13. OS INVERTEBRADOS Velos ! aí están, segue a frecha. http:// photopeach.com / album /l1ecmk
14. 2. Os Vertebrados: 2.1 Peixes: Nos ríos galegos viven ao redor de 15 especies de peixes, e todas elas migran, uns do río ao mar como é o caso das anguías. As anguías viven en todos os nosos ríos a excepción na canle media do Xallas e Tambre. Cruza o atlántico para reproducirse no mar dos Sargazos. As larvas son transportadas pola corrente do Golfo e os ventos do Oeste ata as Costas Europeas nunha travesía que dura tres anos. Entre os peixes que emigran do mar a auga doce (anádromos), remonta aos nosos ríos o salmón, que se pode pescar nos coutos do Ulla, Landro, Masma e Eo, no camiño cara as nacentes do río para desovar; e a lamprea que co mesmo fin penetra nos cursos inferiores do Miño, Ulla, Tambre, Anllóns, Mandeo, Masma e Eo. Outros peixes viaxeiros son o sábalo e a zamborca que sobe polo Miño e o Ulla. O reo e troita mariña ascenden no verán desde o mar, e van polo curso da maioría dos ríos galegos. Outra subespecie é a troita común, que é sedentaria e endexamais emigra ao mar, e atopámola en case tódolos ríos e regatos. O mesmo fan a boga ou escalo, a vermella, o cacho ou escalo, ou o pequeno espiñento que mide pouco máis de 5 cm. Nas concas do baixo Miño tamén podemos atopar barbos. Recentemente introducíronse nos nosos ríos especies alleas, como a perca americana, a troita americana e a gambusia. Outras son asiáticas como a carpa e o carpín, e no curso baixo do Miño introduciuse o lucio.