2
EDITORIAL
REVISTA ESCOLAR
XUÑO 2018 Nº 7
ALBARES
Un ano máis chega xuño e, aínda que todos
estamos a tope de tarefas para rematar o curso,
facemos un esforciño para que a revista do no-
so cole siga a visitarnos e chegue de novo ás
mans de todos.
O día a día do curso encheo unha boa parte
das nosas vidas, temos a posibilidade de volver
a vista atrás e reflexionar, opinar, ata soñar…, e
contarvos desde a revista Albares as nosas ex-
periencias máis salientables, a través das que
compartimos, ilusionámonos, emocionámonos
e, sobre todo, medramos.
Detrás do relato destas páxinas voan as expe-
riencias que racharon a monotonía da vida do
cole, e que, sen dúbida, son as que gardamos
con máis agarimo no noso armario persoal.
Así que nela atoparedes algo de todo: relatos,
viaxes, creacións persoais.... Se abres as páxinas
de Albares verás que foron moitas as experien-
cias dignas de lembrar, como moito foi tamén
o que medramos.
Estimado lector, estás aí?
Porén, viaxa por estas páxinas para que Albares
siga voando e verás como tamén te emocionas!
Comezamos!
Edita: Equipo de Dinamización Lingüística do CPI As Mirandas
Neste número atoparás
Editorial
Carta aberta da directora
Do Conde de Fenosa ao CPI As Mirandas
34 Concurso Escolar ONCE
Historia dunha amizade
Lembrando a Rosalía
Día escolar da Paz
II Feira “Dende Ares cara ao Mar”
Proxecto “Desafío Emprende”
Visita ao Parlamento de Galicia
A vespa asiática invasora. Obradoiros
Comezamos a primavera en Santa Catalina
I Concurso de fotografía “Concello de Ares”
Acto na rúa no “Dïa da Muller”
O audiovisual nas nosas aulas
Un entroido moi mariñeiro
Visita ao museo de Caldoval en Mugardos
Conmemoramos os Dereitos dos Nen@s
Cousiñas dos pequerrechos e infantil
London 2017
Gañadores do 2º Concurso ComunicaTedu
Fálame da Emigración
Quen dixo que as matemáticas non eran divertidas?
Matemáticas na raia 2018
Concursos no cole
I Pemio “Ciencia, arte e literatura. As emocións
entroncadas”
A nosa benvida ao alumnado de primaria
Actividades da biblioteca 2017/2018
Valores de futuro entra nas aulas
Conferencia de Ernesto Sánchez Pombo
Cantareir@s polo mar
A nosa carreira solidaria
Entrevistas aos profes do cole
Textos instructivos dos de 2º da ESO
Traballos de E.P.V.A
Quelques femmes célèbres...
Marea de mulleres
Nas aulas de 5º e 6º
Pasatempos
E aquí vai a despedida
CONSELLO DE REDACCIÓN
Edita: Equipo de Dinamización Lingüística do CPI As Mirandas
Redacción e colaboracións: Yolanda Castro López, Blanca
Cortizas, Anxo X. Rajó, Mª Luisa Corredoira,Chus Mourazos,
Mª Belén Mourón, María Segura, Mencha Blanca Liaño, Rocío
Pena, Daniel Cabal de Celis, Eva Chans, Victor Rodríguez
Saavedra, Maru Cuíña, Valentín Marcos, Conchi Cambeiro,
Lucía Paz, Fifí Seijo, Nacho Rodríguez, Carmen Regueira, Ana
Arnoso, Marina Sánchez, Noelia Varela, Mohamed Boussouf,
Antía Marcos, Aroa Vidal, Lara Fonte, Yasmina Martínez,
Susana Tabeayo, Carmen Martínez Dragó, Verónica Rodríguez,
e o alumnado de 1º e 2º de ESO e 5º e 6º de EP.
Maquetación: Yolanda Castro López
Deseño Portada: Victor Rodríguez Saavedra
3
Neste 2018, en que recordamos a Mª Victoria Moreno coa celebración das Letras Galegas, este
centro educativo séntese identificado con ela, xa que escribiu o seu primeiro libro en galego, Mar adiante,
coma un impulso, sen planificación, porque o soñou... Nel narra como unha mestra traslada a súa escola a
un barco (Arroás), unha escola diferente, en contacto coa natureza, a favor dunha relación de respecto e
agarimo co alumnado, escola en que se aprende ollando a súa contorna e gozando dela. Coa mesma filoso-
fía, metodoloxía e entusiasmo, pretendemos neste centro dar continuidade aos proxectos xa instaurados
(Meteoescolas, Dende Ares cara ao mar, PFPP, Erasmus+, contratos-programa....), e calquera outro que
poida xurdir durante o curso escolar. Apostamos por manter como liña prioritaria o cambio de metodolo-
xía do desenvolvemento profesional docente a través da observación, investigación, planificación, forma-
ción no marco de competencias profesionais docentes que mellore o noso traballo e transmita un entusias-
mo cara á aprendizaxe ao noso alumnado.
Celebramos a segunda Feira, que amosou os diferentes traballos, actividades e materiais elabora-
dos polo noso alumnado, grazas ao gran traballo realizado polo conxunto do profesorado, apoiado polas
familias e moitas persoas anónimas que achegaron toda a información para Dende Ares cara ao mar, do que
cómpre destacar:
● O documental Marea de mulleres levado a cabo polo alumnado de 4° de ESO.
● O mapa-guía interpretativo dos recursos etnográficos, históricos e naturais de Ares, elaborado polo
alumnado de 4° de ESO na materia de Economía.
● O xogo da Oca, co traballo do alumnado de 2° de ESO sobre a emigración, realizado a través do obra-
doiro “Fálame da emigración: Diálogo interxeneracional cos nosos maiores”.
● Os traballos do alumnado de Infantil: habitantes do mar, ciclo da auga, e diferentes xogos coordinados
por todo o profesorado.
● O alumnado de 1° e 2° de Primaria polo seu proxecto Amares, co que aprenderon a importancia da
conservación do medio ambiente, os recursos mariños, con obradoiros de pintura e cunchas, a flotación, a
Torre de Hércules e a Rosa dos Ventos...
● O alumnado de 3° e 4° de Primaria, co seu proxecto Amar a Mares, que inclúe contos sobre lendas de
sereas, papiroflexia (barcos), o seu cantar...
● O alumnado de 5° e 6° de Primaria, que elaboraron receitas típicas mariñeiras, un obradoiro de reci-
claxe, a exposición de libros sobre o mar e un contacontos dramatizado.
● A Globalmuiñeira de todo o alumnado e persoal do centro coordinado pola mestra de música Lara
Valcuende.
Pero no presente curso escolar tamén houbo premios, nominacións…, dos que queremos salientar:
● 1º Premio no Concurso ComunicaTedu que fomenta a interdisciplinariedade nas aprendizaxes do noso
alumnado, e baixo o tema Quen nos di como alimentarnos?, Uxía Mesías, Sergio Pena e Sofía Cao, alum-
nos de 3º ESO expuxeron, argumentaron e defenderon ante un público de 200 persoas na Cidade da Cul-
tura o que favoreceu a mellora da súa competencia linguística oral, pero tamén escrita.
● Finalistas no Festival Audiovisual Olloboi en dúas categorías:
○ Ao mellor guión pola curtametraxe creada, gravada e editada polo alumnado de 2º ESO-A
baixo o título "Katherin Johnson, a muller que levou ao home á lúa".
○ Na categoría PEQUES co traballo "O Pergamiño Vindel volve ao lar", realizado polo alumna-
do de 4º de Primaria.
Finalmente, dende a Dirección queremos agradecer a dedicación, esforzo e gran traballo realizado
durante este curso escolar tanto polo alumnado como polo profesorado, así como a implicación das fami-
lias, o persoal non docente que, coordinado e, co seu traballo colaborativo e cooperativo, transmiten dina-
mismo, emoción e unha forma de aprender lúdica mellorando á súa vez a convivencia no centro.
CARTA ABERTA DA DIRECTORA
Albares
nº 7 xuño 2018
Blanca Cortizas (Directora do CPI As Mirandas)
4
DO CONDE DE FENOSA AO CPI AS MIRANDAS
Fun alumno de EXB no Conde de Fe-
nosa e agora son mestre do CPI As
Mirandas, que cousas!
A primeira impresión que tiven cando
entrei en setembro foi a cantidade de
recordos e lembranzas da miña época
de nenez, visitei a que fora a miña au-
la, os corredores, o comedor, a casa do
conserxe (que para min será a casa de
Gelucho e non o chalé). É, precisamente
nunha das habitacións, onde eu teño a
miña clase. Como compañeira teño a
unha profesora que viñera facer prác-
ticas cando eu estivera en 6º de EXB…
Xa vedes!!!
Exteriormente segue todo igual, pero
no interior está todo diferente… Non
hai Don nin Dona, agora somos no-
meados polos nosos nomes. Unha forma
de entender a educación diferente, dun
modo máis innovador, cunha metodo-
loxía baseada en proxectos onde os
alumnos/as son artífices da súa apren-
dizaxe e o mestre/a un guía.
Como dixen antes son mestre, concre-
tamente o mestre de pedagoxía tera-
péutica.
Que é e para que serve? Agora cóntovolo:
son un axente esencial para a atención á
diversidade do alumnado en todas as
etapas educativas que se imparten no
centro, realizo funcións tanto didácticas
coma organizativas, a escala de centro,
na aula e individualmente, que garante
unha resposta adecuada ás necesidades
do todo o alumnado, atendendo as nece-
sidades específicas de apoio educativo e
diferentes problemáticas que poida pre-
sentar o alumnado, dentro e fóra da au-
la, para que acaden o máximo desenvol-
vemento das súas capacidades e compe-
tencias.
As miñas funcións están recollidas na
Orde do 24 de xullo do 1998.
Un pracer ser mestre deste centro no
curso 2016/2017 e tamén neste
2017/2018
Beeeeeeen!
No próximo curso xa non estarei porque
xa me deron destino definitivo, cerqui-
ña…, en Ferrol.
Un saúdo de Valentín
Albares
nº 7 xuño 2018
5
REINVENTEMOS XUNT@S UNHA ESCOLA PARA TOD@S.
34 CONCURSO ESCOLAR ONCE
Baixo o lema “Reinventemos xunt@s unha
escola para tod@s” os alumnos e alumnas
do CPI As Mirandas de Ares e do CPI Pluri-
lingüe Virxe da Cela de Monfero, uniron es-
forzos para elaborar e realizar unha serie de
vídeos para o Concurso Escolar Once.
Con esta proposta a Fundación ONCE pre-
tende sensibilizar aos alumnos/as, pais e nais,
profesores e profesoras, e a todo o resto da
sociedade sobre a importancia de crear unha
escola na que todo o mundo teña un oco e un
lugar, dunha forma dinámica e en equipo,
unindo as nosas forzas e ideas para construila
xuntos.
Parabéns aos rapaces e rapazas dos dous centros polos guións que realizaron.
Albares
nº 7 xuño 2018
6
Somos os rapaces e rapazas de 5º e 6º de Educación Primaria do CPI As Mirandas de Ares. Somos
moi curiosos e sempre estamos abertos a novas experiencias e ideas.
Hai un tempo a nosa mestra de Plástica comentounos que estaba a preparar un proxecto a escala
europea con mestres/as doutros países e que unha delas, Joanna, a profesora de Polonia, e ela,
pensaron que xa que estabamos a poucos días da Semana Santa, podería facerse algo en conxunto.
Así que idearon… que mellor que facer un intercambio de postais!! e, a partir de aí comezar unha
boa amizade entre uns e outros, os nenos e nenas de Polonia cos nenos e nenas de Ares.
Joanna é profesora de inglés en dúas escolas de Polonia, situadas na provincia de Rzeszów, ao
sueste do país, e nós, como non, xa sabedes onde estamos, ao noroeste do territorio español, na
Comunidade Autónoma de Galicia, provincia da Coruña, en Ares, un dos lugares máis bonitiños da
Terra.
As nosas mestras presentáronnos a súa
idea e gustounos moito, e como non,
puxémonos mans á obra.
Nas postais tivemos que describirnos e falar un pouco das nosas afeccións... E alá marcharon as
nosas postais, rumbo a Polonia!!
Cada día preguntabamos á nosa mestra cando chegarían as postais dos nosos novos amigos e un
día,... por fin chegaron!!
Foi estupendo!!
Chegaron postais preciosas con fotos e enderezos para poder
continuar comunicándonos.
Agora as nosas mestras déixannos libres e xa podemos escribir-
nos uns con outros.
Temos que facelo en inglés, xa que nós polaco non sabemos,
e eles español... pois tampouco, aínda que o tradutor de Google
podería facer trampa, pero non, non… facémolo en inglés.
A verdade é que resulta moi divertido ter novos amigos!!!
Encantaríanos visitalos na súa escola e así coñecer Polonia,
que seguro que merece a pena. E,...quen sabe!! No futuro pode
que cheguemos a encontrarnos de verdade!!
Os nenos e nenas de 5º e 6º de Primaria
do CPI As Mirandas, de Ares.
Albares
nº 7 xuño 2018
7
O 24 de febreiro lembramos a figura
da nosa poeta máis univer-
sal, Rosalía de Castro. Por iso, para
expandir o poder da súa palabra, o
alumnado de 3º de ESO, vencellan-
do lectura e competencia dixital,
realizou un pequeno vídeo coa lec-
tura dun texto de Ledicia Costas no
que reivindica a Rosalía como a mu-
ller que, adiantada ao seu tempo,
mobiliza a nosa conciencia colecti-
va, galega e universal, esa muller que
fala tamén para a mocidade do século XXI transmitíndonos a través da súa obra a rebeldía dos
seus versos desde o presente. Unha homenaxe que pretende mostrar á muller, á escritora, á irre-
dutible, á voz que fascina coa súa luz por onde pasa e que moitas veces está aínda por descubrir.
Abride a fiestra á afouteza e ao abraio, á redefinición do que a historia
dos homes fixo de mulleres irreverentes coma ela.
Abride a fiestra porque Rosalia de Castro é o mundo que está por facer.
Un mundo que se abre se o abrimos.
No Día escolar da Paz e a Non
Violencia recordamos no noso
centro educativo que a paz non é
soamente a ausencia de guerra. A
paz resulta da xustiza e da partici-
pación activa de todos os ci-
dadáns e cidadás.
Nesta xornada lembramos que a
paz se basea no principio de que
todos –sen distinción de raza,
ideoloxía, nacionalidade, lingua
ou relixión- somos iguais, cidadáns da mesma terra e en consecuencia estamos e sentimos a cha-
mada a ser máis humanos, a vivir a non-violencia e a traballar pola paz. E para expresar ese dese-
xo, os nenos e nenas de diferentes cursos, en representación de todos, amosaron o seu compro-
miso pola paz coa lectura de diversos poemas.
Para finalizar o acto, Uxía, de 3º de ESO, en representación de toda a comunidade educati-
va, leu o manifesto pola paz do noso cole.
Rematamos cantando xuntos “Color Esperanza”, que foi interpretada tamén en lingua
de signos polas nenas e nenos do cole.
Albares
nº 7 xuño 2018
8
Non podemos estar máis que satisfeitos da xornada en que se
reflectiu o traballo colaborativo realizado no noso centro du-
rante este curso e que deu como resultado a II Feira “Dende
Ares cara ao mar”. Dende a redacción de Albares queremos
transmitir os nosos parabéns a toda a comunidade educativa:
profes de infantil, primaria e secundaria; alumnado do centro,
dende os máis pequerrechos ata os máis maiores, que traballa-
ron e colaboraron dunha maneira impecable, realizando unha
gran labor en cada un dos stands representados; e aos
alumn@s da materia de Economía pola edición dese estupendo mapa guía de Ares e polos rotei-
ros que nos permitiron coñecer a nosa vila dende un punto de vista moi distinto ao habitual. De
feito, durante os percorridos puidemos descubrir a importancia do humidal da xunqueira; que a
Alianza Aresana foi a primeira institución educativa pagada por emigrantes que se instalou na
Galiza; que antigamente todo o paseo marítimo de Ares estaba inzado de fábricas de salgadura;
ou que a ponte da Ciscada é de orixe medieval e que uniu, en tempos, Ares co resto da comarca.
Sen dúbida unha forma lúdica e divertida de coñecer a nosa historia, o noso pasado e os valores
que nos fan singulares e diferentes á vez.
Albares
nº 7 xuño 2018
9
E non debemos esquecer os múltiples obradoiros e mostras que nos ofreceu o alumnado de Pri-
maria, que nos permitiu coñecer ao detalle todos os aspectos que, relacionados co mar, foron tra-
ballando ao longo deste curso. Ou mesmo o xigantesco Xogo da Oca, ideado pola profe Rocío e
confeccionado con ducias de paneis e cartolinas relacionados coa temática da emigración. E que
dicir do photocall deseñado polos profes Víctor e Vanessa, e polo que pasou medio Ares...
Albares
nº 7 xuño 2018
10
Tamén queremos agradecerlle o esforzo do
grupo de músicos que nos acompañou du-
rante toda a xornada; a Tino Fernández e os
seus alumnos do CIFP Ferrolterra por eses
obradoiros de robótica- unha delicia para os
nenos e nenas, e que ben o pasaron-, ás
asociacións deportivas de Ares (club de re-
mo, Asociación cultural e deportiva SCU-
BA, Windsuf zona norte); á Concellería de
Turismo, a Manolo Caínzos por ensinarnos
a facer nós mariñeiros e coser rede; a Suso
Fariña polas fermosas fotografías da exposi-
ción; aos nosos amigos de Ares por deixar-
nos a Rizona, ese barquiño tan chulo que
centralizou a nosa peculiar muiñeira global;
a Dani Magariños por esa mostra de apa-
rellos mariñeiros; aos que organizaron o
stand de “Unha cura para Adri” e a todos
os comercios locais que colaboraron desin-
teresadamente achegando o seu gran de
area para o sorteo dos premios.
Albares
nº 7 xuño 2018
11
Nesta xornada tan especial tamén contamos coas autoridades que nos acompañaron, tanto na
inauguración da feira, como ao longo da xornada: o Secretario Xeral de Cultura, Anxo Lorenzo,
en representación do Conselleiro de Educación; o inspector de Educación, Manuel Trigás; o re-
presentante do CFR de Ferrol, José Antonio Sordo; o noso alcalde, Julio Iglesias; e o resto de
concelleiros da nosa vila.
Grazas tamén, pola súa presenza, aos representantes da ANPA e da Asociación Amigos do Mos-
teiro de Santa Catalina.
Neste número de Albares adiantámosvos algunhas das fotos da xornada, pero contade con que en
breve poderedes ver na páxina web do centro o vídeo que resume a II Feira “Dende Ares cara ao
mar”.
Albares
nº 7 xuño 2018
12
Alumnado de 4º de ESO do CPI As Mirandas, de
Ares, participou na quinta edición do Premio Desa-
fío Emprende promovido pola Fundación La Caixa
co obxectivo de fomentar a actitude emprende-
dora da mocidade a través de propostas que po-
tencien o desenvolvemento da súa creatividade,
iniciativa, motivación e capacidade para traballar
en equipo. Baixo a coordinación do profesor do
centro Anxo X. Rajó e a través da creación de
catro consultoras, estiveron a traballar nun proxe-
cto para a posta en valor dos principais elementos
etnográficos, naturais e históricos do concello de
Ares. A súa proposta pretende cubrir un servizo
de información básica dirixido, en primeiro lugar,
aos habitantes de Ares -ao redor de 5.300- e, en
segundo lugar, aos milleiros de visitantes que re-
cibe anualmente a vila en períodos vacacionais,
principalmente durante a Semana Santa e o verán.
“Ares posúe unha extraordinaria riqueza en canto
aos valores relacionados coa súa historia, o seu
patrimonio, natureza e cultura. Esta proposta está
orientada a todo tipo de usuarios, de calquera
idade, e principalmente ás familias”, explica o
coordinador, engadindo que “para o potencial
usuario ten un valor informativo incalculable e o
conecta con esa esencia de Ares, unha vila de
pasado mariñeiro e moi relacionado coa industria
da salgadura que trouxeron e impulsaron en Gali-
cia moitas familias catalás. Así mesmo, aos seus
habitantes máis novos axudaralles a coñecer me-
llor as súas orixes e a súa historia”.
O proxecto baséase na creación dun equipo de
traballo que segue o modelo dunha pequena em-
presa consultora, conformada por cinco mem-
bros, na que cada un ten o seu propio rol, “aínda
que todos participan en certa medida do traballo
dos demais: xerencia, deseño e creatividade, re-
dacción, ideas e emprendemento, publicidade e
difusión”, explica o coordinador do traballo.
Redacción dun mapa guía
Ademais do proceso de investigación dos principais
puntos de interese, o alumnado redactou un mapa
guía editado en papel e en soporte electrónico e que
servirá para dar a coñecer a proposta do centro, ade-
mais de ser unha ferramenta de traballo. Inicialmen-
te, os usuarios serán os propios alumnos de 5º e 6º
de Primaria, así como as autoridades locais -alcalde e
concelleiros- e autonómicas -responsables de Educa-
ción, xornalistas e pais e nais do alumnado implicado.
Toda a información, o mapa guía en PDF e os perco-
rridos aparecen na Aula Virtual do CPI.
Neste senso, a proposta garantirá, a través da Aula
Virtual do CPI As Mirandas o acceso a esta informa-
ción seleccionada e a posibilidade de descargar as
rutas propostas para realizar sendeiros autoguiados.
Así, prevese no futuro proxecto de 2019 gravar unha
audioguía e dotalo da sinaléctica axeitada. « Esta pro-
posta enmárcase no modelo de ensino por proxectos,
que permite avaliar tarefas prácticas e motivar ao
alumnado, que ve como todo o que estuda e aprende
o pode poñer en práctica de forma organizada e
coherente, acadando un alto beneficio para a socieda-
de », explica Blanca Cortizas, directora do centro.
A proposta didáctica e educativa do CPI As Miran-
das poderá servir como exemplo para o emprende-
mento e a aparición de novas empresas no sector
turístico e para dinamizar a economía turística, «moi
presente en Ares». Para iso, os participantes botarán
man da frase característica en Galicia « E ti, de quen
vés sendo?», empregada a cotío para saber a orixe da
xente.
Albares
nº 7 xuño 2018
13
O pasado mércores, día 22 de novembro, os
alumnos e alumnas de 4 de ESO tivemos a
sorte de viaxar ata Santiago para visitar o
Gaiás (Cidade da Cultura) e o Parlamento Ga-
lego.
Na Cidade da Cultura descubrimos a riqueza
cultural galega que, por desgraza, segue a ser
moi descoñecida e desaproveitada. Alí vimos o
museo do Gaiás, con exposicións temporais; a
arquitectura e os diversos compoñentes do
complexo; a Biblioteca e o Arquivo Galego,
con máis de 2.000.000 libros, e o Centro de
Emprendemento. Neste último, se cadra o que
máis gozamos, chamounos a atención o gran
traballo que fan dende a Cidade da Cultura
para impulsar as innovacións e as pequenas
empresas.
Sen dúbida, todo un complexo de inigualable
valor cultural e arquitectónico!.
No parlamento galego tivemos a sorte de asis-
tir a unha sesión de pleno, na que se discutía a
situación actual dos montes de Galiza. Esta foi
unha experiencia nova para tod@s.
Ademais, realizamos unha visita guiada por
todas as estancias do edificio. Sen dúbida, as
que máis nos gustaron foron as salas de
reunión dos distintos partidos políticos.
Tamén realizamos prácticas de debate, e mes-
mo descubrimos que podemos participar di-
rectamente no goberno!
Foi unha xornada xenial que repetiríamos sen
dúbida.
Verónica (4º ESO)
O que máis me chamou a atención da excursión foi o
debate entre os distintos partidos políticos, que tivo
lugar na cámara do Parlamento. No Gaiás descubrimos
que a estrutura en forma de montaña dos edificios dé-
bese á intención do arquitecto de integralos na natureza
do contorno. E no Parlamento aprendemos como se
desenvolven os debates entre os voceiros dos diferen-
tes partidos. A xornada fíxose moi entretida e amena,
xa que aprendemos moitas cousas interesantes e tamén
tivemos un tempo libre, no que puidemos coñecer e
gozar da cidade de Santiago. O momento máis diverti-
do foi no Parlamento, cando fixemos unha pequena e
breve representación dun hipotético debate entre nós.
Na miña opinión, poderíase prolongar o tempo de che-
gada, para aproveitar máis a visita de pola tarde ao Par-
lamento.
Carmen (4º ESO)
Albares
nº 7 xuño 2018
14
Hoxe imos aprender un pouco
máis sobre a vespa asiática.
A vespa asiática é unha especie
que pertence aos invertebrados
artrópodos. O seu nome científico
e Vespa velutina. É moi agresiva e
mata as abellas das nosas colmeas.
Sen as nosas abellas as plantas non
se polinizan e non temos cereais
cos que facer pan, millo ou
arroz. Por iso temos que loitar
contra esta especie invasora.
Como a podemos diferenciar?
Debuxamos a vespa asiática para aprender a distinguila da vespa autóctona.
E aprendemos a cazalas con trampas para podelas eliminar. Se atopamos un niño chamamos ao
112 para que o veñan quitar. As raíñas son do peor e temos que evitar que constrúan outro niño.
Albares
nº 7 xuño 2018
15
O persoal da brigada municipal do noso concello, encargada do control e eliminación dos niños
das vespas velutinas, deu un obradoiro no noso cole para o alumnado de 1º ESO e 5º e 6º de
Primaria.
Neste obradoiro tentaron concienciar ao alumnado sobre as consecuencias da invasión da veluti-
na e como axudar a evitar a propagación da especie. Puidemos ver algunhas velutinas (mortas,
por suposto!), e os seus niños, así como descubrir o impacto que ten a súa actuación sobre a po-
boación: os seus enormes niños conteñen gran cantidade de vespas que representan un enorme
risco para calquera que interactúe con elas. Ademais do grave impacto que provocan no medio
ambiente, sobre todo nas abellas, presas favoritas delas, xa que ao matalas impiden o labor de
polinización que estas practican, imprescindible na natureza. Logo da charla, os alumnos/as ela-
boraron cada súa trampa e recibiron orientacións para súa localización e o seu seguimento.
Algunhas das trampas que fixemos foron colocadas na contorna do mosteiro de San-
ta Catalina de Montefaro e nas árbores que hai na praza da Igrexa.
Grazas a Agustín e Carlos por todo o que nos ensinaron!
Albares
nº 7 xuño 2018
16
O mércores día 21 de marzo, comezo da
primavera, conmemoramos o Día da Árbo-
re. E que mellor xeito de recibila que repo-
boando con buxo os xardíns do mosteiro de
Santa Catalina de Montefaro.
Así, os nenos e nenas de 1º de Primaria
coas súas profes Meli e Pamen, achegáronse
ata Montefaro onde os estaban a esperar
Celsa e os seus compañeiros da AAMSC pa-
ra continuar o labor emprendido hai xa tres
anos en que nos comprometemos a coidar e manter os xardíns de Santa Catalina.
Este ano propoñémonos facer un estudo do seu crecemento ao longo do curso escolar e
para iso faremos unha sinxela experiencia: nun lugar plantaranse esgallos, nou-
tro esgallos en terra fertilizada e noutro lugar plantas con raíces. Esperamos que a pró-
xima vez que nos acerquemos ao mosteiro vexamos como medraron as nosas plantiñas
de buxo.
A AAMSC quere agradecer ao CPI As Mirandas de Ares, a súa contribución
coa realización desta actividade, á difusión do coñecemento e mantemento
do BIC (Ben de Interese Cultural) do mosteiro de Santa Catalina, principal
obxectivo da Asociación de Amigos do Mosteiro de Santa Catalina.
Albares
nº 7 xuño 2018
17
Este ano participamos no
I Concurso de fotografía
xuvenil que a Concella-
ría de Cultura organizou
e do que saíron as seis
fotografías que se incor-
poraron ao calendario
municipal de 2018 que
se distribúe entre toda a veciñanza e comarca.
O obxectivo deste concurso tiña como fin convidar á xuven-
tude a utilizar a nosa contorna como contexto onde recoñe-
cer a súa herdanza a través das imaxes, espertando a ca-
pacidade de observar todo o que lles rodea e recoñecerse en
pequenas historias e/ou paisaxes que dean conta do seu ven-
cellamento como memoria colectiva da nosa vila. En concre-
to, invitouse a fotografar espazos, lugares, obxectos, actos e
situacións da nosa contorna que considerasen parte da súa
identidade. As fotografías dos rapaces e rapazas gañadores
son as que ilustran o calendario do Concello deste ano
2018, e que foi presentado nun acto que serviu tamén pa-
ra agasallar aos participantes.
Desde o CPI As Mirandas queremos dar a noraboa aos rapa-
ces e rapazas que presentaron as súas instantáneas ao con-
curso, fotografías que podemos ver todos no calendario
deste ano.
O CPI As Mirandas, xunto co Concello de Ares e a
través do Centro de Información á Muller (CIM) e a
Concellaría de Muller, organizamos diversas activi-
dades co gallo da celebración do Día Internacional da
Muller. A primeira delas tivo lugar a través dunha
mobilibización polas rúas da vila como concienciación
e visibilización das enormes diferenzas que existen
aínda nos dereitos de mulleres e homes. Na marcha
participaron os estudantes do CPI As Mirandas xunto
cos seus profesores e directora, así como as asociacións de mulleres do municipio e os representan-
tes das distintas concellarías, nas que se encontraban representantes do CIM, da Concellaría da
Muller e de Cultura, e mais o alcalde.
A marcha rematou na praza da Constitución coa lectura dun manifesto que redactaron os
alumn@s do CPI As Mirandas e finalizamos coa canción de SES, “Tempestades de sal”.
Albares
nº 7 xuño 2018
18
Como ben sabedes, desde xa hai tempo, practicamente todos os proxectos que
realizamos nos diferentes niveis tiveron como produto final un vídeo educati-
vo. As potencialidades que iso nos ofrece repercuten na creación de novas con-
tornas, tipos e facilidades para a aprendizaxe; aspectos que van desde a modifi-
cación da interacción comunicativa unidireccional entre profesor-alumno, ata a
reforma física-espacial-temporal dos escenarios de aprendizaxe, sen esquecer as
posibilidades que poden ofrecer para a autoaprendizaxe e aprendizaxe coopera-
tiva entre os alumnos/as de diferentes contextos físicos e culturais. A práctica
de facer vídeos educativos percibímola xa non como meros transmisores de
información, senón que recoñecemos as posibilidades que teñen como elemen-
tos de expresión e aprendizaxe. Así, no noso cole, intentamos utilizar este re-
curso de forma interdisciplinar en todas as materias.
Este curso achegámonos ao coñecemento da cultura trobadoresca a través do certame Vindevi-
deos coa produción de 4º de Primaria “O pergamiño Vindel volve ao lar”, co que quedamos
finalistas na categoría Peques do Festival Audiovisual Olloboi.
Aprendemos lingua de signos coas magníficas producións realizadas pola nosa intérprete Luisa Lombarde-
ro coas quedamos gañadores o curso pasado no I Concurso "Cantamos con las manos" convocado pola
Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galiza (FAXPG).
Percorremos a literatura galega a ritmo de RAP cos vídeos realizados polo alumnado de 5º e 6º de Prima-
ria para o IV Concurso “Galicia, auga, literatura e rap” do programa Prensa-Escola.
Albares
nº 7 xuño 2018
19
Coñecemos a vida de mulleres relevantes na historia coa rea-
lización dos mini documentais titulados “Mulleres que fixe-
ron historia”, a partir dos cales os alumn@s investigaron a
vida e obra de mulleres que despuntaron en múltiples disci-
plinas e que en moitos casos o seu traballo nunca tivo o re-
coñecemento que se merecía. Chegamos cunha destas produ-
cións, realizada integramente polo alumnado de 2º ESO-A, a
quedar finalistas na categoría de mellor guión nos premios
Olloboi 2018.
Tamén grazas ao Grupo de Acción Local do Sector Pes-
queiro (GALP) Golfo Ártabro Norte que convocou o I
Concurso de Proxectos Audiovisuais Vidas mariñeiras, o
alumnado de 4º da ESO coñeceu e aprendeu sobre a historia
do cinema, ao tempo que desenvolveu todos os procesos nece-
sarios para organizar, rodar e editar os seus filmes, desde a es-
caleta de produción até os axustes finais de posprodución e
masterización, aprendizaxe que deu como resultado o docu-
mental Marea de Mulleres. Nel, os rapaces e rapazas quixeron
facer un retrato da vida das mulleres que se dedicaban ao mar:
peixeiras, mariscadoras ou traballadoras das fábricas de salgadura da vila mariñeira de Ares. Unha necesa-
ria homenaxe ao papel da muller traballadora no século XX enmarcada nunha vila que vivía, case enteira-
mente, da pesca e do mar. Destacado foi tamén o acto de presentación do documental o 8 de marzo, Día
Internacional da Muller, na Alianza Aresana. Coa presenza das protagonistas da curta, o alumnado de 4º
rendeu unha emotiva homenaxe a todas as mulleres que co seu traballo loitaron polos nosos dereitos e
liberdades.
Estrea do documental nos cines Dúplex de Ferrol
Albares
nº 7 xuño 2018
20
O Entroido invade a nosa
escola como unha onda de
cor, alegría, humor,
gargalladas, música e baile. A
diversión está garantida, e
moito máis nesta ocasión na
que a creatividade e o enxeño
inundou a temática deste ano,
o proxecto de centro “Dende
Ares cara ao mar”, que foi o
fío condutor en todas as súas
vertentes e posibilidades. Así na
variedade de disfraces que
percorreron as rúas da vila non
faltaron peixes de todas clases e
cores, polbiños, medusas, baleas,
ricos percebes, mariñeiros e
peixeiras,as temidas cicloxéneses-
que fan co mar semelle un
monstro mariño-, náufragos e
piratas, Neptuno e ata a
mesmísima “Serea das
Mirandas” acompañada do seu
séquito de sereíñas. E... aínda que
o tempo non era o mellor para
saír polas rúas, sorteamos as
súas inclemencias e puidemos
rematar o percorrido pola vila.
Logo os nenos e nenas de infantil
e primaria degustaron, ao son
da música, as ricas lambetadas
de Entroido. Pola súa banda, os
de secundaria, remataron cunha
lúdica sesión de karaoke onde
amosaron as súas dotes
interpretativas.
Grazas a tod@s polo voso esforzo
á hora de preparar esta xornada
de Entroido que é máis que unha
simple xornada, son días de
preparativos fora incluso das
horas lectivas para confeccionar
os disfraces e todo o que rodea o
Entroido.
UN ENTROIDO MOI MARIÑEIRO
Albares
nº 7 xuño 2018
21
VISITA AO MUSEO DE CALDOVAL EN MUGARDOS
O pasado día 27 de abril, os rapaces de terceiro de EP do CPI As Mirandas de Ares visitamos o
Centro de Interpretación de Caldoval en Mugardos. Alí puidemos ver en primeira persoa como
eran realmente unhas termas romanas auténticas. As encargadas do museo, Rocío e Patricia,
explicáronnos moi ben as diferentes salas nas que os romanos se relaxaban tras as súas viaxes ou
tras os días de duro traballo. Os lugares eran catro principalmente:
A palestra: un patio ao aire libre onde facían exercicio e xogos ximnásticos para suar antes
de entrar ás termas.
O tepidarium: piscina de auga morna,
onde poñían unhas chanclas de
madeira.
O caldarium: piscina de auga quente.
O frigidarium: piscina de auga fría,
onde remataban a súa visita ás
instalacións das augas relaxantes.
Tamén vimos o hipocausto, que é o lugar onde os es-
cravos e serventes facían grandes fogueiras para
quentar o aire e a auga.
Vimos unha representación en 3D das termas nas
que unha “pantasma” chamada Cornelio nos foi
amosando nunha maqueta como se desenvolvía o día
a día dun usuario destas augas termais.
Alén diso, levamos a cabo un obradoiro de opus tes-
selatum, facendo mosaicos decorativos ao estilo ro-
mano e grego. Foi unha visita moi divertida na que
aprendimos moitísimo e pasámolo moi ben.
CONMEMORAMOS O DÍA DOS DEREITOS DOS NEN@S.
Para conmemorar o Día Internacional dos Dereitos da Infan-
cia, os alumnos e alumnas de 1º e 3º de ESO realizaron unha
actividade de contacontos para o alumnado de Primaria.
A través do conto “Antón, o neno que non quería ir á escola”,
ilustrado pola nosa ex-alumna Ana Martínez Fernández,
descubrimos á importancia da educación; o que supón non
saber ler nin escribir, e a sorte que temos de poder ter uns
mestres e mestras que nos ensinan tantas cousas.
Ao final da actividade os rapaces e rapazas de ESO agasa-
llaron a cada unha das aulas cunha pequena semente que
simboliza a Educación, e explicáronlles aos nenos/as que esta
semente, despois de coidala e fertilizala, dará o seu froito,
como o fará a educación que recibamos cada un de nós.
Albares
nº 7 xuño 2018
22
OS PROXECTOS DOS NENOS E NENAS DE 5 ANOS
Neste curso estivemos a investigar sobre a PREHISTORIA. Aprende-
mos como vivían nesa época, de que se alimentaban, como vestían,
que ferramentas empregaban, e coñecimos algunhas das súas produ-
cións artísticas. Ademais, construímos a nosa propia cova prehistóri-
ca, modelamos con barro, fixemos colares…
Outro dos nosos proxectos tratou sobre A AUGA. Descubrimos os lu-
gares do noso planeta nos que podemos atopar auga, como podemos
almacenala e a importancia do seu aforro. Coñecemos ademais os
cambios de estado e o ciclo da auga. Fixemos experimentos e receitas
con auga. E, por suposto, participamos no proxecto de centro DEN-
DE ARES CARA AO MAR. Traballamos sobre os “habitantes do mar”,
coñecendo curiosidades sobre algunhas especies.
Tamén confeccionamos un gran mural para a aula.
AS NOSAS SAÍDAS EXTRAESCOLARES
No mes de outubro fomos ao Pazo da cultura de Narón a gozar do
espectáculo “Contacreques”.
No mes de febreiro visitamos en Ferrol a Fundación Abanca para ver
o espectáculo de Magín Blanco “A nena e o grilo nun barquiño”.
No mes de abril visitamos A Coruña en dúas ocasións: para visitar o
Acuarium, e o Pazo da Ópera coa obra “Pequeno circo ambulante”
Albares
nº 7 xuño 2018
23
COUSIÑAS DOS NEN@S DE 3 ANOS
Os nenos de 3 anos son bos lanzadores, así que fixe-
mos esta Super Diana, que foi un dos xogos estrela
na feira “Dende Ares cara ao mar”.
Pasámolo moi ben entrenando e acumulando puntos.
Tamén recreamos, nun pequeno Aquarium, un
anaco do noso mar: medusas, polbos, can-
grexos… Quedou superchulo na feira do cole!!!
E fixemos tamén crebacabezas de peixes mariños.
E na biblioteca carabela os nenos e nenas de 6º de Primaria convertéronse nos nosos padriños e
madriñas, dentro da actividade de apadriñamentos lectores, e léronnos contos. Foi xenial!
Quedamos con gañas de repetir a experiencia!!!
E se queredes saber máis do que fixemos neste curso non
deixedes de visitar o noso blog “Pequerrechos de Ares”.
Aquí tedes o código QR
Albares
nº 7 xuño 2018
26
Gañamos na 2ª edición do concurso ComunicaTedu!!!
Este ano o noso centro participou por primeira vez no concurso
ComunicaTedu ao ser seleccionado o noso proxecto. O grupo
de 3º ESO gañou o primeiro premio! Este concurso pretende
afondar na competencia en comunicación lingüística, en concre-
to, na competencia oral activa a través do discurso oral. A inicia-
tiva propón chegar á competencia desde metodoloxías innova-
doras e desde unha perspectiva ética e crítica a través de temáti-
cas que poidan espertar o interese do alumnado.
Ademais pretende que se consiga esta competencia desde unha abordaxe que integre as metodolo-
xías activas e o traballo por proxectos, para conseguir a competencia en contextos comunicativos
reais. O tema desta edición foi "A alimentación como hábito de vida saudable". O que fixeron
todos os rapaces de 3º e os de 4º de Bioloxía e Xeoloxía foi elaborar un ensaio expositivo argu-
mentativo, memorizalo e posteriormente gravalo en toma única. A nosa compañeira Yoli prestou
os seus medios e presenza para a gravación.
Todos os rapaces foron avaliados de dous xeitos: os textos avaliáronse coa rúbrica conxunta dos
departamentos de Lingua Galega e de Bioloxía-Xeoloxía, presentada ao concurso, mentres que a
exposición oral avaliouse coa rúbrica cedida pola Consellería.
O proxecto desenvolveuse en catro semanas durante 19 sesións nas materias de Lingua Galega,
Bioloxía e Xeoloxía, e coa cesión de catro sesións de Titoría nos niveis de 3º e 4º da ESO, coa par-
ticipación de todo o alumnado matriculado nestes dous niveis. Os profesores participantes foron:
Mª Jesús Mourazos, coordinadora, profesora de Bioloxía-Xeoloxía e Mª Luísa Corredoira, profeso-
ra de Lingua Galega de 3º ESO. Tamén tivo unha pequena parte de colaboración Anxo X. Rajó,
profesor de Lingua Galega de 4º da ESO. As titoras Mª do Rocío Pena, Mª Jesús Mourazos, Vi-
centa de la Fuente e Eva Chans, e o resto dos
compañeiros participaron á hora de ceder as
súas horas lectivas. Preséntáronse tres grupos:
un de 3º de ESO, coa participación de dúas ra-
pazas e un rapaz, e dous de 4º de ESO, coa par-
ticipación en cada grupo de dúas rapazas e un
rapaz. A continuación móstranse os rapaces par-
ticipantes, os títulos dos seus traballos e o códi-
go QR dos mesmos.
Grupo 1 - Uxía Mesías, Sergio Pena e Sofía Cao (3º E.S.O.)
TÍTULO - A alimentación saudable: é posible?
Grupo 2 - Icía Bermúdez, Verónica Rodríguez e Álvaro Freire (4º E.S.O.)
TÍTULO - O acceso á alimentación non é aínda universal
Grupo 3 - Yasmina Martínez, Vera Candal e Borja Díaz (4º E.S.O.)
TÍTULO - A alimentación é un negocio
Albares
nº 7 xuño 2018
Equipo gañador
27
Durante este curso, nos dous
grupos de 2º da ESO tratamos o
tema da emigración. Comeza-
mos cunha pregunta: cantos de
vós tedes emigrantes na familia?
A esta pregunta contestaron afir-
mativamente, en cada unha das
dúas aulas, cinco ou seis nenos e
nenas. Encargueilles que pregun-
taran na casa se había emigrantes
entre os seus achegados e, nas
seguintes clases, case todos os
rapaces e rapazas comentaron
que: Profe!!, resulta que si que
temos familiares que emigraron!!
A maioría atoparan entre os seus
familiares bisavós que marcha-
ran hai cen anos a Cuba, ou avós
e tíos que viaxaron a Suíza ou
Barcelona nos anos sesenta.
Tamén algúns descubrían, entre
os seus, a valentes defensores da
liberdade que tiveron que exilar-
se despois da Guerra Civil. Co-
mo vimos facendo nos últimos
anos, as nenas e nenos investiga-
ron e fixeron un relato sobre a
emigración destas persoas.
As fotografías e información
pasaron a formar parte dun ar-
quivo sobre fotografía familiar
que se recompila dende hai case
20 anos na Biblioteca de Ponte-
deume e onde se realizará, con
esas fotos, unha exposición na
primeira quincena de xuño.
Fálame da emigración
Díalogo interxeracional cos noso maiores
A segunda parte da actividade
fixémola en colaboración con
Afundación dentro do seu pro-
grama “Fálame da emigra-
ción”. Trátase dunha activida-
de interxeneracional que bus-
ca a comunicación entre per-
soas maiores e rapaces. Neste
caso, e por terceiro ano con-
secutivo, tres avós, que no seu
día emprenderon o camiño da
emigración, contáronnos co-
mo foi a súa vivencia. Este
ano viñeron Carmen, Eze-
quiel e Carmiña. Na primeira
visita os tres contaron con
moito humor e tamén senti-
mento os avatares da súa ex-
periencia migratoria. Gus-
tounos escoitalos e fixémos-
lles preguntas moi interesan-
tes. Na segunda visita foron
os nenos e nenas os que lles
contaron aos maiores as his-
torias de emigración que in-
vestigaran na súa contorna.
Foi unha experiencia moi
enriquecedora, tanto polos
novos coñecementos acada-
dos, como pola valoración e
achegamento ás persoas de
máis idade, non só aos que
nos visitaron senón tamén
aos avós dos alumn@s que
foron, na maioría dos casos,
os que narraron aos seus
net@s as historias de emi-
grantes das súas familias.
Cando pensamos en prepa-
rar algunha actividade para a
feira Dende Ares cara ó mar
pareceunos que o mellor se-
ría algo relacionado coa emi-
gración, así que fixemos un
xogo parecido ao da Oca
pero que tiña barcos en lugar
de ocas, e nos seus recadros
narraba as diferentes etapas
da emigración galega. Os
nenos e nenas investigaron
sobre a emigración a Améri-
ca, o destino dos exiliados
como os tripulantes do Bou
Ramón ou os máis recentes
emigrantes a países euro-
peos. Todos os nen@s parti-
ciparon investigando, redac-
tando e debuxando, e fixé-
rono moi ben.
Albares
nº 7 xuño 2018
28
MULL3R35 M473M471C45 QU3 F1X3R0N H1570R14
(MULLERES MATEMÁTICÁS QUE FIXERON HISTORIA)
Para conmemorar o Día Internacional da
Muller, o departamento de Matemáticas propuxo
ao seu alumnado un traballo de investigación para
afondar no coñecemento dalgunhas das mellores
especialistas en “ciencia exacta” da historia.
Reflectiron nas súas creacións os problemas cos
que se atoparon estas mulleres para poder saír da
marxinación e da invisibilidade que sufriron polo
simple feito de ser mulleres. As rapazas e rapaces
responderon moi ben á actividade e fixeron
traballos moi destacables en distintos soportes
(papel, presentacións dixitais, vídeos...). Todas e todos achegaron o seu gran de area para
coñecer algo máis sobre Hipatia de Alexandría, Sophie Germain, María Gaetana Agnesi, Sofía
Kovalesvkaya, Emmy Noether, Julia Robinson, Mary Cartwright, María Wonenburger, Maryan
Mirzakhani, Emma Castelnuovo, Sofía Yanóvskaya, Ada Lovelace, Katherine Johnson e
demais “calculadoras” da Nasa...
Foi Katherine e a ilusión coa que o grupo
de 2ºESO-A tomou este traballo, os que nos
levaron a un festival de cinema. Montaron
unha película que sería a envexa de calquera
cineasta de Hollywood: guión, vestiario,
efectos especiais, localizacións, actrices,
actores... Grazas á axuda de Yoli, Vanesa e
demais profesoras e profesores que
colaboraron, a película foi finalista ao mellor
guión no Festival Audiovisual Olloboi 2018,
e alá que nos fomos a Boiro o día 11 de maio a participar nunha xornada inesquecible á beira
dos grandes do audiovisual galego. Tivemos a sorte de contar durante toda a xornada co
director Alfonso Zarauza que, como bo cómplice motivou aos rapaces/as a facer nada menos
que cinco vídeos coa súa correspondente edición en menos de tres horas... uns cracks!!. Non
gañaron o premio pero de seguro que todo o que aprenderon lles vai ser de gran axuda para o
Olloboi 2019… ¡¡¡¡atención, son, cámara e acción!!!!
Albares
nº 7 xuño 2018
29
70L34ND0 C045 M473M471C45 N0 CP1 45 M1R4ND45
(TOLEANDO COAS MATEMÁTICAS NO CPI AS MIRANDAS)
X1X 0L1MP14D4 M473M471C4 G4L364 D3 2º D4 350
(XIX OLIMPÍADA MATEMÁTICA GALEGA DE 2º DA ESO)
Co fin de promover a ensinanza e a
aprendizaxe das Matemáticas a través da
resolución de problemas, AGAPEMA
(Asociación Galega do Profesorado de
Educación Matemática) organiza unha nova
edición da Olimpíada Matemática Galega para
o alumnado de 2º da ESO. Un ano máis o
noso centro tomou parte nesta actividade coa
participación de dúas alumnas e dous
alumnos: Yaiza Pereira Pena (2ºB), Jaime Sánchez Muíños (2ºB), Martín Fernández Hermida
(2ºA) e Jéssica Criado Guinaldo (2ºA).
A fase local tivo lugar o día 26 de abril no IES Canido
(Ferrol) e desta fase saíron os corenta seleccionados de toda
Galicia para participar na Fase Final Galega, que se celebrará o
día 24 de maio na cidade de Lugo. Este ano formará parte deses
corenta seleccionados o noso alumno Martín Fernández
Hermida, e ata Lugo vai ir pasar unha xornada de probas
matemáticas individuais e grupais, e onde AGAPEMA
obsequia tamén cun xantar para os clasificados e acompañantes.
Moitas grazas aos alumnos e alumnas, e ás súas familias por animarse a formar parte
desta actividade, e tamén grazas ao IES Canido por tratarnos tan ben e por facerse cargo da
organización da fase local. Non queremos esquecernos de felicitar e agradecer a AGAPEMA
todo o labor que fai pola divulgación das matemáticas. Grazas e mil grazas!!!
MATEMÁTICAS NA RAIA 2018
Tamén o alumnado de Matemáticas Académicas de 3º de
ESO participou o pasado xoves 19 de abril no concurso
"Matemáticas na raia", que organizan cada ano a
Asociación Galega de Profesores de Matemáticas
(AGAPEMA) e a Asociación de Profesores de
Matemáticas de Portugal (APM).
Malia ser en horario de tarde, os nosos alumnos e alumnas
animáronse a vir para resolver entre todos cinco
problemas de matemáticas en hora e media baixo a
supervisión dunha persoa allea ao centro.
Esta actividade matemática fomenta o traballo en equipo,
ademais de practicar a resolución de problemas bastante
orixinais.
Moitas grazas aos rapaces polo voso interese e esforzo!
Albares
nº 7 xuño 2018
30
VII SEMANA PROBLEMÁTICA
Neste curso, a VII Semana Problemática realizouse entre o 7 e o 11
de maio. Este concurso, que leva xa varios anos acompañándonos,
ten moito éxito entre o noso alumnado, que non desaproveita mo-
mento algún para pensar na solución do problema do día. A Semana
Problemática pretende que os alumnos se desenvolvan, de forma lúdi-
ca, na resolución de problemas de matemáticas. Para iso preséntanse
cinco problemas (un por día), que pretenden ser motivadores e ame-
nos para eles. Coma todos os anos, a participación foi elevada e eses
días atopabamos a alumnos pensando no problema por calquera sitio
do centro e en calquera momento. Durante esa semana, resolver pro-
blemas de matemáticas foi un divertimento para eles e unha satisfac-
ción para nós.
Grazas pola vosa participación, e ata o ano que vén!
VII EDICIÓN DE "O PREGUNTÓN"
Este ano o noso concurso estrela “O Preguntón”
acadou a VII edición cunha temática superchula rela-
cionada co Proxecto Meteoescolas, isto quere dicir que
as preguntas, adiviñas e enigmas que propuxemos esti-
veron ligadas e relacionadas coa meteoroloxía e todo o
que a rodea.
E falando da temática, aquí vos presentamos a nosa
mascota, un polbiño moi galego a quen lle puxemos
nome a través dun concurso en que os nenos e nenas,
despois de propoñer unha morea de incribles solu-
cións, votaron o que máis lles gustou que, neste caso,
foi Federico Paraugas.
Pois, coa mirada atenta do noso polbiño, o alumnado
de Primaria e de ESO estiveron respondendo durante
tres semanas a un montón de preguntas. A verdade é
que a participación foi moi alta e a motivación impre-
sionante.
Xa sabedes, para o ano… máis e mellor!!!
Albares
nº 7 xuño 2018
31
I PREMIO CIENCIA, ARTE E LITERATURA
AS EMOCIÓNS ENTRONCADAS
Con motivo da celebración do Día da Ciencia en Galego, o departamento
de Bioloxía-Xeoloxía, o departamento de Lingua Galega e o Equipo de
Dinamización Lingüística propuxeron un proxecto para achegar a ciencia
ao mundo da arte a través das letras, no que o alumnado xoga un papel
protagonista. O proxecto desenvolveuse en tres fases:
Na primeira fase, o departamento de Bioloxía-Xeoloxía proporcio-
noulle ao seu alumnado 33 fotografías das presentadas aos VII premios de
fotografía da ciencia 2016, Wildlife 2017, Stunning science 2017, Best mi-
croscope photo of the year 2017, sen título nin autor, xunto cun formula-
rio para que o alumnado de cada grupo seleccionase as sete fotografías que
máis lles gustasen.
Na segunda fase, os alumnos/as dos grupos achegaron un fragmento dun texto literario en
prosa ou en verso, seleccionado da Biblioteca Virtual de Galicia, para poñer voz ás foto-
grafías máis votadas da súa aula, tendo en conta o criterio: “Que emocións, sentimentos
che producen estas fotografías”. Cada texto seleccionado ía cunha xustificación de por-
qué se seleccionou ese texto.
Por último, na derradeira fase, na semana da ciencia en galego, realizouse a exposición-
concurso Ciencia, Arte e Literatura: as emocións entroncadas. Expuxéronse as 20 fotogra-
fías seleccionadas, co pé de foto que indica o autor/a, título orixinal, premio fotográfico,
texto literario escollido e autores da selección.
O xurado do concurso premiou á mellor asociación de foto-texto seguindo os criterios das
bases do concurso.
O noso centro, en colaboración co concello de Ares, montou e coordinou a exposición fotográfi-
ca que estivo aberta ao público na Casa da Xuventude e na entrada do edificio administrativo do
CPI As Mirandas.
Na inauguración estiveron presentes, ademais de alumnos e profesores, a directora do CPI As
Mirandas, Blanca Cortizas, e a concelleira de Cultura, Alma Barrón, que foron as que entregaron
o premio ás gañadoras do concurso: as alumnas Icía Bermúdez e Yasmina Martínez.
Albares
nº 7 xuño 2018
32
Ares, 10-05-2018
Ola, futuro compañeiro ou compañeira!
Vouche falar un pouco do que te vas atopar na ESO o ano que vén, dos profesores e profesoras e
dos trucos que eu utilicei para aprobar o curso.
Seguramente esteas moi nervioso ou nerviosa porque a ESO é diferente a primaria, porque vas ter
un profesor para cada materia, porque vas ter materias novas, porque vas ter profesores novos… Eu
estaba así o ano pasado pero non te preocupes, un acostúmase e ao final é divertido.
Os profesores:
María: É a profesora de matemáticas, é moi boa pero moi esixente, así que eu aconsélloche que
fagas os deberes e estudes.
Delia: É a profesora de lingua castelá e as súas clases son moi divertidas. Lingua castelá é a materia
en que menos cambio notei eu , entre primaria e secundaria, en canto á dificultade.
Chus: É a profesora de Bioloxía. É moi estrita pero con ela apréndese moitísimo. Nesta materia vas
aprender moitas palabras novas como: claves dicotómicas, rúbrica, diagrama de fluxo… E vas acabar
facendo boas “migas” co seu cronómetro.
Victor: A min Victor deume OINARES, plástica e xeografía. As súas clases son moi dinámicas. En
xeografía é doado sacar boa nota pero en plástica é máis esixente porque é a súa materia.
Eva: É boísima e explica moi ben. Se atendes e estudas non che vai custar incorporar o francés.
Pilar: É moi boa. A súa materia, inglés, é moi doada e non vas notar a diferenza entre primaria e a
ESO.
Vicen: É a outra profesora de inglés, e é boa tamén.
Yoli: É a profesora de relixión. É moi divertida e as súas clases son moi diferentes ás de primaria,
non temos libro, facemos proxectos, vemos pelis e é moi fácil ter un sobresaliente na súa materia.
Luísa: É moi esixente e xusta, é a máis empática de todos os profesores, as súas clases son moi
divertidas e non te asustes se de súpeto solta un: SOCORRO!. Lingua galega é moi diferente na ESO,
vas ter que estudar moito e non vale “chapar”.
Amalia: É moi esixente e berra se non che sae algo, tes que levarlle o caderno ben presentado e os
bailes teñen que saírche ben, pero tranquilo e tranquila, é moi agradable.
Consellos para aprobar:
Estuda: non serve estudar o día antes do exame, eu recoméndoche que fagas resumes mentres vaias
dando a materia, así antes do exame só tes que repasar.
Fai os deberes: conta moito para a nota final.
Pregunta as dúbidas: que non che dea corte.
Agardo que a carta che sirva de algo.
Ata setembro. Noa Montenegro (1ºA)
Albares
nº 7 xuño 2018
33
Ares, 10-05-2018
Querido futuro compañeiro ou compañeira!
Seguramente, a día de hoxe, estarás un pouco temeroso pensando no curso que che espera despois
do verán. Pero non te preocupes, ao principio todos estabamos na mesma situación ca ti. Isto é porque
os maiores gozan meténdonos medo e advertíndonos de que non imos aprobar e que as faltas de orde
nos van caer do ceo.
A continuación dareiche uns consellos para afrontar 1º ESO sen problema ningún:
Non che vou dicir o típico: que estudes todos os días e non fales na clase. Iso non é a realidade, e
quero ser completamente transparente e sincera contigo. Por esa razón, vouche contar o que eu fago. Si
que é verdade que na clase é bastante importante atender, porque así entenderás todo á primeira. E
recorda que se quedas con algunha que outra dúbida, non dubides en preguntar!. Os profesores
axudaranche a solucionar esas dúbidas! Na aula podes falar, pero sempre na materia axeitada e, sobre
todo, no momento axeitado. Pode axudarche o de levar a materia ao día, aínda que as horas que utilices
para estudar, dependerán das túas capacidades. Eu penso que con dous días á semana, chegarache de
sobra.
Creo que non é necesario falar dos profesores porque estarás farto de que che falen deles.
Asegúroche que son mellores do que se escoita por aí.
Por último, vouche contar un pouco como foi o meu primeiro curso:
A min, resúltame bastante sinxelo, aínda que o cambio de primaria á ESO é evidente. O nivel de
dificultade aumenta un pouco, e hai que hai que comezar a pensar dende outro punto de vista. Tamén
hai que traballar máis e participar moito na clase. Non te esquezas nunca dos deberes nin participación,
¡son importantes! Afrontarás outros moitos cambios como o número de profesores, xa que contarás con
un para cada materia. E os recreos, que son dous, e son moi curtos. Pero tranquilo, tranquila; recorda
que con esforzo, todo se consegue.
A continuación vouche poñer algunhas oracións que, seguramente, escoitarás varias veces durante o
curso:
-A ver se va al cine -Nada enriba da mesa!
-Organizade o pensamento! -0,2 menos
-Boli, lapis e goma! -Nada debaixo da mesa
-Ay dio´mío! -Yo no soy detective.
-Socorooooo! -Lechugas
….
Rétote a adiviñar os profesores e profesoras que mencionan estas oracións.
Deséxoche moita sorte e vémonos o curso que vén!
Jimena Roade (1º A)
Albares
nº 7 xuño 2018
34
Ao longo deste curso escolar participamos activamente no desenvolvemento do currículo escolar con
diversas actividades.
Participamos no PFPP de robótica, na elaboración da programación e na memoria. Este curso, segui-
mos apostando pola formación en centros que levamos facendo dende hai un tempo a través do PFPP,
que este ano adicamos a " Introducción á robótica en E.P. " Ao longo deste curso recibimos formación en
construcción e programación de robots MBOT. Tino Fernández Cueto, mestre do CIPF Ferrolterra en-
cargouse de formarnos.
Asistimos a cursos de formación en materia de Bibliotecas:
Plan de mellora de bibliotecas escolares
VIII Xornadas de bibliotecas Escolares de Galicia
Participamos na II Feira Dende Ares cara o Mar con
diversas actividades:
Exposición de libros do mar, proxecto no que traballa-
mos todo o curso.
Exposición de libros de María Victoria Moreno, con
motivo das Letras Galegas.
Concurso de preguntas sobre o mar.
Habilitamos dous espazos para achegar a robótica aos
máis pequenos cos robots DOC.
Formación ao alumnado voluntario de 5º e 6º. Todos os cursos formamos aos nosos colaboradores no
funcionamento da biblioteca para que eles fagan os préstamos, devolucións, colocación dos exemplares
e participación en actividades desenvolvidas no curso.
O 24 de outubro,
Día das Bibliotecas
Escolares, deseñamos
unha actividade litera-
ria: “Son poeta por-
que me peta”, consis-
tente na elaboración
colaborativa dun con-
to en verso onde que-
dou plasmada a in-
ventiva de cada un.
Albares
nº 7 xuño 2018
35
Elaboramos publicacións anuais de recomendacións lectoras en
decembro e xuño.
Contamos coa visita de Miguel López Pérez, un veciño de
Ares que é “o último baleeiro”. Contounos moitas cousas
interesantes, por exemplo como pescaban as baleas, como as
transportaban; diferenzas entre un cachalote e unha balea,
que comen… A verdade é que foi un pracer escoitalo e os
alumnos e alumnas de 1º E.P. quedaron abraiados.
Tivemos con nós a Aída, da
Asociación Cultural Apelón
Educación, que nos estivo na-
rrando o conto de "Cando
Martiño tivo gañas de mexar na
noite de reis", de Chema Heras
e Kiko Dasilva.
Visitáronnos dous traballadores do
Nautico Ría de Ares, Natalia e David,
que son monitora e encargado de mari-
ñeiría respectivamente. Trouxéronnos
un Optimist para achegarrnos ao mun-
do da navegación. O Optimist é un
pequeno barco de vela para que os ne-
nos e nenas ata os 15 anos poidan
aprender a navegar. Natalia explicounos
a importancia do vento (que é o com-
bustible), as distintas partes: botavara,
cabos, orza…, e algo moi importante,
que nos concienciemos por manter
limpas as nosas augas. Ao final, ensiná-
ronnos un vídeo de como saen ao mar
os que están aprendendo a navegar.
Moitas grazas Natalia polas túas expli-
cacións, e a David por facer posible
esta actividade .
Na semana das Letras Gale-
gas, visitáronnos dous ami-
gos da editorial Kalandraka,
Sara e Álex, para achegarnos
a maxia dos contos. Contá-
ronnos "O coelliño Bran-
co", "Un Máis" “A Horta de
Simón" e "Animais de Com-
pañía" amenizado en todo
momento polo acordeón de
Álex.
Visitounos a escritora
María Canosa, gañado-
ra do último premio
Merlín co seu libro
Muriel e Genma Pardo
“Gemola“ da editorial
Santillana. Alegrounos
o día a todos os alum-
nos de E.I. coas súas
cancións e xogos.
Escola de Xadrez. O curso
pasado, en colaboración con
Bárbara, a mestra de E.F. de
Primaria puxemos en marcha
un torneo de xadrez no que
participaron alumnos e alum-
nas de Primaria, tras o éxito
conseguido este curso propu-
xemos facer unha escola de
xadrez para que os nenos e
nenas que non saben xogar
teñan a oportunidade de apren-
der.
Apadriñamentos lectores:
O alumnado de 6º presentouse
voluntario para apadriñar aos
pequerrechos de 6º de E.I. Cada
neno maior tiña un afillado ao
que lle tiña que contar un conto.
Cada padriño tiña un carné co
nome do seu afillado.
A actividade resultou xenial!!!
Tanto os grandes coma os pe-
querrechos marcharon con ga-
nas de volver.
Sen dúbida, repetiremos a expe-
riencia.
Albares
nº 7 xuño 2018
36
VALORES DE FUTURO ENTRA NAS AULAS
Segundo nos informan á nosa redacción de
Albares, ao londo de dúas divertidas xornadas, o
alumnado de 4º de ESO-Economía puido aprender
diversas técnicas coa celebración de dous obradoiros
prácticos impartidos polo economista Lorenzo Pita,
xestor de banca privada de BBVA en Ferrol e profe-
sor do programa “Valores de Futuro” desa entidade
financeira.
O primeiro deles, titulado “A clase abre unha
conta bancaria”, permitiulles aos alumnos e alumnas
distinguir entre as tarxetas de crédito e de débito, e
entre as contas de
aforro e as contas correntes dunha forma dinámica, estable-
cendo un paralelismo coas operacións que se fan na vida real.
No segundo dos obradoiros analizáronse as situacións de risco
ás que nos vemos sometidos diariamente e valorouse a impor-
tancia de ter “seguridade” por mor das consecuencias que ve-
ñen derivadas desas situacións arriscadas, como nos supostos
de conducir sen carné, practicar deportes de risco, beber en
exceso ou navegar pola rede Internet.
O xornalista e colaborador de La Voz de Galicia, Ernesto Sánchez Pombo,
imparte unha conferencia centrada nos valores da comunicación e do xornalismo.
O alumnado de 4º de ESO tivo a oportunidade de partici-
par na charla que impartiu o xornalista e colaborador do
Grupo Voz, Ernesto Sánchez Pombo, na mañá do xoves
22 de marzo. Co título «O mellor oficio do mundo»,
frase empregada no seu día polo escritor colombiano Ga-
briel García Márquez, e mediante o emprego de imaxes
impactantes extraídas dos medios de comunicación, no-
meadamente xornais e revistas, o xornalista foi narrando
ao alumnado a evolución e os cambios acontecidos no
mundo da comunicación e do xornalismo ao longo da historia.
Durante a súa intervención centrouse principalmente no que vén acontecendo no último século
en España. Ademais explicoulles aos alumnos o papel da censura na época da Ditadura, así como
a que moitas veces aparece nos medios de comunicación modernos, «en ocasións por presións
dos gobernos de todo o mundo que pretenden impoñer o seu criterio por riba da obxectividade
que queremos ofrecer os xornalistas», remarcou Ernesto S. Pombo, que tamén engadiu que «a
obxectividade pola que loitamos os xornalistas é sinónimo de democracia». Tamén sinalou as difi-
cultades que teñen os xornalistas para desenvol-
ver o seu labor, así como outras opcións que es-
collen os máis novos para informarse, principal-
mente as redes sociais, que están «cheas de novas
falsas e sen fundamento».
A conferencia rematou cun coloquio final co
alumnado e coa proxección de cabeceiras e titula-
res que contiñan erros lingüísticos e de contido
que provocaron numerosos risos e gargalladas.
Albares
nº 7 xuño 2018
37
CANTAREIR@S POLO MAR
“Con tambores de mar e voz de terra...”
Así nos gusta ao alumnado de 4º levar a música polo mundo adiante.
Para o festival de Nadal este ano eliximos un tema da cantante galega Sés titulado: “Con tambo-
res de mar”. Gustounos moito tanto pola letra, que fala dunha nena, como polo ritmo. Tamén
foi interpretado en lingua de signos por moitos alumnos e alumnas do centro, dirixidos pola in-
térprete Luisa.
Como no centro se levou a cabo o proxecto “Dende Ares cara ao mar”, que mellor ocasión que
botar man de novo da música tradicional galega e cantar cos nenos e nenas de 3º e 4º o tema
“Catro vellos mariñeiros”, coñecido por todos os galegos. Estivemos acompañados por pandei-
retas, unha gaita e un tamboril, tocados por alumnado de varios niveis de EP e ESO.
Animamos a todos a cantar o Ailalelo Ailalalelo e coa música sempre cara adiante!!!!!
A NOSA CARREIRA SOLIDARIA.
Un ano máis volvemos saír a rúa coa xa mítica
Carreira Quilómetros de Solidariedade. Con
esta xa van sete edicións, sete anos poñendo o
noso gran de area para que os nenos e nenas
dos países menos desenvolvidos poidan ir á
escola, reciban vacinas para paliar enfermidades
que aquí curariamos cun simple xarope, ou axu-
dar a moitos pequen@s a erradicar a desnutri-
ción infantil. Este ano a choiva deunos unha
tregua e puidemos saír sen mollarnos, sempre
coa inestimable colaboración da nosa atleta aresá Paula Mayobre.
Desde o noso centro seguiremos loitando para axudar á infancia máis desfavorecida e facer que
se respecten os seus dereitos.
Albares
nº 7 xuño 2018
38
Este curso decidimos entrevistar a algúns profes que levan anos traballando no centro e que por cambio
de destino ou xubilación vanse do noso centro. Os alumnos de Primaria entrevistaron ás profes Meli e
Lara para coñecer as súas impresións sobre o ensino e a súa experiencia persoal. Mentres que o alumnado
de ESO fixo o propio con Amalia, Delia e María.
Agardamos que estas entrevistas sexan unha homenaxe ao seu bo facer como profes e compañeiras.
Entrevista a Lara, profe de música, feita por Noelia Varela Fuciños e Mohamed Boussouf.
Noelia : Onde naciches?
Lara : Eu nacín en Valladolid.
Mohamed : Que estudaches?
Lara : Eu empecei estudando Educación Física, porque facía moitísimo deporte, pero tamén tocaba o
piano. Eu recibía clases de música e unha vez que rematei Educación Física, quixen seguir estudando mú-
sica e fixen unha carreira que se chama “Historia de ciencia da música” e despois aquí en Santiago estudei
maxisterio de Música.
N : Traballaches antes noutros colexios?
L : Si, buf! Si, a carreira de mestra é pasar por moitos coles. E de feito aprendín moitísimo de todos. Tra-
ballei nas catro provincias de Galicia: estiven en Pontevedra, Vigo, na Mezquita, Ourense, Vilalba, Ponte-
ceso, Malpica, Guitiriz, Narón e Ares.
M : Cantos anos levas traballando neste cole?
L : Pois..., este é o meu sexto ano, si. Noelia acórdase ben, era moi pequeniña.
M : Cal é o teu mellor recordo deste cole?
L : Deste cole? Buf! Lévome tantos recordos, Mohamed, tantos, tantos, que... é difícil quedarse con un.
Pero por lembrar algún, o ano pasado cando cantamos con Guadi Galego en Navantia; tamén foi moi
emocionante a estrea da Ópera cos nenos que estaban en segundo o ano pasado. Teño a sorte de dar
unha materia que é marabillosa, a música. Entón, todas as clases son moi emocionantes tamén, quédome
con cada unha das vosas caras: cando tocades a frauta, cando bailades, cando escoitades con moita aten-
ción, cando conseguides algo no que traballastes moito. Esas caras quédanme gravadas.
N: Que fas no teu tempo libre?
L: No meu tempo libre teño horas adicadas a min e outras á miña filla . Fago teatro nun grupo que se
chama ”Farandoleiros”, canto nun coro que se chama “El acorde secreto” na Coruña e canto tamén
con Meli, a profe de 1º de Primaria.
Gústame tamén o ximnasio para estar en forma porque no cole tamén hai que estar a tope de enerxía e
gústame moito ler e pasar tempo cos meus amigos, aínda que agora coa nena é máis complicado.
N: A que colexio irás a partir de agora?
L: Vou ir a un cole que está en Culleredo, nun concello moi preto da Coruña, e quédame moi cerquiña
da miña casa, por iso marcho, se non, non marchaba, quedaba en Ares xa que estou moi contenta.
E agora que vos coñezo mellor dáme máis pena deixar o cole pero ben…, volverei comezar noutro coñe-
cendo novos nenos e novos compis.
M: Vas con Meli?
L: Non, Meli vai a un cole da Coruña. Así é a vida rapaces, cada un escolle o seu camiño e ten que facelo
de forma responsable, e con moita enerxía tamén. Porque ao fin e ao cabo hai que ser teimudos como a
muiñeira.
Pois moita sorte Lara no teu novo destino.
Non te esqueceremos.
Pois nada moitas grazas.
Que guai rapaces!
Albares
nº 7 xuño 2018
39
Entrevista á profe Meli realizada por Antía Marcos Martínez e Aroa Vidal Antón.
Antía: De onde es?
Meli: Eu son de Vigo, pero vivo na Coruña.
Aroa: Cando eras pequena, que querías ser de maior?
Meli: Pois cando era pequena, o que máis me apetecía era dedicarme a cousas artísticas.
Antía: Estudaches algo á parte de mestra?
Meli: Si, estudei música, fixen cursos para ensinar aos nenos a mellorar a linguaxe cando teñen problemas
e fixen moitas actividades relacionadas coa artística.
Antía: Que tipo de música estudaches?
Meli: Estudei no conservatorio de Vigo. Orfeón, piano, coro… Estudaba música clásica case sempre.
Antía: Por que decidiches ser mestra?
Meli: Porque sempre me gustou ensinar a rapaces, ademais na miña casa a miña nai era mestra.
Aroa: Que cursos deches?
Meli: Dei sempre primeiro e segundo de Primaria.
Antía: Que prefires dar, Infantil, Primaria ou ESO?
Meli: Dei todas as etapas e a que máis me gusta é na que estou agora, primeiro e segundo.
Antía: Traballaches noutros coles?
Meli: Si, traballei en tres coles concertados antes de empezar na pública, e na pública levo outros tres co-
les.
Aroa: E neste cole, canto tempo levas?
Meli: Neste levo sete anos.
Antía: Cal é o teu mellor recordo deste cole?
Meli: Eu penso que o mellor recordo do cole son os nenos porque aquí descubrín nenos diferentes, moi
cariñosos, moi agradecidos, e os meus compañeiros de ensinanza son moi acolledores, e iso agradécese
moito. Sentinme sempre afortunada de poder estar con vós.
Antía: Onde vas traballar o próximo curso?
Meli: O próximo curso vou para Coruña, relativamente cerca de onde vivo. Así serei máis ecoloxista xa
que non sacarei o coche para non contaminar.
Aroa: A que dedicas o teu tempo libre?
Meli: Mira, gústame moitísimo facer roteiros polo monte, a música, a pintura, reunirme con amigos...
Aroa: Dentro da pintura, que tipos de cadros che gusta pintar?
Meli: Depende moito do momento. Ás veces abstractos, pero outras intento adaptar a realidade que vexo
á miña forma de pensar.
Aroa: Cal foi o primeio cadro que pintaches?
Meli: Foi un moi grande, dun peixe moi raro.
Antía: Cantas exposicións fixeches?
Meli: Fixen moitas colectivas con outros artistas.
Antía: Aínda quedas coa túa mellor amiga de cando eras pequena?
Meli: Si, teño a fortuna de conservar a amiga que fixen cando tiñamos cinco anos.
Moitas grazas Meli pola entrevista. Desexámosche o mellor
nesta nova etapa que comezas.
Nunca te esqueceremos. Sorte e ata sempre!!!
Albares
nº 7 xuño 2018
40
Entrevista a María, profe de Matemáticas. Por Lara, Yasmina e Susana.
Ola María! Sabemos que este curso marchas, aínda que non moi lonxe de aquí, non si?
Se non nos trabucamos, a Pontedeume? Por que?
Ola! Estades no certo, a partir do curso que vén exercerei de profesora en Pontedeume. E vou-
me alí porque así estarei máis preto dos meus fillos e poderei comer con eles cada día, que é algo
moi importante para a pequena, que non lle gusta que chegue tarde a casa. E xa saberedes, co
tempo, que polos fillos se fai case calquera cousa.
Cantos anos estiveches neste centro?
Estiven 11 anos. Cando o digo sóame a moito tempo, pero paréceme que foi o outro día cando
busquei en Internet como chegar a Ares.
Sabemos que es andaluza, pero como Mª Victoria Moreno, a homenaxeada deste ano
nas letras galegas, Galicia forma parte do teu corazón, non si?
Por suposto, síntome moi ben en Galicia. Gústame o idioma, as súas xentes, o clima (en verán,
jeje)… Considero aos galegos xente moi amable e servicial. E por suposto que aquí xa pasei un-
ha parte importante da miña vida. Os meus fillos son galegos e iso vai callando en min.
Podes contarnos algunha anécdota da túa experiencia persoal no paso polo centro?
No primeiro curso que dei clase aquí tiven que facelo en galego, porque así o esixía a lexislación
dese ano (e eu encantada, que para iso estudei dende Almería o galego normativizado, jeje), e
ademais sentíame ben nas clases falando galego, pero pasábame algo curioso: eu empregaba pa-
labras que lles tiña que traducir porque non as coñecían (achar, xe,…). E un día díxome un
alumno (que non me lembro quen): “Por que non falas o mesmo galego ca nós?” Quedei petrifi-
cada e deume a risa, jeje.
Que botarás máis de menos?
Sen dubidalo, as persoas que me acompañaron no centro estes anos, e en especial á miña com-
pañeira de departamento, Belén. Tamén botarei de menos aos alumnos, facédesvos querer e
lembrareime moito de todos.
Ah! Esquecíame dicir que botarei moito de menos a comida do comedor. Realmente cómese de
marabilla. Tedes sorte por contar cun comedor coma este.
Queres engadir/dicir algo máis agora que te vas definitivamente?
Creo que xa o dixen todo, só me resta dar as grazas a toda a comunidade educativa e dicir que
gocei do meu paso por este colexio. E aos alumnos pídolles que gocen aprendendo, que merece
a pena un pouquiño de esforzo para ser o que queiran na vida…
Grazas María por compartir estes minutos connosco, moita sorte e ata sempre, espera-
mos que volvas algún día a facernos unha visitiña.
Grazas a vós, teño que dicirvos
que me encantou a entrevista,
fixéstesme pensar moito e case
arrepentirme de marchar, jeje…
Sorte a vós tamén! E por suposto,
claro que nos veremos, estamos
moi preto!
Albares
nº 7 xuño 2018
41
Entrevista a Delia, profe de Lingua Castelá. Por Lara, Yasmina e Susana.
-Ola Delia, seguro que nestes intres están a pasar
un montón de imaxes pola túa cabeza despois de
tantos anos neste centro. Agora que marchas, que
recordos ou momentos especiais subliñarías.
Gústame moito cando volven os que marcharon a dar
unha visita.
-Cantos anos estiveches neste centro? Foi o teu
primeiro centro?
Neste centro estiven 18 anos. Este foi o 7º ou 8º. O 1º
ano estiven a facer substitucións en 3 centros distintos.
Logo estiven cada ano nun centro diferente ata que
cheguei aquí.
-Algunha vez pensaches en dedicarte a outra cousa
que non fora o ensino?
Cando os alumnos portábanse mal si que o pensaba
pero como o enfado duraba pouco non me daba tempo a pensar en que adicarme.
-Como cambiou o ensino dende que empezaches ata agora?
Cambiou moito, antes estaba o BUP e COU que era o que facías antes da universidade. Os
rapaces menos estudosos xa non o tiñan que facer, se non querían, non era obrigatorio como a
ESO.
-Poderíanos dicir a que centro marchas e porque?
Marcho ao IES María Casares, en Oleiros. Eu quería un centro preto da miña casa e por eso
marcho, por comodidade.
Entrevista a Amalia, profe de E.F. Polos alumn@s de 2º ESO-B
Albares
nº 7 xuño 2018
-Ola Amalia, sabemos que marchas. Por qué?
-Porque me xubilo
-Como te atopaches neste centro?
-En xeral, fenomenal.
-Pódesnos contar algunha anécdota na túa
experiencia e paso por este centro educativo?
-Todos os anos que organicei a Carreira Solidaria
con Yoli nos choveu (a pesares de ter días previos
con sol). E sempre que fumos de roteiros perdé-
mosnos, podédelo crer?
-Qué botarás de menos?.
-Nada
- A qué te vas dedicar a partir de agora?
-A viaxar, disfrutar da vida sen horarios estableci-
dos.
-Queres comentarnos algo máis ou adicarnos
algunhas verbas?
Deséxovos que sigades tal como sodes, alumnado
excepcional, e que sigades crecendo como esas
boas persoas que sodes xa.
-Grazas Amalia por compartir este tempo con
nós e moita sorte na nova etapa que vas comezar.
42
INSTRUCCIONES PARA HACER
QUE SE HACEN LOS DEBERES
Todas las personas que estudian o estudiaron, ha-
brán ido a clase alguna vez sin los deberes, ya sea
porque se les olvida la libreta en casa, porque no se
enteraron de la tarea, porque no les dio tiempo o
simplemente porque no quisieron. Para evitar el
negativo, te dejo una serie de instrucciones con las
que conseguirás que tu profesor o profesora crea
que los hiciste.
Si te enteras en el recreo de que te faltan los debe-
res, estás a tiempo de solucionarlo. Primero pon la
fecha del día anterior, luego contesta a los ejerci-
cios sin copiar los enunciados. En caso de quedarte
bloqueado/a en alguno de ellos, contesta lo prime-
ro que se te ocurra para que, por lo menos, vean
que lo has intentando. (AVISO: Solo vale para evi-
tar el negativo. Puedes quedar en ridículo si lo co-
rriges tú, a no ser que lo hayas copiado por al-
guien). Por último, y en caso de que te dé tiempo,
copia los enunciados. Escribir a la velocidad de la
luz y hacer letra de médico puede resultarte de gran
ayuda si eres de los que no hacen una estupenda
caligrafía, ya que en el caso contrario, se notará
demasiado.
En el peor de los casos, no dispondrás ni de 10
minutos para hacerlos. Siempre puedes intentarlo
cambiando los números de los ejercicios del día
anterior, ya que muchos profesores no se fijan en
el contenido del ejercicio.
Por último, si eres una de esas personas vagas,
puedes pedirle la libreta a un compañero de la otra
clase, pero este método te traerá muchos proble-
mas, sobre todo si tu profesor ya te conoce. Yo
recomiendo utilizarlo solo al principio del curso.
Espero haberte resultado de ayuda y recuerda que
aunque los trucos te funcionen, no debes abusar de
ellos.
Martín Fernández Hermida. 2º ESO A
INSTRUCCIONES PARA HABLAR EN CLASE
SIN QUE EL PROFESOR SE ENTERE
¡Quién no ha querido decirle algo a alguien en
clase mientras el profesor explica!, ya sea en his-
toria, matemáticas o inglés. Para ello te voy a ex-
plicar unos sencillos pasos sobre la mejor manera
de hacerlo, pero advierto, si te castigan, no es mi
problema.
Lo primero es asegurarte de que tu compañero
está cerca, de lo contrario, tendrás que comuni-
carte por gestos o sino con una nota. Yo reco-
miendo escribirla en una libreta y luego ir pidién-
dole a la gente que la vaya pasando hasta que el
destinatario la reciba. Si está cerca, lo mejor será
que tosas disimuladamente o le des un ligero gol-
pe a la mesa, ¡ojo!, no hagas un concierto. A con-
tinuación, habla muy muy bajo y gesticulando
mucho, no lo debe escuchar el profesor, así que
aprovecha cuando esté lejos. Una vez dado el
recado, cotilleo o pregunta, tienes dos opciones:
arriesgarte a que te pillen y escuchar la respuesta
de tu compañero o colocarte recto e intentar no
poner cara de circunstancia. Sea cual sea tu deci-
sión, la clave es disimular bien.
Isabel Terradillos Molina. 2º ESO B
INSTRUCCIONES PARA ERUCTAR
A PROPÓSITO
Todos hemos eructado alguna vez, y en muchas
ocasiones sin querer, delante de la familia, ami-
gos, en clase...En este caso, os voy a explicar
cómo hacerlo a propósito, es decir, planeado.
Esta técnica os la explico pero ¡ojo!, ya que no
me hago responsable de los problemas que pro-
duzca en la situación en la que la utilicéis.
Ahora que ya lo sabéis, os diré como hacerlo:
Lo primero de todo es tragar aire, de forma que
almacenarás en tu interior el gas estomacal que
se libera en el eructo. Para ayudarte debes beber
bebidas carbonatadas. Se debe repetir este pro-
ceso hasta sentir la presión del aire en la gargan-
ta. Si te cuesta tragar aire, te ayudará taparte la
nariz manteniendo la espalda recta. Una vez aca-
bado, deberás soltar el aire en forma de eructo.
Al principio te costará conseguirlo y tendrás que
tragar mucho aire, pero poco a poco irás per-
feccionando la técnica.
Finalmente, cuando finalices tu eructo, el si-
guiente paso es reírte delante de tus amigos...
“Se recuerda que esta información debe usarse correcta-
mente y solo cuando es debido”
Iker Beceiro Torres. 2ºESO B
TEXTOS INSTRUCTIVOS DE LOS DE 2º DE ESO
Albares
nº 7 xuño 2018
43
INSTRUCCIONES PARA PEINARSE
A todo el mundo le ha pasado lo mítico de
que al levantarse parece que le han atacado
cuarenta gatos en la cabeza, o simplemente
que no sabe ni lo que es un peine. Esto es
fácil de arreglar. Si en tu casa tienes esa espe-
cie de palo, con pelos duros que puede ser
redondo o plano, cógelo, acércatelo a la cabe-
za cuidadosamente y deslízalo de arriba a aba-
jo varias veces. Puede que al hacer esto te ha-
yas dado cuenta de que tu pelo está aún peor,
eso es porque eres tan inteligente que te has
cardado el pelo y has quedado como un cani-
che. Yo te aconsejaría que volvieras a empe-
zar.
Este aparato conocido como peine o cepillo
es fácil de conseguir, para ello, uno va a cual-
quier tienda, comercio o mercado, se dirige a
una de estas personas que van vestidas todas
iguales y le pregunta por ese palo que te he
descrito antes. Cuando consigas uno, repite
los pasos que te he dictado antes y ya estaría.
María Cagide León 2º ESO A
INSTRUCCIONES PARA DORMIR
Aunque no lo parezca, dormir es una acción compli-
cada en algunos casos. Para poder dormir solo hace
falta una cama o sofá, una almohada o cojín y sueño.
Lo primero que hay que hacer para realizar esta com-
plicada acción es tumbarse en una cama de forma
cómoda. Lo segundo es cerrar los ojos, ya que dormir
con los ojos abiertos te costará aún más. Lo tercero es
relajarte tú y todas las partes de tu cuerpo, y sí, TO-
DAS LAS PARTES. Lo cuarto es pensar en cosas
agradables como ‘Dora la exploradora’ o ‘Bob Espon-
ja’, eso sí, nunca deberás pensar en ‘Peppa Pig’, por-
que te hará sufrir pesadillas extremas y te despertarás
con las sábanas de tu cama mojadas.... El quinto y
último paso es dormirse.
En el caso de que no tengas sueño, puedes contar
ovejas o vacas, lo que tú prefieras. De este modo, te
aburrirás y preferirás dormirte.
En fin, te deseo suerte en esta dura hazaña, que sue-
ñes con los angelitos, no con que entren a tu casa a
robar y te secuestren, con que te muerda algún vampi-
ro, con que salga un monstruo de debajo de tu cama o
con que resuciten los muertos y te maten.
QUE DUERMAS BIEEN....
Clara Montero Martínez 2º ESO A
INSTRUCCIONES PARA SER UN ALUMNO
BRILLANTE
Si deseas ser un buen alumno, sigue correcta-
mente estos pasos. Lo primero que debes llevar
a cabo es algo tan sencillo como querer. Todos
podemos sacar nuestra mejor cara en algunas
ocasiones, lo complicado es ser constante: estar
pendiente día tras día de tener la mochila con
todos los libros de las asignaturas correspon-
dientes, hacer los deberes, no hacer tonterías…
Son granitos de arena que van formando una
montaña, pero no te agobies, te ayudaré a esca-
larla.
Ten en cuenta que debes dirigirte al profesor
con un tono firme y no burlón, pensando dos
veces lo que dices. Especial atención al cua-
derno, impoluto, al día y sin faltas de ortografía.
Cuidado cuando salgas a la pizarra, sé serio y
transmite seguridad. Estudia cada materia y
presta atención a todas y cada una de las expli-
caciones, por muy aburridas que resulten,
créeme que a la larga compensa. Recuerda no
meterte en líos porque eso llevará a faltas de
orden.
No olvides ninguno de estos consejos que yo,
amablemente, te he dado. Va dirigido a todos
los alumnos que estudian (o por lo menos lo
intentan) en este maravilloso centro escolar.
Si tienes alguna duda, estoy en 2ºB, no dudes en
consultarme.
María Veiga Garrote 2ºB
INSTRUCCIONES PARA HACER CHULETAS SIN
QUE TE PILLEN
Os resultará muy absurdo este texto instructivo ya
que parece muy fácil pero no lo es.
CHULETA es una palabra polisémica (palabra con
varios significados):
1.- costilla de cerdo o de ternera
2.- entre estudiantes, papelitos que se usan para
apuntar notas en los exámenes
3.- chulo
Hace falta mucha capacidad intelectual ya que es muy
fácil que te pillen.
Bueno, lo imprescindible es un boli ya que puedes
escribir las chuletas en cualquier parte. Lo típico es
coger un papel pequeño y apuntar ahí nuestros apun-
tes pero de esta manera hay más posibilidades de que
te pillen. Hay que ser astutos y en dos o tres líneas
apuntar medio tema. El mejor lugar donde las pue-
des escribir es en la suela del zapato ya que solo con
levantar el pie las puedes leer, o pegar un papelito
por la parte interior de la camiseta y las lees solo con
mirarlas de reojo. Si las tienes en el bolsillo, sácalas
cuando el profesor no esté mirando, porque es muy
típico ver a los profesores dando vueltas por el aula
(lo peor es que nunca se cansan); pero el MEJOR
momento es cuando un alumno le está preguntado
su duda al profesor. Hacer chuletas es de listos (si no
te pillan).
Espero que te sirviera de algo este texto. SUERTE :)
Irune Fornos Fonte 2° ESO A
Albares
nº 7 xuño 2018
44
TEXTOS INSTRUCTIVOS DE LOS DE 2º DE ESO
INSTRUCCIONES PARA REALIZAR UN TRA-
BAJO EN GRUPO
Ante la idea de tener que realizar un trabajo en grupo
existen dos tipos de indicaciones bien diferenciadas
dependiendo de las intenciones de sus miembros:
Instrucciones para aquellos con alergia al traba-
jo.
La rapidez es la pieza clave en estos casos, porque
conseguir entrar a formar parte del grupo de los
”empollones” es fundamental para aprobar la asigna-
tura sin dar palo al agua e incluso obtener una buena
nota.
Esto último será “la bomba”, porque si se da el caso
de que el trabajo hiciera media con la nota del exa-
men y se llegara a calificar con un 10 solo con tener
en el examen un trabajado 4, ya obtendrá un
¡¡Notable!!
El mayor peligro con el que se encuentran estos indi-
viduos/as es que su capacidad de esfuerzo es conoci-
da por el resto que tratarán de rehuir de su compañía.
Por eso, si la cosa pinta mal, hay que pasar rápida-
mente al plan B e insinuar al profesor/a que debería
elaborar los grupos equitativamente para que no haya
ningún tipo de discriminación. ¡Esto último no falla
nunca! La igualdad y no discriminación son piezas
clave para tocar el corazoncito del docente que por
nada del mundo querría ser cómplice de tal cosa. De
este modo… ¡Objetivo conseguido! Trabajará uno y
el resto se puede dedicar a charlar y a molestar al que
trabaja (que por la cuenta que le tiene ya lo acabará
aunque sea en su casa).
Instrucciones para los alumnos/as interesados
en sacar buenas notas y labrarse un futuro.
En este caso solo el hecho de escuchar “trabajo en
grupo” los paraliza y los hace perder la capacidad de
reacción ante lo que le espera, momento que aprove-
charán adecuadamente los del lado oscuro.
Así que las instrucciones en este caso son claras: de-
ben ponerse a trabajar de inmediato, porque el traba-
jo ha de ser lo suficientemente bueno para que refleje
el trabajo de 4 o 5 personas que no van a hacer nada
y que se van a dedicar a molestarle.
Consejo: No trate de dividir el trabajo en apartados
porque el único que irá bien será el suyo, y podría
obtener un aprobado justo o un suspenso. Esto al
resto del grupo le dará igual, pero a usted le ocasiona-
rá un fuerte disgusto y no podrá alegar nada porque
el profesor/a no le hará el menor caso.
Tampoco trate de convencer al profesorado de que
no quiere estar en ese grupo porque será tratado de
insolidario/a y mal compañero/a y por tanto mal
visto.
Lo dicho: trabaje y no pierda el tiempo.
“Dedicado a esa asignatura que me gustaba tan-
to, pero que resultó ser infernal debido a los tra-
bajos en grupo que contaban lo mismo que los
exámenes”.
Jéssica Criado Guinaldo 2ºA
INSTRUCCIONES PARA HACER QUE EN
CLASE NO SE DÉ CLASE
Si estás leyendo esto, significa que el título te llamó la
atención, que te interesa el tema del que voy a tratar en
este texto, que quieres aprender algunos trucos para
hacer de una clase una fiesta, o un infierno, según desde
el punto de vista que lo miremos. Así es que yo, muy
amablemente, te voy a mostrar pequeños consejos que
podrías poner en práctica.
Si en clase quieres, por algún motivo, que no se dé cla-
se, deben estar tus compañeros enterados y, por su-
puesto, dispuestos a echarte una mano. Una vez que el
primer paso ha sido realizado, el resto es pan comido.
Hay un par de cosas a las que tienes que prestar especial
atención: ser serio/a e intentar que el profesor no se dé
cuenta de vuestra intención de pasar una “hora sabáti-
ca”. Si consigues dominar esto, luego solo tenéis que
proceder.
Haced preguntas, muchas preguntas del tema que estáis
tratando, de un ejercicio, de una explicación que no
entiendes. Para que salga a la perfección debéis añadir
el “y si… ” acompañado de ese movimiento vertical
con el brazo terminado en la elevación de nuestro dedo
índice al que tan bien estamos acostumbrados y que
tanto agrada a nuestros profesores. Si observáis que el
profesor no está por la labor de contestar a vuestras
inocentes preguntas, lo mejor es dejarle seguir dando
materia durante unos minutos. Cuando veáis que se
está empezando a emocionar y está diciendo demasia-
das cosas, paradlo y decir el típico: “Cómo, cómo, no
entiendo…”, de esta manera, lo mantendréis entreteni-
do resolviendo, a sus maravillosos y atentos alumnos,
todas sus cuestiones.
Esto te puede ayudar mucho, sobre todo en esos días
en los que no te apetece hacer nada, pero ten en cuenta
que los profesores no son tontos y si abusáis de esto os
acabarán pillando el truco. Es mejor que lo hagáis muy
de vez en cuando y solo en situaciones de extrema
pereza, más que nada por vuestro bien y el de vuestro
expediente académico.
Espero que estas pequeñas instrucciones te hayan servi-
do de ayuda, pero recuerda este refrán que me acabo de
inventar: “Más vale hacerlo bien una vez que veintisiete
mal”.
Miguel Martínez García 2º ESO B
Albares
nº 7 xuño 2018
46
Elle est née le 19 août 1883 à Saumur et
elle est morte le 10 janvier 1971 à Paris.
Elle a été une grande couturière française.
Elle a créé des vêtements simples et prati-
ques. Les premiers pantalons, la petite robe
noire, le chapeau cloche et le tailleur lui sont
attribués. (1)
Elle est née le 9 juin 1930 à Paris et elle
est morte le 24 novembre 1997 dans les
Hauts-de-Seine. C’était une compositrice et
chanteuse française. Elle a chanté Dis,
quand reviendras-tu? et L’aigle noir.(2)
Elle est née le 29 octobre 1930 dans les
Hauts-de Seine et elle est morte en Califor-
nie le 21 mai 2002. C’était une sculptrice et
peintre française. Elle a réalisé les Nanas
et la fontaine Strawinsky à Paris. (3)
Elle est née le 13 juillet 1927 à Nice dans
une famille juive. À l’âge de 16 ans, elle est
déportée à Auschwitz-Birkenau. Elle a fait
des études de droit et de science politique. En
1974, elle est devenue ministre de la santé et
elle a fait adopter la loi qui dépanalise l’a-
vortement en France. Avocate et femme poli-
tique, elle a été la première presidente du
Parlement européen. Elle est décédée à Paris
le 30 juin 2017. (4)
Elle est née le 9 janvier 1908 et elle est mor-
te le 14avril 1986 à Paris. C’était une phi-
losophe française qui a participé aux mouve-
ments de libération de la femme des années
70. Elle a écrit Le deuxième sexe. (5)
b
a
e
c
d
a
e
b
c
a
Albares
nº 7 xuño 2018
47
Elle est née le 8 décembre 1864 à Fè-
re-en-Tardenois et elle est morte dans
le Vaucluse le 19 octobre 1943. Elle
fut sculptrice et artiste peintre. Muse
du sculpteur Auguste Rodin et soeur
du poète Paul Claudel, elle passera les
trente dernières années de sa vie inter-
née dans un établissement psychiatri-
que. (6)
Elle est née le 31 octobre 1958 à An-
necy. Elle commence sa carrière sporti-
ve en ski alpin mais c’est comme cyclis-
te qu’elle remporte de nombreuses mé-
dailles: championne de France et du
monde sur route et un titre olympique.
(7)
C’est une chanteuse française née le 19
décembre 1915 à Paris et morte le 10
octobre 1963 à Grasse. Ella a eu de
nombreux succès comme La vie en ro-
se, Hymne à l’amour ou encore
Non, je ne regrette rien. Elle est en-
terrée au cimetière du Père-Lachaise à
Paris. (8)
Actrice et chanteuse française, elle est
née le 23 janvier 1928 et est décédée le
31 juillet 2017 à Paris. Elle a joué
sous la direction de grands réalisateurs
comme Luis Buñuel, François Truf-
faut ou Louis Malle. En 1962, elle
joue dans le film Jules et Jim où elle
interprète la chanson Le tourbillon de
la vie. (9)
h
g
i
f
i
f
g
h
Biographies réalisées par les élèves
de seconde A et B.
Solutions: 1b. Coco Chanel,
2d. Barbara, 3e. Niki de
Saint Phalle, 4a. Simone
Veil, 5c. Simone de Bau-
voir, 6g. Camille Claudel,
7f. Jeannie Longo, 8h.
Edith Pial, 9i Jeanne Mo-
reau,
Albares
nº 7 xuño 2018
48
O pasado venres 9 de marzo, ás 20.00 horas da tarde, tivo
lugar, no Auditorio da Alianza Aresana (Biblioteca Muni-
cipal), o acto de homenaxe ás mulleres do mar organiza-
do polos alumnos e as alumnas do CPI As Mirandas e o
Concello de Ares, un acto que formou parte da progra-
mación municipal de conmemoración do 8 de marzo, Día
da Muller.
O acto de homenaxe, en que tiveron un protagonismo
moi destacado as alumnas de 4º de ESO do CPI As Mirandas, incluíu a proxección da curtame-
traxe titulada “Marea de Mulleres”, que foi filmada polas propias alumnas e alumnos co asesora-
mento da produtora Numax, nomeadamente cos realizadores Xacio Baño e Marcos Flórez. A
realización deste filme, que tivo lugar entre novembro e decembro de 2017, inclúese dentro do
proxecto “Vidas Mariñeiras”, financiado no ano 2017 con fondos do Programa FEMP (Fondo
Europeo Marítimo e da Pesca), que xestiona neste territorio o GALP Golfo Ártabro Norte.
Por outra banda, no mesmo acto entregáronse oito galardóns a diversas mulleres que traballaron
na salgadura, no marisqueo, no cosido de redes, etc, como Fina, a “nosa muller da limpeza núme-
ro un”. Todas elas en representación das miles de mulleres que durante moitos anos traballaron e
traballan aproveitando os recursos que nos ofrecen os nosos mares. No acto interviron, ademais
das alumnas de 4º de ESO, o alcalde da localidade, Julio Iglesias, e a presidenta do GALP Golfo
Ártabro Norte, Mª José Crespo Fraga.
Albares
nº 7 xuño 2018
49
Todo o protocolo do evento estivo diri-
xido polas propias alumnas de 4º de
ESO: Judith e Paula López encargáron-
se da presentación; Paula Mesías de ler
o emotivo discurso co que homenaxea-
ron a estas mulleres tan loitadoras; Ve-
ra, Julia e Adrián de gravar absoluta-
mente todo; Aitana, Iago, Vanesa e
Yasmina amenizaron a gala cos seus
instrumentos musicais; e as demais: Isa-
bel, Sofía, Susana, Ndeye Ata, Uxía,
Andrea Díaz, Lara, Lorena e Andrea
Riveiro acompañaron a todas as home-
naxeadas neste momento tan especial.
E como non, houbo un recordo tamén
para os compañeiros e compañeiras que
estaban de curso en Croacia e que non
puideron asistir ao evento malia o seu
interese: Verónica, Icía, Sara, Álvaro e
Borja.
Sen dúbida, unha xornada entrañable, chea de emocións e de lembranzas, e que serviu, entre ou-
tras cousas, para restaurar o valor que todas estas mulleres achegaron á nosa vila, ofrecendo o
mellor de si mesmas nun traballo extraordinariamente duro, tal e como amosan no documental.
Todos nos sentimos contaxiados dese esforzo e lembramos as palabras que a nosa compañeira
Verónica Rodríguez escribiu como remate do vídeo:
Ao final desta xornada que adicamos a crear beleza e construír pontes entre as diversas xeracións
todos rematamos “mollando a palabra” cuns petiscos que nos ofreceu o Concello de Ares.
“Intemporais, como as ondas do mar que se moven coas mareas;
en silencio, mais sen perder forza; sen descanso e sen queixa, constantes,
inesgotables e experimentadas, agochando unha chea de ventos e correntes,
as súas historias. Moito cambiou dende que botaron a andar,
pero o delas segue a ser o noso ronsel, un camiño das mulleres e da terra,
un camiño noso, no mar”.
Albares
nº 7 xuño 2018
50
Albares
nº 7 xuño 2018
Visita de María Canosa
O xoves visitounos a escritora María Canosa
gañadora do último premio Merlin co seu libro
MURIEL. Despois de que léramos o libro, e
grazas a editorial Xerais, tivemos uns momentos
de lecer coa escritora.
Gustounos moito todo o que nos dixo. Como
nos seus libros, tamén somos partícipes deles xa
que cada un de nós vivimos de xeito diferente as
historias.
Visitamos o Parque de Educación Viaria e o Museo do Humor
O luns 7 de maio os alumnos e alumnas de 6º tivemos unha
xornada no parque de educación viaria e unha visita guiada
ao Museo de Humor de Fene.
Pasámolo moi ben e aprendemos moitas normas.
No museo divertímonos moito na zona dos espellos.
Visita ao Museo de Caldoval
Os alumnos e alumnas de 5º e 6º visitamos o museo de Caldoval en
Mugardos. Fixemos unha visita guiada ao xacemento romano que
conta con dous conxuntos diferenciados.Por unha banda un canal
escavado en rocha e unha serie de estancias orientadas á costa que
podería estar vinculado ao comercio e, por outra, un balneario rural
doméstico que conta cunha palestra para a práctica de deporte.Tamén
fixemos un taller de perfume.
Grazas a Patricia e a Rocío por tantas explicacións!
Entroido
Este ano no entroido disfrazámonos de medusas. O tema xeral era o mar debido ao proxecto
deste curso “Dende Ares cara ao mar” .
Quedáronnos moi vistosos, a pena foi que se mollaron pois o tempo non nos axudou e choveu
un pouquiño.
51
Albares
nº 7 xuño 2018
E aquí vai a despedida...
Desde a dirección queremos agradecer e dar a despedida:
Ao todo o alumnado de 4° de ESO.
Gran traballo co seu documental Marea de mulleres, é o Mapa-guía interpretativo dos recursos etnográficos, históricos e
naturais do Concello de Ares, elaborado na materia de economía, así como nos proxectos As Emocións
Entroncadas e concurso ComunicaTedu levados a termo nas materias de Bioloxía e Lingua Galega.
Tamén cinco dos nosos alumn@s de 4º ESO, Álvaro, Verónica, Borja, Sara e Icía tiveron a sorte de viaxar
10 días a Croacia con Romy, a nosa auxiliar de conversa. Unha viaxe na que puideron ademais de mellorar
o seu inglés, compartir experiencias con xóvenes de outros países para desenvolver un proxecto de
intercambio de xente nova co nome “Let Me Think About It” LMTAI .
Todo o alumnado de 4º que remata a súa etapa educativa obrigatoria no noso centro demostrou, co seu
excelente traballo e compromiso, que adquiriron todas as competencias precisas para tomar as decisións
sobre o seu futuro, que de seguro será cumprir os seus soños. Deséxamos de todo corazón que así sexa.
Ao profesorado que pasa a unha nova etapa de tempo libre: Celia Galego, mestra de infantil, Luís Casás
titor de Primaria, Amalia Bascuñana profesora de Educación Física, Chicha Vales e Carme Bascompte
titoras de Primaria. Tod@s compartiron con nós unha boa parte da súa vida profesional facendo un
excelente traballo. De seguro que serán recompensados cunha nova etapa chea de vida e sen horarios.
Parabéns compañeiros, desexámosvos o mellor.
Ao profesorado definitivo que abandona o centro por cambio de destino, máis pretiño da súa casa:
Lara Valcuende mestra de Música, Meli Seoane titora de Primaria, Delia Pérez profesora de Lingua Castelá e
María Segura profesora de Matemáticas. A todas elas desexámoslles que no novo destino sigan a amosar as
súas extraordinarias competencias profesionais e artísticas: Meli e Lara impulsoras no centro de proxectos
innovadores como LÓVA ou o Certame de Arte Postal, María coas matemáticas, participando e gañando
premios co alumnado de 3° ESO nos Rallyes Matemáticos (Matemáticas na raia), organizando o Concurso
Semana Problemática con gran participación do alumnado e competindo nas Olimpiadas Matemáticas.
Ao profesorado non definitivo, Natalia Dopazo titora de Primaria moi implicada nos proxectos do centro,
coordinadora tanto de Meteoescolas como do PFPP; Valentín Marcos mestre de PT, sempre cunha enorme
preocupación pola atención á diversidade favorecendo a inclusión do alumnado; Alberto Díaz e Nacho
Rodríguez excelentes titores de primaria; Anxo X. Rajó profesor de Lingua Galega, moi implicado nos
proxectos do centro como na gravación do documental Vidas Mariñeiras e impulsor da elaboración do
mapa guía de Ares.
Ao profesorado substituto que sempre estivo disposto a seguir co dinamismo deste centro.
En definitiva, un grupo humano que será moi difícil de esquecer e que quedará sempre na nosa memoria.
A todos eles desexámoslles moita sorte e un futuro prometedor.
Grazas por compartir con nós todo este tempo e o voso bo facer!!!