SlideShare ist ein Scribd-Unternehmen logo
1 von 8
Downloaden Sie, um offline zu lesen
deaula OllOs ANO III - Nº 18 
Decembro 2014- xaneiro 2015 
Revista para as familias do alumnado 
Homes para o 
século XXI 
Como é o 
primeiro ano de 
escola? 
O Regulamento 
de Réxime 
Interno
2 
Dende o 2 de decembro 
a túa páxina web xa 
pode ser “.gal”. Rexistra 
o teu dominio, que cho 
poden coller! Tes toda a 
información en 
www.puntogal.org/ 
Arrasa en Youtube un 
vídeo sobre o seseo 
e a gheada. Mírao en 
http://ir.gl/29c666 
Revista editada pola CGENDL 
www.coordinadoraendl.org 
ollosdeaula@gmail.com 
Deseño-maquetación:tallerDD.com 
O filme A 
Esmorga, 
baseado 
na novela 
de Blanco 
Amor e 
100% 
galego, 
acada os 
15000 espectadores na 
súa primeira semana. 
Orgullosos/as do noso 
cine! 
Todo o que buscas 
para poder gozar do 
Nadal co teu fillo/a 
(cartas, contos, 
panxoliñas…) 
podes atopalo en 
http://ir.gl/c3e3b7 
Quédache cerca O Carballiño, 
As Pontes, Sanxenxo ou Foz? 
Entón deberías coñecer o 
programa 
Cinemas 
de Galicia. 
Infórmate na súa 
web: 
http://ir.gl/07f 
Feliz 2015 para ti 
e para os teus
3 
A pregunta 
? Responde: Belén Escariz Ferrín 
Como é o primeiro ano de escola? 
[Mestra de Infantil no CEIP Quintela (Moaña - Pontevedra)] 
Cando un neno ou unha nena comeza a escola, a familia pode 
vivir os momentos iniciais con certa inquietude natural, pero este 
primeiro ano de Educación Infantil dará lugar a grandes progre-sos 
no desenvolvemento motor, cognitivo, afectivo e social. 
O período de adaptación (PDA) é a primeira acción conxunta 
que toman a escola e a familia para garantir unha atención máis 
individualizada aos pequenos/as, axudándolles a coñecer un 
novo mundo e prestándolles apoio emocional para que poidan 
establecer relacións sociais enriquecedoras co grupo clase. 
A escola trae grandes cambios, axudando a regularizar horarios 
e hábitos, pero os progresos máis notorios danse no ámbito da 
autonomía persoal, xa que toda a actividade da xornada escolar 
está deseñada sobre a acción do propio alumnado, eles son os 
protagonistas das conversas, dos xogos, das aprendizaxes, das 
tarefas. Exprésanse, escoitan, actúan, experimentan, investigan, 
comparten…, en definitiva, medran. 
A chegada a esta comunidade de aprendizaxe actúa positiva-mente 
no desenvolvemento emocional a través da convivencia 
co grupo e da propia acción. Negocian, esperan, planean, axu-dan, 
apoian, é dicir, aprenden a relacionarse cos iguais, unha 
aprendizaxe que necesitarán ao longo de toda a súa vida. 
O desenvolvemento cognitivo experimenta tamén moitos avan-ces, 
ao ir parello á mellora da competencia lingüística. Isto oco-rre 
porque a comunicación de experiencias, vivencias, sentimen-tos 
e emocións crea un contexto natural para que a expresión 
oral progrese. 
Sobre estes importantes piares: (a autonomía persoal, o equili-brio 
emocional, a competencia lingüística e o desenvolvemento 
cognitivo) medrará un alumnado capaz de enfrontarse a todo 
tipo de aprendizaxes ao longo da súa incipiente vida escolar.
A educación da masculinidade 
no século XXI 
O tema 
A educación 
debería ser un 
dos instrumentos 
fundamentais 
para a igualdade 
entre os sexos. A 
autora reflexiona 
neste artigo sobre 
dous aspectos da 
educación masculina 
que teñen unha 
grande influencia 
na reprodución 
do sexismo, e que 
son facilmente 
identificables no 
comportamento 
de moitos mozos 
adolescentes: a 
precaria relación coas 
súas emocións e a 
cultura do risco. 
4 
Mª Sonia Fernández Casal 
[Docente de Matemáticas no IES Fontexería (Muros-A Coruña)] 
O cambio na educación dos mozos resulta un factor 
determinante para que poidamos avanzar cara á 
consecución da igualdade entre homes e mulleres, 
xa que estas temos protagonizado nas últimas dé-cadas 
unha serie de cambios e avances que afectan 
a toda a sociedade, pero dos que os homes non 
teñen participado de forma activa. 
Un reto fundamental deste século debe ser construír 
novos modelos de masculinidade que rompan con 
aqueles elementos da educación masculina tradicio-nal 
nos que se sustenta a discriminación de xénero. 
De conseguírmolo, non só han saír gañando as mu-lleres 
e a sociedade no seu conxunto, senón que 
tamén terá aspectos moi enriquecedores para 
os mozos. Se ben é certo que, no camiño cara 
á igualdade, os homes teñen que renunciar 
aos privilexios que como colectivo lles reserva 
a sociedade –mellores soldos, máis tempo 
libre, maior autoridade, servizo domésti-co…– 
tamén o é que a menor esperanza 
de vida do sexo masculino, as taxas maiores 
de accidentes de tráfico, de fracaso escolar, 
drogodependencia, delincuencia, accidentes 
laborais… teñen moito que ver co mo-delo 
masculino tradi-cional 
que se 
lles segue 
a ofrecer, 
case como 
única al-ternativa, 
ás 
novas xera-cións. 
Un primeiro 
paso cara á edu-cación 
de futuros
homes igualitarios debe ser ensinarlles aos nenos e aos adolescentes a 
relacionárense coas súas emocións. A educación tradicional convida os 
nenos a non expresar, a ocultar, negar ou relativizar sentimentos como 
a tristeza, o medo, a vulnerabilidade, a empatía, a tenrura, a necesidade 
de consolo… Este proceso, continuado ao longo de anos, fai que xa de 
adultos moitos homes teñan non só dificultades para expresar as súas 
necesidades afectivas, senón mesmo para identificalas, o que, en contra 
das aparencias, os converte en adultos con baixa tolerancia á frustración 
e dependentes a nivel afectivo e emocional. Son adultos proxectados 
cara ao exterior, pero moi pouco conectados co seu mundo interior e, 
polo tanto, cun mundo afectivo e emocional mutilado, que empobre-ce 
as súas vidas: o coidado propio e 
o doutras persoas reséntese como 
consecuencia desa desconexión 
emocional. 
Outro factor que hai que desac-tivar 
con urxencia é a cultura do 
Un reto deste século debe 
ser construír novos modelos 
de masculinidade 
risco que leva a nenos, adolescentes e adultos a desprezar a súa 
propia seguridade para conseguiren o recoñecemento e a admira-ción 
dos demais. O “valor” nun home fusiona a súa valía coa súa 
valentía, e lévao a considerar o propio corpo coma invulnerable. 
Poñerse en situacións de risco é expresión máxima desa afouteza 
mal entendida, o que propicia condutas tan destrutivas como a 
condución temeraria, tipicamente masculina. Afrontando situacións 
de risco, os adolescentes alimentan o seu sentimen-to 
de superioridade fronte a outros 
membros do grupo e fronte a 
todas as mulleres, e isto repre-senta, 
polo tanto, un aspecto 
fundamental na reprodución 
do sexismo. 
Velaquí, pois, un par de propos-tas 
para axudar a nenos e adoles-centes 
a superar o asfixiante molde 
da masculinidade tradicional, para se-
Palabras do ensino 
Lines Salgado 
6 
{RRI} 
No inesgotable campo das siglas do ensino, ocupá-monos 
hoxe do RRI, é dicir, do Regulamento de 
Réxime Interno. É este un documento que ten 
que existir en todos os centros educativos 
e que recolle as súas normas de fun-cionamento. 
Inclúe aspectos 
moi variados cos que toda 
a comunidade educativa 
ten que traballar: os 
principios que rexerán a 
actividade do centro, os 
horarios, as instalacións, 
normas básicas de funciona-mento 
(horarios, excursións, 
cualificacións, materiais, etc.) 
e un apartado moi coñecido, sobre 
todo por ser utilizado moi habi-tualmente, 
que son as normas 
de convivencia. Neste epígrafe 
recóllense os dereitos e debe-res 
do alumnado e o proto-colo 
de actuación no caso de 
condutas contrarias á conviven-cia 
escolar, é dicir, as sancións 
posibles e os encargados de levalas 
a efecto. A diferenza do PEC (Proxec-to 
Educativo de Centro), máis 
abstracto e xeral, o RRI é a tri-pa, 
o menú do día dos centros 
de ensino.
CADENCIAS Gracia Santorum 
7 
O rabaño. A editorial La fragatina publica na nosa lingua 
este álbum de Margarita del Mazo con ilustracións de Guri-di 
que nos achega un novo punto de vista sobre conciliar o 
sono. As ovellas deste libro teñen unha vida moi doada, xa 
que non deben pensar nin saltar o mandado, é dicir, comer, 
durmir... e axudar a durmir. Que é unha tarefa ben impor-tante! 
E para axudar aos humanos, só hai que saltar en rin-gleira 
e coa numeración apropiada. Pero que ocorre cando 
unha se rebela, converténdose nunha ovella negra? 
Para cavilar 
Para ler 
Para saber 
Ícaro. Álbum de Federico Delicado, gañador 
do VII Premio Internacional Compostela. De-mostración 
de que este xénero non é só infan-til, 
xa que ofrece múltiples lecturas e diferentes 
interpretacións ante un texto que non sabemos 
se conta unha historia fantástica con final feliz 
ou unha realidade cruel da que cómpre evadir-se. 
Dúas tonalidades nas súas páxinas e dife-rentes 
tipos de letra para amosar a realidade e 
os recordos. Un libro imprescindible, fermoso, 
diferente. 
Os dereitos da infancia. En 1959 a ONU aprobou a De-claración 
Universal dos Dereitos do Neno. Dez principios 
que perseguen garantir a nenos e nenas os coidados, a 
protección e a educación necesarios. Neste libro, cada 
un destes dez principios ten o seu propio conto de dez 
autores e autoras, ilustrados todos eles por Emilio Ur-beruaga. 
Un obxectivo común: lembrarnos a importancia 
desta Declaración e lembrarlles a lectores e lectoras que 
estes existen e non deben esquecelos, senón reclamalos. 
Porque son fundamentais para construír un futuro mellor.
Da lingua 
O punto máis especial 
8 
Neste mundo frenético da comunicación instantánea, resulta 
cada vez máis complicado atopar un elemento que nos distinga 
entre o incesante balbordo de mensaxes e imaxes. 
E a comunidade que non atope axiña un signo distintivo, unha 
marca de calidade, ficará condenada a que a súa voz caia no 
esquecemento dun cemiterio virtual. 
Por iso, xa vai sendo hora de que as galegas e os galegos reivin-diquemos 
o noso punto. 
Un punto de distinción. 
Un punto de elegancia. 
Un punto que suma e sobresae. 
O noso punto .gal, coqueto e xuvenil. 
Para que na rede tamén saiban de onde vimos e onde estamos. 
Xusto aquí, neste recuncho do planeta onde o porvir se escribe 
con gue de galego.

Weitere ähnliche Inhalte

Was ist angesagt?

O xogo non ten xénero
O xogo non ten xéneroO xogo non ten xénero
O xogo non ten xénero
satelite1
 
Xesteira definitivo con nueva portada color marfil
Xesteira definitivo con nueva portada color marfilXesteira definitivo con nueva portada color marfil
Xesteira definitivo con nueva portada color marfil
satelite1
 

Was ist angesagt? (19)

Ollos de aula. nº 10
Ollos de aula. nº 10Ollos de aula. nº 10
Ollos de aula. nº 10
 
Ollos de aula. Nº 19. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 19. Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de aula. Nº 19. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 19. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
 
Ollos de aula. nº 4 (versión para imprimir en a4 a dobre cara)
Ollos de aula. nº 4 (versión para imprimir en a4 a dobre cara)Ollos de aula. nº 4 (versión para imprimir en a4 a dobre cara)
Ollos de aula. nº 4 (versión para imprimir en a4 a dobre cara)
 
Ollos de aula. nº 15. versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. nº 15. versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de aula. nº 15. versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. nº 15. versión para imprimir en A4 a dobre cara
 
Ollos de aula. nº 10. Versión para imprimir en a4 a dobre cara
Ollos de aula. nº 10. Versión para imprimir en a4 a dobre caraOllos de aula. nº 10. Versión para imprimir en a4 a dobre cara
Ollos de aula. nº 10. Versión para imprimir en a4 a dobre cara
 
Ollos de aula, nº 12. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula, nº 12. Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de aula, nº 12. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula, nº 12. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
 
Ollos de aula. Nº 21
Ollos de aula. Nº 21Ollos de aula. Nº 21
Ollos de aula. Nº 21
 
Ollos de aula. nº 13. versión para imprimir en a4 a dobre cara
Ollos de aula. nº 13. versión para imprimir en a4 a dobre caraOllos de aula. nº 13. versión para imprimir en a4 a dobre cara
Ollos de aula. nº 13. versión para imprimir en a4 a dobre cara
 
Lajartiño13
Lajartiño13Lajartiño13
Lajartiño13
 
Ollos de aula. nº 5 (versión para imprimir en A4 a dobre cara)
Ollos de aula. nº 5 (versión para imprimir en A4 a dobre cara)Ollos de aula. nº 5 (versión para imprimir en A4 a dobre cara)
Ollos de aula. nº 5 (versión para imprimir en A4 a dobre cara)
 
Ollos de aula. Nº 14
Ollos de aula. Nº 14Ollos de aula. Nº 14
Ollos de aula. Nº 14
 
Xeracións na estacada
Xeracións na estacadaXeracións na estacada
Xeracións na estacada
 
Ollos de aula. Nº 22. versión para imprimir en a4 a dobre cara (xuño de 2015)
Ollos de aula. Nº 22. versión para imprimir en a4 a dobre cara (xuño de 2015)Ollos de aula. Nº 22. versión para imprimir en a4 a dobre cara (xuño de 2015)
Ollos de aula. Nº 22. versión para imprimir en a4 a dobre cara (xuño de 2015)
 
Ollos de aula. Nº 21. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 21. Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de aula. Nº 21. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 21. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
 
Ollos de aula, nº 12
Ollos de aula, nº 12Ollos de aula, nº 12
Ollos de aula, nº 12
 
Ollos de aula. Nº 9
Ollos de aula. Nº 9Ollos de aula. Nº 9
Ollos de aula. Nº 9
 
Argalladas 2013 2014
Argalladas 2013  2014Argalladas 2013  2014
Argalladas 2013 2014
 
O xogo non ten xénero
O xogo non ten xéneroO xogo non ten xénero
O xogo non ten xénero
 
Xesteira definitivo con nueva portada color marfil
Xesteira definitivo con nueva portada color marfilXesteira definitivo con nueva portada color marfil
Xesteira definitivo con nueva portada color marfil
 

Andere mochten auch (6)

Ollos de aula. nº 20
Ollos de aula. nº 20Ollos de aula. nº 20
Ollos de aula. nº 20
 
Presentación o cazador de estrelas
Presentación o cazador de estrelasPresentación o cazador de estrelas
Presentación o cazador de estrelas
 
Ollos de aula. nº 5
Ollos de aula. nº 5Ollos de aula. nº 5
Ollos de aula. nº 5
 
A LOMCE resta aínda máis galego
A LOMCE resta aínda máis galegoA LOMCE resta aínda máis galego
A LOMCE resta aínda máis galego
 
Roberto vidal bolano._letras_galegas_2013
Roberto vidal bolano._letras_galegas_2013Roberto vidal bolano._letras_galegas_2013
Roberto vidal bolano._letras_galegas_2013
 
Recursos TIC para a normalización lingüística
Recursos TIC para a normalización lingüísticaRecursos TIC para a normalización lingüística
Recursos TIC para a normalización lingüística
 

Ähnlich wie Ollos de aula. Nº 18 (Decembro 2014)

Primaria galego final
Primaria galego finalPrimaria galego final
Primaria galego final
satelite1
 
Bloque musica-de-cores-gal
Bloque musica-de-cores-galBloque musica-de-cores-gal
Bloque musica-de-cores-gal
satelite1
 
Secundaria galego final
Secundaria galego finalSecundaria galego final
Secundaria galego final
satelite1
 

Ähnlich wie Ollos de aula. Nº 18 (Decembro 2014) (20)

Ollos de Aula. Nº 18. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de Aula. Nº 18. Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de Aula. Nº 18. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de Aula. Nº 18. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
 
Ollos de aula. Nº 9. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 9. Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de aula. Nº 9. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 9. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
 
Ollos de aula (nº 1, outubro 2012)
Ollos de aula (nº 1, outubro 2012)Ollos de aula (nº 1, outubro 2012)
Ollos de aula (nº 1, outubro 2012)
 
Ollos de aula. nº 1
Ollos de aula. nº 1Ollos de aula. nº 1
Ollos de aula. nº 1
 
Revista Autismo Galicia 2016
Revista Autismo Galicia 2016Revista Autismo Galicia 2016
Revista Autismo Galicia 2016
 
Guia de apoio_ao_estudo
Guia de apoio_ao_estudoGuia de apoio_ao_estudo
Guia de apoio_ao_estudo
 
Igualdade de xénero. Materia de libre configuración autonómica [DOG nº 174 - ...
Igualdade de xénero. Materia de libre configuración autonómica [DOG nº 174 - ...Igualdade de xénero. Materia de libre configuración autonómica [DOG nº 174 - ...
Igualdade de xénero. Materia de libre configuración autonómica [DOG nº 174 - ...
 
Ollos de aula. Nº 13
Ollos de aula. Nº 13Ollos de aula. Nº 13
Ollos de aula. Nº 13
 
Ollos de aula. Nº 19 (febreiro 2015)
Ollos de aula. Nº 19 (febreiro 2015)Ollos de aula. Nº 19 (febreiro 2015)
Ollos de aula. Nº 19 (febreiro 2015)
 
Primaria galego final
Primaria galego finalPrimaria galego final
Primaria galego final
 
"A escola tiña que ser o espazo para desmontar toda esa arquitectura da exclu...
"A escola tiña que ser o espazo para desmontar toda esa arquitectura da exclu..."A escola tiña que ser o espazo para desmontar toda esa arquitectura da exclu...
"A escola tiña que ser o espazo para desmontar toda esa arquitectura da exclu...
 
Bloque musica-de-cores-gal
Bloque musica-de-cores-galBloque musica-de-cores-gal
Bloque musica-de-cores-gal
 
Ollos de aula. Nº 22 (xuño de 2015)
Ollos de aula. Nº 22 (xuño de 2015)Ollos de aula. Nº 22 (xuño de 2015)
Ollos de aula. Nº 22 (xuño de 2015)
 
Memoria proxecto somos quen. Curso 13-14
Memoria proxecto somos quen. Curso 13-14Memoria proxecto somos quen. Curso 13-14
Memoria proxecto somos quen. Curso 13-14
 
Ollos de aula. nº 4
Ollos de aula. nº 4Ollos de aula. nº 4
Ollos de aula. nº 4
 
Ollos de aula. Nº 20. Versión en A4 para imprimir
Ollos de aula. Nº 20. Versión en A4 para imprimirOllos de aula. Nº 20. Versión en A4 para imprimir
Ollos de aula. Nº 20. Versión en A4 para imprimir
 
PXA 2021/ 22
PXA 2021/ 22PXA 2021/ 22
PXA 2021/ 22
 
Mediación social intercultural desde a perspectiva da convivencia nos centros...
Mediación social intercultural desde a perspectiva da convivencia nos centros...Mediación social intercultural desde a perspectiva da convivencia nos centros...
Mediación social intercultural desde a perspectiva da convivencia nos centros...
 
Publicación paxina web quérote (1)
Publicación paxina web quérote (1)Publicación paxina web quérote (1)
Publicación paxina web quérote (1)
 
Secundaria galego final
Secundaria galego finalSecundaria galego final
Secundaria galego final
 

Mehr von Coordinadora Galega ENDL

Mehr von Coordinadora Galega ENDL (9)

Hoxe conñecín a Uxío Novoneyra
Hoxe conñecín a Uxío NovoneyraHoxe conñecín a Uxío Novoneyra
Hoxe conñecín a Uxío Novoneyra
 
Comunicado da cgendl a respecto da concesión do premio da cultura galega 2015
Comunicado da cgendl a respecto da concesión do premio da cultura galega 2015Comunicado da cgendl a respecto da concesión do premio da cultura galega 2015
Comunicado da cgendl a respecto da concesión do premio da cultura galega 2015
 
17 cousas que podemos facer pola lingua
17 cousas que podemos facer pola lingua17 cousas que podemos facer pola lingua
17 cousas que podemos facer pola lingua
 
Melodías do noso para o Nadal
Melodías do noso para o NadalMelodías do noso para o Nadal
Melodías do noso para o Nadal
 
Ollos de aula. Nº 18 (Decembro 2014)
Ollos de aula. Nº 18 (Decembro 2014)Ollos de aula. Nº 18 (Decembro 2014)
Ollos de aula. Nº 18 (Decembro 2014)
 
Ollos de aula. Nª 16 (outubro 2014)
Ollos de aula. Nª 16 (outubro 2014)Ollos de aula. Nª 16 (outubro 2014)
Ollos de aula. Nª 16 (outubro 2014)
 
Axenda Escolar Galega 2014-2015 Terra de Seu
Axenda Escolar Galega 2014-2015 Terra de SeuAxenda Escolar Galega 2014-2015 Terra de Seu
Axenda Escolar Galega 2014-2015 Terra de Seu
 
Ollos de aula. Nº 15
Ollos de aula. Nº 15Ollos de aula. Nº 15
Ollos de aula. Nº 15
 
Ollos de aula. Nº 14. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 14. Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de aula. Nº 14. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 14. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
 

Kürzlich hochgeladen

Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 

Kürzlich hochgeladen (11)

Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
 
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
 
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelXXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
 
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfRevista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
 
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfA memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
 
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfNon penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
 
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfO Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
 

Ollos de aula. Nº 18 (Decembro 2014)

  • 1. deaula OllOs ANO III - Nº 18 Decembro 2014- xaneiro 2015 Revista para as familias do alumnado Homes para o século XXI Como é o primeiro ano de escola? O Regulamento de Réxime Interno
  • 2. 2 Dende o 2 de decembro a túa páxina web xa pode ser “.gal”. Rexistra o teu dominio, que cho poden coller! Tes toda a información en www.puntogal.org/ Arrasa en Youtube un vídeo sobre o seseo e a gheada. Mírao en http://ir.gl/29c666 Revista editada pola CGENDL www.coordinadoraendl.org ollosdeaula@gmail.com Deseño-maquetación:tallerDD.com O filme A Esmorga, baseado na novela de Blanco Amor e 100% galego, acada os 15000 espectadores na súa primeira semana. Orgullosos/as do noso cine! Todo o que buscas para poder gozar do Nadal co teu fillo/a (cartas, contos, panxoliñas…) podes atopalo en http://ir.gl/c3e3b7 Quédache cerca O Carballiño, As Pontes, Sanxenxo ou Foz? Entón deberías coñecer o programa Cinemas de Galicia. Infórmate na súa web: http://ir.gl/07f Feliz 2015 para ti e para os teus
  • 3. 3 A pregunta ? Responde: Belén Escariz Ferrín Como é o primeiro ano de escola? [Mestra de Infantil no CEIP Quintela (Moaña - Pontevedra)] Cando un neno ou unha nena comeza a escola, a familia pode vivir os momentos iniciais con certa inquietude natural, pero este primeiro ano de Educación Infantil dará lugar a grandes progre-sos no desenvolvemento motor, cognitivo, afectivo e social. O período de adaptación (PDA) é a primeira acción conxunta que toman a escola e a familia para garantir unha atención máis individualizada aos pequenos/as, axudándolles a coñecer un novo mundo e prestándolles apoio emocional para que poidan establecer relacións sociais enriquecedoras co grupo clase. A escola trae grandes cambios, axudando a regularizar horarios e hábitos, pero os progresos máis notorios danse no ámbito da autonomía persoal, xa que toda a actividade da xornada escolar está deseñada sobre a acción do propio alumnado, eles son os protagonistas das conversas, dos xogos, das aprendizaxes, das tarefas. Exprésanse, escoitan, actúan, experimentan, investigan, comparten…, en definitiva, medran. A chegada a esta comunidade de aprendizaxe actúa positiva-mente no desenvolvemento emocional a través da convivencia co grupo e da propia acción. Negocian, esperan, planean, axu-dan, apoian, é dicir, aprenden a relacionarse cos iguais, unha aprendizaxe que necesitarán ao longo de toda a súa vida. O desenvolvemento cognitivo experimenta tamén moitos avan-ces, ao ir parello á mellora da competencia lingüística. Isto oco-rre porque a comunicación de experiencias, vivencias, sentimen-tos e emocións crea un contexto natural para que a expresión oral progrese. Sobre estes importantes piares: (a autonomía persoal, o equili-brio emocional, a competencia lingüística e o desenvolvemento cognitivo) medrará un alumnado capaz de enfrontarse a todo tipo de aprendizaxes ao longo da súa incipiente vida escolar.
  • 4. A educación da masculinidade no século XXI O tema A educación debería ser un dos instrumentos fundamentais para a igualdade entre os sexos. A autora reflexiona neste artigo sobre dous aspectos da educación masculina que teñen unha grande influencia na reprodución do sexismo, e que son facilmente identificables no comportamento de moitos mozos adolescentes: a precaria relación coas súas emocións e a cultura do risco. 4 Mª Sonia Fernández Casal [Docente de Matemáticas no IES Fontexería (Muros-A Coruña)] O cambio na educación dos mozos resulta un factor determinante para que poidamos avanzar cara á consecución da igualdade entre homes e mulleres, xa que estas temos protagonizado nas últimas dé-cadas unha serie de cambios e avances que afectan a toda a sociedade, pero dos que os homes non teñen participado de forma activa. Un reto fundamental deste século debe ser construír novos modelos de masculinidade que rompan con aqueles elementos da educación masculina tradicio-nal nos que se sustenta a discriminación de xénero. De conseguírmolo, non só han saír gañando as mu-lleres e a sociedade no seu conxunto, senón que tamén terá aspectos moi enriquecedores para os mozos. Se ben é certo que, no camiño cara á igualdade, os homes teñen que renunciar aos privilexios que como colectivo lles reserva a sociedade –mellores soldos, máis tempo libre, maior autoridade, servizo domésti-co…– tamén o é que a menor esperanza de vida do sexo masculino, as taxas maiores de accidentes de tráfico, de fracaso escolar, drogodependencia, delincuencia, accidentes laborais… teñen moito que ver co mo-delo masculino tradi-cional que se lles segue a ofrecer, case como única al-ternativa, ás novas xera-cións. Un primeiro paso cara á edu-cación de futuros
  • 5. homes igualitarios debe ser ensinarlles aos nenos e aos adolescentes a relacionárense coas súas emocións. A educación tradicional convida os nenos a non expresar, a ocultar, negar ou relativizar sentimentos como a tristeza, o medo, a vulnerabilidade, a empatía, a tenrura, a necesidade de consolo… Este proceso, continuado ao longo de anos, fai que xa de adultos moitos homes teñan non só dificultades para expresar as súas necesidades afectivas, senón mesmo para identificalas, o que, en contra das aparencias, os converte en adultos con baixa tolerancia á frustración e dependentes a nivel afectivo e emocional. Son adultos proxectados cara ao exterior, pero moi pouco conectados co seu mundo interior e, polo tanto, cun mundo afectivo e emocional mutilado, que empobre-ce as súas vidas: o coidado propio e o doutras persoas reséntese como consecuencia desa desconexión emocional. Outro factor que hai que desac-tivar con urxencia é a cultura do Un reto deste século debe ser construír novos modelos de masculinidade risco que leva a nenos, adolescentes e adultos a desprezar a súa propia seguridade para conseguiren o recoñecemento e a admira-ción dos demais. O “valor” nun home fusiona a súa valía coa súa valentía, e lévao a considerar o propio corpo coma invulnerable. Poñerse en situacións de risco é expresión máxima desa afouteza mal entendida, o que propicia condutas tan destrutivas como a condución temeraria, tipicamente masculina. Afrontando situacións de risco, os adolescentes alimentan o seu sentimen-to de superioridade fronte a outros membros do grupo e fronte a todas as mulleres, e isto repre-senta, polo tanto, un aspecto fundamental na reprodución do sexismo. Velaquí, pois, un par de propos-tas para axudar a nenos e adoles-centes a superar o asfixiante molde da masculinidade tradicional, para se-
  • 6. Palabras do ensino Lines Salgado 6 {RRI} No inesgotable campo das siglas do ensino, ocupá-monos hoxe do RRI, é dicir, do Regulamento de Réxime Interno. É este un documento que ten que existir en todos os centros educativos e que recolle as súas normas de fun-cionamento. Inclúe aspectos moi variados cos que toda a comunidade educativa ten que traballar: os principios que rexerán a actividade do centro, os horarios, as instalacións, normas básicas de funciona-mento (horarios, excursións, cualificacións, materiais, etc.) e un apartado moi coñecido, sobre todo por ser utilizado moi habi-tualmente, que son as normas de convivencia. Neste epígrafe recóllense os dereitos e debe-res do alumnado e o proto-colo de actuación no caso de condutas contrarias á conviven-cia escolar, é dicir, as sancións posibles e os encargados de levalas a efecto. A diferenza do PEC (Proxec-to Educativo de Centro), máis abstracto e xeral, o RRI é a tri-pa, o menú do día dos centros de ensino.
  • 7. CADENCIAS Gracia Santorum 7 O rabaño. A editorial La fragatina publica na nosa lingua este álbum de Margarita del Mazo con ilustracións de Guri-di que nos achega un novo punto de vista sobre conciliar o sono. As ovellas deste libro teñen unha vida moi doada, xa que non deben pensar nin saltar o mandado, é dicir, comer, durmir... e axudar a durmir. Que é unha tarefa ben impor-tante! E para axudar aos humanos, só hai que saltar en rin-gleira e coa numeración apropiada. Pero que ocorre cando unha se rebela, converténdose nunha ovella negra? Para cavilar Para ler Para saber Ícaro. Álbum de Federico Delicado, gañador do VII Premio Internacional Compostela. De-mostración de que este xénero non é só infan-til, xa que ofrece múltiples lecturas e diferentes interpretacións ante un texto que non sabemos se conta unha historia fantástica con final feliz ou unha realidade cruel da que cómpre evadir-se. Dúas tonalidades nas súas páxinas e dife-rentes tipos de letra para amosar a realidade e os recordos. Un libro imprescindible, fermoso, diferente. Os dereitos da infancia. En 1959 a ONU aprobou a De-claración Universal dos Dereitos do Neno. Dez principios que perseguen garantir a nenos e nenas os coidados, a protección e a educación necesarios. Neste libro, cada un destes dez principios ten o seu propio conto de dez autores e autoras, ilustrados todos eles por Emilio Ur-beruaga. Un obxectivo común: lembrarnos a importancia desta Declaración e lembrarlles a lectores e lectoras que estes existen e non deben esquecelos, senón reclamalos. Porque son fundamentais para construír un futuro mellor.
  • 8. Da lingua O punto máis especial 8 Neste mundo frenético da comunicación instantánea, resulta cada vez máis complicado atopar un elemento que nos distinga entre o incesante balbordo de mensaxes e imaxes. E a comunidade que non atope axiña un signo distintivo, unha marca de calidade, ficará condenada a que a súa voz caia no esquecemento dun cemiterio virtual. Por iso, xa vai sendo hora de que as galegas e os galegos reivin-diquemos o noso punto. Un punto de distinción. Un punto de elegancia. Un punto que suma e sobresae. O noso punto .gal, coqueto e xuvenil. Para que na rede tamén saiban de onde vimos e onde estamos. Xusto aquí, neste recuncho do planeta onde o porvir se escribe con gue de galego.