SlideShare ist ein Scribd-Unternehmen logo
1 von 8
Downloaden Sie, um offline zu lesen
OllOs
   deaula      Revista para as familias do alumnado
                                                      ANO I - Nº 2 – Novembro 2012




A entrevista
co
profesorado


Reválidas: para
que poden
servir?


                                          O Consello
                                             Escolar
Un informe do Consello
                                                    de Europa critica a
                                                    redución do galego no
               Última semana de                     ensino. Pódese ver en
               novembro, eleccións                  http://ir.gl/12a733
               ao Consello Escolar.
               Non esquezas
               participar.




                                                          Encontros dixitais dos
                                                          Axóuxeres. Este mes
                                                          en Cambados, Bueu,
                                                          Soutomaior, Mos, Cuntis,
                                                          Santiago, Lalín, Silleda,
                                                          Foz, Burela e Ferrol. Toda a
                                                          información en www.xunta.es/
                                                          linguagalega/os_encontros_
                             30 de novembro e             teatrais
                             1 e 2 de decembro.
                             Feira da cultura
                             galega en Pontevedra
                             www.culturgal.com




Esta revista
está editada
pola CGENDL.                                               Xa se pode
Recoméndallela aos                                         descargar o
teus coñecidos/as.                                         navegador Firefox
Poden atopala en                                           16 en galego
www.
coordinadoraendl.org




   2
A preguntaPARA QUE PODEN SERVIR AS REVÁLIDAS?




                     ?
                                        Responde: Lois Ferradás
                                        [Decano da Facultade de Ciencias da Educación
                                        da Universidade de Santiago]




  • Estas reválidas servirán para seleccionar, para decidir quen
       poderá facer certos estudos e quen deberá repetir curso.
  • Tamén servirán para comparar os resultados entre os distintos
       centros (sen ter en conta nin as circunstancias do contexto,
       nin os medios persoais e materiais dispoñibles).
  • Con este conxunto de probas preténdese aguilloar o esforzo
       dos estudantes e dos centros por acadar e reflectir mellores
       resultados sobre aspectos parciais da educación.
  • Constitúen unha forma moi efectiva de control do currículo
       cara á súa maior homoxeneización e recentralización, que
       redundará nunha maior desprofesionalización da docencia;
       o profesorado perderá capacidade para tomar decisións
       sobre priorización de obxectivos, contidos e metodoloxía.
  • Contaminarán elementos clave: desde o sentido da avaliación
       continua, pasando polo currículo -no que previsiblemente
       todo o que non se avalíe se verá desvalorizado- e no que
       as novas esixencias poden derivar na memorización e
       repetición de contidos por parte dos estudantes, deixando
       á marxe aspectos relacionados co traballo colaborador e coa
       creatividade, empobrecendo e acomodando as metodoloxías
       docentes a estas finalidades.
  • É posible que estas probas as apliquen empresas
       privadas, pois o anteproxecto non establece
       o carácter público dos axentes externos
       que farán a valoración das probas.
  • Servirán, finalmente, para que
       academias ou pasantías particulares
       que preparen para as
       reválidas fagan o seu
       negocio á conta das
       familias.


                                                                                        3
O tema                   A entrevista co
                           profesorado
Unha das mellores
maneiras de axudar           1- É aconsellable unha entrevista trimestral co
aos nosos fillos/as é        titor/a. En circunstancias normais é conveniente
mantendo contacto            acudir ao centro unha vez por avaliación, non só
cos seus profesores/as.      para facer seguimento da evolución do neno/a
Neste mes son moitas         e cooperar co profesorado, senón tamén para
as familias que teñen        que o noso fillo/a sinta que centro e familia están
o primeiro encontro          coordinados.
co titor/a; por iso nos
pareceu oportuno                  2- A entrevista debe desenvolverse
ofrecer algunhas                 no centro educativo e concertarse
claves para mellorar             previamente. En ocasións atopamos os
a eficacia destas                profesores/as na rúa, no supermercado…
reunións.                        e aproveitamos para preguntarlles como
                                 vai o noso fillo/a. Nin eses son os lugares
                                 axeitados, nin as entrevistas improvisadas
                                 son eficaces. A reunión hai que concertala
                                 previamente, para que o profesor/a poida
                                 preparala e para que, no caso dos titores/
                                 as, teñan tempo de falar co resto do
                                 profesorado e así recadar a información que
                                 nos van transmitir.




     3- Hai que ir dispostos a intercambiar información.
     Non é aconsellable ocultarlles información aos
     profesores/as. Negar os problemas ou non querer ver
     as dificultades vai impedir unha solución adecuada.
     Debemos facer, pois, unha análise realista sobre o
     noso fillo/a. Para iso é aconsellable falar con el/ela
     antes da reunión: ver como se atopa dentro do grupo,
     preguntarlle se ten dificultades…, pero tamén observar
     os seus hábitos de traballo, valorar o seu rendemento,
     reflexionar sobre as súas relacións sociais…



 4
4- Debemos acudir dispostos a asumir                     5- A reunión non se debe
compromisos. Hai persoas con tendencia a delegar         centrar unicamente no
a educación dos seus fillos/as nos outros. Ninguén       académico. Hai aspectos
é mellor ca outro na educación, todos somos              que son tan importantes
necesarios, pero cada quen ten que asumir a súa          como as notas e que moitas
función, e a dos pais/nais é a de ser pais/nais.         veces non son abordados nas
                                                         reunións. É o caso da situación
                                                         anímica do neno/a, a relación
                                                         cos compañeiros/as ou co
                                                         profesorado, a integración no
                                                         centro…

                                   6- Hai que evitar culpabilizar os
                                   profesores/as ou facerlles reproches.
                                   Aínda nos momentos de maior
                                   desencontro, hai que centrarse en atopar
                                   puntos de colaboración entre o centro
                                   e a familia, iso vai ser sempre o mellor
                                   para o neno/a. Cando a entrevista sexa
                                   por algunha cuestión conflitiva, hai que
                                   asegurarse ben dos feitos e calmarse antes
                                   de acudir ao centro.




                                               7- Despois da reunión fale co seu
                                               fillo/a. Transmítalle as cousas positivas
                                               e as dificultades das que falaron.
                                               Comuníquelle os acordos aos que
                                               chegou co titor/a ou co profesor/a e
                                               a data na que quedaron de volverse a
                                               ver para revisalos.


                       8- E recorde sempre: a entrevista eficaz
                       é aquela na que se chega a acordos entre
                       familia e profesor/a, se decide como se
                       vai facer para conseguilos e se establece
                       unha data para ver se o acordado se está
                       cumprindo.

                                                                                           5
Palabras do ensino
Lines Salgado




    {Consello escolar} A finais do mes derenovar os consellos
                       as eleccións para
                                           novembro celebraranse

    escolares dos centros. Pero, que é e para que vale un consello escolar?
    Todos os membros da comunidade escolar (profesorado, pais e nais,
    alumnado, persoal de administración e servizos e representantes do
    concello) poden participar na xestión do centro ao que pertencen a través
    do Consello Escolar. É unha especie de mini-parlamento das escolas,
    ao que todos podemos levar propostas e suxestións a través dos nosos
    representantes. Por iso se di del que é un órgano colexiado, non unipersoal,
    xa que está integrado por un número variable de membros.
    As atribucións que ten asignadas un consello escolar son moi diversas:
    establece as liñas xerais do proxecto educativo do centro; elixe o director/a
    e pode revogar o seu mandato; aproba o regulamento interno; sanciona
    as condutas graves do alumnado; aproba os orzamentos e analiza o
    funcionamento xeral do centro e os seus resultados académicos.
    Realmente, nada se pode facer nun centro escolar sen contar coa
    aprobación do Consello Escolar. Por iso deberiamos aproveitalo e facer un
    uso real e dinámico del.




6
CADENCIAS
Gracia Santorum

                       A caza do ghazafello
        Para oír       Un CD que acompaña o libro deste título (da Editorial
                      Xerais), que se pode escoitar cando o narrador nolo pide
                                     -a música forma parte da trama, facéndoa
                                     avanzar- ou en calquera outro momento
                                     (ideal para o coche), xa que os sete temas
                                     que forman o conxunto son amenos,
                                     pracenteiros e variados e teñen entidade
                                     independente. Así poderemos escoitar
                                     a Ugia Pedreira, Pulpiño Viascón, Cata
                      Prado, Antón Reixa, Teruca, Xurxo Souto... Vaia, non son
                      só as mellores voces do noso panorama musical, senón
                      que ademais ten ritmo bailongo.

                                         Para ler
  Conto cinco sentidos
  Os Conto cinco sentidos de José Campanari, con ilustracións de Simona
Mulazzani, son cinco libriños da editorial OQO para os máis
pequenos/as da familia, aqueles/as que agardan
cada día oír un conto da boca dalgún dos seus
maiores, algo tan sinxelo e necesario dende os
primeiros días de vida. Cunhas ilustracións que
falan por si soas, estes libros achegan unha ollada
inocente dende a que o bebé descobre sensorial,
emocional e afectivamente o mundo, acompañado
en todo momento polos seus papás e os seus avós.


                   Un paseo pola Coruña
  Para facer
                   Aproveitemos que A Coruña nos ofrece os mellores museos
                   de Ciencias de Galicia, e dos mellores de España. Un día
                        completo aprendendo e gozando no  Museo Nacional
                          de Ciencia e Tecnoloxía, a Casa das Ciencias, o
                            Domus e o Acuario. Descubrir o ceo con outros ollos,
                             achegarse á actualidade científica, aprender máis
                              sobre o noso corpo, mirar o océano como o Capitán
                              Nemo, coñecer especies mariñas e mesmo saborear
                              a riqueza da nosa costa, xunto coa observación de
                             miles de obxectos científicos, encherán de ledicia e
                            cultura os nosos ollos.


                                                                                    7
Da lingua
                     Mellor en equipo
No número anterior, nesta mesma páxina, diciamos que, nos
últimos anos, en Galicia o debate sobre o ensino non xirara
ao redor do pedagóxico, senón do lingüístico, e explicabamos
que a controversia foi tal que xerou unha especie de tornado
que arrasou todos os acordos. No centro desa treboada foron
situados, por veces, e sen que eles o pretendesen, os Equipos
de Normalización Lingüística (hoxe chamados Equipos de
Dinamización da Lingua Galega). O seu traballo foi posto en
cuestión, e algunha xente incluso se atreveu a propoñer a súa
desaparición.
O que desgraciadamente non se dicía nese debate é que detrás
da vida cultural dos colexios e institutos está, en moitas ocasións,
o traballo calado e constante dos equipos de normalización.
Detrás da edición de blogs, dos encontros con escritores/as,
do samaín, de centos de concursos,
das obras de teatro, da revista
escolar ou desta mesma revista
que estás a ler agora, está o
esforzo xeneroso de moito
profesorado, alumnado e
persoal dos centros. E é que os
equipos veñen sendo, dende
a súa creación no curso 1990-
1991, moito máis ca un órgano
destinado á promoción da nosa
lingua. Grazas a eles en Galicia hai
moito tempo que se fai aprendizaxe
cooperativa (ás veces incluso sen ser conscientes
diso), que ciclos e/ou departamentos traballan de
maneira coordinada, que o alumnado ten ocasión de
desenvolver competencias activas… Por iso nestes
tempos de titulares e mensaxes simples hai que,
como tamén diciamos no número anterior,
reflexionar sobre estas cousas e pensar cales
son os intereses que se agochan detrás destes
debates.


8

Weitere ähnliche Inhalte

Andere mochten auch (11)

OBRADOIRO DO MEDO
OBRADOIRO DO MEDOOBRADOIRO DO MEDO
OBRADOIRO DO MEDO
 
Samain 3-ciclo
Samain 3-cicloSamain 3-ciclo
Samain 3-ciclo
 
Obradoiro do medo 2015
Obradoiro do medo 2015Obradoiro do medo 2015
Obradoiro do medo 2015
 
Obradoiro do medo 2014
Obradoiro do medo 2014Obradoiro do medo 2014
Obradoiro do medo 2014
 
Samain 1-ciclo
Samain 1-cicloSamain 1-ciclo
Samain 1-ciclo
 
Samain 2-ciclo
Samain 2-cicloSamain 2-ciclo
Samain 2-ciclo
 
Poesia
PoesiaPoesia
Poesia
 
Ollos de aula. nº 1. Outubro de 2012 (versión para imprimir en a4 a dobre cara)
Ollos de aula. nº 1. Outubro de 2012  (versión para imprimir en a4 a dobre cara)Ollos de aula. nº 1. Outubro de 2012  (versión para imprimir en a4 a dobre cara)
Ollos de aula. nº 1. Outubro de 2012 (versión para imprimir en a4 a dobre cara)
 
Candeloria 16 manuel_maria
Candeloria 16 manuel_mariaCandeloria 16 manuel_maria
Candeloria 16 manuel_maria
 
Comic invitacion
Comic invitacionComic invitacion
Comic invitacion
 
Papagaio
PapagaioPapagaio
Papagaio
 

Ähnlich wie Ollos de aula. (nº 2, novembro 2012) (20)

Ollos de aula. nº 1
Ollos de aula. nº 1Ollos de aula. nº 1
Ollos de aula. nº 1
 
Folleto eso
Folleto esoFolleto eso
Folleto eso
 
Presentación2
Presentación2Presentación2
Presentación2
 
Proxecto Proa 09 10
Proxecto Proa 09 10Proxecto Proa 09 10
Proxecto Proa 09 10
 
Tâche 2 xutificacións
Tâche 2 xutificaciónsTâche 2 xutificacións
Tâche 2 xutificacións
 
Intercambios de experiencias de boas prácticas
Intercambios de experiencias de boas prácticasIntercambios de experiencias de boas prácticas
Intercambios de experiencias de boas prácticas
 
Tâche 2
Tâche 2Tâche 2
Tâche 2
 
Innovación
InnovaciónInnovación
Innovación
 
Tâche 2.
Tâche 2.Tâche 2.
Tâche 2.
 
tache 2
tache 2tache 2
tache 2
 
Presentación2
Presentación2Presentación2
Presentación2
 
Tâche 2
Tâche 2Tâche 2
Tâche 2
 
Tâche 2
Tâche 2Tâche 2
Tâche 2
 
TÂCHÉ 2: Comment s´y prendre
TÂCHÉ 2: Comment s´y prendreTÂCHÉ 2: Comment s´y prendre
TÂCHÉ 2: Comment s´y prendre
 
Conclusións world
Conclusións worldConclusións world
Conclusións world
 
Comunicación ás familias das faltas leves e graves de conduta e das medidas c...
Comunicación ás familias das faltas leves e graves de conduta e das medidas c...Comunicación ás familias das faltas leves e graves de conduta e das medidas c...
Comunicación ás familias das faltas leves e graves de conduta e das medidas c...
 
Tdah pautas profesorado
Tdah pautas profesoradoTdah pautas profesorado
Tdah pautas profesorado
 
Tdah pautas profesorado
Tdah pautas profesoradoTdah pautas profesorado
Tdah pautas profesorado
 
Periodo de adaptación 2012.
Periodo de adaptación 2012.Periodo de adaptación 2012.
Periodo de adaptación 2012.
 
Pautas dificultades atencion
Pautas dificultades atencion Pautas dificultades atencion
Pautas dificultades atencion
 

Mehr von Coordinadora Galega ENDL

Mehr von Coordinadora Galega ENDL (20)

Recursos TIC para a normalización lingüística
Recursos TIC para a normalización lingüísticaRecursos TIC para a normalización lingüística
Recursos TIC para a normalización lingüística
 
Hoxe conñecín a Uxío Novoneyra
Hoxe conñecín a Uxío NovoneyraHoxe conñecín a Uxío Novoneyra
Hoxe conñecín a Uxío Novoneyra
 
Comunicado da cgendl a respecto da concesión do premio da cultura galega 2015
Comunicado da cgendl a respecto da concesión do premio da cultura galega 2015Comunicado da cgendl a respecto da concesión do premio da cultura galega 2015
Comunicado da cgendl a respecto da concesión do premio da cultura galega 2015
 
Ollos de aula. Nº 22. versión para imprimir en a4 a dobre cara (xuño de 2015)
Ollos de aula. Nº 22. versión para imprimir en a4 a dobre cara (xuño de 2015)Ollos de aula. Nº 22. versión para imprimir en a4 a dobre cara (xuño de 2015)
Ollos de aula. Nº 22. versión para imprimir en a4 a dobre cara (xuño de 2015)
 
Ollos de aula. Nº 22 (xuño de 2015)
Ollos de aula. Nº 22 (xuño de 2015)Ollos de aula. Nº 22 (xuño de 2015)
Ollos de aula. Nº 22 (xuño de 2015)
 
17 cousas que podemos facer pola lingua
17 cousas que podemos facer pola lingua17 cousas que podemos facer pola lingua
17 cousas que podemos facer pola lingua
 
Ollos de aula. Nº 21
Ollos de aula. Nº 21Ollos de aula. Nº 21
Ollos de aula. Nº 21
 
Ollos de aula. Nº 21. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 21. Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de aula. Nº 21. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 21. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
 
Ollos de aula. nº 20
Ollos de aula. nº 20Ollos de aula. nº 20
Ollos de aula. nº 20
 
Ollos de aula. Nº 20. Versión en A4 para imprimir
Ollos de aula. Nº 20. Versión en A4 para imprimirOllos de aula. Nº 20. Versión en A4 para imprimir
Ollos de aula. Nº 20. Versión en A4 para imprimir
 
Ollos de aula. Nº 20. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 20. Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de aula. Nº 20. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 20. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
 
Ollos de aula. Nº 19. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 19. Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de aula. Nº 19. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 19. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
 
Ollos de aula. Nº 19 (febreiro 2015)
Ollos de aula. Nº 19 (febreiro 2015)Ollos de aula. Nº 19 (febreiro 2015)
Ollos de aula. Nº 19 (febreiro 2015)
 
Melodías do noso para o Nadal
Melodías do noso para o NadalMelodías do noso para o Nadal
Melodías do noso para o Nadal
 
Ollos de Aula. Nº 18. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de Aula. Nº 18. Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de Aula. Nº 18. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de Aula. Nº 18. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
 
Ollos de aula. Nº 18 (Decembro 2014)
Ollos de aula. Nº 18 (Decembro 2014)Ollos de aula. Nº 18 (Decembro 2014)
Ollos de aula. Nº 18 (Decembro 2014)
 
Ollos de Aula. Nº 18.
Ollos de Aula. Nº 18. Ollos de Aula. Nº 18.
Ollos de Aula. Nº 18.
 
Ollos de aula. Nº 18 (Decembro 2014)
Ollos de aula. Nº 18 (Decembro 2014)Ollos de aula. Nº 18 (Decembro 2014)
Ollos de aula. Nº 18 (Decembro 2014)
 
Ollos de aula. Nº 17. Versión para imprimir en a4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 17. Versión para imprimir en a4 a dobre caraOllos de aula. Nº 17. Versión para imprimir en a4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 17. Versión para imprimir en a4 a dobre cara
 
Ollos de aula. Nº 17 (novembro 2014)
Ollos de aula. Nº 17 (novembro 2014)Ollos de aula. Nº 17 (novembro 2014)
Ollos de aula. Nº 17 (novembro 2014)
 

Ollos de aula. (nº 2, novembro 2012)

  • 1. OllOs deaula Revista para as familias do alumnado ANO I - Nº 2 – Novembro 2012 A entrevista co profesorado Reválidas: para que poden servir? O Consello Escolar
  • 2. Un informe do Consello de Europa critica a redución do galego no Última semana de ensino. Pódese ver en novembro, eleccións http://ir.gl/12a733 ao Consello Escolar. Non esquezas participar. Encontros dixitais dos Axóuxeres. Este mes en Cambados, Bueu, Soutomaior, Mos, Cuntis, Santiago, Lalín, Silleda, Foz, Burela e Ferrol. Toda a información en www.xunta.es/ linguagalega/os_encontros_ 30 de novembro e teatrais 1 e 2 de decembro. Feira da cultura galega en Pontevedra www.culturgal.com Esta revista está editada pola CGENDL. Xa se pode Recoméndallela aos descargar o teus coñecidos/as. navegador Firefox Poden atopala en 16 en galego www. coordinadoraendl.org 2
  • 3. A preguntaPARA QUE PODEN SERVIR AS REVÁLIDAS? ? Responde: Lois Ferradás [Decano da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago] • Estas reválidas servirán para seleccionar, para decidir quen poderá facer certos estudos e quen deberá repetir curso. • Tamén servirán para comparar os resultados entre os distintos centros (sen ter en conta nin as circunstancias do contexto, nin os medios persoais e materiais dispoñibles). • Con este conxunto de probas preténdese aguilloar o esforzo dos estudantes e dos centros por acadar e reflectir mellores resultados sobre aspectos parciais da educación. • Constitúen unha forma moi efectiva de control do currículo cara á súa maior homoxeneización e recentralización, que redundará nunha maior desprofesionalización da docencia; o profesorado perderá capacidade para tomar decisións sobre priorización de obxectivos, contidos e metodoloxía. • Contaminarán elementos clave: desde o sentido da avaliación continua, pasando polo currículo -no que previsiblemente todo o que non se avalíe se verá desvalorizado- e no que as novas esixencias poden derivar na memorización e repetición de contidos por parte dos estudantes, deixando á marxe aspectos relacionados co traballo colaborador e coa creatividade, empobrecendo e acomodando as metodoloxías docentes a estas finalidades. • É posible que estas probas as apliquen empresas privadas, pois o anteproxecto non establece o carácter público dos axentes externos que farán a valoración das probas. • Servirán, finalmente, para que academias ou pasantías particulares que preparen para as reválidas fagan o seu negocio á conta das familias. 3
  • 4. O tema A entrevista co profesorado Unha das mellores maneiras de axudar 1- É aconsellable unha entrevista trimestral co aos nosos fillos/as é titor/a. En circunstancias normais é conveniente mantendo contacto acudir ao centro unha vez por avaliación, non só cos seus profesores/as. para facer seguimento da evolución do neno/a Neste mes son moitas e cooperar co profesorado, senón tamén para as familias que teñen que o noso fillo/a sinta que centro e familia están o primeiro encontro coordinados. co titor/a; por iso nos pareceu oportuno 2- A entrevista debe desenvolverse ofrecer algunhas no centro educativo e concertarse claves para mellorar previamente. En ocasións atopamos os a eficacia destas profesores/as na rúa, no supermercado… reunións. e aproveitamos para preguntarlles como vai o noso fillo/a. Nin eses son os lugares axeitados, nin as entrevistas improvisadas son eficaces. A reunión hai que concertala previamente, para que o profesor/a poida preparala e para que, no caso dos titores/ as, teñan tempo de falar co resto do profesorado e así recadar a información que nos van transmitir. 3- Hai que ir dispostos a intercambiar información. Non é aconsellable ocultarlles información aos profesores/as. Negar os problemas ou non querer ver as dificultades vai impedir unha solución adecuada. Debemos facer, pois, unha análise realista sobre o noso fillo/a. Para iso é aconsellable falar con el/ela antes da reunión: ver como se atopa dentro do grupo, preguntarlle se ten dificultades…, pero tamén observar os seus hábitos de traballo, valorar o seu rendemento, reflexionar sobre as súas relacións sociais… 4
  • 5. 4- Debemos acudir dispostos a asumir 5- A reunión non se debe compromisos. Hai persoas con tendencia a delegar centrar unicamente no a educación dos seus fillos/as nos outros. Ninguén académico. Hai aspectos é mellor ca outro na educación, todos somos que son tan importantes necesarios, pero cada quen ten que asumir a súa como as notas e que moitas función, e a dos pais/nais é a de ser pais/nais. veces non son abordados nas reunións. É o caso da situación anímica do neno/a, a relación cos compañeiros/as ou co profesorado, a integración no centro… 6- Hai que evitar culpabilizar os profesores/as ou facerlles reproches. Aínda nos momentos de maior desencontro, hai que centrarse en atopar puntos de colaboración entre o centro e a familia, iso vai ser sempre o mellor para o neno/a. Cando a entrevista sexa por algunha cuestión conflitiva, hai que asegurarse ben dos feitos e calmarse antes de acudir ao centro. 7- Despois da reunión fale co seu fillo/a. Transmítalle as cousas positivas e as dificultades das que falaron. Comuníquelle os acordos aos que chegou co titor/a ou co profesor/a e a data na que quedaron de volverse a ver para revisalos. 8- E recorde sempre: a entrevista eficaz é aquela na que se chega a acordos entre familia e profesor/a, se decide como se vai facer para conseguilos e se establece unha data para ver se o acordado se está cumprindo. 5
  • 6. Palabras do ensino Lines Salgado {Consello escolar} A finais do mes derenovar os consellos as eleccións para novembro celebraranse escolares dos centros. Pero, que é e para que vale un consello escolar? Todos os membros da comunidade escolar (profesorado, pais e nais, alumnado, persoal de administración e servizos e representantes do concello) poden participar na xestión do centro ao que pertencen a través do Consello Escolar. É unha especie de mini-parlamento das escolas, ao que todos podemos levar propostas e suxestións a través dos nosos representantes. Por iso se di del que é un órgano colexiado, non unipersoal, xa que está integrado por un número variable de membros. As atribucións que ten asignadas un consello escolar son moi diversas: establece as liñas xerais do proxecto educativo do centro; elixe o director/a e pode revogar o seu mandato; aproba o regulamento interno; sanciona as condutas graves do alumnado; aproba os orzamentos e analiza o funcionamento xeral do centro e os seus resultados académicos. Realmente, nada se pode facer nun centro escolar sen contar coa aprobación do Consello Escolar. Por iso deberiamos aproveitalo e facer un uso real e dinámico del. 6
  • 7. CADENCIAS Gracia Santorum A caza do ghazafello Para oír Un CD que acompaña o libro deste título (da Editorial Xerais), que se pode escoitar cando o narrador nolo pide -a música forma parte da trama, facéndoa avanzar- ou en calquera outro momento (ideal para o coche), xa que os sete temas que forman o conxunto son amenos, pracenteiros e variados e teñen entidade independente. Así poderemos escoitar a Ugia Pedreira, Pulpiño Viascón, Cata Prado, Antón Reixa, Teruca, Xurxo Souto... Vaia, non son só as mellores voces do noso panorama musical, senón que ademais ten ritmo bailongo. Para ler Conto cinco sentidos Os Conto cinco sentidos de José Campanari, con ilustracións de Simona Mulazzani, son cinco libriños da editorial OQO para os máis pequenos/as da familia, aqueles/as que agardan cada día oír un conto da boca dalgún dos seus maiores, algo tan sinxelo e necesario dende os primeiros días de vida. Cunhas ilustracións que falan por si soas, estes libros achegan unha ollada inocente dende a que o bebé descobre sensorial, emocional e afectivamente o mundo, acompañado en todo momento polos seus papás e os seus avós. Un paseo pola Coruña Para facer Aproveitemos que A Coruña nos ofrece os mellores museos de Ciencias de Galicia, e dos mellores de España. Un día completo aprendendo e gozando no  Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía, a Casa das Ciencias, o Domus e o Acuario. Descubrir o ceo con outros ollos, achegarse á actualidade científica, aprender máis sobre o noso corpo, mirar o océano como o Capitán Nemo, coñecer especies mariñas e mesmo saborear a riqueza da nosa costa, xunto coa observación de miles de obxectos científicos, encherán de ledicia e cultura os nosos ollos. 7
  • 8. Da lingua Mellor en equipo No número anterior, nesta mesma páxina, diciamos que, nos últimos anos, en Galicia o debate sobre o ensino non xirara ao redor do pedagóxico, senón do lingüístico, e explicabamos que a controversia foi tal que xerou unha especie de tornado que arrasou todos os acordos. No centro desa treboada foron situados, por veces, e sen que eles o pretendesen, os Equipos de Normalización Lingüística (hoxe chamados Equipos de Dinamización da Lingua Galega). O seu traballo foi posto en cuestión, e algunha xente incluso se atreveu a propoñer a súa desaparición. O que desgraciadamente non se dicía nese debate é que detrás da vida cultural dos colexios e institutos está, en moitas ocasións, o traballo calado e constante dos equipos de normalización. Detrás da edición de blogs, dos encontros con escritores/as, do samaín, de centos de concursos, das obras de teatro, da revista escolar ou desta mesma revista que estás a ler agora, está o esforzo xeneroso de moito profesorado, alumnado e persoal dos centros. E é que os equipos veñen sendo, dende a súa creación no curso 1990- 1991, moito máis ca un órgano destinado á promoción da nosa lingua. Grazas a eles en Galicia hai moito tempo que se fai aprendizaxe cooperativa (ás veces incluso sen ser conscientes diso), que ciclos e/ou departamentos traballan de maneira coordinada, que o alumnado ten ocasión de desenvolver competencias activas… Por iso nestes tempos de titulares e mensaxes simples hai que, como tamén diciamos no número anterior, reflexionar sobre estas cousas e pensar cales son os intereses que se agochan detrás destes debates. 8