SlideShare a Scribd company logo
1 of 42
A linguaxe literaria
Que é a Literatura?
• Calquera forma de comunicación escrita.
• Unha forma determinada de mensaxe
  verbal.
• A comunicación é transmisión de
  información. O xeito máis importante de
  comunicación é a linguaxe. Por tanto, a
  comunicación é a función esencial da
  lingua, pero
• Cando a mensaxe é literaria, a esa
  función sumáselle unha función
Que é a Literatura?
• Na obra literaria, a lingua sofre distintas
  alteracións que teñen como finalidade a
  LITERATURIZACIÓN do código lingüístico. O
  emisor chama a atención sobre a lingua.
• A linguaxe literaria caracterízase por
  representar un mundo imaxinario e pola súa
  plurignificación
• O signo lingüístico é portador de múltiples
  dimensións semánticas, lonxe do significado
  unívoco das linguaxes científica, xurídica…
Que é a Literatura?

• A historia da Literatura é unha constante
  exploración das posibilidades
  significativas da lingua e unha
  permanente creación de novos recursos
  expresivos.
• A Literatura pode servir como vehículo de
  evasión e ao mesmo tempo de crítica
  social.
Sobre a Literatura

• Félix de Azúa :
“Sobre a poesía,
canto menos se diga, mellor.
A poesía é a verdade da arte,
non nace da conciencia do poeta, senón da súa
  coraxe.
A conciencia do home
só fala do paso do tempo”.
Sobre a Literatura

• José Ángel Valente :
“A poesía non é comunicación, é
  incomunicación, para andar no oculto,
  para nos meter nun cuarto pechado sen
  chave, sen que ninguén apareza e nos
  saque e nos suplicie a xorda ladaíña
  cotiá, a ladaíña aciaga da morte”.
“Como fuxir da morte? A través da poesía”
1. Literatura e comunicación
• A Literatura é unha arte que utiliza unha
  lingua como medio de expresión, un
  permanente acto de comunicación
  lingüística.
- Creación verbal ou tradición oral (uso da
  lingua falada, por ex. as primeiras
  composicións como cancións, lendas e
  contos).
- Creación escrita (literatura culta).
Elementos do acto comunicativo

1.   Emisor: autor ou autora.
2.   Receptor: lector@s ou oíntes.
3.   Mensaxe: obra literaria.
4.   Canle: libro ou formato dixital.
5.   Código: lingua literaria.
6.   Contexto: factores históricos e sociais.
Características da lingua literaria


1. Predominio da función poética: o acto de
  comunicación céntrase na mensaxe, na
  súa disposición, na forma como se
  transmite. A linguaxe ten un propósito
  estético.
2. Uso da linguaxe connotativa: as palabras
  cárganse de significacións subxectivas.
3. Emprego de recursos literarios.
Características da lingua non
literaria


1. Predominio da función representativa.
2. Uso da lingua denotativa.
3. Emprego dunha lingua informativa.
2. A linguaxe literaria e os seus
recursos
• A lingua literaria caracterízase por
 presentar a mensaxe dun xeito atractivo a
 través da utilización de recursos literarios.

• Estes recursos empréganse tanto na
 prosa como no verso (ex. as figuras e os
 tropos), aínda que algúns deles aparecen
 só na poesía (ex. a métrica).
2.1. Recursos literarios
1. Tropos: símil, metáfora, alegoría, metonimia…
2. Figuras:
  1.       De dicción
       •     De carácter fonolóxico e morfolóxico: aliteración,
             paronomasia…
       •     De carácter sintáctico: anáfora, epífora, anadiplose,
             epanadiplose…

  1.       De pensamento: hipérbole, antítese, oxímoro,
           personificación…
1 . Tropos : τρόπος en grego significa
   “dirección” ou “desprazamento” e designa o
   uso dunha palabra nun sentido distinto do
   habitual, polo que ten carácter semántico.


   O tropo é o cambio de dirección dunha
   expresión que se desvía do seu contido
   orixinal para adoptar outro contido distinto.


   Son: o símil, a metáfora, a alegoría e a
   metonimia.
Tropos
• Símil : comparación entre dous termos
      expresos, que se fai explícita coa palabra
      “como”:
  –     Unha canción tan lonxana… / como a
        sombra do aire sobre a herba. (Luís
        Pimentel)
• Metáfora : substitución dun elemento por
      outro, habitualmente co uso do verbo ser ou
      da aposición:
  –     Dime onde vas, miña cerva querida. (Álvaro
        Cunqueiro)
Tropos
• Alegoría : é unha metáfora continuada:
  –   A negra sombra. (Rosalía de Castro)
  –   A roseira. (Ramón Cabanillas)
      Nas artes visuais é un tema artístico
      que pretende representar unha idea
      valéndose de formas humanas, animais
      ou de obxectos cotiáns, como por
      exemplo, a alegoría da República
      Española, que se representaba por medio
      dunha muller con gorro frixio que sostiña
      unha balanza na man dereita e unha
      bandeira na esquerda.
Tropos
• Metonimia : substitución dun elemento por
      outro co que garda unha relación de
      contigüidade:
  –     Non traias viños tristes de Hungría. Quero
        Burdeos. Quero Marsala ardente.
  –     Comprou dous Laxeiros.
2. Figuras : utilización de palabras no seu
   sentido habitual, pero con algunha
   particularidade fonética, gramatical ou
   semántica que as afasta do seu uso na
   lingua cotiá.
    Hai figuras de dicción (segundo a
   colocación dos sons ou das palabras) e
   figuras de pensamento (serven para
   expoñer dun modo peculiar unha idea ou
   concepto: plano semántico da lingua).
Figuras de dicción, de carácter
fonolóxico e morfolóxico
• Aliteración : repetición de fonemas ou
      sílabas en palabras próximas:
    - Lagoas laiando na lama das leiras (Informe da
      gavilla, Vítor Vaqueiro).


• Paronomasia : colocación próxima de
      palabras con significantes parecidos, pero
      significados diferentes:
–     No sagrado segredo de Vigo. (Luz Pozo Garza)
Figuras de dicción, de carácter
 fonolóxico e morfolóxico
• Onomatopea : Repetición de fonemas
  que reproducen sons naturais
- Fiu, Fiu (asubío)


• Calembur: as sílabas dunha ou máis
  palabras reagrúpanse para obter outro
  significado diferente
-Aí van cen tolas con centolas.
Figuras de dicción de carácter
sintáctico
• Anáfora : repetición dunha ou máis
      palabras ao comezo de varios enunciados:
  –     Era Galicia un puro val… Era Galicia a chaira
        máis espida… Era Galicia a patria do
        traballo… (Xosé Luís Méndez Ferrín)
• Epífora : repetición dunha ou máis palabras
      ao final de varios enunciados:
  –     Camiños de mortos, hortos de mortos, feixes
        de mortos, medas de mortos. (Arcadio López
        Casanova)
Figuras de dicción de carácter
sintáctico
• Anadiplose : repetición dunha ou varias
      palabras finais dun verso ao comezo do
      seguinte:
  –     Que non se debe ter por trobador / trobador
        que troba por trobar. (Uxío Novoneyra)
• Epanadiplose : repetición dunha palabra
      ao principio e ao final dun verso:
  –     ‘Amén, miña vella, amén’ .
Figuras de dicción de carácter
sintáctico
• Poliptoto e Derivación : Repetición dun
  mesmo lexema con diversos morfemas
- o que queremos quérenos/ aínda que non queira
   querernos
• Polisíndeto : Repetición de conxuncións
  para unir varios elementos
- E pinchaba, e brincaba, e corría, e bailaba.
• Asíndeto : Supresión de conxuncións.
Figuras de dicción de carácter
sintáctico
• Paralelismo : Repetición de construcións
  similares
- Ti destérrasme por un; /
    Eu destérrome por catro
• Elipse : Omisión de elementos que se
  sobreentenden
- Mercou un pantalón de cincuenta euros e unha
  chaqueta de setenta
Figuras de dicción de carácter
sintáctico
• Enumeración : consiste en expresar
  rapidamente diversas ideas.
- para min eras /branca aurora e craro sol /auga
  limpa en fresca fonte /rosa do xardín de Dios
  /alentiño do meu peito /vida do meu corazón
(Rosalía de Castro (de "Quíxente tanto meniña")
• Hipérbato : Alteración da orde normal da
  oración
- Volverán as escuras andoriñas no teu balcón os
  seus niños a colgar
Figuras de pensamento

• Hipérbole : esaxeración desmesurada e
      inverosímil:
  –     Estou tan canso que non podo dar un paso
        máis
• Antítese : contraposición entre dúas
      palabras:
  –     Invoca a luz desde esta dura tebra.
Figuras de pensamento

• Oxímoro : pór en contacto palabras de sentido
   contrario que parecen excluírse mutuamente.
  – Música silenciosa
• Personificación : atribución de
      características humanas a seres
      inanimados:
  –     Hoxe cásanse os paxaros (Luís Amado
        Carballo)
Figuras de pensamento

• Ironía : consiste en dicir o contrario do
  que se quere dar a entender.
- Que boa sorte teño!

• Interrogación retórica : Pregunta da
  que non se agarda resposta.
2.2. Recursos literarios do verso: a
métrica
1. O verso:

  1.   Medida: palabra final e licenzas poéticas.
  2.   Rima: consonante, asonante e sen rima.
  3.   Ritmo: acento, pausas e encabalgamento.

1. A estrofa e o poema:
número de versos e esquema métrico.
1. O verso
• Unidade rítmica en que pode dividirse un
    poema, xeralmente superior á palabra e inferior
    á estrofa.
•   Conxunto de palabras suxeitas a medida, rima e
    ritmo, en contraposición á prosa, que non está
    sometida habitualmente a estes procedementos.
•   Provén do latín versus, que significa “suco ou
    liña", por oposición a prorsus, que significa
    “dereitamente, todo seguido”, de onde vén
    prosa).
•   A disciplina que estuda as clases de versos e
    estrofas denomínase métrica.
1.1. Medida do verso
•       Palabra final:
    –     Aguda: + 1 sílaba: unha casa de marfil (7+1=8)
    –     Esdrúxula: - 1 sílaba: estas claras efemérides
          (9-1=8)
•       Licenzas poéticas:
    –     Sinalefa: para a virtude o humilde (10 > 8)
    –     Sinérese: recollendo realidades (9 > 8)
    –     Diérese: fragor e süavidade (7 > 8)
•       Segundo o número de sílabas os versos poden
        ser de arte menor (ata 8) ou maior
        (desde 9).
1.2. Rima
• Repetición dunha secuencia de fonemas ao
      final de dous ou máis versos a partir da
      última vogal acentuada, incluída esta.
  –     Asonante: cando se repiten só as vogais; é
        característica da poesía tradicional ou de inspiración
        popular: terra-ela (“Airiños, airiños aires” de Rosalía
        de Castro).
  –     Consonante: cando se repiten vogais e
        consoantes; é característica da poesía culta, de raíz
        trobadoresca, eclesiástica ou italianizante:
        verdecente-transparente (Himno galego - “Os pinos”
        de Eduardo Pondal).
1.3. Ritmo
• Movemento marcado pola sucesión regular
      de elementos fortes e débiles, que se logra
      mediante a repetición de acentos e pausas
      e mais polos encabalgamentos:
  –     Acento: último acento presente no verso,
        corresponde sempre á penúltima sílaba.
  –     Pausas: silencios que delimitan elementos do
        verso tales como os hemistiquios.
  –     Encabalgamento: desaxuste entre a pausa
        versal e a pausa sintáctica.
2. A estrofa


• Estrofa : é un grupo de versos unidos
   por unha serie de criterios fixos de
   extensión, rima e ritmo. As estrofas
   clasifícanse polo número de versos que
   conteñen (habitualmente de 2 a 14).
2.1. Tipos de estrofas
•   Pareado: dous versos de rima consonante AA
•   Terceto: tres versos de rima consonante A-A
•   Cuarteto: catro versos hendecasílabos de rima
    consonante ABBA
•   Serventesio: catro versos hendecasílabos de
    rima consonante ABAB
•   Redondilla: catro versos octosílabos de rima
    consoante abba
•   Cuarteta: catro versos octosílabos de rima
    consoante abab
2.1. Tipos de estrofas

• Quintilla: combinación libre de cinco
  versos octosílabos con dous xogos de
  rimas consonantes aabab, aabba, abaab
• Quinteto: igual que a quintilla pero con
  versos de arte maior.
• Oitava real: oito versos de arte maior e
  rima consoante ABABABCCA
• Décima: dez versos de arte menor.
2.1. Tipos de estrofas

• Romance: número indeterminado de
  versos octosílabos de rima asonante
• Silva: número indeterminado de versos
  heptasílabos e hendecasílabos de rima
  consonante
• Soneto: Catro estrofas, as dúas primeiras
  de catro versos –cuartetos- e as outras
  dúas tercetos. Case sempre con
  hendecasílabos.
3. O poema

• Poema : é a obra poética en verso.
• Poesía : é un tipo de texto e mais un
 xénero literario, habitualmente referido á
 poesía lírica.
3.1. Tipos de poema

• Himno: de ton solemne destinada á
    afirmación colectiva
•   Oda: ton elevado e glorificadora
•   Balada: ton melancólico
•   Elexía: expresa sentimentos de dor pola
    perda de alguén
•   Pranto: chórase a morte de alguén
3.1. Tipos de poema

• Égloga: de tema amoroso, xeralmente
    entre pastores
•   Alba: alude á separación dos amantes ao
    nacer do novo día
•   Pastorela: un cabaleiro require en amores
    a unha pastora
•   Madrigal: de tema amoroso con ton alegre
•   Sátira: censúrase ou atácase a alguén

More Related Content

What's hot

Lirica medieval xenerosmenores
Lirica medieval xenerosmenoresLirica medieval xenerosmenores
Lirica medieval xenerosmenoresMiguel Lamelas Pla
 
Helena villar janeiro
Helena villar janeiroHelena villar janeiro
Helena villar janeiroAsnosasletras
 
Apuntes Gramatica
Apuntes GramaticaApuntes Gramatica
Apuntes Gramaticaxenevra
 
Entrevista á escritora Chus Pato
Entrevista á escritora Chus PatoEntrevista á escritora Chus Pato
Entrevista á escritora Chus PatoAsnosasletras
 
Historia da lingua galega
Historia da lingua galegaHistoria da lingua galega
Historia da lingua galegaalexinho97
 
A lírica medieval galego-portuguesa
A lírica medieval galego-portuguesaA lírica medieval galego-portuguesa
A lírica medieval galego-portuguesanoagaliza
 
Entrevista Xesús Pisón
Entrevista Xesús PisónEntrevista Xesús Pisón
Entrevista Xesús PisónAsnosasletras
 
Lit sec esc
Lit sec escLit sec esc
Lit sec escanagagon
 
UD de Rosalía de Castro
UD de Rosalía de CastroUD de Rosalía de Castro
UD de Rosalía de CastroBelén Mariño
 
Méndez Ferrín por Tania Pose
Méndez Ferrín por Tania PoseMéndez Ferrín por Tania Pose
Méndez Ferrín por Tania PoseMarlou
 
Dossier a noite xusto antes dos bosques
Dossier a noite xusto antes dos bosquesDossier a noite xusto antes dos bosques
Dossier a noite xusto antes dos bosquesA_RR
 

What's hot (20)

Lirica medieval xenerosmenores
Lirica medieval xenerosmenoresLirica medieval xenerosmenores
Lirica medieval xenerosmenores
 
Helena villar janeiro
Helena villar janeiroHelena villar janeiro
Helena villar janeiro
 
Cantiga de amigo
Cantiga de amigoCantiga de amigo
Cantiga de amigo
 
Apuntes Gramatica
Apuntes GramaticaApuntes Gramatica
Apuntes Gramatica
 
A Literatura Medieval
A Literatura MedievalA Literatura Medieval
A Literatura Medieval
 
A cantiga de amor
A cantiga de amorA cantiga de amor
A cantiga de amor
 
Entrevista á escritora Chus Pato
Entrevista á escritora Chus PatoEntrevista á escritora Chus Pato
Entrevista á escritora Chus Pato
 
Cantiga de amor
Cantiga de amorCantiga de amor
Cantiga de amor
 
Historia da lingua galega
Historia da lingua galegaHistoria da lingua galega
Historia da lingua galega
 
Marica campo
Marica campoMarica campo
Marica campo
 
Contos, xogos e intercultura
Contos, xogos e interculturaContos, xogos e intercultura
Contos, xogos e intercultura
 
Lingua galega 3 4
Lingua galega 3 4Lingua galega 3 4
Lingua galega 3 4
 
A lírica medieval galego-portuguesa
A lírica medieval galego-portuguesaA lírica medieval galego-portuguesa
A lírica medieval galego-portuguesa
 
Negra sombra
Negra sombra Negra sombra
Negra sombra
 
Entrevista Xesús Pisón
Entrevista Xesús PisónEntrevista Xesús Pisón
Entrevista Xesús Pisón
 
Os haikus (II)
Os haikus (II)Os haikus (II)
Os haikus (II)
 
Lit sec esc
Lit sec escLit sec esc
Lit sec esc
 
UD de Rosalía de Castro
UD de Rosalía de CastroUD de Rosalía de Castro
UD de Rosalía de Castro
 
Méndez Ferrín por Tania Pose
Méndez Ferrín por Tania PoseMéndez Ferrín por Tania Pose
Méndez Ferrín por Tania Pose
 
Dossier a noite xusto antes dos bosques
Dossier a noite xusto antes dos bosquesDossier a noite xusto antes dos bosques
Dossier a noite xusto antes dos bosques
 

Similar to A linguaxe literaria 1º de bac

Xéneros%20menores.[1]
Xéneros%20menores.[1]Xéneros%20menores.[1]
Xéneros%20menores.[1]Loli Cid Cid
 
séculos escuros
séculos escurosséculos escuros
séculos escurosxenevra
 
Lit sec esc
Lit sec escLit sec esc
Lit sec escanagagon
 
R1 lingua sexto
R1 lingua sextoR1 lingua sexto
R1 lingua sextoFiz
 
Estratexias para crear poesía 1
Estratexias para crear poesía 1Estratexias para crear poesía 1
Estratexias para crear poesía 1Carmen165
 
Orientacións para o comentario de texto da lírica medieval
Orientacións para o comentario de texto da lírica medievalOrientacións para o comentario de texto da lírica medieval
Orientacións para o comentario de texto da lírica medievalIsabel Bsoto
 
R3 lingua sexto
R3 lingua sextoR3 lingua sexto
R3 lingua sextoFiz
 
Celso Emilio
Celso EmilioCelso Emilio
Celso Emiliocallobre
 
Introducion a lirica medieval
Introducion a lirica medievalIntroducion a lirica medieval
Introducion a lirica medievallaurafernanlopez
 
Historia da lingua galega
Historia da lingua galegaHistoria da lingua galega
Historia da lingua galegajandroxixi
 
A oralidade en e. primaria
A oralidade en e. primariaA oralidade en e. primaria
A oralidade en e. primariaceiplabartapose
 
Típicos tópicos literarios
Típicos tópicos literariosTípicos tópicos literarios
Típicos tópicos literariosMaibc
 
Típicos tópicos literarios
Típicos tópicos literariosTípicos tópicos literarios
Típicos tópicos literariosMaibc
 
Tópicos literarios blogue
Tópicos literarios blogueTópicos literarios blogue
Tópicos literarios blogueMaibc
 
A Literatura Medieval Galego Portuguesa
A Literatura Medieval Galego PortuguesaA Literatura Medieval Galego Portuguesa
A Literatura Medieval Galego Portuguesamariancasal
 

Similar to A linguaxe literaria 1º de bac (20)

Xéneros%20menores.[1]
Xéneros%20menores.[1]Xéneros%20menores.[1]
Xéneros%20menores.[1]
 
séculos escuros
séculos escurosséculos escuros
séculos escuros
 
Vangardas
VangardasVangardas
Vangardas
 
Lit sec esc
Lit sec escLit sec esc
Lit sec esc
 
Literatura latina
Literatura latinaLiteratura latina
Literatura latina
 
A Literatura Medieval
A Literatura MedievalA Literatura Medieval
A Literatura Medieval
 
R1 lingua sexto
R1 lingua sextoR1 lingua sexto
R1 lingua sexto
 
Estratexias para crear poesía 1
Estratexias para crear poesía 1Estratexias para crear poesía 1
Estratexias para crear poesía 1
 
Orientacións para o comentario de texto da lírica medieval
Orientacións para o comentario de texto da lírica medievalOrientacións para o comentario de texto da lírica medieval
Orientacións para o comentario de texto da lírica medieval
 
R3 lingua sexto
R3 lingua sextoR3 lingua sexto
R3 lingua sexto
 
A Literatura Medieval
A Literatura MedievalA Literatura Medieval
A Literatura Medieval
 
Celso Emilio
Celso EmilioCelso Emilio
Celso Emilio
 
Introducion a lirica medieval
Introducion a lirica medievalIntroducion a lirica medieval
Introducion a lirica medieval
 
Historia da lingua galega
Historia da lingua galegaHistoria da lingua galega
Historia da lingua galega
 
A oralidade en e. primaria
A oralidade en e. primariaA oralidade en e. primaria
A oralidade en e. primaria
 
Típicos tópicos literarios
Típicos tópicos literariosTípicos tópicos literarios
Típicos tópicos literarios
 
Típicos tópicos literarios
Típicos tópicos literariosTípicos tópicos literarios
Típicos tópicos literarios
 
Tópicos literarios blogue
Tópicos literarios blogueTópicos literarios blogue
Tópicos literarios blogue
 
A Literatura Medieval Galego Portuguesa
A Literatura Medieval Galego PortuguesaA Literatura Medieval Galego Portuguesa
A Literatura Medieval Galego Portuguesa
 
Petrarca
PetrarcaPetrarca
Petrarca
 

More from trafegandoronseis

O nacemento da literatura, as primeiras civilizacións
O nacemento da literatura, as primeiras civilizaciónsO nacemento da literatura, as primeiras civilizacións
O nacemento da literatura, as primeiras civilizaciónstrafegandoronseis
 
A narrativa despois da Guerra Civil, incluída a NNG
A narrativa despois da Guerra Civil, incluída a NNGA narrativa despois da Guerra Civil, incluída a NNG
A narrativa despois da Guerra Civil, incluída a NNGtrafegandoronseis
 
Tres xeracións de poesía galega
Tres xeracións de poesía galegaTres xeracións de poesía galega
Tres xeracións de poesía galegatrafegandoronseis
 
Máis vangardas, traballo de Lucía e Alberte
Máis vangardas, traballo de Lucía e AlberteMáis vangardas, traballo de Lucía e Alberte
Máis vangardas, traballo de Lucía e Albertetrafegandoronseis
 
Máis vangardas, traballo de Tania
Máis vangardas, traballo de TaniaMáis vangardas, traballo de Tania
Máis vangardas, traballo de Taniatrafegandoronseis
 
Máis vangardas, traballo de Daniel e Luís
Máis vangardas, traballo de Daniel e LuísMáis vangardas, traballo de Daniel e Luís
Máis vangardas, traballo de Daniel e Luístrafegandoronseis
 
Manuel Antonio, traballo de Ánxela e Telmo
Manuel Antonio, traballo de Ánxela e TelmoManuel Antonio, traballo de Ánxela e Telmo
Manuel Antonio, traballo de Ánxela e Telmotrafegandoronseis
 
Rafael Dieste, traballo de Alba e Cristian
Rafael Dieste, traballo de Alba e CristianRafael Dieste, traballo de Alba e Cristian
Rafael Dieste, traballo de Alba e Cristiantrafegandoronseis
 
Castelao, traballo de Jorge e David
Castelao, traballo de Jorge e DavidCastelao, traballo de Jorge e David
Castelao, traballo de Jorge e Davidtrafegandoronseis
 
Vicente Risco, traballo de Cristina e Álvaro
Vicente Risco, traballo de Cristina e ÁlvaroVicente Risco, traballo de Cristina e Álvaro
Vicente Risco, traballo de Cristina e Álvarotrafegandoronseis
 
Vicente Risco, traballo de José e Paula
Vicente Risco, traballo de José e PaulaVicente Risco, traballo de José e Paula
Vicente Risco, traballo de José e Paulatrafegandoronseis
 
Ramón Cabanillas, traballo de Carla e David
Ramón Cabanillas, traballo de Carla e DavidRamón Cabanillas, traballo de Carla e David
Ramón Cabanillas, traballo de Carla e Davidtrafegandoronseis
 

More from trafegandoronseis (20)

Literatura grega
Literatura gregaLiteratura grega
Literatura grega
 
O nacemento da literatura, as primeiras civilizacións
O nacemento da literatura, as primeiras civilizaciónsO nacemento da literatura, as primeiras civilizacións
O nacemento da literatura, as primeiras civilizacións
 
Que é literatura?
Que é literatura?Que é literatura?
Que é literatura?
 
Club de lectura
Club de lecturaClub de lectura
Club de lectura
 
Castelao
CastelaoCastelao
Castelao
 
Ramón Otero pedrayo
Ramón Otero pedrayoRamón Otero pedrayo
Ramón Otero pedrayo
 
Vicente Risco
Vicente RiscoVicente Risco
Vicente Risco
 
A narrativa despois da Guerra Civil, incluída a NNG
A narrativa despois da Guerra Civil, incluída a NNGA narrativa despois da Guerra Civil, incluída a NNG
A narrativa despois da Guerra Civil, incluída a NNG
 
Tres xeracións de poesía galega
Tres xeracións de poesía galegaTres xeracións de poesía galega
Tres xeracións de poesía galega
 
Relaciones en igualdad
Relaciones en igualdadRelaciones en igualdad
Relaciones en igualdad
 
A literatura do exilio
A literatura do exilioA literatura do exilio
A literatura do exilio
 
Máis vangardas, traballo de Lucía e Alberte
Máis vangardas, traballo de Lucía e AlberteMáis vangardas, traballo de Lucía e Alberte
Máis vangardas, traballo de Lucía e Alberte
 
Máis vangardas, traballo de Tania
Máis vangardas, traballo de TaniaMáis vangardas, traballo de Tania
Máis vangardas, traballo de Tania
 
Máis vangardas, traballo de Daniel e Luís
Máis vangardas, traballo de Daniel e LuísMáis vangardas, traballo de Daniel e Luís
Máis vangardas, traballo de Daniel e Luís
 
Manuel Antonio, traballo de Ánxela e Telmo
Manuel Antonio, traballo de Ánxela e TelmoManuel Antonio, traballo de Ánxela e Telmo
Manuel Antonio, traballo de Ánxela e Telmo
 
Rafael Dieste, traballo de Alba e Cristian
Rafael Dieste, traballo de Alba e CristianRafael Dieste, traballo de Alba e Cristian
Rafael Dieste, traballo de Alba e Cristian
 
Castelao, traballo de Jorge e David
Castelao, traballo de Jorge e DavidCastelao, traballo de Jorge e David
Castelao, traballo de Jorge e David
 
Vicente Risco, traballo de Cristina e Álvaro
Vicente Risco, traballo de Cristina e ÁlvaroVicente Risco, traballo de Cristina e Álvaro
Vicente Risco, traballo de Cristina e Álvaro
 
Vicente Risco, traballo de José e Paula
Vicente Risco, traballo de José e PaulaVicente Risco, traballo de José e Paula
Vicente Risco, traballo de José e Paula
 
Ramón Cabanillas, traballo de Carla e David
Ramón Cabanillas, traballo de Carla e DavidRamón Cabanillas, traballo de Carla e David
Ramón Cabanillas, traballo de Carla e David
 

A linguaxe literaria 1º de bac

  • 2. Que é a Literatura? • Calquera forma de comunicación escrita. • Unha forma determinada de mensaxe verbal. • A comunicación é transmisión de información. O xeito máis importante de comunicación é a linguaxe. Por tanto, a comunicación é a función esencial da lingua, pero • Cando a mensaxe é literaria, a esa función sumáselle unha función
  • 3.
  • 4. Que é a Literatura? • Na obra literaria, a lingua sofre distintas alteracións que teñen como finalidade a LITERATURIZACIÓN do código lingüístico. O emisor chama a atención sobre a lingua. • A linguaxe literaria caracterízase por representar un mundo imaxinario e pola súa plurignificación • O signo lingüístico é portador de múltiples dimensións semánticas, lonxe do significado unívoco das linguaxes científica, xurídica…
  • 5. Que é a Literatura? • A historia da Literatura é unha constante exploración das posibilidades significativas da lingua e unha permanente creación de novos recursos expresivos. • A Literatura pode servir como vehículo de evasión e ao mesmo tempo de crítica social.
  • 6. Sobre a Literatura • Félix de Azúa : “Sobre a poesía, canto menos se diga, mellor. A poesía é a verdade da arte, non nace da conciencia do poeta, senón da súa coraxe. A conciencia do home só fala do paso do tempo”.
  • 7. Sobre a Literatura • José Ángel Valente : “A poesía non é comunicación, é incomunicación, para andar no oculto, para nos meter nun cuarto pechado sen chave, sen que ninguén apareza e nos saque e nos suplicie a xorda ladaíña cotiá, a ladaíña aciaga da morte”. “Como fuxir da morte? A través da poesía”
  • 8. 1. Literatura e comunicación • A Literatura é unha arte que utiliza unha lingua como medio de expresión, un permanente acto de comunicación lingüística. - Creación verbal ou tradición oral (uso da lingua falada, por ex. as primeiras composicións como cancións, lendas e contos). - Creación escrita (literatura culta).
  • 9. Elementos do acto comunicativo 1. Emisor: autor ou autora. 2. Receptor: lector@s ou oíntes. 3. Mensaxe: obra literaria. 4. Canle: libro ou formato dixital. 5. Código: lingua literaria. 6. Contexto: factores históricos e sociais.
  • 10. Características da lingua literaria 1. Predominio da función poética: o acto de comunicación céntrase na mensaxe, na súa disposición, na forma como se transmite. A linguaxe ten un propósito estético. 2. Uso da linguaxe connotativa: as palabras cárganse de significacións subxectivas. 3. Emprego de recursos literarios.
  • 11.
  • 12. Características da lingua non literaria 1. Predominio da función representativa. 2. Uso da lingua denotativa. 3. Emprego dunha lingua informativa.
  • 13. 2. A linguaxe literaria e os seus recursos • A lingua literaria caracterízase por presentar a mensaxe dun xeito atractivo a través da utilización de recursos literarios. • Estes recursos empréganse tanto na prosa como no verso (ex. as figuras e os tropos), aínda que algúns deles aparecen só na poesía (ex. a métrica).
  • 14. 2.1. Recursos literarios 1. Tropos: símil, metáfora, alegoría, metonimia… 2. Figuras: 1. De dicción • De carácter fonolóxico e morfolóxico: aliteración, paronomasia… • De carácter sintáctico: anáfora, epífora, anadiplose, epanadiplose… 1. De pensamento: hipérbole, antítese, oxímoro, personificación…
  • 15. 1 . Tropos : τρόπος en grego significa “dirección” ou “desprazamento” e designa o uso dunha palabra nun sentido distinto do habitual, polo que ten carácter semántico. O tropo é o cambio de dirección dunha expresión que se desvía do seu contido orixinal para adoptar outro contido distinto. Son: o símil, a metáfora, a alegoría e a metonimia.
  • 16. Tropos • Símil : comparación entre dous termos expresos, que se fai explícita coa palabra “como”: – Unha canción tan lonxana… / como a sombra do aire sobre a herba. (Luís Pimentel) • Metáfora : substitución dun elemento por outro, habitualmente co uso do verbo ser ou da aposición: – Dime onde vas, miña cerva querida. (Álvaro Cunqueiro)
  • 17. Tropos • Alegoría : é unha metáfora continuada: – A negra sombra. (Rosalía de Castro) – A roseira. (Ramón Cabanillas) Nas artes visuais é un tema artístico que pretende representar unha idea valéndose de formas humanas, animais ou de obxectos cotiáns, como por exemplo, a alegoría da República Española, que se representaba por medio dunha muller con gorro frixio que sostiña unha balanza na man dereita e unha bandeira na esquerda.
  • 18.
  • 19. Tropos • Metonimia : substitución dun elemento por outro co que garda unha relación de contigüidade: – Non traias viños tristes de Hungría. Quero Burdeos. Quero Marsala ardente. – Comprou dous Laxeiros.
  • 20. 2. Figuras : utilización de palabras no seu sentido habitual, pero con algunha particularidade fonética, gramatical ou semántica que as afasta do seu uso na lingua cotiá. Hai figuras de dicción (segundo a colocación dos sons ou das palabras) e figuras de pensamento (serven para expoñer dun modo peculiar unha idea ou concepto: plano semántico da lingua).
  • 21. Figuras de dicción, de carácter fonolóxico e morfolóxico • Aliteración : repetición de fonemas ou sílabas en palabras próximas: - Lagoas laiando na lama das leiras (Informe da gavilla, Vítor Vaqueiro). • Paronomasia : colocación próxima de palabras con significantes parecidos, pero significados diferentes: – No sagrado segredo de Vigo. (Luz Pozo Garza)
  • 22. Figuras de dicción, de carácter fonolóxico e morfolóxico • Onomatopea : Repetición de fonemas que reproducen sons naturais - Fiu, Fiu (asubío) • Calembur: as sílabas dunha ou máis palabras reagrúpanse para obter outro significado diferente -Aí van cen tolas con centolas.
  • 23. Figuras de dicción de carácter sintáctico • Anáfora : repetición dunha ou máis palabras ao comezo de varios enunciados: – Era Galicia un puro val… Era Galicia a chaira máis espida… Era Galicia a patria do traballo… (Xosé Luís Méndez Ferrín) • Epífora : repetición dunha ou máis palabras ao final de varios enunciados: – Camiños de mortos, hortos de mortos, feixes de mortos, medas de mortos. (Arcadio López Casanova)
  • 24. Figuras de dicción de carácter sintáctico • Anadiplose : repetición dunha ou varias palabras finais dun verso ao comezo do seguinte: – Que non se debe ter por trobador / trobador que troba por trobar. (Uxío Novoneyra) • Epanadiplose : repetición dunha palabra ao principio e ao final dun verso: – ‘Amén, miña vella, amén’ .
  • 25. Figuras de dicción de carácter sintáctico • Poliptoto e Derivación : Repetición dun mesmo lexema con diversos morfemas - o que queremos quérenos/ aínda que non queira querernos • Polisíndeto : Repetición de conxuncións para unir varios elementos - E pinchaba, e brincaba, e corría, e bailaba. • Asíndeto : Supresión de conxuncións.
  • 26. Figuras de dicción de carácter sintáctico • Paralelismo : Repetición de construcións similares - Ti destérrasme por un; / Eu destérrome por catro • Elipse : Omisión de elementos que se sobreentenden - Mercou un pantalón de cincuenta euros e unha chaqueta de setenta
  • 27. Figuras de dicción de carácter sintáctico • Enumeración : consiste en expresar rapidamente diversas ideas. - para min eras /branca aurora e craro sol /auga limpa en fresca fonte /rosa do xardín de Dios /alentiño do meu peito /vida do meu corazón (Rosalía de Castro (de "Quíxente tanto meniña") • Hipérbato : Alteración da orde normal da oración - Volverán as escuras andoriñas no teu balcón os seus niños a colgar
  • 28. Figuras de pensamento • Hipérbole : esaxeración desmesurada e inverosímil: – Estou tan canso que non podo dar un paso máis • Antítese : contraposición entre dúas palabras: – Invoca a luz desde esta dura tebra.
  • 29. Figuras de pensamento • Oxímoro : pór en contacto palabras de sentido contrario que parecen excluírse mutuamente. – Música silenciosa • Personificación : atribución de características humanas a seres inanimados: – Hoxe cásanse os paxaros (Luís Amado Carballo)
  • 30. Figuras de pensamento • Ironía : consiste en dicir o contrario do que se quere dar a entender. - Que boa sorte teño! • Interrogación retórica : Pregunta da que non se agarda resposta.
  • 31. 2.2. Recursos literarios do verso: a métrica 1. O verso: 1. Medida: palabra final e licenzas poéticas. 2. Rima: consonante, asonante e sen rima. 3. Ritmo: acento, pausas e encabalgamento. 1. A estrofa e o poema: número de versos e esquema métrico.
  • 32. 1. O verso • Unidade rítmica en que pode dividirse un poema, xeralmente superior á palabra e inferior á estrofa. • Conxunto de palabras suxeitas a medida, rima e ritmo, en contraposición á prosa, que non está sometida habitualmente a estes procedementos. • Provén do latín versus, que significa “suco ou liña", por oposición a prorsus, que significa “dereitamente, todo seguido”, de onde vén prosa). • A disciplina que estuda as clases de versos e estrofas denomínase métrica.
  • 33. 1.1. Medida do verso • Palabra final: – Aguda: + 1 sílaba: unha casa de marfil (7+1=8) – Esdrúxula: - 1 sílaba: estas claras efemérides (9-1=8) • Licenzas poéticas: – Sinalefa: para a virtude o humilde (10 > 8) – Sinérese: recollendo realidades (9 > 8) – Diérese: fragor e süavidade (7 > 8) • Segundo o número de sílabas os versos poden ser de arte menor (ata 8) ou maior (desde 9).
  • 34. 1.2. Rima • Repetición dunha secuencia de fonemas ao final de dous ou máis versos a partir da última vogal acentuada, incluída esta. – Asonante: cando se repiten só as vogais; é característica da poesía tradicional ou de inspiración popular: terra-ela (“Airiños, airiños aires” de Rosalía de Castro). – Consonante: cando se repiten vogais e consoantes; é característica da poesía culta, de raíz trobadoresca, eclesiástica ou italianizante: verdecente-transparente (Himno galego - “Os pinos” de Eduardo Pondal).
  • 35. 1.3. Ritmo • Movemento marcado pola sucesión regular de elementos fortes e débiles, que se logra mediante a repetición de acentos e pausas e mais polos encabalgamentos: – Acento: último acento presente no verso, corresponde sempre á penúltima sílaba. – Pausas: silencios que delimitan elementos do verso tales como os hemistiquios. – Encabalgamento: desaxuste entre a pausa versal e a pausa sintáctica.
  • 36. 2. A estrofa • Estrofa : é un grupo de versos unidos por unha serie de criterios fixos de extensión, rima e ritmo. As estrofas clasifícanse polo número de versos que conteñen (habitualmente de 2 a 14).
  • 37. 2.1. Tipos de estrofas • Pareado: dous versos de rima consonante AA • Terceto: tres versos de rima consonante A-A • Cuarteto: catro versos hendecasílabos de rima consonante ABBA • Serventesio: catro versos hendecasílabos de rima consonante ABAB • Redondilla: catro versos octosílabos de rima consoante abba • Cuarteta: catro versos octosílabos de rima consoante abab
  • 38. 2.1. Tipos de estrofas • Quintilla: combinación libre de cinco versos octosílabos con dous xogos de rimas consonantes aabab, aabba, abaab • Quinteto: igual que a quintilla pero con versos de arte maior. • Oitava real: oito versos de arte maior e rima consoante ABABABCCA • Décima: dez versos de arte menor.
  • 39. 2.1. Tipos de estrofas • Romance: número indeterminado de versos octosílabos de rima asonante • Silva: número indeterminado de versos heptasílabos e hendecasílabos de rima consonante • Soneto: Catro estrofas, as dúas primeiras de catro versos –cuartetos- e as outras dúas tercetos. Case sempre con hendecasílabos.
  • 40. 3. O poema • Poema : é a obra poética en verso. • Poesía : é un tipo de texto e mais un xénero literario, habitualmente referido á poesía lírica.
  • 41. 3.1. Tipos de poema • Himno: de ton solemne destinada á afirmación colectiva • Oda: ton elevado e glorificadora • Balada: ton melancólico • Elexía: expresa sentimentos de dor pola perda de alguén • Pranto: chórase a morte de alguén
  • 42. 3.1. Tipos de poema • Égloga: de tema amoroso, xeralmente entre pastores • Alba: alude á separación dos amantes ao nacer do novo día • Pastorela: un cabaleiro require en amores a unha pastora • Madrigal: de tema amoroso con ton alegre • Sátira: censúrase ou atácase a alguén