SlideShare ist ein Scribd-Unternehmen logo
1 von 9
Xabier P. Docampo




            Daniel Martínez Ferreiro

                                 1ºA
Xabier P. Docampo
                                                   (Rábade, Lugo, 1946)




Mestre xa xubilado, o seu traballo dinamizador a favor da cultura

galega coñeceu diferentes ámbitos de actuación: foi actor de teatro,

autor de guións para o cine e televisión así como director de

diferentes    programas   de   radio;   involucrado      activamente      nos

movementos de renovación pedagóxica, é coautor de libros de texto e

formou parte do equipo iniciador de “Preescolar na casa”. Participou

activamente na creación de “Galix” (Asociación Galega do Libro

Infantil e Xuvenil), da que foi presidente.

É un dos grandes renovadores da literatura infantoxuvenil galega, á

que incorporou a miles de lectores con éxitos de vendas como:

    •   O misterio das badaladas.

    •   A chave das noces .

    •    Cando petan na porta pola noite (Premio Rañolas ao libro

        infantil e xuvenil do ano 1994, Premio Nacional de Literatura

        Infantil e Xuvenil 1995, e seleccionada así mesmo como unha

        das cen mellores obras do século XX español segundo a

        Fundación Germán Sánchez Ruipérez) Ademais, reúne unhas

        excepcionais condicións como narrador oral que o converten

        nun eficaz e popular contador de contos.
En xullo de 2008 comezou a rodaxe da adaptación ao cine da súa

novela A casa da luz, publicada por Xerais en galego e Anaya en

castelán. A película, dirixida por Carlos Amil, está rodada en galego e

filmouse en localizacións de Baio, Betanzos e Moeche. Na serie saíron

algúns nenos de figurantes do colexio Vales Villamarin (Betanzos).O

argumento é o seguinte:

Unha panda de nenos e nenas pasan as súas vacacións en Eiravella –

unha pequena vila a medio camiño entre o rural e o urbano – entre a

construción dunha cabana e os xogos propiciados por Duarte, ex profe

de debuxo e pintor.

Un novo xogo de pistas debe conducir aos nenos á presenza de Duarte,

pero Duarte non aparece e ninguén sabe dar conta do seu paradoiro.

Os nenos cren que Duarte pode non estar vivo pero se o estivese,

están dispostos a rescatalo custe o que custe.

A preocupación da panda, especialmente de Alicia, sobriña de Duarte,

crece. As sospeitas recaen sobre Pumariño – un vello “Toliño”, mudo,

marxinado por todo o pobo e que adoita facer ocos nas paredes das

casas de Eiravella.

A panda decide sometelo a control. Nun dos seguimentos, a panda

chega a unha casa escondida no medio do bosque. Para sorpresa dos

nenos, Pumariño recíbeos sorrinte e satisfeito.

Nunha sala da casa, chea de cadros, Pumariño sinala un deles cun

aspecto estraño e a medio rematar – cun bosque, unha paisaxe

inquedante e unha cidade cunha torre ao fondo – querendo indicar que

Duarte está alí.
A panda, incrédula, cre que o “Toliño” os quere enganar. Pumariño

desaparece repentinamente e uns segundos despois, a través do

cadro, surxe de novo diante dos nenos. Con todas as dubidas e todos

os medos do mundo, Alicia e o resto da panda, deciden seguir a

Pumariño e traspasan o cadro en busca do seu amigo pintor.

Ademais desta novela, destacan tamén:

1980:

  - O misterio das badaladas

  - Cun ollo aberto e outro sen cerrar

1988:

  - A chave das noces

1989:

  - O armario novo de Rubén

1990:

  - A nena de auga e o príncipe de lume

1991:

  - A casa do porco bravo

  - Roxelio e a couza

1993:

  - O país durminte

1994:

  - Cando petan na porta pola noite
1996:

  - Adelaida, Henrique e demáis familia

1997:

  - Opazo baleiro

1998:

  - Breogán

  - ¡Estampado!

  - O home que inventou unha maneira de andar

1999:

  - A viaxe de Purpurina ou a historia dunha pinga de auga

2000:

  - Catro cartas

  - Nube de neve

2001:

  - Os ollos de Ramón

  - Un conto de tres noites

  - ¿Víchela, víchela?

2002:

  - A casa da luz

2004:
- Bolboretas

2005:

  - A decisión de Valerio

  - De cores e amores

2008:

  - O libro das viaxes imaxinarias

2009:

  - A noite das filantes

2011:

  - Mans
Tamén escribiu e escribe artigos. Dos que lin para facer este traballo,
chamoume a atención o seguinte:


Carta aberta aos que non me queren chamar polo meu nome
Un artigo de: Xabier P. Docampo
[10/03/2005]



Señoras e señores: Permítanme que non lles diga queridos nin prezados nin estimados nin
ningunha das fórmulas de cortesía que é costume usar nas cartas. É que eu nin os quero a
vostedes, nin os aprecio nin os estimo, simplemente os sufro.
Verán, vostedes teñen o feo costume de, por máis que eu lles diga que me chamo como consta
enriba deste escrito, me chamar Javier. Aínda que son moitos e moitas os que me fan tal cousa,
voulles poñer o máis recente exemplo. A semana pasada chamei á clínica para pedir hora co
oculista. Respondeume unha voz feminina que despois de me dicir que fose o venres ás seis e
cuarto (todo isto en castelán por máis que eu lle falaba en galego), pediume o meu nome:
–Xabier –díxenlle.
–Javier –corrixiu ela.
–Non, non Xabier –insistín.
–Si, ya, ya... –dixo.
–Xa estamos coma os camareiros co café con leite –rosmei eu.
–¿Cómo? –dixo ela.
–Que me chamo Xabier, non Javier.
–Bien, pues el viernes a las seis y cuarto.
O venres cheguei e, como era a primeira vez que ía, abriume unha carpeta para o meu historial na
que escribiu: Javier.
–Perdoe é que aí pon Javier e eu chámome Xabier, quere que lle amose o DNI?
–Ah, bueno, pues después ya lo corrijo.
–Si, mírame neste ollo que teño un lixo.
O oculista chamoume Javier todo o tempo. Á saída a rapaza despediume chamándome Javier...
Non sei se volverei, pero é que xa non me quedan oculistas na cidade na que vivo, nin
traumatólogos nin dermatólogos nin cardiólogos nin... Eu fago un par de intentos de que poñan o
meu nome ben, pero tampouco insisto moito non sexa o demo que non me curen, que é o
importante. O caso é que a receita para facer os lentes pon Javier. Todos escriben Javier por máis
que lles digo que me chamo Xabier, aínda que eu vaia co carné de identidade entre os dentes. Alí
pon ben clariño Xabier, que bon traballo que me custou que mo puxesen en galego porque era ao
primeiriño de saír a norma e os funcionarios do rexistro non tiñan claro que fose legal tal rareza.
Pero non son só os do ramo da sanidade. É igual cos do ramo do dereito, que hai anos que teño
pendente unha escritura porque non dei aínda cun notario na miña cidade que ma faga en galego.
(Que máis che ten a escritura. Hai que ver que raro es!). Tamén me pasa con moitos funcionarios,
nomeadamente cos de correos, que é frecuente que o aviso de que teño nas súas oficinas unha
carta ou un paquete tamén poña Javier, aínda que o orixinal di clariño Xabier.
Outro tanto pasa cos de mensaxaría privada. E ademais cando falan desde o chirimbolo do portal
din:
–Don Javier?
–Don un raio que te tronce... Eu chámome Xabier e no paquete ou carta pon Xabier.
Iso si, vostedes póñenlle aos seus fillos Iván, Anna, Michael, Iker... e pobre do que escriba Xoán,
Ana, Miguel, Visitación... Ou Jessicas sen os dous eses, Jonathan sen o th, Kevin con Q... A
semana pasada estiven nun colexio ao que ían os fillos e fillas da xente podente da cidade e había
Sheila, Siomara, Nadir... Eses nomes non son raros, o raro para vostedes é que eu me chame
Xabier e non Javier.
O funcionario daquel bonito conto de Suso de Toro trataba de convencer ao home que lle era
mellor o nome en castelán. Pero é que a min non me fan caso ningún, danme a razón do tolo e
despois escriben o que lles dá a gana.
En qué país vivo? Nun estraño lugar no que os que falamos a nosa lingua, a que a nosa máxima
lei chama "propia de Galicia" somos uns seres raros aos que hai que obrigar a cambiar.
Que o meu nome sexa en galego non lles cabe na cabeza e néganse a admitilo. Nunha palabra,
vostedes fan estas cousas porque din que están contra á "imposición do galego", seguramente non
se decatan de que a única imposición que hai é a do castelán, e ao acontecido me remito.
Que lles vaia ben.
-
-

Weitere ähnliche Inhalte

Was ist angesagt?

20 DE NOVEMBRO, DÍA DOS DEREITOS DA INFANCIA
20 DE NOVEMBRO, DÍA DOS DEREITOS DA INFANCIA20 DE NOVEMBRO, DÍA DOS DEREITOS DA INFANCIA
20 DE NOVEMBRO, DÍA DOS DEREITOS DA INFANCIAPatricia Pena Barbeito
 
Letras galegas 2021: Xela Arias
Letras galegas 2021: Xela AriasLetras galegas 2021: Xela Arias
Letras galegas 2021: Xela AriasAgrela Elvixeo
 
Lecturas recomendadas por ciclos
Lecturas recomendadas por ciclosLecturas recomendadas por ciclos
Lecturas recomendadas por ciclosjesusorizales
 
Mulleres en / para / por / desde / ante o Museo. A Exposición.
Mulleres en / para / por / desde / ante o Museo. A Exposición.Mulleres en / para / por / desde / ante o Museo. A Exposición.
Mulleres en / para / por / desde / ante o Museo. A Exposición.PSM
 
Ud letras galegas 2020 cee a barcia
Ud letras galegas 2020 cee a barciaUd letras galegas 2020 cee a barcia
Ud letras galegas 2020 cee a barciaceeabarcia
 
Presentacion Anxo Fariña
Presentacion Anxo FariñaPresentacion Anxo Fariña
Presentacion Anxo Fariñaaceipdarbo
 
Entrevista ledicia costas
Entrevista ledicia costasEntrevista ledicia costas
Entrevista ledicia costasAsnosasletras
 
Gloria sánchez garcía
Gloria sánchez garcíaGloria sánchez garcía
Gloria sánchez garcíaMar Ares
 
Agustín Fernández Paz na biblioteca do IES Salvaterra de Miño
Agustín Fernández Paz na biblioteca do IES Salvaterra de MiñoAgustín Fernández Paz na biblioteca do IES Salvaterra de Miño
Agustín Fernández Paz na biblioteca do IES Salvaterra de Miñoiessalvabiblio
 
Rosalía De Castro
Rosalía De CastroRosalía De Castro
Rosalía De Castroboello
 

Was ist angesagt? (19)

20 DE NOVEMBRO, DÍA DOS DEREITOS DA INFANCIA
20 DE NOVEMBRO, DÍA DOS DEREITOS DA INFANCIA20 DE NOVEMBRO, DÍA DOS DEREITOS DA INFANCIA
20 DE NOVEMBRO, DÍA DOS DEREITOS DA INFANCIA
 
Maria xosé-queizán
Maria xosé-queizán Maria xosé-queizán
Maria xosé-queizán
 
Letras galegas 2021: Xela Arias
Letras galegas 2021: Xela AriasLetras galegas 2021: Xela Arias
Letras galegas 2021: Xela Arias
 
Lecturas recomendadas por ciclos
Lecturas recomendadas por ciclosLecturas recomendadas por ciclos
Lecturas recomendadas por ciclos
 
Mulleres en / para / por / desde / ante o Museo. A Exposición.
Mulleres en / para / por / desde / ante o Museo. A Exposición.Mulleres en / para / por / desde / ante o Museo. A Exposición.
Mulleres en / para / por / desde / ante o Museo. A Exposición.
 
Resumen
ResumenResumen
Resumen
 
Ud letras galegas 2020 cee a barcia
Ud letras galegas 2020 cee a barciaUd letras galegas 2020 cee a barcia
Ud letras galegas 2020 cee a barcia
 
Contos con clase 3
Contos con clase 3Contos con clase 3
Contos con clase 3
 
Presentacion Anxo Fariña
Presentacion Anxo FariñaPresentacion Anxo Fariña
Presentacion Anxo Fariña
 
Entrevista ledicia costas
Entrevista ledicia costasEntrevista ledicia costas
Entrevista ledicia costas
 
Cartas de amor
Cartas de amor Cartas de amor
Cartas de amor
 
Xosé neira vilas
Xosé neira vilasXosé neira vilas
Xosé neira vilas
 
Gloria sánchez garcía
Gloria sánchez garcíaGloria sánchez garcía
Gloria sánchez garcía
 
Dípticos
DípticosDípticos
Dípticos
 
Calendario Letras Galegas 2018
Calendario Letras Galegas 2018 Calendario Letras Galegas 2018
Calendario Letras Galegas 2018
 
Agustín Fernández Paz na biblioteca do IES Salvaterra de Miño
Agustín Fernández Paz na biblioteca do IES Salvaterra de MiñoAgustín Fernández Paz na biblioteca do IES Salvaterra de Miño
Agustín Fernández Paz na biblioteca do IES Salvaterra de Miño
 
Xela arias ud
Xela arias udXela arias ud
Xela arias ud
 
Carlos casares
Carlos casaresCarlos casares
Carlos casares
 
Rosalía De Castro
Rosalía De CastroRosalía De Castro
Rosalía De Castro
 

Andere mochten auch (20)

Java ee kursu-avcilar
Java ee kursu-avcilarJava ee kursu-avcilar
Java ee kursu-avcilar
 
Diagnóstico i tunes
Diagnóstico i tunesDiagnóstico i tunes
Diagnóstico i tunes
 
Armadura
ArmaduraArmadura
Armadura
 
Edld 5352 week_4_assignment_jan_2012.teresa.johnson
Edld 5352 week_4_assignment_jan_2012.teresa.johnsonEdld 5352 week_4_assignment_jan_2012.teresa.johnson
Edld 5352 week_4_assignment_jan_2012.teresa.johnson
 
la naturaleza 4
la naturaleza 4 la naturaleza 4
la naturaleza 4
 
Pregó 2012
Pregó 2012Pregó 2012
Pregó 2012
 
Proyecto pescc fotos
Proyecto pescc fotosProyecto pescc fotos
Proyecto pescc fotos
 
Resumo Tp5 Unid 19 20
Resumo   Tp5   Unid 19 20Resumo   Tp5   Unid 19 20
Resumo Tp5 Unid 19 20
 
2011-12- Vattenfall Magazine - page 28
2011-12- Vattenfall Magazine - page 282011-12- Vattenfall Magazine - page 28
2011-12- Vattenfall Magazine - page 28
 
2013 a&a saneamiento de propiedades 1
2013 a&a saneamiento de propiedades 12013 a&a saneamiento de propiedades 1
2013 a&a saneamiento de propiedades 1
 
Presentació junta de delegats (2)
Presentació junta de delegats (2)Presentació junta de delegats (2)
Presentació junta de delegats (2)
 
Java ee kursu-tuzla
Java ee kursu-tuzlaJava ee kursu-tuzla
Java ee kursu-tuzla
 
Barrade inicio
Barrade inicioBarrade inicio
Barrade inicio
 
La belleza
La bellezaLa belleza
La belleza
 
actividades para Excel
actividades para Excelactividades para Excel
actividades para Excel
 
Java ee kursu-eskisehir
Java ee kursu-eskisehirJava ee kursu-eskisehir
Java ee kursu-eskisehir
 
HABIB KHALID CV (2)
HABIB KHALID CV (2)HABIB KHALID CV (2)
HABIB KHALID CV (2)
 
TICS EN LA EDUCACION EN LINEA
TICS EN LA EDUCACION EN LINEATICS EN LA EDUCACION EN LINEA
TICS EN LA EDUCACION EN LINEA
 
2007
20072007
2007
 
Clube 05clima
Clube 05climaClube 05clima
Clube 05clima
 

Ähnlich wie Daniel ferreiro

O misterio das badaladas
O misterio das badaladasO misterio das badaladas
O misterio das badaladasLagaron
 
Presentacón gallego andrea corrixida
Presentacón gallego andrea corrixidaPresentacón gallego andrea corrixida
Presentacón gallego andrea corrixidatrafegosamilleiros
 
Presentacion xabier p. docampo laura, gonzalo, ismael
Presentacion xabier p. docampo laura, gonzalo, ismaelPresentacion xabier p. docampo laura, gonzalo, ismael
Presentacion xabier p. docampo laura, gonzalo, ismaeltrafegosamilleiros
 
violeta corujo: presentación sobre Concha Blanco
violeta corujo: presentación sobre Concha Blancovioleta corujo: presentación sobre Concha Blanco
violeta corujo: presentación sobre Concha Blancovioleta Corujo
 
D:\documents and settings\pt\escritorio\a escola fala
D:\documents and settings\pt\escritorio\a escola falaD:\documents and settings\pt\escritorio\a escola fala
D:\documents and settings\pt\escritorio\a escola falajurafelo
 
Concha blanco
Concha blancoConcha blanco
Concha blancocortinhas
 
Día das letras galegas 2010
Día das letras galegas 2010Día das letras galegas 2010
Día das letras galegas 2010guest75e3415
 
Unidades didácticas uxío novoneyra.maio 2010
Unidades didácticas uxío novoneyra.maio 2010Unidades didácticas uxío novoneyra.maio 2010
Unidades didácticas uxío novoneyra.maio 2010cenlf
 
Que é un microrrelato
Que é un microrrelatoQue é un microrrelato
Que é un microrrelatombcentoira
 
Guía nadal 12
Guía nadal 12 Guía nadal 12
Guía nadal 12 aesperela
 
Cartas de inverno de Agustín Fernández Paz
Cartas de inverno de Agustín Fernández PazCartas de inverno de Agustín Fernández Paz
Cartas de inverno de Agustín Fernández PazRemoeaLinguaLinguaGa
 

Ähnlich wie Daniel ferreiro (20)

Cando petan pola noite b
Cando petan pola noite bCando petan pola noite b
Cando petan pola noite b
 
O misterio das badaladas
O misterio das badaladasO misterio das badaladas
O misterio das badaladas
 
David ferreiro 3
David ferreiro 3David ferreiro 3
David ferreiro 3
 
Presentacón gallego andrea corrixida
Presentacón gallego andrea corrixidaPresentacón gallego andrea corrixida
Presentacón gallego andrea corrixida
 
Presentacion xabier p. docampo laura, gonzalo, ismael
Presentacion xabier p. docampo laura, gonzalo, ismaelPresentacion xabier p. docampo laura, gonzalo, ismael
Presentacion xabier p. docampo laura, gonzalo, ismael
 
violeta corujo: presentación sobre Concha Blanco
violeta corujo: presentación sobre Concha Blancovioleta corujo: presentación sobre Concha Blanco
violeta corujo: presentación sobre Concha Blanco
 
Cartas de inverno
Cartas de invernoCartas de inverno
Cartas de inverno
 
Xabier alcalá
Xabier alcaláXabier alcalá
Xabier alcalá
 
D:\documents and settings\pt\escritorio\a escola fala
D:\documents and settings\pt\escritorio\a escola falaD:\documents and settings\pt\escritorio\a escola fala
D:\documents and settings\pt\escritorio\a escola fala
 
Presentación valentín lamas carvajal marta ferreira
Presentación valentín lamas carvajal marta ferreiraPresentación valentín lamas carvajal marta ferreira
Presentación valentín lamas carvajal marta ferreira
 
Concha blanco
Concha blancoConcha blanco
Concha blanco
 
Día das letras galegas 2010
Día das letras galegas 2010Día das letras galegas 2010
Día das letras galegas 2010
 
Unidades didácticas uxío novoneyra.maio 2010
Unidades didácticas uxío novoneyra.maio 2010Unidades didácticas uxío novoneyra.maio 2010
Unidades didácticas uxío novoneyra.maio 2010
 
Que é un microrrelato
Que é un microrrelatoQue é un microrrelato
Que é un microrrelato
 
Cartas de inverno
Cartas de invernoCartas de inverno
Cartas de inverno
 
Guía nadal 12
Guía nadal 12 Guía nadal 12
Guía nadal 12
 
Os desherdados
Os desherdadosOs desherdados
Os desherdados
 
Carreiros 6 (2007)
Carreiros 6 (2007)Carreiros 6 (2007)
Carreiros 6 (2007)
 
Lagrimas de shiva
Lagrimas de shivaLagrimas de shiva
Lagrimas de shiva
 
Cartas de inverno de Agustín Fernández Paz
Cartas de inverno de Agustín Fernández PazCartas de inverno de Agustín Fernández Paz
Cartas de inverno de Agustín Fernández Paz
 

Daniel ferreiro

  • 1. Xabier P. Docampo Daniel Martínez Ferreiro 1ºA
  • 2. Xabier P. Docampo (Rábade, Lugo, 1946) Mestre xa xubilado, o seu traballo dinamizador a favor da cultura galega coñeceu diferentes ámbitos de actuación: foi actor de teatro, autor de guións para o cine e televisión así como director de diferentes programas de radio; involucrado activamente nos movementos de renovación pedagóxica, é coautor de libros de texto e formou parte do equipo iniciador de “Preescolar na casa”. Participou activamente na creación de “Galix” (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil), da que foi presidente. É un dos grandes renovadores da literatura infantoxuvenil galega, á que incorporou a miles de lectores con éxitos de vendas como: • O misterio das badaladas. • A chave das noces . • Cando petan na porta pola noite (Premio Rañolas ao libro infantil e xuvenil do ano 1994, Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 1995, e seleccionada así mesmo como unha das cen mellores obras do século XX español segundo a Fundación Germán Sánchez Ruipérez) Ademais, reúne unhas excepcionais condicións como narrador oral que o converten nun eficaz e popular contador de contos.
  • 3. En xullo de 2008 comezou a rodaxe da adaptación ao cine da súa novela A casa da luz, publicada por Xerais en galego e Anaya en castelán. A película, dirixida por Carlos Amil, está rodada en galego e filmouse en localizacións de Baio, Betanzos e Moeche. Na serie saíron algúns nenos de figurantes do colexio Vales Villamarin (Betanzos).O argumento é o seguinte: Unha panda de nenos e nenas pasan as súas vacacións en Eiravella – unha pequena vila a medio camiño entre o rural e o urbano – entre a construción dunha cabana e os xogos propiciados por Duarte, ex profe de debuxo e pintor. Un novo xogo de pistas debe conducir aos nenos á presenza de Duarte, pero Duarte non aparece e ninguén sabe dar conta do seu paradoiro. Os nenos cren que Duarte pode non estar vivo pero se o estivese, están dispostos a rescatalo custe o que custe. A preocupación da panda, especialmente de Alicia, sobriña de Duarte, crece. As sospeitas recaen sobre Pumariño – un vello “Toliño”, mudo, marxinado por todo o pobo e que adoita facer ocos nas paredes das casas de Eiravella. A panda decide sometelo a control. Nun dos seguimentos, a panda chega a unha casa escondida no medio do bosque. Para sorpresa dos nenos, Pumariño recíbeos sorrinte e satisfeito. Nunha sala da casa, chea de cadros, Pumariño sinala un deles cun aspecto estraño e a medio rematar – cun bosque, unha paisaxe inquedante e unha cidade cunha torre ao fondo – querendo indicar que Duarte está alí.
  • 4. A panda, incrédula, cre que o “Toliño” os quere enganar. Pumariño desaparece repentinamente e uns segundos despois, a través do cadro, surxe de novo diante dos nenos. Con todas as dubidas e todos os medos do mundo, Alicia e o resto da panda, deciden seguir a Pumariño e traspasan o cadro en busca do seu amigo pintor. Ademais desta novela, destacan tamén: 1980: - O misterio das badaladas - Cun ollo aberto e outro sen cerrar 1988: - A chave das noces 1989: - O armario novo de Rubén 1990: - A nena de auga e o príncipe de lume 1991: - A casa do porco bravo - Roxelio e a couza 1993: - O país durminte 1994: - Cando petan na porta pola noite
  • 5. 1996: - Adelaida, Henrique e demáis familia 1997: - Opazo baleiro 1998: - Breogán - ¡Estampado! - O home que inventou unha maneira de andar 1999: - A viaxe de Purpurina ou a historia dunha pinga de auga 2000: - Catro cartas - Nube de neve 2001: - Os ollos de Ramón - Un conto de tres noites - ¿Víchela, víchela? 2002: - A casa da luz 2004:
  • 6. - Bolboretas 2005: - A decisión de Valerio - De cores e amores 2008: - O libro das viaxes imaxinarias 2009: - A noite das filantes 2011: - Mans
  • 7. Tamén escribiu e escribe artigos. Dos que lin para facer este traballo, chamoume a atención o seguinte: Carta aberta aos que non me queren chamar polo meu nome Un artigo de: Xabier P. Docampo [10/03/2005] Señoras e señores: Permítanme que non lles diga queridos nin prezados nin estimados nin ningunha das fórmulas de cortesía que é costume usar nas cartas. É que eu nin os quero a vostedes, nin os aprecio nin os estimo, simplemente os sufro. Verán, vostedes teñen o feo costume de, por máis que eu lles diga que me chamo como consta enriba deste escrito, me chamar Javier. Aínda que son moitos e moitas os que me fan tal cousa, voulles poñer o máis recente exemplo. A semana pasada chamei á clínica para pedir hora co oculista. Respondeume unha voz feminina que despois de me dicir que fose o venres ás seis e cuarto (todo isto en castelán por máis que eu lle falaba en galego), pediume o meu nome: –Xabier –díxenlle. –Javier –corrixiu ela. –Non, non Xabier –insistín. –Si, ya, ya... –dixo. –Xa estamos coma os camareiros co café con leite –rosmei eu. –¿Cómo? –dixo ela. –Que me chamo Xabier, non Javier. –Bien, pues el viernes a las seis y cuarto. O venres cheguei e, como era a primeira vez que ía, abriume unha carpeta para o meu historial na que escribiu: Javier. –Perdoe é que aí pon Javier e eu chámome Xabier, quere que lle amose o DNI? –Ah, bueno, pues después ya lo corrijo. –Si, mírame neste ollo que teño un lixo. O oculista chamoume Javier todo o tempo. Á saída a rapaza despediume chamándome Javier... Non sei se volverei, pero é que xa non me quedan oculistas na cidade na que vivo, nin traumatólogos nin dermatólogos nin cardiólogos nin... Eu fago un par de intentos de que poñan o meu nome ben, pero tampouco insisto moito non sexa o demo que non me curen, que é o importante. O caso é que a receita para facer os lentes pon Javier. Todos escriben Javier por máis que lles digo que me chamo Xabier, aínda que eu vaia co carné de identidade entre os dentes. Alí pon ben clariño Xabier, que bon traballo que me custou que mo puxesen en galego porque era ao primeiriño de saír a norma e os funcionarios do rexistro non tiñan claro que fose legal tal rareza. Pero non son só os do ramo da sanidade. É igual cos do ramo do dereito, que hai anos que teño pendente unha escritura porque non dei aínda cun notario na miña cidade que ma faga en galego. (Que máis che ten a escritura. Hai que ver que raro es!). Tamén me pasa con moitos funcionarios, nomeadamente cos de correos, que é frecuente que o aviso de que teño nas súas oficinas unha carta ou un paquete tamén poña Javier, aínda que o orixinal di clariño Xabier. Outro tanto pasa cos de mensaxaría privada. E ademais cando falan desde o chirimbolo do portal din: –Don Javier? –Don un raio que te tronce... Eu chámome Xabier e no paquete ou carta pon Xabier. Iso si, vostedes póñenlle aos seus fillos Iván, Anna, Michael, Iker... e pobre do que escriba Xoán, Ana, Miguel, Visitación... Ou Jessicas sen os dous eses, Jonathan sen o th, Kevin con Q... A semana pasada estiven nun colexio ao que ían os fillos e fillas da xente podente da cidade e había Sheila, Siomara, Nadir... Eses nomes non son raros, o raro para vostedes é que eu me chame Xabier e non Javier. O funcionario daquel bonito conto de Suso de Toro trataba de convencer ao home que lle era mellor o nome en castelán. Pero é que a min non me fan caso ningún, danme a razón do tolo e despois escriben o que lles dá a gana. En qué país vivo? Nun estraño lugar no que os que falamos a nosa lingua, a que a nosa máxima lei chama "propia de Galicia" somos uns seres raros aos que hai que obrigar a cambiar. Que o meu nome sexa en galego non lles cabe na cabeza e néganse a admitilo. Nunha palabra, vostedes fan estas cousas porque din que están contra á "imposición do galego", seguramente non se decatan de que a única imposición que hai é a do castelán, e ao acontecido me remito. Que lles vaia ben.
  • 8. -
  • 9. -