SlideShare ist ein Scribd-Unternehmen logo
1 von 32
Downloaden Sie, um offline zu lesen
Os xogos
           de sempre
            na escola
            da Capela




                CEIP MOSTEIRO DE CAAVEIRO
CENTRO DE INTERPRETACIÓN DE XOGOS TRADICIONAIS BRINQUEDOS
EDITA:
    CEIP Mosteiro de Caaveiro
    As Neves. 15613 A Capela. A Coruña
    Correo-e: ceip.mosteiro.caaveiro@edu.xunta.es
    Web: www.centros.edu.xunta.es/ceipmosteirodecaaveiro


COORDINACIÓN: Xabier López García


DESEÑO: Xaniño


DEBUXO “Brinquedos: Cuchi Souto


IMAXES: Xabier López García


TEXTOS: Ana Mª Castro Limeres, Antón Cortizas Amado, Nieves Freire Sánchez,
         Secundino García Mera, María del Carmen González Pardo,
         Xabier López García e María del Carmen Rey Fole


REALIZACIÓN GRÁFICA: Xaniño (www.xani.net)
limiar
         Xogar é unha necesidade do ser humano. Nos últimos
         tempos adóitase escoitar que as nenas e os nenos de
         hoxe non saben xogar. Pero realmente nós, as persoas
         que traballamos no ensino, facemos algo para que isto
         non aconteza, preocupámonos por ensinar a xogar? Ao
         longo do curso escolar 2005-06, a metade do claustro
         do CEIP Mosteiro de Caaveiro traballou na creación
         do Centro de interpretación de xogos tradicionais
         “Brinquedos”, que finalmente foi inaugurado o día
         de San Xoán do ano 2006. É un espazo, un parque
         situado en tres zonas do patio, no que se poden
         practicar ata vinte e cinco xogos tradicionais todos
         os días do ano. Con esta publicación ofrecemos os
         xogos que compoñen este recurso educativo creado
         no colexio da Capela, así como as normas polas que
         se desenvolven os mesmos. Agora só agardamos            3
         que o noso alumnado disfrute practicando os xogos
         de sempre. Tamén levamos tres anos divulgando esta
         experiencia e seguiremos a facelo, tentando que nos
         patios dos centros escolares galegos se vaian creando
         e marcando espazos para a práctica cotiá destes
         xogos que forman parte do noso patrimonio cultural.
o aro
                                                                  NOME DO XOGO: O aro.
                             MATERIAL: Aros circulares metálicos e guías para conducilos.
                                ESPAZO: Terreo chan cun percorrido marcado no mesmo.




4




    • Pódese xogar individualmente ou facendo relevos en equipos.
    • Cada xogador ou equipo disporá dun aro e unha guía.
    • Acórdase quen empeza o xogo.
    • Débese roular o aro e impulsalo coa guía.
    • Os xogadores conducirán o aro seguindo o percorrido marcado.
    • Se alguén se sae do percorrido, terá que comezar dende o inicio.
    • Variante: introducir algún atranco no camiño.
a billarda
NOME DO XOGO: A billarda (A estornela).
MATERIAL: Dous paus redondos, de 2 cm
de grosor: o palán, de 30 a 40 cm
de longo e unha billarda ou billa,
de 15 cm, aguzada nos extremos.
ESPAZO: Terreo extenso, chan,
sen vexetación nin obstáculos.

• Pódese xogar individualmente ou por equipos.
• O obxectivo é acadar un número de puntos previamente pactado.
• Para conseguilo lanzarase a billarda o máis lonxe posible..
• Márcase o lugar de saída, con dúas pedras (as cepas), de tres ou catro dedos de
  altura, separadas algo menos cá lonxitude do palán.
• As persoas que xogan lanzan a billa cara ás cepas, dende 6 m de distancia.
• A persoa que deixe a billarda máis cerca das cepas empezará o xogo.
• O atacante ponse onde as cepas, co palán nunha man e a billa na outra.                 5
• Lanzará a billarda ao aire e tentará darlle antes de que caia.
• Nese momento berrará “Palán de billarda” e pousará o palán enriba das cepas.
• Os contrarios tentarán chapar (pillar) a billa o antes posible, mesmo no aire.
• Desde o lugar en que a pillen, lanzarana para aproximala ás cepas.
• O atacante terá tres oportunidades de seguir afastando a billarda, baténdolle co palán
  nun extremo, para que salte, e rematándoa no aire.
• A partires da segunda tentativa, a billa sempre será golpeada desde o chan.
• Esgotados os tres intentos procederase a pedir puntos. Un punto é a medida do palán.
• O atacante calculará os paláns de distancia que hai entre a billarda e as cepas, e
  pedirá eses tantos, procurando non excederse.
• O contrario pode dicir “douchas” (se está de acordo, neste caso os puntos son para si)
  ou “mídeas”(se non o está, e os puntos serán para o posuidor do palán).
• Sempre lanzará o mesmo xogador ata que se perda a vez.
• Pérdese a quenda:
      - Se o contrario pilla a billarda no aire.
      - Se ao devolver a billa, esta bate no palán, nas cepas, pasa por abaixo do palán
        ou queda a menos de un metro de distancia das cepas.
      - Se o atacante falla tres veces sen lle dar ao palán.
      - Se a billarda, logo dos tres avances, queda a menos de un palán das cepas.
as bólas
                                                              NOME DO XOGO: As bólas.
                                                                MATERIAL: Bólas de vidro.
                                                         ESPAZO: Lugar de terra, amplo,
                                                                    chan e sen obstáculos.




6
    Descríbense aquí dúas modalidades:

    OS TRES TOPES
    • As persoas que xogan teñen cadansúa bóla.
    • Ríscase unha raia na terra, os xogadores afástanse dela un paso e lanzan a bóla á
      raia, para decidir a orde de participación.
    • Empezan todos os xogadores colocados na raia que riscaron no chan.
    • O obxectivo é bater tres veces contra a bóla dalgún compañeiro, que quedará
      eliminado. Os golpes non se poden dar seguidos a unha mesma bóla.

    O GUA
    • Faise un pequeno covo na terra.
    • Cadaquén lanza a súa bóla ao chou.
    • Por orde bótase a bóla contra a dalgunha das outras persoas que xogan, tentando
      darlle unha restra de cinco topes, evitando recibilos.
    • Os golpes teñen estes nomes: 1º, 2º, 3º, truque, matruque, pés (ambas bólas deben
      quedar afastadas dous pés), bóla, pasebóla e gua (a bóla debe entrar no gua).
    • Quedarán eliminadas as persoas que recibiran todos os golpes.
os bolos
NOME DO XOGO: Os bolos.
MATERIAL: Fito, lastra,
bólas de madeira
e 7 bolos.
ESPAZO: Terreo chan
aberto e sen obstáculos.




• Descríbese aquí a modalidade dos “Birlos ao canteiro”.
• Pódese xogar en parellas ou en equipos.
                                                                                        7
• As partidas son a 60 puntos.
• No terreo de xogo haberá unha zona de lanzamento (fito), unha pedra para colocar
  os birlos (lastra) e dúas liñas, unha a 10 m e outra a 15 m da lastra.
• Para comezar, un xogador colócase no fito, tendo un pé fixo no mesmo e a bóla nunha
  man. No momento de lanzar non se pode mover o pé do fito.
• Para lanzar respéctanse as quendas acordadas.
• O obxectivo é derrubar os birlos e guindalos o máis lonxe posible.
• Para puntuar, a bóla debe pasar a liña de 10 m
• Puntúase do seguinte xeito:
     - 3 puntos cada birlo que non chegue á liña de 10 m
     - 10 puntos o birlo que quede entre a de 10 m e a de 15 m
     - 15 puntos o birlo que pase a liña de 15 m
• Despois do tiro, unha vez que todos lanzaron, faise o “birle”, que é un lanzamento
  rodando a bóla desde a liña de 10 m cara á lastra onde están os birlos.
• Os birlos que se derruben no birle valen 3 puntos cada un.
• Cando no lanzamento un xogador non pasa a bóla da liña de 10 m, o equipo perde a
  man, sendo o equipo contrario quen pasará a lanzar de primeiro na seguinte quenda.
• O lanzamento da bóla pode ser “á pedrada” (de arriba cara abaixo) ou “á rebolada”
  (lateralmente, en paralelo ao chan, a xeito de gancho).
Botar a china
                                                           NOME DO XOGO: Botar a china.
                                                              MATERIAL: Un coio pequeno.
                                                     ESPAZO: Calquera, a poder ser chan.


    • Para comezar un xogo sempre hai que designar quen é o pandote ou ben facer
      equipos.
    • As sortes de botar son as modalidades que se utilizan para establecer eses criterios.
    • Participan dous xogadores, un fronte a outro.
    • Un deles, coas mans ocultas tras do lombo, agocha unha pedriña nunha delas.
    • De seguido amosa os puños pechados.
    • O compañeiro toca nun dos puños.
    • Se atina onde está a pedra, escollerá o xogador que lle interese para o seu equipo.



8
o brilé
NOME DO XOGO: O brilé.
MATERIAL: Pelota de pouca dureza.
ESPAZO: Rectángulo dividido en dúas partes iguais.




                                                                                      9




• Fórmanse dous equipos co mesmo número de xogadores.
• Cada equipo colócase nunha das dúas zonas do terreo de xogo.
• O xogo consiste en lanzar a pelota coas mans contra un xogador contrario, sen que
  bata no chan, tentando darlle e que non a poida coller.
• A persoa “brilada” pasa a xogar detrás da raia do fondo do terreo contrario.
• Cando a un equipo lle “brílan” a todos os seus membros o xogo daráse por
  rematado. Os lanzamentos realízanse coas mans.
• Cando hai xogadores brilados, podeselles lanzar a pelota a estes, para que a
  relancen dende atrás.
Carreira de sacos
                                                     NOME DO XOGO: Carreira de sacos.
                                                                        MATERIAL: Sacos.
                                                   ESPAZO: Rectángulo marcado no chan.


     • Márcanse no rectángulo unha liña de saída e outra de chegada; a distancia entre
       ambas será variábel, dependendo da idade das persoas que xoguen.
     • Na liña de saída, cada xogador métese de pé nun saco, agarrando coas súas mans a
       parte aberta dos mesmos.
     • Cando se indique o comezo do xogo, iniciarán unha carreira dando pulos ata chegaren
       á liña de chegada.
     • Variante:
          - Fanse equipos de varios xogadores.
          - Colócanse a metade na saída e a outra metade na chegada.
          - Fanse relevos entre os xogadores do mesmo equipo, cada vez que un deles
            chegue á liña oposta.
10
As catro esquinas
NOME DO XOGO: As catro esquinas (Buscalume).
MATERIAL: Non se precisa.
ESPAZO: Rectángulo con marcas para cada esquina.




                                                                                     11




• O pandote sitúase no centro do rectángulo, mentras que os demais ocupan cadansúa
  esquina.
• Cando se escoite un sinal, todos deberán cambiar de esquina, procurando que o
  pandote non pille ningunha denantes ca eles.
• Ningún xogador pode volver á marca da que saíu.
• Variantes:
    - Apandando dúas persoas.
    - Non podendo ocupar as esquinas máis próximas.
    - “Hai lume?”
           * O pandote preguntará: “Hai lume?”.
           * Os demais responderanlle: “Naquela casa que hai fume”.
           * Daquela seguirase o mesmo proceso có comentado no comezo.
As chapas
                                                              NOME DO XOGO: As chapas.
                                                       MATERIAL: Taponciños de refrescos.
                   ESPAZO: Terreo chan no que se debuxa un camiño con ou sen atrancos.




12




     • Participan un máximo de seis xogadores.
     • Bótanse sortes para ver quen empeza.
     • As chapas lánzanse dándolles un golpiño coas unllas, para avanzar ao longo do
       camiño que está marcado no chan.
     • Cada persoa que xoga golpea unha vez a súa chapa.
     • Se a chapa sae fóra do camiño, o xogador terá que volver outra vez ao principio do
       camiño.
     • Gaña quen antes chegue á meta.
     • Variante: colocar os seguintes atrancos no camiño:
          - Cárcere: unha vez sen tirar.
          - Pozo: dúas veces sen tirar.
          - Morte: comezar de novo o xogo.
          - Areas movedizas: tres veces sen tirar.
a chave
NOME DO XOGO: A chave.
MATERIAL: Unha chave e cinco pellos.
ESPAZO: Terreo liso.




                                                                                       13




• A eira da chave é un corredor dun mínimo de 10 m de longo por 3 m de ancho. No
  fondal, onde se chanta a chave, haberá un parapeto de madeira, para evitar que os
  pellos se perdan.
• Xogan dous equipos de dous ou tres xogadores cada un.
• Cada xogador lanzará cinco pellos desde unha distancia de 10,5 metros, podendo
  reducila en función da idade das persoas que participen no xogo.
• O xogo consiste en lanzar alternativamente un de cada equipo os cinco pellos para
  que xire a pa da chave.
• Sempre que a pa dea unha volta completa, o equipo anótase un tanto.
• Cando lanzaron todos os xogadores, complétase un xogo.
• A partida de chave xógase a seis xogos completos.
• No caso de empate realízase un sétimo xogo de desempate.
• Cando está a lanzar o primeiro xogador dun equipo, o seu compañeiro estará a carón
  da chave para recoller os pellos ou colocar a chave en posición correcta.
a corda
                                                                  NOME DO XOGO: A corda.
                                        MATERIAL: Corda lixeira duns 3 metros de lonxitude.
                                                        ESPAZO: Terreo liso sen obstáculos.




14




     • O catálogo de xogos de saltar á corda é moi extenso.
     • Descríbese aquí o chamado “Rei–rei”.
     • Xogan un mínimo de tres persoas.
     • Dúas persoas dan á corda, mentres a terceira salta.
     • Pódese dar balanceando a corda ou facéndoa xirar con volta completa.
     • As persoas que dan cantarán: “Rei, rei, cantos anos durarei?. Vinte e cinco, non o sei.
       Un, dous, tres, catro, cinco, seis, sete, oito ...”
     • Quen salta deberá facelo, procurando saltar o maior número de veces posible.
     • Cando salte mal e a corda non dea a volta, deixaralle o lugar a outra persoa das que
       están a dar.
O cravo
NOME DO XOGO: O cravo.
MATERIAL: Cravo grande de ferro.
ESPAZO: Zona de terra con círculos ou cuadriláteros numerados.


• Márcanse na terra varios círculos ou cuadriláteros numerados, as casas.
• Cada círculo terá sobre dos 40 cm de diámetro.
• Establécese a quenda de xogo.
• O que empece lanzará o cravo para chantalo dentro do círculo número un.
• Se o consigue, poñerase nese círculo e lanzará ao círculo número dous.
• Así sucesivamente ata chegar ao último círculo.
• Se o cravo non se chanta, cédese a vez ao seguinte.
• O que remate pode comezar outra vez, pero lanzando á casa número dous.



                                                                            15
a goma
                                                               NOME DO XOGO: A goma.
                             MATERIAL: Unha goma elástica de 3 m unida polos extremos.
                                                                   ESPAZO: Terreo chan.


     • Participan un mínimo de tres xogadores; dous deles colocaranse un fronte ao outro,
       situados no interior da goma, que ambos os dous suxeitan coas pernas.
     • O terceiro xogador salta alternativamente dun lado a outro da goma, gardando o
       equilibrio e superando diferentes alturas da goma.
     • Outras veces débese prender a corda cos pés, estirala e cruzala. Os brincos fanse
       sempre pisando primeiro cun pé e logo co outro.
     • Quen perda o equilibrio e caia ou quen pise a goma cando non deba, pasará a ser un
       dos que suxeiten a goma.



16
as lombas
NOME DO XOGO: As lombas.
MATERIAL: Ningún.
ESPAZO: Calquera, a poder ser de
terra ou un campeiro.




                                                                                          17
• O pandote colócase dobrando o corpo pola cintura e apoiando os cóbados nas coxas.
• Saltarán por riba, escarranchando as pernas e pousando as mans no lombo.
• As persoas que xogan choutan sobre o lombo do pandote, dicindo e facendo á vez
  que saltan:
    - “Á unha, saltar a mula” (pousar só as mans).
    - “Ás dúas, salto e pégoche un couce” (saltar e darlle cun pé no cu).
    - “Ás tres, a cruz de San Andrés” (saltar e caer en equilibrio coas pernas abertas
      e os brazos en cruz).
    - “Ás catro, cuada que te parto” (saltar e dar co cu no lombo do pandote).
    - “Ás cinco, maior ou menor brinco” (saltar adiante ou atrás do que se indique).
    - “Ás seis, “meis” (saltar, beliscando no lombo).
    - “Ás sete, cachete” (saltar dando palmada no cu).
    - “Ás oito, pan, viño e biscoito” (saltar, dar co pé no cu e unha cuada no lombo ao
      pandote).
    - “Ás nove, abre o paraugas que chove” (saltar, facendo que abren un paraugas
      namentras van polo aire).
    - “Ás dez, estatuas unha e outra vez” (saltar quedando estáticos ao caer e sen se
      tocar entre eles).
a mariola
                                             NOME DO XOGO: A mariola (Chapa ou truco).
                                                          MATERIAL: Pedra ou lousa plana.
                   ESPAZO: Superficie lisa na que se debuxa unha figura con varias casas.




18




     • Aconséllase que xoguen de dúas a seis persoas.
     • As casas das mariolas estarán numeradas correlativamente
     • Bótanse sortes para ver quen empeza.
     • Lánzase a lousa á división que ten o número un.
     • O xogo consiste en ir desprazando a lousa a través do percorrido numerado,
       empurrándoa co pé.
     • O desprazamento dos xogadores faise á pata coxa.
     • Se un xogador lanza a chapa fóra das casas ou tripa algunha raia, cederá a súa vez.
     • Cando volva xogar farao lanzando á casa na que fallara.
     • Variantes:
         - Empurrar a chapa golpeándoa co pé, tendo os dous pés no chan.
         - Pasar todas as casas á pata coxa e pillar a lousa no camiño de volta.
o muíño
NOME DO XOGO: O muíño (O alquerque).
MATERIAL: Nove fichas para cada xogador.
ESPAZO: Cadrados riscados chan, con vinte e catro marcas.




                                                                                     19




• Xogan dúas persoas, pero tamén se pode xogar por parellas.
• Cada xogador ou parella ten nove fichas.
• Despois de botar sortes, van colocando alternativamente as súas fichas.
• A estratexia vai encamiñada a aliñar tres fichas.
• Pódense colocar en liña recta ou en diagonal.
• Cando están colocadas todas, moveranse en sentido de avance dun punto a outro
  contiguo.
• O xogador que coloca tres fichas en liña fai un muíño e “sópralle” unha ficha ao
  compañeiro.
• Non se pode repetir un muíño feito anteriormente.
• Remata o xogo cando ao perdedor só lle quedan dúas fichas.
o pano
                                                                  NOME DO XOGO: O pano.
                                                               MATERIAL: Un pano de man.
                                        ESPAZO: Rectángulo dividido en dúas partes iguais.




20




     • Fórmanse dous equipos, numerados correlativamente.
     • Unha persoa fai de xuíz e terma do pano, nun lateral da liña media.
     • Os xogadores colócanse detrás das liñas de fondo do terreo de xogo.
     • O xuíz presenta o pano co brazo estendido e dirá un número.
     • Os xogadores de cada equipo que teñan ese número correrán ata a liña central e
       procurarán coller o pano e escapar cara á súa liña de saída sen seren pillados polo
       contrario.
     • Pero tamén se pode pillar ou tocar ao contrario mentres este escapa co pano.
     • E aínda pódese provocar que o contrario invada o seu campo antes de que teña
       pillado o pano.
     • O xogador que non consegue levar o pano ao seu terreo queda eliminado.
       Inmediatamente outro do seu mesmo equipo acumula o seu número.
     • Perde o equipo que queda sen xogadores.
os pelouros
NOME DO XOGO: Os pelouros.
MATERIAL: Cinco pedriñas lisas e ben redondeadas.
ESPAZO: Terreo cómodo e liso.


• Xogan varias persoas de xeito individual.
• Lánzanse os cinco pelouros ao aire, tentando coller un (a “coutadeira”).
• Déixanse os outro catro pelouros no chan.
• Lánzase a coutadeira ao aire, procurando coller un pelouro do chan máis a
  coutadeira, antes de que esta caia.
• Seguirase este proceso ata apañar todos os pelouros do chan, un a un.
• Nunha segunda fase, apáñanse os pelouros dous a dous.
• De seguido, apáñanse tres e despois o que quedou só.
• Rematarase collendo os catro pelouros dunha mesma vez, máis a coutadeira.
• O xogador que falle pasaralle a vez ao seguinte.
                                                                              21
O peón
                                           NOME DO XOGO: O peón (A buxaina, o trompo).
                                                      MATERIAL: Peóns con cadansúa piola.
                           ESPAZO: Terreo duro no que se marcan tres liñas equidistantes.




22




     • Para definir a quenda, todos botan a bailar o seu peón ao mesmo tempo.
     • Aquel xogador a quen lle baile menos tempo o seu peón, será o pandote.
     • Colócase o peón do pandote na liña central.
     • Divídense os xogadores en dous equipos, cada un nunha das liñas.
     • Todos á vez bailarán o peón e collerano nas súas mans.
     • Sen que pare de bailar lanzarano contra o peón que está no chan.
     • O xogo consiste en facer que o peón do chan atravese a liña contraria, dándolle
       golpes co peón que teñen bailando nas mans.
     • Variante: marcando un círculo e xogando individualmente, tentarán botar fóra do
       círculo o peón do pandote.
os pés
NOME DO XOGO: Os pés.
MATERIAL: Non se precisa.
ESPAZO: Calquera, a poder ser chan.




                                                                                      23




• As sortes de botar son unha fase previa ao xogo real.
• Algunhas delas utilízanse para definir ao chou a composición dos equipos que van
  xogar.
• Dous xogadores de fronte, situados a 5 m de distancia.
• Vanse aproximando alternativamente avanzando:
     - A lonxitude dun pé (dicindo “ouro”).
     - O ancho dun pé (dicindo “prata”).
     - A punta dun pé sobre a o outro pé (dicindo “picos”).
• Cando un deles pode montar o pé libre encima do pé do compañeiro e despois
  atravesalo no espazo que hai entrambos, dirá “Monta e cabe” e será el quen comece
  a escolla.
A pita cega
                                                              NOME DO XOGO: A pita cega.
                                                       MATERIAL: Pano para vendar os ollos.
                                                           ESPAZO: Recinto sen obstáculos.


   • Rífase para saber quen será a pita cega.
   • Os demais xogadores forman unha roda.
   • Vendanselle os ollos á pita cega, que se sitúa no medio da roda.
   • Establécese o seguinte diálogo:
        - Pita cega, que perdiches?.
        - Unha agulla e un dedal.
        - Pois dá tres voltas e os atoparás.
   • A pita cega dá tres voltas e despois, cos brazos á fronte, tentará pillar a alguén da
     roda.
   • Apalpando tentará descubrir quen é.
   • Se atina, o descuberto pasará a ser a nova pita cega.
24
   • Variante. xógase en recinto pechado sen formar roda. Neste caso os xogadores
     poden fuxir da pita cega e mesmo encirrala.
A porca
NOME DO XOGO: A porca
(O pino).
MATERIAL: Paus da porca
(cacheiras) e porcas (pinos).
ESPAZO: Terreo aberto,
amplo, con buratos en círculo,
un deles máis grande.




• Aconséllase que participen como moito sete xogadores.
• Cada xogador terá un pau da porca, pau de madeira semellante ao do hóckey.
• A porca é unha bóla de madeira duns 7 cm de diámetro.
• Hai varios buratos na terra: un que está no centro, chamado “cortello” ou “curral”,   25
  sendo moito máis grande cós outros. Estoutros seis círculos pequenos concéntricos
  son os “nichos”; miden unha cuarta de diámetro e terán catro ou cinco dedos de
  fondo.
• Ten que haber un “porqueiro” no “curral” cunha porca.
• Os demais xogadores colócanse en cadanseu nicho.
• O porqueiro lanza a porca ao aire:
     - Se cae no curral, todos cambian de nicho, mentres o porqueiro tentará introducir
       ben o cabo da cacheira ben a porca en calquera dos nichos.
     - Se cae fóra do curral, o porqueiro tentará introducir a porca en calquera nicho,
       levándoa coa cacheira. Os demais procurarán impedirllo, sempre coa cacheira.
• Cando o porqueiro consiga introducir a cacheira ou a porca nalgún nicho, haberá
  cambio de porqueiro.
• Pasará a ser porqueiro aquela persoa que quedou sen nicho.
• Se o porqueiro non consegue o seu obxectivo, irá de novo ao curral para continuar co
  xogo.
• Variante:
     - Xogan todos contra o porqueiro, que defenderá o curral; neste caso non haberá
       nichos. As persoas que xogan tentarán colaborar para introducir a porca no
       curral. Aquela que o consiga pasará a ser o seguinte porqueiro.
a ra
                                                                 NOME DO XOGO: A ra.
                                                           MATERIAL: Moble coas pezas
                                                                      da ra e dez pellos.
                                                              ESPAZO: Terreo liso cunha
                                                               marca a 3 ou 3,5 m da ra.




26
     • Dimensións do moble da ra:
          - 80 a 90 cm de altura.
          - 50 a 60 cm de ancho.
          - 50 a 60 cm de fondo.
     • Os pellos son uns discos de ferro de 5 cm de diámetro.
     • O mesado constará dunha ra, dúas pontes, un muíño e un número variable de furados
       de máis de 5 cm de diámetro.
     • Baixo o mesado haberá unha gabeta, dividida en tantos compartimentos coma
       furados e pezas teña o mesado.
     • Cada compartimento terá marcada unha puntuación.
     • O mesado estará protexido por madeiras, tanto no fondal coma nos laterais.
     • Xógase individualmente ou ben en equipos.
     • O obxectivo é introducir os pellos na boca da ra ou nalgún dos furados que ten o
       moble.
     • Cada xogador lanza cinco pellos e sumará os puntos obtidos en cada lanzamento.
     • A distancia de lanzamento pódese acurtar en función da idade das persoas
       participantes.
     • A partida xogarase a un número de puntos acordado previamente.
tiro de corda
NOME DO XOGO: Tiro de corda (Turra-soga).
MATERIAL: Corda resistente de 10 a 20 m de lonxitude e un pano.
ESPAZO: Terreo liso e amplo, con tres riscos equidistantes.


• Os participantes repártense en dous equipos de igual número de xogadores.
• Estírase a corda, atando un pano no medio da mesma.
• Colócase o centro da corda na marca que está no medio.
• Cada equipo agarra a corda por un dos lados.
• Tirarán con forza cara ao seu lado.
• Gañará o equipo que sexa capaz de pasar o pano sobre o risco do seu lado.
• Variante: turrando da corda, colocados de costas todas as persoas de ambos equipos.




                                                                                        27
Tres en raia
                                              NOME DO XOGO: Tres en raia (As leiriñas).
                              MATERIAL: Dous conxuntos de tres pezas diferentes cada un.
                                     ESPAZO: Cadrado riscado no chan, con nove marcas.




28




     • Xogan dúas persoas.
     • O primeiro movemento é colocar unha peza no punto central.
     • Alternativamente, os dous xogadores irán colocando as súas pezas na marca que
       desexen.
     • Trátase de que un xogador consiga situar tres pezas en liña.
     • As pezas pódense colocar en liña recta ou en diagonal.
     • Variante: colocando a primeira peza en calquera das marcas.
os zancos
NOME DO XOGO: Os zancos (As andas, as trécolas).
MATERIAL: Paus de madeira cuns topes para pousar os pés.
ESPAZO: Campo amplo e chan.


• A altura dos zancos debe superar os ombros dos xogadores, unha vez subidos neles.
• Particípase individualmente ou ben en equipos.
• Débese percorrer un traxecto marcado previamente.
• Pódese camiñar nos zancos cara a adiante ou ben cara a atrás.
• Quen caia deberá comezar de novo.
• De xogar en equipos será facendo relevos.
• Variante: introducindo obstáculos no percorrido.




                                                                                      29
A zorregada co cinto
                                        NOME DO XOGO: A zorregada co cinto (O lorcho).
                                         MATERIAL: Un obxecto lixeiro para levar na man.
                                                       ESPAZO: Calquera, sen obstáculos.




30




     • Fórmase unha roda de xogadores sentados no chan.
     • Haberá alguén que estará de pé, fóra da roda.
     • Esta persoa dá voltas ao redor da roda, levando algo na man (un periódico dobrado,
       por exemplo).
     • Cando lle pareza deixará caer o obxecto detrás dunha das persoas que están
       sentadas.
     • O xogador pillará o obxecto, erguerase o máis axiña posible e correrá tras do
       pandote, tentando golpealo suavemente co obxecto (da cintura para abaixo).
     • A persoa que escapa terá que dar tres voltas antes de sentar no sitio que deixou
       libre o seu compañeiro.
     • A persoa que persigue poderá golpear á que fuxe, tantas veces como poida, ao longo
       desas tres voltas.
     • Unha vez rematadas as tres voltas, a persoa que perseguía continuará o xogo do
       mesmo xeito realizado ao comezar o mesmo.
Brinquedos
             • Xogar non é perder o tempo.
             • Xogar non é facer cousas inútiles.
             • Xogar non é repetir ate a saciedade unha e outra
               formas de enredar.
             • Xogar é unha necesidade.
             • Xogar é unha aprendizaxe imprescindible para a vida.
             • Xogando apréndense por imitación e ensaio as máis
               importantes destrezas.
             • O xogo tradicional:
               - Transmite a cultura dun país.
               - Axuda á socialización dos individuos.
               - Fomenta as relacións entre iguais e entre diferentes
                  xeracións.
               - Desenvolve a imaxinación, a fantasía e mais a
                  inventiva.
                                                                        31
               - Invita a participar: quen xoga, xoga como todos.
               - É un modo óptimo de coñecemento do arredor.
             • A Escola sabe de todas estas características.
             • A Escola sabe, ademais, que o xogo, alén de actores,
               necesita tamén de escenarios, de espazos marcados
               para a súa práctica. Por iso demos en facer
               Brinquedos, un Centro de Interpretación de Xogos
               Tradicionais.
             • Brinquedos trata de recuperar e potenciar este tipo
               de actividades lúdicas.
             • Brinquedos foi deseñado:
               - Para que xoguedes.
               - Para que aprendades.
               - Para que gocedes.
               - Para que vivades.
SUBVENCIONA:

Weitere ähnliche Inhalte

Was ist angesagt?

EL REGLAMENTO DE FÚTBOL PARA APRENDER JUGANDO
EL REGLAMENTO  DE FÚTBOL PARA APRENDER JUGANDOEL REGLAMENTO  DE FÚTBOL PARA APRENDER JUGANDO
EL REGLAMENTO DE FÚTBOL PARA APRENDER JUGANDOJosé Morales
 
1er. Ciclo Juegos De EducacióN FíSica
1er. Ciclo Juegos De EducacióN FíSica1er. Ciclo Juegos De EducacióN FíSica
1er. Ciclo Juegos De EducacióN FíSicapagarmangar
 
La pallavolo\the volleyball
La pallavolo\the volleyballLa pallavolo\the volleyball
La pallavolo\the volleyballStudent
 
Clases de educación física en días de lluvia
Clases de educación física en días de lluviaClases de educación física en días de lluvia
Clases de educación física en días de lluviaMónica Gregorutti
 
Diapositiva como jugar Fútbol
Diapositiva como jugar  Fútbol Diapositiva como jugar  Fútbol
Diapositiva como jugar Fútbol messicorrea100
 
PRINCIPIOSPRINCIPIOS GENERALES PARA LA PLANIFICACIÓN Y DISEÑO DEL JUEGO
PRINCIPIOSPRINCIPIOS GENERALES PARA LA PLANIFICACIÓN Y DISEÑO DEL JUEGOPRINCIPIOSPRINCIPIOS GENERALES PARA LA PLANIFICACIÓN Y DISEÑO DEL JUEGO
PRINCIPIOSPRINCIPIOS GENERALES PARA LA PLANIFICACIÓN Y DISEÑO DEL JUEGOedy galarza
 
10 11 regl-voley pr.examen
10 11 regl-voley pr.examen10 11 regl-voley pr.examen
10 11 regl-voley pr.examenJuanitoaragon
 
Batería de 16 ejercicios de técnica para la modalidad de espalda
Batería de 16  ejercicios de técnica para la modalidad de espaldaBatería de 16  ejercicios de técnica para la modalidad de espalda
Batería de 16 ejercicios de técnica para la modalidad de espaldaferu
 

Was ist angesagt? (14)

EL REGLAMENTO DE FÚTBOL PARA APRENDER JUGANDO
EL REGLAMENTO  DE FÚTBOL PARA APRENDER JUGANDOEL REGLAMENTO  DE FÚTBOL PARA APRENDER JUGANDO
EL REGLAMENTO DE FÚTBOL PARA APRENDER JUGANDO
 
1er. Ciclo Juegos De EducacióN FíSica
1er. Ciclo Juegos De EducacióN FíSica1er. Ciclo Juegos De EducacióN FíSica
1er. Ciclo Juegos De EducacióN FíSica
 
Rugby ppt
Rugby ppt Rugby ppt
Rugby ppt
 
La pallavolo\the volleyball
La pallavolo\the volleyballLa pallavolo\the volleyball
La pallavolo\the volleyball
 
Clases de educación física en días de lluvia
Clases de educación física en días de lluviaClases de educación física en días de lluvia
Clases de educación física en días de lluvia
 
Badminton
BadmintonBadminton
Badminton
 
Futsal
FutsalFutsal
Futsal
 
Futbol tenis
Futbol tenisFutbol tenis
Futbol tenis
 
Diapositiva como jugar Fútbol
Diapositiva como jugar  Fútbol Diapositiva como jugar  Fútbol
Diapositiva como jugar Fútbol
 
UD BALONMANO.pdf
UD BALONMANO.pdfUD BALONMANO.pdf
UD BALONMANO.pdf
 
PRINCIPIOSPRINCIPIOS GENERALES PARA LA PLANIFICACIÓN Y DISEÑO DEL JUEGO
PRINCIPIOSPRINCIPIOS GENERALES PARA LA PLANIFICACIÓN Y DISEÑO DEL JUEGOPRINCIPIOSPRINCIPIOS GENERALES PARA LA PLANIFICACIÓN Y DISEÑO DEL JUEGO
PRINCIPIOSPRINCIPIOS GENERALES PARA LA PLANIFICACIÓN Y DISEÑO DEL JUEGO
 
10 11 regl-voley pr.examen
10 11 regl-voley pr.examen10 11 regl-voley pr.examen
10 11 regl-voley pr.examen
 
Netball )
Netball  )Netball  )
Netball )
 
Batería de 16 ejercicios de técnica para la modalidad de espalda
Batería de 16  ejercicios de técnica para la modalidad de espaldaBatería de 16  ejercicios de técnica para la modalidad de espalda
Batería de 16 ejercicios de técnica para la modalidad de espalda
 

Andere mochten auch

Xoguetes tradicionais galegos
Xoguetes tradicionais galegosXoguetes tradicionais galegos
Xoguetes tradicionais galegosceipcoiron
 
Xogos tradicionais de Galicia
Xogos tradicionais de GaliciaXogos tradicionais de Galicia
Xogos tradicionais de Galiciamixiricas
 
Xogos populares no colexio
Xogos populares no colexioXogos populares no colexio
Xogos populares no colexioadeodatolopez
 
Dossier de xogos populares
Dossier de xogos popularesDossier de xogos populares
Dossier de xogos popularesA Solaina
 
Os xogos de sempre na capela
Os xogos de sempre na capelaOs xogos de sempre na capela
Os xogos de sempre na capelaticsacapela
 
Escolma de xogos ceip porto cabeiro 2010
Escolma de xogos ceip porto cabeiro 2010Escolma de xogos ceip porto cabeiro 2010
Escolma de xogos ceip porto cabeiro 2010cabeiroweb
 
Para botar a sortes
Para botar a sortesPara botar a sortes
Para botar a sortespintorpet
 
Presentacion Juegos Populares Galicia
Presentacion Juegos Populares GaliciaPresentacion Juegos Populares Galicia
Presentacion Juegos Populares GaliciaJugoplastikos
 
Juegos Populares Del Principado De Asturias
Juegos Populares Del Principado De AsturiasJuegos Populares Del Principado De Asturias
Juegos Populares Del Principado De Asturiasrogeroviedo
 
Xogos populares para calde
Xogos populares para caldeXogos populares para calde
Xogos populares para caldeLOPEZMOURENZA
 
UNIDADE DIDÁCTICA DO ENTROIDO 2014
UNIDADE DIDÁCTICA DO ENTROIDO  2014UNIDADE DIDÁCTICA DO ENTROIDO  2014
UNIDADE DIDÁCTICA DO ENTROIDO 2014REME BUDIÑO
 
Powerpoint dinosaurios
Powerpoint dinosauriosPowerpoint dinosaurios
Powerpoint dinosauriosRosa Moreno
 

Andere mochten auch (17)

Xoguetes tradicionais galegos
Xoguetes tradicionais galegosXoguetes tradicionais galegos
Xoguetes tradicionais galegos
 
Xogos tradicionais de Galicia
Xogos tradicionais de GaliciaXogos tradicionais de Galicia
Xogos tradicionais de Galicia
 
Xogos populares no colexio
Xogos populares no colexioXogos populares no colexio
Xogos populares no colexio
 
Adivinanzas
AdivinanzasAdivinanzas
Adivinanzas
 
Los libros, sus partes y tipos
Los libros, sus partes y tiposLos libros, sus partes y tipos
Los libros, sus partes y tipos
 
Dossier de xogos populares
Dossier de xogos popularesDossier de xogos populares
Dossier de xogos populares
 
Os xogos de sempre na capela
Os xogos de sempre na capelaOs xogos de sempre na capela
Os xogos de sempre na capela
 
Escolma de xogos ceip porto cabeiro 2010
Escolma de xogos ceip porto cabeiro 2010Escolma de xogos ceip porto cabeiro 2010
Escolma de xogos ceip porto cabeiro 2010
 
Para botar a sortes
Para botar a sortesPara botar a sortes
Para botar a sortes
 
Libro o peón dende cando
Libro o peón dende candoLibro o peón dende cando
Libro o peón dende cando
 
Presentacion Juegos Populares Galicia
Presentacion Juegos Populares GaliciaPresentacion Juegos Populares Galicia
Presentacion Juegos Populares Galicia
 
Juegos Populares Del Principado De Asturias
Juegos Populares Del Principado De AsturiasJuegos Populares Del Principado De Asturias
Juegos Populares Del Principado De Asturias
 
Traballo Entroido
Traballo EntroidoTraballo Entroido
Traballo Entroido
 
COPLAS ENTROIDO 2015
COPLAS ENTROIDO 2015COPLAS ENTROIDO 2015
COPLAS ENTROIDO 2015
 
Xogos populares para calde
Xogos populares para caldeXogos populares para calde
Xogos populares para calde
 
UNIDADE DIDÁCTICA DO ENTROIDO 2014
UNIDADE DIDÁCTICA DO ENTROIDO  2014UNIDADE DIDÁCTICA DO ENTROIDO  2014
UNIDADE DIDÁCTICA DO ENTROIDO 2014
 
Powerpoint dinosaurios
Powerpoint dinosauriosPowerpoint dinosaurios
Powerpoint dinosaurios
 

Ähnlich wie Os xogos de sempre na Escola da Capela

DescricióN De Xogos Tradicionais
DescricióN De Xogos TradicionaisDescricióN De Xogos Tradicionais
DescricióN De Xogos Tradicionaisveracruces
 
Xogos populares
Xogos popularesXogos populares
Xogos popularesmilarofer
 
Xogos romanos Caldoval
Xogos romanos Caldoval Xogos romanos Caldoval
Xogos romanos Caldoval fernandolillo
 
Presentación Xogos Populares
Presentación Xogos PopularesPresentación Xogos Populares
Presentación Xogos Popularesmichineslugo
 
Presentación1 de beisbol anxo y andres
Presentación1 de beisbol anxo y andresPresentación1 de beisbol anxo y andres
Presentación1 de beisbol anxo y andresManuel Perez Perez
 
Presentación de béisbol - Anxo y Andrés
Presentación de béisbol - Anxo y AndrésPresentación de béisbol - Anxo y Andrés
Presentación de béisbol - Anxo y AndrésNeodimio Praseodimio
 
Unidadedidcticaxogosestupendosconmaterialdeescoura 100315004226-phpapp01
Unidadedidcticaxogosestupendosconmaterialdeescoura 100315004226-phpapp01Unidadedidcticaxogosestupendosconmaterialdeescoura 100315004226-phpapp01
Unidadedidcticaxogosestupendosconmaterialdeescoura 100315004226-phpapp01cortinhas
 
Bossaball
BossaballBossaball
BossaballDiego
 
Unidade DidáCtica Xogos Estupendos Con Material De Escoura
Unidade DidáCtica Xogos Estupendos Con Material De EscouraUnidade DidáCtica Xogos Estupendos Con Material De Escoura
Unidade DidáCtica Xogos Estupendos Con Material De Escouracortinhas
 

Ähnlich wie Os xogos de sempre na Escola da Capela (20)

Juegos populares.
Juegos populares.Juegos populares.
Juegos populares.
 
Xogos do VII encontro-01
Xogos do VII encontro-01Xogos do VII encontro-01
Xogos do VII encontro-01
 
MAGOSTO-FESTA DO OUTONO
MAGOSTO-FESTA DO OUTONOMAGOSTO-FESTA DO OUTONO
MAGOSTO-FESTA DO OUTONO
 
DescricióN De Xogos Tradicionais
DescricióN De Xogos TradicionaisDescricióN De Xogos Tradicionais
DescricióN De Xogos Tradicionais
 
Xogos populares
Xogos popularesXogos populares
Xogos populares
 
Iniciación ó balonmao
Iniciación ó balonmaoIniciación ó balonmao
Iniciación ó balonmao
 
Xogos do vii encontro.2
Xogos do vii encontro.2Xogos do vii encontro.2
Xogos do vii encontro.2
 
XOGOS VII ENCONTRO_02
XOGOS VII ENCONTRO_02XOGOS VII ENCONTRO_02
XOGOS VII ENCONTRO_02
 
Xogos romanos Caldoval
Xogos romanos Caldoval Xogos romanos Caldoval
Xogos romanos Caldoval
 
O peón
O peónO peón
O peón
 
Presentación Xogos Populares
Presentación Xogos PopularesPresentación Xogos Populares
Presentación Xogos Populares
 
Calendario escolar 2017/18
Calendario escolar 2017/18Calendario escolar 2017/18
Calendario escolar 2017/18
 
Fun Ball
Fun  BallFun  Ball
Fun Ball
 
Presentación1 de beisbol anxo y andres
Presentación1 de beisbol anxo y andresPresentación1 de beisbol anxo y andres
Presentación1 de beisbol anxo y andres
 
Presentación de béisbol - Anxo y Andrés
Presentación de béisbol - Anxo y AndrésPresentación de béisbol - Anxo y Andrés
Presentación de béisbol - Anxo y Andrés
 
Mancala
MancalaMancala
Mancala
 
Unidadedidcticaxogosestupendosconmaterialdeescoura 100315004226-phpapp01
Unidadedidcticaxogosestupendosconmaterialdeescoura 100315004226-phpapp01Unidadedidcticaxogosestupendosconmaterialdeescoura 100315004226-phpapp01
Unidadedidcticaxogosestupendosconmaterialdeescoura 100315004226-phpapp01
 
Retos cooperativos
Retos cooperativosRetos cooperativos
Retos cooperativos
 
Bossaball
BossaballBossaball
Bossaball
 
Unidade DidáCtica Xogos Estupendos Con Material De Escoura
Unidade DidáCtica Xogos Estupendos Con Material De EscouraUnidade DidáCtica Xogos Estupendos Con Material De Escoura
Unidade DidáCtica Xogos Estupendos Con Material De Escoura
 

Mehr von Coordinadora Galega ENDL

Recursos TIC para a normalización lingüística
Recursos TIC para a normalización lingüísticaRecursos TIC para a normalización lingüística
Recursos TIC para a normalización lingüísticaCoordinadora Galega ENDL
 
Comunicado da cgendl a respecto da concesión do premio da cultura galega 2015
Comunicado da cgendl a respecto da concesión do premio da cultura galega 2015Comunicado da cgendl a respecto da concesión do premio da cultura galega 2015
Comunicado da cgendl a respecto da concesión do premio da cultura galega 2015Coordinadora Galega ENDL
 
Ollos de aula. Nº 22. versión para imprimir en a4 a dobre cara (xuño de 2015)
Ollos de aula. Nº 22. versión para imprimir en a4 a dobre cara (xuño de 2015)Ollos de aula. Nº 22. versión para imprimir en a4 a dobre cara (xuño de 2015)
Ollos de aula. Nº 22. versión para imprimir en a4 a dobre cara (xuño de 2015)Coordinadora Galega ENDL
 
Ollos de aula. Nº 21. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 21. Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de aula. Nº 21. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 21. Versión para imprimir en A4 a dobre caraCoordinadora Galega ENDL
 
Ollos de aula. Nº 20. Versión en A4 para imprimir
Ollos de aula. Nº 20. Versión en A4 para imprimirOllos de aula. Nº 20. Versión en A4 para imprimir
Ollos de aula. Nº 20. Versión en A4 para imprimirCoordinadora Galega ENDL
 
Ollos de aula. Nº 20. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 20. Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de aula. Nº 20. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 20. Versión para imprimir en A4 a dobre caraCoordinadora Galega ENDL
 
Ollos de aula. Nº 19. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 19. Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de aula. Nº 19. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 19. Versión para imprimir en A4 a dobre caraCoordinadora Galega ENDL
 
Ollos de Aula. Nº 18. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de Aula. Nº 18. Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de Aula. Nº 18. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de Aula. Nº 18. Versión para imprimir en A4 a dobre caraCoordinadora Galega ENDL
 
Ollos de aula. Nº 17. Versión para imprimir en a4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 17. Versión para imprimir en a4 a dobre caraOllos de aula. Nº 17. Versión para imprimir en a4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 17. Versión para imprimir en a4 a dobre caraCoordinadora Galega ENDL
 

Mehr von Coordinadora Galega ENDL (20)

Recursos TIC para a normalización lingüística
Recursos TIC para a normalización lingüísticaRecursos TIC para a normalización lingüística
Recursos TIC para a normalización lingüística
 
Hoxe conñecín a Uxío Novoneyra
Hoxe conñecín a Uxío NovoneyraHoxe conñecín a Uxío Novoneyra
Hoxe conñecín a Uxío Novoneyra
 
Comunicado da cgendl a respecto da concesión do premio da cultura galega 2015
Comunicado da cgendl a respecto da concesión do premio da cultura galega 2015Comunicado da cgendl a respecto da concesión do premio da cultura galega 2015
Comunicado da cgendl a respecto da concesión do premio da cultura galega 2015
 
Ollos de aula. Nº 22. versión para imprimir en a4 a dobre cara (xuño de 2015)
Ollos de aula. Nº 22. versión para imprimir en a4 a dobre cara (xuño de 2015)Ollos de aula. Nº 22. versión para imprimir en a4 a dobre cara (xuño de 2015)
Ollos de aula. Nº 22. versión para imprimir en a4 a dobre cara (xuño de 2015)
 
Ollos de aula. Nº 22 (xuño de 2015)
Ollos de aula. Nº 22 (xuño de 2015)Ollos de aula. Nº 22 (xuño de 2015)
Ollos de aula. Nº 22 (xuño de 2015)
 
17 cousas que podemos facer pola lingua
17 cousas que podemos facer pola lingua17 cousas que podemos facer pola lingua
17 cousas que podemos facer pola lingua
 
Ollos de aula. Nº 21
Ollos de aula. Nº 21Ollos de aula. Nº 21
Ollos de aula. Nº 21
 
Ollos de aula. Nº 21. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 21. Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de aula. Nº 21. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 21. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
 
Ollos de aula. nº 20
Ollos de aula. nº 20Ollos de aula. nº 20
Ollos de aula. nº 20
 
Ollos de aula. Nº 20. Versión en A4 para imprimir
Ollos de aula. Nº 20. Versión en A4 para imprimirOllos de aula. Nº 20. Versión en A4 para imprimir
Ollos de aula. Nº 20. Versión en A4 para imprimir
 
Ollos de aula. Nº 20. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 20. Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de aula. Nº 20. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 20. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
 
Ollos de aula. Nº 19. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 19. Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de aula. Nº 19. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 19. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
 
Ollos de aula. Nº 19 (febreiro 2015)
Ollos de aula. Nº 19 (febreiro 2015)Ollos de aula. Nº 19 (febreiro 2015)
Ollos de aula. Nº 19 (febreiro 2015)
 
Melodías do noso para o Nadal
Melodías do noso para o NadalMelodías do noso para o Nadal
Melodías do noso para o Nadal
 
Ollos de Aula. Nº 18. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de Aula. Nº 18. Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de Aula. Nº 18. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de Aula. Nº 18. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
 
Ollos de aula. Nº 18 (Decembro 2014)
Ollos de aula. Nº 18 (Decembro 2014)Ollos de aula. Nº 18 (Decembro 2014)
Ollos de aula. Nº 18 (Decembro 2014)
 
Ollos de Aula. Nº 18.
Ollos de Aula. Nº 18. Ollos de Aula. Nº 18.
Ollos de Aula. Nº 18.
 
Ollos de aula. Nº 18 (Decembro 2014)
Ollos de aula. Nº 18 (Decembro 2014)Ollos de aula. Nº 18 (Decembro 2014)
Ollos de aula. Nº 18 (Decembro 2014)
 
Ollos de aula. Nº 17. Versión para imprimir en a4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 17. Versión para imprimir en a4 a dobre caraOllos de aula. Nº 17. Versión para imprimir en a4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 17. Versión para imprimir en a4 a dobre cara
 
Ollos de aula. Nº 17 (novembro 2014)
Ollos de aula. Nº 17 (novembro 2014)Ollos de aula. Nº 17 (novembro 2014)
Ollos de aula. Nº 17 (novembro 2014)
 

Kürzlich hochgeladen

Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfRevista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfAntonio Gregorio Montes
 
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxGUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxAgrela Elvixeo
 
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdfa cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfNon penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfA memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Como atopar informacion de confianza na rede
Como atopar informacion de confianza na redeComo atopar informacion de confianza na rede
Como atopar informacion de confianza na redeEduNoia1
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónRemoeaLinguaLinguaGa
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 

Kürzlich hochgeladen (11)

Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfRevista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
 
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxGUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
 
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdfa cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
 
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfNon penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
 
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfA memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
 
Como atopar informacion de confianza na rede
Como atopar informacion de confianza na redeComo atopar informacion de confianza na rede
Como atopar informacion de confianza na rede
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
 

Os xogos de sempre na Escola da Capela

  • 1. Os xogos de sempre na escola da Capela CEIP MOSTEIRO DE CAAVEIRO CENTRO DE INTERPRETACIÓN DE XOGOS TRADICIONAIS BRINQUEDOS
  • 2. EDITA: CEIP Mosteiro de Caaveiro As Neves. 15613 A Capela. A Coruña Correo-e: ceip.mosteiro.caaveiro@edu.xunta.es Web: www.centros.edu.xunta.es/ceipmosteirodecaaveiro COORDINACIÓN: Xabier López García DESEÑO: Xaniño DEBUXO “Brinquedos: Cuchi Souto IMAXES: Xabier López García TEXTOS: Ana Mª Castro Limeres, Antón Cortizas Amado, Nieves Freire Sánchez, Secundino García Mera, María del Carmen González Pardo, Xabier López García e María del Carmen Rey Fole REALIZACIÓN GRÁFICA: Xaniño (www.xani.net)
  • 3. limiar Xogar é unha necesidade do ser humano. Nos últimos tempos adóitase escoitar que as nenas e os nenos de hoxe non saben xogar. Pero realmente nós, as persoas que traballamos no ensino, facemos algo para que isto non aconteza, preocupámonos por ensinar a xogar? Ao longo do curso escolar 2005-06, a metade do claustro do CEIP Mosteiro de Caaveiro traballou na creación do Centro de interpretación de xogos tradicionais “Brinquedos”, que finalmente foi inaugurado o día de San Xoán do ano 2006. É un espazo, un parque situado en tres zonas do patio, no que se poden practicar ata vinte e cinco xogos tradicionais todos os días do ano. Con esta publicación ofrecemos os xogos que compoñen este recurso educativo creado no colexio da Capela, así como as normas polas que se desenvolven os mesmos. Agora só agardamos 3 que o noso alumnado disfrute practicando os xogos de sempre. Tamén levamos tres anos divulgando esta experiencia e seguiremos a facelo, tentando que nos patios dos centros escolares galegos se vaian creando e marcando espazos para a práctica cotiá destes xogos que forman parte do noso patrimonio cultural.
  • 4. o aro NOME DO XOGO: O aro. MATERIAL: Aros circulares metálicos e guías para conducilos. ESPAZO: Terreo chan cun percorrido marcado no mesmo. 4 • Pódese xogar individualmente ou facendo relevos en equipos. • Cada xogador ou equipo disporá dun aro e unha guía. • Acórdase quen empeza o xogo. • Débese roular o aro e impulsalo coa guía. • Os xogadores conducirán o aro seguindo o percorrido marcado. • Se alguén se sae do percorrido, terá que comezar dende o inicio. • Variante: introducir algún atranco no camiño.
  • 5. a billarda NOME DO XOGO: A billarda (A estornela). MATERIAL: Dous paus redondos, de 2 cm de grosor: o palán, de 30 a 40 cm de longo e unha billarda ou billa, de 15 cm, aguzada nos extremos. ESPAZO: Terreo extenso, chan, sen vexetación nin obstáculos. • Pódese xogar individualmente ou por equipos. • O obxectivo é acadar un número de puntos previamente pactado. • Para conseguilo lanzarase a billarda o máis lonxe posible.. • Márcase o lugar de saída, con dúas pedras (as cepas), de tres ou catro dedos de altura, separadas algo menos cá lonxitude do palán. • As persoas que xogan lanzan a billa cara ás cepas, dende 6 m de distancia. • A persoa que deixe a billarda máis cerca das cepas empezará o xogo. • O atacante ponse onde as cepas, co palán nunha man e a billa na outra. 5 • Lanzará a billarda ao aire e tentará darlle antes de que caia. • Nese momento berrará “Palán de billarda” e pousará o palán enriba das cepas. • Os contrarios tentarán chapar (pillar) a billa o antes posible, mesmo no aire. • Desde o lugar en que a pillen, lanzarana para aproximala ás cepas. • O atacante terá tres oportunidades de seguir afastando a billarda, baténdolle co palán nun extremo, para que salte, e rematándoa no aire. • A partires da segunda tentativa, a billa sempre será golpeada desde o chan. • Esgotados os tres intentos procederase a pedir puntos. Un punto é a medida do palán. • O atacante calculará os paláns de distancia que hai entre a billarda e as cepas, e pedirá eses tantos, procurando non excederse. • O contrario pode dicir “douchas” (se está de acordo, neste caso os puntos son para si) ou “mídeas”(se non o está, e os puntos serán para o posuidor do palán). • Sempre lanzará o mesmo xogador ata que se perda a vez. • Pérdese a quenda: - Se o contrario pilla a billarda no aire. - Se ao devolver a billa, esta bate no palán, nas cepas, pasa por abaixo do palán ou queda a menos de un metro de distancia das cepas. - Se o atacante falla tres veces sen lle dar ao palán. - Se a billarda, logo dos tres avances, queda a menos de un palán das cepas.
  • 6. as bólas NOME DO XOGO: As bólas. MATERIAL: Bólas de vidro. ESPAZO: Lugar de terra, amplo, chan e sen obstáculos. 6 Descríbense aquí dúas modalidades: OS TRES TOPES • As persoas que xogan teñen cadansúa bóla. • Ríscase unha raia na terra, os xogadores afástanse dela un paso e lanzan a bóla á raia, para decidir a orde de participación. • Empezan todos os xogadores colocados na raia que riscaron no chan. • O obxectivo é bater tres veces contra a bóla dalgún compañeiro, que quedará eliminado. Os golpes non se poden dar seguidos a unha mesma bóla. O GUA • Faise un pequeno covo na terra. • Cadaquén lanza a súa bóla ao chou. • Por orde bótase a bóla contra a dalgunha das outras persoas que xogan, tentando darlle unha restra de cinco topes, evitando recibilos. • Os golpes teñen estes nomes: 1º, 2º, 3º, truque, matruque, pés (ambas bólas deben quedar afastadas dous pés), bóla, pasebóla e gua (a bóla debe entrar no gua). • Quedarán eliminadas as persoas que recibiran todos os golpes.
  • 7. os bolos NOME DO XOGO: Os bolos. MATERIAL: Fito, lastra, bólas de madeira e 7 bolos. ESPAZO: Terreo chan aberto e sen obstáculos. • Descríbese aquí a modalidade dos “Birlos ao canteiro”. • Pódese xogar en parellas ou en equipos. 7 • As partidas son a 60 puntos. • No terreo de xogo haberá unha zona de lanzamento (fito), unha pedra para colocar os birlos (lastra) e dúas liñas, unha a 10 m e outra a 15 m da lastra. • Para comezar, un xogador colócase no fito, tendo un pé fixo no mesmo e a bóla nunha man. No momento de lanzar non se pode mover o pé do fito. • Para lanzar respéctanse as quendas acordadas. • O obxectivo é derrubar os birlos e guindalos o máis lonxe posible. • Para puntuar, a bóla debe pasar a liña de 10 m • Puntúase do seguinte xeito: - 3 puntos cada birlo que non chegue á liña de 10 m - 10 puntos o birlo que quede entre a de 10 m e a de 15 m - 15 puntos o birlo que pase a liña de 15 m • Despois do tiro, unha vez que todos lanzaron, faise o “birle”, que é un lanzamento rodando a bóla desde a liña de 10 m cara á lastra onde están os birlos. • Os birlos que se derruben no birle valen 3 puntos cada un. • Cando no lanzamento un xogador non pasa a bóla da liña de 10 m, o equipo perde a man, sendo o equipo contrario quen pasará a lanzar de primeiro na seguinte quenda. • O lanzamento da bóla pode ser “á pedrada” (de arriba cara abaixo) ou “á rebolada” (lateralmente, en paralelo ao chan, a xeito de gancho).
  • 8. Botar a china NOME DO XOGO: Botar a china. MATERIAL: Un coio pequeno. ESPAZO: Calquera, a poder ser chan. • Para comezar un xogo sempre hai que designar quen é o pandote ou ben facer equipos. • As sortes de botar son as modalidades que se utilizan para establecer eses criterios. • Participan dous xogadores, un fronte a outro. • Un deles, coas mans ocultas tras do lombo, agocha unha pedriña nunha delas. • De seguido amosa os puños pechados. • O compañeiro toca nun dos puños. • Se atina onde está a pedra, escollerá o xogador que lle interese para o seu equipo. 8
  • 9. o brilé NOME DO XOGO: O brilé. MATERIAL: Pelota de pouca dureza. ESPAZO: Rectángulo dividido en dúas partes iguais. 9 • Fórmanse dous equipos co mesmo número de xogadores. • Cada equipo colócase nunha das dúas zonas do terreo de xogo. • O xogo consiste en lanzar a pelota coas mans contra un xogador contrario, sen que bata no chan, tentando darlle e que non a poida coller. • A persoa “brilada” pasa a xogar detrás da raia do fondo do terreo contrario. • Cando a un equipo lle “brílan” a todos os seus membros o xogo daráse por rematado. Os lanzamentos realízanse coas mans. • Cando hai xogadores brilados, podeselles lanzar a pelota a estes, para que a relancen dende atrás.
  • 10. Carreira de sacos NOME DO XOGO: Carreira de sacos. MATERIAL: Sacos. ESPAZO: Rectángulo marcado no chan. • Márcanse no rectángulo unha liña de saída e outra de chegada; a distancia entre ambas será variábel, dependendo da idade das persoas que xoguen. • Na liña de saída, cada xogador métese de pé nun saco, agarrando coas súas mans a parte aberta dos mesmos. • Cando se indique o comezo do xogo, iniciarán unha carreira dando pulos ata chegaren á liña de chegada. • Variante: - Fanse equipos de varios xogadores. - Colócanse a metade na saída e a outra metade na chegada. - Fanse relevos entre os xogadores do mesmo equipo, cada vez que un deles chegue á liña oposta. 10
  • 11. As catro esquinas NOME DO XOGO: As catro esquinas (Buscalume). MATERIAL: Non se precisa. ESPAZO: Rectángulo con marcas para cada esquina. 11 • O pandote sitúase no centro do rectángulo, mentras que os demais ocupan cadansúa esquina. • Cando se escoite un sinal, todos deberán cambiar de esquina, procurando que o pandote non pille ningunha denantes ca eles. • Ningún xogador pode volver á marca da que saíu. • Variantes: - Apandando dúas persoas. - Non podendo ocupar as esquinas máis próximas. - “Hai lume?” * O pandote preguntará: “Hai lume?”. * Os demais responderanlle: “Naquela casa que hai fume”. * Daquela seguirase o mesmo proceso có comentado no comezo.
  • 12. As chapas NOME DO XOGO: As chapas. MATERIAL: Taponciños de refrescos. ESPAZO: Terreo chan no que se debuxa un camiño con ou sen atrancos. 12 • Participan un máximo de seis xogadores. • Bótanse sortes para ver quen empeza. • As chapas lánzanse dándolles un golpiño coas unllas, para avanzar ao longo do camiño que está marcado no chan. • Cada persoa que xoga golpea unha vez a súa chapa. • Se a chapa sae fóra do camiño, o xogador terá que volver outra vez ao principio do camiño. • Gaña quen antes chegue á meta. • Variante: colocar os seguintes atrancos no camiño: - Cárcere: unha vez sen tirar. - Pozo: dúas veces sen tirar. - Morte: comezar de novo o xogo. - Areas movedizas: tres veces sen tirar.
  • 13. a chave NOME DO XOGO: A chave. MATERIAL: Unha chave e cinco pellos. ESPAZO: Terreo liso. 13 • A eira da chave é un corredor dun mínimo de 10 m de longo por 3 m de ancho. No fondal, onde se chanta a chave, haberá un parapeto de madeira, para evitar que os pellos se perdan. • Xogan dous equipos de dous ou tres xogadores cada un. • Cada xogador lanzará cinco pellos desde unha distancia de 10,5 metros, podendo reducila en función da idade das persoas que participen no xogo. • O xogo consiste en lanzar alternativamente un de cada equipo os cinco pellos para que xire a pa da chave. • Sempre que a pa dea unha volta completa, o equipo anótase un tanto. • Cando lanzaron todos os xogadores, complétase un xogo. • A partida de chave xógase a seis xogos completos. • No caso de empate realízase un sétimo xogo de desempate. • Cando está a lanzar o primeiro xogador dun equipo, o seu compañeiro estará a carón da chave para recoller os pellos ou colocar a chave en posición correcta.
  • 14. a corda NOME DO XOGO: A corda. MATERIAL: Corda lixeira duns 3 metros de lonxitude. ESPAZO: Terreo liso sen obstáculos. 14 • O catálogo de xogos de saltar á corda é moi extenso. • Descríbese aquí o chamado “Rei–rei”. • Xogan un mínimo de tres persoas. • Dúas persoas dan á corda, mentres a terceira salta. • Pódese dar balanceando a corda ou facéndoa xirar con volta completa. • As persoas que dan cantarán: “Rei, rei, cantos anos durarei?. Vinte e cinco, non o sei. Un, dous, tres, catro, cinco, seis, sete, oito ...” • Quen salta deberá facelo, procurando saltar o maior número de veces posible. • Cando salte mal e a corda non dea a volta, deixaralle o lugar a outra persoa das que están a dar.
  • 15. O cravo NOME DO XOGO: O cravo. MATERIAL: Cravo grande de ferro. ESPAZO: Zona de terra con círculos ou cuadriláteros numerados. • Márcanse na terra varios círculos ou cuadriláteros numerados, as casas. • Cada círculo terá sobre dos 40 cm de diámetro. • Establécese a quenda de xogo. • O que empece lanzará o cravo para chantalo dentro do círculo número un. • Se o consigue, poñerase nese círculo e lanzará ao círculo número dous. • Así sucesivamente ata chegar ao último círculo. • Se o cravo non se chanta, cédese a vez ao seguinte. • O que remate pode comezar outra vez, pero lanzando á casa número dous. 15
  • 16. a goma NOME DO XOGO: A goma. MATERIAL: Unha goma elástica de 3 m unida polos extremos. ESPAZO: Terreo chan. • Participan un mínimo de tres xogadores; dous deles colocaranse un fronte ao outro, situados no interior da goma, que ambos os dous suxeitan coas pernas. • O terceiro xogador salta alternativamente dun lado a outro da goma, gardando o equilibrio e superando diferentes alturas da goma. • Outras veces débese prender a corda cos pés, estirala e cruzala. Os brincos fanse sempre pisando primeiro cun pé e logo co outro. • Quen perda o equilibrio e caia ou quen pise a goma cando non deba, pasará a ser un dos que suxeiten a goma. 16
  • 17. as lombas NOME DO XOGO: As lombas. MATERIAL: Ningún. ESPAZO: Calquera, a poder ser de terra ou un campeiro. 17 • O pandote colócase dobrando o corpo pola cintura e apoiando os cóbados nas coxas. • Saltarán por riba, escarranchando as pernas e pousando as mans no lombo. • As persoas que xogan choutan sobre o lombo do pandote, dicindo e facendo á vez que saltan: - “Á unha, saltar a mula” (pousar só as mans). - “Ás dúas, salto e pégoche un couce” (saltar e darlle cun pé no cu). - “Ás tres, a cruz de San Andrés” (saltar e caer en equilibrio coas pernas abertas e os brazos en cruz). - “Ás catro, cuada que te parto” (saltar e dar co cu no lombo do pandote). - “Ás cinco, maior ou menor brinco” (saltar adiante ou atrás do que se indique). - “Ás seis, “meis” (saltar, beliscando no lombo). - “Ás sete, cachete” (saltar dando palmada no cu). - “Ás oito, pan, viño e biscoito” (saltar, dar co pé no cu e unha cuada no lombo ao pandote). - “Ás nove, abre o paraugas que chove” (saltar, facendo que abren un paraugas namentras van polo aire). - “Ás dez, estatuas unha e outra vez” (saltar quedando estáticos ao caer e sen se tocar entre eles).
  • 18. a mariola NOME DO XOGO: A mariola (Chapa ou truco). MATERIAL: Pedra ou lousa plana. ESPAZO: Superficie lisa na que se debuxa unha figura con varias casas. 18 • Aconséllase que xoguen de dúas a seis persoas. • As casas das mariolas estarán numeradas correlativamente • Bótanse sortes para ver quen empeza. • Lánzase a lousa á división que ten o número un. • O xogo consiste en ir desprazando a lousa a través do percorrido numerado, empurrándoa co pé. • O desprazamento dos xogadores faise á pata coxa. • Se un xogador lanza a chapa fóra das casas ou tripa algunha raia, cederá a súa vez. • Cando volva xogar farao lanzando á casa na que fallara. • Variantes: - Empurrar a chapa golpeándoa co pé, tendo os dous pés no chan. - Pasar todas as casas á pata coxa e pillar a lousa no camiño de volta.
  • 19. o muíño NOME DO XOGO: O muíño (O alquerque). MATERIAL: Nove fichas para cada xogador. ESPAZO: Cadrados riscados chan, con vinte e catro marcas. 19 • Xogan dúas persoas, pero tamén se pode xogar por parellas. • Cada xogador ou parella ten nove fichas. • Despois de botar sortes, van colocando alternativamente as súas fichas. • A estratexia vai encamiñada a aliñar tres fichas. • Pódense colocar en liña recta ou en diagonal. • Cando están colocadas todas, moveranse en sentido de avance dun punto a outro contiguo. • O xogador que coloca tres fichas en liña fai un muíño e “sópralle” unha ficha ao compañeiro. • Non se pode repetir un muíño feito anteriormente. • Remata o xogo cando ao perdedor só lle quedan dúas fichas.
  • 20. o pano NOME DO XOGO: O pano. MATERIAL: Un pano de man. ESPAZO: Rectángulo dividido en dúas partes iguais. 20 • Fórmanse dous equipos, numerados correlativamente. • Unha persoa fai de xuíz e terma do pano, nun lateral da liña media. • Os xogadores colócanse detrás das liñas de fondo do terreo de xogo. • O xuíz presenta o pano co brazo estendido e dirá un número. • Os xogadores de cada equipo que teñan ese número correrán ata a liña central e procurarán coller o pano e escapar cara á súa liña de saída sen seren pillados polo contrario. • Pero tamén se pode pillar ou tocar ao contrario mentres este escapa co pano. • E aínda pódese provocar que o contrario invada o seu campo antes de que teña pillado o pano. • O xogador que non consegue levar o pano ao seu terreo queda eliminado. Inmediatamente outro do seu mesmo equipo acumula o seu número. • Perde o equipo que queda sen xogadores.
  • 21. os pelouros NOME DO XOGO: Os pelouros. MATERIAL: Cinco pedriñas lisas e ben redondeadas. ESPAZO: Terreo cómodo e liso. • Xogan varias persoas de xeito individual. • Lánzanse os cinco pelouros ao aire, tentando coller un (a “coutadeira”). • Déixanse os outro catro pelouros no chan. • Lánzase a coutadeira ao aire, procurando coller un pelouro do chan máis a coutadeira, antes de que esta caia. • Seguirase este proceso ata apañar todos os pelouros do chan, un a un. • Nunha segunda fase, apáñanse os pelouros dous a dous. • De seguido, apáñanse tres e despois o que quedou só. • Rematarase collendo os catro pelouros dunha mesma vez, máis a coutadeira. • O xogador que falle pasaralle a vez ao seguinte. 21
  • 22. O peón NOME DO XOGO: O peón (A buxaina, o trompo). MATERIAL: Peóns con cadansúa piola. ESPAZO: Terreo duro no que se marcan tres liñas equidistantes. 22 • Para definir a quenda, todos botan a bailar o seu peón ao mesmo tempo. • Aquel xogador a quen lle baile menos tempo o seu peón, será o pandote. • Colócase o peón do pandote na liña central. • Divídense os xogadores en dous equipos, cada un nunha das liñas. • Todos á vez bailarán o peón e collerano nas súas mans. • Sen que pare de bailar lanzarano contra o peón que está no chan. • O xogo consiste en facer que o peón do chan atravese a liña contraria, dándolle golpes co peón que teñen bailando nas mans. • Variante: marcando un círculo e xogando individualmente, tentarán botar fóra do círculo o peón do pandote.
  • 23. os pés NOME DO XOGO: Os pés. MATERIAL: Non se precisa. ESPAZO: Calquera, a poder ser chan. 23 • As sortes de botar son unha fase previa ao xogo real. • Algunhas delas utilízanse para definir ao chou a composición dos equipos que van xogar. • Dous xogadores de fronte, situados a 5 m de distancia. • Vanse aproximando alternativamente avanzando: - A lonxitude dun pé (dicindo “ouro”). - O ancho dun pé (dicindo “prata”). - A punta dun pé sobre a o outro pé (dicindo “picos”). • Cando un deles pode montar o pé libre encima do pé do compañeiro e despois atravesalo no espazo que hai entrambos, dirá “Monta e cabe” e será el quen comece a escolla.
  • 24. A pita cega NOME DO XOGO: A pita cega. MATERIAL: Pano para vendar os ollos. ESPAZO: Recinto sen obstáculos. • Rífase para saber quen será a pita cega. • Os demais xogadores forman unha roda. • Vendanselle os ollos á pita cega, que se sitúa no medio da roda. • Establécese o seguinte diálogo: - Pita cega, que perdiches?. - Unha agulla e un dedal. - Pois dá tres voltas e os atoparás. • A pita cega dá tres voltas e despois, cos brazos á fronte, tentará pillar a alguén da roda. • Apalpando tentará descubrir quen é. • Se atina, o descuberto pasará a ser a nova pita cega. 24 • Variante. xógase en recinto pechado sen formar roda. Neste caso os xogadores poden fuxir da pita cega e mesmo encirrala.
  • 25. A porca NOME DO XOGO: A porca (O pino). MATERIAL: Paus da porca (cacheiras) e porcas (pinos). ESPAZO: Terreo aberto, amplo, con buratos en círculo, un deles máis grande. • Aconséllase que participen como moito sete xogadores. • Cada xogador terá un pau da porca, pau de madeira semellante ao do hóckey. • A porca é unha bóla de madeira duns 7 cm de diámetro. • Hai varios buratos na terra: un que está no centro, chamado “cortello” ou “curral”, 25 sendo moito máis grande cós outros. Estoutros seis círculos pequenos concéntricos son os “nichos”; miden unha cuarta de diámetro e terán catro ou cinco dedos de fondo. • Ten que haber un “porqueiro” no “curral” cunha porca. • Os demais xogadores colócanse en cadanseu nicho. • O porqueiro lanza a porca ao aire: - Se cae no curral, todos cambian de nicho, mentres o porqueiro tentará introducir ben o cabo da cacheira ben a porca en calquera dos nichos. - Se cae fóra do curral, o porqueiro tentará introducir a porca en calquera nicho, levándoa coa cacheira. Os demais procurarán impedirllo, sempre coa cacheira. • Cando o porqueiro consiga introducir a cacheira ou a porca nalgún nicho, haberá cambio de porqueiro. • Pasará a ser porqueiro aquela persoa que quedou sen nicho. • Se o porqueiro non consegue o seu obxectivo, irá de novo ao curral para continuar co xogo. • Variante: - Xogan todos contra o porqueiro, que defenderá o curral; neste caso non haberá nichos. As persoas que xogan tentarán colaborar para introducir a porca no curral. Aquela que o consiga pasará a ser o seguinte porqueiro.
  • 26. a ra NOME DO XOGO: A ra. MATERIAL: Moble coas pezas da ra e dez pellos. ESPAZO: Terreo liso cunha marca a 3 ou 3,5 m da ra. 26 • Dimensións do moble da ra: - 80 a 90 cm de altura. - 50 a 60 cm de ancho. - 50 a 60 cm de fondo. • Os pellos son uns discos de ferro de 5 cm de diámetro. • O mesado constará dunha ra, dúas pontes, un muíño e un número variable de furados de máis de 5 cm de diámetro. • Baixo o mesado haberá unha gabeta, dividida en tantos compartimentos coma furados e pezas teña o mesado. • Cada compartimento terá marcada unha puntuación. • O mesado estará protexido por madeiras, tanto no fondal coma nos laterais. • Xógase individualmente ou ben en equipos. • O obxectivo é introducir os pellos na boca da ra ou nalgún dos furados que ten o moble. • Cada xogador lanza cinco pellos e sumará os puntos obtidos en cada lanzamento. • A distancia de lanzamento pódese acurtar en función da idade das persoas participantes. • A partida xogarase a un número de puntos acordado previamente.
  • 27. tiro de corda NOME DO XOGO: Tiro de corda (Turra-soga). MATERIAL: Corda resistente de 10 a 20 m de lonxitude e un pano. ESPAZO: Terreo liso e amplo, con tres riscos equidistantes. • Os participantes repártense en dous equipos de igual número de xogadores. • Estírase a corda, atando un pano no medio da mesma. • Colócase o centro da corda na marca que está no medio. • Cada equipo agarra a corda por un dos lados. • Tirarán con forza cara ao seu lado. • Gañará o equipo que sexa capaz de pasar o pano sobre o risco do seu lado. • Variante: turrando da corda, colocados de costas todas as persoas de ambos equipos. 27
  • 28. Tres en raia NOME DO XOGO: Tres en raia (As leiriñas). MATERIAL: Dous conxuntos de tres pezas diferentes cada un. ESPAZO: Cadrado riscado no chan, con nove marcas. 28 • Xogan dúas persoas. • O primeiro movemento é colocar unha peza no punto central. • Alternativamente, os dous xogadores irán colocando as súas pezas na marca que desexen. • Trátase de que un xogador consiga situar tres pezas en liña. • As pezas pódense colocar en liña recta ou en diagonal. • Variante: colocando a primeira peza en calquera das marcas.
  • 29. os zancos NOME DO XOGO: Os zancos (As andas, as trécolas). MATERIAL: Paus de madeira cuns topes para pousar os pés. ESPAZO: Campo amplo e chan. • A altura dos zancos debe superar os ombros dos xogadores, unha vez subidos neles. • Particípase individualmente ou ben en equipos. • Débese percorrer un traxecto marcado previamente. • Pódese camiñar nos zancos cara a adiante ou ben cara a atrás. • Quen caia deberá comezar de novo. • De xogar en equipos será facendo relevos. • Variante: introducindo obstáculos no percorrido. 29
  • 30. A zorregada co cinto NOME DO XOGO: A zorregada co cinto (O lorcho). MATERIAL: Un obxecto lixeiro para levar na man. ESPAZO: Calquera, sen obstáculos. 30 • Fórmase unha roda de xogadores sentados no chan. • Haberá alguén que estará de pé, fóra da roda. • Esta persoa dá voltas ao redor da roda, levando algo na man (un periódico dobrado, por exemplo). • Cando lle pareza deixará caer o obxecto detrás dunha das persoas que están sentadas. • O xogador pillará o obxecto, erguerase o máis axiña posible e correrá tras do pandote, tentando golpealo suavemente co obxecto (da cintura para abaixo). • A persoa que escapa terá que dar tres voltas antes de sentar no sitio que deixou libre o seu compañeiro. • A persoa que persigue poderá golpear á que fuxe, tantas veces como poida, ao longo desas tres voltas. • Unha vez rematadas as tres voltas, a persoa que perseguía continuará o xogo do mesmo xeito realizado ao comezar o mesmo.
  • 31. Brinquedos • Xogar non é perder o tempo. • Xogar non é facer cousas inútiles. • Xogar non é repetir ate a saciedade unha e outra formas de enredar. • Xogar é unha necesidade. • Xogar é unha aprendizaxe imprescindible para a vida. • Xogando apréndense por imitación e ensaio as máis importantes destrezas. • O xogo tradicional: - Transmite a cultura dun país. - Axuda á socialización dos individuos. - Fomenta as relacións entre iguais e entre diferentes xeracións. - Desenvolve a imaxinación, a fantasía e mais a inventiva. 31 - Invita a participar: quen xoga, xoga como todos. - É un modo óptimo de coñecemento do arredor. • A Escola sabe de todas estas características. • A Escola sabe, ademais, que o xogo, alén de actores, necesita tamén de escenarios, de espazos marcados para a súa práctica. Por iso demos en facer Brinquedos, un Centro de Interpretación de Xogos Tradicionais. • Brinquedos trata de recuperar e potenciar este tipo de actividades lúdicas. • Brinquedos foi deseñado: - Para que xoguedes. - Para que aprendades. - Para que gocedes. - Para que vivades.