Diese Präsentation wurde erfolgreich gemeldet.
Wir verwenden Ihre LinkedIn Profilangaben und Informationen zu Ihren Aktivitäten, um Anzeigen zu personalisieren und Ihnen relevantere Inhalte anzuzeigen. Sie können Ihre Anzeigeneinstellungen jederzeit ändern.

Lingua e sociedade

649 Aufrufe

Veröffentlicht am

Veröffentlicht in: Bildung
• Als Erste(r) kommentieren

• Gehören Sie zu den Ersten, denen das gefällt!

Lingua e sociedade

1. 1. TEMA 1: Lingua e sociedade

Comunicación deriva do verbo latino COMMUNICARE que significa compartir.
2. 2. A comunicación é un acto social que procura o intercambio de información.
3. 3. O neno salvaxe de Aveyron e Genie son exemplos dos problemas do illamento social:

carencia de linguaxe
4. 4. dificultade para a súa posterior adquisición

5. 5. Sistemas de comunicación
Comunicación animal :

Os animais posúen sistemas de transmisión de información que responden á necesidade da vida en comunidade:
danza das abellas: indica a ubicación do pole
6. 6. berro dos xibóns: alerta do perigo.

Comunicación humana : a) Linguaxe : é a capacidade humana que dá forma ao pensamento (conforma a maneira en que pensamos) b) Sistemas substitutivos :
A escrita (visual)
7. 7. O Braille (táctil)
8. 8. O código Morse

9. 9.
LINGUAXE VERBAL
Ofrece infinitas posibilidades para expresar feitos reais ou imaxinarios, presentes, pasados ou futuros a través da palabra e de elemento paralingüísticos e extralingüísticos.
10. 10. É articulada : unha mensaxe pódese descompoñer en unidades menores e construír mensaxes distintas.
11. 11. Transmítese por tradición: cambia ao longo da historia e dunha comunidade a outra.

COMUNICACIÓN ANIMAL
Posibilidades limitadas de transmisión de información relacionadas co presente ou futuro inmediato.
12. 12. Non articulada: as mensaxes están formadas por pezas únicas que se agrupan en series pechadas e con limitado número de sinais.
13. 13. Transmítense xeneticamente: mantense inalterada dentro de cada especie.

14. 14. O acto comunicativo prodúcese cando, nunha situación concreta, un emisor envía unha mensaxe a un receptor e este compréndea. Para que isto sexa así, deben compartir o código e establecer contacto a través dunha canle .
Emisor Mensaxe Receptor

15. 15. O acto comunicativo é a situación concreta na que dous ou máis interlocutores transmiten e interpretan unha mensaxe. As condicións, lingüísticas ( contexto ) e as extralingüísticas ( situación ), contribúen á interpretación da mensaxe.

Situación : refírese ao lugar e ao momento en que se produce o acto comunicativo así como aos acontecementos que rodean os interlocutores. Ex. A expresión: “hoxe parece que non hai traballo” non significa o mesmo na cola do paro que nun comercio ateigado de xente.
16. 16. Contexto : está constituído polo que se dixo antes e se vai dicir despois.

17. 17. A INTENCIÓN COMUNICATIVA “ O máis importante non é o que se di senón o que se quere dicir” INTENCIÓN MENSAXE TEXTO Informativa Transmitir información Informativa (MENSAXE) Informe, memoria, noticia... Expresiva Explicar ideas Explicativa, didáctica (EMISOR) Exclamacións, exposicións orais... Apelativa Convencer Persuasiva (RECEPTOR) Anuncio, editorial... Fática Establecer contacto De contacto (CANLE) Saúdo, conversa... Poética Deleitar coa mensaxe Poética (FORMA MENSAXE) Poema, adiviña... Metalingüística Informar sobre o código Lingüística (CÓDIGO) Gramática, dicionario...
18. 18. A linguaxe humana: o signo lingüístico

Significado : conxunto de pensamentos que queremos transmitir.
19. 19. Significante : xeito que empregamos para facelo.
20. 20. O máis importante é que o significante sexa percibido pola vista e o oído e que o significado sexa coñecido polos membros da comunidade.

21. 21. Fronte a outros tipos de signos, o signo lingüístico presenta unhas características específicas:

A relación entre significante e significado prodúcese de modo arbitrario .
22. 22. A relación entre significante é significado ten carácter social : o signo pertence á comunidade de falantes.
23. 23. O signo lingüístico é articulado, é dicir, pódese segmentar en unidades menores: 1ª articulación (monemas-significante e significado) e 2ªarticulación fonemas (só significante)

24. 24. LINGUAXE, LINGUA E FALA

Linguaxe : facultade humana de comunicarse mediante signos orais ou escritos.
25. 25. Lingua : sistema de signos combinados segundo determinadas regras.
26. 26. Fala : é a utilización individual que cada un dos membros da comunidade fai da súa lingua.

LINGUAXE LINGUA FALA Universal, humana, única Social, comunitaria, diversa Individual, persoal, múltiple Facultade virtual Modelo inmaterial Realización material Capacidade humana para comunicarse verbalmente Cada un dos códigos en que a linguaxe se manifesta Cada un dos actos verbais particulares
27. 27. Unidade e diversidade dentro das linguas:

Variedades lingüísticas : diferentes formas de falar agrupadas nunha mesma lingua. Polo tanto, as linguas son conxuntos de variedades lingüísticas.
28. 28. Factores que axudan a identificar linguas:
29. 29. Lingüísticos :
30. 30. a) existencia dunha escrita común
31. 31. b) a intelixibilidade mutua
32. 32. Extralingüísticos :
33. 33. a) sentimento de unidade cultural ou política
34. 34. b) ter unha historia común

35. 35. Tipos de variedades lingüísticas
1. Variación no tempo : a lingua cambia ao longo do tempo (lingua medieval- lingua actual) Cada unha destas son variedades sincrónicas . 2. Variación no espazo : cada unha das variedades dun espazo determinado chámanse sintópicas ou dialectos . 3. Variación social : variedade sinstrática ou sociolecto . 4. Variación estilística : variedades sinfásicas . Ex. Rexistro formal e informal .

36. 36. A lingua estándar

É a variedade de máis prestixio dunha comunidade.
37. 37. Non confundir lingua estándar con lingua pois o estándar só é unha variedade máis da que moitas linguas carecen.
38. 38. O estándar galego elaborouse seleccionando formas extensas ou asentadas na lingua literaria non susceptibles de castelanismo. Por iso non se corresponde con ningún dialecto.

39. 39. Lingua oral e lingua escrita LINGUA FALADA LINGUA ESCRITA Utiliza significantes sonoros: entoacións, pausas. Utiliza significantes gráficos: letras e signos de puntuación. Depende do contexto extralingüístico. Non depende do contexto extralingüístico. É pouco planificada. É moi planificada.