SlideShare ist ein Scribd-Unternehmen logo
1 von 8
Downloaden Sie, um offline zu lesen
Literatura Galega
do Século XX e da Actualidade

Manuel Forcadela
Manuel Forcadela (Manuel Santiago Fernández Álvarez)
naceu en Forcadela (Tomiño) no ano 1958. É licenciado
en Filoloxía Galego-Portuguesa. É autor de obras
poéticas como Profecía (1992) ou Morte do fadista
(2000)... No campo da narrativa deuse a coñecer coa
novela que gañou o Iº Premio de Novela Manuel García
Barros titulada Paisaxe con muller e barco (1990).
Outras obras narrativas súas son Sangue sobre a neve
(1990), Fóra de xogo (1993), A armada invencible
(1996)...

Entrevista
IES Manuel García Barros
A Estrada
Texto: © Cc-by-sa-3.0
Fotos: © Todos os dereitos reservados
martes 17 de diciembre de 2013
Manuel Forcadela
1.

Deducimos que o lugar de nacemento si que tivo en Vostede un forte influxo, de aí que no seu nome literario obvie os seus
apelidos polo topónimo de Forcadela. Tanto o marcou este pobo e as súas andanzas primeiras na súa vida e na súa obra
literaria?
Pois si. Forcadela, Tomiño, O Baixo Miño, son as miñas paisaxes recorrentes, algo así como unha constante que perdura máis alá
dos cambios dos anos e das décadas. Alí estaba a casa da familia que aínda conservamos os fillos e na que paso moitas tempadas ao
longo do ano. O río, Portugal, Vila Nova de Cerveira, toda esa paisaxe habita dentro de min e creo que eu tamén formo parte dela,
aínda que só sexa como unha minúscula formiguiña. O día que morra quero que me incineren e que boten as miñas cinzas ao río.
En fin, poderíavos falar durante horas sobre iso e creo que o mellor será escribir algún día un libro. Fica pendente.

2.

Como lembra Vostede aquel seu primeiro contacto coa Universidade, con aquel ambiente cultural posditadura?
Foi moi grato. A Universidade do meu tempo, sen ser nada doutro mundo, si que che permitía fuxir da miseria intelectual que
había no ambiente. Eu fun un estudante universitario vocacional e, por tanto, moi aplicado. Todo canto me insinuaban os
profesores para min convertíase nunha obriga. Lía un libro tras outro sen interrupción, tomando notas e memorizando o que
interesaba. Todo tipo de materias: gramática, literaturas, filosofía, lingüística. Descubrín que a paixón polo coñecemento pode
tornarse unha das paixóns máis fortes da existencia. E descubrín tamén que a vida é unha enorme lectura do mundo e do tempo.
Mesmo pode que os humanos non fagamos outra cousa: ler (no senso máis amplo) e tentar comprender.

3.

Tras licenciarse especializouse en Eduardo Pondal para a súa tese. Influíu na súa obra poética
o gran autor do Rexurdimento ou tivo que Vostede beber en moitas outras fontes de
inspiración?
O mundo e a existencia son textos enormes e inatinxibles que os escritores tentamos trasladar
ás palabras, moitas veces sen grande acerto. A obra de Pondal influíume relativamente, como
tantas outras. Non me considero pondaliano en tanto que poeta, si no sentido de ter escrito
catro libros, en tanto que crítico e ensaísta, arredor da súa obra en diferentes etapas da miña
vida, mais, francamente creo que hai outros autores aos que lles teño dedicado cando menos o
mesmo tempo ou acaso máis. Tamén me interesa moito o cine e a música. E a filosofía.

martes 17 de diciembre de 2013
Manuel Forcadela
4.

Recén iniciada a súa trintena vital acadou Vostede o Iº Premio de Novela Manuel García Barros
coa obra Paisaxe con muller e barco. Que supuxo para Vostede encetar a ilustre nómina de
gañadores deste premio de novela?
Pois unha grande honra, sobre todo vendo os escritores que viñeron despois e que son moito
mellores ca min. Creo que a literatura galega actual non lle ten nada que envexar a ningunha
das literaturas da nosa contorna e que, a día de hoxe, para quen a coñeza e a siga, é unha das
grandes literaturas. Hai unha enorme creatividade que non se corresponde co brillo que acada
entre o público lector. Mais creo que precisa de maior difusión, e non só no ámbito galego senón
tamén (mediante traducións) fóra del.

5.

Ten Vostede algunha edición bilingüe galego-castelán de poesía. Supoñemos que foi Vostede o
tradutor dos poemas. Até que punto un poema perde ao se pasar dun idioma a outro? Está
Vostede de acordo coa tradución de poesía a un idioma irmán?
Pois si. Traducíronse tres libros meus. Dous de poesía e outro de narrativa. Ningún deles foi traducido por min. O regreso das
ninfas (ao castelán, en tradución de Carmen Pallares) e Refutación da musa (ao castelán, en tradución de Basilio Losada e ao
portugués, en tradución de Luis Filipe Sarmento). E Sangue sobre a neve (ao catalán, en tradución de Josep Pascual). Traducir é
unha arte e unha ciencia. O tradutor pode ser un verdadeiro creador, case tanto como o autor orixinal. Un lector ben formado
aprende a valorar as traducións. Ás veces un mesmo libro, lido nunha tradución e noutra, cambia por completo.

6.

Observamos que Vostede intenta aproveitar os medios audiovisuais para a súa obra literaria, especialmente a poesía. Está o
futuro da literatura nestes medios? Até que punto pode repercutir na creación literaria o achegamento aos medios audiovisuais
dende as dúas ópticas (negativa e positiva)?
Non creo que o futuro da literatura estea en ningún medio de difusión diferente daqueles que emprega na actualidade. O libro
pervivirá porque é un invento que está por riba dos tempos e das modas. Os aparellos electrónicos convivirán co libro pero non o
substituirán. Cando menos esa é a impresión que eu teño, como lector que coñece e emprega todos estes medios. Creo, tamén,
que a experiencia da lectura non pode ser modificada. Podemos ver filmes, facer vídeos sobre poemas, películas sobre novelas,
etc., pero a experiencia do silencio da conciencia enfrontándose a un texto e deixándose ocupar por esoutra conciencia que xorde
do texto é unha experiencia insubstituíble. O bo da tecnoloxía é que, logo dunha primeira fascinación perante a novidade, fainos
valorar máis o que antes tiñamos. Descubriremos novamente os libros como obxectos máxicos.

martes 17 de diciembre de 2013
Manuel Forcadela
7.

O seu achegamento ao teatro foi só a nivel de tradución. Pensa mergullarse algún día neste xénero tan importante?
Polo de agora non estou moi interesado pola escrita de textos dramáticos. Téñolle moito respecto a ese xénero e tamén ás persoas
que están implicadas nel. E valoro os seus esforzos por manter ese feito irrepetible que é a representación teatral. Pasa o mesmo
que cos libros electrónicos e os diferentes medios para lelos e reproducilos. Hai quen dixo que o teatro desaparecería pola irrupción
do cine e, realmente, o que está a pasar é que o cine está a desaparecer pola irrupción da televisión e de internet. E o teatro, non.
Na súa simplicidade hai moito de autenticidade. O teatro está dentro de nós. Disfrazarnos, poñérmonos máscaras, mudar de
personalidade, poder burlar, vivir as vidas de outros, todo iso que xa está no carnaval, é o aspecto inmortal do teatro. Mentres haxa
humanos haberá teatro. O mundo é tamén un enorme escenario no que cada un de nós asume un papel e un enmascaramento. De
feito a palabra ‘persona’ en latín significaba máscara.

8.

No 2006 achegouse á literatura infanto-xuvenil coa obra A procura do falso Grial. Non se sentiu a gusto neste espazo literario
para os máis cativos ou ben aínda queda algo por ver?
O feito de que esa novela fose publicada nunha colección de literatura xuvenil non quere dicir que eu a concibise como unha novela
dese tipo. Eu, cando escribo, non me preocupo moito de se o que fago vai chegar finalmente a un público ou a outro. Escribín esa
novela como un cuarto episodio dunha serie de narrativa policial que comezara anos atrás con Sangue sobre a neve e seguira despois
con Barato, barato e Fóra de Xogo e que foran publicadas como novelas para adultos. O editor, neste caso Carlos Lema, da editorial
Galaxia, pensou que tería máis saída nunha colección dirixida a ese tipo de público.

9.

Foi a súa obra poética Refutación da musa o seu mellor poemario tal como se pode desprender dos premios
acadados ou Vostede ten en mellor valía outras?
Para min mesmo é difícil xulgar a miña propia obra poética. Persoalmente valoro moito os dous últimos poemarios, que foron
publicados de xeito electrónico e que se poden descargar gratuitamente da rede. Xardín queimado (do ano 2012 e descargable en
http://oximnasiodeacademo.files.wordpress.com/2012/02/xardc3adn-queimado1.pdf) e Sales do ano doce (do ano 2013 e
descargable en http://oximnasiodeacademo.files.wordpress.com/2013/01/sales-do-ano-doce1.pdf). Convídovos a que os leades e a
que sexades vós mesmos os que respostedes a esta pregunta.

martes 17 de diciembre de 2013
Manuel Forcadela
10.

A que se debe o nome do seu popular blog “O ximnasio de Academo”?
Sente Vostede admiración polos antigos mitos e heroes gregos como dá a
entender? Soen aparecer na súa obra literaria?
En realidade o nome ten que ver co feito de que Platón e os seus discípulos
reuníanse a falar nun ximnasio que era propiedade dun tal Academo. E de aí
deriva a palabra Academia. O nome do meu blog ten un sentido irónico, como
moitas das cousas que eu escribo, incluíndo a poesía. Eu non preciso de
pertencer a ningunha Academia, porque xa teño o meu Ximnasio de Academo,
que é un lugar, por certo, destinado a que a xente se poña en forma poética.
Xógase, por tanto, cos dobres sentidos das palabras e, sempre, con abrir as
posibilidades interpretativas. Nunca me interesou nada que só poida ser lido
nun sentido estricto, cun único significado posible. Para iso xa están os
lexisladores, os avogados e os xuíces, todos profesionais moi respectables.
Pero creo que aos poetas estanos reservada a actitude contraria: facer que as
palabras signifiquen sen parar e que sexan quen de dar lugar a unha e outra
interpretación.

11.

Dado que Vostede elaborou un amplo vídeo sobre María Mariño, supuxo para
a súa obra literaria algún influxo a obra desta gran poeta galega?
Non especialmente. Fíxeno en colaboración cos meus alumnos e
aproveitando que ese ano se lle dedicaba o Día Das Letras Galegas.
Tentamos dar unha visión o máis variada e plural posible.

Retrato de Manuel Forcadela realizado por:
Cristóbal Durán Rey, alumno do MGB

martes 17 de diciembre de 2013
IO
R
A

N
IO
T
ES
U

C

martes 17 de diciembre de 2013
Un personaxe galego e
un estranxeiro?

obra
a
unh
/-a e gos?
utor gale
a
/ha raria
o
Un lite
ueir

erson
axe l
i
iden terario c
o qu
tifiq
e se
ue?
H

Adrián Solovio. Don
Quijote

unq
oC

lvar
Á

nto
me
onu bel?
n m ientá
U
fel
al
s
if

amle

t

Unha obra teatral?

Edipo Rei, de Sófocles

eE
r

tor
A

Unha película de cine?

París-Texas, de Win
Wenders
Cal é a súa fonte de
inspiración
O silencio é a falsidade da percepción. Saber que o
que vexo non é, aínda que o pareza.

martes 17 de diciembre de 2013

Un p

a
obr
a
nh s?
u
a e xeiro
or/ ran
aut est
/ha aria
n er
ski
U it
oiev
l
st

d

Fio

Dov
or
Un feito histórico?

A Revolución
Francesa

?
izar

real
r

io po
e

s
ibro
l
anc
a de
i
Un
duc
a
unh áis.
ribir
m
Esc

Un lugar para visitar? e un lugar
para descansar?
Hourtin, nas Landas
francesas.
Mundo rural/urbano? Praia/
montaña?
Grandes cidades e aldeas
con río. Praia no verán, e
montaña no outono e na
primavera.

Un/ha autor/-a con quen se
identifique?

Fernando Pessoa
Outro entretemento
ademais da lectura?
A música. O cine.

martes 17 de diciembre de 2013

Un tipo

de músi
ca? Unh
a
canción
?

The Beat

les. Hey
Jude.

Un l

ugar
a

xeita
lectu do para
ra?
a

A bib
Facu lioteca d
ltade
a
de Fi miña fa
c
lolox
Univ
ía e T ultade. (
ersid
ade d raduci A
ón d
e Vig
a
o).

a

Unh

?
opía
ut

licia
Ga
e
nha rnada
U
gobe zada
auto egui
gal

Weitere ähnliche Inhalte

Was ist angesagt?

Was ist angesagt? (18)

Agustín fernández paz
Agustín fernández pazAgustín fernández paz
Agustín fernández paz
 
Yolanda castaño
Yolanda castañoYolanda castaño
Yolanda castaño
 
Pepe Carballude
Pepe CarballudePepe Carballude
Pepe Carballude
 
Entrevista a Ramón Caride
Entrevista a Ramón CarideEntrevista a Ramón Caride
Entrevista a Ramón Caride
 
Marica campo
Marica campoMarica campo
Marica campo
 
Arcadio lópez casanova
Arcadio lópez casanovaArcadio lópez casanova
Arcadio lópez casanova
 
Darío Xohán Cabana
Darío Xohán CabanaDarío Xohán Cabana
Darío Xohán Cabana
 
Domingo villar
Domingo villarDomingo villar
Domingo villar
 
A literatura. Características da linguaxe literaria. Os xéneros literarios (1...
A literatura. Características da linguaxe literaria. Os xéneros literarios (1...A literatura. Características da linguaxe literaria. Os xéneros literarios (1...
A literatura. Características da linguaxe literaria. Os xéneros literarios (1...
 
Lopo
LopoLopo
Lopo
 
Manolo portas
Manolo portasManolo portas
Manolo portas
 
Xabier lópez
Xabier lópezXabier lópez
Xabier lópez
 
Cartas de inverno
Cartas de invernoCartas de inverno
Cartas de inverno
 
Que me queres
Que me queresQue me queres
Que me queres
 
Guía de lectura "Os mellores da lingua"
Guía de lectura "Os mellores da lingua"Guía de lectura "Os mellores da lingua"
Guía de lectura "Os mellores da lingua"
 
Xente ao lonxe eduardo blanco amor
Xente ao lonxe   eduardo blanco amorXente ao lonxe   eduardo blanco amor
Xente ao lonxe eduardo blanco amor
 
viaxealinguaeliteraturadoxix
viaxealinguaeliteraturadoxixviaxealinguaeliteraturadoxix
viaxealinguaeliteraturadoxix
 
Literaturas peninsulares na idade media
Literaturas peninsulares na idade mediaLiteraturas peninsulares na idade media
Literaturas peninsulares na idade media
 

Andere mochten auch

Andere mochten auch (16)

Claudio Rodríguez Fer
Claudio Rodríguez Fer Claudio Rodríguez Fer
Claudio Rodríguez Fer
 
Carlos G. Reigosa
Carlos G. ReigosaCarlos G. Reigosa
Carlos G. Reigosa
 
Carlos Mella entrevista
Carlos Mella entrevistaCarlos Mella entrevista
Carlos Mella entrevista
 
Carmen Blanco
Carmen Blanco Carmen Blanco
Carmen Blanco
 
Francisco Pillado
Francisco PilladoFrancisco Pillado
Francisco Pillado
 
Francisco castro
Francisco castroFrancisco castro
Francisco castro
 
Miguel Suárez Abel
Miguel Suárez AbelMiguel Suárez Abel
Miguel Suárez Abel
 
Manuel Álvarez Fuentes
Manuel Álvarez FuentesManuel Álvarez Fuentes
Manuel Álvarez Fuentes
 
Anton riveiro coello
Anton riveiro coelloAnton riveiro coello
Anton riveiro coello
 
Anxos Sumai
Anxos SumaiAnxos Sumai
Anxos Sumai
 
Maria Canosa
Maria Canosa Maria Canosa
Maria Canosa
 
Xesús Alonso Montero
Xesús Alonso MonteroXesús Alonso Montero
Xesús Alonso Montero
 
Concha Blanco
Concha BlancoConcha Blanco
Concha Blanco
 
Rosa aneiros
Rosa aneirosRosa aneiros
Rosa aneiros
 
Fernán vello
Fernán velloFernán vello
Fernán vello
 
Teresa gonzalez costa
Teresa gonzalez costaTeresa gonzalez costa
Teresa gonzalez costa
 

Ähnlich wie Manuel Forcadela

Entrevista Antón Lopo
Entrevista Antón LopoEntrevista Antón Lopo
Entrevista Antón LopoAsnosasletras
 
Entrevista ledicia costas
Entrevista ledicia costasEntrevista ledicia costas
Entrevista ledicia costasAsnosasletras
 
don Alfonso Álvarez Cáccamo
don Alfonso Álvarez Cáccamodon Alfonso Álvarez Cáccamo
don Alfonso Álvarez CáccamoAsnosasletras
 
Entrevista a Marta Dacosta
Entrevista a Marta DacostaEntrevista a Marta Dacosta
Entrevista a Marta DacostaAsnosasletras
 
Entrevista a Marta Dacosta
Entrevista a Marta DacostaEntrevista a Marta Dacosta
Entrevista a Marta DacostaAsnosasletras
 
Entrevista Miguel Anxo Fernández
Entrevista Miguel Anxo FernándezEntrevista Miguel Anxo Fernández
Entrevista Miguel Anxo FernándezAsnosasletras
 
María Xosé Queizán
 María Xosé Queizán María Xosé Queizán
María Xosé QueizánAsnosasletras
 
Fina casalderrei óptima
Fina casalderrei óptimaFina casalderrei óptima
Fina casalderrei óptimaAsnosasletras
 
Entrevista a Xose Miranda
Entrevista a Xose MirandaEntrevista a Xose Miranda
Entrevista a Xose MirandaAsnosasletras
 
Helena villar janeiro
Helena villar janeiroHelena villar janeiro
Helena villar janeiroAsnosasletras
 
Xose mª álvarez cáccamo
Xose mª álvarez cáccamoXose mª álvarez cáccamo
Xose mª álvarez cáccamoAsnosasletras
 

Ähnlich wie Manuel Forcadela (16)

Entrevista Antón Lopo
Entrevista Antón LopoEntrevista Antón Lopo
Entrevista Antón Lopo
 
Xabier lópez
Xabier lópezXabier lópez
Xabier lópez
 
Domingo villar
Domingo villarDomingo villar
Domingo villar
 
Manuel pereira
Manuel pereiraManuel pereira
Manuel pereira
 
Entrevista ledicia costas
Entrevista ledicia costasEntrevista ledicia costas
Entrevista ledicia costas
 
Paco Martín
Paco MartínPaco Martín
Paco Martín
 
don Alfonso Álvarez Cáccamo
don Alfonso Álvarez Cáccamodon Alfonso Álvarez Cáccamo
don Alfonso Álvarez Cáccamo
 
Manuel rivas
Manuel rivasManuel rivas
Manuel rivas
 
Entrevista a Marta Dacosta
Entrevista a Marta DacostaEntrevista a Marta Dacosta
Entrevista a Marta Dacosta
 
Entrevista a Marta Dacosta
Entrevista a Marta DacostaEntrevista a Marta Dacosta
Entrevista a Marta Dacosta
 
Entrevista Miguel Anxo Fernández
Entrevista Miguel Anxo FernándezEntrevista Miguel Anxo Fernández
Entrevista Miguel Anxo Fernández
 
María Xosé Queizán
 María Xosé Queizán María Xosé Queizán
María Xosé Queizán
 
Fina casalderrei óptima
Fina casalderrei óptimaFina casalderrei óptima
Fina casalderrei óptima
 
Entrevista a Xose Miranda
Entrevista a Xose MirandaEntrevista a Xose Miranda
Entrevista a Xose Miranda
 
Helena villar janeiro
Helena villar janeiroHelena villar janeiro
Helena villar janeiro
 
Xose mª álvarez cáccamo
Xose mª álvarez cáccamoXose mª álvarez cáccamo
Xose mª álvarez cáccamo
 

Mehr von Asnosasletras

Entrevista bieito iglesias
Entrevista bieito iglesiasEntrevista bieito iglesias
Entrevista bieito iglesiasAsnosasletras
 
Entrevista xosé monteagudo
Entrevista xosé monteagudoEntrevista xosé monteagudo
Entrevista xosé monteagudoAsnosasletras
 
Colaxes e caligramas 15/16
Colaxes e caligramas 15/16Colaxes e caligramas 15/16
Colaxes e caligramas 15/16Asnosasletras
 
Collages e caligramas 15/16
Collages e caligramas 15/16Collages e caligramas 15/16
Collages e caligramas 15/16Asnosasletras
 
Entrevista a Tucho calvo
Entrevista a Tucho calvoEntrevista a Tucho calvo
Entrevista a Tucho calvoAsnosasletras
 
Collages e caligramas curso 2014-1015
Collages e caligramas curso 2014-1015Collages e caligramas curso 2014-1015
Collages e caligramas curso 2014-1015Asnosasletras
 
Entrevista Marica Campo
Entrevista Marica CampoEntrevista Marica Campo
Entrevista Marica CampoAsnosasletras
 
Entrevista Xavier Queipo
Entrevista Xavier QueipoEntrevista Xavier Queipo
Entrevista Xavier QueipoAsnosasletras
 
Entrevista Xavier Queipo
Entrevista Xavier QueipoEntrevista Xavier Queipo
Entrevista Xavier QueipoAsnosasletras
 
Entrevista Anibal C. Malvar
Entrevista Anibal C. MalvarEntrevista Anibal C. Malvar
Entrevista Anibal C. MalvarAsnosasletras
 
Entrevista Ana Romaní
Entrevista Ana RomaníEntrevista Ana Romaní
Entrevista Ana RomaníAsnosasletras
 
Entrevista Xesús Pisón
Entrevista Xesús PisónEntrevista Xesús Pisón
Entrevista Xesús PisónAsnosasletras
 

Mehr von Asnosasletras (19)

Entrevista bieito iglesias
Entrevista bieito iglesiasEntrevista bieito iglesias
Entrevista bieito iglesias
 
Entrevista xosé monteagudo
Entrevista xosé monteagudoEntrevista xosé monteagudo
Entrevista xosé monteagudo
 
Entrevista agrafoxo
Entrevista agrafoxoEntrevista agrafoxo
Entrevista agrafoxo
 
Orla 15/16
Orla 15/16Orla 15/16
Orla 15/16
 
Colaxes e caligramas 15/16
Colaxes e caligramas 15/16Colaxes e caligramas 15/16
Colaxes e caligramas 15/16
 
Collages e caligramas 15/16
Collages e caligramas 15/16Collages e caligramas 15/16
Collages e caligramas 15/16
 
Jaureguizar
JaureguizarJaureguizar
Jaureguizar
 
María Reimóndez
María ReimóndezMaría Reimóndez
María Reimóndez
 
María reimóndez
María reimóndezMaría reimóndez
María reimóndez
 
David otero
David oteroDavid otero
David otero
 
Orla 2015
Orla 2015Orla 2015
Orla 2015
 
Entrevista a Tucho calvo
Entrevista a Tucho calvoEntrevista a Tucho calvo
Entrevista a Tucho calvo
 
Collages e caligramas curso 2014-1015
Collages e caligramas curso 2014-1015Collages e caligramas curso 2014-1015
Collages e caligramas curso 2014-1015
 
Entrevista Marica Campo
Entrevista Marica CampoEntrevista Marica Campo
Entrevista Marica Campo
 
Entrevista Xavier Queipo
Entrevista Xavier QueipoEntrevista Xavier Queipo
Entrevista Xavier Queipo
 
Entrevista Xavier Queipo
Entrevista Xavier QueipoEntrevista Xavier Queipo
Entrevista Xavier Queipo
 
Entrevista Anibal C. Malvar
Entrevista Anibal C. MalvarEntrevista Anibal C. Malvar
Entrevista Anibal C. Malvar
 
Entrevista Ana Romaní
Entrevista Ana RomaníEntrevista Ana Romaní
Entrevista Ana Romaní
 
Entrevista Xesús Pisón
Entrevista Xesús PisónEntrevista Xesús Pisón
Entrevista Xesús Pisón
 

Kürzlich hochgeladen

Unidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa VillaltaUnidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa VillaltaAgrela Elvixeo
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelXXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelcenlf
 
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfO Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónRemoeaLinguaLinguaGa
 

Kürzlich hochgeladen (7)

Unidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa VillaltaUnidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
 
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelXXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
 
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfO Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
 
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
 

Manuel Forcadela

  • 1. Literatura Galega do Século XX e da Actualidade Manuel Forcadela Manuel Forcadela (Manuel Santiago Fernández Álvarez) naceu en Forcadela (Tomiño) no ano 1958. É licenciado en Filoloxía Galego-Portuguesa. É autor de obras poéticas como Profecía (1992) ou Morte do fadista (2000)... No campo da narrativa deuse a coñecer coa novela que gañou o Iº Premio de Novela Manuel García Barros titulada Paisaxe con muller e barco (1990). Outras obras narrativas súas son Sangue sobre a neve (1990), Fóra de xogo (1993), A armada invencible (1996)... Entrevista IES Manuel García Barros A Estrada Texto: © Cc-by-sa-3.0 Fotos: © Todos os dereitos reservados martes 17 de diciembre de 2013
  • 2. Manuel Forcadela 1. Deducimos que o lugar de nacemento si que tivo en Vostede un forte influxo, de aí que no seu nome literario obvie os seus apelidos polo topónimo de Forcadela. Tanto o marcou este pobo e as súas andanzas primeiras na súa vida e na súa obra literaria? Pois si. Forcadela, Tomiño, O Baixo Miño, son as miñas paisaxes recorrentes, algo así como unha constante que perdura máis alá dos cambios dos anos e das décadas. Alí estaba a casa da familia que aínda conservamos os fillos e na que paso moitas tempadas ao longo do ano. O río, Portugal, Vila Nova de Cerveira, toda esa paisaxe habita dentro de min e creo que eu tamén formo parte dela, aínda que só sexa como unha minúscula formiguiña. O día que morra quero que me incineren e que boten as miñas cinzas ao río. En fin, poderíavos falar durante horas sobre iso e creo que o mellor será escribir algún día un libro. Fica pendente. 2. Como lembra Vostede aquel seu primeiro contacto coa Universidade, con aquel ambiente cultural posditadura? Foi moi grato. A Universidade do meu tempo, sen ser nada doutro mundo, si que che permitía fuxir da miseria intelectual que había no ambiente. Eu fun un estudante universitario vocacional e, por tanto, moi aplicado. Todo canto me insinuaban os profesores para min convertíase nunha obriga. Lía un libro tras outro sen interrupción, tomando notas e memorizando o que interesaba. Todo tipo de materias: gramática, literaturas, filosofía, lingüística. Descubrín que a paixón polo coñecemento pode tornarse unha das paixóns máis fortes da existencia. E descubrín tamén que a vida é unha enorme lectura do mundo e do tempo. Mesmo pode que os humanos non fagamos outra cousa: ler (no senso máis amplo) e tentar comprender. 3. Tras licenciarse especializouse en Eduardo Pondal para a súa tese. Influíu na súa obra poética o gran autor do Rexurdimento ou tivo que Vostede beber en moitas outras fontes de inspiración? O mundo e a existencia son textos enormes e inatinxibles que os escritores tentamos trasladar ás palabras, moitas veces sen grande acerto. A obra de Pondal influíume relativamente, como tantas outras. Non me considero pondaliano en tanto que poeta, si no sentido de ter escrito catro libros, en tanto que crítico e ensaísta, arredor da súa obra en diferentes etapas da miña vida, mais, francamente creo que hai outros autores aos que lles teño dedicado cando menos o mesmo tempo ou acaso máis. Tamén me interesa moito o cine e a música. E a filosofía. martes 17 de diciembre de 2013
  • 3. Manuel Forcadela 4. Recén iniciada a súa trintena vital acadou Vostede o Iº Premio de Novela Manuel García Barros coa obra Paisaxe con muller e barco. Que supuxo para Vostede encetar a ilustre nómina de gañadores deste premio de novela? Pois unha grande honra, sobre todo vendo os escritores que viñeron despois e que son moito mellores ca min. Creo que a literatura galega actual non lle ten nada que envexar a ningunha das literaturas da nosa contorna e que, a día de hoxe, para quen a coñeza e a siga, é unha das grandes literaturas. Hai unha enorme creatividade que non se corresponde co brillo que acada entre o público lector. Mais creo que precisa de maior difusión, e non só no ámbito galego senón tamén (mediante traducións) fóra del. 5. Ten Vostede algunha edición bilingüe galego-castelán de poesía. Supoñemos que foi Vostede o tradutor dos poemas. Até que punto un poema perde ao se pasar dun idioma a outro? Está Vostede de acordo coa tradución de poesía a un idioma irmán? Pois si. Traducíronse tres libros meus. Dous de poesía e outro de narrativa. Ningún deles foi traducido por min. O regreso das ninfas (ao castelán, en tradución de Carmen Pallares) e Refutación da musa (ao castelán, en tradución de Basilio Losada e ao portugués, en tradución de Luis Filipe Sarmento). E Sangue sobre a neve (ao catalán, en tradución de Josep Pascual). Traducir é unha arte e unha ciencia. O tradutor pode ser un verdadeiro creador, case tanto como o autor orixinal. Un lector ben formado aprende a valorar as traducións. Ás veces un mesmo libro, lido nunha tradución e noutra, cambia por completo. 6. Observamos que Vostede intenta aproveitar os medios audiovisuais para a súa obra literaria, especialmente a poesía. Está o futuro da literatura nestes medios? Até que punto pode repercutir na creación literaria o achegamento aos medios audiovisuais dende as dúas ópticas (negativa e positiva)? Non creo que o futuro da literatura estea en ningún medio de difusión diferente daqueles que emprega na actualidade. O libro pervivirá porque é un invento que está por riba dos tempos e das modas. Os aparellos electrónicos convivirán co libro pero non o substituirán. Cando menos esa é a impresión que eu teño, como lector que coñece e emprega todos estes medios. Creo, tamén, que a experiencia da lectura non pode ser modificada. Podemos ver filmes, facer vídeos sobre poemas, películas sobre novelas, etc., pero a experiencia do silencio da conciencia enfrontándose a un texto e deixándose ocupar por esoutra conciencia que xorde do texto é unha experiencia insubstituíble. O bo da tecnoloxía é que, logo dunha primeira fascinación perante a novidade, fainos valorar máis o que antes tiñamos. Descubriremos novamente os libros como obxectos máxicos. martes 17 de diciembre de 2013
  • 4. Manuel Forcadela 7. O seu achegamento ao teatro foi só a nivel de tradución. Pensa mergullarse algún día neste xénero tan importante? Polo de agora non estou moi interesado pola escrita de textos dramáticos. Téñolle moito respecto a ese xénero e tamén ás persoas que están implicadas nel. E valoro os seus esforzos por manter ese feito irrepetible que é a representación teatral. Pasa o mesmo que cos libros electrónicos e os diferentes medios para lelos e reproducilos. Hai quen dixo que o teatro desaparecería pola irrupción do cine e, realmente, o que está a pasar é que o cine está a desaparecer pola irrupción da televisión e de internet. E o teatro, non. Na súa simplicidade hai moito de autenticidade. O teatro está dentro de nós. Disfrazarnos, poñérmonos máscaras, mudar de personalidade, poder burlar, vivir as vidas de outros, todo iso que xa está no carnaval, é o aspecto inmortal do teatro. Mentres haxa humanos haberá teatro. O mundo é tamén un enorme escenario no que cada un de nós asume un papel e un enmascaramento. De feito a palabra ‘persona’ en latín significaba máscara. 8. No 2006 achegouse á literatura infanto-xuvenil coa obra A procura do falso Grial. Non se sentiu a gusto neste espazo literario para os máis cativos ou ben aínda queda algo por ver? O feito de que esa novela fose publicada nunha colección de literatura xuvenil non quere dicir que eu a concibise como unha novela dese tipo. Eu, cando escribo, non me preocupo moito de se o que fago vai chegar finalmente a un público ou a outro. Escribín esa novela como un cuarto episodio dunha serie de narrativa policial que comezara anos atrás con Sangue sobre a neve e seguira despois con Barato, barato e Fóra de Xogo e que foran publicadas como novelas para adultos. O editor, neste caso Carlos Lema, da editorial Galaxia, pensou que tería máis saída nunha colección dirixida a ese tipo de público. 9. Foi a súa obra poética Refutación da musa o seu mellor poemario tal como se pode desprender dos premios acadados ou Vostede ten en mellor valía outras? Para min mesmo é difícil xulgar a miña propia obra poética. Persoalmente valoro moito os dous últimos poemarios, que foron publicados de xeito electrónico e que se poden descargar gratuitamente da rede. Xardín queimado (do ano 2012 e descargable en http://oximnasiodeacademo.files.wordpress.com/2012/02/xardc3adn-queimado1.pdf) e Sales do ano doce (do ano 2013 e descargable en http://oximnasiodeacademo.files.wordpress.com/2013/01/sales-do-ano-doce1.pdf). Convídovos a que os leades e a que sexades vós mesmos os que respostedes a esta pregunta. martes 17 de diciembre de 2013
  • 5. Manuel Forcadela 10. A que se debe o nome do seu popular blog “O ximnasio de Academo”? Sente Vostede admiración polos antigos mitos e heroes gregos como dá a entender? Soen aparecer na súa obra literaria? En realidade o nome ten que ver co feito de que Platón e os seus discípulos reuníanse a falar nun ximnasio que era propiedade dun tal Academo. E de aí deriva a palabra Academia. O nome do meu blog ten un sentido irónico, como moitas das cousas que eu escribo, incluíndo a poesía. Eu non preciso de pertencer a ningunha Academia, porque xa teño o meu Ximnasio de Academo, que é un lugar, por certo, destinado a que a xente se poña en forma poética. Xógase, por tanto, cos dobres sentidos das palabras e, sempre, con abrir as posibilidades interpretativas. Nunca me interesou nada que só poida ser lido nun sentido estricto, cun único significado posible. Para iso xa están os lexisladores, os avogados e os xuíces, todos profesionais moi respectables. Pero creo que aos poetas estanos reservada a actitude contraria: facer que as palabras signifiquen sen parar e que sexan quen de dar lugar a unha e outra interpretación. 11. Dado que Vostede elaborou un amplo vídeo sobre María Mariño, supuxo para a súa obra literaria algún influxo a obra desta gran poeta galega? Non especialmente. Fíxeno en colaboración cos meus alumnos e aproveitando que ese ano se lle dedicaba o Día Das Letras Galegas. Tentamos dar unha visión o máis variada e plural posible. Retrato de Manuel Forcadela realizado por: Cristóbal Durán Rey, alumno do MGB martes 17 de diciembre de 2013
  • 7. Un personaxe galego e un estranxeiro? obra a unh /-a e gos? utor gale a /ha raria o Un lite ueir erson axe l i iden terario c o qu tifiq e se ue? H Adrián Solovio. Don Quijote unq oC lvar Á nto me onu bel? n m ientá U fel al s if amle t Unha obra teatral? Edipo Rei, de Sófocles eE r tor A Unha película de cine? París-Texas, de Win Wenders Cal é a súa fonte de inspiración O silencio é a falsidade da percepción. Saber que o que vexo non é, aínda que o pareza. martes 17 de diciembre de 2013 Un p a obr a nh s? u a e xeiro or/ ran aut est /ha aria n er ski U it oiev l st d Fio Dov or
  • 8. Un feito histórico? A Revolución Francesa ? izar real r io po e s ibro l anc a de i Un duc a unh áis. ribir m Esc Un lugar para visitar? e un lugar para descansar? Hourtin, nas Landas francesas. Mundo rural/urbano? Praia/ montaña? Grandes cidades e aldeas con río. Praia no verán, e montaña no outono e na primavera. Un/ha autor/-a con quen se identifique? Fernando Pessoa Outro entretemento ademais da lectura? A música. O cine. martes 17 de diciembre de 2013 Un tipo de músi ca? Unh a canción ? The Beat les. Hey Jude. Un l ugar a xeita lectu do para ra? a A bib Facu lioteca d ltade a de Fi miña fa c lolox Univ ía e T ultade. ( ersid ade d raduci A ón d e Vig a o). a Unh ? opía ut licia Ga e nha rnada U gobe zada auto egui gal