IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
A prosa do 1º terzo
1. A prosa do primeiro terzo do século XX
As Irmandades e o Grupo Nós: narrativa, ensaio e xornalismo.
A obra dos homes da
xeración das Irmandades
da Fala (1916)
O Grupo Nós:
Risco, Otero e Cuevillas
Alfonso Daniel
Rodríguez Castelao
A actividade editorial
Os novecentistas:
Rafael Dieste González
Prosa didáctica ou propagandística:
discursos, conferencias, ensaios, tratados
de política…, como medio de expresión
da ideoloxía nacionalista.
Son os representantes dunha xeración de
“inadaptados” que descubrirían e se
achegarían a Galicia despois dun
período intelectual por culturas estrañas.
É, en moitos aspectos, a figura máis
relevante da historia da cultura galega
do século XX.
Adquiriu un pulo sen precedentes.
O máis destacado narrador é Rafael
Dieste, rianxeiro como Castelao.
11. As Irmandades da Fala creáronse para a defensa, dignificación
e cultivo do idioma; a primeira das Irmandades fúndase na Coruña en 1916.
Séguena outras repartidas polas principais cidades e vilas de Galicia.
12. Para difundiren o seu ideario editaron
unha publicación periódica totalmente en
galego: A Nosa Terra.
13. Os seus membros máis salientables foron
os irmáns Vilar Ponte, Losada Diéguez,
Vicente Risco, Ramón Cabanillas, etc.
14. A figura de Antón Vilar Ponte (fundador no 1916 das
Irmandades da Fala) cobra especial relevancia polo seu labor
periodístico e por iniciar o ensaísmo político.
Foi autor de numerosas prosas de propaganda nacionalista baixo a
forma de discursos, conferencias e artigos, recollidos na escolma
Pensamento e sementeira, 1971.
15. Nesta liña debemos situar tamén a Lois Porteiro Garea, do
que quedan sobre todo pezas oratorias sobre o galeguismo.
Xoán Vicente Viqueira, catedrático de filosofía e autor de
numerosas prosas de carácter galeguista, ensaios, artigos e conferencias,
como outro dos autores destacados deste tempo das Irmandades.
16. Chamado así polo título da revista que publicaron, está formado por
Vicente Risco, Ramón Otero Pedrayo e Florentino López
Cuevillas. É o grupo ourensán da xeración do tempo das Irmandades.
O GRUPO NÓS. O CENÁCULO OURENSÁN
17. Da súa man nace o ensaísmo nas nosas letras e con eles a
narrativa vence o costumismo e acada horizontes novos, máis
universais e paralelamente máis enraizados na nosa cultura.
18. Con Nós, os inadaptados, Arredor de si e Dos nosos tempos, Risco,
Otero e Cuevillas sintetizan a descuberta de Galicia e a súa xente
como a máis apaixonante aventura intelectual destes individualistas
que inician un traballo sistemático e colectivo de estudo,
desenvolvemento e dignificación da realidade de Galicia, conectándoa
directamente con Europa nun afán de modernización e de superación
do illamento rural da cultura galega.
19. Conxugan enxebrismo e europeización a través dun
atlantismo celtista, como o amosa o interese prestado pola
revista Nós á literatura irlandesa e á cultura bretoa.
20. En 1920 saía en Ourense o primeiro número da revista Nós, co
subtítulo de “Revista mensual da cultura galega”. Interveñen nesta
empresa cultural Risco, Otero Pedrayo, Cuevillas, Castelao , Cabanillas e
moitos máis.
21. Na declaración preliminar da revista indicábase: “Os colaboradores de Nós
poden ser o que lles pete, con tal que poñan por riba de todo o
sentimento da Terra, o desexo colectivo de superación, a
orgullosa satisfacción de seren galegos”.
22. Os integrantes da Xeración Nós participarán na formación do
Partido Galeguista (1931) e defenderán a Galicia nas
Cortes Republicanas a través dos deputados Otero Pedrayo e
Castelao. Tamén axudarán na elaboración do
Estatuto de Autonomía.
23. VICENTE MARTÍNEZ RISCO E AGÜERO (Ourense, 1884-1963).
•Amigo dende a infancia de Otero Pedrayo.
•Profesor de Historia da Escola de Maxisterio de Ourense.
• Fundador da revista La Centuria (1917).
• Ingresa no galeguismo e publica en 1920 “Teoría do nacionalismo galego”.
• Director literario da revista Nós (1920).
• Abandona o Partido Galeguista e funda a “Dereita Galeguista”.
• Despois da guerra reside en Ourense ata a súa morte.
24. NARRATIVA
Continuación do seu pensamento filosófico:
esoterismo, atlantismo, visión cíclica da historia…
• Do caso que lle aconteceu ao doutor Alveiros (1919)
• O lobro da xente (1925)
• A trabe de ouro e a trabe de alcatrán (1925)
• A Coutada (1926)
• Os europeos en Abrantes (1927)
• O porco de pé (1928)
25. ENSAIO
Risco é un ideólogo con
propensión ao didactismo
• Nós, os inadaptados (1933)
• Teoría do Nacionalismo galego (1920)
• Mitteleuropa (1934)
• Leria (1961)
26. Vicente Risco fai unha definición do Nacionalismo Galego, no
ensaio "Teoría do nacionalismo galego", no que exalta o ser de
Galicia como nación a través da lingua, da terra e da raza.
27. Ramón Otero Pedrayo, don Ramón, o Patriarca das Letras Galegas
(Ourense, 1888 - 1976) converteuse nun modelo ético e nun símbolo
do galeguismo para as xeracións máis novas.
28. As claves do seu pensamento: cristianismo –entendido como
esencia da nosa identidade- e tradición –observada como
sabedoría acumulada por sucesivas xeracións-, son
fundamentais para entender a súa ampla obra literaria.
29. A súa narrativa céntrase nos distintos aspectos da historia e da
realidade de Galicia. Os camiños da vida (1928) amósanos a sociedade
galega rural no tránsito da súa transformación durante o século XIX,
dende os tempos da desamortización ata a revolución de 1868 que nos
conduciría á I República.
30. Arredor de si publicouse en 1930. Nesta obra Otero Pedrayo retrata a
súa xeración e retrátase a si mesmo na figura do seu protagonista, o
intelectual Adrián Solovio. Este, despois de debullar as súas
inquedanzas pola cultura europea, escéptico e desacougado, vive unha
crise que o leva ao encontro de Galicia e de si mesmo.
31. Tamén, unha serie de narracións realistas (Pantelas, home libre, Contos
do camiño e da rúa, O mesón dos ermos) que relatan a vida rural galega do
século XIX e outras narracións culturalistas, nas que os personaxes
perden relevancia en prol da exposición de ideas e referencias culturais
(Escrito na néboa, Fra Vernero, A romaría de Xelmírez, Devalar).
32. De entre a súa fecunda produción ensaística na que hai dende estudos
xeográficos a biografías, guías, libros de viaxes, ensaios sobre a paisaxe,
a aldea, a literatura, a arte…, destaca especialmente o seu Ensaio
histórico sobre a cultura galega (1939), síntese do desenvolvemento
histórico e cultural de Galicia dende os tempos prehistóricos ata os
comezos do século XX.
33. Durante a Guerra Civil, e ata o final da súa vida, Otero Pedrayo
seguirá fiel ao Galeguismo Culturalista, fronte ao Franquismo,
converténdose nun símbolo para moitos homes de Galicia.
35. En 1921 publicou o seu primeiro traballo
de arqueoloxía en Nós, "A mansión Aquis Querquennis". O
artigo "Dos nosos tempos" (núm. 1 da revista Nós) deu pé ao
manifesto xeracional do cenáculo ourensán.
SEMINARIO DE ESTUDOS GALEGOS, 1923
36. Alfonso Daniel Rodríguez Castelao é, en moitos aspectos, a figura máis
relevante da historia da cultura galega do século XX.
38. A súa biografía está intimamente vinculada aos acontecementos
históricos que lle tocou vivir no plano político e cultural.
39. A súa obra plural soubo conectar coa esencia máis profunda da forma de ser da
poboación galega. Traza a realidade daquel tempo amosando as diferentes facetas
das clases populares, que son os protagonistas fundamentais das súas obras.
40. A técnica narrativa de Castelao maniféstase mediante uns trazos
narrativos esenciais que denotan o fundamental da historia, deixando
o resto da información suxerida dun xeito connotativo. Consegue
deste xeito uns textos breves e sintéticos.
De súpeto naceume unha gran idea. Rachei o
traballo, ensumín o meu ollar nun novo papel branco
e debuxei un neno imaxinario. Inventei un neno moi
bonito, moi bonito: un anxo de retablo barroco, a
sorrir.
Entreguei o debuxo e saín fuxindo, e no intre de
poñer o de pé na rúa sentín que choraban dentro da
casa. A morte viñera.
Agora Melchor consólase ollando a miña obra, que
está pendurada enriba da cómoda, e sempre di coa
mellor fe do mundo:
–Tiven moitos fillos, pero o máis bonito de todos foi o
que me morreu. Velaí está o retrato que non mente.
41. A primeira obra narrativa de Castelao é Un ollo de vidro, publicada en
1922 na colección Céltiga co subtítulo de “Memorias dun esqueleto O
seu humor non é alleo á sátira social de carácter anticaciquil.
42. Cousas é a fórmula literaria máis orixinal de Castelao. En 1926
apareceu o primeiro libro de Cousas: un conxunto de prosas con
ilustracións publicadas con anterioridade na prensa.
43. A editorial Nós, en 1929, publicou unha segunda colección, e en 1934
unha edición que recolle o contido dos libros precedentes.
44. O libro Retrincos, publicado en 1934, é unha colección de cinco
contos que se nos presentan como autobiográficos e ordenados
cronoloxicamente.
45. Os dous de sempre é a única novela de Castelao e consiste nunha
sucesión de relatos que gardan unidade entre eles pola referencia
a dous protagonistas constantes: Pedriño e Rañolas.
46. O labor ensaístico de Castelao vén representado principalmente polo
seu libro Sempre en Galiza. Nesta obra sintetiza o seu pensamento
político, ademais de ofrecernos unhas memorias da actividade política
durante os anos da República.
47. Destacan tamén os seus traballos sobre a arte popular: As
cruces de pedra na Bretaña e As cruces de pedra na Galiza.
49. Na súa segunda etapa, o
primeiro número saíu o 14
de decembro de 1916,
converteuse no voceiro das
Irmandades da Fala e
posteriormente do partido
galeguista.
A Nosa Terra, fundado no
ano 1904, foi o voceiro do
sindicato labrego
Solidaridade Gallega.
50. Revista Nós “Revista
mensual da cultura
galega” (publicouse o seu
primeiro número en 1920,
en Ourense. O último, o
144, en 1936 en Santiago;
non se chegou a
distribuír por causa da
guerra
51. A máis importante, a sección
“¡Terra a nosa!”
do xornal coruñés
El Noroeste
52. A revista Céltiga , creada
por Xaime Quintanilla en
Ferrol, resultou tamén
decisiva para a
consolidación da prosa.
53. A capa da colección estaba deseñada
por Camilo Díaz Baliño.
Lar foi unha revista quincenal con
carácter editorial publicada na
Coruña entre 1924 e 1926. Estaba
dirixida por Leandro Carré
Alvarellos e administrada por
Ánxel Casal.
54.
55. Outro dos grupos xeracionais importantes anteriores á guerra Civil creouse
arredor do Seminario de Estudos Galegos, fundado en 1923
por profesores e estudantes da Universidade de Santiago co obxecto de
promover o estudo científico da realidade galega.
56. Próximos a este grupo, aínda que sen constituír un grupo homoxéneo,
están varios escritores nados en torno ao 1900 que son coñecidos cos
nomes de Novecentistas ou Xeración de 1925.
O máis destacado narrador é Rafael Dieste, rianxeiro como Castelao.
57. Dos arquivos do trasno, libro
publicado en 1926, contiña inicialmente oito
relatos; dende a segunda edición, en 1962,
Dieste ampliou o número a vinte.
58. O libro ábrese cunha introdución que condensa unha
moderna teoría do conto exposta en forma de proverbios.
Dous son os principios que gobernan a súa narrativa:
unidade emotiva e remate esencial.
59. O eixo temático da narrativa de Dieste xira arredor da
psicoloxía e das experiencias extraordinarias da xente galega.
60. A sublevación militar do 1936 acabou coa República e deu
inicio á morte, ao exilio e á longa noite de pedra.
A derradeira lección do mestre. (Galicia mártir, 1937)