SlideShare ist ein Scribd-Unternehmen logo
1 von 24
ROSALÍA DE CASTRO
Rosa Salgueiro
(presentación feita a partir da de Sofía Rama)
ROSALÍA
DE CASTRO
Rosalía de Castro (1837-1885) é a figura máis
importante e universal da literatura galega. Porén,
despois da súa morte teceuse conscientemente unha
imaxe distorsionada dela:
•unha “santiña”, unha “chorona”, unha coitada aldeá
pouco culta que escribía porque lle mandaba ou lle
ditaba o home, Murguía
•unha imitadora de Bécquer, romántica rezagada
• unha autora inconsciente do papel que xogaba e da
importancia das súas obras
• unha versificadora espontánea sen coñecementos
de arte poética…
Así o resumiu Unamuno: “una pobre aldeana gallega
metida a poeta”…
Pola contra, Díaz Canedo di: “Cuando todos
cantaban, ella se atrevía a hablar…”
Os feitos demostran que Rosalía era consciente
de ser MULLER, GALEGA e ESCRITORA.
O mito manipulado
Muller
Daquelas que cantan as pombas i as
frores,
Todos din que teñen alma de muller;
Pois eu que n’as canto, Virxe da
Paloma,
Ai! De que a terei?
Primeiro poema de
Vaguedás
Cando Rosalía comeza a escribir:
•máis do 90% das mulleres galegas
eran analfabetas.
•as escasas escritoras que había,
escribían en español e trataban
temas “de muller”: a paisaxe, o amor
romántico, a relixión…
Na súa obra reivindicou os
dereitos da muller nunha
sociedade dominada pola
desigualdade e a marxinación.
Podemos considerala unha
adiantada ao movemento
feminista (xorde arredor de 1880)
e a primeira feminista galega.
…la vulgar idea de que la mujer sólo
sirve para las labores domésticas y
que (la que se aparte de esto) es digna
de la execración general.
La hija del mar,
1859
Decid que lo que quereis es vernos
esclavas y no compañeras vuestras,
decid que de un ser que siente y
piensa como vosotros quereis hacer
juguetes huecos…
Mara, na novela
Flavio
…tantas criaturas devoradas por la
miseria y el trabajo; tantas otras
devoradas por el fastío y el ocio. Es
una terrible calamidad, y en vano se
habla de progreso: las mujeres siguen
atormentadas.
Mara, na novela
Flavio
Galega
Rosalía é consciente de que
escribe nun país secularmente
postrado e desconcienciado,
marxinado.
A súa defensa da identidade
galega e da escrita en galego
sitúana ideoloxicamente no
Provincialismo e no Rexionalismo.
Daquela, é unha precursora do
nacionalismo progresista que se
desenvolverá no séc. XX.
Denuncia particularmente os
abusos e as inxustizas cometidos
con Galiza e cos galegos na
emigración.
Castellanos de Castilla,
Tratade ben ôs gallegos:
Cando van, van como rosas,
Cando vên, vên como negros.
(…)
Foi a Castilla por pan,
E saramagos lle deron;
Déronlle fel por bebida,
Peniñas por alimento.
(…)
Permita Dios, castellanos,
Castellanos que aborreço,
qu'antes os gallegos morran
qu'ir a pedirvos sustento.
CANTARES
GALLEGOS
Galega
Identifícase cos problemas,
sufrimentos e aspiracións das
clases populares galegas,
especialmente coas “viúvas de
vivos”.
Presenta unha imaxe de Galiza e
da súa xente digna e normal,
fronte aos prexuízos existentes.
Entón, poderíase considerar
precursora do anticapitalismo,
pois defende os valores sociais e
morais do pobo fronte ao
individualismo e o poder do
diñeiro.
DO ÍNTIMO.
FOLLAS
NOVAS.
Aqués que tén fama d' honrados na vila
roubáronme tanta brancura qu' eu tiña;
botáronme estrume nas galas dun día,
a roupa de cote puñéronma en tiras.
Nin pedra deixaron en dond' eu vivira;
sin lar, sin abrigo, morei nas curtiñas;
ó raso cas lebres dormín nas campías;
meus fillos... ¡meus anxos!... que tant' eu quería,
¡morreron, morreron ca fame que tiñan!
Quedei deshonrada, mucháronm' a vida,
fixéronm' un leito de toxos e silvas;
i en tanto, os raposos de sangre maldita,
tranquilos nun leito de rosas dormían.
―Salvádeme ¡ouh, xueces!, berrei... ¡Tolería!
De min se mofaron, vendeum' a xusticia.
―Bon Dios, axudaime, berrei, berrei inda...
tan alto qu' estaba, bon Dios non m' oíra.
Estonces, cal loba doente ou ferida,
dun salto con rabia pillei a fouciña,
rondei paseniño... (ne' as herbas sentían)
i a lúa escondíase, i a fera dormía
cos seus compañeiros en cama mullida.
Mireinos con calma, i as mans estendidas,
dun golpe ¡dun soio! deixeinos sin vida.
I ó lado, contenta, senteime das vítimas,
tranquila, esperando pola alba do día.
I estonces... estonces cumpreuse a xusticia:
eu, neles; i as leises, na man qu' os ferira.
Nao
Galega
• Rosalía escribiu en galego,
consciente da súa subversión.
Considerábao necesario dado
que sabía que no estado
existían “hueste y pendón en
contra de los inofensivos
dialectos, de los cuales se
teme lleguen algún día a
comprometer la salud y la
integridad de España”.
•Tamén escribiu en español
para poder publicar e intentar
vivir da súa profesión de
escritora.
CANTARES
GALLEGO
S
Probe Galicia, non debes
Chamarte nunca española.
Qu' España de ti s' olvida
Cando eres ay! tan hermosa.
Cal si na infamia naceras
Torpe, de ti s' avergonza,
Y á nay qu' un fillo despreça
Nay sin coraçon se noma.
Naide por que te levantes
Ch' aIarga á man bondadosa.
Naide os teus prantos enxuga,
Y homilde choras e choras.
Galicia, ti non tés patria,
Ti vives no mundo soya,
Y á prole fecunda tua
S' espalla en errantes hordas,
Mentras trist' e solitaria
Tendida na verde alfombra
O mar esperanzas pides
De Dios á esperanza imploras.
Por eso anqu' en son de festa
Alegre á gaitiña s' oya
Eu podo decirche
Non canta que chora.
Escritora
Se aínda hoxe falamos de
marxinación da muller, podemos
imaxinar que suporía que unha
muller do XIX quixera vivir de ser
escritora (daquela escribir poesía
ou novelas era síntoma de
frivolidade ou de depravación) e,
ademais, en galego.
Rosalía reclamaba o dereito a
expresar coa súa escrita non só o
que sentía, senón tamén o que
pensaba.
Probablemente a incomprensión
que padeceu provocoulle un
sentimento de desacougo
existencial, de nihilismo, que
converte o seu eu-poético nunha
alma atormentada disposta a
morrer para non padecer máis ou
para expiar algunha culpa.
Las
Literatas
Tu no sabes lo que es ser escritora, (…) Que
continuo tormento! ; por la calle te señalan
constantemente, y no para bien y en todas
partes murmuran de ti (…) y los hombres no
cesan de decirte siempre que pueden que
una mujer de talento es una calamidad (…),
sobre todo los que escriben y se tienen por
graciosos no dejan pasar nunca la ocasión
de decirte que las mujeres deben dejar la
pluma y repasar los calcetines de sus
maridos…
Cando penso que te fuches,
negra sombra que me asombras,
ó pé dos meus cabezales
tornas facéndome mofa.
Cando maxino que es ida,
no mesmo sol te me amostras,
i eres a estrela que brila,
i eres o vento que zoa.
Si cantan, es ti que cantas,
si choran, es ti que choras,
i es o marmurio do río
i es a noite i es a aurora.
En todo estás e ti es todo,
pra min i en min mesma moras,
nin me abandonarás nunca,
sombra que sempre me
asombras.
FOLLAS
NOVAS
Astarot
A súa obra
POESÍA PROSA
1857 Castelán La flor (Romanticismo)
1858 Castelán Lieders
1859 Castelán La hija del mar (novela)
1862 Galego Poemas(Album de la
Caridad)
Castelán Flavio (novela)
1863 Castelán A mi madre (Romanticismo)
Galego Cantares Gallegos
1864 Galego Conto galego
1866 Castelán Las literatas, El cadiceño, Ruinas (novela)
1867 Castelán El caballero de las botas azules (novela)
1880 Galego Follas Novas
1881 Castelán El primer loco (novela), El domingo de ramos, Padrón y las
inundaciones, Costumbres gallegas.
1884 Castelán En las orillas del Sar
Cantares Gallegos (1863)
Lírica popular e
tradicional
Libro de los cantares de
Antonio Trueba (1852)
Prólogo :
•Captatio
benevolentia
•Intencións
36 poemas
1. Reivindicar a validez do noso idioma para todo tipo de poesía.
2. Denunciar a explotación e o desprezo que sofren os labregos,
as mulleres e os emigrantes galegos.
3. Combater a negativa imaxe que se tiña de Galiza.
FONTES
PARTES
DA OBRA
OBXECTIVOS
de Cantares
Gallegos
Dedicatoria
Por esto, inda achándome debil de forzas, e n´habendo deprendido en
máis escola que a dos nosos probes aldeáns, guiada solo por aqueles
cantares, aquelas palabras cariñosas e aqueles xiros nunca olvidados que
tan docemente resoaron nos meus oídos desde a cuna, e que foran
recollidos polo meu corazón como herencia propia, atrevinme a escribir
estos cantares (...)
Sin gramáticas nin regras de ningunha clas, o lector topará moitas veces
faltas de ortografía, xiros que disoarán os oídos dun purista, pro ó menos, e
pra disculpar en algo estes defectos, puxen o maior coidado en reprodusir o
verdadeiro esprito do noso pobo.
Prólogo de CANTARES GALLEGOS,
ROSALÍA DE CASTRO - 1863
Cantares Gallegos. O costumismo
I
Si a vernos, Marica, nantronte viñeras
á festa do Seixo na beira do mar,
ti riras, Marica, cal nunca te riches
debaixo dos pinos do verde pinar.
Á sombra dos pinos, Marica, ¡que cousas
chistosas pasaron!, ¡que rir toleirón!
Relouca de arriba, relouca de abaixo,
Iñamos, viñamos i o bombo… ¡pon!... Po
As cóchegas brandas, as loitas alegres,
Os berros, os brincos, os contos sin fel,
Todiños peneques, alegres todiños…
I a nosa señora detrás do tonel.
II
¡Coitada!, ¡que festa brandida perdeche!
Cantaras, beberas, dormiras , i así
nun feixe miraras rolar xuntamente
mociños e vellos de aquí para alí.
Coa vista trubada, cos ollos dormentes,
sorrindo, comendo, pifando e aínda máis,
¡que apertos, que olladas tan chuscas trocaban
as nenas de xenio cos mozos de Cais!
Debaixo dos ricos pareauguas de seda
que abertos formaban tamaño rodel,
todiños chispados, ¡que cousas decían!
I a nosa señora detrás do tonel.
III
Mais ela decote tan grave e soberba
tan fina de oído, tan curta de mans,
xordiña quedara falando por sete,
con probes e ricos, con porcos e cans.
Meu amo, folgado de tanta largueza,
que n’era costume na donda tal ver,
tamén, ¡miña xoia!, saltando da burra,
¡pin!, ¡pan!, río arriba botouse a correr.
I a dona sorría con ollo entreaberto,
comendo castañas e viño con mel…
¡Que festa, Marica…! Todiños peneques…
I a nosa señora detrás do tonel.
Cantares Gallegos. A emigración
Adiós, ríos; adiós, fontes;
adiós, regatos pequenos;
adiós, vista dos meus
ollos:
non sei cando nos
veremos.
--Miña terra, miña terra,
terra donde me eu criei,
hortiña que quero tanto,
figueiriñas que prantei,
--prados, ríos, arboredas,
pinares que move o
vento,
paxariños piadores,
casiña do meu contento,
I
Vendéronll'os bois,
vendéronll'as vacas,
o pote do caldo
i a manta da cama.
Vendéronll'o carro
i as leiras que tiña;
deixárono soio
coa roupa vestida.
-María, eu son
mozo,
pedir non me é dado;
eu vou polo mundo
para ver de ganalo.
Galicia está probe,
i á Habana me vou...
¡adiós, adiós, prendas
do meu corazón!
La verdadera patria del hombre es el mundo entero.
Allí donde respire aire y libertad, allí donde pose con seguridad su planta, allí es el reino de
un alma libre, allí su amada patria, el lugar bendecido, la tierra santa, que puede regar con el
sudor de su frente. ¿Por qué detenerme un instante más? Un mismo sol, ¿no da vida y calor a
todo el universo? Adiós, pues, lugares a quien no amo. Casa que me ha visto nacer. Jardín en
donde por primera vez aspiré el aroma de las flores. Fuentes cristalinas, bosque umbroso, en
donde gemía el viento en las tardes del invierno, prado sonriente bañado por el primer rayo del
sol, ¡adiós!
Adiós, tranquilo hogar, techo amigo,
Cantares Gallegos. A soidade
Campanas de Bastavales,
cando vos oio tocar,
mórrome de soidades.
Cando vos oio tocar,
campaniñas, campaniñas,
sin querer torno a chorar.
Cando de lonxe vos oio,
penso que por min
chamades,
e das entrañas me doio.
Dóiome de dor ferida,
que antes tiña vida enteira
i hoxe teño media vida.
Sólo media me deixaron
os que de aló me trouxeron,
os que de aló me roubaron.
Non me roubaron, traidores,
¡ai!, uns amores toliños,
¡ai!, uns toliños amores.
Que os amores xa fuxiron,
as soidades viñeron…
De pena me consumiron.
Cantar
popular
glosa
Follas Novas (1880)
Simancas, 1868-1870
Publícase o mesmo ano que
Aires da miña terra de
Curros e Saudades gallegas
de Lamas Carvajal
PRÓLOGO : Dúas palabras
da autora
•Arte poética
•Intencións
137 POEMAS
• Obra persoal e filosófica.
• Só algúns poemas continúan a liña de Cantares…
• Concibido no “desterro”. Ton pesimista
ORIXES
PARTES
DA OBRA
CARACTE-
RÍSTICAS
1. Vaguedás
4. Da terra
3. Varia
2. Do íntimo!
5. As viúdas dos
vivos e as viúdas
dos mortos.
• Orixinalidade métrica, con moldes inusuais e cunha rima
asonante que exemplifica o paso do XIX ao XX (Vangardas).
•Galiza deixa de ser a protagonista, aparece só en ocasións,
porén mantense como pano de fondo.
Follas Novas (1880)
1. Vaguedás
4. Da terra
3. Varia
2. Do íntimo!
5. As viúvas dos
vivos e as viúvas
dos mortos.
Temática
Follas
novas
Poesía subxectiva (intimista)
Mestura
Poesía obxectiva (social)
•A poesía social
•A poesía
intimista
•A relixiosidade
•O sentido da
escritura
•As sombras
Rosalía escribira os poemas de Follas Novas dez anos antes da súa
publicación entre (1868 e 1870). O desprezo recibido e a frustración
enterrárona nun caixón até que a Sociedade de beneficiencia dos
naturales de Galicia n’Habana deu en poñer os cartos para a súa
publicación. Por iso a autora llo agradece no prólogo: Dúas palabras da
autora.
Follas Novas. A poesía social
A poesía social de Follas Novas está
recollida nas dúas últimas partes: Da
terra e As viúvas dos vivos e as viúvas
dos mortos. Rosalía identifícase cos
sentimentos da sociedade que padece
dúas situacións oprobiosas: a miseria
e a emigración, centrándose na muller
galega como exemplo de suxeito
padecente. Mais este exemplo
resultará válido para calquera muller
rural do planeta: velaí a
universalidade de Rosalía.
Tecín soia a miña tea,
sembrei soia o meu nabal,
soia vou por leña ó monte,
soia a vexo arder no lar.
Nin na fonte nin no prado,
así morra coa carrax,
el non ha de virm'a erguer,
el xa non me pousará.
¡Que tristeza! O vento soa,
canta o grilo ó seu compás...
Ferve o pote... mais, meu caldo,
soíña t'hei de cear.
Cala, rula, os teus arrulos
ganas de morrer me dan;
cala, grilo, que si cantas,
sinto negras soïdás.
O meu homiño perdeuse,
ninguén sabe en onde vai...
Anduriña que pasache
con el as ondas do mar;
anduriña, voa, voa,
ven e dime ond'está.
Follas Novas. A poesía intimista
A poesía intimista de Follas Novas
abrangue os dous primeiros libros,
Vaguedás e Do íntimo.
No primeiro, reflexiona sobre o seu
propio labor de poeta e sobre a súa
propia obra.
Follas novas! risa dame
Ese nome que levás,
Cal s'a un-ha moura ben moura,
Branca ll'oise chamar.
—
Non Follas novas, ramallo
De toxos e silvas sôs,
Hirtas, com'as miñas penas,
Feras, com'á miña dor.
—
Sin olido nin frescura,
Bravas magoás e ferís...
¡Se n'a gándara brotades,
Como non serés así!
Vaguedá
s.
Follas
Novas
Follas Novas. A poesía intimista
Na segunda parte, Do íntimo, plasma as
súas reflexións filosóficas: a perda das
ilusións, a insolidariedade humana, o
paso do tempo, o desamor, o
atormentado espírito humano, as
intransixencias da igrexa católica, a
lexitimidade da violencia como arma
contra a inxustiza, a morte como
liberación…
Rosalía fai unha viaxe dolorosa ás súas
entrañas: o que atopa é a soidade (a
condición do ser humano é estar só e
nada pode aliviar este desamparo, de aí
a agonía existencial). Tamén descobre a
saudade, a tristura que xorde da
soidade existencial e que a afoga até ter
nostalxia da dor, o seu 3ºdescubrimento
(vivir significa sufrir).
¿QUEN NON XIME?
Luz eprogreso en todas partes... pero
As dudas n'os corazós,
E vagoas qu'un non sabe por que corren,
E dores qu'un non sabe por que son.
—
Outro cantar din cansados
D'este estribilo os que chegando van,
Nun-ha nova fornada, e qu'andan cegos
Buscando o qu'inda non hay.
—
¡Reprobos!... sempre ô oculto
perguntando
Que mudo nada vos di.
Buscade á fé, que se perdeu n'a duda
E deixade de xemir.
—
Mais eles tamen perdidos
Por un-ha y outra senda van e vên
Sin que sepan ¡coitados! por ond'andan,
Sin paz, sin rumbo e sin fé.
Do
íntimo
Follas
Novas
Follas Novas. A relixiosidade
Na segunda parte desta obra,
Do íntimo, Rosalía non dubida
da existencia desa vida despois
da morte na que as ánimas dos
defuntos participan nos asuntos
dos que aínda viven, mais o
que si a angustia é o sentido da
propia existencia: o silencio de
Deus perante as inxustizas e
as crueldades que sofren os
desprotexidos. Isto provoca
nela, primeiramente, unha fe
oscilante e, finalmente, a
ausencia total de fe.
I uns eran seus amantes noutros días,
deudos eran os máis, i outros amigos,
compañeiros da infancia,
sirventes e veciños;
mais pasando e pasando diante dela,
fono os mortos aqueles prosiguindo
a indiferente marcha
camiño do infinito,
mentras cerraba a noite silenciosa
os seus loitos tristísimos
en torno da estranxeira na súa patria,
que, sin lar nin arrimo,
sentada na varanda contempraba
cal brilaban os lumes fuxitivos.
Do íntimo
Follas Novas
Estranxeira na súa patria
Na xa vella varanda
entapizada de hedras e de lirios
foise a sentar calada e tristemente
frente do tempro antigo.
Interminable precesión de mortos,
uns en corpo nomais, outros no esprito,
veu pouco a pouco aparecer na altura
do direito camiño
que monótono e branco relumbraba,
tal como un lenzo nun herbal tendido.
Contemprou cal pasaban e pasaban
collendo hacia o infinito,
sin que ó fixarse nela
os ollos apagados e afundidos
deran siñal nin moestra
de habela nalgún tempo conocido.
Follas Novas. A sombra e as sombras
En todo o poemario aparece unha
obsesiva presenza da sombra/s,
símbolos da poética rosaliana.
A sombra é a dor universal,
mesmo a consciencia da morte. As
sombras son o símbolo dos
remorsos, dun pasado tormentoso.
Cando penso que te fuches,
negra sombra que m‘ asombras,
ó pé dos meus cabezales
tornas facéndome mofa.
Cando maxino qu' es ida,
no mesmo sol te m' amostras,
i eres a estrela que brila,
i eres o vento que zoa.
Si cantan, es ti que cantas;
si choran, es ti que choras;
i es o marmurio do río,
i es a noite i es a aurora.
En todo estás e ti es todo
pra min i en min mesma moras,
nin m' abandonarás nunca,
sombra que sempre m' asombras.
Do íntimo,
Follas Novas
Follas Novas. O sentido da escrita
Na primeira parte desta obra,
Vaguedás, Rosalía sérvese
dun dos seus temas
preferidos: o propio sentido
da escrita. Pregúntase polo
acto de escribir, cae en
respostas contraditorias que
non a satisface, até o punto
de que a propia tarefa
literaria enxendra novos
sufrimentos na escritora.
¡SILENCIO!
A man nerviosa e palpitante o seo,
as niebras nos meus ollos condensadas,
con un mundo de dudas nos sentidos
i un mundo de tormentos nas entrañas,
sentindo cómo loitan
en sin igual batalla
inmortales deseios que atormentan
e rencores que matan,
mollo na propia sangre a dura pruma
rompendo a vena hinchada,
i escribo..., escribo..., ¿para qué? ¡Volvede
ó máis fondo da ¡alma,
tempestosas imaxes!
¡Ide a morar cas mortas relembranzas!
¡Que a man tembrosa no papel só escriba
palabras, e palabras, e palabras!
Da idea a forma inmaculada e pura
¿dónde quedóu velada?
Vaguedás, Follas
Novas
A pegada de Rosalía I
Do mar pola orela
mireina pasar,
na frente unha estrela,
no bico un cantar.
A musa dos pobos
que vin pasar eu,
comesta dos lobos,
comesta se veu
E vina tan sola
na noite sin fin,
¡Que ainda recei pola probe da tola
eu, que non teño quen rece por min!.
Os ósos son dela, que vades gardar.
¡Ai dos que levan na fronte unha estrela!
¡Ai dos que levan no bico un cantar!
Manuel Curros Enríquez, 1891
Canzón de cuna pra Rosalía Castro, morta
¡Érguete, miña amiga,
que xa cantan os galos do día!
¡Érguete, miña amada,
porque o vento muxe, coma unha vaca!
Os arados van e vén
dende Santiago a Belén.
Dende Belén a Santiago
un anxo ven en un barco.
Un barco de prata fina
que trai a door de Galicia.
Galicia deitada e queda
transida de tristes herbas.
Herbas que cobren teu leito
e a negra fonte dos teus cabelos.
Cabelos que van ao mar
onde as nubens teñen seu nidio pombal.
Érguete, miña amiga,
que xa cantan os galos do día!
¡Érguete, miña amada,
porque o vento muxe, coma unha vaca!
Federico García Lorca: Seis poemas galegos, 1935
Decimos Rosalía
I alcéndese un espello
Na noite largacía
Na noite ensimesmada
Cai un orballo escuro
De auga lenta e calada
De auga lenta de pranto:
Nosos ollos son fontes
De tanto chorar tanto.
De tanto vao laído,
Polas serras e vales
Pasa un vento ferido.
Pasa un río entoldado,
Que o entoldou un tempo
De renuncia humildado.
De renuncia está feito
O puñal que levamos
Espetado no peito.
Espetado en ringleiras
Dos galegos que marchan
Prás terras estranxeiras.
Decimos Rosalía
I o corazón da matria
Sangra na noite fría.
Celso Emilio Ferreiro, 1975
A pegada de Rosalía II
Vaguedás
Unha vez tiven un cravo
perdino
tampouco imos facer un drama do asunto
Samuel L. París: Inflamable, 2012
“ De Cantares hoxe. Os Cantares gallegos de Rosalía
de Castro no século XXI” no Diario cultural da Radio
Galega
A pegada de Rosalía III
Rosalía en Air Galicia
Rosalía rancheira
Rosalía fai autostop
Rosalía, Curros e Pondal nos Tonechos
Peregrinaxe lírica polos lugares rosalianos:

Weitere ähnliche Inhalte

Was ist angesagt?

Curros Enríquez
Curros EnríquezCurros Enríquez
Curros EnríquezVinseiro
 
Rosalía de castro 2
Rosalía de castro 2Rosalía de castro 2
Rosalía de castro 2king Paul
 
Rosalía esquemas
Rosalía   esquemasRosalía   esquemas
Rosalía esquemasmati2011
 
Rosalía de castro
Rosalía de castroRosalía de castro
Rosalía de castroailamalo
 
Eduardo Pondal
Eduardo PondalEduardo Pondal
Eduardo PondalVinseiro
 
Nuevo presentación de microsoft power point
Nuevo presentación de microsoft power pointNuevo presentación de microsoft power point
Nuevo presentación de microsoft power pointDeni-sa
 
Casares en 25 diapositivas
Casares en 25 diapositivasCasares en 25 diapositivas
Casares en 25 diapositivastudense
 
Rexurdimento
RexurdimentoRexurdimento
Rexurdimentoxenevra
 
As cordas líricas de curros
As cordas líricas de currosAs cordas líricas de curros
As cordas líricas de currosLoli Cid Cid
 
Rosalía
RosalíaRosalía
Rosalíaxenevra
 
Papeis de muller, mulleres de papel
Papeis de muller, mulleres de papelPapeis de muller, mulleres de papel
Papeis de muller, mulleres de papeltudense
 
Eduardo Pondal
Eduardo PondalEduardo Pondal
Eduardo Pondal8397
 

Was ist angesagt? (20)

Rosalía de Castro
Rosalía de CastroRosalía de Castro
Rosalía de Castro
 
Escolma Rosalía de Castro
Escolma Rosalía de CastroEscolma Rosalía de Castro
Escolma Rosalía de Castro
 
Curros Enríquez
Curros EnríquezCurros Enríquez
Curros Enríquez
 
Rosalía de castro 2
Rosalía de castro 2Rosalía de castro 2
Rosalía de castro 2
 
Rosalía esquemas
Rosalía   esquemasRosalía   esquemas
Rosalía esquemas
 
pondal
pondalpondal
pondal
 
Rosalía de castro
Rosalía de castroRosalía de castro
Rosalía de castro
 
Castelao
CastelaoCastelao
Castelao
 
Power point ROSALÍA DE CASTRO
Power point ROSALÍA DE CASTROPower point ROSALÍA DE CASTRO
Power point ROSALÍA DE CASTRO
 
Eduardo Pondal
Eduardo PondalEduardo Pondal
Eduardo Pondal
 
Manuel Curros Enríquez
Manuel Curros EnríquezManuel Curros Enríquez
Manuel Curros Enríquez
 
Nuevo presentación de microsoft power point
Nuevo presentación de microsoft power pointNuevo presentación de microsoft power point
Nuevo presentación de microsoft power point
 
Rosalía de castro
Rosalía de castroRosalía de castro
Rosalía de castro
 
Casares en 25 diapositivas
Casares en 25 diapositivasCasares en 25 diapositivas
Casares en 25 diapositivas
 
Rexurdimento
RexurdimentoRexurdimento
Rexurdimento
 
As cordas líricas de curros
As cordas líricas de currosAs cordas líricas de curros
As cordas líricas de curros
 
Eduardo Pondal
Eduardo PondalEduardo Pondal
Eduardo Pondal
 
Rosalía
RosalíaRosalía
Rosalía
 
Papeis de muller, mulleres de papel
Papeis de muller, mulleres de papelPapeis de muller, mulleres de papel
Papeis de muller, mulleres de papel
 
Eduardo Pondal
Eduardo PondalEduardo Pondal
Eduardo Pondal
 

Andere mochten auch

Análise de distintas ferramentas de creación de contidos educativos na rede (...
Análise de distintas ferramentas de creación de contidos educativos na rede (...Análise de distintas ferramentas de creación de contidos educativos na rede (...
Análise de distintas ferramentas de creación de contidos educativos na rede (...Román Landín
 
Rosalia de Castro
Rosalia de CastroRosalia de Castro
Rosalia de Castroiesclarin
 
Rosalia de Castro
Rosalia de CastroRosalia de Castro
Rosalia de Castroolaiabv
 
Lírica medieval galego-portuguesa
Lírica medieval galego-portuguesaLírica medieval galego-portuguesa
Lírica medieval galego-portuguesatominho
 
Rúbrica para a avaliación de traballos de Lectura (2º Ciclo ESO)
Rúbrica para a avaliación de traballos de Lectura (2º Ciclo ESO)Rúbrica para a avaliación de traballos de Lectura (2º Ciclo ESO)
Rúbrica para a avaliación de traballos de Lectura (2º Ciclo ESO)Román Landín
 
Lírica medieval galego portuguesa
Lírica medieval galego portuguesaLírica medieval galego portuguesa
Lírica medieval galego portuguesaVinseiro
 
Rosalía de Castro en imaxes
Rosalía de Castro en imaxesRosalía de Castro en imaxes
Rosalía de Castro en imaxesmati2011
 
ExpresióNs Latinas 3º Trimestre
ExpresióNs Latinas 3º TrimestreExpresióNs Latinas 3º Trimestre
ExpresióNs Latinas 3º TrimestreAlfonso Blanco
 
O texto arguemntativo
O texto arguemntativoO texto arguemntativo
O texto arguemntativoLoli Cid Cid
 
Literatura medieval
Literatura medieval Literatura medieval
Literatura medieval Marlou
 
Xentilicios
XentiliciosXentilicios
XentiliciosSanti P
 
ROSALÍA DE CASTRO
ROSALÍA DE CASTROROSALÍA DE CASTRO
ROSALÍA DE CASTROalfa
 
Símbolos nas cantigas de amigo
Símbolos nas cantigas de amigoSímbolos nas cantigas de amigo
Símbolos nas cantigas de amigorevoltalingua
 
La poesía de Rosalía de Castro
La poesía de Rosalía de CastroLa poesía de Rosalía de Castro
La poesía de Rosalía de Castrojosecaliz
 
Rosalía de Castro
Rosalía de Castro Rosalía de Castro
Rosalía de Castro Paula Melgar
 

Andere mochten auch (20)

EvolucióN FonéTica
EvolucióN FonéTicaEvolucióN FonéTica
EvolucióN FonéTica
 
Análise de distintas ferramentas de creación de contidos educativos na rede (...
Análise de distintas ferramentas de creación de contidos educativos na rede (...Análise de distintas ferramentas de creación de contidos educativos na rede (...
Análise de distintas ferramentas de creación de contidos educativos na rede (...
 
Rosalia de Castro
Rosalia de CastroRosalia de Castro
Rosalia de Castro
 
Rosalia de Castro
Rosalia de CastroRosalia de Castro
Rosalia de Castro
 
Lírica medieval galego-portuguesa
Lírica medieval galego-portuguesaLírica medieval galego-portuguesa
Lírica medieval galego-portuguesa
 
Rúbrica para a avaliación de traballos de Lectura (2º Ciclo ESO)
Rúbrica para a avaliación de traballos de Lectura (2º Ciclo ESO)Rúbrica para a avaliación de traballos de Lectura (2º Ciclo ESO)
Rúbrica para a avaliación de traballos de Lectura (2º Ciclo ESO)
 
Rosalia De Castro
Rosalia De CastroRosalia De Castro
Rosalia De Castro
 
Lírica medieval galego portuguesa
Lírica medieval galego portuguesaLírica medieval galego portuguesa
Lírica medieval galego portuguesa
 
Guías de lectura
Guías de lecturaGuías de lectura
Guías de lectura
 
Rosalía de Castro en imaxes
Rosalía de Castro en imaxesRosalía de Castro en imaxes
Rosalía de Castro en imaxes
 
ExpresióNs Latinas 3º Trimestre
ExpresióNs Latinas 3º TrimestreExpresióNs Latinas 3º Trimestre
ExpresióNs Latinas 3º Trimestre
 
O texto arguemntativo
O texto arguemntativoO texto arguemntativo
O texto arguemntativo
 
Literatura medieval
Literatura medieval Literatura medieval
Literatura medieval
 
Xentilicios
XentiliciosXentilicios
Xentilicios
 
ROSALÍA DE CASTRO
ROSALÍA DE CASTROROSALÍA DE CASTRO
ROSALÍA DE CASTRO
 
El romanticismo y rosalía de castro (1)
El romanticismo y rosalía de castro (1)El romanticismo y rosalía de castro (1)
El romanticismo y rosalía de castro (1)
 
Símbolos nas cantigas de amigo
Símbolos nas cantigas de amigoSímbolos nas cantigas de amigo
Símbolos nas cantigas de amigo
 
Rosalía de castro
Rosalía de castro Rosalía de castro
Rosalía de castro
 
La poesía de Rosalía de Castro
La poesía de Rosalía de CastroLa poesía de Rosalía de Castro
La poesía de Rosalía de Castro
 
Rosalía de Castro
Rosalía de Castro Rosalía de Castro
Rosalía de Castro
 

Ähnlich wie Rosa Salgueiro: Rosalía de Castro

Rosalía De Castro
Rosalía De CastroRosalía De Castro
Rosalía De Castroboello
 
castelao
castelaocastelao
castelaoxenevra
 
Díaz castro. letras galegas 2014
Díaz castro. letras galegas 2014Díaz castro. letras galegas 2014
Díaz castro. letras galegas 2014Marlou
 
Rosalia de castro (pedro) copia
Rosalia de castro (pedro)   copia Rosalia de castro (pedro)   copia
Rosalia de castro (pedro) copia pedrito25fernandez
 
Rosalía de Castro
Rosalía de Castro Rosalía de Castro
Rosalía de Castro bibliolois
 
Literaturas peninsulares na idade media
Literaturas peninsulares na idade mediaLiteraturas peninsulares na idade media
Literaturas peninsulares na idade mediaMarlou
 
Cabanillas4º
Cabanillas4ºCabanillas4º
Cabanillas4ºxenevra
 
Manuel María. Letras Galegas. 2016
Manuel María. Letras Galegas. 2016Manuel María. Letras Galegas. 2016
Manuel María. Letras Galegas. 2016Marlou
 
Os días das letras galegas
Os días das letras galegasOs días das letras galegas
Os días das letras galegasfontexeriabib
 
Ramón Cabanillas
Ramón CabanillasRamón Cabanillas
Ramón Cabanillasmariasorey
 
Os Precursores do Rexurdimento
Os Precursores do RexurdimentoOs Precursores do Rexurdimento
Os Precursores do Rexurdimentonoagaliza
 
Negra sombra
Negra sombraNegra sombra
Negra sombrapad250194
 

Ähnlich wie Rosa Salgueiro: Rosalía de Castro (20)

Kamishibai
KamishibaiKamishibai
Kamishibai
 
Rosalía De Castro
Rosalía De CastroRosalía De Castro
Rosalía De Castro
 
Ramón Cabanillas
Ramón CabanillasRamón Cabanillas
Ramón Cabanillas
 
Rosalía1
Rosalía1Rosalía1
Rosalía1
 
Letrasfinal
LetrasfinalLetrasfinal
Letrasfinal
 
Vazquez pintor
Vazquez pintorVazquez pintor
Vazquez pintor
 
castelao
castelaocastelao
castelao
 
Rosalía de Castro
Rosalía de CastroRosalía de Castro
Rosalía de Castro
 
Díaz castro. letras galegas 2014
Díaz castro. letras galegas 2014Díaz castro. letras galegas 2014
Díaz castro. letras galegas 2014
 
Rosalia de castro (pedro) copia
Rosalia de castro (pedro)   copia Rosalia de castro (pedro)   copia
Rosalia de castro (pedro) copia
 
Rosalia de Castro
Rosalia de Castro Rosalia de Castro
Rosalia de Castro
 
Rosalía de Castro
Rosalía de Castro Rosalía de Castro
Rosalía de Castro
 
Literaturas peninsulares na idade media
Literaturas peninsulares na idade mediaLiteraturas peninsulares na idade media
Literaturas peninsulares na idade media
 
Cabanillas4º
Cabanillas4ºCabanillas4º
Cabanillas4º
 
Manuel María. Letras Galegas. 2016
Manuel María. Letras Galegas. 2016Manuel María. Letras Galegas. 2016
Manuel María. Letras Galegas. 2016
 
1. a poesía das irmandades da fala
1. a poesía das irmandades da fala1. a poesía das irmandades da fala
1. a poesía das irmandades da fala
 
Os días das letras galegas
Os días das letras galegasOs días das letras galegas
Os días das letras galegas
 
Ramón Cabanillas
Ramón CabanillasRamón Cabanillas
Ramón Cabanillas
 
Os Precursores do Rexurdimento
Os Precursores do RexurdimentoOs Precursores do Rexurdimento
Os Precursores do Rexurdimento
 
Negra sombra
Negra sombraNegra sombra
Negra sombra
 

Mehr von trafegandoronseis

O nacemento da literatura, as primeiras civilizacións
O nacemento da literatura, as primeiras civilizaciónsO nacemento da literatura, as primeiras civilizacións
O nacemento da literatura, as primeiras civilizaciónstrafegandoronseis
 
A narrativa despois da Guerra Civil, incluída a NNG
A narrativa despois da Guerra Civil, incluída a NNGA narrativa despois da Guerra Civil, incluída a NNG
A narrativa despois da Guerra Civil, incluída a NNGtrafegandoronseis
 
Tres xeracións de poesía galega
Tres xeracións de poesía galegaTres xeracións de poesía galega
Tres xeracións de poesía galegatrafegandoronseis
 
Máis vangardas, traballo de Lucía e Alberte
Máis vangardas, traballo de Lucía e AlberteMáis vangardas, traballo de Lucía e Alberte
Máis vangardas, traballo de Lucía e Albertetrafegandoronseis
 
Máis vangardas, traballo de Tania
Máis vangardas, traballo de TaniaMáis vangardas, traballo de Tania
Máis vangardas, traballo de Taniatrafegandoronseis
 
Máis vangardas, traballo de Daniel e Luís
Máis vangardas, traballo de Daniel e LuísMáis vangardas, traballo de Daniel e Luís
Máis vangardas, traballo de Daniel e Luístrafegandoronseis
 
Manuel Antonio, traballo de Ánxela e Telmo
Manuel Antonio, traballo de Ánxela e TelmoManuel Antonio, traballo de Ánxela e Telmo
Manuel Antonio, traballo de Ánxela e Telmotrafegandoronseis
 
Rafael Dieste, traballo de Alba e Cristian
Rafael Dieste, traballo de Alba e CristianRafael Dieste, traballo de Alba e Cristian
Rafael Dieste, traballo de Alba e Cristiantrafegandoronseis
 
Castelao, traballo de Jorge e David
Castelao, traballo de Jorge e DavidCastelao, traballo de Jorge e David
Castelao, traballo de Jorge e Davidtrafegandoronseis
 
Vicente Risco, traballo de Cristina e Álvaro
Vicente Risco, traballo de Cristina e ÁlvaroVicente Risco, traballo de Cristina e Álvaro
Vicente Risco, traballo de Cristina e Álvarotrafegandoronseis
 
Vicente Risco, traballo de José e Paula
Vicente Risco, traballo de José e PaulaVicente Risco, traballo de José e Paula
Vicente Risco, traballo de José e Paulatrafegandoronseis
 

Mehr von trafegandoronseis (20)

Literatura latina
Literatura latinaLiteratura latina
Literatura latina
 
Literatura grega
Literatura gregaLiteratura grega
Literatura grega
 
O nacemento da literatura, as primeiras civilizacións
O nacemento da literatura, as primeiras civilizaciónsO nacemento da literatura, as primeiras civilizacións
O nacemento da literatura, as primeiras civilizacións
 
Que é literatura?
Que é literatura?Que é literatura?
Que é literatura?
 
Club de lectura
Club de lecturaClub de lectura
Club de lectura
 
Castelao
CastelaoCastelao
Castelao
 
Ramón Otero pedrayo
Ramón Otero pedrayoRamón Otero pedrayo
Ramón Otero pedrayo
 
Vicente Risco
Vicente RiscoVicente Risco
Vicente Risco
 
A narrativa despois da Guerra Civil, incluída a NNG
A narrativa despois da Guerra Civil, incluída a NNGA narrativa despois da Guerra Civil, incluída a NNG
A narrativa despois da Guerra Civil, incluída a NNG
 
Tres xeracións de poesía galega
Tres xeracións de poesía galegaTres xeracións de poesía galega
Tres xeracións de poesía galega
 
Relaciones en igualdad
Relaciones en igualdadRelaciones en igualdad
Relaciones en igualdad
 
A literatura do exilio
A literatura do exilioA literatura do exilio
A literatura do exilio
 
Máis vangardas, traballo de Lucía e Alberte
Máis vangardas, traballo de Lucía e AlberteMáis vangardas, traballo de Lucía e Alberte
Máis vangardas, traballo de Lucía e Alberte
 
Máis vangardas, traballo de Tania
Máis vangardas, traballo de TaniaMáis vangardas, traballo de Tania
Máis vangardas, traballo de Tania
 
Máis vangardas, traballo de Daniel e Luís
Máis vangardas, traballo de Daniel e LuísMáis vangardas, traballo de Daniel e Luís
Máis vangardas, traballo de Daniel e Luís
 
Manuel Antonio, traballo de Ánxela e Telmo
Manuel Antonio, traballo de Ánxela e TelmoManuel Antonio, traballo de Ánxela e Telmo
Manuel Antonio, traballo de Ánxela e Telmo
 
Rafael Dieste, traballo de Alba e Cristian
Rafael Dieste, traballo de Alba e CristianRafael Dieste, traballo de Alba e Cristian
Rafael Dieste, traballo de Alba e Cristian
 
Castelao, traballo de Jorge e David
Castelao, traballo de Jorge e DavidCastelao, traballo de Jorge e David
Castelao, traballo de Jorge e David
 
Vicente Risco, traballo de Cristina e Álvaro
Vicente Risco, traballo de Cristina e ÁlvaroVicente Risco, traballo de Cristina e Álvaro
Vicente Risco, traballo de Cristina e Álvaro
 
Vicente Risco, traballo de José e Paula
Vicente Risco, traballo de José e PaulaVicente Risco, traballo de José e Paula
Vicente Risco, traballo de José e Paula
 

Rosa Salgueiro: Rosalía de Castro

  • 1. ROSALÍA DE CASTRO Rosa Salgueiro (presentación feita a partir da de Sofía Rama)
  • 2. ROSALÍA DE CASTRO Rosalía de Castro (1837-1885) é a figura máis importante e universal da literatura galega. Porén, despois da súa morte teceuse conscientemente unha imaxe distorsionada dela: •unha “santiña”, unha “chorona”, unha coitada aldeá pouco culta que escribía porque lle mandaba ou lle ditaba o home, Murguía •unha imitadora de Bécquer, romántica rezagada • unha autora inconsciente do papel que xogaba e da importancia das súas obras • unha versificadora espontánea sen coñecementos de arte poética… Así o resumiu Unamuno: “una pobre aldeana gallega metida a poeta”… Pola contra, Díaz Canedo di: “Cuando todos cantaban, ella se atrevía a hablar…” Os feitos demostran que Rosalía era consciente de ser MULLER, GALEGA e ESCRITORA. O mito manipulado
  • 3. Muller Daquelas que cantan as pombas i as frores, Todos din que teñen alma de muller; Pois eu que n’as canto, Virxe da Paloma, Ai! De que a terei? Primeiro poema de Vaguedás Cando Rosalía comeza a escribir: •máis do 90% das mulleres galegas eran analfabetas. •as escasas escritoras que había, escribían en español e trataban temas “de muller”: a paisaxe, o amor romántico, a relixión… Na súa obra reivindicou os dereitos da muller nunha sociedade dominada pola desigualdade e a marxinación. Podemos considerala unha adiantada ao movemento feminista (xorde arredor de 1880) e a primeira feminista galega. …la vulgar idea de que la mujer sólo sirve para las labores domésticas y que (la que se aparte de esto) es digna de la execración general. La hija del mar, 1859 Decid que lo que quereis es vernos esclavas y no compañeras vuestras, decid que de un ser que siente y piensa como vosotros quereis hacer juguetes huecos… Mara, na novela Flavio …tantas criaturas devoradas por la miseria y el trabajo; tantas otras devoradas por el fastío y el ocio. Es una terrible calamidad, y en vano se habla de progreso: las mujeres siguen atormentadas. Mara, na novela Flavio
  • 4. Galega Rosalía é consciente de que escribe nun país secularmente postrado e desconcienciado, marxinado. A súa defensa da identidade galega e da escrita en galego sitúana ideoloxicamente no Provincialismo e no Rexionalismo. Daquela, é unha precursora do nacionalismo progresista que se desenvolverá no séc. XX. Denuncia particularmente os abusos e as inxustizas cometidos con Galiza e cos galegos na emigración. Castellanos de Castilla, Tratade ben ôs gallegos: Cando van, van como rosas, Cando vên, vên como negros. (…) Foi a Castilla por pan, E saramagos lle deron; Déronlle fel por bebida, Peniñas por alimento. (…) Permita Dios, castellanos, Castellanos que aborreço, qu'antes os gallegos morran qu'ir a pedirvos sustento. CANTARES GALLEGOS
  • 5. Galega Identifícase cos problemas, sufrimentos e aspiracións das clases populares galegas, especialmente coas “viúvas de vivos”. Presenta unha imaxe de Galiza e da súa xente digna e normal, fronte aos prexuízos existentes. Entón, poderíase considerar precursora do anticapitalismo, pois defende os valores sociais e morais do pobo fronte ao individualismo e o poder do diñeiro. DO ÍNTIMO. FOLLAS NOVAS. Aqués que tén fama d' honrados na vila roubáronme tanta brancura qu' eu tiña; botáronme estrume nas galas dun día, a roupa de cote puñéronma en tiras. Nin pedra deixaron en dond' eu vivira; sin lar, sin abrigo, morei nas curtiñas; ó raso cas lebres dormín nas campías; meus fillos... ¡meus anxos!... que tant' eu quería, ¡morreron, morreron ca fame que tiñan! Quedei deshonrada, mucháronm' a vida, fixéronm' un leito de toxos e silvas; i en tanto, os raposos de sangre maldita, tranquilos nun leito de rosas dormían. ―Salvádeme ¡ouh, xueces!, berrei... ¡Tolería! De min se mofaron, vendeum' a xusticia. ―Bon Dios, axudaime, berrei, berrei inda... tan alto qu' estaba, bon Dios non m' oíra. Estonces, cal loba doente ou ferida, dun salto con rabia pillei a fouciña, rondei paseniño... (ne' as herbas sentían) i a lúa escondíase, i a fera dormía cos seus compañeiros en cama mullida. Mireinos con calma, i as mans estendidas, dun golpe ¡dun soio! deixeinos sin vida. I ó lado, contenta, senteime das vítimas, tranquila, esperando pola alba do día. I estonces... estonces cumpreuse a xusticia: eu, neles; i as leises, na man qu' os ferira. Nao
  • 6. Galega • Rosalía escribiu en galego, consciente da súa subversión. Considerábao necesario dado que sabía que no estado existían “hueste y pendón en contra de los inofensivos dialectos, de los cuales se teme lleguen algún día a comprometer la salud y la integridad de España”. •Tamén escribiu en español para poder publicar e intentar vivir da súa profesión de escritora. CANTARES GALLEGO S Probe Galicia, non debes Chamarte nunca española. Qu' España de ti s' olvida Cando eres ay! tan hermosa. Cal si na infamia naceras Torpe, de ti s' avergonza, Y á nay qu' un fillo despreça Nay sin coraçon se noma. Naide por que te levantes Ch' aIarga á man bondadosa. Naide os teus prantos enxuga, Y homilde choras e choras. Galicia, ti non tés patria, Ti vives no mundo soya, Y á prole fecunda tua S' espalla en errantes hordas, Mentras trist' e solitaria Tendida na verde alfombra O mar esperanzas pides De Dios á esperanza imploras. Por eso anqu' en son de festa Alegre á gaitiña s' oya Eu podo decirche Non canta que chora.
  • 7. Escritora Se aínda hoxe falamos de marxinación da muller, podemos imaxinar que suporía que unha muller do XIX quixera vivir de ser escritora (daquela escribir poesía ou novelas era síntoma de frivolidade ou de depravación) e, ademais, en galego. Rosalía reclamaba o dereito a expresar coa súa escrita non só o que sentía, senón tamén o que pensaba. Probablemente a incomprensión que padeceu provocoulle un sentimento de desacougo existencial, de nihilismo, que converte o seu eu-poético nunha alma atormentada disposta a morrer para non padecer máis ou para expiar algunha culpa. Las Literatas Tu no sabes lo que es ser escritora, (…) Que continuo tormento! ; por la calle te señalan constantemente, y no para bien y en todas partes murmuran de ti (…) y los hombres no cesan de decirte siempre que pueden que una mujer de talento es una calamidad (…), sobre todo los que escriben y se tienen por graciosos no dejan pasar nunca la ocasión de decirte que las mujeres deben dejar la pluma y repasar los calcetines de sus maridos… Cando penso que te fuches, negra sombra que me asombras, ó pé dos meus cabezales tornas facéndome mofa. Cando maxino que es ida, no mesmo sol te me amostras, i eres a estrela que brila, i eres o vento que zoa. Si cantan, es ti que cantas, si choran, es ti que choras, i es o marmurio do río i es a noite i es a aurora. En todo estás e ti es todo, pra min i en min mesma moras, nin me abandonarás nunca, sombra que sempre me asombras. FOLLAS NOVAS Astarot
  • 8. A súa obra POESÍA PROSA 1857 Castelán La flor (Romanticismo) 1858 Castelán Lieders 1859 Castelán La hija del mar (novela) 1862 Galego Poemas(Album de la Caridad) Castelán Flavio (novela) 1863 Castelán A mi madre (Romanticismo) Galego Cantares Gallegos 1864 Galego Conto galego 1866 Castelán Las literatas, El cadiceño, Ruinas (novela) 1867 Castelán El caballero de las botas azules (novela) 1880 Galego Follas Novas 1881 Castelán El primer loco (novela), El domingo de ramos, Padrón y las inundaciones, Costumbres gallegas. 1884 Castelán En las orillas del Sar
  • 9. Cantares Gallegos (1863) Lírica popular e tradicional Libro de los cantares de Antonio Trueba (1852) Prólogo : •Captatio benevolentia •Intencións 36 poemas 1. Reivindicar a validez do noso idioma para todo tipo de poesía. 2. Denunciar a explotación e o desprezo que sofren os labregos, as mulleres e os emigrantes galegos. 3. Combater a negativa imaxe que se tiña de Galiza. FONTES PARTES DA OBRA OBXECTIVOS de Cantares Gallegos Dedicatoria
  • 10. Por esto, inda achándome debil de forzas, e n´habendo deprendido en máis escola que a dos nosos probes aldeáns, guiada solo por aqueles cantares, aquelas palabras cariñosas e aqueles xiros nunca olvidados que tan docemente resoaron nos meus oídos desde a cuna, e que foran recollidos polo meu corazón como herencia propia, atrevinme a escribir estos cantares (...) Sin gramáticas nin regras de ningunha clas, o lector topará moitas veces faltas de ortografía, xiros que disoarán os oídos dun purista, pro ó menos, e pra disculpar en algo estes defectos, puxen o maior coidado en reprodusir o verdadeiro esprito do noso pobo. Prólogo de CANTARES GALLEGOS, ROSALÍA DE CASTRO - 1863
  • 11. Cantares Gallegos. O costumismo I Si a vernos, Marica, nantronte viñeras á festa do Seixo na beira do mar, ti riras, Marica, cal nunca te riches debaixo dos pinos do verde pinar. Á sombra dos pinos, Marica, ¡que cousas chistosas pasaron!, ¡que rir toleirón! Relouca de arriba, relouca de abaixo, Iñamos, viñamos i o bombo… ¡pon!... Po As cóchegas brandas, as loitas alegres, Os berros, os brincos, os contos sin fel, Todiños peneques, alegres todiños… I a nosa señora detrás do tonel. II ¡Coitada!, ¡que festa brandida perdeche! Cantaras, beberas, dormiras , i así nun feixe miraras rolar xuntamente mociños e vellos de aquí para alí. Coa vista trubada, cos ollos dormentes, sorrindo, comendo, pifando e aínda máis, ¡que apertos, que olladas tan chuscas trocaban as nenas de xenio cos mozos de Cais! Debaixo dos ricos pareauguas de seda que abertos formaban tamaño rodel, todiños chispados, ¡que cousas decían! I a nosa señora detrás do tonel. III Mais ela decote tan grave e soberba tan fina de oído, tan curta de mans, xordiña quedara falando por sete, con probes e ricos, con porcos e cans. Meu amo, folgado de tanta largueza, que n’era costume na donda tal ver, tamén, ¡miña xoia!, saltando da burra, ¡pin!, ¡pan!, río arriba botouse a correr. I a dona sorría con ollo entreaberto, comendo castañas e viño con mel… ¡Que festa, Marica…! Todiños peneques… I a nosa señora detrás do tonel.
  • 12. Cantares Gallegos. A emigración Adiós, ríos; adiós, fontes; adiós, regatos pequenos; adiós, vista dos meus ollos: non sei cando nos veremos. --Miña terra, miña terra, terra donde me eu criei, hortiña que quero tanto, figueiriñas que prantei, --prados, ríos, arboredas, pinares que move o vento, paxariños piadores, casiña do meu contento, I Vendéronll'os bois, vendéronll'as vacas, o pote do caldo i a manta da cama. Vendéronll'o carro i as leiras que tiña; deixárono soio coa roupa vestida. -María, eu son mozo, pedir non me é dado; eu vou polo mundo para ver de ganalo. Galicia está probe, i á Habana me vou... ¡adiós, adiós, prendas do meu corazón! La verdadera patria del hombre es el mundo entero. Allí donde respire aire y libertad, allí donde pose con seguridad su planta, allí es el reino de un alma libre, allí su amada patria, el lugar bendecido, la tierra santa, que puede regar con el sudor de su frente. ¿Por qué detenerme un instante más? Un mismo sol, ¿no da vida y calor a todo el universo? Adiós, pues, lugares a quien no amo. Casa que me ha visto nacer. Jardín en donde por primera vez aspiré el aroma de las flores. Fuentes cristalinas, bosque umbroso, en donde gemía el viento en las tardes del invierno, prado sonriente bañado por el primer rayo del sol, ¡adiós! Adiós, tranquilo hogar, techo amigo,
  • 13. Cantares Gallegos. A soidade Campanas de Bastavales, cando vos oio tocar, mórrome de soidades. Cando vos oio tocar, campaniñas, campaniñas, sin querer torno a chorar. Cando de lonxe vos oio, penso que por min chamades, e das entrañas me doio. Dóiome de dor ferida, que antes tiña vida enteira i hoxe teño media vida. Sólo media me deixaron os que de aló me trouxeron, os que de aló me roubaron. Non me roubaron, traidores, ¡ai!, uns amores toliños, ¡ai!, uns toliños amores. Que os amores xa fuxiron, as soidades viñeron… De pena me consumiron. Cantar popular glosa
  • 14. Follas Novas (1880) Simancas, 1868-1870 Publícase o mesmo ano que Aires da miña terra de Curros e Saudades gallegas de Lamas Carvajal PRÓLOGO : Dúas palabras da autora •Arte poética •Intencións 137 POEMAS • Obra persoal e filosófica. • Só algúns poemas continúan a liña de Cantares… • Concibido no “desterro”. Ton pesimista ORIXES PARTES DA OBRA CARACTE- RÍSTICAS 1. Vaguedás 4. Da terra 3. Varia 2. Do íntimo! 5. As viúdas dos vivos e as viúdas dos mortos. • Orixinalidade métrica, con moldes inusuais e cunha rima asonante que exemplifica o paso do XIX ao XX (Vangardas). •Galiza deixa de ser a protagonista, aparece só en ocasións, porén mantense como pano de fondo.
  • 15. Follas Novas (1880) 1. Vaguedás 4. Da terra 3. Varia 2. Do íntimo! 5. As viúvas dos vivos e as viúvas dos mortos. Temática Follas novas Poesía subxectiva (intimista) Mestura Poesía obxectiva (social) •A poesía social •A poesía intimista •A relixiosidade •O sentido da escritura •As sombras Rosalía escribira os poemas de Follas Novas dez anos antes da súa publicación entre (1868 e 1870). O desprezo recibido e a frustración enterrárona nun caixón até que a Sociedade de beneficiencia dos naturales de Galicia n’Habana deu en poñer os cartos para a súa publicación. Por iso a autora llo agradece no prólogo: Dúas palabras da autora.
  • 16. Follas Novas. A poesía social A poesía social de Follas Novas está recollida nas dúas últimas partes: Da terra e As viúvas dos vivos e as viúvas dos mortos. Rosalía identifícase cos sentimentos da sociedade que padece dúas situacións oprobiosas: a miseria e a emigración, centrándose na muller galega como exemplo de suxeito padecente. Mais este exemplo resultará válido para calquera muller rural do planeta: velaí a universalidade de Rosalía. Tecín soia a miña tea, sembrei soia o meu nabal, soia vou por leña ó monte, soia a vexo arder no lar. Nin na fonte nin no prado, así morra coa carrax, el non ha de virm'a erguer, el xa non me pousará. ¡Que tristeza! O vento soa, canta o grilo ó seu compás... Ferve o pote... mais, meu caldo, soíña t'hei de cear. Cala, rula, os teus arrulos ganas de morrer me dan; cala, grilo, que si cantas, sinto negras soïdás. O meu homiño perdeuse, ninguén sabe en onde vai... Anduriña que pasache con el as ondas do mar; anduriña, voa, voa, ven e dime ond'está.
  • 17. Follas Novas. A poesía intimista A poesía intimista de Follas Novas abrangue os dous primeiros libros, Vaguedás e Do íntimo. No primeiro, reflexiona sobre o seu propio labor de poeta e sobre a súa propia obra. Follas novas! risa dame Ese nome que levás, Cal s'a un-ha moura ben moura, Branca ll'oise chamar. — Non Follas novas, ramallo De toxos e silvas sôs, Hirtas, com'as miñas penas, Feras, com'á miña dor. — Sin olido nin frescura, Bravas magoás e ferís... ¡Se n'a gándara brotades, Como non serés así! Vaguedá s. Follas Novas
  • 18. Follas Novas. A poesía intimista Na segunda parte, Do íntimo, plasma as súas reflexións filosóficas: a perda das ilusións, a insolidariedade humana, o paso do tempo, o desamor, o atormentado espírito humano, as intransixencias da igrexa católica, a lexitimidade da violencia como arma contra a inxustiza, a morte como liberación… Rosalía fai unha viaxe dolorosa ás súas entrañas: o que atopa é a soidade (a condición do ser humano é estar só e nada pode aliviar este desamparo, de aí a agonía existencial). Tamén descobre a saudade, a tristura que xorde da soidade existencial e que a afoga até ter nostalxia da dor, o seu 3ºdescubrimento (vivir significa sufrir). ¿QUEN NON XIME? Luz eprogreso en todas partes... pero As dudas n'os corazós, E vagoas qu'un non sabe por que corren, E dores qu'un non sabe por que son. — Outro cantar din cansados D'este estribilo os que chegando van, Nun-ha nova fornada, e qu'andan cegos Buscando o qu'inda non hay. — ¡Reprobos!... sempre ô oculto perguntando Que mudo nada vos di. Buscade á fé, que se perdeu n'a duda E deixade de xemir. — Mais eles tamen perdidos Por un-ha y outra senda van e vên Sin que sepan ¡coitados! por ond'andan, Sin paz, sin rumbo e sin fé. Do íntimo Follas Novas
  • 19. Follas Novas. A relixiosidade Na segunda parte desta obra, Do íntimo, Rosalía non dubida da existencia desa vida despois da morte na que as ánimas dos defuntos participan nos asuntos dos que aínda viven, mais o que si a angustia é o sentido da propia existencia: o silencio de Deus perante as inxustizas e as crueldades que sofren os desprotexidos. Isto provoca nela, primeiramente, unha fe oscilante e, finalmente, a ausencia total de fe. I uns eran seus amantes noutros días, deudos eran os máis, i outros amigos, compañeiros da infancia, sirventes e veciños; mais pasando e pasando diante dela, fono os mortos aqueles prosiguindo a indiferente marcha camiño do infinito, mentras cerraba a noite silenciosa os seus loitos tristísimos en torno da estranxeira na súa patria, que, sin lar nin arrimo, sentada na varanda contempraba cal brilaban os lumes fuxitivos. Do íntimo Follas Novas Estranxeira na súa patria Na xa vella varanda entapizada de hedras e de lirios foise a sentar calada e tristemente frente do tempro antigo. Interminable precesión de mortos, uns en corpo nomais, outros no esprito, veu pouco a pouco aparecer na altura do direito camiño que monótono e branco relumbraba, tal como un lenzo nun herbal tendido. Contemprou cal pasaban e pasaban collendo hacia o infinito, sin que ó fixarse nela os ollos apagados e afundidos deran siñal nin moestra de habela nalgún tempo conocido.
  • 20. Follas Novas. A sombra e as sombras En todo o poemario aparece unha obsesiva presenza da sombra/s, símbolos da poética rosaliana. A sombra é a dor universal, mesmo a consciencia da morte. As sombras son o símbolo dos remorsos, dun pasado tormentoso. Cando penso que te fuches, negra sombra que m‘ asombras, ó pé dos meus cabezales tornas facéndome mofa. Cando maxino qu' es ida, no mesmo sol te m' amostras, i eres a estrela que brila, i eres o vento que zoa. Si cantan, es ti que cantas; si choran, es ti que choras; i es o marmurio do río, i es a noite i es a aurora. En todo estás e ti es todo pra min i en min mesma moras, nin m' abandonarás nunca, sombra que sempre m' asombras. Do íntimo, Follas Novas
  • 21. Follas Novas. O sentido da escrita Na primeira parte desta obra, Vaguedás, Rosalía sérvese dun dos seus temas preferidos: o propio sentido da escrita. Pregúntase polo acto de escribir, cae en respostas contraditorias que non a satisface, até o punto de que a propia tarefa literaria enxendra novos sufrimentos na escritora. ¡SILENCIO! A man nerviosa e palpitante o seo, as niebras nos meus ollos condensadas, con un mundo de dudas nos sentidos i un mundo de tormentos nas entrañas, sentindo cómo loitan en sin igual batalla inmortales deseios que atormentan e rencores que matan, mollo na propia sangre a dura pruma rompendo a vena hinchada, i escribo..., escribo..., ¿para qué? ¡Volvede ó máis fondo da ¡alma, tempestosas imaxes! ¡Ide a morar cas mortas relembranzas! ¡Que a man tembrosa no papel só escriba palabras, e palabras, e palabras! Da idea a forma inmaculada e pura ¿dónde quedóu velada? Vaguedás, Follas Novas
  • 22. A pegada de Rosalía I Do mar pola orela mireina pasar, na frente unha estrela, no bico un cantar. A musa dos pobos que vin pasar eu, comesta dos lobos, comesta se veu E vina tan sola na noite sin fin, ¡Que ainda recei pola probe da tola eu, que non teño quen rece por min!. Os ósos son dela, que vades gardar. ¡Ai dos que levan na fronte unha estrela! ¡Ai dos que levan no bico un cantar! Manuel Curros Enríquez, 1891 Canzón de cuna pra Rosalía Castro, morta ¡Érguete, miña amiga, que xa cantan os galos do día! ¡Érguete, miña amada, porque o vento muxe, coma unha vaca! Os arados van e vén dende Santiago a Belén. Dende Belén a Santiago un anxo ven en un barco. Un barco de prata fina que trai a door de Galicia. Galicia deitada e queda transida de tristes herbas. Herbas que cobren teu leito e a negra fonte dos teus cabelos. Cabelos que van ao mar onde as nubens teñen seu nidio pombal. Érguete, miña amiga, que xa cantan os galos do día! ¡Érguete, miña amada, porque o vento muxe, coma unha vaca! Federico García Lorca: Seis poemas galegos, 1935
  • 23. Decimos Rosalía I alcéndese un espello Na noite largacía Na noite ensimesmada Cai un orballo escuro De auga lenta e calada De auga lenta de pranto: Nosos ollos son fontes De tanto chorar tanto. De tanto vao laído, Polas serras e vales Pasa un vento ferido. Pasa un río entoldado, Que o entoldou un tempo De renuncia humildado. De renuncia está feito O puñal que levamos Espetado no peito. Espetado en ringleiras Dos galegos que marchan Prás terras estranxeiras. Decimos Rosalía I o corazón da matria Sangra na noite fría. Celso Emilio Ferreiro, 1975 A pegada de Rosalía II Vaguedás Unha vez tiven un cravo perdino tampouco imos facer un drama do asunto Samuel L. París: Inflamable, 2012 “ De Cantares hoxe. Os Cantares gallegos de Rosalía de Castro no século XXI” no Diario cultural da Radio Galega
  • 24. A pegada de Rosalía III Rosalía en Air Galicia Rosalía rancheira Rosalía fai autostop Rosalía, Curros e Pondal nos Tonechos Peregrinaxe lírica polos lugares rosalianos: