4. A pesar da paralización cautelar das obras e, polo tanto, da prohibición de seguir extraendo material da parcela afectada, dende o 22 de novembro até o 14 de decembro o promotor quebrantou unha vez máis a orde de paralización.
7. Nesta ocasión, a empresa desfixo na parte norte do xacemento unha franxa de terreo que non se vira afectada nin pola desfeita de xuño nin pola da setembro.
10. Os materiais arqueolóxicos, mesturados con area do xacemento, foron tirados nunha finca en fronte da gasolinera de Cervo. Segundo puidemos comprobar,foron 50 camións de restos,que posteriormente se taparon con terra procedente doutro lugar.
17. O arqueólogo, pagado polo promotor urbanístico, recoñece que houbo remoción de terras, pero que foron na zona baleirada (en xuño) e a partir do momento en que se recibe o remate da paralización da obra.
18.
19. Esta xustificación non vale, porque se moveu máis terra que a da zona baleirada e destruída. A destrución de zonas non afectadas vese nas fotos.
20. Ademais,o remate da paralización da obra estaba condicionado á presentación e aprobación dun proxecto arqueolóxico, que foi aprobado en datas posteriores á citada remoción de terras. Polo tanto, nestas datas: 22 novembro -16 decembro estaba vixente a orde de paralización.
25. Estas voladuras o día 27 de febreiro de 2008 ocasionaron o derrumbe e a destrución do perfil norte da parcela do xacemento arqueolóxico do castro da Atalaia. Esta destrución afectou terreo público non afectado anteriormente.
39. Esta parcela comenzou a ser destruída polo promotor o venres 7 de marzo de 2008. A non afectación desta parcela na destrución do mes de xuño consta en varios informes arqueolóxicos da Delegación de Cultura.
40. Estes feitos constitúen unha reiterada falta grave de destrución irreparable dun patrimonio arqueolóxico inventariado.
41.
42. En todas estas remocións de terras, houbo control arqueolóxico ?