SlideShare ist ein Scribd-Unternehmen logo
1 von 24
Downloaden Sie, um offline zu lesen
LIBROS
ELECTRÓNICOS
PLATAFORMAS GRATUÍTAS DE PRÉSTAMO
DE LIBROS ELECTRÓNICOS E CONTIDOS DIXITAIS DA
BIBLIOTECA PROVINCIAL DA CORUÑA
Le en dixital
EBOOK DICORUNA para préstamo de libros electrónicos
ODILO TK para préstamo de películas, libros electrónicos,
audiolibros ou pílulas educativas.
Riego de Agua, 37
15001 A Coruña
Teléfono 981 080 176
biblioteca.info@dacoruna.gal
BIBLIOTECA PROVINCIAL DA CORUÑA
Plataformas de préstamo electrónico Biblioteca Provincial da Coruña
1
CONTIDOS
1. Que son as plataformas eBook DiCoruna e OdiloTK................................................................. 2
2. Como inscribirte para utilizar as plataformas de préstamo electrónico................................... 2
3. Como acceder ás plataformas cando xa te inscribiches. .......................................................... 3
4. Cales son as normas de préstamo............................................................................................. 3
5. Como ler desde un ordenador, móbil intelixente, tableta ou lector de libro electrónico........ 3
6. Guía de uso de OdiloTK............................................................................................................. 5
6.1. Como facer buscas.............................................................................................. 5
6.2. Ficha da obra....................................................................................................... 8
6.3. Como prestar, reservar e devolver obras. ........................................................ 12
6.4. Accións dispoñibles desde “A miña conta”....................................................... 14
6.5. Dúbidas e axuda do programa.......................................................................... 14
7. Guía de uso de eBook diCoruna.............................................................................................. 15
7.1. Como buscar ..................................................................................................... 15
7.2. Ficha da obra..................................................................................................... 17
7.3. Como prestar, reservar e devolver obras ......................................................... 19
7.4. Accións dispoñibles desde “A miña conta”....................................................... 21
7.5. Dúbidas e axuda do programa.......................................................................... 22
Plataformas de préstamo electrónico Biblioteca Provincial da Coruña
2
Guía de uso de eBook DiCoruna e OdiloTK
1. Que son as plataformas eBook DiCoruna e OdiloTK.
Son as plataformas de préstamo electrónico que a Biblioteca da Deputación da
Coruña pon a disposición de todas as persoas usuarias da Biblioteca e das
bibliotecas dos concellos da provincia da Coruña.
A plataforma eBook DiCoruna permite prestar libros electrónicos. Accédese
desde http://ebook.dicoruna.es ou desde a app gratuíta eBookDiCoruna
dispoñible na Play Store e na Apple Store.
A plataforma eBibliodaCoruña Odilo TK permite prestar, ademais de libros
electrónicos, películas, audiolibros, pílulas educativas e outros contidos dixitais.
Accédese desde https://ebibliodacoruna.odilotk.es ou desde a app gratuíta
OdiloApp dispoñible na Play Store e na Apple Store.
2. Como inscribirte para utilizar as plataformas de préstamo electrónico.
Para poder inscribirte e usar as plataformas debes cumprir os seguintes
requisitos:
- Ser usuario/a dalgunha biblioteca municipal da provincia ou da Biblioteca
da Deputación da Coruña.
- Ter, como mínimo, 15 anos.
- Dispoñer dun enderezo de correo electrónico.
- Contar con un dispositivo de lectura: ordenador persoal, teléfono
intelixente, tableta, libro electrónico… Poderás ler desde os dispositivos que ti
elixas.
Se cumpres todos os puntos anteriores, podes solicitar a inscrición na túa
biblioteca ou na web: http://deputaciondacoruna.tubiblioweb.com/prestamo-
dixital/
Plataformas de préstamo electrónico Biblioteca Provincial da Coruña
3
3. Como acceder ás plataformas cando xa te inscribiches.
Para acceder a Ebook DiCoruna, unha vez feita a inscrición, recibirás dúas
mensaxes de correo electrónico: unha deles confirmando a túa alta, e outra
para que establezas o teu contrasinal. Desde ese momento xa podes utilizar a
plataforma.
Para acceder a Odilo TK recibirás unha mensaxe de correo electrónico co teu
usuario e contrasinal, xunto co enlace para acceder. Desde ese momento xa
podes utilizar a plataforma utilizando as túas claves.
4. Cales son as normas de préstamo.
- En cada plataforma podes levar en préstamo 2 libros (ou películas,
audiolibros, etc.).
- A duración do préstamo é de 21 días, e non se pode renovar.
- Cando venza o préstamo, non é preciso devolver os libros, xa que
desaparecerán automaticamente da túa conta.
- Podes reservar ata 2 libros á vez en cada plataforma. Cando a túa reserva
estea dispoñible, recibirás unha mensaxe de correo electrónico. Desde ese
momento dispós de 48 horas para prestar.
- Cada libro electrónico só admite un máximo de 5 reservas. Se estás
intentando facer unha reserva e non podes, posiblemente se deba a que se
superou o número de reservas permitidas.
5. Como ler desde un ordenador, móbil intelixente, tableta ou lector de
libro electrónico.
Podes ler de varias maneiras. A maneira máis sinxela de ler, que só require un
dispositivo con conexión a internet, é facelo en liña. Para iso só necesitas
acceder ás plataformas de préstamo electrónico da Biblioteca (eBook diCoruna
e OdiloTK), acceder en cada unha co teu usuario e contrasinal correspondente,
buscar o libro que desexes tomar en préstamo e premer en “Prestar” ou “Tomar
en préstamo”. O libro préstase ao teu nome na túa conta e xa podes comezar a
Plataformas de préstamo electrónico Biblioteca Provincial da Coruña
4
ler. En caso de que non estea dispoñible porque o teña prestado outro/a
lector/a, aparecerá a opción de “Reservar”, por se desexas reservalo.
Se queres descargar os libros no ordenador, para logo lelos ou transferilos a un
ou varios dispositivos (ata 6 diferentes, que poden ser móbil, tableta, lector de
libros electrónicos), completa os seguintes pasos:
1- Descarga o programa Adobe Digital Editions (dispoñible en:
http://www.adobe.com/es/products/digital-editions/download.html)
2- Crea unha conta Adobe ID. Podes facelo desde o programa Adobe Digital
Editions, premendo en “Axuda”, despois “Autorizar equipo” e a continuación
“Crear ID de Adobe”. Segue os pasos, e recorda o teu usuario e contrasinal.
3- Entra de novo en Adobe Digital Editions, vai a “Axuda” e preme “Autorizar
equipo”. Introduce o usuario e contrasinal de Adobe ID que creaches no paso
anterior.
4- Entra nas plataformas de préstamo electrónico da Biblioteca (eBook
diCoruna e OdiloTK), accede co correspondente usuario e contrasinal a cada
unha delas. Busca o libro que desexes tomar en préstamo, e preme en
“Prestar” ou “Tomar en préstamo”. O libro xa se prestou na túa conta.
5- Agora preme en “Descargar”. Cando remate a descarga, aparecerá o
símbolo na parte inferior esquerda da pantalla. Preme enriba, e
automaticamente abrirase o libro para ler en Adobe Digital Editions. Xa podes
comezar a lectura!
Para ler no teu lector de libros electrónicos, primeiro completa todos os pasos
anteriores, e a continuación:
6- Abre o programa Adobe Digital Editions no teu ordenador.
7- Acende o teu libro electrónico e conéctao con cable ao ordenador.
8- No libro electrónico aparecerá unha mensaxe preguntando se queres
conectar o libro en modo transferencia de datos: debes premer en “SI”.
Plataformas de préstamo electrónico Biblioteca Provincial da Coruña
5
9- Se o teu lector de libros electrónicos é compatible con Adobe DRM, o
programa Adobe Digital Editions recoñecerao de inmediato, e mostrarase no
apartado “Dispositivos”.
10- No menú “Dispositivos”, preme en “Opcións do dispositivo” e a continuación
en “Autorizar dispositivo”. Adobe Digital Editions mostrará unha mensaxe
indicando a conta de Adobe ID á que quedou vinculado o libro electrónico. Xa
se poden transferir libros entre o ordenador e o teu libro electrónico.
6. Guía de uso de OdiloTK.
6.1. Como facer buscas.
Unha vez que entras na OdiloTK, a portada que visualizarás será a seguinte:
Accede co teu usuario e contrasinal (no apartado “A miña conta”, arriba á
dereita).
No centro da pantalla de inicio, na parte superior, aparece o recadro de busca,
desde o cal podes buscar no catálogo por nome do autor ou autora, título da
obra, editorial, materia (temática da obra), ISBN, data de publicación, ou por
todos os campos ao mesmo tempo.
Por defecto aparece seleccionada a busca sinxela, pero tamén podes
seleccionar a busca avanzada, para buscar por varios campos á vez:
Plataformas de préstamo electrónico Biblioteca Provincial da Coruña
6
Unha vez que facemos a busca, devolve unha serie de resultados:
Se xa devolve o libro que estamos buscando, podes saltar os pasos seguintes
que explican o filtrado dos resultados, e avanzar ata o punto 6.2. Ficha da obra.
Se son moitos resultados, estes poden filtrarse utilizando a columna da
esquerda. Por defecto, pódese filtrar directamente por materia, por autor,
editorial, e polo ano de publicación.
Pero ademais existen outra serie de filtros que se poden engadir premendo en
“Filtros adicionais”:
Plataformas de préstamo electrónico Biblioteca Provincial da Coruña
7
Por exemplo, se queres filtrar por idioma, desprega a relación de filtros, logo
preme no recadro correspondente a “Idioma”, a continuación en “Mostrar”, e xa
nos aparece na pantalla de resultados na columna de esquerda como outro
filtro que podes empregar. Agora premes enriba do idioma no que queres que
estea a obra que buscamos, e eliminará todo o que non estea no idioma
desexado:
Na parte superior da listaxe de resultados tamén podes utilizar outro tipo de
filtros, como pode verse no exemplo seguinte:
Plataformas de préstamo electrónico Biblioteca Provincial da Coruña
8
Estas opcións son: buscar por palabra clave dentro da listaxe de resultados
que obtivemos; seleccionar o tipo de material que queremos, que poderá ser
libro electrónico, vídeo (películas) ou audio (audiolibros): e ademais, nos botóns
da dereita podes gardar a busca que fixeches na túa listaxe de buscas ou ben
imprimila.
Unha vez que localizaches a obra que che interesa, preme enriba e ábrese a
ficha da obra.
6.2. Ficha da obra
Unha vez que localizaches o exemplar que che interesa, se premes enriba
abres a ficha do libro, onde podes realizar varias opcións. A ficha ten a
seguinte aparencia:
Plataformas de préstamo electrónico Biblioteca Provincial da Coruña
9
Nesta pantalla de detalles podes obter moita información sobre a obra e
realizar varias accións.
Por exemplo, podes ver a portada do libro (ou a portada no caso de que sexa
unha película), e xusto debaixo as visitas que obtivo o exemplar e as veces que
foi prestado. Ademais, se algún lector ou lectora lle engadiu algunha
valoración, poderás vela expresada en estrelas do 1 ao 5.
Na parte inferior podes ver a descrición dos datos do exemplar, e un apartado
de comentarios onde ler os comentarios doutros lectores.
Na parte central da pantalla podes ler a sinopse da obra. Se o/a autor/a conta
cunha entrada na Wikipedia, aparece un símbolo de W nun círculo negro ao
lado do seu nome. Se queres saber máis sobre a autoría, preme sobre o
símbolo e abrirase a ficha na Wikipedia.
Na mesma parte central podes, se xa liches a obra, engadir comentarios, ou
engadir a obra a unha listaxe que ti podes crear para organizar as túas
lecturas (por exemplo, libros lidos, libros pendentes, libros que me
recomendaron…).
Se aínda non tes unha listaxe creada e queres crear unha, escribe no recadro o
nome da listaxe que desexas crear. Por exemplo, “Pendentes de ler”. Podes
Plataformas de préstamo electrónico Biblioteca Provincial da Coruña
10
seleccionar se queres que a listaxe sexa privada (que só poidas vela ti) ou
pública.
Unha vez que tes a listaxe definida, preme en “Crear e engadir”. Abriráseche
unha nova pantalla coa nova listaxe e o exemplar que acabas de engadir:
Desde esa pantalla podes eliminar a listaxe, eliminar o libro da listaxe
(seleccionando o símbolo do lixo) ou seleccionar o símbolo de adición (+) para
ver máis información sobre o libro.
Se queres engadir un comentario, selecciona o símbolo de engadir un
comentario, e abriráseche o seguinte cadro de diálogo:
Plataformas de préstamo electrónico Biblioteca Provincial da Coruña
11
Escribe o comentario que desexas engadir, acepta as condicións de uso, e
selecciona “Enviar”. A partir dese momento o teu comentario aparecerá xunto
cos dos outros lectores ao lado da descrición da obra.
Á dereita da pantalla dispós doutras accións que podes realizar como
compartir o exemplar nas redes sociais: Facebook, Twitter, Google+ ou
Pinterest. Ademais, se premes no símbolo da ligazón (laranxa), aparecerache
xusto debaixo, e podes copialo para compartilo ou utilizalo como ti desexes.
Debaixo das opcións de compartir nas redes, podes ver outros datos da obra:
en que formatos está dispoñible (Descarga para ler sen conexión a internet ou
“En tempo real” para ler conectado a internet); que número de copias hai da
obra, e que número delas están dispoñibles (non prestadas); a colección á que
pertence (se a ten), e o número de ISBN.
Na parte central da ficha dispós da “Vista previa”, onde podes ver como
mostra as primeiras páxinas do libro, ou os primeiros segundos da película ou
audiolibros.
Plataformas de préstamo electrónico Biblioteca Provincial da Coruña
12
6.3. Como prestar, reservar e devolver obras.
Prestar.
Unha vez que localizaches o libro que desexas ler, preme sobre a obra e
abriráseche a ficha da obra. Se está dispoñible podes premer en “Prestar” e
automaticamente quedará prestado na túa conta.
Unha vez que premes en “Prestar”, ábrese unha ventá emerxente, coa opción
de “Visualizar” (para ler en liña con conexión a internet, sen descargalo), ou
“Descargar” para ler sen conexión a internet ou nun lector de libros
electrónicos:
Se o queres descargar, lembra que cando remate de descargarse aparecerá o
símbolo da descarga na túa pantalla abaixo á esquerda. Preme nel e iniciarase
Plataformas de préstamo electrónico Biblioteca Provincial da Coruña
13
automaticamente o programa Adobe Digital Editions, onde o terás dispoñible
para ler.
Reservar.
Se o libro que queres prestar non está dispoñible, non aparecerá a opción
“Prestar”, pero terás a opción de reservalo premendo no correspondente botón.
Podes reservar un máximo de 2 exemplares simultaneamente, e cada
exemplar admite unha listaxe de reserva de 5 exemplares. Se non che permite
reservar, posiblemente sexa porque se superaron o límite de reservas que
fixeches ou o límite de reservas que unha obra pode ter.
Cando o exemplar que reservaches estea dispoñible, recibirás unha mensaxe
de correo electrónico avisándote de que xa podes prestalo, para o que dispós
dun máximo de 48 horas desde que recibes a mensaxe.
No caso de que pase ese prazo sen que prestes a obra, eliminarase a reserva
e estará dispoñible só para a seguinte persoa que a reservou, no caso de que
tivera máis reservas, ou quedará libre para que calquera a poida prestar, se
non as ten.
Devolver.
A duración do préstamo é de 21 días. Cada vez que accedas á plataforma co
teu usuario e contrasinal, accede á “Miña conta” e poderás ver os libros que tes
prestados e o tempo que che queda para rematar de lelo.
Non é necesario que esteas pendente de devolvelo, porque cando remate o
prazo desaparecerache automaticamente da túa conta.
Se queres volver a levalo en préstamo, tes que volver prestalo.
Plataformas de préstamo electrónico Biblioteca Provincial da Coruña
14
6.4. Accións dispoñibles desde “A miña conta”
Desde o menú “A miña conta” dispoñible na pantalla da plataforma arriba á
dereita, podes acceder aos préstamos que tes en vigor para visualizalos, lelos
ou descargalos; podes ver as túas reservas, modificar os teus datos persoais,
ver o historial de préstamos que tes feito, ver as túas listaxes creadas e
modificalas, ver as buscas gardadas, e notificacións.
6.5. Dúbidas e axuda do programa.
Na parte superior dereita da pantalla tes un símbolo de “Axuda”. Premendo nel
atoparás unha extensa guía na cal poderás solucionar dúbidas sobre o
funcionamento do programa.
Se aínda así non atopas resposta á túa pregunta, contacta coa Biblioteca da
Deputación escribindo unha mensaxe de correo electrónico ao enderezo
biblioteca.info@dacoruna.gal. Ou ben preme no símbolo “Info” (ao lado do
símbolo “Axuda”) e a continuación en “Contacto biblioteca”: saltará unha ventá
onde poderás ver todas as formas de contactar coa Biblioteca para formular as
túas dúbidas (teléfono, enderezo , enderezo de correo electrónico).
Plataformas de préstamo electrónico Biblioteca Provincial da Coruña
15
7. Guía de uso de eBook diCoruna
Unha vez que accedes, a pantalla que visualizarás é a seguinte:
Para poder utilizar todas as funcionalidades, inicia sesión coas túas claves en
“Iniciar sesión” arriba á dereita.
Premendo no logo da Biblioteca da Deputación, abrirase a páxina web da
Biblioteca.
Premendo na imaxe dos dispositivos electrónicos, abrirase unha pequena
explicación sobre como ler os libros electrónicos. A información é similar á do
apartado “5. Como ler desde un ordenador, móbil intelixente, tableta ou libro
electrónico” desta guía.
7.1. Como buscar
Tes varias formas de buscar e explorar o catálogo.
a) Unha delas é a busca temática. Á esquerda da pantalla atoparás unha
clasificación temática dos libros electrónicos dispoñibles. Premendo en cada
temática accederás á selección de obras que corresponde con esa temática.
Plataformas de préstamo electrónico Biblioteca Provincial da Coruña
16
b) Explorando o catálogo por categorías. Na barra superior da pantalla,
premendo en “Explorar catálogo”, desenvólvense as opcións de “Catálogo
completo”, que leva á relación de todas as obras dispoñibles; “Novidades”, que
leva á relación das últimas obras incorporadas á plataforma; “Recomendados”;
“Devoltos recentemente”, onde consultar as obras que outros lectores acaban
de ler”; e “Ver temáticas”, que leva á clasificación de obras polas mesmas
categorías temáticas que a barra temática da esquerda da pantalla de inicio.
c) Na parte central da pantalla, no cadro de busca, podes procurar por autoría,
título, ISBN… Se a autoría ou título que estás buscando coincide con algún que
hai no catálogo, debaixo da busca aparecerá o nome ou título. Premendo nel
lévate á obra ou selección de obras correspondentes.
En calquera dos tres xeitos de busca, lévate a unha selección de resultados
coa seguinte aparencia:
Plataformas de préstamo electrónico Biblioteca Provincial da Coruña
17
Unha vez nela, desde o apartado “Mostrar” podes filtrar as obras por varios
criterios: “Vídeos”, “Descarga con DRM” (é imprescindible ter instalado o
programa Adobe Digital Editions e unha conta Adobe ID para poder descargar:
consultar o apartado 5.), ou “Lectura Cloud” (permite a lectura da obra desde o
navegador de calquera dispositivo con conexión a internet).
Tamén podes ordenar as obras por orde alfabética do título ou do autor, ou ben
por orde de data de publicación. Para isto dispós das opcións de ordenación
premendo en “Ordenar por”.
Por último, podes mostrar ou ocultar o cadro de busca en calquera pantalla que
esteas premendo na lupa.
7.2. Ficha da obra
Unha vez que atopes o libro que che interesa, preme enriba e abrirase a ficha
da obra, coa seguinte aparencia:
Plataformas de préstamo electrónico Biblioteca Provincial da Coruña
18
Nesta ficha poderás ver a portada da obra, unha sinopse do contido xusto
debaixo, e outros detalles do libro abaixo á dereita, como o formato ou a lingua
en que está escrito.
Premendo no nome do/a autor/a, se este/a dispón doutras obras no catálogo, a
ligazón lévate a unha ficha con outras obras da mesma autoría, e ás veces un
pequeno resumo sobre a súa traxectoria. Por exemplo:
Volvendo á ficha da obra, debaixo do nome do autor ou autora podes ver
detalles como a lingua, o número de páxinas do libro e a data de publicación.
Ademais, se algún lector valorou o libro, aparecerá reflectido xusto debaixo
expresado en estrelas.
Plataformas de préstamo electrónico Biblioteca Provincial da Coruña
19
Xusto debaixo, tes unha pequena información sobre as diferentes opción que
tes para ler, como nas aplicacións para iOS e Android, a descarga con Adobe
DRM ou "Ler en liña". As diferentes nas que podes ler veñen explicadas máis
polo miúdo no apartado “5. Como ler desde un ordenador, móbil intelixente,
tableta ou libro electrónico”.
Finalmente, tes dous botóns para ler unha mostra (as primeiras páxinas do
libro) ou ben tomalo en préstamo.
7.3. Como prestar, reservar e devolver obras
Prestar
Unha vez localizada a obra que desexas tomar en préstamo, preme en "Tomar
en préstamo", e aparecerá outra ventá coa mensaxe “O préstamo realizouse
correctamente”:
As opcións das que dispós a continuación son “Ler” para comezar a ler no teu
navegador ou ben “Descargar” para descargar o libro ao teu ordenador e
transferilos a outros dispositivos. Se xa completaches os pasos do apartado 5
sobre como ler nos dispositivos compatibles, a obra descargarase
automaticamente e estará dispoñible no teu programa Adobe Digital Editions.
Plataformas de préstamo electrónico Biblioteca Provincial da Coruña
20
Reservar
Se a obra que desexas ler está prestada a outro lector ou lectora, en vez de
“Tomar en préstamo” a opción que aparece na pantalla inicial ou na selección
de resultados é “Baixo reserva”, e na ficha da obra é “Reservar”:
Se premes en Reservar, saltará a mensaxe de “A reserva realizouse
correctamente”:
Cando a obra estea dispoñible para a túa quenda, recibirás unha mensaxe de
correo electrónico para que accedas á plataforma e a collas en préstamo. A
partir dese momento dispós de 48 horas para coller prestado. Se pasado ese
prazo non colles a obra en préstamo, a reserva eliminarase e pasará ao
Plataformas de préstamo electrónico Biblioteca Provincial da Coruña
21
seguinte lector ou lectora da listaxe de reserva, se hai máis, ou quedará
dispoñible para que calquera o tome en préstamo, se non hai máis reservas.
Se desexas anular a reserva, preme o botón “Cancelar reserva”. Poderás
confirmar que se cancelou porque saltará a mensaxe “A reserva cancelouse
correctamente”.
Devolver
Unha vez que colles un libro en préstamo, dispós de 21 días para lelo, e non se
pode renovar. Non é preciso que esteas pendente do día de devolución, xa que
esgotado o prazo o libro desaparecerá automaticamente da túa conta, polo que
nunca se producen atrasos nin sancións.
7.4. Accións dispoñibles desde “A miña conta”
Desde a túa conta podes realizar varias accións. Cando te identificas coas túas
claves, se premes no teu nome dispós destas opcións:
“Os meus libros”: poderás ver os libros que tes en préstamo, premer en ler ou
descargar, e no caso de que algún deles estea recentemente prestado, podes
devolvelo anticipadamente (esta opción non é recomendable xa que a
acumulación de devolucións anticipadas pode devir en sanción):
Plataformas de préstamo electrónico Biblioteca Provincial da Coruña
22
“Os meus dispositivos”: poderás ver os dispositivos cos que accediches á túa
conta ou nos que descargaches a aplicación:
“Cambiar contrasinal” dáche a opción de poñer outra clave de acceso:
Por último, tes a opción de “Desconectar” para pechar a sesión.
7.5. Dúbidas e axuda do programa
Na barra superior no centro da pantalla dispós da opción “Como funciona
eBook DiCoruna?”, a partir do cal podes acceder a “Normas de préstamo”,
onde atoparás as indicacións para prestar, reservar ou devolver explicadas no
apartado 4 desta guía.
Plataformas de préstamo electrónico Biblioteca Provincial da Coruña
23
Desde esa opción tamén podes acceder a “Normas xerais” con axuda para o
manexo do propio programa e aclaracións sobre como inscribirse e ler libros
electrónicos.
Se non consegues resolver as túas dúbidas, escríbenos unha mensaxe de
correo electrónico ao enderezo biblioteca.info@dacoruna.gal

Weitere ähnliche Inhalte

Mehr von Bibliotecadicoruna

Mostra Bibliográfica: #AVoltaÁProvinciaEn52Autoras_2023.pdf [Guía de Lectura]
Mostra Bibliográfica: #AVoltaÁProvinciaEn52Autoras_2023.pdf [Guía de Lectura]Mostra Bibliográfica: #AVoltaÁProvinciaEn52Autoras_2023.pdf [Guía de Lectura]
Mostra Bibliográfica: #AVoltaÁProvinciaEn52Autoras_2023.pdf [Guía de Lectura]
Bibliotecadicoruna
 

Mehr von Bibliotecadicoruna (20)

Biblioteca Provincial. Boletín de novidades de abril
Biblioteca Provincial. Boletín de novidades de abrilBiblioteca Provincial. Boletín de novidades de abril
Biblioteca Provincial. Boletín de novidades de abril
 
Marzo 2024 Boletin novidades Biblioteca Provincial Deputación da Coruña.pdf
Marzo 2024 Boletin novidades Biblioteca Provincial Deputación da Coruña.pdfMarzo 2024 Boletin novidades Biblioteca Provincial Deputación da Coruña.pdf
Marzo 2024 Boletin novidades Biblioteca Provincial Deputación da Coruña.pdf
 
Mostra Bibliográfica: #AVoltaÁProvinciaEn52Autoras_2023.pdf [Guía de Lectura]
Mostra Bibliográfica: #AVoltaÁProvinciaEn52Autoras_2023.pdf [Guía de Lectura]Mostra Bibliográfica: #AVoltaÁProvinciaEn52Autoras_2023.pdf [Guía de Lectura]
Mostra Bibliográfica: #AVoltaÁProvinciaEn52Autoras_2023.pdf [Guía de Lectura]
 
Boletín de novidades febreiro 2024. Biblioteca Provincial da Deputación da Co...
Boletín de novidades febreiro 2024. Biblioteca Provincial da Deputación da Co...Boletín de novidades febreiro 2024. Biblioteca Provincial da Deputación da Co...
Boletín de novidades febreiro 2024. Biblioteca Provincial da Deputación da Co...
 
Boletín eBiblioDaCoruna febreiro 2024.pdf
Boletín eBiblioDaCoruna febreiro 2024.pdfBoletín eBiblioDaCoruna febreiro 2024.pdf
Boletín eBiblioDaCoruna febreiro 2024.pdf
 
Boletín de novidades xaneiro 2024. Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña
Boletín de novidades xaneiro 2024. Biblioteca Provincial da Deputación da CoruñaBoletín de novidades xaneiro 2024. Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña
Boletín de novidades xaneiro 2024. Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña
 
Boletín da EbiblioDaCoruna xaneiro de 2024
Boletín da EbiblioDaCoruna xaneiro de 2024Boletín da EbiblioDaCoruna xaneiro de 2024
Boletín da EbiblioDaCoruna xaneiro de 2024
 
25 anos sen Gonzalo Torrente Ballester : a súa obra na Biblioteca Provincial ...
25 anos sen Gonzalo Torrente Ballester : a súa obra na Biblioteca Provincial ...25 anos sen Gonzalo Torrente Ballester : a súa obra na Biblioteca Provincial ...
25 anos sen Gonzalo Torrente Ballester : a súa obra na Biblioteca Provincial ...
 
Guía de lectura dos Premios de Narrativa Torrente Ballester
Guía de lectura dos Premios de Narrativa Torrente BallesterGuía de lectura dos Premios de Narrativa Torrente Ballester
Guía de lectura dos Premios de Narrativa Torrente Ballester
 
Boletín de novidades decembro 2023. Biblioteca Provincial da Deputación da Co...
Boletín de novidades decembro 2023. Biblioteca Provincial da Deputación da Co...Boletín de novidades decembro 2023. Biblioteca Provincial da Deputación da Co...
Boletín de novidades decembro 2023. Biblioteca Provincial da Deputación da Co...
 
Boletín de novidades da EbiblioDaCoruna decembro 2023
Boletín de novidades da EbiblioDaCoruna decembro 2023Boletín de novidades da EbiblioDaCoruna decembro 2023
Boletín de novidades da EbiblioDaCoruna decembro 2023
 
Boletín de novidades novembro 2023. Biblioteca Provincial da Deputación da Co...
Boletín de novidades novembro 2023. Biblioteca Provincial da Deputación da Co...Boletín de novidades novembro 2023. Biblioteca Provincial da Deputación da Co...
Boletín de novidades novembro 2023. Biblioteca Provincial da Deputación da Co...
 
Boletín novidades EbiblioDaCoruna novembro 2023
Boletín novidades EbiblioDaCoruna novembro 2023Boletín novidades EbiblioDaCoruna novembro 2023
Boletín novidades EbiblioDaCoruna novembro 2023
 
Guía de lectura violencia de xénero 2023.Biblioteca da Deputación da Coruña.pdf
Guía de lectura violencia de xénero 2023.Biblioteca da Deputación da Coruña.pdfGuía de lectura violencia de xénero 2023.Biblioteca da Deputación da Coruña.pdf
Guía de lectura violencia de xénero 2023.Biblioteca da Deputación da Coruña.pdf
 
LibrosUnicos_GuiaLectura_Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña.pdf
LibrosUnicos_GuiaLectura_Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña.pdfLibrosUnicos_GuiaLectura_Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña.pdf
LibrosUnicos_GuiaLectura_Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña.pdf
 
Boletín de novidades outubro 2023. Biblioteca Provincial da Deputación da Cor...
Boletín de novidades outubro 2023. Biblioteca Provincial da Deputación da Cor...Boletín de novidades outubro 2023. Biblioteca Provincial da Deputación da Cor...
Boletín de novidades outubro 2023. Biblioteca Provincial da Deputación da Cor...
 
Boletín de novidades da EbiblioDaCoruna outubro 2023.pdf
Boletín de novidades da EbiblioDaCoruna outubro 2023.pdfBoletín de novidades da EbiblioDaCoruna outubro 2023.pdf
Boletín de novidades da EbiblioDaCoruna outubro 2023.pdf
 
Boletín de novidades setembro 2023. Biblioteca Provincial da Deputación da Co...
Boletín de novidades setembro 2023. Biblioteca Provincial da Deputación da Co...Boletín de novidades setembro 2023. Biblioteca Provincial da Deputación da Co...
Boletín de novidades setembro 2023. Biblioteca Provincial da Deputación da Co...
 
Boletín de novidades EbiblioDaCoruna setembro 2023
Boletín de novidades EbiblioDaCoruna setembro 2023Boletín de novidades EbiblioDaCoruna setembro 2023
Boletín de novidades EbiblioDaCoruna setembro 2023
 
Boletín de novidades agosto 2023. Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña
Boletín de novidades agosto 2023. Biblioteca Provincial da Deputación da CoruñaBoletín de novidades agosto 2023. Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña
Boletín de novidades agosto 2023. Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña
 

Kürzlich hochgeladen

Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 

Kürzlich hochgeladen (12)

Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
 
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfO Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
 
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxGUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
 
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfRevista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
 
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelXXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
 
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfA memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
 
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
 
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfNon penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
 

Guía plataformas galego

  • 1. LIBROS ELECTRÓNICOS PLATAFORMAS GRATUÍTAS DE PRÉSTAMO DE LIBROS ELECTRÓNICOS E CONTIDOS DIXITAIS DA BIBLIOTECA PROVINCIAL DA CORUÑA Le en dixital EBOOK DICORUNA para préstamo de libros electrónicos ODILO TK para préstamo de películas, libros electrónicos, audiolibros ou pílulas educativas. Riego de Agua, 37 15001 A Coruña Teléfono 981 080 176 biblioteca.info@dacoruna.gal BIBLIOTECA PROVINCIAL DA CORUÑA
  • 2. Plataformas de préstamo electrónico Biblioteca Provincial da Coruña 1 CONTIDOS 1. Que son as plataformas eBook DiCoruna e OdiloTK................................................................. 2 2. Como inscribirte para utilizar as plataformas de préstamo electrónico................................... 2 3. Como acceder ás plataformas cando xa te inscribiches. .......................................................... 3 4. Cales son as normas de préstamo............................................................................................. 3 5. Como ler desde un ordenador, móbil intelixente, tableta ou lector de libro electrónico........ 3 6. Guía de uso de OdiloTK............................................................................................................. 5 6.1. Como facer buscas.............................................................................................. 5 6.2. Ficha da obra....................................................................................................... 8 6.3. Como prestar, reservar e devolver obras. ........................................................ 12 6.4. Accións dispoñibles desde “A miña conta”....................................................... 14 6.5. Dúbidas e axuda do programa.......................................................................... 14 7. Guía de uso de eBook diCoruna.............................................................................................. 15 7.1. Como buscar ..................................................................................................... 15 7.2. Ficha da obra..................................................................................................... 17 7.3. Como prestar, reservar e devolver obras ......................................................... 19 7.4. Accións dispoñibles desde “A miña conta”....................................................... 21 7.5. Dúbidas e axuda do programa.......................................................................... 22
  • 3. Plataformas de préstamo electrónico Biblioteca Provincial da Coruña 2 Guía de uso de eBook DiCoruna e OdiloTK 1. Que son as plataformas eBook DiCoruna e OdiloTK. Son as plataformas de préstamo electrónico que a Biblioteca da Deputación da Coruña pon a disposición de todas as persoas usuarias da Biblioteca e das bibliotecas dos concellos da provincia da Coruña. A plataforma eBook DiCoruna permite prestar libros electrónicos. Accédese desde http://ebook.dicoruna.es ou desde a app gratuíta eBookDiCoruna dispoñible na Play Store e na Apple Store. A plataforma eBibliodaCoruña Odilo TK permite prestar, ademais de libros electrónicos, películas, audiolibros, pílulas educativas e outros contidos dixitais. Accédese desde https://ebibliodacoruna.odilotk.es ou desde a app gratuíta OdiloApp dispoñible na Play Store e na Apple Store. 2. Como inscribirte para utilizar as plataformas de préstamo electrónico. Para poder inscribirte e usar as plataformas debes cumprir os seguintes requisitos: - Ser usuario/a dalgunha biblioteca municipal da provincia ou da Biblioteca da Deputación da Coruña. - Ter, como mínimo, 15 anos. - Dispoñer dun enderezo de correo electrónico. - Contar con un dispositivo de lectura: ordenador persoal, teléfono intelixente, tableta, libro electrónico… Poderás ler desde os dispositivos que ti elixas. Se cumpres todos os puntos anteriores, podes solicitar a inscrición na túa biblioteca ou na web: http://deputaciondacoruna.tubiblioweb.com/prestamo- dixital/
  • 4. Plataformas de préstamo electrónico Biblioteca Provincial da Coruña 3 3. Como acceder ás plataformas cando xa te inscribiches. Para acceder a Ebook DiCoruna, unha vez feita a inscrición, recibirás dúas mensaxes de correo electrónico: unha deles confirmando a túa alta, e outra para que establezas o teu contrasinal. Desde ese momento xa podes utilizar a plataforma. Para acceder a Odilo TK recibirás unha mensaxe de correo electrónico co teu usuario e contrasinal, xunto co enlace para acceder. Desde ese momento xa podes utilizar a plataforma utilizando as túas claves. 4. Cales son as normas de préstamo. - En cada plataforma podes levar en préstamo 2 libros (ou películas, audiolibros, etc.). - A duración do préstamo é de 21 días, e non se pode renovar. - Cando venza o préstamo, non é preciso devolver os libros, xa que desaparecerán automaticamente da túa conta. - Podes reservar ata 2 libros á vez en cada plataforma. Cando a túa reserva estea dispoñible, recibirás unha mensaxe de correo electrónico. Desde ese momento dispós de 48 horas para prestar. - Cada libro electrónico só admite un máximo de 5 reservas. Se estás intentando facer unha reserva e non podes, posiblemente se deba a que se superou o número de reservas permitidas. 5. Como ler desde un ordenador, móbil intelixente, tableta ou lector de libro electrónico. Podes ler de varias maneiras. A maneira máis sinxela de ler, que só require un dispositivo con conexión a internet, é facelo en liña. Para iso só necesitas acceder ás plataformas de préstamo electrónico da Biblioteca (eBook diCoruna e OdiloTK), acceder en cada unha co teu usuario e contrasinal correspondente, buscar o libro que desexes tomar en préstamo e premer en “Prestar” ou “Tomar en préstamo”. O libro préstase ao teu nome na túa conta e xa podes comezar a
  • 5. Plataformas de préstamo electrónico Biblioteca Provincial da Coruña 4 ler. En caso de que non estea dispoñible porque o teña prestado outro/a lector/a, aparecerá a opción de “Reservar”, por se desexas reservalo. Se queres descargar os libros no ordenador, para logo lelos ou transferilos a un ou varios dispositivos (ata 6 diferentes, que poden ser móbil, tableta, lector de libros electrónicos), completa os seguintes pasos: 1- Descarga o programa Adobe Digital Editions (dispoñible en: http://www.adobe.com/es/products/digital-editions/download.html) 2- Crea unha conta Adobe ID. Podes facelo desde o programa Adobe Digital Editions, premendo en “Axuda”, despois “Autorizar equipo” e a continuación “Crear ID de Adobe”. Segue os pasos, e recorda o teu usuario e contrasinal. 3- Entra de novo en Adobe Digital Editions, vai a “Axuda” e preme “Autorizar equipo”. Introduce o usuario e contrasinal de Adobe ID que creaches no paso anterior. 4- Entra nas plataformas de préstamo electrónico da Biblioteca (eBook diCoruna e OdiloTK), accede co correspondente usuario e contrasinal a cada unha delas. Busca o libro que desexes tomar en préstamo, e preme en “Prestar” ou “Tomar en préstamo”. O libro xa se prestou na túa conta. 5- Agora preme en “Descargar”. Cando remate a descarga, aparecerá o símbolo na parte inferior esquerda da pantalla. Preme enriba, e automaticamente abrirase o libro para ler en Adobe Digital Editions. Xa podes comezar a lectura! Para ler no teu lector de libros electrónicos, primeiro completa todos os pasos anteriores, e a continuación: 6- Abre o programa Adobe Digital Editions no teu ordenador. 7- Acende o teu libro electrónico e conéctao con cable ao ordenador. 8- No libro electrónico aparecerá unha mensaxe preguntando se queres conectar o libro en modo transferencia de datos: debes premer en “SI”.
  • 6. Plataformas de préstamo electrónico Biblioteca Provincial da Coruña 5 9- Se o teu lector de libros electrónicos é compatible con Adobe DRM, o programa Adobe Digital Editions recoñecerao de inmediato, e mostrarase no apartado “Dispositivos”. 10- No menú “Dispositivos”, preme en “Opcións do dispositivo” e a continuación en “Autorizar dispositivo”. Adobe Digital Editions mostrará unha mensaxe indicando a conta de Adobe ID á que quedou vinculado o libro electrónico. Xa se poden transferir libros entre o ordenador e o teu libro electrónico. 6. Guía de uso de OdiloTK. 6.1. Como facer buscas. Unha vez que entras na OdiloTK, a portada que visualizarás será a seguinte: Accede co teu usuario e contrasinal (no apartado “A miña conta”, arriba á dereita). No centro da pantalla de inicio, na parte superior, aparece o recadro de busca, desde o cal podes buscar no catálogo por nome do autor ou autora, título da obra, editorial, materia (temática da obra), ISBN, data de publicación, ou por todos os campos ao mesmo tempo. Por defecto aparece seleccionada a busca sinxela, pero tamén podes seleccionar a busca avanzada, para buscar por varios campos á vez:
  • 7. Plataformas de préstamo electrónico Biblioteca Provincial da Coruña 6 Unha vez que facemos a busca, devolve unha serie de resultados: Se xa devolve o libro que estamos buscando, podes saltar os pasos seguintes que explican o filtrado dos resultados, e avanzar ata o punto 6.2. Ficha da obra. Se son moitos resultados, estes poden filtrarse utilizando a columna da esquerda. Por defecto, pódese filtrar directamente por materia, por autor, editorial, e polo ano de publicación. Pero ademais existen outra serie de filtros que se poden engadir premendo en “Filtros adicionais”:
  • 8. Plataformas de préstamo electrónico Biblioteca Provincial da Coruña 7 Por exemplo, se queres filtrar por idioma, desprega a relación de filtros, logo preme no recadro correspondente a “Idioma”, a continuación en “Mostrar”, e xa nos aparece na pantalla de resultados na columna de esquerda como outro filtro que podes empregar. Agora premes enriba do idioma no que queres que estea a obra que buscamos, e eliminará todo o que non estea no idioma desexado: Na parte superior da listaxe de resultados tamén podes utilizar outro tipo de filtros, como pode verse no exemplo seguinte:
  • 9. Plataformas de préstamo electrónico Biblioteca Provincial da Coruña 8 Estas opcións son: buscar por palabra clave dentro da listaxe de resultados que obtivemos; seleccionar o tipo de material que queremos, que poderá ser libro electrónico, vídeo (películas) ou audio (audiolibros): e ademais, nos botóns da dereita podes gardar a busca que fixeches na túa listaxe de buscas ou ben imprimila. Unha vez que localizaches a obra que che interesa, preme enriba e ábrese a ficha da obra. 6.2. Ficha da obra Unha vez que localizaches o exemplar que che interesa, se premes enriba abres a ficha do libro, onde podes realizar varias opcións. A ficha ten a seguinte aparencia:
  • 10. Plataformas de préstamo electrónico Biblioteca Provincial da Coruña 9 Nesta pantalla de detalles podes obter moita información sobre a obra e realizar varias accións. Por exemplo, podes ver a portada do libro (ou a portada no caso de que sexa unha película), e xusto debaixo as visitas que obtivo o exemplar e as veces que foi prestado. Ademais, se algún lector ou lectora lle engadiu algunha valoración, poderás vela expresada en estrelas do 1 ao 5. Na parte inferior podes ver a descrición dos datos do exemplar, e un apartado de comentarios onde ler os comentarios doutros lectores. Na parte central da pantalla podes ler a sinopse da obra. Se o/a autor/a conta cunha entrada na Wikipedia, aparece un símbolo de W nun círculo negro ao lado do seu nome. Se queres saber máis sobre a autoría, preme sobre o símbolo e abrirase a ficha na Wikipedia. Na mesma parte central podes, se xa liches a obra, engadir comentarios, ou engadir a obra a unha listaxe que ti podes crear para organizar as túas lecturas (por exemplo, libros lidos, libros pendentes, libros que me recomendaron…). Se aínda non tes unha listaxe creada e queres crear unha, escribe no recadro o nome da listaxe que desexas crear. Por exemplo, “Pendentes de ler”. Podes
  • 11. Plataformas de préstamo electrónico Biblioteca Provincial da Coruña 10 seleccionar se queres que a listaxe sexa privada (que só poidas vela ti) ou pública. Unha vez que tes a listaxe definida, preme en “Crear e engadir”. Abriráseche unha nova pantalla coa nova listaxe e o exemplar que acabas de engadir: Desde esa pantalla podes eliminar a listaxe, eliminar o libro da listaxe (seleccionando o símbolo do lixo) ou seleccionar o símbolo de adición (+) para ver máis información sobre o libro. Se queres engadir un comentario, selecciona o símbolo de engadir un comentario, e abriráseche o seguinte cadro de diálogo:
  • 12. Plataformas de préstamo electrónico Biblioteca Provincial da Coruña 11 Escribe o comentario que desexas engadir, acepta as condicións de uso, e selecciona “Enviar”. A partir dese momento o teu comentario aparecerá xunto cos dos outros lectores ao lado da descrición da obra. Á dereita da pantalla dispós doutras accións que podes realizar como compartir o exemplar nas redes sociais: Facebook, Twitter, Google+ ou Pinterest. Ademais, se premes no símbolo da ligazón (laranxa), aparecerache xusto debaixo, e podes copialo para compartilo ou utilizalo como ti desexes. Debaixo das opcións de compartir nas redes, podes ver outros datos da obra: en que formatos está dispoñible (Descarga para ler sen conexión a internet ou “En tempo real” para ler conectado a internet); que número de copias hai da obra, e que número delas están dispoñibles (non prestadas); a colección á que pertence (se a ten), e o número de ISBN. Na parte central da ficha dispós da “Vista previa”, onde podes ver como mostra as primeiras páxinas do libro, ou os primeiros segundos da película ou audiolibros.
  • 13. Plataformas de préstamo electrónico Biblioteca Provincial da Coruña 12 6.3. Como prestar, reservar e devolver obras. Prestar. Unha vez que localizaches o libro que desexas ler, preme sobre a obra e abriráseche a ficha da obra. Se está dispoñible podes premer en “Prestar” e automaticamente quedará prestado na túa conta. Unha vez que premes en “Prestar”, ábrese unha ventá emerxente, coa opción de “Visualizar” (para ler en liña con conexión a internet, sen descargalo), ou “Descargar” para ler sen conexión a internet ou nun lector de libros electrónicos: Se o queres descargar, lembra que cando remate de descargarse aparecerá o símbolo da descarga na túa pantalla abaixo á esquerda. Preme nel e iniciarase
  • 14. Plataformas de préstamo electrónico Biblioteca Provincial da Coruña 13 automaticamente o programa Adobe Digital Editions, onde o terás dispoñible para ler. Reservar. Se o libro que queres prestar non está dispoñible, non aparecerá a opción “Prestar”, pero terás a opción de reservalo premendo no correspondente botón. Podes reservar un máximo de 2 exemplares simultaneamente, e cada exemplar admite unha listaxe de reserva de 5 exemplares. Se non che permite reservar, posiblemente sexa porque se superaron o límite de reservas que fixeches ou o límite de reservas que unha obra pode ter. Cando o exemplar que reservaches estea dispoñible, recibirás unha mensaxe de correo electrónico avisándote de que xa podes prestalo, para o que dispós dun máximo de 48 horas desde que recibes a mensaxe. No caso de que pase ese prazo sen que prestes a obra, eliminarase a reserva e estará dispoñible só para a seguinte persoa que a reservou, no caso de que tivera máis reservas, ou quedará libre para que calquera a poida prestar, se non as ten. Devolver. A duración do préstamo é de 21 días. Cada vez que accedas á plataforma co teu usuario e contrasinal, accede á “Miña conta” e poderás ver os libros que tes prestados e o tempo que che queda para rematar de lelo. Non é necesario que esteas pendente de devolvelo, porque cando remate o prazo desaparecerache automaticamente da túa conta. Se queres volver a levalo en préstamo, tes que volver prestalo.
  • 15. Plataformas de préstamo electrónico Biblioteca Provincial da Coruña 14 6.4. Accións dispoñibles desde “A miña conta” Desde o menú “A miña conta” dispoñible na pantalla da plataforma arriba á dereita, podes acceder aos préstamos que tes en vigor para visualizalos, lelos ou descargalos; podes ver as túas reservas, modificar os teus datos persoais, ver o historial de préstamos que tes feito, ver as túas listaxes creadas e modificalas, ver as buscas gardadas, e notificacións. 6.5. Dúbidas e axuda do programa. Na parte superior dereita da pantalla tes un símbolo de “Axuda”. Premendo nel atoparás unha extensa guía na cal poderás solucionar dúbidas sobre o funcionamento do programa. Se aínda así non atopas resposta á túa pregunta, contacta coa Biblioteca da Deputación escribindo unha mensaxe de correo electrónico ao enderezo biblioteca.info@dacoruna.gal. Ou ben preme no símbolo “Info” (ao lado do símbolo “Axuda”) e a continuación en “Contacto biblioteca”: saltará unha ventá onde poderás ver todas as formas de contactar coa Biblioteca para formular as túas dúbidas (teléfono, enderezo , enderezo de correo electrónico).
  • 16. Plataformas de préstamo electrónico Biblioteca Provincial da Coruña 15 7. Guía de uso de eBook diCoruna Unha vez que accedes, a pantalla que visualizarás é a seguinte: Para poder utilizar todas as funcionalidades, inicia sesión coas túas claves en “Iniciar sesión” arriba á dereita. Premendo no logo da Biblioteca da Deputación, abrirase a páxina web da Biblioteca. Premendo na imaxe dos dispositivos electrónicos, abrirase unha pequena explicación sobre como ler os libros electrónicos. A información é similar á do apartado “5. Como ler desde un ordenador, móbil intelixente, tableta ou libro electrónico” desta guía. 7.1. Como buscar Tes varias formas de buscar e explorar o catálogo. a) Unha delas é a busca temática. Á esquerda da pantalla atoparás unha clasificación temática dos libros electrónicos dispoñibles. Premendo en cada temática accederás á selección de obras que corresponde con esa temática.
  • 17. Plataformas de préstamo electrónico Biblioteca Provincial da Coruña 16 b) Explorando o catálogo por categorías. Na barra superior da pantalla, premendo en “Explorar catálogo”, desenvólvense as opcións de “Catálogo completo”, que leva á relación de todas as obras dispoñibles; “Novidades”, que leva á relación das últimas obras incorporadas á plataforma; “Recomendados”; “Devoltos recentemente”, onde consultar as obras que outros lectores acaban de ler”; e “Ver temáticas”, que leva á clasificación de obras polas mesmas categorías temáticas que a barra temática da esquerda da pantalla de inicio. c) Na parte central da pantalla, no cadro de busca, podes procurar por autoría, título, ISBN… Se a autoría ou título que estás buscando coincide con algún que hai no catálogo, debaixo da busca aparecerá o nome ou título. Premendo nel lévate á obra ou selección de obras correspondentes. En calquera dos tres xeitos de busca, lévate a unha selección de resultados coa seguinte aparencia:
  • 18. Plataformas de préstamo electrónico Biblioteca Provincial da Coruña 17 Unha vez nela, desde o apartado “Mostrar” podes filtrar as obras por varios criterios: “Vídeos”, “Descarga con DRM” (é imprescindible ter instalado o programa Adobe Digital Editions e unha conta Adobe ID para poder descargar: consultar o apartado 5.), ou “Lectura Cloud” (permite a lectura da obra desde o navegador de calquera dispositivo con conexión a internet). Tamén podes ordenar as obras por orde alfabética do título ou do autor, ou ben por orde de data de publicación. Para isto dispós das opcións de ordenación premendo en “Ordenar por”. Por último, podes mostrar ou ocultar o cadro de busca en calquera pantalla que esteas premendo na lupa. 7.2. Ficha da obra Unha vez que atopes o libro que che interesa, preme enriba e abrirase a ficha da obra, coa seguinte aparencia:
  • 19. Plataformas de préstamo electrónico Biblioteca Provincial da Coruña 18 Nesta ficha poderás ver a portada da obra, unha sinopse do contido xusto debaixo, e outros detalles do libro abaixo á dereita, como o formato ou a lingua en que está escrito. Premendo no nome do/a autor/a, se este/a dispón doutras obras no catálogo, a ligazón lévate a unha ficha con outras obras da mesma autoría, e ás veces un pequeno resumo sobre a súa traxectoria. Por exemplo: Volvendo á ficha da obra, debaixo do nome do autor ou autora podes ver detalles como a lingua, o número de páxinas do libro e a data de publicación. Ademais, se algún lector valorou o libro, aparecerá reflectido xusto debaixo expresado en estrelas.
  • 20. Plataformas de préstamo electrónico Biblioteca Provincial da Coruña 19 Xusto debaixo, tes unha pequena información sobre as diferentes opción que tes para ler, como nas aplicacións para iOS e Android, a descarga con Adobe DRM ou "Ler en liña". As diferentes nas que podes ler veñen explicadas máis polo miúdo no apartado “5. Como ler desde un ordenador, móbil intelixente, tableta ou libro electrónico”. Finalmente, tes dous botóns para ler unha mostra (as primeiras páxinas do libro) ou ben tomalo en préstamo. 7.3. Como prestar, reservar e devolver obras Prestar Unha vez localizada a obra que desexas tomar en préstamo, preme en "Tomar en préstamo", e aparecerá outra ventá coa mensaxe “O préstamo realizouse correctamente”: As opcións das que dispós a continuación son “Ler” para comezar a ler no teu navegador ou ben “Descargar” para descargar o libro ao teu ordenador e transferilos a outros dispositivos. Se xa completaches os pasos do apartado 5 sobre como ler nos dispositivos compatibles, a obra descargarase automaticamente e estará dispoñible no teu programa Adobe Digital Editions.
  • 21. Plataformas de préstamo electrónico Biblioteca Provincial da Coruña 20 Reservar Se a obra que desexas ler está prestada a outro lector ou lectora, en vez de “Tomar en préstamo” a opción que aparece na pantalla inicial ou na selección de resultados é “Baixo reserva”, e na ficha da obra é “Reservar”: Se premes en Reservar, saltará a mensaxe de “A reserva realizouse correctamente”: Cando a obra estea dispoñible para a túa quenda, recibirás unha mensaxe de correo electrónico para que accedas á plataforma e a collas en préstamo. A partir dese momento dispós de 48 horas para coller prestado. Se pasado ese prazo non colles a obra en préstamo, a reserva eliminarase e pasará ao
  • 22. Plataformas de préstamo electrónico Biblioteca Provincial da Coruña 21 seguinte lector ou lectora da listaxe de reserva, se hai máis, ou quedará dispoñible para que calquera o tome en préstamo, se non hai máis reservas. Se desexas anular a reserva, preme o botón “Cancelar reserva”. Poderás confirmar que se cancelou porque saltará a mensaxe “A reserva cancelouse correctamente”. Devolver Unha vez que colles un libro en préstamo, dispós de 21 días para lelo, e non se pode renovar. Non é preciso que esteas pendente do día de devolución, xa que esgotado o prazo o libro desaparecerá automaticamente da túa conta, polo que nunca se producen atrasos nin sancións. 7.4. Accións dispoñibles desde “A miña conta” Desde a túa conta podes realizar varias accións. Cando te identificas coas túas claves, se premes no teu nome dispós destas opcións: “Os meus libros”: poderás ver os libros que tes en préstamo, premer en ler ou descargar, e no caso de que algún deles estea recentemente prestado, podes devolvelo anticipadamente (esta opción non é recomendable xa que a acumulación de devolucións anticipadas pode devir en sanción):
  • 23. Plataformas de préstamo electrónico Biblioteca Provincial da Coruña 22 “Os meus dispositivos”: poderás ver os dispositivos cos que accediches á túa conta ou nos que descargaches a aplicación: “Cambiar contrasinal” dáche a opción de poñer outra clave de acceso: Por último, tes a opción de “Desconectar” para pechar a sesión. 7.5. Dúbidas e axuda do programa Na barra superior no centro da pantalla dispós da opción “Como funciona eBook DiCoruna?”, a partir do cal podes acceder a “Normas de préstamo”, onde atoparás as indicacións para prestar, reservar ou devolver explicadas no apartado 4 desta guía.
  • 24. Plataformas de préstamo electrónico Biblioteca Provincial da Coruña 23 Desde esa opción tamén podes acceder a “Normas xerais” con axuda para o manexo do propio programa e aclaracións sobre como inscribirse e ler libros electrónicos. Se non consegues resolver as túas dúbidas, escríbenos unha mensaxe de correo electrónico ao enderezo biblioteca.info@dacoruna.gal