SlideShare a Scribd company logo
1 of 46
VIDA
 O 30 de xaneiro de 1886 naceu en Rianxo
Alfonso Rodríguez Castelao, fillo do patrón de
pesca Mariano Rodríguez Dios e de Xaquina
Castelao Jannes.
 O seu nome familiar nunca foi Afonso como lle
puxera o crego, senón Daniel, como o profeta
Daniel, a quen o Mestre Mateo retratou sorrindo
no Pórtico da Gloria por ser o primeiro santo que
soubo rir.
VIDA: EMIGRACIÓN
 A experiencia da emigración percorre toda a
existencia de Castelao.
 O neno Daniel viviuna en carne propia desde
fóra e desde dentro:
• fillo dun pai emigrado ás Pampas
arxentinas ao pouco de nacer, en 1886
• estadía de tres anos nas propias
Pampas, onde se reencontra co pai.
 O adulto Castelao acabará sufrindo a
emigración forzosa:
• a experiencia do exilio
• morte en Bos Aires en 1950
VIDA
 De regreso da emigración, no inicio do
século XX, cursará o Bacharelato e a
carreira de Medicina en Compostela.
 Renunciará a exercer a profesión e só
axudará circunstancialmente como médico
rural nas epidemias de gripe dos anos
vinte.
 En Compostela xorde a súa vocación pola
pintura e pola caricatura na súa vertente
humorística. Tamén desempeña papeis en
obras de teatro e participa na tuna.
VIDA
 Castelao casa en 1912 coa moza
estradense Virxinia Pereira.
 O seu único fillo, Afonso Xesús,
nace ao ano seguinte de casaren;
pero morrerá prematuramente en
1928, con só catorce anos. Este
feito dramático, unido á segunda
crise de cegueira sufrida por
Castelao nas mesmas datas (a
primeira fora en 1914) son o
preludio da súa entrega á causa
política do país.
 Os seus vencellamentos políticos
non pasan nesta época (1915) das
colaboracións no xornal anticaciquil
local "El Barbero municipal" e
comeza a gañarse un creto como
caricaturista na prensa galega e
madrileña.
VIDA
 En 1916 comeza a publicar na prensa as estampas do
álbum Nós, nas que se conxuga o amor polas clases
populares e unha crecente preocupación polos dereitos
nacionais de Galiza.
 Castelao é consciente de que Galiza está sumida na
subordinación e no atraso.
 Comparte a aspiración a conseguir a propiedade da terra e
retrata a represión contra as mobilizacións agrarias, a
través do álbum Nós e Un ollo de vidro.
 Neste contexto Castelao ve a especificidade da realidade
galega e a necesidade dun proxecto político propio.
1916-1929. O artista galeguista
 Durante os anos vinte Castelao convértese na principal
figura da arte galega. Desta etapa son os seus mellores
cadros, a consagración definitiva como caricaturista
(Nós), as viaxes por Europa para desenvolver estudos
artísticos e os primeiros pasos en relación coa que será
a súa futura vida política.
1930-1939. Esplendor e traxedia:
escritor e dirixente político
A vida política da IIª República descobre o Castelao político. A campaña
polo Estatuto ou os seus repetidos escanos nas cortes de Madrid ocupan
boa parte do seu tempo e constrúenlle unha gran sona en toda Galiza.
Asemade, desenvolve unha grande actividade como escritor,
especialmente, a través dos xornais. A guerra rompe a súa vida e
condénao ao exilio.
CONTOS DE
CASTELAO
1930-1939. Esplendor e traxedia: escritor e
dirixente político
VIDA En Castelao sintetízanse as tarefas
culturais que cómpre acometer sobre
Galiza:
• a pintura, o gravado, o cartelismo,
a caricatura e o debuxo
humorístico,
• os valores etnográficos
• as cruces de pedra
• o refraneiro popular
• a ilustración de libros, xornais,
revistas,
• o teatro de Arte.
 Exemplos destas contribucións fanse
patentes na revista Nós.
VIDA
 O compromiso con Galiza, canalizado por vía artística até o de agora, vaise
converter en acción política ata a súa morte.
 Como persoa de gran popularidade, Castelao é dos artistas que renuncian á súa
obra por asumir un lugar na política, porque “para modelar un povo de barro é
forzoso luxar as mans”.
• Fundación do Partido Galeguista.
• Deputado nas Cortes da República
• Unificación do nacionalismo político.
• Estatuto de Autonomía de Galiza.
• Desterro durante o Bienio Negro (1934-1935) de Lerroux.
• Compromiso antifascista durante a Guerra civil.
• Exilio e loita pola continuidade da causa galega.
 Desde 1936 a 1950 non puido pisar terra galega, pero seguía a pensar que o peor
desterro é o que se sofre na propia terra privada de liberdade.
 Así o recolleu na peza de oratoria Alba de Groria.
 Un ano antes da súa morte, en 1950, publicou o traballo As cruces de pedra na
Galiza.
CASTELAO POLÍTICO
Durante a Segunda República (1931-1936) desenvolve un importante labor político:
- En 1931 resulta elixido deputado como galeguista nas Cortes Constituíntes.
- Participou na constitución do Partido Galeguista.
- Foi desterrado por medio dun traslado administrativo forzoso a Badaxoz
en novembro de 1934.
- Durante o seu desterro escribiu para A Nosa Terra unha serie de artigos co
título Verbas de chumbo que posteriormente integraría no ensaio Sempre
en Galiza (1944), libro de referencia para o nacionalismo galego.
Homenaxe do Partido Galeguista a Castelao en 1934
- En 1936 foi escollido de novo deputado na
candidatura da Fronte Popular.
- Protagonizou a campaña pro-Estatuto de Autonomía
de Galiza, aprobado en plebiscito o 28 de xuño de
1936.
MITIN PRO-ESTATUTO
PRAZA DE TOUROS DE
PONTEVEDRA
INTERVÉN
ALEXANDRE BÓVEDA,
SINÁLASE AALFONSO
D. CASTELAO.
- O maior éxito do PG é a consecución do primeiro Estatuto de Galiza, aprobado
maioritariamente polo pobo galego en plebiscito (28 xuño de 1936).
- Nunca entrou en vigor por mor do Golpe de Estado fascista do 18 de xullo de 1936.
- As Cortes republicanas aprobárono o 1 de febreiro de 1938.
CARTEIS PRO-ESTATUTO
DE CASTELAO
GUERRA CIVIL (1936-1939)
DITADURA FRANQUISTA
(1939-1975)
A longa noite de pedra
.- O golpe de estado colleuno en Madrid cando
participaba na delegación que facía entrega oficial do
estatuto ao presidente das Cortes.
- Promoveu a organización dunhas milicias galegas
en colaboración co PCE.
- Instalouse en Valencia en decembro de 1936 e logo
en Barcelona: xa nunca volvería a Galiza.
Atila en Galicia (1937)Galicia mártir (1937)
Milicianos (1938)
Embarca cara a Nova York (20-VII-1938) ao encomedarlle o goberno a realización
dunha campaña de axuda á República en América, para o que contou coa
colaboración das Sociedades Hispánicas Confederadas e da Casa de Galicia
Unidade Galega. Conseguiu recadar 50.000 dólares e organizou a Fronte Popular
Antifascista Galega,
Álbums da Guerra Civil
O 15 de novembro de 1944,
fúndase en Montevideo o Consello
de Galiza, coa sinatura de Alfonso
Rodríguez Castelao, entre outros.
Na foto, Castelao falando no
banquete do Día de Galiza en
1944.
1940-1950. O exilio. A esperanza esmorecente
A vida na posguerra pasa pola reorganización das comunidades galegas no
exilio, na esperanza de que a ditadura franquista caíse, e Castelao fai continuas
viaxes por América e Europa. Maniféstanse os primeiros síntomas da
enfermidade. Polo que respecta á súa produción, abandonados o debuxo e a
pintura pola súa cegueira, concéntrase na publicación da súa principal obra
política Sempre en Galiza.
En xullo de 1940 marchou para
Bos Aires. Foi ministro sen
carteira do goberno
republicano no exilio presidido
por José Giral (1946-47) e
estableceuse en París, cidade
onde viviu Castelao até agosto
de 1947.
Castelao morreu enfermo o 7 de xaneiro
de 1950 no sanatorio do Centro Galego
de Bos Aires e foi soterrado o 9 de
xaneiro no cemiterio da Chacarita.
Os seus restos mortais foron repatriados e levados para o
Panteón de Galegos Ilustres en 1984 entre grandes
protestas populares que acusaban as autoridades de que
"os que o exiliaron agora fanlle honores".
Especial d’A Nosa Terra á
súa morte.
MORTE
Os restos de Daniel Castelao, en Bos Aires, foron
envoltos coa bandeira, para el sagrada, da patria
galega e cubertos por terra tamén galega.
Narrativa de ficción:
Un ollo de vidro. Memorias dun
esquelete
Retrincos
Os dous de sempre
Cousas
(escritos antes da Guerra)
Teatro:
Os vellos non deben de namorarse
(escrita e estreada no exilio
bonaerense en 1941)
Ensaio: Sempre en Galiza (entre
1935 e 1944)
OBRA GRÁFICA
Cincoenta homes por dez reás (1930)
Cousas da vida (1926-29)
Album Nós (1931)
Galicia Mártir (1937)
Atila en Galicia (1937)
Milicianos (1938)
OBRA
“Debaixo do humorismo hai
sempre unha grande door; por iso
no ceo non hai humoristas” (cita
de Mark Twain).
 En 1922 publica a súa obra Un
ollo de vidro. Memorias dun
esquelete (o seu primeiro relato
publicado como libro
independente). Publicouna a
editorial Céltiga, promovida
polas Irmandades da Fala de
Ferrol. Pretendía contribuír á
divulgación da literatura en
lingua galega entre as clases
populares cun xénero doado de
ler e atractivo polos asuntos
tratados. Semella concibida para
a intervención pública: foi
inserida previamente na
conferencia “Humorismo.
Debuxo humorístico. Caricatura”
OBRA
Castelao sérvese do
Modernismo para a estética
decorativa deste libro
 A obra narrativa de Castelao
arranca dos pés literarios dos seus
debuxos e estampas, que van
ocupando cada vez maior
extensión. En 1926 e 1929
publícanse os dous libros de
Cousas, formado por relatos con
ilustracións. É considerado un
“subxénero autóctono” e unha das
máis orixinais creacións da
literatura galega contemporánea.
No limiar, “A carón da Natureza”,
Castelao reflexiona sobre as
limitacións da pintura á hora de
expresarse; por iso decide ser “un
ventureiro das letras”. Ofrecen un
mosaico da realidade galega do seu
tempo. Supoñen unha síntese entre
a narrativa e a plástica.
NARRATIVA: Características
 Uso dun número limitado de motivos e recursos cos que
consegue un amplo abano de situacións.
 Estruturas binarias e narrativa curta
 Visión expresionista da experiencia humana na que a
paisaxe non xoga ningún papel
 A recreación da realidade sempre ten como referente a
Galicia labrega e mariñeira
 Toda a materia narrativa de Castelao vén da realidade
mesma
 Utiliza con frecuencia unha especie de simbiose entre
debuxo e texto
 Estreita relación entre ética e estética
 O sentimento predominante do narrador é o humor
NARRATIVA: Temática
 O fracaso do emigrante
 O sentimento da morriña
 A mentira piadosa que se mantén lonxe
 O retorno do emigrante fracasado
 As lembranzas como emigrado
 A vida mariñeira e labrega
 O caciquismo
NARRATIVA: Características
 Crítica social: denuncia das inxustizas que
sofre os máis débiles
 Reivindicación da lingua galega
 Humor acedo: retranca
 Lirismo: recursos expresivos como anáforas,
comparacións, paralelismos…
 Concisión e brevidade
ENSAIO
 A primeira edición data do 1944 en Bos Aires, a
segunda, xa póstuma aparecerá na mesma
cidade no 1961
 O libro consta dunha especie de prólogo titulado
"Adro"
 Desde Badaxoz rememora a súa Galicia en
contraste cos homes e coas terras de
Estremadura
 Catro partes ou libros nos que predomina a
reafirmación do pensamento galeguista
 Análise dos principios básicos da identidade do
pobo galego con xustificacións doutrinais,
históricas e comparativas
 Propón liñas de acción de goberno para rematar
coa postración e indefensión das clases
populares
—¡Un padrenuestriño para que Deus nos liberte da xusticia!
En Galiza non se pide nada. Emígrase.
Castelao
Castelao

More Related Content

What's hot

Lingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso Emilio
Lingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso EmilioLingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso Emilio
Lingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso EmilioRomán Landín
 
castelao
castelaocastelao
castelaoxenevra
 
2ºterzo_sec XX
2ºterzo_sec XX2ºterzo_sec XX
2ºterzo_sec XXxenevra
 
Tema5 lite2010
Tema5 lite2010Tema5 lite2010
Tema5 lite2010xenevra
 
A poesía galega durante a ditadura
A poesía galega durante a ditaduraA poesía galega durante a ditadura
A poesía galega durante a ditaduratrafegandoronseis
 
9. A literatura galega do exilio entre 1936 e 1976
9. A literatura galega do exilio entre 1936 e 19769. A literatura galega do exilio entre 1936 e 1976
9. A literatura galega do exilio entre 1936 e 1976Lourenço Alvarez Ruiz
 
A situación da lingua baixo a ditadura
A situación da lingua baixo a ditaduraA situación da lingua baixo a ditadura
A situación da lingua baixo a ditaduraMarlou
 
Vangardas Galegas
Vangardas GalegasVangardas Galegas
Vangardas Galegasnoagaliza
 
A xeración Nós
A xeración NósA xeración Nós
A xeración Nósxenevra
 
Dos arquivos do trasno. Rafael Dieste (por Yaiza Otero)
Dos arquivos do trasno. Rafael Dieste (por Yaiza Otero)Dos arquivos do trasno. Rafael Dieste (por Yaiza Otero)
Dos arquivos do trasno. Rafael Dieste (por Yaiza Otero)Marlou
 
Literatura galega (1900-1936)
Literatura galega (1900-1936)Literatura galega (1900-1936)
Literatura galega (1900-1936)Román Landín
 
Literatura Galega durante o Franquismo
Literatura Galega durante o FranquismoLiteratura Galega durante o Franquismo
Literatura Galega durante o Franquismonoagaliza
 
11. a prosa de fins do séc. xx e comezos do xxi
11. a prosa de fins do séc. xx e comezos do xxi11. a prosa de fins do séc. xx e comezos do xxi
11. a prosa de fins do séc. xx e comezos do xxiLourenço Alvarez Ruiz
 
cabanillas
cabanillascabanillas
cabanillasxenevra
 
Prexuizos
PrexuizosPrexuizos
Prexuizosxenevra
 

What's hot (20)

Lingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso Emilio
Lingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso EmilioLingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso Emilio
Lingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso Emilio
 
3. a prosa do 1º terzo do séc. xx
3. a prosa do 1º terzo do séc. xx3. a prosa do 1º terzo do séc. xx
3. a prosa do 1º terzo do séc. xx
 
castelao
castelaocastelao
castelao
 
2ºterzo_sec XX
2ºterzo_sec XX2ºterzo_sec XX
2ºterzo_sec XX
 
Tema5 lite2010
Tema5 lite2010Tema5 lite2010
Tema5 lite2010
 
Irmandades da fala
Irmandades da falaIrmandades da fala
Irmandades da fala
 
1. a poesía das irmandades da fala
1. a poesía das irmandades da fala1. a poesía das irmandades da fala
1. a poesía das irmandades da fala
 
A poesía galega durante a ditadura
A poesía galega durante a ditaduraA poesía galega durante a ditadura
A poesía galega durante a ditadura
 
9. A literatura galega do exilio entre 1936 e 1976
9. A literatura galega do exilio entre 1936 e 19769. A literatura galega do exilio entre 1936 e 1976
9. A literatura galega do exilio entre 1936 e 1976
 
A situación da lingua baixo a ditadura
A situación da lingua baixo a ditaduraA situación da lingua baixo a ditadura
A situación da lingua baixo a ditadura
 
Vangardas Galegas
Vangardas GalegasVangardas Galegas
Vangardas Galegas
 
A xeración Nós
A xeración NósA xeración Nós
A xeración Nós
 
Dos arquivos do trasno. Rafael Dieste (por Yaiza Otero)
Dos arquivos do trasno. Rafael Dieste (por Yaiza Otero)Dos arquivos do trasno. Rafael Dieste (por Yaiza Otero)
Dos arquivos do trasno. Rafael Dieste (por Yaiza Otero)
 
Literatura galega (1900-1936)
Literatura galega (1900-1936)Literatura galega (1900-1936)
Literatura galega (1900-1936)
 
Literatura Galega durante o Franquismo
Literatura Galega durante o FranquismoLiteratura Galega durante o Franquismo
Literatura Galega durante o Franquismo
 
11. a prosa de fins do séc. xx e comezos do xxi
11. a prosa de fins do séc. xx e comezos do xxi11. a prosa de fins do séc. xx e comezos do xxi
11. a prosa de fins do séc. xx e comezos do xxi
 
cabanillas
cabanillascabanillas
cabanillas
 
O Grupo NóS
O Grupo NóSO Grupo NóS
O Grupo NóS
 
7. A nova narrativa galega
7. A nova narrativa galega7. A nova narrativa galega
7. A nova narrativa galega
 
Prexuizos
PrexuizosPrexuizos
Prexuizos
 

Similar to Castelao

Castelao
CastelaoCastelao
CastelaoMarlou
 
Castelao
CastelaoCastelao
CastelaoMarlou
 
Castelao, traballo de Jorge e David
Castelao, traballo de Jorge e DavidCastelao, traballo de Jorge e David
Castelao, traballo de Jorge e Davidtrafegandoronseis
 
O 1º TERZO DO SÉCULO XX
O 1º TERZO DO SÉCULO XXO 1º TERZO DO SÉCULO XX
O 1º TERZO DO SÉCULO XXMarlou
 
tema9_2010
tema9_2010tema9_2010
tema9_2010xenevra
 
Xeracion nos 21
Xeracion nos 21Xeracion nos 21
Xeracion nos 21xenevra
 
Literatura galega contemporánea (esquema despregable)
Literatura galega contemporánea (esquema despregable)Literatura galega contemporánea (esquema despregable)
Literatura galega contemporánea (esquema despregable)Román Landín
 
tema5_lite2010
tema5_lite2010tema5_lite2010
tema5_lite2010xenevra
 
A prosa do primeiro terzo do século XX
A prosa do primeiro terzo do século XXA prosa do primeiro terzo do século XX
A prosa do primeiro terzo do século XXxenevra
 
Os vellos non deben de namorarse. Castelao (por Tania Pose)
Os vellos non deben de namorarse. Castelao (por Tania Pose)Os vellos non deben de namorarse. Castelao (por Tania Pose)
Os vellos non deben de namorarse. Castelao (por Tania Pose)Marlou
 
Irmandades da fala e o grupo nós
Irmandades da fala e o grupo nósIrmandades da fala e o grupo nós
Irmandades da fala e o grupo nósMaraFont
 

Similar to Castelao (20)

Castelao
CastelaoCastelao
Castelao
 
Castelao
CastelaoCastelao
Castelao
 
Castelao
CastelaoCastelao
Castelao
 
Castelao, traballo de Jorge e David
Castelao, traballo de Jorge e DavidCastelao, traballo de Jorge e David
Castelao, traballo de Jorge e David
 
Castelao
CastelaoCastelao
Castelao
 
O 1º TERZO DO SÉCULO XX
O 1º TERZO DO SÉCULO XXO 1º TERZO DO SÉCULO XX
O 1º TERZO DO SÉCULO XX
 
Castelao
CastelaoCastelao
Castelao
 
tema9_2010
tema9_2010tema9_2010
tema9_2010
 
Irmandades da Fala
Irmandades da FalaIrmandades da Fala
Irmandades da Fala
 
Xeracion nos 21
Xeracion nos 21Xeracion nos 21
Xeracion nos 21
 
A prosa das Irmandades
A prosa das IrmandadesA prosa das Irmandades
A prosa das Irmandades
 
Castelao2
Castelao2Castelao2
Castelao2
 
LUÍS SEOANE
LUÍS SEOANELUÍS SEOANE
LUÍS SEOANE
 
Literaturadoexilio
LiteraturadoexilioLiteraturadoexilio
Literaturadoexilio
 
Literatura galega contemporánea (esquema despregable)
Literatura galega contemporánea (esquema despregable)Literatura galega contemporánea (esquema despregable)
Literatura galega contemporánea (esquema despregable)
 
tema5_lite2010
tema5_lite2010tema5_lite2010
tema5_lite2010
 
A prosa do primeiro terzo do século XX
A prosa do primeiro terzo do século XXA prosa do primeiro terzo do século XX
A prosa do primeiro terzo do século XX
 
Os vellos non deben de namorarse. Castelao (por Tania Pose)
Os vellos non deben de namorarse. Castelao (por Tania Pose)Os vellos non deben de namorarse. Castelao (por Tania Pose)
Os vellos non deben de namorarse. Castelao (por Tania Pose)
 
pedrayo
pedrayopedrayo
pedrayo
 
Irmandades da fala e o grupo nós
Irmandades da fala e o grupo nósIrmandades da fala e o grupo nós
Irmandades da fala e o grupo nós
 

More from trafegandoronseis

O nacemento da literatura, as primeiras civilizacións
O nacemento da literatura, as primeiras civilizaciónsO nacemento da literatura, as primeiras civilizacións
O nacemento da literatura, as primeiras civilizaciónstrafegandoronseis
 
A narrativa despois da Guerra Civil, incluída a NNG
A narrativa despois da Guerra Civil, incluída a NNGA narrativa despois da Guerra Civil, incluída a NNG
A narrativa despois da Guerra Civil, incluída a NNGtrafegandoronseis
 
Tres xeracións de poesía galega
Tres xeracións de poesía galegaTres xeracións de poesía galega
Tres xeracións de poesía galegatrafegandoronseis
 
Máis vangardas, traballo de Lucía e Alberte
Máis vangardas, traballo de Lucía e AlberteMáis vangardas, traballo de Lucía e Alberte
Máis vangardas, traballo de Lucía e Albertetrafegandoronseis
 
Máis vangardas, traballo de Tania
Máis vangardas, traballo de TaniaMáis vangardas, traballo de Tania
Máis vangardas, traballo de Taniatrafegandoronseis
 
Máis vangardas, traballo de Daniel e Luís
Máis vangardas, traballo de Daniel e LuísMáis vangardas, traballo de Daniel e Luís
Máis vangardas, traballo de Daniel e Luístrafegandoronseis
 
Manuel Antonio, traballo de Ánxela e Telmo
Manuel Antonio, traballo de Ánxela e TelmoManuel Antonio, traballo de Ánxela e Telmo
Manuel Antonio, traballo de Ánxela e Telmotrafegandoronseis
 
Rafael Dieste, traballo de Alba e Cristian
Rafael Dieste, traballo de Alba e CristianRafael Dieste, traballo de Alba e Cristian
Rafael Dieste, traballo de Alba e Cristiantrafegandoronseis
 
Vicente Risco, traballo de Cristina e Álvaro
Vicente Risco, traballo de Cristina e ÁlvaroVicente Risco, traballo de Cristina e Álvaro
Vicente Risco, traballo de Cristina e Álvarotrafegandoronseis
 
Vicente Risco, traballo de José e Paula
Vicente Risco, traballo de José e PaulaVicente Risco, traballo de José e Paula
Vicente Risco, traballo de José e Paulatrafegandoronseis
 
Ramón Cabanillas, traballo de Carla e David
Ramón Cabanillas, traballo de Carla e DavidRamón Cabanillas, traballo de Carla e David
Ramón Cabanillas, traballo de Carla e Davidtrafegandoronseis
 
Ramón Cabanillas, traballo de Guillermo e María
Ramón Cabanillas, traballo de Guillermo e MaríaRamón Cabanillas, traballo de Guillermo e María
Ramón Cabanillas, traballo de Guillermo e Maríatrafegandoronseis
 
Violencias invisibeis. Olga Castro
Violencias invisibeis. Olga CastroViolencias invisibeis. Olga Castro
Violencias invisibeis. Olga Castrotrafegandoronseis
 

More from trafegandoronseis (20)

Literatura latina
Literatura latinaLiteratura latina
Literatura latina
 
Literatura grega
Literatura gregaLiteratura grega
Literatura grega
 
O nacemento da literatura, as primeiras civilizacións
O nacemento da literatura, as primeiras civilizaciónsO nacemento da literatura, as primeiras civilizacións
O nacemento da literatura, as primeiras civilizacións
 
Que é literatura?
Que é literatura?Que é literatura?
Que é literatura?
 
Club de lectura
Club de lecturaClub de lectura
Club de lectura
 
A narrativa despois da Guerra Civil, incluída a NNG
A narrativa despois da Guerra Civil, incluída a NNGA narrativa despois da Guerra Civil, incluída a NNG
A narrativa despois da Guerra Civil, incluída a NNG
 
Tres xeracións de poesía galega
Tres xeracións de poesía galegaTres xeracións de poesía galega
Tres xeracións de poesía galega
 
Relaciones en igualdad
Relaciones en igualdadRelaciones en igualdad
Relaciones en igualdad
 
A literatura do exilio
A literatura do exilioA literatura do exilio
A literatura do exilio
 
Máis vangardas, traballo de Lucía e Alberte
Máis vangardas, traballo de Lucía e AlberteMáis vangardas, traballo de Lucía e Alberte
Máis vangardas, traballo de Lucía e Alberte
 
Máis vangardas, traballo de Tania
Máis vangardas, traballo de TaniaMáis vangardas, traballo de Tania
Máis vangardas, traballo de Tania
 
Máis vangardas, traballo de Daniel e Luís
Máis vangardas, traballo de Daniel e LuísMáis vangardas, traballo de Daniel e Luís
Máis vangardas, traballo de Daniel e Luís
 
Manuel Antonio, traballo de Ánxela e Telmo
Manuel Antonio, traballo de Ánxela e TelmoManuel Antonio, traballo de Ánxela e Telmo
Manuel Antonio, traballo de Ánxela e Telmo
 
Rafael Dieste, traballo de Alba e Cristian
Rafael Dieste, traballo de Alba e CristianRafael Dieste, traballo de Alba e Cristian
Rafael Dieste, traballo de Alba e Cristian
 
Vicente Risco, traballo de Cristina e Álvaro
Vicente Risco, traballo de Cristina e ÁlvaroVicente Risco, traballo de Cristina e Álvaro
Vicente Risco, traballo de Cristina e Álvaro
 
Vicente Risco, traballo de José e Paula
Vicente Risco, traballo de José e PaulaVicente Risco, traballo de José e Paula
Vicente Risco, traballo de José e Paula
 
Ramón Cabanillas, traballo de Carla e David
Ramón Cabanillas, traballo de Carla e DavidRamón Cabanillas, traballo de Carla e David
Ramón Cabanillas, traballo de Carla e David
 
Ramón Cabanillas, traballo de Guillermo e María
Ramón Cabanillas, traballo de Guillermo e MaríaRamón Cabanillas, traballo de Guillermo e María
Ramón Cabanillas, traballo de Guillermo e María
 
Manuel Curros Enríquez
Manuel Curros EnríquezManuel Curros Enríquez
Manuel Curros Enríquez
 
Violencias invisibeis. Olga Castro
Violencias invisibeis. Olga CastroViolencias invisibeis. Olga Castro
Violencias invisibeis. Olga Castro
 

Castelao

  • 1.
  • 2. VIDA  O 30 de xaneiro de 1886 naceu en Rianxo Alfonso Rodríguez Castelao, fillo do patrón de pesca Mariano Rodríguez Dios e de Xaquina Castelao Jannes.  O seu nome familiar nunca foi Afonso como lle puxera o crego, senón Daniel, como o profeta Daniel, a quen o Mestre Mateo retratou sorrindo no Pórtico da Gloria por ser o primeiro santo que soubo rir.
  • 3. VIDA: EMIGRACIÓN  A experiencia da emigración percorre toda a existencia de Castelao.  O neno Daniel viviuna en carne propia desde fóra e desde dentro: • fillo dun pai emigrado ás Pampas arxentinas ao pouco de nacer, en 1886 • estadía de tres anos nas propias Pampas, onde se reencontra co pai.  O adulto Castelao acabará sufrindo a emigración forzosa: • a experiencia do exilio • morte en Bos Aires en 1950
  • 4. VIDA  De regreso da emigración, no inicio do século XX, cursará o Bacharelato e a carreira de Medicina en Compostela.  Renunciará a exercer a profesión e só axudará circunstancialmente como médico rural nas epidemias de gripe dos anos vinte.  En Compostela xorde a súa vocación pola pintura e pola caricatura na súa vertente humorística. Tamén desempeña papeis en obras de teatro e participa na tuna.
  • 5. VIDA  Castelao casa en 1912 coa moza estradense Virxinia Pereira.  O seu único fillo, Afonso Xesús, nace ao ano seguinte de casaren; pero morrerá prematuramente en 1928, con só catorce anos. Este feito dramático, unido á segunda crise de cegueira sufrida por Castelao nas mesmas datas (a primeira fora en 1914) son o preludio da súa entrega á causa política do país.  Os seus vencellamentos políticos non pasan nesta época (1915) das colaboracións no xornal anticaciquil local "El Barbero municipal" e comeza a gañarse un creto como caricaturista na prensa galega e madrileña.
  • 6. VIDA  En 1916 comeza a publicar na prensa as estampas do álbum Nós, nas que se conxuga o amor polas clases populares e unha crecente preocupación polos dereitos nacionais de Galiza.  Castelao é consciente de que Galiza está sumida na subordinación e no atraso.  Comparte a aspiración a conseguir a propiedade da terra e retrata a represión contra as mobilizacións agrarias, a través do álbum Nós e Un ollo de vidro.  Neste contexto Castelao ve a especificidade da realidade galega e a necesidade dun proxecto político propio.
  • 7. 1916-1929. O artista galeguista  Durante os anos vinte Castelao convértese na principal figura da arte galega. Desta etapa son os seus mellores cadros, a consagración definitiva como caricaturista (Nós), as viaxes por Europa para desenvolver estudos artísticos e os primeiros pasos en relación coa que será a súa futura vida política.
  • 8. 1930-1939. Esplendor e traxedia: escritor e dirixente político A vida política da IIª República descobre o Castelao político. A campaña polo Estatuto ou os seus repetidos escanos nas cortes de Madrid ocupan boa parte do seu tempo e constrúenlle unha gran sona en toda Galiza. Asemade, desenvolve unha grande actividade como escritor, especialmente, a través dos xornais. A guerra rompe a súa vida e condénao ao exilio. CONTOS DE CASTELAO 1930-1939. Esplendor e traxedia: escritor e dirixente político
  • 9. VIDA En Castelao sintetízanse as tarefas culturais que cómpre acometer sobre Galiza: • a pintura, o gravado, o cartelismo, a caricatura e o debuxo humorístico, • os valores etnográficos • as cruces de pedra • o refraneiro popular • a ilustración de libros, xornais, revistas, • o teatro de Arte.  Exemplos destas contribucións fanse patentes na revista Nós.
  • 10. VIDA  O compromiso con Galiza, canalizado por vía artística até o de agora, vaise converter en acción política ata a súa morte.  Como persoa de gran popularidade, Castelao é dos artistas que renuncian á súa obra por asumir un lugar na política, porque “para modelar un povo de barro é forzoso luxar as mans”. • Fundación do Partido Galeguista. • Deputado nas Cortes da República • Unificación do nacionalismo político. • Estatuto de Autonomía de Galiza. • Desterro durante o Bienio Negro (1934-1935) de Lerroux. • Compromiso antifascista durante a Guerra civil. • Exilio e loita pola continuidade da causa galega.  Desde 1936 a 1950 non puido pisar terra galega, pero seguía a pensar que o peor desterro é o que se sofre na propia terra privada de liberdade.  Así o recolleu na peza de oratoria Alba de Groria.  Un ano antes da súa morte, en 1950, publicou o traballo As cruces de pedra na Galiza.
  • 11. CASTELAO POLÍTICO Durante a Segunda República (1931-1936) desenvolve un importante labor político: - En 1931 resulta elixido deputado como galeguista nas Cortes Constituíntes. - Participou na constitución do Partido Galeguista.
  • 12. - Foi desterrado por medio dun traslado administrativo forzoso a Badaxoz en novembro de 1934. - Durante o seu desterro escribiu para A Nosa Terra unha serie de artigos co título Verbas de chumbo que posteriormente integraría no ensaio Sempre en Galiza (1944), libro de referencia para o nacionalismo galego. Homenaxe do Partido Galeguista a Castelao en 1934
  • 13. - En 1936 foi escollido de novo deputado na candidatura da Fronte Popular. - Protagonizou a campaña pro-Estatuto de Autonomía de Galiza, aprobado en plebiscito o 28 de xuño de 1936.
  • 14. MITIN PRO-ESTATUTO PRAZA DE TOUROS DE PONTEVEDRA INTERVÉN ALEXANDRE BÓVEDA, SINÁLASE AALFONSO D. CASTELAO. - O maior éxito do PG é a consecución do primeiro Estatuto de Galiza, aprobado maioritariamente polo pobo galego en plebiscito (28 xuño de 1936). - Nunca entrou en vigor por mor do Golpe de Estado fascista do 18 de xullo de 1936. - As Cortes republicanas aprobárono o 1 de febreiro de 1938.
  • 16. GUERRA CIVIL (1936-1939) DITADURA FRANQUISTA (1939-1975) A longa noite de pedra .- O golpe de estado colleuno en Madrid cando participaba na delegación que facía entrega oficial do estatuto ao presidente das Cortes. - Promoveu a organización dunhas milicias galegas en colaboración co PCE. - Instalouse en Valencia en decembro de 1936 e logo en Barcelona: xa nunca volvería a Galiza.
  • 17. Atila en Galicia (1937)Galicia mártir (1937) Milicianos (1938) Embarca cara a Nova York (20-VII-1938) ao encomedarlle o goberno a realización dunha campaña de axuda á República en América, para o que contou coa colaboración das Sociedades Hispánicas Confederadas e da Casa de Galicia Unidade Galega. Conseguiu recadar 50.000 dólares e organizou a Fronte Popular Antifascista Galega, Álbums da Guerra Civil
  • 18. O 15 de novembro de 1944, fúndase en Montevideo o Consello de Galiza, coa sinatura de Alfonso Rodríguez Castelao, entre outros. Na foto, Castelao falando no banquete do Día de Galiza en 1944. 1940-1950. O exilio. A esperanza esmorecente A vida na posguerra pasa pola reorganización das comunidades galegas no exilio, na esperanza de que a ditadura franquista caíse, e Castelao fai continuas viaxes por América e Europa. Maniféstanse os primeiros síntomas da enfermidade. Polo que respecta á súa produción, abandonados o debuxo e a pintura pola súa cegueira, concéntrase na publicación da súa principal obra política Sempre en Galiza. En xullo de 1940 marchou para Bos Aires. Foi ministro sen carteira do goberno republicano no exilio presidido por José Giral (1946-47) e estableceuse en París, cidade onde viviu Castelao até agosto de 1947.
  • 19. Castelao morreu enfermo o 7 de xaneiro de 1950 no sanatorio do Centro Galego de Bos Aires e foi soterrado o 9 de xaneiro no cemiterio da Chacarita. Os seus restos mortais foron repatriados e levados para o Panteón de Galegos Ilustres en 1984 entre grandes protestas populares que acusaban as autoridades de que "os que o exiliaron agora fanlle honores". Especial d’A Nosa Terra á súa morte.
  • 20. MORTE Os restos de Daniel Castelao, en Bos Aires, foron envoltos coa bandeira, para el sagrada, da patria galega e cubertos por terra tamén galega.
  • 21. Narrativa de ficción: Un ollo de vidro. Memorias dun esquelete Retrincos Os dous de sempre Cousas (escritos antes da Guerra) Teatro: Os vellos non deben de namorarse (escrita e estreada no exilio bonaerense en 1941) Ensaio: Sempre en Galiza (entre 1935 e 1944) OBRA GRÁFICA Cincoenta homes por dez reás (1930) Cousas da vida (1926-29) Album Nós (1931) Galicia Mártir (1937) Atila en Galicia (1937) Milicianos (1938)
  • 22. OBRA “Debaixo do humorismo hai sempre unha grande door; por iso no ceo non hai humoristas” (cita de Mark Twain).  En 1922 publica a súa obra Un ollo de vidro. Memorias dun esquelete (o seu primeiro relato publicado como libro independente). Publicouna a editorial Céltiga, promovida polas Irmandades da Fala de Ferrol. Pretendía contribuír á divulgación da literatura en lingua galega entre as clases populares cun xénero doado de ler e atractivo polos asuntos tratados. Semella concibida para a intervención pública: foi inserida previamente na conferencia “Humorismo. Debuxo humorístico. Caricatura”
  • 23. OBRA Castelao sérvese do Modernismo para a estética decorativa deste libro  A obra narrativa de Castelao arranca dos pés literarios dos seus debuxos e estampas, que van ocupando cada vez maior extensión. En 1926 e 1929 publícanse os dous libros de Cousas, formado por relatos con ilustracións. É considerado un “subxénero autóctono” e unha das máis orixinais creacións da literatura galega contemporánea. No limiar, “A carón da Natureza”, Castelao reflexiona sobre as limitacións da pintura á hora de expresarse; por iso decide ser “un ventureiro das letras”. Ofrecen un mosaico da realidade galega do seu tempo. Supoñen unha síntese entre a narrativa e a plástica.
  • 24.
  • 25.
  • 26.
  • 27.
  • 28.
  • 29.
  • 30.
  • 31.
  • 32.
  • 33.
  • 34.
  • 35. NARRATIVA: Características  Uso dun número limitado de motivos e recursos cos que consegue un amplo abano de situacións.  Estruturas binarias e narrativa curta  Visión expresionista da experiencia humana na que a paisaxe non xoga ningún papel  A recreación da realidade sempre ten como referente a Galicia labrega e mariñeira  Toda a materia narrativa de Castelao vén da realidade mesma  Utiliza con frecuencia unha especie de simbiose entre debuxo e texto  Estreita relación entre ética e estética  O sentimento predominante do narrador é o humor
  • 36. NARRATIVA: Temática  O fracaso do emigrante  O sentimento da morriña  A mentira piadosa que se mantén lonxe  O retorno do emigrante fracasado  As lembranzas como emigrado  A vida mariñeira e labrega  O caciquismo
  • 37. NARRATIVA: Características  Crítica social: denuncia das inxustizas que sofre os máis débiles  Reivindicación da lingua galega  Humor acedo: retranca  Lirismo: recursos expresivos como anáforas, comparacións, paralelismos…  Concisión e brevidade
  • 38.
  • 39. ENSAIO  A primeira edición data do 1944 en Bos Aires, a segunda, xa póstuma aparecerá na mesma cidade no 1961  O libro consta dunha especie de prólogo titulado "Adro"  Desde Badaxoz rememora a súa Galicia en contraste cos homes e coas terras de Estremadura  Catro partes ou libros nos que predomina a reafirmación do pensamento galeguista  Análise dos principios básicos da identidade do pobo galego con xustificacións doutrinais, históricas e comparativas  Propón liñas de acción de goberno para rematar coa postración e indefensión das clases populares
  • 40.
  • 41.
  • 42.
  • 43. —¡Un padrenuestriño para que Deus nos liberte da xusticia!
  • 44. En Galiza non se pide nada. Emígrase.