4. Nasín cando as plantas nasen,
no mes das flores nasín
nunha alborada mainiña
nunha alborada de abril.
Por eso me chaman Rosa,
mais a do triste sorrir,
con espiñas para todos,
sen ningunha para ti.
Cantares Gallegos
5. Anena foi bautizada na capela doHospital Real (hoxe Hostal dos Reis Católicos),
como MaríaRosalía Rita.
Soamente estaban presentes a madriña,que era unha criada dasúa nai.
O seu pai, era un cura; e anai, estaba solteira, dúas condicións moi mal vistas pola sociedade da época parater un fillo.
6. E ti rapaz garrido,
de tan melosas falas,
tan majo de monteira,
tan rico de polainas,
tan fino de calzado
como de mans fidalgas,
cando me dis que gustas
de traballar na braña.
Non che digo nada…,
Pero vaia!
Mais tantas cousas vexo
que me parecen trampa;
tanto sol entre nubes
e tan revoltas augas
que asemellarse intentan
a unha fontiña clara,
que por non perder tempo
onde non quito racha,
Non che digo nada…,
Pero vaia!
Cantares Gallegos
7. Pero unhas tías deRosalía, irmás do pai, levan á nena con elas para Ortoño. Alí
aprendeu a lingua galega que logo manifesta nas súas composicións.
8. Si a vernos Marica
natronte viñeras
á festa do Seixo
na beira do mar,
ti riras Marica,
cal nunca te riches
debaixo dos pinos
do verde pinar.
Á sombra dos pinos,
Marica, que cousas
chistosas pasaron!,
que rir toleirón!
Relouca de arriba,
relouca de abaixo,
iñamos, viñamos
e o bombo …pon!...pon!
As cóchegas brandas,
as loitas alegres,
os berros, os brincos,
os cantos sen fe,
todiños peneques,
alegres todiños…
E a nosa señora
detrás do tonel!
Cantares Gallegos
9. A súa nai, dona
Teresa, nonse
esquece da nena, e
sábese que en 1842
vivían as dúas xuntas
en Padrón.
E logo, en 1850,
trasládanse a
Compostela.
10. En Santiago, Rosalía estudia e aprende música; contacta con intelectuais e participa en obras deteatro . Pero non ten unha
residencia fixa, e así, ela e a súa nai viven endistintos puntos da cidade que alugaban habitacións.
Da súa afección polo teatro, tamén dá mostras nos seus poemas dialogados:
-Dios vos garde miña vella;
gárdevos Santa Mariña,
que, abofé, sós falangueira,
falangueira e ben cumprida.
-Meniña, por ben falada
ningunha se perdería.
Cóllense entre os paxariños
aqueles que mellor trían.
Morre afogado entre as pallas
o pitiño que non chía.
-Pois se vós foras pitiño,
dígovos miña velliña,
que dese mal non morreras,
que chiar, ben chiarías.
- Ai! Que se non, de min fora,
miña filla, miña filla!
Sen agarimo no mundo
desde que nacín orfiña,
de porta en porta pedindo
tiven que pasar a vida
(………….)
hai que deprender entonces
por non morrer coitadiña
(…………. )
O chío dos paxariños,
o recramo das pombiñas,
o ben falar que comprace,
a humildá mansa que obriga.
-Moito sabés milla vella,
moito de sabiduría!
Quen poidera correr mundo
para ser como vós sabida!
Cantares gallegos
12. Residencia de San Agostíño, onde Rosalía e a súanai viviron durante un
tempo nunhahabitación alugada.
13. En 1856 viaxaa Madrid,onde publica oseu primeiro libro, LaFlor. En
Madrid, na igrexade San Idelfonso, casacon Manuel Murguía, con quen terá
sete fillos.
15. En 1859, nace nesta casa da rúa da Conga, quenaquela data era unha fonda, a súa
primeira filla, Alejandra.
16. E volve vivir en distintos lugares da cidade, peroagora co seu maridoe os seus fillos…
Mentres reside na casa natal deLópez Ferreiro, publica, en 1863,
o libro considerado o inicio doRexurdimento da literatura galega: Cantaresgallegos.
18. Adiós, montes e prados, igresas e campanas
adiós, Sar e Sarela, cubertos de enramada;
adiós, Vidán alegre, moiños e hondanadas;
Conxo, o do craustro triste i as soedades prácidas;
San Lourenzo, o escondido, cal un niño antre as ramas;
Balvís, para min sempre o das fondas lembranzas;
Santo Domingo, en donde canto eu quixen descansa
-vidas da miña vida, anacos das entrañas-;
e vós tamén, sombrisas paredes solitarias
que me viches chorare soia e desventurada,
adiós, sombras queridas; adiós, sombras odiadas;
outra vez os vaivéns da fertuna
pra lonxe me arrastran.
Follas Novas
19. En 1870 volve a Galicia, porque Murguíaé trasladadoao ArquivodoReino de Galicia. Enace na rúada Senra, Adriano un neno
que faleceu ao caer dunha mesa. Logotrasládase a Altamira 2 e á rúadoHórreo. ..E vai alternandoas súas estancias en Santiago
coas de Lestrove, de onde era oseu avó materno.
20. Miña casiña meu lar,
cantas onciñas de ouro me vals!
Vin de Santiago a Padrón
cun chover que era arroiar,
descalciña de pé e perna,
sen comer nin almorzar.
Polo camiño atopaba
ricas cousas que mercar,
e anque tiña ganas delas
non tiña con que as mercar.
(………)
Fixen un caldo de groria
que me subo que la mar!
Fixen un bolo do pote
que era cousa de envidiar;
despois que o tiven comido
volvín de novo a rezar;
e despois que houben rezado
puxen a roupa secar;
que non tiña fío enxoito
de haber tanto me mollar;
Nantrementres me secaba,
púxenme logo a cantar
para que me oíran
en todo o lugar:
Meu lar, meu fogar,
cantas onciñas
de ouro me vals!
Follas Novas
21. En 1883, aséntase no lugar da Matanza, enPadrón, quedesde 1972 é Casa-Museo e
Fundación. Mentres Rosalía vivena Matanza, publícase o libro depoemas en
castelán
Enlasorillas delSar.
22. En mi pequeño huerto
brilla la sonrosada margarita,
tan fecunda y humilde
como agreste y sencilla.
Ella borda primores en el césped,
y finge maravillas
entre el fresco verdor de las praderas
do proyectan sus sombras las encinas,
y a orillas de la fuente y del arroyo
que recorre en silencio las umbrías.
Y aun cuando al pie de la huella , ella revive
y vuelve a levantarse siempre limpia,
a semejanza de las almas blancas
que en vano quiere ennegrecer la envidia.
En las orillas del Sar
23. Na casa da Matanza, morreu o 15 dexullo de1885. Foi soterrada moi preto, no
cemiterio de Adina.
25. Hoxeen día,os restosdeRosalíaestánenCompostela,en SanDomingosde Bonaval,
noCemiteriodeGalegosIlustres,caseao ladodatumbadesúanaie do seufillo
Alejandro:
Poucoa poucofunindo,
i asescaleirascontemorsubindo,
cotristecorazónsobresaltado.
¡Escoitei…! Ninasmoscasrebulían.
Noberceindaosmeusánxeles dormían,
caVirxe ó seulado.
Follas Novas
26. Con Rosalía de Castro aparecen novos personaxes na literatura: os emigrantes, o
traficante de escravos, os indianos… Tamén
creou e incorporou novas formasde medir e novos ritmos á poesía. ..
Branc’auro-
ra-Venchegan-
do-I âs porti-
ñas –vaichamando-
D’os que dor-
men-Esperan-
do-O teu folgor!
Cantares Gallegos
27. Pero, Rosalía, muller por encima de
todo, defendeu a dignidade das
esposas, das nais e das viúvas que
non tiñan voz, e defendeunas na súa
propia lingua, na lingua dun pobo
que non sabía ler nin escribir aqueles
versos que ela compoñía…
28. Libros enteiros poideran escribirse falando do eterno infortunio que afrixe
aos aldeáns e mariñeiros, soia e verdadeira xente do traballo do nosos
país. Vin e sentín as súas penas coma se fosen miñas , mais o que me
conmoveu sempre (…), foron as innumerables coitas das nosas mullleres :
(…) tan desdichadas que se dixeran nadas soamente para rexer cantas
fatigas poidan afrixir á parte máis frouxa e inxel da humanidade. No
campo, compartindo (…) cos seus homes as rudas faenas; na casa,
soportando valerosamente as ansias da maternidade, os traballos
domésticos e as arideces da pobreza(…) E o máis desconsolador para elas
é que os seus homes vanse indo todos (…)
Crerán algúns que porque tentei falar das cousas que se poden chamar
humildes, é porque me explico na nosa lingua . As multitudes dos nosos
campos tardarán en ler estes versos, escritos a causa deles, pero só en
certo modo, para eles. O que quixen foi falar unha vez máis das cousas da
nosa terra, na nosa lingua (…) Non era cousa de chamar ás xentes á guerra
e desertar da bandeira que eu mesma levantara.
Prólogo de Follas Novas