1. Linguas minorizadas e linguas minoritarias. O galego: lingua en vías de normalización.
2.
3. Die Sonne scheint über den Berg Fala raro este individuo Como vai todo, meu? Non é fácil coexistir nun mesmo espazo cando se ansía o mesmo.
4. Minorización lingüística Unha das linguas -dominante- vaise impoñendo sobre a outra - dominada-, ocupando progresivamente os seus ámbitos de uso. Deste xeito, a esta última impídeselle desenvolverse con normalidade, limitando as súas posibilidades nos diferentes espazos comunicativos e empobrecéndoa por falta de cultivo.
5. Esta tensión de intentar ampliar funcións no seo da sociedade ou evitar ser desprazada nalgunha delas provoca a aparición do chamado conflito lingüístico .
6. Unha lingua autóctona é minoritaria no seu territorio cando a porcentaxe de poboación que a usa é baixa, ben sexa pola chegada de poboación foránea, ben por abandono do idioma por parte do grupo étnico-histórico que sempre a empregou. E, á súa vez, unha lingua é maioritaria cando a porcentaxe que a usa é máis elevada.
9. Unha lingua é minorizada cando os seus usos sociais están supeditados aos usos doutra lingua ( dominante ), normalmente foránea, cando fronte a esta última está nunha situación de desvantaxe ou desequilibrio. Unha lingua é maiorizada cando ten uns usos sociais plenos e as súas funcións sociais están garantidas e normalizadas.
10. Vexamos algúns exemplos: Linguas maioritarias maiorizadas : francés en Francia, alemán en Suíza, flamenco en Flandres, etc. Linguas maioritarias minorizadas : galego en Galiza, frisón en Frisia (Holanda), sardo en Sardeña (Italia), etc. Linguas minoritarias minorizadas : é a tipoloxía máis común por ser produto da falta de coincidencia entre fronteira lingüística e fronteira político-administrativa. É o caso do galego en Asturias, León, Cáceres; do portugués en España; do grego en Italia e Albania; etc.
11.
12.
13. Agora ben, as linguas minoritarias son en realidade tan minoritarias? Ás veces as estatísticas confunden grupo étnico con grupo lingüístico. Os grupos étnico-lingüísticos maioritarios tenden a apropiarse de falantes doutras orixes, mentres os minoritarios e minorizados sofren deserción dos falantes cara os maioritarios e maiorizados.
14. o ecolingüismo defende o equilibrio lingüístico, protexendo as linguas en perigo, de modo que cada comunidade conserve a súa propia lingua e coñeza unha segunda exclusivamente para as relacións con outras idiomaticamente diferentes. Eu son Je suis I am Jo sóc Ni naiz Eu sou Io sono Ich bin
16. Agás no caso da illa de Islandia, en ningunha outra situación van coincidir unha fronteira lingüística cunha fronteira administrativa. A política e economía dos poderosos impuxéronse historicamente sobre as linguas e nacións naturais. Por iso non vale aplicar o adxectivo “ estatal ” ás linguas: o catalán non é só unha lingua española, tamén o é francesa, andorrana e italiana.
17.
18. Hai estados que lles aplican ás súas linguas estatutos territoriais , sen teren en conta a non coincidencia entre territorio político e lingüístico. Outros estados aplican un estatuto persoal . A persoa pode empregar a lingua que queira en calquera parte do territorio estatal. Isto acontece en Finlandia co finlandés e o sueco (pero non co saami). O problema que presenta este modelo é que resulta antieconómico.
19. En Europa, ante a magnitude do problema, o Consello de Europa aprobou en 1992 unha Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias. Nela recoñécese a pluralidade lingüística como unha riqueza cultural e declárase que é responsabilidade dos poderes públicos a defensa dos idiomas minorizados. Artigo 12 1. No ámbito público, todo o mundo ten dereito a desenvolver tódalas actividades na súas lingua, se é a lingua propia de onde reside. Artigo 29 1. Toda persoa ten dereito a recibi-la educación na lingua propia do territorio onde reside.
20.
21. comportamento dos Estados fronte á diversidade lingüística: Monolingüismo estatal real : é o caso de Islandia, onde o islandés é a única lingua falada pola totalidade da poboación. Plurilingüismo estatal : pode ser oficial igualitario; en todo o Estado son cooficiais e válidas para todos os usos varias linguas. É o caso de Irlanda e Iugoslavia . Monolingüismo estatal irreal : é o caso de Francia , Grecia, Letonia, Lituania, Estonia. Dentro das súas fronteiras hai falantes doutras linguas pero o Estado ignóraas e impón o monolingüismo na única lingua oficial Estatal oficial territorial ; existe unha lingua nacional oficial en todo o Estado e, nalgúns territorios concretos, a lingua autóctona é cooficial. É o caso de España. Pode ser que coexistan varias linguas nacionais oficiais cada unha nun territorio do Estado. É o caso de Bélxica , onde a única lingua oficial de Flandres é o flamenco e a única lingua de Valonia é o francés
22. Os contactos das linguas. desequilibrios hibridación substitución asimilación
23. Mais o proceso de minorización non é un camiño sen retorno A recuperación das linguas menores pasa primeiramente pola lealdade familiar, pola esixencia da lingua vehicular na escolar por medidas de discriminación correctiva E sobre todo pola conciencia e vontade dos e das falantes
24. A moitas destas linguas fáltalles conquistar prestixio , pois uso aínda teñen. Para modificar esta situación cómpre un mínimo de poder político, unha mínima autonomía e vontade e capacidade de xestión e decisión para poñer en práctica medidas de equilibrio e discriminación positiva.
25. ENTREVISTA CON ALBERT HOFFMAN Suíza está constituída por 24 cantóns, unidades altamente autónomas. En Suíza hai tres zonas culturais: a alemá, a italiana e a francesa. Cada parte, dentro do posible, ten a súa liberdade e a súa identidade. Esta distribución do poder en pequenas unidades étnicas paréceme a base de toda posibilidade de convivencia en liberdade. Se unha parte tenta dominar a outra, como vemos agora en Iugoslavia, créase un conflito; pero se cada grupo é respectado dentro dunha Constitución que lle permite a súa propia cultura, as súas propias ideas e toda a liberdade posible, daquela poden vivir xuntos. Desta forma temos este sistema político de pequenas unidades autónomas, o que é moi importante. Un mínimo de centralismo e un máximo de Particularismo: esta é a esencia da fórmula suíza. 0 nacionalismo ten moitos aspectos. 0 nacionalismo pode significar un amor polo teu país. Unha nación é un grupo de xente coa mesma lingua e a mesma cultura; (... ) E eu creo que todo ser humano precisa estar "na casa" nalgunha parte: a súa nación, no mellor sentido do termo. Dentro do seu corpo étnico, xente coa mesma lingua, as mesmas crenzas, o mesmo ambiente. Isto dá un sentido de felicidade e protección. Isto é o lado positivo do nacionalismo. Con todo, se o teu nacionalismo consiste na dominación ... vexamos, unha nación é o que xa existe; non é algo artificial que te propós construír. (... ) Adaptación da entrevista con Albert Hoffman (investigador, químico que sinettizou o LSD) publicada en BABELIA, revista de cultura, El País , o 11 de xullo de 1992.