SlideShare ist ein Scribd-Unternehmen logo
1 von 6
Downloaden Sie, um offline zu lesen
Literatura Galega
                                         do Século XX e da Actualidade

                                                     Xosé Luna
              (Esta entrevista foi realizada polas
            alumnas do IES Manuel García Barros
           MARÍA XESÚS ALDARIZ CARBÓN e SARA
           CARDONA VALCÁRCEL o día 19 de Maio
                           do 2006)




                                                      Entrevista
                                               IES Manuel García Barros
                                                      A Estrada


                                                                             Texto: © Cc-by-sa-3.0
                                                                     Fotos: © Todos os dereitos reservados
viernes 17 de febrero de 2012
Xosé Luna

                1.       Para comezar, como non, preguntarlle cál foi o sentimento que o levou a emprender a súa carreira literaria.

                Escribir é unha forma de vivir outras vidas, outro xeito de Soñar. Un comeza a escribir porque gusta de ler e gusta de escoitar
                historias… E chega un momento en que, sen facer ruído e sen que ninguén se entere, un comeza a facer esas historias e a pólas por
                escrito. Creo que un escritor ten moito de “Ladrón de historias”.

                2.       Xa, adentrándonos no libro 90 Cousiñas, no que é destacable o seu amor pola terra estradense, queriamos saber se dunha
                         maneira directa ou indirecta influíu na súa forma de escribir, o feito de criarse na Estrada.

                Por suposto, como vos conto en Stradapop, “no atlas da vida o meu pobo leva
                sempre nome de estrada, aquí nacín e aquí quero vivir...” Penso que para ben
                ou para mal a miña escrita ten sempre, como pano de fondo, o meu pobo, ese
                lugar entre o ceo e o mar, A Estrada.

                3.       Seguindo co citado libro, poderíanos dicir cal é a “Cousiña” que
                         recorda con máis agarimo das 90 contidas no libro?

                Todas teñen o seu aquel… aínda que a que leva por título “A vida” ía dedicada
                a unha rapaza, alumna miña, chamada Lady Bibiana, que deixou a vida nun
                accidente de coche.

                                                                                                          Foto coas alumnas que realizaron a entrevista.
                4.       Deixando de centrarnos no interior do libro, e mirando máis o seu exterior, chamounos a atención o debuxo da súa portada, e
                         gustaríanos saber qué significa para vostede.

                A portada é da autoría dun magnífico artista e dunha magnífica persoa ao que lle dedico unha “Cousiña” no libro e que responde ao
                nome de Manolo Fragoso; o seu quefacer creativo é un universo no que é moi doado soñar; porque Manolo gusta de facer torres no ar
                no Mar da Vida. A portada é unha explosión onírica de colores, unha fada cunha variña máxica descende do ceo quizais para repetirnos
                a todos que o máis máxico que existe é a realidade da Vida…




viernes 17 de febrero de 2012
Xosé Luna

             5.      Hai opinións que corroboran que o estado psicolóxico, os sentimentos e as distintas situacións que se poden dar na vida dos
                     autores inflúen directamente na súa literatura. Está de acordo vostede con isto, ou pensa que son cousas totalmente
                     independentes?

             Si, claro. Eu sempre digo que unha persoa (e un escritor é unha persoa) é, basicamente, o que Vive mais o que Soña mais o que Le,
             mais o que Ama… mais o que Escribe… E todo isto (vivencias, soños, lecturas, amores…) inflúe totalmente na escrita.

                                                                                6.     Ten publicado libros para nenos e maiores, pero cal é o público
                                                                                       para o que máis lle agrada escribir?

                                                                                No meu caso, nunca escribín pensando se o público ía ser infantil ou
                                                                                adulto.
                                                                                7.     Cal foi o sentimento que o invadiu no momento no que tivo por
                                                                                       primeira vez entre as súas mans a publicación do seu primeiro
                                                                                       libro?
                                                                                Gratitude. O meu primeiro libro, publicado por Edicións Fouce, A Estrada
                                                                                Románica, foi feito (fisicamente) artesanalmente por un feixe de amigos,
                                                                                co apoio do Sindicato Labrego Galego e a Asociación Cultural da Estrada.
                                                                                Eu tiven un sentimento infindo de gratitude cando collín o libro entre as
                                                                                miñas mans ao ver que todos eses amigos confiaban (e traballaban de
                                                                                forma anónima) para que A Estrada Románica fose unha realidade.
                          Xosé Luna asinando o libro de visitas do instituto.   8.     Como podería explicar o que lle veu á cabeza cando se decatou
                                                                                       de que os seus esforzos tiñan grata recompensa?

             Se escribir é viaxar, penso que a maior recompensa é a propia viaxe, a propia escrita, que é a que che dá a posibilidade de vivir
             outras vidas.




viernes 17 de febrero de 2012
Xosé Luna

             9.      Dos libros que vostede escribiu, cal poría en primeiro lugar?

             Non sei, iso débeno dicir os lectores. Para min, como imaxinaredes, non é doado escoller un; porque todos significaron moito para min.

                                                                                  10.    E seguindo co tema de preferencia, cal é o libro que elixiría
                                                                                         para ir a unha illa deserta?
                                                                                  Calquera de Edicións Fervenza. É broma. Penso que para unha illa
                                                                                  deserta ou para unha cidade de milleiros de persoas levaría un
                                                                                  poemario de Miro Villar ou de Xulio López Valcárcel ou de Neruda…
                                                                                  por exemplo… aínda que habería mil libros que se poderían levar,
                                                                                  calquera de Cunqueiro…

                                                                                  11.    Cal é o que garda con máis agarimo da súa infancia?

                                                                                  O que me regalou a miña mestra, a “Señorita Leonor”, cando ía en 2º
                                                                                  de EXB, Cinco Semanas en Globo. É un libro que me ensinou que o
                                                                                  mellor das Viaxes, o verdadeiramente importante, non é chegar ao
                                                                                  final senón que o mellor é a viaxe en si e os preparativos e o camiño,
                                                                                  a estrada…
                                                                                  12.    Que é máis satisfactorio, recibir un premio ou que te feliciten
                                                                                         pola rúa polo teu traballo?

                                                                                  A todos nos gusta que nos valoren o noso traballo pero o realmente
                      Xosé Luna dando unha charla no IES Manuel García Barros.    importante é gozar facendo o que che gusta; niso consiste ser
                                                                                  moderadamente feliz (a felicidade absoluta non existe).

            13.      Sabería vivir sen un papel e un lapis entre os seus dedos?

             Perfectamente. Sería unha pedantería dicir o contrario. Agora ben, estou moi a gusto escribindo porque entre outras cousas, como xa
             dixen anteriormente, permíteme vivir outras vidas




viernes 17 de febrero de 2012
Xosé Luna

             14.        Imaxínese que lle brindan a oportunidade de ser protagonista dunha película… cal elixiría?
             A verdade é que nunca tiven madeira de actor. Pero, cando tiña a vosa idade, gastaba gabardina e fumaba; daquela, supoño que me vía
             como o Humphry dicíndolle á Bergman, “Sempre nos quedará París”. “Casablanca” foi das miñas películas preferidas.
                                                                                15.     No mundo dos seus soños, que cambiaría da sociedade actual?
                                                                                Cambiaría un millón de películas de Van Damme (and company) polo
                                                                                fotograma da caixa de bicos censurados de “Cinema Paradiso”; agora
                                                                                en serio, cambiaría os ataques selectivos, os bombardeos
                                                                                humanitarios, as bombas intelixentes, as vítimas colaterais, a
                                                                                barbarie e a senrazón de calquera guerra polo profundo respecto á
                                                                                Vida, pola Dignidade, pola Paz e pola Liberdade.
                                                                                16.     Hai un dito que di que “a música amansa ás feras”; sendo a
                                                                                        música unha arte coma a literatura, pensa vostede que un libro
                                                                                        pode chegar a ter tal importancia na vida e na forma de ser
                                                                                        dalgunha persoa?
                                                                                O que si creo é que hai libros que poden axudar a reflexionar sobre a
                                                                                condición humana e, xa que logo, poden permitir que unha persoa
                                                                                mude a súa forma de pensar.

                                                                                17.     Pensa que o feito de escribir literatura infantil conleva a
                                                                                        expresar un carácter optimista? Para escribila, saca o neno que
                   Adicatoria ó IES Manuel García Barros.                               leva dentro?

             Supoño que vos referides ao libro O ano das mimosas e eu penso que aínda que é unha historia sinxela, é apta para todos os públicos…
             Non a escribín pensando nos nenos aínda que foi clasificada para un público xuvenil. Non gusto de clasificar a literatura en infantil,
             xuvenil… aínda que indubidablemente hai libros dirixidos aos máis xoves da casa; en todo caso, son libros para compartir; eu leo co
             meu fillo as historias dos Bolechas de Pepe Carreiro e aprendo e tiro moitas conclusións e reflexións das súas lecturas.




viernes 17 de febrero de 2012
Xosé Luna

             18.     Cal é o estilo musical que máis lle transmite? Por que?
             Aínda que me gustan moitos e variados estilos musicais, se teño que escoller ficaría coa música dos 80; co pop de grupos como “Los
             Secretos” por exemplo, que dicían cousiñas como “Xa non percibo os teus soños rotos… cosinos co escintilar dos teus ollos…” Ou con
             grupos como Supertramp, co seu “Breakfast in América” que eu troquei por un “Breakfast in A Estrada”.

            19.      Se se lle aparece unha meiga nos seus soños e lle di que ten a posibilidade de facer realidade tres desexos, cales serían?

             a.- Que Galiza non volvese ser Nunca Máis o primeiro produtor Mundial de Petróleo.
             b.- Que o Deportivo Estradense gañase a Champions.
             c.- E que a barbarie e a senrazón de calquera guerra se transformase nun profundo respecto á Vida.

             20.      E para rematar, está coa tarefa de escribir unha nova obra?
              Agora mesmo os proxectos, unha novela que teño principiada desde hai tempo e un poemario que lle falta pouso, teñen que agardar
              porque estou mergullado no labor de editor e non teño tempo; tería que agardar ao verán para ver de seguir traballando neles.




viernes 17 de febrero de 2012

Weitere ähnliche Inhalte

Was ist angesagt?

Was ist angesagt? (19)

Fina casalderrei
Fina casalderreiFina casalderrei
Fina casalderrei
 
Manolo portas
Manolo portasManolo portas
Manolo portas
 
Anton riveiro coello
Anton riveiro coelloAnton riveiro coello
Anton riveiro coello
 
Domingo villar
Domingo villarDomingo villar
Domingo villar
 
Yolanda castaño
Yolanda castañoYolanda castaño
Yolanda castaño
 
Conto sobre el amor en galego
Conto sobre el amor en galegoConto sobre el amor en galego
Conto sobre el amor en galego
 
Agustín fernández paz
Agustín fernández pazAgustín fernández paz
Agustín fernández paz
 
Mª Victoria Moreno en 25 diapositivas
Mª Victoria Moreno en 25 diapositivasMª Victoria Moreno en 25 diapositivas
Mª Victoria Moreno en 25 diapositivas
 
Pepe Carballude
Pepe CarballudePepe Carballude
Pepe Carballude
 
Fina casalderrei óptima
Fina casalderrei óptimaFina casalderrei óptima
Fina casalderrei óptima
 
Antón Riveiro Coello
Antón Riveiro CoelloAntón Riveiro Coello
Antón Riveiro Coello
 
Maria Canosa
Maria Canosa Maria Canosa
Maria Canosa
 
Darío Xohán Cabana
Darío Xohán CabanaDarío Xohán Cabana
Darío Xohán Cabana
 
María xosé queizán
 María xosé queizán María xosé queizán
María xosé queizán
 
Anxos Sumai
Anxos SumaiAnxos Sumai
Anxos Sumai
 
Tertulias de cine
Tertulias de cineTertulias de cine
Tertulias de cine
 
Entrevista Xavier Queipo
Entrevista Xavier QueipoEntrevista Xavier Queipo
Entrevista Xavier Queipo
 
Entrevista ledicia costas
Entrevista ledicia costasEntrevista ledicia costas
Entrevista ledicia costas
 
Luz pozo garza
Luz pozo garzaLuz pozo garza
Luz pozo garza
 

Ähnlich wie Xose luna

Ähnlich wie Xose luna (18)

Manuel pereira
Manuel pereiraManuel pereira
Manuel pereira
 
Manuel Forcadela
Manuel Forcadela Manuel Forcadela
Manuel Forcadela
 
Anton riveiro coello
Anton riveiro coelloAnton riveiro coello
Anton riveiro coello
 
Paco Martín
Paco MartínPaco Martín
Paco Martín
 
Domingo villar
Domingo villarDomingo villar
Domingo villar
 
Arcadio lópez casanova
Arcadio lópez casanovaArcadio lópez casanova
Arcadio lópez casanova
 
Miguel Suárez Abel
Miguel Suárez AbelMiguel Suárez Abel
Miguel Suárez Abel
 
Manuel rivas
Manuel rivasManuel rivas
Manuel rivas
 
Concha Blanco
Concha BlancoConcha Blanco
Concha Blanco
 
Entrevista Ana Romaní
Entrevista Ana RomaníEntrevista Ana Romaní
Entrevista Ana Romaní
 
Luz pozo garza
Luz pozo garzaLuz pozo garza
Luz pozo garza
 
María Xosé Queizán
 María Xosé Queizán María Xosé Queizán
María Xosé Queizán
 
Entrevista Antón Lopo
Entrevista Antón LopoEntrevista Antón Lopo
Entrevista Antón Lopo
 
Rosa aneiros
Rosa aneirosRosa aneiros
Rosa aneiros
 
Entrevista a Marta Dacosta
Entrevista a Marta DacostaEntrevista a Marta Dacosta
Entrevista a Marta Dacosta
 
Xosé neira vilas
Xosé neira vilasXosé neira vilas
Xosé neira vilas
 
Xose mª álvarez cáccamo
Xose mª álvarez cáccamoXose mª álvarez cáccamo
Xose mª álvarez cáccamo
 
Entrevista a Marta Dacosta
Entrevista a Marta DacostaEntrevista a Marta Dacosta
Entrevista a Marta Dacosta
 

Mehr von Asnosasletras

Mehr von Asnosasletras (20)

Entrevista bieito iglesias
Entrevista bieito iglesiasEntrevista bieito iglesias
Entrevista bieito iglesias
 
Entrevista xosé monteagudo
Entrevista xosé monteagudoEntrevista xosé monteagudo
Entrevista xosé monteagudo
 
Entrevista agrafoxo
Entrevista agrafoxoEntrevista agrafoxo
Entrevista agrafoxo
 
Xabier lópez
Xabier lópezXabier lópez
Xabier lópez
 
Xabier lópez
Xabier lópezXabier lópez
Xabier lópez
 
Orla 15/16
Orla 15/16Orla 15/16
Orla 15/16
 
Xesus Constela
Xesus ConstelaXesus Constela
Xesus Constela
 
Manuel Lourenzo González
Manuel Lourenzo GonzálezManuel Lourenzo González
Manuel Lourenzo González
 
Colaxes e caligramas 15/16
Colaxes e caligramas 15/16Colaxes e caligramas 15/16
Colaxes e caligramas 15/16
 
Collages e caligramas 15/16
Collages e caligramas 15/16Collages e caligramas 15/16
Collages e caligramas 15/16
 
Lopo
LopoLopo
Lopo
 
Jaureguizar
JaureguizarJaureguizar
Jaureguizar
 
María reimóndez
María reimóndezMaría reimóndez
María reimóndez
 
don Alfonso Álvarez Cáccamo
don Alfonso Álvarez Cáccamodon Alfonso Álvarez Cáccamo
don Alfonso Álvarez Cáccamo
 
David otero
David oteroDavid otero
David otero
 
Entrevista a Xose Miranda
Entrevista a Xose MirandaEntrevista a Xose Miranda
Entrevista a Xose Miranda
 
Orla 2015
Orla 2015Orla 2015
Orla 2015
 
Entrevista a Tucho calvo
Entrevista a Tucho calvoEntrevista a Tucho calvo
Entrevista a Tucho calvo
 
Collages e caligramas curso 2014-1015
Collages e caligramas curso 2014-1015Collages e caligramas curso 2014-1015
Collages e caligramas curso 2014-1015
 
Entrevista Marica Campo
Entrevista Marica CampoEntrevista Marica Campo
Entrevista Marica Campo
 

Kürzlich hochgeladen

Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfO Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxGUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxAgrela Elvixeo
 
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfNon penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfA memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfRevista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfAntonio Gregorio Montes
 
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelXXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelcenlf
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónRemoeaLinguaLinguaGa
 

Kürzlich hochgeladen (12)

Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
 
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfO Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
 
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxGUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
 
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfNon penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
 
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
 
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfA memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
 
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfRevista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
 
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelXXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
 

Xose luna

  • 1. Literatura Galega do Século XX e da Actualidade Xosé Luna (Esta entrevista foi realizada polas alumnas do IES Manuel García Barros MARÍA XESÚS ALDARIZ CARBÓN e SARA CARDONA VALCÁRCEL o día 19 de Maio do 2006) Entrevista IES Manuel García Barros A Estrada Texto: © Cc-by-sa-3.0 Fotos: © Todos os dereitos reservados viernes 17 de febrero de 2012
  • 2. Xosé Luna 1. Para comezar, como non, preguntarlle cál foi o sentimento que o levou a emprender a súa carreira literaria. Escribir é unha forma de vivir outras vidas, outro xeito de Soñar. Un comeza a escribir porque gusta de ler e gusta de escoitar historias… E chega un momento en que, sen facer ruído e sen que ninguén se entere, un comeza a facer esas historias e a pólas por escrito. Creo que un escritor ten moito de “Ladrón de historias”. 2. Xa, adentrándonos no libro 90 Cousiñas, no que é destacable o seu amor pola terra estradense, queriamos saber se dunha maneira directa ou indirecta influíu na súa forma de escribir, o feito de criarse na Estrada. Por suposto, como vos conto en Stradapop, “no atlas da vida o meu pobo leva sempre nome de estrada, aquí nacín e aquí quero vivir...” Penso que para ben ou para mal a miña escrita ten sempre, como pano de fondo, o meu pobo, ese lugar entre o ceo e o mar, A Estrada. 3. Seguindo co citado libro, poderíanos dicir cal é a “Cousiña” que recorda con máis agarimo das 90 contidas no libro? Todas teñen o seu aquel… aínda que a que leva por título “A vida” ía dedicada a unha rapaza, alumna miña, chamada Lady Bibiana, que deixou a vida nun accidente de coche. Foto coas alumnas que realizaron a entrevista. 4. Deixando de centrarnos no interior do libro, e mirando máis o seu exterior, chamounos a atención o debuxo da súa portada, e gustaríanos saber qué significa para vostede. A portada é da autoría dun magnífico artista e dunha magnífica persoa ao que lle dedico unha “Cousiña” no libro e que responde ao nome de Manolo Fragoso; o seu quefacer creativo é un universo no que é moi doado soñar; porque Manolo gusta de facer torres no ar no Mar da Vida. A portada é unha explosión onírica de colores, unha fada cunha variña máxica descende do ceo quizais para repetirnos a todos que o máis máxico que existe é a realidade da Vida… viernes 17 de febrero de 2012
  • 3. Xosé Luna 5. Hai opinións que corroboran que o estado psicolóxico, os sentimentos e as distintas situacións que se poden dar na vida dos autores inflúen directamente na súa literatura. Está de acordo vostede con isto, ou pensa que son cousas totalmente independentes? Si, claro. Eu sempre digo que unha persoa (e un escritor é unha persoa) é, basicamente, o que Vive mais o que Soña mais o que Le, mais o que Ama… mais o que Escribe… E todo isto (vivencias, soños, lecturas, amores…) inflúe totalmente na escrita. 6. Ten publicado libros para nenos e maiores, pero cal é o público para o que máis lle agrada escribir? No meu caso, nunca escribín pensando se o público ía ser infantil ou adulto. 7. Cal foi o sentimento que o invadiu no momento no que tivo por primeira vez entre as súas mans a publicación do seu primeiro libro? Gratitude. O meu primeiro libro, publicado por Edicións Fouce, A Estrada Románica, foi feito (fisicamente) artesanalmente por un feixe de amigos, co apoio do Sindicato Labrego Galego e a Asociación Cultural da Estrada. Eu tiven un sentimento infindo de gratitude cando collín o libro entre as miñas mans ao ver que todos eses amigos confiaban (e traballaban de forma anónima) para que A Estrada Románica fose unha realidade. Xosé Luna asinando o libro de visitas do instituto. 8. Como podería explicar o que lle veu á cabeza cando se decatou de que os seus esforzos tiñan grata recompensa? Se escribir é viaxar, penso que a maior recompensa é a propia viaxe, a propia escrita, que é a que che dá a posibilidade de vivir outras vidas. viernes 17 de febrero de 2012
  • 4. Xosé Luna 9. Dos libros que vostede escribiu, cal poría en primeiro lugar? Non sei, iso débeno dicir os lectores. Para min, como imaxinaredes, non é doado escoller un; porque todos significaron moito para min. 10. E seguindo co tema de preferencia, cal é o libro que elixiría para ir a unha illa deserta? Calquera de Edicións Fervenza. É broma. Penso que para unha illa deserta ou para unha cidade de milleiros de persoas levaría un poemario de Miro Villar ou de Xulio López Valcárcel ou de Neruda… por exemplo… aínda que habería mil libros que se poderían levar, calquera de Cunqueiro… 11. Cal é o que garda con máis agarimo da súa infancia? O que me regalou a miña mestra, a “Señorita Leonor”, cando ía en 2º de EXB, Cinco Semanas en Globo. É un libro que me ensinou que o mellor das Viaxes, o verdadeiramente importante, non é chegar ao final senón que o mellor é a viaxe en si e os preparativos e o camiño, a estrada… 12. Que é máis satisfactorio, recibir un premio ou que te feliciten pola rúa polo teu traballo? A todos nos gusta que nos valoren o noso traballo pero o realmente Xosé Luna dando unha charla no IES Manuel García Barros. importante é gozar facendo o que che gusta; niso consiste ser moderadamente feliz (a felicidade absoluta non existe). 13. Sabería vivir sen un papel e un lapis entre os seus dedos? Perfectamente. Sería unha pedantería dicir o contrario. Agora ben, estou moi a gusto escribindo porque entre outras cousas, como xa dixen anteriormente, permíteme vivir outras vidas viernes 17 de febrero de 2012
  • 5. Xosé Luna 14. Imaxínese que lle brindan a oportunidade de ser protagonista dunha película… cal elixiría? A verdade é que nunca tiven madeira de actor. Pero, cando tiña a vosa idade, gastaba gabardina e fumaba; daquela, supoño que me vía como o Humphry dicíndolle á Bergman, “Sempre nos quedará París”. “Casablanca” foi das miñas películas preferidas. 15. No mundo dos seus soños, que cambiaría da sociedade actual? Cambiaría un millón de películas de Van Damme (and company) polo fotograma da caixa de bicos censurados de “Cinema Paradiso”; agora en serio, cambiaría os ataques selectivos, os bombardeos humanitarios, as bombas intelixentes, as vítimas colaterais, a barbarie e a senrazón de calquera guerra polo profundo respecto á Vida, pola Dignidade, pola Paz e pola Liberdade. 16. Hai un dito que di que “a música amansa ás feras”; sendo a música unha arte coma a literatura, pensa vostede que un libro pode chegar a ter tal importancia na vida e na forma de ser dalgunha persoa? O que si creo é que hai libros que poden axudar a reflexionar sobre a condición humana e, xa que logo, poden permitir que unha persoa mude a súa forma de pensar. 17. Pensa que o feito de escribir literatura infantil conleva a expresar un carácter optimista? Para escribila, saca o neno que Adicatoria ó IES Manuel García Barros. leva dentro? Supoño que vos referides ao libro O ano das mimosas e eu penso que aínda que é unha historia sinxela, é apta para todos os públicos… Non a escribín pensando nos nenos aínda que foi clasificada para un público xuvenil. Non gusto de clasificar a literatura en infantil, xuvenil… aínda que indubidablemente hai libros dirixidos aos máis xoves da casa; en todo caso, son libros para compartir; eu leo co meu fillo as historias dos Bolechas de Pepe Carreiro e aprendo e tiro moitas conclusións e reflexións das súas lecturas. viernes 17 de febrero de 2012
  • 6. Xosé Luna 18. Cal é o estilo musical que máis lle transmite? Por que? Aínda que me gustan moitos e variados estilos musicais, se teño que escoller ficaría coa música dos 80; co pop de grupos como “Los Secretos” por exemplo, que dicían cousiñas como “Xa non percibo os teus soños rotos… cosinos co escintilar dos teus ollos…” Ou con grupos como Supertramp, co seu “Breakfast in América” que eu troquei por un “Breakfast in A Estrada”. 19. Se se lle aparece unha meiga nos seus soños e lle di que ten a posibilidade de facer realidade tres desexos, cales serían? a.- Que Galiza non volvese ser Nunca Máis o primeiro produtor Mundial de Petróleo. b.- Que o Deportivo Estradense gañase a Champions. c.- E que a barbarie e a senrazón de calquera guerra se transformase nun profundo respecto á Vida. 20. E para rematar, está coa tarefa de escribir unha nova obra? Agora mesmo os proxectos, unha novela que teño principiada desde hai tempo e un poemario que lle falta pouso, teñen que agardar porque estou mergullado no labor de editor e non teño tempo; tería que agardar ao verán para ver de seguir traballando neles. viernes 17 de febrero de 2012