SlideShare ist ein Scribd-Unternehmen logo
1 von 31
Downloaden Sie, um offline zu lesen
CEIP. Plurilingüe Os Casais
MEMORIA DO PROXECTO
2018-2019
MEMORIA PLAMBE 2018-2019
BIBLIOTECA ESCOLAR Paula Carballeira. CEIP. Plurilingüe Os Casais
1
ÍNDICE
LIMIAR ……………………………………………………………………………………………. 2
GRAO DE CUMPLIMENTO DOS OBXECTIVOS PROPOSTOS..................................... 3
o En relación coa organización e a xestión ……………………………………………. 4
o En relación coa dinamización dos recursos da biblioteca …………………………. 4
o En relación coa formación de usuarios e a competencia informacional …………. 5
o En relación co fomento da lectura e o desenvolvemento do PLC ………………… 5
o En relación con outras actuacións ……………………………………………………. 5
o En relación cos criterios e procedimentos de avaliación …………………………... 5
ACTIVIDADES DESENVOLVIDAS
o Xestión técnica e organización ……………………………………………………….. 5
o Dinamización ……………………………………………………………………………. 8
AVALIACIÓN ……………………………………………………………………………………... 17
o Gráficas e estatísticas …………………………………………………………………. 26
PREVISIÓNS DE FUTURO …………………………………………………………………….. 29
MEMORIA PLAMBE 2018-2019
BIBLIOTECA ESCOLAR Paula Carballeira. CEIP. Plurilingüe Os Casais
2
LIMIAR
Rematamos este curso, o duodécimo de pertenza ao PLAMBE. Son xa moitos anos de traballo
intenso e exhaustivo para convertir a biblioteca no centro de recursos indispensábel no centro.
Formación e información avanzan no camiño trazado, cara a un xeito de concebir o
proceso de ensino-aprendizaxe parello ás novas tendencias e necesidades de
formación nas competencias na sociedade actual. Sen esquecer a animación á lectura d@s
nos@s usuari@s non só coma ferramenta para dita formación e información, tamén coma fonte
de lecer e crecemento personal inagotábel.
Incidindo, máis ca nunca nestes tempos, nese aspecto fundamental da BE coma factor de
compensación ao equiparar e equilibrar o acceso á fondos, formación e información de tod@s
@s usuari@s.
Só pertencer ao PLAMBE permite levar adiante o noso proxecto, xa que garante,
ademais do aspecto económico, a formación –sempre imprescindíbel- aportada pola Asesoría
de BBEE onde a calidade de relator@s e o intercambio de experiencias resultan vitais para as
nosas Bibliotecas, axudándonos a levar adiante esta renovación constante; asemade, posibilita o
rápido intercambio de experiencias, colaboracións, materiais, axudas e participación en propostas
comúns e cooperativas que enriquecen e transforman o xeito de traballar nos nosos centros.
Cabe destacar a xenerosidade e altruísmo co que bibliotecas e bibliotecari@s escolares poñen ao
alcance de tod@s –tantas veces só un nome nun correo- eses materiais, proxectos,
ideas…; pertencer ao PLAMBE implica o compromiso continuado de convertir a BE (en todos os
documentos, en todas as actuacións) no centro de recursos para a formación, dun xeito
innovador, en todas as competencias do noso alumnado.
Se algo segue a botarse en falla é contar con máis tempo para poder adicarlle e non ter que andar
sempre agoniadas polo feito de "non chegar" a todo o que nos parece o mínimo imprescindíbel por
facer.
MEMORIA PLAMBE 2018-2019
BIBLIOTECA ESCOLAR Paula Carballeira. CEIP. Plurilingüe Os Casais
3
GRAO DE CUMPRIMENTO DOS OBXECTIVOS PROPOSTOS
Facemos unha valoración positiva no cumprimento dos obxectivos xerais propostos e na
meirande parte dos específicos a pesar das enormes dificultades que supuxeron a falta do
tempo que en realidade sería necesario, circunstancia recurrente ano tras ano.
As propostas e actividades da BE abranguen a todo o centro, cun calendario completo que
facilita a consecución destes obxectivos e procuran así mesmo os do PLC.
A precariedade no número de profesor@s cos que conta o centro obríganos a traballar de
forma unificada (e non só simplemente coordinada) cos outros equipos, tanto con respecto á
planificación como ao desenvolvemento das actividades. Isto pode levar a pensar que algunhas
das actividades nas que a nosa biblioteca está implicada non son "específicamente de
biblioteca". A falta de tempo da que adolecemos implica, ademáis que actividades/actuacións
consolidadas en cursos anteriores (trípticos "Este trimestre...", colgar na web do centro as cartas
da biblioteca, manter sempre actualizado ao día o blogue ou os taboleiros Pinterest...) estean a
sufrir unha ralentización permanente. Non obstante, dende varios cursos atrás a coordinación entre
os equipos foi mellor porque todo o profesorado está incluido en todos os equipos e os martes
realizamos unha reunión conxunta. Esta circunstancia veu esixida pola situación na que nos
atopamos, cun claustro reducido a un mínimo que raia a precariedade, na que os especialistas
teñen que asumir titorías e estas agrupan alumnado de dous niveis diferentes.
Tanto o fomento da lectura como a formación de usuari@s (FU) acadaron un grao de
cumprimento satisfactorio no alumnado. A FU forma xa parte do curriculum de cada curso,
deixando de ser un obxectivo ou actividade exclusivo da BE, que aportou formación ao profesorado
así coma a documentación precisa para levala a termo e propostas que facilitasen a mesma. Dita
FU acadou diferentes cotas de consecución, positivas en tódolos casos, grazas a implicación do
profesorado.
Algunha clase relaxou o cumplimento das normas, tanto con respecto á Hora de Ler, como á
reserva de horario para o préstamo ou, demasiado frecuentemente, a manter a orde nos andeis.
Todos estes atrancos foron solucionados, pero xa ben andado o curso.
En canto ao fomento da lectura coma ferramenta e coma lecer, sentímonos moi satisfeitas. Os
lotes de libros que saen en préstamo ás aulas, seleccionados polo propio profesorado -
indicador dun maior coñecemento dos fondos- tanto informativos para a preparación de proxectos
ou temas de estudo, coma de literatura, acadaron á totalidade das aulas por séptimo ano
consecutivo dende que iniciamos este proxecto, parámetro que nos serve para avaliar á
consolidación do mesmo nas tarefas cotiás do centro e a integración dos recursos da ALFIN segue
afianzándose, con desigual seguimento nas diferentes aulas, dependendo da adicación do
profesorado e da relevancia que este lle dea ás competencias que dita alfabetización proporciona.
MEMORIA PLAMBE 2018-2019
BIBLIOTECA ESCOLAR Paula Carballeira. CEIP. Plurilingüe Os Casais
4
Todas as aulas participaron no Proxecto Documental Integrado que partiu como iniciativa da de a
Biblioteca Escolar. Foi desenvolvido co modelo SEM, e polo tanto, elixido asambleariamente polo
alumnado. Levou por título Animais en perigo de extinción e o seu obxectivo foi investigar sobre
os problemas do medio ambiente, as consecuencias negativas que sobre os animais teñen e, de
maneira especial, en algunhas especies, as cales están xa en vías de extinción. O produto final deste
proxecto foi a celebración dun festival de inverno para as familias, organizado na súa totalidade polos
nenos e neas.
Na xestión técnica e organización acadamos practicamente todos os obxectivos previstos. Con
respecto á catalogación , continuamos a padecer a rémora que supuxo a obriga de asumir os fondos
procedentes da Escola Unitaria de Limodre, pechada fai dous anos. Se nos dous cursos anteriores
boa parte das horas dedicadas ao rexistro de libros, comeunas a catalogación de todos estes
exemplares, no actual, foron dedicadas á expurgación de boa parte dos mesmos. Esta circunstancia
supuxo un sobreesforzo de tempo e dedicación; por outra parte inútil. É bastante evidente o absurdo
que resulta asumir para, case inmediatamente, desbotar.
En setembro, en cumprimento do aprobado nas liñas prioritarias, reservouse unha mañá para
a FU do profesorado co fin de desenvolverense de maneira autónoma co seu alumnado na BE.
Tod@s @s titor@s fixeron o préstamo das súas aulas (exceptuando no caso de EI , que foi asumido
pola profesora que se ocupaba tamén da robótica. En todas as aulas funcionouse con total
autonomía dende os primeiros días de outubro.
No presente curso continuamos co itinerario lector e o PLC modificado no curso 2015-16.
Polo tanto, de todos os obxectivos propostos nas liñas prioritarias, quedaron sen acadar de
maneira satisfactoria, ben sexa total ou parcialmente:
En relación coa organización e xestión: A celeridade na actualización do blogue, as redes sociais
e os taboleiros Pinterest. Sábese que a operatividade destas ferramentas pasa precisamente
por mantelas sempre ao día, mais non resulta nada fácil conseguilo.
M antemos unha estreita colaboración coas familias, coa ANPA, coas asociacións culturais da
localidade e cos servicios culturais do Concello, mais, dende facía algún tempo, non era así no caso da
Biblioteca Municipal, coa que anos atrás perderamos o contacto mantido noutros tempos. No
presente curso , por fin, somos de novo unha entidade usuaria do servizo municipal de biblioteca. Pese
a esto a colaboración non foi moi asidua. Pretendiamos incrementala no vindeiro curso.
En relación coa dinamización e promoción dos recursos da biblioteca, a súa integración no
tratamento do currículo e a súa contribución ao desenvolvemento das competencias claves do
alumnado:
Non conseguimos facer as guías de lectura con recomendacións trimestrais, de datas especiais e
MEMORIA PLAMBE 2018-2019
BIBLIOTECA ESCOLAR Paula Carballeira. CEIP. Plurilingüe Os Casais
5
conmemoracións sinaladas, temáticas... Este gran desideratum quedou na elaboración de guías
para os dous grandes períodos vacacionais. O tempo é un tirano.
En relación coa formación de usuari@s e adquisición de competencia informacional: Polo de agora é
totalmente inviábel cambiar o horario de préstamo, tal como plantexábamos nas líneas prioritarias.
En relación co fomento da lectura e co desenvolvemento do PLC: Pola nosa parte,
quédanos conseguir que as familias colaborenna elaboracióndos Story Sacks, que sí estamos a utilizar.
As desexadas sesións de contacontos, visitas de escritor@s, de ilustrador@s... son moi escasas
porque están desgraciadamente case vetadas economicamente para centros pequenos como o noso.
Moi a pesar noso, no presente curso , como xa ocurrira no anterior, non participamos nas actividades
de animación á lectura que tan ampla tradición tiñan xa no Concello de Fene: Concurso de
Microrrelatos e mais En galego, é o noso!, polo simple e desafortunado feito de que ningunha das dúas
foi organizada. Si retomou, con ocasión das celebracións do 8 de marzo o Fene lendo mulleres, no
que, por suposto, participamos.
Tampouco conseguimos realizar "booktrailers" nas que @s nen@s recomendasen as súas lecturas
favoritas.
En relación cos avances cara a unha biblioteca inclusiva: Seguimos o camiño marcado nas liñas
prioritarias. Este curso ampliamos de maneira notable os fondos da biblioteca sobre esta temática.
En relación con outras actuacións: Tampouco neste curso se fixo o grupo de traballo ou seminario
para iniciar un proceso exhaustivo de avaliación, que tivera como base o documento "Bibliotecas
Escolares, entre interrogantes?". . É unha das opcións baralladas cara ao próximo curso, pero non
podemos saber a data de hoxe o que vai ser.
En relación cos criterios e procedementos de avaliación: No apartado da avaliación,
inclúese unha táboa sobre a consecución das liñas prioritarias previstas para este curso.
ACTIVIDADES DESENVOLVIDAS
Xestión técnica e organización
En canto ao espazo físico contamos con una distribución moi flexible pola facilidade de cambiar
mesas, sillas, sillóns, no caso de necesidade: grupos de traballo, visionado de audiovisuais, visita
de contacontos, recitais...
-Continuamos coa distribución dos andeis segundo a CDU simplificada, seguindo a táboa
proposta pola Asesoría. Non empregamos as cores identificativas de cada apartado, só as
correspondentes á diferenciación por idades.
MEMORIA PLAMBE 2018-2019
BIBLIOTECA ESCOLAR Paula Carballeira. CEIP. Plurilingüe Os Casais
6
- Temos dúas zonas de traballo; unha para os maiores e outra para os pequenos.
- Temos dous recantos para lectura informal.
- Estamos nun proceso de cambio do libro informativo de Primaria. O curso pasado foran
colocados nuns estantes novos. Son excesivamente altas. O amplo expurgo que realizamos no
presente curso, estanos a permitir liberar espazos. O próximo curso académico 2019-20
disporemos de mellor accesibilidade para a totalidade dos libros informativos.
- Recuperamos moito espazo nos andeis de Infantil. Unha gran parte do expurgo correspondeu
a libros deste recanto.
O recuncho para audicón autónoma segue a estar infrautilizado; é probábel que en próximos
curso, de necesitar espazo, desapareza.
A sinalización, por falta de tempo, segue sen ser ampliada, tal como se pretendía, nalgúns
andeis informativos para 3º, 4º, 5º e 6º (o 5 e o 9) nos que propuxemos ampliar a sinalización para
acotar a colocación dos libros, xa que cada vez teñen máis facilidade para facelo e temos
suficientes nalgún apartado para tal acotación. Tamén quedou pendente ampliar (que non modificar),
polo mesmo motivo a sinalización no recuncho de EI, engadindo iconos ou imaxes á numeración
da CDU.
Temos separadores alfabéticos para Primaria. 1º e 2º de Primaria e máis EI, como parte da FU,
elaboran marcadores/sinalizadores de dous tipos -un para o libro que levan en empréstito e outro
para aquel que están lendo/usando na BE- cos seus nomes para identificar o lugar de onde retiran un
libro e facilitar o seu retorno ao mesmo espazo. Non obstante consideramos que en Primaria, ainda
que non controlan con fluidez a orde alfabética, poden combinar os dous sistemas e irse iniciando
na colocación correcta dos libros. Por iso temos incorporados separadores alfabéticos para os
dous primeiros cursos, tal como tiñamos nos cursos superiores.
Mellorouse en canto á orde, anque seguen aparecendo de cando en vez fondos fóra de lugar,
especialmente nos correspondentes a 3º e 4º, dificultando a súa posterior localización e
ralentizando ou facendo case imposible atopalos cando son necesarios.
En setembro fíxose o volcado de cursos e elaboráronse os carnés d@s nov@s usuari@s, que se
entregan o primeiro día lectivo de outubro para iniciar os préstamos. Mantemos os carnés de aula
e especialidades que permiten levar un lote de 30 libros por un espazo longo de tempo para a
Hora de Ler, traballo na aula, proxectos ou bibliotecas de aula. Mellorou a xestión no referente a
préstamos ás aulas, do que fan uso o 100% das mesmas con máis ou menos frecuencia,
rexistrándose menos perdas ou extravíos que noutros cursos. Na primeira semana do mes
modificáronse e etiquetáronse fondos mal catalogados (cambio de ciclo, cambio de CDU).
Ata o último día lectivo de maio catalogáronse un total de 300 volumes. Esta cifra é moi
inferior á dos anos anteriores (case a metade). Poderíamos ter a falsa impresión de que adicamos
menos tempo ao rexistro no programa informático; nada máis lonxe da realidade. Se cadra incluso
dedicamos máis horas. O que ocurre é que dedicamos moitísimo tempo ao expurgo de exemplares, e
MEMORIA PLAMBE 2018-2019
BIBLIOTECA ESCOLAR Paula Carballeira. CEIP. Plurilingüe Os Casais
7
isto non queda rexistrado na cifra total de rexistros. Do mesmo xeito que nos cursos anteriores, unha
das persoas do equipo dedicou todas as súas horas de biblioteca ao rexistro e, ainda así, ela soa non
deu pasado polo programa tantos libros expurgados.
O préstamo faise informáticamente (en condicións normais), con lector de código de barras
(carnés de usuari@s, fondos) agás para as Mochilas Viaxeiras. Os libros aínda sen rexistrar poden
levarse de igual maneira (no caso de non ser novas adquisicións) porque contamos
tamén cun libro de rexistro de préstamos.
Continúase co rexistro e catalogación de fondos. Non se rematou aínda co rexistro informatizado
dos fondos (anteriores ao PLAMBE) existentes na BE, por darlle prioridade ás novas adquisicións.
Outro curso máis foron quedando para os "tempos mortos" (que non hai). Ainda así quedan xa moi
poucos para rematar este proceso. Unha boa parte foron expurgados nos últimos anos.
Os fondos están todos centralizados na BE, ainda que fisicamente estean ubicados noutras
localizacións, ben sexa de forma temporal (nas aulas) ou permanente (en Dirección ou na Sala de
Profesores).
Procurouse dende o comezo do curso manter actualizado o blogue da biblioteca; de novo a falta
de tempo foi o motivo de non poder facelo tan asiduamente como nos gustaría. Sabemos da
importancia de visibilizar o traballo da biblioteca e de ter unha ventá permanentemente aberta ás
familias, mais non podemos priorizar a presenza virtual respecto das actividades presencias
diarias da biblioteca. Para as novedades, mantense unha conta Pinterest que, pola mesma causa,
pasou de ser de novidades trimestrais a novedades por curso lectivo, incorporando paulatinamente
as novas adquisicións.
Seguimos seleccionando o moi pouco libro de carácter informativo que hai en galego, xa que
noutro formato o galego parece inexistente (DVDs, material informático, xogos...) agás para
cancións infantís. Por sistema, seguimos solicitándoos a canto comercial chega ao centro ou se
pon en contacto con nós.
Seguimos a darlle voltas a necesidade da proporción 60/40, dado que a busca de
información faise maiormente na Rede. Sería un punto de debate de cara a próximas
adquisicións.
Mantemos a actividade das Mochilas Viaxeiras en todos os niveis. Coma o curso pasado,
engadíronse novos contidos co fin de ir renovando aquelas que "visitan" domicilios nos que xa
estiveron (irmás/irmáns maiores). Enviáronse en setembro ás cartas ás familias coa información e
impreso de solicitude. Son moi poucas as familias que non participan nesta actividade.
MEMORIA PLAMBE 2018-2019
BIBLIOTECA ESCOLAR Paula Carballeira. CEIP. Plurilingüe Os Casais
8
Continuamos invertindo en música galega non infantil para incorporar ás Mochilas, así como en
libros-disco para nen@s.
A mediados de setembro, na reunión xeral coas familias, informouse da importancia da
biblioteca no proceso de ensino-aprendizaxe, da conveniencia de implicación das familias e das
actividades a desenvolver en liñas xerais, facendo fincapé nas propostas coma a Mochila Viaxeira, a
Hora de Ler, ou os Apa/amadriñamentos.
A finais de curso facemos préstamo para o verán para aquelas familias que o solicitan.
Este curso montamos empezamos a funcionar co "Espazo Maker-Fedelleiro", que habilitamos o
curso pasado nunha sala anexa á biblioteca. Neste espazo é onde máis frecuentemente utilizamos os
robots educativos (aunque tamén andan polas aulas).
Adquirimos o equipamento para montar unha radio escolar. Pensamos poñela en funcionamento no
vindeiro curso. Estamos convencidas de que é unha ferramente de altísimo valor pedagóxico e moi
eficaz no tratamento da diversidade.
Dinamización
Formación de usuari@s
En setembro, antes do comezo das clases, adicouse unha xornada completa á FU do
profesorado, para poñer en práctica o acordado nas liñas prioritarias acerca de incluila na
programación curricular de cada curso. Foi impartida pola profesora Maribel Serantes (quen
conta con ampla experiencia no traballo das bibliotecas escolares e anterior responsable da
nosa). Agás a directora (por incompatibilidade coa inexcusable atención ao traballo do seu
despacho), acudíu todo o profesorado, a quen se lle entregou, vía electrónica, unha copia
do programa de FU elaborado pola BE, cos obxectivos distribuídos por c u r s o s e
propostas/modelos de actividades para poñelas en práctica.
En outubro, na primeira sesión de préstamo, faise visita guiada por cada recuncho, lembrando
normas de uso, códigos de córes (dos que hai copia en cada aula), distribución dos espazos,
colocación dos fondos, CDU.
Coa implantación da robótica atopamos un novo xeito de practicar todo o que alumnado vai
aprendendo respecto da FU.
A implicación das titorías segue a ser imprescindible para que normas e autonomía corran
parellas e permitan o adecuado uso da biblioteca coma recurso. Ás veces non se respecta, anque
MEMORIA PLAMBE 2018-2019
BIBLIOTECA ESCOLAR Paula Carballeira. CEIP. Plurilingüe Os Casais
9
sexa só puntualmente, o horario reservado para o equipo da biblioteca, cando con tan pouco
tempo, dez ou quince minutos de retraso supón unha porcentaxe importante de tempo. Podemos, de
tódolos xeitos, estar satisfeitas coa implicación que as titoras actuais teñen coa biblioteca e coa boa
disposición e interese que amosan cara a formación para un uso axeitado dos seus recursos. Neste
senso avanzamos moito, e os problemas que temos a este respecto son de casos moi concretos e
afortunadamente puntuais.
Educación para a competencia en información
Por falta de tempo e preparación non nos é posible realizar as nosas propias actividades
dixitais, pero dende a BE, a través do correo electrónico das aulas, enviamos todos os enlaces
que aportan outros centros PLAMBE ou que seleccionamos noutros ámbitos para ser utilizados
como un recurso máis nas diferentes áreas.
Os traballos realizados polo alumnado (posteriormente encadernados para formar parte dos fondos
"Feito por nós") son expostos nas corcheiras da entrada, nos corredores ou en exposicións
temporais en diferentes puntos do centro, sempre que o seu formato o permita, co fin de que
toda a comunidade escolar poda ter acceso a eles. Continuamos "colonizando" lugares do cole, tal
como empezamos a facer o curso pasado, non só para as exposicións dos traballos realizados, senón
tamén para exposición de fondos ou para a realización de actividades, co propósito de visibilizar máis,
se cabe, o feito de que a biblioteca non é un lugar restrinxido ás catro paredes específicas, senón que
a biblioteca está en todas partes, que todo o centro é biblioteca.
Anque segue sendo desigual por parte das aulas o emprego da BE neste apartado de
educación documental, cada vez é máis frecuente e son máis as búsquedas de fondos (papel,
audiovisuais, Rede) por parte do profesorado e alumnado para a realización de proxectos ou
mesmo ampliación de información fóra dos libros de texto. A pertenza do centro ao Proxecto Abalar,
favorece en concreto o uso da Rede para estas propostas en 5º e 6º de Primaria (sempre que os
frecuentes fallos informáticos ou de Rede non o impidan).
Tamén este curso todo o colexio participou nun PDI apartires da iniciativa da Biblioteca. Sen
embargo, neste curso non tivo duración anual, senón que foi realizado integram ente
no primeiro trimestre, para reservar tempo para os proxectos científicos de aula do
proxecto Piteas. Este proxecto está aloxado na wiki que aparece a continuación,
que, á súa vez, está subida ao blog da biblioteca.
Animais en perigo de extinción
MEMORIA PLAMBE 2018-2019
BIBLIOTECA ESCOLAR Paula Carballeira. CEIP. Plurilingüe Os Casais
10
O traballo en xeral e cotiá neste proxecto resultou moi satisfactorio e altamente significativo para a
adquisición das competencias por parte do alumnado de tódolos niveis. Constatamos un progreso
importante nas dinámicas do traballo por proxectos e na metodoloxía do modelo SEM
A información e proposta de actividades a alumnado e familias segue a ser por medio das cartas
da "gata bibliotecaria" da BE e a través do correo electrónico. Todas as cartas están subidas ao
blogue da biblioteca.
Fomento da lectura
O préstamo iniciase en outubro, é semanal, ampliable a quince días e con posibilidade de
prórroga se o título non é solicitado por outr@ usuari@, tendo cada titoría un horario
reservado para facelo. Poden levar para casa ou para a Hora de Ler o libro/CD/DVD que
desexen sempre que estea rexistrado para tal fin, sendo as cores orientativas, agás para EI, que é
obrigatoria para usuari@s individuais, non para aula. Nos fondos prestabeis inclúense os
informativos (materias, referencia), que seguen a ter grandes "adict@s" en todos os cursos. Ao
ser pouco alumnado e ser facilmente localizable quen ten un libro en concreto, se non se reservou
con antelación e fai falla para ser utilizado nunha aula, pídeselle ao/á alumn@ que o ten en
préstamo. No mes de xuño xa non hai préstamo (exceptuando o préstamo para verán),
despois só se tramita a devolución dos mesmos, para dar tempo a comprobar/avisar/reclamar a
moros@s. Non temos grandes problemas coa morosidade.
Este curso, o préstamo foi moi regular en todos os cursos, tanto dos libros para casa como das
Mochilas Viaxeiras.
Dende setembro colócase na entrada do colexio un Punto de Lectura: expositor con libros e
revistas para que o alumnado poida entrar a ler na hora do recreo.
Contamos tamén na entrada do colexio cun punto de intercambio de libros: Sementando
Lectura. E esta una iniciativa pensada para os adultos. Todos os anos na avaliación das
mochilas as familias reclamaban títulos para adultos, demanda que dende a BE non podemos
cubrir, por iso lanzamos esta proposta na que, de funcionares ben, con uns poucos
exemplares iniciais (aportacións gratuitas de diferentes persoas) podense ler moitas obras. Sen
embargo, estamos a constatar que, a pesares de ser algo xurdido, en orixe, do propio interés das
familias, a rotación dos libros é moi escasa. Tan escasa é que, ao inicio do próximo curso, trataremos
sobre este tema e buscaremos, de ser posible outras alternativas.
No presente curso organizamos a biblioteca da sala de profesores. Colocamos aquí unha boa
parte dos fondos que antes estaban no despacho de Orientación. Este despacho está moitos días
pechado, por termos orientadora compartida con outros centros, e polo tanto era moi difícil poder
consultar estes materiais.
MEMORIA PLAMBE 2018-2019
BIBLIOTECA ESCOLAR Paula Carballeira. CEIP. Plurilingüe Os Casais
11
Mantense absolutamente normalizada dentro do horario escolar como unha sesión máis
incluída no XADE, a Hora de Ler, vinte minutos de lectura silenciosa e sostida na que non vai ser
avaliada a comprensión lectora, ritmo, velocidade... Realízase tan pronto como se entra do recreo,
cos libros da biblioteca de aula, cos da BE ou cos que traen das súas casas. Os que traen das
casas, adoitan ser prestados entre o propio alumnado, funcionando a recomendación "boca a
boca". Nalgúns casos, e dependendo das titoras, emprégase este tempo (un día á semana, ao
mes, por algunha celebración...) para a lectura en voz alta (algo que @s alumn@s queren
compartir, unha lectura dunha mestra, o recitado de poemas...) ou recomendacións de lecturas e
presentación de libros. Utilízase tamén a HL para os apadriñamentos e amadriñamentos
lectores. Mantemos os colgadores nas portas para avisar que nese tempo de lectura non se
moleste. Nas aulas Abalar tamén se permite nalgunha ocasión o uso dos netbooks para a
lectura. Puntualmente algunha titoría usa a biblioteca neste tempo de lectura.
Mantense tamén o número de Mochilas Viaxeiras en circulación, unha por nivel (3 para EI e 6 para
EP), evitando a repetición de contidos. O tempo de permanencia nos domicilios é de2 semanas, dada
a grande e boa acollida que segue a ter esta actividade. Saen inicialmente na primeira semana de
outubro. Apúntase practicamente todo o alumnado; varios cursos teñen apuntado o 100%. Dáse o
caso de familias con máis dun/ha nen@ no colexio, que solicitan ambas Mochilas. Cando isto
ocurre, procúrase que non coincidan moi próximas no tempo as entregas. Nas aulas onde é posible,
ampliouse a permanencia da Mochila nos fogares a un mes.
En Educación Infantil continúase coa actividade "Érase que se era..." (narración/lectura de
contos na aula ou na BE, seleccionados polo profesorado ou dos que aporta o alumnado).
Tamén con "Canto conto na casa" (selección de contos por parte de alumnado, ás veces
"inducido" se interesa algún tema en concreto, para levar á casa e que lles sexan lidos pola familia).
As recomendacións de lecturas para "pedir" no Nadal, fixéronse en papel, nun tríptico que se
entregou a cada alumn@, con propostas de fondos dos que non dispoñemos (aínda) na BE,
seleccionadas por idades e con recomendacións tamén para adultos. As de verán entregaranse este
ano (como xa se fixo no anterior) xunto co informe das calificacións.
Contacontos/"Apadriñamentos": Co gallo dalgunhas celebracións (mes das Bibliotecas,
Candeloria, Mes do Libro, Letras Galegas), e sempre voluntariamente, parte do alumnado de
calquera nivel, sexa de Infantil ou de Primaria, preparou lecturas seleccionadas na BE ou na casa
para exercer de lector@s noutras aulas ou de xeito individual. Tamén somos "ama/apadriñados" por
nais ou pais na Semana da Tradición Oral, no Mes dos Libros ou en outras datas conmemorativas,
como por exemplo o Día de Rosalía ou o Día das Letras Galegas.
http://contosebigotes.blogspot.com/search?updated-max=2019-03-30T12:49:00%2B01:00&max-
results=7&start=28&by-date=false
MEMORIA PLAMBE 2018-2019
BIBLIOTECA ESCOLAR Paula Carballeira. CEIP. Plurilingüe Os Casais
12
Son poucas persoas as que participan, pero sempre resulta unha boísima experiencia que @s
nen@s lles encanta. Este curso sumamos á participación nos apadriñamentos por parte das familias
a varias mamás de alumnado de EI. Este feito danos a esperanza de continuidade, porque nos
dous últimos anos perdéramos algúns dos pais máis implicados nestas actividades coa marcha
dos seus fillos e fillas cara ao IES.
"Somos contacontos" Continuamos con esta actividade, iniciada no curso pasado. Os venres, un
alumno ou alumna de 5º/6º, vai ler á aula de Educación Infantil. É unha experiencia moi positiva, que
continuaremos nos vindeiros cursos, e probablemente ampliemos introducindo tamén o curso 4º de
Primaria como contacontos.
Dado a época de recortes que estamos a sufrir no Concello, por cuarto ano consecutivo, a
biblioteca Municipal de Fene non puido ofertarnos ningunha actividade de contacontos como
noutros anos. A situación foi incluso peor que nos anos anteriores, xa que, como dixemos antes,
tampouco foron ofertadas outras actividades ou certames culturais cos que contabamos. Incidimos no
feito de que non pasou o mesmo coas actividades deportivas organizadas polo Concello, que se
mantiveron todas. Polo menos recuperaron a actividade Fene lendo mulleres. Algo é algo.
Continuamos fomentando a participación en certames e concursos (alleos ao centro)
relacionados coa lectura, a literatura, a escrita, a lingua (O Facho, OEPLI/Gálix, Primavera das Letras...
Facemos uso de Pases ao Liberespazo e Cadernos de Viaxe.
Moitas das actividades propostas dende a BE implican a busca de información, mais tamén a
lectura e a escrita de textos literarios, facendo fincapé, no caso deste tipo de lectura, na poesía,
xa que é pouco o alumnado que a leva habitualmente en préstamo. Este curso fixémolo de
maneira todavía máis intensiva, por ser a temática proposta dende a Asesoría. Nun centro pequeno
coma o noso, ver que aumenta, especialmente nos cursos superiores, o número de asidu@s á
poesía é sempre motivo de ledicia.
Actividades
1º trimestre
o O Mes das Bibliotecas tivo como lema : PoéticasDiversasnaBibliotecaEscolar.A actividade proposta pola
biblioteca incluía formación de usuarios. Levou por título "Animaladas en verso". O material resultante estivo exposto
no recanto que chamamos "a Árbore de Mica" durante boa parte do primeiro trimestre.
o Exposición de fondos relacionados coa actividade anterior.
o Expurgación de fondos obsoletos ou deteriorados.
MEMORIA PLAMBE 2018-2019
BIBLIOTECA ESCOLAR Paula Carballeira. CEIP. Plurilingüe Os Casais
13
o Inicio da actividade "Mochilas Viaxeiras".
o Elaboración de taboleiros para Escornabots con actividades de FU. Utilización dos mesmos.
o Inicio da actividade "Somos contacontos", na que @s maiores lenlles, cada venres, aos máis pequenos.
o Celebramos na nosa biblioteca o acto de presentación do programa TEI, de titoría entre iguais.
o Curso en rede sobre Biblioteeca Creativa.
o O 24 de outubro o alumnado de EIe 1º e 2º de Primaria acudiu ao Auditorio Municipal de Narón para aistir á
representación de A Galiña Azul, de Tanxarina.
o O 25 de outubro tivemos a escola dos avós. Este ano fixeron un roteiro con nós para amosarnos
eidificacións emblemáticas do patrimonio fenés.
o Exposición de outono na entrada do cole coa colaboración das familias.
o Elaboración de sinalizadores (EI-4º e alumnado de nova incorporación) para usar na BE.
o Exposición de fondos relacionados co Samaín e o magosto.
o Eu teño medo. Samaín adicado a Xabier P.Docampo, autor de Cando petan na porta pola
noite.
o Lectura tenebrosa: sesións de lectura de contos de medo na biblioteca á luz das candeas.
o Enlaces a páxinas sobre esta temática para traballar nas titorías.
o Inicio da actividade Nós tamén contamos, na que somos as profes as que imos ler polas aulas.
o Obradoiro de cestas de castañas para o magosto organizado pola ANPA.
o O 16 de novembro a Asociación Betula deu unha charla sobre o Patrimonio.
o Acto de presentación do TEI, de titoría entre iguais.
o O 23 de novembro: obradoiro sobre violencia de xénero ofrecido polo Concello
o Exposición de novidades.
o Iniciamos as actividades do Plan Director
o Actividades diversas no espazo maker-fedelleiro, incluida robótica.
o O 30 de novembro unha farmacéutiva veu dar unha charla sobre importantes temas de saúde.
o Contacto continuo de Micabigotes coas aulas a través do correo electrónico.
o Inicio do voluntariado de biblioteca.
o Xornadas de BBEE ás que asisten o día 10 de novembro a coordinadora do equipo de
biblioteca.
o Apoio á planificación e desenvolvemento do Proxecto Documental Integrado do presente curso
académico: Animais en perigo de extinción, posto en marcha polo alumnado segundo o modelo
SEM.
o Exposición de libros inclusivos. (Maleta Viaxeira)
o 20 de Novembro: actividade de todo o centro, planificada xunto co equipo TIC, para
conmemorar o Día dos Dereitos da Infancia. Preparación dun manifesto e elaboración dunha
MEMORIA PLAMBE 2018-2019
BIBLIOTECA ESCOLAR Paula Carballeira. CEIP. Plurilingüe Os Casais
14
actividade para a defensa da igualdade de xénero dende a infancia.
o 25 de Novembro: Contra a violencia de xénero: ligazóns a páxinas da Rede (actividades,
información, videos, cancións) para traballar dende as titorías. Elaboración dunha actividade
reivindicativa.
o Árbore de Mica: Poemas de inverno. Meses do inverno frío que amo eu a todo amar.
o Semana da Literatura de Tradición Oral: amadriñamentos lectores das familias. Leron en todos
os cursos. Coma sempre, Micabigotes agradecéullelo cun pequeno agasallo. E búsqueda na
Rede, na BE ou na casa, de relatos, lendas, contos de tradición oral para os apadriñamentos
lectores entre pares (participaron todas as aulas).
o 11 de decembro: charla para as familias sobre o Proxecto Piteas.
o Varias mamás veñen ler cos nenos.
o 16 de decembro: cine en galego no Teatro Jofre de Ferrol.
o Apoio ás actuacións que prepararon os nenos como produto final do seu proxecto sobre os
animais (recitado, teatro, cancións...)
o Participación de 5º e 6º no V Certame Literario Carmela Loureiro, convocado polo concello de
Ferrol.
o Selección de fondos para as recomendacións do tríptico de Nadal. Entrégase en papel a cada
alumn@ e cólgase no blogue.
o No Nadal adopta un libro, no que utilizamos os exemplares que foron expurgados pero se
atopan en boas condicións de uso. Unha maneira de darlles unha segunda oportunidade aos
libros e acostumar @s nen@s a regalar ou recibir libros como agasallo.
o Do meu pensamento á túa ilusión. O alumnado de 5º e 6º agasallou cun libro a cada neno ou
nena de EI e 1º e 2º de Primaria.
o Campaña A luz das nenas. A educación fai voar os soños, na defensa do dereito á educación.
o Sesión de contacontos relacionado coa figura tradicional galega do Apalpador.
2º trimestre
o Expurgo Limodre
o Actividades diversas no Espazo Maker, na sala anexa á bilbioteca.
o Elaboración de haikus de inverno. Folerpas de haiku
o Actividade para o Día da Paz, planificada xunto cos restantes equipos do centro.
o 24 de xaneiro: celebración do Día da Educación
o Continuamos co Somos contacontos, Nós tamén contamos e as lecturas das familias
o Exposición polo Día da Ilustración.
o Sobre a paz: traballo por titorías con enlaces a diversas páxinas e propostas,
incluíndo visitas a blogues das BBEE.
o Actividade pola Candeloria. Traballamos o acróstico.
o Colaboración cos proxectos Piteas das diferentes clases.
o Compartindomomentos: @s voluntari@s de biblioteca desplázanse á veciña residencia de
maiores, en Laraxe, para ler para os residentes.
MEMORIA PLAMBE 2018-2019
BIBLIOTECA ESCOLAR Paula Carballeira. CEIP. Plurilingüe Os Casais
15
o Exposición de Banda Deseñada (Maleta Viaxeira)
o Colaboración cos outros equipos para planificar e organizar as celebracións de Entroido,
contextualizándoo dentro dun tema relacionado coa literatura (o cómic)
o Día de Rosalía: proposta da AELG: # L i b r e o m e u p e n s a m e n t o . P a r t i c i p a n a s
f a m i l i a s
o Con ocasión do 8 de marzo: actividade sobre poetas galegas. Exposición.
o Rocío Formoso (5º de Primaria) recibe o 1º premio de micropoesía do certame Carmela Loureiro.
o Selección e preparación de textos escritos por mulleres (sempre algún de Paula Carballeira) para
participar no maratón "Fene lendo mulleres" na Casa da Cultura. Adiouse ao día 15.
o Fridays for Future, actividade na defensa do medio ambiente.
o Exposición de poesía. Maleta Viaxeira
o Árbore de Mica: poesía e primavera.
o Exposición de primavera coa colaboración das familias
o Celebración do Día da Poesía. Recital de poesía no patio. Plantamos unha árbore.
o Día Down: calcetíns desaparellados.
o 22 de marzo. Encontros PLAMBE, aos que asiste a coordinadora da biblioteca.
o Lectura continuada entre todo o alumnado de A Galiña Azul. Exposición de galiñas.
o Apadriñamentos entre aulas.
o 5 de abril: Contacontos solidario. Anxo Moure
o 8 de abril: Visítanos Celtia Figueiras
o 10 de abril. Obradoiro solidario.
3º trimestre
o 23 de abril. Nova visita d@s voluntari@s á residencia Domus Vi
o Semana de Acción Mundial pola Educación. Actividades sobre o cambio climático.
o Apadriñamentos lectores polo Mes do Libro. Lendo para ti
o Obradoiro científico do Proxecto Piteas, impartida por David Ballesteros,
o Non participamos no que sería o VII Concurso intercentros de Microrrelatos da Concellería
de Cultura de Fene, porque non foi convocado.
o Colaboración cos clusters organizados polo alumnado de 4º: xardinería, cerámica, fotografía e
lingua de signos.
o Escola de pais sobre disciplina positiva a cargo de Andrea Bthclian
o Continuamos coas actividades Somos contacontos e Nós tamén contamos.
o Elaboración de slogans para participar no Correlingua (co EDL) 9 de maio.
o Xunto co equipo TIC, elaboración de un conto colaborativo coa aula de EI, a partir de opcións
abertas.
MEMORIA PLAMBE 2018-2019
BIBLIOTECA ESCOLAR Paula Carballeira. CEIP. Plurilingüe Os Casais
16
o Antón Cortizas na nosa biblio. Obradoiro de xoguetes tradicionais.
o Plan Director
o Familias lectoras
o Obradoiros de oratoria
o Obradoiro de instrumentos musicais artesanais.
o Mes do libro: exposición de fotografías de edicións anteriores da actividade "Lendo para ti".
o Traballos sobre Antón Fraguas (RAG, Seminario Galán, etc.) e preparación da celebración do Día
das Letras Galegas.
o "Apa/amadriñamentos lectores durante todo o mes de abril. Veñen ler as familias, unhas
aulas len ás outras e, cara ao 23 de abril facemos apa/amadriñamentos individuais entre o
alumnado ("Lendo para ti").
o Tampouco participamos, tal como viñamos facendo dende a súa primeira edición, na proposta
intercentros da Concellalía de Cultura do Concello de Fene do IV certame "En galego? É o
noso!", de composición plástica sobre poetas galegos, porque, reiteramos, tales actividades foron
eliminadas.
o Obradoiros Piteas
o Exposición de Beatriz Seijo na Casa da Cultura de Fene.
o 22 de mai: Teatro con G, no Teatro Jofre de Ferrol
o 23demaio:contacontos.BraisMoure
o Elaboración de taboleiros para Escornabots con actividades sobre Antón Fraguas. Utilización dos mesmos.
o Utilización do gran taboleiro para Makeblock e Beeboot con información xeral sobre as Letras Galegas
realizado o curso pasado.
o Exposición dos cartaces conmemorativos no corredor de acceso á BE e traballo dos diferentes
cursos con eles.
o Exposición de libros científicos (Maleta viaxeira)
o Preparación da Feira Piteas do noso cole
o Elaboración dos artigos para a revista escolar Amencer.
o Teatro con G: r e p r e s e n t a c ió n no teatro Jofre de Ferrol da obra Z a p p i n g .
o Recolléronse suxestións para a elaboración das recomendacións de lecturas para o verán,
tanto para os diferentes cursos como para adultos. Serán entregados para levar o último día do
curso.
o Eu leo porque... Actividade realizada polo alumnado de 6º para "pasarlle o testigo" aos que
quedan. Os seus testimonios quedan nos corredores do cole.
o Elaboración dos trípticos coas recomendacións de lectura para o verán.
o Solicitudes do préstamo de verán por parte dalgunhas familias.
MEMORIA PLAMBE 2018-2019
BIBLIOTECA ESCOLAR Paula Carballeira. CEIP. Plurilingüe Os Casais
17
AVALIACIÓN
A avaliación foi feita en parte adaptando algúns apartados do documento "Bibliotecas
escolares, entre interrogantes?", en previsión de seguir avanzando neste apartado:
cuestionarios/enquisas a familias, profesorado e alumnado, a demáis da observación directa, fácil
de manter nun centro coma o noso, e da estatística que proporciona o programa de xestión.
As aulas utilizan habitualmente a BE para traballar, buscando nela a información e
manexando os fondos para actividades diversas. Son menos os que a usan simplemente para
darse o gusto de cando en vez de ler nela, moitas veces pola continua esixencia de rematar uns
contidos necesarios.
Cada vez é menos o profesorado que ve a BE coma mero utensilio para a animación á lectura, e
traballar cos proxectos obrigou a entender a necesidade real dunha biblioteca organizada, de
saber moverse por ela, de coñecer a ubicación dos fondos e coma localizalos.
A versatilidade na colocación do mobiliario (agás andeis e mostrador de xestión) posibilita a
creación de espazos diferentes en función das necesidades concretas e así propicia o
emprego da BE con diferentes obxectivos, permitindo acoller á totalidade do alumnado cando é
necesario.
O tempo adicado é alarmantemente insuficiente. A selección e catalogación de fondos
(neste curso,de novo, inxente), a elaboración de materiais e a proposta e xestión das
actividades, a pesar de seren desenvolvidas de forma coordinada entre os membros de
equipo supoñen un tempo do que carecemos. Resultou, por tanto, imposíbel elaborar guías de
lectura para datas concretas, anque si tivemos exposición de fondos para tal fin; a rápida posta
en circulación de novidades, mesmo a selección de fondos, resultou tamén laboriosa, xa que non
mercamos coleccións por catálogo. Se, entre todas, sacamos adiante o proxecto é pola utilización
de horas "roubadas", moitísimas delas, horas da vida privada.
MEMORIA PLAMBE 2018-2019
BIBLIOTECA ESCOLAR Paula Carballeira. CEIP. Plurilingüe Os Casais
18
Avaliación 2018-19
Valor e integración no centro:
Apoio do equipodirectivo x
Presenza da biblioteca en documentos esenciais:PEC. PC.P. Lector.PXA.Plan
TIC. P.Lingüístico
x
Adecuación da da dotación económica x
z
Accesibilidade:
Der. Lim. Bo Exc.
Acceso ao espazo da BE x
Adecuación do espazo
x
Equipamento tecnolóxico x
Organización e sinalización da colección
X
Adecuación dos recursos á acción compensatoria X
Análise de necesidades e oferta de servizos:
Der. Lim. Bo Exc.
Alcance das actividades organizadas pola biblioteca X
Coordinación cos servizos de orientación X
Implicación da biblioteca nas accións de educación compensatoria. X
Der. Um. Bo Exc.
Adecuación de recursos:
Suficiencia de recursos X
Variedade de soportes X
Equilibrio entre ficción/no ficción X
Equilibrio entre materias X
Equilibrio entre nlveis educativos
><
Coordinación pedagóxica:
Def. Llm. Bo Exc.
Coordinación co equipo docente x
Implicación da biblioteca no desenvolvementodas competencias lingüísticas X
Coordinación co Plan TIC X
Coordinaclón co Proxecto de DLG
><
Alcance do proxecto de biblioteca X
Usuari@s e equipo de traballo:
Def. Llm. Bo Exc.
Porcentaxe de alumnado que acude á biblioteca.
><
Número de horas da responsable x
Composición do equipo de biblioteca
><
Participación en grupos de traballoou similares
><
Colaboración coa biblioteca pública x
Vinculación coas familias X
Def. llm. Bo Exc.
MEMORIA PLAMBE 2018-2019
BIBLIOTECA ESCOLAR Paula Carballeira. CEIP. Plurilingüe Os Casais
19
Avaliación cumprimento liñas prioritarias 2018-19
1.En relación coa organización e a xestión.
Valoración e selección de fondos para ampliar a colección de BE )(
Catalogación.rexistro e informatización dos mesmos x
Ordenación de espazos
X
Manter estreita colaboración coa comunidade educativa a través da ANPA. das
propias familias e dos servicios culturais do Concello, particularmente da
Biblioteca Municipal
X
Manter e actualizar o blog e xestionar as contas da BE (Pinterest, Picassa,
gmail, dropbox. facebook)
X
Formar parte do equipo da biblioteca compromete aos seus membros áformación
indispensable sobre BE e temas afínsa mesma. X
A posta en práctica do proxecto de BE en todos os seus apartados (animación á
lectura, ALFIN,formación de usuari@s corresponde ao profesorado/claustro.
X
O equipo coa súa coordinadora proporá e apoiará o proxecto para a s ú a posta
en práctica e será a súa responsabilidade dita activación,.coordinación.segulmento e
avaliaclón do mesmo.
X
A aprobación deste proxecto en claustroé vinculante á súa posta en práctica X
Def. Llm. Bo Exc.
2 . En relación coa dinamización e promoción dos recursos
da biblioteca, á súa integración no tratamento do currículo
e á súa contribución ao desenvolvernento das competencias
clave do alumnado.
Elaborar guías de lectura con recomendacións trimestrais ("este trimestre
recomendámosche...") e publicitar as novidades da biblioteca
x
Presentación das novidades adquiridas nos expositores.
X
Exposicións temáticas según conmemoracións,proxectos e datas sinaladas. X
Extender o uso das guías temáticas. X
Obxectivos e actividades integraranse nos procesos pedagógicos do Centro,
quedando recollidas no PEC,PCC e PXA, así coma nas programacións.
X
Actualizar periódicamente as informacións relativas á B E na web do c o l e e n o
b l o g d a B E .
X
Def. Lím. Bo Exc.
3. En relación coa formación de usuarios e educación
para o acceso á información
Actualizar a guía da biblioteca. De ser posible, cambiar o seu formato, integrala no blog da BE. x
Continuar co plan de formación de usuari@s, dende EI a 6º de Primaria. Formará parte do
currículum de cada curso, sistematizándoo, deixando de ser actividade exclusiva da BE.
x
A BE cooperará e proporcionará a información/formación precisa ao profesorado para a posta en
práctica e elaboración de material necesario en cada nivel educativo para a FU.
x
Insistir na FU do profesorado, de xeito que tod@s podan utilizar a biblioteca autonomamente.
Datas en setembro, de carácter obrigatorio, para esta formación.
x
Proposta de proxectos que esixan a busca, manexo, selección, reelaboración... de información en
tódolos soportes. Elaboración dun PDI anual coordinado entre todo o centro.
x
Xestionar os grupos de alumnado voluntario como axudantes da BE, sen que nunca incidan
negativamente na FU.
x
Tentar propostas tendentes a cambiar o horario de préstamo posibilitando maior flexibilidade. x
Def. Lim. Bo Exc.
MEMORIA PLAMBE 2018-2019
BIBLIOTECA ESCOLAR Paula Carballeira. CEIP. Plurilingüe Os Casais
20
4. En relación co fomento da lectura e co
desenvolvemento do PLC.
Continuar coas propostas do proxecto inicial: préstamo individual informatizado, préstamo ás
aulas de lotes "viaxeiros", préstamos "temáticos"... x
Manter a oferta de Mochilas Viaxeiras. Unha por nivel. Tempo: 15 días. x
Manter as actividades "Érase que se era" e "Canto conto na casa" en Educación Infantil x
Sesións de contacontos, visitas (de ser posible economicamente) de animador@s, escritor@s
e/ou ilustrador@s. x
Participar nas campañas de animación á lectura doutras entidades (editoriais, concello,
biblioteca municipal...) x
Manter a Hora de Ler tal como se iniciou no curso 2008-09 (lectura nas titorías, libre, silenciosa
e sostida). Cada titoría poderá xestionar este tempo de lectura con propostas alternativas que
non desvirtúen a esencia desta actividade: lectura en voz alta algunha sesión, recomendacións
lectoras entre pares...
x
Elaborar máis Story Sacks coa colaboración das familias. x
Colaborar co departamento de orientación na elaboración de propostas para millorar a
competencia lectora, prevista no Plan Lector, a partir dos resultados obtidos nas probas
diagnósticas realizadas ao alumnado.
x
Manter outras actividades relacionadas co fomento da lectura (recitais, seleccións de lecturas,
contacontos nas aulas...) x
Continuar coas actividades relacionadas con datas concretas (Mes das Bibliotecas, Candeloria,
Día de Rosalía, da Paz, da Poesía...) como elaboración de carteis, recomendacións de títulos
por idades en datas puntuais, concursos de debuxos, lemas, marcapáxinas, exposicións,
favoritos, elaboración de textos de distintas tipoloxías...
x
Incidir na formación literaria do noso alumnado con propostas de calidade. x
Def. Lim. Bo Exc.
Participamos en todas aquelas que nos ofreceron e non supuxeron ningún gasto. Foron poucas.
5. Outras actuacións
Coordinar, colaborar e participar activamente coa EDL do centro, así como nas propostas do
plan TIC. Programar actividades conxuntamente. x
Propor a creación dun grupo de traballo ou seminario para iniciar un proceso exhaustivo de
avaliación, adaptando e tendo como base o documento Bibliotecas Escolares, entre
interrogantes? x
Def. Lim. Bo Exc.
6. Criterios e procedementos de avaliación.
Indicadores e instrumentos.
Avaliación continua ao longo do proceso.
x
Recollida de datos no rexistro de préstamos. x
Uso de indicadores, medidores, gráficos do programa de xestión... x
Actas das sesións de coordinación. x
Recollida de datos (enquisas, cuestionarios, suxestións...) x
Def. Lim. Bo Exc.
MEMORIA PLAMBE 2018-2019
BIBLIOTECA ESCOLAR Paula Carballeira. CEIP. Plurilingüe Os Casais
21
AVALIACIÓN DO PROXECTO DA BIBLIOTECA PROFES
Hora de
Ler
EI 4º/5º/6º 1º/2º 3º 4º 5º-6º
Lectura
individual
AV B B AV B
Lectura fragmentada N AV AV AV AV
Lectura voz alta do mestre/a S AV AV AV AV
Lectura voz alta alumnado N AV AV AV AV
Outros Veñen ler @s
de
5º e 6º
Lecturas
doutras aulas
Coñecen as normas SI SI SI SI SI
Respétanse as normas SI SI AV AV SI
N: Nunca AV: Ás veces B: Bastante S: Sempre
Bibliotecas de aula E I 4-5-6 1º/2º 3º 4º 5º-6º
Os fondos proceden de
BE BE BE BE Aula, BE
nen@s,
titora
Xestiónaa mestra mestra mestra titora Titora
Renóvase cada mes mes 2 semanas 2 semanas 2 por trimestre
Nºaproximado de títulos 10-15 50 10 10-15 46
Cantidadesaproximadasde:
Consulta 3 3 2 10
Narrativa 10 44 2 8
Banda
deseñada
2 1 10
Poesía 3 2 10
Teatro 1 2
De imaxes
/álbunes
ilustrados
4 3 2 5
Outros
Mochilas
Viaxeiras
E I 4-5-6 1º/2º 3º 4º 5º-6º
Respéctanse
tempos de
entrega
SI SI SI SI SI
Gústanlle ao
alumnado
SI SI SI SI SI
Coñeces
contido da
correspondente
ao teu
alumnado
SI SI SI SI SI
O contido é
axeitado
SI SI SI SI SI
Suxestións
millora
Libros disciplina
positiva para as
familias
Alixeirala. É moi
pesada. Menos libros
Incentivar o
caderno de viaxe
MEMORIA PLAMBE 2018-2019
BIBLIOTECA ESCOLAR Paula Carballeira. CEIP. Plurilingüe Os Casais
22
Hora de
Biblioteca
EI 4º/5º/6º 1º/2º 3º 4º 5º-6º
Préstamo S S S S S
Lectura de contos individual S N B AV AV
Lectura de contos colectiva N N AV AV B
Busca de información S N N N B
Outros Visita ás
exposicións
Exposicións,
tarefas
temáticas,
lecer.
N: Nunca AV: Ás veces B: Bastante S: Sempre
Organización colección EI 4º/5º/6º 1º/2º 3º 4º 5º-6º
Coñeces a distribución dos fondos SI SI SI SI SI
Consideras axeitada a distribución SI SI SI SI SI
Aspectos a mellorar
Dotación da Biblioteca EI 4º/5º/6º 1º/2º 3º 4º 5º-6º
Cres que ten suficientes recursos SI Debería
mellorar en
BD
SI SI SI
Que fondos debemos incrementar
BD Comics e
música
Libros de
chistes e
de retos
Paréceche axeitado o mobiliario
SI SI SI SI
SI
Biblioteca no recreo EI 4º/5º/6º 1º/2º 3º 4º 5º-6º
Cres que debería estar atendida neste horario SI Podera ser NON O espazo
maker
SI
Propostas para mellorar o servizo
MEMORIA PLAMBE 2018-2019
BIBLIOTECA ESCOLAR Paula Carballeira. CEIP. Plurilingüe Os Casais
23
Itinerarios
lectores
EI 4º/5º /6º
SI
1º/2º
SI
3º
SI
4º 5º-6º
SI
Lecturas
colectivas
que fixestes
"Óscar e o león de
Correos" "Ricardo e
o dinosauro
vermello" "A galiña
azul" "Olladas"
"Casas" "O merlo de
ferro" "Os soños na
gaiola" "Rosalía
pequeniña"
"Restaurante
Farruco"
Títulos que non
se debería
perder
o teu alumnado
"Mamasiña, que
medo" "Os Bolechas
animais" "El sueño
de una marioneta" "A
lenda dos gnomos"
Contacontos,
autor@s,
ilustrador@
s
EI 4º/5º/6º 1º/2º 3º 4º 5º-6º
Suxestións Calquera
será benvido
Autores e
ilustradores
Non sei...
Visitantes
Biblioteca
EI 4º/5º/6º 1º 3º 4º 5º-6º
Nas gardas
da tarde,
houbo
visitas á Biblioteca
NON NON NON NON NON
Recibiches
algunha petición
de carné das
familias
NON NON NON NON NON
MEMORIA PLAMBE 2018-2019
BIBLIOTECA ESCOLAR Paula Carballeira. CEIP. Plurilingüe Os Casais
24
Proxecto anual EI 4º/5º/6º 1º/2º 3º 4º 5º-6º
Que temas te gustaría
tratar?
O que escollan
os nenos
Mitoloxía, música.
futuro, enerxía,
debuxo, tradicións
Emocións, empatía
Proposta de
temporalización
1º Trimestre 1º Trimestre
1ºTrimestre
Como cres que se
debe enfocar
Dende
PITEAS
Que o propoñan
os nenos
Partindo dos nenos
(SEM)
Como este ano:
SEM-PITEAS
Equipo de
Biblioteca
EI 4º/5º/6º 1º/2º 3º 4º 5º-6º
Recibiches
información das
actividades propostas
pola Biblioteca?
SI SI SI SI SI
Cres que se debe
buscar outro xeito de
informar?
Así está
perfecto NON NON NON NON
Aspectos que penses
que poden mellorar
Estiven ben
informada
MEMORIA PLAMBE 2018-2019
BIBLIOTECA ESCOLAR Paula Carballeira. CEIP. Plurilingüe Os Casais
25
AVALIACIÓN DA BIBLIOTECA ESCOLAR POLAS FAMILIAS
Respostaron 14 das 35 familias coas que contamos.
Sempre Ás veces Nunca
Len o libro cando o levan para a casa? 14 1 -
Moito Pouco Nada
O blog resulta interesante para coñecer as
actividades da BE?
13 - -
Nunca Diario Semanal Mensual
Con que periodicidade entras no
blog da BE?
3 - 6 6
Moito Pouco Nada
Facedes uso da BE polas tardes? - - 15
Suxestións, propostas e comentarios
- Está todo ben así.
- Falta tempo para poder participar.
- Usamos os recursos da casa.
- Gustaríame que houbera club de lectura.
- Para o próximo curso non me importaría volver a colaborar.
Valoración
Cubriron a enquisa menos da metade das familias. O curso pasado foran 30 de 35. Este ano, 15.
Sen embargo unha boa parte daquelas que contestaron din entrar no blog da biblioteca e afirman que
os nenos e as nenas len sempre os libros que levan para a casa. O curso pasado, con máis respostas,
había moita diferencia entre maiores e pequenos. Isto lévanos a pensar que contestaron as familias
máis implicadas coa biblioteca e con toda a actividade do centro en xeral.
Hora de Ler: O grado de satisfacción é moi alto. Nas propostas que fan @s alumn@s aparece a
petición de ampliar o tempo de duración (12) . Gústalles moito facer lecturas todos xuntos. E tamén
ler en voz alta para outras clases.
Sorprendentemente varios alumnos (4) apuntan a palabra "meditar". Non sabemos se é que
consideran que precisan un tempo de relaxación ou que o tempo da hora de ler parécelles un bo
tempo para reflexionar.
Con todo, nun centro pequeno coma o noso a observación directa é un método de avaliación moi
eficaz. Non temos dúbida ningunha de que a hora de ler está plenamente implantada e integrada;
así como as restantes actividades e dinámicas da biblioteca. O alumnado participa en todas as
propostas con moito entusiasmo. Isto resulta moi alentador e unha fonte de motivación constante
para o equipo de biblioteca.
.Mochilas viaxeiras: Das enquisas despréndese que o grado de satisfacción das familias coas
mochilas é moi alto. Opinan qe son moi completas e variadas. Este curso respostaron casi a totalidade
das enquisas de avaliación e o resultado é un 4,7 sobre 5.
MEMORIA PLAMBE 2018-2019
BIBLIOTECA ESCOLAR Paula Carballeira. CEIP. Plurilingüe Os Casais
26
GRÁFICAS
A gráfica de lector@s por sexo reflicte unha grande brecha de diferenza entre lectoras (72,18%)
e lectores (27,82%), que medra con respecto ao curso pasado. Con respecto a este dato hai que
indicar que do total do alumnado case un 62% son nenas.
Na gráfica de lector@s máis asidu@s pódese constatar o anterior. Elas van por diante; na
lista de lector@s só aparece un neno. Parécenos positivo que as "lectoras" máis asiduas foron de
novo aulas, porque significa que se moven con frecuencia lotes de fondos ás bibliotecas de aula.
Seguimos sen facer dende a nosa BE recoñecemento d@ alumn@ máis lector/a con ningún tipo
de premio, agasallo ou diploma. En principio, porque non consideramos a lectura unha
competición, porque coidamos ademais que levar un libro da biblioteca non garante que sexa lido
e, sobre todo, porque a gráfica non amosa a realidade d@s nos@s lector@s, tan só o nº de
préstamos realizados dende a BE, xa que non revela aquel@s alumn@s que sabemos moi
lector@s pero que non levan tantos fondos da BE porque contan con libros na casa ou acuden
con regularidade á Biblioteca Municipal (datos dos que temos constancia de casos concretos).
Na gráfica por curso os datos precisan ser reagrupados, polo feito de ter aulas con
diferentes niveis. Así, a porcentaxe de lectura da aula de EI é de 21,42%; en 1º/2º sumarían un
17,97% e 5º/6º acadarían o 24,28%. Este ano encabeza a listaxe 4º de Primaria (19,4%), cando
este nivel fai dous anos non chegaba nin a un 10%, acusando un alarmante descenso no nivel de
lectura. Este dato é un claro indicador do que repercute que a persoa titora estea ou non
concienciada da importante función que desempeña a biblioteca.
MEMORIA PLAMBE 2018-2019
BIBLIOTECA ESCOLAR Paula Carballeira. CEIP. Plurilingüe Os Casais
27
A duración media do préstamo indica que máis da metade do préstamo é semanal. Os
períodos máis longos correspóndense con fins de semana “longos” ou pontes e, a partir de 21
días, préstamos de aula. Diminuiron as prórrogas con respecto a cursos pasados. Non hai
moros@s reincidentes, o que indica unha maior concienciación por parte do alumnado,
familias e tamén profesorado, da importancia do correcto cumplimento das normas para acadar
unha boa xestión da biblioteca escolar.
En canto a autor@s máis prestad@s, dous autores galegos encabezan a lista. O
primeiro segue a ser Pepe Carreiro, coma nos últimos anos. Entre os dous acadaron case 1/4
parte desta gráfica (24,73).
Nos títulos máis prestados hai que destacar que o 63,76% do préstamo é en galego fronte ao 36,24%
en castelán (vantaxe de non estar separados por idiomas nos andeis).
Dos informativos máis prestados, un 23,18% do 30,43% prestado, son en galego. Aparece un 21,74%
de BD e 11,59% de teatro.
MEMORIA PLAMBE 2018-2019
BIBLIOTECA ESCOLAR Paula Carballeira. CEIP. Plurilingüe Os Casais
28
Da gráfica de editoras máis prestadas pódense tirar datos como que un 43,55% son de libros en
galego. Esta cantidade pode incluso ser maior, xa que a suma das editoras que publican nos dous
idiomas (galego e castelán) chega a un 41,88%).
A maior porcentaxe de préstamo correspóndese coas aulas (Biblioteca de Aula = 0 anos), pero si
sumamos todo o préstamo individual, este resulta superior.
Na gráfica apreciase claramente que a inmensa maioría dos fondos están a disposición do alumnado
e das familias. Aqueles de uso restrinxido, que so poden utilizarse na biblioteca ou nas bibliotecas de
aula, pero non poden ir ás casas son unicamente un 2,95%. Os non prestables (de consulta na propia
biblioteca) son moi poucos (0,28%)
MEMORIA PLAMBE 2018-2019
BIBLIOTECA ESCOLAR Paula Carballeira. CEIP. Plurilingüe Os Casais
29
PREVISIÓNS DE FUTURO
O futuro do noso centro é sempre incerto. No presente curso funcionamos con 5 unidades
(unha única aula de EI e 4 de EPO -1º/2º, 3º, 4º e 5º/6º). Só contamos con tres profesoras de
Primaria e a especialista de Música é quen asume unha das titorías. Todo o profesorado está
incorporado na totalidade dos equipos do centro, ainda que, no caso da BE só catro persoas
teñen algunha hora de dedicación asignada.
Pódese garantir como mínimo unha persoa responsable da biblioteca escolar, a mesma que
neste curso. Mais é necesario constatar (indicador da precariedade na que nos atopamos en
canto a persoal disponíbel) que esta profesora comparte dous centros e unicamente ten
clases no CEIP. Plurilingüe Os Casais dous días e medio á semana. Isto, claro está, é unha
agravante máis, outra carga engadida, para desenvolver con éxito o proxecto de biblioteca.
Este problema minimízase pola entrega e dedicación dos restantes membros do equipo de
biblioteca, especialmente polas da anterior responsable da coordinación da BE.
Serán as liñas prioritarias que foron aprobadas polo Claustro e o Consello Escolar as que
marquen as propostas e programación de tarefas para a consecución dos obxectivos tanto do
proxecto de BE coma do PLC. Nelas contémplase continuar co proceso técnico preciso para poñer
os fondos en circulación, a comunicación e colaboración coa comunidade educativa, a dinamización
dos recursos da BE nos mesmos termos que ata agora, "integración" cos todos os equipos (non
queda outra), o plan FU, coa Biblioteca Municipal e a Concellalía de Cultura do Concello de Fene.
Manter as actividades de fomento da lectura e desenvolvemento do PLC xa consolidadas (Mochila
Viaxeira, Hora de Ler, servizo de préstamo, apa/amadriñamentos...) Conmemorar todas aquelas
datas que son costume no noso centro, tanto previstas no calendario do libro e a lectura coma
as de contido interdisciplinar (8 de marzo, Dereitos da Infancia, Día da Paz, Candeloria...)
Realizaremos un Proxecto Documental Integrado que afiance e avance na ALFIN do noso alumnado e
colaboraremos en todos os proxectos cientificos do Proxecto Piteas. Valoramos moi positivamente todos
os anteriores; pese a nosa inicial inexperiencia sairon adiante con éxito e, a día de hoxe, temos xa moi
interiorizado o modelo SEM para o traballo por proxectos. Isto está a dar excelentes resultados, non só
para o proceso de ensino/aprendizaxe do alumnado, senón que tamén para a dinamización e
integración de toda a comunidade educativa.
No mes de setembro seguiremos coa preparación do profesorado para que manteñan as rendas da
FU nas súas titorías e a volvan integrar nas programacións.
No próximo curso queremos darlle maior relevancia ao espazo maker que empezamos a utilizar este
ano e tamén iniciarnos na radio escolar, así como continuar co uso da robótica educativa.
Pretendemos continuar con todos os apadriñamentos, tamén con aqueles iniciados neste curso, e
retomar a idea de elaborar booktrailers nos que @s nen@s fagan recomendacións de lectura.
A nosa intención é, como mínimo, manter o nivel de funcionamento que vimos desenvolvendo ata o de
agora, a pesares de que supón un grande esforzo personal dado o limitadísimo tempo do que
dispoñemos.
MEMORIA PLAMBE 2018-2019
BIBLIOTECA ESCOLAR Paula Carballeira. CEIP. Plurilingüe Os Casais
30
En Maniños, 10 de xuño de 2019
A responsable da Biblioteca Escolar Visto e prace
A directora
Asd. Mª José Vila Barreiro Asdo. Lorena Pita Fraga

Weitere ähnliche Inhalte

Ähnlich wie Memoria biblio2019

Ähnlich wie Memoria biblio2019 (20)

Pxa 2019 20
Pxa 2019 20Pxa 2019 20
Pxa 2019 20
 
Pxa 2019 20 web
Pxa 2019 20 webPxa 2019 20 web
Pxa 2019 20 web
 
Liñas biblioteca escolar para o curso 2011
Liñas biblioteca escolar para o curso 2011Liñas biblioteca escolar para o curso 2011
Liñas biblioteca escolar para o curso 2011
 
Pxa 20 21
Pxa 20 21Pxa 20 21
Pxa 20 21
 
Proxecto de xornada continua pereiro
Proxecto de xornada continua pereiroProxecto de xornada continua pereiro
Proxecto de xornada continua pereiro
 
Proxecto de xornada continua
Proxecto de xornada continua Proxecto de xornada continua
Proxecto de xornada continua
 
Proxecto de xornada continua pereiro
Proxecto de xornada continua pereiroProxecto de xornada continua pereiro
Proxecto de xornada continua pereiro
 
Proxecto de xornada continua
Proxecto de xornada continua Proxecto de xornada continua
Proxecto de xornada continua
 
Axuda memoria 12_13_2
Axuda memoria 12_13_2Axuda memoria 12_13_2
Axuda memoria 12_13_2
 
Memoria
MemoriaMemoria
Memoria
 
PDI OÍDO COCIÑA
PDI OÍDO COCIÑAPDI OÍDO COCIÑA
PDI OÍDO COCIÑA
 
PLAN DIXITAL EEI BARRIONOVO.pdf
PLAN DIXITAL EEI BARRIONOVO.pdfPLAN DIXITAL EEI BARRIONOVO.pdf
PLAN DIXITAL EEI BARRIONOVO.pdf
 
Ollos de aula. Nª 16 (outubro 2014)
Ollos de aula. Nª 16 (outubro 2014)Ollos de aula. Nª 16 (outubro 2014)
Ollos de aula. Nª 16 (outubro 2014)
 
As tics en barrionovo
As tics en barrionovoAs tics en barrionovo
As tics en barrionovo
 
As tics en barrionovo
As tics en barrionovoAs tics en barrionovo
As tics en barrionovo
 
Biblioteca escolar como motor de cambio na metodoloxía do centro
Biblioteca escolar como motor de cambio na metodoloxía do centroBiblioteca escolar como motor de cambio na metodoloxía do centro
Biblioteca escolar como motor de cambio na metodoloxía do centro
 
POLOS CREATIVOS.pdf
POLOS CREATIVOS.pdfPOLOS CREATIVOS.pdf
POLOS CREATIVOS.pdf
 
Liñas biblioteca escolar para o curso 2011
Liñas biblioteca escolar para o curso 2011Liñas biblioteca escolar para o curso 2011
Liñas biblioteca escolar para o curso 2011
 
Leilía nº24 2017
Leilía nº24 2017Leilía nº24 2017
Leilía nº24 2017
 
As Coordinacións Territoriais dos ENDL
As Coordinacións Territoriais dos ENDLAs Coordinacións Territoriais dos ENDL
As Coordinacións Territoriais dos ENDL
 

Mehr von vilabarreiro

Memoria Somos quen. 2022-23.pdf
Memoria Somos quen. 2022-23.pdfMemoria Somos quen. 2022-23.pdf
Memoria Somos quen. 2022-23.pdfvilabarreiro
 
Memoria Somos quen. 2021-22..pdf
Memoria Somos quen. 2021-22..pdfMemoria Somos quen. 2021-22..pdf
Memoria Somos quen. 2021-22..pdfvilabarreiro
 
Radio na biblio 21-22.pdf
Radio na biblio 21-22.pdfRadio na biblio 21-22.pdf
Radio na biblio 21-22.pdfvilabarreiro
 
Semgal. proxecto mulleres senlleiras nas ondas
Semgal. proxecto mulleres senlleiras nas ondasSemgal. proxecto mulleres senlleiras nas ondas
Semgal. proxecto mulleres senlleiras nas ondasvilabarreiro
 
Anexo iii imaxes do proxecto
Anexo iii imaxes do proxectoAnexo iii imaxes do proxecto
Anexo iii imaxes do proxectovilabarreiro
 
Anexo ii guión programa radio_mica
Anexo ii guión programa radio_micaAnexo ii guión programa radio_mica
Anexo ii guión programa radio_micavilabarreiro
 
Anexo i enlaces programas de radio
Anexo i enlaces programas de radioAnexo i enlaces programas de radio
Anexo i enlaces programas de radiovilabarreiro
 
Memoria somos quen. 2020 21
Memoria somos quen. 2020 21Memoria somos quen. 2020 21
Memoria somos quen. 2020 21vilabarreiro
 
Dibujos de cuaresma
Dibujos de cuaresmaDibujos de cuaresma
Dibujos de cuaresmavilabarreiro
 
Revista escolar amencer 2017 18
Revista escolar amencer 2017 18Revista escolar amencer 2017 18
Revista escolar amencer 2017 18vilabarreiro
 
Revista escolar amencer 2019
Revista escolar amencer 2019Revista escolar amencer 2019
Revista escolar amencer 2019vilabarreiro
 
Memoria somos quen. 2018 19
Memoria somos quen. 2018 19Memoria somos quen. 2018 19
Memoria somos quen. 2018 19vilabarreiro
 
Memoria somos quen 17-18
Memoria somos quen 17-18Memoria somos quen 17-18
Memoria somos quen 17-18vilabarreiro
 
Memoriasomosquen16 17
Memoriasomosquen16 17Memoriasomosquen16 17
Memoriasomosquen16 17vilabarreiro
 
Memoria somos quen. 2019 20
Memoria somos quen. 2019 20Memoria somos quen. 2019 20
Memoria somos quen. 2019 20vilabarreiro
 
Fichas de traballo. cuarto de primaria
Fichas de traballo. cuarto de primariaFichas de traballo. cuarto de primaria
Fichas de traballo. cuarto de primariavilabarreiro
 

Mehr von vilabarreiro (20)

Memoria Somos quen. 2022-23.pdf
Memoria Somos quen. 2022-23.pdfMemoria Somos quen. 2022-23.pdf
Memoria Somos quen. 2022-23.pdf
 
Memoria Somos quen. 2021-22..pdf
Memoria Somos quen. 2021-22..pdfMemoria Somos quen. 2021-22..pdf
Memoria Somos quen. 2021-22..pdf
 
Radio na biblio 21-22.pdf
Radio na biblio 21-22.pdfRadio na biblio 21-22.pdf
Radio na biblio 21-22.pdf
 
Semgal. proxecto mulleres senlleiras nas ondas
Semgal. proxecto mulleres senlleiras nas ondasSemgal. proxecto mulleres senlleiras nas ondas
Semgal. proxecto mulleres senlleiras nas ondas
 
Anexo iii imaxes do proxecto
Anexo iii imaxes do proxectoAnexo iii imaxes do proxecto
Anexo iii imaxes do proxecto
 
Anexo ii guión programa radio_mica
Anexo ii guión programa radio_micaAnexo ii guión programa radio_mica
Anexo ii guión programa radio_mica
 
Anexo i enlaces programas de radio
Anexo i enlaces programas de radioAnexo i enlaces programas de radio
Anexo i enlaces programas de radio
 
Memoria somos quen. 2020 21
Memoria somos quen. 2020 21Memoria somos quen. 2020 21
Memoria somos quen. 2020 21
 
Dibujos de cuaresma
Dibujos de cuaresmaDibujos de cuaresma
Dibujos de cuaresma
 
Amencer 2017
Amencer 2017Amencer 2017
Amencer 2017
 
Revista escolar amencer 2017 18
Revista escolar amencer 2017 18Revista escolar amencer 2017 18
Revista escolar amencer 2017 18
 
Revista escolar amencer 2019
Revista escolar amencer 2019Revista escolar amencer 2019
Revista escolar amencer 2019
 
Memoria somos quen. 2018 19
Memoria somos quen. 2018 19Memoria somos quen. 2018 19
Memoria somos quen. 2018 19
 
Memoria somos quen 17-18
Memoria somos quen 17-18Memoria somos quen 17-18
Memoria somos quen 17-18
 
Memoriasomosquen16 17
Memoriasomosquen16 17Memoriasomosquen16 17
Memoriasomosquen16 17
 
Memoria somos quen. 2019 20
Memoria somos quen. 2019 20Memoria somos quen. 2019 20
Memoria somos quen. 2019 20
 
Lemos.
Lemos.Lemos.
Lemos.
 
Segundo
SegundoSegundo
Segundo
 
Horizontais
Horizontais Horizontais
Horizontais
 
Fichas de traballo. cuarto de primaria
Fichas de traballo. cuarto de primariaFichas de traballo. cuarto de primaria
Fichas de traballo. cuarto de primaria
 

Memoria biblio2019

  • 1. CEIP. Plurilingüe Os Casais MEMORIA DO PROXECTO 2018-2019
  • 2. MEMORIA PLAMBE 2018-2019 BIBLIOTECA ESCOLAR Paula Carballeira. CEIP. Plurilingüe Os Casais 1 ÍNDICE LIMIAR ……………………………………………………………………………………………. 2 GRAO DE CUMPLIMENTO DOS OBXECTIVOS PROPOSTOS..................................... 3 o En relación coa organización e a xestión ……………………………………………. 4 o En relación coa dinamización dos recursos da biblioteca …………………………. 4 o En relación coa formación de usuarios e a competencia informacional …………. 5 o En relación co fomento da lectura e o desenvolvemento do PLC ………………… 5 o En relación con outras actuacións ……………………………………………………. 5 o En relación cos criterios e procedimentos de avaliación …………………………... 5 ACTIVIDADES DESENVOLVIDAS o Xestión técnica e organización ……………………………………………………….. 5 o Dinamización ……………………………………………………………………………. 8 AVALIACIÓN ……………………………………………………………………………………... 17 o Gráficas e estatísticas …………………………………………………………………. 26 PREVISIÓNS DE FUTURO …………………………………………………………………….. 29
  • 3. MEMORIA PLAMBE 2018-2019 BIBLIOTECA ESCOLAR Paula Carballeira. CEIP. Plurilingüe Os Casais 2 LIMIAR Rematamos este curso, o duodécimo de pertenza ao PLAMBE. Son xa moitos anos de traballo intenso e exhaustivo para convertir a biblioteca no centro de recursos indispensábel no centro. Formación e información avanzan no camiño trazado, cara a un xeito de concebir o proceso de ensino-aprendizaxe parello ás novas tendencias e necesidades de formación nas competencias na sociedade actual. Sen esquecer a animación á lectura d@s nos@s usuari@s non só coma ferramenta para dita formación e información, tamén coma fonte de lecer e crecemento personal inagotábel. Incidindo, máis ca nunca nestes tempos, nese aspecto fundamental da BE coma factor de compensación ao equiparar e equilibrar o acceso á fondos, formación e información de tod@s @s usuari@s. Só pertencer ao PLAMBE permite levar adiante o noso proxecto, xa que garante, ademais do aspecto económico, a formación –sempre imprescindíbel- aportada pola Asesoría de BBEE onde a calidade de relator@s e o intercambio de experiencias resultan vitais para as nosas Bibliotecas, axudándonos a levar adiante esta renovación constante; asemade, posibilita o rápido intercambio de experiencias, colaboracións, materiais, axudas e participación en propostas comúns e cooperativas que enriquecen e transforman o xeito de traballar nos nosos centros. Cabe destacar a xenerosidade e altruísmo co que bibliotecas e bibliotecari@s escolares poñen ao alcance de tod@s –tantas veces só un nome nun correo- eses materiais, proxectos, ideas…; pertencer ao PLAMBE implica o compromiso continuado de convertir a BE (en todos os documentos, en todas as actuacións) no centro de recursos para a formación, dun xeito innovador, en todas as competencias do noso alumnado. Se algo segue a botarse en falla é contar con máis tempo para poder adicarlle e non ter que andar sempre agoniadas polo feito de "non chegar" a todo o que nos parece o mínimo imprescindíbel por facer.
  • 4. MEMORIA PLAMBE 2018-2019 BIBLIOTECA ESCOLAR Paula Carballeira. CEIP. Plurilingüe Os Casais 3 GRAO DE CUMPRIMENTO DOS OBXECTIVOS PROPOSTOS Facemos unha valoración positiva no cumprimento dos obxectivos xerais propostos e na meirande parte dos específicos a pesar das enormes dificultades que supuxeron a falta do tempo que en realidade sería necesario, circunstancia recurrente ano tras ano. As propostas e actividades da BE abranguen a todo o centro, cun calendario completo que facilita a consecución destes obxectivos e procuran así mesmo os do PLC. A precariedade no número de profesor@s cos que conta o centro obríganos a traballar de forma unificada (e non só simplemente coordinada) cos outros equipos, tanto con respecto á planificación como ao desenvolvemento das actividades. Isto pode levar a pensar que algunhas das actividades nas que a nosa biblioteca está implicada non son "específicamente de biblioteca". A falta de tempo da que adolecemos implica, ademáis que actividades/actuacións consolidadas en cursos anteriores (trípticos "Este trimestre...", colgar na web do centro as cartas da biblioteca, manter sempre actualizado ao día o blogue ou os taboleiros Pinterest...) estean a sufrir unha ralentización permanente. Non obstante, dende varios cursos atrás a coordinación entre os equipos foi mellor porque todo o profesorado está incluido en todos os equipos e os martes realizamos unha reunión conxunta. Esta circunstancia veu esixida pola situación na que nos atopamos, cun claustro reducido a un mínimo que raia a precariedade, na que os especialistas teñen que asumir titorías e estas agrupan alumnado de dous niveis diferentes. Tanto o fomento da lectura como a formación de usuari@s (FU) acadaron un grao de cumprimento satisfactorio no alumnado. A FU forma xa parte do curriculum de cada curso, deixando de ser un obxectivo ou actividade exclusivo da BE, que aportou formación ao profesorado así coma a documentación precisa para levala a termo e propostas que facilitasen a mesma. Dita FU acadou diferentes cotas de consecución, positivas en tódolos casos, grazas a implicación do profesorado. Algunha clase relaxou o cumplimento das normas, tanto con respecto á Hora de Ler, como á reserva de horario para o préstamo ou, demasiado frecuentemente, a manter a orde nos andeis. Todos estes atrancos foron solucionados, pero xa ben andado o curso. En canto ao fomento da lectura coma ferramenta e coma lecer, sentímonos moi satisfeitas. Os lotes de libros que saen en préstamo ás aulas, seleccionados polo propio profesorado - indicador dun maior coñecemento dos fondos- tanto informativos para a preparación de proxectos ou temas de estudo, coma de literatura, acadaron á totalidade das aulas por séptimo ano consecutivo dende que iniciamos este proxecto, parámetro que nos serve para avaliar á consolidación do mesmo nas tarefas cotiás do centro e a integración dos recursos da ALFIN segue afianzándose, con desigual seguimento nas diferentes aulas, dependendo da adicación do profesorado e da relevancia que este lle dea ás competencias que dita alfabetización proporciona.
  • 5. MEMORIA PLAMBE 2018-2019 BIBLIOTECA ESCOLAR Paula Carballeira. CEIP. Plurilingüe Os Casais 4 Todas as aulas participaron no Proxecto Documental Integrado que partiu como iniciativa da de a Biblioteca Escolar. Foi desenvolvido co modelo SEM, e polo tanto, elixido asambleariamente polo alumnado. Levou por título Animais en perigo de extinción e o seu obxectivo foi investigar sobre os problemas do medio ambiente, as consecuencias negativas que sobre os animais teñen e, de maneira especial, en algunhas especies, as cales están xa en vías de extinción. O produto final deste proxecto foi a celebración dun festival de inverno para as familias, organizado na súa totalidade polos nenos e neas. Na xestión técnica e organización acadamos practicamente todos os obxectivos previstos. Con respecto á catalogación , continuamos a padecer a rémora que supuxo a obriga de asumir os fondos procedentes da Escola Unitaria de Limodre, pechada fai dous anos. Se nos dous cursos anteriores boa parte das horas dedicadas ao rexistro de libros, comeunas a catalogación de todos estes exemplares, no actual, foron dedicadas á expurgación de boa parte dos mesmos. Esta circunstancia supuxo un sobreesforzo de tempo e dedicación; por outra parte inútil. É bastante evidente o absurdo que resulta asumir para, case inmediatamente, desbotar. En setembro, en cumprimento do aprobado nas liñas prioritarias, reservouse unha mañá para a FU do profesorado co fin de desenvolverense de maneira autónoma co seu alumnado na BE. Tod@s @s titor@s fixeron o préstamo das súas aulas (exceptuando no caso de EI , que foi asumido pola profesora que se ocupaba tamén da robótica. En todas as aulas funcionouse con total autonomía dende os primeiros días de outubro. No presente curso continuamos co itinerario lector e o PLC modificado no curso 2015-16. Polo tanto, de todos os obxectivos propostos nas liñas prioritarias, quedaron sen acadar de maneira satisfactoria, ben sexa total ou parcialmente: En relación coa organización e xestión: A celeridade na actualización do blogue, as redes sociais e os taboleiros Pinterest. Sábese que a operatividade destas ferramentas pasa precisamente por mantelas sempre ao día, mais non resulta nada fácil conseguilo. M antemos unha estreita colaboración coas familias, coa ANPA, coas asociacións culturais da localidade e cos servicios culturais do Concello, mais, dende facía algún tempo, non era así no caso da Biblioteca Municipal, coa que anos atrás perderamos o contacto mantido noutros tempos. No presente curso , por fin, somos de novo unha entidade usuaria do servizo municipal de biblioteca. Pese a esto a colaboración non foi moi asidua. Pretendiamos incrementala no vindeiro curso. En relación coa dinamización e promoción dos recursos da biblioteca, a súa integración no tratamento do currículo e a súa contribución ao desenvolvemento das competencias claves do alumnado: Non conseguimos facer as guías de lectura con recomendacións trimestrais, de datas especiais e
  • 6. MEMORIA PLAMBE 2018-2019 BIBLIOTECA ESCOLAR Paula Carballeira. CEIP. Plurilingüe Os Casais 5 conmemoracións sinaladas, temáticas... Este gran desideratum quedou na elaboración de guías para os dous grandes períodos vacacionais. O tempo é un tirano. En relación coa formación de usuari@s e adquisición de competencia informacional: Polo de agora é totalmente inviábel cambiar o horario de préstamo, tal como plantexábamos nas líneas prioritarias. En relación co fomento da lectura e co desenvolvemento do PLC: Pola nosa parte, quédanos conseguir que as familias colaborenna elaboracióndos Story Sacks, que sí estamos a utilizar. As desexadas sesións de contacontos, visitas de escritor@s, de ilustrador@s... son moi escasas porque están desgraciadamente case vetadas economicamente para centros pequenos como o noso. Moi a pesar noso, no presente curso , como xa ocurrira no anterior, non participamos nas actividades de animación á lectura que tan ampla tradición tiñan xa no Concello de Fene: Concurso de Microrrelatos e mais En galego, é o noso!, polo simple e desafortunado feito de que ningunha das dúas foi organizada. Si retomou, con ocasión das celebracións do 8 de marzo o Fene lendo mulleres, no que, por suposto, participamos. Tampouco conseguimos realizar "booktrailers" nas que @s nen@s recomendasen as súas lecturas favoritas. En relación cos avances cara a unha biblioteca inclusiva: Seguimos o camiño marcado nas liñas prioritarias. Este curso ampliamos de maneira notable os fondos da biblioteca sobre esta temática. En relación con outras actuacións: Tampouco neste curso se fixo o grupo de traballo ou seminario para iniciar un proceso exhaustivo de avaliación, que tivera como base o documento "Bibliotecas Escolares, entre interrogantes?". . É unha das opcións baralladas cara ao próximo curso, pero non podemos saber a data de hoxe o que vai ser. En relación cos criterios e procedementos de avaliación: No apartado da avaliación, inclúese unha táboa sobre a consecución das liñas prioritarias previstas para este curso. ACTIVIDADES DESENVOLVIDAS Xestión técnica e organización En canto ao espazo físico contamos con una distribución moi flexible pola facilidade de cambiar mesas, sillas, sillóns, no caso de necesidade: grupos de traballo, visionado de audiovisuais, visita de contacontos, recitais... -Continuamos coa distribución dos andeis segundo a CDU simplificada, seguindo a táboa proposta pola Asesoría. Non empregamos as cores identificativas de cada apartado, só as correspondentes á diferenciación por idades.
  • 7. MEMORIA PLAMBE 2018-2019 BIBLIOTECA ESCOLAR Paula Carballeira. CEIP. Plurilingüe Os Casais 6 - Temos dúas zonas de traballo; unha para os maiores e outra para os pequenos. - Temos dous recantos para lectura informal. - Estamos nun proceso de cambio do libro informativo de Primaria. O curso pasado foran colocados nuns estantes novos. Son excesivamente altas. O amplo expurgo que realizamos no presente curso, estanos a permitir liberar espazos. O próximo curso académico 2019-20 disporemos de mellor accesibilidade para a totalidade dos libros informativos. - Recuperamos moito espazo nos andeis de Infantil. Unha gran parte do expurgo correspondeu a libros deste recanto. O recuncho para audicón autónoma segue a estar infrautilizado; é probábel que en próximos curso, de necesitar espazo, desapareza. A sinalización, por falta de tempo, segue sen ser ampliada, tal como se pretendía, nalgúns andeis informativos para 3º, 4º, 5º e 6º (o 5 e o 9) nos que propuxemos ampliar a sinalización para acotar a colocación dos libros, xa que cada vez teñen máis facilidade para facelo e temos suficientes nalgún apartado para tal acotación. Tamén quedou pendente ampliar (que non modificar), polo mesmo motivo a sinalización no recuncho de EI, engadindo iconos ou imaxes á numeración da CDU. Temos separadores alfabéticos para Primaria. 1º e 2º de Primaria e máis EI, como parte da FU, elaboran marcadores/sinalizadores de dous tipos -un para o libro que levan en empréstito e outro para aquel que están lendo/usando na BE- cos seus nomes para identificar o lugar de onde retiran un libro e facilitar o seu retorno ao mesmo espazo. Non obstante consideramos que en Primaria, ainda que non controlan con fluidez a orde alfabética, poden combinar os dous sistemas e irse iniciando na colocación correcta dos libros. Por iso temos incorporados separadores alfabéticos para os dous primeiros cursos, tal como tiñamos nos cursos superiores. Mellorouse en canto á orde, anque seguen aparecendo de cando en vez fondos fóra de lugar, especialmente nos correspondentes a 3º e 4º, dificultando a súa posterior localización e ralentizando ou facendo case imposible atopalos cando son necesarios. En setembro fíxose o volcado de cursos e elaboráronse os carnés d@s nov@s usuari@s, que se entregan o primeiro día lectivo de outubro para iniciar os préstamos. Mantemos os carnés de aula e especialidades que permiten levar un lote de 30 libros por un espazo longo de tempo para a Hora de Ler, traballo na aula, proxectos ou bibliotecas de aula. Mellorou a xestión no referente a préstamos ás aulas, do que fan uso o 100% das mesmas con máis ou menos frecuencia, rexistrándose menos perdas ou extravíos que noutros cursos. Na primeira semana do mes modificáronse e etiquetáronse fondos mal catalogados (cambio de ciclo, cambio de CDU). Ata o último día lectivo de maio catalogáronse un total de 300 volumes. Esta cifra é moi inferior á dos anos anteriores (case a metade). Poderíamos ter a falsa impresión de que adicamos menos tempo ao rexistro no programa informático; nada máis lonxe da realidade. Se cadra incluso dedicamos máis horas. O que ocurre é que dedicamos moitísimo tempo ao expurgo de exemplares, e
  • 8. MEMORIA PLAMBE 2018-2019 BIBLIOTECA ESCOLAR Paula Carballeira. CEIP. Plurilingüe Os Casais 7 isto non queda rexistrado na cifra total de rexistros. Do mesmo xeito que nos cursos anteriores, unha das persoas do equipo dedicou todas as súas horas de biblioteca ao rexistro e, ainda así, ela soa non deu pasado polo programa tantos libros expurgados. O préstamo faise informáticamente (en condicións normais), con lector de código de barras (carnés de usuari@s, fondos) agás para as Mochilas Viaxeiras. Os libros aínda sen rexistrar poden levarse de igual maneira (no caso de non ser novas adquisicións) porque contamos tamén cun libro de rexistro de préstamos. Continúase co rexistro e catalogación de fondos. Non se rematou aínda co rexistro informatizado dos fondos (anteriores ao PLAMBE) existentes na BE, por darlle prioridade ás novas adquisicións. Outro curso máis foron quedando para os "tempos mortos" (que non hai). Ainda así quedan xa moi poucos para rematar este proceso. Unha boa parte foron expurgados nos últimos anos. Os fondos están todos centralizados na BE, ainda que fisicamente estean ubicados noutras localizacións, ben sexa de forma temporal (nas aulas) ou permanente (en Dirección ou na Sala de Profesores). Procurouse dende o comezo do curso manter actualizado o blogue da biblioteca; de novo a falta de tempo foi o motivo de non poder facelo tan asiduamente como nos gustaría. Sabemos da importancia de visibilizar o traballo da biblioteca e de ter unha ventá permanentemente aberta ás familias, mais non podemos priorizar a presenza virtual respecto das actividades presencias diarias da biblioteca. Para as novedades, mantense unha conta Pinterest que, pola mesma causa, pasou de ser de novidades trimestrais a novedades por curso lectivo, incorporando paulatinamente as novas adquisicións. Seguimos seleccionando o moi pouco libro de carácter informativo que hai en galego, xa que noutro formato o galego parece inexistente (DVDs, material informático, xogos...) agás para cancións infantís. Por sistema, seguimos solicitándoos a canto comercial chega ao centro ou se pon en contacto con nós. Seguimos a darlle voltas a necesidade da proporción 60/40, dado que a busca de información faise maiormente na Rede. Sería un punto de debate de cara a próximas adquisicións. Mantemos a actividade das Mochilas Viaxeiras en todos os niveis. Coma o curso pasado, engadíronse novos contidos co fin de ir renovando aquelas que "visitan" domicilios nos que xa estiveron (irmás/irmáns maiores). Enviáronse en setembro ás cartas ás familias coa información e impreso de solicitude. Son moi poucas as familias que non participan nesta actividade.
  • 9. MEMORIA PLAMBE 2018-2019 BIBLIOTECA ESCOLAR Paula Carballeira. CEIP. Plurilingüe Os Casais 8 Continuamos invertindo en música galega non infantil para incorporar ás Mochilas, así como en libros-disco para nen@s. A mediados de setembro, na reunión xeral coas familias, informouse da importancia da biblioteca no proceso de ensino-aprendizaxe, da conveniencia de implicación das familias e das actividades a desenvolver en liñas xerais, facendo fincapé nas propostas coma a Mochila Viaxeira, a Hora de Ler, ou os Apa/amadriñamentos. A finais de curso facemos préstamo para o verán para aquelas familias que o solicitan. Este curso montamos empezamos a funcionar co "Espazo Maker-Fedelleiro", que habilitamos o curso pasado nunha sala anexa á biblioteca. Neste espazo é onde máis frecuentemente utilizamos os robots educativos (aunque tamén andan polas aulas). Adquirimos o equipamento para montar unha radio escolar. Pensamos poñela en funcionamento no vindeiro curso. Estamos convencidas de que é unha ferramente de altísimo valor pedagóxico e moi eficaz no tratamento da diversidade. Dinamización Formación de usuari@s En setembro, antes do comezo das clases, adicouse unha xornada completa á FU do profesorado, para poñer en práctica o acordado nas liñas prioritarias acerca de incluila na programación curricular de cada curso. Foi impartida pola profesora Maribel Serantes (quen conta con ampla experiencia no traballo das bibliotecas escolares e anterior responsable da nosa). Agás a directora (por incompatibilidade coa inexcusable atención ao traballo do seu despacho), acudíu todo o profesorado, a quen se lle entregou, vía electrónica, unha copia do programa de FU elaborado pola BE, cos obxectivos distribuídos por c u r s o s e propostas/modelos de actividades para poñelas en práctica. En outubro, na primeira sesión de préstamo, faise visita guiada por cada recuncho, lembrando normas de uso, códigos de córes (dos que hai copia en cada aula), distribución dos espazos, colocación dos fondos, CDU. Coa implantación da robótica atopamos un novo xeito de practicar todo o que alumnado vai aprendendo respecto da FU. A implicación das titorías segue a ser imprescindible para que normas e autonomía corran parellas e permitan o adecuado uso da biblioteca coma recurso. Ás veces non se respecta, anque
  • 10. MEMORIA PLAMBE 2018-2019 BIBLIOTECA ESCOLAR Paula Carballeira. CEIP. Plurilingüe Os Casais 9 sexa só puntualmente, o horario reservado para o equipo da biblioteca, cando con tan pouco tempo, dez ou quince minutos de retraso supón unha porcentaxe importante de tempo. Podemos, de tódolos xeitos, estar satisfeitas coa implicación que as titoras actuais teñen coa biblioteca e coa boa disposición e interese que amosan cara a formación para un uso axeitado dos seus recursos. Neste senso avanzamos moito, e os problemas que temos a este respecto son de casos moi concretos e afortunadamente puntuais. Educación para a competencia en información Por falta de tempo e preparación non nos é posible realizar as nosas propias actividades dixitais, pero dende a BE, a través do correo electrónico das aulas, enviamos todos os enlaces que aportan outros centros PLAMBE ou que seleccionamos noutros ámbitos para ser utilizados como un recurso máis nas diferentes áreas. Os traballos realizados polo alumnado (posteriormente encadernados para formar parte dos fondos "Feito por nós") son expostos nas corcheiras da entrada, nos corredores ou en exposicións temporais en diferentes puntos do centro, sempre que o seu formato o permita, co fin de que toda a comunidade escolar poda ter acceso a eles. Continuamos "colonizando" lugares do cole, tal como empezamos a facer o curso pasado, non só para as exposicións dos traballos realizados, senón tamén para exposición de fondos ou para a realización de actividades, co propósito de visibilizar máis, se cabe, o feito de que a biblioteca non é un lugar restrinxido ás catro paredes específicas, senón que a biblioteca está en todas partes, que todo o centro é biblioteca. Anque segue sendo desigual por parte das aulas o emprego da BE neste apartado de educación documental, cada vez é máis frecuente e son máis as búsquedas de fondos (papel, audiovisuais, Rede) por parte do profesorado e alumnado para a realización de proxectos ou mesmo ampliación de información fóra dos libros de texto. A pertenza do centro ao Proxecto Abalar, favorece en concreto o uso da Rede para estas propostas en 5º e 6º de Primaria (sempre que os frecuentes fallos informáticos ou de Rede non o impidan). Tamén este curso todo o colexio participou nun PDI apartires da iniciativa da Biblioteca. Sen embargo, neste curso non tivo duración anual, senón que foi realizado integram ente no primeiro trimestre, para reservar tempo para os proxectos científicos de aula do proxecto Piteas. Este proxecto está aloxado na wiki que aparece a continuación, que, á súa vez, está subida ao blog da biblioteca. Animais en perigo de extinción
  • 11. MEMORIA PLAMBE 2018-2019 BIBLIOTECA ESCOLAR Paula Carballeira. CEIP. Plurilingüe Os Casais 10 O traballo en xeral e cotiá neste proxecto resultou moi satisfactorio e altamente significativo para a adquisición das competencias por parte do alumnado de tódolos niveis. Constatamos un progreso importante nas dinámicas do traballo por proxectos e na metodoloxía do modelo SEM A información e proposta de actividades a alumnado e familias segue a ser por medio das cartas da "gata bibliotecaria" da BE e a través do correo electrónico. Todas as cartas están subidas ao blogue da biblioteca. Fomento da lectura O préstamo iniciase en outubro, é semanal, ampliable a quince días e con posibilidade de prórroga se o título non é solicitado por outr@ usuari@, tendo cada titoría un horario reservado para facelo. Poden levar para casa ou para a Hora de Ler o libro/CD/DVD que desexen sempre que estea rexistrado para tal fin, sendo as cores orientativas, agás para EI, que é obrigatoria para usuari@s individuais, non para aula. Nos fondos prestabeis inclúense os informativos (materias, referencia), que seguen a ter grandes "adict@s" en todos os cursos. Ao ser pouco alumnado e ser facilmente localizable quen ten un libro en concreto, se non se reservou con antelación e fai falla para ser utilizado nunha aula, pídeselle ao/á alumn@ que o ten en préstamo. No mes de xuño xa non hai préstamo (exceptuando o préstamo para verán), despois só se tramita a devolución dos mesmos, para dar tempo a comprobar/avisar/reclamar a moros@s. Non temos grandes problemas coa morosidade. Este curso, o préstamo foi moi regular en todos os cursos, tanto dos libros para casa como das Mochilas Viaxeiras. Dende setembro colócase na entrada do colexio un Punto de Lectura: expositor con libros e revistas para que o alumnado poida entrar a ler na hora do recreo. Contamos tamén na entrada do colexio cun punto de intercambio de libros: Sementando Lectura. E esta una iniciativa pensada para os adultos. Todos os anos na avaliación das mochilas as familias reclamaban títulos para adultos, demanda que dende a BE non podemos cubrir, por iso lanzamos esta proposta na que, de funcionares ben, con uns poucos exemplares iniciais (aportacións gratuitas de diferentes persoas) podense ler moitas obras. Sen embargo, estamos a constatar que, a pesares de ser algo xurdido, en orixe, do propio interés das familias, a rotación dos libros é moi escasa. Tan escasa é que, ao inicio do próximo curso, trataremos sobre este tema e buscaremos, de ser posible outras alternativas. No presente curso organizamos a biblioteca da sala de profesores. Colocamos aquí unha boa parte dos fondos que antes estaban no despacho de Orientación. Este despacho está moitos días pechado, por termos orientadora compartida con outros centros, e polo tanto era moi difícil poder consultar estes materiais.
  • 12. MEMORIA PLAMBE 2018-2019 BIBLIOTECA ESCOLAR Paula Carballeira. CEIP. Plurilingüe Os Casais 11 Mantense absolutamente normalizada dentro do horario escolar como unha sesión máis incluída no XADE, a Hora de Ler, vinte minutos de lectura silenciosa e sostida na que non vai ser avaliada a comprensión lectora, ritmo, velocidade... Realízase tan pronto como se entra do recreo, cos libros da biblioteca de aula, cos da BE ou cos que traen das súas casas. Os que traen das casas, adoitan ser prestados entre o propio alumnado, funcionando a recomendación "boca a boca". Nalgúns casos, e dependendo das titoras, emprégase este tempo (un día á semana, ao mes, por algunha celebración...) para a lectura en voz alta (algo que @s alumn@s queren compartir, unha lectura dunha mestra, o recitado de poemas...) ou recomendacións de lecturas e presentación de libros. Utilízase tamén a HL para os apadriñamentos e amadriñamentos lectores. Mantemos os colgadores nas portas para avisar que nese tempo de lectura non se moleste. Nas aulas Abalar tamén se permite nalgunha ocasión o uso dos netbooks para a lectura. Puntualmente algunha titoría usa a biblioteca neste tempo de lectura. Mantense tamén o número de Mochilas Viaxeiras en circulación, unha por nivel (3 para EI e 6 para EP), evitando a repetición de contidos. O tempo de permanencia nos domicilios é de2 semanas, dada a grande e boa acollida que segue a ter esta actividade. Saen inicialmente na primeira semana de outubro. Apúntase practicamente todo o alumnado; varios cursos teñen apuntado o 100%. Dáse o caso de familias con máis dun/ha nen@ no colexio, que solicitan ambas Mochilas. Cando isto ocurre, procúrase que non coincidan moi próximas no tempo as entregas. Nas aulas onde é posible, ampliouse a permanencia da Mochila nos fogares a un mes. En Educación Infantil continúase coa actividade "Érase que se era..." (narración/lectura de contos na aula ou na BE, seleccionados polo profesorado ou dos que aporta o alumnado). Tamén con "Canto conto na casa" (selección de contos por parte de alumnado, ás veces "inducido" se interesa algún tema en concreto, para levar á casa e que lles sexan lidos pola familia). As recomendacións de lecturas para "pedir" no Nadal, fixéronse en papel, nun tríptico que se entregou a cada alumn@, con propostas de fondos dos que non dispoñemos (aínda) na BE, seleccionadas por idades e con recomendacións tamén para adultos. As de verán entregaranse este ano (como xa se fixo no anterior) xunto co informe das calificacións. Contacontos/"Apadriñamentos": Co gallo dalgunhas celebracións (mes das Bibliotecas, Candeloria, Mes do Libro, Letras Galegas), e sempre voluntariamente, parte do alumnado de calquera nivel, sexa de Infantil ou de Primaria, preparou lecturas seleccionadas na BE ou na casa para exercer de lector@s noutras aulas ou de xeito individual. Tamén somos "ama/apadriñados" por nais ou pais na Semana da Tradición Oral, no Mes dos Libros ou en outras datas conmemorativas, como por exemplo o Día de Rosalía ou o Día das Letras Galegas. http://contosebigotes.blogspot.com/search?updated-max=2019-03-30T12:49:00%2B01:00&max- results=7&start=28&by-date=false
  • 13. MEMORIA PLAMBE 2018-2019 BIBLIOTECA ESCOLAR Paula Carballeira. CEIP. Plurilingüe Os Casais 12 Son poucas persoas as que participan, pero sempre resulta unha boísima experiencia que @s nen@s lles encanta. Este curso sumamos á participación nos apadriñamentos por parte das familias a varias mamás de alumnado de EI. Este feito danos a esperanza de continuidade, porque nos dous últimos anos perdéramos algúns dos pais máis implicados nestas actividades coa marcha dos seus fillos e fillas cara ao IES. "Somos contacontos" Continuamos con esta actividade, iniciada no curso pasado. Os venres, un alumno ou alumna de 5º/6º, vai ler á aula de Educación Infantil. É unha experiencia moi positiva, que continuaremos nos vindeiros cursos, e probablemente ampliemos introducindo tamén o curso 4º de Primaria como contacontos. Dado a época de recortes que estamos a sufrir no Concello, por cuarto ano consecutivo, a biblioteca Municipal de Fene non puido ofertarnos ningunha actividade de contacontos como noutros anos. A situación foi incluso peor que nos anos anteriores, xa que, como dixemos antes, tampouco foron ofertadas outras actividades ou certames culturais cos que contabamos. Incidimos no feito de que non pasou o mesmo coas actividades deportivas organizadas polo Concello, que se mantiveron todas. Polo menos recuperaron a actividade Fene lendo mulleres. Algo é algo. Continuamos fomentando a participación en certames e concursos (alleos ao centro) relacionados coa lectura, a literatura, a escrita, a lingua (O Facho, OEPLI/Gálix, Primavera das Letras... Facemos uso de Pases ao Liberespazo e Cadernos de Viaxe. Moitas das actividades propostas dende a BE implican a busca de información, mais tamén a lectura e a escrita de textos literarios, facendo fincapé, no caso deste tipo de lectura, na poesía, xa que é pouco o alumnado que a leva habitualmente en préstamo. Este curso fixémolo de maneira todavía máis intensiva, por ser a temática proposta dende a Asesoría. Nun centro pequeno coma o noso, ver que aumenta, especialmente nos cursos superiores, o número de asidu@s á poesía é sempre motivo de ledicia. Actividades 1º trimestre o O Mes das Bibliotecas tivo como lema : PoéticasDiversasnaBibliotecaEscolar.A actividade proposta pola biblioteca incluía formación de usuarios. Levou por título "Animaladas en verso". O material resultante estivo exposto no recanto que chamamos "a Árbore de Mica" durante boa parte do primeiro trimestre. o Exposición de fondos relacionados coa actividade anterior. o Expurgación de fondos obsoletos ou deteriorados.
  • 14. MEMORIA PLAMBE 2018-2019 BIBLIOTECA ESCOLAR Paula Carballeira. CEIP. Plurilingüe Os Casais 13 o Inicio da actividade "Mochilas Viaxeiras". o Elaboración de taboleiros para Escornabots con actividades de FU. Utilización dos mesmos. o Inicio da actividade "Somos contacontos", na que @s maiores lenlles, cada venres, aos máis pequenos. o Celebramos na nosa biblioteca o acto de presentación do programa TEI, de titoría entre iguais. o Curso en rede sobre Biblioteeca Creativa. o O 24 de outubro o alumnado de EIe 1º e 2º de Primaria acudiu ao Auditorio Municipal de Narón para aistir á representación de A Galiña Azul, de Tanxarina. o O 25 de outubro tivemos a escola dos avós. Este ano fixeron un roteiro con nós para amosarnos eidificacións emblemáticas do patrimonio fenés. o Exposición de outono na entrada do cole coa colaboración das familias. o Elaboración de sinalizadores (EI-4º e alumnado de nova incorporación) para usar na BE. o Exposición de fondos relacionados co Samaín e o magosto. o Eu teño medo. Samaín adicado a Xabier P.Docampo, autor de Cando petan na porta pola noite. o Lectura tenebrosa: sesións de lectura de contos de medo na biblioteca á luz das candeas. o Enlaces a páxinas sobre esta temática para traballar nas titorías. o Inicio da actividade Nós tamén contamos, na que somos as profes as que imos ler polas aulas. o Obradoiro de cestas de castañas para o magosto organizado pola ANPA. o O 16 de novembro a Asociación Betula deu unha charla sobre o Patrimonio. o Acto de presentación do TEI, de titoría entre iguais. o O 23 de novembro: obradoiro sobre violencia de xénero ofrecido polo Concello o Exposición de novidades. o Iniciamos as actividades do Plan Director o Actividades diversas no espazo maker-fedelleiro, incluida robótica. o O 30 de novembro unha farmacéutiva veu dar unha charla sobre importantes temas de saúde. o Contacto continuo de Micabigotes coas aulas a través do correo electrónico. o Inicio do voluntariado de biblioteca. o Xornadas de BBEE ás que asisten o día 10 de novembro a coordinadora do equipo de biblioteca. o Apoio á planificación e desenvolvemento do Proxecto Documental Integrado do presente curso académico: Animais en perigo de extinción, posto en marcha polo alumnado segundo o modelo SEM. o Exposición de libros inclusivos. (Maleta Viaxeira) o 20 de Novembro: actividade de todo o centro, planificada xunto co equipo TIC, para conmemorar o Día dos Dereitos da Infancia. Preparación dun manifesto e elaboración dunha
  • 15. MEMORIA PLAMBE 2018-2019 BIBLIOTECA ESCOLAR Paula Carballeira. CEIP. Plurilingüe Os Casais 14 actividade para a defensa da igualdade de xénero dende a infancia. o 25 de Novembro: Contra a violencia de xénero: ligazóns a páxinas da Rede (actividades, información, videos, cancións) para traballar dende as titorías. Elaboración dunha actividade reivindicativa. o Árbore de Mica: Poemas de inverno. Meses do inverno frío que amo eu a todo amar. o Semana da Literatura de Tradición Oral: amadriñamentos lectores das familias. Leron en todos os cursos. Coma sempre, Micabigotes agradecéullelo cun pequeno agasallo. E búsqueda na Rede, na BE ou na casa, de relatos, lendas, contos de tradición oral para os apadriñamentos lectores entre pares (participaron todas as aulas). o 11 de decembro: charla para as familias sobre o Proxecto Piteas. o Varias mamás veñen ler cos nenos. o 16 de decembro: cine en galego no Teatro Jofre de Ferrol. o Apoio ás actuacións que prepararon os nenos como produto final do seu proxecto sobre os animais (recitado, teatro, cancións...) o Participación de 5º e 6º no V Certame Literario Carmela Loureiro, convocado polo concello de Ferrol. o Selección de fondos para as recomendacións do tríptico de Nadal. Entrégase en papel a cada alumn@ e cólgase no blogue. o No Nadal adopta un libro, no que utilizamos os exemplares que foron expurgados pero se atopan en boas condicións de uso. Unha maneira de darlles unha segunda oportunidade aos libros e acostumar @s nen@s a regalar ou recibir libros como agasallo. o Do meu pensamento á túa ilusión. O alumnado de 5º e 6º agasallou cun libro a cada neno ou nena de EI e 1º e 2º de Primaria. o Campaña A luz das nenas. A educación fai voar os soños, na defensa do dereito á educación. o Sesión de contacontos relacionado coa figura tradicional galega do Apalpador. 2º trimestre o Expurgo Limodre o Actividades diversas no Espazo Maker, na sala anexa á bilbioteca. o Elaboración de haikus de inverno. Folerpas de haiku o Actividade para o Día da Paz, planificada xunto cos restantes equipos do centro. o 24 de xaneiro: celebración do Día da Educación o Continuamos co Somos contacontos, Nós tamén contamos e as lecturas das familias o Exposición polo Día da Ilustración. o Sobre a paz: traballo por titorías con enlaces a diversas páxinas e propostas, incluíndo visitas a blogues das BBEE. o Actividade pola Candeloria. Traballamos o acróstico. o Colaboración cos proxectos Piteas das diferentes clases. o Compartindomomentos: @s voluntari@s de biblioteca desplázanse á veciña residencia de maiores, en Laraxe, para ler para os residentes.
  • 16. MEMORIA PLAMBE 2018-2019 BIBLIOTECA ESCOLAR Paula Carballeira. CEIP. Plurilingüe Os Casais 15 o Exposición de Banda Deseñada (Maleta Viaxeira) o Colaboración cos outros equipos para planificar e organizar as celebracións de Entroido, contextualizándoo dentro dun tema relacionado coa literatura (o cómic) o Día de Rosalía: proposta da AELG: # L i b r e o m e u p e n s a m e n t o . P a r t i c i p a n a s f a m i l i a s o Con ocasión do 8 de marzo: actividade sobre poetas galegas. Exposición. o Rocío Formoso (5º de Primaria) recibe o 1º premio de micropoesía do certame Carmela Loureiro. o Selección e preparación de textos escritos por mulleres (sempre algún de Paula Carballeira) para participar no maratón "Fene lendo mulleres" na Casa da Cultura. Adiouse ao día 15. o Fridays for Future, actividade na defensa do medio ambiente. o Exposición de poesía. Maleta Viaxeira o Árbore de Mica: poesía e primavera. o Exposición de primavera coa colaboración das familias o Celebración do Día da Poesía. Recital de poesía no patio. Plantamos unha árbore. o Día Down: calcetíns desaparellados. o 22 de marzo. Encontros PLAMBE, aos que asiste a coordinadora da biblioteca. o Lectura continuada entre todo o alumnado de A Galiña Azul. Exposición de galiñas. o Apadriñamentos entre aulas. o 5 de abril: Contacontos solidario. Anxo Moure o 8 de abril: Visítanos Celtia Figueiras o 10 de abril. Obradoiro solidario. 3º trimestre o 23 de abril. Nova visita d@s voluntari@s á residencia Domus Vi o Semana de Acción Mundial pola Educación. Actividades sobre o cambio climático. o Apadriñamentos lectores polo Mes do Libro. Lendo para ti o Obradoiro científico do Proxecto Piteas, impartida por David Ballesteros, o Non participamos no que sería o VII Concurso intercentros de Microrrelatos da Concellería de Cultura de Fene, porque non foi convocado. o Colaboración cos clusters organizados polo alumnado de 4º: xardinería, cerámica, fotografía e lingua de signos. o Escola de pais sobre disciplina positiva a cargo de Andrea Bthclian o Continuamos coas actividades Somos contacontos e Nós tamén contamos. o Elaboración de slogans para participar no Correlingua (co EDL) 9 de maio. o Xunto co equipo TIC, elaboración de un conto colaborativo coa aula de EI, a partir de opcións abertas.
  • 17. MEMORIA PLAMBE 2018-2019 BIBLIOTECA ESCOLAR Paula Carballeira. CEIP. Plurilingüe Os Casais 16 o Antón Cortizas na nosa biblio. Obradoiro de xoguetes tradicionais. o Plan Director o Familias lectoras o Obradoiros de oratoria o Obradoiro de instrumentos musicais artesanais. o Mes do libro: exposición de fotografías de edicións anteriores da actividade "Lendo para ti". o Traballos sobre Antón Fraguas (RAG, Seminario Galán, etc.) e preparación da celebración do Día das Letras Galegas. o "Apa/amadriñamentos lectores durante todo o mes de abril. Veñen ler as familias, unhas aulas len ás outras e, cara ao 23 de abril facemos apa/amadriñamentos individuais entre o alumnado ("Lendo para ti"). o Tampouco participamos, tal como viñamos facendo dende a súa primeira edición, na proposta intercentros da Concellalía de Cultura do Concello de Fene do IV certame "En galego? É o noso!", de composición plástica sobre poetas galegos, porque, reiteramos, tales actividades foron eliminadas. o Obradoiros Piteas o Exposición de Beatriz Seijo na Casa da Cultura de Fene. o 22 de mai: Teatro con G, no Teatro Jofre de Ferrol o 23demaio:contacontos.BraisMoure o Elaboración de taboleiros para Escornabots con actividades sobre Antón Fraguas. Utilización dos mesmos. o Utilización do gran taboleiro para Makeblock e Beeboot con información xeral sobre as Letras Galegas realizado o curso pasado. o Exposición dos cartaces conmemorativos no corredor de acceso á BE e traballo dos diferentes cursos con eles. o Exposición de libros científicos (Maleta viaxeira) o Preparación da Feira Piteas do noso cole o Elaboración dos artigos para a revista escolar Amencer. o Teatro con G: r e p r e s e n t a c ió n no teatro Jofre de Ferrol da obra Z a p p i n g . o Recolléronse suxestións para a elaboración das recomendacións de lecturas para o verán, tanto para os diferentes cursos como para adultos. Serán entregados para levar o último día do curso. o Eu leo porque... Actividade realizada polo alumnado de 6º para "pasarlle o testigo" aos que quedan. Os seus testimonios quedan nos corredores do cole. o Elaboración dos trípticos coas recomendacións de lectura para o verán. o Solicitudes do préstamo de verán por parte dalgunhas familias.
  • 18. MEMORIA PLAMBE 2018-2019 BIBLIOTECA ESCOLAR Paula Carballeira. CEIP. Plurilingüe Os Casais 17 AVALIACIÓN A avaliación foi feita en parte adaptando algúns apartados do documento "Bibliotecas escolares, entre interrogantes?", en previsión de seguir avanzando neste apartado: cuestionarios/enquisas a familias, profesorado e alumnado, a demáis da observación directa, fácil de manter nun centro coma o noso, e da estatística que proporciona o programa de xestión. As aulas utilizan habitualmente a BE para traballar, buscando nela a información e manexando os fondos para actividades diversas. Son menos os que a usan simplemente para darse o gusto de cando en vez de ler nela, moitas veces pola continua esixencia de rematar uns contidos necesarios. Cada vez é menos o profesorado que ve a BE coma mero utensilio para a animación á lectura, e traballar cos proxectos obrigou a entender a necesidade real dunha biblioteca organizada, de saber moverse por ela, de coñecer a ubicación dos fondos e coma localizalos. A versatilidade na colocación do mobiliario (agás andeis e mostrador de xestión) posibilita a creación de espazos diferentes en función das necesidades concretas e así propicia o emprego da BE con diferentes obxectivos, permitindo acoller á totalidade do alumnado cando é necesario. O tempo adicado é alarmantemente insuficiente. A selección e catalogación de fondos (neste curso,de novo, inxente), a elaboración de materiais e a proposta e xestión das actividades, a pesar de seren desenvolvidas de forma coordinada entre os membros de equipo supoñen un tempo do que carecemos. Resultou, por tanto, imposíbel elaborar guías de lectura para datas concretas, anque si tivemos exposición de fondos para tal fin; a rápida posta en circulación de novidades, mesmo a selección de fondos, resultou tamén laboriosa, xa que non mercamos coleccións por catálogo. Se, entre todas, sacamos adiante o proxecto é pola utilización de horas "roubadas", moitísimas delas, horas da vida privada.
  • 19. MEMORIA PLAMBE 2018-2019 BIBLIOTECA ESCOLAR Paula Carballeira. CEIP. Plurilingüe Os Casais 18 Avaliación 2018-19 Valor e integración no centro: Apoio do equipodirectivo x Presenza da biblioteca en documentos esenciais:PEC. PC.P. Lector.PXA.Plan TIC. P.Lingüístico x Adecuación da da dotación económica x z Accesibilidade: Der. Lim. Bo Exc. Acceso ao espazo da BE x Adecuación do espazo x Equipamento tecnolóxico x Organización e sinalización da colección X Adecuación dos recursos á acción compensatoria X Análise de necesidades e oferta de servizos: Der. Lim. Bo Exc. Alcance das actividades organizadas pola biblioteca X Coordinación cos servizos de orientación X Implicación da biblioteca nas accións de educación compensatoria. X Der. Um. Bo Exc. Adecuación de recursos: Suficiencia de recursos X Variedade de soportes X Equilibrio entre ficción/no ficción X Equilibrio entre materias X Equilibrio entre nlveis educativos >< Coordinación pedagóxica: Def. Llm. Bo Exc. Coordinación co equipo docente x Implicación da biblioteca no desenvolvementodas competencias lingüísticas X Coordinación co Plan TIC X Coordinaclón co Proxecto de DLG >< Alcance do proxecto de biblioteca X Usuari@s e equipo de traballo: Def. Llm. Bo Exc. Porcentaxe de alumnado que acude á biblioteca. >< Número de horas da responsable x Composición do equipo de biblioteca >< Participación en grupos de traballoou similares >< Colaboración coa biblioteca pública x Vinculación coas familias X Def. llm. Bo Exc.
  • 20. MEMORIA PLAMBE 2018-2019 BIBLIOTECA ESCOLAR Paula Carballeira. CEIP. Plurilingüe Os Casais 19 Avaliación cumprimento liñas prioritarias 2018-19 1.En relación coa organización e a xestión. Valoración e selección de fondos para ampliar a colección de BE )( Catalogación.rexistro e informatización dos mesmos x Ordenación de espazos X Manter estreita colaboración coa comunidade educativa a través da ANPA. das propias familias e dos servicios culturais do Concello, particularmente da Biblioteca Municipal X Manter e actualizar o blog e xestionar as contas da BE (Pinterest, Picassa, gmail, dropbox. facebook) X Formar parte do equipo da biblioteca compromete aos seus membros áformación indispensable sobre BE e temas afínsa mesma. X A posta en práctica do proxecto de BE en todos os seus apartados (animación á lectura, ALFIN,formación de usuari@s corresponde ao profesorado/claustro. X O equipo coa súa coordinadora proporá e apoiará o proxecto para a s ú a posta en práctica e será a súa responsabilidade dita activación,.coordinación.segulmento e avaliaclón do mesmo. X A aprobación deste proxecto en claustroé vinculante á súa posta en práctica X Def. Llm. Bo Exc. 2 . En relación coa dinamización e promoción dos recursos da biblioteca, á súa integración no tratamento do currículo e á súa contribución ao desenvolvernento das competencias clave do alumnado. Elaborar guías de lectura con recomendacións trimestrais ("este trimestre recomendámosche...") e publicitar as novidades da biblioteca x Presentación das novidades adquiridas nos expositores. X Exposicións temáticas según conmemoracións,proxectos e datas sinaladas. X Extender o uso das guías temáticas. X Obxectivos e actividades integraranse nos procesos pedagógicos do Centro, quedando recollidas no PEC,PCC e PXA, así coma nas programacións. X Actualizar periódicamente as informacións relativas á B E na web do c o l e e n o b l o g d a B E . X Def. Lím. Bo Exc. 3. En relación coa formación de usuarios e educación para o acceso á información Actualizar a guía da biblioteca. De ser posible, cambiar o seu formato, integrala no blog da BE. x Continuar co plan de formación de usuari@s, dende EI a 6º de Primaria. Formará parte do currículum de cada curso, sistematizándoo, deixando de ser actividade exclusiva da BE. x A BE cooperará e proporcionará a información/formación precisa ao profesorado para a posta en práctica e elaboración de material necesario en cada nivel educativo para a FU. x Insistir na FU do profesorado, de xeito que tod@s podan utilizar a biblioteca autonomamente. Datas en setembro, de carácter obrigatorio, para esta formación. x Proposta de proxectos que esixan a busca, manexo, selección, reelaboración... de información en tódolos soportes. Elaboración dun PDI anual coordinado entre todo o centro. x Xestionar os grupos de alumnado voluntario como axudantes da BE, sen que nunca incidan negativamente na FU. x Tentar propostas tendentes a cambiar o horario de préstamo posibilitando maior flexibilidade. x Def. Lim. Bo Exc.
  • 21. MEMORIA PLAMBE 2018-2019 BIBLIOTECA ESCOLAR Paula Carballeira. CEIP. Plurilingüe Os Casais 20 4. En relación co fomento da lectura e co desenvolvemento do PLC. Continuar coas propostas do proxecto inicial: préstamo individual informatizado, préstamo ás aulas de lotes "viaxeiros", préstamos "temáticos"... x Manter a oferta de Mochilas Viaxeiras. Unha por nivel. Tempo: 15 días. x Manter as actividades "Érase que se era" e "Canto conto na casa" en Educación Infantil x Sesións de contacontos, visitas (de ser posible economicamente) de animador@s, escritor@s e/ou ilustrador@s. x Participar nas campañas de animación á lectura doutras entidades (editoriais, concello, biblioteca municipal...) x Manter a Hora de Ler tal como se iniciou no curso 2008-09 (lectura nas titorías, libre, silenciosa e sostida). Cada titoría poderá xestionar este tempo de lectura con propostas alternativas que non desvirtúen a esencia desta actividade: lectura en voz alta algunha sesión, recomendacións lectoras entre pares... x Elaborar máis Story Sacks coa colaboración das familias. x Colaborar co departamento de orientación na elaboración de propostas para millorar a competencia lectora, prevista no Plan Lector, a partir dos resultados obtidos nas probas diagnósticas realizadas ao alumnado. x Manter outras actividades relacionadas co fomento da lectura (recitais, seleccións de lecturas, contacontos nas aulas...) x Continuar coas actividades relacionadas con datas concretas (Mes das Bibliotecas, Candeloria, Día de Rosalía, da Paz, da Poesía...) como elaboración de carteis, recomendacións de títulos por idades en datas puntuais, concursos de debuxos, lemas, marcapáxinas, exposicións, favoritos, elaboración de textos de distintas tipoloxías... x Incidir na formación literaria do noso alumnado con propostas de calidade. x Def. Lim. Bo Exc. Participamos en todas aquelas que nos ofreceron e non supuxeron ningún gasto. Foron poucas. 5. Outras actuacións Coordinar, colaborar e participar activamente coa EDL do centro, así como nas propostas do plan TIC. Programar actividades conxuntamente. x Propor a creación dun grupo de traballo ou seminario para iniciar un proceso exhaustivo de avaliación, adaptando e tendo como base o documento Bibliotecas Escolares, entre interrogantes? x Def. Lim. Bo Exc. 6. Criterios e procedementos de avaliación. Indicadores e instrumentos. Avaliación continua ao longo do proceso. x Recollida de datos no rexistro de préstamos. x Uso de indicadores, medidores, gráficos do programa de xestión... x Actas das sesións de coordinación. x Recollida de datos (enquisas, cuestionarios, suxestións...) x Def. Lim. Bo Exc.
  • 22. MEMORIA PLAMBE 2018-2019 BIBLIOTECA ESCOLAR Paula Carballeira. CEIP. Plurilingüe Os Casais 21 AVALIACIÓN DO PROXECTO DA BIBLIOTECA PROFES Hora de Ler EI 4º/5º/6º 1º/2º 3º 4º 5º-6º Lectura individual AV B B AV B Lectura fragmentada N AV AV AV AV Lectura voz alta do mestre/a S AV AV AV AV Lectura voz alta alumnado N AV AV AV AV Outros Veñen ler @s de 5º e 6º Lecturas doutras aulas Coñecen as normas SI SI SI SI SI Respétanse as normas SI SI AV AV SI N: Nunca AV: Ás veces B: Bastante S: Sempre Bibliotecas de aula E I 4-5-6 1º/2º 3º 4º 5º-6º Os fondos proceden de BE BE BE BE Aula, BE nen@s, titora Xestiónaa mestra mestra mestra titora Titora Renóvase cada mes mes 2 semanas 2 semanas 2 por trimestre Nºaproximado de títulos 10-15 50 10 10-15 46 Cantidadesaproximadasde: Consulta 3 3 2 10 Narrativa 10 44 2 8 Banda deseñada 2 1 10 Poesía 3 2 10 Teatro 1 2 De imaxes /álbunes ilustrados 4 3 2 5 Outros Mochilas Viaxeiras E I 4-5-6 1º/2º 3º 4º 5º-6º Respéctanse tempos de entrega SI SI SI SI SI Gústanlle ao alumnado SI SI SI SI SI Coñeces contido da correspondente ao teu alumnado SI SI SI SI SI O contido é axeitado SI SI SI SI SI Suxestións millora Libros disciplina positiva para as familias Alixeirala. É moi pesada. Menos libros Incentivar o caderno de viaxe
  • 23. MEMORIA PLAMBE 2018-2019 BIBLIOTECA ESCOLAR Paula Carballeira. CEIP. Plurilingüe Os Casais 22 Hora de Biblioteca EI 4º/5º/6º 1º/2º 3º 4º 5º-6º Préstamo S S S S S Lectura de contos individual S N B AV AV Lectura de contos colectiva N N AV AV B Busca de información S N N N B Outros Visita ás exposicións Exposicións, tarefas temáticas, lecer. N: Nunca AV: Ás veces B: Bastante S: Sempre Organización colección EI 4º/5º/6º 1º/2º 3º 4º 5º-6º Coñeces a distribución dos fondos SI SI SI SI SI Consideras axeitada a distribución SI SI SI SI SI Aspectos a mellorar Dotación da Biblioteca EI 4º/5º/6º 1º/2º 3º 4º 5º-6º Cres que ten suficientes recursos SI Debería mellorar en BD SI SI SI Que fondos debemos incrementar BD Comics e música Libros de chistes e de retos Paréceche axeitado o mobiliario SI SI SI SI SI Biblioteca no recreo EI 4º/5º/6º 1º/2º 3º 4º 5º-6º Cres que debería estar atendida neste horario SI Podera ser NON O espazo maker SI Propostas para mellorar o servizo
  • 24. MEMORIA PLAMBE 2018-2019 BIBLIOTECA ESCOLAR Paula Carballeira. CEIP. Plurilingüe Os Casais 23 Itinerarios lectores EI 4º/5º /6º SI 1º/2º SI 3º SI 4º 5º-6º SI Lecturas colectivas que fixestes "Óscar e o león de Correos" "Ricardo e o dinosauro vermello" "A galiña azul" "Olladas" "Casas" "O merlo de ferro" "Os soños na gaiola" "Rosalía pequeniña" "Restaurante Farruco" Títulos que non se debería perder o teu alumnado "Mamasiña, que medo" "Os Bolechas animais" "El sueño de una marioneta" "A lenda dos gnomos" Contacontos, autor@s, ilustrador@ s EI 4º/5º/6º 1º/2º 3º 4º 5º-6º Suxestións Calquera será benvido Autores e ilustradores Non sei... Visitantes Biblioteca EI 4º/5º/6º 1º 3º 4º 5º-6º Nas gardas da tarde, houbo visitas á Biblioteca NON NON NON NON NON Recibiches algunha petición de carné das familias NON NON NON NON NON
  • 25. MEMORIA PLAMBE 2018-2019 BIBLIOTECA ESCOLAR Paula Carballeira. CEIP. Plurilingüe Os Casais 24 Proxecto anual EI 4º/5º/6º 1º/2º 3º 4º 5º-6º Que temas te gustaría tratar? O que escollan os nenos Mitoloxía, música. futuro, enerxía, debuxo, tradicións Emocións, empatía Proposta de temporalización 1º Trimestre 1º Trimestre 1ºTrimestre Como cres que se debe enfocar Dende PITEAS Que o propoñan os nenos Partindo dos nenos (SEM) Como este ano: SEM-PITEAS Equipo de Biblioteca EI 4º/5º/6º 1º/2º 3º 4º 5º-6º Recibiches información das actividades propostas pola Biblioteca? SI SI SI SI SI Cres que se debe buscar outro xeito de informar? Así está perfecto NON NON NON NON Aspectos que penses que poden mellorar Estiven ben informada
  • 26. MEMORIA PLAMBE 2018-2019 BIBLIOTECA ESCOLAR Paula Carballeira. CEIP. Plurilingüe Os Casais 25 AVALIACIÓN DA BIBLIOTECA ESCOLAR POLAS FAMILIAS Respostaron 14 das 35 familias coas que contamos. Sempre Ás veces Nunca Len o libro cando o levan para a casa? 14 1 - Moito Pouco Nada O blog resulta interesante para coñecer as actividades da BE? 13 - - Nunca Diario Semanal Mensual Con que periodicidade entras no blog da BE? 3 - 6 6 Moito Pouco Nada Facedes uso da BE polas tardes? - - 15 Suxestións, propostas e comentarios - Está todo ben así. - Falta tempo para poder participar. - Usamos os recursos da casa. - Gustaríame que houbera club de lectura. - Para o próximo curso non me importaría volver a colaborar. Valoración Cubriron a enquisa menos da metade das familias. O curso pasado foran 30 de 35. Este ano, 15. Sen embargo unha boa parte daquelas que contestaron din entrar no blog da biblioteca e afirman que os nenos e as nenas len sempre os libros que levan para a casa. O curso pasado, con máis respostas, había moita diferencia entre maiores e pequenos. Isto lévanos a pensar que contestaron as familias máis implicadas coa biblioteca e con toda a actividade do centro en xeral. Hora de Ler: O grado de satisfacción é moi alto. Nas propostas que fan @s alumn@s aparece a petición de ampliar o tempo de duración (12) . Gústalles moito facer lecturas todos xuntos. E tamén ler en voz alta para outras clases. Sorprendentemente varios alumnos (4) apuntan a palabra "meditar". Non sabemos se é que consideran que precisan un tempo de relaxación ou que o tempo da hora de ler parécelles un bo tempo para reflexionar. Con todo, nun centro pequeno coma o noso a observación directa é un método de avaliación moi eficaz. Non temos dúbida ningunha de que a hora de ler está plenamente implantada e integrada; así como as restantes actividades e dinámicas da biblioteca. O alumnado participa en todas as propostas con moito entusiasmo. Isto resulta moi alentador e unha fonte de motivación constante para o equipo de biblioteca. .Mochilas viaxeiras: Das enquisas despréndese que o grado de satisfacción das familias coas mochilas é moi alto. Opinan qe son moi completas e variadas. Este curso respostaron casi a totalidade das enquisas de avaliación e o resultado é un 4,7 sobre 5.
  • 27. MEMORIA PLAMBE 2018-2019 BIBLIOTECA ESCOLAR Paula Carballeira. CEIP. Plurilingüe Os Casais 26 GRÁFICAS A gráfica de lector@s por sexo reflicte unha grande brecha de diferenza entre lectoras (72,18%) e lectores (27,82%), que medra con respecto ao curso pasado. Con respecto a este dato hai que indicar que do total do alumnado case un 62% son nenas. Na gráfica de lector@s máis asidu@s pódese constatar o anterior. Elas van por diante; na lista de lector@s só aparece un neno. Parécenos positivo que as "lectoras" máis asiduas foron de novo aulas, porque significa que se moven con frecuencia lotes de fondos ás bibliotecas de aula. Seguimos sen facer dende a nosa BE recoñecemento d@ alumn@ máis lector/a con ningún tipo de premio, agasallo ou diploma. En principio, porque non consideramos a lectura unha competición, porque coidamos ademais que levar un libro da biblioteca non garante que sexa lido e, sobre todo, porque a gráfica non amosa a realidade d@s nos@s lector@s, tan só o nº de préstamos realizados dende a BE, xa que non revela aquel@s alumn@s que sabemos moi lector@s pero que non levan tantos fondos da BE porque contan con libros na casa ou acuden con regularidade á Biblioteca Municipal (datos dos que temos constancia de casos concretos). Na gráfica por curso os datos precisan ser reagrupados, polo feito de ter aulas con diferentes niveis. Así, a porcentaxe de lectura da aula de EI é de 21,42%; en 1º/2º sumarían un 17,97% e 5º/6º acadarían o 24,28%. Este ano encabeza a listaxe 4º de Primaria (19,4%), cando este nivel fai dous anos non chegaba nin a un 10%, acusando un alarmante descenso no nivel de lectura. Este dato é un claro indicador do que repercute que a persoa titora estea ou non concienciada da importante función que desempeña a biblioteca.
  • 28. MEMORIA PLAMBE 2018-2019 BIBLIOTECA ESCOLAR Paula Carballeira. CEIP. Plurilingüe Os Casais 27 A duración media do préstamo indica que máis da metade do préstamo é semanal. Os períodos máis longos correspóndense con fins de semana “longos” ou pontes e, a partir de 21 días, préstamos de aula. Diminuiron as prórrogas con respecto a cursos pasados. Non hai moros@s reincidentes, o que indica unha maior concienciación por parte do alumnado, familias e tamén profesorado, da importancia do correcto cumplimento das normas para acadar unha boa xestión da biblioteca escolar. En canto a autor@s máis prestad@s, dous autores galegos encabezan a lista. O primeiro segue a ser Pepe Carreiro, coma nos últimos anos. Entre os dous acadaron case 1/4 parte desta gráfica (24,73). Nos títulos máis prestados hai que destacar que o 63,76% do préstamo é en galego fronte ao 36,24% en castelán (vantaxe de non estar separados por idiomas nos andeis). Dos informativos máis prestados, un 23,18% do 30,43% prestado, son en galego. Aparece un 21,74% de BD e 11,59% de teatro.
  • 29. MEMORIA PLAMBE 2018-2019 BIBLIOTECA ESCOLAR Paula Carballeira. CEIP. Plurilingüe Os Casais 28 Da gráfica de editoras máis prestadas pódense tirar datos como que un 43,55% son de libros en galego. Esta cantidade pode incluso ser maior, xa que a suma das editoras que publican nos dous idiomas (galego e castelán) chega a un 41,88%). A maior porcentaxe de préstamo correspóndese coas aulas (Biblioteca de Aula = 0 anos), pero si sumamos todo o préstamo individual, este resulta superior. Na gráfica apreciase claramente que a inmensa maioría dos fondos están a disposición do alumnado e das familias. Aqueles de uso restrinxido, que so poden utilizarse na biblioteca ou nas bibliotecas de aula, pero non poden ir ás casas son unicamente un 2,95%. Os non prestables (de consulta na propia biblioteca) son moi poucos (0,28%)
  • 30. MEMORIA PLAMBE 2018-2019 BIBLIOTECA ESCOLAR Paula Carballeira. CEIP. Plurilingüe Os Casais 29 PREVISIÓNS DE FUTURO O futuro do noso centro é sempre incerto. No presente curso funcionamos con 5 unidades (unha única aula de EI e 4 de EPO -1º/2º, 3º, 4º e 5º/6º). Só contamos con tres profesoras de Primaria e a especialista de Música é quen asume unha das titorías. Todo o profesorado está incorporado na totalidade dos equipos do centro, ainda que, no caso da BE só catro persoas teñen algunha hora de dedicación asignada. Pódese garantir como mínimo unha persoa responsable da biblioteca escolar, a mesma que neste curso. Mais é necesario constatar (indicador da precariedade na que nos atopamos en canto a persoal disponíbel) que esta profesora comparte dous centros e unicamente ten clases no CEIP. Plurilingüe Os Casais dous días e medio á semana. Isto, claro está, é unha agravante máis, outra carga engadida, para desenvolver con éxito o proxecto de biblioteca. Este problema minimízase pola entrega e dedicación dos restantes membros do equipo de biblioteca, especialmente polas da anterior responsable da coordinación da BE. Serán as liñas prioritarias que foron aprobadas polo Claustro e o Consello Escolar as que marquen as propostas e programación de tarefas para a consecución dos obxectivos tanto do proxecto de BE coma do PLC. Nelas contémplase continuar co proceso técnico preciso para poñer os fondos en circulación, a comunicación e colaboración coa comunidade educativa, a dinamización dos recursos da BE nos mesmos termos que ata agora, "integración" cos todos os equipos (non queda outra), o plan FU, coa Biblioteca Municipal e a Concellalía de Cultura do Concello de Fene. Manter as actividades de fomento da lectura e desenvolvemento do PLC xa consolidadas (Mochila Viaxeira, Hora de Ler, servizo de préstamo, apa/amadriñamentos...) Conmemorar todas aquelas datas que son costume no noso centro, tanto previstas no calendario do libro e a lectura coma as de contido interdisciplinar (8 de marzo, Dereitos da Infancia, Día da Paz, Candeloria...) Realizaremos un Proxecto Documental Integrado que afiance e avance na ALFIN do noso alumnado e colaboraremos en todos os proxectos cientificos do Proxecto Piteas. Valoramos moi positivamente todos os anteriores; pese a nosa inicial inexperiencia sairon adiante con éxito e, a día de hoxe, temos xa moi interiorizado o modelo SEM para o traballo por proxectos. Isto está a dar excelentes resultados, non só para o proceso de ensino/aprendizaxe do alumnado, senón que tamén para a dinamización e integración de toda a comunidade educativa. No mes de setembro seguiremos coa preparación do profesorado para que manteñan as rendas da FU nas súas titorías e a volvan integrar nas programacións. No próximo curso queremos darlle maior relevancia ao espazo maker que empezamos a utilizar este ano e tamén iniciarnos na radio escolar, así como continuar co uso da robótica educativa. Pretendemos continuar con todos os apadriñamentos, tamén con aqueles iniciados neste curso, e retomar a idea de elaborar booktrailers nos que @s nen@s fagan recomendacións de lectura. A nosa intención é, como mínimo, manter o nivel de funcionamento que vimos desenvolvendo ata o de agora, a pesares de que supón un grande esforzo personal dado o limitadísimo tempo do que dispoñemos.
  • 31. MEMORIA PLAMBE 2018-2019 BIBLIOTECA ESCOLAR Paula Carballeira. CEIP. Plurilingüe Os Casais 30 En Maniños, 10 de xuño de 2019 A responsable da Biblioteca Escolar Visto e prace A directora Asd. Mª José Vila Barreiro Asdo. Lorena Pita Fraga