Diese Präsentation wurde erfolgreich gemeldet.
Die SlideShare-Präsentation wird heruntergeladen. ×

Revista albares 2019

Anzeige
Anzeige
Anzeige
Anzeige
Anzeige
Anzeige
Anzeige
Anzeige
Anzeige
Anzeige
Anzeige
Anzeige
Página 2
ALBARES nº 8
xuño 2019
Edita: Equipo de Dinamización Lingüística do CPI As Mirandas
EDITORIAL
A cultura propia é ...
Páxina 3ALBARES nº 8
xuño 2019
Como ben sabedes levamos varios
anos traballando o audiovisual no
noso cole. Comezamos face...
Página 4
ALBARES nº 8
xuño 2019
Este curso o noso proxecto de centro estivo encamiñado a coñecer, estudar e
poñer en valor...
Anzeige
Anzeige
Anzeige
Anzeige
Anzeige
Anzeige
Anzeige
Anzeige
Anzeige
Anzeige
Wird geladen in …3
×

Hier ansehen

1 von 52 Anzeige

Weitere Verwandte Inhalte

Diashows für Sie (20)

Ähnlich wie Revista albares 2019 (20)

Anzeige

Weitere von Yolanda Castro (20)

Aktuellste (20)

Anzeige

Revista albares 2019

  1. 1. Página 2 ALBARES nº 8 xuño 2019 Edita: Equipo de Dinamización Lingüística do CPI As Mirandas EDITORIAL A cultura propia é a que distingue uns individuos dos outros e, coñecendo o propio, seremos universais. Xeración Nós E ti, de onde vés sendo? Pertencer é unha necesidade humana. A pertenza podemos definila como crenza subxectiva dunha orixe común que une diferentes individuos e que nos leva a confluír na colectividade. Hoxe en día, e produto da globalización, parece que non pertencemos a lugar ningún, mais a nosa condición de seres sociais fainos sentir esa necesidade de PERTENZA. Precisamos dunhas raíces fortes e sólidas para sobrevivir e a supervivencia é existir. Como iamos estar sós no mundo? Todos e todas somos dun lugar, pertencemos a un lugar. O pobo, o noso pobo, non é alleo ao medio que habita, ben ao contrario sente a necesidade de nomear calquera lugar por pequeno que sexa, relacionando o seu significado coa vexetación, coa orografía, cos fenómenos atmosféricos... e, por suposto, cos estados de ánimo. Coñecermos o nome da casa (o alcume familiar), do lugar, da aldea, da parroquia, do concello, de onde somos oriundos nós e os nosos devanceiros achéganos a un xeito de vida milenario alleo para os máis novos e que xa hai tempo desapareceu en boa parte do noso territorio. Todo iso reflíctese nos traballos elaborados polos discentes de 1º A e 1º B que, coa axuda inestimable dos seus maiores (avós, avoas), informantes fieis do decorrer da vida na súa nenez, adolescencia, xuventude e madurez; achégannos a esa vida pasada. Abranguen, daquela, boa parte dos traballos, un anaco de historia, emoción e vivencias dos aresáns e das aresás, xa que logo, de todas as familias que co tempo se foron instalando neste concello. Manifestamos desde estas páxinas o noso agradecemento a todas as familias posto que sen se elas involucraren, o resultado non sería o obtido. Mª Luísa Corredoira. Profesora de Lingua e Literatura Galega Edición: Equipo de Dinamización Lingüística do CPI As Mirandas Maquetación: Yolanda Castro López Deseño Portada: Víctor Rodríguez Saavedra O EDLG do CPI As Mirandas agradécelle a todo o profesorado e alumnado as súas achegas e colaboracións para que a nosa Revista vexa outro ano a luz, e a seguir demostrándonos con tan gratos recordos, que a educación dos nosos nen@s e moz@s é unha tarefa que paga a pena realizar co máximo entusiasmo. Clase 1º A Clase 1º B
  2. 2. Páxina 3ALBARES nº 8 xuño 2019 Como ben sabedes levamos varios anos traballando o audiovisual no noso cole. Comezamos facendo pequenos vídeos e presentacións sobre as distintas actividades que se ían realizando no noso centro. Durante todos estes anos fomos aprendendo a utilizar diferentes editores de vídeo, diversas técnicas de montaxe, o uso do chroma key, etc. Todo iso serviunos para utilizar o recurso audiovisual nas nosas aulas e motivar ao alumnado. E chegados a este punto podemos dicir que a práctica de facer vídeos educativos percibímola xa non como meros transmisores de información, senón que recoñecemos as posibilidades que teñen como elementos de expresión e aprendizaxe. Este curso realizáronse unha morea de produtos audiovisuais a través de diferentes materias e disciplinas . Desde “tesmoitalingua”, parabéns por todos os traballos e vídeos que fixestes este ano, no que as vosas dotes artísticas e creativas sobresaíron máis que nunca. FINALISTAS NO FESTIVAL AUDIOVISUAL GALEGO “OLLOBOI” Recordade que podedes seguir todas as actividades e novas do noso cole nos nosos blogs.
  3. 3. Página 4 ALBARES nº 8 xuño 2019 Este curso o noso proxecto de centro estivo encamiñado a coñecer, estudar e poñer en valor todo o relacionado co noso concello e os seus lugares e parroquias. Ares, Cervás, Redes, Chanteiro...foron motivo de estudo dende distintos puntos de vista, achegándonos ao seu patrimonio paisaxístico, material e inmaterial. Ao termo do curso, e como produto final, realizamos a III Feira aberta a toda a comunidade co título de “Ares arredor de si”, na que contamos con diferentes stands. Neles estiveron expostos todos os traballos que ao longo do ano lectivo se fixeron nos distintos cursos. Proxecto de centro Curso 2018-2019 Dende aquí queremos dar os nosos parabéns a toda a comunidade educativa: ao alumnado do centro, desde os máis pequerrechos ata os máis maiores, que traballaron e colaboraron dunha maneira impecable realizando unha gran labor en cada un dos stands representados; aos profes de infantil, primaria e secundaria pola seu gran traballo; ao grupiño de músicos que nos acompañou durante toda a xornada - sodes uns cracks-; ao Club de Remo de Ares e en especial a Tombo que organizou as actividades remeiras e acompañounos durante todo o día; aos integrantes do Club Xove e a Rommy polas actividades levadas a termo no seu stand (quen dixo que a xuventude non se implica?); ás autoridades que nos acompañaron na inauguración da feira- o inspector de educación Rubén Ponte, José Antonio Sordo do CFR (Centro de Formación e Recursos) de Ferrol, o noso alcalde Julio Iglesias, á concelleira de cultura Alma Barrón e o resto de concelleiros das distintas formacións; aos representantes das asociacións ANPA e Amigos do Mosteiro de Santa Catalina e por suposto á dirección do CPI As Mirandas por promover e apoiar todas as iniciativas que se están a levar a termo no noso centro e a todas as familias e veciños que nos acompañaron neste evento.
  4. 4. Páxina 5ALBARES nº 8 xuño 2019
  5. 5. O noso cole e a Asociación de amigos de Santa Catalina levan anos colaborando co obxectivo de promover a divulgación do patrimonio de Montefaro. Este curso os nenos e nenas de infantil e primaria, acompañados polos seus profesores e profesoras e da man de Celsa e dos voluntarios culturais da Asociación de Amigos de Santa Catalina, puideron coñecer as características da construción, as distintas estancias do mosteiro, as diferenzas entre estas e un castelo, e os vestixios militares que aínda perduran nela. Tamén puideron visitar o Centro de Interpretación do mosteiro, recentemente rehabilitado. Damoslle a benvida á primavera plantando buxo nos xardíns do Mosteiro Visita ao Centro de interpretación de Santa Catalina Comezamos a primavera e, que mellor xeito de recibila que repoboando con buxo os xardíns do Mosteiro de Santa Catalina de Montefaro. Así, os nenos e nenas de 2º de primaria coas súas profes Pamen e Mamen, achegaronse ata Montefaro onde os estaban a esperar Celsa e os seus compañeiros da AAMSC para continuar a labor emprendida fai xa catro anos na que nos comprometemos a coidar e manter os xardíns de Santa Catalina. Actividades en Santa Catalina de Montefaro Página 6 ALBARES nº 8 xuño 2019
  6. 6. Páxina 7 "Foron escolas, pero tamén foron centros de formación e casas de cultura. Foron doazóns económicas, pero tamén foi un interese constante polos seus e pola súa terra sempre sen esperar nada a cambio, só pola satisfacción de saber que o pobo que os viu nacer melloraba cada día un pouquiño máis”. ALBARES nº 8 xuño 2019 Este ano estamos a facer memoria dun feito que tivo lugar hai 115 anos. Un grupo de aresáns, alá na Habana, foi consciente dunha necesidade que cristalizou nun proxecto que tanto ben fixo aos nosos pais, aos nosos avós e a todos cantos se achegaron a estas aulas. Deixáronnos estas paredes que acubillaron unha institución que serviu de modelo a outras moitas. Así que, nun emotivo acto, quixemos facer honor a súa memoria como proba do noso agradecemento. Non debemos esquecer a súa entrega desinteresada, primeiro a dos fundadores da Alianza Aresana de Instrución, nin tampouco á de moitos dos que aquí se formaron. Partían da fame e da pobreza, moitos deles analfabetos, e a base de esforzo e unión, forxaron un futuro noutras terras alleas, pero non esqueceron a propia. No acto, no que estiveron presentes ademais dos representantes do concello e distintas asociacións da vila, os alumnos de 4º de ESO e 4º de primaria leron o acta de constitución da Alianza Aresana así como un poema de Curros Enríquez, poeta galego vencellado á nosa vila a través da colonia aresán en Cuba e que nos deixou un fermoso escrito sobre a nosa Alianza, publicado no semanario Galicia da cidade antillana, titulado “Bien por los Aresanos”. Rematamos o acto co Himno Galego interpretado pola banda de gaitas de Ares que amenizou a xornada.
  7. 7. Un ano máis o Entroido vestiuse coa cor do noso proxecto de centro: “Ares arredor de si” en todas as súas vertentes e posibilidades. Así desfilaron polas nosas rúas indianos, remeiros, flores de todas clases e cores imprescindibles para as nosas alfombras florais, rondallistas acompañados dunha peculiar madriña…Un percorrido cheo de cor e fantasía que rematamos con doces típicos e lambetadas. O ENTROIDO INUNDOUNOS DE COR E FANTASÍA Aí vén o Entroido, é festa rachada, os nen@s na escola faremos foliada. Páxina 8 ALBARES nº 8 xuño 2019
  8. 8. Páxina 9ALBARES nº 8 xuño 2019 ROSALÍA FEMINISTA O domingo, 24 de febreiro, lembramos a figura da nosa poeta máis universal, Rosalía de Castro, a escritora máis representativa da lingua e da literatura galegas, pois asumiu a voz do seu pobo, voz que guiou permanentemente a súa obra e o seu pensamento. Por iso, para expandir o poder da súa palabra quixemos facer un pequeno vídeo e amosar e reivindicar a esa Rosalía que, adiantada ao seu tempo, mobilizou as conciencias colectivas defendendo os dereitos das mulleres. O feito é que, sobre todo na súa pouco coñecida prosa, Rosalía foi unha abandeirada do feminismo. O prólogo de La hija del mar, un dos seus libros máis intimista, supón todo un alegato de empoderamento feminino e reivindicativo. "Porque todavía no les es permitido a las mujeres escribir lo que sienten y lo que saben”, afirmaría no texto, publicado en 1859. O certo é que a preocupación constante pola condición feminina impregnou a súa obra. Ela representa, en suma, o inicio da modernidade galega. Podedes ver o vídeo no código QR GAÑADORES AUTONÓMICOS DO CONCURSO ESCOLAR ONCE Este ano baixo o lema "Por min e por tódolos meus compañeiros” os nosos alumn@s de 1º de ESO Antía, Gabriela, David, Sofía, Laura Gisell, Geovanna, Brais, Hugo, Carlos, Axel, Melani, Paula, Isaac e Noelia uniron esforzos para elaborar e realizar un vídeo para o 35 Concurso Escolar Once. A través del quixeron mostrar a importancia de crear recreos inclusivos onde todxs poidan xogar, gozar e aprender a vivir coa diferenza e desde a diferenza nunha escola inclusiva por e para todxs. E co seu traballo gañaron quedaron gañadores autonómicos. Parabéns rapazada!!! Podedes acceder ao vídeo no seguinte código QR
  9. 9. Páxina 10 ALBARES nº 8 xuño 2019 Unha das actividades que realizamos este ano os rapaces e rapazas de 2º e 3º de ESO foi a de percorrer a nosa vila e concello para plasmar coas nosas cámaras e dispositivos móbiles algúns espazos da nosa contorna. Algunhas das fotografías que fixemos ilustran o calendario municipal deste ano 2019, xa que logo, foron presentadas ao II Concurso de Fotografía Xuvenil que organizou o noso concello, e outras conformaron a exposición de fotografía matemática que presentamos na III Feira “Ares arredor de si”, coas que quixemos resaltar a presenza constante ao noso redor de elementos matemáticos que se atopan na natureza e nos obxectos da vida cotiá. A imaxe informa sobre a realidade, pero tamén ten que ser unha plataforma que potencie a imaxinación e creatividade dos alumnos. A fotografía é por iso unha ferramenta, un documento e un obxecto de traballo que facilita as actividades creativas na aula. FOTOGRAFIANDO A NOSA CONTORNA
  10. 10. Páxina 11ALBARES nº 8 xuño 2019 FOTOGRAFÍA MATEMÁTICA O NÁUTICO DE ARES (Claudia Sánchez Fernández, 2ºB) A imaxe ten que ver coas Matemáticas porque nela represéntanse liñas paralelas, polos barcos. Tamén ten que ver o reflexo dos barcos na auga, xa que pódese asociar coa simetría. O eixo de simetría é a liña imaxinaria que separa o barco do seu reflexo. Ademais o mastro do barco reflectido na auga forma un triángulo. OLLO DE BOI (Andrea Vigo Rodríguez, 3ºB) Esta imaxe é a vista de parte do concello de Ares a través dunha circunferencia que asemella un ollo de boi. En realidade é parte da muralla pero parece a xanela dun barco desta vila mariñeira. Está feita no concello aresán. LAVADOIRO DE CERVÁS (Jéssica Criado Guinaldo, 3ºA) Pareceume un bo exemplo de fotografía matemática porque aparecen moitos elementos xeométricos. Hai unha marcada profundidade que proporcionan as liñas paralelas e horizontais que forman as vigas de madeira que sosteñen o teito, as cordas onde se tende a roupa, o muro que rodea o lavadoiro e o propio lavadoiro. O primeiro que me chamou a atención foron os triángulos que aparecen na estrutura, o triángulo frontal que inscribe un trapecio e un triángulo rectángulo. Na parte traseira, a propia estrutura crea un efecto óptico que fai ver triángulos, trapecios, pentágonos. Outras figuras que se poden ver son cilindros por onde caen os chorros de auga paralelamente, as ondulacións do teito, a semicircunferencia onde se xuntan as dúas augas do teito, os prismas que forman as columnas... RELOXO DE SOL (Hugo De Navas Rodríguez, 2ºA) Multitude de elementos matemáticos invaden esta imaxe: gráficas, cuadriláteros, medidas de ángulos, números romanos, letras gregas,… DOUS TRIÁNGULOS DUNHA ESTRELA (Iker Beceiro Torres, 3ºB) Esta foto está feita na praia de Estacas, Ares. Nela pódese ver como con tan só dous triángulos pódese formar unha estrela de David, que a súa vez crea outros 6 triángulos diferentes e un hexágono regular.
  11. 11. Páxina 12 ALBARES nº 8 xuño 2019 A IMPORTANCIA DA LINGUA DE SIGNOS NA ESCOLA Por Silvia Calvete. Titora de 5º de E.P. Neste curso que toca ao seu fin, foron moitos os bos momentos e aprendizaxes que se levaron a termo nas aulas. Son moitas horas compartidas, moitas dúbidas, moitas ideas... e o traballo cooperativo entre todos os nenos e nenas é tan habitual e intenso que non fai máis que afianzar os lazos entre eles. Este curso, como todos, o traballo foi duro e produtivo, pero destacaría en maior medida os momentos de debates e charlas entre o grupo, polo agarimo que amosan ante a opinión dos compañeiros e compañeiras e o respecto que se profesan cando buscamos o momento para falar dalgún tema que lles preocupe ou guste. Penso que o sistema educativo debe dar resposta as inquedanzas dos pequenos e ser un espazo que lles proporcione paz e tranquilidade para expresarse e ser creativos, para dar opinións e poder reflexionar sobre o dito e o escoitado. Na nosa aula, á parte de expresármonos en calquera das linguas oficiais de Galicia (e ata atrevérmonos co inglés que xa dominan notablemente), temos o gran privilexio de poder aprender día a día palabras n o v a s n o u t r a l i n g u a descoñecida para moitos: a lingua de signos. É un grandísimo orgullo como mestra dunha escola pública, ver o grao de implicación dos p e q u e n o s p a r a p o d e r comunicarse ou entender á súa compañeira Khadija. Tal é o seu compromiso, que este ano, a intérprete de signos do centro, Luisa Lombardero, propúxolles facer un vídeo en lingua de signos para darlle visibilidade a esta lingua, e non o dubidaron un segundo. Sabían que terían que traballar duro e vir algunha tarde para facer as gravacións, pero tamén sabían que, como outros anos, o resultado ía ser espectacular, como finalmente o foi. E aínda que pareza mentira, aínda que ás veces pensemos que os máis pequenos non saben moi ben o impacto ou alcance dos seus feitos, eles teñen claro que a súa compañeira ten dereito a recibir unha clase igual ca o resto, a saír a rúa e poder expresarse, a ser entendida, a facer calquera actividade que ela queira sen atopar barreiras nin pedras no seu camiño. Iso é o mellor de todo, e aínda que o resultado non lles gustara demasiado (xa que as veces eles son os máis críticos), sabían que o feito de publicalo e darlle visibilidade dentro do centro, da comunidade educativa e tamén fora dela, sería un paso moi im portan te para a normalización e a inclusión. Ademais de facer o vídeo dos rapaces e rapazas coa canción de MJ Pérez “O fío do que pendo”, tamén se animaron moitas das mestras do centro a facer unha versión da mesma artista cunha base musical da cantante catalá Rosalía versionado co poema “Castellanos de Castilla” de Rosalía de Castro. Todo esforzo é pouco para avanzar no camiño que leva as persoas usuarias de lingua de signos a poder acceder a todo aquilo que se propoñan, a facilitarlles un pouco a vida cotiá e a conseguir que a lingua de signos sexa algún día materia obrigatoria ou optativa nos centros educativos. Eu, como mestra titora deste grupo de nenos e nenas durante este curso, só teño palabras de orgullo e agradecemento para estas pequenas pero inmensas persoas, das que sen dúbida algunha aprendo a moreas cada día. E como non, agradecer i n m e n s a m e n t e a L u i s a Lombardero, que a pesar de estar día tras día signando as nosas verbas sen descanso e sen cuestionar nada, aínda atende cun sorriso as nosas dúbidas e nos ensina sen ningún tipo de problema a ir un pasiño máis aló en cada momento.
  12. 12. Páxina 13ALBARES nº 8 xuño 2019 Fotogramas
  13. 13. Páxina 14 ALBARES nº 8 xuño 2019 5th & 6th ARTWORKS Ao longo do curso os rapaces e rapazas de 5º e 6º aprendemos moitas curiosidades de diferentes festividades que celebramos aquí e no mundo anglosaxón. E como remate da nosa aprendizaxe en cada celebración fixemos traballos de plástica coa temática aprendida. Aquí deixamos algún exemplos deles. PREPARÁNDONOS PARA O SAMAÍN E O HALLOWEEN THANKSGIVING Aprendemos que San Valentín é un día para celebrar o amor: aos nosos país, aos nosos irmáns, aos nosos amigos. E participamos no xogo do amigo invisible onde cada un de nós enviou unha tarxeta ao seu amigo ou amiga. E no Entroido investigamos sobre a rondalla de Ares, e convertémonos por un día en Trovadores.
  14. 14. Páxina 15ALBARES nº 8 xuño 2019 CHRISTMAS TRADICIÓNS DO MUNDO E como non, aprendemos a historia de San Patricio, a lenda na que se conta que botou as serpes de Irlanda e que aproveitou un trevo para explicar a Trindade. Ademais preparamos uns cestiños para gardar ovos de pascua ; seguro que aínda nos quedan moitas cousas por aprender.!
  15. 15. Páxina 16 ALBARES nº 8 xuño 2019 COMO DEDORAR CON MATERIAL DE REFUGALLO CANDEAS CON LATAS DE ATÚN (Lucía Magariños Saavedra 5º B) MATERIAIS : ·Latas de atún. ·Corda ·Velas ·Papel con debuxos ·Cola ·Garfos adhesivos INSTRUCIÓNS: 1.Coloca o papel con debuxos cubrindo a lata de atún. 2.Coloca a corda cun lazo na lata. 3.Coloca a vela dentro da lata. 4·Coloca os garfos adhesivos na parede e coloca as latas. ESPELLO CUN MARCO VELLO (Noelia Navas Udaondo -5º B) Necesitas un marco vello ,pintura en spray e un espello 1º)Pintar o marco 2º)Pegar con silicona quente o espello ao marco 3º)Esperar que seque 4º)Colocar no marco 2 ganchos nas esquinas de arriba e poñerlle unha corda para colgalo na parede (opcional) 5º)Poñer o espello na parede. MESA DE XARDÍN CUNHA BOBINA DE CABLE INDUSTRIAL Necesitas: unha bobina de cable, pintura (a que queiras), un spray protector se a vas ter fora da casa, verniz, una lixa e un bote de imprimación. 1º) Limpar a bobina da sucidade de estar na rúa 2º) Lixar a bobina 3º) Botar a imprimación na bobina 4º) Pintar a bobina 5º) Volver a lixar (se queres que quede un efecto envellecido) 6º) Botarlle o protector á bobina para o exterior (se a vas ter fora da casa)
  16. 16. Páxina 17ALBARES nº 8 xuño 2019 Por Helena Pizarro López 5º B O 6 de abril celebrase o Día do Deporte para a Paz e o Desenvolvemento. Este día o celebran cada ano en todo o mundo as organizacións deportivas para recoñecer o papel que desenvolve o deporte na sociedade, promovendo a adopción de hábitos de vida sa. RESISTENCIA: Tolerar, aguantar, sufrir, opoñerse con forza, durar ou opoñerse as dificultades. Estas son as calidades crave do deporte especialmente en situacións difíciles. INCLUSIÓN: Colocarse dentro dun conxunto, aceptando as súas regras e límites establecidos. Ter sentido dá colaboración para desenvolver o papel que corresponda. DIÁLOGO: Capacidade de colaboración, comunicación e discurso, facilitador dunha actuación concertada. O deporte e un instrumento único para a promoción dá dignidade e da igualdade de dereitos Por Sabela Robles Abelleira 5º B Unha pinga de auga é flexible. Unha pinga de auga é poderosa. Unha pinga de auga é máis necesaria ca nunca. Con estas 3 frases se indica unha das atencións das Nacións Unidas para a campaña da celebración do Día Internacional da Auga 2019. Máis de 2,1 millóns de persoas viven sen auga potable nos seus fogares, e unha de cada catro escolas non teñen auga potable. Máis de 700 nen@s menores de 5 anos morren tódolos días de diarrea por culpa da auga non potable. En 8 de cada 10 vivendas teñen que saír a por auga e o peor de todo non é iso, é que os que son máis ricos teñen a auga mellor e máis barata, mentres que os máis pobres teñen todo o contrario, a auga está en peor estado e máis cara, ademais 800 mulleres morren todos os días debido a complicacións no embarazo ou no parto, e todo iso podémolo parar nós, por iso o 22 de marzo, Día mundial da Auga é un día para que tomemos conciencia diso. Todo isto hai que paralo !!!!! Cunha pinga podemos salvar vidas !!!!!
  17. 17. Páxina 18 ALBARES nº 8 xuño 2019 COMPAÑÍA DE ÓPERA VOLCÁN PROXECTO LÓVA O proxecto LÓVA (La Ópera Vehículo de Aprendizaje) ten a súa orixe en Nova York nos anos 70. Chegou a España en 2006 e formalizouse como proxecto educativo en 2008. Os cursos de formación sucedéronse ata o día de hoxe. En xuño de 2017, o CFR de Ferrol organizou un curso intensivo que se levou a termo no teatro Jofre, dirixido por Mary Ruht Mcginn e Peter Hoyle. Eu tiven a sorte de participar desa formación, en parte grazas a insistencia de Meli e Lara. Elas xa fixeran o curso con anterioridade en Madrid e no cole xa se desenvolvera o proxecto LÓVA no curso 2016-2017 con un grupo de primaria. O proxecto consiste en converter o grupo-clase nunha compañía de ópera que debe crear desde cero unha pequena peza de teatro musical. Entender que é unha compañía, buscar un nome, deseñar un logo, aprender sobre as profesións implicadas, compoñer a historia, etc... A COMPAÑÍA Este curso, aceptamos o reto.. Somos un grupo de nenas e nenos de 5 anos e a súa titora. Non parecía fácil. Era a primeira vez para todos. Entender os conceptos foi a primeira dificultade: colaborar, respectar, escoitar, consensuar, reflexionar, axudar, “entre todos”… E seguimos en proceso. A duración do proxecto, tan a longo prazo, tamén facía difícil a súa comprensión. Pero cada un dos obradoiros que fixemos deu lugar a descubrimentos, reflexións, xogos, aprendizaxes. Electricidade, carpintería, costura, música, danza, teatro, escenografía. Todo resultou interesante. Non somos un grupo fácil, por algo chamámonos Volcán. Cada decisión, cada paso adiante supón horas de reflexión, ducias de conflitos, tempo “perdido” (ou gañado) en modificar actitudes. Dous pasos adiante e un cara atrás. Xogos, retos....Entre conflito e conflito, aprendemos a escoitar máis, a coñecérmonos mellor, a ser máis atrevidos. Ás veces parece que non vai ser posible e remontamos de novo. Completar a trama foi outra das dificultades. Crear unha historia con sentido, que nós entendésemos e que puidésemos transmitir. Para todo hai ferramentas e a formación ao longo deste curso, no CFR e no cole, axudou moito. As conversas con compañeiras que están desenvolvendo LÓVA nos seus centros aportaron boas ideas. Cando escribo este texto, estamos na terceira semana de maio. Temos a trama completa, con algún detalle que pulir. Só quedan dúas semanas para a estrea. Imos exixidos de tempo, pero vai ser posible. Eu confío. E se non fose así, xa pagou a pena. A peza final e a súa estrea non é o obxectivo do proxecto, senón unha parte do mesmo. O espectáculo, a maxia, están na aula. COMPAÑÍA DE ÓPERA VOLCÁN
  18. 18. Páxina 19ALBARES nº 8 xuño 2019 O VALOR DA EXPERIENCIA FALAMOS DA ESCOLA Por cuarto ano consecutivo o noso centro está a participar no programa interxeracional que Afundación (Fundación Galicia Obra Social) realiza nos centros educativos. Un encontro de diálogo e experiencias compartidas entre maiores e estudantes. Este ano baixo o título «Falamos da escola», os maiores e os alumnos/as dialogaron sobre as vivencias o longo da etapa escolar. A narración das experiencias escolares e circunstancias de vida das persoas maiores voluntarias nadas nas décadas dos anos 30, 40 e 50 do século pasado foron o eixo principal do programa. Este encontro favorece que a xente nova se faga consciente e valore que o dereito á educación universal é un logro moi recente do que as persoas maiores non puideron gozar. Falar da escola vincula a maiores e novos, que dialogan desde a perspectiva histórica que ofrece a relación interxeracional e a tensión creativa de experiencias escolares e vitais tan dispares. Nos encontros deste ano tivemos con nós a un querido profesor xa retirado que compartiu 36 anos da súa vida no noso cole de Ares, Manolo Martínez (o noso “Donma” como cariñosamente lle chamaba a rapazada). Tamén nos acompañou a súa dona Teresa Baz e 3 voluntarios e voluntarias máis (de Pontedeune e Redes) Mari Cordal, Luisa Veiga e Agustín Álvarez, que están a participar neste programa contando como foron as súas vivenzas na escola dos anos 50. Unha experiencia enriquecedora na que debateron cos rapaces e rapazas desde os seus puntos de vista acerca de cal debe ser o papel da educación contemporánea. As conclusións ás que chegaron conxuntamente, foron recollidas para realizar unha achega orixinal e diferente que enriqueza o debate educativo.
  19. 19. Páxina 20 ALBARES nº 8 xuño 2019 ACTIVIDADES EDUCACIÓN FÍSICA
  20. 20. Páxina 21ALBARES nº 8 xuño 2019 CURSO 2018-2019
  21. 21. Páxina 22 ALBARES nº 8 xuño 2019 O ALUMNADO DE ARES E MUGARDOS PASOU UNHA MAÑÁ DE DIVERSIÓN COMPETINDO EN XOGOS E DEPORTES ROMANOS. O xoves 11 de abril, nun precioso e solleiro día que nos brindou a deusa Ceres, celebráronse os “I Ludi Mugardensis” no exterior do Centro de Interpretación do Xacemento Romano de Caldoval (Mugardos). A xornada, organizada polo Concello de Mugardos, congregou a preto de 200 alumnxs de 5º e 6º de primaria dos concellos de Ares e Mugardos. Todos puideron competir durante a mañá en 10 probas diferentes vinculadas ao deporte romano e a xogos e exercicios físicos practicados durante a antigüidade. As disciplinas deportivas escollidas para esta ocasión trataron de combinar diferentes habilidades como a rapidez, a forza, a precisión, a estratexia e a intelixencia, pero en todos os casos foi fundamental para o éxito final o traballo en equipo. 3 EN RAIA FÍSICO XOGO DO CÍCULO TRIGÓN ESGRIMA
  22. 22. Páxina 23ALBARES nº 8 xuño 2019 LANZAMENTO DE PESO I LUDI MUGARDENSIS Centro de Interpretación do Xacemento Romano de Caldoval TIRO CON ARCO XOGO DA LETRA DELTA SALTO DE LONXITUDE LANZAMENTO DE XAVELINA A diversión estivo asegurada dende o inicio. Con todo, algunhas probas gozaron de especial aceptación entre o alumnado como o tres en raia físico, o tiro con arco simple de madeira, ou a esgrima con “spatha” baixa romana. O noso colexio participou cos seguintes equipos: Retiarii (gladiadores da rede), Laquearii (gladiadores con corda e espada), Equites (clase equestre), Dimachaeri (gladiadores con 2 espadas), Provocatores (gladiadores con casco e 2 viseiras), Ponpeyus, Iluminatis, Murmillos y La Quearii. Despois dunha intensa pero amistosa competición os “I Ludi Mugardensis”, cunha entrega de diplomas a todos os participantes, feita pola concelleira de Patrimonio Histórico Lola González, e co recoñecemento ao equipo gañador desta primeira e histórica edición. A gloria do ano 2019 correspondeu aos “Gladiator Hoplomachus” do CPI As Mirandas de Ares, que gañaron 9 probas das 10 posibles. O seu trunfo fainos merecedores de inaugurar e figurar no muro da fama de Caldoval. Aos vencedores e vencedoras dicímoslles “Respice post te! Hominem te esse memento!” (“¡Olla tras de ti! lembra que es un home ou muller” e non un Deus nin unha Deusa).
  23. 23. Páxina 24 ALBARES nº 8 xuño 2019 SAÍDAS Concerto didáctico no Pazo da Ópera (“Raíces”) Visita a Chanteiro: Praia e ermida da Mercé Visita ao mosteiro de Sta. Catalina Os nenos e nenas de infantil realizaron unha visita á Chanteiro enmarcada dentro do proxecto de centro "Ares arredor de si", un proxecto que ten como obxectivo estudar e investigar a cerca da nosa contorna máis próxima. Visitaron a ermida da Merced, próxima á praia do mesmo nome, na parroquia de Cervás. Esta pequena xoia arquitectónica data do século XV e mandouna edificar o cabaleiro Fernán Pérez de Andrade, que tiña, entre outros, os señoríos de Ferrol e de Pontedeume. Tamén puideron visitar a praia recollendo cunchas e pedras e logo gozar dunha estupenda merenda no campo. Espectáculo de música e danza en Afundación Ferrol (“Burbujas de papel”)
  24. 24. Páxina 25ALBARES nº 8 xuño 2019 PROXECTOS DE INFANTIL Os volcáns: traballamos sobre como se forman os volcáns, os seus distintos estados, como entran en erupción, onde os podemos atopar e quen os estuda. “Ares arredor de si”: Traballamos sobre a parroquia de Chanteiro e os bonecos que saen á rúa no entroido (Manolo Doval trouxo a Boni e Nica). Tamén como parte do proxecto de centro ."Ares arredor de si", estivemos a traballar sobre a gaivota polaca que nos visita dende hai uns anos a finais do verán. A bióloga Celsa Formoso, visitounos na biblioteca do centro para falarnos desta gaivota. Explicounos para que serve o anel que leva na súa pata e a información que proporciona. Ensinounos tamén os cambios que se producen nas súas plumas dependendo das estacións. Foi un pracer contar coas súas explicacións. Moitas grazas, Celsa!!!
  25. 25. Páxina 26 ALBARES nº 8 xuño 2019 A CAIXA DAS PALABRAS Co fin de aumentar o vocabulario en galego dos nosos pequerrechos, fixemos unha "caixa das palabras". Nela fomos metendo palabras que escribimos previamente, para despois pegalas nun mural acompañadas da súa imaxe. Participamos no concurso de portadas de libros organizado pola biblioteca. No Día das bibliotecas, participamos na actividade “son poeta porque me peta” Elaboramos murais sobre diferentes estacións do ano ( outono e primavera) PROXECTOS DE INFANTIL
  26. 26. Páxina 27ALBARES nº 8 xuño 2019 Este curso organizamos a oitava edición da carreira Quilómetros de Solidariedade en colaboración coa ONG Save The Children. Unha xornada na que este ano o tempo dounos unha tregua para poder desenvolver a carreira e na que, no transcurso da mesma, gardouse un minuto de silencio en repulsa polo asasinato machista da profesora Laura Luelmo. Un ano máis, a nosa querida atleta Paula Mayobre, xa madriña de oficio, acompañounos durante toda a xornada. Desde o noso centro queremos amosar o noso agradecemento a todo o alumnado, pais, nais e profesores pola participación e implicación na carreira solidaria así como agradecer a GADIS, Deportes MARVI, La Frutería de Mari, Floristería REAL, e ao Concello de Ares a súa inestimable colaboración.
  27. 27. Páxina 28 ALBARES nº 8 xuño 2019 70L34ND0 C045 M473M471C45 N0 CP1 45 M1R4ND45 (TOLEANDO COAS MATEMÁTICAS NO CPI AS MIRANDAS) Departamento de matemáticas IV 3D1C10N D3 M473M471C45 N4 R414 (IV EDICIÓN DE MATEMÁTICAS NA RAIA) AGAPEMA (Asociación Galega do Profesorado de Educación Matemática) e a APM (Asociación do Profesorado de Matemáticas de Portugal) convocaron a cuarta edición de “Matemáticas na Raia”, un concurso de resolución de problemas dirixido ao alumnado de 3º da ESO (9º ano en Portugal) no que o noso alumnado de Matemáticas Académicas de 3º participou o 26 de marzo. Trátase dun concurso que fomenta o traballo colaborativo, pois os grupos equipos son grupos-clase completos. Puxeron todo da súa parte para resolver os cinco problemas que propuxo a organización, organizándose perfectamente durante a hora e media da que dispoñían. Este ano non puido ser...ese cono invertido resistíusenos pero dámoslles as grazas a estas rapazas e rapaces de terceiro pola ilusión coa que afrontaron a proba, tanto ese día como nos simulacros dos días anteriores. Esperamos xa con moitas ganas a V Edición, e non vai haber poliedro que se nos resista. VIII 3D1C10N D4 53M4N4 PR0BL3M471C4 (VIII EDICIÓN DA SEMANA PROBLEMÁTICA) Rapaces e rapazas polos corredores falando de múltiplos, de triángulos, de ecuacións, de emoticonos que valen 5… isto que é?. Pois é a Semana Problemática que ao longo de cinco días ten mobilizado ao noso alumnado. Nesta VIII Edición houbo case 300 papeletas con respostas entre o 6 e o 10 de maio. Cada día, nos taboleiros de cada clase, aparece un problema que deben resolver depositando a resposta nunha furna, e así durante os cinco días. Sortéase un premio por día entre os gañadores dese día e un premio especial para quen sexa capaz de resolver os cinco desafíos. Xa sabedes, a preparar os miolos para a IX edición!!!
  28. 28. Páxina 29ALBARES nº 8 xuño 2019 MULL3R35 M473M471C45 QU3 F1X3R0N H1570R14 (MULLERES MATEMÁTICÁS QUE FIXERON HISTORIA) Para conmemorar o Día Internacional Da Muller, o Departamento de Matemáticas propuxo ao seu alumnado un traballo de investigación para afondar no coñecemento dalgunhas das mellores especialistas en álxebra, xeometría e aritmética da historia. Ada Lovelace, Emmy Noether, Hipatia, Katherine Johnson, María Gaetana Agnesi, Marie Curie, Maryam Mirzakhani, Teano,... foron moitas as mulleres de distintas épocas que foron descubrindo nesta investigación pero, este ano, houbo unha maioría que se decantou por saber algo máis de Sophie Germain, unha das grandes referentes no campo das matemáticas, entusiasta desde moi nova da lectura das obras de Arquímedes, Euler ou Newton. Reflectiron nas súas creacións os problemas cos que se atopou polo feito de ser muller e querer saber, tanto na súa propia casa (prohibíronlle ler libros de ciencia porque dicían que non eran cousas que podían facer as nenas) como na sociedade (tivo que facerse pasar por un home para acceder á Escola Politécnica de París). As rapazas e rapaces presentaron os seus traballos e ata houbo un grupo que se atreveu cun pequeno documental que inscribiron no certame audiovisual Olloboi 2019, todo feito por elas e por eles sen intervención do profesorado...ben, agás a magnífica interpretación da profe Luisa Corredoira (ese desenlace merece un Mestre Mateo xa!) e a colaboración de Yoli. Ide escollendo xa para o curso que vén outra magnífica muller de ciencia e preparando o atrezzo e as cámaras...Isto promete!!
  29. 29. Páxina 30 ALBARES nº 8 xuño 2019 É complicado albiscar a magnitude do que significan 500 millóns de anos. Tamén é difícil concibir que enormes montañas de rocha poidan ser deformadas pola forza das placas tectónicas terrestres como se fosen plastilina. Por tanto, ás veces tamén custa comprender a importancia que o dobramento xeolóxico de Campodola-Leixazós, no concello lugués de Quiroga, ten para a xeoloxía. En 2012 a Xunta declaraba esta paisaxe de 90 hectáreas Monumento Natural. As rochas que se poden ver neste enclave da serra do Courelxa existían na época do supercontinente Panxea, cando o territorio que hoxe é Galicia estaba practicamente pegado a América e África, preto do Ecuador. O singular de Campodola- Leixazós é que se poden observar a simple vista, ao contrario que na grande maioría dos casos, cando esas rochas antiquísimas están no interior da Terra, ocultas para o ser humano. Para comprender como se forma un pregue abonda con coller un mantel enriba dunha mesa e empurralo coas mans desde cada un dos bordos. Fórmanse ondulacións, as mesmas que acaban conformando as engurras da superficie terrestre. Non en tanto, dependendo da dirección e intensidade das forzas tectónicas e a composición e disposición das rochas, pódense producir diferentes tipos de pregue. O PREGUE DE CAMPODOLA-LEIXAZÓS María Jesús Mourazos González Profesora de Bioloxía-Xeoloxía Adaptado de HTTP://WWW.GCIENCIA.COM/SECCION/CIENCIA/, 2017, Manuel Rey (http://www.gciencia.com/author/manuel-rey) Así, o dobramento que se ve en Quiroga é do tipo deitado, no que un dos estratos se sitúa por riba doutro e o eixo onde se produce a ondulación acaba sendo case horizontal. Neste caso, a erosión xa desgastou a parte superior da crista, polo que só quedan á vista parte dos estratos. Con todo, a súa importancia segue sendo enorme. O río Ferreiriño, que flúe encaixado entre estas montañas, case en paralelo á estrada que une Quiroga e Folgoso do Courel, é responsable, en gran medida, de que hoxe poidamos gozar do pregue. Durante milleiros de anos, este curso fluvial foi sucando a rocha ata conseguir facer un corte vertical no monte e deixar ao descuberto esta xoia da xeoloxía. Así como a acción da auga, o vento e o xeo nos impide ver a parte superior da crista, a erosión tamén nos agasalla con esta vista que, sen a forza da auga, seguiría oculta baixo a superficie. Nesas paredes poden distinguirse bandas rochosas de cuarcita, de cor claro, de hai uns 480 millóns de anos, e outras franxas máis escuras, cubertas de vexetación, que son de lousa. É, por tanto, un lugar “case único” en Europa, só comparable con outros enclaves dos Pireneos e os Alpes, tal e como subliñaron en varios artigos os xeólogos Juan Ramón Vidal Romaní ou Augusto Pérez Alberti. Na zona protexida como Monumento Natural quedan prohibidas, segundo o decreto que a regula, a construción, os desmontes e terrapléns, as queimas ou os aproveitamentos mineiros. Non en tanto, xusto ao borde desta área, a apenas un par de quilómetros, sitúase a mina de lousa de Pacios da Serra. No 2015, xa co dobramento de Campodola- Leixazós catalogado como Monumento Natural, o Concello de Quiroga e a Consellería de Economía e Industria deron luz verde a un novo proxecto de explotación desta mina, que pechara debido á crise da construción. Os mesmos expertos que subliñan o valor deste pregue, como Vidal Romaní, alertan de que a minaría da lousa, amais dos incendios forestais, son o maior problema ao que se enfronta esta xoia paisaxística galega. Esquema de formación do dobramento. Fonte: “Unha historia xeolóxica de 500 millóns de anos”, de Augusto Pérez Alberti.
  30. 30. Páxina 31 ACTIVIDADES CON ECOTONODiego León Fernández ( 4º da ESO, BiXe) ALBARES nº 8 xuño 2019 Hoxe vouvos contar o que nós, o alumnado de 4º da ESO, fixemos con Ecotono. Ecotono é unha organización que actúa contra a contaminación, contra o plástico, e que veu ó noso colexio e a outros máis para facer actividades cos rapaces. Por exemplo, ao alumnado de 4º levounos a praia a facer unha recollida coa a cal puidémonos concienciar sobre a cantidade de plásticos que había na praia de ares e o que podiamos facer para evitar a contaminación. Outra actividade que fixemos foron uns murais con cartón reciclado para salientar a gravidade da contaminación na praia de ares. Aquí tedes as imaxes dos murais: Ademais de facer unha recollida de plástico na praia e os murais, fomos a praia a observar á fauna mariña. Poidemos ver: un gaivón, un virapedras, unha garza real, un corvo mariño e moito máis… E por último estivemos todos xuntos dando ideas de como poder contaminar menos, por exemplo: falamos sobre utilizar materiais que substitúan ó plástico, facer recollidas, etc...
  31. 31. Páxina 32 ALBARES nº 8 xuño 2019 AS ROCHAS E MINERAIS DA CASA DA XUVENTUDE A Casa do Patín, antiga escola de nenas foi rehabilitada no 2009 e pasouse a chamar Casa da Xuventude. Os materiais de construción utilizan moitos recursos xeolóxicos. Detallámolos polo miúdo a continuación. AS PAREDES EXTERIORES As paredes exteriores divídense na parte vella e a parte nova: As paredes vellas están feitas de xisto. Esta rocha é típica de Galicia. As arestas das paredes e arredor das fiestras son de granito para darlle maior consistencia. O xisto é unha rocha metamórfica ( lousa- xisto-gneis ) coa propiedade de dividirse en finas láminas. Formada por metamorfismo dinámico. Caracterízase pola súa elevada consistencia. Tamén contén algún gneis, unha rocha metamórfica composta polos mesmos minerais que o granito (seixo, feldespato e mica) pero a súa textura é foliada. é moi duro e de cor escura, lousas, que son rochas sedimentarias detríticas que preséntase xeralmente nun cor opaco azulado escuro é de estrutura foliada e de gran impermeabilidade, sendo por esta característica, utilizada en cubertas. Os minerais que a forman son selenita , moscovita, clorita e seixo. Por último tamén presenta granitos, unha rocha magmática formada esencialmente polos seguintes minerais; seixo gris, feldespato branco e mica (biotita, moscovita). Ten textura granuda, é de cor clara. É unha rocha intrusiva ou plutónica debido a que o magma se arrefría lentamente no interior da codia. O granito foi usado amplamente como recubrimento en edificios públicos e monumentos. Ao incrementarse a choiva ácida nos países desenvolvidos, o granito está reemprazando ao mármore como material de monumentos, xa que é moito máis duradeiro. As paredes novas están formadas por ladrillos compactados con morteiro e cuberto por un recebado monocapa. Os ladrillos son un material de construción normalmente cerámico e con forma octoédrica que se emprega en albanelería. Para a produción de ladrillos é fundamental a arxila. Este material está composto, en esencia, de cantidades variables de óxidos de ferro e outros materiais alcantinos, como os óxidos de calcio e magnesio. O morteiro contén a mesma mestura que o cemento , pero ademais , un engadido de area. Empregado para unir ladrillos , uns cos outros , recubrir paredes , etc. O recebado monocapa: supón unha alternativa ao sistema tradicional de enfoscado e pintado. Está composto por conglomerante: cemento branco . gris e cal; áridos da natureza carbonatada ou silícea; Pigmentos da natureza inorgánica , estables á luz solar; Cando se pretende que soporte cargas lixeiras leva áridos lixeiros (perlita , vermiculita , perlas de poliestireno , pedra pómez ,etc.) e aditivos: retenedores de auga , fibras , aireantes , acelerantes , retardantes , resinas sintéticas ,etc. AS PAREDES INTERIORES As paredes interiores están formadas por ladrillos compactados, recebados con cemento e pintados. Cemento: é un conglomerante formado a partir dunha mestura de calcáreas e arxilas calcinadas e posteriormente moídas. O po resultante, en combinación coa auga e o xeso, xerará unha masa branda que en contacto co aire quedará dura. Mesturado con agregados pétreos (grava e area) e auga, creará unha mestura uniforme , maleable e plástica que fragua e se endurece, adquirindo unha consistencia pétrea denominada formigón. Pintura: os compoñentes xeralmente básicos son: Os pigmentos: partículas sólidas que aportan cor, opacidade e cubrición. As resinas: son a ``cola´´ da pintura. Son partículas líquidas que aglutinan os pigmentos e péganse sobre o fondo formando unha película protectora e insoluble na auga. Esteticamente, as resinas en xeral imprimen o brillo á pintura (e resistencia á intemperie en pinturas para exteriores). Os disolventes: produtos líquidos, moi fluídos, que se evaporan con rapidez a temperatura ambiente. Serven para conseguir a adecuada viscosidade da aplicación da pintura, e para diluír as resinas. As pinturas que utilizan auga como disolvente denomínanse plásticas e son moito máis ecolóxicas. Aditivos: son humectantes, secantes, anti-moho etc. Tarefa da materia Bioloxía-Xeoloxía de 1º E.S.O.
  32. 32. Páxina 33ALBARES nº 8 xuño 2019 AS PORTAS E AS XANELAS A porta principal está feita de alumino e vidro, igual que as xanelas. Os marcos están feitos de alumino e as ventás de vidro. A porta do Patín está feita de madeira ao igual cas portas do interior. O aluminio é un elemento químico, de símbolo Al. Trátase dun metal non ferro-magnético e de cor grisáceo. É o terceiro elemento máis común na cortiza terrestre. Este metal extráese unicamente do mineral chamado bauxita , por transformación primeiro en alúmina mediante o proceso Bayer e a continuación en aluminio metálico mediante electrolise. Este metal posúe unha combinación de propiedades que o fan moi útil pola súa baixa densidade , gran dureza , bo condutor da electricidade e a súa elevada resistencia á corrosión. O principal inconveniente para a súa obtención reside na elevada cantidade de enerxía eléctrica que require a súa produción. Este problema compénsase co seu baixo custo de reciclado , a súa elevada vida útil e a estabilidade do seu prezo. Utilízase para carpintería metálica o aluminio aléase con magnesio e silicio. Porta da entrada principal Vidro: a nivel macroscópico posúe unha estrutura irregular e desordenada no espazo, que lle da a súa transparencia. A súa composición química é sílice (seixo). Obtense fundindo sílice con potasa ou sosa e pequenas cantidades de outras bases. OS TELLADOS Tellado do Patín. O tellado principal e o do Patín están formados por tellas. As tellas son unha peza coa que se forman cubertas nos edificios, para recibir e canalizar as augas. As típicas de Galicia soen ser cerámicas elaboradas con arxila. Tellado principal. OS CHANZOS Os chanzos interiores están feitos de granito puído e as barandas son de madeira (taboleiros de fibra). Os chanzos exteriores (do Patín ) son de granito. OS SOLOS Solo de baldosa Os solos interiores están feitos de baldosas de cerámica. As baldosas de cerámica compóñense de arxilas, fundentes, sílice, colorantes e outros materiais. Con acabado vítreo, é un material impermeable e resistente en función do grosor. Pérez Cordero, Marcos; Martínez Couce, Gonzalo; Montenegro Cabana, María (1º E.S.O.)
  33. 33. Páxina 34 ALBARES nº 8 xuño 2019 O día 15 de maio os alumnos de 3º e 4º fomos ao Parque Eólico de Sotavento, en Xermade (Lugo). Foi un sitio impresionante, había aeroxeradores, cataventos, anemómetros, un pequeno museo e unha cociña solar. Vimos un eólico por dentro en plena actividade, tiña unhas escaleiras que permitían chegar ao máis alto, aínda que non nos deixaron subir pola nosa seguridade. Tamén entramos nunha casa que só utilizaba enerxías renovables e se podía controlar case todo co móbil. Pero o mellor de todo foi que tomamos chocolate que fixemos nunha cociña solar. Aprendemos moitas cousas: a aforrar electricidade, a non contaminar tanto e a que o sol é imprescindible para a Terra. Foi unha experiencia inesquecible. Dentro dos actos que se levaron a termo co gallo do 8 de marzo, Día Internacional da Muller, o CPI As Mirandas xunto co Concello de Ares a través do Centro de Información á Muller –CIM- e a Concellaría de Muller, realizou unha marcha polas rúas da vila como concienciación e visibilización das enormes diferenzas que existen aínda nos dereitos de mulleres e homes. Na marcha participaron as/os estudantes do CPI As Mirandas xunto coas súas profesoras e profesores así como as asociacións de mulleres do municipio, outras asociacións e representantes do Concello.
  34. 34. Páxina 35ALBARES nº 8 xuño 2019 Unha das primeiras motivacións que tivo o alumnado para realizar estas curtas foi a posibilidade de participar no Festival Olloboi. Despois de visionar varias das finalistas de anos anteriores, dispoñibles na súa web, puxémonos en marcha. A primeira fase consistía en elaborar o guión, co alumnado dividido en grupos de 3 ou 4 fóronse facendo propostas e póndoas en común. Unha das premisas que había era que, na medida do posible, os argumentos estivesen baseados en experiencias reais: acontecidas no entorno ou vividas en primeira persoa. A procura desta verosimilitude derivou cara a tramas sobre bullyng, adornadas con elementos de ficción. Unha vez decidida a sinopse, por grupos fomos desenvolvendo o guión escena por escena: un grupo encargábase de describir onde, como e que acontece; outro de escribir os diálogos e un último, de debuxar o story board, coa composición de cada plano. O seguinte paso consistiu en escoller o elenco de actores e actrices, e ensaiar as escenas. En canto á rodaxe propiamente dita, da gravación do audio, cunha gravadora portátil zoom, encargouse unha persoa que fixo as veces de sonidista; do vídeo, cun Ipad, outra persoa como operadora de cámara. Tiñamos tamén unha script que facía a claqueta de cada toma e escena, (isto é moi útil para despois sincronizar audio e vídeo). Na gravación do audio encontrámonos co desafío de achegar o máximo posible o micro ás bocas dos actores e actrices sen que saíse en plano, e de loitar co eco que hai nas aulas máis grandes. Secuenciación didáctica da actividade (9 sesións): 1) Establecer as premisas. (media sesión) 2) Elaboración de propostas. (media sesión) 3) Posta en común. (media sesión) 4) Escolla do argumento gañador. (media sesión) 5) Descrición de cada unha das escenas / Creación do story-board. (dúas sesións) 6) Ensaio das escenas. (unha sesión) 8) Gravación vídeo e son. (tres sesións) 9) Montaxe. (na casa)
  35. 35. Páxina 36 ALBARES nº 8 xuño 2019 EFECTOS DA CHUVIA ACEDA NA MODELAXE DO TERREO (Efectos sobre a vexetación e en nós mesmos) A modelaxe do terreo é o conxunto de cambios producidos polos axentes de modelaxe nas rochas da codia terrestre. Estes axentes de modelaxe son o clima, caracterizado pola temperatura, a humidade do aire, o vento, as precipitacións, a gravidade, as correntes de auga, os movementos do mar e o xeo; o tipo e a disposición das rochas no terreo e a vexetación. As choivas acedas son precipitacións de auga con produtos químicos nocivos para o medio ambiente. Cando o óxido de nitróxeno, o dióxido de carbono e o dióxido de xofre (emitidos por fábricas, centrais eléctricas ou vehículos que queiman carbón ou produtos derivados do petróleo), interaccionan co vapor de auga e máis osíxeno, fórmanse os acedos sulfúricos, os acedos nítricos e os acedos carbónicos que caen na terra en forma de precipitacións. Os contaminantes que dan orixe a este tipo de chuvia poden percorrer grandes distancias antes de precipitarse. As plantas vense moi afectadas ante este problema xa que absorben a auga con estes axentes nocivos. Reciben verdadeira importancia os brións e os liques xa que contribúen a formar o chan no que máis tarde se instalarán outras especies máis complexas. O obxectivo desta investigación foi comprobar que a chuvia aceda condiciona a modelaxe do relevo debido a que mata a vexetación que protexe ao terreo da erosión. A partir da información sobre a formación da chuvia aceda obtida das investigacións realizadas polos científicos e investigadores do equipo de National Geographic, nós quixemos comprobar se a chuvia aceda mata a vexetación que protexe o terreo da erosión, condicionando desta maneira a modelaxe do relevo. Para comprobalo, deseñamos dous modelos de montaña cubertas de brións. Logo rociamos acedo nunha das montañas e auga na outra. Investigación científica da materia de Bioloxía-Xeoloxía, 3º ESO INICIO: a vexetación de ambas montañas é equivalente Medida 7 e 8: os brións tornan primeiro rubios e logo negros FIN: perdeuse a cobertura
  36. 36. Páxina 37ALBARES nº 8 xuño 2019Criado Guinaldo, Jéssica, Fernández Hermida, Martín, Sánchez Muíños, Jaime (3º E.S.O. A) Como puidemos observar, a chuvia aceda destrúe a vexetación facéndoa incluso desaparecer, e sen ela, o terreo é máis susceptible a sufrir variacións na súa forma polas precipitacións ou incluso polo vento debido a que, entre outras cousas, non hai raíces que sustenten o terreo. Por outro lado, comprobamos tamén que a auga non afecta negativamente á vexetación, senón todo o contrario, apórtalle a humidade Unha vez desaparece a vexetación, as chuvias van arrincando fragmentos de rocha e terra mediante un proceso chamado erosión que provoca o desgaste da superficie terrestre. A continuación, os fragmentos arrincados son transportados pola forza corrente da auga e chegan aos ríos, glaciais, mares. No curso medio-baixo destes comezan a ser depositados pola acción da gravidade terrestre dando lugar a novas formas de relevo, como poden ser os deltas e marismas. En conclusión, a nosa hipótese é certa xa que a chuvia aceda destrúe a vexetación e polo tanto as chuvias posteriores van arrincando fragmentos de terra e rocha por erosión, transpórtanse pola forza corrente da auga e deposítanse pola acción da gravidade terrestre. Tras esta investigación ábrense novos eidos de estudo. Propoñemos a investigación do que sucede unha vez a auga aceda filtra no terreo: variacións na composición, contribución á modelaxe do relevo e no caso de que sexa certo, maneiras en que o fai, así como medidas preventivas para evitar este tipo de contaminación. O home pode previr a choiva aceda mediante:  Redución das emisións de óxido de nitróxeno e dióxido de xofre á atmosfera.  Investigación e desenvolvemento de proxectos que teñan o obxectivo de reducir a contaminación ambiental.  Avances na produción de convertedores catalíticos para automóbiles que eliminen sustancias químicas perigosas nos gases de escape.  Busca de fontes alternativas de enerxía que eviten aquelas derivadas do petróleo.  Utilización do transporte público.  Aforro de enerxía.
  37. 37. Páxina 38 ALBARES nº 8 xuño 2019 Por Verónica Rodríguez O Club Xove xurdiu no aeroporto de Madrid, volvendo dun proxecto en Lituania, nunha conversa na que Romy, a auxiliar de conversa do CPI As Mirandas, e máis eu falabamos da necesidade de crear un chanzo entre a nosa comunidade a nivel local e as oportunidades de aprendizaxe non formal no estranxeiro. Deste xeito, mediante unha treboada de ideas, apareceu por primeira vez o desexo dun grupo de mozos e mozas xestionado pola propia xuventude, no que se tratasen temas non habituais pero relevantes e que funcionase como contacto cos participantes e os proxectos europeos. Así, comentámoslle a idea a Álvaro, e, cando comezou o curso escolar, puxémonos a traballar. Reunímonos os tres unha vez á semana ata xaneiro. Neste tempo, Romy ensinounos o que precisabamos saber para ser quen de ensinar a outras persoas (metodoloxía, tipos de aprendizaxe, ciclo da aprendizaxe…), ao tempo que rematabamos de perfilar a nosa idea ata definila completamente. Queriamos crear un club para a xuventude e dirixido pola mesma, para falar de liderado e coñecer as oportunidades que nos proporciona Erasmus+. Xa que precisabamos financiación para poder permitirnos as noites de pizza e peli unha vez ao mes, así como para mercar materiais básicos (papel, rotuladores,...), reunímonos coa Concelleira de Cultura e explicámoslle o noso proxecto. En canto obtivemos a súa axuda, decidimos comezar a nosa aventura. Ademais, organizamos unha charla no colexio para informar a todos os mozos e mozas da nosa iniciativa e invitalos a unirse. O Club Xove comezou o último venres de xaneiro cunha asistencia de máis de 20 persoas. Ningún de nós esperaba tanto éxito!! Co paso das sesións, fomos tratando temas como a intelixencia emocional e a cidadanía activa, con métodos de educación non formal, todo dentro do obxectivo de converter a cada un dos participantes nun líder (para si mesmo e para a súa comunidade). Ao mesmo tempo, realizamos dous proxectos na nosa contorna: en primeiro lugar, o día 8 de marzo saímos á rúa para reivindicar a igualdade de xénero con diversas actividades que organizamos por grupos. Posteriormente, o 29 de abril colaboramos de novo co CPI As Mirandas na feira ‘Ares arredor de si’, con xogos didácticos e presentacións para dar a coñecer os temas que nos preocupan como xuventude, e deste xeito tratar de crear conciencia do importante que é participar do desenvolvemento da nosa vila. Co remate das nosas sesións, o pasado 10 de maio, levamos a termo entre todos e todas unha sesión de avaliación na que reflexionamos sobre o que significou este club para cada un de nós, a nosa aprendizaxe durante o proceso, o que máis e menos nos gustou e, finalmente, sobre os nosos plans de futuro. O resultado desta avaliación foi moi positivo, cunha boa valoración por parte dos participantes e unha enorme cantidade de ideas para o vindeiro curso!. Recollidas de lixo, charlas ao aire libre… quen sabe o que vai ver Ares no 2020?. Todo depende da nosa xuventude. Ademais, houbo unanimidade no desexo de continuar co club o vindeiro curso, así que, os que non vos decidistes este ano, xa sabedes! Para rematar, dende o Club Xove cumprimos cun dos nosos obxectivos orixinais: achegar aos mozos e mozas aresáns as oportunidades de Erasmus+. Hoxe é un orgullo afirmar que todos os participantes que estaban interesados en tomar parte destes proxectos terán a oportunidade de facelo, ben dentro de España, ben arredor de Europa, en diferentes proxectos nos que conseguimos prazas para todos. Vémonos o curso que vén! E, xa sabedes, sede o cambio que queirades ver.
  38. 38. Páxina 39ALBARES nº 8 xuño 2019 Fomentar o desenvolvemento e madurez vocacional a través da Orientación académica e profesional do noso alumnado, é un obxectivo fundamental para o Departamento de Orientación do CPI “As Mirandas “ de Ares . Durante o presente curso escolar 2018-2019 , o alumnado de 4º de ESO foi de visita ao V Campionato Galego de Formación Profesional, Galiciaskills 2018, o día 29 de novembro, en Silleda, no recinto Feira Internacional de Galicia Abanca. Esta actividade foi organizada pola Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, para todo o alumnado de Galicia coa finalidade de darlle unha maior proxección e difusión á formación profesional que se imparte na nosa Comunidade Autónoma . Con motivo de favorecer o desenvolvemento da orientación académico-profesional o noso alumnado interesado en continuar a súa formación a través da Formación Profesional foi de visita ao IES de Fene o 27 de marzo de 2019 coa finalidade de coñecer a oferta educativa fundamentalmente relacionada cos ciclos de FP Básica e de grao medio de Formación profesional que se imparten neste centro preto da nosa comarca. Coa mesma finalidade de favorecer o desenvolvemento e a madurez vocacional o alumnado de 3º e 4º curso de ESO tiveron, no noso centro, unha charla impartida polo director do CIFP “ Rodolfo Ucha” sobre a oferta educativa relativa ás cinco familias profesionais que se imparten no seu centro. Ademais o alumnado de 4º de ESO que remata este curso as ensinanzas obrigatorias tivo a oportunidade o pasado mércores 10 de abril de informarse e orientarse sobre a oferta dos estudos universitarios e profesionais nas II Xornadas de orientación Académica e Profesional de Ferrolterra. Tamén visitamos o pasado 21 de maio o IES de Mugardos e tivemos a posibilidade de coñecer a oferta educativa do centro e os itinerarios de Bacharelato de primeira man. Estas e outras actividades que imos desenvolvendo no centro considerámolas fundamentais para favorecer a madurez vocacional do noso alumnado a través da orientación académico-profesional.
  39. 39. Páxina 40 ALBARES nº 8 xuño 2019 ARES By Clara Magariños The village of Ares is formed by six parishes: Ares, Lubre, Redes, Cervás, Chanteiro and Caamouco. In Ares there is a church, San José, a big beach, a park and a town hall. In Lubre there is a church, Santa Eulalia. In Cervás there is a church, San Pedro. In Caamouco there is a church, San Vicente REDES By Carlos Redes is a small village near Ares. The main square is surrounded by beautiful houses and some bars. It is ca- lled “Pedregal”. There is a church and a cemetery. We also have three small beaches and a small port. Redes has got six streets. There is a school and a tennis club with five tennis and padel courts. There is a big parking space and a park for children. I love summer in Redes because there many people, but i hate Redes in winter because there are few children. In English The students of 2nd Year of Secondary Education at "As Mirandas " School in Ares wrote a description of the place where they live, Ares and some of its parishes, including pictures. They were exhibited them at the fair "Ares arredor de si" on 29th April, 2019. Here there are some examples.
  40. 40. Páxina 41ALBARES nº 8 xuño 2019MY VILLAGE, ARES By Valeria Cárdenas Ares is a small village, located on the northwestern corner of Spain. It is by the Atlantic Ocean. One of the most important buildings is the church that is located in the old part of the village. Nearby are the so-called schools “Alianzas Aresanas” founded in 1904 and built thanks to the money of the peo- ple from Ares that emigrated to Cuba. “ O Palco Aresán” is located in the center of the village. Too many years ago, local festivals were celebrated My favorite part of Ares is the beach because it is very beauti- ful and I can have fun. CHANTEIRO By Ester Bouzada Cartelle 2º ESO A Chanteiro is a parish located in Ares. There are forests, fields, a beach, a monastery and places where you can have fun. My favourite place is the beach. It isn´t too big, but it´s so beautiful. It´s near my hou- se and it has restaurants. There is a camping site, too. The monastery is too old. There is a garden with a small labirynth, trees and flowers.
  41. 41. Páxina 42 ALBARES nº 8 xuño 2019 In English The students of 1st Year of Secondary Education at "As Mirandas " School in Ares wrote a des- cription of their favourite place in Ares including a picture, and exhibited them at the fair "Ares arredor de si" on 29th April, 2019. Each student chose a place according to their interests and likes. They enjoyed the activity a lot. Here we have got some examples. Pablo Rodeiro Fernández 1º A
  42. 42. Páxina 43ALBARES nº 8 xuño 2019 Guide map: E ti de quen vés sendo? The students of 2nd Year of Secondary Education at “As Mirandas” School in Ares adapted and transla- ted into English the information included in the guide “E ti de quen ves sendo?”, written by the students of economy of 4th Year of Secondary Education at "As Mirandas" School last academic year 2017/18. The guide has got information about different places of interest in and around Ares, such as A Xunquei- ra, San Xosé Church, the Roman bridge "A Ciscada", As Mirandas ... All their work is included in a booklet where you can also see a video with a brief summary in English and Galician.
  43. 43. Páxina 44 ALBARES nº 8 xuño 2019 Como contribúen as persoas á contaminación por microplásticos? Sara Rivas Couce Estes pequenos fragmentos de plástico que segundo a N.O.A.A. (Administración Nacional, Oceánica e Atmosférica) non poden sobrepasar os 5mm de diámetro están destruíndo o planeta. Son os microplásticos. Hainos de dous tipos: os microplásticos primarios e os secundarios. Os primarios son aqueles que, despois do seu uso, chegan ao medio natural na súa forma orixinal, é dicir, no mesmo estado no que se xuntaron. Encóntranse principalmente en forma de microesferas polo que pasan polos sumidoiros e, debido ao seu pequeno tamaño, pérdense polos filtros e non pasan ás depuradoras. Un exemplo serían os xeles exfoliábeis. Os secundarios teñen a súa orixe na fragmentación doutros plásticos máis grandes ou da liberación de fibras durante o lavado de prendas de roupa, teas ou alfombras. Todo comeza co lixo que tiramos ao colector do lixo, do cal unha parte importante está formada por plásticos e microplásticos, que terminan contaminando os océanos. O lixo sepárase en dous tipos de vertedoiros: os controlados e os incontrolados. Estes últimos son ilegais e moi daniños para o medio ambiente porque están cerca de zonas habitadas e non están protexidos. Os vertedoiros controlados, teñen que estar lonxe de zonas habitadas con augas potables e deben ter o terreo recuberto cun revestimento artificial impermeábel, evitando que se contamine o solo e as augas subterráneas pola filtración, despois de ser triturado e compactado, para ocupar o menor espazo posible, como nos explican dende “Recíclame”. Como aínda non estamos concienciados con este tipo de problema, seguimos botando plásticos ao lixo, que rematan nos mares e océanos. Nos océanos xa se detectan perfectamente as illas de plásticos, sobre todo na parte oriental, máis concretamente na China, tamén coñecida como “o vertedoiro do planeta”. A boa noticia é que existen solucións para paliar a contaminación por plásticos, e microplásticos. As máis evidentes e aparentemente sinxelas son diminuír o consumo do plástico e usar materiais alternativos como a madeira, o cristal, o metal, o papel, a cerámica ou a pedra. É verdade que non vai ser posible eliminar completamente o plástico da nosa sociedade pero si reducilo e para ilo estanse a levar a termo distintas accións, entre elas as manifestacións por todo o planeta de “Fridays for future” creada pola activista sueca de 15 anos, Greta Thunberg, para loitar contra o cambio climático. Nas plantas de incineración, que soen estar nos vertedoiros, os residuos sométense a un proceso de combustión térmica controlada que reduce nun 95% o volume e nun 80% o peso do lixo, segundo informa o diario “Carrion Digital”. O lixo deposítase nunha fosa cun ventilador que aspira o aire para, por unha banda, impedir os malos olores, e por outra, para quentar o aire e favorecer a combustión. Os residuos entran nun forno onde primeiro sécanse e despois pasan polas fases de combustión para incinerar ata os materiais máis resistentes. Tras queimarse, as cinzas e demais restos pasan por canles de auga que o arrefrían e o transforman en barro para evitar que o pó se expanda pola instalación. Todas as plantas teñen sistemas de filtrado para que os desfeitos e gases resultantes non afecten á saúde das persoas nin ao medio ambiente. Este é o proceso que se utiliza no segundo tipo de microplásticos, xa que son grandes e vénse ben, aínda que haxa fragmentos que van rachando a medida que pasa o proceso. No caso do primeiro tipo de microplásticos é case imposible que cheguen todos aos vertedoiros xa que, ao ser tan pequenos, poden caerse mesmo cando os botamos tanto na papeleira do noso cuarto, como nos contedores do lixo e así pola acción do vento e a choiva, estes residuos tamén poden chegar á rúa, ao sistema de sumidoiros de vías urbanas, a ríos, outras vías fluviais e ao mar, aínda que principalmente atópanse no mar, debido á acción das tormentas, o vento ou a choiva. Unha vez aí, a non ser que se extraian con anterioridade, seu destino final será o océano, por moi lonxe que nos atopemos da costa. Novelo de microplásticos atopado ma Praia de Ares (cortesía de Mª Jesús Mourazos, profesora de Bioloxía de 4º de ESO. En conclusión, temos que cambiar algúns hábitos na nosa vida cotiá. Hai que buscar a maior cantidade de medidas posibles para reducir e reciclar o plástico en todo o planeta porque poden parecer suficientes, pero non o son nin van selo nunca, o feito, feito está; así como concienciar a todas as persoas a reciclar, a recoller todo o plástico posible, a usalo moito menos, a non usalo ou a chegar a substituílo totalmente por outros materiais. Nota adicional da profesora de Bioloxía-Xeoloxía: a este respecto, os rapaces de 4º ESO Bi- Xe desenvolveron dous proxectos, durante o 2º trimestre, para comprobar a contaminación por microplásticos na praia de Ares e nunha especie de peixe habitual na nosa ría, os xurelos (Trachurus trachurus L.). Procesando as mostras de area Tracto grastrointestinal de xurelo Microplásticos sacados do mar
  44. 44. Páxina 45ALBARES nº 8 xuño 2019 O alumnado de 1º e 2º de ESO desenvolven valores solidarios na hora de titoría O Pasaporte Solidario, é un pasaporte individual para todo o alumnado de 1º e 2º curso de ESO do CPI “As Mirandas”. O alumnado estivo durante todo o curso cubrindo o seu pasaporte atendendo ás actividades sinxelas, doadas de desenvolver tanto no centro como fóra del. Esta actividade desenvolveuse durante a hora de titoría semanal en coordinación coas titoras dos grupos de 1º e 2º de ESO e o Departamento de Orientación. O principal obxectivo do programa é promover, valores de solidariedade, participación, compromiso social e voluntariado entre a comunidade educativa (pais, nais, profesorado e alumnado), e favorecer que os e as escolares se comprometan como voluntarios e voluntarias, a través dunha metodoloxía activa e participativa que fomente o traballo en equipo e achegue o alumnado á realidade do voluntariado. Día Internacional contra a violencia de Xénero. 25 de novembro Co gallo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero que se celebra o 25 de novembro, o alumnado dos centros escolares CPI As Mirandas de Ares e CPI Plurilingüe Virxe da Cela de Monfero realizaron un vídeo para visibilizar e sensibilizar á comunidade educativa e a toda a sociedade en xeral sobre esta data. Dende os nosos centros adherímonos a todas aquelas iniciativas que suman esforzos e solucións á erradicación da violencia de xénero, na loita contra os malos tratos e no apoio ás vítimas e as súas familias. Apoiamos ás accións que tratan de concienciar ao tecido social e a todas as actividades educativas baseadas na formación en valores para que a sociedade avance no camiño da igualdade, no benestar común e a convivencia que todas e todos queremos.
  45. 45. Páxina 46 ALBARES nº 8 xuño 2019 Ano Internacional da Táboa Periódica dos Elementos Químicos Neste ano 2019 conmemoramos o 150 aniversario da creación da Táboa Periódica dos elementos químicos ordenados polo ruso Dimitri Mendeleiev(1834-1907), coñecido por ser o pai do sistema periódico. Este químico ruso foi ademais un viaxeiro, fotógrafo e coleccionista, realizando diferentes estudos dende a química, agricultura, gandería, industria ata a aeronáutica. En 1869 publicou Principios de química, onde formulaba a famosa táboa periódica agrupando os elementos por pesos atómicos e valencias. Elaborou tarxetas coas propiedades máis significativas dos elementos químicos e comprobou que ao ordenalas 60 aparecían en filas e a maioría dos elementos estaban ordenados na orde crecente a súa masa relativa e así os elementos con propiedades químicas análogas quedaban situados en grupos verticais. O gran mérito de Mendeleiev estaba na importancia que deu ao grupo establecendo as seguintes conclusións:  Considera incorrectos algúns pesos atómicos e altéraos  Prediciu novos estados de valencia dalgúns elementos  Deixa ocos na táboa para situar elementos aínda non descubertos.  Predixo propiedades de elementos descoñecidos, considerando a súa lei de periodicidade. Foi un químico que abriu paso aos grandes avances da química no século XX. A estrutura actual foi deseñada por Alfred Werner co descubrimento de novos elementos e ordenalos polo nº atómico (nº de protóns do átomo) en vez dos pesos atómicos. Os elementos químicos coñecidos ata o día de hoxe colócanse en sete filas horizontais, Períodos, e 18 filas verticais, grupos o familias, pero en función das súas propiedades físicas e químicas podemos consideralos divididos en 3 categorías: metais (sólidos brillantes, condutores que forman aleacións e compostos iónicos cos elementos non metálicos; alcalinos altamente reactivos), metaloides (propiedades mixtas entre metais e no metais) e non metais (gases incoloros que forman enlaces covalentes entre si, e os gases nobres que son inertes). A táboa periódica converteuse nunha peza fundamental dos nosos días, icona fundamental da ciencia e tecnoloxía e, das ciencias en xeral, que engloba todos os elementos dos que, a maioría(70), están presentes na composición dos seres vivos, como:  Biolementos Primarios: Imprescindibles para a vida porque sen eles non se formarían as moléculas da materia viva. O máis importante é o C (carbono), forma parte de todas as moléculas orgánicas (18% no corpo humano). Os outros son: O (65%),H(10%), N(3%), S e P(1%)  Bioelementos Secundarios . Presentes en menor cantidade pero con funcións esenciais (formación de osos, transmisión de impulsos nerviosos como: Mg, Ca(1,5%, Na K e Cl.  Oligoelementos. Presentes en cantidades ínfimas pero necesarios para o desenvolvemento e bo funcionamento dos organismos vivos: Fe,Mn,Cu,Zn, F,I,B,Si,V,Cr,Co,Se,Mo, e Sn. Podemos facer unha analoxía entre a táboa periódica e a comunidade educativa: hai elementos imprescindibles, elementos altamente reactivos, elementos inertes, non reaccionan, terras raras , elementos que non existen na natureza (artificiais), outros radiactivos... Pero, todos son necesarios e realizan funcións, piares clave, para o bo desenvolvemento da nosa vida. Con cal vos identificades? 2019 Por Blanca Cortizas
  46. 46. Páxina 47ALBARES nº 8 xuño 2019 2019 Ano Internacional da Táboa Periódica dos Elementos Químicos
  47. 47. Páxina 48 ALBARES nº 8 xuño 2019 Ao longo deste curso escolar organizamos e participamos activamente no desenvolvemento do currículo escolar con diversas actividades. CONCURSO DE PORTADA DE LIBROS Organizado pola biblioteca Carabela e o equipo de Dinamización lingüística. Con esta iniciativa pretendemos fomentar a lectura e así mesmo potenciar as capacidades creativas do alumnado. STAND DA BIBLIOTECA NA FEIRA Como todos os cursos participamos activamente na Feira que se celebra no terceiro trimestre. Este curso fixemos:  Unha exposición dos libros máis demandados polo noso alumnado.  Xogo “ Ares a Fume de Carozo “ onde os rapaces tiñan que emparellar o nome do lugar coa súa foto correspondente no mellor tempo posible.  Exposición do traballo de fomento de lectura que fixemos este curso. Nun taboleiro xigante: “ A volta a Ares en 1000 lecturas”.  Demostración das actividades de robótica e impresión dixital que se están a desenvolver este curso. ACTIVIDADES NO DÍA DE ROSALÍA Con motivo do Día de Rosalía o 24 de Febreiro, quixemos poñer o noso gran de area e decidimos facer un Roteiro. Entregamos a cada curso un mapa de Ares, poemas de Rosalía e fotografías do concello. A idea era, en primeiro lugar localizar os lugares de Ares no mapa e despois facer unha lectura compartida dos poemas e decidir entre todos que foto do concello de Ares pode ter algunha relación cos poemas de Rosalía. DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES O 24 de outubro festexamos o día das Bibliotecas Escolares. Este ano decidimos continuar cunha actividade organizada o curso pasado pero esta vez dándolle outra perspectiva. “ Son poeta porque me peta “ é o título empregado aproveitando que este ano as bibliotecas escolares estiveron a traballar sobre poéticas diversas. O alumnado escribiu e decorou un pequeno poema ou rimas para comezar a asolagar os nosos corredores de metáforas.
  48. 48. Páxina 49ALBARES nº 8 xuño 2019 CONTACONTOS E VISITAS DE AUTORES Este curso visitáronnos os nosos amigos de Kalandraka Sara e Álex que xa viñeron o curso pasado . Deleitáronnos coas súas historias acompañados de música en vivo. Esta vez trouxeron catro contos na súa maleta: - Elmer. - Cándido. - Un, dous, tres, vampiro ti es. - E os Esqueletos divertidos. Foi unha sesión moi divertida para os alumnos e alumnas de 1º e 2ª de E.P. Os alumnos de infantil tamén participaron nunha sesión de contacontos pero esta vez, sobre animais. A Cebra Camila; A tartaruga que quería durmir ; O Elefante Felipe, foron algúns dos contos. Tamén contamos coa visita de Hector Cajaraville Premio Merlín de Literatura Infantil, 2018 polo seu libro “ Kusuma “. Kusuma é unha fermosa fábula ecoloxista protagonizada por unha faisán asiática obrigada a fuxir da agresividade do mundo industrializado. A fábula critica tamén o rexeitamento das poboacións inmigrantes, reivindica o respecto ás diferenzas e a valoración do traballo en grupo: “Se non nos axudamos entre nós, non somos nada”. PUBLICACIÓNS Como todos os anos facemos dúas publicacións de recomendacións lectoras, unha en nadal e outra a final de curso e, como queremos chegar a toda a comunidade educativa, tamén facemos recomendacións para adultos. Xa sabedes, se nós lemos os nosos nenos nos imitarán. EXPOSICIÓNS Ao longo do curso, intentamos facer exposicións das novidades que imos mercando para favorecer o interese do alumnado. Este curso quixemos centrarnos nas peticións dos nosos nen@s e nos cómics e albumes ilustrados.
  49. 49. Páxina 50 ALBARES nº 8 xuño 2019 ACTIVIDADES DE FOMENTO DE LECTURA  “A Volta a Ares en 1000 lecturas” é unha campaña de fomento de préstamos. Propuxémoslles aos alumnos e alumnas un percorrido lector por Ares. Con cada libro que len, poden avanzar unha casiña, (que sinalizan coa súa foto nun panel que colgamos na biblioteca). Os lectores intermedios poden avanzar dúas se o seu libro ten máis de 250 páxinas, e os lectores expertos avanzan dúas se o seu libro ten máis de 400 páxinas. Comezamos o noso percorrido saíndo da Praia de Chanteiro e visitamos Chanteiro, Punta Segaño, Monasterio de Santa Catalina, Cova dos Mouros, Lubre, Besoxo, Río da Xunqueira, Praza de Redes, Redes, Praia de Seselle, Ponte da Ciscada, Porto de Ares, Praia de Estacas e chegamos a meta que é a Illa das Mirandas. Os que rematen unha volta completa poden volver facer outra, para elo marcámoslle unha cruz na súa foto.  Mochilas, bolsas viaxeiras  Préstamos as aulas APADRIÑAMENTOS LECTORES Continuando coa idea de fomentar a lectura entre o noso alumnado organizamos unha sesión de apadriñamentos lectores. Esta vez tocoulle ao alumnado de 6º A de E.P. contar os contos aos seus afillados, o alumnado de 6º de E.I. Cada padriño ten o seu afillado lector ao que ten que engaiolar coa lectura ou simplemente cunha conversa sobre o libro que escolleron. ESCOLA DE XADREZ Como o curso pasado, a biblioteca e o Departamento de Educación Física organizamos unha escola e un torneo de xadrez. Na primeira metade do curso preparamos a organización e o funcionamento da escola. É un sistema voluntario onde alumnos se prestan a exercer de mestres para os que non saben ou os que queren mellorar. Cada mestre ten adxudicados dous alumnos e unha ou dúas veces por semana lles dan clases na biblioteca. Un vez formados, pasamos a competición. Organízanse tres categorías e o alumnado apúntase no que pensa que é máis axeitado para el, segundo os seus coñecementos. É unha actividade moi valorada polo alumnado onde eles séntense os protagonistas do seu propio aprendizaxe. Como vedes temos unha biblioteca moi dinámica. Como o espazo da revista é limitado non podemos poñer todas as actividades realizadas pero vos convidamos a visitar os nosos blogs “carabeladeares” e “tesmoitalingua”, onde poderedes ver todo o realizado durante este curso. Felices vacacións e gozade deste verán no que podedes seguir fomentando esta sa adicción á lectura. E lembrade que todo o ano, nas bibliotecas públicas hai moitas aventuras e historias pendentes de ser lidas e gozadas, preparadas para regar a imaxinación e sementar coñecemento. Ata setembro!!!!
  50. 50. Páxina 51ALBARES nº 8 xuño 2019 DESPEDIDA E AGRADECEMENTOS Blanca Cortizas Directora Co fin do curso escolar queremos dar a despedida ao seguinte profesorado: Elisa Martínez Rodríguez, la ticher (teacher) coñecida e benquerida así polo alumnado e compañeiros. Unha persoa excepcional, boa educadora e moi profesional, que sempre antepuxo o deber de ensinar ao seu alumnado insistindo que non quedara ninguén atrás fronte ao seu propio ser. Ela está a gozar dunhas ben merecidas vacacións e dunha nova etapa da súa vida tras anos de gran traballo na educación (mestra de inglés). A súa carreira docente sempre estivo marcada pola busca e a procura de novos retos, formas de ensinar… sempre disposta a formarse coas novas metodoloxías educativas, a extraer do alumnado o mellor de cada quen. Ademais é de destacar a súa faceta artística: preparaba as actuacións de Nadal ou o Entroido cun arte e dedicación plena, sempre disposta a colaborar en todo o que se propoñía. Un pracer coñecela e traballar con ela. Desexámoslle unha excelente nova etapa, ben merecida. Outro profesorado que por diferentes motivos cambia de centro: Mª Jesús Mourazos, Mª Luísa Corredoira, Daniel Cabal, Pilar Molina, compañeiros/as da ESO aos que lles deron destino no concurso de traslados. Levaban xa tempo con nós e levaron a termo un gran traballo profesional e comprometido co alumnado da ESO. Deséxolles unha moi boa entrada nos centros elixidos aos que seguramente darán prestixio co seu traballo. Iria Mayobre, mestra de Música que estivo amosando a súa gran capacidade de traballo no presente curso escolar pero á que lle deron destino no concurso de traslado noutro centro. María Otero, Silvia Calvete, Leticia Casal, Paula Misa, Mirella Pereira, mestras de Primaria, Carlos Bacelo, Miguel Mosqueira, Rosa Sousa, Mª José Villar e Begoña Vilar profesores da ESO e Orientadora. Todos, neste curso, desenvolveron un gran traballo participando nos proxectos de centro e actividades innovadoras co alumnado. Tendes as portas abertas no noso cole para volver o próximo curso se así o desexades e hai posibilidade na adxudicación das prazas vacantes. Non quero esquecer ao alumnado de 4º da ESO que remata a súa etapa educativa no noso centro e que demostrou, co seu excelente traballo e compromiso, que adquiriron todas as competencias precisas para tomar as decisións sobre o seu futuro, que de seguro será cumprir os seu soños. Desexámoslles de todo corazón que así sexa. Por outra banda, quero comunicar o seguinte: No presente curso remataba o meu Proxecto de Dirección xunto ao meu equipo directivo. Ao final, volvín a embarcarme nun novo proxecto contando coa inestimable colaboración da xefa de estudos de primaria, Charo Gómez e o secretario, Juan Bautista, máximos responsables de que siga neste centro. É moi doado traballar xunto a eles; teñen unha gran capacidade de traballo. Presento unha nova incorporación como xefa de estudos de secundaria, Vanesa Sánchez á que lle agradezo a súa valentía para asumir o reto deste traballo tan esixente. Ela dará co seu sorriso, dinamismo, entusiasmo e un novo aire a este equipo directivo. Tamén teño que agradecer ao profesorado e persoal non docente a súa implicación nos proxectos e actividades deste centro. A súa labor xenera un gran dinamismo e impulso nas novas formas de ensino e convivencia, creando tan bo ambiente que te atrapa e non queres marchar. Quero rematar agradecendo a Maru, Esperanza Cuíña, xefa de estudos de secundaria (marcho que teño que marchar), o traballo excepcional desenvolvido ao longo destes oito anos que levo na dirección do centro. Gran defensora do Ensino Público, traballadora incansable, moi comprometida coa legalidade e a equidade. Foi un gran apoio para min. Ela remata esta etapa e comeza outra na que seguiremos traballando xuntas no centro, xa que vai seguir impartindo Lingua Castelá na ESO. MOITAS GRAZAS!!! Blanca Cortizas (Directora)

×