3. Rosalía de Castro naceuenSantiago de Compostela o 24 de
febreiro de 1837,nunhacasa do CamiñoNovo. Aesa zona,
hoxechamáselle rúa de Rosalía deCastro.
A casa desapareceu, enoseu lugar,hai un monolito que
recorda o lugar onde veu a luz.
4. Nasín cando as plantas nasen,
no mes das flores nasín
nunha alborada mainiña
nunha alborada de abril.
Por eso me chaman Rosa,
mais a do triste sorrir,
con espiñas para todos,
sen ningunha para ti.
Cantares Gallegos
Poesía 1
6. A nena foi bautizada nacapela do Hospital Real (hoxe Hostal dos Reis
Católicos),
como María Rosalía Rita.
Soamenteestaban presentes a madriña, queeraunhacriada da súa nai.
Oseu pai, era uncura;ea nai,estaba solteira, dúas condicións moi mal
vistas pola sociedade da época para ter un fillo.
7. Si a vernos Marica
natronte viñeras
á festa do Seixo
na beira do mar,
ti riras Marica,
cal nunca te riches
debaixo dos pinos
do verde pinar.
Á sombra dos pinos,
Marica, que cousas
chistosas pasaron!,
que rir toleirón!
Relouca de arriba,
relouca de abaixo,
iñamos, viñamos
e o bombo …pon!...pon!
As cóchegas brandas,
as loitas alegres,
os berros, os brincos,
os cantos sen fe,
todiños peneques,
alegres todiños…
E a nosa señora
detrás do tonel!
Cantares Gallegos
9. A súa nai, dona Teresa, nonse esquece da nena, esábese que
en1842vivían as dúas xuntas en Padrón.
Elogo, en 1850,trasládanse a Compostela.
11. En Santiago, Rosalía estudia eaprende música; contacta con
intelectuais e participa en obras deteatro . Pero nonten unha
residencia fixa, e así, ela e a súa nai viven endistintos puntos da
cidade que alugaban habitacións.
Da súa afección polo teatro, tamén dá mostras nos seus poemas
dialogados:
12. -Dios vos garde miña vella;
gárdevos Santa Mariña,
que, abofé, sós falangueira,
falangueira e ben cumprida.
-Meniña, por ben falada
ningunha se perdería.
Cóllense entre os paxariños
aqueles que mellor trían.
Morre afogado entre as pallas
o pitiño que non chía.
-Pois se vós foras pitiño,
dígovos miña velliña,
que dese mal non morreras,
que chiar, ben chiarías.
- Ai! Que se non, de min fora,
miña filla, miña filla!
Sen agarimo no mundo
desde que nacín orfiña,
de porta en porta pedindo
tiven que pasar a vida
(………….)
hai que deprender entonces
por non morrer coitadiña
(…………. )
O chío dos paxariños,
o recramo das pombiñas,
o ben falar que comprace,
a humildá mansa que obriga.
-Moito sabés milla vella,
moito de sabiduría!
Quen poidera correr mundo
para ser como vós sabida!
Cantares gallegos
14. En 1856viaxa a Madrid, onde publica o seu primeiro libro, La
Flor. En Madrid, na igrexa de San Idelfonso, casa con Manuel
Murguía,con quen terá sete fillos.
15. Ai mi madre! Era bonito
coma os anxos das igrexas;
era en falas amoroso,
moito, moito máis que as sedas;
era doce… Moito, moito
máis que o mel que sae da cera.
Olía a rosas de maio;
seus ollos eran estrelas
e tiña cal ouro puro
a enrisada cabeleira.
Follas Novas
17. En 1859,nace nesta casa da rúada Conga, que naquela data
era unhafonda, a súa primeira filla, Alejandra.
19. Evolve vivir en distintos lugares da cidade, pero agora co seu
marido e os seus fillos…
Mentres reside na casa natal de López Ferreiro, publica, en
1863,
o libro considerado o inicio do Rexurdimentoda literatura
galega: Cantaresgallegos.
22. Adiós, montes e prados, igresas e campanas
adiós, Sar e Sarela, cubertos de enramada;
adiós, Vidán alegre, moiños e hondanadas;
Conxo, o do craustro triste i as soedades
prácidas;
San Lourenzo, o escondido, cal un niño antre
as ramas;
Balvís, para min sempre o das fondas
lembranzas;
Santo Domingo, en donde canto eu quixen
descansa
-vidas da miña vida, anacos das entrañas-;
e vós tamén, sombrisas paredes solitarias
que me viches chorare soia e desventurada,
adiós, sombras queridas; adiós, sombras
odiadas;
outra vez os vaivéns da fertuna
pra lonxe me arrastran.
Follas Novas
24. En 1870volve a Galicia, porque Murguía étrasladado ao
Arquivo do Reino de Galicia. E nace na rúa da Senra, Adriano
un nenoque faleceu ao caer dunhamesa. Logo trasládase a
Altamira 2 eá rúado Hórreo. ..
Evai alternando as súas estancias en Santiago coas de
Lestrove, de onde era o seu avó materno.
25. Miña casiña meu lar,
cantas onciñas de ouro me vals!
Vin de Santiago a Padrón
cun chover que era arroiar,
descalciña de pé e perna,
sen comer nin almorzar.
Polo camiño atopaba
ricas cousas que mercar,
e anque tiña ganas delas
non tiña con que as mercar.
(………)
Fixen un caldo de groria
que me subo que la mar!
Fixen un bolo do pote
que era cousa de envidiar;
despois que o tiven comido
volvín de novo a rezar;
e despois que houben rezado
puxen a roupa secar;
que non tiña fío enxoito
de haber tanto me mollar;
Nantrementres me secaba,
púxenme logo a cantar
para que me oíran
en todo o lugar:
Meu lar, meu fogar,
cantas onciñas
de ouro me vals!
Follas Novas
27. En 1883,aséntase no lugarda Matanza, enPadrón, que desde
1972é Casa-Museoe Fundación. Mentres Rosalía vivena
Matanza, publícase o libro de poemas en castelán
Enlas orillas delSar.
28. En mi pequeño huerto
brilla la sonrosada margarita,
tan fecunda y humilde
como agreste y sencilla.
Ella borda primores en el césped,
y finge maravillas
entre el fresco verdor de las praderas
do proyectan sus sombras las encinas,
y a orillas de la fuente y del arroyo
que recorre en silencio las umbrías.
Y aun cuando al pie de la huella , ella revive
y vuelve a levantarse siempre limpia,
a semejanza de las almas blancas
que en vano quiere ennegrecer la envidia.
En las orillas del Sar
30. Nacasa da Matanza, morreuo 15 dexullo de 1885.Foi
soterrada moi preto, no cemiterio de Adina.
31. Padrón! …Padrón!...
Santa María…Lestrove…
Adiós! Adiós!
Aquelas risas sen fin,
aquel brincar sen dolor,
aquela louca alegría,
por que acabou?
Aqueles doces cantares,
aquelas falas de amor
Aquelas noites serenas,
Por que non son?
Follas Novas
33. Hoxe endía, os restos deRosalía están enCompostela, en San
Domingos de Bonaval, no Cemiterio de Galegos Ilustres, case
ao lado da tumba desúa nai e do seu fillo Alejandro:
34. Pouco a pouco fun indo,
i as escaleiras con temor subindo,
co triste corazón sobresaltado.
¡Escoitei…! Nin as moscas rebulían.
No berce inda os meus ánxeles dormían,
ca Virxeó seu lado.
Follas Novas
36. Pero, Rosalía, muller por encima de
todo, defendeu a dignidade das
esposas, das nais e das viúvas que non
tiñan voz, e defendeunas na súa propia
lingua, na lingua dun pobo que non
sabía ler nin escribir aqueles versos que
ela compoñía…
37. Libros enteiros poideran escribirse falando do eterno infortunio que
afrixe aos aldeáns e mariñeiros, soia e verdadeira xente do traballo
do nosos país. Vin e sentín as súas penas coma se fosen miñas ,
mais o que me conmoveu sempre (…), foron as innumerables coitas
das nosas mullleres : (…) tan desdichadas que se dixeran nadas
soamente para rexer cantas fatigas poidan afrixir á parte máis
frouxa e inxel da humanidade. No campo, compartindo (…) cos
seus homes as rudas faenas; na casa, soportando valerosamente as
ansias da maternidade, os traballos domésticos e as arideces da
pobreza(…) E o máis desconsolador para elas é que os seus homes
vanse indo todos (…)
Crerán algúns que porque tentei falar das cousas que se poden
chamar humildes, é porque me explico na nosa lingua . As
multitudes dos nosos campos tardarán en ler estes versos, escritos
a causa deles, pero só en certo modo, para eles. O que quixen foi
falar unha vez máis das cousas da nosa terra, na nosa lingua (…)
Non era cousa de chamar ás xentes á guerra e desertar da bandeira
que eu mesma levantara.
Prólogo de Follas Novas