SlideShare ist ein Scribd-Unternehmen logo
1 von 10
Downloaden Sie, um offline zu lesen
Antón Lopo
Entrevista
IES Manuel García Barros
A Estrada
Literatura Galega
do Século XX e da Actualidade
Texto: © Cc-by-sa-3.0
Fotos: © Todos os dereitos reservados
Antón Rodríguez López, máis coñecido como
Antón Lopo, naceu en Monforte de Lemos en
1961. É un escritor, xornalista e actor galego.
Destaca polas súas obras Fálame, A distancia
do lobo. Biografía de Uxío Novoneyra, ou
Obediencia, coa que gañou o premio Manuel
García Barros na súa vixésimo segunda
edición.
jueves 30 de marzo de 2017
Antón Lopo
1. Actor de dobraxe, xornalista, narrador, poeta, ensaísta, traductor, autor de teatro, activista
cultural e social... como xustificarmos semellante variedade vital? Un literato case completo xa
que todas as artes literarias están presentes en Vostede?
Lembro a primeira vez que me preguntaron que quería ser de maior e dixen “escritor ou artista”,
así que o debía de ter claro. E iso que a pregunta ma fixeron a principios dos anos sesenta, hai case
cincuenta anos, e ser escritor ou artista non eran, precisamente, profesións moi estimables… O que
pasa é que eu estaba engaiolado xa polas series de ciencia ficción que botaban na tele. Desde
aquela, andei merodeando por eses dous ámbitos con maior ou menor fortuna… Unhas veces
sentinme máis escritor e outras veces máis artista, pero sempre me vin dentro do ámbito da poesía,
incluso cando traballo de periodista, que é a profesión da que vivín a maior parte da miña vida,
ademais de ser ferroviario, actor de dobraxe e cantante dun grupo de música. Agora, des que dirixo
“Chan da Pólvora Editora” e a “Biblioteca de Mesopotamia”, pesa moito a vertente de editor,
porque ser editor é moi abosorbente, moi exixente…
2. Coordinador dun suplemento cultural como “Revista das Letras” pode levar a que un escritor
se faga moito máis reflexivo á hora de escribir? Porque non é o mesmo criticar ca ser crítico cun
un mesmo, non?
“Revista das Letras” era unha totalidade periodística apaixonante. Permitiume ter os meus
primeiros contactos co mundo da edición, entendida como un instrumento de creación que busca
sacar o máximo potencial expresivo ao traballo literario, normalmente o realizado por outras
persoas. En “Revista das Letras” foron máis de vinte anos tratando de ofrecer un escaparate que
nos permitise entender a todos a cultura como unha forma de mirar o mundo sen dogmatismos nin
prexuízo, defendendo sempre a liberdade e a igualdade.
jueves 30 de marzo de 2017
Antón Lopo
3. E falando da presenza contemporánea de suplementos ou simplemente de información sobre a cultura de noso... non cre
Vostede que é un dos espazos máis esquecidos polo xornalismo contemporáneo e un fondo impedimento cará normalización da
mesma?
O periodismo cambiou moito nos últimos anos, en todos os sentidos. Laboralmente, a situación é lamentable, con traballos precarios
e, mesmo, sen remuneración. Moitas cabeceiras desapareceron, non existe ningún xornal en galego e só un semanario, o “Sermos
Galiza”… A práctica totalidade dos xornais estanse facendo unha especie de harakiri informativo: renunciaron á función coa que
naceron e convertéronse en egos esmagantes de vaidade política.
4. “Laboratorio de indagacións poéticas”... podería falarnos verbo deste proxecto cultural que creou xunto a Ana Romaní?
Foi unha experiencia excepcional, tanto pola concorrencia de ideas que desenvolvemos xuntos como polo feito de ser unha panca
desde a cal exploramos novas posibilidades da poesía. Conxuntamente, producimos dous espectáculos, “Ao outro lado do paraíso”
sobre o meu libro OM, e Lob*s, sobre o seu Arden e o meu Pronomes. Logo, o traballo feito permitiunos enfrontarnos cada un aos
nosos proxectos respectivos. Eu inclineime máis pola liña performativa, tanto de indagación plástica, coas exposicións “Accións” na
galería Trinta ou “Dentro” na Casa da Parra, como de rastrexo poético, con espectáculo híbridos de fusión artística que se
concretaron en “Prestidixitador” e, máis recentemente, en “Lampíricos”, estreado na galería Dispara da Estrada.
5. O primeiro xénero literario no que Vostede publicou foi a lírica... tamén foi a súa primeira arte literaria ou simplemente
unha circunstancia puntual?
Empecei a escribir poesía aos seis ou sete anos. Textos, por supostos, infantís, divertidísimos…Tiña moita influencia de Manuel
María, dos seus Soños na gaiola, que lin aos oito anos. Ese lévedo, axudoume logo, a partir dos dez ou once anos, a achegarme á
poesía cunha certa familiaridade. Aos trece anos, namoreime da obra de Lorca e iso cambioume radicalmente. Non volvín ser nunca
o mesmo despois de entrar no seu bucle simbólico e, a través del, adentrarme en Cernuda, en Rosalía, en Manuel Antonio, en
Pimentel e, xa na adolescencia, na poesía americana, que dalgún xeito refunda a miña sintaxe.
jueves 30 de marzo de 2017
Antón Lopo
6. As nosas historias literarias adoitan a inmiscilo a Vostede na poética dos 90... podemos falar destes subgrupos poéticos ou
máis ben as diferentes épocas do último cuarto do XX non deixan de ser unha evolución continua da nosa lírica?
Síntome parte dun grupo interxeracional de persoas que comezamos a publicar nos anos oitenta pero que tiñamos moi pouco en
común cos que entón eran os denominados “poetas dos oitenta”, e tampouco estabamos na órbita dos que logo se chamaron os
“poetas dos noventa”. A nós, a ese grupo do que falaba, con Ana Romaní, Anxo Quintela ou Xabier Cordal, non nos interesaba para
nada entrar no canon, senón que buscabamos unha alternativa onde sentirnos cómodos… Interesábanos a vida tanto como a poesía,
porque entendiamos a poesía como vida mesma. O noso foi a exploración, a reflexión, a mundoloxía, a esculca política e a
análise… Creo que fomos grandes observadores e temos unha visión singular do mundo que nos rodea, moi compacta entre nós…
Tamén é certo que traballamos de periodistas culturais…
7. Vostede recibiu un premio xornalístico (“Xohán Carballeira”) por unha entrevista titulada “Terán que volver os bárbaros
para liberarnos”. Agora que nós estamos a lle facer unha entrevista, que ten que ter unha entrevista para que acade un fondo
obxectivo e recoñecemento?
Hai un par de anos empecei unha serie de entrevistas titulada “Extintivos”, dirixida a recoller o testemuño de persoas que
estaban, dalgún xeito, nunha área de extinción e a pesar diso, lograran facer desa continxencia un instinto de supervivencia. O
filósofo Emilio Araúxo, o escultor Arturo Baltar ou o crego botánico Leopoldo Sanmartín foron algúns dos entrevistasdos… O
premio déronmo pola entrevista a Xulio Calviño, que eu considero un dos mellores narradores galegos das últimas décadas, un
home que vive desconectado do mundo, escribindo soamente. Trátase de entrevistas realizadas en contacto físico que poden durar
días, semanas ou meses, segundo as circunstancias. No caso de Anric Massó, o proceso foi tan dilatado e el estaba nun estado de
saúde tan delicado, que morreu antes de que aparecese publicada. O máis importante desas entrevistas, que como digo xorden
dunha complexidade imposible no periodismo diario, é chegar xuntos a un espazo ao que non poderiamos chegar nunca por
separado.
8. Vostede traduciu ao noso idioma a obra de Óscar Wilde A balada do cárcere de Reading... Era consciente antes de se
mergullar nesta tradución da dificultade que supón o traducir? Tivo que botar man da súa arte narrativa para este labor?
Esa tradución só puido ser posible porque tiña ao meu carón a Amalia Salvado, unha especialista que me axudou de maneira crucial
a entender os segredos léxicos do inglés. Eu, aparte de saber algo de inglés, acheguei os meus coñecementos como poeta. O texto de
Wilde ten, ademais, unha forza que te sacode, porque é un texto escrito desde a experiementación da violencia na propia carne. O
resultado foi estupendo e a experiencia magnífica.
jueves 30 de marzo de 2017
Antón Lopo
9.- Curiosamente Vostede posúe tres premios literarios dos diferentes xéneros (o
“Esquio” de poesía, o “Álvaro Cunqueiro” de teatro e o “García Barros” de narrativa)
e moi curiosamente a partir de cada un deles non volve a publicar máis dese
xénero... casualidade, premeditación, verse realizado?...
Pois non caera niso, a verdade (hahahhahahahah)… Non volo sabería explicar. A verdade
é que teño algún poemario inédito, algunha novela e unha obra de teatro…. Pero de
momento non me ocupei demasiado por publicalas porque, ao mellor, estou máis
preocupado en facer novos proxectos… Tamén é certo que entre Ganga, a miña terceira
novela, e Obediencia, a cuarta, pasaron dez anos. Portanto, debo ser un narrador lento.
O de verme realizado cos galardóns si que non o creo:  son importantes, claro está, polos
cartos que che poden achegar para regular a túa delicada economía e porque axudan, ao
mellor, a que algúen se achegue á tua obra… Pero todos sabemos que para gañar un
premio entran en xogo moitos factores e que as máis das veces quedan no saco obras tan
boas ou incluso mellores que as gañadoras.
10.- No ano 2010 a súa obra narrativa Obediencia acadou o premio de novela “Manuel
García Barros”. Por que unha novela futurista? E terá que agardar Galiza até o século
XXII a se converter nun país como tal? Tanto nos falta un século antes?
A miña obra narrativa, agás, As reliquias, está basicamente encadrada no xénero
fantástico ou de Ciencia Ficción. Obediencia non é unha obra fácil, pero a min paréceme
moi divertida, por moitos motivos. Un deles é, precisamente, o de debuxar unha
República galega, aínda que sexa asediada por todo tipo de conspiracións… Gústanme as
distopías.
jueves 30 de marzo de 2017
Antón Lopo
11.- Vostede tocou abondo a temática erótica (Sucios e desexados // Libro dos amados //
colaboración en Contos eróticos...). Cre Vostede que esta temática literaria xa deixou de ser,
digamos, unha temática tabú?
Eu creo que vivimos nunha sociedade máis hipócrita do que imaxinamos. É certo que as cousas
cambiaron de maneira xeral, pero segue habendo síntomas de que por baixo, nun lugar non
lonxano da superficie, se mantén un fluído visgoñento de fantasmas do pasado altamente
corrosivo. Como o sangue de Alien. Seguimos vendo accións de grande violencia contra a liberdade
sexual dos individuos, como ese recente autobús de Hazteoír. Ou atentados contra drags que se
disfrazan de virxes. Maltrato escolar. Asasinatos de mulleres... Ou marxinación de obras literarias
que expoñen formas eróticas disimilables. Debemos estar preparados para utilizar os
anticorrosivos porque o animal morde no momento menos pensado e, ás veces, está dentro de
nós. 
12.- No 2006 a súa obra teatral gañadora do premio “Álvaro Cunqueiro” Os homes só contan
ata tres foi levada á escena por Factoría Teatro. Que sentiu ao vela representada? É ese case
seguro o maior premio que pode acadar unha peza teatral, non?
Foi moi emocionante gañar o Ávaro Cunqueiro porque metade da miña vida está vinculada aos
escenarios. Que a levasen a escena é xa un acontecemento de satisfación enorme. Sentinme moi
afortunado, a verdade. Pero de todo aquilo, o recordo que mellor gardo é que a protagonista,
Mónica García, gañase un premio á mellor actriz. Para min, o máis importante dunha obra é que
lles sirva a outros artistas para potenciar as súas cualidades: que lles dea enerxía. Que unha obra
poida ser comunal.
jueves 30 de marzo de 2017
13.- Está o noso teatro tan en precario como para que a propia directora da posta en escena (Cristina Domínguez) dixese: “a
débeda que tiñamos de facer un texto dun autor galego contemporáneo, porque sempre fixeramos autores contemporáneos,
pero non galegos”? 
Esa frase, que se dixo hai xa uns anos, pode aínda ter vixencia actualmente. Pero o certo é que existe unha serie de dramaturgas e
dramaturgos que acaban de organziarse nunha asociación para reclamar unha atención que se merecen porque sen eles o feito teatral
non terá o espello directo no que contemplarse e estará ao albur de lecturas simbólicas ou metáforas de tradución seguramente boas
pero profesional pouco recursivas. O recoñecemento do traballo dos dramaturgos é unha asignatura aínda pendente.
Antón Lopo
14.- E para rematarmos, vemos que é Vostede militante de “As redes
escarlata”. Que nos pode contar das orixes e obxectivos deste colectivo de
carácter independentista? 
Fun membro das Redes Escarlata, que nun momento determinado da historia se
autodisolveu. Os anos que mantivemos actividade foron para min dos máis felices
e enriquecedores que lembro a nivel asociativo. Existía unha veraddeira noción de
liberdade individual e, ao tempo, de pertenza ao colectivo, o cal redundaba
nunha detonación artística sen dirixismo. Faciamos performaces, accións políticas,
concorrencia en manifestacións, recitais… Existía unha camaradería plena, sen
ataxes.
jueves 30 de marzo de 2017
CUESTIONARIO
jueves 30 de marzo de 2017
O Monte PindoUn monumento
salientábel?
Bifff: son editor e apaixónome cos
meus autores, así que vos deixo unha
ristra: Lupe Gómez, Ana Romaní, Chus
Pato, Xabier Cordal, Antón Blanco,
Afonso Traficante, Arturo Casas,
Gonzalo Hermo, Fran Cortegoso, María
do Cebreiro, Pilar Pallarés...
Un/ha autor/-a galego?
Un personaxe galego e
un estraxeiro/-a?
Etsuko, de “Sede de amor” de Mishima
Un personaxe literario co que
se identifique?
Camiñar
Cal é a súa fonte de
inspiración?
Acabo de ver dúas que me
gustaron “Moonlight” e “Mimosas"
Unha película de cine?
Unha obra teatral?
Das últimas que vin gustoume
“Instroducing The Star” de Strate e
Esbert
Mishima, Bolaño, Chirbes,
Coetzee, Augusten Burroughs...
Un/ha autor/-a?
Ramón Suárez Picallo antes
de ser esmagado polo golpe do
36.
Gandhi
jueves 30 de marzo de 2017
Ir de Compostela a
Varanasi andando
Un anceio por realizar?
Cada momento ten a súa
paisaxe.
Mundo rural/urbano?
Praia/montaña?
Un lugar para visitar? e un lugar
para descansar?
India
 Ons
A publicación de “Cantares
gallegos” o 17 de maio de 1863
Un feito histórico?
Un Nobel para a
Literatura galega
Unha utopía?
Todos
Un lugar axeitado para a
lectura?
Música tecno. Miracle aligner” de
The last Shadow Puppets
Un tipo de música? Unhacanción?
Vladimir Holan ou
Apollinaire
Un/ha autor/-a con quen se
identifique?
Bailar. Camiñar.
Facer surf.
Outro entretemento
ademais da lectura?
jueves 30 de marzo de 2017

Weitere ähnliche Inhalte

Was ist angesagt?

Agustín fernández paz
Agustín fernández pazAgustín fernández paz
Agustín fernández pazAsnosasletras
 
Entrevista a Clara do Roxo
Entrevista a Clara do RoxoEntrevista a Clara do Roxo
Entrevista a Clara do RoxoAsnosasletras
 
María xosé queizán
 María xosé queizán María xosé queizán
María xosé queizánAsnosasletras
 
Entrevista a Ramón Caride
Entrevista a Ramón CarideEntrevista a Ramón Caride
Entrevista a Ramón CarideAsnosasletras
 
Entrevista Miguel Anxo Fernández
Entrevista Miguel Anxo FernándezEntrevista Miguel Anxo Fernández
Entrevista Miguel Anxo FernándezAsnosasletras
 
Darío Xohán Cabana
Darío Xohán CabanaDarío Xohán Cabana
Darío Xohán CabanaAsnosasletras
 
María xosé queizán
 María xosé queizán María xosé queizán
María xosé queizánAsnosasletras
 
Que é un microrrelato
Que é un microrrelatoQue é un microrrelato
Que é un microrrelatombcentoira
 
Papeis de muller, mulleres de papel
Papeis de muller, mulleres de papelPapeis de muller, mulleres de papel
Papeis de muller, mulleres de papeltudense
 
Entrevista a Xose Miranda
Entrevista a Xose MirandaEntrevista a Xose Miranda
Entrevista a Xose MirandaAsnosasletras
 
Méndez Ferrín por Tania Pose
Méndez Ferrín por Tania PoseMéndez Ferrín por Tania Pose
Méndez Ferrín por Tania PoseMarlou
 

Was ist angesagt? (18)

Agustín fernández paz
Agustín fernández pazAgustín fernández paz
Agustín fernández paz
 
Entrevista a Clara do Roxo
Entrevista a Clara do RoxoEntrevista a Clara do Roxo
Entrevista a Clara do Roxo
 
Manolo portas
Manolo portasManolo portas
Manolo portas
 
Pepe Carballude
Pepe CarballudePepe Carballude
Pepe Carballude
 
Rosa aneiros
Rosa aneirosRosa aneiros
Rosa aneiros
 
María xosé queizán
 María xosé queizán María xosé queizán
María xosé queizán
 
Domingo villar
Domingo villarDomingo villar
Domingo villar
 
Entrevista a Ramón Caride
Entrevista a Ramón CarideEntrevista a Ramón Caride
Entrevista a Ramón Caride
 
Entrevista Miguel Anxo Fernández
Entrevista Miguel Anxo FernándezEntrevista Miguel Anxo Fernández
Entrevista Miguel Anxo Fernández
 
Xabier lópez
Xabier lópezXabier lópez
Xabier lópez
 
Darío Xohán Cabana
Darío Xohán CabanaDarío Xohán Cabana
Darío Xohán Cabana
 
María xosé queizán
 María xosé queizán María xosé queizán
María xosé queizán
 
Que é un microrrelato
Que é un microrrelatoQue é un microrrelato
Que é un microrrelato
 
María Reimóndez
María ReimóndezMaría Reimóndez
María Reimóndez
 
Papeis de muller, mulleres de papel
Papeis de muller, mulleres de papelPapeis de muller, mulleres de papel
Papeis de muller, mulleres de papel
 
Lopo
LopoLopo
Lopo
 
Entrevista a Xose Miranda
Entrevista a Xose MirandaEntrevista a Xose Miranda
Entrevista a Xose Miranda
 
Méndez Ferrín por Tania Pose
Méndez Ferrín por Tania PoseMéndez Ferrín por Tania Pose
Méndez Ferrín por Tania Pose
 

Ähnlich wie Entrevista Antón Lopo

don Alfonso Álvarez Cáccamo
don Alfonso Álvarez Cáccamodon Alfonso Álvarez Cáccamo
don Alfonso Álvarez CáccamoAsnosasletras
 
Entrevista bieito iglesias
Entrevista bieito iglesiasEntrevista bieito iglesias
Entrevista bieito iglesiasAsnosasletras
 
Entrevista a Tucho calvo
Entrevista a Tucho calvoEntrevista a Tucho calvo
Entrevista a Tucho calvoAsnosasletras
 
María Xosé Queizán
 María Xosé Queizán María Xosé Queizán
María Xosé QueizánAsnosasletras
 
Entrevista xesús pisón
Entrevista xesús pisónEntrevista xesús pisón
Entrevista xesús pisónAsnosasletras
 
Entrevista Xesús Pisón
Entrevista Xesús PisónEntrevista Xesús Pisón
Entrevista Xesús PisónAsnosasletras
 
Entrevista ledicia costas
Entrevista ledicia costasEntrevista ledicia costas
Entrevista ledicia costasAsnosasletras
 
Xosé luis franco grande
Xosé luis franco grandeXosé luis franco grande
Xosé luis franco grandeAsnosasletras
 
Xose mª álvarez cáccamo
Xose mª álvarez cáccamoXose mª álvarez cáccamo
Xose mª álvarez cáccamoAsnosasletras
 
Entrevista Xesús Pisón
Entrevista Xesús PisónEntrevista Xesús Pisón
Entrevista Xesús PisónAsnosasletras
 
Entrevista xosé monteagudo
Entrevista xosé monteagudoEntrevista xosé monteagudo
Entrevista xosé monteagudoAsnosasletras
 
Arcadio lópez casanova
Arcadio lópez casanovaArcadio lópez casanova
Arcadio lópez casanovaAsnosasletras
 

Ähnlich wie Entrevista Antón Lopo (20)

Anxos Sumai
Anxos SumaiAnxos Sumai
Anxos Sumai
 
Xabier lópez
Xabier lópezXabier lópez
Xabier lópez
 
Manuel Forcadela
Manuel Forcadela Manuel Forcadela
Manuel Forcadela
 
don Alfonso Álvarez Cáccamo
don Alfonso Álvarez Cáccamodon Alfonso Álvarez Cáccamo
don Alfonso Álvarez Cáccamo
 
Entrevista bieito iglesias
Entrevista bieito iglesiasEntrevista bieito iglesias
Entrevista bieito iglesias
 
Entrevista a Tucho calvo
Entrevista a Tucho calvoEntrevista a Tucho calvo
Entrevista a Tucho calvo
 
Entrevista agrafoxo
Entrevista agrafoxoEntrevista agrafoxo
Entrevista agrafoxo
 
María Xosé Queizán
 María Xosé Queizán María Xosé Queizán
María Xosé Queizán
 
Manuel rivas
Manuel rivasManuel rivas
Manuel rivas
 
Entrevista xesús pisón
Entrevista xesús pisónEntrevista xesús pisón
Entrevista xesús pisón
 
Manuel lourenzo
Manuel lourenzoManuel lourenzo
Manuel lourenzo
 
Entrevista Xesús Pisón
Entrevista Xesús PisónEntrevista Xesús Pisón
Entrevista Xesús Pisón
 
Entrevista ledicia costas
Entrevista ledicia costasEntrevista ledicia costas
Entrevista ledicia costas
 
Xosé luis franco grande
Xosé luis franco grandeXosé luis franco grande
Xosé luis franco grande
 
Xose mª álvarez cáccamo
Xose mª álvarez cáccamoXose mª álvarez cáccamo
Xose mª álvarez cáccamo
 
Domingo villar
Domingo villarDomingo villar
Domingo villar
 
Entrevista Xesús Pisón
Entrevista Xesús PisónEntrevista Xesús Pisón
Entrevista Xesús Pisón
 
Manuel pereira
Manuel pereiraManuel pereira
Manuel pereira
 
Entrevista xosé monteagudo
Entrevista xosé monteagudoEntrevista xosé monteagudo
Entrevista xosé monteagudo
 
Arcadio lópez casanova
Arcadio lópez casanovaArcadio lópez casanova
Arcadio lópez casanova
 

Mehr von Asnosasletras

Colaxes e caligramas 15/16
Colaxes e caligramas 15/16Colaxes e caligramas 15/16
Colaxes e caligramas 15/16Asnosasletras
 
Collages e caligramas 15/16
Collages e caligramas 15/16Collages e caligramas 15/16
Collages e caligramas 15/16Asnosasletras
 
Collages e caligramas curso 2014-1015
Collages e caligramas curso 2014-1015Collages e caligramas curso 2014-1015
Collages e caligramas curso 2014-1015Asnosasletras
 
Entrevista Marica Campo
Entrevista Marica CampoEntrevista Marica Campo
Entrevista Marica CampoAsnosasletras
 
Entrevista Xavier Queipo
Entrevista Xavier QueipoEntrevista Xavier Queipo
Entrevista Xavier QueipoAsnosasletras
 
Entrevista Xavier Queipo
Entrevista Xavier QueipoEntrevista Xavier Queipo
Entrevista Xavier QueipoAsnosasletras
 
Entrevista Anibal C. Malvar
Entrevista Anibal C. MalvarEntrevista Anibal C. Malvar
Entrevista Anibal C. MalvarAsnosasletras
 
Entrevista Ana Romaní
Entrevista Ana RomaníEntrevista Ana Romaní
Entrevista Ana RomaníAsnosasletras
 

Mehr von Asnosasletras (13)

Orla 15/16
Orla 15/16Orla 15/16
Orla 15/16
 
Colaxes e caligramas 15/16
Colaxes e caligramas 15/16Colaxes e caligramas 15/16
Colaxes e caligramas 15/16
 
Collages e caligramas 15/16
Collages e caligramas 15/16Collages e caligramas 15/16
Collages e caligramas 15/16
 
Jaureguizar
JaureguizarJaureguizar
Jaureguizar
 
María reimóndez
María reimóndezMaría reimóndez
María reimóndez
 
David otero
David oteroDavid otero
David otero
 
Orla 2015
Orla 2015Orla 2015
Orla 2015
 
Collages e caligramas curso 2014-1015
Collages e caligramas curso 2014-1015Collages e caligramas curso 2014-1015
Collages e caligramas curso 2014-1015
 
Entrevista Marica Campo
Entrevista Marica CampoEntrevista Marica Campo
Entrevista Marica Campo
 
Entrevista Xavier Queipo
Entrevista Xavier QueipoEntrevista Xavier Queipo
Entrevista Xavier Queipo
 
Entrevista Xavier Queipo
Entrevista Xavier QueipoEntrevista Xavier Queipo
Entrevista Xavier Queipo
 
Entrevista Anibal C. Malvar
Entrevista Anibal C. MalvarEntrevista Anibal C. Malvar
Entrevista Anibal C. Malvar
 
Entrevista Ana Romaní
Entrevista Ana RomaníEntrevista Ana Romaní
Entrevista Ana Romaní
 

Entrevista Antón Lopo

  • 1. Antón Lopo Entrevista IES Manuel García Barros A Estrada Literatura Galega do Século XX e da Actualidade Texto: © Cc-by-sa-3.0 Fotos: © Todos os dereitos reservados Antón Rodríguez López, máis coñecido como Antón Lopo, naceu en Monforte de Lemos en 1961. É un escritor, xornalista e actor galego. Destaca polas súas obras Fálame, A distancia do lobo. Biografía de Uxío Novoneyra, ou Obediencia, coa que gañou o premio Manuel García Barros na súa vixésimo segunda edición. jueves 30 de marzo de 2017
  • 2. Antón Lopo 1. Actor de dobraxe, xornalista, narrador, poeta, ensaísta, traductor, autor de teatro, activista cultural e social... como xustificarmos semellante variedade vital? Un literato case completo xa que todas as artes literarias están presentes en Vostede? Lembro a primeira vez que me preguntaron que quería ser de maior e dixen “escritor ou artista”, así que o debía de ter claro. E iso que a pregunta ma fixeron a principios dos anos sesenta, hai case cincuenta anos, e ser escritor ou artista non eran, precisamente, profesións moi estimables… O que pasa é que eu estaba engaiolado xa polas series de ciencia ficción que botaban na tele. Desde aquela, andei merodeando por eses dous ámbitos con maior ou menor fortuna… Unhas veces sentinme máis escritor e outras veces máis artista, pero sempre me vin dentro do ámbito da poesía, incluso cando traballo de periodista, que é a profesión da que vivín a maior parte da miña vida, ademais de ser ferroviario, actor de dobraxe e cantante dun grupo de música. Agora, des que dirixo “Chan da Pólvora Editora” e a “Biblioteca de Mesopotamia”, pesa moito a vertente de editor, porque ser editor é moi abosorbente, moi exixente… 2. Coordinador dun suplemento cultural como “Revista das Letras” pode levar a que un escritor se faga moito máis reflexivo á hora de escribir? Porque non é o mesmo criticar ca ser crítico cun un mesmo, non? “Revista das Letras” era unha totalidade periodística apaixonante. Permitiume ter os meus primeiros contactos co mundo da edición, entendida como un instrumento de creación que busca sacar o máximo potencial expresivo ao traballo literario, normalmente o realizado por outras persoas. En “Revista das Letras” foron máis de vinte anos tratando de ofrecer un escaparate que nos permitise entender a todos a cultura como unha forma de mirar o mundo sen dogmatismos nin prexuízo, defendendo sempre a liberdade e a igualdade. jueves 30 de marzo de 2017
  • 3. Antón Lopo 3. E falando da presenza contemporánea de suplementos ou simplemente de información sobre a cultura de noso... non cre Vostede que é un dos espazos máis esquecidos polo xornalismo contemporáneo e un fondo impedimento cará normalización da mesma? O periodismo cambiou moito nos últimos anos, en todos os sentidos. Laboralmente, a situación é lamentable, con traballos precarios e, mesmo, sen remuneración. Moitas cabeceiras desapareceron, non existe ningún xornal en galego e só un semanario, o “Sermos Galiza”… A práctica totalidade dos xornais estanse facendo unha especie de harakiri informativo: renunciaron á función coa que naceron e convertéronse en egos esmagantes de vaidade política. 4. “Laboratorio de indagacións poéticas”... podería falarnos verbo deste proxecto cultural que creou xunto a Ana Romaní? Foi unha experiencia excepcional, tanto pola concorrencia de ideas que desenvolvemos xuntos como polo feito de ser unha panca desde a cal exploramos novas posibilidades da poesía. Conxuntamente, producimos dous espectáculos, “Ao outro lado do paraíso” sobre o meu libro OM, e Lob*s, sobre o seu Arden e o meu Pronomes. Logo, o traballo feito permitiunos enfrontarnos cada un aos nosos proxectos respectivos. Eu inclineime máis pola liña performativa, tanto de indagación plástica, coas exposicións “Accións” na galería Trinta ou “Dentro” na Casa da Parra, como de rastrexo poético, con espectáculo híbridos de fusión artística que se concretaron en “Prestidixitador” e, máis recentemente, en “Lampíricos”, estreado na galería Dispara da Estrada. 5. O primeiro xénero literario no que Vostede publicou foi a lírica... tamén foi a súa primeira arte literaria ou simplemente unha circunstancia puntual? Empecei a escribir poesía aos seis ou sete anos. Textos, por supostos, infantís, divertidísimos…Tiña moita influencia de Manuel María, dos seus Soños na gaiola, que lin aos oito anos. Ese lévedo, axudoume logo, a partir dos dez ou once anos, a achegarme á poesía cunha certa familiaridade. Aos trece anos, namoreime da obra de Lorca e iso cambioume radicalmente. Non volvín ser nunca o mesmo despois de entrar no seu bucle simbólico e, a través del, adentrarme en Cernuda, en Rosalía, en Manuel Antonio, en Pimentel e, xa na adolescencia, na poesía americana, que dalgún xeito refunda a miña sintaxe. jueves 30 de marzo de 2017
  • 4. Antón Lopo 6. As nosas historias literarias adoitan a inmiscilo a Vostede na poética dos 90... podemos falar destes subgrupos poéticos ou máis ben as diferentes épocas do último cuarto do XX non deixan de ser unha evolución continua da nosa lírica? Síntome parte dun grupo interxeracional de persoas que comezamos a publicar nos anos oitenta pero que tiñamos moi pouco en común cos que entón eran os denominados “poetas dos oitenta”, e tampouco estabamos na órbita dos que logo se chamaron os “poetas dos noventa”. A nós, a ese grupo do que falaba, con Ana Romaní, Anxo Quintela ou Xabier Cordal, non nos interesaba para nada entrar no canon, senón que buscabamos unha alternativa onde sentirnos cómodos… Interesábanos a vida tanto como a poesía, porque entendiamos a poesía como vida mesma. O noso foi a exploración, a reflexión, a mundoloxía, a esculca política e a análise… Creo que fomos grandes observadores e temos unha visión singular do mundo que nos rodea, moi compacta entre nós… Tamén é certo que traballamos de periodistas culturais… 7. Vostede recibiu un premio xornalístico (“Xohán Carballeira”) por unha entrevista titulada “Terán que volver os bárbaros para liberarnos”. Agora que nós estamos a lle facer unha entrevista, que ten que ter unha entrevista para que acade un fondo obxectivo e recoñecemento? Hai un par de anos empecei unha serie de entrevistas titulada “Extintivos”, dirixida a recoller o testemuño de persoas que estaban, dalgún xeito, nunha área de extinción e a pesar diso, lograran facer desa continxencia un instinto de supervivencia. O filósofo Emilio Araúxo, o escultor Arturo Baltar ou o crego botánico Leopoldo Sanmartín foron algúns dos entrevistasdos… O premio déronmo pola entrevista a Xulio Calviño, que eu considero un dos mellores narradores galegos das últimas décadas, un home que vive desconectado do mundo, escribindo soamente. Trátase de entrevistas realizadas en contacto físico que poden durar días, semanas ou meses, segundo as circunstancias. No caso de Anric Massó, o proceso foi tan dilatado e el estaba nun estado de saúde tan delicado, que morreu antes de que aparecese publicada. O máis importante desas entrevistas, que como digo xorden dunha complexidade imposible no periodismo diario, é chegar xuntos a un espazo ao que non poderiamos chegar nunca por separado. 8. Vostede traduciu ao noso idioma a obra de Óscar Wilde A balada do cárcere de Reading... Era consciente antes de se mergullar nesta tradución da dificultade que supón o traducir? Tivo que botar man da súa arte narrativa para este labor? Esa tradución só puido ser posible porque tiña ao meu carón a Amalia Salvado, unha especialista que me axudou de maneira crucial a entender os segredos léxicos do inglés. Eu, aparte de saber algo de inglés, acheguei os meus coñecementos como poeta. O texto de Wilde ten, ademais, unha forza que te sacode, porque é un texto escrito desde a experiementación da violencia na propia carne. O resultado foi estupendo e a experiencia magnífica. jueves 30 de marzo de 2017
  • 5. Antón Lopo 9.- Curiosamente Vostede posúe tres premios literarios dos diferentes xéneros (o “Esquio” de poesía, o “Álvaro Cunqueiro” de teatro e o “García Barros” de narrativa) e moi curiosamente a partir de cada un deles non volve a publicar máis dese xénero... casualidade, premeditación, verse realizado?... Pois non caera niso, a verdade (hahahhahahahah)… Non volo sabería explicar. A verdade é que teño algún poemario inédito, algunha novela e unha obra de teatro…. Pero de momento non me ocupei demasiado por publicalas porque, ao mellor, estou máis preocupado en facer novos proxectos… Tamén é certo que entre Ganga, a miña terceira novela, e Obediencia, a cuarta, pasaron dez anos. Portanto, debo ser un narrador lento. O de verme realizado cos galardóns si que non o creo:  son importantes, claro está, polos cartos que che poden achegar para regular a túa delicada economía e porque axudan, ao mellor, a que algúen se achegue á tua obra… Pero todos sabemos que para gañar un premio entran en xogo moitos factores e que as máis das veces quedan no saco obras tan boas ou incluso mellores que as gañadoras. 10.- No ano 2010 a súa obra narrativa Obediencia acadou o premio de novela “Manuel García Barros”. Por que unha novela futurista? E terá que agardar Galiza até o século XXII a se converter nun país como tal? Tanto nos falta un século antes? A miña obra narrativa, agás, As reliquias, está basicamente encadrada no xénero fantástico ou de Ciencia Ficción. Obediencia non é unha obra fácil, pero a min paréceme moi divertida, por moitos motivos. Un deles é, precisamente, o de debuxar unha República galega, aínda que sexa asediada por todo tipo de conspiracións… Gústanme as distopías. jueves 30 de marzo de 2017
  • 6. Antón Lopo 11.- Vostede tocou abondo a temática erótica (Sucios e desexados // Libro dos amados // colaboración en Contos eróticos...). Cre Vostede que esta temática literaria xa deixou de ser, digamos, unha temática tabú? Eu creo que vivimos nunha sociedade máis hipócrita do que imaxinamos. É certo que as cousas cambiaron de maneira xeral, pero segue habendo síntomas de que por baixo, nun lugar non lonxano da superficie, se mantén un fluído visgoñento de fantasmas do pasado altamente corrosivo. Como o sangue de Alien. Seguimos vendo accións de grande violencia contra a liberdade sexual dos individuos, como ese recente autobús de Hazteoír. Ou atentados contra drags que se disfrazan de virxes. Maltrato escolar. Asasinatos de mulleres... Ou marxinación de obras literarias que expoñen formas eróticas disimilables. Debemos estar preparados para utilizar os anticorrosivos porque o animal morde no momento menos pensado e, ás veces, está dentro de nós.  12.- No 2006 a súa obra teatral gañadora do premio “Álvaro Cunqueiro” Os homes só contan ata tres foi levada á escena por Factoría Teatro. Que sentiu ao vela representada? É ese case seguro o maior premio que pode acadar unha peza teatral, non? Foi moi emocionante gañar o Ávaro Cunqueiro porque metade da miña vida está vinculada aos escenarios. Que a levasen a escena é xa un acontecemento de satisfación enorme. Sentinme moi afortunado, a verdade. Pero de todo aquilo, o recordo que mellor gardo é que a protagonista, Mónica García, gañase un premio á mellor actriz. Para min, o máis importante dunha obra é que lles sirva a outros artistas para potenciar as súas cualidades: que lles dea enerxía. Que unha obra poida ser comunal. jueves 30 de marzo de 2017
  • 7. 13.- Está o noso teatro tan en precario como para que a propia directora da posta en escena (Cristina Domínguez) dixese: “a débeda que tiñamos de facer un texto dun autor galego contemporáneo, porque sempre fixeramos autores contemporáneos, pero non galegos”?  Esa frase, que se dixo hai xa uns anos, pode aínda ter vixencia actualmente. Pero o certo é que existe unha serie de dramaturgas e dramaturgos que acaban de organziarse nunha asociación para reclamar unha atención que se merecen porque sen eles o feito teatral non terá o espello directo no que contemplarse e estará ao albur de lecturas simbólicas ou metáforas de tradución seguramente boas pero profesional pouco recursivas. O recoñecemento do traballo dos dramaturgos é unha asignatura aínda pendente. Antón Lopo 14.- E para rematarmos, vemos que é Vostede militante de “As redes escarlata”. Que nos pode contar das orixes e obxectivos deste colectivo de carácter independentista?  Fun membro das Redes Escarlata, que nun momento determinado da historia se autodisolveu. Os anos que mantivemos actividade foron para min dos máis felices e enriquecedores que lembro a nivel asociativo. Existía unha veraddeira noción de liberdade individual e, ao tempo, de pertenza ao colectivo, o cal redundaba nunha detonación artística sen dirixismo. Faciamos performaces, accións políticas, concorrencia en manifestacións, recitais… Existía unha camaradería plena, sen ataxes. jueves 30 de marzo de 2017
  • 9. O Monte PindoUn monumento salientábel? Bifff: son editor e apaixónome cos meus autores, así que vos deixo unha ristra: Lupe Gómez, Ana Romaní, Chus Pato, Xabier Cordal, Antón Blanco, Afonso Traficante, Arturo Casas, Gonzalo Hermo, Fran Cortegoso, María do Cebreiro, Pilar Pallarés... Un/ha autor/-a galego? Un personaxe galego e un estraxeiro/-a? Etsuko, de “Sede de amor” de Mishima Un personaxe literario co que se identifique? Camiñar Cal é a súa fonte de inspiración? Acabo de ver dúas que me gustaron “Moonlight” e “Mimosas" Unha película de cine? Unha obra teatral? Das últimas que vin gustoume “Instroducing The Star” de Strate e Esbert Mishima, Bolaño, Chirbes, Coetzee, Augusten Burroughs... Un/ha autor/-a? Ramón Suárez Picallo antes de ser esmagado polo golpe do 36. Gandhi jueves 30 de marzo de 2017
  • 10. Ir de Compostela a Varanasi andando Un anceio por realizar? Cada momento ten a súa paisaxe. Mundo rural/urbano? Praia/montaña? Un lugar para visitar? e un lugar para descansar? India  Ons A publicación de “Cantares gallegos” o 17 de maio de 1863 Un feito histórico? Un Nobel para a Literatura galega Unha utopía? Todos Un lugar axeitado para a lectura? Música tecno. Miracle aligner” de The last Shadow Puppets Un tipo de música? Unhacanción? Vladimir Holan ou Apollinaire Un/ha autor/-a con quen se identifique? Bailar. Camiñar. Facer surf. Outro entretemento ademais da lectura? jueves 30 de marzo de 2017