SlideShare ist ein Scribd-Unternehmen logo
1 von 8
OllOs
   deaula Revista para as familias do alumnado
                                                 ANO I - Nº 3
                                                 Decembro 2012- xaneiro 2013




    Reforzo
  educativo
                       Os xoguetes
  Temos que            do Nadal
  axudarlles
cos deberes?
Non esquezas que o
    A CGENDL organiza                            31 de decembro vén o
    un recitado masivo                           Apalpador. Podes lerlle
    de Celso Emilio o                            o conto ao teu fillo/a en
    12 do 12 de 2012                             http://ir.gl/c27104
    ás 12:00. Toda a
    información en
    http://ir.gl/b84db8




           IMPORTANTE! O TSXG
           anula, por ilegais, varios
           artigos do Decreto para o
           Pluriligüismo. Sentenza en
           http://ir.gl/763578 . Máis
           información no próximo
           número.
                                                     Non sabes a onde ir comer?
                                                     GalApps presenta Imos?, a guía
                                                     social máis xenuína de Galicia.
                                                     http://galapps.es/imos/




                                        Tes todo o material
                                        para gozar do Nadal
          Feliz 2013                    co teu fillo/a (cartas,
          para ti                       contos, panxoliñas…)
          e para os                     en http://
          teus                          coordinadoraendl.org/
                                        nadal2012/                  Revista editada pola CGENDL
                                                                    www.coordinadoraendl.org
2                                                                   ollosdeaula@gmail.com
A preguntaTemos que axudar aos nosos fillos/as cos deberes?



          ?
                              Responde: Mª Teresa Díaz López
                              [Orientadora do CEIP Alexandre Bóveda. Redondela]
                              [Membro da Asociación Profesional de Orientadores de Galicia “Faro
                              das Cíes”]




 Esta é unha dúbida comprensible, sobre todo se pensamos na importancia
 do labor das familias, xunto co da escola, na formación dos hábitos de
 estudo.
 A axuda nas tarefas debe variar en función da idade, do ritmo de traballo
 e das posibles dificultades, pero sempre tenderemos a que traballen de
 xeito autónomo, coa menor intervención pola nosa parte (especialmente a
 partir do primeiro ciclo de Primaria). No caso de dificultades coa lectura ou
 coa comprensión, axudaremos un pouco máis. O noso labor será, pois, o
 de supervisar, o que non implica estar presente todo o tempo, nin facer
 o traballo con eles. Nunca debemos borrar, arrancar follas, dicirlles que o
 fan mal ou falar mal do profesorado que manda as tarefas.
 Pero axudar tamén é proporcionarlles un espazo ordenado, ben
 iluminado, sen moitos elementos que distraian, cunha cadeira e unha
 mesa axeitadas á idade e cun horario escolar situado en lugar visible.
 Débese ter o costume de consultar diariamente a axenda para ver que
 tipo de tarefas traen para facer e así establecer un plan de traballo:
 que tes que facer, para cando, por onde vas empezar… É bo tamén que
 dispoñan dun horario de actividades da tarde, onde o estudo ocupe un
 tempo, pero cun límite razoable que non impida outras tarefas. Cando
 hai dificultades para manter a atención ou para organizarse, haberá
 que repartir o traballo en períodos máis curtos e a supervisión será máis
 constante.
 O tempo dos deberes non ha de ser unha loita diaria nin ocupar máis
        tempo do necesario. Se ocorre isto, o rendemento dos nosos fillos/as
               non é bo e debemos coñecer as causas. O orientador/a é
                  a persoa indicada para axudarnos en cada caso.
O tema                       Os xoguetes do Nadal
                               Belén Caballo Villar
                               Profesora da Facultade de Ciencias da Educación da
Xogar é fundamental            Universidade de Santiago

en calquera etapa
da vida, pero resulta           Suxestións para a escolla dos xoguetes
imprescindible na               Agora que se achega o Nadal, non está de
infancia. O xogo é un           máis lembrar algunhas pautas que hai que ter
mecanismo natural de            en conta á hora de seleccionar os agasallos.
aprendizaxe e a través          O xoguete que regalemos debe ser querido
del desenvolvemos               polo neno ou nena. Cómpre sondear desde
capacidades físicas             varios meses antes que lles gustaría e por
(coordinar movementos,          que, pensalo desde as súas preferencias e
resistencia, equilibrio...),    afeccións para ir madurando a idea e non
sensoriais (tacto,              mercar o primeiro que vexamos, ou aquilo
oído....), sociais              que estea de moda, se anuncie na televisión
(relacionarnos cos              ou nos catálogos das áreas comerciais. O
demais, asumir                  xoguete debe servir para xogar e non ser
normas, aprender a              simplemente un obxecto de consumo
vivir positivamente             que só fai ilusión o día que se
o éxito e o fracaso,            recibe.
a tomar decisións...)           É tamén moi importante buscar
e comunicativas                 aquilo que se axeite á idade do
(a expresar o noso              pequeno, que cumpra criterios
acordo ou desacordo,            de calidade e seguridade.
a argumentar o noso             Para iso hai que lle
punto de vista...).             mirar con calma a
Podemos xogar                   etiqueta, ver de
sen xoguetes, e é               que materiais está
importante aprender             feito, mellor -por
ás nosas rapazas e              exemplo- madeira
rapaces a divertirse con        ca plástico,
calquera cousa. Moitas          contamina menos
veces o fundamental             e sempre se pode reparar; onde
non é tanto o enredo            se fabricou, canto máis preto
en concreto, senón ter          menos contaminación provoca o
tempo para xogar e              seu transporte e -teoricamente-
compañía para facelo.           as condicións laborais de quen
Aínda así, o xoguete
pode facilitar e estimular
o xogo.
  4
o fabrica son máis dignas; e comprobar se leva o
símbolo CE, que indica que o xoguete cumpre os
requisitos de seguridade que marca a lexislación.
Cómpre pensar que capacidades e valores
desenvolve o xoguete (agresividade, cooperación,
igualdade, violencia, creatividade... ), e non debemos
elixilo en función de se é nena ou neno. Sempre é
beneficioso gozar de xoguetes variados, diversificar e
posibilitar tempos de xogo individual e compartido,
con outros nenos e nenas, pero tamén cos pais e
nais.




                                               Debemos ter en conta que non
                                               sempre é mellor o xoguete máis
                                               caro. Con frecuencia, os máis
                                               sinxelos son os que ofrecen
                                               maiores posibilidades de diversión
                                               porque teñen menos elementos
                                               mecanizados, dan máis liberdade
                                               para empregalos e facilitan o
                                               desenvolvemento da imaxinación.
                                               Tampouco debemos regalar
                                               moitos xoguetes a un tempo.
                                               O exceso leva a non valorar o
                                               que se ten; ademais, non por ter
                                               máis xoguetes van xogar máis ou
                                               mellor.
                                               Por último, e pensando na
                                               cantidade de lixo que xeramos,
                                               mellor elixir enredos que traian
                                               poucos envoltorios e, a poder ser,
                                               sen pilas.
                                               Bo Nadal... con tempo para xogar!




                                                                               5
Palabras do ensino
Lines Salgado




    {APOIO/REFORZO EDUCATIVO}Comecemos
                             cun exercicio
    de imaxinación: supoñamos que nos nomean adestradores dun equipo de
    fútbol infantil. Non coñecemos os xogadores porque acabamos de chegar
    ao club. Ademais, o presidente dinos que en catro días comeza a liga. Xa
    nos sentimos bastante apertados, pero aínda queda o peor. Ese mesmo
    día, pola tarde, xuntamos a todos os xogadores nunha sesión inicial de
    adestramento para ir preparando as estratexias e… aínda nos poñemos máis
    nerviosos: hai algúns xogadores que, máis ou menos, saben pegarlle ao
    balón e coñecen as regras básicas de xogo. Pero hai outros que se anotaron
    no equipo para non pasar toda a tarde vendo a tele e que apenas saben
                   darlle ao balón ao dereito. Algúns non aguantan correndo
                                               cinco minutos seguidos e caen
                                                  desfeitos sobre a




    herba.
    E hai dous que collen
    o balón coa man para meter na portería
    porque pensan que se fai así… E aí vai a pregunta do millón:
    como fariamos para solucionar ou, polo menos, irlle dando xeito á
    cousa?
    O sistema educativo actual propón que os xogadores en peor forma
    física ou que non practicaron nunca fútbol dediquen algún momento do
    adestramento a mellorar a súa resistencia e o manexo básico do balón,
    para o que, ademais, contarían cun adestrador extra que os atendería
    persoalmente. En canto adquirisen o fondo físico necesario e controlasen
    minimamente a pelota no campo, pasarían a traballar a tempo completo co
    resto do grupo.
    O reforzo educativo non consiste en sentar no banco, en apartar, senón que
    é unha oportunidade para mellorar, coller o ritmo e poder xogar no equipo.
6
CADENCIAS
Gracia Santorum


       Para ler
     Neste tempo de Nadal temos unha lectura clásica esen-
   cial: O Canto de Nadal de Charles Dickens. Se ademais
   vén da man do selo editorial Kalandraka, podemos supor
   que estamos ante unha alfaia. Aínda máis, esta edición
   vén iluminada por un dos mellores ilustradores do século
   XX: Roberto Innocenti. Isto significa que este libro vén
   de se converter nun imprescindible en calquera fogar ga-
   lego. Porque a boa literatura non ten idade e porque a
   imaxe que a acompaña é o mellor cadro de calquera mu-
   seo: todo xunto ao alcance da nosa man... e do noso peto.


                                          Para visitar
                                Ata o 31 de marzo temos a oportunidade de
                              achegarnos ao Museo de Arte Contemporánea de
                              Vigo (MARCO) para contemplar a exposición “A
                              Balea Negra” que ten como punto de partida o
                              accidente do petroleiro “Prestige” nas nosas costas
                              hai dez anos. Pero hai moito máis: a sobreexplotación
                              dos nosos recursos naturais, a economización do
                              mercado enerxético, as inxustizas sociais... con máis
                              de cincuenta propostas artísticas en diversos soportes,
                              dende pezas históricas ata obras máis recentes de
                              pintura, fotografía, escultura, vídeo, cinema, debuxo e
                              instalacións.

  Para oír
       «Bicos de música» é a nova entrega
     musical de Mamá Cabra que publica a
     editorial Galaxia. Estamos ante un libro
     ilustrado coas letras das cancións, un CD
     cos temas de letras ben alegres e un DVD
     con karaoke. Todo xunto é un estupendo
     agasallo para un Nadal no que nenos e nenas
     acompañarán coas súas voces, cos seus
     pés e mesmo coas ganas de bicar. Porque a
     música é maxia, e Mamá Cabra ben o sabe. E quen non precisa de maxia!


                                                                                   7
Da lingua
                     Facer ben os deberes
Hai unhas semanas, fíxose público o 3º Informe do Comité de
Expertos do Consello de Europa sobre o grao de cumprimento
da Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias, un
tratado internacional que o goberno de José María Aznar asinou
e ratificou no ano 2001 e que dende entón España debe aplicar e
cumprir. [Informe dispoñible en http://ir.gl/a1d564]
Nese tratado fálase da protección e promoción de linguas como
o galego, que precisan dun reforzo institucional que permita
aos falantes do noso idioma
poder desenvolverse nunhas
condicións mínimas de
igualdade con respecto aos
usuarios das denominadas
linguas estatais, como o
español.
Pois ben, nese informe, que
responde a datos obxectivos e
non a intereses partidistas, as
autoridades europeas danlle
un tirón de orellas á Xunta de
Galicia, pois consideran que
o actual goberno autonómico
incumpre as súas obrigas con respecto á promoción pública do
galego.
De modo resumido, os expertos europeos sinalan que a Xunta
debería rectificar a súa política lingüística en materia educativa,
pois constatan unha progresiva redución do galego no ensino,
debido á aplicación do Decreto para o Plurilingüismo. Así mesmo,
amosan a súa preocupación polo feito de que o alumnado poida
rematar os estudos obrigatorios sen ter capacidade plena para
expresarse con mínima corrección na nosa lingua. E, por último,
instan á Xunta a que oferte ensino en galego ás familias que así o
desexen, especialmente na etapa de infantil.
Todos eses datos deberían levar á reflexión ás autoridades políticas
que teñen a obriga de coidar a saúde do noso idioma, pois
sempre será mellor para a convivencia deixarse guiar polo criterio
de persoas expertas que procuran preservar a riqueza lingüística
da comunidade europea.
8

Weitere ähnliche Inhalte

Ähnlich wie Ollos de aula. nº 3. Decembro de 2012

Ähnlich wie Ollos de aula. nº 3. Decembro de 2012 (20)

Aventura diminuta. Actividades y recursos para dinamizar el juego
Aventura diminuta. Actividades y recursos para dinamizar el juegoAventura diminuta. Actividades y recursos para dinamizar el juego
Aventura diminuta. Actividades y recursos para dinamizar el juego
 
Familia e escola
Familia e escolaFamilia e escola
Familia e escola
 
Familia e escola
Familia e escolaFamilia e escola
Familia e escola
 
Wedureciclaje gall2 3-ep
Wedureciclaje gall2 3-epWedureciclaje gall2 3-ep
Wedureciclaje gall2 3-ep
 
Asesorando nos xoguetes 2015
Asesorando nos xoguetes 2015Asesorando nos xoguetes 2015
Asesorando nos xoguetes 2015
 
Asesorando nos xoguetes 2015
Asesorando nos xoguetes 2015Asesorando nos xoguetes 2015
Asesorando nos xoguetes 2015
 
Ollos de aula. Nº 9
Ollos de aula. Nº 9Ollos de aula. Nº 9
Ollos de aula. Nº 9
 
Wedureciclaje gall eso
Wedureciclaje gall esoWedureciclaje gall eso
Wedureciclaje gall eso
 
Reunión inicio familias
Reunión inicio familiasReunión inicio familias
Reunión inicio familias
 
REVISTA ORBALLO 22-23.pdf
REVISTA ORBALLO 22-23.pdfREVISTA ORBALLO 22-23.pdf
REVISTA ORBALLO 22-23.pdf
 
Ollos de aula. Nº 19 (febreiro 2015)
Ollos de aula. Nº 19 (febreiro 2015)Ollos de aula. Nº 19 (febreiro 2015)
Ollos de aula. Nº 19 (febreiro 2015)
 
Ollos de aula. Nº 20. Versión en A4 para imprimir
Ollos de aula. Nº 20. Versión en A4 para imprimirOllos de aula. Nº 20. Versión en A4 para imprimir
Ollos de aula. Nº 20. Versión en A4 para imprimir
 
Compra juguetes
Compra juguetesCompra juguetes
Compra juguetes
 
Wedureciclaje gall-ei ep--1
Wedureciclaje gall-ei ep--1Wedureciclaje gall-ei ep--1
Wedureciclaje gall-ei ep--1
 
Convivencia
ConvivenciaConvivencia
Convivencia
 
Ollos de aula. nº 2
Ollos de aula. nº 2Ollos de aula. nº 2
Ollos de aula. nº 2
 
Presentación periodo adaptación blog
Presentación periodo adaptación blogPresentación periodo adaptación blog
Presentación periodo adaptación blog
 
Como facer resumos e esquemaAAAAs (2).pptx
Como facer resumos e esquemaAAAAs (2).pptxComo facer resumos e esquemaAAAAs (2).pptx
Como facer resumos e esquemaAAAAs (2).pptx
 
Ollos de aula. Nº 8
Ollos de aula. Nº 8Ollos de aula. Nº 8
Ollos de aula. Nº 8
 
Benvidos á escola.
Benvidos á escola.Benvidos á escola.
Benvidos á escola.
 

Mehr von Coordinadora Galega ENDL

Recursos TIC para a normalización lingüística
Recursos TIC para a normalización lingüísticaRecursos TIC para a normalización lingüística
Recursos TIC para a normalización lingüísticaCoordinadora Galega ENDL
 
Comunicado da cgendl a respecto da concesión do premio da cultura galega 2015
Comunicado da cgendl a respecto da concesión do premio da cultura galega 2015Comunicado da cgendl a respecto da concesión do premio da cultura galega 2015
Comunicado da cgendl a respecto da concesión do premio da cultura galega 2015Coordinadora Galega ENDL
 
Ollos de aula. Nº 22. versión para imprimir en a4 a dobre cara (xuño de 2015)
Ollos de aula. Nº 22. versión para imprimir en a4 a dobre cara (xuño de 2015)Ollos de aula. Nº 22. versión para imprimir en a4 a dobre cara (xuño de 2015)
Ollos de aula. Nº 22. versión para imprimir en a4 a dobre cara (xuño de 2015)Coordinadora Galega ENDL
 
Ollos de aula. Nº 21. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 21. Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de aula. Nº 21. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 21. Versión para imprimir en A4 a dobre caraCoordinadora Galega ENDL
 
Ollos de aula. Nº 20. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 20. Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de aula. Nº 20. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 20. Versión para imprimir en A4 a dobre caraCoordinadora Galega ENDL
 
Ollos de aula. Nº 19. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 19. Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de aula. Nº 19. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 19. Versión para imprimir en A4 a dobre caraCoordinadora Galega ENDL
 
Ollos de Aula. Nº 18. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de Aula. Nº 18. Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de Aula. Nº 18. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de Aula. Nº 18. Versión para imprimir en A4 a dobre caraCoordinadora Galega ENDL
 
Ollos de aula. Nº 17. Versión para imprimir en a4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 17. Versión para imprimir en a4 a dobre caraOllos de aula. Nº 17. Versión para imprimir en a4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 17. Versión para imprimir en a4 a dobre caraCoordinadora Galega ENDL
 
Ollos de aula. Nº 16 (outubro 2014). Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 16 (outubro 2014). Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de aula. Nº 16 (outubro 2014). Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 16 (outubro 2014). Versión para imprimir en A4 a dobre caraCoordinadora Galega ENDL
 

Mehr von Coordinadora Galega ENDL (20)

Recursos TIC para a normalización lingüística
Recursos TIC para a normalización lingüísticaRecursos TIC para a normalización lingüística
Recursos TIC para a normalización lingüística
 
Hoxe conñecín a Uxío Novoneyra
Hoxe conñecín a Uxío NovoneyraHoxe conñecín a Uxío Novoneyra
Hoxe conñecín a Uxío Novoneyra
 
Comunicado da cgendl a respecto da concesión do premio da cultura galega 2015
Comunicado da cgendl a respecto da concesión do premio da cultura galega 2015Comunicado da cgendl a respecto da concesión do premio da cultura galega 2015
Comunicado da cgendl a respecto da concesión do premio da cultura galega 2015
 
Ollos de aula. Nº 22. versión para imprimir en a4 a dobre cara (xuño de 2015)
Ollos de aula. Nº 22. versión para imprimir en a4 a dobre cara (xuño de 2015)Ollos de aula. Nº 22. versión para imprimir en a4 a dobre cara (xuño de 2015)
Ollos de aula. Nº 22. versión para imprimir en a4 a dobre cara (xuño de 2015)
 
Ollos de aula. Nº 22 (xuño de 2015)
Ollos de aula. Nº 22 (xuño de 2015)Ollos de aula. Nº 22 (xuño de 2015)
Ollos de aula. Nº 22 (xuño de 2015)
 
17 cousas que podemos facer pola lingua
17 cousas que podemos facer pola lingua17 cousas que podemos facer pola lingua
17 cousas que podemos facer pola lingua
 
Ollos de aula. Nº 21
Ollos de aula. Nº 21Ollos de aula. Nº 21
Ollos de aula. Nº 21
 
Ollos de aula. Nº 21. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 21. Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de aula. Nº 21. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 21. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
 
Ollos de aula. nº 20
Ollos de aula. nº 20Ollos de aula. nº 20
Ollos de aula. nº 20
 
Ollos de aula. Nº 20. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 20. Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de aula. Nº 20. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 20. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
 
Ollos de aula. Nº 19. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 19. Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de aula. Nº 19. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 19. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
 
Melodías do noso para o Nadal
Melodías do noso para o NadalMelodías do noso para o Nadal
Melodías do noso para o Nadal
 
Ollos de Aula. Nº 18. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de Aula. Nº 18. Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de Aula. Nº 18. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de Aula. Nº 18. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
 
Ollos de aula. Nº 18 (Decembro 2014)
Ollos de aula. Nº 18 (Decembro 2014)Ollos de aula. Nº 18 (Decembro 2014)
Ollos de aula. Nº 18 (Decembro 2014)
 
Ollos de Aula. Nº 18.
Ollos de Aula. Nº 18. Ollos de Aula. Nº 18.
Ollos de Aula. Nº 18.
 
Ollos de aula. Nº 18 (Decembro 2014)
Ollos de aula. Nº 18 (Decembro 2014)Ollos de aula. Nº 18 (Decembro 2014)
Ollos de aula. Nº 18 (Decembro 2014)
 
Ollos de aula. Nº 17. Versión para imprimir en a4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 17. Versión para imprimir en a4 a dobre caraOllos de aula. Nº 17. Versión para imprimir en a4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 17. Versión para imprimir en a4 a dobre cara
 
Ollos de aula. Nº 17 (novembro 2014)
Ollos de aula. Nº 17 (novembro 2014)Ollos de aula. Nº 17 (novembro 2014)
Ollos de aula. Nº 17 (novembro 2014)
 
Ollos de aula. Nº 16 (outubro 2014). Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 16 (outubro 2014). Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de aula. Nº 16 (outubro 2014). Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 16 (outubro 2014). Versión para imprimir en A4 a dobre cara
 
Ollos de aula. Nª 16 (outubro 2014)
Ollos de aula. Nª 16 (outubro 2014)Ollos de aula. Nª 16 (outubro 2014)
Ollos de aula. Nª 16 (outubro 2014)
 

Kürzlich hochgeladen

O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónRemoeaLinguaLinguaGa
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelXXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelcenlf
 
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa VillaltaUnidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa VillaltaAgrela Elvixeo
 
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfO Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 

Kürzlich hochgeladen (7)

O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
 
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelXXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
 
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
 
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa VillaltaUnidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
 
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfO Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
 

Ollos de aula. nº 3. Decembro de 2012

  • 1. OllOs deaula Revista para as familias do alumnado ANO I - Nº 3 Decembro 2012- xaneiro 2013 Reforzo educativo Os xoguetes Temos que do Nadal axudarlles cos deberes?
  • 2. Non esquezas que o A CGENDL organiza 31 de decembro vén o un recitado masivo Apalpador. Podes lerlle de Celso Emilio o o conto ao teu fillo/a en 12 do 12 de 2012 http://ir.gl/c27104 ás 12:00. Toda a información en http://ir.gl/b84db8 IMPORTANTE! O TSXG anula, por ilegais, varios artigos do Decreto para o Pluriligüismo. Sentenza en http://ir.gl/763578 . Máis información no próximo número. Non sabes a onde ir comer? GalApps presenta Imos?, a guía social máis xenuína de Galicia. http://galapps.es/imos/ Tes todo o material para gozar do Nadal Feliz 2013 co teu fillo/a (cartas, para ti contos, panxoliñas…) e para os en http:// teus coordinadoraendl.org/ nadal2012/ Revista editada pola CGENDL www.coordinadoraendl.org 2 ollosdeaula@gmail.com
  • 3. A preguntaTemos que axudar aos nosos fillos/as cos deberes? ? Responde: Mª Teresa Díaz López [Orientadora do CEIP Alexandre Bóveda. Redondela] [Membro da Asociación Profesional de Orientadores de Galicia “Faro das Cíes”] Esta é unha dúbida comprensible, sobre todo se pensamos na importancia do labor das familias, xunto co da escola, na formación dos hábitos de estudo. A axuda nas tarefas debe variar en función da idade, do ritmo de traballo e das posibles dificultades, pero sempre tenderemos a que traballen de xeito autónomo, coa menor intervención pola nosa parte (especialmente a partir do primeiro ciclo de Primaria). No caso de dificultades coa lectura ou coa comprensión, axudaremos un pouco máis. O noso labor será, pois, o de supervisar, o que non implica estar presente todo o tempo, nin facer o traballo con eles. Nunca debemos borrar, arrancar follas, dicirlles que o fan mal ou falar mal do profesorado que manda as tarefas. Pero axudar tamén é proporcionarlles un espazo ordenado, ben iluminado, sen moitos elementos que distraian, cunha cadeira e unha mesa axeitadas á idade e cun horario escolar situado en lugar visible. Débese ter o costume de consultar diariamente a axenda para ver que tipo de tarefas traen para facer e así establecer un plan de traballo: que tes que facer, para cando, por onde vas empezar… É bo tamén que dispoñan dun horario de actividades da tarde, onde o estudo ocupe un tempo, pero cun límite razoable que non impida outras tarefas. Cando hai dificultades para manter a atención ou para organizarse, haberá que repartir o traballo en períodos máis curtos e a supervisión será máis constante. O tempo dos deberes non ha de ser unha loita diaria nin ocupar máis tempo do necesario. Se ocorre isto, o rendemento dos nosos fillos/as non é bo e debemos coñecer as causas. O orientador/a é a persoa indicada para axudarnos en cada caso.
  • 4. O tema Os xoguetes do Nadal Belén Caballo Villar Profesora da Facultade de Ciencias da Educación da Xogar é fundamental Universidade de Santiago en calquera etapa da vida, pero resulta Suxestións para a escolla dos xoguetes imprescindible na Agora que se achega o Nadal, non está de infancia. O xogo é un máis lembrar algunhas pautas que hai que ter mecanismo natural de en conta á hora de seleccionar os agasallos. aprendizaxe e a través O xoguete que regalemos debe ser querido del desenvolvemos polo neno ou nena. Cómpre sondear desde capacidades físicas varios meses antes que lles gustaría e por (coordinar movementos, que, pensalo desde as súas preferencias e resistencia, equilibrio...), afeccións para ir madurando a idea e non sensoriais (tacto, mercar o primeiro que vexamos, ou aquilo oído....), sociais que estea de moda, se anuncie na televisión (relacionarnos cos ou nos catálogos das áreas comerciais. O demais, asumir xoguete debe servir para xogar e non ser normas, aprender a simplemente un obxecto de consumo vivir positivamente que só fai ilusión o día que se o éxito e o fracaso, recibe. a tomar decisións...) É tamén moi importante buscar e comunicativas aquilo que se axeite á idade do (a expresar o noso pequeno, que cumpra criterios acordo ou desacordo, de calidade e seguridade. a argumentar o noso Para iso hai que lle punto de vista...). mirar con calma a Podemos xogar etiqueta, ver de sen xoguetes, e é que materiais está importante aprender feito, mellor -por ás nosas rapazas e exemplo- madeira rapaces a divertirse con ca plástico, calquera cousa. Moitas contamina menos veces o fundamental e sempre se pode reparar; onde non é tanto o enredo se fabricou, canto máis preto en concreto, senón ter menos contaminación provoca o tempo para xogar e seu transporte e -teoricamente- compañía para facelo. as condicións laborais de quen Aínda así, o xoguete pode facilitar e estimular o xogo. 4
  • 5. o fabrica son máis dignas; e comprobar se leva o símbolo CE, que indica que o xoguete cumpre os requisitos de seguridade que marca a lexislación. Cómpre pensar que capacidades e valores desenvolve o xoguete (agresividade, cooperación, igualdade, violencia, creatividade... ), e non debemos elixilo en función de se é nena ou neno. Sempre é beneficioso gozar de xoguetes variados, diversificar e posibilitar tempos de xogo individual e compartido, con outros nenos e nenas, pero tamén cos pais e nais. Debemos ter en conta que non sempre é mellor o xoguete máis caro. Con frecuencia, os máis sinxelos son os que ofrecen maiores posibilidades de diversión porque teñen menos elementos mecanizados, dan máis liberdade para empregalos e facilitan o desenvolvemento da imaxinación. Tampouco debemos regalar moitos xoguetes a un tempo. O exceso leva a non valorar o que se ten; ademais, non por ter máis xoguetes van xogar máis ou mellor. Por último, e pensando na cantidade de lixo que xeramos, mellor elixir enredos que traian poucos envoltorios e, a poder ser, sen pilas. Bo Nadal... con tempo para xogar! 5
  • 6. Palabras do ensino Lines Salgado {APOIO/REFORZO EDUCATIVO}Comecemos cun exercicio de imaxinación: supoñamos que nos nomean adestradores dun equipo de fútbol infantil. Non coñecemos os xogadores porque acabamos de chegar ao club. Ademais, o presidente dinos que en catro días comeza a liga. Xa nos sentimos bastante apertados, pero aínda queda o peor. Ese mesmo día, pola tarde, xuntamos a todos os xogadores nunha sesión inicial de adestramento para ir preparando as estratexias e… aínda nos poñemos máis nerviosos: hai algúns xogadores que, máis ou menos, saben pegarlle ao balón e coñecen as regras básicas de xogo. Pero hai outros que se anotaron no equipo para non pasar toda a tarde vendo a tele e que apenas saben darlle ao balón ao dereito. Algúns non aguantan correndo cinco minutos seguidos e caen desfeitos sobre a herba. E hai dous que collen o balón coa man para meter na portería porque pensan que se fai así… E aí vai a pregunta do millón: como fariamos para solucionar ou, polo menos, irlle dando xeito á cousa? O sistema educativo actual propón que os xogadores en peor forma física ou que non practicaron nunca fútbol dediquen algún momento do adestramento a mellorar a súa resistencia e o manexo básico do balón, para o que, ademais, contarían cun adestrador extra que os atendería persoalmente. En canto adquirisen o fondo físico necesario e controlasen minimamente a pelota no campo, pasarían a traballar a tempo completo co resto do grupo. O reforzo educativo non consiste en sentar no banco, en apartar, senón que é unha oportunidade para mellorar, coller o ritmo e poder xogar no equipo. 6
  • 7. CADENCIAS Gracia Santorum Para ler Neste tempo de Nadal temos unha lectura clásica esen- cial: O Canto de Nadal de Charles Dickens. Se ademais vén da man do selo editorial Kalandraka, podemos supor que estamos ante unha alfaia. Aínda máis, esta edición vén iluminada por un dos mellores ilustradores do século XX: Roberto Innocenti. Isto significa que este libro vén de se converter nun imprescindible en calquera fogar ga- lego. Porque a boa literatura non ten idade e porque a imaxe que a acompaña é o mellor cadro de calquera mu- seo: todo xunto ao alcance da nosa man... e do noso peto. Para visitar Ata o 31 de marzo temos a oportunidade de achegarnos ao Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO) para contemplar a exposición “A Balea Negra” que ten como punto de partida o accidente do petroleiro “Prestige” nas nosas costas hai dez anos. Pero hai moito máis: a sobreexplotación dos nosos recursos naturais, a economización do mercado enerxético, as inxustizas sociais... con máis de cincuenta propostas artísticas en diversos soportes, dende pezas históricas ata obras máis recentes de pintura, fotografía, escultura, vídeo, cinema, debuxo e instalacións. Para oír «Bicos de música» é a nova entrega musical de Mamá Cabra que publica a editorial Galaxia. Estamos ante un libro ilustrado coas letras das cancións, un CD cos temas de letras ben alegres e un DVD con karaoke. Todo xunto é un estupendo agasallo para un Nadal no que nenos e nenas acompañarán coas súas voces, cos seus pés e mesmo coas ganas de bicar. Porque a música é maxia, e Mamá Cabra ben o sabe. E quen non precisa de maxia! 7
  • 8. Da lingua Facer ben os deberes Hai unhas semanas, fíxose público o 3º Informe do Comité de Expertos do Consello de Europa sobre o grao de cumprimento da Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias, un tratado internacional que o goberno de José María Aznar asinou e ratificou no ano 2001 e que dende entón España debe aplicar e cumprir. [Informe dispoñible en http://ir.gl/a1d564] Nese tratado fálase da protección e promoción de linguas como o galego, que precisan dun reforzo institucional que permita aos falantes do noso idioma poder desenvolverse nunhas condicións mínimas de igualdade con respecto aos usuarios das denominadas linguas estatais, como o español. Pois ben, nese informe, que responde a datos obxectivos e non a intereses partidistas, as autoridades europeas danlle un tirón de orellas á Xunta de Galicia, pois consideran que o actual goberno autonómico incumpre as súas obrigas con respecto á promoción pública do galego. De modo resumido, os expertos europeos sinalan que a Xunta debería rectificar a súa política lingüística en materia educativa, pois constatan unha progresiva redución do galego no ensino, debido á aplicación do Decreto para o Plurilingüismo. Así mesmo, amosan a súa preocupación polo feito de que o alumnado poida rematar os estudos obrigatorios sen ter capacidade plena para expresarse con mínima corrección na nosa lingua. E, por último, instan á Xunta a que oferte ensino en galego ás familias que así o desexen, especialmente na etapa de infantil. Todos eses datos deberían levar á reflexión ás autoridades políticas que teñen a obriga de coidar a saúde do noso idioma, pois sempre será mellor para a convivencia deixarse guiar polo criterio de persoas expertas que procuran preservar a riqueza lingüística da comunidade europea. 8