SlideShare ist ein Scribd-Unternehmen logo
1 von 42
Tema 1. O Inicio da Idade
Moderna
Os séculos XV e XVI
A IDADE MODERNA
LECCIÓN 1.
UN NOVO PERÍODO HISTÓRICO
• A Idade Moderna é un período comprendido entre 1453 (a
caída de Constantinopla a mans do Imperio Turco) ou o
descubrimento de América (1492) e 1789 (Revolución
Francesa).
• Podemos diferenciar tres subperíodos:
– Século XVI, a época do Renacemento.
– Século XVII, a época do Barroco.
– Século XVIII, a época da Ilustración e o Absolutismo.
• http://www.cervantesvirtual.com/portales/la_caida_de_constantinopla/
• http://canalhistoria.es/aula/bizancio/
OS CAMBIOS DOS SÉCULOS XV E XVI
 Desaparición do Imperio Bizantino, tras a
toma de Constantinopla polos turcos
otománs en 1453, o cal incrementou a
ameaza musulmá sobre a cristiandade
occidental.
 Amplíase o mundo coñecido polos
europeos grazas aos novos descubrimentos
xeográficos (África, Asia, América) e a
apertura de novas rutas de navegación que
estimularon o comercio mundial.
 Loita pola hexemonía europea, que
enfrontou aos grandes estados; finalmente
España sería a potencia hexemónica no
século XVI.
•Cambios dentro do panorama internacional:
• O sistema feudal entrou en crise.
 Deste xeito….
IDADE MEDIA IDADE MODERNA
Os Reinos Feudais DERON PASO A O Estado Moderno e as
Monarquías Autoritarias
A Economía Feudal
(posesión da terra como
aspecto máis relevante)
DEU PASO A
O capitalismo comercial
(obtención de grandes
capitais a través do
comercio coas colonias)
Sociedade trifuncional
estamental (clero,
nobreza e campesiñado)
MANTENSE
Mais a burguesía cobra
importancia na
sociedade estamental.
• A unidade relixiosa do Occidente europeo rompeuse debido á Reforma
protestante, o cal orixinou graves conflitos armados, as “guerras de
relixión”.
• A cultura medieval foi substituída por unha nova mentalidade, o
Humanismo, que centrou a súa atención no ser humano e orixinou un novo
estilo artístico: o Renacemento.
OS DESCUBRIMENTOS: AS CAUSAS
DUN PROCESO
LECCIÓN 2.
CAUSAS
POLÍTICAS ECONÓMICAS CIENTÍFICAS TÉCNICAS RELIXIOSAS IDEOLÓXICAS
Unha vez finalizan
a conquista da
Península Ibérica,
os reinos cristiáns
expándense por
novos territorios.
Busca dun novo
camiño tras o
peche da vía
tradicional de
aprovisionamento
cara Asia tras a
caída de
Constantinopla
(1453).
Publicación da
Xeografía de
Ptolomeo ou o
Imago Mundi de
Pierre D`Ailly que
sostiñan que a
Terra era
redonda.
Xeneralización do
compás (brújula) e
do astrolabio, que
permitían orientarse
pola noite tendo as
estrelas como
referencia.
Desexo de
estender o
Cristianismo.
Afán de
aventuras e de
adquirir fama e
riqueza.
Os reis buscan
afianzar a súa
autoridade e
poder fronte ás
institucións
medievais.
Nova ruta marítima
para traer sedas e
pedras preciosas de
Asia e China.
Considérase
factible chegar ao
Leste navegando
cara o Oeste.
Avance da
Cartografía e os
Portolanos,
favoreceu a
localización de
portos e permitía aos
barcos navegar
lonxe das costas.
Interese por loitar
contra os infieis.
Desexo dos
humanistas de
comprobar a
veracidade dos
textos antigos e
dos métodos
matemáticos e
astronómicos.
Pretenden adquirir
ouro, prata e gloria
persoal.
Ruta para acceder
ao ouro de Sudán e
outros produtos
africanos (escravos
ou marfil).
Novos barcos
(carabelas, naos),
adaptadas para
soportar a forza do
Atlántico grazas as
súas velas e alta
Desexo de atopar
o lendario reino do
Preste Xoán,
localizado en
África.
Portulano de Abraham Cresques 1375
A Baixa Idade Media representa un cambio radical nas condicións de desenvolvemento dos coñecementos xeográficos. O activo comercio no Mediterráneo
e a invención do compás permitiu a realización de cartas náuticas cos rumbos.
Mapamundi según Henricus Martellus, 1489
Na Era dos Descubrimentos coñecéronse novos territorios e pobos, que obrigaron a modificar tamén a imaxe cartográfica do
mundo.
Sabías que a principios do século XV o
mundo que coñecían os europeos se
limitaba a Europa e aos territorios que
rodeaban o Mediterráneo e o Mar Negro?
Os europeos tamén sabían da existencia da
India, China e Xapón polas viaxes que
realizaron algúns viaxeiros medievais como
Marco Polo.
Caravana de Marco PoloMapa de Fra Mauro do mundo
coñecido arredor de 1460. Onde está
América?
O primeiro globo terráqueoO primeiro globo terráqueo
En 1492, Martin Behaim, un cartógrafo
alemán, fixo o primeiro globo
terráqueo, o Erdapfel. América non
se inclúe, pois Cristóbal Colón non
volve a España antes de marzo
1493.
O globo mostra un engrandecido
continente euroasiático e un océano
baleiro entre Europa e Asia, con illas
míticas nel, ademais de que Xapón e
outras illas asiáticas son
desproporcionadamente grandes.
OS DESCUBRIMENTOS (II).
AS VIAXES E OS VIAXEIROS
Lección 3.
Dende principios do século XV, Portugal buscou
unha nova ruta cara a India bordeando África.
Os reis portugueses organizaron diversas
expedicións con este fin. En 1488 Bartolomé
Días logrou dobrar o Cabo de Buena Esperanza e
en 1498 Vasco de Gama chegou á India.
Os casteláns, en cambio, decidiron navegar cara
o oeste, cruzando o Atlántico. Era unha empresa
moi arriscada, pois o Atlántico considerábase un
océano temible. Ademais, moita xente pensaba
que a Terra era cha e que, ao final, caíase nun
terrible abismo ou eras devorado por monstros.
Os casteláns, en cambio, decidiron navegar cara
o oeste, cruzando o Atlántico. Era unha empresa
moi arriscada, pois o Atlántico considerábase un
océano temible. Ademais, moita xente pensaba
que a Terra era cha e que, ao final, caíase nun
terrible abismo ou eras devorado por monstros.
Viaxes de Cristóbal Colón
O 7 de xuño de 1494 os Reis Católicos asinaban con João II de Portugal o Tratado de Tordesillas para repartirse
os dereitos sobre o Novo Mundo. O acordo final establecía unha liña imaxinaria situada a 370 leguas ao oeste de
Cabo Verde que dividía o Novo Mundo de norte a sur. Ao oeste da devandita fronteira, todo era español, ao leste,
portugués. A fronteira era difusa e xeraría problemas no futuro. João II gañaba un bo anaco de Brasil, que España
non era consciente de estar a regalar, pero o certo é que ambos os países tiñan por diante moitas leguas de mar por
sucar como para empezar a sentirse prexudicados.
O NACEMENTO DO ESTADO MODERNO
Lección 4.
4.1. As monarquías autoritarias
• Tras a Idade Media, as monarquías autoritarias substitúen ás monarquías
feudais.
• Coas monarquías autoritarias, o rei reforzou o seu poder sobre o conxunto
do reino, ao impoñerse sobre a nobreza e limitar a autonomía dos
municipios.
• Esta nova forma de organización recibe o nome de Estado Moderno.
4.2. Os Instrumentos do poder real
• Unificación Territorial. Unificaron os territorios dos seus Estados e, nalgúns
casos, ampliáronos mediante guerras ou alianzas matrimoniais.
• O control dos poderes do Estado. Impuxéronse sobre a alta nobreza; limitaron a
autonomía dos municipios (intervindo no nomeamento de cargos) e convocáronse
as Cortes o menos posible.
• A mellora da Administración.
– Fixaron a Corte nunha cidade, que se converteu na capital do Estado.
– Crearon unha burocracia de funcionarios profesionais, que executaban as súas ordes.
– Estableceron impostos ordinarios, que lles proporcionaban ingresos regulares sen
recorrer ás Cortes.
• A creación dun exército permanente. Substituíron as tropas feudais que só se
reunían en tempos de guerra, por un exército formado, fundamentalmente, por
mercenarios a soldo.
• A organización das relacións internacionais.
– Estableceron relacións diplomáticas con outros países. Esta diplomacia estaba
constituída por embaixadores permanentes, encargados de defender os intereses da
monarquía e de resolver pacificamente os conflitos; e por embaixadores temporais,
enviados para concertar alianzas e tratados.
As monarquías autoritarias implantáronse en:
Inglaterra, onde os Tudor remataron coa Guerra Civil das Dúas Rosas.
Francia, onde os Valois remataron co poder dos grandes nobres.
España, onde os Reis Católicos unificaron os seus reinos e deron os primeiros pasos para a
configuración do Estado Moderno.
AS TRANSFORMACIÓNS ECONÓMICAS E OS
CAMBIOS SOCIAIS
Lección 5.
• Características do Crecemento
Demográfico:
– Foi favorable nos séculos XV e XVI
debido á mellora das colleitas, a
desaparición da peste e a épocas
de relativa paz.
– Foi lento, por mor da alta
mortalidade (sobre todo, infantil)
provocada polas enfermidades
contaxiosas, o atraso da medicina e
a falta de hixiene.
– Beneficiou a demanda de produtos
agrícolas, artesanais e estimulou o
comercio.
5.1. O crecemento demográfico
5.2. O progreso da economía
• Actividades Agrarias:
– Maioritarias.
– Favorecidas no século XVI polas boas colleitas e ampliación de terras
cultivables.
• Artesanía:
– Evitou o control gremial.
– Favoreceuse o Traballo a Domicilio (Domestic system): o empresario
propociónalle ao campesiñado materias primas e ferramentas
necesarias para elaborar o produto na súa casa, normalmente en
épocas de inactividade agrícola, e despois recollíao e comercializábao.
• Comercio:
– Creceu debido aos descubrimentos xeográficos.
– Diversificou as súas rutas, incorporando novos produtos procedentes
de América, como o cacao ou o tabaco.
– O comercio Atlántico favoreceu aos portos de Lisboa, Sevilla e o Mar
do Norte.
El mercader alemán Georg Gisze en Londres, hacia
1532, por Hans Holbein el joven (c.1497-1543)
• Sistema Económico Capitalista:
– Comezou a desenvolverse, especialmente o capitalismo comercial,
que baseábase na acumulación de capitais procedentes do comercio.
– Aparecen os primeiros bancos oficiais, como a Casa de San Giorgio de
Xénova e privados, como os Fugger ou os Médici.
– Aumentou a circulación de moeda.
– Simplificáronse as operacións mercantís e bancarias (uso de cheques,
letras de cambio, etc.).
– Fundáronse as primeiras sociedades comerciais.
A Taula de canvi (en catalán) taboa ou mesa de cambio, é dicir, de cambio de
moedas e divisas), ou simplemente Taula, foi unha institución financeira (o
precedente máis directo dos bancos públicos, pois complementaba á banca
privada) que apareceu en distintas cidades da Coroa de Aragón (Barcelona,
Valencia, Xerona) no século XV, en resposta ás necesidades xeradas polo
aumento do comercio e as viaxes a longa distancia producido dende a Baixa
Idade Media; tanto as terrestres como sobre todo as marítimas que unían os
portos mediterráneos (Marsella, Xénova, Venecia, Valencia) e os atlánticos do Sur
e Norte de Europa (Sevilla, Lisboa, Francia, Inglaterra, Flandes e a Hansa).
Taula de Canvis i Depòsits de la Ciutat de València.
Na lonxa de Barcelona
abriuse unha taula de canvi
cuberta cun tapiz co escudo
de armas da cidade o 20 de
xaneiro de 1401,
constituíndose o primeiro
banco público de Europa.
En que se basou o capitalismo
comercial?
Cerro e cidade do Potosí. O fluxo de
ouro e prata de América enriqueceu
aos mercaderes e banqueiros
europeos.
A explotación dos
indíxenas e, máis
tarde, dos escravos
africanos foi a base
da acumulación de
capital.
5.3. Os cambios sociais
• Pervivencia da sociedade estamental, aínda que máis
complexa:
– Nobreza e clero
– Aceptaron o aumento do poder real, pero seguiron formando parte
dos estamentos privilexiados (mesmo poder económico e
privilexios).
– O Terceiro Estado:
– Burguesía
– Enriqueceuse co comercio transoceánico, os negocios e a banca.
– Impúxose, debido a isto aos demais grupos urbanos (artesáns,
comerciantes e asalariados).
– Campesiñado
– Corresponde á maioría do estamento non privilexiado.
– En Europa Occidental: as súas condicións de vida melloraron,
debido a que se librou da servidume e puido, nalgúns casos,
traballar as súas propias terras ou como asalariado dos señores.
– En Europa Oriental: a suxeición á terra acentuouse.
A guerra dos campesiños
alemáns que se desenvolveu
no Sacro Imperio Romano
Xermánico entre 1524 e 1525.
OS CAMBIOS E OS CONFLITOS RELIXIOSOS. A
REFORMA E A CONTRARREFORMA
Lección 6
6.1. As causas da Reforma
A Reforma protestante comeza no século XVI en Europa, rompéndose a
unidade relixiosa de Europa Occidental arredor da Igrexa Católica. En
resposta á Reforma, a Igrexa leva a cabo a renovación espiritual a través da
Contrarreforma.
Causas:
• Desprestixio do papado e o clero
• O poder da Igrexa Católica era moi amplo en Europa. Non obstante,
segundo a opinión de moita xente, os papas ocupábanse sobre todo dos
seus intereses terreais; os bispos vivían con moitos luxos e non nas súas
dioceses.
• O baixo clero non tiña preparación e non predicaba, ademais de non dar
exemplo de moralidade.
• Moitas ordes relixiosas non cumprían cos seus quefaceres.
• Os abusos da Igrexa.
• NEPOTISMO. Tratábase do favoritismo do alto clero polos seus familiares
para ocupar os cargos eclesiásticos.
• NICOLAÍSMO. Matrimonio ilegal, amancebamento ou mantemento de
concubinas por parte dos clérigos.
• SIMONÍA. Venda de cargos eclesiásticos.
• Por outro lado, o Papa, os bispos e os cardeais, vendían tamén o perdón
dos pecados a quen comprase un documento de INDULXENCIA.
6.2. As reformas e
os reformadores
A Reforma Luterana
Iniciouse en Alemaña no século XVI.
O moxe agostiño Martín Lutero rexeitou a venda de indulxencias ordenada polo Papa
León X co fin de pagar as obras do Vaticano.
En 1517 expuxo as súas 95 teses contra elas e contra certos aspectos da doutrina
católica. Como resposta, o papa condenou e excomungou a Lutero, en 1521.
http://www.rtve.es/alacarta/videos/carlos-rey-emperador/carlos-lutero/3314831/
En que se baseaba a doutrina luterana?
•Na xustificación pola fe e a libre interpretación da Biblia.
•Lutero rexeitou a infalibilidade do papa, aceptou dous únicos
sacramentos (Bautismo e Eucaristía), suprimiu o culto á Virxe e
os Santos e simplificou a liturxia,
•A súa doutrina difundiuse rapidamente por algúns estados
alemáns e polo norte de Europa.
• A reforma calvinista
• Foi predicada por Jean Calvino dende 1536 en Xenebra, Suiza.
• Baseábase na súa crenza na predestinación, segundo a cal, as
persoas están destinadas por Deus a salvarse ou a condenarse, á
marxe das súas accións.
• A súa doutrina tivo grande éxito entre a burguesía dos Países Baixos,
Suíza, Escocia, Francia e Inglaterra. Nestes dous últimos países foron
chamados hugonotes e puritanos, respectivamente.
• A reforma anglicana
• Xurdiu en Inglaterra, onde o rei Enrique VIII rexeitou a obediencia ao
Papa por negarse a concederlle o divorcio da súa esposa, Catalina de
Aragón.
• En 1534 proclamouse cabeza da Igrexa de Inglaterra.
• Nun principio, esta doutrina foi moi similar á católica, e só con tempo
adquiriu trazos propios.
Jean Calvino levou a cabo a Reforma
dende 1536 na cidade de Xenebra
(Suíza). A súa doutrina, o Calvinismo,
está baseada na crenza na
predestinación e tivo moito éxito nos
Países Baixos, Suíza, Escocia e Francia.
Os calvinistas en Inglaterra
chámanse puritanos
John Knox é considerado o
líder da Reforma en Escocia
(Presbiterianos)
Foron moi perseguidos en
Inglaterra
• MARTÍN LUTERO: https://www.youtube.com/watch?v=SmFAgq9GoSI
• “HENRY, HENRY, HENRY”: https://www.youtube.com/watch?v=3EGzHsye71c
Enrique VIII levou a cabo a
Reforma en Inglaterra
(Anglicanismo). En 1534
proclamouse cabeza da Igrexa
de Inglaterra
• A Contrarreforma foi un movemento de reforma dentro da propia
Igrexa católica como reacción á Reforma protestante.
• O Concilio de Trento (1545-1563) foi convocado polo papa Pablo
III co obxectivo de lograr a reconciliación entre católicos e
protestantes.
O Concilio de Trento definiu a doutrina
católica e a difundiu mediante os catecismos:
• As boas obras son necesarias para salvarse.
• Os sacramentos son sete.
• Só a Igrexa pode interpretar a Biblia.
• A Virxe e os santos reciben culto.
• O Papa é infalible
Ditáronse normas para frear o desprestixio do
clero, como a obriga dos bispos de residir nas
súas dioceses.
Impulsouse a creación de seminarios para
formar os sacerdotes.
6.3. A Contrarreforma católica
• A Compañía de Xesús.
• Fundada por Ignacio de Loyola en 1540.
• Os seus membros facían un voto especial de
obediencia ao Papa, tiñan unha sólida formación
teolóxica e dedicáronse á predicación e á educación.

Weitere ähnliche Inhalte

Was ist angesagt?

Tema 2. Inicio da Idade Moderna en España
Tema 2. Inicio da Idade Moderna en EspañaTema 2. Inicio da Idade Moderna en España
Tema 2. Inicio da Idade Moderna en EspañaDudas-Historia
 
Tema 2. Liberalismo e Nacionalismo
Tema 2. Liberalismo e NacionalismoTema 2. Liberalismo e Nacionalismo
Tema 2. Liberalismo e NacionalismoDudas-Historia
 
Unidade 8 renacemento
Unidade 8 renacementoUnidade 8 renacemento
Unidade 8 renacementocamposseijo
 
Tema 3 Restauración, liberalismo e nacionalismo (4º ESO)
Tema 3 Restauración, liberalismo e nacionalismo (4º ESO)Tema 3 Restauración, liberalismo e nacionalismo (4º ESO)
Tema 3 Restauración, liberalismo e nacionalismo (4º ESO)rubempaul
 
Unidade 3. Reis Católicos. 2º bacharelato historia España
Unidade 3. Reis Católicos. 2º bacharelato historia EspañaUnidade 3. Reis Católicos. 2º bacharelato historia España
Unidade 3. Reis Católicos. 2º bacharelato historia EspañaAgrela Elvixeo
 
Tema 12: Galicia na Idade Moderna
Tema 12: Galicia na Idade ModernaTema 12: Galicia na Idade Moderna
Tema 12: Galicia na Idade ModernaSanti Pazos
 
Os Reis católicos e os Austrias
Os Reis católicos e os AustriasOs Reis católicos e os Austrias
Os Reis católicos e os Austriasrubempaul
 
Tema 7 O nacemento do mundo moderno
Tema 7 O nacemento do mundo modernoTema 7 O nacemento do mundo moderno
Tema 7 O nacemento do mundo modernorubempaul
 
Tema 1: Absolutismo e Ilustración
Tema 1: Absolutismo e IlustraciónTema 1: Absolutismo e Ilustración
Tema 1: Absolutismo e IlustraciónLuus Quiroga
 
Tema 5. Imperialismo, guerra e revolución
Tema 5. Imperialismo, guerra e revoluciónTema 5. Imperialismo, guerra e revolución
Tema 5. Imperialismo, guerra e revoluciónrubempaul
 
Unidade 3. os Austrias. auxe e decadencia. Historia de España 2º bacharelato
Unidade 3.  os Austrias. auxe e decadencia. Historia de España 2º bacharelatoUnidade 3.  os Austrias. auxe e decadencia. Historia de España 2º bacharelato
Unidade 3. os Austrias. auxe e decadencia. Historia de España 2º bacharelatoAgrela Elvixeo
 
Unidade 5. Inicios e consolidación do réxime liberal
Unidade 5. Inicios e consolidación do réxime liberalUnidade 5. Inicios e consolidación do réxime liberal
Unidade 5. Inicios e consolidación do réxime liberalAgrela Elvixeo
 
Vocabulario Historia España ABAU
Vocabulario Historia España ABAUVocabulario Historia España ABAU
Vocabulario Historia España ABAUAgrela Elvixeo
 
Unidade 8. A guerra civil española
Unidade 8. A guerra civil españolaUnidade 8. A guerra civil española
Unidade 8. A guerra civil españolaAgrela Elvixeo
 
A hexemonía española no século xvi
A hexemonía española no século xviA hexemonía española no século xvi
A hexemonía española no século xviRosacidgalante
 
Unidade 10 crise do imperio español
Unidade 10 crise do imperio españolUnidade 10 crise do imperio español
Unidade 10 crise do imperio españolcamposseijo
 
Unidade 9 imperio español
Unidade 9 imperio españolUnidade 9 imperio español
Unidade 9 imperio españolcamposseijo
 

Was ist angesagt? (20)

Tema 2. Inicio da Idade Moderna en España
Tema 2. Inicio da Idade Moderna en EspañaTema 2. Inicio da Idade Moderna en España
Tema 2. Inicio da Idade Moderna en España
 
Tema 2. Liberalismo e Nacionalismo
Tema 2. Liberalismo e NacionalismoTema 2. Liberalismo e Nacionalismo
Tema 2. Liberalismo e Nacionalismo
 
Unidade 8 renacemento
Unidade 8 renacementoUnidade 8 renacemento
Unidade 8 renacemento
 
Tema 3 Restauración, liberalismo e nacionalismo (4º ESO)
Tema 3 Restauración, liberalismo e nacionalismo (4º ESO)Tema 3 Restauración, liberalismo e nacionalismo (4º ESO)
Tema 3 Restauración, liberalismo e nacionalismo (4º ESO)
 
Unidade 3. Reis Católicos. 2º bacharelato historia España
Unidade 3. Reis Católicos. 2º bacharelato historia EspañaUnidade 3. Reis Católicos. 2º bacharelato historia España
Unidade 3. Reis Católicos. 2º bacharelato historia España
 
Tema 12: Galicia na Idade Moderna
Tema 12: Galicia na Idade ModernaTema 12: Galicia na Idade Moderna
Tema 12: Galicia na Idade Moderna
 
Os Reis católicos e os Austrias
Os Reis católicos e os AustriasOs Reis católicos e os Austrias
Os Reis católicos e os Austrias
 
Tema 7 O nacemento do mundo moderno
Tema 7 O nacemento do mundo modernoTema 7 O nacemento do mundo moderno
Tema 7 O nacemento do mundo moderno
 
Tema 1: Absolutismo e Ilustración
Tema 1: Absolutismo e IlustraciónTema 1: Absolutismo e Ilustración
Tema 1: Absolutismo e Ilustración
 
Tema 5. Imperialismo, guerra e revolución
Tema 5. Imperialismo, guerra e revoluciónTema 5. Imperialismo, guerra e revolución
Tema 5. Imperialismo, guerra e revolución
 
Unidade 3. os Austrias. auxe e decadencia. Historia de España 2º bacharelato
Unidade 3.  os Austrias. auxe e decadencia. Historia de España 2º bacharelatoUnidade 3.  os Austrias. auxe e decadencia. Historia de España 2º bacharelato
Unidade 3. os Austrias. auxe e decadencia. Historia de España 2º bacharelato
 
UNIDADE 2 - 4º E.S.O.
UNIDADE 2 - 4º E.S.O.UNIDADE 2 - 4º E.S.O.
UNIDADE 2 - 4º E.S.O.
 
Unidade 5. Inicios e consolidación do réxime liberal
Unidade 5. Inicios e consolidación do réxime liberalUnidade 5. Inicios e consolidación do réxime liberal
Unidade 5. Inicios e consolidación do réxime liberal
 
Vocabulario Historia España ABAU
Vocabulario Historia España ABAUVocabulario Historia España ABAU
Vocabulario Historia España ABAU
 
UNIDADE 3 - 3º E.S.O.
UNIDADE 3 - 3º E.S.O.UNIDADE 3 - 3º E.S.O.
UNIDADE 3 - 3º E.S.O.
 
Unidade 8. A guerra civil española
Unidade 8. A guerra civil españolaUnidade 8. A guerra civil española
Unidade 8. A guerra civil española
 
A hexemonía española no século xvi
A hexemonía española no século xviA hexemonía española no século xvi
A hexemonía española no século xvi
 
Unidade 10 crise do imperio español
Unidade 10 crise do imperio españolUnidade 10 crise do imperio español
Unidade 10 crise do imperio español
 
Unidade 9 imperio español
Unidade 9 imperio españolUnidade 9 imperio español
Unidade 9 imperio español
 
A idade moderna
A idade modernaA idade moderna
A idade moderna
 

Ähnlich wie Tema 1. O inicio da Idade Moderna

Tema 1. O Inicio da Idade Moderna
Tema 1. O Inicio da Idade ModernaTema 1. O Inicio da Idade Moderna
Tema 1. O Inicio da Idade ModernaDudas-Historia
 
Tema 6. A Idade Moderna unha nova era
Tema 6. A Idade Moderna unha nova eraTema 6. A Idade Moderna unha nova era
Tema 6. A Idade Moderna unha nova erarubempaul
 
08c a orixe do mundo moderno
08c a orixe do mundo moderno08c a orixe do mundo moderno
08c a orixe do mundo modernoroberto
 
Tema do renacemento e os grandes descubrimentos
Tema do renacemento e os grandes descubrimentosTema do renacemento e os grandes descubrimentos
Tema do renacemento e os grandes descubrimentosJosé Ramón
 
Tema do renacemento e os grandes descubrimentos
Tema do renacemento e os grandes descubrimentosTema do renacemento e os grandes descubrimentos
Tema do renacemento e os grandes descubrimentosJosé Ramón
 
A época dos descubrimentos,laura e maria
A época dos descubrimentos,laura e mariaA época dos descubrimentos,laura e maria
A época dos descubrimentos,laura e mariaPatricia Coedo Lodeiro
 
TÁBOA RESUMO TEMA 9 A INICIO DA IDADE MODERNA.pdf
TÁBOA RESUMO TEMA 9 A INICIO DA IDADE MODERNA.pdfTÁBOA RESUMO TEMA 9 A INICIO DA IDADE MODERNA.pdf
TÁBOA RESUMO TEMA 9 A INICIO DA IDADE MODERNA.pdfVanessa Felípez
 
Tema 9 Os grandes descubrimentos xeográficos
Tema 9 Os grandes descubrimentos xeográficosTema 9 Os grandes descubrimentos xeográficos
Tema 9 Os grandes descubrimentos xeográficosrubempaul
 
Sociais resumo tema8
Sociais resumo tema8Sociais resumo tema8
Sociais resumo tema8Fiz
 
Tema 9: Os grandes descubrimentos xeográficos
Tema 9: Os grandes descubrimentos xeográficosTema 9: Os grandes descubrimentos xeográficos
Tema 9: Os grandes descubrimentos xeográficosSanti Pazos
 
Unidade 7 a época dos descubrimentos
Unidade 7 a época dos descubrimentosUnidade 7 a época dos descubrimentos
Unidade 7 a época dos descubrimentoscamposseijo
 
Unidade 7 a época dos descubrimentos
Unidade 7 a época dos descubrimentosUnidade 7 a época dos descubrimentos
Unidade 7 a época dos descubrimentoscamposseijo
 
A ampliación do mundo coñecido
A ampliación do mundo coñecidoA ampliación do mundo coñecido
A ampliación do mundo coñecidoLuciagc2c
 
Unidade 7 a época dos descubrimentos
Unidade 7 a época dos descubrimentosUnidade 7 a época dos descubrimentos
Unidade 7 a época dos descubrimentoscamposseijo
 
Os grandes descubrimentos xeográficos: Conquista e colonización de América
Os grandes descubrimentos xeográficos: Conquista e colonización de AméricaOs grandes descubrimentos xeográficos: Conquista e colonización de América
Os grandes descubrimentos xeográficos: Conquista e colonización de Américarubempaul
 
As grandes viaxes
As grandes viaxesAs grandes viaxes
As grandes viaxesicoico1
 
A historia de españa na idade moderna (s. xvi xvii)
A historia de españa na idade moderna (s. xvi xvii)A historia de españa na idade moderna (s. xvi xvii)
A historia de españa na idade moderna (s. xvi xvii)masinisa
 
El descubrimiento de América
El descubrimiento de AméricaEl descubrimiento de América
El descubrimiento de Américajairismusic
 
Historia Moderna
Historia ModernaHistoria Moderna
Historia Modernacamposseijo
 
Imperialismo e I GM ESA
Imperialismo e I GM ESAImperialismo e I GM ESA
Imperialismo e I GM ESAaialo1
 

Ähnlich wie Tema 1. O inicio da Idade Moderna (20)

Tema 1. O Inicio da Idade Moderna
Tema 1. O Inicio da Idade ModernaTema 1. O Inicio da Idade Moderna
Tema 1. O Inicio da Idade Moderna
 
Tema 6. A Idade Moderna unha nova era
Tema 6. A Idade Moderna unha nova eraTema 6. A Idade Moderna unha nova era
Tema 6. A Idade Moderna unha nova era
 
08c a orixe do mundo moderno
08c a orixe do mundo moderno08c a orixe do mundo moderno
08c a orixe do mundo moderno
 
Tema do renacemento e os grandes descubrimentos
Tema do renacemento e os grandes descubrimentosTema do renacemento e os grandes descubrimentos
Tema do renacemento e os grandes descubrimentos
 
Tema do renacemento e os grandes descubrimentos
Tema do renacemento e os grandes descubrimentosTema do renacemento e os grandes descubrimentos
Tema do renacemento e os grandes descubrimentos
 
A época dos descubrimentos,laura e maria
A época dos descubrimentos,laura e mariaA época dos descubrimentos,laura e maria
A época dos descubrimentos,laura e maria
 
TÁBOA RESUMO TEMA 9 A INICIO DA IDADE MODERNA.pdf
TÁBOA RESUMO TEMA 9 A INICIO DA IDADE MODERNA.pdfTÁBOA RESUMO TEMA 9 A INICIO DA IDADE MODERNA.pdf
TÁBOA RESUMO TEMA 9 A INICIO DA IDADE MODERNA.pdf
 
Tema 9 Os grandes descubrimentos xeográficos
Tema 9 Os grandes descubrimentos xeográficosTema 9 Os grandes descubrimentos xeográficos
Tema 9 Os grandes descubrimentos xeográficos
 
Sociais resumo tema8
Sociais resumo tema8Sociais resumo tema8
Sociais resumo tema8
 
Tema 9: Os grandes descubrimentos xeográficos
Tema 9: Os grandes descubrimentos xeográficosTema 9: Os grandes descubrimentos xeográficos
Tema 9: Os grandes descubrimentos xeográficos
 
Unidade 7 a época dos descubrimentos
Unidade 7 a época dos descubrimentosUnidade 7 a época dos descubrimentos
Unidade 7 a época dos descubrimentos
 
Unidade 7 a época dos descubrimentos
Unidade 7 a época dos descubrimentosUnidade 7 a época dos descubrimentos
Unidade 7 a época dos descubrimentos
 
A ampliación do mundo coñecido
A ampliación do mundo coñecidoA ampliación do mundo coñecido
A ampliación do mundo coñecido
 
Unidade 7 a época dos descubrimentos
Unidade 7 a época dos descubrimentosUnidade 7 a época dos descubrimentos
Unidade 7 a época dos descubrimentos
 
Os grandes descubrimentos xeográficos: Conquista e colonización de América
Os grandes descubrimentos xeográficos: Conquista e colonización de AméricaOs grandes descubrimentos xeográficos: Conquista e colonización de América
Os grandes descubrimentos xeográficos: Conquista e colonización de América
 
As grandes viaxes
As grandes viaxesAs grandes viaxes
As grandes viaxes
 
A historia de españa na idade moderna (s. xvi xvii)
A historia de españa na idade moderna (s. xvi xvii)A historia de españa na idade moderna (s. xvi xvii)
A historia de españa na idade moderna (s. xvi xvii)
 
El descubrimiento de América
El descubrimiento de AméricaEl descubrimiento de América
El descubrimiento de América
 
Historia Moderna
Historia ModernaHistoria Moderna
Historia Moderna
 
Imperialismo e I GM ESA
Imperialismo e I GM ESAImperialismo e I GM ESA
Imperialismo e I GM ESA
 

Mehr von Dudas-Historia

Legislation and human resources. 2020 2021
Legislation and human resources. 2020 2021Legislation and human resources. 2020 2021
Legislation and human resources. 2020 2021Dudas-Historia
 
Vocabulary Lesson 1. 2019 2020
Vocabulary Lesson 1. 2019 2020Vocabulary Lesson 1. 2019 2020
Vocabulary Lesson 1. 2019 2020Dudas-Historia
 
Obras en las que se debe hacer especial incidencia
Obras en las que se debe hacer especial incidenciaObras en las que se debe hacer especial incidencia
Obras en las que se debe hacer especial incidenciaDudas-Historia
 
Impresionismo-Posimpresionismo
Impresionismo-PosimpresionismoImpresionismo-Posimpresionismo
Impresionismo-PosimpresionismoDudas-Historia
 
Legislation and Human Resources
Legislation and Human ResourcesLegislation and Human Resources
Legislation and Human ResourcesDudas-Historia
 
Neoclasicismo, Goya e Romanticismo
Neoclasicismo, Goya e RomanticismoNeoclasicismo, Goya e Romanticismo
Neoclasicismo, Goya e RomanticismoDudas-Historia
 
Marketing mix Exercises
Marketing mix Exercises Marketing mix Exercises
Marketing mix Exercises Dudas-Historia
 
Tema 16. Segunda etapa de la dictadura. 1959-1975
Tema 16. Segunda etapa de la dictadura. 1959-1975Tema 16. Segunda etapa de la dictadura. 1959-1975
Tema 16. Segunda etapa de la dictadura. 1959-1975Dudas-Historia
 
Tema 15. Dictadura franquista de posguerra. 1939 1959
Tema 15. Dictadura franquista de posguerra. 1939 1959Tema 15. Dictadura franquista de posguerra. 1939 1959
Tema 15. Dictadura franquista de posguerra. 1939 1959Dudas-Historia
 
Rafael, Tiziano y otros
Rafael, Tiziano y otrosRafael, Tiziano y otros
Rafael, Tiziano y otrosDudas-Historia
 
Activities in the Company
Activities in the CompanyActivities in the Company
Activities in the CompanyDudas-Historia
 

Mehr von Dudas-Historia (20)

Legislation and human resources. 2020 2021
Legislation and human resources. 2020 2021Legislation and human resources. 2020 2021
Legislation and human resources. 2020 2021
 
Vocabulary Lesson 1. 2019 2020
Vocabulary Lesson 1. 2019 2020Vocabulary Lesson 1. 2019 2020
Vocabulary Lesson 1. 2019 2020
 
Obras en las que se debe hacer especial incidencia
Obras en las que se debe hacer especial incidenciaObras en las que se debe hacer especial incidencia
Obras en las que se debe hacer especial incidencia
 
Impresionismo-Posimpresionismo
Impresionismo-PosimpresionismoImpresionismo-Posimpresionismo
Impresionismo-Posimpresionismo
 
Pintura Barroca
Pintura BarrocaPintura Barroca
Pintura Barroca
 
Escultura Barroca
Escultura BarrocaEscultura Barroca
Escultura Barroca
 
Legislation and Human Resources
Legislation and Human ResourcesLegislation and Human Resources
Legislation and Human Resources
 
Directrices ABAU 2019
Directrices ABAU 2019Directrices ABAU 2019
Directrices ABAU 2019
 
Franquismo. 1959-1975
Franquismo. 1959-1975Franquismo. 1959-1975
Franquismo. 1959-1975
 
Neoclasicismo, Goya e Romanticismo
Neoclasicismo, Goya e RomanticismoNeoclasicismo, Goya e Romanticismo
Neoclasicismo, Goya e Romanticismo
 
Pintura barroca
Pintura barrocaPintura barroca
Pintura barroca
 
Marketing mix Exercises
Marketing mix Exercises Marketing mix Exercises
Marketing mix Exercises
 
Finance
Finance Finance
Finance
 
Finance
FinanceFinance
Finance
 
Bernini como modelo
Bernini como modeloBernini como modelo
Bernini como modelo
 
Tema 16. Segunda etapa de la dictadura. 1959-1975
Tema 16. Segunda etapa de la dictadura. 1959-1975Tema 16. Segunda etapa de la dictadura. 1959-1975
Tema 16. Segunda etapa de la dictadura. 1959-1975
 
Tema 15. Dictadura franquista de posguerra. 1939 1959
Tema 15. Dictadura franquista de posguerra. 1939 1959Tema 15. Dictadura franquista de posguerra. 1939 1959
Tema 15. Dictadura franquista de posguerra. 1939 1959
 
Definiciones
DefinicionesDefiniciones
Definiciones
 
Rafael, Tiziano y otros
Rafael, Tiziano y otrosRafael, Tiziano y otros
Rafael, Tiziano y otros
 
Activities in the Company
Activities in the CompanyActivities in the Company
Activities in the Company
 

Tema 1. O inicio da Idade Moderna

  • 1. Tema 1. O Inicio da Idade Moderna Os séculos XV e XVI
  • 3. UN NOVO PERÍODO HISTÓRICO • A Idade Moderna é un período comprendido entre 1453 (a caída de Constantinopla a mans do Imperio Turco) ou o descubrimento de América (1492) e 1789 (Revolución Francesa). • Podemos diferenciar tres subperíodos: – Século XVI, a época do Renacemento. – Século XVII, a época do Barroco. – Século XVIII, a época da Ilustración e o Absolutismo. • http://www.cervantesvirtual.com/portales/la_caida_de_constantinopla/ • http://canalhistoria.es/aula/bizancio/
  • 4. OS CAMBIOS DOS SÉCULOS XV E XVI  Desaparición do Imperio Bizantino, tras a toma de Constantinopla polos turcos otománs en 1453, o cal incrementou a ameaza musulmá sobre a cristiandade occidental.  Amplíase o mundo coñecido polos europeos grazas aos novos descubrimentos xeográficos (África, Asia, América) e a apertura de novas rutas de navegación que estimularon o comercio mundial.  Loita pola hexemonía europea, que enfrontou aos grandes estados; finalmente España sería a potencia hexemónica no século XVI. •Cambios dentro do panorama internacional:
  • 5. • O sistema feudal entrou en crise.  Deste xeito…. IDADE MEDIA IDADE MODERNA Os Reinos Feudais DERON PASO A O Estado Moderno e as Monarquías Autoritarias A Economía Feudal (posesión da terra como aspecto máis relevante) DEU PASO A O capitalismo comercial (obtención de grandes capitais a través do comercio coas colonias) Sociedade trifuncional estamental (clero, nobreza e campesiñado) MANTENSE Mais a burguesía cobra importancia na sociedade estamental.
  • 6. • A unidade relixiosa do Occidente europeo rompeuse debido á Reforma protestante, o cal orixinou graves conflitos armados, as “guerras de relixión”. • A cultura medieval foi substituída por unha nova mentalidade, o Humanismo, que centrou a súa atención no ser humano e orixinou un novo estilo artístico: o Renacemento.
  • 7.
  • 8.
  • 9. OS DESCUBRIMENTOS: AS CAUSAS DUN PROCESO LECCIÓN 2.
  • 10. CAUSAS POLÍTICAS ECONÓMICAS CIENTÍFICAS TÉCNICAS RELIXIOSAS IDEOLÓXICAS Unha vez finalizan a conquista da Península Ibérica, os reinos cristiáns expándense por novos territorios. Busca dun novo camiño tras o peche da vía tradicional de aprovisionamento cara Asia tras a caída de Constantinopla (1453). Publicación da Xeografía de Ptolomeo ou o Imago Mundi de Pierre D`Ailly que sostiñan que a Terra era redonda. Xeneralización do compás (brújula) e do astrolabio, que permitían orientarse pola noite tendo as estrelas como referencia. Desexo de estender o Cristianismo. Afán de aventuras e de adquirir fama e riqueza. Os reis buscan afianzar a súa autoridade e poder fronte ás institucións medievais. Nova ruta marítima para traer sedas e pedras preciosas de Asia e China. Considérase factible chegar ao Leste navegando cara o Oeste. Avance da Cartografía e os Portolanos, favoreceu a localización de portos e permitía aos barcos navegar lonxe das costas. Interese por loitar contra os infieis. Desexo dos humanistas de comprobar a veracidade dos textos antigos e dos métodos matemáticos e astronómicos. Pretenden adquirir ouro, prata e gloria persoal. Ruta para acceder ao ouro de Sudán e outros produtos africanos (escravos ou marfil). Novos barcos (carabelas, naos), adaptadas para soportar a forza do Atlántico grazas as súas velas e alta Desexo de atopar o lendario reino do Preste Xoán, localizado en África.
  • 11. Portulano de Abraham Cresques 1375 A Baixa Idade Media representa un cambio radical nas condicións de desenvolvemento dos coñecementos xeográficos. O activo comercio no Mediterráneo e a invención do compás permitiu a realización de cartas náuticas cos rumbos.
  • 12. Mapamundi según Henricus Martellus, 1489 Na Era dos Descubrimentos coñecéronse novos territorios e pobos, que obrigaron a modificar tamén a imaxe cartográfica do mundo.
  • 13. Sabías que a principios do século XV o mundo que coñecían os europeos se limitaba a Europa e aos territorios que rodeaban o Mediterráneo e o Mar Negro? Os europeos tamén sabían da existencia da India, China e Xapón polas viaxes que realizaron algúns viaxeiros medievais como Marco Polo. Caravana de Marco PoloMapa de Fra Mauro do mundo coñecido arredor de 1460. Onde está América?
  • 14. O primeiro globo terráqueoO primeiro globo terráqueo En 1492, Martin Behaim, un cartógrafo alemán, fixo o primeiro globo terráqueo, o Erdapfel. América non se inclúe, pois Cristóbal Colón non volve a España antes de marzo 1493. O globo mostra un engrandecido continente euroasiático e un océano baleiro entre Europa e Asia, con illas míticas nel, ademais de que Xapón e outras illas asiáticas son desproporcionadamente grandes.
  • 15. OS DESCUBRIMENTOS (II). AS VIAXES E OS VIAXEIROS Lección 3.
  • 16. Dende principios do século XV, Portugal buscou unha nova ruta cara a India bordeando África. Os reis portugueses organizaron diversas expedicións con este fin. En 1488 Bartolomé Días logrou dobrar o Cabo de Buena Esperanza e en 1498 Vasco de Gama chegou á India. Os casteláns, en cambio, decidiron navegar cara o oeste, cruzando o Atlántico. Era unha empresa moi arriscada, pois o Atlántico considerábase un océano temible. Ademais, moita xente pensaba que a Terra era cha e que, ao final, caíase nun terrible abismo ou eras devorado por monstros. Os casteláns, en cambio, decidiron navegar cara o oeste, cruzando o Atlántico. Era unha empresa moi arriscada, pois o Atlántico considerábase un océano temible. Ademais, moita xente pensaba que a Terra era cha e que, ao final, caíase nun terrible abismo ou eras devorado por monstros.
  • 17.
  • 19. O 7 de xuño de 1494 os Reis Católicos asinaban con João II de Portugal o Tratado de Tordesillas para repartirse os dereitos sobre o Novo Mundo. O acordo final establecía unha liña imaxinaria situada a 370 leguas ao oeste de Cabo Verde que dividía o Novo Mundo de norte a sur. Ao oeste da devandita fronteira, todo era español, ao leste, portugués. A fronteira era difusa e xeraría problemas no futuro. João II gañaba un bo anaco de Brasil, que España non era consciente de estar a regalar, pero o certo é que ambos os países tiñan por diante moitas leguas de mar por sucar como para empezar a sentirse prexudicados.
  • 20. O NACEMENTO DO ESTADO MODERNO Lección 4.
  • 21. 4.1. As monarquías autoritarias • Tras a Idade Media, as monarquías autoritarias substitúen ás monarquías feudais. • Coas monarquías autoritarias, o rei reforzou o seu poder sobre o conxunto do reino, ao impoñerse sobre a nobreza e limitar a autonomía dos municipios. • Esta nova forma de organización recibe o nome de Estado Moderno.
  • 22. 4.2. Os Instrumentos do poder real • Unificación Territorial. Unificaron os territorios dos seus Estados e, nalgúns casos, ampliáronos mediante guerras ou alianzas matrimoniais. • O control dos poderes do Estado. Impuxéronse sobre a alta nobreza; limitaron a autonomía dos municipios (intervindo no nomeamento de cargos) e convocáronse as Cortes o menos posible. • A mellora da Administración. – Fixaron a Corte nunha cidade, que se converteu na capital do Estado. – Crearon unha burocracia de funcionarios profesionais, que executaban as súas ordes. – Estableceron impostos ordinarios, que lles proporcionaban ingresos regulares sen recorrer ás Cortes. • A creación dun exército permanente. Substituíron as tropas feudais que só se reunían en tempos de guerra, por un exército formado, fundamentalmente, por mercenarios a soldo. • A organización das relacións internacionais. – Estableceron relacións diplomáticas con outros países. Esta diplomacia estaba constituída por embaixadores permanentes, encargados de defender os intereses da monarquía e de resolver pacificamente os conflitos; e por embaixadores temporais, enviados para concertar alianzas e tratados.
  • 23. As monarquías autoritarias implantáronse en: Inglaterra, onde os Tudor remataron coa Guerra Civil das Dúas Rosas. Francia, onde os Valois remataron co poder dos grandes nobres. España, onde os Reis Católicos unificaron os seus reinos e deron os primeiros pasos para a configuración do Estado Moderno.
  • 24.
  • 25. AS TRANSFORMACIÓNS ECONÓMICAS E OS CAMBIOS SOCIAIS Lección 5.
  • 26. • Características do Crecemento Demográfico: – Foi favorable nos séculos XV e XVI debido á mellora das colleitas, a desaparición da peste e a épocas de relativa paz. – Foi lento, por mor da alta mortalidade (sobre todo, infantil) provocada polas enfermidades contaxiosas, o atraso da medicina e a falta de hixiene. – Beneficiou a demanda de produtos agrícolas, artesanais e estimulou o comercio. 5.1. O crecemento demográfico
  • 27. 5.2. O progreso da economía • Actividades Agrarias: – Maioritarias. – Favorecidas no século XVI polas boas colleitas e ampliación de terras cultivables. • Artesanía: – Evitou o control gremial. – Favoreceuse o Traballo a Domicilio (Domestic system): o empresario propociónalle ao campesiñado materias primas e ferramentas necesarias para elaborar o produto na súa casa, normalmente en épocas de inactividade agrícola, e despois recollíao e comercializábao. • Comercio: – Creceu debido aos descubrimentos xeográficos. – Diversificou as súas rutas, incorporando novos produtos procedentes de América, como o cacao ou o tabaco. – O comercio Atlántico favoreceu aos portos de Lisboa, Sevilla e o Mar do Norte.
  • 28. El mercader alemán Georg Gisze en Londres, hacia 1532, por Hans Holbein el joven (c.1497-1543) • Sistema Económico Capitalista: – Comezou a desenvolverse, especialmente o capitalismo comercial, que baseábase na acumulación de capitais procedentes do comercio. – Aparecen os primeiros bancos oficiais, como a Casa de San Giorgio de Xénova e privados, como os Fugger ou os Médici. – Aumentou a circulación de moeda. – Simplificáronse as operacións mercantís e bancarias (uso de cheques, letras de cambio, etc.). – Fundáronse as primeiras sociedades comerciais.
  • 29. A Taula de canvi (en catalán) taboa ou mesa de cambio, é dicir, de cambio de moedas e divisas), ou simplemente Taula, foi unha institución financeira (o precedente máis directo dos bancos públicos, pois complementaba á banca privada) que apareceu en distintas cidades da Coroa de Aragón (Barcelona, Valencia, Xerona) no século XV, en resposta ás necesidades xeradas polo aumento do comercio e as viaxes a longa distancia producido dende a Baixa Idade Media; tanto as terrestres como sobre todo as marítimas que unían os portos mediterráneos (Marsella, Xénova, Venecia, Valencia) e os atlánticos do Sur e Norte de Europa (Sevilla, Lisboa, Francia, Inglaterra, Flandes e a Hansa). Taula de Canvis i Depòsits de la Ciutat de València. Na lonxa de Barcelona abriuse unha taula de canvi cuberta cun tapiz co escudo de armas da cidade o 20 de xaneiro de 1401, constituíndose o primeiro banco público de Europa.
  • 30. En que se basou o capitalismo comercial? Cerro e cidade do Potosí. O fluxo de ouro e prata de América enriqueceu aos mercaderes e banqueiros europeos. A explotación dos indíxenas e, máis tarde, dos escravos africanos foi a base da acumulación de capital.
  • 31. 5.3. Os cambios sociais • Pervivencia da sociedade estamental, aínda que máis complexa: – Nobreza e clero – Aceptaron o aumento do poder real, pero seguiron formando parte dos estamentos privilexiados (mesmo poder económico e privilexios). – O Terceiro Estado: – Burguesía – Enriqueceuse co comercio transoceánico, os negocios e a banca. – Impúxose, debido a isto aos demais grupos urbanos (artesáns, comerciantes e asalariados). – Campesiñado – Corresponde á maioría do estamento non privilexiado. – En Europa Occidental: as súas condicións de vida melloraron, debido a que se librou da servidume e puido, nalgúns casos, traballar as súas propias terras ou como asalariado dos señores. – En Europa Oriental: a suxeición á terra acentuouse.
  • 32.
  • 33. A guerra dos campesiños alemáns que se desenvolveu no Sacro Imperio Romano Xermánico entre 1524 e 1525.
  • 34.
  • 35. OS CAMBIOS E OS CONFLITOS RELIXIOSOS. A REFORMA E A CONTRARREFORMA Lección 6
  • 36. 6.1. As causas da Reforma A Reforma protestante comeza no século XVI en Europa, rompéndose a unidade relixiosa de Europa Occidental arredor da Igrexa Católica. En resposta á Reforma, a Igrexa leva a cabo a renovación espiritual a través da Contrarreforma. Causas: • Desprestixio do papado e o clero • O poder da Igrexa Católica era moi amplo en Europa. Non obstante, segundo a opinión de moita xente, os papas ocupábanse sobre todo dos seus intereses terreais; os bispos vivían con moitos luxos e non nas súas dioceses. • O baixo clero non tiña preparación e non predicaba, ademais de non dar exemplo de moralidade. • Moitas ordes relixiosas non cumprían cos seus quefaceres. • Os abusos da Igrexa. • NEPOTISMO. Tratábase do favoritismo do alto clero polos seus familiares para ocupar os cargos eclesiásticos. • NICOLAÍSMO. Matrimonio ilegal, amancebamento ou mantemento de concubinas por parte dos clérigos. • SIMONÍA. Venda de cargos eclesiásticos. • Por outro lado, o Papa, os bispos e os cardeais, vendían tamén o perdón dos pecados a quen comprase un documento de INDULXENCIA.
  • 37. 6.2. As reformas e os reformadores A Reforma Luterana Iniciouse en Alemaña no século XVI. O moxe agostiño Martín Lutero rexeitou a venda de indulxencias ordenada polo Papa León X co fin de pagar as obras do Vaticano. En 1517 expuxo as súas 95 teses contra elas e contra certos aspectos da doutrina católica. Como resposta, o papa condenou e excomungou a Lutero, en 1521. http://www.rtve.es/alacarta/videos/carlos-rey-emperador/carlos-lutero/3314831/ En que se baseaba a doutrina luterana? •Na xustificación pola fe e a libre interpretación da Biblia. •Lutero rexeitou a infalibilidade do papa, aceptou dous únicos sacramentos (Bautismo e Eucaristía), suprimiu o culto á Virxe e os Santos e simplificou a liturxia, •A súa doutrina difundiuse rapidamente por algúns estados alemáns e polo norte de Europa.
  • 38. • A reforma calvinista • Foi predicada por Jean Calvino dende 1536 en Xenebra, Suiza. • Baseábase na súa crenza na predestinación, segundo a cal, as persoas están destinadas por Deus a salvarse ou a condenarse, á marxe das súas accións. • A súa doutrina tivo grande éxito entre a burguesía dos Países Baixos, Suíza, Escocia, Francia e Inglaterra. Nestes dous últimos países foron chamados hugonotes e puritanos, respectivamente. • A reforma anglicana • Xurdiu en Inglaterra, onde o rei Enrique VIII rexeitou a obediencia ao Papa por negarse a concederlle o divorcio da súa esposa, Catalina de Aragón. • En 1534 proclamouse cabeza da Igrexa de Inglaterra. • Nun principio, esta doutrina foi moi similar á católica, e só con tempo adquiriu trazos propios.
  • 39. Jean Calvino levou a cabo a Reforma dende 1536 na cidade de Xenebra (Suíza). A súa doutrina, o Calvinismo, está baseada na crenza na predestinación e tivo moito éxito nos Países Baixos, Suíza, Escocia e Francia. Os calvinistas en Inglaterra chámanse puritanos John Knox é considerado o líder da Reforma en Escocia (Presbiterianos) Foron moi perseguidos en Inglaterra • MARTÍN LUTERO: https://www.youtube.com/watch?v=SmFAgq9GoSI • “HENRY, HENRY, HENRY”: https://www.youtube.com/watch?v=3EGzHsye71c Enrique VIII levou a cabo a Reforma en Inglaterra (Anglicanismo). En 1534 proclamouse cabeza da Igrexa de Inglaterra
  • 40. • A Contrarreforma foi un movemento de reforma dentro da propia Igrexa católica como reacción á Reforma protestante. • O Concilio de Trento (1545-1563) foi convocado polo papa Pablo III co obxectivo de lograr a reconciliación entre católicos e protestantes. O Concilio de Trento definiu a doutrina católica e a difundiu mediante os catecismos: • As boas obras son necesarias para salvarse. • Os sacramentos son sete. • Só a Igrexa pode interpretar a Biblia. • A Virxe e os santos reciben culto. • O Papa é infalible Ditáronse normas para frear o desprestixio do clero, como a obriga dos bispos de residir nas súas dioceses. Impulsouse a creación de seminarios para formar os sacerdotes. 6.3. A Contrarreforma católica
  • 41.
  • 42. • A Compañía de Xesús. • Fundada por Ignacio de Loyola en 1540. • Os seus membros facían un voto especial de obediencia ao Papa, tiñan unha sólida formación teolóxica e dedicáronse á predicación e á educación.