Poemario de Cruz Martínez
Primeiro premio de poesía no II Certame de Poesía en Lingua Galega "Manuel María". Convocado por A Casa de Galicia en Guipúscoa, 24 de maio, 2014
1. «O lánguido ocaso dunha dalia » poemario de Cruz Martínez (1º premio no II Certame de Poesía
en lingua Galega Manuel María, 24 de maio de 2014. Convocado pola Casa de Galicia en Guipúscoa.
O lánguido ocaso dunha dalia
Cruz Martínez
2. «O lánguido ocaso dunha dalia » poemario de Cruz Martínez (1º premio no II Certame de Poesía
en lingua Galega Manuel María, 24 de maio de 2014. Convocado pola Casa de Galicia en Guipúscoa.
De novo esperto co mesmo diálogo
co melodrama que tanto me aterra
Sinto os fríos beixos na miña fronte
e experimento
o lánguido ocaso dunha dalia
***
A disfasia acomódase na miña gorxa
feble
e inconscientemente
trazo as primeiras liñas do mapa
que me representa
Teño danada a xeografía
Implícitas secuelas, tatúanseme na pel
coa persistencia dunha praga invasora
2
3. «O lánguido ocaso dunha dalia » poemario de Cruz Martínez (1º premio no II Certame de Poesía
en lingua Galega Manuel María, 24 de maio de 2014. Convocado pola Casa de Galicia en Guipúscoa.
que chegou no convoi das 19:30
e teima con quedarse
***
Ao meu carón
escoito a máis alta elite da palabra [que crea cátedra]
e eu, no [interface]
observo a húmida corola do estraloque
Fico impávida coma unha estatua
na aneboada tarde de choiva
baixo o meu paraugas riscado en gris
***
Os meus pés mollados sotérranse na lagumeira
que me nace coma unha raíz
Embaixo, ben pouca cousa hai
Uns cantos soños
subsisten envolvidos en formol
3
4. «O lánguido ocaso dunha dalia » poemario de Cruz Martínez (1º premio no II Certame de Poesía
en lingua Galega Manuel María, 24 de maio de 2014. Convocado pola Casa de Galicia en Guipúscoa.
Exiliados poemas de rinchos anguriados
morden con carraxe o xeado pecho
que os encerra
Xa hai tempo que non abro a boca para cantar
agora, só choro cara dentro
***
Hoxe todas as tempestades
semellan estricar parágrafos inintelixíbeis
enriba das ruínas que se manteñen en pé
coa desgana dun que está morto
***
Ás veces, tamén é verdade
que me perdo entre as memorias
Adoito mirar cara o bosque
e transfórmome nunha amoria
con sinais de peteiradas nas coxas
4
5. «O lánguido ocaso dunha dalia » poemario de Cruz Martínez (1º premio no II Certame de Poesía
en lingua Galega Manuel María, 24 de maio de 2014. Convocado pola Casa de Galicia en Guipúscoa.
Cerro os ollos e ouzo, coma nun soño
o son dun peto entre os carballos
***
Unha tarde, na que o sol decidiu non aparecer
Un cadelo melancólico
non para de ouvear no cuarto andar
Por mais que tapo os ouvidos coas mans
as tempas estoupan, roulan polo chan
derrubadas partículas das feridas, de meu
***
A luz sorprendeume acendendo soa
coido que
un postergate vive na miña cociña
Configúrase aos poucos
e eu, acólloo
métoo nun bote de cristal e pídolle cousas
5
6. «O lánguido ocaso dunha dalia » poemario de Cruz Martínez (1º premio no II Certame de Poesía
en lingua Galega Manuel María, 24 de maio de 2014. Convocado pola Casa de Galicia en Guipúscoa.
coma se fose o xenio da lámpada
Fóra, segue chovendo
rabuñan as notas dun réquiem
nos vidros da xanela
e os ollos decaen, afogados no vaso de auga
agrelando metrallas
no ebrio amencer dunha carauta
6