Diese Präsentation wurde erfolgreich gemeldet.
Die SlideShare-Präsentation wird heruntergeladen. ×

V rastro solidario

Anzeige
Anzeige
Anzeige
Anzeige
Anzeige
Anzeige
Anzeige
Anzeige
Anzeige
Anzeige
Anzeige
Anzeige
Wird geladen in …3
×

Hier ansehen

1 von 1 Anzeige

Weitere Verwandte Inhalte

Anzeige

Ähnlich wie V rastro solidario (20)

Weitere von satelite1 (20)

Anzeige

V rastro solidario

  1. 1. V RASTRO SOLIDARIO E CHARLA DA CRUZ VERMELLA DE BETANZOS Como non podía ser doutro xeito, o venres 22 de marzo de 2013 (antes de coller as vacacións de Semana Santa) realizouse nos corredores do edificio novo do centro a quinta edición do Rastro Solidario. Este ano os fondos recadados foron destinados á Cruz Vermella de Betanzos, por querer Monferosolidario actuar conforme o demanda a situación social actual que impera en España, posto que desgraciadamente hai moita xente, concidadáns nosos, que están experimentando situacións económicas difíciles, que inevitablemente transcenden ou se extrapolan ata o ámbito persoal podendo truncar en ocasións as planificacións de vida e realización propia de cada persoa. Para o efecto de concienciarnos sobre a importancia que teñen campañas pro-educativas, nutricionais e mesmo lúdicas; realizadas cos nenos e nenas cuxas familias non lles poden proporcionar o que os seus semellantes (amigos, compañeiros de escola, familiares ...) teñen, para salvar distancias marcadas non por quilómetros senón por moedas. Amén disto, é importante eloxiar á Cruz Vermella e ó seu voluntariado, que tamén lle proporcionan atención ás persoas maiores, para as cales poden ser determinadas doenzas ou enfermidades os verdadeiros atrancos que marquen a diferenza (liviá discriminación) e non os cartos. Un testemuño dunha persoa maior coñecida (que neste caso e por fortuna goza de moi boa saúde a elevada idade) díxome nunha conversa na que xurdiu o tema das vacacións (ó cal eu lle engadín o comentario da realización do V Rastro Solidario) o seguinte: “facedes ben en mandar os cartos para a Cruz Vermella, que son moi atentos”. A charla que nos impartiron foi amena e rematou deixándonos o corazón contento a tódolos asistentes. Só queda agradecerlles o acto. Sobre a recadación deste ano, superou un pouco os setecentos euros $ 700 $. Hai que dicir que foi a cantidade máis baixa recadada dende o inicio desta práctica, razón se cadra da crise ou simplemente (e máis verosímil) razón da falta de ofertas axeitadas ós principais demandantes, que son claramente os compañeiros e compañeiras de Primaria e tamén de Infantil: os máis colaboradores, primeiros en doazón e primeiros en compra. Evidentemente, queda perpetuada esta práctica mesmo para os anos posteriores, ata que chegue un día (afastado no tempo) no cal non sexan necesarias as obras caritativas de tipo económico, sabendo que coa reflexión cadaquén verá que sempre haberá razón de existencia da solidariedade, pero dunha solidariedade na que as doazóns económicas adquirirán o carácter de empatizar, compartir, falar e axudar emocional e persoalmente ás persoas, pero iso significará que estará a vida resolta (dentro do esperable) e que todo o mundo terá acceso á educación, á nutrición, á diversión ... E sen máis divagacións habituais e ordinarias (espero, porque vai este texto sen revisar, que non haxa inconexións e incoherencias) remato de escribir en Monfero, a sete de abril de dous mil trece. 7/ABRIL/2013 – REVISTA XESTEIRA Antonio González López

×