SlideShare ist ein Scribd-Unternehmen logo
1 von 70
Downloaden Sie, um offline zu lesen
Riamonte,
un lugar para coñecer
Memoria 2015-16
Riamonte, un lugar para coñecer
XUNTA DE GALICIA
CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN
E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA
C.E.I.P. Agro do Muíño
• Alumnado de 4º, 5º (venres 9 de outubro) e 6º (o 23 de outubro)
 Recóllenos o autobús ás 9:55 h para levarnos ata Esqueiro, na base do pico. Camiñar ata
o cimo onde observaremos o val, desde Tapia ata Bertamiráns. Achegarémonos ata o
monte da ermida para ver a cara norte (cara a Cortegada, Ameixenda)
 Baixar a modo ata a poza e merendar. Momento de descanso e tamén para observar os
anfibios e insectos que houbese na poza, coa axuda de Patricia.
 Logo faranse dous grupos: un irá para os muíños e o outro baixará ata as sobreiras.
Ámbolos dous terán a función de limpar de hedra as construcións mailas árbores pero
respectando o espazo, sen danar o resto da vexetación. Recoller todo nos sacos e levalo
ao contedor que estará na pista.
 Ao remate, haberá que recoller todo o material (luvas, tesoiras, angazos...) e camiñar ata
a aldea de Vilar onde veremos o seu muíño que está totalmente reconstruído.
Recolleranos o autobús ás 13:45 h.
 Hai luvas para todos, tesoiras e sacos para compartir. Cada grupo debe levar unha
cámara para sacar fotos de todo o que lles pareza interesante da ruta. Con iso, faremos
un collage que expoñeremos nos dous colexios.
 Festa-encontro no Pazo da Peregrina (14 de xuño): para o alumnado dos dous centros.
Contaremos coa presenza de Maximino Viaño, que falará dos “Usos e costumes de
Riamonte”, representación do Concello e unha valoración do traballo levado a cabo en
cada colexio. Haberá tamén unha exposición das fotos realizadas.
Relación de actividades para desenvolver ao longo do o ano:
• Alumnado de 2º e 3º (mes de novembro)
 Recóllenos o autobús ás 9:55 h para levarnos ata a Aula da Natureza na Ameixenda
onde nos agarda Patricia, a bióloga da Concellaría de Medio Ambiente.
 Alí faranse dous grupos de 25 (máximo) para realizar un obradoiro relacionado coa
observación da flora e fauna da zona. Esta aula conta cunha colección de animais que
poderán observar. Os maiores, elaborarán un caderno de campo para usar logo cando
fagan a andaina. Dirixe a actividade Patricia coa axuda do profesorado.
 Finalmente, no mes de maio, coa chegada do bo tempo, farán a andaina polo Rego de
Riamonte para poderen observar a vexetación exuberante, algún insecto ou anfibio e
tamén ver algún dos muíños que aparecen.
 A andaina comeza en Vilar vendo o muíño que está totalmente reconstruído. Logo
sóbese cara ao monte ata que atopemos o curso do río onde poderemos ver os 10
muíños, carballos, fieitos, auga cristalina, fervenzas ...
 Merenda nunha carballeira, preto da poza, e algún xogo. Descanso para retomar a
baixada en círculo ata o punto de inicio.
• Alumnado de 1º e Infantil, fará un percorrido menor. Primeiro visitarán o muíño de Vilar e,
a continuación, a súa andaina pola beira do río, ata Lamas. Aquí hai outro muíño ben
conservado e poderán moer algo de millo.
Pico de San Marco: ten unha altura de 410 m sobre o nivel do mar. Pero non é o monte máis
alto do Concello, senón o que está na faciana noroeste, o Leñaredo.
Subida ao pico:
Variante da ruta da auga do concello de Ames, comezando na aldea de Augapesada para
aproveitar o treito que hai ata onde comeza a ruta, unha zona preciosa.
Esta ruta, destaca sobre todo polos 13 muíños que se poden ver. As vistas dende o San Marcos
tamén merecen a pena, xa que se pode apreciar o val da Maía e máis alá Padrón.
A ruta de Riamonte alberga unha extraordinaria riqueza ambiental e cultural. A enorme
variedade de especies vexetais e animais que atopamos nas pequenas fragas do rego de
Riamonte, fálanos dun espazo equilibrado e diverso onde os saltos e as pequenas fervenzas
salpican a contorna con pingas de auga cristalina. A ruta é circular; comeza e remata na aldea de
Vilar, na parroquia de Ames. Neste lugar están instalados diversos paneis interpretativos que lle
axudarán ao/a camiñante a guiarse e descubrir os tesouros que se agochan neste espazo. O
primeiro tramo do percorrido transcorre por un vello camiño entre prados e árbores froiteiras
no que se pode contemplar unha paisaxe tipicamente rural. Posteriormente, entramos nun
fermoso tramo que discorre á carón do río. Os muíños que ten, en diferente estado de
conservación, gardan entre os seus muros unha infinidade de historias das muiñadas de outrora.
Continuando o ascenso, pasaremos pola poza onde se encora a auga para o funcionamento dos
muíños en época de seca e, sobre todo, para collela no caso de incendio. Hoxe nesta poza
artificial pódese observar unha gran cantidade de anfibios e moitas pegadas de animais que se
achegan ata ela para beber.
Que debemos saber?
Rego dos Pasos, nace na parroquia de
Ames (no monte próximo á aldea da
Mámoa) pasa entre Barouta e Pedrouzos,
Augapesada, Pousada e chega a
Bertamiráns, onde desemboca no Sar.
Rego de Riamonte, nace no monte de
Quintáns (Ameixenda) e pasa por
Cortegada, pola ladeira do San Marcos e
chega a Vilar, Lamas e Proupín, onde se
xunta co Rego dos pasos antes de chegar
a Augapesada.
Saíndo do colexio con todo o equipo: angazos, luvas, tesoiras, sacos e,
por suposto, unha rica merenda e moito ánimo!
Subindo ao pico, os
grupos de 4º e 5º.
No alto, avistamos
o colexio e as
aldeas próximas.
Contábamo miña avoa: “A capela do alto de S. Marcos levouna un temporal nunha noite de
invernía. Era pequena pero moi bonitiña, toda de pedra e o vento arrincoulle o tellado e
case sae voando tamén o santo”.
Cada 25 de abril, os veciños da Ameixenda e Ames ían en procesión co santo, dende a
ermida ata o cruceiro que quedaba máis abaixo.
Eran outros tempos e custaba moito reconstruíla, para rematar outra vez desfeita. Así que
acordaron facer unha nova capela en Barouta, coas pedras da vella ermida.
A cambio de quedar sen o santo, os veciños pediron que a procesión da romaría se fixese
ata o S. Marcos pero iso era moi complicado. Na actualidade só queda a tradición de botar
os foguetes dende o alto do monte como lembranza de que o santo, fai séculos, estaba alí.
Agora quedan os restos da capela e o mesmo ca daquela unha marabillosa vista do Val da
Maía.
O alumnado do colexio (5º e 6º de Primaria) subimos ao S. Marcos e ficamos abraiados coa
panorámica. Logo baixamos a Riamonte e limpamos as sobreiras que quedan na beira do
camiño (seis en total) e algún dos muíños restaurados á beira do rego, de tanta hedra que
afoga estas construcións.
Paga a pena dar unha volta pola natureza para gozar do que nos ofrece, coidala e
preservala.
Riamonte e os seus segredos
5º curso
Iniciando a subida con forza o
grupo de sexto!
Xa no alto... Que vistas!
Contemplando o Val da Maía
Un pequeno treito en autobús, desde Barouta ata a parroquia da ameixenda e logo
todo o tempo a pé.
O primeiro foi subir desde Esqueiro (preto de Cortegada), onde nos deixou o
autobús, ata o alto do Monte de San Marco (409 m de altura) para contemplar as
vistas do val da Maía. Impresionantes as vistas! Contamos cun día clariño e iso
axudou moito. Descubrimos moitos lugares e aprendemos a orientarnos.
Logo, seguimos ata o Monte da Ermida, desde onde se pode ver o Leñaredo, o
monte máis alto de Ames, e os agros de Cortegada, na vertente norte. Despois dun
merecido descanso, baixamos andando ata o estanque que hai na beira do río, preto
dos muíños, e no que puidemos observar insectos (zapateiros, cabaliños do demo),
unha cría de troita, ras ...
Alí aproveitamos para tomar unha rica merenda e parolar un pouco, antes de ir ao
traballo. Armados con luvas, tesoiras de podar e angazos, distribuímonos en dous
grupos; uns, cara aos muíños para libralos das hedras que recobren as súas paredes
e outros, camiñan pola pista cara á aldea de Vilar; nese camiño atopamos unhas
sobreiras centenarias cubertas de hedra que nos costou bastante retirar xa que
tiñan un tranco ben groso. Ata onde chegamos, limpamos. Quedaron estupendas!
Foi un traballo divertido!
Para rematar, cada grupo carrexou os refugos recollidos en sacos ata o lugar
indicado para que os levase o persoal do Concello.
O autobús agardábanos en Vilar para regresar ao colexio.
Cansos pero contentos. Foi unha bonita experiencia!
Aula de 6º
Panorámica desde o pico:
Ao fondo, o colexio, entre leiras e milleiros de eucaliptos.
En primeiro plano, a aldea de Pedrouzos.
No medio, podemos seguir o curso do «Rego dos Pasos»
(Ves a liña de árbores máis baixas e todas igualiñas???)
Sentados na rocha
contemplamos o Val da Maía.
Aquí, no pico, había
un cruceiro pero só
queda a base.
Aquí estaba a ermida de San Marcos. Cada 25 de abril, celebrábase a festa do patrón e baixaban o santo
en procesión ata o cruceiro que había no pico. Pero un temporal derrubou a ermida e tamén a cruz do
cruceiro. Agora a festa faise en San Amaro, Barouta, pero aínda seguen botando as “lamparillas” desde
aquí.
Ao fondo, o Leñaredo, o monte máis alto de Ames.
Liberdade!
Tempo de conversa relaxada.
Observación desde o Monte da Ermida.
O Leñaredo
Logo de baixar do Monte de San Marcos, regresamos a Esqueiro, na estrada que vai da
Ameixenda ao Lombao.
Pero cara a onde queda a poza? Por onde seguimos?
Houbo que orientarse: Onde está o sol? Onde queda o pico?... Finalmente descubrimos
cara a onde tiñamos que tirar.
Esta poza fixérona para coller auga no caso de incendio.
Hoxe está bastante chea de sedimentos que vai
carrexando o río. Con todo ten augas limpas xa que vimos
cabalos do demo, zapateiros e algunha troita.
Tempo para o descanso,
para merendar e
observar os insectos e
repor forzas antes de
continuar coa tarefa.
Por suposto deixamos
todo recollido e en
perfecto estado.
Hai vida en Riamonte
Liques na rocha.
En total enchemos 8 sacos coma estes
de hedra dos muíños e das sobreiras.
Traballando arreo!
O obxectivo é quitar as hedras
pero sen matar a outra
vexetación e respectando as
construcións.
Así estaban as sobreiras
cando chegaron os de 5º.
Limpando nas
sobreiras
centenarias.
De regreso, coa enerxía
do traballo feito.
Pegadas humanas que atopamos
Montóns de lixo ao longo do percorrido.
Que medra debaixo das frondosas?
Onde hai máis riqueza?
Montóns de fervenzas
no percorrido do
Riamonte, dan unha
beleza excepcional a
este lugar.
Ven a Riamonte, goza da paisaxe, admira as
súas construcións tradicionais, observa a súa
flora e a fauna ...
pero respecta o seu medio natural.
• Non deixes nada guindado
• Anda polos carreiros, camiños ou pistas
• Non subas ás paredes dos muíños
• Escoita o ruído da auga
• Respecta as plantas; todas son necesarias
• ...
• Mirando na rede, soubemos que no monte San
Marcos houbo un castro ou outro tipo de
asentamento, pertencente á época tardo-romana
ou altomedieval, que ocuparía un recinto de 2,7
hectáreas. Limitado por dúas murallas, unha que
chega a acadar os 2,5 metros de ancho na banda
oeste, feita de pedra e cachotería, reforzando o
lado de defensa menos doada. Por ese mesmo
lado ten outra muralla de dimensións menores.
Aínda hoxe se poden ver restos.
• Había unha capela, que lle dá nome ao monte, e da
cal só quedan uns pequenos restos da súa base
que se adiviñan nos rebaixes da pedra. Tanto a
pedra desta capela como a do xacemento, segundo
contan os residentes na zona, foron utilizadas para
facer a capela de San Amaro de Barouta e outras
construcións civís.
Que descobrimos?
• No libro de Maximino Viaño García. : ”Lembranzas: Una vida en el campo gallego” (2001) pódese ler que o culto
a San Marco nesa capela debeu desaparecer a mediados do século XIX…” e tamén asegura que “ ..o pico de San
Marcos revela ademais un castro sen explorar, que debeu ser un castro moi grande e amurallado. Aínda hoxe se
atopan vestixios dese muro, incluso de dobre muralla polo oeste”.
6º de Primaria
OBRADOIROS NA AULA DE NATUREZA
DA AMEIXENDA
Observación dos fondos da aula (colección de bolboretas,
insectos ...), creación dun caderno de campo e outras tarefas.
As dúas aulas de 2º de Primaria,
facendo o seu obradoiro.
Ao remate trouxeron un xogo da oca pero con imaxes da flora e fauna de Riamonte.
De Vilar a San
Marcos
Que podemos atopar en Riamonte?
• VISITA Á AULA DA NATUREZA
O pasado día 19 de novembro, o alumnado de 3º, visitamos a aula de natureza que ten o Concello no
lugar da Ameixenda.
Alí recibiunos Patricia, a bióloga que leva a aula, e explicounos que iamos facer un caderno de
campo para recoller observacións cando vaiamos facer a ruta dos muíños de Riamonte.
Patricia falounos da vexetación e dos animais que viven na ruta dos muíños e preparounos uns
papeis preciosos para facer o caderno.
Para saber no que debemos fixarnos cando fagamos a ruta, dividimos o caderno en cinco partes:
fieitos, insectos, árbores de ribeira, aves e anfibios. Estamos desexando estrealo, aló polo mes de
maio. Quedounos precioso !!!
Despois vimos a exposición de insectos dos fondos da aula. Encantounos, sobre todo as
bolboretas. Eran impresionantes!!!
Estes son os cadernos de campo que
preparamos o alumnado de 3º. Houbo que
recortar, organizar as páxinas e logo grampar.
Darémoslle uso cando visitemos Riamonte.
O TRABALLO NO HORTO
Plantar árbores, sementar, transplantar,
quitar herbas, regar… observar e aprender.
ÁRBORES DA CIDADE
As árbores da cidade
esmorecidas, tristeiras:
¡non cometeron delito
e téñenas prisioneiras!
As árbores da cidade
non sei como dan medrado
co barullo dos motores
e co ar polucionado.
As árbores da cidade
son seres artificiales:
¡naceron no invernadeiro
dos xardís municipales!
As árbores da cidade:
¡non viron cervos lixeiros,
nin paxaros voadores,
nin regatos cantareiros!
As árbores da cidade
Non teñen contentamento:
¡respiran fume e non aire!
¡Por terra teñen cemento!
Manuel María
(AS RÚAS DO VENTO CEIBE, 1979)
Este ano, no horto, tivemos unha intervención irregular debido ao mal tempo.
Comezamos en outono coa recollida da folla e levala ao horto para que fora podrecendo xunto
coa materia orgánica que xuntamos no centro. Logo, entre xaneiro e febreiro, fixemos o
traslado dos amorodos, a planta dos allos e dos chícharos e a preparación dos tallóns (sachar,
botar máis substrato ...) para este ano.
Procuramos traballar sobre os obxectivos que tiñamos programados e fixemos algunhas
melloras. A saber:
• Facer os sementeiros polas aulas, proporcionou que todos os grupos se sentiran implicados,
o espazo estaba coutado e prestaban máis atención.
• Instalación dun invernadoiro portátil, que xa mercaramos o ano pasado, na entrada do
colexio supuxo unha maior organización e abrigo para a sementeira. Ademais, podiamos ir
vendo o proceso de crecemento das plantas e tamén facer outras observacións coma a
condensación, que logo podiamos explicar nas aulas.
Coma en anos anteriores, o Día da Árbore e da Poesía, foi unha xornada sinalada e cun
seguimento especial dentro do colexio. Este ano tiñamos árbores cedidas polo Concello, das
que quedaran no invernadoiro próximo ao centro (fotinias, unha nespereira e, mesmo, dúas
maceiras que enxertaramos hai un par de anos). Nós mercamos algunha froiteira e, o resto
(sobreiras, pradairos) sementarámolas o ano pasado en maceta e xa tiñan unha altura para
levalas á fraga que andamos a procurar á beira do horto.
Nas aulas, puidemos afondar sobre cada un destes temas e facer que o aprendido nos libros
non sexa só teoría.
Falando do horto
En febreiro,
plantamos os
chícharos e os
tirabeques no
horto e tamén
nas aulas.
Onde medrarán
máis axiña?
Preparando os sementeiros
Sementes de
caraveis tunicios.
Este curso organizamos a sementeira nas propias aulas, e foi un acerto. Queriamos
levar o horto ao espazo curricular. Puidemos observar os diferentes tipos de sementes
(tamaños, formas) e aprender como plantalas para que non queden amontoadas.
Montar o
invernadoiro,
unha boa
aprendizaxe
cooperativa
entre
maiores e
pequenos.
Dediños
espertos
collendo as
sementes con
moito tino.
Os chícharos no horto xa
están moi crecidos.
Quitamos a manta que os
protexía da xeada e
puxemos uns titores nos
extremos para colocar
unha rede de fíos.
Xusto antes das vacacións, fixemos os
buratos para plantar as froiteiras, á volta. Así
deixamos tempo para que a terra se airease
e medren mellor.
O día 1 de abril, celebramos a “Festa da
Primavera”. Este ano co lema <<poesía nas
árbores>>.
Coma en anos anteriores, dedicamos a primeira
parte da xornada á plantación de árbores
froiteiras, ornamentais (no horto) ou de madeira
(nun espazo próxima horto). Cada aula tiña o seu
horario, para non cadrar todos xuntos nun espazo
reducido. As árbores estaban en maceta e xa
tiñamos os buratos feitos con anterioridade, para
a osixenación da terra.
Despois do recreo, tocaba espallar poemas.
Primeiro fixemos un recital con versos de Teijeiro,
e M. María entre outros. Logo colgámolos nas
árbores do patio co obxectivo de que as poida ler
calquera persoa que se achegue ao Centro.
Resultou unha actividade moi interesante e divertida.
Alumnado de 1º ciclo plantando unhas fotinias
e unha nespereira.
O alumnado
de Infantil
observando o
framboeseiro
e a arandeira
que van
plantar.
O alumnado de 3º e 4º tamén participou. Eles
puxeron unha maceira, un acivro e unha fotinia.
E deixaron os seus chícharos de maceta a carón
dos que xa medraban no horto.
O grupo de 4º plantou unha
fotinia na zona do aparcadoiro.
Quedou ben. Agora só hai que protexela para que
os coches non lle fagan daño.
Os maiores do cole fixeron parte dos
buratos e plantaron árbores, tanto no
horto coma na fraga.
Un pradairo e unha sobreira para a nosa fraga
a carón do horto.
PRADAIRO
Árbore caducifolia da familia das
aceráceas, de follas grandes en
forma de man, semellantes ás do
plátano, flores en acio e madeira
dura, que medra principalmente en
terreos húmidos
FOTINIA
Árbore da familia das rosáceas de
folla perenne moi empregado
como sebe. Ten un crecemento
rápido, cunhas follas que varían de
cor segundo a estación: verde, no
inverno, vermellas na primavera e
violáceas no verán.
COÑECENDO AS NOSAS ÁRBORES
NESPEREIRA
Árbore das rosáceas de tronco
delgado, follas grandes e pecioladas,
flores brancas e froito (néspera)
comestible en pomo.
SOBREIRA
Árbore da familia fagáceas, de madeira
moi dura, follas persistentes, froito en
landra, a casca da cal constitúe a
cortiza, moi usada na industria.
ACIVRO
Árbore ou arbusto da familia aquifoliáceas, de
follas perennes, coriáceas e espiñentas, flores
brancas e froito vermello en forma de bólas.
Usado como medicinal, deuse en usar como
motivo ornamental asociado ao tempo do
Nadal.
FRAMBOESEIRO
Planta das rosáceas, con talos delgados e
espiñentos, follas verdes por encima e brancas
polo envés, flores brancas e froito comestible
(framboesa) de cor vermella, parecido á amora.
ARANDEIRA
Planta arbustiva da familia ericáceas,
con follas ovais e dentadas, flores
pequenas, verdosas ou rosadas, e
froito (arando)en baga.
Comezamos
escoitando
os poemas
de Infantil e
rematamos
cos de 6º.
Despois,
fóra, polo
patio,
deixamos os
poemas.
Un día ben
xeitoso!
Unha árbore, un
poema!
Aula de 6º
2º Primaria
E… para agasallar
ás mamás, o
alumnado de 5º e
6º está a preparar
a súa maceta para
colocar nela una
das plantas que
sementamos
(zinnia ou caravel
indio).
1. Respecto de Riamonte
Temos a metade das actividades realizadas. Non se puideron facer máis debido
ao mal tempo. De feito, tivemos que cancelar varias datas por este motivo. Con
todo, aínda faltan dous meses para rematar o curso e algunhas xa estaban
pensadas para levar a cabo no remate. Ter que entregar a memoria no remate de
abril fai que andemos moi axustados no tempo.
- Andainas (2º e 3º teñen previsto facer a ruta o 2 de maio)
- Paseo e muiñada (Infantil e 1º). Está fixado para o 4 e o 19 de maio.
- Xornada de convivencia (4º, 5º e 6º de Primaria dos dous centros). Será
o 14 de xuño.
Esta derradeira actividade é a que pecha o proxecto definitivamente. O
alumnado dos dous Centros vai ter a ocasión de se coñecer e asistir a unha
conversa con Maximino Viaño, seremos recibidos polo Concello e convidaremos
tamén a Voz Natura. Haberá tamén exposición de fotos e algo de música para
rematar.
Actividades pendentes:
2. Respecto do horto
Está feito o máis groso. Pero aínda podemos aproveitar este tempo que queda
para seguir observando e recollendo, se cabe, algún froito.
• Os chícharos xa están medrando ben. Pronto florearán e poderemos
probalos.
• As xudías, as cabazas están na terra aínda.
• Os tomates, as acelgas e espinacas mailas flores que temos no sementeiro
hainas que trasplantar. Algunhas habémolas regalar entre as familias.
• Quitar herbas e, se vén bo tempo, regar.
Así están os sementeiros no invernadoiro. Moitas destas plantas son
para agasallar ás mamás e outras irán para o horto.
Esta cerdeira
plantámola o
ano pasado.
Así está o horto neste momento.
1. Respecto de Riamonte:
O traballo neste proxecto resultou moi atractivo e gratificante, tanto para o
alumnado coma para o profesorado.
• Aprendemos un montón sobre a historia deste lugar, dos usos e costumes.
• Descubrimos que ademais do valor natural indubidable, hai un valor
histórico, etnográfico e arqueolóxico.
• Traballamos con respecto na retirada de maleza (hedras). Fomos
conscientes da necesidade de ir con tino neste tipo de lugares para
preservar a súa riqueza ecolóxica.
• Gozamos da fraga, do río, das vistas, da compaña e da convivencia con
outros ...
• Sabemos algo máis de plantas, de como orientarnos no monte, como
elaborar un caderno de campo ...
• Aprendemos a recoñecer o lugar no que vivimos. Pero dounos moita mágoa
atopar lixo en moitas zonas da ruta.
• Riamonte precisa protección!
A modo de conclusións:
2. Respecto do horto:
Seguimos coa rotación de cultivos. Plantamos menos cousas; hai menos variedade
que o ano pasado. Pensamos que o importante é ver e observar o crecemento e non
tanto a variedade xa que nós non imos ser produtores.
• Todas as aulas pasaron polo horto. Sempre lles gusta estar ao aire libre e esta é
unha boa ocasión de aprendizaxe.
• Hai certo alumnado que, voluntariamente, vai polo horto e amosa moito interese
no que alí ocorre. Algúns no seu tempo libre queren axudar a limpar, carrexar folla
... Traen ás familias a velo.
• O profesorado participou con interese nas actividades colectivas e desenvolveu
outras tarefas dentro da aula.
• Parece que esta actividade está asentada na dinámica do Centro e queremos
continuar en anos vindeiros.
En xeral, facemos unha valoración positiva, tanto do traballo no horto coma
no de Riamonte. E xa solicitamos outro proxecto para o vindeiro curso.
Esta vez sobre <<Toponimia e etnografía>>.
O TOXO
¡Anque o toxo ten espiñas
sorrí polas primaveiras
con sorrisas mareliñas!
Manuel María
(TERRA CHÁ, 1954)
• Ao profesorado e alumnado de Infantil e Primaria, que colaborou moito e sen o que
non se podería levar a cabo o proxecto.
• Á ANPA San Mauro, que nos facilitou contactos e amosou interese na evolución do
proxecto.
• Ás familias, que aportaron entusiasmo, compartiron plantas, levaron das que nós
tiñamos e preocupábanse por seguir o que ía acontecendo.
• Ao Concello, e a Patricia, técnica medioambiental, que nos acompañou e asesorou
neste camiño.
• A Maximino Viaño, veciño de Tapia, por compartir o seu saber con nós.
• A Luísa, co seu blogue http://www.hortagalega.eu/ , da que tanto temos aprendido.
• A Voz Natura, que nos subvencionou o proxecto e amosou interese no
desenvolvemento do mesmo.
Grazas!
Ceip Barouta – Ames, 25 de abril de 2016
O noso agradecemento a toda a Comunidade Educativa:

Weitere ähnliche Inhalte

Was ist angesagt?

Presentaciones 3º
Presentaciones 3ºPresentaciones 3º
Presentaciones 3º
A Solaina
 
Río Navia
Río NaviaRío Navia
Río Navia
monadela
 
Salnés máis nós
Salnés máis nósSalnés máis nós
Salnés máis nós
A MARALEIXA
 
Muíños de marea
Muíños de mareaMuíños de marea
Muíños de marea
monadela
 
Auga paisaxe
Auga paisaxeAuga paisaxe
Auga paisaxe
iesasorey
 
A auga na cultura galega. Auga e paisaxe
A auga na cultura galega. Auga e paisaxeA auga na cultura galega. Auga e paisaxe
A auga na cultura galega. Auga e paisaxe
monadela
 

Was ist angesagt? (20)

"Adeus quinto de primaria"
"Adeus quinto de primaria""Adeus quinto de primaria"
"Adeus quinto de primaria"
 
IES Francisco Asorey: A contorna- A Pastora
IES Francisco Asorey: A contorna- A PastoraIES Francisco Asorey: A contorna- A Pastora
IES Francisco Asorey: A contorna- A Pastora
 
Presentacion de Castrelo
Presentacion de CastreloPresentacion de Castrelo
Presentacion de Castrelo
 
Os nosos ríos
Os nosos ríosOs nosos ríos
Os nosos ríos
 
Cardecide E Laxos
Cardecide E LaxosCardecide E Laxos
Cardecide E Laxos
 
Traballo san andres
Traballo san andresTraballo san andres
Traballo san andres
 
Cequeril
CequerilCequeril
Cequeril
 
Presentaciones 3º
Presentaciones 3ºPresentaciones 3º
Presentaciones 3º
 
Couselo
CouseloCouselo
Couselo
 
Historia da castaña1
Historia da castaña1Historia da castaña1
Historia da castaña1
 
Coplas entroido18
Coplas entroido18Coplas entroido18
Coplas entroido18
 
Muiñeiros
Muiñeiros Muiñeiros
Muiñeiros
 
Turismo sostible 4º 1
Turismo sostible 4º 1Turismo sostible 4º 1
Turismo sostible 4º 1
 
Río Navia
Río NaviaRío Navia
Río Navia
 
APROXIMACIÓN AOS VALORES DO RÍO ZAMÁNS no PEGO NEGRO
APROXIMACIÓN AOS VALORES DO RÍO ZAMÁNS no PEGO NEGROAPROXIMACIÓN AOS VALORES DO RÍO ZAMÁNS no PEGO NEGRO
APROXIMACIÓN AOS VALORES DO RÍO ZAMÁNS no PEGO NEGRO
 
Salnés máis nós
Salnés máis nósSalnés máis nós
Salnés máis nós
 
Muíños de marea
Muíños de mareaMuíños de marea
Muíños de marea
 
Auga paisaxe
Auga paisaxeAuga paisaxe
Auga paisaxe
 
Galicia abandonada
Galicia abandonadaGalicia abandonada
Galicia abandonada
 
A auga na cultura galega. Auga e paisaxe
A auga na cultura galega. Auga e paisaxeA auga na cultura galega. Auga e paisaxe
A auga na cultura galega. Auga e paisaxe
 

Ähnlich wie Riamonte, un lugar para coñecer

Circular marzo2015web
Circular marzo2015webCircular marzo2015web
Circular marzo2015web
ClubTrevinca
 
Fervenzas A Coruña
Fervenzas A CoruñaFervenzas A Coruña
Fervenzas A Coruña
monadela
 
Río Limia
Río LimiaRío Limia
Río Limia
monadela
 

Ähnlich wie Riamonte, un lugar para coñecer (20)

Matias
Matias Matias
Matias
 
Circular marzo2015web
Circular marzo2015webCircular marzo2015web
Circular marzo2015web
 
Circular Club Peña Trevinca Marzo 2015
Circular Club Peña Trevinca Marzo 2015Circular Club Peña Trevinca Marzo 2015
Circular Club Peña Trevinca Marzo 2015
 
Rio Eume
Rio EumeRio Eume
Rio Eume
 
Río Eume
Río EumeRío Eume
Río Eume
 
Xabier parga
Xabier pargaXabier parga
Xabier parga
 
Mesego E Zoo
Mesego E ZooMesego E Zoo
Mesego E Zoo
 
Laxe, A Costa
Laxe, A CostaLaxe, A Costa
Laxe, A Costa
 
LIC Canón do Sil
LIC Canón do SilLIC Canón do Sil
LIC Canón do Sil
 
Ribadeo, a costa
Ribadeo, a costaRibadeo, a costa
Ribadeo, a costa
 
Guia natural
Guia naturalGuia natural
Guia natural
 
IES Francisco Asorey: a contorna
IES Francisco Asorey: a contorna IES Francisco Asorey: a contorna
IES Francisco Asorey: a contorna
 
Galiza, O Camiño do Sol
Galiza, O Camiño do SolGaliza, O Camiño do Sol
Galiza, O Camiño do Sol
 
Serra da Faladoira
Serra da FaladoiraSerra da Faladoira
Serra da Faladoira
 
Ortigueira. A costa
Ortigueira. A costaOrtigueira. A costa
Ortigueira. A costa
 
Fervenzas A Coruña
Fervenzas A CoruñaFervenzas A Coruña
Fervenzas A Coruña
 
Canón do Sil (2)
Canón do Sil (2)Canón do Sil (2)
Canón do Sil (2)
 
A Ría de Pontevedra. Guia de Actividades
A Ría de Pontevedra. Guia de ActividadesA Ría de Pontevedra. Guia de Actividades
A Ría de Pontevedra. Guia de Actividades
 
Río Limia
Río LimiaRío Limia
Río Limia
 
Cedeira, A Costa
Cedeira, A CostaCedeira, A Costa
Cedeira, A Costa
 

Mehr von 2TERE (7)

Memoria 2017
Memoria 2017Memoria 2017
Memoria 2017
 
árbores e poesía
árbores e poesíaárbores e poesía
árbores e poesía
 
Debuxos 25 anos
Debuxos 25 anosDebuxos 25 anos
Debuxos 25 anos
 
Excursión polo barbanza
Excursión polo barbanzaExcursión polo barbanza
Excursión polo barbanza
 
Memoria horto 2014 15
Memoria horto 2014 15Memoria horto 2014 15
Memoria horto 2014 15
 
Postais nadal
Postais nadalPostais nadal
Postais nadal
 
Así son eu
Así son euAsí son eu
Así son eu
 

Kürzlich hochgeladen

Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 

Kürzlich hochgeladen (11)

A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfA memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
 
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxGUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
 
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfRevista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
 
Como atopar informacion de confianza na rede
Como atopar informacion de confianza na redeComo atopar informacion de confianza na rede
Como atopar informacion de confianza na rede
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
 
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdfa cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
 
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfNon penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
 

Riamonte, un lugar para coñecer

  • 1. Riamonte, un lugar para coñecer Memoria 2015-16
  • 2. Riamonte, un lugar para coñecer XUNTA DE GALICIA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA C.E.I.P. Agro do Muíño
  • 3. • Alumnado de 4º, 5º (venres 9 de outubro) e 6º (o 23 de outubro)  Recóllenos o autobús ás 9:55 h para levarnos ata Esqueiro, na base do pico. Camiñar ata o cimo onde observaremos o val, desde Tapia ata Bertamiráns. Achegarémonos ata o monte da ermida para ver a cara norte (cara a Cortegada, Ameixenda)  Baixar a modo ata a poza e merendar. Momento de descanso e tamén para observar os anfibios e insectos que houbese na poza, coa axuda de Patricia.  Logo faranse dous grupos: un irá para os muíños e o outro baixará ata as sobreiras. Ámbolos dous terán a función de limpar de hedra as construcións mailas árbores pero respectando o espazo, sen danar o resto da vexetación. Recoller todo nos sacos e levalo ao contedor que estará na pista.  Ao remate, haberá que recoller todo o material (luvas, tesoiras, angazos...) e camiñar ata a aldea de Vilar onde veremos o seu muíño que está totalmente reconstruído. Recolleranos o autobús ás 13:45 h.  Hai luvas para todos, tesoiras e sacos para compartir. Cada grupo debe levar unha cámara para sacar fotos de todo o que lles pareza interesante da ruta. Con iso, faremos un collage que expoñeremos nos dous colexios.  Festa-encontro no Pazo da Peregrina (14 de xuño): para o alumnado dos dous centros. Contaremos coa presenza de Maximino Viaño, que falará dos “Usos e costumes de Riamonte”, representación do Concello e unha valoración do traballo levado a cabo en cada colexio. Haberá tamén unha exposición das fotos realizadas. Relación de actividades para desenvolver ao longo do o ano:
  • 4. • Alumnado de 2º e 3º (mes de novembro)  Recóllenos o autobús ás 9:55 h para levarnos ata a Aula da Natureza na Ameixenda onde nos agarda Patricia, a bióloga da Concellaría de Medio Ambiente.  Alí faranse dous grupos de 25 (máximo) para realizar un obradoiro relacionado coa observación da flora e fauna da zona. Esta aula conta cunha colección de animais que poderán observar. Os maiores, elaborarán un caderno de campo para usar logo cando fagan a andaina. Dirixe a actividade Patricia coa axuda do profesorado.  Finalmente, no mes de maio, coa chegada do bo tempo, farán a andaina polo Rego de Riamonte para poderen observar a vexetación exuberante, algún insecto ou anfibio e tamén ver algún dos muíños que aparecen.  A andaina comeza en Vilar vendo o muíño que está totalmente reconstruído. Logo sóbese cara ao monte ata que atopemos o curso do río onde poderemos ver os 10 muíños, carballos, fieitos, auga cristalina, fervenzas ...  Merenda nunha carballeira, preto da poza, e algún xogo. Descanso para retomar a baixada en círculo ata o punto de inicio. • Alumnado de 1º e Infantil, fará un percorrido menor. Primeiro visitarán o muíño de Vilar e, a continuación, a súa andaina pola beira do río, ata Lamas. Aquí hai outro muíño ben conservado e poderán moer algo de millo.
  • 5. Pico de San Marco: ten unha altura de 410 m sobre o nivel do mar. Pero non é o monte máis alto do Concello, senón o que está na faciana noroeste, o Leñaredo. Subida ao pico: Variante da ruta da auga do concello de Ames, comezando na aldea de Augapesada para aproveitar o treito que hai ata onde comeza a ruta, unha zona preciosa. Esta ruta, destaca sobre todo polos 13 muíños que se poden ver. As vistas dende o San Marcos tamén merecen a pena, xa que se pode apreciar o val da Maía e máis alá Padrón. A ruta de Riamonte alberga unha extraordinaria riqueza ambiental e cultural. A enorme variedade de especies vexetais e animais que atopamos nas pequenas fragas do rego de Riamonte, fálanos dun espazo equilibrado e diverso onde os saltos e as pequenas fervenzas salpican a contorna con pingas de auga cristalina. A ruta é circular; comeza e remata na aldea de Vilar, na parroquia de Ames. Neste lugar están instalados diversos paneis interpretativos que lle axudarán ao/a camiñante a guiarse e descubrir os tesouros que se agochan neste espazo. O primeiro tramo do percorrido transcorre por un vello camiño entre prados e árbores froiteiras no que se pode contemplar unha paisaxe tipicamente rural. Posteriormente, entramos nun fermoso tramo que discorre á carón do río. Os muíños que ten, en diferente estado de conservación, gardan entre os seus muros unha infinidade de historias das muiñadas de outrora. Continuando o ascenso, pasaremos pola poza onde se encora a auga para o funcionamento dos muíños en época de seca e, sobre todo, para collela no caso de incendio. Hoxe nesta poza artificial pódese observar unha gran cantidade de anfibios e moitas pegadas de animais que se achegan ata ela para beber. Que debemos saber?
  • 6. Rego dos Pasos, nace na parroquia de Ames (no monte próximo á aldea da Mámoa) pasa entre Barouta e Pedrouzos, Augapesada, Pousada e chega a Bertamiráns, onde desemboca no Sar. Rego de Riamonte, nace no monte de Quintáns (Ameixenda) e pasa por Cortegada, pola ladeira do San Marcos e chega a Vilar, Lamas e Proupín, onde se xunta co Rego dos pasos antes de chegar a Augapesada.
  • 7. Saíndo do colexio con todo o equipo: angazos, luvas, tesoiras, sacos e, por suposto, unha rica merenda e moito ánimo!
  • 8. Subindo ao pico, os grupos de 4º e 5º. No alto, avistamos o colexio e as aldeas próximas.
  • 9. Contábamo miña avoa: “A capela do alto de S. Marcos levouna un temporal nunha noite de invernía. Era pequena pero moi bonitiña, toda de pedra e o vento arrincoulle o tellado e case sae voando tamén o santo”. Cada 25 de abril, os veciños da Ameixenda e Ames ían en procesión co santo, dende a ermida ata o cruceiro que quedaba máis abaixo. Eran outros tempos e custaba moito reconstruíla, para rematar outra vez desfeita. Así que acordaron facer unha nova capela en Barouta, coas pedras da vella ermida. A cambio de quedar sen o santo, os veciños pediron que a procesión da romaría se fixese ata o S. Marcos pero iso era moi complicado. Na actualidade só queda a tradición de botar os foguetes dende o alto do monte como lembranza de que o santo, fai séculos, estaba alí. Agora quedan os restos da capela e o mesmo ca daquela unha marabillosa vista do Val da Maía. O alumnado do colexio (5º e 6º de Primaria) subimos ao S. Marcos e ficamos abraiados coa panorámica. Logo baixamos a Riamonte e limpamos as sobreiras que quedan na beira do camiño (seis en total) e algún dos muíños restaurados á beira do rego, de tanta hedra que afoga estas construcións. Paga a pena dar unha volta pola natureza para gozar do que nos ofrece, coidala e preservala. Riamonte e os seus segredos 5º curso
  • 10. Iniciando a subida con forza o grupo de sexto! Xa no alto... Que vistas!
  • 11. Contemplando o Val da Maía
  • 12. Un pequeno treito en autobús, desde Barouta ata a parroquia da ameixenda e logo todo o tempo a pé. O primeiro foi subir desde Esqueiro (preto de Cortegada), onde nos deixou o autobús, ata o alto do Monte de San Marco (409 m de altura) para contemplar as vistas do val da Maía. Impresionantes as vistas! Contamos cun día clariño e iso axudou moito. Descubrimos moitos lugares e aprendemos a orientarnos. Logo, seguimos ata o Monte da Ermida, desde onde se pode ver o Leñaredo, o monte máis alto de Ames, e os agros de Cortegada, na vertente norte. Despois dun merecido descanso, baixamos andando ata o estanque que hai na beira do río, preto dos muíños, e no que puidemos observar insectos (zapateiros, cabaliños do demo), unha cría de troita, ras ... Alí aproveitamos para tomar unha rica merenda e parolar un pouco, antes de ir ao traballo. Armados con luvas, tesoiras de podar e angazos, distribuímonos en dous grupos; uns, cara aos muíños para libralos das hedras que recobren as súas paredes e outros, camiñan pola pista cara á aldea de Vilar; nese camiño atopamos unhas sobreiras centenarias cubertas de hedra que nos costou bastante retirar xa que tiñan un tranco ben groso. Ata onde chegamos, limpamos. Quedaron estupendas! Foi un traballo divertido! Para rematar, cada grupo carrexou os refugos recollidos en sacos ata o lugar indicado para que os levase o persoal do Concello. O autobús agardábanos en Vilar para regresar ao colexio. Cansos pero contentos. Foi unha bonita experiencia! Aula de 6º
  • 13. Panorámica desde o pico: Ao fondo, o colexio, entre leiras e milleiros de eucaliptos. En primeiro plano, a aldea de Pedrouzos. No medio, podemos seguir o curso do «Rego dos Pasos» (Ves a liña de árbores máis baixas e todas igualiñas???)
  • 15. Aquí, no pico, había un cruceiro pero só queda a base.
  • 16. Aquí estaba a ermida de San Marcos. Cada 25 de abril, celebrábase a festa do patrón e baixaban o santo en procesión ata o cruceiro que había no pico. Pero un temporal derrubou a ermida e tamén a cruz do cruceiro. Agora a festa faise en San Amaro, Barouta, pero aínda seguen botando as “lamparillas” desde aquí. Ao fondo, o Leñaredo, o monte máis alto de Ames.
  • 18. Observación desde o Monte da Ermida. O Leñaredo
  • 19. Logo de baixar do Monte de San Marcos, regresamos a Esqueiro, na estrada que vai da Ameixenda ao Lombao. Pero cara a onde queda a poza? Por onde seguimos? Houbo que orientarse: Onde está o sol? Onde queda o pico?... Finalmente descubrimos cara a onde tiñamos que tirar.
  • 20. Esta poza fixérona para coller auga no caso de incendio. Hoxe está bastante chea de sedimentos que vai carrexando o río. Con todo ten augas limpas xa que vimos cabalos do demo, zapateiros e algunha troita.
  • 21. Tempo para o descanso, para merendar e observar os insectos e repor forzas antes de continuar coa tarefa. Por suposto deixamos todo recollido e en perfecto estado.
  • 22. Hai vida en Riamonte
  • 24. En total enchemos 8 sacos coma estes de hedra dos muíños e das sobreiras.
  • 25. Traballando arreo! O obxectivo é quitar as hedras pero sen matar a outra vexetación e respectando as construcións.
  • 26. Así estaban as sobreiras cando chegaron os de 5º.
  • 28. De regreso, coa enerxía do traballo feito.
  • 29. Pegadas humanas que atopamos Montóns de lixo ao longo do percorrido.
  • 30. Que medra debaixo das frondosas? Onde hai máis riqueza?
  • 31. Montóns de fervenzas no percorrido do Riamonte, dan unha beleza excepcional a este lugar.
  • 32. Ven a Riamonte, goza da paisaxe, admira as súas construcións tradicionais, observa a súa flora e a fauna ... pero respecta o seu medio natural. • Non deixes nada guindado • Anda polos carreiros, camiños ou pistas • Non subas ás paredes dos muíños • Escoita o ruído da auga • Respecta as plantas; todas son necesarias • ...
  • 33. • Mirando na rede, soubemos que no monte San Marcos houbo un castro ou outro tipo de asentamento, pertencente á época tardo-romana ou altomedieval, que ocuparía un recinto de 2,7 hectáreas. Limitado por dúas murallas, unha que chega a acadar os 2,5 metros de ancho na banda oeste, feita de pedra e cachotería, reforzando o lado de defensa menos doada. Por ese mesmo lado ten outra muralla de dimensións menores. Aínda hoxe se poden ver restos. • Había unha capela, que lle dá nome ao monte, e da cal só quedan uns pequenos restos da súa base que se adiviñan nos rebaixes da pedra. Tanto a pedra desta capela como a do xacemento, segundo contan os residentes na zona, foron utilizadas para facer a capela de San Amaro de Barouta e outras construcións civís. Que descobrimos? • No libro de Maximino Viaño García. : ”Lembranzas: Una vida en el campo gallego” (2001) pódese ler que o culto a San Marco nesa capela debeu desaparecer a mediados do século XIX…” e tamén asegura que “ ..o pico de San Marcos revela ademais un castro sen explorar, que debeu ser un castro moi grande e amurallado. Aínda hoxe se atopan vestixios dese muro, incluso de dobre muralla polo oeste”. 6º de Primaria
  • 34. OBRADOIROS NA AULA DE NATUREZA DA AMEIXENDA Observación dos fondos da aula (colección de bolboretas, insectos ...), creación dun caderno de campo e outras tarefas.
  • 35. As dúas aulas de 2º de Primaria, facendo o seu obradoiro. Ao remate trouxeron un xogo da oca pero con imaxes da flora e fauna de Riamonte.
  • 36. De Vilar a San Marcos
  • 37. Que podemos atopar en Riamonte?
  • 38. • VISITA Á AULA DA NATUREZA O pasado día 19 de novembro, o alumnado de 3º, visitamos a aula de natureza que ten o Concello no lugar da Ameixenda. Alí recibiunos Patricia, a bióloga que leva a aula, e explicounos que iamos facer un caderno de campo para recoller observacións cando vaiamos facer a ruta dos muíños de Riamonte. Patricia falounos da vexetación e dos animais que viven na ruta dos muíños e preparounos uns papeis preciosos para facer o caderno. Para saber no que debemos fixarnos cando fagamos a ruta, dividimos o caderno en cinco partes: fieitos, insectos, árbores de ribeira, aves e anfibios. Estamos desexando estrealo, aló polo mes de maio. Quedounos precioso !!! Despois vimos a exposición de insectos dos fondos da aula. Encantounos, sobre todo as bolboretas. Eran impresionantes!!!
  • 39. Estes son os cadernos de campo que preparamos o alumnado de 3º. Houbo que recortar, organizar as páxinas e logo grampar. Darémoslle uso cando visitemos Riamonte.
  • 40. O TRABALLO NO HORTO Plantar árbores, sementar, transplantar, quitar herbas, regar… observar e aprender.
  • 41. ÁRBORES DA CIDADE As árbores da cidade esmorecidas, tristeiras: ¡non cometeron delito e téñenas prisioneiras! As árbores da cidade non sei como dan medrado co barullo dos motores e co ar polucionado. As árbores da cidade son seres artificiales: ¡naceron no invernadeiro dos xardís municipales! As árbores da cidade: ¡non viron cervos lixeiros, nin paxaros voadores, nin regatos cantareiros! As árbores da cidade Non teñen contentamento: ¡respiran fume e non aire! ¡Por terra teñen cemento! Manuel María (AS RÚAS DO VENTO CEIBE, 1979)
  • 42. Este ano, no horto, tivemos unha intervención irregular debido ao mal tempo. Comezamos en outono coa recollida da folla e levala ao horto para que fora podrecendo xunto coa materia orgánica que xuntamos no centro. Logo, entre xaneiro e febreiro, fixemos o traslado dos amorodos, a planta dos allos e dos chícharos e a preparación dos tallóns (sachar, botar máis substrato ...) para este ano. Procuramos traballar sobre os obxectivos que tiñamos programados e fixemos algunhas melloras. A saber: • Facer os sementeiros polas aulas, proporcionou que todos os grupos se sentiran implicados, o espazo estaba coutado e prestaban máis atención. • Instalación dun invernadoiro portátil, que xa mercaramos o ano pasado, na entrada do colexio supuxo unha maior organización e abrigo para a sementeira. Ademais, podiamos ir vendo o proceso de crecemento das plantas e tamén facer outras observacións coma a condensación, que logo podiamos explicar nas aulas. Coma en anos anteriores, o Día da Árbore e da Poesía, foi unha xornada sinalada e cun seguimento especial dentro do colexio. Este ano tiñamos árbores cedidas polo Concello, das que quedaran no invernadoiro próximo ao centro (fotinias, unha nespereira e, mesmo, dúas maceiras que enxertaramos hai un par de anos). Nós mercamos algunha froiteira e, o resto (sobreiras, pradairos) sementarámolas o ano pasado en maceta e xa tiñan unha altura para levalas á fraga que andamos a procurar á beira do horto. Nas aulas, puidemos afondar sobre cada un destes temas e facer que o aprendido nos libros non sexa só teoría. Falando do horto
  • 43.
  • 44. En febreiro, plantamos os chícharos e os tirabeques no horto e tamén nas aulas. Onde medrarán máis axiña?
  • 45. Preparando os sementeiros Sementes de caraveis tunicios.
  • 46. Este curso organizamos a sementeira nas propias aulas, e foi un acerto. Queriamos levar o horto ao espazo curricular. Puidemos observar os diferentes tipos de sementes (tamaños, formas) e aprender como plantalas para que non queden amontoadas.
  • 47. Montar o invernadoiro, unha boa aprendizaxe cooperativa entre maiores e pequenos. Dediños espertos collendo as sementes con moito tino.
  • 48. Os chícharos no horto xa están moi crecidos. Quitamos a manta que os protexía da xeada e puxemos uns titores nos extremos para colocar unha rede de fíos. Xusto antes das vacacións, fixemos os buratos para plantar as froiteiras, á volta. Así deixamos tempo para que a terra se airease e medren mellor.
  • 49.
  • 50. O día 1 de abril, celebramos a “Festa da Primavera”. Este ano co lema <<poesía nas árbores>>. Coma en anos anteriores, dedicamos a primeira parte da xornada á plantación de árbores froiteiras, ornamentais (no horto) ou de madeira (nun espazo próxima horto). Cada aula tiña o seu horario, para non cadrar todos xuntos nun espazo reducido. As árbores estaban en maceta e xa tiñamos os buratos feitos con anterioridade, para a osixenación da terra. Despois do recreo, tocaba espallar poemas. Primeiro fixemos un recital con versos de Teijeiro, e M. María entre outros. Logo colgámolos nas árbores do patio co obxectivo de que as poida ler calquera persoa que se achegue ao Centro. Resultou unha actividade moi interesante e divertida.
  • 51. Alumnado de 1º ciclo plantando unhas fotinias e unha nespereira.
  • 52. O alumnado de Infantil observando o framboeseiro e a arandeira que van plantar.
  • 53. O alumnado de 3º e 4º tamén participou. Eles puxeron unha maceira, un acivro e unha fotinia. E deixaron os seus chícharos de maceta a carón dos que xa medraban no horto.
  • 54. O grupo de 4º plantou unha fotinia na zona do aparcadoiro. Quedou ben. Agora só hai que protexela para que os coches non lle fagan daño.
  • 55. Os maiores do cole fixeron parte dos buratos e plantaron árbores, tanto no horto coma na fraga.
  • 56. Un pradairo e unha sobreira para a nosa fraga a carón do horto.
  • 57. PRADAIRO Árbore caducifolia da familia das aceráceas, de follas grandes en forma de man, semellantes ás do plátano, flores en acio e madeira dura, que medra principalmente en terreos húmidos FOTINIA Árbore da familia das rosáceas de folla perenne moi empregado como sebe. Ten un crecemento rápido, cunhas follas que varían de cor segundo a estación: verde, no inverno, vermellas na primavera e violáceas no verán. COÑECENDO AS NOSAS ÁRBORES
  • 58. NESPEREIRA Árbore das rosáceas de tronco delgado, follas grandes e pecioladas, flores brancas e froito (néspera) comestible en pomo. SOBREIRA Árbore da familia fagáceas, de madeira moi dura, follas persistentes, froito en landra, a casca da cal constitúe a cortiza, moi usada na industria.
  • 59. ACIVRO Árbore ou arbusto da familia aquifoliáceas, de follas perennes, coriáceas e espiñentas, flores brancas e froito vermello en forma de bólas. Usado como medicinal, deuse en usar como motivo ornamental asociado ao tempo do Nadal. FRAMBOESEIRO Planta das rosáceas, con talos delgados e espiñentos, follas verdes por encima e brancas polo envés, flores brancas e froito comestible (framboesa) de cor vermella, parecido á amora. ARANDEIRA Planta arbustiva da familia ericáceas, con follas ovais e dentadas, flores pequenas, verdosas ou rosadas, e froito (arando)en baga.
  • 60. Comezamos escoitando os poemas de Infantil e rematamos cos de 6º. Despois, fóra, polo patio, deixamos os poemas. Un día ben xeitoso!
  • 64. E… para agasallar ás mamás, o alumnado de 5º e 6º está a preparar a súa maceta para colocar nela una das plantas que sementamos (zinnia ou caravel indio).
  • 65. 1. Respecto de Riamonte Temos a metade das actividades realizadas. Non se puideron facer máis debido ao mal tempo. De feito, tivemos que cancelar varias datas por este motivo. Con todo, aínda faltan dous meses para rematar o curso e algunhas xa estaban pensadas para levar a cabo no remate. Ter que entregar a memoria no remate de abril fai que andemos moi axustados no tempo. - Andainas (2º e 3º teñen previsto facer a ruta o 2 de maio) - Paseo e muiñada (Infantil e 1º). Está fixado para o 4 e o 19 de maio. - Xornada de convivencia (4º, 5º e 6º de Primaria dos dous centros). Será o 14 de xuño. Esta derradeira actividade é a que pecha o proxecto definitivamente. O alumnado dos dous Centros vai ter a ocasión de se coñecer e asistir a unha conversa con Maximino Viaño, seremos recibidos polo Concello e convidaremos tamén a Voz Natura. Haberá tamén exposición de fotos e algo de música para rematar. Actividades pendentes:
  • 66. 2. Respecto do horto Está feito o máis groso. Pero aínda podemos aproveitar este tempo que queda para seguir observando e recollendo, se cabe, algún froito. • Os chícharos xa están medrando ben. Pronto florearán e poderemos probalos. • As xudías, as cabazas están na terra aínda. • Os tomates, as acelgas e espinacas mailas flores que temos no sementeiro hainas que trasplantar. Algunhas habémolas regalar entre as familias. • Quitar herbas e, se vén bo tempo, regar. Así están os sementeiros no invernadoiro. Moitas destas plantas son para agasallar ás mamás e outras irán para o horto.
  • 67. Esta cerdeira plantámola o ano pasado. Así está o horto neste momento.
  • 68. 1. Respecto de Riamonte: O traballo neste proxecto resultou moi atractivo e gratificante, tanto para o alumnado coma para o profesorado. • Aprendemos un montón sobre a historia deste lugar, dos usos e costumes. • Descubrimos que ademais do valor natural indubidable, hai un valor histórico, etnográfico e arqueolóxico. • Traballamos con respecto na retirada de maleza (hedras). Fomos conscientes da necesidade de ir con tino neste tipo de lugares para preservar a súa riqueza ecolóxica. • Gozamos da fraga, do río, das vistas, da compaña e da convivencia con outros ... • Sabemos algo máis de plantas, de como orientarnos no monte, como elaborar un caderno de campo ... • Aprendemos a recoñecer o lugar no que vivimos. Pero dounos moita mágoa atopar lixo en moitas zonas da ruta. • Riamonte precisa protección! A modo de conclusións:
  • 69. 2. Respecto do horto: Seguimos coa rotación de cultivos. Plantamos menos cousas; hai menos variedade que o ano pasado. Pensamos que o importante é ver e observar o crecemento e non tanto a variedade xa que nós non imos ser produtores. • Todas as aulas pasaron polo horto. Sempre lles gusta estar ao aire libre e esta é unha boa ocasión de aprendizaxe. • Hai certo alumnado que, voluntariamente, vai polo horto e amosa moito interese no que alí ocorre. Algúns no seu tempo libre queren axudar a limpar, carrexar folla ... Traen ás familias a velo. • O profesorado participou con interese nas actividades colectivas e desenvolveu outras tarefas dentro da aula. • Parece que esta actividade está asentada na dinámica do Centro e queremos continuar en anos vindeiros. En xeral, facemos unha valoración positiva, tanto do traballo no horto coma no de Riamonte. E xa solicitamos outro proxecto para o vindeiro curso. Esta vez sobre <<Toponimia e etnografía>>. O TOXO ¡Anque o toxo ten espiñas sorrí polas primaveiras con sorrisas mareliñas! Manuel María (TERRA CHÁ, 1954)
  • 70. • Ao profesorado e alumnado de Infantil e Primaria, que colaborou moito e sen o que non se podería levar a cabo o proxecto. • Á ANPA San Mauro, que nos facilitou contactos e amosou interese na evolución do proxecto. • Ás familias, que aportaron entusiasmo, compartiron plantas, levaron das que nós tiñamos e preocupábanse por seguir o que ía acontecendo. • Ao Concello, e a Patricia, técnica medioambiental, que nos acompañou e asesorou neste camiño. • A Maximino Viaño, veciño de Tapia, por compartir o seu saber con nós. • A Luísa, co seu blogue http://www.hortagalega.eu/ , da que tanto temos aprendido. • A Voz Natura, que nos subvencionou o proxecto e amosou interese no desenvolvemento do mesmo. Grazas! Ceip Barouta – Ames, 25 de abril de 2016 O noso agradecemento a toda a Comunidade Educativa: