1. PROXECTO DECOGOBERNO PARA O CONCELLO DE FORCAREI.
Dende o BNG-Foro Forcareie tralos resultados electorais no concello de
Forcareinos cales a cidadanía votou por un cambio de goberno, dende o
BNG-Foro Forcareicremos necesario un programa de goberno que
garanta uns tempos novos para o noso concello.
De xeito urxente creemos que se deben acometer as seguintes propostas
UN CONCELLO PARA TRABALLAR.
1.- Abaratar o prezo do solo industrial. Actualmente sitúase por riba dos
30€/m2, cando en anteriores mandatos se situou a 6€/m2. Abaratar os
custes de implantación para as empresas ao tempo que se xera solo
industrial adaptando a creación á demanda real.
2.- Esixencia da mellora das vías de comunicación do noso concello
retomando a licitación da autovía que conecte Pontevedra – Lalín,
vertebrando a provincia e dando servizo á Galiza baleira.
3.- Porase en marcha un plan de fomento de negocios
deficitarios/inexistentes segundo núcleos urbanos do concello. Pescadería,
servizo de taxi...
4.- Carencia de impostosdurante2 anos paraas pequenas empresasque se
creen e para aquelas que traspasen a propiedade por xubilación.
5.- Fomentarasee promocionaraseo pequeno comercio con campañas de
animación e promoción nas principais épocas festivas.
Promocionarase o uso da rúa polos negocios existentes.
UN CONCELLO PARA VIVIR.
6.- Crearase a axencia/servizo urbanística municipal. Reorganizarase o
persoal municipal, elaborándose un catálogo de edificacións en venta ou
aluguer, promovendo a incorporación daquelas edificacións que ameacen
ruína nos nosos núcleos. Disporansemedidas sancionadoras para aqueles
inmobles que supoñan un risco para a seguridade seguindo a Lei de
Rehabilitación, Rexeneración e Renovación Urbana que se está a tramitar
ao tempo que se promove a rehabilitación.
2. Solicitaremos de Catastro a revisión de parcelas para que aquelas que
pagan como urbanas e non teñen servizos pasen a considerarse como
rústicas sen cargar impositivamente de maneira inxusta aos propietarios.
7.- Elaborarase un plan turístico municipal. Ordearase e difundiremos as
actividades turísticas do concello, mellorando a oferta de espazos de ocio
enfocando no turismo verde, pondo en valor dos espazos naturais da rede
natura 2000 do concello: Serra do Candán, Serra do Cando e Brañas de
Xestoso.Estableceremosunha ruta queuna todas elas coa gastronomíanos
locais hosteleiros do concello, especialmente no outono/primavera e nas
cidades próximas para aproveitar os picos de turismo e atraer o turismo
desestacionalizado, época onde Forcarei ten o seu maior potencial.
8.- Promoverase un convenio de cesión co organismo estatal SAREB das
máis de 20 vivendas das quedispón no concello de Forcareipara a posta en
aluguer social ou a mozos a prezos non superiores aos 250€/mes.
9.- Mélloras hídricas e loita contra o cambio climático: Renovarasea traída
de augasmunicipal no pobo de Forcarei,acolléndonos a fondosFEDERpara
reducción de efectos do cambio climático, minorando gasto para o
orzamentomunicipal. Melloraremos a traida deauga no polígono industrial
David Raposeiras, correxindo os problemas de sobrepresión.
Estableceremos unha rede municipal de hidrantes e tomas de auga en
todos os pobos. Incluiranse dentro do Plan de Emerxencias Municipal e
facilitarase a labor dos bombeiros do GES a crear, mellorando a protección
das vivendas.
Cumprimento da lei 3/2007 de prevención de incendios de Galicia.
10.- Melloras de eficiencia no gasto. Cambiarase a iluminación pública do
concello pasando á tecnoloxía LED mediante convenios con Deputación e
IDAE da Xunta deGalicia. Aforraremosun70%dosmáisde 200.000€anuais
de gasto, destinando eseaforro ás medidas deautoprotección dos núcleos.
Impulsaremos a participación en programas europeos FEDER, sobre todo
aqueles destinados a crecemento sostible, para implementar medidas de
reducción das emisións de dióxido de carbono.
Reduciremos o gasto en recollida do lixo actuando sobre plásticos agrarios
así como sobor da fracción orgánica, que supón o 40% do peso do lixo que
se recolle nos concellos.
3. UN CONCELLO CON SERVIZOS
1.- Prestaremos de xeito inmediato o servizo de axuda no fogar aos 69
dependentes que o viñan recibindo. Axilizaremos a concesión de novas
horas de dependencia a aqueles casos en emerxencia social.
2.- Impulsaremos a creación dun centro de día para os nosos maiores nos
edificios municipais infrautilizados, pondo en valor as edificacións e
facilitando a atención a persoas con dificultades durante a ausencia dos
familiares.
3.- Esixiremos de maneira inmediata a dotación do facultativo de atención
primaria suprimido do centro de saúde de Soutelo de Montes.
Esixiremosde maneira inmediata a prestaciónde tódalas horasdepediatría
no centro de saúde de Forcarei.
4.-Crearase un campamento de verán/ludoteca para que os nenos de
familias traballadoras poidan estar atendidos sen sair do concello,
facilitando a conciliación da vida familiar e laboral.
5.- Fomentaremos a actividade deportiva entre os xóvenes. Dotaremos de
herba sintética, iluminación e vestiarios adaptados para ambos sexos ao
campo municipal de Forcarei, apoiando a labor da Escola de fútbol base
4. No tocante á acción de cogoberno do BNG establécense tres áreas de
traballo, coa correspondente asignación económica: Educación e cultura,
Emerxencias e Rural.
EDUCACIÓN E CULTURA.
1.- Poremos en marcha o plan Madruga municipal para que os pais con
horarios de traballo máis extensos cá actividade escolar poidan deixar aos
nenos no colexio e ir a traballar.
2.- Colaboraremos coas asociacións denais e pais do concello coa dotación
de subvencións económicas para o funcionamento e posta en valor dos
centros educativos.
3.- Representaremos ao concello no consello escolar.
4.- Colaboraremos coas asociacións denais e pais do concello coa dotación
de subvencións económicas para o funcionamento e posta en valor dos
centros educativos.
5.- Colaboraremos coas asociacións culturais e asociacións de veciños para
o funcionamento e posta en valor das súas actividades. Reordenación usos
auditorio e dotación de locais a asociacións.
6.- Promocionaremos o camiño dos Arrieiros polo concello, con axudas a
propietarios para o seu desbroce e a hosteleiros para a mellora da súa
oferta aos camiñantes. Apoiaremos o adecentamento de construccións e
agro no percorrido do mesmo.
7.- Crearemos a figura da “aldea singular”. Dotación de 5.000 euros anuais
para o proxecto ganador entre tódolos que presenten aqueles pobos do
noso concello que o desexen, destinados á rehabilitación, decoro e
prestación de servizos integrados e integrais.
8.- Promoveremos a declaración da Muiñeira de Chantada como ben de
interese cultural inmaterial. Crearemos o roteiro Avelino Cachafeiro que
complemente a oferta do camiño dos Arrieiros en Soutelo de Montes.
Promocionaremos a Festa do Gaiteiro
Promoveremos no 2020 a dedicación do día das letras galegas ao cineasta
Chano Piñeiro, emblema da cultura forcaricense.
9.-Poremos en valor os importantes restos arqueolóxicos e monumentos
ruinosos do noso concello, especialmente capela de San Amaro en Meavía,
5. Pazo de Hermosende en Millerada, Torre Fortaleza do Castro de
Presqueiras e Torre da alarma de Barciela. Catalogaremos e poremos en
valor todo o riquísimo patrimonio do concello.
10.- Abriremos ao público a oficina de información turística existente en
Soutelo de Montes en colaboración cos locais hosteleiros do pobo.
RURAL.
1.- Poremos en marcha unha lonxa forestal que xerará 2 postos de traballo
por parroquia, un total de 26 empregos indirectos coa venta de produtos
que hoxe están sen aproveitar das nosas 46 comunidades de montes.
2.- Crearemos un viveiro de empresas con capacidade para 4
emprendedores. Poremos a dispor das novas ideas unha oficina gratuíta
durante un ano, potenciando sobre todo o emprego feminino e xuvenil.
3.- Redactaremos o Plan de Protección contra incendios forestais,
delimitando a franxa de protección de 50 metros obrigatoria arredor dos
nosos pobos así como as medidas de autoprotección dos núcleos.
4.- Impulsaremos a cesión da casa da que dispón a consellería de Medio
Ambiente na Serra do Candán en Aciveiro, actualmente en mal estado para
restaurala e adicala a albergue con capacidade para 6 persoas. Promoción
da ruta a Grobas en Millerada, Vileriño e Trasdomonte.
5.- Subvencionaremos eapoiaremos a plantación de cereais e a fruticultura
con cultivos respetuosos co medio cerca dos ríos para favorecer a caza e
pesca ordeadas en colaboración co TECOR de Forcarei.
6.- Promoveremos a conservación das nosascarballeiras ea súa expansión,
cun plan para a ampliación radial das mesmas en colaboración cos
propietarios e comunidades de montes veciñais en man común.
Promocionaremos os sendeiros e o uso das mesmas pola poboación.
7.- Fomentaremos que o concello teña participación directa co 10% da
porcentaxe dos beneficios que calquera parque eólico estableza no temo
municipal, sector que previsiblemente nos vindeiros anos vai a
experimentar unha renovación nas instalacións existentes.
8.-Redactaremos unha ordenanza municipal para a saca de madeira.
Definiremos as responsabilidades e garantías para un uso responsabledas
6. vías por parte das empresas madeireiras establecendo a necesidade de
restauración en caso de danos ao común.
9. Recuperaremos dúas presas de muiños ou de rega en cada parroquia
para favorecer a recuperación da troita e mellora ambiental.
10.- Esixiremos da Xunta de Galicia a dotación estable de persoal á oficina
de extensión agraria do concello.
EMERXENCIAS.
1.-Impulsaremosacreacióndun GrupodeEmerxencias Supramunicipalcon
alo menos 12 bombeiros quedé seguridadeás empresas e particulares que
seinstalen no noso concello, reducindo a menos de 20 minutos o tempo de
reacción no noso concello.
Reordenaremos os servizos de protección civil.
2.- Estableceremos unha rede municipal de hidrantes e tomas de auga en
todos os pobos. Incluiranse dentro do Plan de Emerxencias Municipal e
facilitarase a labor dos bombeiros do GES a crear, mellorando a protección
das vivendas.
3.- Redactaremos o Plan de Emerxencias municipal, no cal recolleremos
todos os perigos, recursos e infraestructuras do termo municipal para ter
unha respostamáis áxil ante calquera emerxencia, mellorando a protección
das empresas e da poboación.