unidade. Recursos e medios • Libro do alumno. • Caderno de actividades. • Recursos fotocopiables adxuntos. • Recursos do libro dixital. IISEK. Prog 3º Primaria 1213. C.I. Eirís 19
  • 20. INSTITUCIÓN INTERNACIONAL SEK. • Bingo ortográfico. FOMENTO DA LECTURA Ademais da lectura inicial do tema proponse ler algún poema de Ventos, de Antonio García Teijeiro. FOMENTO DAS TIC • Emprego do libro dixital para a realización das actividades da unidade. • Emprego dos complementos dixitais do libro dispoñibles na páxina web www.anayadigital.com. • Ampliar os contidos vistos na unidade con información que aparece en Internet empregando o iPad. • Consultar na páxina web de meteogalicia os diferentes símbolos relacionados coa previsión meteorolóxica, recoñecer os xa vistos e explicar os novos. • Traballar dende o ordenador contidos relacionados co Día da Paz: http://sites.google.com/site/dereitoshumanospaztransversais/Home/paz PROPOSTA DE ACTIVIDADES • Primeiro, lectura do conto individualmente e, a continuación, unha lectura dramatizada en que tres alumnos lean, respectivamente, a parte do narrador, a parte do raposo e a parte da cegoña. • A comprensión do texto desenvólvense a partir das actividades secuenciadas: recoñecemento do significado de palabras, asociación de personaxes ás accións que realiza, explicación de causas e identificación do significado dun refrán. • No programa de vocabulario realizaranse actividades de asociación de adxectivos antónimos, recoñecemento de significados, asociación de adxectivos a substantivos concretos e recoñecemento de significado de expresións. • Pedirlles ós alumnos que realicen materialmente, o mesmo que fixeron coa felicitación de Nadal, felicitacións de santo ou aniversario. Propoñerlles que realicen debuxos e escriban un texto adecuado para esa situación. AVALIACIÓN Criterios de avaliación • Le con fluidez e corrección un texto expositivo e outros tipos de textos. • Comprende o sentido global dun texto e responde cuestións de comprensión. • Asimila e aplica o vocabulario aprendido: léxico relacionado co inverno. • Forma palabras derivadas a partir doutras dadas engadindo certos sufixos. • Coñece as formas de variación do xénero. • Coñece as formas de variación do número. • Recoñece e aplica con corrección as normas de uso da coma. • Escribe correctamente palabras con mp e mb. • Narra anécdotas e breves textos de experiencias persoais. IISEK. Prog 3º Primaria 1213. C.I. Eirís 20
  • 21. INSTITUCIÓN INTERNACIONAL SEK. • Recoñece os elementos básicos dun conto: personaxes, espazo e tempo. • Mostra interese por coñecer a orixe dalgunha das celebracións escolares. Procedementos e instrumentos. Os procedementos de avaliación seguen tres pasos básicos: a observación directa, a análise das tarefas e actividades encomendadas e as intervencións e preguntas de desenvolvemento da clase. Como instrumentos de avaliación empregaranse os rexistros de control persoal, os exercicios específicos de cada unidade, as produccións dos alumnos tanto orais coma escritas e as fichas de seguimento. IISEK. Prog 3º Primaria 1213. C.I. Eirís 21
  • 22. INSTITUCIÓN INTERNACIONAL SEK. UNIDADE 6 TEMPORALIZACIÓN: Xaneiro-Febreiro. OBXECTIVO XERAL: Buscar nun texto palabras sabendo clasifícalas segundo o tipo de acento. COMPETENCIAS BÁSICAS • Social e cidadá. • Desenvolvemento da autonomía e iniciativa persoal. • Aprender a aprender. • Artística e cultural. • Coñecemento e a interacción co mundo físico. • Comunicación lingüística. • Autonomía e iniciativa persoal. OBXECTIVOS • Ler con fluidez e comprensión diferentes tipos de textos. • Coñecer e utilizar vocabulario referido ás compras. • Recoñecer e formar palabras derivadas mediante sufixación. • Introducir conceptos gramaticais básicos: os artigos e os indefinidos. • Introducir algunhas normas de uso dos dous puntos e as palabra con nh. • Comprender as características básicas dos anuncios e elaborar mostras. • Identificar dúas das partes da estrutura do conto: introdución e nó. • Aprender algúns aspectos propios da nosa cultura. CONTIDOS Conceptos. • Lectura e comprensión. • Léxico referido ás compras. • Sufixos: -eiro/-eira, -dor/-dora (profesións). • Gramática: Os artigos e os indefinidos. • Os dous puntos. • Palabras con nh. • Os anuncios. • Estrutura do conto. IISEK. Prog 3º Primaria 1213. C.I. Eirís 22
  • 23. INSTITUCIÓN INTERNACIONAL SEK. • A nosa cultura Procedementos • Expresión oral de coñecementos, experiencias e preferencias persoais. • Adquisición de vocabulario referido ás compras. • Recoñecemento da estructura dun conto: no e desenlace. • Emprego dos dous puntos en enumeracions e descricions. • Emprego dos sufixos para formar novas palabras relacionadas coas profesions. • Aplicación de normas ortográficas e gramaticais. • Análise dun anuncio. • Recoñecemento do Entroido como parte do noso patrimonio cultural. Actitudes. • Valoración da lectura como fonte de pracer e diversión. • Actitude crítica ante os anuncios. CONTIDOS TRANSVERSAIS Educación para a paz Esperta-lo interese e a curiosidade dos alumnos por coñecer outros pobos e culturas. Insistirlles na importancia de respectar e valora-las formas de vida diferentes ás nosas. Educación ambiental Aproveita-lo contido das páxinas do programa de expresión oral para fomentar nos alumnos actitudes de respecto polo medio natural. Pedirlles que enumeren comportamentos correctos e incorrectos nas súas saídas ó campo. Sensibiliza-los nenos sobre a responsabilidade que temos todos na conservación e protección da natureza. METODOLOXÍA Proceso de ensinanza-aprendizaxe • Presentación dos contidos por parte do profesor expresando o qué, o porqué e o para qué das actividades que os alumnos van realizar. • Os alumnos expresarán os seus coñecementos, preferencias e experiencias en relación coa paisaxe e con tarefas estreitamente vinculadas a ela. • Entre as actividades propostas alternan as que se deben realizar de maneira individual e en pequenos grupos. • Ó final da unidade búscase asegura-la funcionalidade das aprendizaxes. Recursos e medios • Libro do alumno. IISEK. Prog 3º Primaria 1213. C.I. Eirís 23
  • 24. INSTITUCIÓN INTERNACIONAL SEK. • Caderno de actividades. • Recursos fotocopiables adxuntos. • Recursos do libro dixital. • Libro de receitas dos doces típicos do entroido. • CD audio coas lecturas. • Bingo ortográfico. FOMENTO DA LECTURA Ademais da lectura inicial do tema, pode ler algún fragmento de Lía e as zapatillas de deporte, de María Reimóndez. FOMENTO DAS TIC • Emprego do libro dixital para a realización das actividades da unidade. • Emprego dos complementos dixitais dispoñibles na Web www.anayadigital.com. • Existen en Internet diversas páxinas web sobre o Entroido que nos axudarán a preparar o tema na aula, como a de Galicia espallada: http://www.galiciaespallada.com.ar/entroido_culturagalega.htm • Na páxina de Galeón, que poderán consultar co iPad,atopará ampla información e galerías de imaxes sobre o Entroido en Ourense (peliqueiros, boteiros, cigarróns, etc.): http://www.galeon.com/sloren/carnaval_ourense/provincia.htm • Escoita nun CD audio de estrofas ou do poema enteiro Un conto en verso. PROPOSTA DE ACTIVIDADES • Centra-la atención dos alumnos na ilustración que acompaña ó texto narrativo e pedirlles que fagan conxecturas sobre o lugar da acción, os personaxes e a súa relación. • Propoñer que destaquen a sílaba que se pronuncia con máis forza dentro das palabras dando unha palmada na mesa. • Preguntarlles ós alumnos de qué cren que trata o texto informativo que van ler tendo en conta o título. • Realización das actividades de expresión oral aproveitando para fomentar nos alumnos o respecto e o coidado do medio natural. • Elaboración dun texto explicando un proceso e utilizando os marcadores de discurso axeitados. • Propoñer como xogo colectivo na aula que os alumnos digan en cadea palabras que conteñan o son z. Perderá o neno que repita unha palabra xa dita ou que non saiba dicir ningunha nova. • Traballar de xeito sistemático coa sílaba tónica das palabras para que os alumnos perciban acusticamente o acento. Dicir en voz alta series de palabras agudas, graves e esdrúxulas. En cada serie, os alumnos terán que recoñece-la palabra intrusa. Pronunciar con moita énfase a sílaba tónica de cada palabra. IISEK. Prog 3º Primaria 1213. C.I. Eirís 24
  • 25. INSTITUCIÓN INTERNACIONAL SEK. • Pedirlles ós alumnos que leven á aula revistas ou suplementos infantís de xornais. Buscar neles anuncios e analizar de forma colectiva alguns. • Por parellas, simular situacións de compra utilizando os saúdos e fórmulas de cortesía e o vocabulario traballado na unidade. • Observar cos alumnos algúns anuncios publicitarios na televisión, valos publicitarios, carteis, etc. Reflexionar con eles sobre a importancia da publicidade e a súa implicación nas nosas actitudes ante o consumo. • Propoñer, durante uns días, que busquen en diferentes espazos pictogramas coma os propostos no apartado da Tarefa final. Deberán copialos e explicar que significan. • Preparar conxuntamente a festa do Entroido mediante a elaboración de carteis e disfraces e a busca e selección de cantigas propias desta festividade. AVALIACIÓN Criterios de avaliación • Le textos narrativos con fluidez e corrección. • Comprende o sentido global dun texto e fai o seu comentario. • Asimila e aplica o léxico relacionado coas compras. • Aplica sufixos (-eiro/-eira, -dor/-dora) para formar palabras derivadas. • Recoñece e aplica os artigos (o, a, os, as) e os indefinidos (un, unha, uns, unhas). • Recoñece e aplica as normas ortográficas que rexen o uso dos dous puntos. • Escribe correctamente palabras con nh. • Comprende as características da comunicación publicitaria e elabora mostras. • Recoñece dúas das partes da estrutura do conto e redacta textos. • Mostra interese por coñecer algunhas celebracións propias da nosa cultura. Procedementos e instrumentos. Os procedementos de avaliación seguen tres pasos básicos: a observación directa, a análise das tarefas e actividades encomendadas e as intervencións e preguntas de desenvolvemento da clase. Como instrumentos de avaliación empregaranse os rexistros de control persoal, os exercicios específicos de cada unidade, as produccións dos alumnos tanto orais coma escritas e as fichas de seguimento. IISEK. Prog 3º Primaria 1213. C.I. Eirís 25
  • 26. INSTITUCIÓN INTERNACIONAL SEK. UNIDADE 7 TEMPORALIZACIÓN: Febreiro. OBXECTIVO XERAL: Reconecer a importancia que ten para os galegos ter unha lingua de seu que sirve como elemento de enriquecemento e difernciador. COMPETENCIAS BÁSICAS - Comunicación lingüística - Expresión cultural e artística - Tratamento da información e competencia dixital - Social e cidadá - Aprender a aprender - Autonomía e iniciativa persoal - Coñecemento e interacción co mundo físico - Matemática OBXECTIVOS • Expresar experiencias persoais. • Recoñece-los distintos estados de ánimo da protagonista o longo da historia. • Inventar unha continuación do conto lido. • Amplia-lo vocabulario relacionado coa auga. • Distingui-las palabras agudas, graves e esdrúxulas. • Escribir correctamente palabras co son g. • Elaborar listas de preparativos atendendo ós criterios de clasificación propostos. • Redactar un texto descritivo sobre un animal, organizando a información en apartados. • Evitar prexuízos sexistas en relación co mundo do traballo. CONTIDOS Conceptos • Vocabulario relacionado coa auga. • Palabras agudas, graves e esdrúxulas. • Uso de ga, go, gu e de gue, gui. Procedementos • Narración oral de experiencias persoais. • Recoñecemento dos distintos estados de ánimo da protagonista ó longo da historia. IISEK. Prog 3º Primaria 1213. C.I. Eirís 26
  • 27. INSTITUCIÓN INTERNACIONAL SEK. • Invención da continuación do conto. • Aplicación de normas ortográficas e gramaticais. • Elaboración dunha lista de preparativos. • Redacción dun texto descritivo organizando a información. Actitudes • Preocupación por amplia-lo vocabulario e aprende-lo significado de palabras novas. • Interese por evita-los usos lingüísticos que supoñen calquera tipo de discriminación. Contidos transversais Educación do consumidor Insistir na importancia da auga para a vida na Terra. Recomendarlles hábitos responsables con respecto á utilización da auga nos seus costumes cotiáns. Educación ambiental Aproveita-lo contido das páxinas do programa de expresión oral e do texto informativo para recomendarlles ós alumnos actitudes de respecto do medio natural. Educación non sexista En relación co conto, corrixir calquera prexuízo sexista que poidan te-los nenos co mundo do traballo. METODOLOXÍA Proceso de ensinanza-aprendizaxe • Presentación dos contidos da unidade e exploración dos coñecementos previos e das motivacións que os alumnos teñen sobre os mesmos. • Realización das actividades de forma estructurada e tendo en conta as suxestións ofrecidas na guía do profesor. • Favorecerase a confianza nas propias capacidades dos alumnos, potenciando a súa autoestima e contribuíndo ó desenvolvemento progresivo da súa autonomía para achegarse a novas aprendizaxes. • Os contidos lingüísticos da unidade conectan coa área de Coñecemento do medio. Recursos e medios • Lingua galega 3. • Caderno de Xerais. • Diccionarios escolares. • Libros de lectura. • Lapis de cores. • FOMENTO DA LECTURA IISEK. Prog 3º Primaria 1213. C.I. Eirís 27
  • 28. INSTITUCIÓN INTERNACIONAL SEK. Ademais de Xan Guindán, mensaxeiro, proponse Xan e Pericán (de Daniel Ameixeiro, FOMENTO DAS TIC - Emprego do libro dixital para a realización das actividades da unidade. - Emprego dos complementos dixitais do libro dispoñibles na páxina web www.anayadigital.com. - Na páxina de Adega, atopará dez propostas para traballar na escola o Día da Árbore: http://www.adega.info/index.php?option=com_content&task=view&id= 446&Itemid=2 - Na seguinte páxina persoal, atopará múltiples e variadas actividades para traballar, de maneira interactiva, o uso do b, aínda que deberá seleccionar aquelas que se adapten ao nivel traballado na clase: http://chiscos.net/almacen/lim/ortografi_a/ortografi_a.html PROPOSTA DE ACTIVIDADES • Pedir que digan lugares onde se pode encontrar auga. • Traballa-las nocións espaciais de último, penúltimo e antepenúltimo, con distintos elementos para facilita-la interiorización destes conceptos. • Falar da utilidade de planificar calquera tarefa e recomendar que utilicen as listas para os traballos do colexio e da casa. • Aproveita-la mención ó Océano Glacial Ártico para propoñer que os alumnos o localicen nun globo terráqueo e explica-las características desta zona terrestre. Pedirlles ademais ós alumnos que conten o que saiban sobre as baleas. • Trala lectura completa do conto, realización dunha lectura en voz alta e en cadea. Observar se respectan os signos de puntuación e que len coa entoación axeitada. • Preguntarlles ós alumnos qué lles pareceu a conducta da rapaza e a decisión final do rei. • Realización de actividades de comprensión que atenden os seguintes aspectos: comprensión de vocabulario, recoñecemento de detalles significativos da historia, identificación de estados de ánimo do protagonista. • Realización dunha continuación para o conto. • No vocabulario trabállase o recoñecemento de significados, a localización de substantivos nunha sopa de letras, a gradación de significados e a explicación de significado de expresións. • Analiza-la importancia de recoñecer sílabas tónicas e átonas para distingui-los tipos de palabras pola posición da sílaba tónica. • Realización dun dictado como procedemento de comprobación ortográfica. • Elaboración dunha lista en que se organice a equipaxe para facer unha viaxe. • Organización en parágrafos da información proposta e redacción dun texto descritivo sobre o cabaliño do mar. IISEK. Prog 3º Primaria 1213. C.I. Eirís 28
  • 29. INSTITUCIÓN INTERNACIONAL SEK. • Propoñer como xogo colectivo na aula que os alumnos digan en cadea palabras que conteñan o son g. Perderá o neno que repita unha palabra xa dita ou que non saiba dicir ningunha nova. • Traballar de forma sistemática coa clasificación das palabras segundo a posición da sílaba tónica. Así, por exemplo, pódese propoñer un xogo en cadea: un alumno dirá en voz alta unha palabra calquera e o seu compañeiro dirá se é unha palabra aguda, grave ou esdrúxula. • Propoñerlles ós alumnos que completen a lista de preparativos para a festa de aniversario que aparece no libro. Pedirlles que engadan algún apartado novo con respecto ó que se dá como modelo: os adornos, a piñata... • Amplia-la terceira actividade da páxina do vocabulario propoñéndolles ós alumnos que ordenen, de maior a menor cantidade de auga, a serie completa de palabras que aparece no libro. • Propoñer como xogo na aula que os nenos, en cadea, inventen oracións para contextualizar cada un dos grupos nominais que aparecen na cuarta actividade de vocabulario. • Elaborar listas de preparativos para outras situacións: o que ten que preparar cada día para ir ó colexio, a equipaxe que prepararía para ir á casa dun amigo a pasa-la fin de semana, os materiais necesarios que tería que comprar para un traballo manual... • Pedirlles ós alumnos que busquen no conto da unidade tódalas palabras que conteñan o son g. Un neno pode ir escribindo no encerado as palabras que vaian dicindo os compañeiros. • Como xogo colectivo na aula, os nenos dirán palabras encadeadas. Un alumno dirá unha palabra grave. Outro alumno terá que dicir outra palabra grave que comece pola última sílaba da palabra anterior, e así sucesivamente. Deste xeito, os alumnos vense obrigados a analizar cada palabra antes de incluíla na serie, xa que teñen que elimina-las agudas e esdrúxulas. AVALIACIÓN Criterios de avaliación • Fala das experiencias persoais en relación coa auga. • Inventa a continuación dun conto. • Amplia o vocabulario en relación coa auga. • Distingue palabras agudas, graves e esdrúxulas. • Escribe correctamente palabras co son g. • Elabora listas de preparativos. • Escribe un texto descritivo sobre un animal. Procedementos e instrumentos Os procedementos de avaliación seguen tres pasos básicos: a observación directa, a análise das tarefas e actividades encomendadas e as intervencións e preguntas de desenvolvemento da clase. Como instrumentos de avaliación empregaranse os rexistros de control persoal, os exercicios específicos de cada unidade, as produccións dos alumnos tanto orais coma escritas e as fichas de seguimento. IISEK. Prog 3º Primaria 1213. C.I. Eirís 29
  • 30. INSTITUCIÓN INTERNACIONAL SEK. IISEK. Prog 3º Primaria 1213. C.I. Eirís 30
  • 31. INSTITUCIÓN INTERNACIONAL SEK. UNIDADE 8 TEMPORALIZACIÓN: Febreiro. OBXECTIVO XERAL: Comprender mensaxes orais e ecritas na nosa lingua obtendo unha información axeitda. COMPETENCIAS BÁSICAS • Comunicación lingüística:Saber dialogar e resolver xogos lingüísticos. • Matemática: Expresar conceptos matemáticos a través da lingua: Os numerais. • Coñecemento e a interacción co mundo físico: Utilizar a lingua como instrumento vehicular de comunicación cos demais. • Desenvolvemento da autonomía e iniciativa persoal. • Artística e cultural: Relacionar certas festas tradicionais coa data doano correspondente: O Entroido. OBXECTIVO Ler poemas e outros textos con fluidez e a entoación adecuada. Enriquecer o vocabulario con palabras relacionadas cos animais. Recoñecer e formar palabras derivadas mediante prefixación. Introducir conceptos gramaticais básicos: os pronomes persoais. Practicar as grafías do r forte, r suave e rr. Redactar breves textos dialogados. Recoñecer as características básicas dos textos poéticos: verso, estrofa e rima. Aprender algúns aspectos propios da nosa cultura. CONTIDOS Conceptos - Lectura e comprensión: Bechos pequerrechos - Vocabulario: - Léxico referido aos pequenos animais. - Prefixos: in-, des-. - Gramática: O pronome persoal. - Ortografía: Palabras con r forte, r suave e rr. - Expresión: O diálogo. - Literatura: O poema. Verso, estrofa e rima. - A nosa cultura: Formuliñas de animais. Procedementos IISEK. Prog 3º Primaria 1213. C.I. Eirís 31
  • 32. INSTITUCIÓN INTERNACIONAL SEK. • Expresión oral de experiencias persoais. • Recoñecemento dos distintos estados de ánimo do protagonista dun conto. • Invención dunha historia paralela ó conto. • Aplicación de normas ortográficas e gramaticais. • Anuncio dun acontecemento. • Resumo do texto argumentativo. • Redacción dun texto argumentativo xustificando as propias actuacións. Actitudes • Interese por escribir de forma clara e ordenada. 2.4. Temas transversais Educación ambiental Aproveita-lo contido das páxinas do texto informativo para sensibilizar ós alumnos sobre a responsabilidade de todos na conservación e protección da natureza e sobre as terribles consecuencias que supoñen os incendios forestais. METODOLOXÍA Aproveitar a lectura para falar das experiencias persoais do alumnado. - Fixar a atención no autor e título da lectura inicial e cubrir unha breve ficha. - Ler os textos de lectura en voz alta e por quendas. - Fixar hábitos de traballo. - Manexar o dicionario. - Fomentar o uso das novas tecnoloxías para, dunha maneira sinxela, iniciar os alumnos e alumnas na busca e ampliación de información. Recursos e medios • Lingua galega 3. • Diccionarios escolares. • Libros de lectura. • Cartolinas de cores e pinturas para a elaboración de máscaras e carteis. • Xornais. FOMENTO DA LECTURA IISEK. Prog 3º Primaria 1213. C.I. Eirís 32
  • 33. INSTITUCIÓN INTERNACIONAL SEK. Ademais de «O honor do saltón», proponse Paseniño, paseniño FOMENTO DAS TIC - Emprego do libro dixital para a realización das actividades da unidade. - Emprego dos complementos dixitais do libro dispoñibles na páxina web www.anayadigital.com. - Na seguinte páxina persoal, atopará un amplo material informativo e gráfico sobre un dos bichiños que poboan os nosos xardíns, o caracol: http://engalego.es/almacen2010/lim11/c3/libro_caracol/libro_caracol.html PROPOSTA DE ACTIVIDADES • Propoñerlles ós alumnos que digan títulos de contos en que interveñen personaxes monstruosos: xigantes, ogros, bruxas… e que conten brevemente o seu argumento. • Propoñerlles ós alumnos que digan nomes de obxectos que hai na aula e copialos no encerado nunha columna. Despois copiar noutra columna algúns dos nomes das persoas que hai na clase. • Escribir no encerado as palabras faro e ferro e preguntarlles ós alumnos cál é a diferencia na escritura da sílaba ro. • Pedirlles ós alumnos que conten os sentimentos que lle inspira a imaxe do incendio. Organizar unha charla sobre a ruptura do equilibrio no ecosistema que provocan os incendios. • Lectura individual dun conto. • Realización das actividades de comprensión que atenden os seguintes aspectos: explicación de significados de palabras, recoñecemento de detalles significativos, identificación dos diferentes estados de ánimo do personaxe… • No vocabulario trabállase as definicións de palabras, a formación de palabras compostas e a clasificación de substantivos no campo semántico. • Identificación dos substantivos comúns e propios que nomean persoas e animais. • Escritura de palabras con r ou rr. • Realización dun dictado como procedemento de comprobación ortográfica. • Lectura e análise dunha noticia do xornal. • Escritura dunha noticia a partir dos datos presentados nun cartel. • Explicación das consecuencias dun incendio a partir da información obtida do texto e das razóns polas que se deben evitar. • Elaboración dun texto argumentativo en que se dean razóns para xustifica-la propia actuación nas situacións que se propoñen. • Propoñer como xogo colectivo na aula que os alumnos digan en cadea nomes que conteñan o son r e pertenzan a un campo semántico determinado (nomes de flores, de froitas…). IISEK. Prog 3º Primaria 1213. C.I. Eirís 33
  • 34. INSTITUCIÓN INTERNACIONAL SEK. • Pedirlles ós alumnos que digan nomes propios de vilas, aldeas, cidades, ríos, montes... próximos á súa localidade. Escribilos no encerado e destaca-lo uso da maiúscula en todos eses nomes. • Organizar un pequeno coloquio para que os alumnos falen dalgunha ocasión en que se arrepentisen de algo que fixesen. Estimula-la súa participación con preguntas coma estas: ¿Que fixestes? ¿Quen sufriu as consecuencias do que fixestes? ¿Cando comprendestes que fora un erro? ¿Que fixestes para intentar arranxalo? • Pedirlles ós alumnos que traian á aula noticias xornalísticas breves que dean conta dun acontecemento que vai suceder ou que xa sucedera. Comentalas e analizalas colectivamente. • Amplia-la segunda actividade da páxina de vocabulario escribindo no encerado diferentes verbos e substantivos que interveñan na formación de palabras compostas. • Propoñerlles ós alumnos que digan substantivos propios de persoa. Cada neno dirá un nome de rapaza e cada nena dirá un nome de rapaz. A actividade desenvolverase en forma de xogo, no que perderá o alumno que non saiba dicir ningún nome. • Escribir no encerado unha serie de substantivos que designen campos semánticos. Os alumnos dirán nomes que poidan incluírse neses campos semánticos. AVALIACIÓN Criterios de avaliación - Lectura e comprensión: Bechos pequerrechos - Vocabulario: - Léxico referido aos pequenos animais. - Prefixos: in-, des-. - Gramática: O pronome persoal. - Ortografía: Palabras con r forte, r suave e rr. - Expresión: O diálogo. - Literatura: O poema. Verso, estrofa e rima. - A nosa cultura: Formuliñas de animais. Procedementos e instrumentos Os procedementos de avaliación seguen tres pasos básicos: a observación directa, a análise das tarefas e actividades encomendadas e as intervencións e preguntas de desenvolvemento da clase. Como instrumentos de avaliación empregaranse os rexistros de control persoal, os exercicios específicos de cada unidade, as produccións dos alumnos tanto orais coma escritas e as fichas de seguimento. IISEK. Prog 3º Primaria 1213. C.I. Eirís 34
  • 35. INSTITUCIÓN INTERNACIONAL SEK. UNIDADE 9 TEMPORALIZACIÓN: Marzo. OBXECTIVO XERAL: Ser capaz de expresarse de forma axeitda tanto na escrita coma na linguaxe oral con semellantes. COMPETENCIAS BÁSICAS • Coñecemento e a interacción co mundo físico: Coñecer, respectar e coidar o entorno. • Aprender a aprender: Aprender a sintetizar información. • Artística e cultural : recoñecer a presenza da paisaxe nas cantigas populares. • Comunicación lingüística: Desenvolver a capacidade para expresarse a través da palabra asociada a imaxe gráfica. • Matemática: Expresar conceptos matemáticos a través da lingua: os numerais. OBXECTIVOS Ler con fluidez e entoación os diferentes textos que figuran na unidade. Coñecer palabras novas relacionadas coa primavera. Coñecer a formación e os valores dos diminutivos e dos aumentativos. Interiorizar a idea de verbo como marcador da acción e coñecer as conxugacións. Introducir conceptos ortográficos básicos sobre os criterios que rexen o uso de v. Elaborar pequenos pareados. IISEK. Prog 3º Primaria 1213. C.I. Eirís 35
  • 36. INSTITUCIÓN INTERNACIONAL SEK. Coñecer algúns xogos poéticos, como os acrósticos e os caligramas. Aprender algúns aspectos propios da nosa cultura. CONTIDOS Conceptos • Vocabulario relacionado coas plantas. • O xénero dos substantivos. • A grafía nh. Procedementos • Narración oral de experiencias persoais. • Recoñecemento das accións dos personaxes do conto. • Interpretación dun lugar que aparece na historia. • Aplicación de normas ortográficas e gramaticais. • Planificación e escritura dunha carta. • Recoñecemento da estructura dun texto enumerativo. • Redacción dun texto enumerativo. Actitudes. • Coidado no emprego dos libros e outros materiais escolares. Temas transversais Educación cívica e moral Solidariedade: Trasladalo á súa propia realidade e suxerirlles que axuden, de forma desinteresada, ós demais cando teñan algún problema. Educación ambiental Aproveita-lo contido da unidade para destacarlles ós nenos os beneficios que nos proporcionan as árbores e plantas, así como a súa importancia para o equilibrio da vida na Terra. Así mesmo, ó fío do contido do texto informativo, recomendarlles respecto por tódolos animais, por pequenos e insignificantes que lles parezan. METODOLOXÍA Proceso de ensinanza-aprendizaxe Aproveitar a lectura para falar sobre a experiencia e vivencias dos alumnos. - Fixar a atención no autor e título da lectura inicial e cubrir unha breve ficha. - Ler os textos de lectura en voz alta e por quendas. - Fixar hábitos de traballo: copiar os textos con atención e limpeza, subliñar con regra, observar e razoar, fixarse nas imaxes que acompañan aos textos, etc. IISEK. Prog 3º Primaria 1213. C.I. Eirís 36
  • 37. INSTITUCIÓN INTERNACIONAL SEK. - Traballar co alumnado o manexo do dicionario. - Fomentar o uso das novas tecnoloxías para, dunha maneira sinxela, iniciar os alumnos e alumnas na busca e ampliación de información. Recursos e medios • Lingua galega 3. • Guía didáctica Lingua galega 3. • Diccionarios escolares. • Libros de lectura. “ Xanela de Cores” FOMENTO DA LECTURA Ademais de Hadabruja, proponse No corazón do bosque (de Agustín Fernández Paz FOMENTO DAS TIC Emprego do libro dixital para a realización das actividades da unidade. - Emprego dos complementos dixitais do libro dispoñibles na páxina web www.anayadigital.com. - Para traballar cos alumnos e alumnas os caligramas, pode atopar información interesante nas seguintes páxinas web: http://www.scribd.com/doc/14254744/caligramas http://leerxleer.wordpress.com/2009/03/13/caligramas-poesia-e-imagen/ PROPOSTA DE ACTIVIDADES De introducción e motivación • Centra-la atención dos alumnos na ilustración que acompaña ó texto narrativo e pedirlles que fagan conxecturas sobre o lugar da acción, os personaxes e a súa relación. • Propoñerlles ós alumnos que digan en cadea nomes de froitas e copialas no encerado en dúas columnas debaixo do correspondente artigo, o para os masculinos, a para os femininos. • Explicarlles ós alumnos que van facer proxectos para as vacacións e terán a oportunidade de programar feitos que se darán nun tempo futuro. • Pronunciar en voz alta as palabras destacadas no texto de ortografía. IISEK. Prog 3º Primaria 1213. C.I. Eirís 37
  • 38. INSTITUCIÓN INTERNACIONAL SEK. • Para que os alumnos entendan con claridade que se trata dun texto de estructura enumerativa, pedirlles que enumeren os animais que aparecen nel e escribir esa enumeración no encerado. • Realización da lectura individual do conto ata a pregunta e a ilustración con que se interrompe, momento en que os alumnos farán conxecturas sobre o final da historia. • Realización de actividades de comprensión do texto narrativo en que se traballa o léxico, o recoñecemento da secuencia narrativa, a identificación de feitos e a realización dun debuxo libre. • No programa de vocabulario trabállase a polisemia, as familias léxicas e unha expresión de uso frecuente. • O xénero dos substantivo trabállase a partir do recoñecemento dos substantivos masculinos e femininos a través do artigo que os acompaña, • Realización de contraccións de preposicións e indefinidos e recoñecemento das palabras que se escriben con nh. • Elaboración dunha carta contándolle o proxecto dunha viaxe a un amigo ou amiga. • Elaboración dun texto con estructura enumerativa sobre as flores que serven para facer tinturas, a partir de ilustracións e apoios verbais. • Propoñerlles ós alumnos que escriban unha oración con cada unha das contraccións do cadro da segunda actividade de gramática. • Pedirlles ós alumnos que analicen o xénero de dez substantivos que aparezan na lectura da unidade. • Convén evita-las posibles interferencias, procedentes do castelán, no xénero dos substantivos. Para iso, traballar con substantivos de uso frecuente cun xénero que varíe con respecto a esa lingua. Pode escribirse no encerado unha lista de substantivos, co artigo correspondente, ó que poden colabora-los propios alumnos. • Explicarlles ós alumnos que, aínda que tódolos substantivos teñen xénero, non todos admiten variación de xénero. • Amplia-la segunda actividade da páxina de vocabulario facendo no encerado fichas doutras palabras polisémicas que teñan relación co tema. Os alumnos escribirán despois oracións contextualizando cada un dos significados. • Como ampliación da segunda actividade de composición, propoñerlles ós alumnos que, de forma colectiva, realicen propostas doutros datos para incluíren no seus plans de vacacións: ónde comerán e durmirán, qué equipaxe levarán... As suxestións anotaranse no encerado e os nenos aproveitarán as que máis lles gusten para as súas cartas. • Propoñe-lo seguinte xogo na aula: un alumno dirá un substantivo. Se o substantivo admite variación de xénero, outro alumno dirá a forma masculina ou feminina correspondente. Se non ten variación de xénero, dirá calquera outro substantivo. AVALIACIÓN Criterios de avaliación Le diferentes tipos de textos con fluidez e corrección. Comprende o sentido global dun texto e fai o seu comentario. Asimila e aplica o vocabulario aprendido: léxico relacionado coa primavera. Recoñece e forma aumentativos e diminutivos cos sufixos -iño/-iña, -azo/-aza. Identifica o verbo e clasifica as formas verbais nas tres conxugacións. IISEK. Prog 3º Primaria 1213. C.I. Eirís 38
  • 39. INSTITUCIÓN INTERNACIONAL SEK. Escribe correctamente palabras con v. Coñece e aplica técnicas de elaboración de pareados. Elabora breves textos poéticos con diferentes técnicas. Mostra interese por participar en distintas festividades e actos culturais. Procedementos e instrumentos Os procedementos de avaliación seguen tres pasos básicos: a observación directa, a análise das tarefas e actividades encomendadas e as intervencións e preguntas de desenvolvemento da clase. Como instrumentos de avaliación empregaranse os rexistros de control persoal, os exercicios específicos de cada unidade, as produccións dos alumnos tanto orais coma escritas e as fichas de seguimento. IISEK. Prog 3º Primaria 1213. C.I. Eirís 39
  • 40. INSTITUCIÓN INTERNACIONAL SEK. UNIDADE 10 TEMPORALIZACIÓN: Marzo. OBXECTIVO XERAL: Perante a lectura recoñece as partes mási salientables dunha narración estimulando o coñecemento da riqueza literaria no noso idioma. COMPETENCIAS BÁSICAS • Coñecemento e a interacción co mundo físico:Coñecer diferentes tipos de vivendas e recoñecer como inflúe a paisaxe e o clima. • Comunicación lingüística: Aprender a resumir e recoñecer diferentes tipos de textos. • Social e cidadá: Respectar as formas de vida doutras culturas e tomar conciencia da necesidade dun consumo responsable. • Artística e cultural: Coñecer construccións típicas da nosa comunidade. OBXECTIVOS Ler un texto coa fluidez e coa entoación adecuadas. Coñecer e utilizar léxico relacionado co parque. Identificar e formar palabras compostas. Introducir conceptos gramaticais básicos: o tempo no verbo. Introducir conceptos ortográficos básicos: verbos acabados en -aba. Elaborar adiviñas. Elaborar breves textos poéticos encadeados. Aprender algúns aspectos propios da nosa cultura. CONTIDOS Conceptos - Lectura e comprensión: O xigante egoísta - Vocabulario: - Léxico referido ao parque. - Palabras compostas. - Gramática: O verbo (2). Pasado, presente e futuro. - Ortografía: Verbos acabados en -aba. - Expresión: As adiviñas. - Literatura: Versos encadeados. - A nosa cultura: Os Maios. IISEK. Prog 3º Primaria 1213. C.I. Eirís 40
  • 41. INSTITUCIÓN INTERNACIONAL SEK. Procedementos • Expresión oral de preferencias e experiencias persoais. • Identificación do comezo dun conto. • Prolongación dunha historia con novos episodios. • Aplicación de normas ortográficas e gramaticais. • Xeración de ideas para escribir un conto. • Redacción de instruccións por escrito. Actitudes • Preocupación por escribir con claridade, orde e limpeza. Temas transversais Educación cídadá Responsabilidade: Destacárlle-la importancia de ter actitudes optimistas ante os problemas, carencias ou desexos que teñamos e ante situacións adversas que poidan presentarse. Educación ambiental Aproveita-lo contido da unidade para fomentar actitudes de respecto cara ás plantas e o medio natural en xeral. Propoñerlles que digan comportamentos correctos e incorrectos nas saídas ó campo. METODOLOXÍA Proceso de ensinanza -aprendizaxe - Potenciar as habilidades en comprensión lectora e e expresión escrita. - Aproveitar a lectura para falar sobre as experiencias persoais. - Ler os textos de lectura en voz alta e por quendas. - Fixar hábitos de traballo: copiar os textos con atención e limpeza, subliñar con regra, observar e razoar, fixarse nas imaxes que acompañan aos textos, etc. - Traballar co alumnado no manexo do dicionario. - Fomentar o uso das novas tecnoloxías. Recursos e medios • Lingua galega 3. • Guía didáctica Lingua galega 3. • Diccionarios escolares. • Libros de contos tradicionais galegos. • Cartolina e pinturas de cores. IISEK. Prog 3º Primaria 1213. C.I. Eirís 41
  • 42. INSTITUCIÓN INTERNACIONAL SEK. FOMENTO DA LECTURA Ademais do texto da lectura inicial, proponse O nacemento de Nunavut FOMENTO DAS TIC - Emprego do libro dixital para a realización das actividades da unidade. - Emprego dos complementos dixitais do libro na Web www.anayadigital.com. - Na páxina de Galicia espallada atopará material informativo sobre a orixe e significado da festas dos maios: http://www.galiciaespallada.com.ar/festas_maios.htm - Existen en Internet numerosos vídeos sobre a festa dos maios, particularmente de Ourense e Pontevedra (lugares onde está máis arraigada esta tradición), como por exemplo en http://www.youtube.com/watch?v=T8PIh-o-T7s. PROPOSTA DE ACTIVIDADES • Preguntarlles ós alumnos se pararon algunha vez a observa-las follas das árbores e se saben distinguir polas súas follas unhas árbores das outras. • Pedirlles ós alumnos que nomeen cousas da clase das que só hai unha e anotalas no encerado; logo escribir nomes de cousas dos que hai máis de unha na clase. • Realizar unha chuvia de ideas sobre o tema do monte para coñecer qué vocabulario manexan os alumnos. • No programa de ortografía, analizar cos alumnos a regra de escritura de palabras con mb e mp, e facerlles ver que é sinxela e se aprende sen problemas. • Explicarlles ós alumnos que nesta ocasión terán a oportunidade de crear distintos relatos atendendo ós seus elementos fundamentais: personaxes, estructura, título, comezo, final… • Centra-la atención na árbore personificada para que non pase inadvertida a expresión. Responde-las preguntas do apartado Antes de ler. • Realizar unha lectura individual e, posteriormente, unha lectura en cadea dun conto. • Realización das actividades de comprensión en que se traballa o léxico da lectura, o recoñecemento dun momento do conto e da secuencia da historia, a identificación de detalles significativos… • No programa de vocabulario realizaranse actividades de asociación de sinónimos, utilización de verbos, identificación do colectivo que corresponde a cada substantivo individual. • Escritura e clasificación de palabras con m antes de p e b. • Planificación dun conto a partir dunha ilustración e unha serie de ideas. • Lectura detida dun texto informativo. Recoñecemento da funcionalidade das palabras destacadas no texto. • Recoñecemento do tema do texto e do procedemento explicado no mesmo. • Numeración de instruccións para elaborar unha andavía e elaboración posterior dun texto instructivo. IISEK. Prog 3º Primaria 1213. C.I. Eirís 42
  • 43. INSTITUCIÓN INTERNACIONAL SEK. • Propoñe-lo seguinte xogo na aula: un alumno dirá un substantivo en plural e outro dirá a forma en singular. O xogo realizarase en cadea e o máis rapidamente que os nenos o dean feito. • Pedirlles ós alumnos que digan nomes de obxectos da aula que sexan únicos e nomes dos que exista máis de un. Escribilos no encerado en dúas columnas e destacarlles que nunha columna están os substantivos en singular e noutra están os substantivos en plural. • Explicarlles ós alumnos, con exemplos no encerado, que os substantivos agudos que rematan en -l fan o plural en -is (postal, postais) e os substantivos graves ou monosílabos que rematan en -l engaden -es (val, vales). A continuación, darlles substantivos en singular para que eles formen o plural. • Amplia-la segunda actividade de vocabulario insistindo nun dos mecanismos que ten a lingua para crear palabras novas, concretamente no mecanismo da parasíntese. • Amplia-la terceira actividade da páxina de vocabulario propoñendo outros nomes de conxuntos de plantas para que os alumnos digan a planta que crece neles. Escribilo no encerado en dúas columnas • A estructura problema-solución que se lles presenta ós alumnos na páxina de composición é unha estructura moi frecuente nos contos. Ademais, o problema serviralles como desencadeante da acción que queiran desenvolver no seu conto. Por iso, pode ser reveladora para os alumnos a análise desta estructura no argumento dun conto tradicional que coñezan todos. Por exemplo, O xastre valente. Problema: existencia dun cruel ogro que ten aterrorizados ós seus habitantes. Solución: un novo e valente xastre dálle morte ó ogro. AVALIACIÓN Criterios de avaliación Le difererentes tipos de textos con fluidez e corrección. Comprende o sentido global dun texto e responde cuestións de comprensión. Asimila e aplica o vocabulario aprendido: léxico relacionado co parque. Recoñece e usa con corrección as palabras compostas. Identifica os verbos e recoñece os valores temporais que achegan. Escribe correctamente verbos rematados en -aba. Xoga coas adiviñas e elabora textos propios. Elabora breves textos poéticos mediante o procedemento do encadeado. . Mostra interese por coñecer algúns aspectos propios da nosa cultura. Procedementos e instrumentos. Os procedementos de avaliación seguen tres pasos básicos: a observación directa, a análise das tarefas e actividades encomendadas e as intervencións e preguntas de desenvolvemento da clase. Como instrumentos de avaliación empregaranse os rexistros de control persoal, os exercicios específicos de cada unidade, as produccións dos alumnos tanto orais coma escritas e as fichas de seguimento. IISEK. Prog 3º Primaria 1213. C.I. Eirís 43
  • 44. INSTITUCIÓN INTERNACIONAL SEK. UNIDADE 11 TEMPORALIZACIÓN: Abril. OBXECTIVO XERAL: Redactar en lingua galega de xeito cotía narracións e feitos da súa vida escolar. COMPETENCIAS BÁSICAS • Artística e cultural: Coñecer e valorar xogos tradicionais. • Comunicación lingüística:Recoñecer as características da linguaxe poética e saber recoñecelas. • Social e cidadá: Aprender a relacionarse e respectar as normas dos xogos. • Coñecemento e a interacción co mundo físico: Interactuar con entorno e darse conta que é de todos. OBXECTIVOS Ler unha texto dramático atendendo á entoación e ás distintas voces. Coñecer e utilizar correctamente léxico dos oficios. Coñecer a formación das familias de palabras. Coñecer e distinguir as oracións enunciativas, as exclamativas e as interrogativas. Aplicar con corrección as normas de uso de g-gu e da diérese. Transmitir información a través de códigos non verbais como a mímica. Ler e elaborar breves textos teatrais atendendo sobre todo aos personaxes. Aprender algúns aspectos propios da nosa cultura. CONTIDOS Conceptos - Lectura e comprensión: «O casamento do piollo e da pulga» - Vocabulario: - Léxico referido aos oficios. - Familia de palabras. - Gramática: A oración e as súas clases. - Ortografía: Usos de g-gu e da diérese. - Expresión: Os códigos non verbais. A mímica. - Literatura: O teatro (1). Diálogos no escenario. - A nosa cultura: O Día das Letras Galegas. IISEK. Prog 3º Primaria 1213. C.I. Eirís 44
  • 45. INSTITUCIÓN INTERNACIONAL SEK. Procedementos • Expresión oral de preferencias persoais. • Identificación da orde da secuencia do conto. • Asociación de cada personaxe ás accións que realiza. • Uso da palabra galega axeitada para evita-la interferencia do castelán. • Aplicación de normas ortográficas e gramaticais. • Escritura do comezo dun conto. • Redacción dun texto enumerativo. Actitudes. • Interese en coñecer e emprega-las normas ortográficas. Contidos transversais Educación moral e cívica Responsabilidade: Ó fío do conto, destacar que non se debe actuar con enganos, senón con sinceridade.. Tolerancia: Aproveita-lo contido do texto informativo para desenvolver actitudes de respecto por tódolos traballos e as persoas que os realizan. Educación para a saúde. Fomentar nos alumnos hábitos de alimentación saudables. Destacárlle-la importancia de seguir unha dieta sa e equilibrada. METODOLOXÍA Proceso de ensinanza -aprendizaxe • Presentación dos contidos por parte do profesor expresando o qué, o porqué e o para qué das actividades que os alumnos van realizar. • Os sistemas de agrupamento adecuaranse ó tipo de actividades e destrezas que se pretenden desenvolver. Potenciarase ademais a aprendizaxe cooperativa a partir do desenvolvemento de actividades en pequenos grupos onde os alumnos se beneficien do intercambio de información, valorando as achegas que cada un poida recibir dos demais. • Ó longo do proceso educativo estimularase os alumnos a través do reforzo positivo, valorando os éxitos que vaian logrando cada un deles. Recursos e medios • Lingua galega • Diccionarios escolares. • Libros de contos. FOMENTO DA LECTURA Ademais de A campá da lúa e Tres voltas ó planeta, proponse Ventos IISEK. Prog 3º Primaria 1213. C.I. Eirís 45
  • 46. INSTITUCIÓN INTERNACIONAL SEK. FOMENTO DAS TIC - Emprego do libro dixital para a realización das actividades da unidade. - No blog do CEIP Alexandre Bóveda (Chapela, Pontevedra) atopará un exemplo para facer un traballo monográfico sobre Rosalía: http://caracolatola.blogspot.com/2012/01/rosalia-de-castro-actividade-lim.html - Na seguinte páxina persoal, atopará múltiples actividades para traballar o uso do g: http://chiscos.net/almacen/lim/ortografi_a3/ortografi_a.html PROPOSTA DE ACTIVIDADES 4.1. De introducción e motivación • Realizar conxecturas sobre a historia e os personaxes representados na ilustración. • Pedir que nomeen obxectos que ven na aula precedidos dun artigo, escribilos no encerado. • Pedirlles ós alumnos que digan fórmulas para comezar un conto. • Propoñerlles que falen de profesión ás que lles gustaría dedicarse de maiores e se cren que traballar pola noite sería un inconveniente para elixir unha profesión determinada. • Lectura individual do conto O espírito das augas. Posteriormente, lectura dramatizada do texto en que tres nenos lean respectivamente a parte do narrador, do leñador e da fada. • Realización das actividades de comprensión do texto narrativo sobre o léxico, o recoñecemento da orde da secuencia, a relación entre personaxes e accións e a identificación de feitos. • Para a aprendizaxe do vocabulario, realización de actividades sobre campos semánticos, formación de substantivos derivados en –doiro a partir de verbos, identificación de significados e o recoñecemento do significado de expresións. • Identificación de artigos en oracións, aplicación de artigos a grupos nominais e transformación de oracións empregando a segunda forma do artigo. • Escritura de palabras con grupos consonánticos bl ou br segundo corresponda. • Invención do comezo dun conto. • Recoñecemento da orde en que aparece a información dun texto informativo enumerativo. • Elaboración dun texto de carácter enumerativo que expoña información sobre profesións relacionadas co mar. • Escribir no encerado algúns substantivos nos que o xénero gramatical non estea marcado polas terminacións -o, -a. Os alumnos lerán eses substantivos e poñerán o artigo que corresponda. • Propoñer como xogo colectivo na aula que os alumnos digan, en cadea e con alternancia, palabras que conteñan os grupos bl ou br. Perderá o neno que repita unha palabra xa dita ou que non saiba dicir ningunha nova. • Pedirlles ós alumnos que digan palabras da familia de mar, que irán anotándose no encerado. Despois, cada neno copiará a familia no seu caderno e escribirá unha oración contextualizando cada palabra. IISEK. Prog 3º Primaria 1213. C.I. Eirís 46
  • 47. INSTITUCIÓN INTERNACIONAL SEK. • Propoñerlles ós alumnos que escriban o conto completo do náufrago e os golfiños, do que xa escribiron o comezo na segunda actividade da páxina de composición do seu libro. Despois, lerán en voz alta na aula as historias escritas • Propoñerlles ós alumnos que lembren seres fantásticos que interveñan nos contos. Iranse anotando no encerado de forma organizada, segundo sexan malvados ou bondadosos. • Pedirlles ós alumnos que lembren ou inventen títulos para contos en que aparezan artigos. Iranse copiando no encerado os títulos propostos e despois, os alumnos analizarán eses artigos, indicando, en cada caso, o seu xénero e número. AVALIACIÓN Criterios de avaliación Le un texto dramático coa pronuncia, entoación e ritmo adecuados. Extrae o sentido global do texto dramático e fai o seu comentario. Coñece e utiliza léxico dos oficios e das palabras novas da lectura. Identifica e crea familias de palabras. Distingue as oracións enunciativas, as exclamativas e as interrogativas. Aplica con corrección as normas ortográficas que rexen o uso de g-gu-gü. Transmite información a través de códigos non verbais como a mímica. Le e elabora breves textos teatrais atendendo sobre todo aos personaxes. Mostra interese por coñecer a orixe e significado do Día das Letras Galegas Procedementos e instrumentos Os procedementos de avaliación seguen tres pasos básicos: a observación directa, a análise das tarefas e actividades encomendadas e as intervencións e preguntas de desenvolvemento da clase. Como instrumentos de avaliación empregaranse os rexistros de control persoal, os exercicios específicos de cada unidade, as produccións dos alumnos tanto orais coma escritas e as fichas de seguimento. IISEK. Prog 3º Primaria 1213. C.I. Eirís 47
  • 48. INSTITUCIÓN INTERNACIONAL SEK. UNIDADE 12 TEMPORALIZACIÓN: Abril. OBXECTIVO XERAL: Conocer as nocións básicas da nosa gramática. COMPETENCIAS BÁSICAS • Social e cidadá: Comprender a necesidade de respectar o noso entorno natural amazado polos incendios e a contaminación. • Coñecemento e a interacción co mundo físico: recoñecer os coambios no noso entorno; A primavera. • Comunicación lingüística: mellorar os diferentes niveis de uso da lingua. • Artística e cultural: Apreciar as tradicións autóctonas; Os maios. OBXECTIVOS Ler textos narrativos, poéticos e dramáticos, con fluidez e a entoación adecuada. Aprender e utilizar correctamente palabras relacionadas co verán. Coñecer e entender a idea de campo semántico. Identificar o suxeito e o predicado como as partes básicas dunha oración. Utilizar con corrección o h. Coñecer os datos e a estrutura dunha carta e aplicalos en producións propias. Elaborar breves textos teatrais con anotacións. Aprender algúns aspectos propios da nosa cultura CONTIDOS Conceptos - Lectura e comprensión: Lonxe do mar - Vocabulario: - Léxico referido ao verán. - Campo semántico. - Gramática: O suxeito e o predicado. - Ortografía: O uso do h. - Expresión: A carta. - Literatura: O teatro (2). As anotacións. - A nosa cultura: A noite de San Xoán. Procedementos • Exposición oral das vantaxes e inconvenientes dun feito. • Ordenación das fases dun proceso narrado na historia. IISEK. Prog 3º Primaria 1213. C.I. Eirís 48
  • 49. INSTITUCIÓN INTERNACIONAL SEK. • Explicación das accións que acontecen entre dous momentos do conto. • Aplicación de normas ortográficas e gramaticais. • Descrición dos trazos físicos e de carácter dos personaxes dun conto. • Redacción dun texto con estructura de secuencia. Actitudes • Valoración da lectura como fonte de pracer. Contidos transversais Educación cidadá Tolerancia: En relación coas charlas e coloquios colectivos, debemos recomendarlles ós alumnos o respecto polas ideas e opinións que non coincidan coas súas. Evitar que utilicen un ton elevado ou agre cando interveñan. Educación para a paz Ó fío do conto, destacárlle-lo final conciliador da historia, conseguido por medio da conversa. Trasladalo á vida próxima dos nenos e inculcarlles comportamentos non violentos á hora de solucionaren os seus problemas cos demais. METODOLOXÍA Proceso de ensinanza-aprendizaxe • Presentación dos contidos por parte do profesor expresando o qué, o porqué e o para qué das actividades que os alumnos van realizar. • Os alumnos expresarán os seus coñecementos, preferencias e experiencias en relación coa vida no campo, á vez que comentan as súas vantaxes e inconvenientes. • Entre as actividades propostas alternan as que se deben realizar de maneira individual e en pequenos grupos. • Ó final da unidade búscase asegura-la funcionalidade das aprendizaxes, resaltando neste caso a utilidade dos contidos de vocabulario e a reflexión sobre o proceso de elección dun personaxe para un conto. Recursos e medios • Lingua galega 3. • Guía didáctica Lingua galega 3. • Diccionarios escolares. • Libros de contos. FOMENTO DA LECTURA Ademais de As fadas verdes, proponse Anamarciana no Planeta Vermello FOMENTO DAS TIC IISEK. Prog 3º Primaria 1213. C.I. Eirís 49
  • 50. INSTITUCIÓN INTERNACIONAL SEK. Emprego do libro dixital para a realización das actividades da unidade. - Na páxina de Galicia Espallada, atopará material informativo sobre a tradición do San Xoán: http://www.galiciaespallada.com.ar/festa_de_san_xoan.htm - Para traballar o vocabulario dunha maneira lúdica, pode xogar ao aforcado cos nenos no seguinte enderezo persoal, onde o aforcado cambiouse por un meco nas fogueiras de San Xoán: http://www.edu.xunta.es/xogos/aforcado/aforcado.html - Finalmente, se quere traballar cos nenos e nenas sobre as herbas de San Xoán e outros aspectos algo máis complexos, pode acceder á seguinte páxina persoal, que, dunha maneira lúdica, vailles ensinando aos rapaces diferentes aspectos desta tradición ancestral e, ao memo tempo, facéndolles unha especie de avaliación do que se vai tratando: http://engalego.es/almacen2010/lim11/c15/herbas_san_xoan/ herbas_san_xoan.html PROPOSTA DE ACTIVIDADES • Pedirlles ós alumnos que digan cómo son diferentes obxectos da clase para que empreguen intuitivamente adxectivos. • Propoñer que digan palabras que teñan o son x como en granxa e escribilas no encerado. • Pedir que digan nomes de personaxes de contos ou libros que lesen e qué características físicas e de carácter tiñan. • Realización de conxecturas sobre o texto inicial. • Para a aprendizaxe do vocabulario séguense as fases de identificación de significados e formación de palabras derivadas en -eira e -eiro. • Para o recoñecemento e utilización do adxectivo desenvólvense os seguintes pasos: identificación de adxectivos en textos, formación de grupos nominais asociando substantivos e adxectivos e seguindo criterios de concordancia e adecuación semántica, asignación de adxectivos a nomes e descrición de persoas... • Realización de actividades de escritura de palabras con x e dun dictado como procedemento de comprobación ortográfica. • Escritura dunha descrición física e de carácter para un personaxe dun conto. • Identificación de marcadores de secuencia no texto informativo. • Elaboración dun texto informativo en que se expoñan uns feitos ordenados secuencialmente • Escribir unha serie de palabras no encerado e pedirlles ós alumnos que identifiquen os adxectivos. • Propoñerlles ós alumnos o xogo dos adxectivos en cadea. Un neno dirá un substantivo e os seus compañeiros dirán adxectivos pertinentes a ese adxectivo. • Os alumnos dirán en cadea palabras que conteñan o son x. Deste xeito, lembrarán palabras usuais con este son e realizarán prácticas de pronuncia. • Pedirlles ós alumnos que imaxinen e dramaticen estas dúas situacións: a conversa que ten o merlo vello cos seus compañeiros para convencelos de que vaian ve-lo espantallo e as palabras que diría o tío Ramón ó comprobar que os merlos non volveron peteira-los figos. • Organizar un coloquio na aula en que os alumnos falen sobre as medidas que teñen que toma-los agricultores para defenderen os cultivos. • Propoñerlles ós alumnos que inventen e describan outro personaxe que puidese intervir no conto xunto ó que aparece na segunda actividade da páxina de composición. Ademais de poñerlle nome e describilo, imaxinarán a relación que pode haber entre eles, cómo se coñecen, qué lles acontece... IISEK. Prog 3º Primaria 1213. C.I. Eirís 50
  • 51. INSTITUCIÓN INTERNACIONAL SEK. • Escribir substantivos no encerado para que os alumnos e as alumnas formen, en cada caso, un adxectivo rematado en -oso ou en -osa. • Escribir no encerado una serie de palabras que conteña o son x. Os alumnos, de forma colectiva, dirán palabras da mesma familia. AVALIACIÓN Criterios de avaliación Le diferentes tipos de texto con fluidez e comprensión. Extrae o sentido global dun texto e fai o seu comentario. Aprende e utiliza correctamente palabras relacionadas co verán. Comprende a idea de campo semántico. Identifica suxeito e predicado na oración e fai a concordancia de persoa e número. Utiliza con corrección palabras con h. Aprende a escribir unha carta aplicando correctamente a súa estrutura. Elabora breves textos teatrais con anotacións. Mostra interese por coñecer algúns aspectos propios da nosa cultura. Procedementos e instrumentos Os procedementos de avaliación seguen tres pasos básicos: a observación directa, a análise das tarefas e actividades encomendadas e as intervencións e preguntas de desenvolvemento da clase. Como instrumentos de avaliación empregaranse os rexistros de control persoal, os exercicios específicos de cada unidade, as produccións dos alumnos tanto orais coma escritas e as fichas de seguimento. IISEK. Prog 3º Primaria 1213. C.I. Eirís 51
  • 52. INSTITUCIÓN INTERNACIONAL SEK. IISEK. Prog 3º Primaria 1213. C.I. Eirís 52
  • 53. INSTITUCIÓN INTERNACIONAL SEK. TEMPORALIZACIÓN ANUAL PRIMEIRO TRIMESTRE- Temas 1 ó 4. VALORACIÓN DO PROCESO ENSINANZA – APRENDIZAXE.  80% DA NOTA SERÁ O RESULTANTE DAS PROBAS SOBRE OS CONTIDOS DESENROLADOS NA MATERIA.  10% CORRESPONDE ÁS ACTITUDES / COMPORTAMENTO DO ALUMNO NO ÁMBITO ESCOLAR.  10% SERÁ O VALOR ASIGNADO AO TRABALLO DIARIO E ESFORZO. IISEK. Prog 3º Primaria 1213. C.I. Eirís 53